1 00:00:12,709 --> 00:00:15,501 Bo día, Lusaka! 2 00:00:15,584 --> 00:00:19,584 Son Geoffrey, o voso presentador de Lusaka News! 3 00:00:20,084 --> 00:00:25,001 Aínda que brille o sol, onte houbo un misterioso tornado. 4 00:00:25,084 --> 00:00:27,876 O vento deixounos sen luz. 5 00:00:27,959 --> 00:00:30,209 - Geoffrey, xa o sei. - Ola! 6 00:00:30,293 --> 00:00:33,459 Estaba acabando o proxecto para a feira de ciencias. 7 00:00:34,126 --> 00:00:38,084 - Geoffrey, o señor Magedzee vai ir alí! - Yeuw! 8 00:00:38,668 --> 00:00:43,959 Nunca se viran estes tornados nin en Zambia nin en África. 9 00:00:44,043 --> 00:00:46,251 Entón por que os hai agora? 10 00:00:46,334 --> 00:00:49,751 Non chegaban os apagamentos, agora tornados. 11 00:00:52,334 --> 00:00:55,084 Por que me anotei nas majorettes? 12 00:00:55,168 --> 00:00:58,751 - Xa me chega con ser nova na escola. - Monde. 13 00:00:58,834 --> 00:01:02,334 Acórdate, eras capitá no teu anterior equipo. 14 00:01:02,418 --> 00:01:04,376 Vaiche saír ben, irmá. 15 00:01:05,126 --> 00:01:08,709 Os tornados, outro desastre que ataca Lusaka. 16 00:01:08,793 --> 00:01:14,418 Entre a delincuencia e os apagamentos, a xente pide a dimisión do alcalde. 17 00:01:14,501 --> 00:01:17,584 - Cero apagamentos e caídas de tensión! - Por favor! 18 00:01:17,668 --> 00:01:21,334 Se botan o alcalde, igual quedas sen traballo. 19 00:01:21,418 --> 00:01:23,251 Non te preocupes. 20 00:01:23,334 --> 00:01:30,209 Non conto con seguir sendo secretaria del. Vexo cousas mellores para nós axiña. 21 00:01:52,209 --> 00:01:55,751 Ti! Monde! Ven para aquí xa! 22 00:01:57,501 --> 00:01:58,793 Vou, Marjory. 23 00:01:59,584 --> 00:02:05,751 Son Chipo, estou coa estrela do equipo de fútbol do centro de secundaria Kamiji, 24 00:02:05,834 --> 00:02:07,459 Zikomo Phiri! 25 00:02:11,918 --> 00:02:17,834 Son Zee, estou co Chipo Hamoonga do centro de secundaria Kamiji, 26 00:02:17,918 --> 00:02:21,626 - que está namorado de Komana Mwiinga. - Para xa! 27 00:02:28,543 --> 00:02:34,376 Un vitumbuwa. Dous vitumbuwas. A quen quero enganar? 28 00:02:36,918 --> 00:02:38,876 Grazas, Ba Saasa! 29 00:02:38,959 --> 00:02:41,543 Ei! Temwe Chiti! Está roubando? 30 00:02:41,626 --> 00:02:46,626 Director Nkwashi, por quen me toma? Por unha delincuente? 31 00:02:50,834 --> 00:02:55,834 - Non lle saco o ollo de enriba, Chiti. - E o outro ollo que fai? 32 00:02:57,043 --> 00:03:00,709 Lusaka non vivira algo así nos últimos 20 anos. 33 00:03:00,793 --> 00:03:02,876 Quen protexe a nosa cidade? 34 00:03:06,293 --> 00:03:08,376 Zume moi barato de Mamá K! 35 00:03:09,709 --> 00:03:12,626 - T.O.M.I., conéctate. - Conectado. 36 00:03:12,709 --> 00:03:17,126 A ameaza aumenta, precisamos un equipo para protexer o pobo! 37 00:03:17,209 --> 00:03:21,209 Inicio recompilación de imaxes para obter candidatas. 38 00:03:40,751 --> 00:03:43,459 Mamá K! Todo preparado? 39 00:03:43,543 --> 00:03:46,126 Si, señor Nkwashi, grazas. 40 00:03:46,834 --> 00:03:52,043 Despois quería falar con vostede polas voluntarias para o meu posto. 41 00:03:52,126 --> 00:03:55,501 Voluntarias? O que sexa por axudar. 42 00:03:56,293 --> 00:03:58,834 Ola a todos! Ola, bantu banga. 43 00:03:58,918 --> 00:04:02,334 Son Lee Magedzee, dono da compañía eléctrica Magedzee. 44 00:04:02,418 --> 00:04:06,668 Grazas por invitarme á feira de ciencias do centro. 45 00:04:06,751 --> 00:04:11,293 A empresa está comprometida con levar a enerxía á xente! 46 00:04:12,626 --> 00:04:17,418 Devezo por ver os vosos inventos e descubrir se algún de vós 47 00:04:17,501 --> 00:04:21,418 será o próximo beneficiario da nosa bolsa! 48 00:04:21,501 --> 00:04:25,376 A enerxía para salvar o mundo comeza con vós. 49 00:04:25,959 --> 00:04:26,793 Si! 50 00:04:32,543 --> 00:04:34,001 Señor Magedzee! 51 00:04:34,876 --> 00:04:38,709 Son Komana Mwiinga. Gustaríame pedir a súa bolsa. 52 00:04:38,793 --> 00:04:40,334 Encantado. 53 00:04:40,418 --> 00:04:43,751 Esta é a miña máquina de captura de carbono. 54 00:04:43,834 --> 00:04:46,709 Que curioso. Cóntame máis. 55 00:04:46,793 --> 00:04:49,209 O concepto baséase… 56 00:05:02,376 --> 00:05:06,584 Outro ataque á central eléctrica. E o tornado achégase. 57 00:05:06,668 --> 00:05:11,084 T.O.M.I., encárgate do tornado. Hai que saber que pasa. 58 00:05:11,168 --> 00:05:12,043 Si, Mamá K. 59 00:05:12,126 --> 00:05:16,209 Atención! Refuxiádevos debaixo dos postos! Vide! 60 00:05:26,001 --> 00:05:28,834 Socorro! Axudádeme! Estou atrapado! 61 00:05:30,793 --> 00:05:31,626 Socorro! 62 00:05:37,584 --> 00:05:39,959 Axuda o señor Nkwashi! 63 00:05:40,043 --> 00:05:41,709 Axúdame, por favor! 64 00:05:41,793 --> 00:05:44,918 Pero Ba Saasa! E os vitumbuwas! 65 00:05:45,001 --> 00:05:46,334 Socorro! 66 00:05:46,418 --> 00:05:49,584 Xa vou eu! Podo usar isto, avoa? 67 00:05:58,251 --> 00:06:00,209 Ba Saasa, usa isto! 68 00:06:04,626 --> 00:06:05,709 Socorro! 69 00:06:12,876 --> 00:06:17,501 - Señor Nkwashi, póñase a salvo. - Non me diga que facer! 70 00:06:17,584 --> 00:06:20,084 Pero se tento axudalo! 71 00:06:30,459 --> 00:06:32,418 Debín salvar o vitumbuwa. 72 00:06:33,376 --> 00:06:36,918 Socorro! 73 00:06:38,126 --> 00:06:39,501 Socorro! 74 00:06:46,001 --> 00:06:48,209 - Vamos, Marjory. - Onde? 75 00:06:48,293 --> 00:06:50,084 Vamos, capitá. 76 00:07:07,543 --> 00:07:08,793 Téñote, Chipo! 77 00:07:14,501 --> 00:07:15,334 Corre! 78 00:07:28,501 --> 00:07:29,793 Avoa, corra! 79 00:07:36,001 --> 00:07:42,251 Un tornado atacou outra central eléctrica e alarmou o centro de secundaria Kamiji. 80 00:07:42,334 --> 00:07:47,793 A tensión en Lusaka aumenta cos apagamentos, que paralizan a vida… 81 00:07:47,876 --> 00:07:48,709 Komana. 82 00:07:49,793 --> 00:07:52,168 Toma, Ta, usa isto. 83 00:07:52,959 --> 00:07:54,751 Respira fondo. 84 00:07:59,168 --> 00:08:02,209 - Estás ben? - Estou. Grazas. 85 00:08:03,584 --> 00:08:07,501 Chamou o señor Nkwashi para ires a unha reunión. 86 00:08:07,584 --> 00:08:08,709 Que enleaches? 87 00:08:09,543 --> 00:08:12,626 O que? Non. Espera. Cando é a reunión? 88 00:08:12,709 --> 00:08:16,751 Voulle presentar a miña máquina ó señor Magedzee. 89 00:08:16,834 --> 00:08:23,001 - No seu despacho dentro dunhas horas. - Pois dixo que agora. Deume un enderezo. 90 00:08:23,501 --> 00:08:25,918 Non é no instituto. Onde será? 91 00:08:32,793 --> 00:08:35,751 Parece que non son a única castigada. 92 00:08:35,834 --> 00:08:41,584 Si. Estás moi enganada. Eu? Castigada? Non confundamos. 93 00:08:41,668 --> 00:08:44,001 E eu igual. Acabo de mudarme. 94 00:08:45,084 --> 00:08:46,834 Ola, son Monde. 95 00:08:46,918 --> 00:08:51,709 Ola, Zee! Se non viñemos por un castigo, por que nos fixo vir? 96 00:08:51,793 --> 00:08:53,834 Porque llo pedín eu. 97 00:08:54,626 --> 00:08:57,959 - A señora do zume barato! - Que tal, mozas? 98 00:08:58,043 --> 00:08:59,459 Todo ben, señora. 99 00:08:59,543 --> 00:09:06,209 Son Mamá K. El é Chibo. Estades no meu posto de froitas e verduras. 100 00:09:06,293 --> 00:09:11,418 Ofrecéronvos esta grande oportunidade de contribuír coa comunidade. 101 00:09:11,501 --> 00:09:13,834 Oportunidade de choiar gratis. 102 00:09:17,918 --> 00:09:21,834 - Salvaredes o mundo traballando aquí. - Aquí? 103 00:09:23,751 --> 00:09:29,584 Teño unha cita importante pola tarde, avoa. A que horas imos salvar o mundo? 104 00:09:29,668 --> 00:09:32,793 Agora, pero aquí non. 105 00:09:32,876 --> 00:09:33,834 Vide comigo. 106 00:09:38,543 --> 00:09:42,501 E esta historia da vella que atrae nenas con doces? 107 00:09:42,584 --> 00:09:45,501 É unha avoa, nada máis. É inofensiva. 108 00:09:48,501 --> 00:09:52,251 Unha avoa? Así é como desaparece a xente! 109 00:09:52,334 --> 00:09:53,709 Seguídeme. 110 00:09:55,001 --> 00:09:55,876 Mamaíña. 111 00:09:55,959 --> 00:09:58,293 Seguro que desaparecemos. 112 00:10:01,084 --> 00:10:05,959 Como sabedes, nenas, uns tornados misteriosos arrasan Lusaka. 113 00:10:06,043 --> 00:10:08,751 Pero hai máis do que parece. 114 00:10:08,834 --> 00:10:11,168 É unha desas conspiranoicas 115 00:10:11,251 --> 00:10:13,084 cun búnker subterráneo! 116 00:10:15,709 --> 00:10:18,751 Aquí é onde ides salvar o mundo. 117 00:10:20,918 --> 00:10:21,751 Que? 118 00:10:21,834 --> 00:10:24,459 - Yoh! - Mi madriña. En serio? 119 00:10:24,543 --> 00:10:25,876 O que? 120 00:10:26,584 --> 00:10:27,918 Que pasada. 121 00:10:28,001 --> 00:10:29,376 Contra! 122 00:10:34,584 --> 00:10:37,668 Espere, o señor Nkwashi sabe isto? 123 00:10:39,293 --> 00:10:43,126 Non, pensa que vides voluntarias para o posto. 124 00:10:43,209 --> 00:10:45,584 Este é un segredo que teño. 125 00:10:45,668 --> 00:10:47,209 Que é este lugar? 126 00:10:47,293 --> 00:10:52,918 Hai moito, formaba parte dunha axencia estatal secreta que operaba aquí 127 00:10:53,001 --> 00:10:55,459 contra as forzas do mal. 128 00:10:55,543 --> 00:10:58,251 Sha! Esta avoa está tola de todo. 129 00:10:59,584 --> 00:11:02,418 Dixo "forzas do mal"? En que plan? 130 00:11:02,501 --> 00:11:03,834 Como vos dicía, 131 00:11:03,918 --> 00:11:07,876 non todo é o que parece. T.O.M.I., pon a gravación. 132 00:11:07,959 --> 00:11:11,376 - Recuperando gravación. - Intelixencia artificial. 133 00:11:11,459 --> 00:11:13,209 Mozo artificial. 134 00:11:14,584 --> 00:11:18,459 É a interface tecnolóxica de xestión de operacións. 135 00:11:19,459 --> 00:11:20,959 T.O.M.I., amplía. 136 00:11:21,043 --> 00:11:21,918 Ampliando. 137 00:11:23,668 --> 00:11:27,543 Mirade, hai un home atrapado no tornado? 138 00:11:27,626 --> 00:11:32,459 Non está atrapado, tías, estao controlando! 139 00:11:32,543 --> 00:11:37,459 Os tornados non son un acto da natureza, senón dun supervilán! 140 00:11:38,918 --> 00:11:43,168 - Supervilán? - Espere, como? Por que? 141 00:11:43,251 --> 00:11:46,959 Non estou certa. Temos que atopalo e paralo. 142 00:11:47,043 --> 00:11:50,251 Quen? Como que nós? Dixo "temos". 143 00:11:50,334 --> 00:11:52,043 Iso dixo, "temos". 144 00:11:52,126 --> 00:11:55,376 Levo semanas observándovos atentamente. 145 00:11:58,209 --> 00:12:01,459 Observándonos? Mellor diga "acosándonos". 146 00:12:01,543 --> 00:12:05,793 Estaba recompilando información. E, polo que vin, 147 00:12:05,876 --> 00:12:10,584 sodes o superequipo que preciso para axudarme a salvar Lusaka. 148 00:12:11,376 --> 00:12:14,209 Ou sexa, superheroínas! 149 00:12:16,001 --> 00:12:18,709 Si, vale, superheroínas. 150 00:12:18,793 --> 00:12:21,709 Baseándome nas miñas observacións, 151 00:12:21,793 --> 00:12:24,959 fixen uns traxes especiais para todas. 152 00:12:25,459 --> 00:12:28,001 Pero isto que é? 153 00:12:28,084 --> 00:12:31,793 Potencian as vosas habilidades naturais. 154 00:12:31,876 --> 00:12:35,043 Con eles, estaredes a salvo e non vos descubrirán. 155 00:12:35,126 --> 00:12:38,918 Moito traxe, moito traxe, pero que é este reloxo? 156 00:12:49,043 --> 00:12:50,959 Nin dicides un "contra"? 157 00:12:51,043 --> 00:12:52,084 Contra! 158 00:13:08,876 --> 00:13:10,168 Perdoa, Chibo. 159 00:13:10,834 --> 00:13:12,418 Cousas que pasan. 160 00:13:13,251 --> 00:13:18,668 Nenas, é importantísimo que as vosas identidades sexan secretas. 161 00:13:18,751 --> 00:13:24,668 Ninguén o pode saber, nin túa irmá, nin teu pai, nin a túa mellor amiga. 162 00:13:25,168 --> 00:13:28,834 - Nin o vendedor de vitumbuwa. - Sabe o de Ba Saasa? 163 00:13:28,918 --> 00:13:31,543 É pola súa protección e a vosa. 164 00:13:31,626 --> 00:13:32,751 Si, claro. 165 00:13:32,834 --> 00:13:37,418 Hai 20 anos que Lusaka non precisaba un equipo de heroínas. 166 00:13:37,501 --> 00:13:41,168 Para que o pobo sobreviva, necesita un equipo. 167 00:13:41,251 --> 00:13:43,501 Pero por que nós, Mamá K? 168 00:13:44,751 --> 00:13:50,626 Non todos os días unha vella de 60 anos ve 4 mozas meténdose no perigo 169 00:13:50,709 --> 00:13:52,668 sen pensar nelas mesmas. 170 00:13:52,751 --> 00:13:57,001 Ser heroína non é só un traxe de alta tecnoloxía, 171 00:13:57,084 --> 00:13:58,584 fai falta carácter. 172 00:13:58,668 --> 00:14:02,709 Xuntas tedes as calidades innatas que esixe o equipo: 173 00:14:03,293 --> 00:14:06,876 Komana, K-Bongo, amante do coñecemento. 174 00:14:07,626 --> 00:14:11,168 Zee, Za-Mpezi, rápida coma un raio. 175 00:14:11,834 --> 00:14:15,293 Monde, M-Kozo, a que trae a paz. 176 00:14:15,959 --> 00:14:20,126 E Temwe, T-Mlilo, chea de lume. 177 00:14:21,084 --> 00:14:23,126 Eu quería ser T-liciosa! 178 00:14:27,084 --> 00:14:30,584 Pero T-Mlilo é xenial. Lume! 179 00:14:30,668 --> 00:14:34,709 A mente, o corpo, a alma e o corazón do equipo. 180 00:14:34,793 --> 00:14:38,418 Xuntas… sodes o meu Equipo catro. 181 00:14:41,709 --> 00:14:45,418 O Equipo catro está listo para salvar Lusaka? 182 00:14:45,501 --> 00:14:46,668 - Si! - Si, Mamá K. 183 00:14:46,751 --> 00:14:47,584 - Si. - Si. 184 00:14:48,501 --> 00:14:50,959 T-Mlilo no byu byu! 185 00:14:51,876 --> 00:14:54,126 Como? Byu byu de edificio? 186 00:14:54,209 --> 00:14:59,626 Si! Exacto, Mamá K, Za-Mpezi no byu byu. 187 00:15:00,168 --> 00:15:03,626 Eu tamén! M-Kozo no byu byu! 188 00:15:07,126 --> 00:15:09,751 A reunión! Vou chegar tarde. 189 00:15:09,834 --> 00:15:11,084 K-Bongo, agarda! 190 00:15:11,168 --> 00:15:12,126 Estás no… 191 00:15:12,209 --> 00:15:13,376 No byu byu? 192 00:15:14,876 --> 00:15:16,501 - Non. - O que? 193 00:15:18,501 --> 00:15:21,334 Preciso a bolsa do señor Magedzee. 194 00:15:21,418 --> 00:15:23,626 Mamá K, desculpa. 195 00:15:24,834 --> 00:15:26,709 Espera, sabichona, 196 00:15:26,793 --> 00:15:30,334 vas deixar todo isto por unha bolsa escolar? 197 00:15:30,418 --> 00:15:32,793 O meu futuro depende dela. 198 00:15:33,376 --> 00:15:34,418 E meu pai… 199 00:15:36,001 --> 00:15:37,001 está enfermo. 200 00:15:40,376 --> 00:15:42,584 Así non vou salvar o mundo, 201 00:15:42,668 --> 00:15:44,751 non… non podo con todo. 202 00:15:44,834 --> 00:15:46,834 - Pero… - Deixádea. 203 00:15:47,334 --> 00:15:52,126 Aínda que a auga ferva, ninguén te pode obrigar a cociñar nela. 204 00:15:52,209 --> 00:15:53,876 Tes que ter fame. 205 00:15:53,959 --> 00:15:59,418 Pois equipo de tres de T-Mlilo! Que vos parece, mozas? 206 00:16:05,418 --> 00:16:07,334 Que pasa, T.O.M.I.? 207 00:16:10,001 --> 00:16:13,751 - Ai, non! - Rapazas, hai que poñerse en marcha. 208 00:16:15,084 --> 00:16:17,751 Grazas por deixarme presentarllo. 209 00:16:17,834 --> 00:16:22,709 Non se dan. Un tornado non se interporá no camiño da ciencia. 210 00:16:22,793 --> 00:16:23,668 Non, señor. 211 00:16:24,251 --> 00:16:27,584 Isto captura carbono con enerxía solar. 212 00:16:27,668 --> 00:16:30,168 Pero non só captura carbono. 213 00:16:30,251 --> 00:16:33,709 Usa electricidade xerada con paneis solares 214 00:16:33,793 --> 00:16:38,501 para dividir o CO2 en monóxido de carbono activado e osíxeno. 215 00:16:38,584 --> 00:16:42,584 Despois, o monóxido de carbono combínase co hidróxeno 216 00:16:42,668 --> 00:16:45,709 para producir combustibles sintéticos. 217 00:16:46,793 --> 00:16:52,793 Así que purifica o CO2 da atmosfera e produce combustible limpo e osíxeno. 218 00:16:52,876 --> 00:16:56,209 Incrible! Por que elixiches a enerxía solar? 219 00:16:56,293 --> 00:16:59,418 Pensei en varias fontes de enerxía, 220 00:16:59,501 --> 00:17:01,084 xeotérmica, eólica, 221 00:17:01,168 --> 00:17:04,126 ata un mineral moi raro, zambianita. 222 00:17:04,209 --> 00:17:06,543 Si, sóame ese mineral. 223 00:17:06,626 --> 00:17:10,543 Pero a longo prazo, a solar aquí era a máis fiable. 224 00:17:10,626 --> 00:17:14,751 Tes razón. Por que fixeches unha versión portátil? 225 00:17:14,834 --> 00:17:20,293 Meu pai enfermou pola contaminación e pensei que non sería o único. 226 00:17:20,376 --> 00:17:25,001 Iso é o que me gusta. A tecnoloxía para beneficiar os demais. 227 00:17:25,084 --> 00:17:28,126 Impresionante, Komana. Estou abraiado. 228 00:17:28,209 --> 00:17:34,084 Aínda queda xente por entrevistar, pero agora estás nos primeiros postos. 229 00:17:34,168 --> 00:17:36,376 Axiña estarán os resultados. 230 00:17:36,459 --> 00:17:40,084 Papá! Señor Magedzee, teño que marchar. Grazas. 231 00:17:40,168 --> 00:17:43,459 Grazas a ti… por vires, Komana. 232 00:17:49,084 --> 00:17:51,209 Ta! Que pasa? 233 00:17:54,543 --> 00:17:55,418 Komana. 234 00:17:55,501 --> 00:17:58,543 Ta, estás ben? Estou aquí! 235 00:18:05,709 --> 00:18:08,209 Socorro! 236 00:18:08,293 --> 00:18:09,293 Oístes iso? 237 00:18:09,376 --> 00:18:10,501 Mira, alí! 238 00:18:10,584 --> 00:18:11,709 Veña, vamos! 239 00:18:13,584 --> 00:18:15,584 - Komana! - Preciso axuda! 240 00:18:23,168 --> 00:18:24,043 O que? 241 00:18:24,793 --> 00:18:26,751 Vaia, que novidade. 242 00:18:29,834 --> 00:18:30,668 Ta! 243 00:18:30,751 --> 00:18:33,418 Komana, coñeces estas rapazas? 244 00:18:37,043 --> 00:18:39,376 Subídeo, lévoo ó hospital. 245 00:18:39,918 --> 00:18:42,709 Komana. Grazas, filla. 246 00:18:42,793 --> 00:18:43,626 Ta! 247 00:18:47,293 --> 00:18:51,959 - Salvácheslle a vida. - Tranquila, Komana, vai mellorar. 248 00:18:52,043 --> 00:18:55,584 Mamá K, podo salvar o mundo de moitas formas. 249 00:18:55,668 --> 00:18:56,876 Deime de conta! 250 00:18:57,959 --> 00:18:59,709 É moi tarde para…? 251 00:19:00,959 --> 00:19:01,834 Vístete! 252 00:19:04,459 --> 00:19:05,459 Si! 253 00:19:08,334 --> 00:19:09,251 Escapade! 254 00:19:10,418 --> 00:19:14,084 Temos que pillar a quen controle esa cousa. 255 00:19:14,168 --> 00:19:17,459 T-Mlilo! Usa a cinta coma co señor Nkwashi! 256 00:19:17,543 --> 00:19:18,543 Boa idea! 257 00:19:32,209 --> 00:19:36,334 - Magoácheste? - Só no orgullo. E no cu. 258 00:19:44,043 --> 00:19:45,626 Xa o temos! 259 00:19:52,043 --> 00:19:52,918 E agora? 260 00:20:05,668 --> 00:20:06,626 Iso que é? 261 00:20:07,418 --> 00:20:08,793 Un braseiro! 262 00:20:25,501 --> 00:20:26,834 Mírate, K-Bongo. 263 00:20:26,918 --> 00:20:32,876 Desfixeches o aire frío cunha bomba de lume. Foi incrible. 264 00:20:32,959 --> 00:20:36,126 Todo este rebumbio provocouno un vello. 265 00:20:36,209 --> 00:20:40,709 Vello? Como que vello? Son Boca de tronada, 266 00:20:40,793 --> 00:20:42,834 creador do caos, 267 00:20:42,918 --> 00:20:45,251 rei do clima. 268 00:20:46,043 --> 00:20:48,709 Non me derrotaredes! 269 00:20:56,543 --> 00:20:59,209 Parece que xa o fixemos, avó. 270 00:20:59,293 --> 00:21:01,709 Aínda non o creo, conseguímolo! 271 00:21:06,584 --> 00:21:10,501 Bo traballo! Parabéns, Equipo catro! 272 00:21:10,584 --> 00:21:13,626 Equipo catro no byu byu! 273 00:21:17,001 --> 00:21:21,334 O público sorprendeuse cando unhas heroínas, o Equipo catro, 274 00:21:21,418 --> 00:21:25,959 acabaron co desastre natural, que de natural non tiña moito. 275 00:21:26,043 --> 00:21:31,334 Quen son as heroínas? De onde saíron? Se cadra as peticións de axuda 276 00:21:31,418 --> 00:21:32,876 foron escoitadas. 277 00:21:34,709 --> 00:21:36,501 Ten coidado, Lusaka. 278 00:21:37,168 --> 00:21:41,959 Esas peticións logo serán aniquiladas pola miña forza. 279 00:22:56,584 --> 00:22:59,543 Subtítulos: Ainoa Antelo Pérez