1 00:00:06,049 --> 00:00:09,010 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:12,972 --> 00:00:14,640 18 MESES DESPOIS 3 00:00:16,100 --> 00:00:17,268 OUTONO DE 2006 4 00:00:17,351 --> 00:00:20,063 Lino, pódesme axudar aquí, por favor? 5 00:00:20,563 --> 00:00:22,523 Si, xa vou. 6 00:00:25,651 --> 00:00:31,240 Non sei como facer para que teñan sitio entre elas. 7 00:00:31,324 --> 00:00:32,867 Vaia vistas. 8 00:00:33,951 --> 00:00:36,037 Se non te coñecera, 9 00:00:36,120 --> 00:00:38,873 pensaría que te estás aproveitando disto. 10 00:00:38,956 --> 00:00:40,291 - Non. - Non? 11 00:00:40,958 --> 00:00:42,335 Non me podo abaixar. 12 00:00:44,420 --> 00:00:47,090 Podemos plantar a cabaza tan preto da salvia? 13 00:00:47,173 --> 00:00:49,717 Si, papá dixo que así nútrense mutuamente. 14 00:00:49,801 --> 00:00:51,052 Vouno chamar. 15 00:01:00,478 --> 00:01:01,312 Diga? 16 00:01:01,395 --> 00:01:02,396 Ola, papá. 17 00:01:02,480 --> 00:01:03,981 Ei, que tal? 18 00:01:04,065 --> 00:01:09,904 Oxalá estiveses aquí. Dominas á perfección a agricultura. 19 00:01:10,488 --> 00:01:12,115 A oliveira que podaches? 20 00:01:13,032 --> 00:01:13,866 Vai moi ben. 21 00:01:13,950 --> 00:01:15,409 - De verdade? - Si. 22 00:01:15,493 --> 00:01:17,537 E a roseira como vai? 23 00:01:17,620 --> 00:01:19,205 - A roseira? - Si. 24 00:01:19,705 --> 00:01:20,748 Ben… 25 00:01:21,958 --> 00:01:23,501 Podía estar mellor. 26 00:01:25,002 --> 00:01:25,837 Si. 27 00:01:26,963 --> 00:01:28,756 Espera, outra cousa… 28 00:01:32,927 --> 00:01:33,970 O doutor. 29 00:01:36,514 --> 00:01:39,725 - Temos que ir para a semana. - E logo xa está, non? 30 00:01:41,310 --> 00:01:42,270 Quen sabe. 31 00:01:42,895 --> 00:01:43,938 E… 32 00:01:44,897 --> 00:01:47,984 -Tomaches as pílulas? - Si, tomei hoxe a última. 33 00:01:48,609 --> 00:01:49,443 Moi ben. 34 00:01:50,194 --> 00:01:52,822 Papá… saberémolo co tempo. 35 00:02:09,338 --> 00:02:10,798 Teño boas novas. 36 00:02:10,882 --> 00:02:12,800 Xa non tes cáncer. Erradicámolo. 37 00:02:15,344 --> 00:02:16,762 Funcionou? 38 00:02:16,846 --> 00:02:21,475 Temos que facer un seguimento, un TAC cada tres ou seis meses, pero… 39 00:02:21,559 --> 00:02:22,643 non tes cáncer. 40 00:02:23,561 --> 00:02:28,399 - Non o podo crer. E xa está? - Tes que reforzar o sistema inmunitario. 41 00:02:28,482 --> 00:02:31,569 Sorprenderíanvos as cousas que hai, como acupuntura 42 00:02:31,652 --> 00:02:32,653 e unha boa dieta. 43 00:02:34,739 --> 00:02:35,865 Non o podo crer. 44 00:02:36,532 --> 00:02:38,618 Podo comer un bisté á florentina. 45 00:02:42,371 --> 00:02:45,833 - Non sei que dicir. - Tedes unha segunda oportunidade. 46 00:02:46,500 --> 00:02:47,919 Vivide as vosas vidas. 47 00:02:48,961 --> 00:02:50,004 Ordes do doutor. 48 00:03:03,559 --> 00:03:08,022 Case non dou atopado coidadora porque foi todo moi rápido. 49 00:03:08,105 --> 00:03:09,357 Tiñas que traelo. 50 00:03:09,440 --> 00:03:12,610 Non? Ben, quizais para a próxima. 51 00:03:13,778 --> 00:03:16,822 - Que ides facer agora? - Debiades ir de vacacións. 52 00:03:20,534 --> 00:03:21,911 Amy, Lino. 53 00:03:24,538 --> 00:03:26,707 - Que é iso? - De todos nós. 54 00:03:30,253 --> 00:03:31,087 Pero… 55 00:03:40,221 --> 00:03:42,223 - Non, isto… - Non, isto é… 56 00:03:42,890 --> 00:03:44,267 Isto é demasiado. 57 00:03:44,350 --> 00:03:48,062 Non o é, e menos coas facturas do médico. 58 00:03:48,145 --> 00:03:50,147 A medicina occidental é un fraude. 59 00:03:50,231 --> 00:03:54,277 A medicina occidental salvou a vida do meu marido, que quede claro. 60 00:03:54,360 --> 00:03:56,737 É verdade. Pero querémosvos 61 00:03:57,446 --> 00:03:58,781 e queremos axudar. 62 00:04:02,535 --> 00:04:03,452 Por Lino e Amy. 63 00:04:04,036 --> 00:04:05,121 Por Lino e Amy. 64 00:04:05,204 --> 00:04:06,038 Querémosvos. 65 00:04:06,706 --> 00:04:07,707 Grazas a todos. 66 00:04:10,042 --> 00:04:12,795 Eu non podo brindar, sigo ordes do doutor. 67 00:04:12,878 --> 00:04:14,463 - Brindo por ti. - Saúde. 68 00:04:14,547 --> 00:04:16,132 Vou chamar os meus pais. 69 00:04:16,215 --> 00:04:18,592 Intentei chamalos antes, pero… 70 00:04:18,676 --> 00:04:20,344 - Vai. - Onde está a foto? 71 00:04:20,428 --> 00:04:23,556 - Téñoa eu. - Asegúrate de que o rapaz é teu. 72 00:04:26,392 --> 00:04:27,768 Non se parece a ela. 73 00:04:30,896 --> 00:04:32,815 Mamá, fixéronme o TAC 74 00:04:33,983 --> 00:04:35,359 e estou limpo. 75 00:04:37,278 --> 00:04:38,112 Ola? 76 00:04:39,071 --> 00:04:39,905 Mamá? 77 00:04:40,614 --> 00:04:41,449 Estás aí? 78 00:04:42,241 --> 00:04:43,075 Lino… 79 00:04:45,745 --> 00:04:46,996 Teu pai morreu. 80 00:04:48,956 --> 00:04:49,957 Un infarto. 81 00:04:54,503 --> 00:04:55,504 Como que morreu? 82 00:04:56,672 --> 00:04:58,674 Aínda falamos a semana pasada. 83 00:04:58,758 --> 00:05:00,968 Foi onte, mentres traballaba. 84 00:05:01,635 --> 00:05:05,056 Non te chamei antes porque sabía que tiñas que facer o TAC. 85 00:05:05,931 --> 00:05:08,059 Non quería darche malas novas. 86 00:05:08,559 --> 00:05:10,895 A túa saúde é importante, meu ben. 87 00:05:15,066 --> 00:05:16,192 El queríate, fillo. 88 00:05:19,111 --> 00:05:20,905 - Mamá, vou ir á casa. - Non. 89 00:05:20,988 --> 00:05:22,698 - Non. - Mamá, vou ir. 90 00:05:22,782 --> 00:05:25,868 Non hai nada que facer. O enterro é mañá. 91 00:05:28,788 --> 00:05:29,914 Quen te vai coidar? 92 00:05:31,374 --> 00:05:34,168 Con que ti esteas ben a min xa me vale. 93 00:05:35,461 --> 00:05:38,172 Prométeme que o principal vai ser a túa saúde. 94 00:05:39,382 --> 00:05:40,216 Si. 95 00:06:05,950 --> 00:06:06,784 Que pasou? 96 00:06:16,085 --> 00:06:18,295 Quería que estivera orgulloso de min. 97 00:06:19,338 --> 00:06:20,256 E estábao. 98 00:06:21,132 --> 00:06:23,551 Ó final estaba moi orgulloso de ti, Lino. 99 00:06:30,349 --> 00:06:31,183 Por que? 100 00:06:33,769 --> 00:06:35,479 Por unir a miña familia. 101 00:06:38,274 --> 00:06:39,108 Moitas grazas. 102 00:06:45,030 --> 00:06:46,532 - E sabes que? - Que? 103 00:06:47,700 --> 00:06:51,245 Non quero desperdiciar máis tempo nesta vida. 104 00:06:52,371 --> 00:06:53,205 Nunca máis. 105 00:06:54,039 --> 00:06:56,125 Eu tampouco quero desperdicialo. 106 00:06:58,669 --> 00:07:00,296 Quero que teñamos un bebé. 107 00:07:03,424 --> 00:07:04,675 Quero ser nai. 108 00:07:07,094 --> 00:07:08,387 Paréceche ben? 109 00:07:10,431 --> 00:07:11,265 Fagámolo. 110 00:07:20,983 --> 00:07:24,445 Por desgraza, a vosa situación non é a mellor. 111 00:07:26,030 --> 00:07:29,450 Supuxen que fariamos inseminación artificial, 112 00:07:29,533 --> 00:07:31,785 xa que conxelamos o seu esperma. 113 00:07:32,453 --> 00:07:34,705 Cunha cantidade limitada, 114 00:07:34,788 --> 00:07:38,709 a mellor solución é a fecundación in vitro. 115 00:07:40,336 --> 00:07:42,755 É unha decisión moi persoal, 116 00:07:42,838 --> 00:07:46,050 así que tómate o teu tempo e pensa no mellor para ti. 117 00:07:49,845 --> 00:07:52,556 Iso se o embrión se implanta logo de fecundalo. 118 00:07:53,724 --> 00:07:57,102 Pero é a única maneira de poder ter un fillo biolóxico. 119 00:07:59,438 --> 00:08:02,858 Se é o que fai falta… O que ti queiras. 120 00:08:05,569 --> 00:08:06,779 Non. 121 00:08:07,530 --> 00:08:11,408 O máis importante é ser nai, non estar embarazada. 122 00:08:11,492 --> 00:08:13,702 Cando penso en crear unha familia, 123 00:08:13,786 --> 00:08:16,747 a bioloxía non nos ten que dicir a quen querer. 124 00:08:16,830 --> 00:08:21,502 E desde logo non quero máis doutores, agullas nin in vitro nas nosas vidas. 125 00:08:22,962 --> 00:08:25,798 Non quero que a nosa familia comece así. 126 00:08:31,428 --> 00:08:32,429 Grazas. 127 00:08:33,013 --> 00:08:34,223 - De verdade? - Si. 128 00:08:37,226 --> 00:08:38,894 A familia é máis que sangue. 129 00:08:41,188 --> 00:08:44,233 E ademais non quero que herde de min 130 00:08:44,316 --> 00:08:46,860 algo que logo lle poida causar problemas. 131 00:08:48,779 --> 00:08:50,281 Como a túa teimosía? 132 00:08:50,364 --> 00:08:52,825 Ai, non. Iso quero que o teña. 133 00:08:54,285 --> 00:08:55,661 É algo importante. 134 00:08:59,331 --> 00:09:01,125 Sobrevivín ó cáncer. 135 00:09:01,208 --> 00:09:04,587 E vou ter que facer probas toda a miña vida. 136 00:09:05,212 --> 00:09:06,755 Pero… 137 00:09:06,839 --> 00:09:10,551 Temos unha carta do oncólogo, un dos mellores nese campo, 138 00:09:10,634 --> 00:09:13,762 e na carta di que Lino goza de boa saúde. 139 00:09:16,724 --> 00:09:19,184 Se nos pode dar unha oportunidade… 140 00:09:19,268 --> 00:09:22,855 Amy, Lino, agradezo a vosa sinceridade, 141 00:09:23,772 --> 00:09:26,567 pero quero que saibades que non depende de min. 142 00:09:26,650 --> 00:09:31,280 O motivo principal polo que Kindred Circle non é coma as outras axencias 143 00:09:31,363 --> 00:09:35,075 é que temos unha filosofía na que elixe a nai que dá a luz. 144 00:09:35,159 --> 00:09:36,785 Non tomamos nós a decisión. 145 00:09:37,411 --> 00:09:41,790 É a nai biolóxica do bebé quen elixe a parella adecuada. 146 00:09:43,167 --> 00:09:44,084 Entendemos. 147 00:09:44,168 --> 00:09:48,505 E as nais elixen os futuros pais baseándose en diferentes aspectos. 148 00:09:50,466 --> 00:09:54,345 Eu non vos podo prometer nada, pero si que vos podo dicir algo. 149 00:09:55,512 --> 00:09:56,347 Ide á casa 150 00:09:57,222 --> 00:10:02,144 e escribide unha solicitude que reflicta quen sodes como parella. 151 00:10:02,227 --> 00:10:07,024 Incluíde fotos ou cartas de amigos. Contádelle a vosa historia. 152 00:10:10,653 --> 00:10:15,282 Como é o meu marido, non son imparcial, pero vai ser o mellor babbo. 153 00:10:15,366 --> 00:10:18,369 Así din "pai" en Florencia, onde nos coñecemos. 154 00:10:18,452 --> 00:10:22,748 Dende o principio, quería que ela fose a nai dos meus fillos. 155 00:10:22,831 --> 00:10:24,166 Sorride! 156 00:10:25,250 --> 00:10:26,919 Con todo o que pasamos… 157 00:10:27,002 --> 00:10:28,629 Con todo o que perdemos, 158 00:10:28,712 --> 00:10:32,174 imos querer este bebé como parte da nosa familia. 159 00:10:33,759 --> 00:10:34,593 O meu marido… 160 00:10:34,677 --> 00:10:35,678 A miña muller… 161 00:10:35,761 --> 00:10:37,429 vai coidar moi ben do bebé. 162 00:10:38,555 --> 00:10:39,556 Que tal? 163 00:11:06,834 --> 00:11:09,002 PRIMAVERA DE 2007 164 00:11:12,381 --> 00:11:13,465 Estás preciosa. 165 00:11:15,384 --> 00:11:17,052 Ai, tróuxenche 166 00:11:17,970 --> 00:11:20,097 un regalo de dama de honra. 167 00:11:26,520 --> 00:11:28,230 Tes que parar de facer isto. 168 00:11:29,064 --> 00:11:33,110 Xa teño o bodi de Frida Kahlo e o mandil de "Bica o cociñeiro" 169 00:11:33,193 --> 00:11:36,530 para un bebé que… non existe. 170 00:11:36,613 --> 00:11:39,158 Non podo evitalo cando vexo esas cousas. 171 00:11:39,241 --> 00:11:41,660 Son tan bonitas que quero que as teñas. 172 00:11:42,995 --> 00:11:44,788 - Xa o sei. - Por se acaso. 173 00:11:45,622 --> 00:11:47,374 Pero xa pasaron meses. 174 00:11:48,709 --> 00:11:50,335 Non quero que te rendas. 175 00:12:00,262 --> 00:12:02,806 Mamá, que non estea engurrado por diante. 176 00:12:02,890 --> 00:12:05,100 - Grazas, papá. - Estou niso. 177 00:12:05,184 --> 00:12:06,894 Así, Maxine, está precioso. 178 00:12:06,977 --> 00:12:10,314 - Que o bordado estea dereito. - Si, claro. 179 00:12:10,397 --> 00:12:11,398 Está preciosa. 180 00:12:22,159 --> 00:12:23,786 - Está aquí. - Quen? 181 00:12:23,869 --> 00:12:26,914 Chamoume Barbara de Kindred Circle. É unha nena. 182 00:12:27,748 --> 00:12:28,707 En serio? 183 00:12:28,791 --> 00:12:31,668 Temos que irnos. Vanlle dar a alta no hospital. 184 00:12:34,797 --> 00:12:38,050 Ide, tedes que ir. Marchade xa. 185 00:12:39,551 --> 00:12:40,761 Tes que ir, Amy. 186 00:12:42,596 --> 00:12:43,597 Veña! 187 00:12:45,224 --> 00:12:47,893 - Con coidado. - Agarda. Vale, vamos. 188 00:12:47,976 --> 00:12:49,728 - Quérote! - E eu a ti! 189 00:12:51,396 --> 00:12:53,440 Aí está. Barbara! 190 00:12:54,191 --> 00:12:57,069 Ola, viñemos o máis rápido que puidemos. 191 00:12:59,279 --> 00:13:01,615 Onde está? Cando a podemos levar? 192 00:13:01,698 --> 00:13:02,950 Queda un último paso 193 00:13:03,033 --> 00:13:04,910 - antes de podela levar. - Vale. 194 00:13:04,993 --> 00:13:07,704 O pai xa cedeu os dereitos paternais, 195 00:13:07,788 --> 00:13:10,040 pero a nai, que se chama Toni, 196 00:13:10,749 --> 00:13:14,294 quere coñecervos ós dous antes de facelo. 197 00:13:15,921 --> 00:13:17,548 Pasou algo? 198 00:13:18,215 --> 00:13:22,344 É parte do proceso. Son novos, están nerviosos. 199 00:13:22,427 --> 00:13:25,055 Creo que necesita mirarvos ós ollos 200 00:13:25,138 --> 00:13:28,267 antes de tomar a decisión máis difícil da súa vida. 201 00:13:28,350 --> 00:13:29,226 Xa. 202 00:13:29,309 --> 00:13:31,270 Para ela tamén é unha despedida. 203 00:13:33,480 --> 00:13:34,690 - Si. - Entrade. 204 00:13:37,067 --> 00:13:37,901 Vale. 205 00:14:12,603 --> 00:14:13,437 California. 206 00:14:15,647 --> 00:14:17,566 Ten un campus precioso. 207 00:14:17,649 --> 00:14:18,483 Si. 208 00:14:20,819 --> 00:14:23,447 Estamos felices… de poder rematar. 209 00:14:26,783 --> 00:14:29,870 Non estou… tan ben vestida. 210 00:14:32,789 --> 00:14:35,459 Perdoa, vimos directos da voda de miña irmá. 211 00:14:35,542 --> 00:14:36,668 - Si. - Zora. 212 00:14:37,753 --> 00:14:38,921 Si, como é que…? 213 00:14:41,381 --> 00:14:44,509 Ai, si, claro. Perdoa. Estou… 214 00:14:46,219 --> 00:14:47,596 - nervioso. - Tranquilo. 215 00:14:48,180 --> 00:14:50,682 É unha das razóns polas que vos elixín. 216 00:14:52,559 --> 00:14:54,061 Polas vosas familias. 217 00:14:55,395 --> 00:14:57,648 Pasastes por moitas cousas. 218 00:14:58,941 --> 00:15:03,612 Quero dicir que… Levo san… 219 00:15:03,695 --> 00:15:04,529 Tranquilo. 220 00:15:06,073 --> 00:15:07,866 Cando a mirei ós ollos, 221 00:15:10,077 --> 00:15:14,247 souben que quería que tivese o mesmo amor que vós tivestes 222 00:15:14,748 --> 00:15:17,042 nun momento tan complicado. 223 00:15:21,546 --> 00:15:23,382 Quero que teña unha boa vida. 224 00:15:25,509 --> 00:15:28,178 Que o amor a ampare nos momentos complicados. 225 00:15:30,806 --> 00:15:32,808 Quero que a críe un pobo. 226 00:15:33,809 --> 00:15:35,185 Quero que coma ben. 227 00:15:39,856 --> 00:15:41,441 Adoro a comida italiana. 228 00:15:53,078 --> 00:15:56,289 Se comezo a chorar agora, non vou parar, así que… 229 00:16:03,505 --> 00:16:05,549 Xa podedes coñecer a vosa filla. 230 00:16:16,435 --> 00:16:17,769 - Grazas. - Grazas. 231 00:16:20,022 --> 00:16:22,024 Parécese á miña avoa. 232 00:16:35,120 --> 00:16:36,371 De verdade? 233 00:16:38,290 --> 00:16:39,750 Chámase Rose. 234 00:16:42,794 --> 00:16:44,046 E pensei… 235 00:16:48,133 --> 00:16:49,885 Estamos pensando en chamala 236 00:16:50,802 --> 00:16:51,636 Idalia. 237 00:16:54,765 --> 00:16:57,309 Significa "contemplar o sol" en italiano. 238 00:17:00,896 --> 00:17:03,899 Pero a verdade, Idalia Rose… 239 00:17:07,903 --> 00:17:10,238 - Soa… - É precioso. 240 00:17:11,114 --> 00:17:11,948 Si. 241 00:17:17,037 --> 00:17:18,205 Grazas. 242 00:17:21,750 --> 00:17:22,667 Grazas a ti. 243 00:17:32,052 --> 00:17:35,555 Es unha bendición. Contigo aquí non preciso nada máis. 244 00:18:05,210 --> 00:18:06,711 A nosa cousiña grandiosa. 245 00:18:19,474 --> 00:18:24,020 Lynn, quero que elixas como queres que te chame Idalia. 246 00:18:24,104 --> 00:18:27,440 Avoa, avoíña ou Gigi. 247 00:18:27,524 --> 00:18:30,777 Gigi parece o nome da última muller que queda 248 00:18:30,861 --> 00:18:32,863 nun prostíbulo de Nova Orleáns. 249 00:18:33,363 --> 00:18:34,239 Escoita, Maxi. 250 00:18:34,948 --> 00:18:37,742 Lémbraste da nosa viaxe a Nova Orleáns no 96? 251 00:18:37,826 --> 00:18:39,619 - Lémbraste? - Si. 252 00:18:43,039 --> 00:18:44,708 "Chámame Gigi". 253 00:18:51,923 --> 00:18:53,258 Mamá, podes…? 254 00:18:53,341 --> 00:18:56,011 - Ten coidado, estivo chorando. - Si. Perdoa. 255 00:18:56,094 --> 00:18:58,638 - Vou coller o teléfono. - Perdoa, meu ben. 256 00:18:58,722 --> 00:19:01,308 Si, xa o sei. 257 00:19:01,391 --> 00:19:02,225 Diga? 258 00:19:03,476 --> 00:19:06,229 Ten bos pulmóns. Iso é bo. 259 00:19:06,313 --> 00:19:07,898 Ola, Filomena. 260 00:19:08,607 --> 00:19:10,817 Ben, cando é o bautizo? 261 00:19:13,695 --> 00:19:17,240 Non estamos seguros do bautizo. Polo menos por agora. 262 00:19:17,324 --> 00:19:21,036 Queremos que Idalia escolla o que quere cando sexa grande. 263 00:19:21,828 --> 00:19:23,330 Sei que o di o meu fillo, 264 00:19:23,413 --> 00:19:27,375 pero teslle que facer ver que é o mellor para todos. 265 00:19:27,918 --> 00:19:31,004 Tes que traballalo un pouco e convencelo. 266 00:19:31,087 --> 00:19:32,339 Tes que falar con el. 267 00:19:34,090 --> 00:19:37,219 Filomena, o noso matrimonio non funciona así. 268 00:19:38,345 --> 00:19:40,013 Todos funcionan así. 269 00:19:42,224 --> 00:19:48,563 Moi ben. Quéresme dicir que ides deixar a alma da miña netiña no limbo? 270 00:19:49,773 --> 00:19:51,107 Pois ata logo. 271 00:19:52,901 --> 00:19:54,236 Adeus, Filomena. 272 00:20:04,329 --> 00:20:05,997 - Vale. - Moi ben, ruliña. 273 00:20:06,081 --> 00:20:08,416 Pensei que me tocaba agora. 274 00:20:08,500 --> 00:20:10,335 Teño que collela, Maxine. 275 00:20:10,418 --> 00:20:14,631 O contacto físico para unha nai adoptiva é crucial para crear vínculos. 276 00:20:16,299 --> 00:20:18,760 Vínculos. Vale, comprendo. 277 00:20:19,386 --> 00:20:22,555 Falando de vínculos, tróuxenche isto. 278 00:20:23,515 --> 00:20:28,228 Mira o teu novo simulador de lactación materna. 279 00:20:28,311 --> 00:20:31,398 Xa sei, espera. O que tes que facer 280 00:20:32,065 --> 00:20:38,571 é enchelo de leite para que o bebé chuche polas mamilas. 281 00:20:39,406 --> 00:20:41,449 Xa sei que che encanta. 282 00:20:41,533 --> 00:20:47,664 Atopei unha muller vegana en San Francisco que vende leite materno por Internet. 283 00:20:47,747 --> 00:20:51,293 Non creo que sexa boa idea comprar fluídos corporais na Rede. 284 00:20:53,878 --> 00:20:57,757 Podes usar leite en po, Maxine. Ti nunca fixeches isto, pero… 285 00:20:57,841 --> 00:20:59,509 Xa basta, Lynn. 286 00:20:59,592 --> 00:21:01,386 Non, xa basta! 287 00:21:01,469 --> 00:21:03,847 Contívenme e non abrín a boca. 288 00:21:04,431 --> 00:21:06,141 E non dixen palabra na voda. 289 00:21:06,224 --> 00:21:07,142 - Agarda. - Non. 290 00:21:08,101 --> 00:21:11,688 Non, eu non puiden ter fillos biolóxicos. 291 00:21:12,188 --> 00:21:15,608 Non puidemos ter fillos, e mira que o intentamos. 292 00:21:16,192 --> 00:21:19,070 Pero hai unha chea de formas de ser nai, 293 00:21:19,154 --> 00:21:21,948 e a túa filla estánolo amosando. 294 00:21:24,826 --> 00:21:25,702 Está, si. 295 00:21:27,287 --> 00:21:31,207 O que ía dicir é que como nunca pasaches por isto… 296 00:21:33,168 --> 00:21:36,963 non sabes o perdida que estaba cando tiven a miña primeira filla. 297 00:21:41,217 --> 00:21:43,053 Non sabía que carallo facía. 298 00:21:49,309 --> 00:21:50,352 Moi ben. 299 00:21:50,852 --> 00:21:52,479 Ai, menos mal. 300 00:22:04,574 --> 00:22:06,493 Déixame intentalo. 301 00:22:19,714 --> 00:22:21,132 Moi ben. 302 00:22:52,247 --> 00:22:54,749 Isto é por deixar que a coñeceras antes. 303 00:22:54,833 --> 00:22:58,962 É túa filla. Obviamente, sucumbe ós meus encantos. 304 00:23:00,130 --> 00:23:02,257 - Vou mirar a cea. - Vale. 305 00:23:07,595 --> 00:23:08,930 - Ben… - Non. 306 00:23:10,056 --> 00:23:12,392 Temos que arranxalo entre nós as dúas. 307 00:23:15,228 --> 00:23:19,149 Vaste levar ben comigo, aínda que nos custe a vida. 308 00:23:20,191 --> 00:23:22,986 Iso é, Idalia, son a túa mamá. 309 00:23:27,240 --> 00:23:28,241 Mamá está aquí. 310 00:23:30,452 --> 00:23:31,661 Si, iso é. 311 00:23:34,205 --> 00:23:36,040 Son a túa mamá, Idalia. 312 00:23:37,876 --> 00:23:38,710 Si. 313 00:23:40,545 --> 00:23:44,090 Xa sei o que pensas. Podo confiar nesta muller? 314 00:23:44,632 --> 00:23:47,635 Se berrara durante cinco horas seguidas 315 00:23:48,595 --> 00:23:49,804 viríase abaixo? 316 00:23:52,265 --> 00:23:54,476 Estou aquí para dicirche, cousiña, 317 00:23:55,727 --> 00:23:57,479 que non te vou abandonar. 318 00:23:58,313 --> 00:23:59,147 Si. 319 00:24:01,191 --> 00:24:03,067 Moi ben. 320 00:24:21,336 --> 00:24:24,756 Tranquila, estou aquí. 321 00:24:28,051 --> 00:24:29,969 Non sexas dura comigo. 322 00:25:16,724 --> 00:25:18,851 Es preciosa, Idalia. 323 00:25:21,187 --> 00:25:23,898 Xa, e dorme de marabilla. 324 00:25:23,982 --> 00:25:24,816 Adeus. 325 00:25:27,318 --> 00:25:29,279 Ai… non pasa nada. 326 00:26:56,908 --> 00:26:58,284 É o doutor Atluri? 327 00:27:02,497 --> 00:27:04,666 Vale. Grazas, doutor. 328 00:27:11,214 --> 00:27:12,048 É algo bo? 329 00:27:18,471 --> 00:27:19,305 Ai… 330 00:27:25,395 --> 00:27:27,855 Pasa para aquí, que xa non tes cáncer. 331 00:27:27,939 --> 00:27:30,233 Ten piedade dun vello coma min. 332 00:27:40,243 --> 00:27:41,077 Si. 333 00:27:42,578 --> 00:27:43,413 Ola. 334 00:27:48,292 --> 00:27:49,919 Miña Idalia bonita. 335 00:27:53,673 --> 00:27:55,925 Mamá ten que ir traballar mañá. 336 00:27:56,008 --> 00:27:56,968 Iso significa… 337 00:27:59,262 --> 00:28:01,764 que non pasarei tanto tempo contigo. 338 00:28:04,851 --> 00:28:07,562 Papá xa non pode facer o que tanto lle gusta. 339 00:28:09,063 --> 00:28:10,481 E bótao moito de menos. 340 00:28:11,607 --> 00:28:13,109 Pero fixemos un trato. 341 00:28:14,068 --> 00:28:15,570 Eu volvo traballar 342 00:28:16,487 --> 00:28:21,576 e a partir de agora vós os dous pasades todo o tempo xuntos. 343 00:28:29,250 --> 00:28:31,794 Hai que gañar cartos para os cueiros. 344 00:28:32,962 --> 00:28:35,047 Voute botar moito de menos. 345 00:28:43,097 --> 00:28:43,931 Moi ben. 346 00:28:44,640 --> 00:28:45,725 - Veña, vai. - Ola. 347 00:28:46,476 --> 00:28:47,602 - Vai. - Ola. 348 00:28:49,562 --> 00:28:50,396 Moi ben. 349 00:28:51,272 --> 00:28:52,190 Veña, adeus. 350 00:28:56,819 --> 00:28:57,820 Adeus, mamá. 351 00:28:59,280 --> 00:29:00,490 Adeus, mamá. 352 00:29:05,703 --> 00:29:07,497 OUTONO DE 2011 353 00:29:07,580 --> 00:29:09,499 Idalia, chegou mamá. 354 00:29:11,876 --> 00:29:12,877 Ola, cabaciña. 355 00:29:12,960 --> 00:29:13,836 Entón, 356 00:29:15,129 --> 00:29:15,963 perexil. 357 00:29:16,798 --> 00:29:18,716 Algúns cren que é para decorar, 358 00:29:18,800 --> 00:29:22,220 pero co lista que es, ti mais eu sabemos que non. 359 00:29:23,012 --> 00:29:26,808 E os talos teñen máis sabor porque están máis preto da terra. 360 00:29:27,975 --> 00:29:31,354 Amor, é incrible. Deulle a volta á súa primeira frittata. 361 00:29:31,437 --> 00:29:33,356 Catro anos e xa case é chef. 362 00:29:33,439 --> 00:29:35,817 De verdade? Que ben! 363 00:29:35,900 --> 00:29:38,778 Manda truco! Oxalá o puidera ver. 364 00:29:38,861 --> 00:29:41,030 Ven antes a próxima vez, mamá. 365 00:29:43,282 --> 00:29:44,826 Si, intentareino. 366 00:29:51,457 --> 00:29:52,291 Choca! 367 00:29:57,922 --> 00:30:00,633 Brigitte vai na súa clase? 368 00:30:01,175 --> 00:30:02,468 Non, esa é Delphine. 369 00:30:03,511 --> 00:30:05,930 O seu armario está entre Idalia e Barley. 370 00:30:06,430 --> 00:30:08,850 Pensei que Delphine é a dos pais que cren 371 00:30:08,933 --> 00:30:11,894 que as cancións dos Backyardigans son picantes. 372 00:30:11,978 --> 00:30:13,145 Non, esa é Olive. 373 00:30:14,105 --> 00:30:16,691 Olive non era a de ximnasia? 374 00:30:16,774 --> 00:30:17,775 Esa é Kale. 375 00:30:19,902 --> 00:30:21,988 É unha ensalada ou unha escola? 376 00:30:22,071 --> 00:30:22,989 Estou confusa. 377 00:30:23,656 --> 00:30:25,157 Vale, estades preparados? 378 00:30:25,950 --> 00:30:27,660 Vou apagar as luces. 379 00:30:29,704 --> 00:30:31,122 Gústache? 380 00:30:42,258 --> 00:30:45,720 Podes poñerlles cara ás nenas na cea da escola. 381 00:30:47,638 --> 00:30:48,472 Vale. 382 00:30:48,973 --> 00:30:52,143 É o xoves ás cinco. Lémbraste? 383 00:30:52,685 --> 00:30:54,562 Por que sempre a fan ás cinco? 384 00:30:54,645 --> 00:30:57,523 Co tráfico, teño que saír de Watts ás tres. 385 00:30:58,566 --> 00:31:01,360 Zora quería levar os nenos de excursión ese día. 386 00:31:02,612 --> 00:31:03,654 Podes intentalo. 387 00:31:05,656 --> 00:31:07,158 Si, intentareino. 388 00:31:11,579 --> 00:31:14,874 Agora píntalle os zapatos ó boneco. Que bonito. 389 00:31:16,375 --> 00:31:19,170 Deixamos o conto de Tonino e da cabra 390 00:31:19,962 --> 00:31:25,468 cando estaban escalando aquel outeiro tan alto e grande. 391 00:31:25,551 --> 00:31:27,637 - Lino. - E logo… Si? 392 00:31:27,720 --> 00:31:28,930 Xa podes pasar. 393 00:31:29,513 --> 00:31:30,348 Vale. 394 00:31:32,183 --> 00:31:33,184 Veño agora. 395 00:31:34,435 --> 00:31:36,354 Pórtate ben con Anet, vale? 396 00:31:42,568 --> 00:31:43,694 Vale, imos. 397 00:31:44,403 --> 00:31:45,780 Que estás debuxando? 398 00:32:07,677 --> 00:32:10,429 É o Señor Elefante. Mira que bonito. 399 00:32:13,182 --> 00:32:16,978 Recordas onde quedamos no conto de Tonino e da cabra? 400 00:32:17,061 --> 00:32:20,314 Dende o alto do outeiro podían ver toda Sicilia. 401 00:32:21,816 --> 00:32:26,070 E a cabra, como comeu tanta verdura, púxose verde. 402 00:32:27,530 --> 00:32:28,739 E a ra dixo: 403 00:32:28,823 --> 00:32:30,741 "Non me copies, babeco." 404 00:32:32,368 --> 00:32:34,912 Vale, é hora de ir durmir. 405 00:32:34,996 --> 00:32:36,372 Ai, non. 406 00:32:37,873 --> 00:32:38,874 Sigue ti. 407 00:32:40,084 --> 00:32:41,168 Que pasa despois? 408 00:32:45,589 --> 00:32:46,424 Ben, 409 00:32:47,967 --> 00:32:53,472 logo a cabra come unha cenoria e deixa de ser verde. 410 00:32:54,390 --> 00:32:57,601 Ai, pero iso non podería pasar. 411 00:32:57,685 --> 00:32:59,979 Tonino prohibiu as cenorias no reino. 412 00:33:00,771 --> 00:33:01,605 Verdade? 413 00:33:05,109 --> 00:33:07,737 Pois claro que si. 414 00:33:08,863 --> 00:33:11,741 É hora de durmir. Boas noites. 415 00:33:20,750 --> 00:33:23,502 - Non che gustou a historia. - Estivo ben. 416 00:33:23,586 --> 00:33:26,672 Non tiña sentido ningún, pero estivo ben. 417 00:33:30,259 --> 00:33:33,220 Vale, os rapaces xa marcharon. Amy, que pasa? 418 00:33:34,263 --> 00:33:35,931 Son un monstro, non si? 419 00:33:36,015 --> 00:33:40,102 Quen non quere que a súa filla se leve ben con seu pai? 420 00:33:40,186 --> 00:33:44,065 E non debería estar celosa, pero é que me sinto… 421 00:33:45,191 --> 00:33:49,028 Sinto que me deixan de lado. Fai nada era un bebé, 422 00:33:49,111 --> 00:33:52,073 en nada xa vai para a universidade e non o vou ver. 423 00:33:52,156 --> 00:33:54,867 Vale, relaxa, rapaza. 424 00:33:54,950 --> 00:33:57,912 Saltaches os peores anos da adolescencia, 425 00:33:57,995 --> 00:34:00,706 e teño moitas ganas de ver o que che vén enriba 426 00:34:00,790 --> 00:34:03,417 por todo o que fixeches. 427 00:34:03,918 --> 00:34:04,877 Eu era un anxo. 428 00:34:09,882 --> 00:34:12,093 Cres que o prefire a el? 429 00:34:13,719 --> 00:34:18,140 A ver, cociñan xuntos e teñen os seus contos secretos. 430 00:34:18,224 --> 00:34:22,353 É que tamén lle ensina siciliano. Van acabar tendo a súa propia lingua. 431 00:34:26,690 --> 00:34:29,110 Quero que teñan iso, de verdade. 432 00:34:30,361 --> 00:34:33,781 Lino ten que pasar máis tempo con ela porque… 433 00:34:34,865 --> 00:34:38,119 Ten que… É que necesita pasar máis tempo con ela. 434 00:34:40,496 --> 00:34:41,330 Porque… 435 00:34:42,873 --> 00:34:44,834 Pode volver ter cáncer. 436 00:34:46,877 --> 00:34:49,130 É como se non o tivese, máis ou menos. 437 00:34:49,755 --> 00:34:53,050 É como se estivese connosco e nos arrebatase máis cousas. 438 00:34:53,134 --> 00:34:57,763 Porque el non pode traballar, e eu teño que perderme cousas, e ódioo. 439 00:34:58,430 --> 00:35:03,102 Odio o que o cáncer nos fixo ó noso matrimonio e a min. 440 00:35:03,811 --> 00:35:06,438 Odio ser unha nai chea de celos do seu marido 441 00:35:06,522 --> 00:35:09,525 e dun conto dunha puta cabra, Zora. 442 00:35:09,608 --> 00:35:10,568 Unha cabra. 443 00:35:16,991 --> 00:35:18,784 Estou cansa de perderme todo. 444 00:35:20,327 --> 00:35:23,497 Pois non o esteas. Polo menos hoxe. 445 00:35:24,290 --> 00:35:25,457 Vai. 446 00:35:26,041 --> 00:35:28,919 Vai. Xa me encargo eu disto. 447 00:35:29,545 --> 00:35:30,963 Vai á cea esa. 448 00:35:31,046 --> 00:35:33,507 O maior amor dunha nai 449 00:35:33,591 --> 00:35:36,677 é comer o que preparou xente que non coñeces. 450 00:35:46,645 --> 00:35:47,730 Xa cheguei! 451 00:35:49,690 --> 00:35:51,567 Lino, es incrible. 452 00:35:54,528 --> 00:35:55,696 Que sorpresa. 453 00:35:57,239 --> 00:35:58,949 Si que o é. 454 00:36:00,034 --> 00:36:02,036 Ola, son Amy. 455 00:36:02,119 --> 00:36:03,162 Brigitte. 456 00:36:03,746 --> 00:36:05,164 Non tiña catro anos? 457 00:36:05,247 --> 00:36:09,710 Delphine, a súa filla, ten catro anos. Van na mesma clase. Brigitte é a nai. 458 00:36:10,294 --> 00:36:12,463 As rapazas están ben, Lino. 459 00:36:13,756 --> 00:36:15,799 - Ola, es unha nai nova? - Ola. 460 00:36:15,883 --> 00:36:18,302 Non, é Amy. 461 00:36:18,886 --> 00:36:23,641 A túa muller. Vaia! Preguntabámonos cal era a vosa historia. 462 00:36:23,724 --> 00:36:27,061 É un pracer coñecerte. Queres algo de beber? 463 00:36:28,062 --> 00:36:29,980 Estamos facendo sodas de vodka. 464 00:36:30,064 --> 00:36:32,942 - Son as tres e media… - Normalmente é os martes. 465 00:36:37,112 --> 00:36:40,407 Eu estou axudando a Lino co seu prato para a cea de hoxe. 466 00:36:41,408 --> 00:36:43,744 É chef, non necesita axuda, pero… 467 00:36:43,827 --> 00:36:46,664 Está aprendendo a cociñar á italiana. É francesa. 468 00:36:47,164 --> 00:36:50,876 Ah, por certo. Toma. Perdoa. 469 00:36:50,960 --> 00:36:55,589 Perexil do noso xardín. Non é coma as túas herbas francesas. 470 00:36:55,673 --> 00:36:57,466 Non o subestimes. Úsao ben. 471 00:36:58,217 --> 00:37:01,011 - Non sei que faría sen ti, Lino. - Sabedes que? 472 00:37:01,720 --> 00:37:06,684 Creo que hai unha nena chorando. Igual caeu e se fixo dano na cabeza. 473 00:37:06,767 --> 00:37:09,103 - Si, deberiades ir mirar. - Si, vale. 474 00:37:19,780 --> 00:37:21,448 Por que lle deches perexil? 475 00:37:22,908 --> 00:37:23,742 Que? 476 00:37:25,035 --> 00:37:26,120 Brigitte. 477 00:37:27,288 --> 00:37:29,331 Décheslle perexil do xardín. 478 00:37:29,415 --> 00:37:32,710 Si, na comida siciliana o perexil é moi importante. 479 00:37:33,502 --> 00:37:36,714 Dáselle ben cociñar. Á maneira francesa. 480 00:37:37,673 --> 00:37:41,593 - Pero é boa… - Vale, pero plantei eu o perexil. 481 00:37:42,177 --> 00:37:43,012 Si, xa o sei. 482 00:37:45,055 --> 00:37:47,224 Non o entendo. Nin usas a cociña. 483 00:37:47,308 --> 00:37:48,934 É o meu perexil, Lino. 484 00:37:49,018 --> 00:37:52,229 Só lle dei unhas folliñas, non sei a que… 485 00:37:52,313 --> 00:37:53,772 A que vén isto? 486 00:37:53,856 --> 00:37:56,025 Creo que se planto algo 487 00:37:56,108 --> 00:37:59,236 deberías pensar en min antes de dalo. 488 00:37:59,320 --> 00:38:01,447 Mamá, por que berras? 489 00:38:01,989 --> 00:38:03,490 Non pasa nada, tranquila. 490 00:38:15,169 --> 00:38:16,003 Ei. 491 00:38:17,588 --> 00:38:19,923 - Quedou a durmir? - Si. 492 00:38:20,966 --> 00:38:23,302 Quedou durmida nun santiamén. 493 00:38:24,595 --> 00:38:26,388 Grazas, pono na mesa. 494 00:38:37,441 --> 00:38:38,275 Dime. 495 00:38:40,861 --> 00:38:44,573 - Brigitte mais eu somos amigos. - Sei ben como se coquetea. 496 00:38:44,656 --> 00:38:48,660 Nunca che faría iso. O meu corazón é unicamente teu. 497 00:38:50,371 --> 00:38:51,914 Non é só polo de Brigitte. 498 00:38:53,540 --> 00:38:59,254 Formas parte da vida de Idalia dunha maneira da que eu non, e síntome… 499 00:39:02,591 --> 00:39:04,009 Faime sentir mala nai. 500 00:39:07,888 --> 00:39:09,390 Dáme envexa o que tedes. 501 00:39:11,850 --> 00:39:12,684 Amy, 502 00:39:14,478 --> 00:39:16,313 encántame estar coa miña filla. 503 00:39:18,816 --> 00:39:20,651 Pero dáme envexa o que tes. 504 00:39:21,693 --> 00:39:23,987 Nin sequera entendes o que sufro. 505 00:39:24,071 --> 00:39:27,991 Son un chef que non pode gañar a vida cociñando. 506 00:39:29,660 --> 00:39:30,494 Vale? 507 00:39:32,204 --> 00:39:34,665 Eu tampouco quería esta vida. 508 00:39:37,376 --> 00:39:38,377 - Vale. - Moi ben. 509 00:39:39,711 --> 00:39:41,213 E que facemos? 510 00:39:42,673 --> 00:39:44,091 Porque non son feliz. 511 00:39:46,468 --> 00:39:47,302 Non… 512 00:39:47,970 --> 00:39:49,054 Non son feliz. 513 00:39:54,435 --> 00:39:57,020 Non, shh. 514 00:39:59,565 --> 00:40:01,900 Non, tranquila. 515 00:40:02,693 --> 00:40:04,111 Tranquila. Escoita. 516 00:40:07,281 --> 00:40:09,450 Brigitte deume unha idea. 517 00:40:09,533 --> 00:40:12,369 Non, en serio. 518 00:40:12,453 --> 00:40:14,788 Podía comezar a dar clases de cociña. 519 00:40:16,582 --> 00:40:20,502 Gustaríame estar nunha cociña profesional. 520 00:40:23,881 --> 00:40:25,466 Viríannos ben os cartos. 521 00:40:25,549 --> 00:40:28,093 Podo falar con Antonio e que me quite horas. 522 00:40:28,177 --> 00:40:30,637 Podería pasar máis tempo con Idalia e… 523 00:40:31,305 --> 00:40:32,848 tamén pintando. 524 00:40:34,057 --> 00:40:36,727 Quero máis tempo para pintar e tamén para nós, 525 00:40:36,810 --> 00:40:37,936 porque nos estraño. 526 00:40:39,605 --> 00:40:40,439 De verdade. 527 00:40:40,939 --> 00:40:45,152 Que che quede claro. Brigitte non vai ir a esa clase, en serio. 528 00:40:45,235 --> 00:40:47,613 - Entendes? - Vale, trato feito. 529 00:40:51,200 --> 00:40:53,285 E teño que pedirche outro favor. 530 00:40:53,368 --> 00:40:55,078 O que queiras, amor. 531 00:40:55,162 --> 00:40:58,707 Podes explicarme o conto de Tonino e a cabra do carallo? 532 00:40:58,790 --> 00:41:01,043 - Non o entendo. - Vale. 533 00:41:11,970 --> 00:41:13,263 PRIMAVERA DE 2014 534 00:41:13,347 --> 00:41:14,515 Ei! 535 00:41:15,474 --> 00:41:17,100 - Mamá! - Ola! 536 00:41:18,852 --> 00:41:22,689 Que tal? Grazas, Sharon. Quédame pouco para rematar esta obra. 537 00:41:22,773 --> 00:41:25,484 Tranquila, fíxonos crêpes con amorodos. 538 00:41:26,401 --> 00:41:27,903 Pode vir cando queira. 539 00:41:27,986 --> 00:41:30,280 Grazas. Adeus. 540 00:41:30,364 --> 00:41:33,116 Como está a rapaza máis lista de segundo? 541 00:41:33,200 --> 00:41:36,537 Ben. Hoxe aprendemos que as bolboretas saborean cos pés. 542 00:41:36,620 --> 00:41:37,454 En serio? 543 00:41:37,955 --> 00:41:40,541 Queres ensuciar as mans comigo? 544 00:41:41,458 --> 00:41:42,543 Veña, vamos. 545 00:41:44,628 --> 00:41:45,462 Polo tanto, 546 00:41:47,297 --> 00:41:49,883 a dozura da alfábega 547 00:41:50,801 --> 00:41:54,763 recórdanos que os sabores delicados poden ser os máis fortes. 548 00:41:55,639 --> 00:41:56,473 Mira. 549 00:41:59,977 --> 00:42:02,104 - Fai unha saia. - Vale. 550 00:42:03,939 --> 00:42:05,983 - Non, amarela. - Vale. 551 00:42:11,238 --> 00:42:13,615 O Señor Elefante vaiche comer a ensalada. 552 00:42:13,699 --> 00:42:14,825 Ei. 553 00:42:14,908 --> 00:42:15,993 Aquí tedes. 554 00:42:16,827 --> 00:42:18,787 - Bolos con salchicha? - Si. 555 00:42:19,371 --> 00:42:21,623 Moitas clases esta semana. 556 00:42:21,707 --> 00:42:23,834 Son un home traballador. Outra vez. 557 00:42:24,835 --> 00:42:25,919 E estou canso. 558 00:42:27,879 --> 00:42:29,965 - Que aproveite. - Podemos comer? 559 00:42:35,887 --> 00:42:37,472 Mostaza ou ketchup? 560 00:42:38,223 --> 00:42:39,057 Estás ben? 561 00:42:44,605 --> 00:42:45,439 Estou ben. 562 00:42:46,481 --> 00:42:48,191 Foi por onde non era. 563 00:42:49,067 --> 00:42:50,152 Bebe auga. 564 00:42:53,822 --> 00:42:58,285 Ti con ketchup e eu con mostaza. A ver con que os come babbo. 565 00:43:00,495 --> 00:43:06,084 Ola, Anet. Grazas por darme cita tan rápido, sobre todo un venres. 566 00:43:06,168 --> 00:43:08,462 O doutor quería facelo canto antes. 567 00:43:09,379 --> 00:43:10,589 Estás ben? 568 00:43:12,716 --> 00:43:13,550 Agora veremos. 569 00:43:56,301 --> 00:43:59,846 Idalia, se comes iso agora, despois non vas cear, 570 00:43:59,930 --> 00:44:01,848 que xa case vai ser hora. 571 00:44:01,932 --> 00:44:03,016 - Mamá! - Avoa! 572 00:44:03,100 --> 00:44:04,685 Parrula! 573 00:44:04,768 --> 00:44:06,603 Que fas aquí? 574 00:44:06,687 --> 00:44:07,521 Ben… 575 00:44:10,524 --> 00:44:12,401 Pero pódese saber…? 576 00:44:12,484 --> 00:44:13,610 Temos unha cita. 577 00:44:18,407 --> 00:44:19,783 Un pouco máis. 578 00:44:40,971 --> 00:44:41,805 Que? 579 00:44:50,021 --> 00:44:50,981 Bailemos. 580 00:44:54,651 --> 00:44:55,610 Agarda. 581 00:44:56,194 --> 00:44:58,405 - Agarda. E se caes? - Pois caio. 582 00:45:01,241 --> 00:45:03,326 Quero bailar coa miña muller. 583 00:46:02,677 --> 00:46:03,804 Conteiche 584 00:46:04,805 --> 00:46:05,639 algunha vez 585 00:46:06,389 --> 00:46:09,184 cando Tonino e a cabra querían xogar ó fútbol? 586 00:46:10,519 --> 00:46:14,898 Había un problema enorme, que a cabra só tiña zapatos de vestir. 587 00:46:16,316 --> 00:46:18,568 - E que fixo? - Ben, a cabra 588 00:46:19,402 --> 00:46:23,198 conseguiu uns tenis dun primo para xogar ó fútbol. 589 00:46:23,782 --> 00:46:25,158 Pero ten catro pés. 590 00:46:25,242 --> 00:46:28,495 Exacto. Por iso necesitaba outro par de tenis. 591 00:46:28,578 --> 00:46:31,748 Tonino, que era un bo amigo, deixoulle os seus tenis, 592 00:46:32,624 --> 00:46:37,587 pero cando probou os tenis de Tonino, éranlle demasiado grandes. 593 00:46:42,926 --> 00:46:44,594 A cabra estaba moi triste, 594 00:46:45,428 --> 00:46:49,474 pero Tonino mais el tiveron unha idea. 595 00:46:50,141 --> 00:46:52,894 Ei, Idalia ten que durmir. 596 00:46:54,062 --> 00:46:56,940 Pero non acabou o conto. 597 00:46:59,526 --> 00:47:01,027 Cinco minutos máis. 598 00:48:55,141 --> 00:48:59,104 Subtítulos: María Suárez Seijas