1 00:00:56,083 --> 00:00:57,125 Lyle? 2 00:01:00,166 --> 00:01:01,125 Eli. 3 00:01:08,000 --> 00:01:08,958 Perdoa, colega. 4 00:01:10,583 --> 00:01:11,541 Non podo parar. 5 00:01:12,541 --> 00:01:13,958 Estou inspirado. 6 00:01:15,291 --> 00:01:17,250 Que fas aquí? Non estabas morto? 7 00:01:20,583 --> 00:01:22,666 Sempre formarei parte da túa vida. 8 00:01:24,625 --> 00:01:26,333 Só quero pasar desapercibido. 9 00:01:27,666 --> 00:01:28,875 Estou coa novela. 10 00:01:41,208 --> 00:01:44,083 ONDE ESTÁ LYLE? 11 00:01:45,166 --> 00:01:46,000 Lyle? 12 00:01:48,250 --> 00:01:49,083 Lyle! 13 00:01:52,000 --> 00:01:52,875 Lyle! 14 00:01:54,958 --> 00:01:55,833 Lyle! 15 00:02:17,291 --> 00:02:20,125 EPISODIO SEIS: RAPAZ BUSCA TRABALLO 16 00:02:20,208 --> 00:02:22,208 NATUREZA MORTA CON SAPO 17 00:02:27,208 --> 00:02:29,208 Bermuda, carta. 18 00:02:43,791 --> 00:02:46,958 Querido Alex: Levamos catro anos mandándonos cartas. 19 00:02:47,750 --> 00:02:49,458 Cambiaron moitas cousas. 20 00:02:50,041 --> 00:02:53,750 Como dicía Slim Halliday, o tempo é a resposta para todo. 21 00:02:54,541 --> 00:02:55,416 Veña. 22 00:02:56,583 --> 00:03:00,208 O tempo e outro derramo mandaron a Bich Dang a unha residencia… 23 00:03:00,291 --> 00:03:01,666 Moi ben. Xoga. 24 00:03:01,750 --> 00:03:03,541 …e ó seu fillo Darren á cadea. 25 00:03:06,916 --> 00:03:10,500 O tempo trouxo cervexa suave a Queensland. Papá bebe menos. 26 00:03:11,791 --> 00:03:15,541 O tempo fixo que Gus fale algo máis, pero segue a ser calado. 27 00:03:16,166 --> 00:03:17,083 E, por fin, 28 00:03:18,125 --> 00:03:19,000 por fin, 29 00:03:19,750 --> 00:03:21,416 o tempo sacou a mamá do caldeiro. 30 00:03:21,916 --> 00:03:24,750 Toca desenterrar os cartos e comprarlle unha casa. 31 00:03:24,833 --> 00:03:26,041 Bótame unha man. 32 00:03:41,458 --> 00:03:42,541 Hostia. 33 00:03:43,250 --> 00:03:44,166 - Aquí. - Rapaces? 34 00:03:44,750 --> 00:03:45,916 Veña, bule. 35 00:03:57,583 --> 00:03:58,625 A máquina de mamá. 36 00:04:00,166 --> 00:04:01,416 Móvete, veña. 37 00:04:05,208 --> 00:04:09,041 - Rapaces, que argallades? - Atopei a máquina de escribir de mamá. 38 00:04:09,125 --> 00:04:11,958 Xenial. Veña, lavade as mans. A cea está lista. 39 00:04:12,041 --> 00:04:14,541 Que non arrefríe. Hai chícharos, Gussie. 40 00:04:15,416 --> 00:04:18,416 Veña, aparta iso. Imos comer. 41 00:04:19,666 --> 00:04:21,875 - Grazas, papá. - De nada, colega. 42 00:04:22,750 --> 00:04:25,625 Gussie e os seus chícharos. Mañá é un gran día. 43 00:04:25,708 --> 00:04:29,166 Ides ir buscala á saída do cárcere ou…? 44 00:04:29,250 --> 00:04:31,500 Ela sae hoxe. Mañá imos a Morningside. 45 00:04:31,583 --> 00:04:32,916 A Morningside? 46 00:04:33,000 --> 00:04:35,583 As monxas teñen alí un fogar de acollida. 47 00:04:36,208 --> 00:04:38,666 Xa. Queredes cartos para o bus e iso? 48 00:04:38,750 --> 00:04:42,125 Estamos ben. Sacamos uns 200 limpando parabrisas, así que… 49 00:04:42,208 --> 00:04:44,291 - Perfecto. - Si. 50 00:04:44,375 --> 00:04:48,375 Limpando parabrisas? 200? Non vos fai falla tanto, soltádeme algo. 51 00:04:48,958 --> 00:04:50,791 Érache boa. Ti tes do teu. 52 00:04:54,833 --> 00:04:56,083 - Miramos aquí? - Si. 53 00:04:56,166 --> 00:04:59,958 FARMACIA DE JOEL 54 00:05:02,583 --> 00:05:03,791 - Bo día. - Boas. 55 00:05:04,625 --> 00:05:06,791 Dáme uns bombóns Calidade Selecta? 56 00:05:12,083 --> 00:05:14,583 - Grazas. - Sodes ladróns de bancos ou que? 57 00:05:14,666 --> 00:05:16,166 Non, camelos retirados. 58 00:05:20,375 --> 00:05:23,708 Vas quedar calvo de peitarte e non te vai recoñecer. 59 00:05:25,083 --> 00:05:27,125 Ese é o noso bus. Ei! 60 00:05:36,750 --> 00:05:40,625 - Non estás contento? - Estou, pero tamén algo nervioso. 61 00:05:41,541 --> 00:05:42,375 Por que? 62 00:05:43,041 --> 00:05:47,083 Pasou bastante tempo e Slim sempre dicía que o caldeiro te cambia. 63 00:05:47,750 --> 00:05:52,666 - Como? Segue a ser mamá. - Xa, pero nós tamén cambiamos. 64 00:05:53,375 --> 00:05:54,500 Aínda nos quere. 65 00:05:55,875 --> 00:05:58,875 Serás artista e xa es un heroe caritativo. 66 00:05:59,875 --> 00:06:01,458 Eu serei xornalista. 67 00:06:02,416 --> 00:06:04,958 Seremos unha familia na casa dos seus soños. 68 00:06:10,000 --> 00:06:10,833 Que? 69 00:06:11,500 --> 00:06:12,791 Nada, é que… 70 00:06:12,875 --> 00:06:15,125 Anímate un pouco, goza o momento. 71 00:06:16,083 --> 00:06:17,666 Si 72 00:06:26,291 --> 00:06:27,125 Grazas. 73 00:06:27,208 --> 00:06:28,041 Grazas. 74 00:06:32,000 --> 00:06:35,125 - É esta, non? - Non, debe ser esta. 75 00:06:37,166 --> 00:06:39,208 Levámoslle unha flor destas? 76 00:06:39,916 --> 00:06:40,750 Por que non? 77 00:06:43,916 --> 00:06:46,000 - Si? - Son Eli. El é Gus. 78 00:06:46,083 --> 00:06:48,833 - Viñemos ver a Frances. - Si! Agarda por vós. 79 00:06:49,875 --> 00:06:52,166 Así que flores? Que chusquiños. 80 00:07:02,000 --> 00:07:05,125 Adiante, rapaces. A cuarta porta á dereita. 81 00:07:14,666 --> 00:07:15,500 Pasade. 82 00:07:31,958 --> 00:07:32,833 Vaia. 83 00:07:32,916 --> 00:07:35,083 Canto medrastes. 84 00:07:38,458 --> 00:07:39,333 Ola, mamá. 85 00:07:40,541 --> 00:07:41,583 Aperta grupal? 86 00:07:48,625 --> 00:07:49,791 Boteite de menos. 87 00:07:53,458 --> 00:07:54,458 Foi horrible? 88 00:07:55,750 --> 00:07:58,166 Ese é o obxectivo do cárcere. 89 00:07:59,291 --> 00:08:01,166 Pero houbo momentos bos. 90 00:08:02,000 --> 00:08:03,875 Gastabámoslles bromas ás gardas. 91 00:08:03,958 --> 00:08:06,750 Falabamos de arranxar as nosas vidas de merda. 92 00:08:09,125 --> 00:08:12,125 Pero sabedes que foi o mellor de todo? 93 00:08:12,208 --> 00:08:13,916 Que foi o mellor de todo? 94 00:08:14,708 --> 00:08:19,916 Cando un cativo tolo de Darra se coou para ver a súa nai un día de Nadal. 95 00:08:21,333 --> 00:08:23,875 Aínda seguen a falar dese cativo. 96 00:08:32,041 --> 00:08:33,333 Unha pregunta seria. 97 00:08:35,166 --> 00:08:37,416 Onde queres vivir agora? 98 00:08:38,500 --> 00:08:41,791 Pois xa teño unha idea, a verdade. 99 00:08:43,166 --> 00:08:44,750 Nós tamén temos unha idea. 100 00:08:47,208 --> 00:08:49,375 Soltádea vós primeiro. 101 00:08:50,125 --> 00:08:53,458 Imaxina que déramos aforrado dabondo 102 00:08:54,375 --> 00:08:57,291 para a entrada dunha casa no Gap. 103 00:08:57,375 --> 00:08:59,083 CHALÉS WISTERIA NO GAP 104 00:08:59,166 --> 00:09:00,000 No Gap? 105 00:09:00,666 --> 00:09:03,291 De onde iades sacar tantos cartos? 106 00:09:04,333 --> 00:09:05,875 Imaxina que si. 107 00:09:08,375 --> 00:09:10,583 Xardín con árbores, patio traseiro. 108 00:09:10,666 --> 00:09:13,375 Poderías sentar fóra e tomar un Campari. 109 00:09:19,375 --> 00:09:21,500 Es un cachiño de pan, Eli. 110 00:09:22,708 --> 00:09:25,791 Pero, primeiro, xa non bebo Campari, 111 00:09:25,875 --> 00:09:28,291 e, segundo, teño unha idea mellor. 112 00:09:29,000 --> 00:09:30,208 Xa está decidido. 113 00:09:32,625 --> 00:09:33,458 O que? 114 00:09:37,083 --> 00:09:39,041 Vou ir vivir con Teddy Kallas. 115 00:09:40,541 --> 00:09:42,708 Que? Por que? 116 00:09:43,416 --> 00:09:44,250 Por que? 117 00:09:46,708 --> 00:09:47,708 Non… 118 00:09:49,541 --> 00:09:52,750 Non sei, supoño que namorei del. 119 00:09:53,291 --> 00:09:56,708 Sabes que delatou a Lyle, non? Soltoullo todo a Ivan. 120 00:10:02,666 --> 00:10:05,416 - Díxocho Darren Dang? - Pois si, dixo. 121 00:10:05,500 --> 00:10:07,041 Iso non é o que pasou. 122 00:10:07,125 --> 00:10:10,208 Teddy non tivo nada que ver, non hai máis voltas. 123 00:10:15,166 --> 00:10:19,541 Teddy portouse moi ben comigo mentres cumprín condena. 124 00:10:19,625 --> 00:10:21,833 Que? Que lle dean polo cu a Teddy! 125 00:10:25,041 --> 00:10:25,875 Merda. 126 00:10:28,833 --> 00:10:32,583 Por 2000 $, que froita non lle pides a un carballo? 127 00:10:32,666 --> 00:10:33,833 Peras. 128 00:10:34,333 --> 00:10:36,625 - Non lle pides peras. - Correcto. 129 00:10:36,708 --> 00:10:39,541 Está moi competido. Volvemos tralos anuncios. 130 00:10:53,666 --> 00:10:55,666 É MALA IDEA 131 00:10:55,750 --> 00:10:57,875 Non toques os cartos. Son para mamá. 132 00:10:57,958 --> 00:10:58,916 Non os quere. 133 00:10:59,000 --> 00:11:01,000 - Pode mercar un coche. - Ten o de Teddy. 134 00:11:01,083 --> 00:11:04,000 - En que vas gastar 50 000 $? - Non sei. Cousas. 135 00:11:04,791 --> 00:11:08,625 Pensas que ninguén se vai decatar? E non falo só da madeira. 136 00:11:09,333 --> 00:11:10,958 Eses cartos só traerán problemas. 137 00:11:36,458 --> 00:11:38,291 Ti es o cativo de Lyle Orlik, non? 138 00:11:39,541 --> 00:11:40,875 Sóbranche os cartos. 139 00:11:43,416 --> 00:11:46,375 Son o inspector Tim Cotton. A cadeira está libre? 140 00:11:47,166 --> 00:11:49,583 - Non, está ocupada. - Non tardo nada. 141 00:11:49,666 --> 00:11:52,875 Só quería darche os meus parabéns. 142 00:11:54,041 --> 00:11:54,875 Por? 143 00:11:55,625 --> 00:11:57,333 Porque túa nai está libre. 144 00:11:58,000 --> 00:12:02,041 Sempre é un pracer ver unha familia que volve polo bo camiño. 145 00:12:02,541 --> 00:12:04,375 Se non se volve desviar. 146 00:12:05,375 --> 00:12:09,958 Aí está o perigo, non? Cunha familia coma a túa, 147 00:12:10,041 --> 00:12:13,583 unha vez que coñeces as recompensas do lado escuro… 148 00:12:13,666 --> 00:12:15,125 Ti sábelo ben. 149 00:12:17,000 --> 00:12:18,416 Que insinúas, rapaz? 150 00:12:18,500 --> 00:12:20,583 Que es amigo de Ivan Kroll, non si? 151 00:12:21,375 --> 00:12:24,416 Vinvos xuntos hai anos nunha festa con Tytus Broz. 152 00:12:25,000 --> 00:12:26,875 Sabes o que lle pasou ó meu padrasto. 153 00:12:26,958 --> 00:12:31,166 A isto me refería precisamente. Non esquecer o pasado. 154 00:12:32,000 --> 00:12:33,750 Xogar co auténtico perigo. 155 00:12:34,750 --> 00:12:36,416 Sentirse danado. 156 00:12:40,291 --> 00:12:42,000 Esquéceo todo, meu. 157 00:12:42,583 --> 00:12:44,916 Esquéceo. Agradecerasmo. 158 00:12:48,750 --> 00:12:50,500 E deixa a bebida. 159 00:12:51,833 --> 00:12:54,041 Non te quero ver a tres patas. 160 00:12:55,208 --> 00:12:57,000 Seguro que túa nai tampouco. 161 00:13:00,458 --> 00:13:02,625 Despois de todo o que pasou. 162 00:13:15,083 --> 00:13:16,125 Veña, Shells. 163 00:13:17,375 --> 00:13:18,625 Tes que ir ó fisio. 164 00:13:20,375 --> 00:13:22,083 Se non, como vas mellorar? 165 00:13:22,750 --> 00:13:25,583 A distrofia muscular non funciona así, mamá. 166 00:13:25,666 --> 00:13:28,750 Nunca digas nunca. Arriba, pequecha! 167 00:13:28,833 --> 00:13:30,375 Non teño tres anos. 168 00:13:32,833 --> 00:13:34,208 - Estás lista? - Estou. 169 00:13:36,375 --> 00:13:37,208 Moi ben. 170 00:13:42,166 --> 00:13:45,458 Gus dixo que ía vir pola tarde ver o crícket contigo. 171 00:13:45,541 --> 00:13:47,000 Vaia puto planazo! 172 00:13:49,291 --> 00:13:52,625 Shelly, sei que o estás a pasar mal 173 00:13:52,708 --> 00:13:54,083 e que nada pinta ben, 174 00:13:54,166 --> 00:13:56,291 pero se non fas un esforzo por ti, 175 00:13:56,791 --> 00:13:58,541 faino por min, vale? 176 00:14:06,500 --> 00:14:09,625 Non me negues o dereito a ter esperanza. 177 00:14:11,708 --> 00:14:15,333 Porque agora mesmo é o único que me queda. 178 00:14:17,875 --> 00:14:20,291 Mi madriña, báixalle unha, reláxate. 179 00:14:38,250 --> 00:14:42,000 PARA A FAMILIA HUFFMAN. UN ADMIRADOR. BICOS. 180 00:15:03,000 --> 00:15:06,666 Teddy ofrécenos a todos unha casa, Eli. 181 00:15:07,625 --> 00:15:09,250 Tes unha opción mellor? 182 00:15:09,833 --> 00:15:11,666 Sempre podes vir con papá. 183 00:15:13,000 --> 00:15:14,875 Sabes que iso nunca sairía ben. 184 00:15:17,250 --> 00:15:18,166 Grazas. 185 00:15:23,125 --> 00:15:23,958 Robert é… 186 00:15:25,916 --> 00:15:28,958 Robert ten unha doenza, pero xa o viches cando se enche 187 00:15:29,041 --> 00:15:31,875 e ese non é o fogar no que quero que medres. 188 00:15:31,958 --> 00:15:33,125 Xa medramos nel. 189 00:15:33,208 --> 00:15:37,916 Teddy adoraba a Lyle e só quere axudar, Eli. 190 00:15:38,000 --> 00:15:42,500 E se buscas traballo, hai un titor no meu curso de psicoloxía 191 00:15:42,583 --> 00:15:46,291 que ten un sobriño que traballa de xornaleiro no Courier-Mail. 192 00:15:46,375 --> 00:15:47,416 "Xornalista." 193 00:15:48,000 --> 00:15:50,875 Si, iso. Díxome que adoitan buscar bolseiros 194 00:15:50,958 --> 00:15:52,875 e que podes falar co redactor. 195 00:15:52,958 --> 00:15:54,416 Apuntei o nome por aquí. 196 00:15:54,500 --> 00:15:57,458 - Por que non o chamas? - Non é tan doado, mamá. 197 00:15:57,541 --> 00:16:03,333 Pois vai alí e pide falar con el. A ti con dous minutos abóndache. 198 00:16:03,416 --> 00:16:05,291 - Non preciso traballo. - Veña. 199 00:16:05,375 --> 00:16:07,666 Todos precisamos traballo, Eli. 200 00:16:13,083 --> 00:16:14,500 Teño que marchar. 201 00:16:14,583 --> 00:16:16,666 En serio? Xa está aquí? 202 00:16:17,291 --> 00:16:18,208 Por favor. 203 00:16:19,125 --> 00:16:20,750 Volveriamos ser unha familia. 204 00:16:22,166 --> 00:16:24,208 Sería fantástico. 205 00:16:32,958 --> 00:16:34,083 - Ola. - Ola. 206 00:16:36,375 --> 00:16:38,875 Que hai, mangallón? Canto tempo! 207 00:16:39,375 --> 00:16:42,000 - Xa. - Faleille da túa oferta a Eli. 208 00:16:43,208 --> 00:16:44,708 Que veñan vivir connosco. 209 00:16:44,791 --> 00:16:46,375 Si, claro. Por que non? 210 00:16:46,458 --> 00:16:50,125 Hai un cuarto libre, limpámolo e metemos dúas camas. 211 00:16:50,208 --> 00:16:55,458 E cando eu non estea, vós e vosa nai teredes a casa toda para vós, eh? 212 00:16:55,541 --> 00:16:57,958 Así vixiádesma, eh? 213 00:17:01,166 --> 00:17:03,875 Ti pénsao, si? Veña, vamos. 214 00:17:08,708 --> 00:17:09,666 Pénsao. 215 00:17:24,208 --> 00:17:28,333 Australia non logra acadar bos resultados neste último día do partido. 216 00:17:28,416 --> 00:17:30,916 Espera regresar ó dominio que podemos ver 217 00:17:31,000 --> 00:17:33,458 nestes momentos dos días anteriores. 218 00:17:48,041 --> 00:17:51,250 Fantástica recepción de Richie Richardson. 219 00:17:52,208 --> 00:17:54,416 - Como nos vai? - Coma o carallo. 220 00:17:54,500 --> 00:17:56,375 …de todos. 221 00:17:56,958 --> 00:17:58,875 E Geoff Marsh sabe… 222 00:18:00,666 --> 00:18:01,833 Mandouna lonxe. 223 00:18:01,916 --> 00:18:06,541 Mamá manda saúdos. Quere que vaiamos vivir con Teddy. 224 00:18:07,250 --> 00:18:08,125 Merda! 225 00:18:12,416 --> 00:18:14,041 Teddy come pata de cordeiro? 226 00:18:15,541 --> 00:18:19,166 - De que carallo falas? - Boa xogada dos nosos, dos guerreiros. 227 00:18:21,416 --> 00:18:23,083 Un lanzamento magnífico. 228 00:18:23,166 --> 00:18:24,875 Que fixeches todo o día? 229 00:18:26,000 --> 00:18:27,083 Caridade. 230 00:18:27,583 --> 00:18:30,916 Así remata a súa quenda. Golpeou co borde… 231 00:18:31,000 --> 00:18:32,208 Queres un té? 232 00:18:37,041 --> 00:18:38,750 Ola, papá. Que tal o libro? 233 00:18:38,833 --> 00:18:40,416 Moi bo, si. 234 00:18:42,250 --> 00:18:45,625 - Queres un té? - Encantaríame, pero o leite está picado. 235 00:18:45,708 --> 00:18:48,875 A sorte sorriulle a unha familia moi especial 236 00:18:48,958 --> 00:18:51,041 dun barrio do suroeste de Brisbane. 237 00:18:51,583 --> 00:18:52,750 Pero a cervexa non. 238 00:18:52,833 --> 00:18:58,000 Tessa Huffman, nai solteira, esperaba recadar 70 000 $ 239 00:18:58,083 --> 00:19:02,666 para mellorar a vida da súa filla Shelly, que sofre distrofia muscular. 240 00:19:02,750 --> 00:19:04,375 Nos últimos catro anos, 241 00:19:04,458 --> 00:19:08,000 a escola recadara algo máis de 15 000 $. 242 00:19:08,083 --> 00:19:10,541 Ata esta mañá, nun milagre inesperado. 243 00:19:11,208 --> 00:19:15,166 Tessa e Shelly Huffman teñen unha incrible historia que contar. 244 00:19:15,250 --> 00:19:17,166 Tessa, como atopou o diñeiro? 245 00:19:17,250 --> 00:19:20,041 Saín á porta para coller o xornal e… 246 00:19:21,166 --> 00:19:23,416 velaí estaba, xa sabe, o paquete. 247 00:19:23,500 --> 00:19:25,833 - Non sabiamos que tiña. - Non pode ser. 248 00:19:26,666 --> 00:19:30,250 Cabrón de merda! Décheslles os meus putos cartos? 249 00:19:30,333 --> 00:19:33,416 Que carallo? Que hostias che pasa? 250 00:19:34,041 --> 00:19:35,291 Manda carallo, Gus! 251 00:19:37,333 --> 00:19:38,166 Merda! 252 00:19:38,958 --> 00:19:41,375 Que che dean! Puto… 253 00:19:41,458 --> 00:19:42,333 Rapaces. 254 00:19:43,916 --> 00:19:45,333 - Rapaces. - Cabrón! 255 00:19:45,416 --> 00:19:46,458 Hostia! 256 00:19:46,541 --> 00:19:48,041 Ei, tranquilos! 257 00:19:48,541 --> 00:19:50,416 - Merda. - Quietos. 258 00:19:50,500 --> 00:19:51,750 Arruináchesnos, hostia! 259 00:19:51,833 --> 00:19:54,125 O que me arruinaches foi a pel de ovella. 260 00:19:54,208 --> 00:19:56,125 As pelexas no dojo, rapaces. 261 00:19:57,083 --> 00:19:58,125 Deus santo. 262 00:19:58,208 --> 00:19:59,875 Shelly, algunha mensaxe… 263 00:19:59,958 --> 00:20:02,125 Íasnos meter nun monte de merda. 264 00:20:03,125 --> 00:20:04,666 Non me podía arriscar. 265 00:20:05,583 --> 00:20:08,208 Sexas quen sexas, quérote. 266 00:20:09,708 --> 00:20:11,625 Volvemos á redacción. 267 00:20:12,416 --> 00:20:16,375 Se esta historia non vos conmove, nada o fará. 268 00:20:21,041 --> 00:20:22,875 - Deica. - Ola, Courier-Mail? 269 00:20:23,791 --> 00:20:25,791 Grazas por chamar, avisareino. 270 00:20:28,458 --> 00:20:29,916 Veño ver a Brian Robertson. 271 00:20:30,000 --> 00:20:32,291 - Tes cita con el? - Escribinlle. 272 00:20:32,791 --> 00:20:34,333 Xa, pero contestouche? 273 00:20:34,916 --> 00:20:35,750 Non. 274 00:20:36,500 --> 00:20:38,375 Cal é o motivo da visita? 275 00:20:38,458 --> 00:20:40,375 Veño solicitar unha bolsa. 276 00:20:40,458 --> 00:20:43,125 Ai, meu rei, o prazo rematou hai tres meses. 277 00:20:43,208 --> 00:20:44,833 Volve o ano que vén. 278 00:20:44,916 --> 00:20:46,083 - Pero… - Que? 279 00:20:47,250 --> 00:20:49,500 É que me fai moita falla, de verdade… 280 00:20:51,708 --> 00:20:54,333 Acórdome de ti. Es aquel cativo coa venda 281 00:20:54,416 --> 00:20:57,125 que impediu que o outro petara contra a porta. 282 00:20:57,208 --> 00:20:58,125 E ben? 283 00:20:58,708 --> 00:21:01,500 Mira, éme imposible deixar que entres, 284 00:21:02,541 --> 00:21:06,083 pero non podo impedir que pasees polo aparcadoiro ás 20:00. 285 00:21:06,166 --> 00:21:07,208 Que pasa ás 20:00? 286 00:21:07,958 --> 00:21:11,375 O xefe adoita marchar. Non lle digas que cho dixen eu. 287 00:21:12,166 --> 00:21:15,875 Courier-Mail. Pásoo con algún departamento? Grazas. 288 00:21:16,791 --> 00:21:19,416 Perdón, unha cousiña máis. Onde aparca? 289 00:21:20,291 --> 00:21:22,750 - Ti queres ser xornalista? - Idealmente. 290 00:21:23,250 --> 00:21:25,875 Pois pescuda que praza do aparcadoiro 291 00:21:25,958 --> 00:21:27,625 ten o nome do redactor. 292 00:21:29,000 --> 00:21:31,791 REPORTEIRO POLÍTICO XEFE PRAZA RESERVADA 293 00:21:55,666 --> 00:21:56,666 Señor Robertson? 294 00:21:58,041 --> 00:21:59,625 Si, que queres? 295 00:21:59,708 --> 00:22:02,041 Son Eli Bell. Teño un par de preguntas… 296 00:22:02,125 --> 00:22:06,416 Eu tamén. Esa gravata é fea de carallo. De onde a tiraches? 297 00:22:06,500 --> 00:22:09,833 Deuma meu pai. Como ama as palabras, supuxo que lle gustaría. 298 00:22:10,791 --> 00:22:11,958 Coñezo o teu pai? 299 00:22:12,583 --> 00:22:13,583 Penso que non. 300 00:22:13,666 --> 00:22:18,208 Obvio, vese que non me coñece. Odio as palabras. Perséguenme en soños. 301 00:22:18,708 --> 00:22:22,125 - Talvez lle sexa útil. - Para consellos de moda non creo. 302 00:22:22,208 --> 00:22:24,958 - Para unha das súas bolsas. - O ano que vén. 303 00:22:25,041 --> 00:22:28,000 - Sei que ata novembro non… - Estamos en febreiro. 304 00:22:28,083 --> 00:22:31,083 Chegas tres meses tarde ou nove meses cedo. 305 00:22:31,583 --> 00:22:32,583 Teño unha historia. 306 00:22:36,958 --> 00:22:38,416 Pois cóntama rápido. 307 00:22:38,500 --> 00:22:41,666 Se non ma contas en tres palabras, non temos titular. 308 00:22:41,750 --> 00:22:43,541 "John Lennon asasinado." 309 00:22:44,291 --> 00:22:45,875 "Iraq invade Irán." 310 00:22:45,958 --> 00:22:47,208 "Morreu a ironía?" 311 00:22:48,750 --> 00:22:50,250 - Pois… - Xa vai unha. 312 00:22:50,750 --> 00:22:54,291 - Depende da perspectiva… - Síntoo. Volve en novembro. 313 00:23:19,958 --> 00:23:22,875 O tren da plataforma un diríxese a Caboolture, 314 00:23:22,958 --> 00:23:26,000 expreso dende Bowen Hills ata Eagle Junction e… 315 00:23:30,541 --> 00:23:31,458 Caitlyn Spies? 316 00:23:35,250 --> 00:23:36,416 Son Eli Bell. 317 00:23:39,583 --> 00:23:42,333 Vaia, non te recoñecía. 318 00:23:46,041 --> 00:23:48,291 Falamos noutro momento? É o meu tren. 319 00:23:51,375 --> 00:23:52,375 Peche de portas… 320 00:23:52,458 --> 00:23:53,416 Si, o meu tamén. 321 00:23:55,041 --> 00:23:57,333 - Paras de camiño a Caboolture? - Preto. 322 00:23:58,625 --> 00:24:01,750 - Podo sentar? - Claro, adiante. 323 00:24:04,791 --> 00:24:07,041 Que te trouxo polo centro? 324 00:24:07,791 --> 00:24:10,166 Unha reunión co teu xefe sobre unha bolsa. 325 00:24:12,250 --> 00:24:14,750 Non a podes solicitar ata novembro, sabes? 326 00:24:15,500 --> 00:24:16,333 Iso dixo. 327 00:24:17,375 --> 00:24:20,041 Fíxoche iso típico del? O das tres palabras? 328 00:24:21,166 --> 00:24:22,500 A verdade é que si. 329 00:24:23,291 --> 00:24:25,583 Encántalle facérllelo ós novatos. 330 00:24:26,666 --> 00:24:28,625 Lembro que na primeira entrevista 331 00:24:28,708 --> 00:24:32,541 pediume que resumise a miña personalidade en tres palabras. 332 00:24:33,791 --> 00:24:34,958 Que lle dixeches? 333 00:24:37,291 --> 00:24:38,500 "Spies sempre indaga." 334 00:24:39,625 --> 00:24:40,500 Por que? 335 00:24:43,708 --> 00:24:46,541 Sempre tiven que chegar ó fondo dos asuntos. 336 00:24:49,291 --> 00:24:50,125 E iso? 337 00:24:50,708 --> 00:24:51,791 Pois… 338 00:24:53,958 --> 00:24:56,541 Miña nai morreu cando tiña oito anos, 339 00:24:57,833 --> 00:25:00,958 e algo así suscítache moitas preguntas. 340 00:25:02,666 --> 00:25:05,458 Que pasou? Quen foi o responsable? 341 00:25:07,041 --> 00:25:09,625 Se existe Deus, por que ela, de toda a xente, 342 00:25:09,708 --> 00:25:13,250 cando hai tanto cabrón solto polo mundo adiante? 343 00:25:18,125 --> 00:25:19,750 Daquela volta, no xornal, 344 00:25:21,041 --> 00:25:25,041 íasme contar algo do teu padrasto, pero fuxiches. 345 00:25:26,958 --> 00:25:30,666 O único que dicía a policía é que o estaban a investigar. 346 00:25:30,750 --> 00:25:32,041 Escribiches un artigo. 347 00:25:32,125 --> 00:25:34,416 Certos policías protexen certos criminais 348 00:25:34,500 --> 00:25:37,125 e eses criminais encárganse dos narcos para a policía. 349 00:25:37,208 --> 00:25:39,000 Todos sacan tallada. 350 00:25:42,083 --> 00:25:44,791 Que criminal matou o teu padrasto? 351 00:25:46,166 --> 00:25:49,333 Mira, miña nai acaba de saír do cárcere 352 00:25:49,416 --> 00:25:52,041 e agora só quere estabilidade e seguridade. 353 00:25:52,125 --> 00:25:54,583 Non quero volver remover esa merda. 354 00:25:55,500 --> 00:25:58,666 Creo que ás veces é bo remover a merda. 355 00:26:00,708 --> 00:26:02,208 Non dende a miña experiencia. 356 00:26:03,125 --> 00:26:05,458 Ás veces é mellor esquecelo todo. 357 00:26:09,083 --> 00:26:11,708 Se queres respostas, eu iría falar con Bich Dang. 358 00:26:12,458 --> 00:26:16,583 Agora non está moi ben, pero ha de saber onde están os corpos 359 00:26:16,666 --> 00:26:17,625 e todo iso. 360 00:26:20,833 --> 00:26:23,166 Pero non menciones o meu nome. 361 00:26:24,666 --> 00:26:25,500 Vale. 362 00:26:27,000 --> 00:26:29,083 Eagle Junction. Pasaxeiros para Shorncliffe… 363 00:26:29,166 --> 00:26:30,791 Eu baixo aquí. 364 00:26:30,875 --> 00:26:32,541 …cambien aquí de liña. 365 00:26:37,458 --> 00:26:40,250 Non vives preto de Caboolture, non? 366 00:26:40,333 --> 00:26:41,208 Vivo en Darra. 367 00:26:41,875 --> 00:26:44,791 Non pasa nada, vou ata Northgate e cambio alí. 368 00:26:45,291 --> 00:26:46,125 Claro. 369 00:26:48,458 --> 00:26:49,291 Mira. 370 00:26:50,833 --> 00:26:54,458 Un conselliño: se queres escribir para o xornal, 371 00:26:54,541 --> 00:26:56,625 ti escribe para o xornal. 372 00:26:57,291 --> 00:27:01,083 Atopa algo tan caralludo que non poidan evitar publicalo. 373 00:27:02,375 --> 00:27:04,166 Moi ben. Pensareino. 374 00:27:16,083 --> 00:27:19,833 Querido Alex: Espero que che concedesen a condicional. 375 00:27:20,958 --> 00:27:23,541 Non está sendo doado comezar como xornalista, 376 00:27:23,625 --> 00:27:25,416 pero recibín bos consellos. 377 00:27:26,416 --> 00:27:30,583 En fin, mamá quere que vaiamos vivir con ela e Teddy unha semana. 378 00:27:30,666 --> 00:27:32,625 Papá cre que debemos facelo por ela. 379 00:27:33,166 --> 00:27:35,166 Canto tempo, Gussie! 380 00:27:35,250 --> 00:27:37,625 Ola. Como estás, colega? 381 00:27:37,708 --> 00:27:38,541 Eli. 382 00:27:41,041 --> 00:27:42,666 Que vos parece? 383 00:27:42,750 --> 00:27:43,958 Veña, vamos. 384 00:27:44,041 --> 00:27:46,708 Metede as mochilas e ensínovos a parte de atrás. 385 00:27:46,791 --> 00:27:51,125 Quérovos ensinar algo. Vaivos encantar. Con coidado. Veña. 386 00:27:53,458 --> 00:27:54,875 Ola, mamá. Que tal? 387 00:27:55,916 --> 00:27:56,791 Compórtate. 388 00:27:59,791 --> 00:28:01,208 Esta é a sala. 389 00:28:01,708 --> 00:28:03,916 Teño moitas pelis de kung-fu, Gussie. 390 00:28:04,708 --> 00:28:08,083 Pensamos que este podería ser o voso cuarto. 391 00:28:09,291 --> 00:28:12,083 - Pola mañá ten unha luz fermosísima. - Si. 392 00:28:13,375 --> 00:28:14,666 Deixade as mochilas. 393 00:28:14,750 --> 00:28:18,791 Todo isto era de miña nai. 394 00:28:19,875 --> 00:28:23,541 Agora deben valer unha fortuna. Son moi especiais. 395 00:28:24,500 --> 00:28:27,583 Veña, quero ensinarvos algo fóra. Vamos. 396 00:28:27,666 --> 00:28:30,666 Esta é a ducha. Faravos falla. 397 00:28:30,750 --> 00:28:33,250 Esta é a cociña. Non nos fará falla. 398 00:28:33,333 --> 00:28:34,500 Si ou que, rapaces? 399 00:28:35,375 --> 00:28:37,708 E estes son os meu cativiños. 400 00:28:37,791 --> 00:28:41,833 Este é Arco e esta é Frecha. 401 00:28:41,916 --> 00:28:43,666 Pilládelo? Si? Como… 402 00:28:45,083 --> 00:28:48,750 Ola, como estades? Que vos parece? 403 00:28:50,416 --> 00:28:53,833 Moi ben, vamos. Perfecto. Vide aquí. Agora… 404 00:28:55,166 --> 00:28:58,875 Que me dicides disto? 405 00:29:03,250 --> 00:29:05,791 É un Kenworth K100 convencional. 406 00:29:07,458 --> 00:29:08,875 Veña. Podemos subir. 407 00:29:09,541 --> 00:29:12,416 Gussie, ti de copiloto. Ten coidado coa porta. 408 00:29:12,500 --> 00:29:13,958 Pode estar algo dura. 409 00:29:17,041 --> 00:29:19,375 Que vos parece, rapaces? Eh? 410 00:29:19,458 --> 00:29:23,333 Aire acondicionado, comunicación por radio. Eli, ven ver… 411 00:29:23,875 --> 00:29:24,708 Aquí estou ben. 412 00:29:25,958 --> 00:29:28,500 Como queiras. Mira isto. 413 00:29:31,916 --> 00:29:33,125 Ola, Marlon. 414 00:29:35,208 --> 00:29:36,791 Aquí Teddy Kallas. Estás? 415 00:29:37,541 --> 00:29:41,208 Alguén? Fitz? Non hai ninguén conectado? Eh! 416 00:29:43,708 --> 00:29:46,583 Sabedes que? Cando non hai ninguén na radio, 417 00:29:46,666 --> 00:29:49,083 ás veces falo con Lyle. 418 00:29:50,416 --> 00:29:54,791 - Si, como, na miña imaxinación. - Ai, si? E de que falas con el? 419 00:29:55,791 --> 00:29:59,458 Dos momentos que pasamos xuntos, sabes? 420 00:30:00,541 --> 00:30:01,500 De cativos. 421 00:30:06,958 --> 00:30:08,875 Era o meu mellor amigo. 422 00:30:16,875 --> 00:30:20,500 Señora Dang? Chámome Caitlyn Spies. 423 00:30:21,583 --> 00:30:24,041 Podería facerlle un par de preguntas? 424 00:30:27,375 --> 00:30:29,916 Coñeceu alguén chamado Lyle Orlik? 425 00:30:31,875 --> 00:30:33,125 Coñézote a ti. 426 00:30:34,833 --> 00:30:37,041 Es a reporteira do xornal ese. 427 00:30:38,791 --> 00:30:41,083 Aquí non estou segura. 428 00:30:42,541 --> 00:30:44,416 Quen máis sabe que viñeches? 429 00:30:45,833 --> 00:30:47,750 - Ninguén. - O carallo. 430 00:30:49,750 --> 00:30:51,541 Todos queren matarme. 431 00:30:52,083 --> 00:30:52,916 Quen? 432 00:30:53,000 --> 00:30:53,958 Todos. 433 00:30:59,666 --> 00:31:01,500 - Seguro que non. - É verdade! 434 00:31:03,291 --> 00:31:05,833 Sei demasiado. 435 00:31:06,541 --> 00:31:09,583 Talvez poida compartilo comigo. 436 00:31:12,375 --> 00:31:14,916 Xa sei eu como traballades os xornalistas. 437 00:31:15,541 --> 00:31:17,708 A vós páganvos por artigo 438 00:31:17,791 --> 00:31:21,375 e algún pobre pailán sofre as consecuencias. 439 00:31:22,875 --> 00:31:27,041 E que máis vos dá? Sodes peores ca os traficantes. 440 00:31:28,041 --> 00:31:30,541 Só preciso información sobre Lyle Orlik. 441 00:31:30,625 --> 00:31:33,166 Ti non precisas información ningunha. 442 00:31:34,125 --> 00:31:35,291 Non vou falar. 443 00:31:40,208 --> 00:31:41,041 Moi ben. 444 00:31:49,541 --> 00:31:50,375 En fin… 445 00:31:52,083 --> 00:31:53,500 por se cambia de idea. 446 00:32:04,166 --> 00:32:07,833 Se volve saber de min, será porque morrín. 447 00:32:25,708 --> 00:32:28,125 CINE ROXLEY 448 00:32:28,625 --> 00:32:31,666 Que? Que vos pareceu Rain Man? 449 00:32:31,750 --> 00:32:32,833 Estivo ben. 450 00:32:35,000 --> 00:32:38,458 Teu irmán podería facer cousas desas de xenios? 451 00:32:38,541 --> 00:32:43,750 Se lle ensino unha morea de escarvadentes sabería dicirme cantos hai exactamente? 452 00:32:43,833 --> 00:32:46,833 Non é autista, Teddy. É só que non fala moito. 453 00:32:47,375 --> 00:32:48,875 E que diferenza hai? 454 00:32:48,958 --> 00:32:51,458 Sabes que sacou as mellores notas e puido ir á uni? 455 00:32:51,541 --> 00:32:55,750 Xa, pero na uni esperarían que dixese algo de cando en vez, non? 456 00:32:56,333 --> 00:32:58,208 Ás veces si que fala. A que si? 457 00:32:58,750 --> 00:33:00,291 E por que non fala comigo? 458 00:33:02,541 --> 00:33:03,541 Quieto, Gussie. 459 00:33:04,958 --> 00:33:05,958 Algún comentario? 460 00:33:11,041 --> 00:33:13,583 - Pensará que delataches a Lyle. - Eli! 461 00:33:16,250 --> 00:33:18,750 Non pasa nada. Non sei de que fala. 462 00:33:23,916 --> 00:33:25,333 De que falas? 463 00:33:26,541 --> 00:33:29,458 Delatáchelo ante Ivan Kroll para deitarte con mamá. 464 00:33:29,541 --> 00:33:31,083 Eli, abonda! 465 00:34:23,875 --> 00:34:26,250 Estabas mellor calado, Eli. 466 00:34:27,083 --> 00:34:28,541 Como sabes que non é certo? 467 00:34:29,791 --> 00:34:31,583 Xa cho expliquei. 468 00:34:33,791 --> 00:34:35,625 Entra e pídelle perdón. 469 00:34:38,666 --> 00:34:40,125 Non quería dicir iso. 470 00:34:40,208 --> 00:34:43,916 Si tal! Oíchelo ti, eu e todo Cristo. 471 00:34:44,000 --> 00:34:46,333 Oíuno a puta rúa enteira. 472 00:34:46,416 --> 00:34:49,208 Non son un delator! Nunca delatei a Lyle. 473 00:34:49,291 --> 00:34:51,291 Mírame, nunca delatei a Lyle. 474 00:34:51,375 --> 00:34:56,166 Estaba cortando esa merda e alguén, obviamente, delataríao. 475 00:34:56,250 --> 00:34:59,208 - E punto. Que culpa teño eu? - Xa, explicareillo… 476 00:34:59,291 --> 00:35:00,833 Vasllo explicar? 477 00:35:00,916 --> 00:35:03,000 Non quero a ninguén baixo este teito, 478 00:35:03,083 --> 00:35:07,125 baixo o teito dos meus putos pais, acusándome de merda ningunha. 479 00:35:07,208 --> 00:35:10,500 Que delatei o meu mellor amigo? Ese é o nivel? 480 00:35:10,583 --> 00:35:14,583 Eu tamén teño unha teoría. Foi o puto Papá Noel. 481 00:35:17,250 --> 00:35:18,458 Bo día, durmiñón. 482 00:35:22,958 --> 00:35:25,083 - A onde vas? - Fóra. 483 00:35:25,625 --> 00:35:28,500 Á cea farei o teu prato favorito: pata de cordeiro. 484 00:35:28,583 --> 00:35:30,125 Se chegas para as seis. 485 00:35:32,750 --> 00:35:33,708 Con sorte, si. 486 00:35:42,333 --> 00:35:43,166 Bo día. 487 00:35:54,041 --> 00:35:55,166 Comezamos? 488 00:35:56,166 --> 00:35:58,125 Dádelle uns minutos. 489 00:36:28,916 --> 00:36:30,916 Tes sede? Hai cervexa na neveira. 490 00:36:53,375 --> 00:36:55,375 Sabes que problema ten? 491 00:36:57,791 --> 00:36:59,041 Malcriáchelo. 492 00:37:02,250 --> 00:37:04,875 Coa merda esta de non falar volvíchelo tan tolo 493 00:37:04,958 --> 00:37:06,166 coma o seu puto pai. 494 00:37:06,250 --> 00:37:07,416 Come a cea, Teddy. 495 00:37:07,500 --> 00:37:10,125 Se pode contestar, por que non o fai, Frankie? 496 00:37:12,208 --> 00:37:15,000 Se podes contestar, por que non contestas, Gus? 497 00:37:15,083 --> 00:37:18,166 E quen ía querer vivir co tipo que intentou matarte 498 00:37:18,250 --> 00:37:21,000 tirándose co coche a un puto encoro? 499 00:37:23,708 --> 00:37:24,958 Foi un ataque de pánico. 500 00:37:25,041 --> 00:37:28,083 - Non sabía o que facía. - Eli, é un puto mentireiro. 501 00:37:28,750 --> 00:37:30,666 E ti un puto pailán por crelo. 502 00:37:30,750 --> 00:37:32,666 - Teddy, abonda. - Non abonda, non. 503 00:37:32,750 --> 00:37:34,958 Sabedes que? Ide todos tomar polo cu. 504 00:37:35,041 --> 00:37:39,291 Esta era a mesa de miña nai e había unhas putas normas que cumprir. 505 00:37:39,875 --> 00:37:43,708 Podedes marchar desta puta mesa e ir todos tomar polo cu. 506 00:37:43,791 --> 00:37:47,208 - Collede os pratos, remataremos… - Non! 507 00:37:47,291 --> 00:37:50,666 Non! Déixao aí! 508 00:37:50,750 --> 00:37:52,875 Non o toques, hostia. Senta. 509 00:37:54,875 --> 00:37:55,875 Arco! 510 00:37:57,000 --> 00:37:58,750 Frecha! Vide aquí. 511 00:37:58,833 --> 00:38:00,208 Veña, vide. 512 00:38:00,291 --> 00:38:04,125 Que vaiades tomar polo cu! Arreando, hostia! 513 00:38:04,208 --> 00:38:06,583 Nesta mesa só come a familia. Vide. 514 00:38:08,041 --> 00:38:10,708 Bo rapaz. Mira o que tes aí. 515 00:38:10,791 --> 00:38:13,625 Pata de cordeiro. Rica, eh? Si, así. 516 00:38:13,708 --> 00:38:15,791 Sube. Si. 517 00:38:15,875 --> 00:38:18,166 Moi ben. Mira, Frecha, mira iso. 518 00:38:18,250 --> 00:38:21,708 - Bo rapaz. Aí, crávalle o dente. - Mamá, é mellor marchar. 519 00:38:21,791 --> 00:38:23,833 Bo cadelo. 520 00:38:23,916 --> 00:38:24,750 Mamá… 521 00:38:24,833 --> 00:38:28,041 Por fin alguén que sabe cal é o seu sitio, está caladiño 522 00:38:28,125 --> 00:38:30,958 e non traba a puta man que lle dá de comer. 523 00:38:31,458 --> 00:38:33,875 Aí, hai moito máis. Come. 524 00:38:33,958 --> 00:38:35,916 - Mamá? - Iso é, que rico! 525 00:38:38,208 --> 00:38:39,166 Que carallo… 526 00:38:39,958 --> 00:38:41,333 Que carallo foi iso? 527 00:38:45,625 --> 00:38:47,083 Eran de miña nai. 528 00:38:53,375 --> 00:38:54,250 Frankie. 529 00:38:56,208 --> 00:38:57,041 Non. 530 00:38:57,750 --> 00:38:58,833 Non te atrevas. 531 00:39:00,750 --> 00:39:01,916 - Non! - Non! 532 00:39:06,458 --> 00:39:07,291 Para. 533 00:39:10,166 --> 00:39:11,500 Que non se movan de aí! 534 00:39:15,583 --> 00:39:17,166 Puta de merda. 535 00:39:24,500 --> 00:39:25,541 Puta… 536 00:39:32,583 --> 00:39:33,416 Ven aquí. 537 00:39:41,500 --> 00:39:42,708 Moi ben, agora… 538 00:39:44,208 --> 00:39:45,875 Veña, ven aquí. 539 00:39:46,833 --> 00:39:47,666 Veña! 540 00:39:52,291 --> 00:39:53,125 Tes sede, eh? 541 00:40:01,250 --> 00:40:02,291 - Mamá. - Mamá! 542 00:40:03,083 --> 00:40:04,000 Mamá. 543 00:40:07,875 --> 00:40:11,083 Collede as vosas cousas. Liscamos. 544 00:40:47,333 --> 00:40:48,166 Diga? 545 00:40:48,916 --> 00:40:50,541 Papá, son eu. 546 00:40:52,708 --> 00:40:53,583 Estás sobrio? 547 00:40:56,333 --> 00:40:58,750 Mamá necesita un sitio. Podemos ir? 548 00:41:00,083 --> 00:41:03,791 E logo Freddy? Como era? Teddy? A casa de Teddy? 549 00:41:03,875 --> 00:41:06,875 Intentou matala e non ten onde ir. 550 00:41:07,541 --> 00:41:10,458 - E o fogar de acollida? - Son monxas xubiladas. 551 00:41:10,541 --> 00:41:12,958 Iría alí por ela e arrastraríaa dos pelos. 552 00:41:13,041 --> 00:41:16,625 Xa, pero aquí tamén a vai atopar. 553 00:41:16,708 --> 00:41:19,833 - Non pensaches niso? - Pero coidámola entre todos. 554 00:41:22,375 --> 00:41:23,208 Papá? 555 00:41:24,416 --> 00:41:26,541 Pasamos moito xuntos, colega. 556 00:41:30,500 --> 00:41:31,333 Papá? 557 00:41:44,083 --> 00:41:45,958 Dixo que si. 558 00:42:15,750 --> 00:42:16,875 Bo día. 559 00:42:23,458 --> 00:42:24,541 Grazas, Robert. 560 00:42:25,666 --> 00:42:26,791 Si, nada. 561 00:42:27,583 --> 00:42:28,458 Rapaces. 562 00:42:41,375 --> 00:42:43,125 É só… 563 00:42:50,500 --> 00:42:55,666 Se ordenamos isto, pode ser o teu cuarto. 564 00:42:56,458 --> 00:42:57,916 Estou ben na sala. 565 00:42:58,416 --> 00:43:03,708 Nada, limparémolo todo e así terás un sitio para ti. 566 00:43:08,625 --> 00:43:09,666 Veña. 567 00:43:17,291 --> 00:43:18,250 - Perdoa. - Perdoa. 568 00:43:19,416 --> 00:43:21,333 Tes un corte ben feo no beizo. 569 00:43:22,500 --> 00:43:23,458 Xa pasará. 570 00:43:27,333 --> 00:43:30,000 - Cólloo eu. - Non, pode ser Teddy. 571 00:43:30,500 --> 00:43:31,333 Non pasa nada. 572 00:43:32,916 --> 00:43:33,791 Diga? 573 00:43:34,500 --> 00:43:35,500 Pásame a túa nai. 574 00:43:36,166 --> 00:43:38,833 - Quen é? - Que me pases a túa nai. 575 00:43:39,416 --> 00:43:40,291 Dáme iso. 576 00:43:40,916 --> 00:43:43,541 Que parte non entendes? 577 00:43:43,625 --> 00:43:46,750 - Non vou volver. - Non, Frankie. 578 00:43:47,333 --> 00:43:50,333 Como veñas por aquí, rebentámosche a cabeza. 579 00:43:50,416 --> 00:43:51,500 - Non, Eli… - Como? 580 00:43:51,583 --> 00:43:54,833 Non te entendín ben. Que vas facer que, Eli? 581 00:43:55,333 --> 00:43:59,125 - Dille que chamaremos a policía. - Mamá xa avisou a policía. 582 00:43:59,208 --> 00:44:00,500 Non tal. 583 00:44:00,583 --> 00:44:03,458 Acabo de escoitar o pailán de teu pai dicilo. 584 00:44:03,541 --> 00:44:05,166 Ei, que te oio! 585 00:44:05,250 --> 00:44:07,875 Estou a oílo todo, Teddy, que o saibas. 586 00:44:08,458 --> 00:44:10,166 Denuncioute por agresión. 587 00:44:10,750 --> 00:44:13,708 O carallo, Eli. Dille que vou agora mesmo buscala. 588 00:44:13,791 --> 00:44:15,083 Vai tomar polo cu. 589 00:44:15,666 --> 00:44:18,291 Vou ir co meu puto bate de béisbol, Eli. 590 00:44:18,375 --> 00:44:22,000 Trae pelotas tamén, hai unha familia enteira esperando por ti. 591 00:44:38,625 --> 00:44:42,708 Fitz, Marlon. Moteiro. Hai alguén aí? 592 00:44:46,166 --> 00:44:47,000 Non. 593 00:44:47,625 --> 00:44:49,458 Aquí hai un bate. Perfecto. 594 00:44:55,000 --> 00:44:56,875 Isto vale. E as rateiras. 595 00:44:56,958 --> 00:44:57,875 Listo. 596 00:45:01,083 --> 00:45:04,250 E poñeremos graxa no chan ou algo, non sei. 597 00:45:04,333 --> 00:45:06,541 - Subo, si? - Moi ben, vai. 598 00:45:14,375 --> 00:45:18,291 Comezaremos con resistencia non violenta. 599 00:45:18,375 --> 00:45:20,750 Se non funciona, estamos preparados. 600 00:45:44,833 --> 00:45:45,666 Mango de brosa. 601 00:45:48,791 --> 00:45:49,708 Grazas. 602 00:46:14,958 --> 00:46:16,083 Quen é ese? 603 00:46:30,041 --> 00:46:31,666 Frankie! 604 00:46:33,541 --> 00:46:36,666 Veño levarte á casa! Move o cu e ven aquí! 605 00:46:38,666 --> 00:46:41,000 Non vou volver contigo, Teddy! 606 00:46:41,083 --> 00:46:43,166 Tiveches a túa oportunidade. Rematamos. 607 00:46:43,250 --> 00:46:46,583 Non! Remataremos cando o diga eu! 608 00:46:46,666 --> 00:46:47,875 Di que vaias á merda! 609 00:46:47,958 --> 00:46:50,958 Sae do xardín antes de chamarmos a policía, pailán! 610 00:47:06,208 --> 00:47:08,458 A señora dixo que marches do xardín. 611 00:47:12,083 --> 00:47:12,958 Vai á merda. 612 00:47:17,458 --> 00:47:19,291 Quen carallo te cres que es? 613 00:47:19,375 --> 00:47:22,166 Alex Bermuda, sarxento dos Rebeldes. 614 00:47:22,250 --> 00:47:23,666 Como estás? Todo ben? 615 00:47:23,750 --> 00:47:27,000 Mira, xa me estás levando de volta o puto merdeiro este 616 00:47:27,083 --> 00:47:29,333 - ó buraco do que saíu. - Si. 617 00:47:29,416 --> 00:47:33,083 E cando esperte, dille que aquí non se lle perde nada. 618 00:47:33,166 --> 00:47:35,916 Non volverá por aquí na vida, entendido? 619 00:47:36,833 --> 00:47:38,291 - Si, señor. - Liscade. 620 00:47:39,458 --> 00:47:40,291 Esperta. 621 00:47:40,375 --> 00:47:41,750 Cólleo do brazo. Bule. 622 00:47:41,833 --> 00:47:44,500 Veña, érguete. Vamos, colega. 623 00:47:44,583 --> 00:47:45,416 Marchamos. 624 00:47:58,250 --> 00:48:00,666 Velaí o problema deste país. 625 00:48:01,541 --> 00:48:04,750 Pensan que só poden resolver os problemas con violencia. 626 00:48:04,833 --> 00:48:07,208 - Ti has de ser Eli. - E ti Alex Bermuda. 627 00:48:07,291 --> 00:48:08,625 Que tal, colega? 628 00:48:08,708 --> 00:48:10,541 Queres tomar algo? 629 00:48:11,583 --> 00:48:14,541 - Mataría por un té. - Acendo o fervedoiro. 630 00:48:15,666 --> 00:48:16,500 Pasa. 631 00:48:37,000 --> 00:48:37,833 Ida? 632 00:48:40,583 --> 00:48:42,041 Bonito cuarto. 633 00:48:45,833 --> 00:48:49,458 - Supoño que chas mandou Tytus. - Un home moi considerado. 634 00:48:49,541 --> 00:48:51,958 É. Dixo que che deixase escoller. 635 00:48:52,958 --> 00:48:54,875 Almofada ou xeringa. 636 00:48:59,791 --> 00:49:01,333 Prefiro a xeringa. 637 00:49:03,000 --> 00:49:04,041 Os vellos tempos. 638 00:49:04,125 --> 00:49:05,791 Vellos tempos? Para nada. 639 00:49:06,500 --> 00:49:07,541 Sen negocio. 640 00:49:08,666 --> 00:49:09,666 Sen saúde. 641 00:49:10,833 --> 00:49:11,958 Sen fillo. 642 00:49:13,291 --> 00:49:15,041 Para que vou loitar máis? 643 00:49:15,625 --> 00:49:17,583 Tytus pensou que o verías así. 644 00:49:28,000 --> 00:49:32,083 É incrible todo o que está a investigar. 645 00:49:33,750 --> 00:49:36,208 Non sei. Non somos científicos. 646 00:49:36,291 --> 00:49:37,291 El tampouco. 647 00:49:48,208 --> 00:49:49,666 Podes marchar. 648 00:49:54,291 --> 00:49:55,458 Quedo un intre. 649 00:49:57,375 --> 00:49:58,541 Preciso asegurarme. 650 00:50:03,666 --> 00:50:04,666 Iso é. 651 00:50:46,000 --> 00:50:49,541 Ten unha mensaxe no contestador: "De limpeza, como falamos." 652 00:50:51,458 --> 00:50:52,541 Grazas, Sophie. 653 00:50:56,666 --> 00:51:00,125 Declara que para coexistir economicamente co nordeste asiático, 654 00:51:00,208 --> 00:51:03,541 é necesario abolir a protección industrial na vindeira década. 655 00:51:04,041 --> 00:51:07,041 Última nova: Bich Dang, peculiar personaxe de Brisbane. 656 00:51:07,125 --> 00:51:09,625 foi achada morta na residencia Brunswick Heads, 657 00:51:09,708 --> 00:51:12,083 ó parecer, debido a causas naturais. 658 00:51:12,166 --> 00:51:14,833 Segundo a policía, non hai circunstancias sospeitosas. 659 00:51:14,916 --> 00:51:15,916 Toma outro. 660 00:51:16,000 --> 00:51:17,208 Grazas, señora Bell. 661 00:51:20,416 --> 00:51:23,500 Se ti ou alguén que coñeces sofre violencia de xénero 662 00:51:23,583 --> 00:51:27,250 e precisa axuda e recursos, visita: wannatalkaboutit.com 663 00:53:36,375 --> 00:53:39,291 Subtítulos: Abraham Díaz López