1 00:00:11,751 --> 00:00:14,418 Brutal, brutal, brutal… 2 00:00:14,501 --> 00:00:15,584 Mamá K. 3 00:00:15,668 --> 00:00:19,376 Aquí estamos nós, cantas son dous máis dous? 4 00:00:19,459 --> 00:00:24,168 Viaxarás a L-S-K, amigas, irmás leais, 5 00:00:24,251 --> 00:00:28,543 non lle temos medo a nada, a vitoria está asegurada. 6 00:00:28,626 --> 00:00:33,043 Xa veredes o que vén por aí, vale todo agás fuxir. 7 00:00:33,126 --> 00:00:37,668 É lei, un deber. Ídesnos coñecer! 8 00:01:06,043 --> 00:01:07,459 Abaixo! 9 00:01:10,584 --> 00:01:12,709 Teño unha receita nova. 10 00:01:12,793 --> 00:01:17,543 Unha parte de aguacate e catro partes de superheroína. 11 00:01:18,043 --> 00:01:20,876 Esmagar ata que quede cremoso. 12 00:01:34,793 --> 00:01:35,959 Moi ben! 13 00:01:45,793 --> 00:01:48,501 Á miña idade, é mellor delegar. 14 00:01:51,584 --> 00:01:56,251 Átao ben! Coidado, T-Mlilo. Que non se libere coas garras. 15 00:01:56,334 --> 00:01:58,501 Tranquila, todo controlado! 16 00:02:05,043 --> 00:02:06,793 Roubando outra vez? 17 00:02:06,876 --> 00:02:11,084 A miña profesora Moitas Plantas adora os aguacates. 18 00:02:11,168 --> 00:02:14,043 Ides privar o meu amor deste manxar? 19 00:02:14,126 --> 00:02:18,209 Para roubarlle o corazón non deberías ter que roubar en serio. 20 00:02:21,793 --> 00:02:24,876 Recoñéceo, Caimanello, cachámoste. 21 00:02:28,043 --> 00:02:29,376 De verdade? 22 00:02:37,251 --> 00:02:38,751 Iso que é? 23 00:02:42,334 --> 00:02:43,584 Un localizador? 24 00:02:49,626 --> 00:02:51,001 Iso que é? 25 00:02:55,918 --> 00:02:58,709 O home do tempo está ó voso servizo. 26 00:03:09,334 --> 00:03:13,501 Boca de tronada? Isto que é? Unha festa de viláns? 27 00:03:13,584 --> 00:03:17,751 - Tardaches moito, boneco de neve! - Aínda por enriba! 28 00:03:17,834 --> 00:03:22,251 Non son o teu chofer privado. Debía deixarte aquí, dentón. 29 00:03:24,293 --> 00:03:28,376 Esperade, Boca de tronada e Caimanello xuntos? 30 00:03:28,459 --> 00:03:30,376 Non! O que? 31 00:03:31,209 --> 00:03:33,584 Iso que é? 32 00:03:40,376 --> 00:03:42,543 Awe. 33 00:03:42,626 --> 00:03:44,834 Non, diso nada. 34 00:03:49,959 --> 00:03:52,043 O tempo de hoxe vai ser… 35 00:03:52,126 --> 00:03:56,918 Rapazas! Que é neve, neve da de verdade! 36 00:04:00,501 --> 00:04:02,168 Ata despois! 37 00:04:06,418 --> 00:04:07,376 Socorro! 38 00:04:12,001 --> 00:04:15,334 M-Kozo, Za-Mpezi, agarrádevos! 39 00:04:15,418 --> 00:04:17,918 Ola? Axudádeme, ho! 40 00:04:41,126 --> 00:04:44,376 Non era unha festa de viláns, non loitaron. 41 00:04:44,459 --> 00:04:47,626 Pero quedei cun recordo da festa. 42 00:04:48,251 --> 00:04:53,834 - T-Mlilo, nin se che ocorra tirarmo. - Eu nunca desperdicio a comida. 43 00:04:56,459 --> 00:04:59,584 Conxelóuseme o cerebro! 44 00:05:12,918 --> 00:05:16,334 Onde foi? T.O.M.I., tráesme o dron de volta? 45 00:05:16,418 --> 00:05:19,084 - Traio. - Vou revisar as imaxes. 46 00:05:32,834 --> 00:05:35,668 Por que axudaría Boca de tronada a Caimanello? 47 00:05:35,751 --> 00:05:38,293 Si. Desde cando traballan xuntos? 48 00:05:38,376 --> 00:05:39,376 Non ten… 49 00:05:44,918 --> 00:05:47,584 - Xa volvestes? - Que mirabas? 50 00:05:47,668 --> 00:05:50,584 Era outro don? Estabas perseguíndoo? 51 00:05:50,668 --> 00:05:53,751 Non, só estaba… investigando. 52 00:05:53,834 --> 00:05:54,668 Imos velo! 53 00:05:54,751 --> 00:05:56,126 Non, agora non. 54 00:05:56,209 --> 00:05:58,376 Que pasa, Mamá K? 55 00:05:59,168 --> 00:06:01,793 Nada. Debedes estar cansas. 56 00:06:01,876 --> 00:06:05,001 Viríanos ben a todas descansar un cacho. 57 00:06:06,918 --> 00:06:11,168 Rapazas, Mamá K dinos "nada" moito ultimamente. 58 00:06:11,251 --> 00:06:14,251 Ocúltanos algo, iso é seguro. 59 00:06:14,334 --> 00:06:18,959 Cando fomos ver a Temwe a famenta e Mamá K estaba moi calada. 60 00:06:19,043 --> 00:06:21,918 E a foto que atopou Monde no caixón… 61 00:06:22,709 --> 00:06:26,293 Agachou outra foto que viña na caixa que trouxo. 62 00:06:26,918 --> 00:06:31,626 Si, e toda a roupa que dobrou onte, non sei… 63 00:06:33,543 --> 00:06:37,043 Que? Cantas avoas teñen tanta roupa? 64 00:06:37,543 --> 00:06:39,876 Supersospeitoso. 65 00:06:42,251 --> 00:06:44,293 Que facemos? 66 00:06:45,001 --> 00:06:46,459 Pechade as portas. 67 00:06:46,543 --> 00:06:48,876 Toca facer un interrogatorio. 68 00:06:48,959 --> 00:06:50,543 Deixádeme a min. 69 00:06:50,626 --> 00:06:56,001 - En nada, vai cantar todo. - Cálmate. Non podemos atacar a Mamá K. 70 00:06:56,918 --> 00:07:00,709 - Pero ten que botalo fóra! - Exacto. 71 00:07:01,293 --> 00:07:04,709 - Precisamos té. - Si! Hai que facer té… Que? 72 00:07:05,334 --> 00:07:06,334 E galletas. 73 00:07:08,084 --> 00:07:09,751 E galletas. 74 00:07:11,709 --> 00:07:12,918 A ver, oídeme, 75 00:07:13,001 --> 00:07:16,751 cando quería que miña avoa me contase rexoubas, 76 00:07:16,834 --> 00:07:21,209 poñíalle un té e galletas 77 00:07:21,293 --> 00:07:24,209 e, con iso, xa largaba todo. 78 00:07:24,293 --> 00:07:27,543 Contra, Monde, vaia tácticas. 79 00:07:27,626 --> 00:07:28,709 Mira ti! 80 00:07:30,251 --> 00:07:31,543 Veña, vamos! 81 00:07:51,668 --> 00:07:54,876 Mamá K, vémoste moi agoniada ultimamente. 82 00:07:55,418 --> 00:07:59,918 Non nos quererás contar… nada? 83 00:08:00,751 --> 00:08:01,584 Pois… 84 00:08:06,959 --> 00:08:09,126 Podes confiar en nós. 85 00:08:09,209 --> 00:08:10,668 Cóntanos. 86 00:08:12,043 --> 00:08:16,876 - Que ben se lle dá! - Acórdate, Mamá K, somos o teu equipo. 87 00:08:18,334 --> 00:08:21,334 Esqueciches dicir o "cóntanos". 88 00:08:21,959 --> 00:08:24,168 Cóntanos… 89 00:08:26,126 --> 00:08:29,001 Non sei se estades listas para isto. 90 00:08:29,084 --> 00:08:31,668 Sexa o que sexa, daremos feito. 91 00:08:31,751 --> 00:08:34,126 Bótao fóra. Comeza a falar. 92 00:08:35,209 --> 00:08:36,626 Cóntanos. 93 00:08:36,709 --> 00:08:40,959 Está claro que algo te agonía, se cadra podemos axudar. 94 00:08:41,043 --> 00:08:42,501 Pódesnolo dicir. 95 00:08:42,584 --> 00:08:46,001 A verdade, non sei se estou eu lista. 96 00:08:46,084 --> 00:08:51,209 Mamá K, non nos dixeches que mentir só trae problemas maiores? 97 00:08:51,293 --> 00:08:53,209 Os valentes din a verdade. 98 00:08:54,501 --> 00:08:58,501 Vexo que ó final escoitades o que vos digo. Vaia. 99 00:09:05,293 --> 00:09:06,209 Vale. 100 00:09:07,709 --> 00:09:10,251 T.O.M.I., saca a investigación. 101 00:09:10,334 --> 00:09:11,251 Si, Mamá K. 102 00:09:18,709 --> 00:09:19,584 O que? 103 00:09:22,709 --> 00:09:29,459 Mi ma, Mamá K, cando gardas un segredo, gárdalo de verdade. 104 00:09:30,126 --> 00:09:35,626 - Tiñas isto agachado todo o tempo? - Díxenvos que fora superespía, non? 105 00:09:40,793 --> 00:09:42,209 Contra! Coñézoa! 106 00:09:42,293 --> 00:09:44,668 Coñécela? De onde? 107 00:09:45,584 --> 00:09:52,043 No libro de historia de Zambia, onde fala dunha época antes… de agora? 108 00:09:52,543 --> 00:09:54,709 Do meu caixón secreto non é? 109 00:10:00,834 --> 00:10:03,334 Mamá K, quen é? 110 00:10:04,501 --> 00:10:07,751 Ese… é Chusi. 111 00:10:07,834 --> 00:10:09,626 Chusi? Como "fume"? 112 00:10:11,209 --> 00:10:12,709 Por que se chama así? 113 00:10:12,793 --> 00:10:16,293 Unha nube escura pode pasar sen traer tronada, 114 00:10:16,376 --> 00:10:19,293 pero se hai fume, algo arde seguro. 115 00:10:19,376 --> 00:10:22,334 Daquela era home do tempo ou bombeiro? 116 00:10:22,418 --> 00:10:24,001 Hai que aclararse. 117 00:10:26,168 --> 00:10:30,959 Chusi era o delincuente máis esquivo e perigoso da época. 118 00:10:31,043 --> 00:10:35,001 Aparecía do nada, marchaba antes de que o capturasen, 119 00:10:35,084 --> 00:10:37,501 coma unha voluta de fume. 120 00:10:37,584 --> 00:10:38,918 Onde está agora? 121 00:10:39,001 --> 00:10:41,168 Penso que pode estar aquí. 122 00:10:42,001 --> 00:10:43,084 Aquí, aquí? 123 00:10:43,168 --> 00:10:46,293 Non, quero dicir aquí, en Lusaka. 124 00:10:46,376 --> 00:10:50,251 Mentres loitabades, vin un dron que vos vixiaba. 125 00:10:51,251 --> 00:10:53,876 Ese era o dron que observabas. 126 00:10:53,959 --> 00:10:57,501 E vimos a Boca de tronada e Caimanello colaborando. 127 00:10:57,584 --> 00:11:02,626 - Organizaría alguén esta festa de viláns? - Exacto. 128 00:11:02,709 --> 00:11:06,668 Penso que pode haber un xenio detrás destes ataques. 129 00:11:07,543 --> 00:11:08,418 Chusi. 130 00:11:09,876 --> 00:11:13,043 Ti de superespía, un malvado xa coñecido… 131 00:11:13,126 --> 00:11:17,626 Queremos sabelo todo, Mamá K, se é que te chamas así. 132 00:11:19,334 --> 00:11:21,168 Chámome Kumbukani. 133 00:11:21,751 --> 00:11:22,959 Sabíao! 134 00:11:23,043 --> 00:11:27,418 O meu nome en clave era Mkango, o León. 135 00:11:29,543 --> 00:11:32,209 Mellor é que sentedes. 136 00:11:33,709 --> 00:11:35,168 Xa estou sentada. 137 00:11:38,543 --> 00:11:41,168 Antes de ter o cabelo gris, 138 00:11:41,251 --> 00:11:45,918 era a xefa dun equipo secreto de elite ás ordes da AIZ, 139 00:11:46,001 --> 00:11:48,376 a Axencia de Información de Zambia. 140 00:11:49,418 --> 00:11:54,334 O meu equipo operaba aquí, na gorida do león. 141 00:11:55,334 --> 00:11:57,209 A gorida do león? 142 00:12:00,293 --> 00:12:03,084 Eramos os mellores espías en activo. 143 00:12:03,584 --> 00:12:06,876 Na gorida tamén estaba o experto en informática, 144 00:12:06,959 --> 00:12:10,626 nome en clave: Chipembele, Rino. 145 00:12:10,709 --> 00:12:15,334 - Coñecédelo como o tío Chi. - Tío Chi? Rino? 146 00:12:15,418 --> 00:12:17,543 O experto en tecnoloxía? 147 00:12:17,626 --> 00:12:18,543 Temwe. 148 00:12:19,668 --> 00:12:25,668 Non faría nada sen a miña mellor amiga e confidente, Towela. 149 00:12:25,751 --> 00:12:28,168 Un xenio con moita imaxinación. 150 00:12:28,251 --> 00:12:32,168 Nome en clave: Imbwili, Leopardo. 151 00:12:33,709 --> 00:12:39,501 Collemos un dos secuaces de Chusi, pero aínda estamos lonxe de collelo a el. 152 00:12:39,584 --> 00:12:42,501 Leopardo, mira as imaxes de hoxe. 153 00:12:42,584 --> 00:12:45,251 Aí vai Chusi. Sae do concello, 154 00:12:45,751 --> 00:12:46,584 e… 155 00:12:49,001 --> 00:12:50,793 Como fai iso? 156 00:12:53,126 --> 00:12:55,043 Mirade, aí está. 157 00:12:55,126 --> 00:12:57,876 Aparece do nada. 158 00:12:57,959 --> 00:13:00,626 Por algo lle chaman "fume". 159 00:13:02,043 --> 00:13:05,418 - Igual non o cachamos nunca. - Collerémolo. 160 00:13:05,501 --> 00:13:09,793 E cando o fagamos, o recuperador estará listo. 161 00:13:09,876 --> 00:13:11,709 Que é o recuperador? 162 00:13:13,501 --> 00:13:15,043 Agora vos conto. 163 00:13:15,126 --> 00:13:19,584 Chusi era bo ladrón, roubaba información de alto segredo: 164 00:13:19,668 --> 00:13:23,334 ficheiros do goberno, código, transmisións encriptadas… 165 00:13:23,418 --> 00:13:27,334 Cada secuaz que capturabamos dicíanos o mesmo. 166 00:13:27,418 --> 00:13:31,376 Non sabían nada porque el gardaba todos os segredos… 167 00:13:32,001 --> 00:13:33,501 na súa mente. 168 00:13:34,626 --> 00:13:36,376 De memoria? 169 00:13:36,918 --> 00:13:40,001 Como se fose unha superenciclopedia? 170 00:13:40,751 --> 00:13:42,834 Talmente. 171 00:13:42,918 --> 00:13:49,584 Cargaba os ficheiros no cerebro e, despois, destruía os documentos orixinais, 172 00:13:49,668 --> 00:13:53,293 así só tiña acceso el a esa información vital. 173 00:13:54,626 --> 00:13:58,709 Así, o goberno non tiña acceso á súa información. 174 00:13:58,793 --> 00:14:02,001 Exacto. Tiñamos que inventar unha máquina 175 00:14:02,084 --> 00:14:07,293 que recuperase os datos da memoria de Chusi antes de que os vendese. 176 00:14:10,376 --> 00:14:12,334 Así creamos… 177 00:14:12,418 --> 00:14:14,168 O recuperador, mune. 178 00:14:15,126 --> 00:14:17,876 Chapwa. Completouse a secuencia. 179 00:14:17,959 --> 00:14:22,876 Fenomenal! Unhas supergatas, Leopardo e León cazando ratas! 180 00:14:24,418 --> 00:14:28,584 Sen celebracións ata probalo e dar recuperado os datos. 181 00:14:28,668 --> 00:14:32,501 O primeiro paso é envialo á AIZ. 182 00:14:32,584 --> 00:14:38,168 Deberiamos esperar polos reforzos. Non queremos que o fume nos sorprenda. 183 00:14:38,251 --> 00:14:42,126 O último que queremos é que consiga o recuperador. 184 00:14:42,209 --> 00:14:44,293 Non debiamos esperar, creo. 185 00:14:45,668 --> 00:14:50,959 Non descansamos desde que deseñei isto. Gustaríame pasar unha finde coa familia. 186 00:14:51,918 --> 00:14:54,626 Por iso non deberiamos esperar. 187 00:14:54,709 --> 00:14:58,126 Entregámolo e xa podemos descansar dunha vez. 188 00:14:58,876 --> 00:15:02,626 O meu pequeno Limbani. Medra coma unha papaia. 189 00:15:02,709 --> 00:15:05,543 Exacto. Tes que ver o teu fillo. 190 00:15:07,959 --> 00:15:10,001 - Imos dar feito. - Vamos. 191 00:15:27,876 --> 00:15:29,751 Todo ben, Rino? 192 00:15:41,543 --> 00:15:42,626 Chusi! 193 00:15:42,709 --> 00:15:44,751 Disque me buscabades. 194 00:15:45,251 --> 00:15:47,418 Pois aquí estou. 195 00:15:47,918 --> 00:15:52,501 Réndete xa, Chusi, e ninguén acabará ferido. 196 00:15:52,584 --> 00:15:58,626 Dádeme esa máquina que creastes, se non, alguén vai acabar ferido. 197 00:15:59,293 --> 00:16:01,834 Perdoa, que máquina? 198 00:16:06,251 --> 00:16:07,334 Esta máquina. 199 00:16:07,918 --> 00:16:10,876 Como lle chamades? O recuperador? 200 00:16:10,959 --> 00:16:12,334 Que espelidos. 201 00:16:12,918 --> 00:16:17,543 Esta creación vosa nunca me quitará os recordos. 202 00:16:17,626 --> 00:16:23,209 Eses recordos non son teus. A información que roubaches é do goberno. 203 00:16:23,293 --> 00:16:27,043 Si, e devezo por compartir eses recordos. 204 00:16:27,584 --> 00:16:29,668 Nada mo impedirá. 205 00:16:40,543 --> 00:16:41,959 Non! 206 00:16:50,876 --> 00:16:52,584 Quen é o fume agora? 207 00:16:54,543 --> 00:16:56,376 Sigo sendo eu. 208 00:16:58,751 --> 00:17:00,626 Non o vas levar. 209 00:17:11,584 --> 00:17:13,209 Mira ti. 210 00:17:17,834 --> 00:17:22,293 León, a ver que se pode facer con este recuperador. 211 00:17:22,376 --> 00:17:23,376 Non! 212 00:17:33,668 --> 00:17:34,501 Vaia… 213 00:17:43,876 --> 00:17:45,709 Os ollos! 214 00:17:52,209 --> 00:17:53,418 Onde estou? 215 00:17:54,251 --> 00:17:55,668 Towela. 216 00:17:55,751 --> 00:17:56,709 Quen es? 217 00:17:58,001 --> 00:18:02,043 Son eu, son Kumbukani. Towela. 218 00:18:02,626 --> 00:18:03,459 Towela? 219 00:18:04,543 --> 00:18:05,376 Kumbukani? 220 00:18:06,584 --> 00:18:07,626 Quen es? 221 00:18:09,209 --> 00:18:10,168 Quen son eu? 222 00:18:13,293 --> 00:18:18,459 Non sei como, o casco borroulle os recordos en vez de recuperarllos. 223 00:18:20,626 --> 00:18:22,376 Non o probaramos. 224 00:18:23,084 --> 00:18:25,376 Algo debemos facer mal. 225 00:18:25,459 --> 00:18:28,334 O que pasou co casco foi sen querer. 226 00:18:29,043 --> 00:18:30,334 Si, seino. 227 00:18:30,418 --> 00:18:34,918 Puiden pedir reforzos, como me dixeron os compañeiros, 228 00:18:35,001 --> 00:18:37,709 para levalo á AIZ e poñelo a salvo. 229 00:18:38,209 --> 00:18:44,459 Se fixésemos iso, se cadra Towela non perdería a memoria nin Chi a vista. 230 00:18:44,543 --> 00:18:47,418 Os teus pobres compañeiros! 231 00:18:47,959 --> 00:18:49,709 Sentímolo moito. 232 00:18:50,376 --> 00:18:51,668 Estás ben, avoa? 233 00:18:53,209 --> 00:18:58,084 O peor foi dicirlle ó fillo de Towela o que lle pasou á súa nai. 234 00:18:58,168 --> 00:19:03,584 Aínda lembro os ollos de Limbani. Só quería axudarlles a el e a Towela, 235 00:19:04,084 --> 00:19:09,876 pero a AIZ pensaba que Chusi seguía vivo e cancelaron a operación. 236 00:19:10,376 --> 00:19:15,293 Pecharon a gorida e mandáronnos a Chi e a min a un agocho. 237 00:19:15,376 --> 00:19:18,751 Nin puiden despedirme da miña mellor amiga. 238 00:19:19,334 --> 00:19:20,876 Tapárono todo. 239 00:19:21,584 --> 00:19:26,959 Aínda hoxe, sigo sen saber que foi de Towela e de Limbani. 240 00:19:28,043 --> 00:19:31,668 Mamá K, que inxustiza. 241 00:19:31,751 --> 00:19:38,209 Que vida tan dura tiveches. Non me estraña que parezas máis vella do que es. 242 00:19:44,334 --> 00:19:46,834 Por que non nolo dixeches antes? 243 00:19:47,543 --> 00:19:51,834 A delincuencia diminuíu despois de que a AIZ nos ocultase. 244 00:19:52,334 --> 00:19:57,668 Pensei que Chusi desaparecera para sempre ou que morrera na explosión. 245 00:19:58,168 --> 00:20:02,709 Non ía dicírvolo a non ser que estivese segura de que volvera. 246 00:20:03,251 --> 00:20:06,959 Á parte, o de Chusi é algo persoal meu. 247 00:20:07,043 --> 00:20:11,293 - Non tes por que facelo soa. - Gardarémosche as costas. 248 00:20:11,376 --> 00:20:12,459 E a fronte. 249 00:20:12,543 --> 00:20:14,626 E os costados! 250 00:20:15,209 --> 00:20:19,876 Non! Se Chusi dirixe eses malvados, é demasiado perigoso. 251 00:20:20,459 --> 00:20:26,834 Sabía que era un risco crear un equipo, pero o de Chusi é outro nivel diferente. 252 00:20:26,918 --> 00:20:30,584 Non aguantaría perdervos a mans dese monstro. 253 00:20:30,668 --> 00:20:32,084 Non podería. 254 00:20:32,668 --> 00:20:33,668 Outra vez non. 255 00:20:33,751 --> 00:20:37,668 Mamá K, cargaches con isto soa demasiado tempo. 256 00:20:37,751 --> 00:20:41,709 Se sabe quen es, precísasnos máis ca nunca. 257 00:20:41,793 --> 00:20:43,709 Pelexaremos por ti. 258 00:20:43,793 --> 00:20:47,001 Á fin, somos un equipo, o teu equipo. 259 00:20:47,501 --> 00:20:49,709 As túas batallas son nosas. 260 00:20:49,793 --> 00:20:54,001 Non temos medo. Cando Chusi probe a Temwe famenta, 261 00:20:54,084 --> 00:20:57,168 desaparecerá coma unha voluta de fume, para sempre. 262 00:20:57,251 --> 00:21:02,334 El é silencioso e mortal… e eu tamén o son. 263 00:21:02,918 --> 00:21:05,459 Temwe, non o tomes ó pé da letra. 264 00:21:06,126 --> 00:21:09,876 - Nós podemos. - Somos o Equipo catro de Mamá K. 265 00:21:09,959 --> 00:21:11,501 Equipo catro… 266 00:21:11,584 --> 00:21:12,668 De Mamá K! 267 00:21:12,751 --> 00:21:14,626 Equipo catro! 268 00:21:14,709 --> 00:21:17,043 - De Mamá K! - Equipo catro! 269 00:21:17,126 --> 00:21:19,126 De Mamá K! De Mamá K! 270 00:21:19,209 --> 00:21:21,168 De Mamá K! De Mamá K! 271 00:21:21,251 --> 00:21:23,334 Vale, vale! 272 00:21:24,251 --> 00:21:27,001 Conseguirémolo xuntas! 273 00:21:37,668 --> 00:21:39,751 Tranquila, todo controlado! 274 00:21:40,668 --> 00:21:45,501 Así que hai un monicrequeiro movendo os fíos? 275 00:21:46,084 --> 00:21:46,959 Contra. 276 00:21:47,751 --> 00:21:51,293 Daquela é momento de botalos con fume. 277 00:23:08,751 --> 00:23:11,668 Subtítulos: Ainoa Antelo Pérez