1 00:00:13,083 --> 00:00:16,750 DARRA, BRISBANE, 1985 2 00:00:19,000 --> 00:00:20,625 Última oportunidade 3 00:00:21,125 --> 00:00:23,958 para evitar algo moi desagradable. 4 00:00:25,250 --> 00:00:27,958 Queres dicirnos onde agochaches o resto, Lyle? 5 00:00:28,958 --> 00:00:31,083 Eli, síntoo moito, colega. 6 00:00:31,166 --> 00:00:32,208 Dimo, Lyle! 7 00:00:33,291 --> 00:00:34,625 Síntoo, Frankie. 8 00:00:41,833 --> 00:00:42,916 Sacádeo de aquí. 9 00:00:43,500 --> 00:00:48,250 Lyle! 10 00:00:49,125 --> 00:00:50,333 Merdeiro do carallo. 11 00:00:51,208 --> 00:00:52,916 Non! Non me zurredes! 12 00:00:53,000 --> 00:00:54,958 - Chamade a policía! - Veña! 13 00:00:55,041 --> 00:00:56,666 Que alguén chame a poli! 14 00:00:56,750 --> 00:01:00,208 No maleteiro non! Levádeme no asento de atrás! 15 00:01:00,291 --> 00:01:01,708 Métete, hostia! 16 00:01:01,791 --> 00:01:03,500 Quérote, Frankie! 17 00:01:03,583 --> 00:01:04,666 Cala a boca! 18 00:01:24,750 --> 00:01:26,541 Non… 19 00:01:28,208 --> 00:01:31,541 Con Ivan Kroll non se xoga, pallaso do carallo. 20 00:01:34,750 --> 00:01:35,708 Que carallo? 21 00:01:54,333 --> 00:01:55,291 Hostia! 22 00:01:57,500 --> 00:01:58,333 Esperade! 23 00:02:13,875 --> 00:02:18,291 A vida évos moi diferente nunha familia de delincuentes. 24 00:02:22,791 --> 00:02:25,708 EPISODIO UN: RAPAZ CHEIRA ALGO 25 00:02:26,291 --> 00:02:27,958 Aínda nunha vila como Darra 26 00:02:28,041 --> 00:02:31,583 hai que ir á escola, facer os deberes e obedecer os maiores. 27 00:02:32,166 --> 00:02:34,166 Pero ata eles se poden atrapallar 28 00:02:34,250 --> 00:02:37,000 e tomar decisións que os levan ó caldeiro. 29 00:02:37,500 --> 00:02:38,625 Rapaces, arriba. 30 00:02:40,208 --> 00:02:41,625 Slim chegará nun intre. 31 00:02:42,291 --> 00:02:43,125 Espertade. 32 00:02:46,791 --> 00:02:50,458 Debo evitar que miña nai e meu padrasto volvan cometer eses erros. 33 00:02:50,541 --> 00:02:52,541 Teñen que seguir polo bo camiño. 34 00:02:54,875 --> 00:02:56,875 - Mamá, sabes que? - Que? 35 00:02:56,958 --> 00:02:59,375 Slim deixarame ir pola estrada principal. 36 00:02:59,875 --> 00:03:01,208 Moi ben, confío en ti. 37 00:03:02,333 --> 00:03:04,583 Cre que conduzo moito mellor que Lyle. 38 00:03:04,666 --> 00:03:05,625 Vaia! 39 00:03:08,666 --> 00:03:09,666 Que preparas? 40 00:03:09,750 --> 00:03:13,041 Pois aínda non cho sei moi ben. 41 00:03:13,125 --> 00:03:14,250 Pregúntame logo. 42 00:03:14,916 --> 00:03:15,875 Xa ten boa pinta. 43 00:03:16,625 --> 00:03:17,750 Grazas. 44 00:03:19,125 --> 00:03:21,541 Temos a mellor nai do mundo. 45 00:03:21,625 --> 00:03:24,541 Sempre busca o mellor para min e meu irmán Gus 46 00:03:24,625 --> 00:03:26,583 e nós buscamos o mellor para ela. 47 00:03:26,666 --> 00:03:29,125 Pero ten un defecto: confía demasiado na xente. 48 00:03:29,208 --> 00:03:31,125 Ou talvez non sexa un defecto. 49 00:03:36,625 --> 00:03:38,791 Dáme que o rapaz quere conducir. 50 00:03:41,500 --> 00:03:44,666 A idea de escribir esta carta deuma Slim Halliday. 51 00:03:44,750 --> 00:03:47,875 Non sabes? O que estivo preso en Boggo Road por asasinato. 52 00:03:50,166 --> 00:03:53,458 Lyle, o noso padrasto, coñeceu a Slim na cadea 53 00:03:53,541 --> 00:03:56,333 e agora Slim fainos de canguro. 54 00:03:58,500 --> 00:04:00,166 Veña, móvete. 55 00:04:04,000 --> 00:04:06,583 Todo ben? Que anda a escribir Gus? 56 00:04:08,625 --> 00:04:11,791 O que escribe meu irmán adoita facerse realidade. 57 00:04:11,875 --> 00:04:14,958 Debe ser a persoa máis lista de toda Australia, 58 00:04:15,541 --> 00:04:18,500 pero non di palabra dende os sete anos. 59 00:04:18,583 --> 00:04:20,708 "A túa fin é un paxaro azul morto." 60 00:04:20,791 --> 00:04:21,750 A túa que? 61 00:04:21,833 --> 00:04:24,625 Non sei, nunca ten sentido ata que pasa. 62 00:04:25,375 --> 00:04:26,541 Veña, arreando. 63 00:04:26,625 --> 00:04:28,708 Lembras como era? Embrague e motor. 64 00:04:31,708 --> 00:04:34,625 Moi ben. Mete primeira. 65 00:04:35,541 --> 00:04:37,583 E devagariño co pedaliño. 66 00:04:43,875 --> 00:04:45,041 Ben feito. 67 00:04:49,458 --> 00:04:50,375 Atende! 68 00:04:50,458 --> 00:04:52,416 - Hai que ir pola estrada. - Ei! 69 00:04:53,708 --> 00:04:54,791 Sabes que? 70 00:04:54,875 --> 00:04:56,166 Así, cólleo ben. 71 00:04:56,250 --> 00:04:57,916 Cristo bendito! 72 00:04:58,000 --> 00:04:58,833 Amodo. 73 00:05:01,333 --> 00:05:03,750 Iso é conducir, agora si. 74 00:05:03,833 --> 00:05:06,125 Comecei a escribirlle a Alex Bermuda. 75 00:05:06,208 --> 00:05:09,875 Só lle quedan catro anos no caldeiro se se porta ben. 76 00:05:09,958 --> 00:05:11,541 Xa, "se se porta ben". 77 00:05:11,625 --> 00:05:13,333 Tan aburrida é a cadea? 78 00:05:13,416 --> 00:05:16,166 Como aguantaches alí 25 anos? 79 00:05:16,250 --> 00:05:17,833 Aprende a conducir, cona! 80 00:05:17,916 --> 00:05:19,833 Aprendes a controlar o tempo. 81 00:05:19,916 --> 00:05:22,000 Se te centras nos detalles, pasa lento, 82 00:05:22,083 --> 00:05:25,541 pero se estás ocupado, pasa rápido. Non che chega o día. 83 00:05:25,625 --> 00:05:26,541 Ocupado con que? 84 00:05:26,625 --> 00:05:29,791 Recolles merda de cascuda e escribes o teu nome con ela. 85 00:05:29,875 --> 00:05:32,000 Fas a cama, les un libro, 86 00:05:32,083 --> 00:05:35,291 xogas contra ti mesmo ó xadrez e logo contra o gañador. 87 00:05:36,458 --> 00:05:39,458 Vas de pesca imaxinaria a Redcliffe Jetty. 88 00:05:39,958 --> 00:05:42,208 Pescas un peixe de carallo, cocíñalo, 89 00:05:42,291 --> 00:05:43,625 gozas do solpor. 90 00:05:44,416 --> 00:05:45,916 - Frea. - Que? 91 00:05:46,000 --> 00:05:47,000 Que frees! 92 00:05:56,708 --> 00:05:58,541 Xa sabes o que é un "ceda o paso". 93 00:05:59,125 --> 00:06:02,000 Veña. Punto morto. 94 00:06:02,666 --> 00:06:03,875 Arrinca o motor. 95 00:06:03,958 --> 00:06:05,916 Devagariño co pedaliño. 96 00:06:10,541 --> 00:06:11,666 Segundo Slim, 97 00:06:11,750 --> 00:06:14,541 ir polo bo camiño é igualiño ca conducir. 98 00:06:14,625 --> 00:06:16,333 "Devagariño co pedaliño." 99 00:06:17,750 --> 00:06:19,083 Lyle! 100 00:06:19,166 --> 00:06:21,166 Lyle, víchesme conducir? 101 00:06:21,250 --> 00:06:23,000 Conducín eu soíño! 102 00:06:23,083 --> 00:06:26,750 Si, colega. Un día vas ser un condutor de moito coidado. 103 00:06:26,833 --> 00:06:29,375 - Conduce mellor ca ti, meu. - Claro, Slim. 104 00:06:30,583 --> 00:06:31,666 A verdade é que si. 105 00:06:34,291 --> 00:06:36,083 Meu, que fas esta noite? 106 00:06:36,166 --> 00:06:39,833 Frankie ten o da clase de Jane Fonda e eu teño uns asuntiños. 107 00:06:39,916 --> 00:06:42,500 Poderías botarlle un ollo ós mocosos? 108 00:06:42,583 --> 00:06:44,375 Que fagan os deberes e iso. 109 00:06:45,666 --> 00:06:47,291 Claro, cando queiras. 110 00:06:47,375 --> 00:06:48,458 Agradézocho, meu. 111 00:06:49,125 --> 00:06:52,083 Ei, pillabán, décheslle as grazas? 112 00:06:52,166 --> 00:06:54,833 - Ai! Grazas, Slim! - Tarde piaches. 113 00:06:54,916 --> 00:06:57,875 Mamá, conducín ata a cementeira! 114 00:06:57,958 --> 00:06:59,500 E aprendín a ceder o paso. 115 00:06:59,583 --> 00:07:01,250 Reláxate. 116 00:07:01,875 --> 00:07:04,083 Limpa os pés no felpudo. Non corras. 117 00:07:05,416 --> 00:07:08,833 No ámbito local, agrávanse as liortas por drogas. 118 00:07:08,916 --> 00:07:12,666 Caitlyn Spies do Courier-Mail infórmanos sobre as novas. 119 00:07:12,750 --> 00:07:16,666 Por agora só sabemos que apareceu un cadáver sen identificar… 120 00:07:16,750 --> 00:07:18,291 Eli, apaga iso. 121 00:07:18,375 --> 00:07:20,375 …nun soar abandonado en Stapleton 122 00:07:20,458 --> 00:07:22,083 co brazo dereito amputado. 123 00:07:22,166 --> 00:07:25,000 A policía liga o asasinato ós actuais conflitos 124 00:07:25,083 --> 00:07:27,000 entre narcobandas asiáticas 125 00:07:27,083 --> 00:07:31,333 e solicitan a colaboración dos cidadáns que teñan información. 126 00:07:31,416 --> 00:07:33,083 - Mamá! - Só son as novas, Eli. 127 00:07:33,166 --> 00:07:34,958 Era Caitlyn Spies. 128 00:07:35,041 --> 00:07:38,083 Coma se era Mikhaíl Gorbachov. Pasa facer os deberes. 129 00:07:40,375 --> 00:07:41,708 ELI QUERE A CAITLYN 130 00:07:41,791 --> 00:07:43,208 Cala a boca! 131 00:07:44,000 --> 00:07:45,791 Rapaces, parade! 132 00:07:45,875 --> 00:07:47,958 Eli, para! 133 00:07:49,666 --> 00:07:52,958 Lyle e eu imos saír despois. Quedades con Slim. 134 00:07:54,250 --> 00:07:55,250 A onde ides? 135 00:07:57,416 --> 00:07:58,416 Ó cine. 136 00:08:34,416 --> 00:08:36,541 Slim, saes no xornal. 137 00:08:36,625 --> 00:08:37,833 Si, xa o vin. 138 00:08:37,916 --> 00:08:41,291 - Encerroute este tipo? - Un psicópata corrupto é o que era. 139 00:08:43,125 --> 00:08:46,500 Pero entón mataches aquel taxista ou non? 140 00:08:47,166 --> 00:08:48,250 Ti que pensas? 141 00:08:49,541 --> 00:08:51,708 Non sei. Non te vexo violento. 142 00:08:52,833 --> 00:08:55,625 Nunca subestimes o que pode facer un home. 143 00:09:01,333 --> 00:09:03,791 Ti cres que Lyle volve pasar cabalo? 144 00:09:07,875 --> 00:09:10,333 Non sei. Pregúntallo a el. 145 00:09:10,916 --> 00:09:12,833 Non quería incomodalo. 146 00:09:12,916 --> 00:09:14,916 Creo que o fai o mellor que pode. 147 00:09:15,625 --> 00:09:16,791 Es un bo rapaz. 148 00:09:17,375 --> 00:09:18,291 Ti cres? 149 00:09:18,375 --> 00:09:21,208 Non metas os fociños aí, afástate dos problemas. 150 00:09:22,041 --> 00:09:24,791 E deixa a Lyle tranquilo, bastante ten co seu. 151 00:09:34,583 --> 00:09:35,833 Querido Alex: 152 00:09:35,916 --> 00:09:38,625 Na nosa familia hai moitos silencios, 153 00:09:38,708 --> 00:09:43,500 ben por protexernos entre nós, ben por non querer meternos en problemas. 154 00:09:43,583 --> 00:09:47,708 Gustaríame saber que opinas ti. É mellor falar de máis ou de menos? 155 00:09:47,791 --> 00:09:50,458 A min dáme que as dúas poden acabar moi mal. 156 00:09:50,958 --> 00:09:54,125 Querido Eli: Saúdos do teu colega Alex Bermuda 157 00:09:54,208 --> 00:09:55,750 e dos rapaces da B16. 158 00:09:56,375 --> 00:09:58,958 Alucino con que coñezas a Slim Halliday. 159 00:09:59,041 --> 00:10:01,250 Ese home éche toda unha lenda. 160 00:10:01,333 --> 00:10:04,583 No tocante a meterte en asuntos fóra do teu control, 161 00:10:04,666 --> 00:10:07,291 tiven moito tempo para pensar ben no tema. 162 00:10:07,375 --> 00:10:10,541 Somos seres sociais e queremos axudarlles ós amigos, 163 00:10:11,208 --> 00:10:14,833 pero tomamos malas decisións, deixámonos levar pola emoción. 164 00:10:15,416 --> 00:10:20,375 Por exemplo, os gardas quitáronnos a tele por unha liortiña de nada, 165 00:10:20,458 --> 00:10:22,291 e montouse unha boa. 166 00:10:25,958 --> 00:10:28,125 Como a area dun reloxo, 167 00:10:29,000 --> 00:10:31,250 así son os días da nosa vida. 168 00:10:31,833 --> 00:10:33,541 Pódennos quitar a liberdade, 169 00:10:34,125 --> 00:10:36,708 os dereitos, a humanidade… 170 00:10:37,208 --> 00:10:40,916 pero polo amor de Deus, que non nos quiten Days of our lives. 171 00:10:51,083 --> 00:10:55,541 Adeus, Ruby Tuesday. 172 00:11:02,250 --> 00:11:03,958 Vou mirar dos rapaces. 173 00:11:04,041 --> 00:11:04,875 Están ben. 174 00:12:22,416 --> 00:12:24,416 QLD ARTIGOS DEPORTIVOS E DE COIRO 175 00:12:31,166 --> 00:12:32,791 E que peli era? 176 00:12:34,833 --> 00:12:36,500 A que fostes ver onte. 177 00:12:37,416 --> 00:12:38,708 Ai, si, estivo ben. 178 00:12:38,791 --> 00:12:40,375 A forza do cariño. 179 00:12:42,875 --> 00:12:44,083 E de que vai? 180 00:12:45,916 --> 00:12:47,041 É romántica. 181 00:12:48,041 --> 00:12:51,500 - Ten un final feliz? - Feliz e triste. 182 00:12:52,375 --> 00:12:53,333 Come o almorzo. 183 00:12:53,416 --> 00:12:56,916 O meu xefe di que os teus fillos poden vir ó traballo 184 00:12:57,000 --> 00:12:59,333 para o día dos oficios da escola. Boas novas! 185 00:12:59,416 --> 00:13:01,208 Pero non somos fillos teus. 186 00:13:04,333 --> 00:13:07,416 Tamén é o "día dos mocosos insoportables", 187 00:13:07,500 --> 00:13:09,250 así que ben me valedes. 188 00:13:13,250 --> 00:13:15,791 E que che pareceu a peli de onte? 189 00:13:18,416 --> 00:13:19,958 - Cal… - A forza do cariño. 190 00:13:20,041 --> 00:13:20,958 A forza do cariño. 191 00:13:21,541 --> 00:13:23,166 Si, boísima. 192 00:13:23,250 --> 00:13:25,875 Era moi de rapazas. Que cho diga túa nai. 193 00:13:27,666 --> 00:13:28,500 Ei? 194 00:13:29,250 --> 00:13:32,125 Onde está o carallo do… Grazas. 195 00:13:32,791 --> 00:13:33,958 E o meu… 196 00:13:35,208 --> 00:13:36,166 Es a mellor. 197 00:13:37,291 --> 00:13:39,833 Lisco. Que vaia ben na escola, rapaces. 198 00:13:39,916 --> 00:13:42,083 Sabes que é fisicamente imposible. 199 00:13:42,166 --> 00:13:45,791 Seino, por iso é a mellor preparación para a vida, colega. 200 00:13:58,666 --> 00:14:00,583 Estará traficando outra vez? 201 00:14:01,666 --> 00:14:03,416 Eu penso que si. 202 00:14:05,708 --> 00:14:07,708 FAINA FELIZ! 203 00:14:07,833 --> 00:14:09,875 Se volve meter cabalo, non. 204 00:14:36,916 --> 00:14:38,250 Collemos un atallo? 205 00:14:47,291 --> 00:14:50,291 Lisca, Astro Boy! Este sitio é noso. 206 00:14:51,333 --> 00:14:53,000 Veña, Gus. Déixao. 207 00:14:55,125 --> 00:14:56,208 Iso, arreando. 208 00:15:15,791 --> 00:15:18,625 Gus, verdade? Non nos víramos aínda. 209 00:15:18,708 --> 00:15:21,750 Son Poppy Birkbeck, a orientadora. Podes sentar. 210 00:15:24,541 --> 00:15:25,750 Debo dicir 211 00:15:26,416 --> 00:15:29,958 que lles deches moito que cavilar ás miñas predecesoras. 212 00:15:31,333 --> 00:15:34,541 Todas conviñan en que non che pasa nada fisicamente. 213 00:15:34,625 --> 00:15:35,916 Tes o oído perfecto 214 00:15:36,625 --> 00:15:39,000 e obviamente o cerebro tamén, 215 00:15:39,083 --> 00:15:41,000 a xulgar polas túas notas. 216 00:15:41,875 --> 00:15:46,166 Seica só temos problemas coa fala. 217 00:15:51,416 --> 00:15:54,208 Pregúntome se os teus debuxos nos dirán algo. 218 00:15:57,583 --> 00:15:59,083 A túa natureza morta. 219 00:16:04,208 --> 00:16:06,916 E a túa natureza morta floral. 220 00:16:07,916 --> 00:16:09,958 En moitos destes debuxos 221 00:16:10,625 --> 00:16:12,375 aparece este coche. 222 00:16:14,000 --> 00:16:16,083 O teu debuxo familiar: A despedida. 223 00:16:17,750 --> 00:16:19,541 Os nenos de atrás, 224 00:16:20,458 --> 00:16:22,250 sodes ti e teu irmán? 225 00:16:26,291 --> 00:16:27,541 Cara a onde ides? 226 00:16:32,166 --> 00:16:33,958 Se non podes dicilo, escríbeo. 227 00:16:34,958 --> 00:16:37,250 Ou debúxao. 228 00:16:37,916 --> 00:16:39,833 Sei que che parece inútil, Gus, 229 00:16:39,916 --> 00:16:42,875 pero creo que ti e teu irmán tedes moito potencial, 230 00:16:42,958 --> 00:16:45,916 se non fose por algún trauma do pasado. 231 00:16:46,708 --> 00:16:50,541 Pode ser a drogadicción da vosa nai, que deixara o voso pai, 232 00:16:50,625 --> 00:16:53,458 ou outra cousa que prefires non contar. 233 00:16:53,958 --> 00:16:56,333 Pensas que o silencio te protexe a ti. 234 00:16:57,000 --> 00:16:58,166 Ou a outra persoa. 235 00:16:59,541 --> 00:17:02,458 Debo dicir que o silencio rara vez protexe. 236 00:17:03,583 --> 00:17:05,000 Máis ben o contrario. 237 00:17:11,500 --> 00:17:13,458 Debúxame o que agochas, Gus. 238 00:18:25,916 --> 00:18:27,041 Ei, Bela Durminte. 239 00:18:27,666 --> 00:18:30,375 Darren quere verte detrás do laboratorio. 240 00:18:41,833 --> 00:18:43,375 Todo ben, Gus? 241 00:19:06,500 --> 00:19:07,916 Ola. Que pasa? 242 00:19:09,416 --> 00:19:11,250 Estende as mans e pecha os ollos. 243 00:19:13,833 --> 00:19:17,375 Dixo que as estendas. Vanche mal os miolos ou que? 244 00:19:31,541 --> 00:19:32,750 Cago na cona! 245 00:19:37,208 --> 00:19:40,583 - Agárraa. - Fai o que che di, Beliña. 246 00:19:45,708 --> 00:19:48,666 Estíraa máis. Unha man no pescozo e outra na cola. 247 00:19:49,458 --> 00:19:50,375 Na papeleira. 248 00:19:51,125 --> 00:19:54,333 Agárralle ben a cola. Pecha ben o puño. 249 00:19:54,916 --> 00:19:57,416 Que vas… Hostia, carallo! 250 00:19:59,250 --> 00:20:02,583 É do meu avó. Aceiro de samurai. 251 00:20:02,666 --> 00:20:04,208 Es de Vietnam, Darren. 252 00:20:04,291 --> 00:20:07,083 Que vas descender ti dun samurai? 253 00:20:07,958 --> 00:20:12,250 Pois, amigo meu, iso é o que imos descubrir. 254 00:20:13,083 --> 00:20:14,708 Cristo bendito. 255 00:20:14,791 --> 00:20:17,000 Non mexes os pantalóns. Teño práctica. 256 00:20:19,041 --> 00:20:22,333 Non movas un pelo e non pasará nada malo. 257 00:20:22,916 --> 00:20:24,333 Darren, estás tolo. 258 00:20:24,416 --> 00:20:26,291 O ollo da mente veo todo. 259 00:20:26,375 --> 00:20:28,541 Vasme cortar a cabeza ou unha man! 260 00:20:28,625 --> 00:20:31,666 - Os guerreiros non dubidan. - Vante meter nun centro! 261 00:20:35,583 --> 00:20:37,083 Rapaces, que facedes aí? 262 00:20:44,708 --> 00:20:47,000 Que carallo pasou aquí? 263 00:20:50,000 --> 00:20:52,416 Esas ratas son propiedade da escola. 264 00:20:53,583 --> 00:20:54,666 Ven aquí, meu rei. 265 00:20:56,416 --> 00:20:58,250 Dime unha cousa, Eli Bell. 266 00:20:59,083 --> 00:21:00,500 Nun país coma o noso, 267 00:21:00,583 --> 00:21:02,666 cunha natureza tan privilexiada, 268 00:21:02,750 --> 00:21:06,625 por que ós rapaces lles gustan tanto os crimes e as falcatruadas? 269 00:21:07,708 --> 00:21:08,916 Non sei, señor, pero… 270 00:21:09,000 --> 00:21:11,541 Eu creo que precisades máis exercicio. 271 00:21:12,958 --> 00:21:15,916 Que facían os teus amigos detrás do laboratorio? 272 00:21:16,000 --> 00:21:16,833 Fumar? 273 00:21:17,625 --> 00:21:18,916 Estabades a tocarvos? 274 00:21:19,000 --> 00:21:21,708 Non son amigos meus, señor. Eu estaba… 275 00:21:21,791 --> 00:21:25,458 Non me mintas, Eli. Non se che dá ben. 276 00:21:26,291 --> 00:21:27,791 Quen máis estaba contigo? 277 00:21:28,583 --> 00:21:30,708 Creo que eran doutra escola. 278 00:21:30,791 --> 00:21:33,666 Un grande e gordo, o outro un vietnamita pequeniño. 279 00:21:33,750 --> 00:21:36,875 Describiches a metade do alumnado de educación física. 280 00:21:37,666 --> 00:21:39,291 Quero nomes. 281 00:21:46,708 --> 00:21:47,916 Baixa as calzas. 282 00:21:48,000 --> 00:21:49,416 As que, señor? 283 00:21:49,500 --> 00:21:50,708 As bermudas. 284 00:21:59,666 --> 00:22:00,958 Moi ben, inclínate. 285 00:22:02,333 --> 00:22:03,708 Veña! Inclínate. 286 00:22:05,125 --> 00:22:08,625 Non che vou dicir que non vai doer, porque esa é a gracia. 287 00:22:09,916 --> 00:22:14,291 O castigo cesará cando me digas o nome dos confabuladores. 288 00:22:14,375 --> 00:22:15,500 Dos que, señor? 289 00:22:15,583 --> 00:22:18,875 Falo chinés ou que? Dos teus cómplices. 290 00:22:19,708 --> 00:22:21,791 - Dos teus secuaces! - Xesús! 291 00:22:21,875 --> 00:22:24,083 Xesús, ata onde eu sei, 292 00:22:24,791 --> 00:22:27,791 non era gordo nin vietnamita. 293 00:22:29,958 --> 00:22:31,291 Temos algún nome? 294 00:22:34,708 --> 00:22:39,041 Cos abusóns só se pode actuar de dúas maneiras. 295 00:22:39,125 --> 00:22:43,958 Ou te mantés ben lonxe deles ou colles a vaca polos cornos. 296 00:22:52,500 --> 00:22:56,416 O problema coa segunda opción é que nunca sabes como acaba. 297 00:22:57,041 --> 00:23:01,666 Canto menos tempo me queda para saír, máis sigo o código dos presos. 298 00:23:02,333 --> 00:23:05,166 Vai ó teu, non delates os compañeiros 299 00:23:05,666 --> 00:23:07,208 pecha o peteiro. 300 00:23:10,750 --> 00:23:13,541 O teu silencio é admirable, mais desacertado. 301 00:23:14,791 --> 00:23:18,333 Eu xa coñezo a resposta, só quero que ma digas ti. 302 00:23:22,875 --> 00:23:23,791 Moi ben. 303 00:23:39,583 --> 00:23:42,125 Mamá, Lyle? 304 00:23:50,583 --> 00:23:51,416 Mamá? 305 00:24:09,083 --> 00:24:11,375 Gus, non deberiamos. 306 00:24:24,583 --> 00:24:26,916 Lyle vainos matar se nos ve aquí. 307 00:24:31,583 --> 00:24:33,250 Gus, que non! 308 00:24:33,333 --> 00:24:35,500 Ninguén entrou aquí dende o de mamá. 309 00:24:57,333 --> 00:24:58,416 Volve. 310 00:24:58,500 --> 00:25:00,875 - Que facemos con mamá? - Síntoo, colega. 311 00:25:00,958 --> 00:25:03,541 - Lyle! - Volverei, prométocho. 312 00:25:05,750 --> 00:25:07,250 Lyle! 313 00:25:07,333 --> 00:25:11,000 Teño que ir polo bo camiño. Volverei, prométocho, colega. 314 00:25:11,083 --> 00:25:12,125 Síntoo, colega! 315 00:25:12,208 --> 00:25:13,708 Lyle! 316 00:25:24,208 --> 00:25:25,375 Gus! 317 00:25:25,958 --> 00:25:27,375 Gus, volveu Lyle! 318 00:25:30,458 --> 00:25:32,291 - Lyle! - Boas! 319 00:25:32,916 --> 00:25:33,791 Ola, colega! 320 00:25:35,916 --> 00:25:37,083 Déixame verte ben. 321 00:25:41,458 --> 00:25:42,541 E Frankie que tal? 322 00:25:42,625 --> 00:25:43,666 Segue mal. 323 00:25:44,541 --> 00:25:46,666 Vale, pois imos poñela ben. 324 00:25:48,833 --> 00:25:51,583 Rapaces… 325 00:25:52,166 --> 00:25:53,125 Rapaces! 326 00:25:55,125 --> 00:25:57,000 Rapaces! 327 00:26:03,375 --> 00:26:06,458 Imbécil do carallo! Merda! 328 00:26:08,041 --> 00:26:11,083 Porco de merda! Hostia! 329 00:26:11,166 --> 00:26:14,250 Ódiote, cabrón! 330 00:26:21,250 --> 00:26:24,625 Rapaces, axudádeme! Rapaces! 331 00:26:25,125 --> 00:26:29,250 Non me fagades isto. 332 00:26:29,333 --> 00:26:31,750 - Por favor. - Todo vai saír ben, rapaces. 333 00:26:31,833 --> 00:26:33,666 Rapaces. 334 00:26:36,833 --> 00:26:39,541 Sei que me oídes, hostia! 335 00:26:43,625 --> 00:26:46,625 Que che dean! Que vos dean a todos! 336 00:26:46,708 --> 00:26:49,125 Que vos dean, hostia! 337 00:26:58,125 --> 00:26:59,791 Como coñecías isto? 338 00:27:32,625 --> 00:27:34,000 Que loucura. 339 00:27:35,541 --> 00:27:36,416 AGARDA! 340 00:27:36,500 --> 00:27:39,166 A que? Agardar a que? 341 00:28:02,625 --> 00:28:03,500 Non o collas! 342 00:28:08,333 --> 00:28:09,333 Eli. 343 00:28:19,125 --> 00:28:21,125 - Eli? - Quen é? 344 00:28:22,125 --> 00:28:23,625 Tes tres oportunidades. 345 00:28:24,250 --> 00:28:26,541 Nin idea. Es Alex? 346 00:28:26,625 --> 00:28:28,083 Hai un millón de Alexes. 347 00:28:28,166 --> 00:28:30,958 Carteámonos. É un preso de Boggo Road. 348 00:28:31,041 --> 00:28:34,125 - Presentoumo Slim. - Se es amigo do asasino do taxista… 349 00:28:34,208 --> 00:28:35,333 Non o matou el! 350 00:28:35,416 --> 00:28:37,625 É o teu canguro, que che vai dicir? 351 00:28:37,708 --> 00:28:40,250 Mamá di que non e ela non mente. 352 00:28:40,333 --> 00:28:43,375 Todo o mundo mente, santos e pecadores. 353 00:28:44,250 --> 00:28:47,666 A clave é distinguilos. Boa sorte, Eli. 354 00:28:48,916 --> 00:28:50,458 Máis vos vale non estar aí. 355 00:28:54,000 --> 00:28:55,916 Non! Veña, Gus. 356 00:28:56,916 --> 00:28:59,375 Trastes do carallo! Subide agora mesmo! 357 00:28:59,458 --> 00:29:01,458 - Corre, Gus! - Quieto, Gus! 358 00:29:01,541 --> 00:29:03,541 - Eli! - Veña, Gus, bule! 359 00:29:03,625 --> 00:29:05,833 Que subades agora mesmo, mocosos! 360 00:29:05,916 --> 00:29:06,791 Que foi? 361 00:29:06,875 --> 00:29:09,625 Os putos cativos van polo túnel de emerxencia! 362 00:29:09,708 --> 00:29:12,250 Abonda, rapaces. Metéstesvos nunha boa. 363 00:29:13,916 --> 00:29:14,958 Que vas facer? 364 00:29:15,916 --> 00:29:18,541 Se non se sepultan vivos, heinos matar eu. 365 00:29:18,625 --> 00:29:21,333 Lyle, non te pases. 366 00:29:21,416 --> 00:29:23,333 Gus, agarda! 367 00:29:24,375 --> 00:29:25,583 Gus. 368 00:29:26,458 --> 00:29:27,708 Gus! 369 00:29:27,791 --> 00:29:30,583 Gus, quedei atrapado! Ven. 370 00:29:33,833 --> 00:29:36,208 Ti mira por que estean ben, vale? 371 00:29:40,583 --> 00:29:42,583 Aquí hai algo… Cheira a caca! 372 00:29:44,250 --> 00:29:45,125 Onde estamos? 373 00:29:45,958 --> 00:29:48,166 Onde vos merecedes, papamerdas. 374 00:29:48,250 --> 00:29:50,541 Tivestes sorte de non morrer sepultados. 375 00:29:50,625 --> 00:29:51,583 Veña, saíde. 376 00:29:51,666 --> 00:29:54,583 - Vasnos dar unha tunda. - E das boas, colega. 377 00:29:54,666 --> 00:29:56,458 - Pois que che dean. - Non xures! 378 00:29:56,541 --> 00:29:59,291 - E ti que? - Pero eu son adulto, non? 379 00:29:59,375 --> 00:30:03,000 Ti saberás, Lyle. Os adultos aprenden dos seus erros. 380 00:30:03,083 --> 00:30:05,458 Ti e mamá pasades outra vez, non si? 381 00:30:06,708 --> 00:30:09,375 Por que non llo anuncias a todo o barrio? 382 00:30:13,500 --> 00:30:18,083 Veña, hostia. Agarrádevos aí antes de pillardes polio ou hepatite. 383 00:30:18,166 --> 00:30:20,583 Vai cagar. Falamos co tipo ese por teléfono. 384 00:30:20,666 --> 00:30:23,041 - Como sabe como me chamo? - Que tipo? 385 00:30:23,125 --> 00:30:25,583 Non hai ninguén ó teléfono. Non ten nin liña. 386 00:30:25,666 --> 00:30:28,416 Gus e eu merecemos respostas! 387 00:30:28,500 --> 00:30:30,291 O que merecedes é quedar aí 388 00:30:30,375 --> 00:30:33,625 ata que ti, señorito, aprendas a comportarte. 389 00:30:38,791 --> 00:30:40,708 Lyle enganchou a mamá outra vez? 390 00:30:43,875 --> 00:30:45,166 Puto Lyle do carallo. 391 00:30:51,833 --> 00:30:53,541 Eli! 392 00:30:54,541 --> 00:30:56,375 Eli! 393 00:30:57,291 --> 00:30:59,458 Deixádea berrar, que desafogue. 394 00:31:00,250 --> 00:31:04,416 Sei que é difícil, pero tócanos agardar, vale? 395 00:31:04,500 --> 00:31:07,125 Quere matarme, Eli. 396 00:31:07,833 --> 00:31:10,916 Chamade a policía! Quere matarme. 397 00:31:11,000 --> 00:31:13,958 Chamádea e dicide que me quere matar. 398 00:31:25,958 --> 00:31:27,458 Eli. 399 00:31:29,166 --> 00:31:30,791 Eli! 400 00:31:31,375 --> 00:31:33,000 Non podes axudarlle, colega. 401 00:34:22,708 --> 00:34:23,541 Ola. 402 00:34:29,416 --> 00:34:30,291 Grupal… 403 00:34:32,208 --> 00:34:33,875 Aperta grupal. 404 00:34:49,458 --> 00:34:50,916 Pensas que xa marchou? 405 00:35:00,416 --> 00:35:01,625 Síntoo, Frankie. 406 00:35:03,833 --> 00:35:05,750 Isto de ir de pai non é o meu. 407 00:35:07,083 --> 00:35:07,916 Non tal. 408 00:35:09,333 --> 00:35:10,625 Dáseche xenial, Lyle. 409 00:35:17,333 --> 00:35:21,083 Estariamos ata o pescozo de merda sen o fogar que nos deches. 410 00:35:22,916 --> 00:35:25,666 - Eu non lle chamaría fogar. - Pois éo. 411 00:35:28,250 --> 00:35:29,750 Os rapaces adórante. 412 00:35:31,708 --> 00:35:33,458 E a min algo tamén me gustas. 413 00:35:39,791 --> 00:35:42,333 Veña, súbeme. Veña, Gus. 414 00:35:43,625 --> 00:35:45,250 Non , Gus! Vou caer! 415 00:35:45,333 --> 00:35:46,166 Gus! 416 00:35:49,208 --> 00:35:50,583 Veña, Gus, empurra! 417 00:35:54,583 --> 00:35:57,083 Non atopo nin os botóns! 418 00:36:14,375 --> 00:36:16,041 Aprendestes a lección? 419 00:36:16,666 --> 00:36:18,208 Lyle segue cabreado? 420 00:36:18,291 --> 00:36:20,416 Xa se calmou. Está co fútbol. 421 00:36:20,500 --> 00:36:22,083 Non nos vai dar unha tunda? 422 00:36:23,666 --> 00:36:25,458 Se lle pedides perdón, non. 423 00:36:37,791 --> 00:36:40,458 "Efecto de arrincar", dez letras. 424 00:36:40,541 --> 00:36:44,500 Algo, algo, "P", algo, "C". 425 00:36:48,250 --> 00:36:49,541 Amputación. 426 00:36:49,625 --> 00:36:50,500 Mamá. 427 00:36:51,750 --> 00:36:53,875 Prométeme que ti e Lyle non vos metedes. 428 00:36:55,958 --> 00:36:56,958 Prométocho. 429 00:37:03,458 --> 00:37:06,458 "Apreixo familiar", seis e cinco. 430 00:37:07,000 --> 00:37:07,833 Perdoa. 431 00:37:11,958 --> 00:37:12,791 Boas noites. 432 00:37:17,750 --> 00:37:19,833 Por que fuxiches de papá? 433 00:37:20,541 --> 00:37:22,083 Eli, é tarde. 434 00:37:22,583 --> 00:37:24,666 Agora non quero falar de Robert. 435 00:37:25,625 --> 00:37:27,541 Portouse mal, non? 436 00:37:29,458 --> 00:37:31,375 Todos nos portamos mal ás veces. 437 00:37:33,833 --> 00:37:37,208 O alcoholismo é unha enfermidade. Non estaba ben. 438 00:37:39,541 --> 00:37:40,750 Pero era bo home? 439 00:37:42,041 --> 00:37:43,291 Era bo bailarín. 440 00:37:45,250 --> 00:37:48,375 - Parecíase máis a Gus ou a min? - Non sei, Eli. 441 00:37:49,916 --> 00:37:52,208 Parecíase… ós dous. 442 00:37:54,166 --> 00:37:55,833 Ás veces daba medo? 443 00:37:57,625 --> 00:37:59,083 Coma Gus? 444 00:37:59,166 --> 00:38:00,250 Gus non dá medo. 445 00:38:00,750 --> 00:38:01,583 Si que dá. 446 00:38:01,666 --> 00:38:04,375 Dá? Por que o dis? 447 00:38:04,458 --> 00:38:08,541 Non sei, polo que escribe no aire co dedo máxico. 448 00:38:09,041 --> 00:38:14,125 É coma se viaxase no tempo e puidese enviar mensaxes dende o futuro. 449 00:38:15,541 --> 00:38:16,583 Ó mellor pode. 450 00:38:17,625 --> 00:38:19,500 Consideraches esa posibilidade? 451 00:38:21,458 --> 00:38:24,625 O que sei é que te quere máis ca nada no mundo. 452 00:38:25,291 --> 00:38:29,583 Cando naciches gardaba o berce coma se toda a vida humana dependese diso. 453 00:38:30,416 --> 00:38:32,500 Nunca has ter un amigo mellor. 454 00:38:35,208 --> 00:38:36,625 Nin unha nai mellor. 455 00:38:40,541 --> 00:38:41,375 Non, ho. 456 00:38:43,250 --> 00:38:46,500 Creo que ando por baixo da media, pero grazas. 457 00:38:46,583 --> 00:38:49,375 Non, es demasiado boa para esta merda de sitio. 458 00:38:49,458 --> 00:38:51,750 Demasiado boa para papá e para Lyle. 459 00:38:51,833 --> 00:38:52,666 Non digas iso. 460 00:38:52,750 --> 00:38:57,500 Poderías ser mestra ou orientadora escolar e non vivir cun ninguén que pasa heroína. 461 00:38:57,583 --> 00:38:58,583 Abonda. 462 00:38:58,666 --> 00:38:59,708 Pasa para a cama. 463 00:39:57,666 --> 00:39:58,875 Vouno seguir. 464 00:39:59,750 --> 00:40:01,833 A ver a onde vai. Queres vir? 465 00:40:03,041 --> 00:40:04,958 NON TE METAS 466 00:41:33,708 --> 00:41:34,541 Non te movas. 467 00:41:38,125 --> 00:41:42,833 Bela, ti cres que un ninja levaría un pixama azul con medio cu de fóra? 468 00:41:42,916 --> 00:41:46,125 Ese cuíño branco australiano brilla coma un puto faro. 469 00:41:47,208 --> 00:41:48,041 Ola, Darren. 470 00:41:48,125 --> 00:41:51,291 Se che corto a cabeza, o cerebro sobrevive tres minutos. 471 00:41:51,375 --> 00:41:54,000 Poderías falar ata quedar inconsciente. 472 00:41:55,083 --> 00:41:56,583 Iso non é verdade. 473 00:41:57,083 --> 00:41:58,375 Comprobémolo. 474 00:42:02,958 --> 00:42:04,333 Cagaches por ti? 475 00:42:04,416 --> 00:42:05,541 Case. 476 00:42:08,541 --> 00:42:09,583 Que fai aquí Lyle? 477 00:42:11,208 --> 00:42:13,791 Creo que vén pola heroína de túa nai. 478 00:42:16,083 --> 00:42:19,416 Moi ben, Beliña. Quen máis sabe a que anda? 479 00:42:21,750 --> 00:42:23,208 Talvez o do teléfono. 480 00:42:23,875 --> 00:42:25,291 O do teléfono? Quen? 481 00:42:25,375 --> 00:42:28,083 Había un tipo ó teléfono. Falei con el sen querer. 482 00:42:29,166 --> 00:42:31,250 Semellaba estar ó tanto de todo. 483 00:42:31,333 --> 00:42:32,708 Sería Ivan Kroll. 484 00:42:33,375 --> 00:42:36,458 - Quen é Ivan Kroll? - Un cabrón que vai en moto. 485 00:42:36,958 --> 00:42:39,250 Oíches o do cadáver sen brazo? 486 00:42:39,750 --> 00:42:41,166 Houbo ser cousa de Ivan. 487 00:42:43,166 --> 00:42:44,375 Queres comer algo? 488 00:42:45,625 --> 00:42:47,416 - Estou ben. - Entra, anda. 489 00:42:50,000 --> 00:42:51,458 Non me sexas maleducado. 490 00:42:58,500 --> 00:42:59,916 Saca os zapatos, pailán. 491 00:43:06,791 --> 00:43:07,916 Mira isto. 492 00:43:18,416 --> 00:43:20,208 Veña, bota un ollo. 493 00:43:28,750 --> 00:43:31,166 …podre de cartos. É do mellor. 494 00:43:31,250 --> 00:43:33,125 Dende cando volve pasar Lyle? 495 00:43:33,208 --> 00:43:36,708 Pensas que o deixou algunha vez? Só subiu de nivel. 496 00:43:37,833 --> 00:43:38,916 Vaia merda, eh? 497 00:43:39,416 --> 00:43:42,333 Pensar que es dos bos e descubrir que es dos malos. 498 00:43:42,416 --> 00:43:43,291 Darren! 499 00:43:47,916 --> 00:43:49,500 Ven, haslle caer ben. 500 00:43:51,583 --> 00:43:53,458 Atopei un espía no xardín. 501 00:43:54,166 --> 00:43:58,166 - O que non soltou can da rata. - Eli, que fas aquí? 502 00:44:00,000 --> 00:44:01,083 Invitoume Darren. 503 00:44:01,166 --> 00:44:03,083 É a 01:00. Pasa para a casa! 504 00:44:03,666 --> 00:44:06,458 - Moi ben. - Sempre te rendes tan axiña? 505 00:44:10,083 --> 00:44:11,416 Por que viñeches aquí? 506 00:44:12,791 --> 00:44:14,291 Porque é idiota. 507 00:44:15,333 --> 00:44:16,666 Só seguía a Lyle. 508 00:44:18,916 --> 00:44:19,791 E iso? 509 00:44:23,625 --> 00:44:25,333 Queres preguntarlle algo. 510 00:44:25,416 --> 00:44:28,125 - Veña, xa abonda. - Eu digo cando abonda. 511 00:44:30,625 --> 00:44:31,625 Fantástico. 512 00:44:34,458 --> 00:44:35,500 Ven aquí, rapaz. 513 00:44:38,958 --> 00:44:40,000 Achégate. 514 00:44:42,416 --> 00:44:44,083 Por que non lle fas a Lyle 515 00:44:44,708 --> 00:44:46,708 esa pregunta tan importante? 516 00:44:48,458 --> 00:44:51,750 Asegurareime de que sexa sincero. 517 00:44:59,500 --> 00:45:01,125 Por que traficas outra vez? 518 00:45:03,750 --> 00:45:06,125 - Por cartos. - E por que somos pobres? 519 00:45:06,208 --> 00:45:07,625 Unha pregunta, dixen. 520 00:45:09,583 --> 00:45:11,000 Agora tócame a min. 521 00:45:13,458 --> 00:45:16,125 Por que non delataches o meu fillo? 522 00:45:19,333 --> 00:45:23,166 É o código dos presos. Vai ó teu e pecha o peteiro. 523 00:45:28,041 --> 00:45:29,500 Telo ben educado. 524 00:45:33,833 --> 00:45:35,416 Podedes marchar. 525 00:45:35,500 --> 00:45:36,666 Moi ben. 526 00:45:36,750 --> 00:45:38,458 Tráeno cando queiras. 527 00:45:38,541 --> 00:45:41,458 Ó mellor temos algún traballiño por aí. 528 00:45:41,958 --> 00:45:43,000 Moi ben, grazas. 529 00:45:43,916 --> 00:45:44,750 Eli? 530 00:45:45,666 --> 00:45:48,000 Cando di que o fai por cartos, 531 00:45:48,083 --> 00:45:50,416 os cartos son para a túa familia. 532 00:45:51,708 --> 00:45:54,291 Faino porque vos quere. 533 00:46:03,916 --> 00:46:05,041 E ti, á cama. 534 00:46:12,000 --> 00:46:12,833 Lyle. 535 00:46:14,791 --> 00:46:15,875 Lyle, volve. 536 00:46:17,750 --> 00:46:19,000 Por favor, Lyle! 537 00:46:19,083 --> 00:46:21,291 Non volvas seguirme, oíches? 538 00:46:22,000 --> 00:46:24,333 Lyle! 539 00:46:24,416 --> 00:46:25,750 Que vergoña! 540 00:46:25,833 --> 00:46:28,750 Dáche vergoña? Lyle, es un puto camelo! 541 00:46:28,833 --> 00:46:31,166 Que carallo pasa contigo e mamá? 542 00:46:31,250 --> 00:46:34,583 "Fai os deberes! Come o brócoli! Limpa a cociña!" 543 00:46:34,666 --> 00:46:36,916 Mamá é adicta 544 00:46:37,000 --> 00:46:39,375 e ti es o imbécil que a enganchou! 545 00:46:41,958 --> 00:46:43,333 Veña, arreando, colega. 546 00:46:44,500 --> 00:46:47,000 Que fas, Eli? Érguete. 547 00:46:48,083 --> 00:46:49,375 - Érguete! - Non podo. 548 00:46:49,458 --> 00:46:51,666 Vasme tirar outra vez. 549 00:46:54,125 --> 00:46:56,916 Non chores, maricallas. Por que choras? 550 00:46:57,000 --> 00:46:58,500 Non sei. 551 00:46:59,333 --> 00:47:01,833 Teño moitas bágoas dentro. 552 00:47:02,541 --> 00:47:03,583 Non podo evitalo. 553 00:47:09,083 --> 00:47:11,333 Toma, límpate. 554 00:47:12,958 --> 00:47:13,791 Cólleo. 555 00:47:34,041 --> 00:47:37,500 Sei que pasar cabalo é un xeito de merda de gañar a vida, 556 00:47:37,583 --> 00:47:40,250 pero ninguén se fai rico dobrando o lombo. 557 00:47:41,500 --> 00:47:44,166 - Darren dixo o mesmo. - Ai, si? 558 00:47:44,666 --> 00:47:45,666 Sinceramente, 559 00:47:47,375 --> 00:47:50,125 non tardaremos en marchar deste sitio, colega. 560 00:47:50,625 --> 00:47:53,208 As cousas van mellorar, prométocho. 561 00:47:53,291 --> 00:47:56,916 As cousas van mellorar tanto que esquecerás que foron mal. 562 00:48:03,833 --> 00:48:06,250 Sabes por que choras tan facilmente? 563 00:48:07,833 --> 00:48:09,125 Por ser un maricallas? 564 00:48:09,208 --> 00:48:13,833 Non, porque es un bo rapaz. Nunca te avergoñes de chorar. 565 00:48:15,041 --> 00:48:16,791 Choras porque che importa. 566 00:48:17,833 --> 00:48:19,666 Quen non chora, pasa de todo. 567 00:48:19,750 --> 00:48:23,375 E sabe Deus que no mundo sobran fillos de puta deses. 568 00:48:30,458 --> 00:48:31,291 Estás mellor? 569 00:48:33,583 --> 00:48:34,791 Acabaches de chorar? 570 00:48:35,333 --> 00:48:36,166 Acabei. 571 00:48:41,875 --> 00:48:43,208 Vamos á casa logo. 572 00:48:57,208 --> 00:48:59,208 Directo á cama, vale, colega? 573 00:49:28,291 --> 00:49:29,125 Ei. 574 00:49:30,541 --> 00:49:34,041 Mamá non se volve drogar, pero Lyle trafica como pensabamos. 575 00:49:34,125 --> 00:49:36,000 E Bich Dang ofreceume traballo. 576 00:49:36,083 --> 00:49:37,583 Creo que lle podemos axudar. 577 00:49:38,083 --> 00:49:41,375 Podemos traballar todos xuntos e facernos de ouro. 578 00:49:41,916 --> 00:49:44,916 Reunir por fin os cartos para sacar a mamá de aquí. 579 00:49:47,916 --> 00:49:49,041 Que che parece? 580 00:50:08,166 --> 00:50:12,250 RAPAZ TRAGA UNIVERSO 581 00:50:13,416 --> 00:50:14,875 Mañá vou estar morto. 582 00:50:57,375 --> 00:51:00,875 É unha proba. E se é doada, non vale para nada. 583 00:51:00,958 --> 00:51:02,375 Esta é a túa. 584 00:51:05,208 --> 00:51:06,250 Bobby! 585 00:51:07,166 --> 00:51:10,291 Mira que contenta está túa nai. Quen ía botalo a perder? 586 00:51:10,375 --> 00:51:11,750 O teu pai é Robert. 587 00:51:11,833 --> 00:51:13,208 Estás ben, papá? 588 00:51:14,208 --> 00:51:15,875 Todo vai mellorar, Frankie. 589 00:51:15,958 --> 00:51:18,125 Tanto que esquecerás que estivo mal. 590 00:51:18,208 --> 00:51:21,083 Ivan Kroll é un coco para metelos a todos en cintura. 591 00:51:23,083 --> 00:51:24,666 Sabes algo de Lyle? 592 00:51:24,750 --> 00:51:27,375 Non, pero atopareino antes de que o manquen. 593 00:51:29,958 --> 00:51:32,291 Ás veces ten que ir mal para que vaia ben. 594 00:51:32,375 --> 00:51:36,791 Prométolles que a nosa misión sagrada non fixo máis que comezar. 595 00:51:36,875 --> 00:51:37,916 Onde está mamá? 596 00:51:38,000 --> 00:51:39,833 Túa nai está no cárcere. 597 00:51:39,916 --> 00:51:41,333 Quero ver os meus fillos! 598 00:51:41,416 --> 00:51:43,666 - Es de verdade? - Non é un soño, mamá. 599 00:51:43,750 --> 00:51:46,791 Estamos sós, Gus. Ninguén nos vai axudar. 600 00:51:48,791 --> 00:51:51,208 Caitlyn Spies? Son Eli Bell. 601 00:51:51,291 --> 00:51:54,041 Ti e mais eu somos a luz do día. 602 00:51:54,125 --> 00:51:57,833 Que os rapaces saian do cosco é algo do que estar orgullosos. 603 00:51:57,916 --> 00:52:00,000 Ser humano implica dor e pracer. 604 00:52:00,083 --> 00:52:02,250 Se non doe, non é a vida real, colega. 605 00:52:07,125 --> 00:52:09,000 Só tes que crer. 606 00:52:11,208 --> 00:52:14,333 "RAPAZ TRAGA UNIVERSO" 607 00:52:19,416 --> 00:52:21,333 BASEADO NO LIBRO DE TRENT DALTON 608 00:54:25,416 --> 00:54:27,833 Subtítulos: Abraham Díaz López