1 00:00:18,125 --> 00:00:19,000 Eli, colega. 2 00:00:19,750 --> 00:00:21,250 Eli? 3 00:00:23,333 --> 00:00:24,333 Eli? 4 00:00:26,041 --> 00:00:27,041 Eli. 5 00:00:28,500 --> 00:00:30,000 Óesme, colega? 6 00:00:32,125 --> 00:00:33,750 Voulle subir o osíxeno. 7 00:00:34,541 --> 00:00:36,125 Inspira forte. 8 00:00:53,375 --> 00:00:55,416 Vas sentir algo un pouco frío. 9 00:01:52,625 --> 00:01:57,500 EPISODIO TRES: CORRE, RAPAZ, CORRE 10 00:02:17,125 --> 00:02:18,875 Benvido ó mundo real, colega. 11 00:02:19,958 --> 00:02:21,041 Como vas? 12 00:02:23,500 --> 00:02:24,375 Auga. 13 00:02:26,291 --> 00:02:27,125 Auga. 14 00:02:39,333 --> 00:02:41,541 - Onde estou? - No Royal Brisbane. 15 00:02:45,166 --> 00:02:47,500 - Puideron poñerme o dedo? - Síntoo. 16 00:02:48,083 --> 00:02:49,791 Seica non foi posible. 17 00:02:54,458 --> 00:02:55,500 E mamá? 18 00:02:56,875 --> 00:02:58,333 A policía interrogouna. 19 00:02:58,416 --> 00:03:01,708 Se estivese preocupada pola saúde do seu fillo… 20 00:03:01,791 --> 00:03:02,833 E Lyle? 21 00:03:03,708 --> 00:03:06,583 Esquécete de Lyle. Preocupémonos de túa nai. 22 00:03:06,666 --> 00:03:08,291 Pode que a metan na cadea. 23 00:03:09,666 --> 00:03:12,291 Por que? Canto tempo? 24 00:03:13,708 --> 00:03:15,916 Tráfico e posesión. Catro ou cinco anos. 25 00:03:18,375 --> 00:03:21,666 Non. Ela non fixo nada. Fomos Lyle mais eu. 26 00:03:22,666 --> 00:03:24,291 Pois non é o que di ela. 27 00:03:25,500 --> 00:03:28,458 Mamá non fixo nada. Debería ir eu á cadea. 28 00:03:28,541 --> 00:03:30,708 Ten coidado co que desexas. 29 00:03:30,791 --> 00:03:32,875 E os tipos que levaron a Lyle? 30 00:03:32,958 --> 00:03:36,500 Eu non sei nada diso e aconsélloche dicir que ti tampouco. 31 00:03:36,583 --> 00:03:38,041 - Contareino todo… - Eli! 32 00:03:38,125 --> 00:03:42,083 Que Bich Dang pasa heroína en toda a vila e suborna a policía. 33 00:03:42,166 --> 00:03:43,708 Cala a puta boca! 34 00:03:43,791 --> 00:03:46,083 - Contarei… - Baixa a voz. Cala! 35 00:03:46,166 --> 00:03:48,625 …que Ivan levou a Lyle e me cortou o dedo. 36 00:03:48,708 --> 00:03:50,833 Esa non é a versión de túa nai. 37 00:03:51,500 --> 00:03:52,916 Que lles contou? 38 00:03:53,708 --> 00:03:57,208 Ti e Gus andabades a xogar cunhas figuriñas de Star Wars 39 00:03:57,833 --> 00:04:00,375 e decidistes partir a Darth Vader cunha brosa. 40 00:04:00,458 --> 00:04:02,375 Gus deu unha brosada, 41 00:04:02,458 --> 00:04:03,791 levouche o dedo, 42 00:04:03,875 --> 00:04:06,291 túa nai desmaiouse do susto e deu na cabeza. 43 00:04:06,375 --> 00:04:07,375 Mi madriña, Slim. 44 00:04:07,458 --> 00:04:10,166 Xa, pois esa é a súa versión e non a cambiou. 45 00:04:11,416 --> 00:04:12,250 Por que? 46 00:04:12,833 --> 00:04:16,416 Supoño que para protexerte. Agora, tócache a ti protexela. 47 00:04:17,583 --> 00:04:18,708 Asine aquí. 48 00:04:18,791 --> 00:04:22,416 Se falas de xa sabes quen, pásanche cousas malas. 49 00:04:22,500 --> 00:04:26,041 E non só a ti, senón tamén á xente que queres. 50 00:04:26,625 --> 00:04:30,458 Non, iso non está ben. Temos que contarllo a alguén. 51 00:04:30,541 --> 00:04:33,875 E a quen llo contamos? A policía está no allo, colega. 52 00:04:33,958 --> 00:04:36,041 Non che importa Lyle ou que? 53 00:04:36,125 --> 00:04:39,916 Abofé que si, pero importádesme máis ti, Gus e túa nai. 54 00:04:40,000 --> 00:04:41,208 Vouche dicir algo… 55 00:04:41,291 --> 00:04:42,958 Que alguén chame a policía! 56 00:04:43,041 --> 00:04:47,250 Lyle meteuse en algo e o último que quere é que ti tamén te metas. 57 00:04:47,333 --> 00:04:51,083 A mellor maneira de axudarlle é non dicir nin chío. 58 00:04:52,666 --> 00:04:56,500 Vai vir unha señora, a Dra. Brennan. Preguntarache a túa versión. 59 00:04:56,583 --> 00:05:00,458 Decide decontado o que lle vas contar. 60 00:05:00,541 --> 00:05:05,125 Se elixes mal, non só perderás a Lyle, tamén a Gus e a túa nai a un tempo. 61 00:05:05,208 --> 00:05:06,958 Ten o letreiro do revés. 62 00:05:09,375 --> 00:05:12,125 E que túa nai estea no cárcere 63 00:05:12,208 --> 00:05:15,708 non implica que estea a salvo, entendes? 64 00:05:18,166 --> 00:05:20,541 Dixéchesme que querías ser boa persoa. 65 00:05:20,625 --> 00:05:21,916 Aquí tes unha proba. 66 00:05:23,208 --> 00:05:26,291 Se unha proba é doada, non serve para nada. 67 00:05:27,000 --> 00:05:28,416 Esta é a túa. 68 00:05:29,541 --> 00:05:31,500 E Gus? Quero falar con el. 69 00:05:31,583 --> 00:05:32,958 Está con Robert. 70 00:05:33,041 --> 00:05:35,291 Con Robert? Que fai alí? 71 00:05:35,875 --> 00:05:38,791 É o voso pai. É con quen tedes que estar. 72 00:05:38,875 --> 00:05:40,958 O carallo! Levamos anos sen falar! 73 00:05:41,041 --> 00:05:43,583 - Eli! - Quen di que temos que quedar alí? 74 00:05:44,166 --> 00:05:45,875 Podes obedecer por unha vez? 75 00:05:48,250 --> 00:05:52,125 Esa tose non soa ben. Víñalle ben mirala. 76 00:05:52,208 --> 00:05:56,083 Diso nada, os doutores só queredes evitar que morra. 77 00:05:56,583 --> 00:05:58,333 Son Halliday, amigo da familia. 78 00:05:58,416 --> 00:06:01,250 Ben. Eli ten a onde ir cando lle deamos a alta? 79 00:06:01,333 --> 00:06:03,166 - Non. - Ten, queda con seu pai. 80 00:06:05,791 --> 00:06:06,875 Teño elección? 81 00:06:07,375 --> 00:06:10,000 Bo rapaz. Moi ben, mira… 82 00:06:11,375 --> 00:06:12,916 Aquí tes algo de roupa. 83 00:06:13,458 --> 00:06:14,916 Vinte dólares para un taxi. 84 00:06:15,916 --> 00:06:18,708 E chegou unha carta do teu amigo de Boggo Road. 85 00:06:18,791 --> 00:06:22,416 Se queres falar comigo, chama a Gill da tenda de licores. 86 00:06:22,916 --> 00:06:25,458 Dille que tes unha mensaxe para Slim. 87 00:06:26,291 --> 00:06:27,125 Entendido? 88 00:06:29,750 --> 00:06:30,583 Perfecto. 89 00:06:31,875 --> 00:06:32,875 Perfecto. 90 00:06:37,666 --> 00:06:39,875 - Slim Halliday, non será… - O que? 91 00:06:39,958 --> 00:06:42,541 - O asasino do taxista? - Non o matou el. 92 00:06:44,333 --> 00:06:48,458 Tanto ten, ti dille que precisa unha radiografía do peito. 93 00:06:50,916 --> 00:06:54,375 Moi ben, a ver como vai esa man. 94 00:06:55,166 --> 00:06:57,791 Disque perdiches o teu dedo especial. 95 00:06:57,875 --> 00:07:01,541 A ver como vai curando esa ferida, si? 96 00:07:05,375 --> 00:07:09,416 - Por que non mo coseron? - É complicado. 97 00:07:10,125 --> 00:07:13,125 É moi difícil volver unir os nervios, 98 00:07:13,208 --> 00:07:16,500 e aínda que se consiga que volvan medrar, 99 00:07:16,583 --> 00:07:20,375 o dedo adoita adormecer mentres tanto. 100 00:07:20,458 --> 00:07:23,875 Ó final rematas por ter un ganchiño inútil e entumecido. 101 00:07:23,958 --> 00:07:25,916 Engánchase na roupa, molesta. 102 00:07:26,000 --> 00:07:28,333 Sinceramente, estás mellor sen el. 103 00:07:29,458 --> 00:07:31,500 Un corte limpo perfecto. 104 00:07:32,375 --> 00:07:34,416 Si que debía estar afiada a brosa… 105 00:07:36,333 --> 00:07:39,041 Estamos ocupados, Christopher. Que queres? 106 00:07:39,125 --> 00:07:40,458 O Tang está moi suave. 107 00:07:40,541 --> 00:07:42,583 Imposible. Onte dobreiche a dose. 108 00:07:42,666 --> 00:07:45,875 Está suave, hostia! Estou morrendo e dásme Tang suave? 109 00:07:45,958 --> 00:07:47,666 Marcha, Christopher, 110 00:07:47,750 --> 00:07:50,083 pecha a cortina e voute ver despois. 111 00:07:55,166 --> 00:07:57,625 - Que lle pasa? - Un tumor cerebral. 112 00:07:58,166 --> 00:08:01,250 - Vaia merda. - Xa, a el tamén llo parece. 113 00:08:02,708 --> 00:08:04,333 Non poden operalo e punto? 114 00:08:04,416 --> 00:08:06,041 Non estou segura. 115 00:08:06,125 --> 00:08:09,791 Antes queremos intentar encoller o tumor. 116 00:08:11,958 --> 00:08:12,791 Moi ben. 117 00:08:14,125 --> 00:08:16,208 Que me dicías? 118 00:08:18,166 --> 00:08:22,250 Do accidente coa brosa cando teu irmán che cortou o dedo. 119 00:08:24,708 --> 00:08:26,625 Verás, decidimos 120 00:08:26,708 --> 00:08:32,125 executar a Darth Vader en vinganza por matar a Obi-Wan Kenobi. 121 00:08:32,208 --> 00:08:35,541 Que? Pensas que Obi-Wan Kenobi está morto? 122 00:08:35,625 --> 00:08:39,250 A ver, déronlle cun sabre láser e desapareceu, así que… 123 00:08:39,333 --> 00:08:41,250 Desaparecer non é morrer. 124 00:08:43,208 --> 00:08:44,208 Exactamente. 125 00:08:48,833 --> 00:08:49,750 Perfecto. 126 00:08:50,750 --> 00:08:52,750 Moi ben, podes ensinarme 127 00:08:53,916 --> 00:08:55,666 como collías a Darth Vader? 128 00:09:01,000 --> 00:09:02,041 Así. 129 00:09:02,125 --> 00:09:04,666 Moi ben, e teu irmán 130 00:09:05,625 --> 00:09:10,125 botou ben a brosa cara a atrás, 131 00:09:10,208 --> 00:09:13,541 cortouche o dedo, limpamente, xusto no artello, 132 00:09:13,625 --> 00:09:16,333 e nin che tocou os demais dedos? 133 00:09:22,000 --> 00:09:23,375 Supoño. 134 00:09:23,458 --> 00:09:26,375 Vaia! Si que atinou ben. 135 00:09:27,958 --> 00:09:31,750 E logo entrou túa nai, esvarou co sangue e quedou inconsciente? 136 00:09:36,583 --> 00:09:40,291 Se iso é o que lle dixo á policía, si. 137 00:09:45,291 --> 00:09:48,791 O que quero dicir, Eli, e se che apetece reconsiderar 138 00:09:48,875 --> 00:09:51,541 a historia que me acabas de contar. 139 00:09:53,916 --> 00:09:56,708 Non, non me apetece. 140 00:09:56,791 --> 00:09:58,333 Ben. Perfecto. 141 00:09:59,458 --> 00:10:01,833 Pasarei verte de novo máis tarde 142 00:10:01,916 --> 00:10:03,833 e pode que a policía veña mañá. 143 00:10:03,916 --> 00:10:07,125 O inspector Tim Cotton quere falar contigo. 144 00:10:12,333 --> 00:10:13,333 Pois moi ben. 145 00:10:18,000 --> 00:10:21,416 Vaise declarar culpable, así que non temos problema. 146 00:10:21,500 --> 00:10:24,250 Tódalas probas suxiren que a súa parella fuxiu 147 00:10:27,625 --> 00:10:30,875 Mañá irei visitar o cativo. 148 00:10:31,375 --> 00:10:33,625 Asegurareime de que sabe estar calado. 149 00:10:42,666 --> 00:10:45,625 Ola! Bo día, ruliña. 150 00:11:01,416 --> 00:11:04,208 Aquí non hai naiciña que che axude. 151 00:11:08,708 --> 00:11:11,958 Querido Alex: Desculpa a mala letra. 152 00:11:12,041 --> 00:11:15,041 En resumo, hai dous días acabei no hospital 153 00:11:15,125 --> 00:11:17,750 tras unha disputa cunha brosa. 154 00:11:17,833 --> 00:11:20,458 A doutora cre que estou a curar rapidísimo. 155 00:11:20,541 --> 00:11:22,500 Debe ser polo corte limpo. 156 00:11:22,583 --> 00:11:25,000 - A quen lle escribes? - A un amigo. 157 00:11:26,125 --> 00:11:27,833 Na prisión de Boggo Road? 158 00:11:28,333 --> 00:11:31,750 - Paréceche algo malo? - Por que o apresaron? 159 00:11:31,833 --> 00:11:34,000 Era sarxento dunha banda de moteiros. 160 00:11:34,083 --> 00:11:37,208 Entendo. É un psicópata e agora sabe onde vives. 161 00:11:37,291 --> 00:11:40,041 - Ti es parvo. - Por carta é simpático. 162 00:11:40,125 --> 00:11:43,666 - Se é moteiro, é un psicópata fixo. - Moito sabes ti de moteiros. 163 00:11:43,750 --> 00:11:45,333 Eu non, pero miña nai si. 164 00:11:47,541 --> 00:11:49,833 - A Dra. Brennan di que tes un tumor. - E? 165 00:11:49,916 --> 00:11:52,500 Tamén queres cartearte con cancerosos? 166 00:11:52,583 --> 00:11:54,166 Se son idiotas coma ti, non. 167 00:12:04,625 --> 00:12:06,375 - Chámome Christopher. - Eli. 168 00:12:06,458 --> 00:12:07,666 É un nome de nena? 169 00:12:07,750 --> 00:12:10,333 Non tal, meu pai sacouno dun libro. 170 00:12:15,250 --> 00:12:18,875 Pedinlles Arnold, pero hai máis nenos pequenos que maiores 171 00:12:18,958 --> 00:12:20,250 e vemos esta merda. 172 00:12:20,333 --> 00:12:24,666 Estes mocosos teñen toda a puta vida para ver o que queiran, 173 00:12:24,750 --> 00:12:28,291 e eu, que morro en tres meses, non podo ver Arnold cando me peta. 174 00:12:28,375 --> 00:12:30,791 En tres meses? En serio? 175 00:12:30,875 --> 00:12:34,666 Se non poden operar, si. E a ti que che pasou na man? 176 00:12:36,583 --> 00:12:37,458 A verdade? 177 00:12:37,541 --> 00:12:40,833 Non, mellor sóltame putas trolas como fan todos aquí. 178 00:12:42,000 --> 00:12:44,250 Meu padrasto pasa cabalo 179 00:12:45,000 --> 00:12:46,875 e o sicario da súa banda 180 00:12:46,958 --> 00:12:49,375 cortoume o dedo cun coitelo de caza criminal. 181 00:12:49,458 --> 00:12:50,875 Por que ía facer iso? 182 00:12:50,958 --> 00:12:53,125 Pensa que meu padrasto garda heroína. 183 00:12:53,208 --> 00:12:54,125 E gárdaa? 184 00:12:55,041 --> 00:12:56,041 Nin idea. 185 00:12:56,125 --> 00:12:58,541 E onde está agora o teu padrasto? 186 00:12:58,625 --> 00:12:59,666 Non sei. 187 00:13:00,500 --> 00:13:03,750 Petáronlle na cara, sacárono a rastro da casa 188 00:13:03,833 --> 00:13:07,458 e despois pegáronlle a miña nai e deixárona inconsciente. 189 00:13:08,458 --> 00:13:09,875 Durísimo, meu. 190 00:13:11,458 --> 00:13:12,291 Xa. 191 00:13:12,375 --> 00:13:14,833 Só teño que saír de aquí decontado 192 00:13:14,916 --> 00:13:16,750 e negociar cos secuestradores. 193 00:13:16,833 --> 00:13:19,250 - Riste de min? - De ti? Para que? 194 00:13:19,333 --> 00:13:21,916 Só es un psicópata que morrerá en tres meses. 195 00:13:27,750 --> 00:13:29,375 E como planeas fuxir? 196 00:13:29,458 --> 00:13:32,000 Esperarei polo carriño da merenda das 15:00 197 00:13:32,083 --> 00:13:34,291 e cando abran a porta, distraereinos. 198 00:13:34,375 --> 00:13:35,625 Como os vas distraer? 199 00:13:35,708 --> 00:13:38,666 Cando o meu amigo Slim tentaba fuxir de Boggo Road, 200 00:13:38,750 --> 00:13:42,083 queimou unhas fibras de colchón para distraer os gardas. 201 00:13:42,875 --> 00:13:45,541 Planeaba escapar polo tellado e saltar o muro. 202 00:13:46,083 --> 00:13:47,750 Saíulle ben? 203 00:13:47,833 --> 00:13:49,750 Déixame, fillo de puta! 204 00:13:50,333 --> 00:13:52,833 Esa vez non, pero faltoulle ben pouco. 205 00:13:59,333 --> 00:14:02,916 Eu sei como distraelos. Dáme un minuto. 206 00:14:24,583 --> 00:14:28,125 Peli de terror na miña tele! 207 00:14:28,208 --> 00:14:30,416 Peli de terror na miña tele! 208 00:14:30,500 --> 00:14:32,708 Christopher, tranquilo. 209 00:14:32,791 --> 00:14:35,500 Díxenvos que quería ver Arnold. 210 00:14:35,583 --> 00:14:38,083 Solta o televisor agora mesmo. 211 00:14:38,166 --> 00:14:40,750 Fríteme os miolos! 212 00:15:20,000 --> 00:15:21,375 De onde saíu iso? 213 00:15:22,541 --> 00:15:23,833 Alí, onda os nenos. 214 00:15:26,750 --> 00:15:28,583 Hai un televisor no meu coche. 215 00:15:31,083 --> 00:15:33,208 Que espectáculo tedes aquí montado? 216 00:15:46,916 --> 00:15:49,250 DEPUTADO DESESTIMA CORRUPCIÓN POLICIAL 217 00:15:49,333 --> 00:15:51,125 POR CAITLYN SPIES 218 00:16:04,708 --> 00:16:06,625 O vindeiro bus vai a Darra? 219 00:16:08,166 --> 00:16:11,041 Darra… 220 00:16:13,708 --> 00:16:14,666 Róeme a man. 221 00:16:15,166 --> 00:16:19,166 Veña, róeme a man tan forte como poidas. Dálle! 222 00:16:21,041 --> 00:16:23,250 Só un bocadiño. Veña, róema. 223 00:17:30,208 --> 00:17:33,041 Os forenses non paran de ir e vir da vosa casa, 224 00:17:33,125 --> 00:17:37,416 así que unha violación de morada non parece a mellor opción. 225 00:17:37,500 --> 00:17:38,791 Ola, Gene. 226 00:17:39,666 --> 00:17:41,541 É que teño que coller algo. 227 00:17:42,041 --> 00:17:45,083 Vaia escena se montou a outra noite. 228 00:17:45,166 --> 00:17:46,083 Que pasou? 229 00:17:49,500 --> 00:17:54,791 Eu e Gus decidimos partir unha figuriña cunha brosa 230 00:17:55,666 --> 00:17:57,500 e levoume o dedo sen querer. 231 00:17:58,125 --> 00:17:59,166 Xa. 232 00:17:59,250 --> 00:18:01,750 Porque cando mirei pola ventá 233 00:18:01,833 --> 00:18:06,291 vin que dous tipos arrastraban a Lyle para metelo no maleteiro dun coche. 234 00:18:06,375 --> 00:18:07,500 Dixéchesllo á poli? 235 00:18:07,583 --> 00:18:09,583 - Pois claro. - E que dixeron? 236 00:18:09,666 --> 00:18:12,500 Que non contase nada pola miña seguridade. 237 00:18:14,208 --> 00:18:15,750 Xa, ten sentido. 238 00:18:16,583 --> 00:18:17,708 Sabes algo de Lyle? 239 00:18:18,208 --> 00:18:21,791 Non, pero vouno atopar antes de que lle pase algo malo. 240 00:18:23,500 --> 00:18:25,750 Creo que xa é tarde, rapaz. 241 00:18:27,208 --> 00:18:28,041 É, si. 242 00:18:29,750 --> 00:18:35,125 Pero unha vez mandoume quedar coa chave da porta de atrás. 243 00:18:36,583 --> 00:18:38,250 Por se chove, díxome. 244 00:18:40,166 --> 00:18:41,750 - Pero non chove. - Meu rei… 245 00:18:42,333 --> 00:18:45,791 Polo que vexo, caen chuzos de punta. 246 00:18:49,250 --> 00:18:50,666 Eu non te vin, vale? 247 00:18:52,958 --> 00:18:53,833 Grazas, Gene. 248 00:19:24,458 --> 00:19:25,750 Lyle! 249 00:19:27,041 --> 00:19:28,083 Mamá! 250 00:20:58,583 --> 00:20:59,416 Non. 251 00:21:00,208 --> 00:21:03,500 Non! 252 00:21:22,458 --> 00:21:23,333 Quen é? 253 00:21:25,083 --> 00:21:27,041 Que fas ti aí? 254 00:21:27,750 --> 00:21:32,125 - Busco o alixo secreto de Lyle. - Como sabes que ten un? 255 00:21:33,166 --> 00:21:35,291 Ivan Kroll pensaba que o tiña. 256 00:21:35,375 --> 00:21:37,291 Por iso me cortou o puto dedo, 257 00:21:37,375 --> 00:21:40,083 porque nos quere a todos acolloados. 258 00:21:40,166 --> 00:21:42,375 E por iso ningún adulto axuda 259 00:21:42,458 --> 00:21:44,333 e nin sei onde buscar a Lyle 260 00:21:44,416 --> 00:21:46,583 nin con quen estou a falar! 261 00:21:46,666 --> 00:21:50,916 Imaxina que atopas o alixo, que vas facer con el? 262 00:21:51,916 --> 00:21:55,541 Ofrecereillo a Ivan Kroll se deixa marchar a Lyle. 263 00:21:56,041 --> 00:21:58,416 E con quen vas falar para atopar a Ivan? 264 00:21:59,500 --> 00:22:01,583 - Non sei. Coa poli? - Cavila. 265 00:22:02,083 --> 00:22:03,125 Ou con Bich Dang? 266 00:22:05,458 --> 00:22:06,916 - Cóidate, Eli. - Non! 267 00:22:07,000 --> 00:22:07,958 Agarda! Veña… 268 00:22:45,708 --> 00:22:47,083 Si, quen é? 269 00:22:48,708 --> 00:22:50,208 Está Bich? 270 00:22:50,291 --> 00:22:52,833 Son Eli Bell, un amigo de Darren. 271 00:22:53,541 --> 00:22:54,541 Un segundo. 272 00:23:00,041 --> 00:23:01,916 - Boas. - Ola. 273 00:23:02,000 --> 00:23:03,000 Zapatos. 274 00:23:07,625 --> 00:23:08,458 Acompáñame. 275 00:23:14,833 --> 00:23:18,208 Aquí chega Troy, que manexa a ruleta coma ninguén. 276 00:23:18,291 --> 00:23:21,958 Moitas grazas. Benvidos á Ruleta da fortuna! 277 00:23:22,041 --> 00:23:23,666 Volvemos con grandes premios 278 00:23:23,750 --> 00:23:28,291 e cuns concursantes marabillosos que os levarán todos para a casa. 279 00:23:28,375 --> 00:23:29,958 Encántanos regalar… 280 00:23:32,125 --> 00:23:33,666 Eli Bell. 281 00:23:34,625 --> 00:23:35,958 Que queres? 282 00:23:36,041 --> 00:23:39,000 Díxome que podía volver e falar con vostede. 283 00:23:39,708 --> 00:23:42,708 - Pódeme axudar? - Estás todo porco. Queda aí. 284 00:23:44,583 --> 00:23:46,375 Por que ía falar contigo? 285 00:23:46,958 --> 00:23:49,000 Traizoáchesme. 286 00:23:49,083 --> 00:23:51,291 Non tal. Como que a traizoei? 287 00:23:51,375 --> 00:23:55,875 Ti e Lyle, vendendo heroína de merda e dicindo que era miña. 288 00:23:55,958 --> 00:24:00,166 A heroína de Bich Dang era pura ó 100 %. 289 00:24:00,750 --> 00:24:03,583 Lyle arruinou a miña reputación. 290 00:24:03,666 --> 00:24:06,500 Dustin Vang pensa que pode recuperar o mercado. 291 00:24:06,583 --> 00:24:09,000 Seguro que Lyle non planeou iso. 292 00:24:09,083 --> 00:24:13,125 Ninguén planeou a guerra de Vietnam, pero pasou. 293 00:24:13,708 --> 00:24:17,791 Ninguén planeou que o barco de meus pais afundise, pero tamén pasou. 294 00:24:17,875 --> 00:24:20,541 As putas desgrazas non fai falla planealas. 295 00:24:23,750 --> 00:24:26,791 - Por que non marchas? - Quero falar con Ivan Kroll. 296 00:24:26,875 --> 00:24:29,958 Pode poñerme en contacto con el? Estivo na súa festa. 297 00:24:30,041 --> 00:24:31,083 Non é asunto meu. 298 00:24:32,208 --> 00:24:35,458 E tampouco teu, se non queres rematar coma Lyle. 299 00:24:35,541 --> 00:24:39,333 - Espere, que lle pasou a Lyle? - Non sei o que pasou. 300 00:24:40,375 --> 00:24:43,875 Ti debías axudarme, pero fodíchelo todo. 301 00:24:44,625 --> 00:24:46,791 Marcha á casa, vaite lavar. 302 00:24:51,708 --> 00:24:53,000 Non teño casa. 303 00:24:57,083 --> 00:24:58,333 Non é problema meu. 304 00:25:06,708 --> 00:25:10,166 …un coche con moito donaire, vai polo vento e vén polo aire! 305 00:25:10,250 --> 00:25:13,666 Quererá telo sempre á beira. É unha máquina de primeira. 306 00:25:58,250 --> 00:25:59,083 Gus? 307 00:26:00,833 --> 00:26:01,875 Ola, Eli. 308 00:26:11,083 --> 00:26:14,041 - Sabía que virías nalgún momento. - Aínda falas. 309 00:26:16,500 --> 00:26:17,541 Iso está ben. 310 00:26:19,083 --> 00:26:21,583 Canto levas na casa de Robert? 311 00:26:22,083 --> 00:26:23,166 Un par de días. 312 00:26:27,333 --> 00:26:29,041 - Está dentro? - Vai con ollo. 313 00:26:29,125 --> 00:26:31,625 Non é moi predicible cando lle dá ó alpiste. 314 00:26:33,916 --> 00:26:36,458 - E ese barullo infernal? - É el cantando. 315 00:26:36,958 --> 00:26:38,625 Oh, ven comigo ti tamén… 316 00:26:48,041 --> 00:26:51,416 Ven comigo. Si, si, si. 317 00:26:52,375 --> 00:26:54,541 Si, si, si. 318 00:27:03,291 --> 00:27:04,125 Papá? 319 00:27:09,875 --> 00:27:11,000 Vamos! 320 00:27:11,083 --> 00:27:13,000 Dáme un pouco… 321 00:27:22,208 --> 00:27:23,208 Hostia. 322 00:27:26,791 --> 00:27:28,291 Hostia bendita. 323 00:27:29,333 --> 00:27:30,666 Estás ben, papá? 324 00:27:38,666 --> 00:27:40,000 Son eu, Eli. 325 00:27:42,000 --> 00:27:42,875 Papá? 326 00:27:43,541 --> 00:27:44,708 Cabrón. 327 00:27:48,125 --> 00:27:51,416 Papá! Papá, para! É Eli! 328 00:28:26,833 --> 00:28:29,708 Tranquilo, non era el, era esa cervexa forte que bebe. 329 00:28:31,416 --> 00:28:35,041 Non sabía nin quen eras. Cando está sobrio, é un sol. 330 00:28:37,416 --> 00:28:39,583 - Axúdame a arrastralo ata aí. - Vale. 331 00:28:53,875 --> 00:28:56,125 Atopei un cadeado vello no soto. 332 00:29:01,625 --> 00:29:05,750 - Hai algo de comer? - Gasta todo o paro en bebida. 333 00:29:20,916 --> 00:29:22,875 Eu non comería nada de aí. 334 00:29:36,500 --> 00:29:40,750 - Cagaches por ti ou só é barro? - Só é barro. 335 00:29:41,500 --> 00:29:44,875 Estaba no túnel de Sandakan Street buscando o alixo de Lyle. 336 00:29:44,958 --> 00:29:47,208 Se o entregamos, seguro que liberan. 337 00:29:47,291 --> 00:29:48,250 É xusto. 338 00:29:48,333 --> 00:29:50,666 Creo que os criminais non pensan así. 339 00:29:56,125 --> 00:29:57,333 Déixame poñercha ben. 340 00:29:58,250 --> 00:29:59,250 Que tal a man? 341 00:30:01,166 --> 00:30:03,333 Está ben. Dóeme un pouco. 342 00:30:03,416 --> 00:30:06,791 Sinceramente, xa matarían a Lyle. 343 00:30:07,541 --> 00:30:09,750 - Tirarían o corpo por aí. - Veña, Gus. 344 00:30:09,833 --> 00:30:12,250 Non podemos abandonar a Lyle sen máis. 345 00:30:12,333 --> 00:30:15,000 Escribiu algo no aire antes de que o levaran. 346 00:30:15,083 --> 00:30:16,583 Que che escribiu? 347 00:30:17,416 --> 00:30:19,666 "Quérovos, QADC." 348 00:30:20,333 --> 00:30:22,125 Que carallo é QADC? 349 00:30:22,208 --> 00:30:24,958 Aí zoscáronlle e mesturaría as letras. 350 00:30:29,291 --> 00:30:30,208 Síntoo, Eli. 351 00:30:35,416 --> 00:30:38,750 Queres ver o resto da casa? Ensínocha agora. 352 00:30:40,708 --> 00:30:41,541 Claro. 353 00:30:53,625 --> 00:30:54,958 A súa biblioteca. 354 00:30:56,541 --> 00:30:59,833 Di que os leu todos, e pode ser, 355 00:31:01,166 --> 00:31:03,875 xa que o único que fai é ler e beber 356 00:31:03,958 --> 00:31:05,750 e ver Sale of the Century. 357 00:31:17,583 --> 00:31:18,750 Lémbrome deste. 358 00:31:42,666 --> 00:31:45,875 Non temos mantas, pero usa este abrigo. 359 00:31:54,791 --> 00:31:58,833 Chamarei á fábrica de próteses. Se lle amañaron a cara a Ivan Kroll, 360 00:31:58,916 --> 00:32:01,291 saberán onde vive, non? 361 00:32:04,375 --> 00:32:06,250 É mellor falar antes con Slim. 362 00:32:06,333 --> 00:32:08,458 A ver se nos deixa quedar con el. 363 00:32:09,166 --> 00:32:11,000 - Que che parece? - De acordo. 364 00:32:13,750 --> 00:32:15,250 Non deixes de falar, Gus. 365 00:33:39,625 --> 00:33:40,500 Ola? 366 00:33:44,166 --> 00:33:45,958 Gussie! 367 00:33:46,041 --> 00:33:46,916 Gus! 368 00:34:36,000 --> 00:34:36,875 Gus? 369 00:35:54,666 --> 00:35:55,500 Slim! 370 00:35:57,708 --> 00:36:00,958 Home! Eli, Gus. Que facedes aquí? 371 00:36:01,041 --> 00:36:04,541 Eli cre que debemos atopar a Ivan Kroll e chegar a un trato. 372 00:36:04,625 --> 00:36:07,833 Nin de broma e xa che dixen por que. 373 00:36:08,333 --> 00:36:09,791 Que bo oírte falar. 374 00:36:11,625 --> 00:36:15,166 - Fustes ver a vosa nai ó cárcere? - Non aínda. 375 00:36:15,250 --> 00:36:17,750 Temos que ir cun adulto responsable. 376 00:36:17,833 --> 00:36:19,958 - Ide con Robert. - Pero ti coñécelo? 377 00:36:20,041 --> 00:36:22,625 Robert é un borracho e vive nun cortello. 378 00:36:23,500 --> 00:36:25,291 Pois aquí non ides quedar. 379 00:36:25,375 --> 00:36:27,333 Por que non? Non somos amigos? 380 00:36:27,416 --> 00:36:30,458 Somos. Pero se vos pillan, mándanvos a un centro 381 00:36:30,541 --> 00:36:33,125 coma a min de cativo. Xa vedes o resultado. 382 00:36:33,750 --> 00:36:36,500 E se nos agochamos aquí ata que… 383 00:36:37,541 --> 00:36:39,750 Ata que? Hanvos pillar. 384 00:36:40,333 --> 00:36:44,083 Un delincuente perigoso, polis corruptos e o Departamento de Educación. 385 00:36:44,166 --> 00:36:46,416 Sábeno todo e son implacables, hostia. 386 00:36:47,375 --> 00:36:49,291 - Que ten de malo a casa? - Todo. 387 00:36:49,375 --> 00:36:51,291 Sinceramente, é inestable. 388 00:36:51,375 --> 00:36:54,416 Confundiu a Eli cun ladrón e atacouno cun pau. 389 00:36:55,416 --> 00:36:58,916 Obrigádeo a deixar o "bebercio". Que non probe nin gota. 390 00:36:59,500 --> 00:37:02,916 Sentade, prepárovos unha torta e té e lévovos de volta. 391 00:37:03,000 --> 00:37:05,916 Ó carallo, xa nos amañamos nós. Gus, marchamos. 392 00:37:06,416 --> 00:37:07,458 Eli. 393 00:37:08,291 --> 00:37:11,291 Baixa os fumes. Só intento ser práctico. 394 00:37:11,375 --> 00:37:12,416 Es un covarde. 395 00:37:12,500 --> 00:37:14,583 Só che digo como vai o sistema. 396 00:37:14,666 --> 00:37:18,666 Se segues así, túa nai non volverá ver a luz do sol e ti tampouco. 397 00:37:18,750 --> 00:37:23,250 Acabaredes os dous nun centro e eu no rexistro de pedófilos. 398 00:37:24,875 --> 00:37:26,791 Toma, levade cartos polo menos. 399 00:37:26,875 --> 00:37:29,875 Méteos polo cu! Gus, veña. 400 00:37:32,458 --> 00:37:35,583 Agora que falas, dille que teña sentidiño. 401 00:37:35,666 --> 00:37:37,208 Vou ir ó xornal. 402 00:37:37,291 --> 00:37:39,916 Voullo contar todo a Caitlyn Spies. 403 00:37:40,000 --> 00:37:43,625 Equivócaste, colega. Só vas empeorar as cousas para todos. 404 00:37:44,125 --> 00:37:45,791 Como van empeorar, Slim? 405 00:37:45,875 --> 00:37:48,375 Apresaron a nosa nai por algo que non fixo, 406 00:37:48,458 --> 00:37:52,500 un puto psicópata asasino secuestrou o noso padrasto, 407 00:37:52,583 --> 00:37:55,166 a policía quérenos mandar a un reformatorio 408 00:37:55,250 --> 00:37:58,708 e meu pai case me rebenta os miolos co mango dunha brosa! 409 00:37:58,791 --> 00:38:02,750 Con ese panorama, dime unha soa cousa que poida ir a peor! 410 00:38:40,250 --> 00:38:41,083 Ola? 411 00:38:43,375 --> 00:38:44,500 Pódoche axudar? 412 00:38:44,583 --> 00:38:47,041 Veño ver a Caitlyn… 413 00:38:47,125 --> 00:38:49,166 Pulsa o botón e fala, por favor. 414 00:38:52,500 --> 00:38:54,750 Son Eli Bell, veño ver a Caitlyn Spies. 415 00:38:55,333 --> 00:38:56,500 Quedaches con ela? 416 00:38:57,083 --> 00:39:00,416 - Non, pero téñolle unha historia. - De que tipo? 417 00:39:01,041 --> 00:39:02,208 De crimes. 418 00:39:02,875 --> 00:39:05,333 - Es unha testemuña? - Non, unha vítima. 419 00:39:06,000 --> 00:39:08,541 Caitlyn está cunha entrega agora mesmo. 420 00:39:08,625 --> 00:39:12,000 Queres deixar o teu nome e teléfono? Xa te chamará ela. 421 00:39:12,833 --> 00:39:15,333 E se puidese entrevistar a Slim Halliday? 422 00:39:17,916 --> 00:39:18,791 Un segundo. 423 00:39:22,125 --> 00:39:23,291 Ola, Caitlyn. 424 00:39:24,208 --> 00:39:26,750 Teño aquí a un tal Eli Bell na porta. 425 00:39:26,833 --> 00:39:30,333 Di que pode conseguir unha entrevista con Slim Halliday. 426 00:39:30,833 --> 00:39:31,708 Moi ben. 427 00:39:34,666 --> 00:39:36,708 Veña, pasa. Baixa nun segundo. 428 00:39:42,833 --> 00:39:44,666 Podes sentar aí. 429 00:39:45,875 --> 00:39:47,541 Courier-Mail, diga? 430 00:39:47,625 --> 00:39:48,958 Brian chamarao logo. 431 00:39:49,041 --> 00:39:51,750 Está na xunta de accionistas co señor Broz. 432 00:39:51,833 --> 00:39:54,125 - Si. Ben. - Vou tomar un descansiño. 433 00:39:54,791 --> 00:39:57,375 Fantástico. Falamos máis tarde. Adeus. 434 00:40:22,708 --> 00:40:25,250 Estabas a agardar por min? 435 00:40:29,750 --> 00:40:30,666 Son Caitlyn. 436 00:40:34,250 --> 00:40:35,166 Eu… 437 00:40:35,250 --> 00:40:38,250 Si, eu… 438 00:40:39,291 --> 00:40:41,208 Para comezar, dime o teu nome. 439 00:40:41,708 --> 00:40:44,000 Para que o necesita? 440 00:40:44,583 --> 00:40:47,500 Quéroche tecer un cárdigan coas iniciais. 441 00:40:49,000 --> 00:40:50,208 Son… 442 00:40:51,708 --> 00:40:52,708 Christopher. 443 00:40:54,666 --> 00:40:57,125 - Cerébrez. - Non es Eli Bell? 444 00:40:58,875 --> 00:41:00,791 Dixéchesllo á recepcionista. 445 00:41:02,000 --> 00:41:03,375 Si. 446 00:41:03,458 --> 00:41:06,583 - Vou usar Eli Bell. - Non pode ser anónimo? 447 00:41:06,666 --> 00:41:09,625 - Por que? - Teño xente que protexer. 448 00:41:11,250 --> 00:41:14,708 Voulle contar cousas dun home que fixo cousas horribles. 449 00:41:15,375 --> 00:41:17,666 Algún amigo de Slim Halliday? 450 00:41:17,750 --> 00:41:19,791 Non. É moito peor. 451 00:41:22,166 --> 00:41:23,916 Ten algo que ver coa túa man? 452 00:41:24,000 --> 00:41:29,000 Si, pero para que o entenda ben, teño que empezar unhas semanas atrás. 453 00:41:29,083 --> 00:41:31,458 Eli, non podemos ir directos ó gran? 454 00:41:31,541 --> 00:41:34,166 Apareceu unha perna tatuada en Brighton Beach. 455 00:41:34,250 --> 00:41:36,208 Teño que investigalo, pero… 456 00:41:38,208 --> 00:41:39,291 Estás ben? 457 00:41:41,000 --> 00:41:42,208 Que tatuaxe tiña? 458 00:41:42,833 --> 00:41:44,833 - Deixádeme entrar! - Xesús! 459 00:41:45,916 --> 00:41:50,125 Merda, é Raymond Leary. Helen, e o vixiante? 460 00:41:50,208 --> 00:41:51,625 Está no descanso. 461 00:41:51,708 --> 00:41:54,291 Señor Leary, afástese da porta de cristal. 462 00:41:54,375 --> 00:41:57,208 Deixádeme entrar! Sei que Broz está dentro! 463 00:41:57,291 --> 00:41:59,708 - Quero entrar! - Quen é Raymond Leary? 464 00:41:59,791 --> 00:42:02,791 Un contratista. Seica un cliente non lle pagou, 465 00:42:02,875 --> 00:42:05,916 foi á ruína, a muller deprimiuse e suicidouse. 466 00:42:06,000 --> 00:42:07,833 Quere que contemos a historia. 467 00:42:07,916 --> 00:42:09,333 Deixádeme entrar! 468 00:42:10,541 --> 00:42:14,041 - Por que non a contan? - O cliente, o señor Broz, é un accionista 469 00:42:14,125 --> 00:42:16,000 do que ten unha orde de afastamento. 470 00:42:16,083 --> 00:42:17,041 Si, policía? 471 00:42:17,125 --> 00:42:20,375 Estamos na oficina do Courier-Mail, no 2 de Holt Street. 472 00:42:20,458 --> 00:42:22,416 Un home intenta derribar a porta. 473 00:42:28,125 --> 00:42:30,958 - Vaise matar. - Non! Non lle abras! 474 00:42:32,416 --> 00:42:33,250 Señor Leary, 475 00:42:35,666 --> 00:42:38,791 Eli! Eli, volve aquí. 476 00:42:38,875 --> 00:42:42,458 Así non está conseguindo nada. Esquézao. É inútil. 477 00:42:43,375 --> 00:42:45,125 - Colega? - Saca de aí, rapaz. 478 00:42:45,208 --> 00:42:47,125 Marche e escríbao nunha carta. 479 00:42:47,208 --> 00:42:48,541 - É inútil. - Eli… 480 00:42:49,125 --> 00:42:50,208 Saca de aí! 481 00:42:56,000 --> 00:42:57,791 Helen, chama unha ambulancia! 482 00:42:59,375 --> 00:43:00,500 Eli, estás ben? 483 00:43:02,916 --> 00:43:04,500 Van escribir sobre el agora? 484 00:43:05,458 --> 00:43:09,458 Sinceramente, non creo. Ten antecedentes psiquiátricos. 485 00:43:10,041 --> 00:43:11,791 Esa perna que mencionou. 486 00:43:11,875 --> 00:43:13,541 Era de home, verdade? 487 00:43:13,625 --> 00:43:15,166 Co nome dunha muller. 488 00:43:16,833 --> 00:43:18,666 A policía non desvelou detalles. 489 00:43:20,291 --> 00:43:21,708 O nome é Frankie. 490 00:43:22,916 --> 00:43:25,916 - Como vas saber ti iso? - É miña nai. 491 00:43:28,708 --> 00:43:31,500 Móvanse. Todos atrás. 492 00:43:33,083 --> 00:43:34,000 Non, Eli! 493 00:43:38,458 --> 00:43:39,666 Courier-Mail, diga? 494 00:43:46,333 --> 00:43:48,125 Perdoa por escapar. 495 00:43:49,583 --> 00:43:50,666 Tanto ten. 496 00:43:59,250 --> 00:44:03,791 Atoparon unha perna en Brighton Beach arrastrada polo mar 497 00:44:04,708 --> 00:44:06,625 e cun nome tatuado. 498 00:44:11,875 --> 00:44:13,041 Merda. 499 00:44:13,750 --> 00:44:15,166 Pode non estar morto. 500 00:44:17,375 --> 00:44:19,500 Pero seguramente si, tes razón. 501 00:44:28,541 --> 00:44:30,833 Eli, aínda vas falar coa prensa? 502 00:44:30,916 --> 00:44:33,833 Non, Slim ten razón. 503 00:44:35,041 --> 00:44:36,958 Vou quedar calado e… 504 00:44:39,875 --> 00:44:41,041 axudarlle a Robert 505 00:44:41,833 --> 00:44:44,583 antes de que as cousas vaia aínda a peor. 506 00:44:46,875 --> 00:44:48,416 Estamos sós, Gus. 507 00:44:50,375 --> 00:44:51,916 Ninguén nos vai axudar. 508 00:45:05,875 --> 00:45:07,000 - Brian? - Si? 509 00:45:07,083 --> 00:45:11,416 Esta tarde pasou alguén por aquí cunha historia que me gustaría seguir. 510 00:45:11,500 --> 00:45:12,500 Como queiras. 511 00:45:12,583 --> 00:45:15,875 Antes de marchar, como vas co señor Perna de Quenlla? 512 00:45:15,958 --> 00:45:18,708 O noso amigo do departamento forense 513 00:45:20,750 --> 00:45:22,708 enviouche isto esta tarde. 514 00:45:29,458 --> 00:45:32,625 HOME CAUCÁSICO, 30-40 ANOS, TATUAXE: "FRANKIE". 515 00:47:47,000 --> 00:47:49,916 Subtítulos: Abraham Díaz López