1 00:00:23,875 --> 00:00:26,041 - Cabaleiro. - Grazas. 2 00:00:27,750 --> 00:00:30,125 Queren asinar o libro de condolencias? 3 00:00:30,708 --> 00:00:31,541 Asinarei eu. 4 00:01:02,958 --> 00:01:07,041 Slim sostivo durante toda a súa longa condena 5 00:01:07,125 --> 00:01:10,708 que era inocente do crime do que o culparan. 6 00:01:10,791 --> 00:01:14,208 Porén, tamén cría que merecía esa sentenza 7 00:01:14,291 --> 00:01:18,250 por mor de anteriores delitos que non foran castigados. 8 00:01:19,041 --> 00:01:22,083 "Se ti non as pagas, págachas o tempo" 9 00:01:22,750 --> 00:01:25,000 é o epitafio que el mesmo escolleu. 10 00:01:26,083 --> 00:01:30,083 Creo que nos quería transmitir que ningún de nós pasa pola vida 11 00:01:30,166 --> 00:01:34,500 sen cometer certos actos dos que podemos avergoñarnos. 12 00:01:35,375 --> 00:01:37,750 Porén, mentres vivamos, teremos tempo 13 00:01:37,833 --> 00:01:41,333 para corrixir ditas transgresións. 14 00:01:41,416 --> 00:01:44,958 Agora reproduciremos unha das cancións favoritas de Slim. 15 00:01:48,833 --> 00:01:51,375 Se te necesitase, 16 00:01:51,458 --> 00:01:54,208 virías canda min? 17 00:01:55,166 --> 00:01:57,500 Virías canda min 18 00:01:58,166 --> 00:02:00,541 e aliviarías esta dor? 19 00:02:02,250 --> 00:02:04,750 Non verás as raiolas do sol 20 00:02:05,333 --> 00:02:08,250 se pechas os ollos 21 00:02:08,916 --> 00:02:13,541 e iso partiríame o corazón. 22 00:02:26,500 --> 00:02:29,541 EPISODIO CINCO: RAPAZ PILLA VOO 23 00:02:29,625 --> 00:02:31,416 "NATUREZA MORTA" CON FLORES 24 00:02:42,791 --> 00:02:43,666 Perdón? 25 00:02:46,125 --> 00:02:49,375 - Vostede é George Masoumi. - Iso xa o sei. E ti? 26 00:02:50,375 --> 00:02:53,791 Son Eli Bell. Slim díxome que me podería axudar. 27 00:02:54,791 --> 00:02:57,000 Slim está morto. Axudarche con que? 28 00:02:57,083 --> 00:02:59,916 Cun paquete para miña nai á prisión de Boggo Road. 29 00:03:00,000 --> 00:03:02,125 Perdoa, pero non che sei nada diso. 30 00:03:02,208 --> 00:03:04,750 Só son cousas que necesitará polo Nadal. 31 00:03:04,833 --> 00:03:07,458 Son froiteiro, rapaz. Entrego froita. 32 00:03:07,541 --> 00:03:08,708 Podo pagar ben. 33 00:03:08,791 --> 00:03:12,250 Pois se necesitas froita, xa sabes onde atoparme. 34 00:03:17,000 --> 00:03:18,000 Eli. 35 00:03:18,833 --> 00:03:20,000 Oh. Ola. 36 00:03:20,708 --> 00:03:25,291 Estiven intentando contactar contigo. Supuxen que te atoparía aquí. 37 00:03:25,375 --> 00:03:28,125 Levabas razón co da tatuaxe. 38 00:03:29,458 --> 00:03:32,250 Sei que teu padrasto desapareceu e túa nai está presa. 39 00:03:33,166 --> 00:03:35,083 Dixéchesme que tiñas unha historia. 40 00:03:36,208 --> 00:03:38,000 Homes que fixeron cousas horribles. 41 00:03:38,083 --> 00:03:41,166 Xa, pero cambiei de idea. Máis ou menos. 42 00:03:42,250 --> 00:03:45,916 Todos me din que non debería contar certas… cousas. 43 00:03:46,000 --> 00:03:50,041 Así que iso farei. Por agora. 44 00:03:50,125 --> 00:03:54,500 Vale, pero sabes que se ninguén di nada os malos seguirán gañando? 45 00:03:56,416 --> 00:03:58,375 Creo que seguirán gañando igual. 46 00:03:58,458 --> 00:04:00,000 Talvez doutra volta, si? 47 00:04:00,708 --> 00:04:01,541 Moi ben. 48 00:04:03,041 --> 00:04:05,750 Pero podes chamarme cando queiras. 49 00:04:10,375 --> 00:04:11,875 Déronme a súa foto. 50 00:04:27,500 --> 00:04:28,333 Ei! 51 00:04:28,416 --> 00:04:30,333 Bela Durminte, que merda é esta? 52 00:04:30,416 --> 00:04:32,375 Devólvema, anda. É importante. 53 00:04:32,458 --> 00:04:34,416 - Pásamo. - Soltádea! 54 00:04:34,500 --> 00:04:35,916 Quérela? 55 00:04:36,875 --> 00:04:37,916 - Reláxate. - Ei! 56 00:04:39,291 --> 00:04:40,708 Devólvema, veña. 57 00:04:43,333 --> 00:04:44,166 Era broma! 58 00:04:45,750 --> 00:04:46,791 - Non! - Brutal. 59 00:04:47,541 --> 00:04:48,875 - Pásao ben. - Deica. 60 00:04:50,916 --> 00:04:51,916 Non. 61 00:05:03,375 --> 00:05:05,750 Quere doar para a distrofia muscular? 62 00:05:05,833 --> 00:05:07,083 Xa, e que máis? 63 00:05:07,166 --> 00:05:10,083 Se recadamos 70 000 $, a escola instalará ramplas 64 00:05:10,166 --> 00:05:11,458 e poderei ir á clase. 65 00:05:11,541 --> 00:05:14,375 Como? 70 000? Moitas putas ramplas van facer. 66 00:05:14,458 --> 00:05:17,083 É que hai moitos putos nenos que non andan. 67 00:05:19,541 --> 00:05:22,541 - Canto levades? - Uns 2000, sobre todo da festa escolar. 68 00:05:22,625 --> 00:05:24,625 Non levades un carallo entón. 69 00:05:24,708 --> 00:05:27,416 Se nos dás 10, serán 2010. 70 00:05:30,041 --> 00:05:31,166 Ah, sodes bos. 71 00:05:32,333 --> 00:05:33,958 Veña, que é Nadal. 72 00:05:34,041 --> 00:05:37,500 Ah, e podedes pasar da do número 14. É unha bruxa. 73 00:05:48,750 --> 00:05:50,375 Por que o fas, Gus? 74 00:05:51,041 --> 00:05:52,416 Porque me gustas. 75 00:05:52,500 --> 00:05:55,416 Seguro que tes cousas máis divertidas que facer. 76 00:05:55,500 --> 00:05:57,875 Rebentar marquesiñas de bus coma os máis? 77 00:05:59,666 --> 00:06:01,791 E cambiar cueiros de adultos? 78 00:06:01,875 --> 00:06:03,666 Porque vou directiña a iso, sabes? 79 00:06:04,166 --> 00:06:05,833 Esperemos chegar aí. 80 00:06:06,833 --> 00:06:09,416 E despois terás que verme morrer. 81 00:06:10,333 --> 00:06:13,791 Todos morremos, Shells. Ti sempre fuches máis rápida en todo. 82 00:06:19,375 --> 00:06:21,750 - Ti só queres deitarte comigo. - Non. 83 00:06:21,833 --> 00:06:23,166 Vaime iso dos cueiros. 84 00:06:44,125 --> 00:06:47,208 GEORGE MASOUMI FROITEIRO 85 00:06:56,375 --> 00:06:57,208 George? 86 00:07:03,125 --> 00:07:04,666 Os cartos que me deixaras. 87 00:07:08,125 --> 00:07:09,000 Para miña nai. 88 00:07:15,125 --> 00:07:16,208 Moi ben, toma. 89 00:07:18,291 --> 00:07:19,125 Lisca, hostia. 90 00:07:38,125 --> 00:07:39,375 Canto conseguistes? 91 00:07:40,041 --> 00:07:41,125 Uns 200. 92 00:07:45,666 --> 00:07:47,333 Estás a facer algo bo. 93 00:07:48,708 --> 00:07:50,541 Cres que podería… 94 00:07:52,166 --> 00:07:53,166 Tomábache o pelo. 95 00:07:53,666 --> 00:07:56,875 - Non te esquezas dos deberes. - Non me esquezo. 96 00:08:01,875 --> 00:08:04,166 E isto? Non hai novas de túa nai? 97 00:08:04,250 --> 00:08:05,208 Non. 98 00:08:16,916 --> 00:08:20,500 Sabes que vos levaría se puidese. De verdade, pero… 99 00:08:21,791 --> 00:08:23,583 pasamos moito xuntos. 100 00:08:24,666 --> 00:08:27,666 Aínda me culpa porque deixaras de falar. 101 00:08:27,750 --> 00:08:29,791 - Non te culpa. - Si tal. 102 00:08:30,333 --> 00:08:31,958 Eu tamén me culpo ás veces. 103 00:08:34,166 --> 00:08:36,166 Pensa que che estraguei a cabeza. 104 00:08:36,250 --> 00:08:37,125 Está perfecta. 105 00:08:39,083 --> 00:08:41,250 Claro, xa o sei. 106 00:08:42,250 --> 00:08:43,625 Sei que está perfecta. 107 00:08:46,000 --> 00:08:47,416 Oxalá a miña tamén. 108 00:08:49,125 --> 00:08:50,916 Cada un ten o seu. 109 00:08:54,250 --> 00:08:55,083 Xa. 110 00:09:08,583 --> 00:09:10,958 Frankie, un paquete para ti. 111 00:09:36,500 --> 00:09:37,666 CANCIÓNS PARA MAMÁ 112 00:09:57,791 --> 00:10:00,500 Ola, mamá: Levo moito intentando falar contigo, 113 00:10:00,583 --> 00:10:03,458 pero creo que non che chegan as nosas cartas. 114 00:10:03,541 --> 00:10:05,208 Espero que che vaia ben aí. 115 00:10:05,291 --> 00:10:07,208 Gus e eu gravámosche unha cinta 116 00:10:07,291 --> 00:10:09,583 para que a escoites polo Nadal. 117 00:10:09,666 --> 00:10:12,875 Escribe para saber que a recibiches e que estás ben. 118 00:11:00,916 --> 00:11:01,750 Bela. 119 00:11:04,208 --> 00:11:05,333 Xa mo parecías. 120 00:11:07,000 --> 00:11:07,916 Ola, Darren. 121 00:11:11,750 --> 00:11:14,041 Que, a que andas? 122 00:11:14,625 --> 00:11:16,750 Non me chamas. Non me escribes. 123 00:11:16,833 --> 00:11:20,166 Ó de sempre. Intento que meu pai non beba. 124 00:11:21,583 --> 00:11:23,416 Bobby Linyette segue a acosarme. 125 00:11:23,958 --> 00:11:26,291 - Cacho de cabrón. - Non erades amigos? 126 00:11:26,375 --> 00:11:27,458 É un cabrón igual. 127 00:11:28,166 --> 00:11:29,958 Dislle que me deixe en paz? 128 00:11:30,041 --> 00:11:32,333 Dillo ti. Teño máis que facer. 129 00:11:33,666 --> 00:11:35,833 - Sabes o de miña nai? - Non. 130 00:11:36,958 --> 00:11:39,750 Deulle un derramo ou algo. Apenas pode camiñar. 131 00:11:40,250 --> 00:11:41,500 Que mal, tío. 132 00:11:42,208 --> 00:11:43,666 Está moi cabreada. 133 00:11:43,750 --> 00:11:47,000 Por iso tomei eu o mando. E iso tamén a cabrea. 134 00:11:50,750 --> 00:11:53,291 E que facedes na parte de atrás do FunWorld? 135 00:11:53,875 --> 00:11:55,333 Dustin Vang é o dono. 136 00:11:56,208 --> 00:11:58,708 Quere facerse á forza co negocio de miña nai. 137 00:11:58,791 --> 00:12:00,208 Negocio de que? 138 00:12:00,291 --> 00:12:02,958 De macetas ornamentais. Estás parvo ou que? 139 00:12:03,791 --> 00:12:06,333 Aínda non sei como, pero quero acolloalo. 140 00:12:06,416 --> 00:12:10,000 - E se negociades? - É un fillo de puta de moito nabo. 141 00:12:11,250 --> 00:12:14,208 Estes cabróns só entenden a linguaxe da violencia. 142 00:12:15,375 --> 00:12:16,625 Como Bobby Linyette. 143 00:12:18,916 --> 00:12:21,458 - Ó final atopaches o alixo de Lyle? - Non. 144 00:12:22,875 --> 00:12:24,208 Levouno alguén. 145 00:12:27,000 --> 00:12:29,416 Non fun eu, se é o que pensas. 146 00:12:30,125 --> 00:12:32,083 Túa nai díxoche que lle pasou a Lyle? 147 00:12:32,166 --> 00:12:33,541 Por que ía sabelo? 148 00:12:33,625 --> 00:12:36,916 Era a principal importadora e Ivan Kroll o seu gorila. 149 00:12:37,000 --> 00:12:39,791 O que oín eu é que a teu pai delatouno o colega. 150 00:12:39,875 --> 00:12:42,166 - E Ivan Kroll arranxouno. - O colega? 151 00:12:42,750 --> 00:12:44,875 O que sempre anda tras da túa nai. 152 00:12:46,083 --> 00:12:47,125 Teddy Kallas? 153 00:12:47,958 --> 00:12:50,125 A rata sempre está preto do queixo. 154 00:12:55,458 --> 00:12:56,958 Eli, chegamos tarde. 155 00:12:58,375 --> 00:12:59,291 Eli! 156 00:13:12,875 --> 00:13:15,625 - Creo que comezaron. - Xa vou. 157 00:13:26,833 --> 00:13:30,291 Que mochiliña tan linda, Eli. Fíxocha túa nai no caldeiro? 158 00:13:35,083 --> 00:13:37,125 Que boa! Diana! 159 00:13:53,583 --> 00:13:55,791 - Non pode ser! - Eli zúrralle a Bobby! 160 00:13:55,875 --> 00:13:58,541 Ou me deixas en paz ou te mato, entendes? 161 00:13:58,625 --> 00:14:01,666 Estás morto, Bobby! En serio, voute matar! 162 00:14:01,750 --> 00:14:03,291 Eli, veña. Déixao. 163 00:14:04,833 --> 00:14:05,875 Sóltame! 164 00:14:06,500 --> 00:14:08,416 - Hostia! - Sóltame! 165 00:14:08,500 --> 00:14:10,416 Xa traguei dabondo. 166 00:14:10,500 --> 00:14:12,500 O Eli boíño xa non existe. 167 00:14:12,583 --> 00:14:15,000 - Xa non existe! - Veña, non paga a pena. 168 00:14:15,083 --> 00:14:16,208 Xa non existe! 169 00:14:18,125 --> 00:14:23,041 "Ó final, expulsáronme dous días por circunstancias especiais. 170 00:14:23,833 --> 00:14:27,041 As vacacións de Nada están aí, non perderei moito. 171 00:14:28,000 --> 00:14:30,583 Dixeras que querías facer un curso de psicoloxía. 172 00:14:30,666 --> 00:14:33,208 Atopei un libro entre a morea que ten papá. 173 00:14:33,791 --> 00:14:37,375 Estou moi preocupado por ti, mamá, non respondiches. 174 00:14:37,458 --> 00:14:41,083 Por favor, dinos que estás ben. Querémoste, mamá. 175 00:14:41,166 --> 00:14:44,041 Contamos os días que faltan para que volvas. 176 00:14:44,541 --> 00:14:48,375 Aínda temos que durmir 1451 noites." Xa. 177 00:14:50,083 --> 00:14:50,958 Frankie? 178 00:14:52,208 --> 00:14:53,458 Escoitáchelo? 179 00:14:54,833 --> 00:14:55,708 Frankie! 180 00:14:56,708 --> 00:14:59,250 Avísame se necesitas un descansiño, Gus. 181 00:14:59,333 --> 00:15:00,583 - Vale. - Moi ben. 182 00:15:05,125 --> 00:15:07,458 Eli, cúbreme as costas. Grazas, colega. 183 00:15:09,000 --> 00:15:10,958 Boteicho en toda a cara, escapóuseme. 184 00:15:11,541 --> 00:15:13,625 O incendio produciuse onte á noite. 185 00:15:13,708 --> 00:15:17,375 Pese á ausencia de vítimas, non se descarta a intencionalidade. 186 00:15:17,458 --> 00:15:20,500 Temos que elixir moi ben onde poñelo. 187 00:15:20,583 --> 00:15:26,208 Non lle poder dar moito o sol nin a corrente. 188 00:15:26,291 --> 00:15:27,125 Por que non? 189 00:15:27,625 --> 00:15:32,083 Porque Henry éche moi sensible. É un ficus chorón. 190 00:15:32,166 --> 00:15:34,166 Se o molestamos, dará en chorar. 191 00:15:34,250 --> 00:15:37,666 Prenderá a billa á primeira de cambio. 192 00:15:37,750 --> 00:15:40,666 - Igualiño ca Eli. - Eu non fago iso. 193 00:15:40,750 --> 00:15:45,125 - Veña, ho! Ben que bagoabas de cativiño. - Sorpréndeme que te lembres. 194 00:15:46,291 --> 00:15:49,875 Xa, fantástico. Decorámolo ou que? 195 00:15:50,750 --> 00:15:52,125 Isto é para ti. 196 00:15:53,000 --> 00:15:53,833 Moi ben. 197 00:15:55,208 --> 00:15:56,541 Iso é, veña. 198 00:15:58,041 --> 00:16:01,958 Xenial. Deixádeme poñer isto aquí no alto. 199 00:16:03,125 --> 00:16:07,000 Ala, xa queda bendito. Aí estamos. Fermoso. Que vos parece? 200 00:16:07,083 --> 00:16:09,791 E poñemos os agasallos debaixo, coma nas pelis. 201 00:16:09,875 --> 00:16:12,666 - Compráchesnos agasallos? - Pois non, 202 00:16:12,750 --> 00:16:15,208 pero teño unha idea. 203 00:16:16,000 --> 00:16:19,250 Esta tarde chega unha cesta de Nadal dunha ONG. 204 00:16:19,333 --> 00:16:22,500 Trae cousas chulas. Unha lata de xamón, zume de piña, 205 00:16:22,583 --> 00:16:23,958 lambetadas de regalicia… 206 00:16:25,541 --> 00:16:30,208 E pensei que cada un podiamos elixir un libro da morea, 207 00:16:30,291 --> 00:16:32,708 envolvelo e poñelo debaixo da árbore. 208 00:16:32,791 --> 00:16:34,500 Pero non un libro calquera. 209 00:16:34,583 --> 00:16:36,916 Talvez algo que estivestes lendo 210 00:16:37,000 --> 00:16:39,750 ou algo que credes que nos gustará ó resto. 211 00:16:39,833 --> 00:16:43,875 En fin, aquí puxen uns nomes. Elixide un. 212 00:16:46,166 --> 00:16:47,083 Quen che tocou? 213 00:16:47,916 --> 00:16:50,125 Moi ben, Gus elixe un libro para min, 214 00:16:50,208 --> 00:16:53,375 eu elixo un libro para Eli e Eli un para Gus. 215 00:16:53,958 --> 00:16:56,958 Sentamos, bebemos zume de piña, 216 00:16:57,041 --> 00:16:59,250 talvez eu unha birra, e lemos xuntos. 217 00:16:59,333 --> 00:17:01,666 Coma calquera outro día, queres dicir? 218 00:17:01,750 --> 00:17:02,708 Non, é Nadal. 219 00:17:03,750 --> 00:17:05,000 A que vén iso? 220 00:17:05,083 --> 00:17:07,708 Vas quedar aquí, non? Si? 221 00:17:08,666 --> 00:17:12,333 Claro. É Nadal. Por que non ía quedar? 222 00:17:12,416 --> 00:17:13,833 Ese é o espírito. 223 00:17:14,583 --> 00:17:15,416 Así me gusta. 224 00:17:19,666 --> 00:17:22,083 Querido Alex: Xa case é Nadal 225 00:17:22,166 --> 00:17:24,375 e non sabemos nada da nosa nai. 226 00:17:24,458 --> 00:17:28,708 Decidín que non podo agardar máis. É hora de facer algo drástico. 227 00:17:32,875 --> 00:17:33,708 Ola, George. 228 00:17:35,166 --> 00:17:38,125 - Outra vez ti? - Recibiches algo de miña nai? 229 00:17:39,625 --> 00:17:40,500 Síntoo, rapaz. 230 00:17:43,083 --> 00:17:46,125 - Teño unha pregunta. - Pois bule, estou ocupado. 231 00:17:46,750 --> 00:17:49,291 Que é o máis grande que coaches en Boggo? 232 00:17:50,625 --> 00:17:52,083 En que tamaño pensas? 233 00:17:53,000 --> 00:17:53,833 No meu. 234 00:17:58,291 --> 00:17:59,166 Esquéceo. 235 00:17:59,250 --> 00:18:02,500 A lei impide fuxir do cárcere, pero entrar? 236 00:18:02,583 --> 00:18:05,000 Non o impide porque ninguén é tan parvo. 237 00:18:05,083 --> 00:18:06,708 E se alguén o fose? 238 00:18:08,041 --> 00:18:09,791 Lisca. Non vou facer iso. 239 00:18:11,958 --> 00:18:13,291 Débeslle unha a Slim. 240 00:18:13,375 --> 00:18:16,291 Axudoulle a teu irmán nunha condena moi longa. 241 00:18:17,250 --> 00:18:18,541 Non che mentiu. 242 00:18:18,625 --> 00:18:20,833 Teu irmán só sobreviviu grazas a el. 243 00:18:21,708 --> 00:18:22,875 Seguramente. 244 00:18:22,958 --> 00:18:25,083 Agora está miña nai entre rexas 245 00:18:25,166 --> 00:18:29,125 e preocúpame que non poida aguantalo, sabes? 246 00:18:29,708 --> 00:18:31,958 Ó non vernos polo Nadal e iso. 247 00:18:34,833 --> 00:18:38,375 E preocúpame que volva ó cabalo e lle dea unha sobredose. 248 00:18:41,916 --> 00:18:46,458 Por iso preciso volver a vela, para demostrarlle canto nos importa. 249 00:18:48,666 --> 00:18:51,625 Para dicirlle que todo vai saír ben. 250 00:18:57,041 --> 00:18:58,708 - Non sei, rapaz. - Mira… 251 00:18:59,875 --> 00:19:01,666 Sei que é moito pedir, 252 00:19:03,416 --> 00:19:07,166 Pero non o farías por min, faríalo por Slim. 253 00:19:38,000 --> 00:19:40,666 PARA: GUS DE: ELI 254 00:19:53,125 --> 00:19:55,583 PARA: ELI DE: PAPÁ 255 00:20:03,833 --> 00:20:06,666 A HISTORIA DE ELI BELL 256 00:20:20,250 --> 00:20:22,083 Quedamos en que non ías facelo. 257 00:20:24,291 --> 00:20:27,208 É por mamá, Gus. Teño que facelo. 258 00:20:27,291 --> 00:20:28,750 E se te encerran? 259 00:20:28,833 --> 00:20:30,458 Antes terán que collerme. 260 00:20:30,541 --> 00:20:32,250 É a puta cadea, Eli. 261 00:20:32,333 --> 00:20:35,375 O seu é coller xente que fuxe. 262 00:20:35,958 --> 00:20:38,541 A non ser que partas o pescozo rubindo ó muro. 263 00:20:39,250 --> 00:20:42,083 - Vai pasar iso? - Non sei. 264 00:20:43,875 --> 00:20:45,833 Aínda así, paréceme unha estupidez. 265 00:20:46,583 --> 00:20:47,541 Deséxame sorte. 266 00:20:59,500 --> 00:21:02,125 Moi ben, pase o que pase, 267 00:21:02,208 --> 00:21:04,625 non digas nin chío e agarda. 268 00:21:06,041 --> 00:21:07,291 - Vale. - Vale. 269 00:21:07,375 --> 00:21:08,250 Bo Nadal. 270 00:21:52,875 --> 00:21:55,375 PRISIÓN FEMININA DA SÚA MAXESTADE 271 00:22:04,958 --> 00:22:06,875 VISITANTES 272 00:22:08,458 --> 00:22:09,541 Georgie! 273 00:22:10,500 --> 00:22:12,958 Atentos, chega unha entrega de froita. 274 00:22:14,166 --> 00:22:18,375 Aquí tes, amigo. Non me levarás a ninguén aí agochado, non? 275 00:22:23,750 --> 00:22:25,750 Axente, revisa os baixos do vehículo? 276 00:22:39,666 --> 00:22:40,666 Aí dentro, así. 277 00:22:52,666 --> 00:22:54,875 Aguacates. Tócate o carallo. 278 00:22:54,958 --> 00:22:57,875 Cereixas, melóns. Estas putas comen mellor cá min. 279 00:22:57,958 --> 00:23:00,833 Para ser sinceros, tamén a comen mellor cá ti, 280 00:23:00,916 --> 00:23:02,000 así que… 281 00:23:02,083 --> 00:23:03,625 Georgie pode liscar. 282 00:23:04,583 --> 00:23:05,916 - Mimá. - Veña, George. 283 00:23:09,833 --> 00:23:10,958 Todo listo, amigo. 284 00:23:16,250 --> 00:23:19,250 Perfecto, George, arreando. Podes marchar. 285 00:23:20,291 --> 00:23:21,625 Axentes, abran paso. 286 00:23:57,166 --> 00:23:58,291 Entras xustiño, eh! 287 00:23:58,375 --> 00:24:01,625 - Queres saír de aí? - Si. Bótame unha man? 288 00:24:07,625 --> 00:24:08,500 Son Bernie. 289 00:24:09,250 --> 00:24:10,250 Eli. 290 00:24:10,333 --> 00:24:12,125 George púxome ó tanto do teu. 291 00:24:12,208 --> 00:24:14,333 - Coñéceo dende hai moito? - Supoño. 292 00:24:14,416 --> 00:24:15,291 Non sei. 293 00:24:15,375 --> 00:24:18,708 É a primeira vez que fai semellante parvada. 294 00:24:20,583 --> 00:24:21,916 Penso que xa chochea. 295 00:24:23,583 --> 00:24:26,750 - Aquí prepara a comida de mamá? - Casa Bernie. 296 00:24:28,166 --> 00:24:30,958 Menú limitado, pero sempre hai clientes. 297 00:24:31,041 --> 00:24:33,208 Podo ir xa ver a miña nai? 298 00:24:33,291 --> 00:24:36,625 Rapaciño, aínda non sabes onde te metiches? 299 00:24:36,708 --> 00:24:39,916 Estás nunha puta prisión feminina, non nun hotel. 300 00:24:40,000 --> 00:24:43,458 Non podes chamar a alguén e que te espere na recepción. 301 00:24:49,958 --> 00:24:53,708 O Exército de Salvación. Todas están a velos no comedor. 302 00:24:54,333 --> 00:24:56,625 - Vostede non quere ir? - Non, ho! 303 00:24:57,208 --> 00:24:59,958 Odio os cánticos. Crieime con misioneiros. 304 00:25:00,541 --> 00:25:03,166 Ó carallo co Nadal e coas panxoliñas. 305 00:25:03,250 --> 00:25:06,500 Que lles dean polo cu cos seus cantos de Nadal. 306 00:25:07,083 --> 00:25:09,500 - Bernie! - Estamos aquí, Deb. 307 00:25:12,625 --> 00:25:13,750 O fillo de Frankie? 308 00:25:13,833 --> 00:25:17,125 Non sei. Teño un carro cheo de cativos aí atrás. 309 00:25:18,041 --> 00:25:20,875 Tiñas que vir con Frankie, pailaroca. 310 00:25:20,958 --> 00:25:23,291 Xa, pero volveu bloquear a porta. 311 00:25:23,375 --> 00:25:25,791 A garda dixo que a deixemos aí cavilando. 312 00:25:26,791 --> 00:25:27,666 Ola. 313 00:25:29,166 --> 00:25:30,000 Son Debbie. 314 00:25:32,416 --> 00:25:34,291 Mamá está enganchada outra vez? 315 00:25:42,125 --> 00:25:45,083 Só che podo dicir que non está nada ben. 316 00:25:45,166 --> 00:25:47,041 Ultimamente non come moito, 317 00:25:47,125 --> 00:25:50,666 e non lembro a última vez que saíu no descanso das 15:00. 318 00:25:50,750 --> 00:25:52,333 Para que o saibas. 319 00:25:56,958 --> 00:25:58,375 Seguro que sae por min. 320 00:25:59,666 --> 00:26:03,500 O Nadal é tempo de milagres, non? Lévame á súa cela. 321 00:26:03,583 --> 00:26:06,041 En canto me oia falar, abrirá a porta. 322 00:26:06,125 --> 00:26:09,958 Xa, e as gardas tamén, pero non é problema meu. 323 00:26:15,000 --> 00:26:17,041 Non sexas lento, métete aí dentro. 324 00:26:19,333 --> 00:26:21,250 Como? Con todo o lixo? 325 00:26:21,875 --> 00:26:23,125 Ti métete e punto. 326 00:26:26,250 --> 00:26:28,833 Agora caladiño e aguanta aí. 327 00:26:42,750 --> 00:26:44,291 Antes de deixarte, 328 00:26:44,375 --> 00:26:46,625 se te pillan, quen te trouxo ata aquí? 329 00:26:47,208 --> 00:26:49,250 Non vin nada, soaba a unha muller branca. 330 00:26:49,333 --> 00:26:52,875 - E como te coaches aquí? - Colgueime dos baixos dun camión. 331 00:26:52,958 --> 00:26:54,000 Que camión? 332 00:26:54,083 --> 00:26:56,500 Nin idea. Un que levaba prisioneiros. 333 00:26:57,416 --> 00:26:58,250 Mallado. 334 00:26:59,458 --> 00:27:03,833 Agora é cousa túa. Está a catro portas de aquí, na B25. 335 00:27:34,750 --> 00:27:37,208 Mamá! 336 00:27:42,708 --> 00:27:43,583 Mamá? 337 00:27:47,750 --> 00:27:48,583 Mamá. 338 00:27:50,833 --> 00:27:52,875 Son eu, Eli. 339 00:27:55,916 --> 00:27:58,291 Mamá, abre a porta. 340 00:27:59,875 --> 00:28:01,208 Non estás soñando. 341 00:28:03,083 --> 00:28:05,250 Mamá. Abre a porta. 342 00:28:09,500 --> 00:28:13,708 Adeus, Ruby Tuesday. 343 00:28:14,208 --> 00:28:17,083 Quen te pode etiquetar, 344 00:28:18,250 --> 00:28:22,166 se cambias cada día? 345 00:28:23,666 --> 00:28:25,625 Aínda así, botareite de menos. 346 00:28:28,916 --> 00:28:30,041 Mamá, abre a porta. 347 00:28:49,125 --> 00:28:50,416 Bo Nadal, mamá. 348 00:28:51,458 --> 00:28:52,291 Aperta grupal. 349 00:29:02,500 --> 00:29:04,916 - Es real? - Claro que si, mamá. 350 00:29:07,958 --> 00:29:09,458 Estás nos ósos. 351 00:29:11,291 --> 00:29:14,916 Tes que deixalo. Todo vai mellorar, mamá. 352 00:29:15,500 --> 00:29:17,458 Díxomo Gus e el sábeo todo. 353 00:29:18,125 --> 00:29:19,708 Tes que aguantar. 354 00:29:19,791 --> 00:29:21,916 Atoparemos o alixo de Lyle, 355 00:29:22,000 --> 00:29:24,083 venderémolo e teremos a entrada 356 00:29:24,166 --> 00:29:26,250 para comprarche unha casa mellor. 357 00:29:26,333 --> 00:29:27,791 Non preciso nada diso. 358 00:29:30,083 --> 00:29:32,708 Ti e Gus sodes o único que preciso. 359 00:29:35,583 --> 00:29:37,541 Todo vai ser brillante, mamá. 360 00:29:37,625 --> 00:29:40,958 Poderás volver á uni ou traballar no comedor da escola, 361 00:29:41,041 --> 00:29:42,666 o que ti queiras. 362 00:29:44,416 --> 00:29:45,583 Ai, Eli. 363 00:29:48,083 --> 00:29:50,416 O neno máis bonitiño dos meus soños. 364 00:29:50,500 --> 00:29:54,125 Non é un soño, mamá. Só tes que crer. 365 00:29:54,208 --> 00:29:55,750 Tes que crer en nós. 366 00:29:57,833 --> 00:30:02,041 Abofé que creo. Sempre crin e sempre crerei. 367 00:30:03,166 --> 00:30:04,708 Mírame e dimo. 368 00:30:06,833 --> 00:30:09,416 Hostias! Que cona? 369 00:30:09,500 --> 00:30:12,208 Tranquiliña, Laura. Que pasa? 370 00:30:12,291 --> 00:30:16,208 Agora temos gardería? A princesa Frankie ten visitas na cela? 371 00:30:16,291 --> 00:30:18,958 - Que dis, Laura? - Teño que marchar, mamá. 372 00:30:19,041 --> 00:30:22,000 Podemos con isto. Somos máis fortes ca eles. 373 00:30:25,416 --> 00:30:27,708 Veña, ho! Está fuxindo! 374 00:30:27,791 --> 00:30:28,958 Merda! 375 00:30:36,166 --> 00:30:37,833 Cativo, volve aquí! 376 00:30:44,250 --> 00:30:45,708 Ven aquí! 377 00:30:48,958 --> 00:30:51,000 Cólleo! Vai por baixo da mesa! 378 00:30:53,416 --> 00:30:55,208 Érguete, cólleo! 379 00:31:02,583 --> 00:31:03,833 - Veña! - Deica! 380 00:31:11,541 --> 00:31:13,166 Que veñas aquí! 381 00:31:16,458 --> 00:31:17,291 Bo Nadal! 382 00:31:17,375 --> 00:31:19,125 - Que fas? - Axudarlle a miña nai! 383 00:31:24,333 --> 00:31:25,375 Marchou por aí. 384 00:31:29,416 --> 00:31:31,333 Ven aquí agora mesmo! 385 00:31:31,958 --> 00:31:34,750 Urxente! Fuga no acceso traseiro pola cociña B. 386 00:31:34,833 --> 00:31:35,833 Vide aquí xa! 387 00:31:36,375 --> 00:31:38,125 - Teño chave. - Próbaa xa! 388 00:31:38,208 --> 00:31:40,750 - Dama a min! - Non sexas parvo, veña! 389 00:31:40,833 --> 00:31:42,208 Vai pola cisalla! 390 00:31:42,291 --> 00:31:43,625 - Veña! - Arrea! 391 00:31:43,708 --> 00:31:46,083 Cabes por aquí? Tira iso ó chan! 392 00:31:46,166 --> 00:31:47,791 Non vai funcionar! 393 00:31:53,916 --> 00:31:56,041 - Non vas conseguilo. - É imposible. 394 00:31:56,125 --> 00:31:58,041 - Imos por fóra. - Collédeo! 395 00:32:08,083 --> 00:32:12,500 - Non sexas parvo, non termará de ti. - Baixa antes de matarte. 396 00:32:16,208 --> 00:32:19,500 Rapaz, déixao. Es parvo ou que? Non vai aguantar. 397 00:32:20,000 --> 00:32:21,625 - Baixa de aí. - Veña, neno! 398 00:32:23,125 --> 00:32:25,625 Merda! 399 00:32:38,000 --> 00:32:39,333 Slim! 400 00:32:40,500 --> 00:32:42,291 Lyle! 401 00:32:43,791 --> 00:32:45,125 Slim! 402 00:32:46,208 --> 00:32:48,083 Lyle! 403 00:32:56,708 --> 00:32:59,041 Se aínda non morriches, non te oen. 404 00:32:59,625 --> 00:33:01,000 E por que te oio a ti? 405 00:33:02,916 --> 00:33:04,750 Tampouco morrería aínda. 406 00:33:14,375 --> 00:33:16,333 - Como está? - Non sabemos aínda. 407 00:33:17,041 --> 00:33:19,958 Extubámolo e respira de forma espontánea. 408 00:33:21,041 --> 00:33:23,833 Coñeceremos o dano cando recupere a consciencia. 409 00:33:26,583 --> 00:33:27,416 Christopher? 410 00:33:29,958 --> 00:33:31,375 Ti outra vez non. 411 00:33:32,750 --> 00:33:33,958 Como te encontras? 412 00:33:34,791 --> 00:33:36,666 Na merda, obviamente. 413 00:33:36,750 --> 00:33:38,583 Podes mover a man dereita? 414 00:33:45,375 --> 00:33:49,000 Sacáronche o tumor enteiro coma se fose a pebida dun aguacate. 415 00:33:49,583 --> 00:33:52,416 Pode que te recuperes por completo. 416 00:33:52,500 --> 00:33:53,333 En serio? 417 00:33:54,291 --> 00:33:56,666 Debe ser un sinal de Deus. 418 00:33:56,750 --> 00:33:58,291 Eu non creo en Deus. 419 00:33:58,375 --> 00:34:01,250 Éche unha mágoa, vese que el si que cre en ti. 420 00:34:03,458 --> 00:34:04,500 Bo Nadal. 421 00:34:09,916 --> 00:34:11,583 ARNOLD 422 00:34:18,791 --> 00:34:21,708 - Seica é fillo de Frankie Bell. - Deu na cabeza? 423 00:34:21,791 --> 00:34:24,791 Tanto ten. O que importa é o que imos facer con el. 424 00:34:24,875 --> 00:34:27,541 Como se saiba, as pagas extras van tomar polo cu, 425 00:34:27,625 --> 00:34:28,750 incluídas as nosas. 426 00:34:28,833 --> 00:34:30,458 Eu non vou dicir nada. 427 00:34:33,250 --> 00:34:34,750 Máis che vale, hostia. 428 00:34:36,291 --> 00:34:38,916 Sabes que facemos cos prisioneiros complicados? 429 00:34:39,000 --> 00:34:42,208 Si, Slim Halliday contoume todo o que lle fixestes. 430 00:34:42,291 --> 00:34:44,625 Malleiras, duchas frías coa mangueira, 431 00:34:45,583 --> 00:34:46,958 mocos na comida, 432 00:34:47,041 --> 00:34:49,916 confinamentos dunha semana no buraco negro sen manta… 433 00:34:50,000 --> 00:34:51,625 E aínda así coácheste aquí. 434 00:34:52,541 --> 00:34:54,625 Miña nai non recibía as cartas. 435 00:34:55,958 --> 00:34:58,333 Vaia escusa de merda. E como entraches? 436 00:34:59,000 --> 00:35:03,166 Coeime no bus do Exército de Salvación e dixen que viña co coro. 437 00:35:07,125 --> 00:35:10,666 Entón… que ides facer comigo? 438 00:35:10,750 --> 00:35:14,041 - Non o decidimos aínda. - Poderiades deixarme marchar. 439 00:35:14,125 --> 00:35:16,958 - Poderías contalo. - É o código dos presos. 440 00:35:17,041 --> 00:35:19,166 Os compañeiros non se delatan. 441 00:35:19,250 --> 00:35:21,041 Pero ti non es un compañeiro. 442 00:35:21,125 --> 00:35:24,958 De feito, só te collemos porque nos caíches enriba. 443 00:35:25,708 --> 00:35:27,625 De verdade coñecías a Slim Halliday? 444 00:35:28,625 --> 00:35:30,541 Coñecía. E ti? 445 00:35:30,625 --> 00:35:33,250 Si, eu tamén. Lamento a súa morte. 446 00:35:33,958 --> 00:35:36,500 Querías facer o Chimpo de Halliday. 447 00:35:36,583 --> 00:35:37,625 Ese era o plan. 448 00:35:37,708 --> 00:35:40,625 - E cal era o plan se te collían? - Chegar a un trato. 449 00:35:40,708 --> 00:35:44,583 Deixádesme marchar, non digo nada, miña nai pode recibir visitas? 450 00:35:44,666 --> 00:35:46,833 Que trato vas facer ti, mocoso? 451 00:35:46,916 --> 00:35:47,791 Abonda. 452 00:35:48,875 --> 00:35:49,875 É Nadal. 453 00:35:51,833 --> 00:35:55,041 Déixame falar con Bernie e atoparemos algún xeito. 454 00:36:03,083 --> 00:36:07,083 SEIS SEMANAS MÁIS TARDE 455 00:36:09,750 --> 00:36:12,291 Estiven lendo no meu libro de psicoloxía 456 00:36:12,375 --> 00:36:15,375 que é máis probable que namores do que coñeces. 457 00:36:15,458 --> 00:36:19,416 Canto máis tempo pasas con alguén, máis probable é que che guste. 458 00:36:19,500 --> 00:36:22,500 En serio? A min adoita pasarme o contrario. 459 00:36:24,333 --> 00:36:27,791 Frankie Bell, tes visita agardando na sala. 460 00:36:35,166 --> 00:36:36,041 Mesa nove. 461 00:36:41,791 --> 00:36:42,666 Ola, Teddy. 462 00:36:43,625 --> 00:36:44,500 Frankie. 463 00:36:45,541 --> 00:36:47,625 Véxote ben. Vestido novo? 464 00:36:48,666 --> 00:36:49,625 O farrapo este? 465 00:36:49,708 --> 00:36:52,125 Estarías guapa ata cun saco de patacas. 466 00:36:52,916 --> 00:36:54,416 Pouca diferencia hai. 467 00:36:55,125 --> 00:36:58,041 Pódoche conseguir algo lindo para levares debaixo. 468 00:37:06,750 --> 00:37:08,041 Sinto o de Lyle. 469 00:37:11,583 --> 00:37:13,791 Non podías facer nada, Teddy. 470 00:37:13,875 --> 00:37:17,375 Puiden resistirme máis ou simplemente resistirme. 471 00:37:19,958 --> 00:37:23,166 É que non quería que che pasase nada, sabes? 472 00:37:25,333 --> 00:37:26,833 Todo é cousa do pasado. 473 00:37:28,291 --> 00:37:30,916 Moitas grazas por vir visitarme, Teddy. 474 00:37:31,000 --> 00:37:33,625 Sempre che tiven cariño, Frankie. 475 00:37:36,250 --> 00:37:39,541 Se podo facer algo para que esteas máis cómoda aquí, 476 00:37:39,625 --> 00:37:40,708 ti dimo. 477 00:37:40,791 --> 00:37:42,208 Creo que estou ben. 478 00:37:42,291 --> 00:37:45,208 Poderías ir ver os rapaces de vez en cando. 479 00:37:45,916 --> 00:37:50,791 Si, a verdade é que xa fun velos un par de veces, 480 00:37:50,875 --> 00:37:51,875 pero non estaban. 481 00:37:51,958 --> 00:37:54,750 Pero volverei se me coincide pasar por alí. 482 00:37:57,666 --> 00:37:59,250 Es un bo tipo, Teddy. 483 00:38:05,750 --> 00:38:08,166 Pero mellor non lles digas que veño. 484 00:38:08,666 --> 00:38:14,208 Non quero que pensen que estou invadindo o seu territorio. 485 00:38:14,291 --> 00:38:16,041 - Non invades nada. - Non? 486 00:38:16,125 --> 00:38:19,333 Non, sempre está ben ver unha cara coñecida. 487 00:38:22,666 --> 00:38:24,666 A min tamén me gusta verte, Frankie. 488 00:38:25,958 --> 00:38:28,041 - Mesa nove, contacto. - Non a toquei. 489 00:38:30,583 --> 00:38:33,250 Non a toquei, hostia. Onde ves ti contacto? 490 00:38:40,166 --> 00:38:42,625 Esta que ten? Está neses días do mes? 491 00:38:47,291 --> 00:38:49,916 Volverei outro día, vale? 492 00:38:51,416 --> 00:38:54,625 - Grazas, Teddy. - Un pracer. 493 00:39:07,291 --> 00:39:09,875 O dono de FunWorld é Dustin Vang. 494 00:39:09,958 --> 00:39:12,541 Disque importa mercancía dende Sydney. 495 00:39:12,625 --> 00:39:16,583 O sospeitoso é este rapaz, fillo da importadora local, Bich Dang. 496 00:39:16,666 --> 00:39:19,833 Retirouse hai pouco do negocio da heroína por saúde. 497 00:39:19,916 --> 00:39:24,000 Semella que o conflito entre as bandas vai chegar a un punto crítico. 498 00:39:24,083 --> 00:39:26,416 Se hai guerra, supoño que a Dustin Vang 499 00:39:26,500 --> 00:39:29,458 por fin o condenarán polos crimes anteriores. 500 00:39:29,541 --> 00:39:31,291 Coma este, talvez. 501 00:39:31,875 --> 00:39:34,875 Contando con que quede alguén vivo para testificar. 502 00:39:36,458 --> 00:39:39,916 E con que non haxa máis implicados dos que coñecemos. 503 00:39:41,041 --> 00:39:44,458 E Jeffrey, dixen que nada de adverbios, non máis adxectivos. 504 00:39:44,541 --> 00:39:47,083 Veña, xente! Son as catro en punto. 505 00:39:49,791 --> 00:39:50,958 Querido Alex: 506 00:39:51,041 --> 00:39:53,833 Mamá deixou as drogas e está moito mellor. 507 00:39:54,500 --> 00:39:56,541 Gus e eu pensamos en traballar 508 00:39:56,625 --> 00:40:00,458 para aforrar para a entrada dunha boa casa para mamá. 509 00:40:04,666 --> 00:40:07,250 Pensamos en ir outra vez á casa de Lyle 510 00:40:07,333 --> 00:40:10,541 por se atopabamos algo que vender, ti xa me entendes. 511 00:41:37,708 --> 00:41:39,500 Bótame unha man aquí. 512 00:41:46,791 --> 00:41:48,458 Que che parece isto? 513 00:41:50,041 --> 00:41:50,875 Non sei. 514 00:41:53,333 --> 00:41:55,125 QLD ARTIGOS DEPORTIVOS E DE COIRO 515 00:41:55,208 --> 00:41:56,333 Gus, mira isto. 516 00:41:57,958 --> 00:42:00,416 Q, A, 517 00:42:00,500 --> 00:42:03,125 D, C. 518 00:42:05,583 --> 00:42:07,125 Que lle está a dicir? 519 00:42:09,666 --> 00:42:12,833 QADC 520 00:42:15,208 --> 00:42:16,041 Agarda. 521 00:42:29,666 --> 00:42:31,458 Hostia puta, Batman. 522 00:42:58,833 --> 00:42:59,750 Non hai máis. 523 00:43:05,708 --> 00:43:07,000 Mi madriña! 524 00:43:24,791 --> 00:43:27,750 - Canto valerá? - Todo? Uns 100 000 ó mellor. 525 00:43:27,833 --> 00:43:29,500 E que facemos con ela? 526 00:43:30,250 --> 00:43:32,625 Vendela, obviamente. A Darren Dang. 527 00:43:33,500 --> 00:43:34,750 Para a casa de mamá. 528 00:43:34,833 --> 00:43:37,750 É mellor enterrala. A mamá quédanlle catro anos. 529 00:43:37,833 --> 00:43:40,791 Xa, pero cres que Darren seguirá vivo entón? 530 00:43:40,875 --> 00:43:43,000 Se segue así, non creo. 531 00:43:43,083 --> 00:43:44,875 O mesmo podo dicir eu de ti. 532 00:43:46,333 --> 00:43:48,083 Sabes algo que eu non sei? 533 00:43:48,958 --> 00:43:52,541 Sei moitas cousas que ti non sabes, pero só vexo anaquiños. 534 00:43:53,250 --> 00:43:55,583 Coma que? Cóntamo. 535 00:44:03,250 --> 00:44:04,875 Rapaces? A cea xa está. 536 00:44:24,208 --> 00:44:26,666 - Que queres? - Ola, son Eli Bell. 537 00:44:27,541 --> 00:44:30,625 Son un antigo compañeiro da escola de Darren. 538 00:44:31,291 --> 00:44:34,541 Tróuxenlle algo que lle vai interesar. 539 00:44:36,666 --> 00:44:40,166 Este é o que ten algo para ti. Di que te coñece da escola. 540 00:44:40,750 --> 00:44:41,625 Boas. 541 00:44:46,291 --> 00:44:48,833 É a primeira vez que o vexo. 542 00:44:48,916 --> 00:44:50,250 Que dis, Darren? 543 00:44:54,708 --> 00:44:56,250 Vou revisar isto, xefe. 544 00:45:04,041 --> 00:45:05,125 Quen es, en serio? 545 00:45:05,208 --> 00:45:07,041 Son eu. Xa sabes, Bela Durminte. 546 00:45:10,250 --> 00:45:12,291 Ha de ser un espía dos BTK. 547 00:45:13,625 --> 00:45:16,958 - Dos 5T non é. - Darren, non sei nin que é iso. 548 00:45:18,500 --> 00:45:19,625 Eu son dos 5T. 549 00:45:21,875 --> 00:45:22,958 Estas son as 5T. 550 00:45:28,083 --> 00:45:31,416 Amor, Diñeiro, Prisión, Pecado, Vinganza. 551 00:45:35,250 --> 00:45:38,166 Queres unirte? Temos tatuadora. 552 00:45:41,583 --> 00:45:42,750 Podo pensalo? 553 00:45:44,916 --> 00:45:46,250 Quen é este paiolo? 554 00:45:46,333 --> 00:45:47,791 Non ten respecto ningún. 555 00:45:59,083 --> 00:46:01,958 Es moito, Bela. Case cagas por ti? 556 00:46:03,208 --> 00:46:04,083 Case. 557 00:46:12,541 --> 00:46:15,250 A ver, canto pides pola mercancía? 558 00:46:15,333 --> 00:46:16,833 É un produto de calidade. 559 00:46:17,541 --> 00:46:20,041 O seu valor houbo de aumentar neste tempo. 560 00:46:21,333 --> 00:46:22,541 Que carallo…? 561 00:46:25,041 --> 00:46:26,958 Dustin Vang e os seus están no patio. 562 00:46:27,041 --> 00:46:28,250 Como cona pasaron? 563 00:46:28,333 --> 00:46:31,708 Tirou a porta coa furgo. Di que che vai queimar a casa. 564 00:46:31,791 --> 00:46:33,625 - Teñen armas. - Veña, arreando. 565 00:46:33,708 --> 00:46:37,083 Díxenche que queimar FunWorld non era boa idea. 566 00:46:38,125 --> 00:46:39,666 Méteo todo na caixa forte. 567 00:46:44,625 --> 00:46:46,583 - Que é isto? - 50 000 $. Última oferta. 568 00:46:46,666 --> 00:46:49,500 - Aínda non rematei de negociar. - Si tal. 569 00:46:49,583 --> 00:46:52,208 Eses cabróns de Sydney queren o noso mercado. 570 00:46:55,291 --> 00:46:56,708 Que miras? 571 00:46:58,291 --> 00:46:59,416 Queres un machete? 572 00:46:59,500 --> 00:47:01,375 Que? Nin de broma! 573 00:47:03,125 --> 00:47:04,041 Como queiras. 574 00:47:04,625 --> 00:47:08,708 Matar! 575 00:47:24,791 --> 00:47:25,916 Fodíchesme a cancela. 576 00:47:26,000 --> 00:47:29,625 Non vai ser o teu único problema. Despois de queimarche a casa, 577 00:47:29,708 --> 00:47:32,333 vouche arrincar a pirola e metercha polo cu. 578 00:47:32,416 --> 00:47:33,916 Vou volver dentro. 579 00:47:34,958 --> 00:47:36,416 Que orixinal. 580 00:47:36,500 --> 00:47:40,083 Move esa ferralla de merda ou tatúoche a cara nos collóns 581 00:47:40,166 --> 00:47:42,458 e mándollos a túa nai coma unha marionetiña. 582 00:47:46,041 --> 00:47:46,916 Matádeos! 583 00:47:47,000 --> 00:47:51,333 Quietos! Xa sei que non me coñecedes e eu non vos coñezo, 584 00:47:52,500 --> 00:47:55,333 pero creo que neste tipo de situación 585 00:47:55,416 --> 00:47:57,583 axuda ter outro punto de vista. 586 00:47:58,125 --> 00:47:59,291 Estasme vacilando? 587 00:47:59,375 --> 00:48:02,583 Os avós do meu padrasto eran refuxiados da segunda guerra mundial. 588 00:48:04,291 --> 00:48:07,916 Moitos coma eles viñeron a Darra fuxindo da guerra e iso. 589 00:48:08,000 --> 00:48:10,625 Os vosos pais contaríanvos a mesma historia. 590 00:48:10,708 --> 00:48:15,208 En realidade, todos somos estranxeiros, pero todos vemos aquí o noso fogar. 591 00:48:15,291 --> 00:48:17,250 Por que non baixamos as armas 592 00:48:17,333 --> 00:48:20,166 e arranxamos isto como familia, como veciños, 593 00:48:20,250 --> 00:48:23,500 sentados no patio cunha birra e uns contos? 594 00:48:27,541 --> 00:48:29,875 Quen vai ser o primeiro en dar a man? 595 00:48:34,208 --> 00:48:35,083 Matádeos! 596 00:48:35,958 --> 00:48:37,208 Mi madriña querida! 597 00:49:56,083 --> 00:49:57,083 Eli? 598 00:50:05,333 --> 00:50:07,000 Dime que é salsa de tomate. 599 00:50:08,000 --> 00:50:10,333 Non, desta volta si que é sangue. 600 00:50:11,291 --> 00:50:13,708 Deus santo, Eli, que pasou? 601 00:50:15,416 --> 00:50:17,833 Mira o que hai na mochila. 602 00:50:27,083 --> 00:50:30,875 Efectivo, 50 000. A entrada para a casa de mamá. 603 00:50:34,166 --> 00:50:35,083 Conseguímolo. 604 00:51:01,083 --> 00:51:02,083 Querida mamá: 605 00:51:02,166 --> 00:51:04,416 Só che digo que Gus tiña razón. 606 00:51:05,083 --> 00:51:07,583 Todo está pasando tal como dixo. 607 00:51:07,666 --> 00:51:11,333 Atopamos cousas vellas de Lyle e vendémolas. 608 00:51:11,416 --> 00:51:12,750 Ademais, papá cociña. 609 00:51:12,833 --> 00:51:15,291 Non vos chega o arrecendo? 610 00:51:22,791 --> 00:51:25,833 Só temos que durmir 1381 noites máis. 611 00:51:25,916 --> 00:51:28,083 Será coma nos vellos tempos. 612 00:51:28,166 --> 00:51:29,625 Mellor, prométocho. 613 00:51:34,458 --> 00:51:38,000 CASAS DRUMMOND PORTAS ABERTAS 614 00:51:43,041 --> 00:51:44,333 Que, non vos ule? 615 00:51:45,000 --> 00:51:47,250 Pois esperade a ver esta fermosura. 616 00:51:47,333 --> 00:51:50,250 Ai, hostia! Merda, carallo! 617 00:51:50,791 --> 00:51:51,958 Estás ben, papá? 618 00:51:53,583 --> 00:51:55,458 Estou, si. 619 00:51:55,541 --> 00:51:58,625 Fodín a torta. Supoño que aínda saberá ben. 620 00:52:00,041 --> 00:52:01,958 Víñanos ben ter un can. 621 00:52:05,125 --> 00:52:06,875 A CEA DO CAN 622 00:52:30,708 --> 00:52:32,375 Sairá en catro Nadais. 623 00:52:33,041 --> 00:52:34,208 Terei 17 anos. 624 00:53:16,708 --> 00:53:18,583 BASEADO NO LIBRO DE TRENT DALTON 625 00:55:24,000 --> 00:55:25,875 Subtítulos: Abraham Díaz López