1 00:00:06,049 --> 00:00:09,010 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:40,875 --> 00:00:42,210 Estiven canso. 3 00:00:43,044 --> 00:00:44,712 E coa tose que teño, 4 00:00:45,546 --> 00:00:47,882 Atluri quería que fixese o TAC antes. 5 00:00:48,966 --> 00:00:50,635 Cando che dan os resultados? 6 00:00:51,135 --> 00:00:51,969 O luns. 7 00:00:54,555 --> 00:00:55,681 Hoxe é venres. 8 00:00:57,100 --> 00:00:58,684 Por que non mo dixeches? 9 00:00:58,768 --> 00:01:00,853 Porque non quería preocuparte. 10 00:01:02,855 --> 00:01:06,400 Xa fixen máis probas antes e nunca foi nada. 11 00:01:07,860 --> 00:01:11,114 - Desta non vai ser diferente. - É totalmente diferente. 12 00:01:11,197 --> 00:01:12,532 Temos unha filla. 13 00:01:13,950 --> 00:01:20,123 É un milagre que o superases unha vez e que puidésemos gozar destes sete anos. 14 00:01:23,417 --> 00:01:25,962 Tivemos moita sorte, Lino. 15 00:01:31,592 --> 00:01:32,969 Superámolo unha vez 16 00:01:33,886 --> 00:01:35,471 e volverémolo facer. 17 00:01:38,516 --> 00:01:39,976 Desde logo que si. 18 00:02:12,925 --> 00:02:15,219 Veña, babbo. Quero montar! 19 00:02:20,433 --> 00:02:22,143 Non debías estar descansando? 20 00:02:23,227 --> 00:02:24,061 Estou ben. 21 00:02:25,605 --> 00:02:27,273 Onde ten o…? 22 00:02:29,150 --> 00:02:30,818 Temos que facer isto agora? 23 00:02:30,902 --> 00:02:32,737 - Estou lista, mamá. - Xa o sei. 24 00:02:32,820 --> 00:02:36,574 Creo que mamá quere que poña isto. 25 00:02:43,039 --> 00:02:43,873 Vale. 26 00:02:45,124 --> 00:02:45,958 Moi ben. 27 00:02:49,253 --> 00:02:51,088 - Axúdote. - Non fai falta. 28 00:03:26,082 --> 00:03:29,168 O cáncer volveu e estendeuse ós pulmóns. 29 00:03:29,252 --> 00:03:32,880 Non me alegra, pero é pequeno e parece que non medra rápido. 30 00:03:32,964 --> 00:03:36,342 - Temos tempo. - Podo seguir no ensaio clínico? 31 00:03:36,425 --> 00:03:38,177 Xa non es apto para o ensaio. 32 00:03:38,261 --> 00:03:41,347 Pero nestes últimos anos creáronse novos tratamentos. 33 00:03:41,430 --> 00:03:44,475 Como Votrient. Polo que lin, poderíasllo dar. 34 00:03:44,558 --> 00:03:48,437 Tamén hai ensaios con distintas doses de ifosfamida 35 00:03:48,521 --> 00:03:50,648 combinándoo con outros medicamentos. 36 00:03:51,399 --> 00:03:54,819 Xa que Lino non tivo cáncer durante tanto tempo, 37 00:03:56,862 --> 00:03:58,531 podía ser unha posibilidade. 38 00:04:00,741 --> 00:04:02,868 Estás en forma, Lino. 39 00:04:03,661 --> 00:04:07,415 E como es novo e estás forte, creo que tes boas opcións. 40 00:04:08,416 --> 00:04:09,667 Cando empeza? 41 00:04:10,418 --> 00:04:13,796 Mañá teño o de falar no cole. Podo levar o Señor Elefante? 42 00:04:13,879 --> 00:04:17,216 Ninguén da clase coñece un elefante que fale siciliano. 43 00:04:19,468 --> 00:04:23,347 Podes, pero a tía Zora vaite ir buscar mañá ó cole. 44 00:04:24,098 --> 00:04:28,936 De feito, durante un tempo as cousas van ser un pouco diferentes. 45 00:04:30,021 --> 00:04:30,855 Vale. 46 00:04:32,898 --> 00:04:34,483 Non tomas xeado? 47 00:04:36,444 --> 00:04:38,195 Non, hoxe non. 48 00:04:38,279 --> 00:04:41,115 Idalia, recordas cando che contamos 49 00:04:41,198 --> 00:04:45,494 que babbo tivo cáncer antes de ti nacer, pero que xa non o tiña? 50 00:04:48,873 --> 00:04:51,000 Pois agora precisa máis medicinas. 51 00:04:56,047 --> 00:04:57,381 Pola perna? 52 00:04:57,465 --> 00:04:59,258 Ben, máis ou menos. 53 00:05:03,095 --> 00:05:04,930 Seguirá facéndome a comida? 54 00:05:09,268 --> 00:05:10,519 Ti que cres? 55 00:05:14,148 --> 00:05:18,861 Escoita, queremos que saibas que non temos medo. 56 00:05:19,362 --> 00:05:20,863 Exacto. 57 00:05:20,946 --> 00:05:24,241 E mentres os doutores coidan de babbo, 58 00:05:25,201 --> 00:05:29,163 intentarei que nada cambie na túa rutina da escola. 59 00:05:36,379 --> 00:05:43,094 Necesito que substitúas a mamá despois de traballar os luns, martes e xoves. 60 00:05:43,177 --> 00:05:44,220 Eh… vale. 61 00:05:44,303 --> 00:05:48,974 Eu podo encargarme dos venres. Si, voullo dicir á profesora de Idalia. 62 00:05:49,058 --> 00:05:50,226 Vale, si. 63 00:05:50,309 --> 00:05:53,270 Vai necesitar todo o apoio posible. 64 00:05:54,105 --> 00:05:58,776 Eu que sei. Ten sete anos e xa está máis que afeita ás probas, pero… 65 00:05:58,859 --> 00:05:59,944 isto é diferente. 66 00:06:04,198 --> 00:06:05,324 Si, tes razón. 67 00:06:09,453 --> 00:06:10,287 Está ben. 68 00:06:15,709 --> 00:06:17,586 - Fágocho eu? - Non. 69 00:06:18,963 --> 00:06:21,006 Prometinlle froita que se enrola. 70 00:06:22,883 --> 00:06:24,093 Coma as súas amigas. 71 00:06:28,389 --> 00:06:29,974 Ei… 72 00:06:30,057 --> 00:06:30,975 Si, estou aquí. 73 00:06:31,517 --> 00:06:34,937 Non, todo ben. Repasamos o plan da semana que vén? 74 00:06:35,020 --> 00:06:35,980 Si. 75 00:07:18,564 --> 00:07:19,482 Tiñas razón. 76 00:07:21,567 --> 00:07:24,487 Non eliximos o mellor color para tapizar iso. 77 00:07:33,537 --> 00:07:35,581 Como lle poden chamar a iso cru? 78 00:07:37,458 --> 00:07:39,376 Díxenche que parecería amarelo. 79 00:08:07,029 --> 00:08:08,531 Idalia, temos que irnos. 80 00:08:17,540 --> 00:08:18,374 Moi ben. 81 00:08:19,792 --> 00:08:20,626 Veña. 82 00:08:21,877 --> 00:08:22,711 Vamos. 83 00:09:12,553 --> 00:09:14,930 Inspira durante sete, 84 00:09:15,598 --> 00:09:20,769 seis, cinco, catro, tres… 85 00:09:20,853 --> 00:09:22,896 Toca cambio. Acabouse a tortura. 86 00:09:22,980 --> 00:09:25,274 …dous, un. 87 00:09:26,358 --> 00:09:28,402 E expira. 88 00:09:30,863 --> 00:09:31,947 - Mellor. - Si. 89 00:09:33,073 --> 00:09:35,284 Estamos traballando a paz interior. 90 00:09:35,367 --> 00:09:40,039 Si, tiven un pouco de ansiedade, e meditar coa túa nai axúdame. 91 00:09:40,748 --> 00:09:43,500 - Grazas, Lynn. - De nada. Non te rías. 92 00:09:47,254 --> 00:09:48,213 Quérote, mamá. 93 00:09:48,714 --> 00:09:49,548 Eu máis. 94 00:09:51,925 --> 00:09:53,218 Ola, acabo de chegar. 95 00:09:54,345 --> 00:09:55,888 Vai todo ben? 96 00:09:55,971 --> 00:09:57,431 Xantou? 97 00:09:57,514 --> 00:10:00,559 Dille á miña muller espía que xantei. 98 00:10:01,352 --> 00:10:04,021 Lino di que o deixes de acosar. 99 00:10:04,605 --> 00:10:05,606 Como o ves? 100 00:10:06,398 --> 00:10:09,526 Tan guapo coma sempre. Todo ben. 101 00:10:09,610 --> 00:10:10,444 Vale. 102 00:10:11,028 --> 00:10:14,573 Véxote na casa, vale? E grazas. 103 00:10:14,657 --> 00:10:15,491 Adeus. 104 00:10:19,203 --> 00:10:20,871 Así que agora meditas? 105 00:10:23,165 --> 00:10:23,999 Si. 106 00:10:24,958 --> 00:10:26,460 Cando o cerebro non para. 107 00:10:30,255 --> 00:10:33,717 Esta vez é máis duro, Z. Por Idalia. 108 00:10:34,301 --> 00:10:36,679 Téñolle medo a como lle pode afectar. 109 00:10:36,762 --> 00:10:37,596 Lino, 110 00:10:38,097 --> 00:10:42,309 Idalia é a rapaza con máis sorte do mundo por terte como pai. 111 00:10:42,893 --> 00:10:46,230 Oxalá algún día sexa tan boa nai coma ti o es como pai. 112 00:10:46,313 --> 00:10:48,899 E son bo agora mesmo? 113 00:10:48,982 --> 00:10:53,570 Estou cheo de químicos e sentado tódolos días durante horas nunha cadeira. 114 00:10:56,573 --> 00:10:58,158 Quero ensinarlle cousas. 115 00:11:00,911 --> 00:11:02,287 Quero levala a Sicilia. 116 00:11:03,038 --> 00:11:05,749 Quero ensinarlle a miña receita da caponata. 117 00:11:08,711 --> 00:11:10,796 Quero que teña unha boa vida. 118 00:11:19,513 --> 00:11:20,389 Grazas. 119 00:11:22,516 --> 00:11:23,350 Por que? 120 00:11:23,934 --> 00:11:24,893 Por loitar. 121 00:11:26,103 --> 00:11:31,483 Queremos que esteas con nós todo o tempo que poidas e como poidas. 122 00:11:33,652 --> 00:11:37,197 Sei que é moi duro, pero estamos felices de terte aquí. 123 00:11:43,287 --> 00:11:47,708 Lencería? E Atluri déixache vender isto onde dan tratamentos de cáncer? 124 00:11:49,418 --> 00:11:51,503 Admiro o espírito emprendedor. 125 00:11:53,422 --> 00:11:56,133 Lino? Lino, mírame. 126 00:11:56,216 --> 00:11:58,677 Lino? Anet, precisamos unha padiola. 127 00:11:58,761 --> 00:12:01,221 - Queda comigo. - Que está pasando? 128 00:12:01,305 --> 00:12:05,809 Ten moita febre. Levámolo ó hospital. Padiola! Lino, queda comigo. 129 00:12:07,269 --> 00:12:08,687 Levantámolo en dous, un. 130 00:12:08,771 --> 00:12:11,940 - Dáme iso. - Por que está tan débil? 131 00:12:12,024 --> 00:12:14,485 Osíxeno. Despexade a porta. 132 00:12:17,279 --> 00:12:18,113 Zora. 133 00:12:19,364 --> 00:12:21,700 - Quen recolle a Idalia? - Preston. 134 00:12:21,784 --> 00:12:24,661 - Mamá vai para a túa casa. - Vale, que pasou? 135 00:12:24,745 --> 00:12:25,704 Non o sei. 136 00:12:25,788 --> 00:12:29,917 Estaba ben e de súpeto os de emerxencias puxéronlle xeo. 137 00:12:30,000 --> 00:12:32,044 - Vale. - Vou para a túa casa 138 00:12:32,127 --> 00:12:34,254 - a axudar a mamá con Idalia. - Vale. 139 00:12:35,214 --> 00:12:36,048 Vale… 140 00:12:36,673 --> 00:12:39,092 - 15 minutos para un latte? - Xa cheguei. 141 00:12:39,176 --> 00:12:42,554 Nunca teñen camareiros, e sempre quedan sen leite de soia. 142 00:12:42,638 --> 00:12:44,014 Perdoa, quen é? 143 00:12:44,765 --> 00:12:49,728 - Dr. Halsey, enfermidades infecciosas. - Enfermidades infecciosas? Ten cáncer. 144 00:12:50,354 --> 00:12:51,897 Só podo falar coa familia. 145 00:12:51,980 --> 00:12:54,399 Son a súa familia, a súa muller. 146 00:12:55,317 --> 00:12:58,695 Só é unha consulta. Pode que teña unha infección. 147 00:12:58,779 --> 00:12:59,780 Por que dorme? 148 00:13:00,739 --> 00:13:04,076 Aquí di que lle deron un medicamento para a ansiedade. 149 00:13:04,159 --> 00:13:07,037 - Quen? - O médico, o doutor Smith. 150 00:13:07,120 --> 00:13:09,164 Ecografía, mandou o endocrinólogo. 151 00:13:09,248 --> 00:13:11,959 - Endocrinólogo? - Estámoslle facendo probas. 152 00:13:12,042 --> 00:13:13,418 E o doutor Atluri? 153 00:13:13,502 --> 00:13:16,588 O oncólogo e o médico acostuman vir logo da rolda. 154 00:13:16,672 --> 00:13:17,840 Igual tardan horas. 155 00:13:21,009 --> 00:13:21,844 Estou aquí. 156 00:13:25,973 --> 00:13:26,807 Estou aquí. 157 00:13:27,474 --> 00:13:33,272 Xa o sei, parrula. Sinto non poder arrouparte esta noite. 158 00:13:33,355 --> 00:13:35,983 Eu tamén, mamá. Cando vai vir para a casa? 159 00:13:36,066 --> 00:13:39,528 Probablemente babbo só quede no hospital esta noite. 160 00:13:39,611 --> 00:13:43,991 Pero mañá teño unha excursión e non me firmaches a autorización. 161 00:13:46,952 --> 00:13:51,623 Non te preocupes, vas ir a esa excursión, vale? Prométocho. 162 00:13:52,124 --> 00:13:54,126 Dille á tía Zora que se poña. 163 00:13:54,209 --> 00:13:55,252 Quérote, parrula. 164 00:13:58,547 --> 00:14:02,593 Ó torrar as améndoas, quítanlles o 90 % dos nutrientes. 165 00:14:07,723 --> 00:14:09,224 Mamá quere falar contigo. 166 00:14:10,726 --> 00:14:11,560 - Ola. - Ola. 167 00:14:11,643 --> 00:14:13,896 Voulle deixar unha mensaxe á escola. 168 00:14:13,979 --> 00:14:16,106 Asegúrate de que vaia á excursión. 169 00:14:16,189 --> 00:14:18,275 Por favor. Vaise poñer moi triste. 170 00:14:18,358 --> 00:14:21,403 Falsifica a miña firma, fai o que teñas que facer. 171 00:14:21,486 --> 00:14:25,324 Avisa a David e a Preston do que pasa. Igual necesitamos axuda. 172 00:14:25,407 --> 00:14:27,743 - Vale, entendido. - Grazas, Zora. 173 00:14:30,037 --> 00:14:31,830 Hoxe non vén á casa. 174 00:14:33,040 --> 00:14:35,417 A ver esa autorización. 175 00:14:41,006 --> 00:14:45,135 O que pasa é que non sabemos canto tempo vai estar no hospital. 176 00:14:46,887 --> 00:14:49,431 E con Idalia… 177 00:14:52,392 --> 00:14:56,146 Só digo que non nos viña mal a vosa axuda. 178 00:14:56,229 --> 00:14:58,440 Colleremos o primeiro voo mañá. 179 00:14:59,775 --> 00:15:00,817 Graciñas, Hersh. 180 00:15:20,379 --> 00:15:21,213 Ola. 181 00:15:23,006 --> 00:15:23,840 Ola. 182 00:15:42,943 --> 00:15:44,820 Iso si que é cor cru. 183 00:15:54,246 --> 00:15:55,372 Ai. 184 00:15:56,248 --> 00:15:57,541 Doutor Atluri. 185 00:15:59,084 --> 00:16:01,795 Son máis das 12, non contabamos con velo. 186 00:16:01,878 --> 00:16:04,256 Quería velo, aínda que fose tarde. 187 00:16:04,339 --> 00:16:07,551 Pode dicirnos que pasa, doutor? 188 00:16:07,634 --> 00:16:11,096 Cremos que ten unha infección. Imos deter a quimioterapia. 189 00:16:11,179 --> 00:16:14,474 Mentres os de enfermidades infecciosas están coas probas, 190 00:16:14,558 --> 00:16:16,393 démosche un antibiótico. 191 00:16:16,476 --> 00:16:19,062 Vexo que a febre xa baixou. 192 00:16:19,146 --> 00:16:20,230 Iso é bo. 193 00:16:21,106 --> 00:16:23,734 O mellor é que durmas un pouco. 194 00:16:24,484 --> 00:16:25,736 - Vale. - Vale. 195 00:16:26,611 --> 00:16:27,446 Descansa. 196 00:16:50,969 --> 00:16:52,054 Bo día. 197 00:16:52,763 --> 00:16:55,974 Babbo vai estar aquí cando chegue da escola? 198 00:16:56,058 --> 00:16:58,685 Dixeches que só estaría alí unha noite. 199 00:16:58,769 --> 00:17:02,439 Dixen: "Probablemente unha noite". 200 00:17:02,522 --> 00:17:06,526 Por que a tía Z e ti podedes velo? Por que eu non podo ir? 201 00:17:08,612 --> 00:17:11,114 Con sorte, logo estará na casa, vale? 202 00:17:13,241 --> 00:17:16,495 E se non, asegurareime de que o vexas. 203 00:17:16,578 --> 00:17:21,583 Será probable que o vexa ou aseguraraste de que o vexa? 204 00:17:24,336 --> 00:17:26,296 Recórdasme ó avó Hershel. 205 00:17:30,717 --> 00:17:31,551 Mírame. 206 00:17:32,177 --> 00:17:34,679 Veralo. Prométocho. 207 00:17:37,766 --> 00:17:41,603 Onte fixéronlle unha ecografía, pero non atopei nada concluínte. 208 00:17:42,104 --> 00:17:45,440 - É o endocrinólogo? - É o quinto doutor hoxe. 209 00:17:45,524 --> 00:17:48,777 Pedín máis analíticas. Falamos cando teña os resultados. 210 00:17:50,278 --> 00:17:51,113 Onde vai Zora? 211 00:17:51,696 --> 00:17:53,740 Perdoa, non puiden aguantar. 212 00:17:54,825 --> 00:17:57,953 E como ninguén lle falaba á muller de cor da esquina… 213 00:17:58,036 --> 00:17:59,287 Señor Ortolano. 214 00:18:00,122 --> 00:18:01,123 Para que é iso? 215 00:18:01,206 --> 00:18:04,209 Imos facer un TAC do fígado. Ordes de hepatoloxía. 216 00:18:04,292 --> 00:18:06,920 Do fígado? Pensei que só tiña unha infección. 217 00:18:07,003 --> 00:18:09,714 - Só podo falar coa familia. - Fala en serio? 218 00:18:10,549 --> 00:18:14,010 Son a súa familia. Somos a súa familia. 219 00:18:14,094 --> 00:18:17,639 Ela é a cuñada de Lino. Sabe quen son eu? 220 00:18:17,722 --> 00:18:20,100 Enfermeira… Courtney, son Amy. 221 00:18:22,102 --> 00:18:26,106 Son… a muller de Lino! 222 00:18:29,109 --> 00:18:29,985 Non pasa nada. 223 00:18:30,861 --> 00:18:34,990 Farei as probas. Canto antes teñamos respostas, antes irei para a casa. 224 00:18:35,657 --> 00:18:38,785 Aínda que me gustou moito este sermón tan merecido, 225 00:18:38,869 --> 00:18:42,205 teño fame, e ti tes que calmarte. Vamos. 226 00:18:42,289 --> 00:18:43,290 - Vale. - Veña. 227 00:18:44,291 --> 00:18:45,125 Véxote logo. 228 00:18:51,089 --> 00:18:52,966 En serio? Glamour? 229 00:18:53,925 --> 00:18:56,761 "Cinco cousas para manter a chama no matrimonio". 230 00:18:56,845 --> 00:18:58,930 Por que non poñedes non ter cáncer? 231 00:18:59,014 --> 00:19:01,808 Se non o poñedes, podedes ir á merda. 232 00:19:01,892 --> 00:19:04,186 Non é mellor algo menos serio? 233 00:19:04,269 --> 00:19:05,103 Si, mellor. 234 00:19:06,813 --> 00:19:07,898 E que tal esta? 235 00:19:07,981 --> 00:19:08,899 VIDA DE FAMOSOS 236 00:19:08,982 --> 00:19:11,401 "Como perden peso as famosas". Claro. 237 00:19:16,031 --> 00:19:19,242 - Mira, dáme un puto latte e fóra. - Agora mesmo. 238 00:19:26,875 --> 00:19:30,545 - Cólleme isto. Teño que mexar. - Outra vez? Agarda un momento. 239 00:19:35,133 --> 00:19:36,509 Estás embarazada? 240 00:19:42,098 --> 00:19:46,519 Si, tiña medo de dicilo con todo isto de Lino. 241 00:19:46,603 --> 00:19:48,605 - Non estaba segura… - Non, isto é… 242 00:19:49,397 --> 00:19:54,319 É unha gran nova. É a mellor nova do mundo! Que forte! 243 00:19:54,819 --> 00:19:58,490 Imos estar pendentes de ti, vale? Para terte controlado. 244 00:19:58,573 --> 00:20:02,244 É o doutor Park, o meu novo médico. 245 00:20:02,327 --> 00:20:04,955 Díxenlle a Lino que leva 24 horas sen febre, 246 00:20:05,038 --> 00:20:08,333 e vai estar canso de loitar contra ela, pero é boa sinal. 247 00:20:09,876 --> 00:20:13,838 - Que boa nova! - Dende logo! Hai que celebralo! 248 00:20:14,547 --> 00:20:20,512 Tolas, esquecedes que aínda teño cáncer, pero á parte diso… 249 00:20:20,595 --> 00:20:24,975 - San coma un buxo. - Aínda ten sentido do humor. 250 00:20:26,601 --> 00:20:27,727 Grazas. 251 00:20:41,408 --> 00:20:42,409 É Filomena. 252 00:20:44,160 --> 00:20:45,453 Como estás? 253 00:20:49,165 --> 00:20:51,960 Chegaron os de Texas para comezar a festa. 254 00:20:52,043 --> 00:20:53,795 Xa comezou. 255 00:20:56,965 --> 00:20:58,800 Está moito mellor. 256 00:21:02,387 --> 00:21:04,097 Miña nai quere falar contigo. 257 00:21:04,764 --> 00:21:05,974 Vale, volvo agora. 258 00:21:06,057 --> 00:21:07,267 Estás moi ben. 259 00:21:08,601 --> 00:21:11,563 - E Zora ten unha noticia. - Non. 260 00:21:20,238 --> 00:21:21,990 - Está mellor? - Está ben. 261 00:21:22,073 --> 00:21:24,951 Xa non ten febre e a infección vaille a mellor. 262 00:21:25,827 --> 00:21:26,745 Menos mal. 263 00:21:29,414 --> 00:21:31,291 Onte soñei coa Madonna. 264 00:21:31,958 --> 00:21:34,794 Díxome que o Señor chamou a Lino. 265 00:21:35,378 --> 00:21:36,713 - Ela… - Filomena. 266 00:21:36,796 --> 00:21:40,592 Sei que tes medo, pero por favor, non me contes iso agora. 267 00:21:41,384 --> 00:21:43,762 - Vale? - Rezo por el a cada hora. 268 00:21:44,554 --> 00:21:45,972 Non está nas nosas mans. 269 00:21:46,514 --> 00:21:51,770 Escoita, o doutor vén agora ver a Lino. Falamos logo, vale? 270 00:21:51,853 --> 00:21:55,231 Vale. Dálle un bico a Idalia da miña parte. 271 00:22:03,573 --> 00:22:05,867 Poderías levar o próximo Emmitt Smith. 272 00:22:05,950 --> 00:22:07,369 Ou a primeira presidenta. 273 00:22:09,204 --> 00:22:11,247 Que tal a excursión de Idalia? 274 00:22:11,915 --> 00:22:14,250 Foina recoller túa nai, non? 275 00:22:14,334 --> 00:22:17,337 Si, logo cando te chame xa cho conta todo. 276 00:22:17,420 --> 00:22:18,922 Que bonitiña. 277 00:22:19,005 --> 00:22:22,717 Axiña virá visitarte. Prometinlle que podía ver a seu pai. 278 00:22:22,801 --> 00:22:26,304 Síntoo moito, pero por desgraza aquí non se permiten nenos. 279 00:22:26,388 --> 00:22:27,472 Que? 280 00:22:32,018 --> 00:22:35,563 APARCADOIRO SAÍDA 281 00:22:35,647 --> 00:22:38,358 ENTRADA HOSPITAL 282 00:23:06,219 --> 00:23:09,180 - Ola, que tal? Alégrome de verte. - Ola. 283 00:23:09,264 --> 00:23:10,640 Como estás? 284 00:23:15,603 --> 00:23:18,231 Ola, queremos agradecervos 285 00:23:18,314 --> 00:23:21,276 todo o que facedes pola nosa familia 286 00:23:21,359 --> 00:23:24,737 e por todas as familias. Es intolerante ó glute? 287 00:23:26,364 --> 00:23:29,742 Ola, Lino, tróuxenche unha cousiña. 288 00:23:39,377 --> 00:23:40,462 Grazas, papá. 289 00:23:40,545 --> 00:23:42,839 O que sexa por ti, ruliña. 290 00:23:45,425 --> 00:23:46,468 E por eles. 291 00:23:49,929 --> 00:23:51,055 Estás ben, parrula? 292 00:23:52,098 --> 00:23:54,225 Estou con babbo, xa podes irte. 293 00:23:54,726 --> 00:23:55,685 Podo irme? 294 00:23:57,896 --> 00:23:58,855 Quérote. 295 00:23:59,439 --> 00:24:00,273 Vale. 296 00:24:01,024 --> 00:24:03,526 Vou coller de cear e xa volvo. 297 00:24:05,028 --> 00:24:05,862 Así mellor. 298 00:24:09,741 --> 00:24:10,742 Adeus. 299 00:24:22,003 --> 00:24:23,796 Por que levas un vestido? 300 00:24:26,257 --> 00:24:29,677 Porque lles facilita o traballo ós doutores. 301 00:24:36,059 --> 00:24:36,893 Mira. 302 00:24:38,895 --> 00:24:40,980 A cabra de Tonino chaparía isto. 303 00:24:42,524 --> 00:24:44,734 Non me contaches que pasou. 304 00:24:44,817 --> 00:24:48,196 Tonino deulle á cabra os seus tenis, pero éranlle grandes. 305 00:24:48,279 --> 00:24:50,990 Si, pero tivo unha idea. 306 00:24:52,534 --> 00:24:56,371 Tonino xuntou todos os seus calcetíns e os de seu pai 307 00:24:56,871 --> 00:25:00,792 e todos os dos primos e os calcetíns da vila enteira 308 00:25:01,501 --> 00:25:03,336 e levoullos á cabra. 309 00:25:04,504 --> 00:25:07,590 E cando probou os tenis de Tonino… 310 00:25:07,674 --> 00:25:09,133 Valíanlle? 311 00:25:11,928 --> 00:25:15,807 E a cabra estaba tan feliz que foi bailando ata o campo. 312 00:25:17,475 --> 00:25:21,312 Babbo, os teus ollos están amarelos coma os limóns. 313 00:25:26,025 --> 00:25:26,859 A ver. 314 00:25:27,944 --> 00:25:30,446 Lembras o que é a pel do limón? 315 00:25:30,530 --> 00:25:32,490 A parte amarela do…? 316 00:25:34,659 --> 00:25:37,996 Eu creo que non nos ve. 317 00:25:38,580 --> 00:25:42,750 Volvo en cinco minutos coas gafas. 318 00:25:48,756 --> 00:25:51,092 Hora de irse, Idalia. 319 00:25:57,140 --> 00:25:58,141 Veña, vai. 320 00:26:01,477 --> 00:26:03,855 A enfermeira Gwen anda por aquí. 321 00:26:04,981 --> 00:26:05,815 Adeus, babbo. 322 00:26:09,694 --> 00:26:11,821 Adeus, dáme un bico. Véxote na casa. 323 00:26:11,904 --> 00:26:13,239 - Vale. - Quérote. 324 00:26:13,323 --> 00:26:14,157 Eu tamén. 325 00:26:27,879 --> 00:26:29,964 Quería traerche comida con xeito. 326 00:26:37,096 --> 00:26:39,807 Debía saber que non ía ser tan boa como a túa. 327 00:26:40,767 --> 00:26:43,519 Non, a comida está ben. 328 00:26:47,148 --> 00:26:48,232 - Si? - Vai á casa. 329 00:26:49,108 --> 00:26:50,068 Está con Idalia. 330 00:26:54,197 --> 00:26:55,281 Podo lerche algo. 331 00:26:56,282 --> 00:26:57,116 Estou canso. 332 00:26:58,409 --> 00:27:00,495 - E non teño fame. - Vale. 333 00:27:11,714 --> 00:27:14,217 PREGÚNTENOS SOBRE OS COIDADOS PALIATIVOS 334 00:27:15,677 --> 00:27:17,428 Pódesme dar o caderno? 335 00:27:19,764 --> 00:27:21,432 Si, vale. 336 00:27:23,351 --> 00:27:24,185 Adeus. 337 00:27:26,688 --> 00:27:28,189 Deixa que che saque isto. 338 00:27:36,739 --> 00:27:37,573 Adeus. 339 00:28:53,649 --> 00:28:57,069 …collinos cando saín. Paneis de función hepática, análises… 340 00:28:57,153 --> 00:29:00,281 E non sei que cona significa todo isto. 341 00:29:00,364 --> 00:29:05,328 Non come. E séguenlle facendo probas, pero ninguén nos quere explicar por que. 342 00:29:05,411 --> 00:29:07,163 Que hostia é a bilirrubina? 343 00:29:07,246 --> 00:29:10,041 - E por que é tan alto este número, Zora? - Amy. 344 00:29:11,876 --> 00:29:12,710 Non o sei. 345 00:29:13,795 --> 00:29:17,507 - Igual os de hepatoloxía teñen respostas. - Vícheslle os ollos? 346 00:29:21,135 --> 00:29:24,430 Zora, que pasa? Eu xa non sei. 347 00:29:25,097 --> 00:29:26,057 Pero isto… 348 00:29:26,557 --> 00:29:28,059 Volvo agora, vale? 349 00:29:33,815 --> 00:29:34,690 Ei. 350 00:29:34,774 --> 00:29:38,444 Estiven chamando á casa. Onde estás? 351 00:29:39,070 --> 00:29:40,238 Con miña irmá. 352 00:29:40,321 --> 00:29:45,785 Zora, quedei esta noite con Lino para que puideras ir á casa e descansar. 353 00:29:45,868 --> 00:29:48,454 Lino está enfermo, Ken. Amy necesítame. 354 00:29:48,538 --> 00:29:51,916 Amy coida de Lino, ti coidas de Amy, 355 00:29:52,416 --> 00:29:54,210 e quen coida de ti? 356 00:29:54,293 --> 00:29:56,379 Tiñas a presión arterial alta, 357 00:29:56,462 --> 00:30:00,424 - e o doutor dixo que á túa idade… - Sabes como me fai sentir iso. 358 00:30:00,508 --> 00:30:04,303 E ti xa sabes que sinto por ti mais por este bebé. 359 00:30:04,846 --> 00:30:06,264 Estou preocupado por ti. 360 00:30:09,267 --> 00:30:12,895 E pola nosa familia. Custoume moito atoparte, Zora. 361 00:30:12,979 --> 00:30:14,689 Intento protexerte. 362 00:30:16,274 --> 00:30:18,526 Non sei que dicirlle, Ken. 363 00:30:20,361 --> 00:30:24,657 E menos se me pide que lle diga algo no que non quero nin pensar. 364 00:30:33,291 --> 00:30:34,584 Logo vou para a casa. 365 00:30:36,168 --> 00:30:37,003 Prométocho. 366 00:30:38,963 --> 00:30:42,884 O domingo Zora vai cear á de Ken, é o aniversario de seu pai. 367 00:30:42,967 --> 00:30:44,385 - Ocúpome eu. - Xenial. 368 00:30:44,468 --> 00:30:47,722 Eu traballo de forma remota. Estaremos os dous aquí. 369 00:30:47,805 --> 00:30:51,267 - Vale, iso estas dúas semanas. - E o mes que vén? 370 00:30:51,350 --> 00:30:53,811 Será necesario planificalo ata aquela? 371 00:30:56,689 --> 00:30:59,108 Zora, que dis? 372 00:30:59,191 --> 00:31:01,235 Os doutores aínda non se renderon. 373 00:31:02,194 --> 00:31:04,280 Superouno unha vez e farao de novo. 374 00:31:04,363 --> 00:31:08,826 Ten a axuda de moita xente e eu comecei a orar en grupo. 375 00:31:08,910 --> 00:31:12,580 E cando estea estable, hai un tratamento en México… 376 00:31:12,663 --> 00:31:14,582 Non quero oír iso, hostia! 377 00:31:15,499 --> 00:31:18,669 - Non o vistes onte. - Non queremos rendernos. 378 00:31:18,753 --> 00:31:19,921 Eu nunca o fixen. 379 00:31:23,341 --> 00:31:25,635 Pero parece que non vai a mellor. 380 00:31:28,721 --> 00:31:30,473 Non somos médicos, Zora. 381 00:31:32,308 --> 00:31:34,477 Agardemos, a ver que nos din. 382 00:31:35,645 --> 00:31:39,649 - Os resultados non son o que esperabamos. - Que significa iso? 383 00:31:39,732 --> 00:31:42,610 Interésanos máis como evoluciona. 384 00:31:42,693 --> 00:31:44,737 Non respondiches a pregunta. 385 00:31:44,820 --> 00:31:47,531 Cando hai algún paciente na súa situación, 386 00:31:47,615 --> 00:31:50,117 un transplante de fígado é a mellor opción. 387 00:31:50,201 --> 00:31:52,036 - Un transplante? - Non. 388 00:31:52,828 --> 00:31:56,666 Como afectaría algo así ó meu tratamento para o cáncer? 389 00:31:56,749 --> 00:32:00,169 Pregúntalle ó teu oncólogo. Mentres, seguimos coas probas. 390 00:32:04,966 --> 00:32:08,678 Lino ten unha chea de médicos, pero non se comunican entre eles. 391 00:32:08,761 --> 00:32:11,514 Podes falar con eles, por favor? 392 00:32:12,056 --> 00:32:14,767 Non paran de facerlle probas, 393 00:32:14,850 --> 00:32:18,354 pero o de enfermidades infecciosas di que vai moito mellor. 394 00:32:18,437 --> 00:32:22,149 E a de hepatoloxía, a Collins esta, 395 00:32:22,233 --> 00:32:24,944 ponse a falar dun transplante de fígado. 396 00:32:25,027 --> 00:32:28,406 Non, non tiña que falarvos dun transplante. 397 00:32:28,489 --> 00:32:31,742 Como di o outro, cando Deus non quere, médico non vale. 398 00:32:35,371 --> 00:32:36,205 Perdoa. 399 00:32:38,791 --> 00:32:40,209 A doutora Collins? 400 00:32:42,420 --> 00:32:44,714 Doutora Collins, ola. 401 00:32:46,841 --> 00:32:48,342 Que lle pasa realmente? 402 00:32:49,218 --> 00:32:51,095 Tes que falar co oncólogo… 403 00:32:51,178 --> 00:32:53,889 - Que non me estás contando? - Non é o lugar. 404 00:32:53,973 --> 00:32:58,019 Se fose o teu marido, que querías que che dixeran? 405 00:32:59,520 --> 00:33:01,147 O seu fígado está fallando. 406 00:33:02,064 --> 00:33:03,024 E que significa? 407 00:33:04,233 --> 00:33:07,945 Tes que falar co oncólogo sobre o coidado de Lino a largo prazo. 408 00:33:09,989 --> 00:33:14,326 Que che parece non facer que a xente veña ó aparcadoiro a por información? 409 00:33:14,410 --> 00:33:15,369 Que che parece? 410 00:33:29,383 --> 00:33:31,260 Espera, a onde vas agora? 411 00:33:31,761 --> 00:33:34,305 - Paso de preguntar. - Vanlle facer un PET. 412 00:33:34,388 --> 00:33:35,431 Quen o solicitou? 413 00:33:35,514 --> 00:33:38,059 Dr. Smith. Non, o novo, Dr. Benjawan. 414 00:33:38,142 --> 00:33:41,562 Non, para! Xa basta. 415 00:33:42,146 --> 00:33:43,355 Non vai a ningures. 416 00:33:46,734 --> 00:33:50,404 Vaia parvadas. Estamos perdendo o tempo con estas probas. 417 00:33:50,905 --> 00:33:52,073 Temos plans. 418 00:33:53,157 --> 00:33:55,367 Non estiven en Castelleone. 419 00:33:55,451 --> 00:33:59,205 Temos que levar a Idalia alí. É que… 420 00:33:59,288 --> 00:34:03,167 Son moitos doutores. Son demasiadas… 421 00:34:03,250 --> 00:34:06,170 Demasiadas probas, hostia. Non… 422 00:34:07,713 --> 00:34:11,300 Non sei que cona está pasando. Non o sei. 423 00:34:11,884 --> 00:34:12,802 Eu si. 424 00:34:25,439 --> 00:34:26,273 Vale… 425 00:34:33,823 --> 00:34:34,990 Prométoche 426 00:34:36,367 --> 00:34:38,202 que te vou sacar de aquí. 427 00:34:40,746 --> 00:34:42,414 Prométocho, vale? 428 00:34:43,916 --> 00:34:45,543 O noso non remata aquí. 429 00:34:54,385 --> 00:34:58,097 Como será isto? Para que nos debemos preparar? 430 00:35:01,642 --> 00:35:04,979 Primeiro, quero saber que opina Lino de todo isto. 431 00:35:09,483 --> 00:35:10,317 Grazas. 432 00:35:12,111 --> 00:35:15,322 - Ninguén mo preguntou. - Síntoo moito. 433 00:35:16,157 --> 00:35:17,700 E por non ser claros. 434 00:35:18,492 --> 00:35:20,327 Os coidados paliativos 435 00:35:21,120 --> 00:35:23,038 son para o paciente e a familia. 436 00:35:23,998 --> 00:35:25,666 E somos honestos con vós. 437 00:35:26,417 --> 00:35:28,919 Lino, tes un cáncer que non podemos curar. 438 00:35:29,712 --> 00:35:31,255 E fállache o fígado. 439 00:35:31,755 --> 00:35:35,301 O teu corpo dime que está morrendo. 440 00:35:40,764 --> 00:35:42,391 Teño unha pregunta para ti. 441 00:35:43,559 --> 00:35:46,228 Como queres pasar o teus últimos días? 442 00:35:55,821 --> 00:35:57,239 Quero saír xa de aquí. 443 00:35:59,992 --> 00:36:02,286 Morrer é distinto para cada persoa. 444 00:36:03,162 --> 00:36:07,124 O equipo de coidados paliativos darache medicinas para aliviar a dor 445 00:36:07,208 --> 00:36:09,168 e axudar a Amy coa transición. 446 00:36:11,712 --> 00:36:15,049 Tes sorte de ter amigos e familia que te axuden. 447 00:36:16,175 --> 00:36:17,218 E a nosa filla? 448 00:36:20,304 --> 00:36:24,099 Teredes unha traballadora social especializada neste campo. 449 00:36:24,183 --> 00:36:27,311 Estou aquí para os dous. Chamádeme cando queirades. 450 00:36:28,938 --> 00:36:29,772 De acordo? 451 00:37:00,761 --> 00:37:01,595 Amy? 452 00:37:03,055 --> 00:37:03,973 Onde está Lino? 453 00:37:06,016 --> 00:37:07,851 Xa non poden facer nada máis. 454 00:37:10,562 --> 00:37:11,563 Imos para a casa. 455 00:37:15,067 --> 00:37:16,527 Vou rezar á igrexa. 456 00:37:18,654 --> 00:37:20,322 Está nas mans dos santos. 457 00:38:05,034 --> 00:38:07,953 Non te preocupes. Iremos amodo e sen sirenas. 458 00:38:10,331 --> 00:38:11,665 Xa case estás na casa. 459 00:38:29,975 --> 00:38:30,809 Idalia. 460 00:38:33,354 --> 00:38:37,733 Babbo veu onte para a casa, e ten moitas ganas de almorzar contigo. 461 00:38:47,117 --> 00:38:47,951 - Ola. - Mira. 462 00:38:50,579 --> 00:38:51,413 Vaia. 463 00:38:52,706 --> 00:38:54,500 Eu tamén teño algo para ti. 464 00:38:55,793 --> 00:38:58,337 E que é? 465 00:39:02,341 --> 00:39:03,634 Bombóns. 466 00:39:06,011 --> 00:39:10,599 Despois do almorzo. Traio pancakes, ovos e papas de millo. 467 00:39:12,476 --> 00:39:13,310 Meu amor. 468 00:39:15,020 --> 00:39:16,146 Como se di 469 00:39:17,314 --> 00:39:18,524 "café" en italiano? 470 00:39:18,607 --> 00:39:19,441 Que sinxelo. 471 00:39:23,278 --> 00:39:24,154 "Pancakes"? 472 00:39:27,866 --> 00:39:28,867 E como se di… 473 00:39:30,411 --> 00:39:31,245 "cabra"? 474 00:39:42,798 --> 00:39:43,882 Come, miña rula. 475 00:39:47,761 --> 00:39:51,265 Queremos axudarte a entender o que está vivindo a súa filla 476 00:39:51,348 --> 00:39:56,270 - para que poidas axudala despois. - Perdoa, é que… odio isto. 477 00:39:56,770 --> 00:39:59,189 Os nenos sempre se poñen no mellor. 478 00:40:00,107 --> 00:40:01,233 E os adultos tamén. 479 00:40:01,733 --> 00:40:04,778 Tes que axudarlle a Idalia a entender que pasa, 480 00:40:04,862 --> 00:40:07,448 porque o seu cerebro vai querer esquecelo. 481 00:40:07,531 --> 00:40:10,617 O máis importante é que a incluades. 482 00:40:10,701 --> 00:40:12,453 E cando seu pai morra, 483 00:40:13,495 --> 00:40:14,788 levádea xunta del. 484 00:40:15,289 --> 00:40:20,043 Deixade que o vexa, que estea con el e que o toque. 485 00:40:24,548 --> 00:40:26,800 Non sei se podo facelo. 486 00:40:26,884 --> 00:40:27,718 Podes. 487 00:40:28,927 --> 00:40:30,929 E faralo, por ela. 488 00:40:33,515 --> 00:40:35,225 Tes axuda? Familia? 489 00:40:36,810 --> 00:40:37,644 Moi ben. 490 00:40:38,312 --> 00:40:39,146 E recorda, 491 00:40:40,397 --> 00:40:43,442 os rapaces poden con todo se lles contas a verdade. 492 00:40:47,112 --> 00:40:50,240 "Que alguén te queira moito…" 493 00:40:52,659 --> 00:40:54,786 - En italiano. - Vale. 494 00:40:59,666 --> 00:41:00,918 …algo? 495 00:41:02,211 --> 00:41:03,337 Les ti, mamá. 496 00:41:05,422 --> 00:41:06,256 Vale. 497 00:41:07,466 --> 00:41:10,969 "Que alguén te queira moito faite forte." 498 00:41:21,188 --> 00:41:24,566 Perdoa, Lino. Hai dous especialistas que queren verte. 499 00:41:26,151 --> 00:41:27,069 Ola, guapos. 500 00:41:28,195 --> 00:41:30,197 - Ola, Amy. - Grazas por vir. 501 00:41:30,822 --> 00:41:31,740 - Ola. - Grazas. 502 00:41:32,241 --> 00:41:34,326 Faltaría máis. Fíxenche limoncello. 503 00:41:34,910 --> 00:41:39,039 E isto é para Idalia. Son da miña terra. 504 00:41:39,122 --> 00:41:41,208 Perdoade, non me podo erguer. 505 00:41:41,833 --> 00:41:44,044 Erguícheste algunha vez por min? 506 00:41:46,672 --> 00:41:48,799 Por el si que o faría. 507 00:41:50,384 --> 00:41:53,095 - Ola, Antonio. Grazas por todo. - De nada. 508 00:41:53,178 --> 00:41:54,137 Como vas, Lino? 509 00:41:54,221 --> 00:41:56,974 Como vou? Pois así. 510 00:41:59,184 --> 00:42:00,310 Idalia! 511 00:42:03,230 --> 00:42:04,314 Grazas. 512 00:42:05,190 --> 00:42:07,109 Parece que hai moita xente aquí. 513 00:42:09,236 --> 00:42:10,696 Vamos para o xardín. 514 00:42:22,332 --> 00:42:23,166 Ola. 515 00:42:24,126 --> 00:42:27,045 Grazas. Queres unirte? 516 00:42:28,797 --> 00:42:31,049 Mirade, esta é Alice. 517 00:42:36,763 --> 00:42:37,848 Alégrome de verte. 518 00:43:07,169 --> 00:43:08,920 Deixamos descansar a papá? 519 00:43:17,804 --> 00:43:18,972 Veña, a bailar. 520 00:43:20,932 --> 00:43:21,975 Non, papá. 521 00:43:33,278 --> 00:43:35,447 Saca a Maxine, papá. 522 00:43:35,530 --> 00:43:38,450 Creo que dou feito a pirueta. Debería intentalo. 523 00:43:39,534 --> 00:43:41,620 Non quero acabar no hospital. 524 00:43:43,413 --> 00:43:45,290 É incrible o ben que está. 525 00:43:46,625 --> 00:43:49,795 Antes de acabar a vida acostumas ter enerxía. 526 00:43:50,295 --> 00:43:54,091 É como a dose de enerxía que teñen as mulleres antes de parir. 527 00:43:55,384 --> 00:44:00,222 Nacer e morrer, dúas experiencias humanas primarias. 528 00:44:00,722 --> 00:44:02,099 Non son moi diferentes. 529 00:44:09,981 --> 00:44:12,693 Xuntádevos todos. Sacamos unha foto? 530 00:44:12,776 --> 00:44:14,277 - Queres unha foto? - Si. 531 00:44:14,361 --> 00:44:15,987 - Foto, veña. - Si? 532 00:44:16,071 --> 00:44:17,114 Adiante. 533 00:44:27,332 --> 00:44:28,667 Coidado, parrula. 534 00:44:32,295 --> 00:44:35,674 Si, grazas, xa sabía eu que faltaba algo. 535 00:44:35,757 --> 00:44:37,759 Veña, ven. 536 00:44:40,470 --> 00:44:42,973 Que non se comporte así, eh. 537 00:44:47,769 --> 00:44:48,854 Eu como patacas. 538 00:44:48,937 --> 00:44:51,440 - Pataca! - Onde van as patacas? 539 00:44:52,190 --> 00:44:55,986 Ben, vou levar a Lino para que durma unha sesta, que está canso. 540 00:44:56,069 --> 00:44:58,447 - A ver que te axudo. - Si, grazas. 541 00:45:19,134 --> 00:45:19,968 Veña. 542 00:45:24,848 --> 00:45:27,726 Parruliña, teño que contarche unha cousa. 543 00:45:29,644 --> 00:45:30,645 É sobre babbo. 544 00:45:33,523 --> 00:45:37,068 Sei que está morrendo e iso párteme o corazón. 545 00:45:38,445 --> 00:45:40,113 Tamén me parte o meu. 546 00:45:42,532 --> 00:45:43,366 Cando? 547 00:45:46,787 --> 00:45:47,621 Non o sei. 548 00:45:50,749 --> 00:45:51,583 Pronto. 549 00:45:58,381 --> 00:45:59,382 Mamá está aquí. 550 00:46:15,982 --> 00:46:17,526 Séntate comigo, amor. 551 00:46:24,324 --> 00:46:25,909 Canto viven as cabras? 552 00:46:31,623 --> 00:46:32,499 Uns 15 anos, 553 00:46:34,125 --> 00:46:36,002 ou ás veces 20 anos. 554 00:46:37,921 --> 00:46:40,048 Onde está a cabra de Tonino agora? 555 00:46:46,429 --> 00:46:51,643 Cando Tonino estaba na escola, a cabra non estaba con el. 556 00:46:53,854 --> 00:46:56,273 Pero aínda que non vira a cabra, 557 00:46:57,899 --> 00:47:01,945 a cabra seguía querendo a Tonino con toda a súa alma. 558 00:47:04,489 --> 00:47:05,949 Porque o seu amor 559 00:47:07,617 --> 00:47:12,747 é coma un fío invisible que conecta un corazón co outro. 560 00:47:13,999 --> 00:47:16,001 E nunca rompe. 561 00:47:19,045 --> 00:47:21,131 Sen importar onde estean. 562 00:47:30,015 --> 00:47:30,849 Quérote. 563 00:48:43,380 --> 00:48:45,048 Dásme o libro de direccións? 564 00:48:55,058 --> 00:48:56,267 Non te separes dela. 565 00:48:59,688 --> 00:49:02,148 E trata a Idalia como a túa filla. 566 00:49:04,442 --> 00:49:05,568 Fareino. 567 00:49:18,707 --> 00:49:19,541 Idalia. 568 00:49:21,126 --> 00:49:21,960 Ei, Idalia. 569 00:50:23,897 --> 00:50:24,898 Necesito algo. 570 00:50:28,651 --> 00:50:32,072 Por favor, leva as miñas cinzas a Sicilia. 571 00:50:50,006 --> 00:50:50,840 Claro. 572 00:50:52,926 --> 00:50:55,637 Quero que volvas amar algún día. 573 00:50:57,263 --> 00:50:58,139 A outro. 574 00:51:01,017 --> 00:51:03,394 O teu amor é para compartir. 575 00:51:04,521 --> 00:51:06,606 - Non, por favor. - Quero… 576 00:51:07,899 --> 00:51:09,359 que vivas a túa vida. 577 00:51:18,451 --> 00:51:19,744 Tes os beizos secos. 578 00:52:03,997 --> 00:52:05,957 Grazas pola túa vida. 579 00:52:08,418 --> 00:52:09,252 Grazas. 580 00:52:11,045 --> 00:52:12,839 A onde cres que vou? 581 00:52:21,264 --> 00:52:22,098 Non o sei. 582 00:52:24,684 --> 00:52:26,686 Pero creo que é precioso 583 00:52:27,979 --> 00:52:29,105 e sensacional. 584 00:52:31,858 --> 00:52:33,484 E vas estar en paz. 585 00:52:36,279 --> 00:52:37,780 Vas estar en paz. 586 00:52:41,993 --> 00:52:44,120 Podes visitarme nos meus soños. 587 00:52:47,207 --> 00:52:49,751 Xa penso na próxima vez que nos vexamos. 588 00:53:40,260 --> 00:53:41,970 Ti agardaches por min. 589 00:56:07,115 --> 00:56:11,661 Subtítulos: María Suárez Seijas