1 00:00:14,291 --> 00:00:15,916 Isto é o que hai que saber. 2 00:00:16,583 --> 00:00:20,833 {\an8}Temos 30 horas antes de que asasinen o presidente de Rusia no G8. 3 00:00:20,875 --> 00:00:24,416 Hai moitos controis. Nada de armas. Estaredes expostos. 4 00:00:24,500 --> 00:00:26,166 Cando matemos a Aronov 5 00:00:26,250 --> 00:00:28,541 e vostede nos transfira os satélites, 6 00:00:28,625 --> 00:00:30,041 cobrará sen condicións. 7 00:00:31,041 --> 00:00:32,416 Está listo. Fíxoo. 8 00:00:32,791 --> 00:00:33,666 EXECUTAR: SI OU NON 9 00:00:33,791 --> 00:00:37,000 Joana, coa súa tecnoloxía, pode converter a calquera nun asasino. 10 00:00:37,041 --> 00:00:39,208 Quen teña o chip implantado, 11 00:00:39,291 --> 00:00:42,375 Manticore poderá controlalo premendo un botón. 12 00:00:49,625 --> 00:00:50,750 Quérote. 13 00:00:50,833 --> 00:00:52,041 Quérote. 14 00:01:36,541 --> 00:01:37,541 Ten pulso. 15 00:01:37,625 --> 00:01:38,750 Levádea dentro. 16 00:01:49,208 --> 00:01:50,208 Síntoo, Bernard. 17 00:01:59,791 --> 00:02:00,750 Vamos. 18 00:02:00,833 --> 00:02:02,666 Veña, vamos! 19 00:02:04,583 --> 00:02:06,625 - Veña, busca a xiringa. - Toma. 20 00:02:06,708 --> 00:02:07,750 A xiringa! 21 00:02:44,791 --> 00:02:47,458 - Ei, xa está. Amodo. - Mason. 22 00:02:47,541 --> 00:02:48,625 Mason. 23 00:02:49,958 --> 00:02:51,166 Que pasou? 24 00:02:52,208 --> 00:02:53,833 Foi Abby, non si? 25 00:02:53,916 --> 00:02:55,041 Que dis? 26 00:02:55,125 --> 00:02:56,500 Como ía matar Abby a Mason? 27 00:02:56,583 --> 00:02:58,541 Porque é a puta asasina. 28 00:02:59,541 --> 00:03:02,041 Usaron o chip da salvagarda que xa tiña posto. 29 00:03:08,416 --> 00:03:09,541 CHIP DETECTADO 30 00:03:11,750 --> 00:03:13,416 Non fodas. 31 00:03:18,458 --> 00:03:23,333 BENVIDOS AO MOTEL DRUMMOND 32 00:03:34,041 --> 00:03:35,166 - Toma. - Grazas. 33 00:04:03,125 --> 00:04:04,125 Vou eu. 34 00:04:07,416 --> 00:04:08,583 Si? 35 00:04:16,791 --> 00:04:17,916 Catherine Wolcott. 36 00:04:18,000 --> 00:04:20,208 PASE DE PRENSA 37 00:05:13,833 --> 00:05:14,833 Senta. 38 00:05:25,666 --> 00:05:28,000 A muller de Kane matou a Kane e a Sinh. 39 00:05:28,083 --> 00:05:31,166 Se o fixeses ben a primeira vez, Paulo seguiría aquí, 40 00:05:31,250 --> 00:05:32,750 ao meu carón, 41 00:05:32,833 --> 00:05:34,750 celebrando este momento. 42 00:05:37,791 --> 00:05:39,916 Eu tiña a man xusto aquí. Lembras? 43 00:05:40,000 --> 00:05:41,708 Tiñas o pescozo máis pequeno, 44 00:05:41,791 --> 00:05:46,916 pero case me daba a man para rodearcho. 45 00:05:47,000 --> 00:05:49,416 Esta man deixoute intacta, 46 00:05:49,500 --> 00:05:51,666 deixouche o sangue no corpo. 47 00:05:55,250 --> 00:05:57,583 Abby debe matar o presidente de Rusia. 48 00:05:57,666 --> 00:06:00,291 Os demais estarán no G8 para evitalo. 49 00:06:00,375 --> 00:06:02,791 Mataralos custe o que custe. 50 00:06:02,875 --> 00:06:05,083 Remataremos a misión de Paulo 51 00:06:05,166 --> 00:06:07,916 ou quitareiche a vida que che dei 52 00:06:08,000 --> 00:06:12,041 e desangrareite mentres che agarro o pescozo. 53 00:06:12,125 --> 00:06:13,125 Entendido? 54 00:07:32,708 --> 00:07:34,541 O G8 é en dúas horas. Ide indo. 55 00:07:34,625 --> 00:07:35,833 - Ben. - Ti a onde vas? 56 00:07:35,916 --> 00:07:37,416 Vou buscar a Joana. 57 00:07:37,500 --> 00:07:39,750 Estará preto cun transmisor. 58 00:07:39,833 --> 00:07:42,583 Intentarei apagalo e desconectar a Abby. 59 00:07:42,666 --> 00:07:44,750 Vós os tres tedes que ir ao castelo 60 00:07:44,833 --> 00:07:47,041 e evitar que mate o presidente Aronov. 61 00:07:48,583 --> 00:07:49,458 Nós os tres? 62 00:07:49,541 --> 00:07:53,125 Eu vexo dous, mais o puto señor Rogers. 63 00:07:53,208 --> 00:07:54,625 Chama moito a atención. 64 00:07:54,708 --> 00:07:57,833 "Rogers." Se pensas que vos vou atrasar, quedo aquí. 65 00:07:57,916 --> 00:07:59,291 Non quería dicir iso. 66 00:07:59,375 --> 00:08:02,083 - Quería, si. - Impórtame un carallo o que pense. 67 00:08:02,166 --> 00:08:04,541 Fáltanvos dous axentes. Marchade xa. 68 00:08:04,625 --> 00:08:05,625 Falta só un. 69 00:08:30,500 --> 00:08:33,291 Aínda non me dixeches o nome do hotel. 70 00:08:33,791 --> 00:08:34,916 Hotel Glenbrook. 71 00:08:35,791 --> 00:08:36,791 Déboche unha. 72 00:08:40,000 --> 00:08:41,666 Joana rexistrouse onte. 73 00:08:42,791 --> 00:08:45,833 Supoño que xa nos veremos cando acabe todo. 74 00:08:46,875 --> 00:08:47,875 Ben. 75 00:08:50,125 --> 00:08:51,208 Que foi? 76 00:08:52,125 --> 00:08:53,291 Foi culpa miña. 77 00:08:54,791 --> 00:08:55,791 Eu matei a Mason. 78 00:08:57,291 --> 00:08:58,291 Matei o seu pai. 79 00:08:59,958 --> 00:09:02,333 Metino na axencia e… 80 00:09:05,041 --> 00:09:07,958 Non tes que cargar co peso de todo isto. 81 00:09:12,166 --> 00:09:13,500 Vou matar a Joana. 82 00:09:15,750 --> 00:09:17,375 Matareinos a todos, hostia. 83 00:09:20,250 --> 00:09:21,416 E se non volvo, 84 00:09:22,541 --> 00:09:23,958 quero que o remates, 85 00:09:24,750 --> 00:09:25,791 como falamos. 86 00:09:26,416 --> 00:09:27,416 Si. 87 00:09:28,041 --> 00:09:29,875 E que coides da miña familia. 88 00:09:32,291 --> 00:09:33,500 Douche a miña palabra. 89 00:09:35,333 --> 00:09:36,458 Grazas. 90 00:09:36,541 --> 00:09:37,791 Sorte. 91 00:09:45,000 --> 00:09:48,583 (Alemán) Os líderes mundiais chegarán esta mañá ao castelo Hallgarten 92 00:09:48,666 --> 00:09:50,500 para celebrar o 40º cume do G8. 93 00:09:50,583 --> 00:09:53,666 (Xaponés) Reúnense os líderes das oito superpotencias. 94 00:09:53,750 --> 00:09:55,458 (Francés) Falarán das guerras 95 00:09:55,541 --> 00:09:56,958 de Venezuela e Australia. 96 00:09:57,041 --> 00:09:59,750 (Italiano) Recibirán o presidente de Rusia, Aronov, 97 00:09:59,833 --> 00:10:02,458 de novo no cume despois de dez anos. 98 00:10:07,416 --> 00:10:08,458 {\an8}NVM NOTICIAS 99 00:10:24,208 --> 00:10:25,500 {\an8}ACCESO CONCEDIDO 100 00:10:25,583 --> 00:10:26,875 Ben. 101 00:11:05,500 --> 00:11:06,666 Prohibido o paso, meu. 102 00:11:07,458 --> 00:11:08,458 Prohibido o paso? 103 00:11:09,666 --> 00:11:10,750 Este terreo é meu. 104 00:11:11,500 --> 00:11:13,916 Mercóuvolo meu pai hai anos. 105 00:11:14,000 --> 00:11:17,000 Se non quitas ese cerrado, chamo o concello. 106 00:11:17,083 --> 00:11:18,291 PROPIEDADE PRIVADA 107 00:11:19,208 --> 00:11:20,791 Este terreo é público. 108 00:11:20,875 --> 00:11:24,041 E túa nai, pero eu non lle poño un cerrado arredor. 109 00:11:25,125 --> 00:11:26,833 Tráeme un Irn-Bru, veña. 110 00:11:31,041 --> 00:11:32,291 Como dis? 111 00:11:52,333 --> 00:11:53,416 Avancen. 112 00:12:05,208 --> 00:12:06,583 Ola, como andades? 113 00:12:06,666 --> 00:12:08,125 - Identificacións. - Si. 114 00:12:09,291 --> 00:12:10,625 Estaban aquí… 115 00:12:12,958 --> 00:12:14,708 Unha, dúas e tres. 116 00:12:14,791 --> 00:12:16,041 Aquí están. 117 00:12:22,166 --> 00:12:24,000 ESCANEAR IDENTIFICACIÓN BUSCANDO 118 00:12:25,875 --> 00:12:27,041 SEN COINCIDENCIAS 119 00:12:27,541 --> 00:12:28,541 Nada, Gordon. 120 00:12:32,791 --> 00:12:35,125 Ben, saíde todos do coche. 121 00:12:35,208 --> 00:12:38,791 Mirade, a Langley isto non lle vai facer graza ningunha. 122 00:12:38,875 --> 00:12:42,916 Se che gusta ter traballo, eu volvería mirar. 123 00:12:43,000 --> 00:12:44,291 Como consello. 124 00:12:47,416 --> 00:12:49,000 Gordon, están. 125 00:12:51,750 --> 00:12:52,750 Perdoade. 126 00:12:52,833 --> 00:12:55,875 Xa. Este Nadal quedas sen aguinaldo. 127 00:13:05,333 --> 00:13:06,583 Está feito? 128 00:13:06,666 --> 00:13:09,000 Está todo listo. A conta está activa. 129 00:13:09,083 --> 00:13:10,916 Malcolm confirmará a entrega 130 00:13:11,000 --> 00:13:12,750 ao primeiro ministro cando toque. 131 00:13:12,833 --> 00:13:16,833 Ben. Vai ao aeródromo. Prepara todo para engalarmos ás 13:00. 132 00:13:16,916 --> 00:13:17,916 Claro, señora. 133 00:13:18,500 --> 00:13:21,958 {\an8}Este G8 marca a volta de Rusia á conferencia 134 00:13:22,041 --> 00:13:24,208 {\an8}despois do acordo de paz de maio. 135 00:14:01,541 --> 00:14:03,791 G8 ESCOCIA 136 00:14:09,291 --> 00:14:10,458 Probando, un, dous. 137 00:14:39,958 --> 00:14:41,041 Identificación? 138 00:14:47,541 --> 00:14:51,041 Dámoslles a benvida ao 40º cume do G8. 139 00:14:51,125 --> 00:14:52,500 Vaian aos seus postos. 140 00:14:52,583 --> 00:14:56,000 Os líderes do G8 están a piques de chegar. 141 00:15:27,791 --> 00:15:29,958 Ola. Como está a miña nena? 142 00:15:30,041 --> 00:15:31,041 Papá? 143 00:15:34,166 --> 00:15:35,583 Como estamos, Malcolm? 144 00:15:36,458 --> 00:15:37,791 Dahlia, que fas? 145 00:15:38,333 --> 00:15:42,208 Dáme o que preciso e a túa filla vivirá. Entendido? 146 00:15:54,125 --> 00:15:55,208 Que queres? 147 00:15:55,291 --> 00:15:58,166 A fortuna de Paulo Braga. Enteira. 148 00:16:01,291 --> 00:16:02,291 Mesmo… 149 00:16:03,041 --> 00:16:06,291 Mesmo se cha quixese dar, non podo. 150 00:16:06,375 --> 00:16:09,708 Trala súa morte, es o fideicomisario do patrimonio, non? 151 00:16:12,000 --> 00:16:16,125 Pídesme o equivalente ao PIB dun país pequeno. 152 00:16:17,000 --> 00:16:20,791 Para algúns sería un prezo ínfimo pola vida da súa filla. 153 00:16:22,333 --> 00:16:23,333 Aburiño. 154 00:16:23,958 --> 00:16:27,166 {\an8}Os países membros xa están chegando ao cume, 155 00:16:27,250 --> 00:16:30,958 {\an8}nun fermoso castelo na campiña escocesa. 156 00:17:33,791 --> 00:17:35,875 Velaí a está. Irá ao tellado. 157 00:17:51,958 --> 00:17:54,750 Sen unha credencial dourada, non podedes subir. 158 00:17:55,333 --> 00:17:56,541 Tranquilo. 159 00:17:57,750 --> 00:17:59,000 Somos estadounidenses. 160 00:18:00,875 --> 00:18:01,875 Somos da CIA. 161 00:18:03,916 --> 00:18:06,375 Impórtacheme un carallo quen sexades. 162 00:18:06,458 --> 00:18:08,708 Credenciais, ou ide rañala. 163 00:18:08,791 --> 00:18:10,375 Si? 164 00:18:11,041 --> 00:18:14,541 Si, grazas. Moitas grazas. 165 00:18:15,333 --> 00:18:17,375 (Francés) Non se arranxa todo a patadas. 166 00:18:19,041 --> 00:18:20,541 Xa, pero ás veces si. 167 00:18:41,541 --> 00:18:43,875 Son un puto millón de escaleiras. 168 00:19:42,958 --> 00:19:44,458 Vaite! Vai por Abby! 169 00:20:10,125 --> 00:20:10,958 Estás ben? 170 00:20:11,041 --> 00:20:12,333 Si. 171 00:20:14,666 --> 00:20:15,625 Ben. 172 00:20:18,166 --> 00:20:20,375 Estás de puta broma. 173 00:20:35,625 --> 00:20:39,166 Non se pode insistir abondo no importantes que son estes cumes. 174 00:20:39,916 --> 00:20:42,291 Centos de diplomáticos 175 00:20:42,375 --> 00:20:46,750 e de xornalistas reúnense fóra, testemuñas da histórica volta de Rusia. 176 00:20:46,833 --> 00:20:49,333 {\an8}EMPEZA O G8 NUN CASTELO ESCOCÉS HISTÓRICO. 177 00:21:03,333 --> 00:21:04,583 Alén da pompa, 178 00:21:04,666 --> 00:21:08,291 {\an8}moitos acordos económicos e políticos 179 00:21:08,375 --> 00:21:11,500 {\an8}cérranse nestas conferencias. 180 00:22:09,958 --> 00:22:10,791 Oe. 181 00:22:15,500 --> 00:22:17,750 Ao estar incluído na conferencia… 182 00:24:12,458 --> 00:24:15,583 Vemos chegar o coche do presidente. 183 00:24:15,666 --> 00:24:17,625 As bandeiras de Rusia ondean… 184 00:24:54,916 --> 00:24:55,916 Ben. 185 00:26:05,625 --> 00:26:07,875 Señor presidente, benvido a Escocia. 186 00:26:07,958 --> 00:26:10,208 Alégrome de velo, primeiro ministro. 187 00:26:28,333 --> 00:26:29,166 Vasme matar? 188 00:26:29,250 --> 00:26:30,416 Esta non es ti. 189 00:26:30,500 --> 00:26:31,916 Vas matar a túa mellor amiga? 190 00:26:32,666 --> 00:26:33,541 Enténdoo. 191 00:26:33,625 --> 00:26:36,375 Queres matar a muller do home que queres, non? 192 00:26:36,458 --> 00:26:37,916 Que lle vas dicir a miña filla? 193 00:26:38,000 --> 00:26:39,875 Vas mirala aos ollos 194 00:26:39,958 --> 00:26:41,958 e dicirlle que lle mataches a nai? 195 00:26:42,041 --> 00:26:43,083 Vas facer iso? 196 00:26:45,583 --> 00:26:47,250 E a túa filla? 197 00:26:48,791 --> 00:26:50,375 Que lle vas dicir a Asha? 198 00:27:09,125 --> 00:27:13,250 Vaia, alguén ten un persoal moi entregado. 199 00:27:15,500 --> 00:27:16,833 Non me obrigues. 200 00:27:17,958 --> 00:27:19,166 Ven comigo. 201 00:27:19,250 --> 00:27:20,250 Nadia… 202 00:27:20,916 --> 00:27:22,833 Que pasa? Que está a pasar? 203 00:27:23,666 --> 00:27:24,666 Que pasa? 204 00:27:25,166 --> 00:27:26,625 Disparáchesme? 205 00:27:27,333 --> 00:27:28,333 Axúdame. 206 00:27:30,500 --> 00:27:31,583 Non o fagas. 207 00:27:32,250 --> 00:27:33,291 Por favor, axúdame. 208 00:27:33,375 --> 00:27:35,708 - Por favor, non. - Socorro. 209 00:27:36,583 --> 00:27:38,250 Xa non hai volta atrás. 210 00:27:38,333 --> 00:27:39,625 A tecnoloxía funciona. 211 00:27:40,375 --> 00:27:41,625 O asasinato vai pasar. 212 00:27:42,208 --> 00:27:43,208 Xa o sei. 213 00:27:54,500 --> 00:27:55,500 Eu tamén o quero. 214 00:28:26,000 --> 00:28:27,583 {\an8}COCHE PRESIDENCIAL RUSO ESTOUPA 215 00:28:59,250 --> 00:29:01,125 Frank Sharpe Feito. 216 00:29:02,083 --> 00:29:03,000 Xa está. 217 00:29:03,791 --> 00:29:06,750 Non es a única persoa que quería matar a Aronov. 218 00:29:06,833 --> 00:29:12,125 Fíxenlle unha oferta moi suculenta ao primeiro ministro. 219 00:29:13,083 --> 00:29:15,000 Déixame vivir. 220 00:29:15,750 --> 00:29:17,000 Déixame axudarche. 221 00:29:17,083 --> 00:29:18,583 Mataches a Mason Kane. 222 00:29:23,000 --> 00:29:24,958 E se mancas alguén que quero… 223 00:29:41,083 --> 00:29:42,083 Nadia. 224 00:30:37,416 --> 00:30:40,500 Se acaban de incorporarse, estamos en directo. 225 00:30:40,583 --> 00:30:42,041 - Bernard? - Hai apenas unha hora 226 00:30:42,125 --> 00:30:44,166 estoupou no G8 o coche… 227 00:30:44,250 --> 00:30:45,583 Que carallo pasou? 228 00:30:46,291 --> 00:30:49,208 Non foi ela. Collémola. Non foi Abby. 229 00:30:49,916 --> 00:30:50,916 Xa o sei. 230 00:30:51,708 --> 00:30:52,708 Fomos nós. 231 00:30:53,958 --> 00:30:55,208 Matastes a Aronov? 232 00:30:55,291 --> 00:30:56,833 Que carallo fixeches? 233 00:30:56,916 --> 00:30:58,041 É todo parte do plan. 234 00:30:58,125 --> 00:31:00,541 Un plan que, por desgraza, non vos puiden contar. 235 00:31:00,625 --> 00:31:02,000 Non volo puido contar a vós. 236 00:31:02,083 --> 00:31:04,541 E contoucho a ti? Fiácheste deste? 237 00:31:04,625 --> 00:31:07,583 Non ten ningún apego emocional que lle poida afectar. 238 00:31:07,666 --> 00:31:09,041 Por iso me fiei del. 239 00:31:09,833 --> 00:31:11,083 Precisabamos os satélites 240 00:31:11,166 --> 00:31:14,208 e non me fiaba de vós para arriscárdesvos por iso. 241 00:31:14,291 --> 00:31:15,708 Mataches a Abby. 242 00:31:16,666 --> 00:31:18,583 Mataches a Mason. 243 00:31:18,666 --> 00:31:22,000 Nunca estiveches disposta a sacrificar a ninguén. 244 00:31:23,125 --> 00:31:24,541 Mesmo cando puideches. 245 00:31:24,625 --> 00:31:26,041 Iso eran para ti? 246 00:31:26,625 --> 00:31:28,625 Uns putos peóns que sacrificar? 247 00:31:28,708 --> 00:31:30,791 - Non. - E logo? 248 00:31:33,000 --> 00:31:37,125 Mira, o que fixemos hoxe é meirande ca todos nós. 249 00:31:37,208 --> 00:31:38,791 Isto é de tolos, hostia! 250 00:31:38,875 --> 00:31:40,541 Con Aronov morto, 251 00:31:40,625 --> 00:31:42,750 o primeiro ministro asume o cargo 252 00:31:42,833 --> 00:31:45,750 e os satélites máis perigosos da historia 253 00:31:45,833 --> 00:31:47,166 non van para as familias. 254 00:31:47,250 --> 00:31:49,541 E puxémolos nas mans dos rusos. 255 00:31:49,625 --> 00:31:52,500 Co primeiro ministro pódese negociar. 256 00:31:52,583 --> 00:31:55,291 Venderá os satélites por un prezo. 257 00:31:55,375 --> 00:31:56,708 - A quen? - A nós. 258 00:31:58,458 --> 00:32:00,708 E logo enterramos a Manticore. 259 00:32:01,333 --> 00:32:02,875 Es unha puta víbora. 260 00:32:02,958 --> 00:32:04,458 Por outra banda, 261 00:32:04,541 --> 00:32:07,458 a idea de matar os cabróns de Manticore… 262 00:32:08,458 --> 00:32:10,291 soa apetecible. 263 00:32:10,375 --> 00:32:11,791 Sabías que era Abby. 264 00:32:12,958 --> 00:32:17,750 Soubeches que Abby era a asasina cando volveu, non si? 265 00:32:34,000 --> 00:32:35,208 Non a precisamos. 266 00:33:19,083 --> 00:33:20,083 Matáchela? 267 00:33:20,958 --> 00:33:22,291 A Joana? 268 00:33:22,375 --> 00:33:23,875 Con asañamento? 269 00:33:28,083 --> 00:33:28,916 E ti? 270 00:33:31,208 --> 00:33:32,208 32 000 millóns. 271 00:33:42,083 --> 00:33:44,541 Que carallo foi iso, Joana? 272 00:33:44,625 --> 00:33:46,416 Eu substitúo a Joana. 273 00:33:46,500 --> 00:33:47,541 Armouna boa, 274 00:33:47,625 --> 00:33:50,541 e vostede preferirá alguén máis coidadoso. 275 00:33:50,625 --> 00:33:53,041 Ela ofrecíalle 12 000 millóns. 276 00:33:53,791 --> 00:33:56,250 Eu ofrézolle 24 000 millóns. 277 00:33:57,166 --> 00:33:58,791 Hai trato, logo? 278 00:34:12,833 --> 00:34:13,958 Síntoo moito. 279 00:34:33,958 --> 00:34:35,291 ACCESO BLOQUEADO CONCEDIDO 280 00:34:35,583 --> 00:34:38,375 ACCEDENDO AOS SATÉLITES 281 00:34:39,291 --> 00:34:40,291 Estou dentro. 282 00:34:42,791 --> 00:34:43,791 Faino. 283 00:34:49,458 --> 00:34:51,791 DESMANTELAMENTO ACTIVADO 284 00:35:34,541 --> 00:35:36,291 Xesusiño, Bernard. 285 00:35:36,375 --> 00:35:39,416 Mercaches eses satélites todos para estoupalos? 286 00:35:40,000 --> 00:35:43,708 Miles de millóns evaporándose na atmosfera. 287 00:35:44,375 --> 00:35:46,375 Ninguén debería ter tanto poder. 288 00:35:47,958 --> 00:35:48,958 Ninguén. 289 00:36:02,333 --> 00:36:06,208 DOUS MESES DESPOIS 290 00:36:22,500 --> 00:36:25,583 AGARIMOSO PAI E ESPOSO 291 00:36:29,208 --> 00:36:34,041 QUERIDA NAI E ESPOSA 292 00:37:01,416 --> 00:37:03,000 Tardaches máis do esperado. 293 00:37:04,416 --> 00:37:06,458 Non rematamos a nosa conversa. 294 00:37:06,541 --> 00:37:07,833 Xa a rematei eu. 295 00:37:09,041 --> 00:37:10,250 Por que viñeches? 296 00:37:14,208 --> 00:37:15,791 Reconsideraches a oferta? 297 00:37:17,625 --> 00:37:19,833 Non me vas volver ver. 298 00:37:22,625 --> 00:37:24,208 Nós dedicámonos a protexer. 299 00:37:24,291 --> 00:37:25,375 A quen protexemos? 300 00:37:26,125 --> 00:37:29,666 Liquidaches familias enteiras mentres a túa está… 301 00:37:29,750 --> 00:37:31,083 Xa, está nun refuxio. 302 00:37:31,166 --> 00:37:32,958 Miña filla non sae ao exterior 303 00:37:33,041 --> 00:37:34,583 porque andan á procura dela. 304 00:37:34,666 --> 00:37:36,833 E pode que eu non a volva ver, 305 00:37:37,666 --> 00:37:41,833 para poder asegurarme de que os fillos dos demais estean a salvo. 306 00:37:43,375 --> 00:37:45,500 Non te deberías retirar. 307 00:37:45,583 --> 00:37:47,208 Deberías traballar connosco. 308 00:37:49,583 --> 00:37:52,041 Por favor. Pola túa filla. 309 00:37:52,125 --> 00:37:54,208 Pola miña filla non traballo convosco. 310 00:37:55,166 --> 00:37:58,416 Se quedo convosco, ela converterase noutro peón. 311 00:37:58,500 --> 00:38:00,833 E non lle penso facer o que me fixo miña nai. 312 00:38:02,500 --> 00:38:04,458 Vanvos buscar, sábelo. 313 00:38:05,291 --> 00:38:06,625 Vanvos perseguir. 314 00:38:06,708 --> 00:38:10,541 Todas as familias de Manticore, a CIA… todos. 315 00:38:14,250 --> 00:38:15,250 Que me busquen. 316 00:38:15,833 --> 00:38:18,375 Crieime nas sombras. Apañareime. 317 00:38:20,333 --> 00:38:21,833 Por que viñeches, Nadia? 318 00:38:24,208 --> 00:38:25,416 Un regalo de despedida. 319 00:38:26,166 --> 00:38:27,958 Non podo pór a Asha en risco, 320 00:38:28,041 --> 00:38:31,166 pero outros pódenche axudar a matar as familias de Manticore. 321 00:38:31,250 --> 00:38:33,750 Non só sobrevivimos nós á caída de Citadel. 322 00:38:35,125 --> 00:38:36,125 Búscaos. 323 00:38:37,583 --> 00:38:39,125 Un home díxome unha vez 324 00:38:39,208 --> 00:38:41,041 que un espía pode ter cen caras, 325 00:38:41,916 --> 00:38:43,875 cen identidades, cen nomes… 326 00:38:44,625 --> 00:38:46,125 pero alma só hai unha. 327 00:38:49,750 --> 00:38:51,166 Cóidate, Bernard. 328 00:39:48,083 --> 00:39:49,666 Pómonos ao día? 329 00:42:13,416 --> 00:42:15,416 Subtítulos: Lucía Doval 330 00:42:15,500 --> 00:42:17,500 Supervisora creativa: Magdalena Sánchez