1 00:00:05,965 --> 00:00:08,509 Este episodio contén escenas de suicidio. 2 00:00:08,592 --> 00:00:09,927 Isto pode ferir a súa sensibilidade. 3 00:00:10,136 --> 00:00:12,221 ANTERIORMENTE... 4 00:00:12,430 --> 00:00:15,599 O informe da investigación de extracción do nobelo. 5 00:00:15,683 --> 00:00:16,600 Que feo é. 6 00:00:16,767 --> 00:00:19,937 Teño uns documentos nas miñas mans. Moi gráficos. 7 00:00:20,020 --> 00:00:21,272 Mataron rapazas. 8 00:00:21,439 --> 00:00:24,567 "Filtración expón a tortura do goberno a mulleres". 9 00:00:24,650 --> 00:00:27,862 Sabes que tamén pos en perigo a miña carreira? 10 00:00:27,945 --> 00:00:31,323 Iso é o que che preocupa, a túa carreira política. 11 00:00:31,490 --> 00:00:34,368 Deus, xa non sei nin quen demo es. 12 00:00:34,452 --> 00:00:37,580 - Non tiveches nunca un día raro? - Si. Todos os días. 13 00:00:40,666 --> 00:00:43,377 Notaches iso? Vaia descarga de enerxía estática. 14 00:00:43,461 --> 00:00:45,129 Es fermosa. Sábelo? 15 00:00:45,212 --> 00:00:48,090 - Podo facelo eu. Por que non me deixa? - Vale. 16 00:00:50,134 --> 00:00:53,846 - Veña! - Vállame Deus! Onde estabades? 17 00:00:54,346 --> 00:00:56,891 Fai algo no que creas por unha vez. 18 00:00:56,974 --> 00:00:57,808 Quen es? 19 00:00:58,976 --> 00:01:02,855 A protección é o noso deber sagrado. Esas putas verán quen manda. 20 00:01:02,938 --> 00:01:04,482 - Que é iso? - Urbandox. 21 00:01:04,565 --> 00:01:05,941 Bota pestes de túa nai. 22 00:01:06,025 --> 00:01:07,902 Eu quéroo. Pásamo. 23 00:01:13,073 --> 00:01:15,785 Hai anos que vemos sinais 24 00:01:16,076 --> 00:01:19,205 de que se nos está esquecendo o que é ser homes. 25 00:01:19,872 --> 00:01:24,668 Esquécesenos por que temos estes corpos. Corpos máis grandes e fortes. 26 00:01:25,628 --> 00:01:27,922 Cal era a nosa función na humanidade. 27 00:01:28,672 --> 00:01:32,259 Os home cazaban. Loitaban nas guerras de verdade. 28 00:01:32,343 --> 00:01:36,180 Nalgún momento, a vida comezou a ser fácil. Abrandámonos. 29 00:01:36,847 --> 00:01:40,851 De aí vén esta enfermidade, esta mutación. 30 00:01:40,935 --> 00:01:42,895 A humanidade sofre isto 31 00:01:43,062 --> 00:01:46,732 por culpa de que nós, os homes, esquecémonos de ser fortes. 32 00:01:46,982 --> 00:01:50,527 Esquecemos como protexer as nosas casas e as nosas mulleres. 33 00:01:51,027 --> 00:01:54,448 Por iso desenvolveron isto, para protexerse elas. 34 00:01:55,157 --> 00:01:57,701 Somos brandos e vagos e estamos perdidos. 35 00:01:57,993 --> 00:02:01,038 Estas fulanas pasáronse. E nin sequera protestamos. 36 00:02:01,497 --> 00:02:03,499 Deixámoslles arrebatarnos o sitio. 37 00:02:05,501 --> 00:02:06,961 Pero podemos recuperalo. 38 00:02:08,127 --> 00:02:12,132 Prométovolo, amigos. Podemos ocupar o lugar máis alto. 39 00:02:12,508 --> 00:02:14,802 E temos que facelo pola humanidade. 40 00:02:16,262 --> 00:02:19,890 Recuperaremos o lugar que nos corresponde, pase o que pase. 41 00:02:21,725 --> 00:02:23,853 Falo de poder real. 42 00:02:25,062 --> 00:02:26,564 Non dunha merda máxica. 43 00:02:27,523 --> 00:02:30,276 Non duns dedos chispeantes. 44 00:02:30,693 --> 00:02:33,863 As rapazas non saben loitar. Non son a proba de balas. 45 00:02:34,238 --> 00:02:37,908 Teñen este poder. Alégrome por elas. 46 00:02:39,285 --> 00:02:43,289 Pero nós temos armas de verdade. E sabemos usalas. 47 00:02:44,248 --> 00:02:49,168 O PODER 48 00:03:00,681 --> 00:03:01,765 Non pode ser. 49 00:03:08,898 --> 00:03:10,274 Isto é a hostia. 50 00:03:11,609 --> 00:03:13,444 - Margot. - Si. 51 00:03:14,570 --> 00:03:17,323 Ola. Confundinme de pantalóns. 52 00:03:30,002 --> 00:03:33,881 Sabes que podes durmir aquí se queres. 53 00:03:35,925 --> 00:03:38,761 Pero ti queres que durma aquí? 54 00:03:38,886 --> 00:03:41,764 Non me dixeches nada desde o da outra noite. 55 00:03:41,847 --> 00:03:45,392 Pois agora xa che estou dicindo algo. 56 00:03:55,027 --> 00:03:58,072 - Están a cambiar moitas cousas. - Si, xa o sei. 57 00:03:58,989 --> 00:04:01,283 - Falaches co avogado? - Si. 58 00:04:01,367 --> 00:04:04,787 Se sae o meu nome, habería consecuencias. Multas civís, seguro. 59 00:04:04,870 --> 00:04:07,790 Pero será un caso federal porque era confidencial. 60 00:04:07,873 --> 00:04:09,541 Iso implica ir á cadea. 61 00:04:09,625 --> 00:04:12,628 Iso será se Declan dá o meu nome. E non faría iso. 62 00:04:12,711 --> 00:04:14,797 Como podes estar tan seguro? 63 00:04:14,880 --> 00:04:17,466 Declan é un desgraciado. Como estás seguro? 64 00:04:17,548 --> 00:04:21,178 - Xa me ocupo eu. Non te preocupes. - Vale, non me preocupo. 65 00:04:21,261 --> 00:04:23,389 - Xa te ocupas ti. - Si, exacto. 66 00:04:24,723 --> 00:04:28,769 E pensaches en desculparte, por casualidade? 67 00:04:28,894 --> 00:04:31,981 Pero, por favor, isto xa se falou. Non penso repetilo. 68 00:04:32,064 --> 00:04:34,566 - Foi un risco. - Pero fixen o correcto. 69 00:04:34,650 --> 00:04:37,444 Arriscaches a casa e a familia sen dicirmo. 70 00:04:37,528 --> 00:04:40,239 Recordas cando che preocupaba facer o correcto? 71 00:04:40,322 --> 00:04:43,409 - Lembras? - E antes podía confiar en ti. 72 00:04:44,409 --> 00:04:45,411 Iso non é xusto. 73 00:04:46,203 --> 00:04:50,582 - Vale? Non é xusto. Podes confiar en min. - Agora só penso: "Quen es?". 74 00:04:51,207 --> 00:04:55,129 Quen son? Son o teu puto marido. Quen es ti? 75 00:04:55,295 --> 00:04:59,008 Unha muller cun traballo importante do que non che podo falar. 76 00:04:59,091 --> 00:05:02,553 Ben. Sabes o que? Non quero saber nada, vale? Nada de nada. 77 00:05:02,636 --> 00:05:06,473 Eu teño as miñas merdas. E sabes o que? Tamén son importantes. 78 00:05:06,557 --> 00:05:08,100 Grazas por nada, carallo. 79 00:05:23,198 --> 00:05:25,409 - Pero... - Non fales dos meus zapatos. 80 00:05:25,492 --> 00:05:28,370 De feito, a política da alcaldía desde agora 81 00:05:28,454 --> 00:05:31,665 será non falar do meu maldito calzado. 82 00:05:31,957 --> 00:05:33,542 Vale. Entendido. 83 00:05:34,418 --> 00:05:37,796 Non digo que aprobe a estética, pero gústame a enerxía. 84 00:05:38,505 --> 00:05:40,007 Que che pasa? 85 00:05:42,134 --> 00:05:45,387 Ai, non. Margot, non me digas. 86 00:05:46,513 --> 00:05:48,265 Si. 87 00:05:51,602 --> 00:05:52,519 Merda. 88 00:05:57,941 --> 00:06:00,944 - É sensacional. - Non o podo crer. 89 00:06:01,070 --> 00:06:04,782 - Como se che ocorre? - Síntome nova. Podería correr o maratón. 90 00:06:04,865 --> 00:06:08,077 Todo é máis brillante e lixeiro. Respiro máis profundo. 91 00:06:08,327 --> 00:06:11,663 Cando vou pola rúa, só penso: "Aparta do camiño, cona". 92 00:06:11,747 --> 00:06:12,581 Xa vexo. 93 00:06:13,082 --> 00:06:16,460 Pero... Ti quérelo? Seguro que podería pasarcho. 94 00:06:16,543 --> 00:06:20,339 Non, carallo! Son un albo desde que nacín. 95 00:06:20,422 --> 00:06:23,717 O último que necesito é que sospeiten de min. 96 00:06:24,218 --> 00:06:26,929 - E que me boten. - Non van botar a ninguén. 97 00:06:27,596 --> 00:06:32,183 Claro que si. Xa empezaron. Kristen de Tom e Kristen. 98 00:06:32,308 --> 00:06:35,354 - O programa matinal? - Botárona por ter iso. 99 00:06:35,437 --> 00:06:38,190 Non poden facer iso. É ilegal. Discriminación. 100 00:06:38,273 --> 00:06:42,653 Pois temos que atopar a maneira de manter isto en segredo. Xestionalo ben. 101 00:06:49,243 --> 00:06:52,663 - Queres ter unha xefa de persoal menos? - Non farías iso. 102 00:06:52,746 --> 00:06:53,956 Proba. 103 00:07:05,008 --> 00:07:07,010 Oe! 104 00:07:09,972 --> 00:07:13,809 Ola. Son Ndudi. Non podo contestar, así que deixa a túa mensaxe. 105 00:07:14,977 --> 00:07:16,520 Ola, Ndudi, amiga. 106 00:07:17,062 --> 00:07:21,692 Escoita. O Sr. Ojo está de volta. Agardo verte na voda. 107 00:07:21,942 --> 00:07:24,069 Necesito a miña compañeira de zanku. 108 00:07:32,786 --> 00:07:34,663 Si, hai tempo que non falamos. 109 00:07:35,747 --> 00:07:37,916 Gustaríame verte. 110 00:07:39,918 --> 00:07:43,547 - Omo, temos problemas. Vamos. - Non saúdas? 111 00:07:43,630 --> 00:07:45,716 - Canto hai que non te vexo? - Vamos. 112 00:07:45,799 --> 00:07:46,758 Que pasa? 113 00:07:46,884 --> 00:07:47,718 Perdoa. 114 00:07:48,385 --> 00:07:51,889 Non queres casar porque ela ten iso? Dilo en serio? 115 00:07:51,972 --> 00:07:55,683 Como vou ser o home da casa se pode darme chispazos como queira? 116 00:07:56,685 --> 00:07:58,937 Non sabes de cantos voltios son. 117 00:07:59,688 --> 00:08:02,649 Pero vas tirar dez anos por terra só por iso? 118 00:08:02,774 --> 00:08:05,986 - Dez anos de mentiras. - Wale, só foron tres meses. 119 00:08:06,570 --> 00:08:08,780 Nunca tivemos segredos. 120 00:08:09,364 --> 00:08:10,199 Wale. 121 00:08:10,282 --> 00:08:12,117 Oe, eu non che minto. 122 00:08:12,868 --> 00:08:17,414 Estás esaxerando moito. Non ves cal é o teu problema? 123 00:08:17,664 --> 00:08:19,750 Gústanche as mulleres mumu. 124 00:08:20,125 --> 00:08:20,959 "Macacas"? 125 00:08:21,084 --> 00:08:22,920 Se ofendes a Fisayo, baterache. 126 00:08:23,003 --> 00:08:26,423 - Vale. - Coidado co que dis. 127 00:08:26,506 --> 00:08:28,759 - Ninguén di que Fisayo sexa mumu. - Non. 128 00:08:28,842 --> 00:08:31,303 Mira, cando estiven en Riad... 129 00:08:31,386 --> 00:08:34,222 Vai falar meu irmán, o xornalista internacional! 130 00:08:36,183 --> 00:08:38,352 - Grazas. - O meu irmán maior. 131 00:08:38,559 --> 00:08:41,063 - Dami. - Imos tomar algo. 132 00:08:41,480 --> 00:08:46,026 Escoita. Vin cousas, vale? Isto non é ningún xoguete sexual. 133 00:08:46,318 --> 00:08:49,404 Non é motivo para deixar a túa prometida. 134 00:08:49,488 --> 00:08:53,116 É o futuro. E temos sorte de vivir para velo. 135 00:08:54,868 --> 00:08:57,871 Isto traerá a igualdade. 136 00:08:59,331 --> 00:09:03,293 Como vai ser igualdade que un de nós teña electricidade nas mans? 137 00:09:03,502 --> 00:09:05,379 E quen di que non somos iguais? 138 00:09:05,462 --> 00:09:09,091 Wale, mírate. Mira o tamaño dos teus brazos. 139 00:09:10,008 --> 00:09:13,220 - Se lle das un golpe, acabas con ela. - Faría eu iso? 140 00:09:13,887 --> 00:09:15,305 E ela electrocutoute? 141 00:09:19,101 --> 00:09:22,396 Non recordo que antes foses o Sr. Dereitos da Muller. 142 00:09:22,479 --> 00:09:25,107 Séntese culpable polo da cara de Ndudi. 143 00:09:26,525 --> 00:09:27,359 Que che dean. 144 00:09:29,778 --> 00:09:32,572 Que problema tes? Iso é para a lúa de mel. 145 00:09:34,324 --> 00:09:35,617 Que problema tes ti? 146 00:09:38,120 --> 00:09:39,538 Perdoa. 147 00:09:42,082 --> 00:09:44,251 - Senta e reláxate. - Merda. 148 00:09:45,752 --> 00:09:46,962 Non pasa nada. Toma. 149 00:09:50,674 --> 00:09:52,968 Wale! 150 00:09:54,011 --> 00:09:55,012 Onde vai? 151 00:10:35,969 --> 00:10:36,887 Amén. 152 00:10:40,098 --> 00:10:41,600 Síntoo moito. 153 00:10:54,321 --> 00:10:59,576 Sinto moito o da túa nai. E agora todo isto. 154 00:11:04,122 --> 00:11:05,332 Eu tamén o sinto. 155 00:11:09,211 --> 00:11:12,464 - Túa nai segue sen falarme. - Si, é moi duro para ela. 156 00:11:12,547 --> 00:11:16,051 Foi papá o que fodeu a miña nai mentres ela estaba preñada. 157 00:11:16,134 --> 00:11:20,764 Unha vez pregunteille a papá por que tiñamos a mesma idade e tróuxome un can. 158 00:11:21,348 --> 00:11:22,349 Típico del. 159 00:11:26,686 --> 00:11:28,188 Podo contarche algo? 160 00:11:29,064 --> 00:11:31,316 - Claro. - Xa non podo con todo isto. 161 00:11:32,609 --> 00:11:34,778 Non quero participar no negocio. 162 00:11:34,861 --> 00:11:37,030 - Cando vaia á uni, deixo todo. - Non. 163 00:11:37,322 --> 00:11:39,408 Eu só quero paz, Rox. 164 00:11:45,664 --> 00:11:47,332 Nunca encaixaches ben. 165 00:11:51,128 --> 00:11:53,547 Ricky, o lambecús, sempre detrás de papá. 166 00:11:56,091 --> 00:11:57,801 - Terry era o burro. - Oe. 167 00:11:58,343 --> 00:12:00,345 Quéroo moitísimo, pero é verdade. 168 00:12:01,847 --> 00:12:03,181 Si, é certo. 169 00:12:03,390 --> 00:12:06,518 E ti, querido xemelgo, á uni fina con amigos finos. 170 00:12:06,601 --> 00:12:09,688 - Non son fino. - Les por diversión, Dal. 171 00:12:14,943 --> 00:12:17,529 - Podo preguntarche outra cousa? - Si, dime. 172 00:12:17,612 --> 00:12:20,073 Que sentiches cando mataches aquel home? 173 00:12:27,497 --> 00:12:28,415 Sentinme ben. 174 00:12:49,728 --> 00:12:51,438 Estás moi guapa hoxe. 175 00:13:05,160 --> 00:13:07,829 - Que? - Nada. 176 00:13:09,831 --> 00:13:10,790 Moi ben. 177 00:13:24,012 --> 00:13:25,430 Non te vou mancar. 178 00:13:36,608 --> 00:13:37,484 Jos, agarda. 179 00:13:45,825 --> 00:13:46,826 Jos, paramos? 180 00:13:48,286 --> 00:13:50,705 Para. Jos, dixen que pares! 181 00:13:51,998 --> 00:13:53,333 - Meu Deus. - Carallo. 182 00:13:53,542 --> 00:13:55,460 Síntoo. 183 00:13:58,838 --> 00:14:00,465 Toma. Usa isto. 184 00:14:03,760 --> 00:14:07,305 - Que carallo fas, Ryan? - Pedinche que parases. 185 00:14:08,598 --> 00:14:10,433 Jos, non é que non me gustes. 186 00:14:10,517 --> 00:14:12,852 Non imos deitarnos nun aparcamento. 187 00:14:12,936 --> 00:14:14,980 Fodiches con Karen nun baño. 188 00:14:15,981 --> 00:14:17,941 Jos, agora todo é diferente. 189 00:14:19,317 --> 00:14:22,737 Jos, non é o que pensas. Jos! 190 00:14:35,250 --> 00:14:36,126 Que demo fas? 191 00:14:37,711 --> 00:14:40,046 Cartas de odio. Todas. 192 00:14:40,171 --> 00:14:43,216 O xefe de seguridade di que nunca viu nada así. 193 00:14:43,300 --> 00:14:45,844 E leva facendo este traballo 20 anos. 194 00:14:45,927 --> 00:14:50,640 - Queremos compracer nesta administración. - Sabes que é isto? 195 00:14:55,145 --> 00:14:57,188 - Merda de can? - Merda fresca. 196 00:14:57,397 --> 00:15:01,318 - Para a muller que o ten todo. - Non ten graza. Eu xa te avisei. 197 00:15:01,401 --> 00:15:06,364 Díxenche que non cabreases os tolos. Aquí hai ameazas de morte. 198 00:15:08,617 --> 00:15:10,160 "Urbandox ten razón. 199 00:15:10,243 --> 00:15:14,539 Es unha fulana con chispa que só quere protexer outras fulanas. 200 00:15:14,623 --> 00:15:18,043 - Vou chantarche un ferro quente...". - Vale, xa entendo. 201 00:15:18,126 --> 00:15:20,920 Van facer probas da DOE. Temos que facela todas. 202 00:15:21,046 --> 00:15:24,716 Que? Non. Non imos facer nada. Iso non é legal. 203 00:15:24,799 --> 00:15:29,929 Si que o é se é por unha emerxencia de saúde pública que afecta ao estado, 204 00:15:30,013 --> 00:15:35,560 e declareina eu hai aproximadamente catro... Non, cinco minutos. 205 00:15:38,730 --> 00:15:42,108 Ola. Pensei en pasarme porque xa non temos reunións. 206 00:15:42,859 --> 00:15:44,444 - Daniel. - Bonitas botas. 207 00:15:44,527 --> 00:15:48,573 Non imos falar das botas. Douvos un momento. 208 00:15:57,248 --> 00:16:00,126 Non podemos. É unha violación da privacidade. 209 00:16:00,210 --> 00:16:03,588 Non, é recompilar información. Para entender o traballo, 210 00:16:03,672 --> 00:16:06,174 manter a seguridade e facer avaliacións 211 00:16:06,257 --> 00:16:08,718 que axuden a elixir mellores prácticas. 212 00:16:08,802 --> 00:16:09,886 Boas prácticas? 213 00:16:09,969 --> 00:16:13,973 Ti e quen máis decide as mellores prácticas para as mulleres con DOE? 214 00:16:14,057 --> 00:16:17,977 Non son todas as que teñen DOE, senón as que traballan no goberno. 215 00:16:18,061 --> 00:16:22,107 Deus, isto é moi intrusivo, pouco ético, inmoral... 216 00:16:22,190 --> 00:16:25,485 Vale, escoita. Cálmate. Só estou pedindo unha lista. 217 00:16:25,568 --> 00:16:26,736 Comeza cunha lista. 218 00:16:26,820 --> 00:16:31,991 Pero os dous sabemos que esa lista pode ser unha arma para despedir mulleres. 219 00:16:32,200 --> 00:16:34,285 Non pasará iso co meu equipo. 220 00:16:37,580 --> 00:16:40,458 Ti e o teu equipo podedes rexeitar a proba 221 00:16:43,294 --> 00:16:46,297 e marchardes cun permiso sen soldo. Podedes elixir. 222 00:16:52,637 --> 00:16:56,182 Gústanme as botas. Péganche. 223 00:17:00,937 --> 00:17:04,022 Fillo de puta. Que lle dean. Non penso facela. 224 00:17:04,190 --> 00:17:06,984 - Voulle dicir que o teño. - Margot. 225 00:17:07,068 --> 00:17:09,695 Non pode despedirme. Son a alcaldesa electa. 226 00:17:09,779 --> 00:17:14,742 Se queres seguir séndoo ou que te volvan elixir para un cargo público, 227 00:17:14,826 --> 00:17:16,493 gárdao para ti. 228 00:17:17,162 --> 00:17:20,290 Polo que parece, a xente non está preparada. 229 00:17:23,167 --> 00:17:26,628 Margot, pensa. Por que cres que vén Dandon con esta merda? 230 00:17:27,297 --> 00:17:30,467 Porque se sente ameazado por ti. 231 00:17:31,176 --> 00:17:34,095 Es a única persoa neste estado 232 00:17:34,179 --> 00:17:37,390 que pode facerlle cara por ese asento no Senado. 233 00:17:37,474 --> 00:17:39,225 E cre que o tes. 234 00:17:39,309 --> 00:17:42,562 Está usando todo isto para tratar de quitarte do medio. 235 00:17:45,356 --> 00:17:50,487 Vale. E que fago? 236 00:17:50,612 --> 00:17:52,572 A ver. Isto di que a máquina 237 00:17:52,655 --> 00:17:55,450 envía unha corrente eléctrica polo corpo. 238 00:17:55,533 --> 00:17:57,243 Deus, é o puto medievo. 239 00:17:57,327 --> 00:17:58,953 O nobelo enche coma a vexiga 240 00:17:59,037 --> 00:18:01,956 e a máquina estimula unha descarga involuntaria. 241 00:18:02,040 --> 00:18:04,459 - Como podo evitalo? - Ceo santo. 242 00:18:04,542 --> 00:18:07,045 Aquí non di nada máis. É tecnoloxía nova. 243 00:18:07,128 --> 00:18:08,671 Polo tanto, é falible. 244 00:18:08,755 --> 00:18:12,425 Vale, hai técnicas de xestión da dor, respiracións profundas... 245 00:18:12,550 --> 00:18:15,011 Unha muller pasou a proba co método Lamaze. 246 00:18:24,103 --> 00:18:27,565 Vale. Así que xestión da dor e respiracións profundas. 247 00:18:28,817 --> 00:18:32,362 En fin, entre os partos e os traumas infantís... 248 00:18:34,864 --> 00:18:35,907 poderei facelo. 249 00:18:41,120 --> 00:18:43,122 Alcaldesa, sente. 250 00:18:52,799 --> 00:18:57,136 Antes de comezar necesito saber se ten marcapasos ou algún dispositivo. 251 00:18:57,804 --> 00:18:59,514 Non pode preguntarme iso. 252 00:19:00,890 --> 00:19:04,519 A máquina pode interferir co funcionamento dos dispositivos. 253 00:19:05,937 --> 00:19:08,106 Non, non teño. 254 00:19:09,023 --> 00:19:11,025 Entendo que resulte intrusivo. 255 00:19:11,818 --> 00:19:15,488 Eu tamén fixen a proba antes. Sei que dá medo. 256 00:19:15,572 --> 00:19:17,115 É que estou moi ocupada. 257 00:19:18,199 --> 00:19:20,660 Entendido. Non tardamos nada. 258 00:19:21,202 --> 00:19:25,623 Isto que teño aquí é unha proba da DOE. Busca a presenza do nobelo 259 00:19:25,707 --> 00:19:28,001 ou corrente electrostática, a DOE. 260 00:19:28,751 --> 00:19:32,088 Podería dar positivo na DOE sen saber que a ten. 261 00:19:32,171 --> 00:19:35,008 Os resultados enviaranse á oficina do gobernador 262 00:19:35,091 --> 00:19:36,968 e a outras axencias estatais. 263 00:19:37,260 --> 00:19:38,177 Podo? 264 00:19:45,685 --> 00:19:49,814 A proba inclúe pasarlle unha corrente eléctrica polo corpo. 265 00:19:49,898 --> 00:19:53,902 Pode notar formigo, movemento ou tensión muscular, 266 00:19:53,985 --> 00:19:55,653 mareos ou confusión. 267 00:19:55,737 --> 00:19:58,031 Como pode vivir facendo isto? 268 00:19:59,824 --> 00:20:04,162 Se non está cómoda cos resultados, hai apoio psicolóxico dispoñible. 269 00:20:05,038 --> 00:20:05,872 Lista? 270 00:20:18,134 --> 00:20:20,303 Non noto nada. Está facendo algo? 271 00:20:20,386 --> 00:20:21,804 Reláxese. 272 00:20:30,605 --> 00:20:31,689 Que escribe? 273 00:20:31,773 --> 00:20:35,276 Non fale ata que acabe a proba. Grazas. 274 00:21:16,359 --> 00:21:17,193 Vale. 275 00:21:21,197 --> 00:21:22,657 Xa está? Rematou? 276 00:21:22,824 --> 00:21:25,284 Si. Pasou a proba. 277 00:21:33,835 --> 00:21:35,628 Vémonos nas primarias. 278 00:21:46,347 --> 00:21:47,890 Necesito tomar o aire. 279 00:22:54,207 --> 00:22:58,169 Piscardo Escarlata? En serio? Foi o mellor que se che ocorreu? 280 00:22:58,586 --> 00:23:01,255 - Pensei que axudaría o nome feminino. - Si. 281 00:23:02,090 --> 00:23:05,510 Pero tamén admito que aproveitei para burlarme. 282 00:23:10,473 --> 00:23:11,849 Non sei, Dec. 283 00:23:13,643 --> 00:23:14,894 Hai moita presión. 284 00:23:15,895 --> 00:23:18,231 - Se o relacionan comigo... - Non pasará. 285 00:23:18,606 --> 00:23:20,900 Nunca daría o teu nome. Xa o sabes. 286 00:23:24,195 --> 00:23:26,656 Vouche contar algo. Unha boa historia. 287 00:23:27,990 --> 00:23:30,201 Vou para os Cárpatos mañá investigar. 288 00:23:30,326 --> 00:23:31,869 Bárbaro. 289 00:23:31,953 --> 00:23:36,249 Percorres o mundo, es un heroe e seguro que gañas o Pulitzer, 290 00:23:36,332 --> 00:23:39,210 e eu vivo na casa do can o resto da miña vida. 291 00:23:40,628 --> 00:23:43,923 - Segue cabreada a túa muller? - Iso queda curto. 292 00:23:44,298 --> 00:23:47,385 Pensei que a Margot lle gustaba denunciar as cousas. 293 00:23:47,468 --> 00:23:50,388 Antes si. Agora só lle interesa a política. 294 00:23:51,389 --> 00:23:55,393 E deberías oír o ton co que me fala. Cando me fala. 295 00:23:56,936 --> 00:24:01,190 Nunca tiven problema ningún en estar cunha muller poderosa. En serio. 296 00:24:02,024 --> 00:24:04,819 - E o seu traballo é importante. - Pero? 297 00:24:06,737 --> 00:24:09,574 Pero eu non contaba con isto. 298 00:24:12,577 --> 00:24:16,289 Nin os meus fillos. Recibimos ameazas de morte cada día. 299 00:24:16,372 --> 00:24:20,418 A miña filla non pode nin abrir as putas felicitacións de aniversario. 300 00:24:20,501 --> 00:24:25,506 É temporal. Ninguén é nunca o centro de atención para sempre. 301 00:24:26,215 --> 00:24:30,261 Os seus 15 minutos de fama pasarán e faredes terapia de parella. 302 00:24:30,344 --> 00:24:34,223 Iredes a unhas vacacións románticas e tomaredes cócteles na praia. 303 00:24:35,266 --> 00:24:37,185 Non sei, Dec. Isto é diferente. 304 00:24:37,894 --> 00:24:40,479 - Posme outra ronda? - O mundo cambia... 305 00:24:40,563 --> 00:24:43,608 - Non, é o límite. - E ela está cambiando co mundo. 306 00:24:44,567 --> 00:24:45,776 Ponme de beber xa! 307 00:24:46,027 --> 00:24:49,322 Mike, ves como non podo poñercha? Estás a interromper. 308 00:24:49,864 --> 00:24:51,365 Dáme unha cervexa, puta. 309 00:24:52,700 --> 00:24:54,118 Vale, acabouse. 310 00:24:56,162 --> 00:25:00,958 Tes dez segundos para liscar de aquí. Dez, nove, oito... 311 00:25:03,294 --> 00:25:06,714 Así estamos igualados, non si, Sra. Dedos Chispeantes? 312 00:25:06,797 --> 00:25:09,175 Son máis grande ca ti. Son máis forte. 313 00:25:09,800 --> 00:25:13,721 - E tamén podo electrocutarte. - Claro que si. E se non o fas? 314 00:25:13,804 --> 00:25:14,639 Veña, ho. 315 00:25:14,722 --> 00:25:17,683 Ameazoume. Vós vístelo. Isto é para defenderme. 316 00:25:17,767 --> 00:25:20,603 - Vamos, amigo. - Mike, imos tomar o aire. 317 00:25:20,686 --> 00:25:23,397 - Eu pago a seguinte. - Ameazoume, hostia. 318 00:25:23,522 --> 00:25:26,525 Cres que estás por enriba? Pois non. Xa aprenderás. 319 00:25:26,609 --> 00:25:28,277 - Urbandox xa o sabe. - Veña. 320 00:25:28,361 --> 00:25:29,904 Si, adeus, Mike. 321 00:25:52,885 --> 00:25:54,428 O que sexa, por favor. 322 00:26:08,734 --> 00:26:11,320 Os gobernos ricos asasinan impunemente Autor: Declan Blease 323 00:26:20,997 --> 00:26:22,999 Ola, guapo. 324 00:26:23,082 --> 00:26:24,041 Desculpa. 325 00:26:36,762 --> 00:26:40,516 Así que o famoso Tunde Ojo está de volta en Lasgidi. 326 00:26:40,641 --> 00:26:42,143 - Non son famoso. - Ai, non? 327 00:26:42,893 --> 00:26:46,022 Pero se tes perfil verificado nas redes sociais. 328 00:26:46,689 --> 00:26:47,857 Millón de visitas. 329 00:26:53,529 --> 00:26:57,533 - Tes o que sempre quixeches. - Todo non. 330 00:26:59,076 --> 00:27:01,746 Queres tomar algo? Temos tempo. 331 00:27:04,623 --> 00:27:06,584 É moi pequena. Sabes que? 332 00:27:06,667 --> 00:27:09,337 Non me estraña que Wale queira cancelar a voda. 333 00:27:09,420 --> 00:27:11,964 Sempre tivo moito músculo e nada de forza. 334 00:27:12,715 --> 00:27:15,634 Veña, sabes que é verdade. É fácil ameazalo. 335 00:27:15,760 --> 00:27:18,929 O neno quería ser un gran home, pero é coma un rapaz. 336 00:27:19,138 --> 00:27:22,350 Agora é sensible. Non pode un home ter sentimentos? 337 00:27:24,810 --> 00:27:28,230 Só digo que o seu mundo cambiou por completo. Non o apures. 338 00:27:34,987 --> 00:27:35,905 Que tal Riad? 339 00:27:37,865 --> 00:27:38,783 Pois... 340 00:27:41,619 --> 00:27:42,536 interesante. 341 00:27:47,917 --> 00:27:48,876 Cambiaches. 342 00:27:51,837 --> 00:27:53,464 É que cambia, sabes? 343 00:27:54,882 --> 00:27:56,592 A liberdade que trouxo a DOE. 344 00:27:58,260 --> 00:28:01,222 A sororidade. Nunca a vira tan forte. 345 00:28:02,056 --> 00:28:04,058 Non viras sororidade aquí? 346 00:28:06,727 --> 00:28:10,564 Non. Oxalá puideras vir comigo. 347 00:28:10,773 --> 00:28:16,654 Sabes? Fun por ti. Polo que dixeches aquela noite. 348 00:28:17,738 --> 00:28:21,367 Tiñas razón. Só era un ode privilexiado. 349 00:28:24,453 --> 00:28:26,038 Oxalá viñeras comigo. 350 00:28:28,707 --> 00:28:32,044 Non o sabía, pero teño traballo que facer aquí. 351 00:28:33,921 --> 00:28:35,423 En que andas metida? 352 00:28:37,091 --> 00:28:38,008 Unha coalición. 353 00:28:39,260 --> 00:28:42,346 Queremos curar Nixeria. 354 00:28:43,931 --> 00:28:48,936 Deixar que no resto do mundo se coiden sós. Coma sempre. 355 00:28:49,019 --> 00:28:52,356 - Pero aféctanos o que fan. - Non se nos reforzamos aquí. 356 00:28:52,440 --> 00:28:55,401 - O mundo non funciona así. - O mundo cambiou. 357 00:28:56,819 --> 00:29:00,865 Temos a oportunidade de lograr o matriarcado. 358 00:29:03,033 --> 00:29:06,454 Acabar coa corrupción que os homes permitiron aquí. 359 00:29:16,505 --> 00:29:17,506 Bótote de menos. 360 00:29:20,176 --> 00:29:21,427 Non quero mágoa. 361 00:29:21,760 --> 00:29:25,097 - Non, Ndudi. Non... - Necesito que me fagas un favor. 362 00:30:30,538 --> 00:30:34,917 - Telo? - Dimo ti, Tunde. 363 00:31:00,484 --> 00:31:03,862 Deberías escribir. Facer un libro das túas viaxes. 364 00:31:06,156 --> 00:31:07,491 E onde vou ir? 365 00:31:10,911 --> 00:31:11,787 Polo mundo. 366 00:31:22,673 --> 00:31:23,632 Ven comigo. 367 00:31:27,344 --> 00:31:28,387 Eu traballo aquí. 368 00:31:48,115 --> 00:31:49,658 - Empezou a voda? - Si. 369 00:31:49,742 --> 00:31:50,576 Merda. 370 00:31:58,208 --> 00:31:59,376 Déixame en paz. 371 00:32:00,336 --> 00:32:02,588 Son eu. Deixoume pasar Matty. 372 00:32:24,902 --> 00:32:25,736 Ola. 373 00:32:28,864 --> 00:32:32,493 - Síntoo moito. - Non, síntoo eu. 374 00:32:32,576 --> 00:32:38,582 Non debín berrarche no coche. Xa sabes que a miña DOE non funciona ben. 375 00:32:38,832 --> 00:32:44,380 Ás veces escachárrase e é coma se tomase o control do meu corpo. 376 00:32:46,548 --> 00:32:49,927 Imaxino que pasarías moito medo. 377 00:32:50,886 --> 00:32:53,764 Non é iso. Non é o teu poder o que me asusta. 378 00:32:55,599 --> 00:32:59,978 E entón por que non quixeches...? 379 00:33:00,062 --> 00:33:02,022 Necesito contarche algo. 380 00:33:11,281 --> 00:33:14,910 Son intersexual. 381 00:33:15,452 --> 00:33:17,496 Nacín cos dous órganos. 382 00:33:19,498 --> 00:33:25,295 Opereime cando era un bebé e son un home. Identifícome como home. 383 00:33:30,008 --> 00:33:30,843 Vale. 384 00:33:33,345 --> 00:33:34,179 Ben. 385 00:33:36,682 --> 00:33:42,396 A ver, a min gústasme como es. 386 00:33:43,439 --> 00:33:45,816 Gústasme moito. 387 00:33:46,191 --> 00:33:49,570 E vas seguir gustándome. 388 00:33:50,571 --> 00:33:52,364 - Sabes? - Si. 389 00:33:55,159 --> 00:33:56,076 Iso espero. 390 00:34:17,054 --> 00:34:18,348 Que carallo...? 391 00:34:21,935 --> 00:34:25,856 - Como? - Teño niveis máis altos de estróxeno. 392 00:34:27,274 --> 00:34:30,444 Por iso podo facer isto. 393 00:34:36,699 --> 00:34:38,034 Canto hai que o tes? 394 00:34:40,788 --> 00:34:44,416 Desde o día que sen querer me deches a descarga nos armarios. 395 00:34:44,875 --> 00:34:48,670 Pensei que estaba tolo, pero logo vin que non era o único. 396 00:34:51,255 --> 00:34:56,469 Entón tivéchelo todo este tempo que levamos xuntos? 397 00:34:57,429 --> 00:35:00,140 Ata cando sacaron as rapazas da clase? 398 00:35:00,265 --> 00:35:04,353 E a min cústame controlar o meu e ti tivéchelo todo este tempo. 399 00:35:05,437 --> 00:35:08,649 Non quería que o soubese ninguén. 400 00:35:08,732 --> 00:35:10,692 Miña nai arrisca a súa vida. 401 00:35:11,693 --> 00:35:16,615 Recibe ameazas cada día para protexer a xente que ten o nobelo. 402 00:35:16,698 --> 00:35:20,452 - E ti estiveches ocultando o teu. - Jos, son un tío e teño a DOE. 403 00:35:21,370 --> 00:35:24,748 Viches artigos das rapazas ás que lles quitan os nobelos? 404 00:35:24,832 --> 00:35:28,335 - Imaxina o que me farían a min. - Pero non tes que contalo. 405 00:35:28,418 --> 00:35:31,129 Só che pido que mo digas a min. A túa moza. 406 00:35:31,213 --> 00:35:32,756 Xa cho estou contando. 407 00:35:33,590 --> 00:35:37,803 E, aínda que non o fixese, é o meu corpo. Non che debo nada. 408 00:35:39,555 --> 00:35:40,430 Sabes que? 409 00:35:43,851 --> 00:35:44,935 Non necesito isto. 410 00:35:48,105 --> 00:35:49,064 Que? 411 00:36:00,701 --> 00:36:01,577 Merda. 412 00:36:04,121 --> 00:36:05,747 Darrell? Dal? 413 00:36:08,417 --> 00:36:09,751 Creo que saíu. 414 00:36:19,761 --> 00:36:21,555 Non penses que che teño medo. 415 00:36:23,390 --> 00:36:26,476 - Podo pasarcho, Barbara. - Non o quero. 416 00:36:28,729 --> 00:36:32,232 - Sentiríaste máis segura. - Non o quero. 417 00:36:34,192 --> 00:36:35,694 - Entendes? - Moi ben. 418 00:36:35,777 --> 00:36:39,489 Non! Nada está ben! Mataches o meu fillo! 419 00:36:40,032 --> 00:36:44,536 Fixen todo o que puiden para protexelo. E apareces ti e agora está morto. 420 00:36:44,620 --> 00:36:46,872 E impórtache unha merda! 421 00:36:46,955 --> 00:36:49,625 - Si que me importa. - Era o meu neno. 422 00:36:49,958 --> 00:36:51,460 Tiña que protexelo eu. 423 00:36:51,668 --> 00:36:53,629 - Síntoo moito. - Quero que volva! 424 00:36:53,962 --> 00:36:57,966 - Quería a Terry. Era o meu irmán. - Non era o teu irmán! 425 00:36:58,050 --> 00:37:00,761 Non tiña nada que ver contigo! Era meu! 426 00:37:00,928 --> 00:37:03,388 Vale, xa está. Veña. 427 00:37:03,472 --> 00:37:06,433 Vale. Non pasa nada, amor. Vale? Xa o sei. 428 00:37:09,102 --> 00:37:09,937 Estás ben? 429 00:37:10,020 --> 00:37:12,606 Vamos. Oe. Fai un pouco de té. 430 00:37:14,566 --> 00:37:16,234 Non pasa nada. 431 00:37:18,445 --> 00:37:19,780 Imos saír. 432 00:37:22,449 --> 00:37:23,784 Limpa o nariz. 433 00:37:28,747 --> 00:37:31,708 Se queres rifarme ou algo, faino dunha vez. 434 00:37:59,987 --> 00:38:03,573 Deséxolle unha vida longa. Un accidente de coche... Que horror. 435 00:38:04,408 --> 00:38:08,328 - O seu pobre fillo. - Si, así é. Un horror. 436 00:38:10,288 --> 00:38:12,708 Teñen máis pedras para min? 437 00:38:13,083 --> 00:38:16,795 - Tes que pagar o primeiro lote antes. - Si, agora mesmo. 438 00:38:37,232 --> 00:38:40,736 - Que é isto? - A metade. Conseguireille o resto. 439 00:38:40,819 --> 00:38:43,780 - Non imos facer isto outra vez, ou? - Non, o tema... 440 00:38:43,947 --> 00:38:47,659 Vale, escoita. Cal é o tema? 441 00:38:51,538 --> 00:38:53,707 Moi ben, pilláchesme. 442 00:38:53,790 --> 00:38:56,209 Rox, dálle. 443 00:38:58,712 --> 00:38:59,546 Veña. 444 00:38:59,629 --> 00:39:03,133 Non moito. Non quero que morra ninguén. Só un pouco. 445 00:39:03,925 --> 00:39:04,760 Non. 446 00:39:04,843 --> 00:39:06,636 - Bernie. - Electrocútao. 447 00:39:07,345 --> 00:39:09,639 - Non quero. - "Non quero". 448 00:39:10,891 --> 00:39:14,186 "Non quero". O carallo. Putos cativos. 449 00:39:20,192 --> 00:39:21,651 Agora achícase. 450 00:39:26,031 --> 00:39:29,701 Enténdoo. Foi unha cagada. Fíxeno mal. Pero non me arrepinto. 451 00:39:29,785 --> 00:39:31,787 - Como dis? - O que matou a mamá. 452 00:39:33,413 --> 00:39:36,541 - Pero estás de puta broma? - Terry non morreu por min. 453 00:39:37,375 --> 00:39:38,502 Foi mala sorte. 454 00:39:40,212 --> 00:39:43,298 - Non xogues, Roxy. - El decidiu vir comigo. 455 00:39:43,381 --> 00:39:46,551 Foi o primeiro en disparar. Sabían por que ía aló. 456 00:39:48,762 --> 00:39:53,141 Abonda, Rox. Vale? Non me amoles. 457 00:39:53,225 --> 00:39:54,059 Ou que? 458 00:39:54,142 --> 00:39:56,937 - Que non me amoles! - Ou que? 459 00:40:13,912 --> 00:40:14,913 Que tal o día? 460 00:40:21,378 --> 00:40:24,256 O meu día, xenial. Si, moi ben. 461 00:40:26,091 --> 00:40:27,384 Grazas por preguntar. 462 00:40:29,177 --> 00:40:31,096 Jos, que tal o teu día? 463 00:40:32,806 --> 00:40:34,599 Non quero falar diso. 464 00:40:35,517 --> 00:40:36,351 Vale. 465 00:40:37,894 --> 00:40:39,938 - Matty? - Ídesvos divorciar? 466 00:40:40,188 --> 00:40:45,277 - Que? Non. - Non. Veña, ho. Por que preguntas iso? 467 00:40:45,360 --> 00:40:49,614 - Porque estamos a cear na mesa. - As familias cean na mesa. 468 00:40:49,698 --> 00:40:52,159 - Esta non. - Ultimamente non, só iso. 469 00:40:53,160 --> 00:40:55,162 - É raro. - É moi raro. 470 00:40:57,455 --> 00:41:01,501 Os pais de Hannah están divorciados e celebra o Nadal dúas veces. 471 00:41:02,085 --> 00:41:05,630 - Ten moitos regalos. - Vale, pero non nos imos divorciar. 472 00:41:05,922 --> 00:41:10,760 Só quería estar convosco sen distraccións. 473 00:41:12,012 --> 00:41:17,893 Hoxe tomei unha decisión importante, a nivel profesional, 474 00:41:18,560 --> 00:41:20,604 e vai afectar a toda a familia. 475 00:41:23,982 --> 00:41:26,193 Decidín presentarme ao Senado. 476 00:41:28,570 --> 00:41:30,363 - Parabéns. - Grazas. 477 00:41:37,704 --> 00:41:40,916 Xenial. Realmente impresionante. Estou orgulloso de ti. 478 00:41:41,458 --> 00:41:44,669 - Sei que te esforzaches moito. - Eu non te penso votar. 479 00:41:45,337 --> 00:41:49,507 - Veña, Matty. É túa nai. - Tampouco podes votar. Tes 15 anos. 480 00:41:49,591 --> 00:41:52,052 Por que, Matty? Axúdasme a entendelo? 481 00:41:52,135 --> 00:41:55,764 Tanto dá. A voz dos homes xa non se ten en conta. 482 00:41:56,056 --> 00:41:59,809 - Claro que si. - Homes e mulleres teñen o seu lugar. 483 00:41:59,893 --> 00:42:01,519 - Que? - Todo vai para atrás. 484 00:42:01,603 --> 00:42:04,773 Ata nesta familia. Cociña sempre papá. Ti nunca. 485 00:42:05,315 --> 00:42:08,026 Iso é porque cociña mellor e gústalle. 486 00:42:08,109 --> 00:42:09,110 Si que me gusta. 487 00:42:09,194 --> 00:42:11,988 Complementámonos ben. O equipo Cleary-Lopez! 488 00:42:12,280 --> 00:42:14,908 Estás a emasculalo. E el acéptao. 489 00:42:17,327 --> 00:42:21,498 Iso non é certo. E de onde sacaches esa palabra? 490 00:42:21,623 --> 00:42:24,376 - De Urbandox? - Escoitas a Urbandox? 491 00:42:24,751 --> 00:42:27,420 - Ódianos. - Non, pero non vos apoia. 492 00:42:27,504 --> 00:42:31,883 - Podemos non concordar. É un país libre. - Pero ti es parvo de todo! 493 00:42:31,967 --> 00:42:33,885 - Vale! Podedes parar? - Que? 494 00:42:34,010 --> 00:42:36,888 Ves? Non queredes escoitar o que penso. 495 00:42:39,933 --> 00:42:42,602 - Vou falar con el. - Non, xa vou eu. 496 00:42:52,320 --> 00:42:56,449 Acabouse xa a reunión? Podo ir cear ao sofá? 497 00:42:58,785 --> 00:43:00,287 Si, claro. Vai. 498 00:43:13,550 --> 00:43:16,720 Queres vir fóra comigo? 499 00:43:21,224 --> 00:43:24,394 Si, á merda todo. Pero é a última vez. 500 00:43:24,978 --> 00:43:26,021 Si. 501 00:43:34,112 --> 00:43:34,946 Grazas. 502 00:43:40,035 --> 00:43:41,244 Tes o meu voto. 503 00:43:43,246 --> 00:43:44,581 Por se vale de algo. 504 00:43:46,124 --> 00:43:49,210 Si? Non cres que estou tola por presentarme? 505 00:43:51,546 --> 00:43:53,506 Necesitamos que loiten por nós. 506 00:43:54,132 --> 00:43:57,761 A xente non debería ter medo a admitir que ten esta cousa. 507 00:43:59,763 --> 00:44:01,097 Isto é unha merda. 508 00:44:04,684 --> 00:44:08,146 Dandon fíxolle a proba a todo o mundo hoxe. Paseina. 509 00:44:08,813 --> 00:44:14,319 Parece que teño unha enorme capacidade para soportar a dor. 510 00:44:15,570 --> 00:44:18,865 E que vai pasar cando saiban que si que o tes? 511 00:44:20,950 --> 00:44:22,452 Contáchesllo a papá? 512 00:44:26,373 --> 00:44:29,376 - Mamá, tes que dicirllo. - Xa, pero aínda non. 513 00:44:29,834 --> 00:44:33,922 Ninguén vota a unha senadora coa DOE. Non quero poñelo nesa posición. 514 00:44:34,005 --> 00:44:37,050 Ten que saír na prensa. Non quero obrigalo a mentir. 515 00:44:37,425 --> 00:44:38,802 E a min si? 516 00:44:40,428 --> 00:44:42,472 Jos, síntoo. 517 00:44:48,353 --> 00:44:52,857 Sei que soa mal, pero ás veces tes que mentir pola xente que queres. 518 00:44:53,400 --> 00:44:54,526 Para protexelos. 519 00:44:56,277 --> 00:45:00,824 Que teñamos a DOE, Deus, fai que gañar sexa moito máis importante. Non... 520 00:45:03,743 --> 00:45:06,287 Non imaxino o que faría Dandon no Senado. 521 00:45:10,500 --> 00:45:11,334 Enténdoo. 522 00:45:20,468 --> 00:45:24,681 Papá mente moi mal, a verdade. 523 00:45:25,014 --> 00:45:29,644 Nin sequera é capaz coas festas sorpresa. Sempre o solta sen pensar. 524 00:45:44,284 --> 00:45:45,743 Só é ata as eleccións. 525 00:45:49,664 --> 00:45:50,665 Axudareiche. 526 00:46:06,973 --> 00:46:09,100 Únennos os dedos chispeantes. 527 00:46:14,189 --> 00:46:16,524 Non. 528 00:46:25,492 --> 00:46:28,244 O gobernador Dandon segregaría as escolas. 529 00:46:28,411 --> 00:46:31,456 Tería as rapazas na casa, estudando en remoto. 530 00:46:31,706 --> 00:46:34,083 A historia ensinounos, 531 00:46:34,167 --> 00:46:37,921 o que os tribunais deste país decidiron, coa súa sabedoría, 532 00:46:38,004 --> 00:46:40,298 que separar non é igualdade. 533 00:46:44,010 --> 00:46:46,971 E o que eu sei, coa miña humilde sabedoría, 534 00:46:47,055 --> 00:46:48,681 como nai e como humana, 535 00:46:49,098 --> 00:46:53,603 é que somos mellores cando formamos un pobo unido. 536 00:46:53,686 --> 00:46:57,857 Cando vivimos e nos comportamos de forma equitativa e comunitaria. 537 00:47:02,612 --> 00:47:03,821 Non sei vós, 538 00:47:03,905 --> 00:47:08,493 pero eu estou cansada de loitar polas miñas fillas as mesmas batallas 539 00:47:08,868 --> 00:47:10,912 que levo loitando toda a vida. 540 00:47:11,120 --> 00:47:15,041 E as que loitou a miña nai antes ca min. E a súa nai antes ca ela. 541 00:47:15,124 --> 00:47:17,502 A nai natureza xa se cansou tamén. 542 00:47:21,923 --> 00:47:24,175 Este poder é evolución. 543 00:47:24,384 --> 00:47:27,804 Este poder é unha oportunidade de reinventarse, 544 00:47:27,971 --> 00:47:30,473 de ver a sociedade doutra maneira. 545 00:47:30,765 --> 00:47:33,851 De distribuír o poder máis equitativamente no mundo. 546 00:47:40,525 --> 00:47:44,988 Por iso eu, Margot Cleary-Lopez, a vosa alcaldesa, 547 00:47:46,114 --> 00:47:47,448 preséntome ao Senado. 548 00:48:00,628 --> 00:48:01,629 É unha guerra. 549 00:48:04,507 --> 00:48:08,094 Para reclamar o que nos pertence a nós. De nacemento. 550 00:48:16,978 --> 00:48:20,982 Unha guerra para recuperar o que debería ser a humanidade. 551 00:48:26,404 --> 00:48:29,115 É hora de que o mundo pare e escoite. 552 00:48:35,038 --> 00:48:36,956 Combateremos o lume con lume. 553 00:48:39,167 --> 00:48:40,001 Abaixo! 554 00:50:49,422 --> 00:50:51,466 NO PRÓXIMO CAPÍTULO... 555 00:50:51,674 --> 00:50:54,969 Necesito alguén que vaia. As mulleres almorzan homes. 556 00:50:55,052 --> 00:50:57,472 Esta parece ser a líder. 557 00:50:57,555 --> 00:51:01,559 Dille a miña irmá que vén un gran cambio e que ten que elixir bando. 558 00:51:01,768 --> 00:51:03,728 Compreiche unha xoia. 559 00:51:04,312 --> 00:51:07,732 Alégrame ver os meus fillos traballando xuntos. 560 00:51:07,815 --> 00:51:09,942 Sabes que papá se mofa de ti, ou? 561 00:51:10,026 --> 00:51:12,779 Coñecémonos? Sóasme de algo. 562 00:51:13,154 --> 00:51:14,280 Non che teño medo. 563 00:51:14,614 --> 00:51:17,533 Vou descubrir quen es e mandareite de volta. 564 00:51:17,617 --> 00:51:20,703 Ten razón. Son unha impostora. Son unha asasina. 565 00:51:21,037 --> 00:51:22,038 Subtítulos: Antía López Cando 566 00:51:22,163 --> 00:51:23,164 Supervisora creativa: Paula Maneiro