1 00:00:26,000 --> 00:00:29,120 Comisario, unha pregunta, por favor! 2 00:00:30,240 --> 00:00:33,480 Aseguro que despregamos un operativo sen precedentes, 3 00:00:33,560 --> 00:00:35,600 pero déannos tempo para traballar. 4 00:00:35,680 --> 00:00:38,240 Agora, a confidencialidade é imprescindible. 5 00:00:38,320 --> 00:00:40,720 Prégolles que confíen na policía. 6 00:00:40,760 --> 00:00:42,520 É xusto pedir confianza 7 00:00:42,600 --> 00:00:45,680 cando levan semanas ocultando o do asasino en serie? 8 00:00:45,760 --> 00:00:49,040 Foron semanas necesarias para que a policía traballara 9 00:00:49,120 --> 00:00:50,960 e ter vantaxe sobre o asasino. 10 00:00:51,040 --> 00:00:54,440 Vantaxe que perdemos grazas a vostede, Anaïs. 11 00:00:54,520 --> 00:00:55,760 Comisario, por favor! 12 00:01:04,680 --> 00:01:06,840 "A policía non caza o asasino." 13 00:01:07,280 --> 00:01:09,240 Parece que se armou unha boa. 14 00:01:09,280 --> 00:01:11,720 Mellor dito, armámola boa nós. 15 00:01:11,800 --> 00:01:13,880 Que murmurades vós os dous? 16 00:01:14,440 --> 00:01:15,760 Que di, madre? 17 00:01:15,840 --> 00:01:17,800 - Agocha isto. - Pero... 18 00:01:19,000 --> 00:01:20,200 Que non o vexa. 19 00:01:20,280 --> 00:01:23,520 Dicía que o piso, para ser da policía, non está mal. 20 00:01:23,600 --> 00:01:25,200 En 40 anos de profesión, 21 00:01:25,280 --> 00:01:29,440 teu pai non sentiu nin un só día a necesidade de saír da cidade. 22 00:01:29,520 --> 00:01:30,760 Nin un só día. 23 00:01:30,840 --> 00:01:32,200 - Héctor! - Señora. 24 00:01:32,280 --> 00:01:34,240 Non podo vivir nestas condicións. 25 00:01:34,320 --> 00:01:36,360 Non atopo ningún dos meus básicos. 26 00:01:36,440 --> 00:01:37,680 E a miña roupa? 27 00:01:38,240 --> 00:01:41,280 E os meus encrucillados? Necesito unha copa, Héctor. 28 00:01:41,360 --> 00:01:45,360 Non se preocupe, señora. O equipo de limpeza está a punto de chegar. 29 00:01:45,440 --> 00:01:47,800 En canto á súa copa, 30 00:01:47,880 --> 00:01:53,480 aquí pode gozar dun dediño de licor de cereixa de Dona Carmiña. 31 00:01:55,320 --> 00:01:58,760 Bota ben, alegremente, que teño un día moi difícil. 32 00:01:58,840 --> 00:02:00,320 Éncheo. 33 00:02:00,400 --> 00:02:01,560 Que rico. 34 00:02:02,640 --> 00:02:04,480 Déixolle o almorzo? 35 00:02:04,560 --> 00:02:07,800 Non vou almorzar, que teño un día moi díficil. Despois. 36 00:02:08,480 --> 00:02:09,840 - Permiso. - Grazas. 37 00:02:14,240 --> 00:02:16,680 Segue media comisaría aí fóra? 38 00:02:16,760 --> 00:02:19,160 Se meu irmán quixera buscar a Cándido 39 00:02:19,280 --> 00:02:22,440 como quere evitar que eu saia, xa o tería atopado. 40 00:02:22,560 --> 00:02:23,400 E isto? 41 00:02:24,160 --> 00:02:28,160 O que non imaxina é que non necesitas saír da casa para avanzar. 42 00:02:31,160 --> 00:02:32,760 - Tela? - Si. 43 00:02:33,720 --> 00:02:34,880 Deixeina aquí. 44 00:02:35,760 --> 00:02:37,160 - Marabilloso. - Mire. 45 00:02:38,040 --> 00:02:38,960 Probáchela? 46 00:02:39,040 --> 00:02:43,720 Se non contamos con que me abrasa as orellas, funciona estupendamente. 47 00:02:43,800 --> 00:02:47,640 Óese a frecuencia de comisaría coma se estiveramos alí. 48 00:02:49,120 --> 00:02:51,560 - Que descubriches? - É de tolos. 49 00:02:51,640 --> 00:02:55,240 Agora resulta que toda a cidade se cruzou con el pola rúa. 50 00:02:55,320 --> 00:02:59,720 "Que se é o meu veciño, que se é o meu caseiro, que se é o meu xefe..." 51 00:02:59,800 --> 00:03:02,440 Ata oín a unha que xurou que era a súa sogra. 52 00:03:03,280 --> 00:03:05,680 - É este? - A sogra? 53 00:03:05,760 --> 00:03:08,000 E? Non, a nota clave. Mira. 54 00:03:08,080 --> 00:03:09,880 "A porteira dunha pensión 55 00:03:09,960 --> 00:03:11,960 viuno axexando hai dúas semanas. 56 00:03:12,040 --> 00:03:13,440 Brillábanlle as mans." 57 00:03:13,520 --> 00:03:15,800 Mira. 58 00:03:17,240 --> 00:03:18,080 Ves? 59 00:03:18,800 --> 00:03:22,200 Levo días fregando e non hai maneira de que marche. 60 00:03:22,280 --> 00:03:25,120 Saio do baño, mírome e, cando creo que xa está... 61 00:03:25,200 --> 00:03:26,120 Un lampexo. 62 00:03:26,200 --> 00:03:27,960 E despois outro e outro. 63 00:03:28,480 --> 00:03:30,920 O asasino traballa na xastrería do teatro 64 00:03:31,000 --> 00:03:32,000 e el cosía... 65 00:03:32,080 --> 00:03:33,600 Os traxes das coristas. 66 00:03:33,680 --> 00:03:36,120 Coma o meu cando entrei a buscarte. 67 00:03:38,120 --> 00:03:41,200 A ver... Pasaxe da Vicerraíña, 23. 68 00:03:42,280 --> 00:03:46,080 Pero vostede xa non pode saír de aquí. Estana vixiando. 69 00:03:47,080 --> 00:03:49,000 Certo. Estou secuestrada! 70 00:03:49,080 --> 00:03:50,440 - Isto é... - Señorita! 71 00:03:50,520 --> 00:03:52,720 Non podemos perder os nervios. 72 00:03:52,800 --> 00:03:54,560 Así non gañamos nada. 73 00:03:57,160 --> 00:03:58,480 Podería ir eu. 74 00:04:00,040 --> 00:04:03,320 - Como? - E por que vas poder saír ti e eu non? 75 00:04:03,400 --> 00:04:07,120 E quen cre que sae todas as mañás facer a compra? 76 00:04:07,680 --> 00:04:09,360 Non miran para o mordomo. 77 00:04:09,440 --> 00:04:14,040 Se saio co carro da compra, ninguén sospeitará nada. 78 00:04:14,920 --> 00:04:18,240 Non sei, Héctor. E se te mancan outra vez? 79 00:04:18,320 --> 00:04:19,960 Non podo deixarte ir só. 80 00:04:20,440 --> 00:04:21,360 Vouno intentar. 81 00:04:22,360 --> 00:04:23,720 E a placa de papá? 82 00:04:24,240 --> 00:04:27,600 Quero dous coches na porta as 24 horas. Vixiade... 83 00:04:27,680 --> 00:04:29,200 Anda, dáme un pito. 84 00:04:29,240 --> 00:04:30,800 - Es un pedichón. - Veña. 85 00:04:30,880 --> 00:04:33,720 É o último que che dou. Sempre estás pedindo. 86 00:04:38,360 --> 00:04:42,000 Señorita, de todas as loucuras que fixo, 87 00:04:42,080 --> 00:04:43,680 esta é a máis gorda. 88 00:04:44,360 --> 00:04:46,040 Estás seguro de que aguanta? 89 00:04:47,040 --> 00:04:50,520 Por suposto. Teñen máis de 400 fíos. 90 00:04:50,600 --> 00:04:54,200 Pero non é a saba o que me preocupa que se rompa, 91 00:04:54,240 --> 00:04:55,440 senón a súa cabeza. 92 00:04:55,520 --> 00:04:57,240 Ti agarra con forza. 93 00:04:57,360 --> 00:05:02,040 En realidade, voume apoiar na tubaxe. Isto só é un seguro de vida. 94 00:05:02,760 --> 00:05:03,880 Mon Dieu. 95 00:05:05,360 --> 00:05:07,040 Vai ir todo ben. 96 00:05:11,040 --> 00:05:13,360 Vai ir todo ben. 97 00:05:14,440 --> 00:05:15,520 Non! 98 00:05:38,520 --> 00:05:39,480 Héctor. 99 00:05:46,720 --> 00:05:47,560 Bo día. 100 00:05:49,080 --> 00:05:50,000 Marina? 101 00:05:52,080 --> 00:05:54,640 Héctor Hugo, axente de policía. 102 00:05:57,200 --> 00:05:59,960 Héctor Hugo, axente de policía. 103 00:06:01,640 --> 00:06:04,080 Héctor Hugo, axente de policía. 104 00:06:04,600 --> 00:06:07,960 Veño preguntarlle por Cándido Expósito. 105 00:06:08,520 --> 00:06:11,640 Menos mal que veu, axente. Non consigo durmir 106 00:06:11,720 --> 00:06:14,000 desde que vin a súa foto no xornal. 107 00:06:14,080 --> 00:06:17,600 Tiña unha cara estraña, das que non se esquecen. 108 00:06:17,680 --> 00:06:19,680 Como estiven falando con el... 109 00:06:19,760 --> 00:06:20,880 Falou con el? 110 00:06:20,960 --> 00:06:22,320 Un pouco, si. 111 00:06:23,560 --> 00:06:26,480 Con esta miopía que Deus me deu, 112 00:06:26,560 --> 00:06:29,000 tendo a desconfiar, sabe? 113 00:06:29,080 --> 00:06:32,240 O caso é que el estaba alí, naquela esquina, 114 00:06:32,320 --> 00:06:36,120 teso coma un pau, mirando cara ao meu portal. 115 00:06:37,440 --> 00:06:43,040 Unha hora, dúas horas... Cinco horas estivo polo menos. 116 00:06:43,120 --> 00:06:44,680 Eu díxenme: 117 00:06:44,760 --> 00:06:47,000 "Chusa, isto non é normal." 118 00:06:47,640 --> 00:06:49,120 Porque normal non era. 119 00:06:49,960 --> 00:06:54,000 E claro, eu necesitaba velo ben para quedarme tranquila. 120 00:06:54,080 --> 00:06:58,160 Entón, púxenme a varrer 121 00:06:59,680 --> 00:07:03,080 e funme acercando pouco a pouco. 122 00:07:03,720 --> 00:07:04,960 E, de súpeto, 123 00:07:05,040 --> 00:07:07,800 deume un golpe no ombreiro e preguntoume. 124 00:07:07,880 --> 00:07:11,720 Aí foi cando lle vin as mans, que tiñan puntiños brillantes. 125 00:07:12,480 --> 00:07:13,320 E nada. 126 00:07:13,400 --> 00:07:15,240 Preguntou pola señora do 3º A. 127 00:07:15,320 --> 00:07:18,320 E quen é a señora do 3º A? 128 00:07:19,200 --> 00:07:22,400 Unha tal Emilia. Chegou hai xusto un mes. 129 00:07:22,480 --> 00:07:23,920 E, agora que o penso, 130 00:07:24,000 --> 00:07:26,400 tiña que pagarme o alugueiro antonte. 131 00:07:26,480 --> 00:07:30,520 Será mellor que peche, se é que vén de incógnito. 132 00:07:34,240 --> 00:07:36,720 A ver por que non pagou esa desventurada. 133 00:07:42,880 --> 00:07:46,120 Oia, e daranme unha recompensa, ou? 134 00:07:46,200 --> 00:07:47,680 Porque xa digo eu 135 00:07:47,760 --> 00:07:50,080 que isto non está pagado. 136 00:07:52,360 --> 00:07:54,280 Deberiamos chamar a policía. 137 00:07:54,360 --> 00:07:56,040 Non é vostede policía? 138 00:07:56,120 --> 00:07:59,240 A máis policía, digo. Moita máis. 139 00:08:05,400 --> 00:08:06,400 Ola? 140 00:08:09,360 --> 00:08:10,800 Ai, non. 141 00:08:15,280 --> 00:08:18,440 - Seguro que non é nada. - Si. Seguro. 142 00:08:18,520 --> 00:08:21,120 - Vamos. - Seguro. 143 00:08:32,280 --> 00:08:33,520 Permiso. 144 00:08:35,720 --> 00:08:38,000 Anda! Deixaron a radio prendida. 145 00:08:52,640 --> 00:08:55,480 - Si? - Xa a temos. 146 00:08:55,520 --> 00:08:57,360 Pero está morta. 147 00:08:57,440 --> 00:09:00,400 - Xa vou. - Non, nin en broma. 148 00:09:00,480 --> 00:09:03,960 Xa estou aquí dentro e poñerá de novo en risco a misión. 149 00:09:04,040 --> 00:09:06,080 Tomácheslle o pulso? Está morta? 150 00:09:06,160 --> 00:09:09,640 Creo que non fai falta. Ten unha cor entre gris e negra 151 00:09:09,720 --> 00:09:11,960 que non parece moi sa. 152 00:09:12,080 --> 00:09:14,360 E por que agora unha muller maior? 153 00:09:15,040 --> 00:09:18,040 Non dixeches nada da flor de lis. Tena no peito? 154 00:09:18,120 --> 00:09:20,640 É que coa roupa non se ve ben. 155 00:09:21,600 --> 00:09:22,440 Íspea. 156 00:09:22,960 --> 00:09:25,520 Por Deus, señorita, que é unha pobre anciá. 157 00:09:26,240 --> 00:09:30,280 Necesitamos saber se a súa morte garda relación coas outras vítimas. 158 00:09:30,760 --> 00:09:32,240 Chusa! 159 00:09:32,320 --> 00:09:35,040 - Saúde! - É o nome da porteira. 160 00:09:35,120 --> 00:09:37,080 - Que? - Chusa, é a forense. 161 00:09:37,160 --> 00:09:40,640 Necesitamos que actúe de interlocutora 162 00:09:40,720 --> 00:09:43,360 mentres eu examino o cadáver. 163 00:09:44,120 --> 00:09:47,000 Chusa Malpica, ao seu servizo. 164 00:09:47,080 --> 00:09:48,000 Dígame. 165 00:09:48,080 --> 00:09:51,720 Aquí Pastora Luna, forense ao servizo da policía. 166 00:09:52,640 --> 00:09:53,840 Está xunto ao corpo? 167 00:09:54,840 --> 00:09:56,400 Si, señora. Está o axente. 168 00:09:56,480 --> 00:10:00,520 - Que proceda a retirarlle a roupa. - Proceda a retirarlle a roupa. 169 00:10:05,600 --> 00:10:06,640 Habemus flor. 170 00:10:06,760 --> 00:10:09,000 - Que? - Repita o que digo. 171 00:10:09,080 --> 00:10:10,520 Habemus flor. 172 00:10:11,480 --> 00:10:12,880 Habemus flor. 173 00:10:15,520 --> 00:10:18,320 Dígalle que busque os seus obxectos persoais. 174 00:10:18,400 --> 00:10:22,120 Que rexistre roupeiros, caixóns e calquera cousa que fora dela. 175 00:10:22,200 --> 00:10:27,760 Que mire nos petos se ten algún broche, algún adorno ou algo. 176 00:10:29,880 --> 00:10:32,160 Só leva unha alianza, 177 00:10:32,760 --> 00:10:33,880 pero está atoada. 178 00:10:40,880 --> 00:10:41,760 Héctor? 179 00:10:45,880 --> 00:10:47,720 O teléfono, por favor. 180 00:10:49,000 --> 00:10:50,040 Señorita, 181 00:10:50,120 --> 00:10:54,600 aquí hai unha postal dirixida á morta cun enderezo novo. 182 00:10:55,280 --> 00:10:58,880 Creo, señorita, que é hora de chamar a policía. 183 00:11:00,000 --> 00:11:02,320 Non, a policía non. 184 00:11:02,800 --> 00:11:04,080 Un policía. 185 00:11:05,680 --> 00:11:08,440 O corpo conservouse bastante ben polo frío, 186 00:11:08,520 --> 00:11:11,920 pero diría que esta muller foi asasinada hai dúas semanas. 187 00:11:12,440 --> 00:11:16,280 Para asegurarnos, teremos que agardar os resultados do exame. 188 00:11:16,360 --> 00:11:17,840 Vale, perfecto. 189 00:11:18,760 --> 00:11:21,640 - Moitísimas grazas, don Ricardo. - Vamos. 190 00:11:23,960 --> 00:11:28,360 - Tes que quedar aí escondida, por favor! - Necesito ver a marca do peito. 191 00:11:28,440 --> 00:11:30,760 Vaime caer o pelo se me ven axudándote! 192 00:11:30,840 --> 00:11:32,560 - Agóchate! - Inspector Zarco? 193 00:11:33,800 --> 00:11:34,640 Señor. 194 00:11:35,320 --> 00:11:38,960 Zarco, teño que darlle as miñas máis sinceras felicitacións. 195 00:11:40,480 --> 00:11:42,440 - Está vostede ben? - Si. 196 00:11:42,520 --> 00:11:46,440 Pensei que seguía molesto comigo polo do outro día e... 197 00:11:46,520 --> 00:11:47,840 - Por miña irmá? - Si. 198 00:11:47,920 --> 00:11:49,960 O da miña irmá non ten nome. 199 00:11:50,040 --> 00:11:52,120 As mulleres complícannos a vida. 200 00:11:53,360 --> 00:11:56,440 Grazas a vostede, temos un novo rastro do asasino. 201 00:11:56,520 --> 00:11:57,360 En fin... 202 00:11:57,440 --> 00:11:59,360 Como identificou a pista clave 203 00:11:59,440 --> 00:12:01,520 entre todas as chamadas recibidas? 204 00:12:01,600 --> 00:12:03,840 Un golpe de sorte, supoño. 205 00:12:03,920 --> 00:12:07,240 Non sexa modesto. Gústame rodearme dos mellores. 206 00:12:08,040 --> 00:12:11,720 - Como foi? - Recibimos a chamada ás once... 207 00:12:11,800 --> 00:12:13,720 FLOR DE LIS 208 00:12:24,240 --> 00:12:27,600 Por un momento, pensei que tiña que axudarlle, inspector. 209 00:12:27,680 --> 00:12:28,600 Chega tarde. 210 00:12:29,600 --> 00:12:32,840 - Lume? - Non, é que... 211 00:12:36,720 --> 00:12:37,800 Queda con el. 212 00:12:40,880 --> 00:12:43,560 - Grazas. - Debíache unha. 213 00:12:44,400 --> 00:12:47,320 Non estivo ben deixarte esposado na comisaría. 214 00:12:47,400 --> 00:12:50,280 Vaia, isto si que non o esperaba. 215 00:12:50,360 --> 00:12:51,560 Iso é unha desculpa? 216 00:12:55,160 --> 00:12:58,120 Pedinche que viñeras para traballar contigo. 217 00:12:58,640 --> 00:13:00,880 Non. Como? Non. 218 00:13:01,000 --> 00:13:03,240 - Sabes que non podes... - Si que podo. 219 00:13:03,800 --> 00:13:06,760 Non pararei ata meter ese miserable no cárcere. 220 00:13:07,840 --> 00:13:12,280 Ademais, como xa viches, no fondo non vos necesito. 221 00:13:13,200 --> 00:13:17,120 E se non nos necesitas, por que queres traballar comigo? 222 00:13:17,200 --> 00:13:18,440 Para algo puntual. 223 00:13:19,360 --> 00:13:20,360 Xa. 224 00:13:21,200 --> 00:13:23,920 - Tes algún plan? - Cando non o teño? 225 00:13:25,680 --> 00:13:27,960 Necesito que vixíes ti este piso. 226 00:13:29,120 --> 00:13:31,480 Non. Xa arrisquei esta mañá para sacarte 227 00:13:31,560 --> 00:13:33,560 - e non sempre sae ben. - Pablo! 228 00:13:34,040 --> 00:13:35,960 Salvarías vidas inocentes. 229 00:13:41,920 --> 00:13:43,080 Como fariamos iso? 230 00:13:44,080 --> 00:13:45,000 Hai trato? 231 00:13:47,400 --> 00:13:48,320 Si. 232 00:13:48,400 --> 00:13:50,560 - Marina, ven cear! - Vou! 233 00:13:52,160 --> 00:13:55,400 - Cando nos volvemos ver? - Estás propoñendo unha cita? 234 00:13:58,240 --> 00:14:03,000 - Mañá ás nove na porta da casa. - Tesme que contar que tes na cabeza. 235 00:14:03,080 --> 00:14:04,320 Boa noite. 236 00:14:04,920 --> 00:14:06,000 Boa noite. 237 00:14:14,000 --> 00:14:17,080 Que vaian sentando, Lourditas. Volvo enseguida. 238 00:14:24,520 --> 00:14:25,440 Boa idea. 239 00:14:26,360 --> 00:14:28,680 Saltar a cea e pasar xa á sobremesa. 240 00:14:30,480 --> 00:14:31,440 Podo? 241 00:14:36,680 --> 00:14:38,600 A min tamén me amarga esta cea. 242 00:14:43,960 --> 00:14:45,720 Non vas dicir nada? 243 00:14:45,800 --> 00:14:49,680 Arturo, debería estar eu cabreada contigo. 244 00:14:50,320 --> 00:14:52,880 Deixáchesme soa 24 horas con mamá. 245 00:14:53,440 --> 00:14:55,880 Xa o dicía papá. Non te acordas? 246 00:14:55,960 --> 00:14:57,160 "Mamá encerrada, 247 00:14:57,240 --> 00:15:00,080 - a peor condena." - "A peor condena." 248 00:15:00,840 --> 00:15:03,400 Lembras que de pequenos te enfadabas 249 00:15:03,480 --> 00:15:06,960 - cando pintaba os teus monecos? - Eran de coleccionista. 250 00:15:07,880 --> 00:15:10,840 Que neno colecciona monecos e non xoga con eles? 251 00:15:10,920 --> 00:15:11,760 Eu. 252 00:15:16,200 --> 00:15:18,600 Marina, ti que esperas da vida? 253 00:15:20,120 --> 00:15:22,240 Pregúntocho sinceramente. 254 00:15:24,040 --> 00:15:27,160 Non sei como actuar contigo para que me respectes. 255 00:15:27,840 --> 00:15:30,760 Tes unha familia fantástica, unha vida regalada 256 00:15:31,800 --> 00:15:33,800 e homes ricos chamando á porta. 257 00:15:34,640 --> 00:15:36,840 Ata Rosa querería que forades amigas. 258 00:15:38,200 --> 00:15:41,280 Non te das conta do difícil que nolo pos a todos? 259 00:15:45,080 --> 00:15:46,800 Que eu volo poño difícil? 260 00:15:49,760 --> 00:15:50,600 Arturo, 261 00:15:51,760 --> 00:15:54,680 difícil é ter que renunciar a todos os teus soños. 262 00:15:57,280 --> 00:16:00,040 Aceptar que nunca serás a policía que querías, 263 00:16:01,200 --> 00:16:05,000 que tes que casar para que non te traten coma un bicho raro, 264 00:16:05,840 --> 00:16:09,760 que vas ter que vivir dunha determinada forma só por ser muller. 265 00:16:12,880 --> 00:16:14,920 Eu non espero nada da vida. 266 00:16:15,880 --> 00:16:17,840 O único que quero é ser que son. 267 00:16:19,880 --> 00:16:22,080 Creo que, se o pensaras un momento, 268 00:16:22,800 --> 00:16:25,600 daríaste conta de quen é inxusto con quen. 269 00:16:37,960 --> 00:16:39,800 Non vou cear, non teño fame. 270 00:17:31,040 --> 00:17:32,320 Por favor... 271 00:17:34,000 --> 00:17:35,200 Señores! 272 00:17:35,280 --> 00:17:36,680 Non o esperabamos aquí. 273 00:17:36,760 --> 00:17:38,320 Hoxe ocúpome eu da garda. 274 00:17:38,400 --> 00:17:41,960 A Sra. Asunción quería ir recoller cousas e Ramírez escóltaa. 275 00:17:42,040 --> 00:17:44,240 Efectivamente. Saíron agora, señor. 276 00:17:44,320 --> 00:17:47,280 Perfecto. Pois eu vixío aquí. Vostede faga a rolda. 277 00:17:47,880 --> 00:17:50,720 Señores, por favor, recollan! Vamos, veña! 278 00:17:51,960 --> 00:17:54,480 A señora queixouse do rebumbio que montamos 279 00:17:54,560 --> 00:17:56,080 e non quero que pase iso. 280 00:17:56,200 --> 00:17:57,560 A señora ten carácter. 281 00:17:57,640 --> 00:17:59,520 Si, debe ser de familia. 282 00:17:59,560 --> 00:18:02,200 Se queren, vaian tomar uns churros ao bar. 283 00:18:02,280 --> 00:18:03,560 - Grazas. - Grazas. 284 00:18:05,400 --> 00:18:08,040 - Deixaches o coche lonxe? - A onde imos? 285 00:18:08,080 --> 00:18:11,040 - Pensei que non marchaban. - Este non é o trato. 286 00:18:11,080 --> 00:18:13,560 Coa señorita Marina, nada é predicible. 287 00:18:14,080 --> 00:18:16,160 - El tamén vén? - Non cho dixen? 288 00:18:16,240 --> 00:18:17,400 Somos un equipo. 289 00:18:17,480 --> 00:18:21,520 - Isto pásame por fiarme de vostede. - Volvemos ao "vostede"? 290 00:18:22,520 --> 00:18:23,640 Pardon. 291 00:18:23,720 --> 00:18:24,960 Veña, vamos. 292 00:18:25,040 --> 00:18:28,880 - E a muller da pensión? - Pois a vítima chamábase Emilia Bouzas. 293 00:18:28,960 --> 00:18:33,520 Tiña 65 anos e era a viúva de Arnau Berio, sarxento caído en servizo no 34. 294 00:18:33,560 --> 00:18:37,680 - Nada que ver coas outras vítimas. - Non sabemos que fora prostituta. 295 00:18:37,760 --> 00:18:39,440 Levaba un mes na pensión. 296 00:18:39,520 --> 00:18:42,480 A porteira asegura que só viu a Cándido por alí. 297 00:18:42,560 --> 00:18:45,160 - O forense atopou algo? - Morreu degolada. 298 00:18:45,240 --> 00:18:47,320 E a flor graváronlla post mortem. 299 00:18:47,440 --> 00:18:51,080 E sabemos que o corpo tiña máis signos de violencia ca outros. 300 00:18:51,200 --> 00:18:54,200 Asañouse con ela logo. Podería ser algo persoal. 301 00:18:54,280 --> 00:18:56,960 Ou que se resistiu máis cás outras. 302 00:18:57,480 --> 00:18:58,720 Fascinante. 303 00:18:58,800 --> 00:19:01,800 Si. Fascinante, si. 304 00:19:02,920 --> 00:19:04,320 Refírome ao caso. 305 00:19:06,760 --> 00:19:09,960 Si, o caso, claro. Dinme xa a onde imos, por favor? 306 00:19:10,040 --> 00:19:14,800 A descubrir onde vivía a morta antes de meterse nesa pensión. 307 00:19:15,640 --> 00:19:18,320 Roubaron probas da escena do crime? 308 00:19:18,440 --> 00:19:19,320 Por favor. 309 00:19:19,400 --> 00:19:21,080 Héctor, cóntalle como foi. 310 00:19:21,160 --> 00:19:23,680 Poderíase dicir que a proba veu a min. 311 00:19:33,200 --> 00:19:34,440 Non hai ninguén. 312 00:19:35,640 --> 00:19:38,560 Aforra o de que necesitamos unha orde xudicial 313 00:19:38,640 --> 00:19:40,480 ou o de que arriscas o posto... 314 00:19:44,760 --> 00:19:47,480 Quen di que non puideron entrar a roubar? 315 00:19:47,560 --> 00:19:51,280 Definitivamente, a señorita é unha mala influencia. 316 00:19:56,040 --> 00:19:57,480 Vaia casiña! 317 00:19:58,160 --> 00:20:01,480 Como podía vivir aquí a viúva dun militar de baixo rango? 318 00:20:07,080 --> 00:20:09,960 Quen iría a unha pensión tendo esta casa? 319 00:20:10,040 --> 00:20:12,480 Polo mesmo que estamos nós nese piso: 320 00:20:13,320 --> 00:20:15,440 para protexerse do asasino. 321 00:20:17,880 --> 00:20:19,320 Non te sorprendas tanto. 322 00:20:19,400 --> 00:20:21,560 Coa de anos que leva Héctor na casa, 323 00:20:21,680 --> 00:20:24,560 ten máis experiencia policial ca ti e ca min. 324 00:20:46,520 --> 00:20:47,400 Ola? 325 00:20:50,200 --> 00:20:51,320 Hai alguén? 326 00:20:54,040 --> 00:20:55,080 Ola? 327 00:20:56,000 --> 00:20:58,200 Despois de tirar a porta abaixo, 328 00:20:58,280 --> 00:21:00,560 se houbera alguén, xa o saberiamos... 329 00:21:14,400 --> 00:21:17,880 Señorita, este cheiro é parecido ao da pensión. 330 00:21:32,280 --> 00:21:33,480 Alto! Policía! 331 00:21:42,400 --> 00:21:44,320 Pensei que me subiades no colo. 332 00:21:45,720 --> 00:21:48,000 Esta comida debe levar semanas aquí. 333 00:21:48,960 --> 00:21:51,040 Rexistremos o resto da casa. 334 00:22:02,720 --> 00:22:05,800 - Atopaches algo interesante, Héctor? - Humidade. 335 00:22:05,880 --> 00:22:08,760 - Non a ole, señorita? - Estamos ao lado do mar. 336 00:22:08,840 --> 00:22:10,160 Será normal o cheiro. 337 00:22:11,080 --> 00:22:16,080 Durante a miña vida, tiven que batallar máis dunha vez coa humidade 338 00:22:16,560 --> 00:22:20,200 e nin co mar ao lado este cheiro é normal. 339 00:22:44,200 --> 00:22:45,840 Creo que ata aquí chegamos. 340 00:22:45,920 --> 00:22:47,400 Pechadura de combinación. 341 00:22:47,480 --> 00:22:50,160 Terán que vir os artilleiros voar a porta. 342 00:22:50,240 --> 00:22:51,600 Déixame probar algo. 343 00:22:53,920 --> 00:22:55,040 Grazas. 344 00:22:58,680 --> 00:22:59,880 Agora volvo. 345 00:23:16,320 --> 00:23:17,440 Grazas. 346 00:23:17,520 --> 00:23:19,360 Un estetoscopio. 347 00:23:20,160 --> 00:23:21,040 Colle. 348 00:23:21,120 --> 00:23:23,840 - Sabes abrir caixas fortes? - Ti non? 349 00:23:25,360 --> 00:23:27,840 Non creo que meu pai non che ensinara isto. 350 00:23:27,920 --> 00:23:29,560 9,3 segundos. 351 00:23:29,640 --> 00:23:32,440 A mellor marca da academia os últimos oito anos. 352 00:23:33,240 --> 00:23:35,280 9,1 segundos. 353 00:23:35,360 --> 00:23:38,320 Tiveches sorte de que non admitiran mulleres. 354 00:23:54,760 --> 00:23:58,520 Como diría súa nai, "Xesús, María e Xosé". 355 00:23:58,600 --> 00:24:01,520 Dáme a min que algún máis gozou aquí dentro. 356 00:24:04,080 --> 00:24:06,080 Pero que tiña esta muller aquí? 357 00:24:06,160 --> 00:24:08,280 De verdade teño que explicarcho? 358 00:24:08,360 --> 00:24:11,280 Parece unha especie de meublé. 359 00:24:12,480 --> 00:24:15,960 Moitas viúvas de militares, ao ter unha pensión tan baixa, 360 00:24:16,040 --> 00:24:20,880 - montaban un cando morría o marido. - Aínda ben que veño de familia de polis. 361 00:24:20,960 --> 00:24:22,920 Eu non vexo a súa nai así. 362 00:24:23,000 --> 00:24:26,120 Emilia Bouzas non tiña ningún negocio rexistrado. 363 00:24:26,600 --> 00:24:28,920 E os meublés son máis modestos ca isto. 364 00:24:29,480 --> 00:24:31,600 Dubido que este negocio sexa legal. 365 00:24:33,240 --> 00:24:35,480 Os clientes eran xente importante 366 00:24:35,560 --> 00:24:37,440 se tiñan unha porta blindada. 367 00:24:37,520 --> 00:24:38,720 Sen dúbida, si. 368 00:24:39,240 --> 00:24:42,840 Quizais as rapazas asasinadas traballaban aquí para Emilia. 369 00:24:43,760 --> 00:24:46,120 Pero como axuda iso a atopar o asasino? 370 00:24:50,520 --> 00:24:51,600 Un momento. 371 00:24:52,560 --> 00:24:53,880 Por aquí, veñan. 372 00:24:58,120 --> 00:24:59,480 Fixáronse no cadro? 373 00:25:01,600 --> 00:25:02,840 Recoñécena? 374 00:25:03,640 --> 00:25:05,880 É Julia, a primeira muller asasinada. 375 00:25:06,720 --> 00:25:07,720 Bravo, Héctor. 376 00:25:08,280 --> 00:25:11,800 Un bo mordomo non esquece os detalles. 377 00:25:11,880 --> 00:25:14,360 Esta é Manoli, outra das vítimas. 378 00:25:15,280 --> 00:25:17,800 E quen son esas dúas mulleres? 379 00:25:18,360 --> 00:25:20,840 Non sei, pero seguro que están en perigo. 380 00:25:20,920 --> 00:25:22,040 Coñezo esta rapaza. 381 00:25:22,840 --> 00:25:26,480 Si, chámase Ángela, pero faise chamar a Volcánica. 382 00:25:26,560 --> 00:25:29,520 É das máis populares no barrio das mulleres. 383 00:25:29,600 --> 00:25:32,400 - "O barrio das mulleres"? - Non me diga que... 384 00:25:32,480 --> 00:25:36,000 Non, coñézoa, pero non é que a coñeza. 385 00:25:36,080 --> 00:25:39,440 Recoñecina pola tatuaxe. Detívena máis dunha vez. 386 00:25:39,520 --> 00:25:41,840 Hai que atopala antes ca o asasino. 387 00:25:41,920 --> 00:25:45,240 - Si. Vamos. - Agarda, Pablo. 388 00:25:45,880 --> 00:25:49,840 Ti non podes vir. Esa muller coñécete. Detivéchela varias veces. 389 00:25:49,920 --> 00:25:51,520 Iso chamaría a atención. 390 00:25:53,120 --> 00:25:53,960 Está ben. 391 00:25:54,960 --> 00:25:57,040 - Pero debedes ir armados. - Pero... 392 00:25:57,120 --> 00:25:59,800 O barrio é perigoso. Eu agardo no coche. 393 00:25:59,880 --> 00:26:01,680 Sabe conquistar unha dama. 394 00:26:01,760 --> 00:26:03,280 Señorita, baixe iso! 395 00:26:04,240 --> 00:26:05,440 Que eu controlo. 396 00:26:11,800 --> 00:26:12,880 Vamos, Héctor. 397 00:26:27,080 --> 00:26:28,800 A onde imos? 398 00:26:28,880 --> 00:26:30,920 A ver a alguén que nos axude. 399 00:26:47,280 --> 00:26:48,600 Dona Carmucha. 400 00:26:50,400 --> 00:26:52,680 Marina, canto tempo! 401 00:26:52,760 --> 00:26:54,680 - Que tal estás? - Ben. 402 00:26:54,760 --> 00:26:57,000 - Véxoa ben. - Aquí andamos. 403 00:26:57,840 --> 00:27:01,320 Toni! Toni, sal, que está aquí a Marina! 404 00:27:06,480 --> 00:27:09,960 - Quen é o cabaleiro? - Un amigo que se adica á importación. 405 00:27:10,040 --> 00:27:12,560 - Un amigo? - Ti non tes amigos, Héctor? 406 00:27:12,640 --> 00:27:14,360 Non coma os seus, non. 407 00:27:14,440 --> 00:27:15,360 Home, Marina. 408 00:27:16,280 --> 00:27:18,640 A última vez, quedei preocupado. 409 00:27:19,280 --> 00:27:21,040 - Como estás? - Ocupada. 410 00:27:22,240 --> 00:27:25,200 - Hoxe non buscas... - Busco unha muller: Ángela. 411 00:27:25,280 --> 00:27:28,680 Morena, fermosísima e, polo que sei, boa como acompañante. 412 00:27:29,720 --> 00:27:31,000 A Volcánica? 413 00:27:31,080 --> 00:27:32,360 Esa mesma. 414 00:27:34,840 --> 00:27:37,520 Que pasa con ela? Meteuse en leas? 415 00:27:38,280 --> 00:27:41,160 Está en perigo. Como a muller aquela do porto. 416 00:27:44,520 --> 00:27:46,920 Vou facer unhas chamadas. Agardades aí? 417 00:27:49,880 --> 00:27:50,760 Un amigo? 418 00:28:03,560 --> 00:28:05,080 Preguntou por vós. 419 00:28:07,280 --> 00:28:08,360 Vale. 420 00:28:08,440 --> 00:28:11,360 Eu non dubido que ese cabaleiro tan atlético 421 00:28:11,440 --> 00:28:13,400 sexa un fenómeno no seu. 422 00:28:13,480 --> 00:28:18,960 - Pero de aí a fiarnos do que diga... - Mira, esta é a casa das dúas campás. 423 00:28:19,680 --> 00:28:21,520 Confía, seguro que é aquí. 424 00:28:23,800 --> 00:28:25,840 - Sólteme! - Héctor! 425 00:28:26,320 --> 00:28:27,760 Soltádeme! 426 00:28:29,920 --> 00:28:30,920 Ou que? 427 00:28:37,560 --> 00:28:39,400 Señorita Quiroga. 428 00:28:39,480 --> 00:28:41,600 Mira o que atopamos no seu maletín. 429 00:28:41,680 --> 00:28:45,760 Vaites. A rapaza rica xoga con armas de fogo. 430 00:28:49,360 --> 00:28:51,400 - Es a Volcánica? - A mesma. 431 00:28:52,000 --> 00:28:54,720 Detesto que os curiosos se metan na miña vida. 432 00:28:56,000 --> 00:28:57,800 Por que me buscades? 433 00:28:57,880 --> 00:29:00,880 Estivemos na casa de Emilia Bouzas e vimos o cadro. 434 00:29:00,960 --> 00:29:03,560 Sabemos que te agochas de Cándido Expósito. 435 00:29:03,640 --> 00:29:04,480 Se... 436 00:29:05,120 --> 00:29:08,200 Se nos axudas, salvámosvos a ti e a túa compañeira. 437 00:29:08,280 --> 00:29:10,720 Asegúrolle que a señorita non mente. 438 00:29:15,080 --> 00:29:16,200 Desatádeos. 439 00:29:21,120 --> 00:29:23,120 - Que queredes saber? - Todo. 440 00:29:23,200 --> 00:29:25,080 Sobre as rapazas, 441 00:29:25,160 --> 00:29:27,600 o asasino e o meublé no que traballastes. 442 00:29:30,000 --> 00:29:31,880 - A Casa da Auga. - Que? 443 00:29:31,960 --> 00:29:34,520 Así se chamaba o meublé de dona Emilia. 444 00:29:34,600 --> 00:29:35,840 A Casa da Auga. 445 00:29:37,800 --> 00:29:41,840 Non era un meublé coma os outros. Alí só traballabamos as mellores. 446 00:29:41,920 --> 00:29:44,120 As festas que dabamos eran únicas. 447 00:29:45,240 --> 00:29:49,000 Se souberas quen eran os clientes, terías os pelos de punta. 448 00:29:49,080 --> 00:29:51,080 Iso é o que necesito saber. 449 00:29:51,160 --> 00:29:53,840 Seguro que vistes ou oístes algo indebido. 450 00:29:53,920 --> 00:29:55,760 Por iso Cándido quere matarvos. 451 00:29:55,840 --> 00:29:58,280 Mira. Tes que crerme: estades en perigo. 452 00:29:58,360 --> 00:30:00,920 Ese matou as túas compañeiras. Agóchate! 453 00:30:01,040 --> 00:30:02,880 Veñen por ti! Coidado! 454 00:30:06,000 --> 00:30:07,000 Coidado! 455 00:30:32,200 --> 00:30:33,480 Vamos, rápido! 456 00:30:34,240 --> 00:30:35,400 Alto! 457 00:30:35,480 --> 00:30:37,400 - Encárgome eu. - Alto! 458 00:30:40,320 --> 00:30:41,200 Para aí! 459 00:31:10,520 --> 00:31:11,720 Pablo! 460 00:31:12,360 --> 00:31:13,640 Pablo! 461 00:31:16,760 --> 00:31:18,000 Pablo! 462 00:31:18,080 --> 00:31:19,800 - Pablo, estás ben? - Si. 463 00:31:25,760 --> 00:31:27,120 Vai cara ao porto. 464 00:31:27,720 --> 00:31:29,200 Vamos! 465 00:31:38,000 --> 00:31:40,160 Está quente. Non pode andar lonxe. 466 00:31:40,240 --> 00:31:44,160 - Hai que pedir reforzos. - Por fin algo con sentido común. Grazas. 467 00:31:44,240 --> 00:31:46,560 - Non hai tempo. - Aí! 468 00:31:48,000 --> 00:31:49,840 E os reforzos? 469 00:31:55,320 --> 00:31:57,880 - Temos que separarnos. - Como? 470 00:31:57,960 --> 00:32:00,320 Se non cubrimos todas as saídas, escapa. 471 00:32:00,400 --> 00:32:02,840 Hai que cubrir as costas, non as saídas. 472 00:32:02,920 --> 00:32:05,040 Iso paréceme mellor idea. 473 00:32:05,120 --> 00:32:06,560 Vamos. Por aí. 474 00:32:06,640 --> 00:32:08,080 Por alí. 475 00:32:25,400 --> 00:32:26,520 Alto! 476 00:33:15,280 --> 00:33:16,120 Alto! 477 00:34:21,480 --> 00:34:22,440 Marina! 478 00:34:23,000 --> 00:34:25,120 Estou ben. 479 00:35:29,960 --> 00:35:32,160 Marina! 480 00:36:31,000 --> 00:36:33,400 Estás ben? Marina. 481 00:36:34,840 --> 00:36:36,760 Como estás? 482 00:37:03,400 --> 00:37:04,200 Estás ben? 483 00:37:27,920 --> 00:37:29,480 Socorro! 484 00:37:40,120 --> 00:37:44,760 A CASA AZUL 485 00:39:48,640 --> 00:39:50,640 Subtítulos: Antía López Cando 486 00:39:50,680 --> 00:39:52,680 Magdalena Sánchez