1 00:00:11,834 --> 00:00:14,418 Brutal, brutal, brutal… 2 00:00:14,501 --> 00:00:15,626 Mamá K. 3 00:00:15,709 --> 00:00:19,293 Aquí estamos nós, cantas son dous máis dous? 4 00:00:19,376 --> 00:00:24,293 Viaxarás a L-S-K, amigas, irmás leais, 5 00:00:24,376 --> 00:00:28,584 non lle temos medo a nada, a vitoria está asegurada. 6 00:00:28,668 --> 00:00:32,918 Xa veredes o que vén por aí, vale todo agás fuxir. 7 00:00:33,001 --> 00:00:37,668 É lei, un deber. Ídesnos coñecer! 8 00:01:09,209 --> 00:01:13,834 Son Geoffrey, de Zambia News, desde o centro de Lusaka, 9 00:01:13,918 --> 00:01:18,209 onde acabaron a mellora da central de enerxía solar. 10 00:01:18,293 --> 00:01:21,418 Como están a reparar a presa e o parque eólico, 11 00:01:21,501 --> 00:01:25,043 Lusaka precisa enerxía solar máis ca nunca. 12 00:01:25,668 --> 00:01:30,543 Máis ca nunca? Teremos que facer algo ó respecto. 13 00:01:30,626 --> 00:01:32,251 Falando do tema, 14 00:01:32,334 --> 00:01:38,501 A famosa vlogueira Solleira do barrio electrocutouse tentando roubar enerxía. 15 00:01:38,584 --> 00:01:42,376 Mentres a levaban ó psiquiátrico de Lusaka, 16 00:01:42,459 --> 00:01:48,751 berraba algo importante para o pobo: coas caídas de tensión tes o pelo fatal. 17 00:01:49,751 --> 00:01:52,459 É boa verdade, Solleira. É verdade. 18 00:01:54,209 --> 00:01:56,168 Whicka whicka que? 19 00:01:57,126 --> 00:02:02,626 Preciso que me consigas paneis solares, moitos paneis solares. 20 00:02:02,709 --> 00:02:06,126 Os paneis son o encargo? Tráioos sen letargo. 21 00:02:06,209 --> 00:02:09,584 Non vou meter a pata na planta de Chipata! 22 00:02:09,668 --> 00:02:13,168 Despois, vai ó psiquiátrico de Lusaka 23 00:02:13,251 --> 00:02:19,209 e recolle unha vlogueira moi especial, ten un futuro moi solleiro. 24 00:02:25,084 --> 00:02:30,751 Komana! Señor Mwiinga! Benvidos. Alégrome de que puidesen vir. 25 00:02:30,834 --> 00:02:33,418 É un honor que nos invitase. 26 00:02:33,501 --> 00:02:36,334 O que te trouxo aquí foi o esforzo. 27 00:02:36,418 --> 00:02:41,418 O aparello de captura de carbono con enerxía solar é brillante: 28 00:02:41,501 --> 00:02:44,126 produción e funcionamento verde. 29 00:02:44,209 --> 00:02:47,751 É certo. Ninguén o merece máis ca ti, nena. 30 00:02:47,834 --> 00:02:52,584 É unha xenialidade. Por iso, alégrame comunicarche 31 00:02:52,668 --> 00:02:57,418 que es unha das destinatarias do meu programa de bolsas. 32 00:02:57,501 --> 00:03:00,626 - Parabéns, Komana. - Grazas, señor. 33 00:03:00,709 --> 00:03:05,751 Seguro que coa bolsa te convertes na mellor inventora de Lusaka. 34 00:03:05,834 --> 00:03:11,126 Komana seguirá a impresionalo co seu traballo e inventiva, señor. 35 00:03:11,834 --> 00:03:17,418 Si, devezo por ver a súa próxima invención revolucionaria. 36 00:03:18,209 --> 00:03:20,168 Invención revolucionaria? 37 00:03:24,793 --> 00:03:29,751 Colle os paneis e despois a raíña. Quedará todo escuro ben axiña! 38 00:03:30,709 --> 00:03:32,918 Que fas, Protestón? 39 00:03:34,126 --> 00:03:36,418 T.O.M.I., bloquea o rap malo! 40 00:03:36,501 --> 00:03:38,501 Bloqueadores operativos. 41 00:03:38,584 --> 00:03:43,543 Nenas, parade a ofensiva. Se non levo os paneis, non vos deixo vivas! 42 00:03:43,626 --> 00:03:48,293 Protestón, bloqueámosche o rap porque os paneis ímolos recuperar. 43 00:03:49,251 --> 00:03:53,418 T-Mlilo no byu byu! Mi ma, vaia barras. 44 00:03:53,501 --> 00:03:56,376 Acabouse o cantar, é hora de loitar! 45 00:04:04,251 --> 00:04:07,168 Oe! Estás ben? 46 00:04:11,834 --> 00:04:15,001 Za-Mpezi, se me axudas co meu deber, 47 00:04:15,084 --> 00:04:17,959 acabo o choio e sigo co meu quefacer. 48 00:04:21,043 --> 00:04:25,084 Déixao acabar o choio e seguir co seu quefacer. 49 00:04:25,168 --> 00:04:26,959 Protestón escapa! 50 00:04:28,584 --> 00:04:31,709 Para! Za-Mpezi, somos nós! 51 00:04:32,251 --> 00:04:35,293 Protestón hipnotizouna cun rap malo. 52 00:04:36,334 --> 00:04:37,543 Za-Mpezi! 53 00:04:44,501 --> 00:04:45,668 Estás ben? 54 00:04:50,501 --> 00:04:51,584 Que pasou? 55 00:04:52,376 --> 00:04:56,584 Grazas por botarme un cabo, o meu xefe ten un plan de moito nabo! 56 00:05:10,751 --> 00:05:12,334 Amiga, aí estabas. 57 00:05:13,001 --> 00:05:15,043 Traballando na comida? 58 00:05:16,793 --> 00:05:18,084 Que te agonía? 59 00:05:18,168 --> 00:05:23,959 Perdín unha batalla e Magedzee dixo que quere ver o meu seguinte invento. 60 00:05:24,043 --> 00:05:26,043 - Acaba de darche a bolsa. - Xa. 61 00:05:26,126 --> 00:05:30,418 Pero para conservala teño que crear algo revolucionario. 62 00:05:30,501 --> 00:05:35,918 - E que debería ser? - Enerxía barata, pero non teño tempo… 63 00:05:36,001 --> 00:05:38,709 Porque a vida se pon no medio? 64 00:05:39,209 --> 00:05:40,043 Agora que? 65 00:05:40,126 --> 00:05:44,043 Que? Plástica? Igual che vén ben distraerte. 66 00:05:44,126 --> 00:05:46,751 Non preciso distraerme. 67 00:05:47,459 --> 00:05:50,209 - Pois falta a plástica. - Faltar? 68 00:05:51,209 --> 00:05:54,168 - Teño pinta de Temwe? - Desculpa! 69 00:05:54,834 --> 00:05:56,043 Que estou aquí. 70 00:05:57,084 --> 00:05:57,918 Hoxe. 71 00:06:11,959 --> 00:06:17,668 Quero ver paixón na súa arte. Busquen no fondo da súa alma. 72 00:06:17,751 --> 00:06:21,709 Fagan sangrar os seus corazóns no papel. 73 00:06:21,793 --> 00:06:24,918 Se só estamos debuxando… círculos. 74 00:06:26,209 --> 00:06:28,751 A arte é vitalidade, é vida. 75 00:06:28,834 --> 00:06:33,251 Arrástrense sobre carbóns para queimar a grandeza interior 76 00:06:33,334 --> 00:06:36,668 e bótena ó mundo para que a contemple. 77 00:06:38,334 --> 00:06:39,168 Mwiinga! 78 00:06:39,251 --> 00:06:41,251 Tranquila, profe. Acabei! 79 00:06:41,334 --> 00:06:46,084 Agnes Buya Yombwe botou unha pouca pintura por aí e acabou? 80 00:06:46,168 --> 00:06:47,709 Marchou de compras? 81 00:06:47,793 --> 00:06:53,376 Non. Sufriu pola arte. E vostede tamén. 82 00:06:53,459 --> 00:06:55,584 Asegúrollo… sufro. 83 00:06:56,918 --> 00:07:00,376 "Inspiración artística na vida diaria." 84 00:07:00,459 --> 00:07:05,043 Este é o proxecto máis importante do ano. Busquen no fondo. 85 00:07:05,126 --> 00:07:09,334 Sexan fieis a si mesmos. Espero un 100 % de esforzo. 86 00:07:10,209 --> 00:07:11,084 No fondo? 87 00:07:11,626 --> 00:07:13,126 Onde? Como? 88 00:07:13,209 --> 00:07:14,084 Tagu. 89 00:07:15,626 --> 00:07:20,668 Xefe, Solleira uniuse ó clan e teño os paneis solares para o plan. 90 00:07:20,751 --> 00:07:22,876 Tráemo todo. 91 00:07:22,959 --> 00:07:26,084 Hai que potenciar esta vlogueira. 92 00:07:34,626 --> 00:07:37,668 Estás na fila dos revoltosos? Como? 93 00:07:37,751 --> 00:07:38,584 Temwe. 94 00:07:38,668 --> 00:07:42,459 - Ti tamén vés onda o director? - Vivo aquí case! 95 00:07:43,418 --> 00:07:47,668 Que fixeches? Faltar á clase? Volviches durmir en mates? 96 00:07:47,751 --> 00:07:52,251 Espera. Golpeaches un armario co puño pechado e anoxado? 97 00:07:52,334 --> 00:07:53,876 Non, nada diso! 98 00:07:53,959 --> 00:07:58,751 Comícheslle a comida da profe? Graffitis? Falaches ó revés? 99 00:07:58,834 --> 00:08:00,043 Non! 100 00:08:00,126 --> 00:08:04,209 Por que estás aquí? A xente quere sabelo, tía! 101 00:08:05,293 --> 00:08:07,126 Quero deixar plástica! 102 00:08:09,918 --> 00:08:13,334 Podo usar o proxector para a presentación? 103 00:08:15,793 --> 00:08:19,001 Grazas. Segundo un informe da UNESCO, 104 00:08:19,084 --> 00:08:23,918 só o 35 % do alumnado de ciencias na universidade son mulleres. 105 00:08:24,001 --> 00:08:27,584 En África, o dato é aínda máis alarmante. 106 00:08:27,668 --> 00:08:30,918 As rapazas enfróntanse a tantos desafíos 107 00:08:31,001 --> 00:08:35,251 que lles é difícil destacar en ciencia e tecnoloxía. 108 00:08:35,334 --> 00:08:37,251 E respecto da arte, 109 00:08:37,334 --> 00:08:42,793 é innecesaria e prexudicial para o meu horario tan sobrecargado. 110 00:08:42,876 --> 00:08:44,126 Por que?, dirá. 111 00:08:45,293 --> 00:08:48,168 O día ten 24 horas. Quite 8 para durmir. 112 00:08:48,251 --> 00:08:54,626 Dúas para desprazamentos. Sete de clases, tres para deberes, 45 minutos para comer, 113 00:08:54,709 --> 00:08:57,293 20 para baño, duchas incluídas: 114 00:08:57,376 --> 00:09:00,626 menos de tres horas para extraescolares. 115 00:09:00,709 --> 00:09:03,918 Non teño tempo para a clase de plástica. 116 00:09:04,001 --> 00:09:07,168 Seguro que vostede, un intelectual… 117 00:09:08,793 --> 00:09:09,709 Señor! 118 00:09:10,209 --> 00:09:13,709 Que? Por que me molesta co seu discurso? 119 00:09:13,793 --> 00:09:18,001 - Podo deixar plástica? - Non. Precísaa para o título. 120 00:09:18,084 --> 00:09:21,293 Nunca sacarei matrícula en plástica! 121 00:09:21,376 --> 00:09:25,543 Os deberes, a bolsa, crear inventos revolucionarios… 122 00:09:25,626 --> 00:09:30,043 todo quedará "arrastrado sobre carbóns", non quedará nada. 123 00:09:30,126 --> 00:09:32,959 Quere estragarme a vida, señor? 124 00:09:33,543 --> 00:09:36,251 E que pasa se non leva matrícula? 125 00:09:36,834 --> 00:09:39,293 Está ben sacar un sobresaínte. 126 00:09:39,376 --> 00:09:44,626 Un sobre… sobresaínte? O que está por debaixo da matrícula? 127 00:09:45,584 --> 00:09:49,293 Parécelle pouco? Plástica quizais a faga humilde. 128 00:09:50,043 --> 00:09:52,334 Este tipo… Señor. 129 00:09:54,376 --> 00:09:57,793 Seguinte. Espero que sexa un criminal normal. 130 00:09:59,668 --> 00:10:01,376 - Ola. - O de sempre? 131 00:10:02,918 --> 00:10:04,376 Xa sabe como son. 132 00:10:07,293 --> 00:10:09,834 Ben puido facer unha excepción. 133 00:10:09,918 --> 00:10:13,126 Sabe o importante que é a bolsa para min. 134 00:10:13,626 --> 00:10:16,626 Temwe tiña razón. Ese home é malvado! 135 00:10:16,709 --> 00:10:22,001 Ese é o teu problema? Non sabes o que son. Isto é un problema! 136 00:10:22,084 --> 00:10:28,084 - É un castigo por facer nelas. - Castigo si que son eses zapatos. 137 00:10:28,168 --> 00:10:32,293 Son as caídas de tensión. Xa debía saber vestirme a escuras! 138 00:10:32,376 --> 00:10:35,376 Marchou luz cando tentei repasalo. 139 00:10:35,459 --> 00:10:39,501 Estamos en época seca, por que parece que vai chover? 140 00:10:39,584 --> 00:10:41,834 Será Boca de tronada? 141 00:10:41,918 --> 00:10:43,543 Vou avisar a Mamá K. 142 00:10:43,626 --> 00:10:48,543 Marchamos de aquí, veña. Unha última etiqueta de Temwe a grande. 143 00:10:48,626 --> 00:10:52,084 Por favor, Temwe, vés dun castigo, 144 00:10:52,168 --> 00:10:53,126 queres máis? 145 00:10:53,209 --> 00:10:56,793 - Oe! - Seguro que podo reutilizalo. 146 00:10:56,876 --> 00:11:00,626 Tras descubrir como facer arte inspirada pola vida. 147 00:11:00,709 --> 00:11:03,709 Precisas inspiración? Non busques máis. 148 00:11:03,793 --> 00:11:08,376 - Non é por mal, pero preciso expertos. - Se son experta en… 149 00:11:09,376 --> 00:11:11,584 Coñezo un experto en arte. 150 00:11:12,418 --> 00:11:13,584 Quen? 151 00:11:21,001 --> 00:11:21,834 Veña. 152 00:11:23,959 --> 00:11:29,751 Komana como non se dá de conta de que Chipo está por ela? Que inocente. 153 00:11:33,043 --> 00:11:37,501 - Ola. Zee dixo que me precisabas. - Si, preciso axuda… 154 00:11:38,043 --> 00:11:39,334 con plástica. 155 00:11:40,043 --> 00:11:41,459 Seica es o mellor. 156 00:11:42,376 --> 00:11:46,209 O meu corazón bate de ilusión e devece con paixón 157 00:11:46,293 --> 00:11:49,834 por pensares que de todos Chipo é o mellor. 158 00:11:49,918 --> 00:11:51,626 É un pracer, Komana. 159 00:11:52,126 --> 00:11:55,751 Vale. Tento atopar a miña inspiración artística. 160 00:11:55,834 --> 00:12:00,959 Resulta cómico que a miña musa busque musa. 161 00:12:01,043 --> 00:12:05,293 Que pode inspirar máis ca a inspiración? 162 00:12:05,376 --> 00:12:07,918 Estea onde estea, non a atopo. 163 00:12:08,668 --> 00:12:11,418 Dá igual. Déixame ver a túa arte. 164 00:12:13,751 --> 00:12:15,876 Este non é o caderno bo. 165 00:12:16,709 --> 00:12:18,918 Pero podemos falar de arte. 166 00:12:19,501 --> 00:12:21,584 Vale, que te inspira? 167 00:12:21,668 --> 00:12:23,876 O Sol, o seu brillo. 168 00:12:24,376 --> 00:12:29,751 Inxenuo, sen arrepentimentos, radiante e non se dá conta. 169 00:12:31,126 --> 00:12:34,001 Que dis, Chipo? Non entendo nada. 170 00:12:34,084 --> 00:12:37,251 Perdoa, non o estou explicando ben. 171 00:12:37,334 --> 00:12:41,459 É que es profundamente… intelixente e… 172 00:12:41,543 --> 00:12:45,793 E que? Se tan intelixente son, por que non me inspiro? 173 00:12:45,876 --> 00:12:49,084 A ciencia inspírame, enténdoa, todo ben. 174 00:12:49,168 --> 00:12:53,584 Pero isto da arte supérame, non vou atopar inspiración. 175 00:12:53,668 --> 00:12:57,168 Non vou ter a matrícula, vou quedar sen bolsa 176 00:12:57,251 --> 00:13:00,668 e non vou dar creado o seguinte gran invento. 177 00:13:01,168 --> 00:13:03,376 Nunca! 178 00:13:07,668 --> 00:13:11,001 Ndalumba. Grazas por intentalo. Marcho! 179 00:13:13,959 --> 00:13:16,459 Foi moi inspirador, non? 180 00:13:16,543 --> 00:13:20,626 Non! Acabouse o da arte! Vamos ó cuartel xeral. 181 00:13:21,376 --> 00:13:23,459 Que inocente. 182 00:13:26,709 --> 00:13:29,584 Rapazas, Komana mandoume isto antes. 183 00:13:29,668 --> 00:13:33,168 Isto é da gravación actual do dron. 184 00:13:33,251 --> 00:13:36,501 Non é Boca de tronada, é outra persoa. 185 00:13:36,584 --> 00:13:38,209 - Como? - Unha persoa? 186 00:13:38,293 --> 00:13:41,459 Tedes que ir alí e ocuparvos dela xa. 187 00:13:41,543 --> 00:13:44,376 Esta muller está tapando o Sol 188 00:13:44,459 --> 00:13:47,751 e tamén impide que a central xere enerxía. 189 00:13:48,793 --> 00:13:52,043 - Que oportuna. - Conectando xerador. 190 00:13:52,126 --> 00:13:54,293 T.O.M.I., informe de danos. 191 00:13:56,584 --> 00:14:00,501 Non dixestes que Protestón roubou paneis solares? 192 00:14:00,584 --> 00:14:04,376 Si, dixo: "Colle os paneis e despois a raíña". 193 00:14:04,959 --> 00:14:08,668 - Debe ser parte do plan! - Hai que detela! Xa! 194 00:14:08,751 --> 00:14:11,918 Esperade! Como imos ir Komana e eu aí? 195 00:14:12,001 --> 00:14:15,876 Os nosos transportes non voan. Hai que pensalo xa! 196 00:14:16,876 --> 00:14:21,001 Temos as nanolagostas do ataque da Lagosta Afouta. 197 00:14:23,168 --> 00:14:27,293 Imos facerlles unha superactualización a estes bichos. 198 00:14:30,584 --> 00:14:34,668 Si! Reutilizaremos a tecnoloxía de voo do vilán ese. 199 00:14:34,751 --> 00:14:35,793 Xa está! 200 00:14:37,584 --> 00:14:40,709 Imos acabar contigo, bloqueadora solar. 201 00:14:51,209 --> 00:14:53,293 Achegádevos con coidado. 202 00:15:00,126 --> 00:15:02,043 Está escribíndonos? 203 00:15:03,668 --> 00:15:07,834 - Ten o traxe conectado ó disco. - Ímoslle falar amodo… 204 00:15:07,918 --> 00:15:13,293 Tía! Por que está tapando o Sol? 205 00:15:13,376 --> 00:15:18,043 Ola, fans! Porque son Tapa-sol! 206 00:15:21,709 --> 00:15:24,501 Pero precisamos o Sol! 207 00:15:24,584 --> 00:15:26,501 O meu vlog tamén! 208 00:15:26,584 --> 00:15:31,834 Mirádeme en toda a miña gloria! 209 00:15:31,918 --> 00:15:35,751 Amiga, non podemos ver nada, está escuro! 210 00:15:36,376 --> 00:15:41,251 Tanto ten que sexas Tapa-sol, protección solar ou factor 50, 211 00:15:41,334 --> 00:15:44,418 sexas quen sexas, aparta, por favor. 212 00:15:46,209 --> 00:15:49,251 Sexa quen sexa? Buscádeme en Internet. 213 00:15:49,334 --> 00:15:52,584 Só atopo cremas con protección solar. 214 00:15:52,668 --> 00:15:55,959 Demo de cremas, roubándome o protagonismo. 215 00:15:56,543 --> 00:15:58,168 Seguinte páxina. 216 00:15:59,001 --> 00:16:00,501 - Non. - Seguinte! 217 00:16:01,168 --> 00:16:02,168 É que non… 218 00:16:02,668 --> 00:16:05,126 Kani. Páxina cinco. 219 00:16:05,209 --> 00:16:10,584 Está polo medio, @tapasoldivaaa, con tres as. 220 00:16:11,959 --> 00:16:17,334 Si, ó final. "Tapa-sol ten a habilidade de captar a enerxía do sol". 221 00:16:17,418 --> 00:16:20,459 - Pero por que? - Porque a enerxía é… 222 00:16:21,959 --> 00:16:23,876 poder! 223 00:16:24,918 --> 00:16:26,126 Non! 224 00:16:28,918 --> 00:16:33,501 Si! Non subestimedes a miña influencia. 225 00:16:47,709 --> 00:16:48,543 Coidado! 226 00:16:50,376 --> 00:16:52,043 K-Bongo! 227 00:16:53,793 --> 00:16:56,584 Alerta! K-Bongo está en caída libre! 228 00:16:56,668 --> 00:16:58,001 - Non! - Non! 229 00:17:04,543 --> 00:17:08,584 Metédevos comigo e bloqueareivos! 230 00:17:08,668 --> 00:17:11,251 E non só en Internet! 231 00:17:11,334 --> 00:17:13,459 Señora. Pillámolo. 232 00:17:13,543 --> 00:17:15,543 Xenial. 233 00:17:15,626 --> 00:17:22,543 Agora teño que absorber máis raios e por fin volverme viral. 234 00:17:30,001 --> 00:17:33,126 É demasiado forte coa enerxía do Sol. 235 00:17:34,209 --> 00:17:37,418 Absorbe toda a enerxía solar da cidade. 236 00:17:37,501 --> 00:17:41,834 T-Mlilo ten razón! K-Bongo, pódeselle quitar a enerxía 237 00:17:41,918 --> 00:17:43,959 e devolverlla á central? 238 00:17:44,876 --> 00:17:50,334 Si, pero van facer falta cables, unha morea deles. 239 00:17:57,376 --> 00:18:00,959 Acabando o circuíto. 240 00:18:01,959 --> 00:18:03,959 Espero que funcione. 241 00:18:04,043 --> 00:18:07,584 - Que teño que facer? - O que mellor se che dá. 242 00:18:09,084 --> 00:18:11,543 Que supermellora! 243 00:18:12,834 --> 00:18:15,793 Que comece a operación chucha-enerxía. 244 00:18:20,584 --> 00:18:22,959 Volvedes por máis castigo. 245 00:18:23,043 --> 00:18:26,168 Seguro que estabades nas miñas mencións. 246 00:18:26,251 --> 00:18:29,584 - Non tes tantos seguidores. - Si que teño! 247 00:18:32,876 --> 00:18:34,918 Nin de broma! 248 00:18:39,084 --> 00:18:41,418 Oe, boba-sol! 249 00:18:42,001 --> 00:18:43,376 Que queres? 250 00:18:43,459 --> 00:18:49,168 - Non deberías encariñarte coas cousas. - Quitádemas agora mesmo! 251 00:18:49,959 --> 00:18:51,584 Non me gusta! 252 00:18:51,668 --> 00:18:53,543 M-Kozo, agora! 253 00:18:57,834 --> 00:18:59,418 Que me facedes? 254 00:19:00,668 --> 00:19:03,084 Non! 255 00:19:03,168 --> 00:19:06,751 Non me quería facer viral así! 256 00:19:08,918 --> 00:19:12,251 Estamos recuperando a enerxía que roubaches. 257 00:19:16,834 --> 00:19:18,084 Contra. 258 00:19:18,918 --> 00:19:21,459 Nunca vira Lusaka tan iluminada. 259 00:19:21,543 --> 00:19:24,709 Non dirías que é… inspiradora? 260 00:19:33,334 --> 00:19:36,168 Ei! Como vos atrevedes? 261 00:19:36,251 --> 00:19:40,668 Cando consiga máis enerxía do Sol, bloquéovos do meu vlog! 262 00:19:41,793 --> 00:19:43,126 Non, para nada! 263 00:19:47,459 --> 00:19:48,459 Ti! 264 00:19:56,834 --> 00:20:01,126 Teredes máis novas de Tapa-sol! Mirade o meu vlog. 265 00:20:01,959 --> 00:20:05,876 Precisas un baño de realidade, tía, ninguén te ve! 266 00:20:08,501 --> 00:20:12,543 Seguide a @tapasoldivaaa! 267 00:20:16,209 --> 00:20:18,584 - Moi ben feito! - Demos feito! 268 00:20:20,043 --> 00:20:22,709 Equipo catro no byu byu! 269 00:20:22,793 --> 00:20:26,501 Ben feito, rapazas! Bo traballo! 270 00:20:26,584 --> 00:20:29,543 - Vou seguir o seu vlog. - Es tremenda! 271 00:20:33,084 --> 00:20:38,001 - Grazas por vir, señor. - Nunca rexeitaría unha invitación súa. 272 00:20:38,084 --> 00:20:42,126 Quero mostrarlle a miña obra inspirada na… 273 00:20:42,209 --> 00:20:44,543 - pintura en spray! - Non! 274 00:20:44,626 --> 00:20:48,334 Na ciencia e nas preciosas luces de Lusaka. 275 00:20:49,334 --> 00:20:50,959 - Contra. - Precioso. 276 00:20:51,043 --> 00:20:55,334 Con inspiración e paixón, desenvolvín unha pintura solar 277 00:20:55,418 --> 00:20:58,834 para embelecer a comunidade e darlle enerxía. 278 00:21:01,459 --> 00:21:02,918 Moi ben! 279 00:21:03,001 --> 00:21:09,043 Un matrimonio entre ciencia e arte. A representación da arte intelixente. 280 00:21:09,126 --> 00:21:12,626 Grazas, Chipo. Arte intelixente. Gústame. 281 00:21:12,709 --> 00:21:15,251 De verdade, sufrín por esta arte. 282 00:21:15,334 --> 00:21:19,376 Pero se levo a matrícula, quedo contenta. 283 00:21:20,043 --> 00:21:24,084 - Non podo poñerlle unha nota a isto. - Non ten nota? 284 00:21:24,168 --> 00:21:27,126 Como avalías a inspiración? 285 00:21:27,209 --> 00:21:32,376 Só pedín que vos esforzásedes e non decepcionaches, Komana! 286 00:21:32,876 --> 00:21:35,501 Non hai nota? Que non hai nota? 287 00:21:35,584 --> 00:21:39,709 - Déixao, Komana. - Os carbóns ardendo! Sufrín moito! 288 00:21:41,293 --> 00:21:44,668 Este invento é revolucionario abondo, señor? 289 00:21:44,751 --> 00:21:46,543 Podo conservar a bolsa? 290 00:21:47,209 --> 00:21:49,626 Komana, entendíchesme mal. 291 00:21:49,709 --> 00:21:55,793 Non vas perder a bolsa. E, despois disto, sei que lla dei a alguén que a merece. 292 00:21:55,876 --> 00:21:59,876 O invento é revolucionario e tamén ten inspiración! 293 00:21:59,959 --> 00:22:02,043 - Ben! - Esa é a nosa amiga! 294 00:22:02,126 --> 00:22:04,918 Komana, a artista máis lista. 295 00:23:18,834 --> 00:23:21,751 Subtítulos: Ainoa Antelo Pérez