1 00:00:06,049 --> 00:00:09,010 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:11,304 --> 00:00:13,890 Lino, teslles que contar o do pasteleiro. 3 00:00:13,973 --> 00:00:16,768 Aceptei traerlle un regalo a un siciliano. 4 00:00:16,851 --> 00:00:21,147 Un siciliano que non coñecemos, que vive a saber onde nos Ánxeles. 5 00:00:21,230 --> 00:00:23,649 Por que lle dás tantas voltas? 6 00:00:23,733 --> 00:00:28,154 Cando me acerco o tipo xa está envolvendo a torta. 7 00:00:28,237 --> 00:00:30,156 - Unha torta? - Unha torta. 8 00:00:30,239 --> 00:00:34,077 Lino prometeulle que lla ía traer de Sicilia ós Ánxeles 9 00:00:34,160 --> 00:00:38,164 para un primo seu. E todo sen dirección, simplemente Hollywood. 10 00:00:39,916 --> 00:00:43,169 E o tipo chámase Antonio Russo. 11 00:00:43,252 --> 00:00:45,630 - Nunca o vas atopar. - Quen sabe. 12 00:00:45,713 --> 00:00:49,675 A que axencia chamamos cando os inquilinos non nos pagaron? 13 00:00:49,759 --> 00:00:51,010 A policía. 14 00:00:51,094 --> 00:00:54,680 Miña naíña, Amy! Éche mellor que lles pagues a tempo, 15 00:00:54,764 --> 00:00:56,349 porque comigo non volves. 16 00:00:56,432 --> 00:00:59,769 - Ui. - Lino, que é isto? 17 00:00:59,852 --> 00:01:01,395 Ai, son arancini. 18 00:01:01,479 --> 00:01:04,273 Esta vez fíxenas con arroz de azafrán. 19 00:01:04,357 --> 00:01:07,944 Quero poñelas no restaurante porque non hai moito choio. 20 00:01:10,530 --> 00:01:14,325 David e Preston dixeron que poidamos ter unha horta. É xenial! 21 00:01:14,408 --> 00:01:16,452 Se comemos así, ningún problema. 22 00:01:17,328 --> 00:01:19,872 É coma ter unha trattoria no xardín. 23 00:01:19,956 --> 00:01:22,041 Seredes os mellores inquilinos. 24 00:01:22,542 --> 00:01:26,045 Eu quero abrir o meu propio restaurante algún día. 25 00:01:26,129 --> 00:01:27,046 - Ah. - Si. 26 00:01:27,755 --> 00:01:29,632 Ken, ti cociñas? 27 00:01:30,133 --> 00:01:31,467 Máis ben grellada. 28 00:01:32,176 --> 00:01:35,096 - Na miña familia é algo serio. - E na miña. 29 00:01:35,179 --> 00:01:39,100 A faldra de tenreira que fai meu pai compite coa de calquera. 30 00:01:39,684 --> 00:01:43,396 Non llo digas a papá, pero é unha verdade coma un puño. 31 00:01:44,397 --> 00:01:45,314 Coñecíchelo? 32 00:01:45,398 --> 00:01:50,570 A semana pasada. É o mellor. Un pai ben dedicado, adora… 33 00:01:52,113 --> 00:01:52,947 Ai. 34 00:01:53,656 --> 00:01:54,866 Perdoa, Lino. 35 00:01:57,034 --> 00:02:01,122 Non, ti… non te preocupes, de verdade. 36 00:02:06,502 --> 00:02:10,882 - E xa coñeciches a seu pai! - Creo que isto é de verdade, Amy. 37 00:02:11,507 --> 00:02:12,383 Gústame, Z. 38 00:02:13,176 --> 00:02:15,094 A min tamén. 39 00:02:15,178 --> 00:02:19,599 Pero mírate! Xa case estás embarazada e criando un pequeno quarterback. 40 00:02:19,682 --> 00:02:20,641 Non. 41 00:02:21,142 --> 00:02:23,519 Pero os bebés serían preciosos. 42 00:02:27,231 --> 00:02:28,107 Que? 43 00:02:30,026 --> 00:02:32,653 É que… nunca te vira así. 44 00:02:33,738 --> 00:02:37,575 Ti e Lino non pensastes xa en fillos? Casa nova, casados… 45 00:02:37,658 --> 00:02:41,996 Non, Zora. Ti tes un bo traballo. Un que che gusta. 46 00:02:42,079 --> 00:02:45,374 Esa parte da miña vida aínda está comezando. 47 00:02:46,542 --> 00:02:49,587 A ver, encántame a galería, non entendas mal, 48 00:02:49,670 --> 00:02:51,255 e o diñeiro está xenial. 49 00:02:51,339 --> 00:02:54,008 Pero non teño tempo para as miñas obras. 50 00:02:55,092 --> 00:02:58,095 Un bebé agora mesmo é coma… 51 00:02:59,347 --> 00:03:03,601 Nunca podería comezar, sabes? E Lino sabe que non estou preparada. 52 00:03:03,684 --> 00:03:05,728 E acabamos de casar, temos tempo. 53 00:03:05,811 --> 00:03:07,438 Quero que coñeza a mamá. 54 00:03:09,398 --> 00:03:12,944 Xa sei, pero se non, non vai saber no que se está metendo. 55 00:03:14,153 --> 00:03:17,782 Vale. Ben, o meu consello é que o fagas en grupo 56 00:03:17,865 --> 00:03:19,992 porque así ten que comportarse. 57 00:03:20,076 --> 00:03:22,286 Vale? Moi ben. 58 00:03:23,412 --> 00:03:25,039 - Comamos esta torta. - Non! 59 00:03:25,122 --> 00:03:27,541 Prometemos darlla ó primo do pasteleiro. 60 00:03:27,625 --> 00:03:30,419 Cando atopes o carniceiro e o oleiro da canción? 61 00:03:30,503 --> 00:03:33,256 Veña, ho, abre iso dunha vez. 62 00:03:33,339 --> 00:03:36,133 - Vale. Ti mira o que me fas facer. - Ábrea. 63 00:03:38,135 --> 00:03:38,970 Ui. 64 00:03:42,431 --> 00:03:46,143 Cerra iso. En Italia non fan bolos de veludo vermello? 65 00:03:50,815 --> 00:03:53,526 Estivo ben pasar tempo na casa, mamá. 66 00:03:53,609 --> 00:03:57,655 Túa irmá tivo que ir ata Cefalú para enviarche os tomates. 67 00:03:57,738 --> 00:04:01,492 De verdade? Vaime saír un pesto siciliano boísimo. 68 00:04:02,076 --> 00:04:04,578 Como está Rosalina? E Biagia? 69 00:04:06,289 --> 00:04:08,082 É igual ca ti a esa idade. 70 00:04:08,874 --> 00:04:12,670 - Pois xa pode cambiar. - Tiñas que ver a teu pai con Rosalina. 71 00:04:13,671 --> 00:04:15,256 E como o fago, mamá? 72 00:04:16,549 --> 00:04:18,467 Dixécheslle que nos vimos? 73 00:04:20,094 --> 00:04:22,221 Que collín a miña sobriña no colo? 74 00:04:22,305 --> 00:04:25,349 Non, o que non sabe non lle fai dano. 75 00:04:25,433 --> 00:04:26,350 Iso pensaba. 76 00:04:28,769 --> 00:04:31,647 Mamá, teño que irme. Adeus. 77 00:04:37,069 --> 00:04:41,115 - Non o ves? Non está listo. - Iso dis cada vez que cambiamos a data. 78 00:04:41,198 --> 00:04:45,036 - Encántame, pero é case igual. - É completamente diferente. 79 00:04:45,745 --> 00:04:50,499 Se me permitides… Vexo as capas que engadiches aí e aí. 80 00:04:50,583 --> 00:04:53,878 É sutil, pero ten moita máis textura. 81 00:04:55,046 --> 00:04:59,258 Kiana, entendo que queiras conservar algo ata que estea perfecto, 82 00:05:00,343 --> 00:05:02,053 pero está lista para mostrar. 83 00:05:04,680 --> 00:05:07,641 Vale, pero xa pode haber tequila na inauguración. 84 00:05:07,725 --> 00:05:10,353 Se vexo un vaso de rosado, xuro por Deus… 85 00:05:16,233 --> 00:05:20,321 Tes que falar coa artista para enaltecer o seu proceso. 86 00:05:20,404 --> 00:05:24,825 Puiden usarte a semana pasada. Acábase o contrato de Laila Mahdi. 87 00:05:25,368 --> 00:05:29,747 Sae na portada de Art News e de súpeto cre que é Cindy Sherman. 88 00:05:31,248 --> 00:05:34,085 Estes son os prezos que Chloe quere que revises. 89 00:05:34,168 --> 00:05:35,169 Case me esquezo. 90 00:05:35,252 --> 00:05:39,256 Levoume tempo, pero creo que atopei o Antonio Russo que buscabas. 91 00:05:40,216 --> 00:05:43,177 RESTAURACIÓN DE ARTE HISTÓRICA NAS TORRES WATTS 92 00:05:43,260 --> 00:05:44,136 Grazas. 93 00:05:57,066 --> 00:05:59,276 Non sei como agradecérvolo. 94 00:05:59,360 --> 00:06:00,903 Grazas a ti. 95 00:06:00,986 --> 00:06:04,907 De non irmos a Sicilia nin coñecermos a tu primo, nunca saberiamos… 96 00:06:05,741 --> 00:06:08,577 que temos este lugar tan incrible xusto ó lado. 97 00:06:11,580 --> 00:06:12,415 Vaia! 98 00:06:16,293 --> 00:06:19,130 Simon Rodia fixo todo isto a man. 99 00:06:19,213 --> 00:06:21,674 Sen saber nada de arquitectura. 100 00:06:22,258 --> 00:06:25,386 E sen estadas. Só visión e corazón. 101 00:06:26,387 --> 00:06:28,013 Levoulle 33 anos. 102 00:06:38,732 --> 00:06:39,567 Vaites! 103 00:07:06,510 --> 00:07:10,306 "Tiña a idea de facer algo grande… 104 00:07:12,057 --> 00:07:12,892 e fíxeno." 105 00:07:17,104 --> 00:07:20,357 Sr. Russo, podo ensinarlle algo? 106 00:07:20,441 --> 00:07:21,942 - Si. - Mira o meu debuxo. 107 00:07:22,026 --> 00:07:25,946 Síntoo, Amy. Eu son o xerente, pero fáltanos un empregado, 108 00:07:26,030 --> 00:07:28,657 así que hoxe encárgome do curso dos nenos. 109 00:07:29,533 --> 00:07:30,493 Encantaríame. 110 00:07:33,120 --> 00:07:34,663 Vou agora mesmo, Gina. 111 00:07:39,293 --> 00:07:41,837 Fixeches ti isto? Encántame. 112 00:07:41,921 --> 00:07:43,464 Agora debuxa ti algo. 113 00:07:44,423 --> 00:07:45,257 Eu? 114 00:07:47,051 --> 00:07:47,885 Vale. 115 00:07:51,472 --> 00:07:53,057 Dánselle ben os rapaces. 116 00:07:54,225 --> 00:07:55,518 Si, iso parece. 117 00:07:57,436 --> 00:08:00,981 Se queres vir de voluntaria, es máis que benvida. 118 00:08:15,829 --> 00:08:18,666 Sabiades que a arte non é buscar a perfección? 119 00:08:19,667 --> 00:08:22,628 E que se pode crear a partir de calquera cousa? 120 00:08:22,711 --> 00:08:24,880 Como as cousas das torres Watts. 121 00:08:25,381 --> 00:08:31,637 Esas cousas son obxectos que atopou, e Simon Rodia usou o que tiña á man. 122 00:08:32,471 --> 00:08:35,766 - Queredes facer as vosas torres? - Si! 123 00:08:35,849 --> 00:08:38,477 Moi ben, a ver o que trouxestes da casa. 124 00:08:39,436 --> 00:08:42,147 Que din as vosas torres de vós? 125 00:08:44,483 --> 00:08:45,359 Joshua… 126 00:08:53,409 --> 00:08:56,870 - Chloe, agora non podo falar. - Tes que vir á galería. 127 00:08:56,954 --> 00:09:00,416 O New York Times Magazine vai entrevistar a Laila. 128 00:09:00,499 --> 00:09:03,168 Ameaza con dicirlles que nos deixa. 129 00:09:03,252 --> 00:09:05,296 Recorda que estou de voluntaria… 130 00:09:05,379 --> 00:09:08,007 E ti recordas o aumento de soldo? 131 00:09:08,090 --> 00:09:10,509 Consigue que Laila renove o contrato. 132 00:09:12,094 --> 00:09:16,599 Levas un mes sen presentar nada e agora pretendes sacar as túas obras? 133 00:09:16,682 --> 00:09:20,102 É unha gran forma de presentar o meu perfil. 134 00:09:20,185 --> 00:09:24,982 "Laila móvese con elegancia e determinación pola galería." Queda ben. 135 00:09:25,065 --> 00:09:26,483 Case o anuncias. 136 00:09:26,567 --> 00:09:32,323 Quizais. O acordo con Chloe non é xusto. A ver, o 50% das miñas vendas? Quero o 75. 137 00:09:32,406 --> 00:09:36,076 Non, todas as galerías levan a metade. É o normal neste sector. 138 00:09:36,160 --> 00:09:37,661 Dillo a Garboushian. 139 00:09:40,706 --> 00:09:42,082 Que fas? 140 00:09:43,626 --> 00:09:44,752 Que? 141 00:09:45,419 --> 00:09:48,714 A persoa que coñecín hai dous anos era unha artista 142 00:09:49,340 --> 00:09:51,133 á que lle importaban as obras. 143 00:09:51,800 --> 00:09:55,346 Non o New York Times, non os cartos, as obras. 144 00:09:56,263 --> 00:09:59,475 Céntraste tanto en como queres que o mundo te vexa 145 00:09:59,558 --> 00:10:02,811 que xa non recordas por que querías crear arte. 146 00:10:02,895 --> 00:10:05,147 E ti que sabes sobre as obras? 147 00:10:05,230 --> 00:10:08,359 E ti que fixeches dende que nos coñecemos, 148 00:10:08,442 --> 00:10:10,694 cando querías ser unha artista? 149 00:10:16,867 --> 00:10:20,329 10, 11, 12, 13. 13 dólares, vaia merda! 150 00:10:20,412 --> 00:10:24,541 - Eu conseguinche o traballo a boa fe. - Tranquilo. 151 00:10:24,625 --> 00:10:26,919 - Non hai unha alma. - É a comida. 152 00:10:27,002 --> 00:10:29,046 Xa, intentei incluír o meu pesto, 153 00:10:29,129 --> 00:10:31,632 - pero non hai maneira. - Eu xa cho dixen. 154 00:10:31,715 --> 00:10:34,760 Escoitade todos. Aguantamos todo o que puidemos, 155 00:10:34,843 --> 00:10:38,472 pero non hai nada que seguir mantendo. Pecho o negocio. 156 00:10:39,306 --> 00:10:40,474 Vinde e págovos. 157 00:10:41,475 --> 00:10:42,726 Merda! 158 00:10:45,062 --> 00:10:49,400 Oe… e vai abrir outro restaurante? 159 00:10:49,483 --> 00:10:53,320 Teño o contrato do alugueiro, pero non quero perder máis cartos. 160 00:10:54,154 --> 00:10:56,073 O sitio vai quedar baleiro. 161 00:10:56,824 --> 00:10:59,618 E que pasa con todas as cousas da cociña? 162 00:11:02,996 --> 00:11:07,626 Polo visto impórtalle máis o diñeiro, e sei o importante que ela era para ti. 163 00:11:07,710 --> 00:11:11,004 - Síntoo, Chloe. Pódesme despedir. - Ai, que lle dean. 164 00:11:12,715 --> 00:11:13,674 Que? 165 00:11:13,757 --> 00:11:17,052 Se te puideses ver a cara agora mesmo… Toma un trago. 166 00:11:18,303 --> 00:11:19,179 E respira. 167 00:11:22,516 --> 00:11:25,728 Lidar cos artistas pode ser o peor deste traballo, 168 00:11:25,811 --> 00:11:28,105 pero ti es a hostia niso. 169 00:11:28,188 --> 00:11:31,900 Estás disposta a ter conversacións difíciles. Non é o normal. 170 00:11:33,193 --> 00:11:34,820 Que vaia con Garboushian. 171 00:11:36,238 --> 00:11:38,031 Prefiro terte a ti. 172 00:11:39,658 --> 00:11:43,579 Quero ofrecerche un ascenso como xerente de relacións cos artistas. 173 00:12:49,853 --> 00:12:51,772 - É pesto siciliano? - Si. 174 00:12:55,108 --> 00:12:55,943 Vale. 175 00:13:02,157 --> 00:13:03,534 Está de morte. 176 00:13:05,744 --> 00:13:06,578 Vaia! 177 00:13:07,454 --> 00:13:11,959 Os chefs abren restaurantes de proba para experimentar con cousas novas. 178 00:13:12,042 --> 00:13:13,460 Restaurantes emerxentes. 179 00:13:14,503 --> 00:13:16,755 Quero alugar Mangia Mia e os útiles. 180 00:13:17,464 --> 00:13:20,425 Se lles puidera ensinar do que son capaz, 181 00:13:21,301 --> 00:13:23,011 os donos volverían investir. 182 00:13:23,095 --> 00:13:26,682 E aínda que non o fagan, é unha forma para que me coñezan. 183 00:13:26,765 --> 00:13:28,267 Non podemos pagalo. 184 00:13:28,350 --> 00:13:31,520 Quero usar os aforros para o restaurante emerxente. 185 00:13:31,603 --> 00:13:33,063 Quero apostar por min. 186 00:13:34,523 --> 00:13:36,984 Todo o que queremos é un risco. 187 00:13:39,444 --> 00:13:41,530 Isto podémolo facer xuntos. 188 00:13:47,452 --> 00:13:49,121 Pero se non estás de acordo… 189 00:13:53,667 --> 00:13:56,128 Hai comida coma esta nos Ánxeles? 190 00:13:59,673 --> 00:14:00,799 Agora haberá. 191 00:14:09,182 --> 00:14:10,142 Isto é xenial. 192 00:14:11,310 --> 00:14:12,144 Seino. 193 00:14:24,781 --> 00:14:26,700 Un segundo. 194 00:14:27,701 --> 00:14:32,205 Xa o teño, mamá. Corto os tomates, engádolle auga e vinagre. Agarda… 195 00:14:33,415 --> 00:14:34,249 E logo? 196 00:14:42,507 --> 00:14:44,468 E esta é a aula. 197 00:14:44,551 --> 00:14:48,013 Mamá, quero que coñezas o xerente, Antonio Russo. 198 00:14:48,096 --> 00:14:50,641 - Ola. - Non pode ser túa nai. 199 00:14:51,141 --> 00:14:52,100 Ai, para. 200 00:14:52,184 --> 00:14:55,354 Si que é. E esta é a miña irmá, Zora. 201 00:14:55,437 --> 00:14:56,396 - Ola. - Ola. 202 00:14:56,480 --> 00:14:58,315 É un pracer coñecelas. 203 00:14:58,398 --> 00:15:01,360 Amy fixo un traballo incrible cos rapaces aquí. 204 00:15:01,443 --> 00:15:04,696 Simon Rodia estaría orgulloso, Amy. Eu estouno. 205 00:15:04,780 --> 00:15:08,325 A xunta quere ofrecerche un traballo a xornada completa. 206 00:15:09,242 --> 00:15:11,161 Non son os cartos da galería… 207 00:15:11,244 --> 00:15:12,871 - Encantaríalle. - Mamá! 208 00:15:13,872 --> 00:15:17,918 Antonio, moitas grazas pola oferta, pero non… 209 00:15:18,001 --> 00:15:19,586 Agarda, non o rexeitarás? 210 00:15:19,670 --> 00:15:22,214 Túa nai é unha muller moi sabia. 211 00:15:22,714 --> 00:15:25,258 Deberías escoitala. Di que si, por favor. 212 00:15:25,759 --> 00:15:26,802 Perdoade. 213 00:15:29,471 --> 00:15:30,722 Non sei que é peor, 214 00:15:30,806 --> 00:15:33,767 que aceptes un traballo por min ou que ligues aquí. 215 00:15:33,850 --> 00:15:37,104 - B. Xa che digo que B. - Non busco que se fixen en min. 216 00:15:37,187 --> 00:15:38,689 Dille iso ó teu vestido. 217 00:15:40,148 --> 00:15:44,236 Amy, deberías aceptar o traballo. É arte. 218 00:15:44,319 --> 00:15:47,948 Fas algo pola comunidade. É así como te criamos. 219 00:15:48,031 --> 00:15:49,783 Xa, pero teño un traballo. 220 00:15:49,866 --> 00:15:53,328 E precísoo, e máis con todos os aforros no restaurante. 221 00:15:53,412 --> 00:15:54,830 Necesito ese diñeiro. 222 00:15:56,081 --> 00:15:59,501 - Aquí es máis feliz. - Niso ten razón. 223 00:16:07,259 --> 00:16:08,552 Si, fareino mañá. 224 00:16:09,594 --> 00:16:12,097 Diga? Ola, ruliña. 225 00:16:13,348 --> 00:16:15,392 - Como estás? - Ben. 226 00:16:15,892 --> 00:16:18,854 E por que parece que che acaban de asasinar o can? 227 00:16:20,272 --> 00:16:23,608 - Chloe ofreceume un ascenso. - Iso é unha boa nova. 228 00:16:23,692 --> 00:16:27,070 E teño outra oferta do centro de arte das torres Watts. 229 00:16:27,154 --> 00:16:30,615 Pero por moito menos diñeiro, e precisámolo. 230 00:16:31,199 --> 00:16:34,202 Levo na galería máis tempo do que esperaba, 231 00:16:34,286 --> 00:16:36,997 e non sei, empezo a sentirme… 232 00:16:37,581 --> 00:16:38,790 segura. 233 00:16:38,874 --> 00:16:40,083 Iso é bo. 234 00:16:40,584 --> 00:16:43,211 Mamá di que acepte o traballo das torres. 235 00:16:43,295 --> 00:16:46,089 Dicíndoche que facer, coma sempre, claro. 236 00:16:46,173 --> 00:16:50,302 É que… se acepto o ascenso… 237 00:16:52,345 --> 00:16:54,389 axudo a Lino co que quere. 238 00:16:55,640 --> 00:16:57,642 E se acepto o traballo das torres… 239 00:16:59,394 --> 00:17:00,896 consigo o que eu quero. 240 00:17:01,396 --> 00:17:03,774 Eses rapaces inspíranme. 241 00:17:03,857 --> 00:17:07,861 E Watts, as torres, a ver… é facer arte polo amor á arte. 242 00:17:12,574 --> 00:17:16,328 E un traballo alí daríame moita máis arte na miña vida. 243 00:17:17,037 --> 00:17:18,038 Que fago? 244 00:17:18,914 --> 00:17:21,333 - Falaches con Lino xa? - Non. 245 00:17:21,833 --> 00:17:25,545 Logo confundícheste ó chamar. Isto é entre ti e o teu marido. 246 00:17:25,629 --> 00:17:29,174 De verdade? Non me vas dicir que opinas? 247 00:17:29,257 --> 00:17:30,842 Non importa se cho digo. 248 00:17:31,551 --> 00:17:33,970 Lino e ti sodes unha familia agora. 249 00:17:34,054 --> 00:17:36,681 Isto tedes que resolvelo entre vós. 250 00:17:41,478 --> 00:17:44,147 Papá, téñome que ir. Teño moito traballo. 251 00:17:45,148 --> 00:17:45,982 Moi ben. 252 00:17:54,157 --> 00:17:57,327 GRANDE APERTURA ESTA NOITE! 253 00:18:01,748 --> 00:18:03,834 Vas facer que caia. 254 00:18:03,917 --> 00:18:05,210 Comeríate enteiriña… 255 00:18:24,938 --> 00:18:28,608 Ó Ministerio de Sanidade non lle gusta o que vas facer. 256 00:18:29,192 --> 00:18:30,694 Tes o zapato desatado. 257 00:18:30,777 --> 00:18:31,778 Ah. 258 00:18:32,279 --> 00:18:35,198 Moitas grazas. Que amable. 259 00:18:43,206 --> 00:18:44,541 Ben… 260 00:18:44,624 --> 00:18:46,334 - Ai! - Estás ben? 261 00:18:46,418 --> 00:18:48,837 Imos abrir agora, así que… tedes… 262 00:18:51,006 --> 00:18:53,425 Por iso o chef ten que estar na cociña. 263 00:18:56,803 --> 00:18:58,597 - Deséxame sorte. - Boa sorte. 264 00:19:06,104 --> 00:19:07,397 Queres unha copa? 265 00:19:18,074 --> 00:19:20,410 Ola, preciosa. 266 00:19:22,245 --> 00:19:25,624 - Lino fíxoo xenial. Está moi ben. - A que si? Ola. 267 00:19:25,707 --> 00:19:27,959 - Si, ola. - Benvidas. 268 00:19:28,043 --> 00:19:32,088 Podes levar isto á cociña e que Lino mo poña nun prato? 269 00:19:32,172 --> 00:19:34,466 Trouxeches comida na apertura? 270 00:19:34,549 --> 00:19:38,178 Amy, estou aquí apoiando a Lino. Non perdería a oportunidade. 271 00:19:38,261 --> 00:19:40,347 De ver xente comer a súa comida? 272 00:19:41,306 --> 00:19:45,560 Vale, tranquila. Xa cho poño eu nun prato. 273 00:19:45,644 --> 00:19:47,938 - Grazas, miña rula. - De nada. 274 00:19:48,021 --> 00:19:50,899 Ai, ola, Antonio. Perdoade. 275 00:19:52,817 --> 00:19:55,153 - Estivo bebendo? - Escoita. 276 00:19:55,237 --> 00:19:59,699 Vouno facer esta noite. Seguín o teu consello e invitei a Ken. 277 00:20:00,992 --> 00:20:04,704 Nunca dixen que llo presentaras a mamá esta noite. 278 00:20:05,205 --> 00:20:06,706 En grupo, recordas? 279 00:20:06,790 --> 00:20:09,668 Pero necesito que me apoies se mamá actúa 280 00:20:09,751 --> 00:20:10,961 - como é ela. - Zora… 281 00:20:11,044 --> 00:20:14,214 Se facemos un equipo ti mais eu, será coser e cantar. 282 00:20:14,297 --> 00:20:18,176 Tróuxenche xogadores de fútbol con fame. 283 00:20:18,677 --> 00:20:19,844 Ola. 284 00:20:20,428 --> 00:20:22,305 Moi ben, que Deus cho pague. 285 00:20:22,889 --> 00:20:25,558 - Ola, Ken, como estás? - Ben, e ti que tal? 286 00:20:25,642 --> 00:20:27,394 Pasade, rapaces. 287 00:20:29,896 --> 00:20:31,773 - Jonathan. - Alégrome de verte. 288 00:20:31,856 --> 00:20:33,900 Igualmente. Benvido a L'Isola. 289 00:20:33,984 --> 00:20:38,238 Que ben que puiderades vir ó final. Tedes unha mesa especial. 290 00:20:38,321 --> 00:20:39,447 - Xenial. - Ségueme. 291 00:21:25,493 --> 00:21:29,039 Non fuches moi listo á hora de escoller profesión. 292 00:21:30,999 --> 00:21:33,126 - Penso nas lesións… - Que? 293 00:21:33,209 --> 00:21:35,545 - …e no racismo que hai. - Axuda. 294 00:21:35,628 --> 00:21:39,257 - A NFL necesita… - Ken é profesor, non está na NFL. 295 00:21:40,175 --> 00:21:41,009 Que ben. 296 00:21:43,470 --> 00:21:44,637 Tes algunha ETS? 297 00:21:44,721 --> 00:21:46,514 - Mamá. - Non, señora. 298 00:21:47,015 --> 00:21:48,475 Cantos rapaces tes? 299 00:21:49,392 --> 00:21:50,435 Ningún, señora. 300 00:21:50,935 --> 00:21:54,189 Así que es o único xogador que non é un mullereiro? 301 00:21:55,148 --> 00:21:59,361 E canto diñeiro tes aforrado? Os profesores non cobran moito. 302 00:21:59,444 --> 00:22:02,739 De novo, recordas que eu tamén son profesora, non? 303 00:22:02,822 --> 00:22:03,948 Estou da túa parte. 304 00:22:04,949 --> 00:22:08,870 Adminístroo ben. Poderíase dicir que son conservador nese sentido. 305 00:22:09,454 --> 00:22:12,207 Tranquila, non é que sexa republicano. 306 00:22:12,707 --> 00:22:14,209 En realidade non voto. 307 00:22:14,834 --> 00:22:17,170 Si, despois xa falaremos diso. 308 00:22:18,546 --> 00:22:21,508 Zora, meu ben, vas quedar sen home nun minuto. 309 00:22:23,134 --> 00:22:25,804 Intento asegurarme de que é bo home para ti. 310 00:22:25,887 --> 00:22:28,306 Reláxate e deixa a mamá traballar. 311 00:22:30,308 --> 00:22:32,185 Precisades algo? Máis viño? 312 00:22:32,268 --> 00:22:35,939 Contáballe o incrible traballo que fas no centro de arte Watts. 313 00:22:36,022 --> 00:22:39,609 Polo visto alí tamén estás facendo grandes avances. 314 00:22:39,692 --> 00:22:41,152 - Si, eu… - Ei. 315 00:22:41,736 --> 00:22:43,488 Un segundo. Que? 316 00:22:43,571 --> 00:22:44,906 Ken mais eu marchamos. 317 00:22:44,989 --> 00:22:47,534 Por que? Pensei que quedariades máis tempo. 318 00:22:47,617 --> 00:22:49,202 Felicita a Lino. 319 00:22:49,869 --> 00:22:51,538 Non, agarda. Zora, Ken. 320 00:23:26,823 --> 00:23:31,077 Non sei por canto tempo, pero hoxe o teu marido triunfou. 321 00:23:31,161 --> 00:23:31,995 Si. 322 00:23:33,663 --> 00:23:35,498 Non sei describir o que sinto. 323 00:23:35,582 --> 00:23:37,125 E pode seguir así. 324 00:23:37,625 --> 00:23:41,087 Chloe ofreceume un ascenso, é un novo posto e máis soldo. 325 00:23:41,171 --> 00:23:42,380 - De verdade? - Si. 326 00:23:42,464 --> 00:23:46,593 - Di que se me dá ben relacionarme. - E é algo que non queres? 327 00:23:46,676 --> 00:23:49,262 Quero xestionar a miña carreira profesional. 328 00:23:49,345 --> 00:23:52,765 Pero é bo que me queiran. E Antonio ofreceume un traballo… 329 00:23:52,849 --> 00:23:56,519 - Agarda. Antonio? - Si, ofreceume un traballo. 330 00:23:57,729 --> 00:24:00,899 - Tes que aceptalo. - Non, Lino. 331 00:24:01,566 --> 00:24:04,068 Non podo. Xa cho quería contar o outro día, 332 00:24:04,152 --> 00:24:07,489 pero parecía que non había sitio para o teu soño 333 00:24:07,989 --> 00:24:08,907 e para o meu. 334 00:24:10,116 --> 00:24:11,701 - Ai, non. - Si. 335 00:24:13,953 --> 00:24:16,915 Non, eu quérote por querer seguir na galería, 336 00:24:16,998 --> 00:24:18,249 pero amañaremos. 337 00:24:18,833 --> 00:24:20,376 - Estás seguro? - Estou. 338 00:24:20,460 --> 00:24:23,254 É menos soldo fronte a un ascenso. 339 00:24:23,338 --> 00:24:25,673 Si, pero para min é moi sinxelo. 340 00:24:26,174 --> 00:24:29,761 Son os nosos soños, as nosas vidas, temos que ir a por eles. 341 00:24:29,844 --> 00:24:31,179 Se non é agora, cando? 342 00:24:31,262 --> 00:24:34,057 E ademais, se ti non es feliz, eu non podo selo. 343 00:24:37,143 --> 00:24:37,977 Que? 344 00:24:39,854 --> 00:24:40,688 Que? 345 00:24:42,148 --> 00:24:44,859 Como dicimos en Texas: vai a por todas. 346 00:24:44,943 --> 00:24:45,777 Exacto. 347 00:24:47,570 --> 00:24:50,573 E se te teño a ti, ningún soño é demasiado grande. 348 00:24:51,115 --> 00:24:54,160 Si, dime iso cando non poidamos pagar a calefacción. 349 00:24:54,244 --> 00:24:58,998 Agarda, nunca tivemos problemas para entrar en calor. 350 00:25:33,908 --> 00:25:37,036 - Diga? - Adiviña que vou facer esta noite. 351 00:25:37,120 --> 00:25:40,915 "Ola, estás ocupada? Cóllote nun bo momento, Zora?" 352 00:25:40,999 --> 00:25:43,334 - Cóllote ben? - Non, estou traballando. 353 00:25:43,835 --> 00:25:45,044 Pareces anoxada. 354 00:25:46,671 --> 00:25:48,798 E non tes nin idea por que. 355 00:25:48,881 --> 00:25:52,343 Vale, sexa o que sexa, podemos falalo para que che poida…? 356 00:25:52,427 --> 00:25:54,012 Falarei cando estea lista. 357 00:25:55,179 --> 00:25:57,223 Agarda. Ola? 358 00:25:58,516 --> 00:25:59,392 Pero que…? 359 00:26:05,565 --> 00:26:08,610 - Ola, son Zora, deixa unha mensaxe. - Ei… 360 00:26:10,612 --> 00:26:12,780 Z, non sei que pasa, pero quérote. 361 00:26:12,864 --> 00:26:16,993 Quérote. Pódesme chamar, por favor? Adeus. 362 00:26:23,541 --> 00:26:27,503 Por que deixas unha galería de arte co panorama artístico da cidade 363 00:26:27,587 --> 00:26:29,255 para pintar con rapaces? 364 00:26:31,424 --> 00:26:33,176 Non te vou deixar colgada. 365 00:26:33,259 --> 00:26:37,472 - Quedarei ata que atopes a alguén. - Non, xa amañarei. 366 00:26:40,516 --> 00:26:42,477 Oxalá foras sincera comigo. 367 00:26:43,311 --> 00:26:45,021 Tíñate por unha protexida. 368 00:27:58,803 --> 00:28:01,681 - Boas. L'Isola, 20 % de desconto. - Perdoa. 369 00:28:01,764 --> 00:28:04,183 - Non, grazas. - A mellor comida italiana. 370 00:28:04,267 --> 00:28:06,602 A mellor comida! Estades avisados. 371 00:29:05,203 --> 00:29:08,247 Ola, son Zora. Deixa unha mensaxe. 372 00:29:08,331 --> 00:29:11,667 Zora, pódesme chamar? Xa pasou moito. 373 00:29:11,751 --> 00:29:15,296 COMIDA ORIXINAL E COLORIDA QUE EVOCA SICILIA NOS ÁNXELES 374 00:29:18,174 --> 00:29:19,300 Tes unha visita. 375 00:29:56,128 --> 00:29:58,172 - Ei, que tal o teu día? - Ola. 376 00:29:59,215 --> 00:30:01,175 - Dime. - Conseguino. 377 00:30:02,885 --> 00:30:05,137 Voume asociar cos antigos donos. 378 00:30:05,221 --> 00:30:08,057 Leron os comentarios e queren seguir con L'Isola. 379 00:30:09,016 --> 00:30:11,352 É xenial! Moi ben! 380 00:30:11,435 --> 00:30:14,355 Daríache un bico, pero necesito o xeo no xeonllo. 381 00:30:14,438 --> 00:30:15,314 Aínda che doe? 382 00:30:15,398 --> 00:30:16,482 - Si. - A ver. 383 00:30:20,152 --> 00:30:23,114 - Está quente. - Si, por iso lle poño xeo. 384 00:30:24,490 --> 00:30:28,119 - Tes que ir ó medico. - Non, non é nada. 385 00:30:33,249 --> 00:30:36,335 - Non sabes chamar? - Xa o fixen, pero non contestas. 386 00:30:36,419 --> 00:30:38,963 Tróuxenche tomates do mercado. 387 00:30:40,464 --> 00:30:41,549 Que queres? 388 00:30:43,467 --> 00:30:47,179 Lino está mal do xeonllo. Vai ter que ir a un ortopedista. 389 00:30:47,263 --> 00:30:50,057 Quizais Ken podía recomendarnos a alguén. 390 00:30:51,434 --> 00:30:53,728 - Sabes o que me molesta? - O que? 391 00:30:53,811 --> 00:30:58,024 Despois de todo, só ves aquí porque precisas algo. 392 00:30:58,524 --> 00:31:00,902 Non cambiaches desde a primaria. 393 00:31:02,278 --> 00:31:03,529 De que estás a falar? 394 00:31:04,697 --> 00:31:07,533 Viñas chorando porque perdías o diñeiro da comida 395 00:31:07,617 --> 00:31:11,245 varias veces á semana, e eu dábache o diñeiro, Amy, 396 00:31:11,329 --> 00:31:14,582 pero xa es unha muller grandiña e non me podías axudar 397 00:31:14,665 --> 00:31:16,584 a única vez que che pido axuda. 398 00:31:16,667 --> 00:31:20,087 - Eh, de que falas, Zora? - Quiteiche o peso de mamá 399 00:31:20,171 --> 00:31:23,215 cando se divorciou mentres ti estabas en Italia. 400 00:31:23,299 --> 00:31:25,927 Deixeivos a ti e a Lino, a quen non coñecía, 401 00:31:26,010 --> 00:31:28,846 quedar aquí mentres comezabades unha vida xuntos. 402 00:31:28,930 --> 00:31:33,434 Sempre mirei por ti, e pídoche axuda con Ken e mamá…? 403 00:31:33,517 --> 00:31:34,936 Vale… 404 00:31:36,437 --> 00:31:38,981 Sinto ter perdido o diñeiro da comida. 405 00:31:40,942 --> 00:31:43,819 E agradézoche todo o que fas por min. 406 00:31:43,903 --> 00:31:44,737 De verdade. 407 00:31:46,322 --> 00:31:50,159 Pero podíasllo presentar nunha comida, 408 00:31:50,242 --> 00:31:53,079 como a xente normal, e non na gran noite de Lino. 409 00:31:53,162 --> 00:31:55,206 Era unha gran noite para min. 410 00:31:55,289 --> 00:31:58,751 Igual non teño os soños dunha artista, pero teño soños. 411 00:31:59,877 --> 00:32:01,128 Quero o meu Lino. 412 00:32:02,505 --> 00:32:05,216 Pensei que ti poderías entender iso. 413 00:32:06,884 --> 00:32:09,011 Os días que che dei o diñeiro, 414 00:32:09,845 --> 00:32:10,805 eu non comín. 415 00:32:11,847 --> 00:32:15,393 Mentres eu te coidaba, quen me coidaba a min? 416 00:32:27,697 --> 00:32:29,198 Xa tes o nome do médico. 417 00:32:30,908 --> 00:32:32,451 Tes o que viñas buscar. 418 00:32:33,369 --> 00:32:34,203 Podes marchar. 419 00:32:36,038 --> 00:32:36,914 Zora, agarda. 420 00:32:37,623 --> 00:32:38,457 Podemos…? 421 00:32:42,753 --> 00:32:44,422 Zora, temos que falar disto. 422 00:33:00,646 --> 00:33:04,025 CENTRO MÉDICO 423 00:33:05,234 --> 00:33:06,068 Vaia. 424 00:33:06,986 --> 00:33:08,946 Ken di que Mac é o mellor. 425 00:33:11,157 --> 00:33:14,493 Así que coñecedes a Ken. Era un xogador extraordinario. 426 00:33:14,577 --> 00:33:17,121 - Debes ser Lino. - Si, encantado, doutor. 427 00:33:17,204 --> 00:33:18,205 A miña muller. 428 00:33:18,914 --> 00:33:21,876 Sen min, Ken teríase que retirar dous anos antes. 429 00:33:21,959 --> 00:33:24,128 É un quiste de Baker, non? 430 00:33:24,211 --> 00:33:26,172 Hai tempo que non vexo ningún. 431 00:33:43,981 --> 00:33:46,192 Voute derivar a un oncólogo. 432 00:33:56,911 --> 00:34:00,748 Tes un cáncer pouco frecuente dos tecidos brandos, leiomiosarcoma. 433 00:34:06,295 --> 00:34:09,381 Un cáncer agresivo que necesita un tratamento igual. 434 00:34:09,965 --> 00:34:14,011 Observaremos con detalle a quimioterapia para que o corpo aguante, 435 00:34:15,054 --> 00:34:18,182 e poder reducir o tumor antes de extirpalo. 436 00:34:23,479 --> 00:34:24,480 Tedes fillos? 437 00:34:26,607 --> 00:34:27,441 Non. 438 00:34:28,609 --> 00:34:31,445 A quimioterapia dana o esperma durante anos. 439 00:34:31,529 --> 00:34:35,116 Se queredes ter fillos, tedes que meter o esperma nun banco. 440 00:34:36,992 --> 00:34:38,077 Deus santo. 441 00:34:38,160 --> 00:34:40,246 Ten que comezar xa o tratamento. 442 00:34:40,830 --> 00:34:42,248 E o meu restaurante? 443 00:34:43,457 --> 00:34:45,960 Queremos a mínima presión posible no tumor. 444 00:34:46,043 --> 00:34:47,419 Eu teño que traballar. 445 00:34:48,212 --> 00:34:50,756 Agora o teu xeonllo é coma un queixo suízo, 446 00:34:51,757 --> 00:34:55,302 e se rompes ese óso, expandirá o cáncer por todo o corpo. 447 00:35:06,355 --> 00:35:09,150 Banco de esperma Cryovial. En que o podo axudar? 448 00:35:18,200 --> 00:35:19,451 Quérote, mamá. 449 00:35:28,919 --> 00:35:30,129 Como o tomou? 450 00:35:34,175 --> 00:35:35,509 Non llo dixen. 451 00:35:36,844 --> 00:35:39,346 - Non pode facer nada… - Lino… 452 00:35:39,430 --> 00:35:41,140 …e só lle faría dano. 453 00:35:42,808 --> 00:35:44,602 Agardarei ata que pase todo. 454 00:35:47,146 --> 00:35:50,608 Son novo. Primeiro recibo quimioterapia e logo opérome. 455 00:35:50,691 --> 00:35:52,443 E cando non teña nada, 456 00:35:53,903 --> 00:35:55,154 direillo á xente. 457 00:35:57,823 --> 00:35:59,241 E a miña familia? 458 00:36:05,164 --> 00:36:07,249 Que quede entre ti mais eu. 459 00:36:14,715 --> 00:36:16,425 Vale. 460 00:36:35,319 --> 00:36:36,820 Lino Ortolano? 461 00:36:39,782 --> 00:36:42,284 Tes que cubrir algúns formularios. 462 00:36:42,785 --> 00:36:43,619 Si, claro. 463 00:36:45,037 --> 00:36:47,414 - Canto dura o tratamento? - Catro horas. 464 00:36:50,042 --> 00:36:51,293 Vale. 465 00:37:08,519 --> 00:37:10,062 Non tes que quedar. 466 00:37:10,145 --> 00:37:13,023 Podo axudarche co papelame, home. 467 00:37:14,149 --> 00:37:15,234 Estarei ben. 468 00:37:16,485 --> 00:37:17,361 Vaite. 469 00:37:22,616 --> 00:37:24,618 Vale, eh… 470 00:37:26,328 --> 00:37:27,162 Moi ben. 471 00:37:29,248 --> 00:37:31,417 Vale, véxote máis tarde. 472 00:37:32,001 --> 00:37:33,127 Estarei preto. 473 00:37:46,807 --> 00:37:50,060 - Puxéronche o catéter esta semana? - Si. 474 00:37:53,022 --> 00:37:53,856 Nome? 475 00:37:55,024 --> 00:37:57,651 Lino Ortolano. 476 00:37:58,152 --> 00:37:59,611 Vale. Data de nacemento? 477 00:38:00,988 --> 00:38:04,366 25 de setembro de 1973. 478 00:38:04,867 --> 00:38:05,826 E profesión? 479 00:38:07,619 --> 00:38:08,454 Son chef. 480 00:38:10,664 --> 00:38:13,167 Vale, vai abrindo a camisa. 481 00:38:13,876 --> 00:38:14,918 Moi ben… 482 00:38:18,589 --> 00:38:19,423 Agora… 483 00:38:28,432 --> 00:38:29,266 Aí vai. 484 00:38:31,518 --> 00:38:33,520 Vale, podes recostarte. 485 00:38:38,400 --> 00:38:39,818 Por se acaso. 486 00:38:47,201 --> 00:38:50,537 QUIMIOTERAPIA 487 00:39:03,300 --> 00:39:07,262 - Pódese saber que estás facendo? - Chegaches tarde. Collín un taxi. 488 00:39:08,639 --> 00:39:10,099 Mandáchesme marchar. 489 00:39:10,641 --> 00:39:16,021 Tomei un café. Só… me sentei nun sitio un momento. 490 00:39:16,105 --> 00:39:19,191 Cando volvín e me dixeron que marcharas, Lino, 491 00:39:20,401 --> 00:39:21,610 collín medo. 492 00:39:24,071 --> 00:39:26,865 Ata chamei a David por se foras para a casa. 493 00:39:26,949 --> 00:39:29,576 Non deberías moverte nin estar de pé. 494 00:39:29,660 --> 00:39:30,494 Non… 495 00:39:30,577 --> 00:39:33,956 Hai dúas semanas estiven toda a noite e non dixeches nada. 496 00:39:36,667 --> 00:39:38,460 Daquela non tiñas cáncer. 497 00:39:50,264 --> 00:39:51,098 Estás ben? 498 00:39:51,723 --> 00:39:53,851 - Ei… - Non me toques. 499 00:39:58,814 --> 00:40:01,942 Ei. Ai, meu Deus. Vale, mírame. 500 00:40:03,694 --> 00:40:04,903 - Estás ben? - Si. 501 00:40:08,073 --> 00:40:08,991 Os coitelos. 502 00:40:10,868 --> 00:40:12,077 Vale. 503 00:40:13,162 --> 00:40:14,163 Temos que pechar. 504 00:40:27,217 --> 00:40:31,763 Pensei que quizais podería… ser consultora… 505 00:40:32,306 --> 00:40:33,891 ou volver a media xornada. 506 00:40:34,766 --> 00:40:38,562 O que sexa para ter o seguro médico. 507 00:40:39,271 --> 00:40:40,105 Por favor. 508 00:40:41,231 --> 00:40:42,191 Que pasa? 509 00:40:44,067 --> 00:40:47,279 Aínda non temos a cobertura e… 510 00:40:49,364 --> 00:40:52,075 agora mesmo necesitamos o seguro. 511 00:40:53,577 --> 00:40:55,454 Estás embarazada ou algo? 512 00:40:56,955 --> 00:40:59,833 É que necesito o seguro agora mesmo. 513 00:41:09,343 --> 00:41:10,177 Vale. 514 00:41:11,803 --> 00:41:15,015 Atoparemos a maneira de manter o teu seguro. 515 00:41:17,726 --> 00:41:18,560 Grazas. 516 00:41:25,484 --> 00:41:27,528 SENTÍMOLO, ESTAMOS PECHADOS 517 00:42:16,660 --> 00:42:19,871 Ola, ruliña. Hai tempo que non sabemos nada de ti. 518 00:42:19,955 --> 00:42:22,124 Querémoste, Amy. 519 00:42:22,207 --> 00:42:23,834 E o que che dixen antes 520 00:42:24,543 --> 00:42:27,671 non quere dicir que non estea aquí se o necesitas. 521 00:42:27,754 --> 00:42:29,131 Aínda son teu pai. 522 00:44:08,480 --> 00:44:09,314 Síntoo. 523 00:44:14,194 --> 00:44:15,028 Síntoo. 524 00:44:31,920 --> 00:44:32,921 Ei. 525 00:44:34,297 --> 00:44:35,841 - Eu… - Non podo falar. 526 00:44:35,924 --> 00:44:40,011 Sei que as cousas están raras, pero acabo de pasar polo restaurante. 527 00:44:40,095 --> 00:44:41,805 Marcháronlles os socios? 528 00:44:45,183 --> 00:44:46,101 Que pasa? 529 00:44:47,769 --> 00:44:48,603 Amy. 530 00:44:55,026 --> 00:44:58,613 Lino! Chama a alguén! 531 00:45:03,243 --> 00:45:04,327 Lino está ben. 532 00:45:04,911 --> 00:45:09,166 Acabo de falar coa doutora Atluri. Fixeches ben en traer a Lino. 533 00:45:09,249 --> 00:45:12,377 Ten que recuperar a forza antes da operación. 534 00:45:12,461 --> 00:45:13,378 Amahle? 535 00:45:14,129 --> 00:45:14,963 Amahle? 536 00:45:15,839 --> 00:45:18,383 Estou aquí. Estamos aquí. 537 00:45:19,468 --> 00:45:21,011 Estou aquí, ruliña. 538 00:45:21,720 --> 00:45:23,221 Estou aquí. 539 00:45:23,305 --> 00:45:24,139 Vale. 540 00:45:43,825 --> 00:45:44,785 Asustáchesme. 541 00:46:06,932 --> 00:46:09,017 Temos que dicirllo á túa familia. 542 00:46:11,102 --> 00:46:11,937 Xa é hora. 543 00:46:15,524 --> 00:46:16,358 Xa o sei. 544 00:46:18,693 --> 00:46:19,945 Déixame chamar a min. 545 00:47:38,398 --> 00:47:43,945 Subtítulos: María Suárez Seijas