1 00:00:29,920 --> 00:00:32,040 De quen falas? 2 00:00:32,560 --> 00:00:34,280 Do asasino da flor de lis. 3 00:00:37,440 --> 00:00:39,040 Ten a flor no peito. 4 00:00:39,080 --> 00:00:40,720 Como pode ser? 5 00:00:42,880 --> 00:00:44,960 Leva máis de 30 anos actuando. 6 00:00:45,040 --> 00:00:48,880 Margó, é de vital importancia que nos contes todo o que recordes. 7 00:00:48,960 --> 00:00:50,160 Quen é ela? 8 00:00:50,240 --> 00:00:51,280 Sonia Ramos. 9 00:00:52,080 --> 00:00:54,560 Traballaba connosco na Casa da Auga. 10 00:00:55,360 --> 00:00:57,080 Eu era unha nena. 11 00:00:57,720 --> 00:01:02,080 A Casa estaba en Ourense e un rapaz de por alí confesou o asasinato. 12 00:01:02,920 --> 00:01:04,920 Encerrárono nun psiquiátrico. 13 00:01:05,000 --> 00:01:07,640 Desde ese momento, a nós leváronnos de alí. 14 00:01:07,720 --> 00:01:10,280 Dicían que a acoitelaran brutalmente. 15 00:01:12,200 --> 00:01:16,200 Deberiamos comprobar se a ilustración do artesán coincide co libro. 16 00:01:16,840 --> 00:01:19,760 Iso podería conectar o caso do pasado co presente. 17 00:01:30,160 --> 00:01:31,000 Voilà. 18 00:01:32,120 --> 00:01:35,840 Recorde que o seu pai traballaba en Ourense naquela época. 19 00:01:37,800 --> 00:01:39,000 E Ramírez. 20 00:01:45,200 --> 00:01:46,280 Inspector Ramírez. 21 00:01:46,360 --> 00:01:50,040 Sonia Ramos. Como nos ocultou o seu caso todo este tempo? 22 00:01:54,560 --> 00:01:55,400 Marina? 23 00:01:55,480 --> 00:01:56,880 Que sabe dela? 24 00:01:58,280 --> 00:02:00,200 Dime de onde sacastes o nome. 25 00:02:00,280 --> 00:02:01,720 Por que non nolo contou? 26 00:02:02,840 --> 00:02:05,040 Non sei de que falas. 27 00:02:05,560 --> 00:02:07,760 Foi a primeira vítima do asasino 28 00:02:07,840 --> 00:02:09,320 hai 30 anos. 29 00:02:09,400 --> 00:02:12,400 Atopamos unha foto do crime nos libros de meu pai 30 00:02:12,480 --> 00:02:15,000 e ten a flor de lis gravada no peito. 31 00:02:15,520 --> 00:02:17,440 - Onde estades? - Na miña casa. 32 00:02:19,400 --> 00:02:20,880 - Vou agora. - Non. 33 00:02:20,960 --> 00:02:22,440 Imos a Ourense. 34 00:02:22,520 --> 00:02:23,560 Espera! 35 00:02:25,280 --> 00:02:28,280 Vémonos en 20 minutos no cruceiro Santa María. 36 00:02:35,000 --> 00:02:36,240 Como que non vés? 37 00:02:36,320 --> 00:02:38,240 É o aniversario do seu irmán. 38 00:02:38,320 --> 00:02:43,120 Se non estamos ningún dos dous, vai pensar que seguimos investigando. 39 00:02:43,160 --> 00:02:45,680 Pero en Ourense imos dar coas claves. 40 00:02:45,760 --> 00:02:47,360 Quen sabe... 41 00:02:47,440 --> 00:02:50,800 Talvez necesiten apoio desde a casa. 42 00:02:50,880 --> 00:02:52,920 En serio falo con Héctor Hugo? 43 00:02:53,000 --> 00:02:55,280 E eu coa señorita Quiroga? 44 00:02:56,840 --> 00:02:57,680 Está ben. 45 00:03:00,600 --> 00:03:01,640 Teñan coidado. 46 00:03:02,960 --> 00:03:05,200 Chámote cando saibamos algo. 47 00:03:05,280 --> 00:03:06,160 Estou atento. 48 00:03:34,640 --> 00:03:36,520 Si que me enterei da morte. 49 00:03:36,600 --> 00:03:39,280 Pero non sabía que lle gravaran a flor de lis. 50 00:03:39,360 --> 00:03:41,800 Como puido non saber algo así da vítima? 51 00:03:41,880 --> 00:03:44,080 Non participei na investigación. 52 00:03:44,920 --> 00:03:47,880 O teu pai quixo levalo todo en total segredo. 53 00:03:47,960 --> 00:03:50,200 Quen foi o que se declarou culpable? 54 00:03:50,920 --> 00:03:52,280 Como sabedes todo iso? 55 00:03:52,360 --> 00:03:54,680 Por que vimos aquí se non é polo caso? 56 00:03:57,360 --> 00:03:59,360 O rapaz que cometeu aquel crime 57 00:03:59,440 --> 00:04:02,680 era un mozo que traballaba connosco na comisaría. 58 00:04:02,760 --> 00:04:06,080 Tiña man para todo. Fíxonos algunha que outra chapuza. 59 00:04:06,880 --> 00:04:08,600 Chamábase Santiago Melero. 60 00:04:08,680 --> 00:04:10,520 Quería ser policía. 61 00:04:10,600 --> 00:04:14,160 Pero era un rapaz limitado. 62 00:04:14,240 --> 00:04:16,240 O teu pai tíñalle moito cariño. 63 00:04:16,360 --> 00:04:18,360 Aprendeulle a ler e a escribir. 64 00:04:18,480 --> 00:04:21,880 Por iso este caso foi especialmente difícil para el. 65 00:04:22,000 --> 00:04:24,920 A súa condena foi nun psiquiátrico, sen cárcere. 66 00:04:25,920 --> 00:04:28,240 Quere dicir que meu pai non foi honesto? 67 00:04:29,200 --> 00:04:30,800 O teu pai era humano. 68 00:04:31,920 --> 00:04:35,560 El nunca permitiría que seguiras con esta investigación 69 00:04:35,640 --> 00:04:37,440 que para el foi tan delicada. 70 00:04:37,520 --> 00:04:38,880 Que suxire entón? 71 00:04:39,520 --> 00:04:40,480 Quedade aquí. 72 00:04:40,560 --> 00:04:42,920 - Vou eu a Ourense. - Logo é unha orde. 73 00:04:44,800 --> 00:04:46,680 Si que o é, inspector. 74 00:04:49,080 --> 00:04:51,040 Non espere que abandone agora. 75 00:04:51,120 --> 00:04:53,920 De vostede depende que vaiamos nós sós a Ourense 76 00:04:54,040 --> 00:04:56,920 ou que vaiamos xuntos e non se nos escape nada. 77 00:04:57,040 --> 00:04:58,920 Que decide, inspector? 78 00:05:26,600 --> 00:05:29,640 Non sei por que meus pais non quixeron volver aquí. 79 00:05:29,720 --> 00:05:32,280 Tiña seis anos a última vez que vin. 80 00:05:35,320 --> 00:05:37,720 Quedaron preciosas as bandexas. 81 00:05:37,800 --> 00:05:40,400 De verdade. Encantadoras, Lourditas. 82 00:05:40,480 --> 00:05:44,080 Perfecto. Como che quedou a mesa? Imos ver a mesa. 83 00:05:44,200 --> 00:05:46,960 Unha, dúas, tres, catro. 84 00:05:48,120 --> 00:05:49,720 Pero non somos catro. 85 00:05:49,800 --> 00:05:51,200 Héctor, somos catro? 86 00:05:51,280 --> 00:05:52,960 A verdade é que... 87 00:05:53,840 --> 00:05:56,840 Marina non vai baixar merendar. 88 00:05:58,520 --> 00:05:59,360 Como? 89 00:05:59,440 --> 00:06:02,240 A señorita atópase indisposta. 90 00:06:02,320 --> 00:06:04,640 Como non vén ao aniversario do irmán? 91 00:06:04,720 --> 00:06:06,920 Ten unha xaqueca horrible. 92 00:06:07,600 --> 00:06:09,400 - Vou vela. - Non! 93 00:06:10,320 --> 00:06:12,440 Mellor deixala descansar 94 00:06:12,520 --> 00:06:17,040 e así é posible que despois poida baixar para a torta. 95 00:06:18,600 --> 00:06:20,280 Vou terminar de cambiarme. 96 00:06:21,160 --> 00:06:24,360 Por Deus. Agora xaqueca, miña nena? 97 00:06:46,720 --> 00:06:47,680 Héctor! 98 00:07:04,760 --> 00:07:05,800 Marina. 99 00:07:06,360 --> 00:07:07,560 Non está aquí. 100 00:07:08,400 --> 00:07:10,000 Pero que fas aí? 101 00:07:10,080 --> 00:07:12,760 Estou preparando a coartada de Marina. 102 00:07:12,840 --> 00:07:14,160 Quero falar con ela. 103 00:07:14,240 --> 00:07:16,080 - Recordei algo. - Si? 104 00:07:16,160 --> 00:07:17,600 Sonia tiña un neno. 105 00:07:17,680 --> 00:07:20,920 Era moi pequeno, tres anos, pero foi testemuña do crime. 106 00:07:21,000 --> 00:07:25,080 Se o caso inclúe un menor, ten que estar perfectamente arquivado. 107 00:07:25,600 --> 00:07:26,640 Onde? 108 00:07:26,720 --> 00:07:28,560 Esa é a cuestión. 109 00:07:28,640 --> 00:07:30,240 Déixemo a min. 110 00:07:54,480 --> 00:07:56,720 Tede coidado, que ides caer! 111 00:07:57,760 --> 00:07:58,680 Vémonos. 112 00:08:02,400 --> 00:08:03,400 Coidado, nena! 113 00:08:15,120 --> 00:08:17,440 - Gañei! - Fixeches trampa! 114 00:08:17,520 --> 00:08:19,080 A ver, señorita. 115 00:08:19,160 --> 00:08:21,080 Por que a detiveron esta vez? 116 00:08:23,680 --> 00:08:25,080 NOME DA NAI: SONIA 117 00:08:26,600 --> 00:08:27,440 Quen será? 118 00:08:30,600 --> 00:08:32,920 Cos casos non se xoga. 119 00:08:33,600 --> 00:08:35,240 Quen era ese neno, papá? 120 00:08:35,280 --> 00:08:37,160 Seguro que morreron seus pais. 121 00:08:43,160 --> 00:08:45,000 Non tes medo de que te manquen? 122 00:08:46,760 --> 00:08:48,000 Nunca. 123 00:08:48,080 --> 00:08:51,640 Se algunha vez o teño, abro este caixón 124 00:08:51,720 --> 00:08:55,520 e pásanme todos os medos ao vervos. 125 00:08:57,640 --> 00:08:59,080 Mira, somos nós! 126 00:08:59,160 --> 00:09:01,760 Esta son eu e aquí estamos os dous. Mira. 127 00:09:01,880 --> 00:09:04,280 Pero eu non quero que che pase nada. 128 00:09:04,360 --> 00:09:06,440 Todos imos morrer, Marina. 129 00:09:08,760 --> 00:09:10,600 Quen quere ir ó laboratorio? 130 00:09:10,640 --> 00:09:11,720 Eu! 131 00:09:15,000 --> 00:09:16,520 Ti que, non queres ir? 132 00:09:20,080 --> 00:09:21,760 - Vou gañar outra vez! - Non! 133 00:09:29,160 --> 00:09:30,600 Volvo agora. 134 00:09:32,880 --> 00:09:34,240 Vós quedade aquí. 135 00:09:37,240 --> 00:09:38,880 Marina, onde vas? 136 00:09:38,960 --> 00:09:40,640 Acaba de dicir que quedemos. 137 00:09:40,760 --> 00:09:41,600 Si, claro. 138 00:09:41,640 --> 00:09:43,640 A iso viñen, a quedar nun coche. 139 00:09:43,720 --> 00:09:44,880 Non é a nosa casa. 140 00:09:45,000 --> 00:09:47,120 Non podemos entrar coma se nada. 141 00:09:50,280 --> 00:09:52,600 - Non podo máis. - Non! Marina! 142 00:09:54,640 --> 00:09:55,720 Xa verás ti... 143 00:09:55,760 --> 00:09:56,880 Aquí! 144 00:09:57,960 --> 00:09:59,400 - Ola. - Ola. 145 00:09:59,480 --> 00:10:00,640 En que podo axudar? 146 00:10:00,760 --> 00:10:03,440 Ola. Son o inspector Pablo Zarco. 147 00:10:03,520 --> 00:10:05,520 Vimos buscar ao inspector Ramírez, 148 00:10:05,640 --> 00:10:08,040 que acaba de entrar a ver ao comisario. 149 00:10:08,120 --> 00:10:09,000 Grazas. 150 00:10:09,080 --> 00:10:10,360 Espere, por favor. 151 00:10:12,160 --> 00:10:13,320 Claro. 152 00:10:15,200 --> 00:10:17,440 Espere, por favor. Grazas. 153 00:10:22,160 --> 00:10:23,480 Ves que fácil? 154 00:10:23,520 --> 00:10:26,120 Se tivera eu esa placa, movería montañas. 155 00:10:26,200 --> 00:10:27,480 Iso seguro. 156 00:10:27,520 --> 00:10:31,360 Se Ramírez dixo que quedaramos fóra, non nos deixarán pasar. 157 00:10:31,440 --> 00:10:33,320 Entón a que estamos esperando? 158 00:10:33,400 --> 00:10:35,080 Iso é o que... Marina, non! 159 00:10:35,160 --> 00:10:36,480 Marina! 160 00:10:37,240 --> 00:10:38,080 Ola. 161 00:10:38,400 --> 00:10:41,760 Grazas por acompañarme, inspector. É que estou nerviosa. 162 00:10:41,880 --> 00:10:42,760 Boa tarde. 163 00:10:42,880 --> 00:10:45,000 Roubáronme a carteira en pleno día! 164 00:10:46,080 --> 00:10:49,480 Vaime caer o pelo por incumprir a orde dun superior. 165 00:10:54,000 --> 00:10:54,840 Ese era. 166 00:10:59,360 --> 00:11:01,520 - O que? - O despacho do meu pai. 167 00:11:02,240 --> 00:11:03,240 Non, pero... 168 00:11:03,320 --> 00:11:05,400 Marina, nin se che ocorra. 169 00:11:06,200 --> 00:11:07,440 Marina, por favor! 170 00:11:07,520 --> 00:11:09,000 Por favor, non! 171 00:11:09,080 --> 00:11:10,600 Non podes abrir a porta. 172 00:11:17,000 --> 00:11:19,440 Non podemos estar no despacho. Marina! 173 00:11:19,840 --> 00:11:21,640 Marina, ti escóitasme? 174 00:11:24,280 --> 00:11:25,720 Escóitasme? 175 00:11:26,360 --> 00:11:27,960 Non me escoita. 176 00:11:29,120 --> 00:11:31,240 Marina, pódese saber que buscas? 177 00:11:31,320 --> 00:11:32,280 Aínda non o sei. 178 00:11:33,040 --> 00:11:34,680 Estupendo. Non o sabe. 179 00:11:41,520 --> 00:11:43,920 Ás veces un sente cousas... 180 00:11:44,840 --> 00:11:45,960 Cousas? 181 00:11:49,800 --> 00:11:51,400 Se decides seguilas, 182 00:11:51,480 --> 00:11:54,400 a vida pódeche dar... 183 00:11:56,040 --> 00:11:56,960 Voilà. 184 00:12:02,040 --> 00:12:03,600 máis do que esperabas. 185 00:12:05,240 --> 00:12:06,080 Que é iso? 186 00:12:12,480 --> 00:12:14,640 Meu irmán e mais eu. 187 00:12:20,440 --> 00:12:21,640 Mira isto. 188 00:12:22,920 --> 00:12:23,880 Quen é ese neno? 189 00:12:23,960 --> 00:12:24,920 Damián Ramos. 190 00:12:25,000 --> 00:12:26,440 TESTEMUÑA DE HOMICIDIO 191 00:12:27,120 --> 00:12:28,920 O fillo de Sonia Ramos. 192 00:12:30,120 --> 00:12:31,360 Non mo digades. 193 00:12:31,440 --> 00:12:33,360 Non atopabades o baño. 194 00:12:35,320 --> 00:12:36,760 Que facedes aquí? 195 00:12:37,400 --> 00:12:40,080 - Que buscades? - A vostede, inspector. 196 00:12:40,160 --> 00:12:42,680 Xa. Nesa caixiña? 197 00:12:42,760 --> 00:12:46,040 Déixense de parvadas e saian agora mesmo do despacho. 198 00:12:46,120 --> 00:12:47,000 Vamos. 199 00:13:03,920 --> 00:13:06,200 Por fin poderemos dar co asasino. 200 00:13:06,280 --> 00:13:07,640 E cunha sanción, Zarco. 201 00:13:07,720 --> 00:13:09,400 - Non, por favor. - Si, ho. 202 00:13:09,480 --> 00:13:12,720 Mentres vós estabades con esta visita non autorizada, 203 00:13:12,800 --> 00:13:14,360 eu pedinlle ao comisario 204 00:13:14,440 --> 00:13:16,640 unha orde para ir ao psiquiátrico. 205 00:13:16,720 --> 00:13:17,560 Ben! 206 00:13:18,200 --> 00:13:21,000 Mágoa que por agora non se poida acceder. 207 00:13:21,080 --> 00:13:22,480 Como di? 208 00:13:23,320 --> 00:13:25,240 É un sitio bastante illado. 209 00:13:25,760 --> 00:13:27,200 Só hai unha estrada 210 00:13:27,280 --> 00:13:29,480 e agora mesmo non se pode transitar. 211 00:13:29,560 --> 00:13:32,960 As tormentas dos últimos días tombaron algunha árbore. 212 00:13:33,040 --> 00:13:35,640 E deixaron os enfermos illados? 213 00:13:35,720 --> 00:13:38,240 - Iso parece. - E se hai unha urxencia? 214 00:13:38,840 --> 00:13:40,040 Nese caso, 215 00:13:40,120 --> 00:13:42,320 teñen unha barqueira que os leva. 216 00:13:42,400 --> 00:13:43,600 Pois imos vela. 217 00:13:43,680 --> 00:13:44,920 Non, non pode ser. 218 00:13:45,000 --> 00:13:46,480 Iso non estaba previsto. 219 00:13:46,560 --> 00:13:49,080 Ramírez, improvisar é parte de ser policía. 220 00:13:49,760 --> 00:13:51,640 Mira, iso ensinoumo Castaño. 221 00:13:51,720 --> 00:13:54,080 Si? E que máis che ensinou? 222 00:14:00,280 --> 00:14:02,400 - Isto non me gusta nada. - Que pasa? 223 00:14:02,480 --> 00:14:04,280 Oculta información. 224 00:14:04,360 --> 00:14:06,560 Non todos queren traballar contigo. 225 00:14:06,640 --> 00:14:09,320 Primeiro, non quería que viñeramos a Ourense. 226 00:14:09,400 --> 00:14:11,240 Despois, deixounos fóra 227 00:14:11,320 --> 00:14:13,040 e non quería subir ao barco. 228 00:14:13,120 --> 00:14:15,840 Por que non nos dixo que Sonia tiña un fillo? 229 00:14:16,960 --> 00:14:17,840 Está ben. 230 00:14:17,920 --> 00:14:20,360 - E se non o sabía? - Como non? 231 00:14:20,440 --> 00:14:23,200 Ramírez foi sempre a man dereita de meu pai. 232 00:14:23,280 --> 00:14:25,960 Non creo que non tivera acceso a todo. 233 00:14:26,480 --> 00:14:28,960 E que fala tanto tempo con esa muller? 234 00:14:29,040 --> 00:14:31,120 El é leal á vontade de teu pai. 235 00:14:31,200 --> 00:14:34,400 E el non quería a ninguén no caso, non sabemos por que. 236 00:14:35,520 --> 00:14:36,400 Non sei. 237 00:14:36,480 --> 00:14:40,120 - Aquí hai gato encerrado. - Marina! Zarco! Vamos! 238 00:14:41,120 --> 00:14:44,080 Pon atención a cada detalle, como faría Héctor. 239 00:14:50,440 --> 00:14:52,400 CASOS INFANTÍS ARQUIVADO 240 00:14:54,760 --> 00:14:56,120 CASOS INFANTÍS 241 00:15:15,520 --> 00:15:17,200 CASOS INFANTÍS, CONFIDENCIAL 242 00:15:17,280 --> 00:15:18,480 Voilà. 243 00:15:22,720 --> 00:15:24,120 Sorpresa! 244 00:15:25,080 --> 00:15:26,120 Don Arturo. 245 00:15:26,200 --> 00:15:27,720 Felicidades, meu amor! 246 00:15:27,800 --> 00:15:29,040 Felicidades. 247 00:15:30,360 --> 00:15:32,360 Prometo que olvidara que hoxe... 248 00:15:32,440 --> 00:15:34,440 - Era o 23 de novembro? - Si. 249 00:15:34,520 --> 00:15:36,920 É o teu aniversario. O tempo pasa. 250 00:15:37,000 --> 00:15:39,480 Agora toca soprar velas, soñar e desexar. 251 00:15:41,960 --> 00:15:42,800 Que marabilla! 252 00:15:43,400 --> 00:15:45,160 Felicidades! 253 00:15:45,240 --> 00:15:46,560 Felicidades, señor. 254 00:15:47,360 --> 00:15:49,320 A ver se isto nos anima un pouco! 255 00:15:49,400 --> 00:15:51,120 E Marina? 256 00:15:52,000 --> 00:15:53,840 Está maliña. Ten xaqueca. 257 00:15:53,920 --> 00:15:55,720 É que non está recuperada 258 00:15:55,800 --> 00:15:58,920 e ela tira e tira do seu corpo, e pasa o que pasa. 259 00:16:00,360 --> 00:16:02,680 Se me disculpades, vou ao baño. 260 00:16:02,760 --> 00:16:03,760 Como non. 261 00:16:34,240 --> 00:16:35,880 Por favor, non diga nada. 262 00:16:37,080 --> 00:16:38,040 Onde vai Marina? 263 00:16:40,800 --> 00:16:43,280 Segue coa maldita investigación, verdade? 264 00:16:45,680 --> 00:16:48,960 Héctor, se de verdade queres protexela, dime onde está. 265 00:16:50,520 --> 00:16:52,800 - Saíu. - Si, iso xa o vexo. 266 00:16:52,880 --> 00:16:54,320 Onde foi? 267 00:16:57,520 --> 00:16:59,880 Héctor, non vos dades conta do perigo? 268 00:16:59,960 --> 00:17:02,560 Non sabedes quen son os sospeitosos agora. 269 00:17:02,640 --> 00:17:04,560 Veña, Héctor! 270 00:17:04,600 --> 00:17:06,720 Pídocho por favor, Héctor. 271 00:17:07,760 --> 00:17:09,080 A onde foi? 272 00:17:11,400 --> 00:17:15,480 A Ourense, a investigar un caso de hai 30 anos 273 00:17:15,560 --> 00:17:20,440 no que a vítima tiña unha flor de lis gravada no peito. 274 00:17:20,520 --> 00:17:21,320 A Ourense? 275 00:17:21,440 --> 00:17:24,440 Non se preocupe. Foi co inspector Zarco 276 00:17:24,520 --> 00:17:26,080 e con Ramírez. 277 00:17:27,720 --> 00:17:28,880 Con Ramírez? 278 00:17:31,320 --> 00:17:34,520 Por favor, dille a mamá que debo ausentarme da merenda. 279 00:17:36,280 --> 00:17:39,640 Necesito a biblioteca lista para un dispositivo de busca. 280 00:17:40,520 --> 00:17:42,280 Agora mesmo. 281 00:17:56,680 --> 00:17:58,080 Chegamos. 282 00:17:59,640 --> 00:18:00,560 É aí. 283 00:18:24,080 --> 00:18:26,320 Xa vos dixen que non era boa idea. 284 00:18:27,680 --> 00:18:28,520 Vamos. 285 00:18:34,040 --> 00:18:35,640 Como podemos comprobar, 286 00:18:35,720 --> 00:18:40,440 todos os síntomas coinciden coa teoría exposta anteriormente. 287 00:18:40,520 --> 00:18:45,920 Polo tanto, o paciente debe continuar co tratamento que lle prescribimos. 288 00:18:46,640 --> 00:18:47,560 Si? 289 00:18:48,160 --> 00:18:51,480 Señor, búscano uns cabaleiros e unha señorita. 290 00:18:54,920 --> 00:18:56,080 Con permiso. 291 00:18:56,200 --> 00:18:58,560 Inspector. Canto tempo sen velo. 292 00:18:58,680 --> 00:19:00,440 Se mal non recordo... 293 00:19:00,520 --> 00:19:03,320 Veño acompañado da filla de don Alfonso Quiroga. 294 00:19:07,480 --> 00:19:08,960 Encantado. 295 00:19:11,560 --> 00:19:13,440 En que podo axudar? 296 00:19:14,880 --> 00:19:17,200 Santiago Melero era un débil mental. 297 00:19:17,280 --> 00:19:20,240 Desculpe. Iso é inapropiado e pouco conciso. 298 00:19:20,320 --> 00:19:22,560 Interésame o diagnóstico médico. 299 00:19:22,680 --> 00:19:24,320 E por que di "era"? 300 00:19:24,440 --> 00:19:26,240 É un novo truco da policía? 301 00:19:26,400 --> 00:19:29,240 Usar secretarias guapas para os interrogatorios? 302 00:19:29,320 --> 00:19:31,320 Podería limitarse a contestar? 303 00:19:31,400 --> 00:19:33,560 Chegará o momento, señorita. 304 00:19:34,080 --> 00:19:37,880 O caso de Santiago Melero é de loucura esquizoide extrema 305 00:19:37,960 --> 00:19:42,480 con comportamenteo solipsista, carente de calquera mostra de emoción, 306 00:19:42,560 --> 00:19:44,520 cero capacidade cognitiva 307 00:19:44,560 --> 00:19:46,880 e tendencia á autolesión. 308 00:19:46,960 --> 00:19:49,160 Chegou a perder un dedo da man. 309 00:19:49,240 --> 00:19:51,280 Parécelle ben así, señorita? 310 00:19:51,320 --> 00:19:55,240 Ou debo utilizar outra linguaxe para que poida comprenderme? 311 00:19:55,960 --> 00:19:58,440 Obsesivo, soidade emocional, sen empatía... 312 00:19:58,520 --> 00:20:00,400 Máis que esquizoide ou demente, 313 00:20:00,480 --> 00:20:05,200 paréceme o que o psiquiátrico austriaco Leo Kanner chamou autista. Coñéceo? 314 00:20:05,280 --> 00:20:08,320 Ou debería usar outra linguaxe para que me entenda? 315 00:20:09,920 --> 00:20:13,040 As mulleres non deberían ler sobre o que non coñecen. 316 00:20:13,080 --> 00:20:17,000 Claro, pero un home cun despacho empapelado de diplomas, si. 317 00:20:19,880 --> 00:20:21,320 É alí. 318 00:20:21,440 --> 00:20:23,920 Santiago Melero está alí. 319 00:20:26,280 --> 00:20:27,800 Morto. 320 00:20:27,920 --> 00:20:28,880 Morto? 321 00:20:28,960 --> 00:20:30,560 Como que morto? Está morto? 322 00:20:31,520 --> 00:20:33,640 O paciente morreu hai máis dun ano. 323 00:20:33,720 --> 00:20:35,320 Pero iso non é posible. 324 00:20:35,400 --> 00:20:36,920 Eu creo que si, señorita. 325 00:20:37,480 --> 00:20:40,560 Eu fun persoalmente ao seu enterro, fun o único. 326 00:20:41,720 --> 00:20:44,320 Non tiña familiares nin amigos. 327 00:20:44,440 --> 00:20:46,560 Pero seguiu asasinando mulleres... 328 00:20:46,640 --> 00:20:49,080 Non pretenderás dar detalles do caso. 329 00:20:52,320 --> 00:20:56,160 Ben. Creo que iso é todo o que necesitabamos saber. 330 00:20:56,240 --> 00:20:58,760 Moitísimas grazas pola súa amabilidade. 331 00:20:58,800 --> 00:21:02,200 - Non lle roubamos máis tempo. - Un pracer, inspector. 332 00:21:02,280 --> 00:21:04,320 Será mellor ir para a casa. 333 00:21:05,280 --> 00:21:06,880 - Marina, vamos. - Que? 334 00:21:06,960 --> 00:21:09,560 - Vamos. - Xa? Pero... 335 00:21:09,680 --> 00:21:10,560 Vamos. 336 00:21:25,080 --> 00:21:26,960 Non debemos marchar tan pronto. 337 00:21:27,680 --> 00:21:29,920 Marina, por moito que te emperres, 338 00:21:30,000 --> 00:21:32,520 a investigación rematou en Ourense. 339 00:21:32,560 --> 00:21:34,280 E se nos mentiu ese home? 340 00:21:34,320 --> 00:21:36,560 E se Melero fuxiu e non morreu? 341 00:21:36,680 --> 00:21:39,680 Marina, por favor, non empeces coas túas tolerías. 342 00:21:43,440 --> 00:21:46,080 Eu vexo cada día a Santiago Melero. 343 00:21:47,680 --> 00:21:51,840 De noite, véxoo camiñando descalzo. 344 00:21:51,920 --> 00:21:52,840 Camiñando? 345 00:21:54,560 --> 00:21:55,680 Con outros. 346 00:21:56,720 --> 00:21:59,440 Portando cadansúa candea prendida. 347 00:21:59,520 --> 00:22:02,520 Si. E diante vai un mortal 348 00:22:03,000 --> 00:22:05,600 cunha cruz e un caldeiro de auga bendita. 349 00:22:05,680 --> 00:22:07,280 Por favor. Esta está tola. 350 00:22:07,360 --> 00:22:09,760 Está falando da Santa Compaña. 351 00:22:09,840 --> 00:22:12,160 Non me digades... 352 00:22:12,240 --> 00:22:14,200 Vós credes nesas... 353 00:22:14,600 --> 00:22:18,840 Non sentides o aroma a cera no aire? 354 00:22:51,600 --> 00:22:53,520 Podería levarnos ao cemiterio? 355 00:22:53,600 --> 00:22:54,760 Pero que demo dis? 356 00:22:55,520 --> 00:22:57,560 Ó da outra beira. Podería? 357 00:22:57,640 --> 00:23:00,720 Non vou marchar sen comprobar se Santiago está vivo. 358 00:23:00,800 --> 00:23:02,280 Santiago está morto. 359 00:23:02,880 --> 00:23:04,760 Non é o asasino da flor de lis. 360 00:23:04,840 --> 00:23:06,240 E logo quen é? 361 00:23:11,200 --> 00:23:13,360 Hai máis dunha hora que dei a orde! 362 00:23:13,440 --> 00:23:15,360 En Ourense non dan con ela! 363 00:23:16,240 --> 00:23:18,000 Peiteen a provincia enteira. 364 00:23:23,600 --> 00:23:25,760 Traio un whisky e un café. 365 00:23:32,280 --> 00:23:34,320 Dáste conta da que montastes? 366 00:23:37,960 --> 00:23:40,880 Prepara as súas cousas, saímos esta mesma noite. 367 00:23:40,960 --> 00:23:42,920 Agora mesmo. Con permiso. 368 00:23:52,000 --> 00:23:53,840 - Rosa. - Que pasa? 369 00:23:53,920 --> 00:23:55,600 Vai para a casa e espera. 370 00:23:56,360 --> 00:23:58,600 Preocúpasme. Que pasa? 371 00:23:58,680 --> 00:24:01,160 Xurdiu un imprevisto. Teño que ocuparme. 372 00:24:01,240 --> 00:24:02,640 Será unha noite longa. 373 00:24:02,720 --> 00:24:05,000 - Pero... - Tranquila, está todo ben. 374 00:24:05,080 --> 00:24:06,960 - Madre, acompáñaa? - Claro. 375 00:24:07,040 --> 00:24:08,840 Hai un coche esperando fóra. 376 00:24:08,920 --> 00:24:10,520 Vamos. 377 00:24:18,000 --> 00:24:19,120 Que pasou? 378 00:24:20,880 --> 00:24:23,240 Complicouse a investigación. 379 00:24:23,320 --> 00:24:25,480 Asegurareime de que estarás a salvo. 380 00:24:25,560 --> 00:24:26,480 Marchamos. 381 00:24:27,160 --> 00:24:28,640 Tes o que che pedín? 382 00:24:31,200 --> 00:24:33,200 Espero na porta de atrás. 383 00:24:33,280 --> 00:24:35,280 Héctor está recollendo as cousas. 384 00:24:41,840 --> 00:24:43,440 Rosa está no coche, fillo. 385 00:24:46,160 --> 00:24:47,840 Non podemos seguir así. 386 00:24:49,760 --> 00:24:52,680 Sei que son datas difíciles para ti, 387 00:24:53,880 --> 00:24:57,600 pero tes que permitirte ser feliz. 388 00:25:01,400 --> 00:25:02,440 Teño que saír. 389 00:25:02,520 --> 00:25:05,440 Vou facer xestións á comisaría. Volvo enseguida. 390 00:25:08,480 --> 00:25:10,640 Non creo que sexa un bo momento. 391 00:25:10,720 --> 00:25:12,400 Non vou a iso, madre. 392 00:25:13,760 --> 00:25:15,120 Prométollo. 393 00:25:17,040 --> 00:25:18,200 Ben. 394 00:25:18,840 --> 00:25:20,240 Volvo enseguida. 395 00:26:07,880 --> 00:26:10,000 Será mellor que nos separemos. 396 00:26:10,080 --> 00:26:11,600 Estás segura? 397 00:26:11,680 --> 00:26:14,920 Estou segura de que nesa tumba está a clave de todo. 398 00:27:22,000 --> 00:27:23,760 "Santiago Melero". 399 00:27:28,320 --> 00:27:30,480 Non te acerques! 400 00:27:30,560 --> 00:27:31,440 Que? 401 00:27:31,520 --> 00:27:34,480 Levas poñendo impedimentos desde que saímos. 402 00:27:34,560 --> 00:27:35,920 Que pasou? 403 00:27:36,000 --> 00:27:38,080 - Que pasa? - Atopamos a tumba. 404 00:27:40,560 --> 00:27:41,440 Estás ben? 405 00:27:44,000 --> 00:27:46,960 Chegaremos ata a fin. Prométocho. 406 00:27:53,360 --> 00:27:54,560 Temos sorte. 407 00:27:54,640 --> 00:27:57,400 A choiva dos últimos días abrandou o chan. 408 00:27:57,480 --> 00:27:58,760 Non custará cavar. 409 00:27:58,840 --> 00:28:02,000 Parece que estudou para enterrador antes que policía. 410 00:28:04,440 --> 00:28:06,760 Os meus tíos tiñan unha funeraria. 411 00:28:07,400 --> 00:28:11,200 A min gustábame máis investigar os mortos que enterralos. 412 00:28:12,400 --> 00:28:13,360 Xa. 413 00:28:13,920 --> 00:28:16,240 Imos ver cantos dedos ten este morto. 414 00:28:16,320 --> 00:28:17,320 Como? 415 00:28:17,400 --> 00:28:20,640 Se é Santiago Melero, terá só catro dedos nunha man. 416 00:28:24,880 --> 00:28:26,000 A ciática. 417 00:28:27,720 --> 00:28:29,720 Mozo, tócache a ti. 418 00:28:30,760 --> 00:28:32,760 A min? Que son, a mula do equipo? 419 00:28:36,080 --> 00:28:40,960 Marina é perfectamente capaz de facer o mesmo ca un home, verdade? 420 00:28:42,400 --> 00:28:43,600 - Podería. - Ben. 421 00:28:43,680 --> 00:28:44,800 Por favor. 422 00:28:44,880 --> 00:28:46,880 Compórtese. Non lle dá vergonza? 423 00:28:49,480 --> 00:28:51,960 Isto da liberación a medias... En serio... 424 00:28:52,040 --> 00:28:53,480 Veña, facemos quendas. 425 00:29:00,040 --> 00:29:02,840 Déixasme axudar antes de que chova a cachón? 426 00:29:02,920 --> 00:29:03,760 Non. 427 00:29:13,760 --> 00:29:15,720 O ataúde. Cheguei. 428 00:29:17,080 --> 00:29:18,520 - Sácao. - Como? 429 00:29:18,600 --> 00:29:20,080 Sácao. Rápido. 430 00:29:20,160 --> 00:29:22,400 Non. Non penso sacalo eu só. 431 00:29:24,440 --> 00:29:25,880 Aquí. 432 00:29:27,240 --> 00:29:28,840 Coidado. 433 00:29:34,040 --> 00:29:37,080 Zarco, cantos dedos ten esa man? 434 00:29:40,480 --> 00:29:41,320 Cinco. 435 00:29:41,800 --> 00:29:42,880 E a outra man? 436 00:29:45,360 --> 00:29:46,200 Catro. 437 00:29:46,280 --> 00:29:47,720 Non hai dúbida. 438 00:29:47,800 --> 00:29:50,440 Santiago Melero non é o actual asasino. 439 00:29:51,240 --> 00:29:52,520 Un momento. 440 00:29:52,600 --> 00:29:53,440 Que é isto? 441 00:29:55,840 --> 00:29:57,320 Este home foi degolado. 442 00:29:57,400 --> 00:29:58,560 Asasinárono? 443 00:30:00,600 --> 00:30:02,120 A flor de lis. 444 00:30:04,080 --> 00:30:05,480 Non pode ser. 445 00:30:06,680 --> 00:30:07,920 Pensa, Marina. 446 00:30:08,440 --> 00:30:12,080 Tes que mirar máis aló do que ven os ollos a simple vista. 447 00:30:13,120 --> 00:30:13,960 A ver. 448 00:30:14,040 --> 00:30:16,760 Sonia Ramos, muller da Casa da Auga, 449 00:30:16,840 --> 00:30:19,960 foi asasinada hai 30 anos e marcárona coa flor de lis. 450 00:30:20,040 --> 00:30:22,040 O culpable do asasinato é Melero. 451 00:30:22,720 --> 00:30:24,600 Collérono en plena acción. 452 00:30:24,680 --> 00:30:26,640 30 anos despois, outro asasino 453 00:30:26,720 --> 00:30:28,880 ataca as mulleres da Casa da Auga. 454 00:30:28,960 --> 00:30:32,040 E a Santiago Melero, o primeiro en morrer hai un ano. 455 00:30:32,120 --> 00:30:34,280 As mulleres foron despois. Por que? 456 00:30:34,360 --> 00:30:35,280 Por que? 457 00:30:38,880 --> 00:30:41,560 Alastor, o demo da vinganza. 458 00:30:41,920 --> 00:30:44,720 Quen querería vingar o asasinato de Sonia Ramos? 459 00:30:44,800 --> 00:30:48,040 Sobre todo, quen sería quen de agardar 30 anos 460 00:30:48,120 --> 00:30:49,840 para executar a súa vinganza? 461 00:30:53,000 --> 00:30:54,080 O seu fillo! 462 00:31:03,040 --> 00:31:05,920 O fillo de Sonia é o asasino da flor de lis. 463 00:31:13,440 --> 00:31:14,280 Que pasa? 464 00:31:16,080 --> 00:31:18,160 Eu esperaba estar equivocado. 465 00:31:20,000 --> 00:31:22,000 Non recoñeces ese neno? 466 00:31:31,160 --> 00:31:32,560 Arturo. 467 00:31:58,120 --> 00:31:59,320 Viuvos miña nai? 468 00:31:59,400 --> 00:32:01,840 Non se preocupe, deixeina no cuarto. 469 00:32:01,920 --> 00:32:04,640 Señor, ten noticias da señorita Marina? 470 00:32:05,240 --> 00:32:06,560 Vamos! 471 00:32:06,720 --> 00:32:07,560 Señor... 472 00:32:08,280 --> 00:32:09,360 Teña coidado. 473 00:32:16,240 --> 00:32:18,480 Marina, máis amodo. Vasnos matar. 474 00:32:19,160 --> 00:32:21,200 Non debín deixarche conducir. 475 00:32:21,640 --> 00:32:22,880 Para o coche. 476 00:32:22,960 --> 00:32:24,520 Non hai tempo. 477 00:32:33,000 --> 00:32:36,160 No compartimento tes o teu novo pasaporte e os cartos. 478 00:32:51,080 --> 00:32:52,560 Tes medo? 479 00:32:54,960 --> 00:32:57,200 Non tes que preocuparte. 480 00:32:58,600 --> 00:33:00,800 E onde me vas deixar? 481 00:33:00,880 --> 00:33:02,120 Na fronteira. 482 00:33:07,440 --> 00:33:08,520 E isto? 483 00:33:09,640 --> 00:33:12,040 Alguén ten que axudarche a cruzar. 484 00:33:20,000 --> 00:33:21,280 E o meu? 485 00:33:23,920 --> 00:33:25,480 Chegará o momento. 486 00:33:43,160 --> 00:33:44,520 TESTEMUÑA HOMICIDIO 487 00:33:44,600 --> 00:33:46,880 MORTE VIOLENTA CON MARCA NO PEITO 488 00:33:46,960 --> 00:33:49,200 TESTEMUÑA DA MORTE DE SÚA NAI 489 00:33:55,160 --> 00:33:57,360 Margó! 490 00:33:57,960 --> 00:33:58,840 Héctor! 491 00:33:58,920 --> 00:34:00,360 Marina, filla! 492 00:34:01,040 --> 00:34:03,360 Marina! Estou aquí! 493 00:34:04,440 --> 00:34:06,000 Mamá! Onde está Margó? 494 00:34:06,080 --> 00:34:08,840 - Onde está a miña amiga? - Foi con teu irmán. 495 00:34:08,920 --> 00:34:10,800 - Que pasa? - Onde van? 496 00:34:10,880 --> 00:34:12,520 Filla, que pasa? Asústasme! 497 00:34:12,600 --> 00:34:15,520 Por que non me contaches que meu irmán é adoptado? 498 00:34:19,280 --> 00:34:22,120 Marina, por Deus. Dime que pasa. 499 00:34:22,600 --> 00:34:24,080 - Mamá. - Dime. 500 00:34:24,160 --> 00:34:25,680 Arturo... 501 00:34:27,120 --> 00:34:30,680 - Arturo... - É o asasino da flor de lis. 502 00:34:37,960 --> 00:34:40,360 - Non! - Mamá! 503 00:34:41,400 --> 00:34:42,920 Mamá! 504 00:34:43,560 --> 00:34:46,200 Mamá, escóitame. 505 00:34:46,320 --> 00:34:47,440 Mírame. 506 00:34:47,520 --> 00:34:50,000 Unha muller corre perigo, haina que axudar. 507 00:34:50,080 --> 00:34:52,200 Mírame, por favor! 508 00:34:53,160 --> 00:34:56,000 Mamá. O meu irmán, Arturo, 509 00:34:56,080 --> 00:34:58,600 ía sempre polo seu aniversario a un sitio. 510 00:34:58,640 --> 00:35:00,120 A onde vai? 511 00:35:00,160 --> 00:35:06,040 Vai ó mosteiro de San Lourenzo de Carboeiro. 512 00:35:07,200 --> 00:35:10,840 A súa nai está alí enterrada. 513 00:35:30,120 --> 00:35:32,440 Unha igrexa? Que facemos aquí? 514 00:35:33,120 --> 00:35:34,640 Teño que ocuparme de algo. 515 00:35:34,760 --> 00:35:36,080 Ese non era o trato. 516 00:35:36,160 --> 00:35:37,360 Cala. 517 00:35:43,880 --> 00:35:44,680 Vamos. 518 00:35:51,360 --> 00:35:54,280 Sabes que nesta igrexa enterraban os pobres? 519 00:35:54,360 --> 00:35:55,160 Sóltame! 520 00:35:55,280 --> 00:35:58,520 Claro, non se facía dentro. Facíase fóra. 521 00:35:59,160 --> 00:36:00,640 En foxas comúns. 522 00:36:01,360 --> 00:36:03,480 Tiraban os corpos como lixo. 523 00:36:04,160 --> 00:36:05,760 Xente coma miña nai! 524 00:36:06,560 --> 00:36:08,560 Non... 525 00:36:09,320 --> 00:36:10,520 Dona Asunción non... 526 00:36:10,600 --> 00:36:13,080 Asunción? Quen falou de dona Asunción? 527 00:36:14,160 --> 00:36:15,640 Miña nai é Sonia Ramos. 528 00:36:17,600 --> 00:36:19,640 Ti e as outras deixástela morrer. 529 00:36:20,280 --> 00:36:22,640 Agora vas pedirlle perdón. 530 00:36:24,920 --> 00:36:26,160 Pídelle perdón! 531 00:36:27,480 --> 00:36:28,480 Pídelle perdón! 532 00:36:29,640 --> 00:36:31,320 Perdón! 533 00:36:31,400 --> 00:36:33,800 Perdón! 534 00:36:53,280 --> 00:36:55,600 Déixame marchar e non direi nada. 535 00:36:55,640 --> 00:36:57,520 - Xúroo. - Non dirás nada? 536 00:36:57,600 --> 00:36:59,960 - Non. - Como cando mataron a miña nai? 537 00:37:02,680 --> 00:37:03,560 Non. 538 00:37:04,560 --> 00:37:06,640 Ningunha desas rameiras que matei 539 00:37:07,080 --> 00:37:09,800 berrou nin a metade ca ela aquela noite. 540 00:37:10,800 --> 00:37:12,640 Seino porque estaba alí. 541 00:37:13,600 --> 00:37:14,840 Vino todo. 542 00:37:14,920 --> 00:37:17,360 Como o deixastes só con ela? 543 00:37:20,600 --> 00:37:22,640 Non é verdade. 544 00:37:22,760 --> 00:37:25,080 Non é verdade. 545 00:37:27,400 --> 00:37:30,360 Eu non sabía nada. 546 00:37:32,560 --> 00:37:33,480 Iso é mentira. 547 00:37:34,520 --> 00:37:35,560 El pagouvos. 548 00:37:35,640 --> 00:37:37,480 Pagouvos para poder matala. 549 00:37:44,040 --> 00:37:48,120 Eu era un neno e ela era unha muller indefensa. 550 00:38:09,000 --> 00:38:10,280 Non te dás conta? 551 00:38:11,840 --> 00:38:13,360 Eu tamén era unha nena. 552 00:38:14,680 --> 00:38:16,000 Eu coidábate! 553 00:38:25,800 --> 00:38:27,080 Eras coma as demais. 554 00:38:27,800 --> 00:38:30,400 Non fixeches nada. Nada! 555 00:38:31,160 --> 00:38:32,640 Deixáchesme só. 556 00:38:49,200 --> 00:38:50,640 Acabouse. 557 00:38:57,000 --> 00:38:57,840 Arturo! 558 00:38:58,360 --> 00:38:59,960 Arturo, sóltaa! 559 00:39:01,880 --> 00:39:03,800 Un paso máis e mátoa! 560 00:39:03,880 --> 00:39:06,120 Ninguén che vai disparar! 561 00:39:06,680 --> 00:39:07,760 Non a manques. 562 00:39:07,840 --> 00:39:09,120 Baixade as armas! 563 00:39:16,080 --> 00:39:17,640 Por favor... 564 00:39:19,560 --> 00:39:22,160 Arturo, só quero falar. 565 00:39:23,600 --> 00:39:26,000 "Protexer sempre o inocente", recordas? 566 00:39:26,640 --> 00:39:27,920 Ensinóunolo papá. 567 00:39:28,000 --> 00:39:29,800 Oxalá o cumprira el. 568 00:39:29,880 --> 00:39:31,320 Por que dis iso? 569 00:39:31,920 --> 00:39:33,440 Atrás! 570 00:39:34,760 --> 00:39:36,440 Non o sabes, Marina. 571 00:39:36,520 --> 00:39:38,160 Non sabes nada. 572 00:39:38,920 --> 00:39:40,520 Deixa que che axude. 573 00:39:41,440 --> 00:39:43,640 Solta a Margó. Aínda estás a tempo. 574 00:39:43,680 --> 00:39:45,040 A tempo? 575 00:39:45,480 --> 00:39:47,760 A tempo de facer xustiza, Marina. 576 00:39:47,840 --> 00:39:49,680 É do único que estou a tempo. 577 00:39:50,200 --> 00:39:51,560 - Atrás! - Arturo! 578 00:39:52,400 --> 00:39:53,880 Atrás! 579 00:39:56,480 --> 00:39:58,040 Non tes nin idea, Marina, 580 00:39:58,120 --> 00:40:00,960 do que é estar totalmente só neste mundo. 581 00:40:01,040 --> 00:40:03,680 Que maten a túa nai coma un can. 582 00:40:04,480 --> 00:40:06,360 Que farías ti, Marina? 583 00:40:06,440 --> 00:40:07,640 Ti que farías? 584 00:40:07,680 --> 00:40:09,880 Di! Que farías ti? 585 00:40:09,960 --> 00:40:10,880 Arturo. 586 00:40:10,960 --> 00:40:15,280 Arturo, eu entendo perfectamente a dor que sentes, pero isto non... 587 00:40:15,360 --> 00:40:17,640 Non entendes nada, Marina. 588 00:40:17,760 --> 00:40:21,280 Todas esas mulleres sabían que el a ameazaba 589 00:40:22,080 --> 00:40:24,920 e deixaron que a matara. E papá tamén. 590 00:40:25,000 --> 00:40:27,520 Non, iso non puido ser así. 591 00:40:27,600 --> 00:40:29,960 Puido salvar a mina nai e non o fixo. 592 00:40:30,040 --> 00:40:33,040 Sabes perfectamente que papá nunca faría iso. 593 00:40:33,120 --> 00:40:36,200 Por que cres que me deixou vivir na súa casa? 594 00:40:37,280 --> 00:40:38,560 Porque me quería? 595 00:40:39,560 --> 00:40:40,640 Por favor... 596 00:40:40,760 --> 00:40:42,920 Fíxoo para aliviar a culpa, Marina. 597 00:40:43,640 --> 00:40:45,800 Pero claro que te quería, Arturo. 598 00:40:45,880 --> 00:40:48,040 Papá queríate moitísimo. 599 00:40:48,120 --> 00:40:50,840 E eu tamén. Eu quérote moitísimo. 600 00:40:51,440 --> 00:40:54,640 Eu, sen ti... Non sería o mesmo. 601 00:40:54,760 --> 00:40:58,920 Sen os teus abrazos cando había tormenta. Acórdaste? 602 00:40:59,000 --> 00:41:03,640 E sen todas esas veces que xogabamos a policías e ladróns. 603 00:41:06,960 --> 00:41:09,120 Marina, falas dun mundo de fantasía. 604 00:41:09,160 --> 00:41:12,280 Isto non é un xogo. É a vida real. 605 00:41:12,360 --> 00:41:15,160 Por favor, escóitame. 606 00:41:16,160 --> 00:41:17,760 Vas ter un fillo. 607 00:41:25,960 --> 00:41:27,640 Teño que acabar con isto. 608 00:41:28,280 --> 00:41:29,200 Non! 609 00:41:33,520 --> 00:41:34,480 Marina! 610 00:41:34,560 --> 00:41:36,160 Ramírez! Non! 611 00:41:43,280 --> 00:41:45,200 Arturo! 612 00:41:45,320 --> 00:41:48,360 Arturo, non te movas. 613 00:41:48,440 --> 00:41:50,560 Mírame! 614 00:41:50,640 --> 00:41:53,520 Tranquilo. 615 00:41:53,600 --> 00:41:55,480 Tranquilo. 616 00:41:57,920 --> 00:42:00,400 Non fagas esforzos. Mírame. 617 00:42:02,640 --> 00:42:05,160 Por fin a gran Quiroga resolveu o enigma. 618 00:42:05,560 --> 00:42:07,680 Pero que parvada é esa? 619 00:42:08,440 --> 00:42:11,400 Así rematan as boas historias de policías, non? 620 00:42:11,480 --> 00:42:12,320 Non. 621 00:42:12,400 --> 00:42:15,880 Non. O malo non pode morrer. 622 00:42:15,960 --> 00:42:19,320 O malo ten que ser xulgado. Iso ensinóunolo papá, lembras? 623 00:42:20,920 --> 00:42:23,320 Papá non era a persoa que cres que era. 624 00:42:27,040 --> 00:42:28,840 Xa está. Arturo. 625 00:42:28,920 --> 00:42:30,000 Arturo! 626 00:42:30,080 --> 00:42:33,200 Arturo. 627 00:42:33,320 --> 00:42:36,120 Arturo! 628 00:42:36,160 --> 00:42:37,600 Arturo! 629 00:42:38,360 --> 00:42:39,640 Arturo! 630 00:42:40,840 --> 00:42:42,560 Non! 631 00:43:30,160 --> 00:43:31,880 Vexo que xa o soltaron. 632 00:43:32,640 --> 00:43:34,840 Grazas ó seu labor, Srta. Quiroga. 633 00:43:38,640 --> 00:43:41,920 Espero que todo isto non lle faga pensar en abandonar. 634 00:43:43,560 --> 00:43:46,240 Esta vida non é para nós, verdade, Héctor? 635 00:43:47,840 --> 00:43:48,720 Verdade. 636 00:43:55,800 --> 00:43:57,680 Sei que tocaches a orella. 637 00:44:04,720 --> 00:44:07,680 SEGREDOS DE FAMILIA 638 00:46:13,960 --> 00:46:15,960 Subtítulos: Antía López Cando