1 00:00:11,834 --> 00:00:14,459 Brutal, brutal, brutal… 2 00:00:14,543 --> 00:00:15,626 Mamá K. 3 00:00:15,709 --> 00:00:19,376 Aquí estamos nós, cantas son dous máis dous? 4 00:00:19,459 --> 00:00:24,334 Viaxarás a L-S-K, amigas, irmás leais, 5 00:00:24,418 --> 00:00:28,584 non lle temos medo a nada, a vitoria está asegurada. 6 00:00:28,668 --> 00:00:32,918 Xa veredes o que vén por aí, vale todo agás fuxir. 7 00:00:33,001 --> 00:00:37,668 É lei, un deber. Ídesnos coñecer! 8 00:01:09,793 --> 00:01:12,584 De onde saíu este Equipo catro? 9 00:01:13,334 --> 00:01:16,126 Teño que dar controlado isto. 10 00:01:16,209 --> 00:01:19,876 Fanme falta máis efectivos para paralas. 11 00:01:28,918 --> 00:01:32,834 Monde! Como acabamos o desfile o ano pasado? 12 00:01:33,501 --> 00:01:36,668 Falas do xiro dobre. Mira. 13 00:01:39,251 --> 00:01:42,959 Recordade centrarvos antes do concurso e…. 14 00:01:43,043 --> 00:01:44,459 A bailar! 15 00:01:44,543 --> 00:01:46,334 Si! 16 00:01:47,501 --> 00:01:51,168 - Botámoste en falta! - Eu tamén a vós. 17 00:01:51,251 --> 00:01:53,751 Monde! 18 00:01:53,834 --> 00:01:58,001 - Tes ensaio coas majorettes? - Si, teño que colgar. 19 00:01:58,084 --> 00:01:59,126 Adeus! 20 00:01:59,209 --> 00:02:00,959 - Quen eran? - Vellas amigas. 21 00:02:01,043 --> 00:02:06,834 Agora tócache estar coas amigas novas. Equipo Temwe e… as outras. 22 00:02:12,168 --> 00:02:15,209 Ola, Mamá K! Iamos agora adestrarnos. 23 00:02:15,876 --> 00:02:21,334 Pois quedade aquí. O adestramento de hoxe é descargar a furgoneta. 24 00:02:24,751 --> 00:02:28,168 Este adestramento xa o teño na casa. 25 00:02:28,251 --> 00:02:31,084 Daquela valo facer de marabilla. 26 00:02:35,251 --> 00:02:37,959 Rapazas, os problemas non paran. 27 00:02:38,043 --> 00:02:40,501 Outro día, outro ataque. 28 00:02:40,584 --> 00:02:43,793 Tedes que estar atentas alá onde vaiades. 29 00:02:43,876 --> 00:02:45,543 E, pase o que pase, 30 00:02:45,626 --> 00:02:47,959 tedes que permanecer unidas. 31 00:02:48,793 --> 00:02:51,126 Si, dádevos apoio mutuo. 32 00:02:51,209 --> 00:02:55,793 Estade sempre alerta, sobre todo onde se xunte moita xente. 33 00:02:55,876 --> 00:02:59,459 - Coma no "Elimina o lixo"? - Si, exacto! 34 00:02:59,543 --> 00:03:03,001 Recordades a muller do alcalde o ano pasado? 35 00:03:05,043 --> 00:03:06,376 Xa o esquecera. 36 00:03:06,876 --> 00:03:12,168 - Que pasou? De que vos rides? - O discurso do alcalde foi tan longo… 37 00:03:13,543 --> 00:03:17,001 que a señora Sikazwe adormeceu detrás del e… 38 00:03:20,668 --> 00:03:22,918 Non che pareceu gracioso? 39 00:03:23,709 --> 00:03:26,459 Espera! Ti non estabas, non? 40 00:03:26,959 --> 00:03:29,209 Pero estás aquí agora, Monde. 41 00:03:29,293 --> 00:03:31,293 Es parte do equipo 42 00:03:31,376 --> 00:03:35,209 e mañá vas actuar coas majorettes, non? 43 00:03:35,709 --> 00:03:39,418 Vou ensaiar moito hoxe á noite. Vou fatal. 44 00:03:39,501 --> 00:03:42,126 Faralo xenial. Temwe e eu imos ir. 45 00:03:42,209 --> 00:03:44,084 En serio? Que riquiñas… 46 00:03:44,168 --> 00:03:47,793 Vai vir a furgo de hamburguesas desde Chingola! 47 00:03:48,376 --> 00:03:53,168 Mentres perseguides a comida, eu estarei no posto de reciclaxe. 48 00:03:53,918 --> 00:04:00,251 - Se Temwe aguanta, irémosche axudar. - Primeiro a comida e despois a reciclaxe. 49 00:04:08,626 --> 00:04:11,793 O apoio é unha cadeira de catro patas, 50 00:04:11,876 --> 00:04:16,001 pero teñen que soportar o peso todas por igual. 51 00:04:23,459 --> 00:04:25,668 Esperade, é unha ensinanza? 52 00:04:34,168 --> 00:04:36,084 Recolle o teu lixo. 53 00:04:36,918 --> 00:04:39,918 Como te pille, bótote ó lixo. 54 00:04:41,001 --> 00:04:46,126 Grazas, nena. Polo menos non es alérxica ás papeleiras coma ese. 55 00:04:47,001 --> 00:04:48,876 Non hai de que, señor. 56 00:04:56,876 --> 00:05:00,418 "Non che pareceu gracioso? Ai, ti non estabas." 57 00:05:08,793 --> 00:05:11,001 Vale, é moi gracioso. 58 00:05:12,293 --> 00:05:13,459 Que pasa, irmá? 59 00:05:15,751 --> 00:05:18,793 - Acórdome. - Comemos shombo ya muzauli? 60 00:05:18,876 --> 00:05:22,043 Se nos aguanta a luz para facelo, si. 61 00:05:22,126 --> 00:05:23,668 O sabor da casa. 62 00:05:23,751 --> 00:05:27,418 Encantábame comelo despois de adestrar coas majorettes. 63 00:05:28,043 --> 00:05:32,751 - Acórdaste de cando comiamos fóra? - Vendo o solpor. 64 00:05:32,834 --> 00:05:35,709 Escoitando os contos de Ndate. 65 00:05:35,793 --> 00:05:37,501 Recolle o lixo ou… 66 00:05:37,584 --> 00:05:41,334 Agora temos os berros do señor Sibanda. 67 00:05:44,084 --> 00:05:45,418 Non é o mesmo. 68 00:05:48,501 --> 00:05:54,251 - Botas aquilo en falta? - Si, a Bo Ma, a Bo Ndate, os amigos, 69 00:05:54,334 --> 00:05:57,876 aquí son a que non viu roncar a señora Sikazwe. 70 00:05:59,084 --> 00:06:02,376 Querían que viñeses para poder ir a un instituto mellor. 71 00:06:02,459 --> 00:06:08,543 Xa o sei. Non me gusta esta sensación de ser nova, non ser parte dun equipo. 72 00:06:08,626 --> 00:06:12,043 Pero estás facendo amigos e recordos novos. 73 00:06:12,543 --> 00:06:17,584 Só precisas un pouco de paciencia. Lusaka logo será o noso fogar. 74 00:06:19,084 --> 00:06:22,418 Vou facer a cea antes de caia a tensión. 75 00:06:24,543 --> 00:06:29,418 - Podo seguir a adestrarme? - Máis? Se levas toda a semana. 76 00:06:29,501 --> 00:06:33,126 Co Equipo catro, digo, co equipo de majorettes. 77 00:06:33,209 --> 00:06:36,543 Preciso adestrarme máis. Mañá fago un solo. 78 00:06:37,501 --> 00:06:39,251 Deixa de preocuparte. 79 00:06:39,334 --> 00:06:42,626 Baila tal como che aprendeu Bo Ma, vale? 80 00:06:43,126 --> 00:06:45,834 - Eya! - Eya! 81 00:06:45,918 --> 00:06:48,334 E eu irei alí animarte, vale? 82 00:06:49,376 --> 00:06:51,709 O señor Magedzee tamén vai ir? 83 00:06:55,084 --> 00:06:58,459 Quedamos sen shombo ya muzauli. 84 00:07:09,334 --> 00:07:11,001 Monde! Estás ben? 85 00:07:11,084 --> 00:07:14,876 Que nervios. É normal sentir bolboretas nas dedas? 86 00:07:14,959 --> 00:07:19,334 Monde, telo controlado. Recordas? Eya! 87 00:07:20,834 --> 00:07:25,001 Creo que ó señor Magedzee lle gustou moito o teu baile! 88 00:07:30,126 --> 00:07:31,876 Grazas, señor Sibanda! 89 00:07:39,584 --> 00:07:43,334 Monde! Non estou aquí de espertador teu! 90 00:07:43,418 --> 00:07:48,501 Como che dicía, temos que centrarnos e deixarme quedar ben. 91 00:07:49,584 --> 00:07:53,209 É o gran momento para a nova. Non o estragues. 92 00:07:58,168 --> 00:08:00,751 Primeiro o discurso e despois… 93 00:08:00,834 --> 00:08:06,751 Veu para agradecerlle ó señor Magedzee que nos dese os xeradores para o acto. 94 00:08:06,834 --> 00:08:11,334 - E a min quen mo agradece? - Eu só veño vixiar os alumnos. 95 00:08:11,418 --> 00:08:15,876 Eu. Que quere que lle agradeza hoxe, señor Sikazwe? 96 00:08:15,959 --> 00:08:19,459 Eu… mire… pois… tanto dá. 97 00:08:21,459 --> 00:08:23,709 Debía darlle as grazas. 98 00:08:24,334 --> 00:08:30,959 - Sábese quen é o cerebro detrás disto. - Chámeme Likando. Só fago o meu traballo. 99 00:08:31,043 --> 00:08:34,001 E faino de marabilla, Likando. 100 00:08:34,084 --> 00:08:35,751 Alcalde! 101 00:08:36,668 --> 00:08:42,918 Señor Sibanda! Voulle ter que repetir que non queremos o seu plan de saneamento? 102 00:08:43,001 --> 00:08:46,084 Hai lixo polas rúas todas. Escóiteme. 103 00:08:46,168 --> 00:08:49,709 Señor, non me moleste. Vou dar un discurso. 104 00:08:49,793 --> 00:08:51,751 Non! Nada de discursos. 105 00:08:52,584 --> 00:08:57,293 É admirable ver cidadáns coma vostede, apaixonados polo medio. 106 00:08:57,876 --> 00:09:02,584 O noso alcalde corrupto cospe lixo e infecta Lusaka. 107 00:09:02,668 --> 00:09:06,501 Haille que ensinar a situación que provocou. 108 00:09:10,584 --> 00:09:13,126 E a música para recibirme? 109 00:09:15,668 --> 00:09:19,626 Grazas por unirvos para axudar a limpar Lusaka. 110 00:09:19,709 --> 00:09:25,376 Especialmente ó señor Magedzee por achegar potencia extra para o acto. 111 00:09:28,751 --> 00:09:30,501 Onde teño as lentes? 112 00:09:35,251 --> 00:09:36,126 Aquí están! 113 00:09:36,918 --> 00:09:42,293 300 gramos de shombo, polo e tres to…tomates. 114 00:09:42,834 --> 00:09:45,168 Grazas, alcalde, por vir e… 115 00:09:45,251 --> 00:09:49,251 informarnos de que se lle acabaron os tomates! 116 00:09:49,876 --> 00:09:51,626 Grazas, señor Nkwashi, 117 00:09:51,709 --> 00:09:56,793 por acoller o acto "Elimina o lixo" no centro de secundaria Kamiji. 118 00:09:56,876 --> 00:09:59,209 E ó meu marabilloso pobo, 119 00:09:59,293 --> 00:10:03,959 con todo o meu corazón quero darvos as grazas a todos, 120 00:10:04,043 --> 00:10:09,293 que desde cada esquina, desde cada rúa, desde cada tellado 121 00:10:09,376 --> 00:10:11,459 berrará nunha mesma voz: 122 00:10:11,543 --> 00:10:16,043 - Lusaka non acepta lixo. - Lusaka non acepta lixo! 123 00:10:16,126 --> 00:10:18,959 E que pasa co lixo que é o alcalde? 124 00:10:19,043 --> 00:10:22,543 Veña, hai lixo que non é inútil de todo. 125 00:10:22,626 --> 00:10:24,876 - Grazas. - Algún pódese reciclar. 126 00:10:24,959 --> 00:10:28,001 Pero o alcalde non! Botádeo xa! 127 00:10:28,084 --> 00:10:32,959 - Botádeo xa! - Botádeo xa! 128 00:10:33,043 --> 00:10:34,334 Xa foi. 129 00:10:34,418 --> 00:10:36,501 Botádeo xa! 130 00:10:36,584 --> 00:10:40,418 Como prólogo das actuacións, un forte aplauso 131 00:10:40,501 --> 00:10:45,834 para o equipo de majorettes do instituto Kamiji: as xemas marchosas! 132 00:11:54,668 --> 00:11:56,251 Ayi. 133 00:11:56,793 --> 00:12:02,001 Canto lixo. Ninguén se preocupa pola terra que os alimenta. 134 00:12:02,084 --> 00:12:06,501 Uns porcos van acabar con Lusaka e ninguén fai nada. 135 00:12:06,584 --> 00:12:12,084 - Nin os cidadáns, nin o alcalde… - O alcalde? Nunca escoita. 136 00:12:12,168 --> 00:12:17,459 Alguén o vai ter que obrigar. Canto lle importa Lusaka? 137 00:12:17,543 --> 00:12:20,918 Que está disposto a facer pola cidade? 138 00:12:21,709 --> 00:12:23,043 O que sexa! 139 00:12:23,668 --> 00:12:24,876 Vostede quen é? 140 00:12:25,793 --> 00:12:27,126 Un amigo. 141 00:12:27,876 --> 00:12:32,126 Fai o desafío Monde. O desafío Monde. 142 00:12:32,209 --> 00:12:35,501 Irmá, o que pasou onte é auga pasada. 143 00:12:35,584 --> 00:12:38,501 Likando! Todo isto publicouse hoxe. 144 00:12:39,418 --> 00:12:44,293 - Na casa isto non me pasaría! - Non é tan malo como pensas. 145 00:12:44,376 --> 00:12:47,001 Esfórzate en ter un bo día, vale? 146 00:12:48,834 --> 00:12:51,668 Aí vén Monde. Fai o desafío Monde. 147 00:12:51,751 --> 00:12:53,209 Mirade, Monde! 148 00:12:53,918 --> 00:12:56,876 Fai o desafío Monde. Desafío! 149 00:12:57,543 --> 00:13:00,876 Estás ben? Non me contestaches a chamada. 150 00:13:00,959 --> 00:13:03,543 - Nin a mensaxe. - Nin o meu meme! 151 00:13:03,626 --> 00:13:07,876 Fuches ti? Que vergonza! 152 00:13:07,959 --> 00:13:12,209 Tranqui, nin chegou ó millón de visitas en ZambiaStream. 153 00:13:12,293 --> 00:13:15,793 Pero chegará. Isto é terrible. 154 00:13:15,876 --> 00:13:19,334 Os teus memes son a nova señora Sikazwe roncando. 155 00:13:19,418 --> 00:13:20,876 Monde Wamunyima! 156 00:13:20,959 --> 00:13:22,376 Sígame, por favor. 157 00:13:25,751 --> 00:13:29,334 Non contaba coa broma que gastou onte á noite. 158 00:13:29,418 --> 00:13:31,709 Señor, prométolle que non… 159 00:13:31,793 --> 00:13:37,543 A prensa, a comunidade, o centro está distraído co desafío Monde que creou. 160 00:13:37,626 --> 00:13:40,918 - Síntoo moito, señor. - Non hai dúbida. 161 00:13:41,001 --> 00:13:45,834 Esperaba máis de vostede vendo as notas do seu antigo centro. 162 00:13:45,918 --> 00:13:47,084 O meu centro. 163 00:13:49,918 --> 00:13:50,918 Outra cousa. 164 00:13:51,626 --> 00:13:56,001 Voulle dar un consello, señorita. Apártese desas amigas. 165 00:13:56,084 --> 00:13:58,876 Especialmente da pequena. Non é boa. 166 00:14:03,668 --> 00:14:05,001 Aí vén Monde. 167 00:14:05,084 --> 00:14:07,918 Fai, fai, fai o desafío Monde! 168 00:14:08,001 --> 00:14:14,459 Fai o desafío Monde, iwe, fai o desafío Monde! 169 00:14:14,543 --> 00:14:20,543 - Non quero facer máis recordos. - Espera! Riámonos de Temwe, non de ti! 170 00:14:26,709 --> 00:14:30,209 Monde? 171 00:14:30,293 --> 00:14:31,543 Estás aquí? 172 00:14:32,751 --> 00:14:35,168 Chibo, viches a Monde? 173 00:14:43,001 --> 00:14:46,126 Eu estaba lendo. Por que berrades tanto? 174 00:14:46,209 --> 00:14:51,959 Monde marchou do centro e dixo que ía á casa, fomos buscala e non estaba. 175 00:14:52,043 --> 00:14:55,918 Penso que nos pasamos con ela. Non a apoiamos. 176 00:14:56,418 --> 00:14:58,709 Que vos dixen das patas? 177 00:15:00,293 --> 00:15:02,084 Apoiádevos mutuamente. 178 00:15:02,584 --> 00:15:05,334 Ide buscar a vosa amiga e amañádeo. 179 00:15:06,209 --> 00:15:07,251 Si, Mamá K. 180 00:15:07,334 --> 00:15:11,418 Precisamos un dicionario para as ensinanzas de Mamá K. 181 00:15:13,793 --> 00:15:20,793 Fai, fai, fai o desafío Monde! O desafío! Fai, fai, fai o desafío Monde! O desafío! 182 00:15:20,876 --> 00:15:24,001 Nena, vas comezar unha nova viaxe? 183 00:15:25,209 --> 00:15:26,043 Quen, eu? 184 00:15:27,334 --> 00:15:29,709 Ía facelo, pero volvo á casa. 185 00:15:29,793 --> 00:15:30,959 E logo? 186 00:15:31,043 --> 00:15:35,418 Vin buscar un futuro mellor, pero foi unha morea de lixo. 187 00:15:35,501 --> 00:15:38,334 Non te rendas tan rápido. 188 00:15:38,834 --> 00:15:41,418 Hai valor en todo. 189 00:15:41,501 --> 00:15:43,668 Incluso no que tiramos. 190 00:15:44,584 --> 00:15:50,126 Falas coma unha coñecida miña. Grazas, galiña. Es moi sabia. 191 00:15:52,043 --> 00:15:53,459 Que raro. 192 00:15:59,251 --> 00:16:03,251 Teño que marchar. Busca refuxio, eu teño que chamar… 193 00:16:04,209 --> 00:16:07,834 Non, non vou chamalas. Dou feito eu soa. 194 00:16:19,834 --> 00:16:24,126 Nenas, hai un ataque no bordo de Lusaka. Monde está alí. 195 00:16:24,209 --> 00:16:27,793 Referíase á súa casa, casa. Marcha de Lusaka. 196 00:16:27,876 --> 00:16:30,376 Está loitando soa! Imos axudala! 197 00:16:30,459 --> 00:16:35,168 A cadeira está rota. Tres patas non fan un Equipo catro. 198 00:16:49,959 --> 00:16:54,251 Se os dedos están xuntos, fan un puño poderoso. 199 00:16:54,334 --> 00:16:56,001 Sede un puño. 200 00:16:56,793 --> 00:16:59,126 Somos un puño ou unha cadeira? 201 00:17:01,918 --> 00:17:02,751 O que? 202 00:17:03,626 --> 00:17:07,834 Alcalde Sikazwe! Hora de sacar o lixo! 203 00:17:08,626 --> 00:17:09,459 Para! 204 00:17:12,751 --> 00:17:15,584 Pasou por alto o lixo de Lusaka, 205 00:17:15,668 --> 00:17:17,918 agora ninguén ve outra cousa. 206 00:17:26,043 --> 00:17:28,293 Entre, alcalde, encárgome eu. 207 00:17:29,418 --> 00:17:31,501 Enchiches a cidade de lixo. 208 00:17:33,668 --> 00:17:36,418 Preparada para algo de lixo? 209 00:17:53,834 --> 00:17:57,834 Se non aturas o lixo, sae do vertedoiro. 210 00:18:00,043 --> 00:18:04,251 Non, home lixo! Imos acabar co lixo, ou sexa, contigo. 211 00:18:21,209 --> 00:18:25,543 Fixen mal, M-Kozo! Non debín facer a parvada do desafío. 212 00:18:25,626 --> 00:18:29,918 - Era evidente que tiñas morriña. - Perdoa por non defenderte. 213 00:18:30,001 --> 00:18:34,334 Tesnos aquí pase o que pase. A partir de aquí e agora. 214 00:18:34,418 --> 00:18:39,751 Somos o teu equipo, o Equipo catro. Ven converterte nun moble con nós. 215 00:18:42,043 --> 00:18:44,834 Dese apoio vos falaba. 216 00:18:46,584 --> 00:18:48,626 Grazas, rapazas! Litumezi. 217 00:18:51,668 --> 00:18:54,293 Hai que levar ese lixo ó colector. 218 00:19:04,126 --> 00:19:07,209 - K-Bongo! - Estou buscando como paralo. 219 00:19:18,418 --> 00:19:22,584 - K-Bongo, aínda nada? - Usa algo para mover o metal. 220 00:19:22,668 --> 00:19:26,501 Imáns. Usa imáns para tirar e empurrar o lixo. 221 00:19:27,126 --> 00:19:32,001 Hai que usar algo non metálico para atravesar o campo magnético. 222 00:19:35,376 --> 00:19:36,209 Lixo! 223 00:19:36,293 --> 00:19:40,793 Claro! Plástico ou goma, para bloquear a fonte de enerxía. 224 00:19:40,876 --> 00:19:43,959 Onde imos atopar abondo? 225 00:19:46,168 --> 00:19:49,501 Hai valor en todo. Incluso no que tiramos. 226 00:19:49,584 --> 00:19:52,251 Si! Vamos recoller lixo, Za-Mpezi! 227 00:19:52,334 --> 00:19:54,918 Voulle dar unha superactuación! 228 00:20:37,209 --> 00:20:41,084 - Señor Sibanda? - O home do lixo é o home do lixo? 229 00:20:41,876 --> 00:20:44,043 Como non o pensei antes? 230 00:20:44,626 --> 00:20:46,209 Que pasa? 231 00:20:46,293 --> 00:20:47,376 Onde estou? 232 00:20:47,459 --> 00:20:51,001 Ensuciou a cidade. Non se acorda? 233 00:20:51,084 --> 00:20:52,918 Eu? Ensuciar a cidade? 234 00:20:53,001 --> 00:20:58,251 Non! O último que recordo é estar limpando tras o acto de reciclaxe. 235 00:20:59,251 --> 00:21:01,751 Alguén lle andou na cabeza fixo. 236 00:21:01,834 --> 00:21:04,293 Vai saír todo ben, señor. 237 00:21:04,376 --> 00:21:09,293 Si, pero vainos ter que axudar a reciclar todo isto, señor. 238 00:21:11,459 --> 00:21:15,459 Benvidos e benvidas á clausura de "Elimina o lixo". 239 00:21:15,959 --> 00:21:20,584 A semana foi un éxito grazas ós nosos apaixonados cidadáns. 240 00:21:20,668 --> 00:21:24,543 Só nós podemos salvar o planeta! Si! 241 00:21:24,626 --> 00:21:28,459 Si, cidadáns apaixonados coma o señor Sibanda! 242 00:21:28,543 --> 00:21:31,626 Agora, que siga a celebración. 243 00:21:45,168 --> 00:21:47,459 Ai, non, outra vez non! 244 00:21:53,543 --> 00:21:57,001 Moi ben, Monde! Esa é a miña irmá! 245 00:22:09,001 --> 00:22:10,459 Ben, Monde! 246 00:22:11,959 --> 00:22:13,459 Ese é o meu equipo. 247 00:23:27,876 --> 00:23:30,793 Subtítulos: Ainoa Antelo Pérez