1 00:00:06,049 --> 00:00:09,010 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:01:08,820 --> 00:01:09,821 Respira. 3 00:01:40,643 --> 00:01:41,477 Mamá. 4 00:01:42,770 --> 00:01:43,938 Tes que comer. 5 00:01:44,021 --> 00:01:46,649 Vai coa tía Zora. Dille que che lea un conto. 6 00:01:46,732 --> 00:01:47,567 Non! 7 00:01:48,109 --> 00:01:50,069 - Idalia, por favor… - Non. 8 00:01:50,153 --> 00:01:51,154 Oe. 9 00:01:52,280 --> 00:01:54,031 Dáme un minuto con mamá, si? 10 00:02:00,872 --> 00:02:01,831 Agora non, Zora. 11 00:02:05,543 --> 00:02:06,377 Agora non. 12 00:02:07,962 --> 00:02:08,796 Vale. 13 00:02:11,340 --> 00:02:13,342 Pois xa volverei 14 00:02:13,843 --> 00:02:16,095 nunha… semana? 15 00:02:17,763 --> 00:02:18,681 Ou nun mes. 16 00:02:20,516 --> 00:02:22,977 Ou cando Idalia acabe a ESO mellor? 17 00:02:23,060 --> 00:02:24,937 Estás a tocarme os ovarios. 18 00:02:27,523 --> 00:02:30,234 A miña filla acaba de perder o seu pai. 19 00:02:31,152 --> 00:02:33,237 O teu marido non morreu. 20 00:02:34,280 --> 00:02:38,242 - Agora está na casa. - E a que non estou con el? 21 00:02:38,326 --> 00:02:39,202 Estou aquí. 22 00:02:39,785 --> 00:02:42,580 E que se supón que debo facer con iso? 23 00:02:44,040 --> 00:02:46,125 Non che incumbe que estea aflixida. 24 00:02:48,085 --> 00:02:49,253 Podes irte. 25 00:03:04,644 --> 00:03:08,981 Non teño nin puta idea polo que estás pasando. 26 00:03:10,316 --> 00:03:14,028 Pero sei que Lino non é o único que nos deixou. 27 00:03:15,279 --> 00:03:18,783 Estamos vendo como desapareces na nosa cara. 28 00:03:18,866 --> 00:03:22,245 Mamá e Maxine están perdendo unha filla, eu unha irmá 29 00:03:22,328 --> 00:03:23,704 e Idalia unha nai. 30 00:03:23,788 --> 00:03:27,959 Non é xusto que che pida que te poñas ben, pero a nena precísate. 31 00:03:33,047 --> 00:03:35,091 As cinzas, Amy. 32 00:03:35,591 --> 00:03:36,425 Non podo. 33 00:03:38,302 --> 00:03:39,220 Non podo, Zora. 34 00:03:39,303 --> 00:03:42,306 Non van estar dúas semanas máis no meu maleteiro. 35 00:03:42,390 --> 00:03:44,725 Tráioas eu e non tes que facer nada. 36 00:03:44,809 --> 00:03:49,146 Teño que manter a promesa que lle fixen a Lino, e non podo! 37 00:03:49,230 --> 00:03:51,148 Non podo saír da cama. 38 00:03:51,857 --> 00:03:57,405 Non podo! Non podo levalo de volta a Sicilia. 39 00:03:57,488 --> 00:04:02,243 Non me pidas que o faga, porque non podo. 40 00:04:03,744 --> 00:04:05,746 Non podo! 41 00:04:07,164 --> 00:04:09,750 Por favor, Zora. 42 00:04:11,669 --> 00:04:12,920 Vale. 43 00:04:16,590 --> 00:04:18,509 Vouche facer unha pregunta. 44 00:04:20,636 --> 00:04:23,222 E non te enfades, vale? 45 00:04:24,724 --> 00:04:25,558 Que? 46 00:04:26,934 --> 00:04:30,521 Duchácheste dende o funeral? 47 00:04:35,109 --> 00:04:35,943 Que? 48 00:04:37,278 --> 00:04:40,573 Tes falta de lavarte. 49 00:04:42,074 --> 00:04:43,492 Cheiro mal? 50 00:04:54,670 --> 00:04:55,713 Cheiro mal. 51 00:04:56,881 --> 00:04:58,215 Cheiras mal. 52 00:05:04,889 --> 00:05:09,226 Pero mira, se cheiras o teu mal olor, 53 00:05:12,521 --> 00:05:14,440 é que segues viva. 54 00:05:15,941 --> 00:05:17,234 Tranquila. 55 00:05:19,070 --> 00:05:20,196 Vai estar todo ben. 56 00:05:23,491 --> 00:05:25,117 Vouno traer para dentro. 57 00:05:32,333 --> 00:05:33,167 Vale. 58 00:05:36,087 --> 00:05:37,004 Vale. 59 00:05:38,756 --> 00:05:39,590 Vale. 60 00:06:57,168 --> 00:06:58,377 Dime que fago. 61 00:07:12,933 --> 00:07:15,811 SICILIA 62 00:07:24,153 --> 00:07:25,362 Xa case estamos. 63 00:07:26,197 --> 00:07:28,908 Babbo alegraríase de que coñezas a súa familia. 64 00:08:04,652 --> 00:08:06,737 Idalia, miña pequecha. 65 00:08:14,036 --> 00:08:15,246 Tía Biagia! 66 00:08:15,329 --> 00:08:17,957 Ola, Idalia, meu ben. 67 00:08:19,542 --> 00:08:20,459 Onde está Lino? 68 00:09:13,929 --> 00:09:16,849 Senta aquí ó meu lado coa nena. 69 00:09:35,868 --> 00:09:38,245 Mamá, que está pasando? 70 00:09:40,205 --> 00:09:41,040 Non o sei. 71 00:09:53,677 --> 00:09:55,387 Biagia, Idalia está cansa. 72 00:09:55,471 --> 00:09:59,183 Miña nai preparouvos un cuarto arriba. 73 00:10:04,813 --> 00:10:06,440 Imos vivir aquí? 74 00:10:08,108 --> 00:10:09,151 Non, parrula. 75 00:10:11,570 --> 00:10:12,404 Non. 76 00:10:13,072 --> 00:10:16,533 Imos enterrar a babbo e logo volvemos a California. 77 00:10:18,452 --> 00:10:19,286 Enterrar? 78 00:10:19,787 --> 00:10:20,788 Si, meu ben. 79 00:10:22,164 --> 00:10:24,708 Trouxémolo aquí para levalo ó camposanto. 80 00:10:26,627 --> 00:10:27,586 Lémbraste? 81 00:10:27,670 --> 00:10:29,129 Ímolo deixar aquí? 82 00:10:30,756 --> 00:10:32,883 Teu pai mais eu falamos sobre isto. 83 00:10:33,926 --> 00:10:35,427 A min non mo dixo. 84 00:10:38,097 --> 00:10:38,931 Ei. 85 00:10:39,723 --> 00:10:44,853 Todo o mundo lembra que é o teu marido, pero ninguén lembra que é o meu pai. 86 00:10:53,404 --> 00:10:56,865 Meu pai morreu cando eu tiña dez anos. 87 00:10:57,491 --> 00:11:01,120 Estaba triste porque non o ía poder ver máis. 88 00:11:01,704 --> 00:11:06,959 Pero logo aprendín a usar a imaxinación e o meu corazón. 89 00:11:07,543 --> 00:11:08,711 Parruliña. 90 00:11:08,794 --> 00:11:15,217 E aínda que teu pai xa non estea, eu véxoo. E síntoo. Aquí. 91 00:11:15,300 --> 00:11:18,637 E toda a comida boísima que che preparaba 92 00:11:19,138 --> 00:11:21,890 agora podemos facela xuntas ti máis eu. 93 00:11:21,974 --> 00:11:27,855 E cando sexas unha avoa vella coma min, ou incluso máis vella que min, 94 00:11:29,064 --> 00:11:31,024 podes ensinarlle á túa neta. 95 00:11:31,859 --> 00:11:35,154 E cando ela estea nunha cociña coma esta, 96 00:11:35,988 --> 00:11:39,867 verate a ti. E a min. E incluso a teu pai. 97 00:11:47,249 --> 00:11:48,876 É demasiado para ela. 98 00:11:49,752 --> 00:11:52,087 A miña prima Santina vixiará as nenas. 99 00:12:03,599 --> 00:12:04,683 Ola. 100 00:12:04,767 --> 00:12:06,143 Onde vai Idalia? 101 00:12:06,226 --> 00:12:07,978 Dentro, agardando por vós. 102 00:13:57,129 --> 00:13:58,964 Axúdote? 103 00:13:59,047 --> 00:14:01,967 Non, na cociña só estou eu. Senta. 104 00:14:08,181 --> 00:14:09,016 A nena? 105 00:14:09,892 --> 00:14:10,726 Durmida. 106 00:14:37,336 --> 00:14:39,463 Enténdote, Amy. 107 00:14:40,339 --> 00:14:41,924 Cando Giacomo morreu 108 00:14:43,258 --> 00:14:44,885 estaba derrubada 109 00:14:45,385 --> 00:14:49,264 e pesábanme os ósos. Era o mesmo que sentiu miña nai 110 00:14:50,349 --> 00:14:51,767 cando meu pai morreu. 111 00:14:52,476 --> 00:14:55,520 Coñezo esta dor porque xa pasei por ela. 112 00:14:56,229 --> 00:15:00,233 Sei que sentes esta dor tanto por ti como pola túa filla. 113 00:15:03,278 --> 00:15:04,404 Pero tes que comer. 114 00:15:14,081 --> 00:15:16,667 Mira quen espertou por fin. Ola. 115 00:15:18,335 --> 00:15:20,128 Podo xogar coas miñas primas? 116 00:15:20,212 --> 00:15:23,298 Podes, pero primeiro tes que vestirte. 117 00:15:24,549 --> 00:15:27,052 E saúda con xeito a túa avoa. 118 00:15:30,681 --> 00:15:32,015 Ven, come. 119 00:15:35,519 --> 00:15:40,190 E tes que comer todo iso para ser a máis grande de todas. 120 00:15:59,167 --> 00:16:02,170 Na vila din que non vistes de negro, e éche verdade. 121 00:16:02,254 --> 00:16:03,255 Santina! 122 00:16:04,214 --> 00:16:07,050 Que andas a dicir? Non lle contestes. 123 00:16:07,134 --> 00:16:11,388 Pero xa dixen que foi de negro cando morreu Lino. 124 00:16:12,848 --> 00:16:14,016 E foi así, non? 125 00:16:15,183 --> 00:16:17,185 Sequera un día, non? 126 00:16:22,065 --> 00:16:27,070 Cando marchades? Quedaredes ata a festa de Santa Anna, non? 127 00:16:27,946 --> 00:16:29,281 Aínda non pensamos… 128 00:16:29,364 --> 00:16:34,786 Claro, a rapaza aquí está contenta co aire puro e coa familia. 129 00:16:34,870 --> 00:16:39,332 E a Lino sempre lle encantou a procesión de Santa Anna. 130 00:16:47,966 --> 00:16:49,092 Vou ir pasear. 131 00:16:56,058 --> 00:16:57,851 Sempre fas o mesmo. 132 00:16:59,686 --> 00:17:01,271 - Volvo agora. - Vale. 133 00:17:05,776 --> 00:17:10,363 Zora, contéstame ou chámame logo. É máis duro do que pensaba. 134 00:17:14,659 --> 00:17:16,411 BAR CENTRAL 135 00:17:40,310 --> 00:17:42,562 - Boas tardes a todos. - Boas tardes. 136 00:17:50,612 --> 00:17:52,614 O meu máis sentido pésame, señora. 137 00:17:53,573 --> 00:17:58,829 Preséntome. Son Nunzio, o alcalde de Castelleone. 138 00:18:00,038 --> 00:18:01,373 Coñecía o seu marido. 139 00:18:02,707 --> 00:18:05,043 Que Deus o teña na gloria. 140 00:18:08,880 --> 00:18:09,798 Estadounidense? 141 00:18:10,757 --> 00:18:12,175 Quizais non o sabe, 142 00:18:12,259 --> 00:18:17,597 pero teño pensado facer un heliporto e unha pista de tenis na vila. 143 00:18:17,681 --> 00:18:22,144 Precisamos innovación e diversión, igual ca nos Estados Unidos. 144 00:18:24,354 --> 00:18:26,773 Pero non sodes só unhas 300 persoas? 145 00:18:26,857 --> 00:18:33,405 513. Naceron dúas o ano pasado e unha este ano. E só morreron 15. 146 00:18:36,867 --> 00:18:38,702 Encantado de coñecela. 147 00:18:46,960 --> 00:18:48,753 Mario! Mira! 148 00:18:54,551 --> 00:18:57,721 Ten un ton escuro, pero é guapiña. 149 00:18:59,347 --> 00:19:03,768 O seu marido acaba de ir para o camposanto e ela xa está saíndo do bar. 150 00:19:04,477 --> 00:19:06,104 Pobre Filomena. 151 00:19:07,105 --> 00:19:09,900 No teu aniversario? Que é esa procesión? 152 00:19:10,650 --> 00:19:13,069 Debe ser un festival da vila ou algo así. 153 00:19:14,070 --> 00:19:17,365 Coma o Festival Fire Ant de aquí ó que nos levaba a avoa? 154 00:19:17,449 --> 00:19:21,119 Pero cun santo e supoño que sen a formiga vermella xigante. 155 00:19:22,704 --> 00:19:27,751 Pasar aquí o meu primeiro aniversario sen el… 156 00:19:31,463 --> 00:19:36,426 Non sei se me quere aquí ou se só quere a súa neta. 157 00:19:38,094 --> 00:19:39,179 Ti que queres? 158 00:19:39,262 --> 00:19:41,181 A Lino de volta. 159 00:19:41,264 --> 00:19:42,265 Espíritos, claro. 160 00:19:42,349 --> 00:19:44,100 Non me digas esas cousas. 161 00:19:48,480 --> 00:19:50,357 Non podo decepcionala. 162 00:19:50,440 --> 00:19:54,527 Pois valo facer. Estás comezando ti soa a vivir unha nova vida. 163 00:19:56,488 --> 00:20:00,784 Vai haber problemas no camiño. Quedar vai ser o peor de todo? 164 00:21:24,034 --> 00:21:25,744 - Onde andabas? - Que? 165 00:21:25,827 --> 00:21:27,245 Vaite duchar, rápido. 166 00:21:29,247 --> 00:21:32,751 Mentres estás aquí, tes que visitar esta xente. 167 00:21:32,834 --> 00:21:38,631 Aquí tes os nomes, as casas e a orde que tes que seguir. 168 00:21:39,257 --> 00:21:43,303 Non, Filomena, eu non sei ler isto. 169 00:21:43,386 --> 00:21:44,262 Como que non? 170 00:21:44,346 --> 00:21:48,391 Non o entendo, está en siciliano. Que di aquí? 171 00:21:49,476 --> 00:21:52,771 "Franco, preto da fonte, o da porta vermella." 172 00:21:52,854 --> 00:21:56,941 "Tuccio, ó lado o bar, o que ten as furgonetas diante." 173 00:21:57,025 --> 00:21:59,986 "A vella Pina, ó lado do camposanto." 174 00:22:00,904 --> 00:22:01,905 E os enderezos? 175 00:22:01,988 --> 00:22:06,951 Para que os queres? Acáboche de dicir onde están. Tes que ir hoxe. 176 00:22:14,709 --> 00:22:19,172 Giacomo díxome que nos Estados Unidos o pan é malísimo. 177 00:22:20,173 --> 00:22:24,636 E hai moita froita nos árbores, e cae e a xente pásalle por riba. 178 00:22:24,719 --> 00:22:26,513 - Come. - Non, grazas. 179 00:22:30,642 --> 00:22:31,476 Que pasa? 180 00:22:35,188 --> 00:22:37,440 Xa cho dixen, son moitos doces. 181 00:22:38,858 --> 00:22:41,194 Non se atopa ben. Ven aquí. 182 00:22:41,277 --> 00:22:45,448 Paréceme que non está ben. Non, é mellor… 183 00:22:46,783 --> 00:22:48,952 É mellor que a levemos ó médico. 184 00:22:50,078 --> 00:22:51,955 Non, non fai falla. 185 00:22:52,038 --> 00:22:54,958 - Veña, ven. - Santina… 186 00:22:55,041 --> 00:22:56,084 Veña, ide. 187 00:22:57,043 --> 00:23:00,171 A rapaza non se atopa ben, imos ó médico. 188 00:23:00,255 --> 00:23:02,090 - Non, está ben. - Non. 189 00:23:02,173 --> 00:23:05,051 Non fai falla, Santina. 190 00:23:05,802 --> 00:23:09,931 O médico é o home máis rico da vila e aínda ninguén viu a súa casa. 191 00:23:10,014 --> 00:23:12,016 Cóntanos todo o que vexas. 192 00:23:12,100 --> 00:23:16,980 Quero asegurarme de que a rapaza está ben, non vaia ser o demo. 193 00:23:17,063 --> 00:23:21,067 Seica ten un piano moi bonito dentro. 194 00:23:21,151 --> 00:23:24,737 E que bebe café nunha cunca de ouro. 195 00:23:24,821 --> 00:23:27,365 O médico terá que invitarte a tomar un café. 196 00:23:27,449 --> 00:23:30,076 É a muller de Lino, e é estadounidense. 197 00:23:30,160 --> 00:23:33,705 Non te pode deixar fóra. É a nosa oportunidade. 198 00:23:33,788 --> 00:23:35,623 Despois xa nolo contas todo. 199 00:23:36,749 --> 00:23:38,001 Espérovos aquí. 200 00:23:38,084 --> 00:23:38,918 Veña. 201 00:23:44,716 --> 00:23:48,720 Apóstovos a miña pensión de viuvez 202 00:23:48,803 --> 00:23:52,474 que ela mais a estadounidense nunca se van levar ben. 203 00:23:52,557 --> 00:23:56,436 Unha nai que non vai á voda do seu fillo? 204 00:23:56,519 --> 00:23:59,772 Credes que iso se pode perdoar? 205 00:24:12,660 --> 00:24:16,372 A miña muller fíxolle unha macela á rapaza. Xa vai estar mellor. 206 00:24:18,249 --> 00:24:19,959 Tes unha foto de meu pai. 207 00:24:21,544 --> 00:24:23,755 Si, ese é teu pai. 208 00:24:27,509 --> 00:24:30,011 Dunha vez que fun a Florencia 209 00:24:30,887 --> 00:24:33,598 cenei no restaurante onde el traballaba. 210 00:24:33,681 --> 00:24:35,808 Nunca o vira tan feliz. 211 00:24:37,435 --> 00:24:39,479 E cando souben que estaba enfermo, 212 00:24:40,188 --> 00:24:41,940 moito recei por el. 213 00:24:42,607 --> 00:24:43,691 Era un de nós. 214 00:24:46,569 --> 00:24:48,655 Lino era unha persoa especial, era… 215 00:24:49,697 --> 00:24:50,615 amable, 216 00:24:51,699 --> 00:24:52,534 agarimoso… 217 00:25:03,294 --> 00:25:05,338 DOUTOR RONALDO MUSCARELLA 218 00:25:08,299 --> 00:25:09,133 Que pasou? 219 00:25:11,553 --> 00:25:13,680 Emocionouse coa fermosura da casa. 220 00:25:13,763 --> 00:25:17,350 Cóntanos logo cantos candelabros había. 221 00:25:18,226 --> 00:25:19,978 Só vin tres. 222 00:25:21,854 --> 00:25:26,693 Pois eu vin oito e estaban todos feitos de ouro. 223 00:25:28,236 --> 00:25:32,991 Idalia, meu ben, non rexoubes, veña. 224 00:25:40,957 --> 00:25:42,292 Sempre fai o mesmo. 225 00:25:57,140 --> 00:26:00,518 Que é o que che gusta do viño? Eu nunca o probei. 226 00:26:04,063 --> 00:26:04,897 Toma. 227 00:26:10,695 --> 00:26:11,529 Proba. 228 00:26:28,838 --> 00:26:30,256 Así non nos ve ninguén. 229 00:27:06,376 --> 00:27:07,752 Fixéchelo moi ben hoxe. 230 00:27:09,128 --> 00:27:13,383 A muller que estaba esperando con Santina cando saímos do médico… 231 00:27:13,466 --> 00:27:17,470 Cal? Anna pés tortos? Ou Pina a das gafas? 232 00:27:18,638 --> 00:27:21,766 Acabas de chamala "pés tortos"? 233 00:27:22,475 --> 00:27:26,896 Chamámola "pés tortos" porque sempre se queixa dos pés, 234 00:27:26,979 --> 00:27:30,149 pero leva zapatos de rapazas novas. 235 00:27:31,943 --> 00:27:34,946 Unha vez fixo a pedicura en Palermo. 236 00:27:35,446 --> 00:27:38,157 Como se pintar as uñas fora solucionalo todo. 237 00:27:43,705 --> 00:27:46,541 Así que… ti tamén rexoubas? 238 00:28:18,781 --> 00:28:19,615 Amore. 239 00:28:40,803 --> 00:28:42,263 Fíxenche unha cousa. 240 00:29:30,144 --> 00:29:31,646 Tes que vestirte. 241 00:29:32,188 --> 00:29:35,107 Hoxe tes que ir con Biagia firmar uns papeis. 242 00:29:35,191 --> 00:29:37,193 - Chameite varias veces. - Que? 243 00:29:38,069 --> 00:29:40,863 É pola herdanza. Tes que ir xunta do notario. 244 00:29:41,739 --> 00:29:43,407 Tes unha cita esta mañá. 245 00:29:58,589 --> 00:30:02,343 Tes que firmar aquí, aquí e aquí. 246 00:30:07,181 --> 00:30:09,851 Señora, como muller do primoxénito, 247 00:30:09,934 --> 00:30:12,228 é a herdeira, vostede e a súa filla. 248 00:30:17,316 --> 00:30:18,150 Non. 249 00:30:19,318 --> 00:30:20,862 Non podo firmar. 250 00:30:29,120 --> 00:30:32,415 Por que carallo me puxeches nesa posición? 251 00:30:32,915 --> 00:30:36,294 Filomena, como non me dixeches algo así antes? 252 00:30:36,377 --> 00:30:38,170 Díxencho esta mañá. 253 00:30:38,254 --> 00:30:42,508 Non me dixeches que me ías dar a casa e as terras da familia. 254 00:30:45,511 --> 00:30:46,554 Non encaixo aquí. 255 00:30:47,305 --> 00:30:49,015 Tamén é para a miña netiña. 256 00:30:51,601 --> 00:30:54,437 Amy! Nunzio necesita a túa axuda! 257 00:30:57,231 --> 00:31:02,028 Escoita, tes que firmar isto, porque é culpa túa. Fírmao. 258 00:31:06,532 --> 00:31:09,076 O alcalde non sabe falar inglés. 259 00:31:09,160 --> 00:31:10,620 Batiches ti contra min. 260 00:31:13,205 --> 00:31:16,751 Por fin alguén que lle pode explicar como conducir aquí. 261 00:31:16,834 --> 00:31:19,837 Non estaba mirando e bateu co meu coche. 262 00:31:19,921 --> 00:31:22,882 - Fai que entre en razón. - Firma aquí. 263 00:31:22,965 --> 00:31:25,051 - Xa falo eu con el. - Si, vai. 264 00:31:25,134 --> 00:31:27,261 - Ola, son Amy. - Ola. 265 00:31:27,345 --> 00:31:31,349 Dille que se non move o coche, chamo os Carabinieri. 266 00:31:31,432 --> 00:31:35,728 Debo dicir que esta illa é preciosa, pero tamén insufrible. 267 00:31:35,811 --> 00:31:37,396 Bateu contra o meu coche. 268 00:31:37,980 --> 00:31:39,815 É o alcalde. 269 00:31:40,483 --> 00:31:42,401 Nunca vai dicir que é culpa súa, 270 00:31:42,485 --> 00:31:45,571 en ningunha circunstancia e menos diante desta xente. 271 00:31:45,655 --> 00:31:49,742 Se fora ti, subiríame ó coche e iríame antes de viren os Carabinieri. 272 00:31:49,825 --> 00:31:51,369 Un ha ser primo seu. 273 00:31:54,580 --> 00:31:56,540 Ah, e ti como sabes todo isto? 274 00:31:59,085 --> 00:31:59,961 Debías ir. 275 00:32:04,548 --> 00:32:05,675 Moitas grazas. 276 00:32:05,758 --> 00:32:07,468 Saúda a Cornualles. 277 00:32:12,807 --> 00:32:13,891 Lentellas. 278 00:32:15,309 --> 00:32:17,228 Son da miña horta. 279 00:32:17,812 --> 00:32:20,773 Por axudar o meu fillo, Nunzio. 280 00:32:29,031 --> 00:32:29,991 Non tiña razón? 281 00:32:31,409 --> 00:32:33,494 Son o mellor alcalde, si ou non? 282 00:32:37,164 --> 00:32:38,207 Mamá! 283 00:32:45,715 --> 00:32:47,049 É Don Matteo, mamá! 284 00:32:48,634 --> 00:32:49,760 Quen che dou iso? 285 00:32:50,594 --> 00:32:54,348 A nai de Nunzio. Non puiden dicirlle que non. 286 00:32:54,432 --> 00:32:57,143 Moi ben. Defendiches a Nunzio. 287 00:33:09,572 --> 00:33:16,328 Escoita, sinto o de antes, o notario e as terras… 288 00:33:16,412 --> 00:33:19,123 Amy, aquí temos un dito. 289 00:33:19,206 --> 00:33:22,752 "A casa todo o que a precises e terra toda a que ves." 290 00:33:23,252 --> 00:33:25,671 Teño que limpar as lentellas. 291 00:33:25,755 --> 00:33:28,549 Podemos rematar a conversación, por favor? 292 00:33:28,632 --> 00:33:31,677 Non podo ser coma Pina Lentellas Merdentas. 293 00:33:32,178 --> 00:33:36,474 Ó seu marido caeulle un dente porque non llas lavou ben. 294 00:33:37,058 --> 00:33:38,684 Non me vas contestar? 295 00:33:40,269 --> 00:33:41,103 Amy… 296 00:33:42,688 --> 00:33:46,442 Aquí a xente vai e vén, pero nós estamos aquí e protexémonos. 297 00:33:47,526 --> 00:33:50,112 Como fixeches ti hoxe. Es unha de nós. 298 00:33:50,196 --> 00:33:52,198 Sáibalo ou non, é así. 299 00:34:18,474 --> 00:34:21,477 Filomena foi á igrexa. Estate esperando. 300 00:34:21,560 --> 00:34:23,229 Miramos nós por Idalia. 301 00:34:26,398 --> 00:34:28,359 Vai, estate esperando. 302 00:34:31,362 --> 00:34:35,366 Ai, miña nai, toma, pon isto por riba dos ombros. 303 00:35:19,994 --> 00:35:23,873 Receille cando ti mais Lino casastes. 304 00:35:25,207 --> 00:35:27,751 E cando o meu fillo estaba a morrer tamén. 305 00:35:28,377 --> 00:35:30,254 Hoxe vólvolle rezar. 306 00:35:36,677 --> 00:35:38,637 Logo de todo o que pasou, 307 00:35:39,805 --> 00:35:42,850 sei que te vas querer ir 308 00:35:44,185 --> 00:35:45,811 e nunca vas volver. 309 00:35:46,687 --> 00:35:48,939 Pero rezo e espero 310 00:35:50,482 --> 00:35:53,110 que queiras construír algo comigo. 311 00:35:55,613 --> 00:35:56,947 Quero que volvas. 312 00:35:59,283 --> 00:36:02,119 E que en Castelleone te sintas coma na casa. 313 00:36:04,205 --> 00:36:05,039 Sempre e cando 314 00:36:06,165 --> 00:36:07,249 ti tamén queiras. 315 00:36:11,337 --> 00:36:13,422 Filomena, non estou segura de que… 316 00:36:15,507 --> 00:36:17,843 Eu xa dixen o que tiña que dicir. 317 00:36:19,136 --> 00:36:19,970 Ben, ti… 318 00:36:20,804 --> 00:36:21,639 pénsao. 319 00:36:54,380 --> 00:37:00,052 As túas pernas son máis longas que as miñas. Non quero andar máis. 320 00:37:03,264 --> 00:37:05,975 Veña, sube, lévote eu. 321 00:37:08,519 --> 00:37:09,395 Veña, vamos. 322 00:37:14,483 --> 00:37:15,317 Iso é. 323 00:37:18,654 --> 00:37:20,489 Mira, polo medio desas árbores 324 00:37:20,572 --> 00:37:22,574 podes ver o mar Mediterráneo. 325 00:37:23,534 --> 00:37:26,578 É un bo lugar para vir cando non estás ben. 326 00:37:26,662 --> 00:37:28,205 Por iso te trouxen aquí. 327 00:37:33,168 --> 00:37:34,003 Ei. 328 00:37:35,254 --> 00:37:36,714 Eu tamén o estraño. 329 00:37:36,797 --> 00:37:38,215 Dóeme, mamá. 330 00:37:42,094 --> 00:37:42,928 Xa o sei. 331 00:37:44,305 --> 00:37:50,185 Babbo queríanos moitísimo, e algo tan grande non desaparece. 332 00:37:51,895 --> 00:37:53,355 Aínda está con nós. 333 00:37:53,439 --> 00:37:55,107 E como o sabes? 334 00:37:55,190 --> 00:37:58,319 Porque herdaches o mellor del. 335 00:38:01,530 --> 00:38:02,448 Ai, Idalia. 336 00:38:05,951 --> 00:38:06,910 Estou aquí. 337 00:38:06,994 --> 00:38:08,078 Mamá? 338 00:38:10,539 --> 00:38:14,084 Se non me parezo a babbo, son italiana igual? 339 00:38:14,168 --> 00:38:17,963 Es moi italiana, porque non se trata de como es. 340 00:38:18,547 --> 00:38:23,177 É a familia, que é a quen decides querer. 341 00:38:25,763 --> 00:38:28,599 Que me vai pasar se ti morres? 342 00:38:35,105 --> 00:38:38,067 Todos somos humanos, e algún día imos morrer. 343 00:38:41,403 --> 00:38:42,237 Eu tamén? 344 00:38:44,948 --> 00:38:51,372 Tamén. Pero dentro de moito, moito tempo. 345 00:38:54,041 --> 00:38:57,002 E túa nai está san e é forte. 346 00:38:59,046 --> 00:39:01,548 Se non, como te ía traer montaña arriba? 347 00:39:03,342 --> 00:39:06,845 Pero aínda que iso cambie, tes xente que te quere 348 00:39:06,929 --> 00:39:08,555 e que van coidar de ti. 349 00:39:10,766 --> 00:39:11,600 Veña. 350 00:39:20,067 --> 00:39:22,486 Boas, son Antonio. 351 00:39:24,029 --> 00:39:26,281 Atopastes a terra dos Ortolano? 352 00:39:27,449 --> 00:39:30,327 O avó de Lino plantou estas árbores. 353 00:39:30,411 --> 00:39:31,370 Que? 354 00:39:31,954 --> 00:39:34,164 Cando eramos novos, 355 00:39:34,998 --> 00:39:39,670 Lino escribiu o seu nome no pozo, ó lado do pexegueiro. 356 00:39:40,254 --> 00:39:42,297 Ti coñeciches a meu pai? 357 00:39:43,382 --> 00:39:47,094 Xogabamos xuntos ó fútbol, incluso cando Lino non tiña tenis. 358 00:39:49,096 --> 00:39:50,681 Tonino! 359 00:39:51,306 --> 00:39:56,061 Debeuche dicir teu pai que me chamaras así. Si, son Tonino. 360 00:40:18,584 --> 00:40:22,337 A túa familia podía vir a Castelleone para a semana. 361 00:40:22,421 --> 00:40:24,339 Polo teu aniversario. 362 00:40:24,423 --> 00:40:25,716 - Aquí? - Si, aquí. 363 00:40:25,799 --> 00:40:30,679 Invítaos á procesión. Dilles que poden vir á miña casa. 364 00:40:30,762 --> 00:40:31,847 Ai… 365 00:40:45,611 --> 00:40:47,154 Pero quen é Santa Anna? 366 00:40:49,198 --> 00:40:52,618 A nai de María. É a nai de tódalas nais. 367 00:40:52,701 --> 00:40:56,997 O día do seu Santo é o mesmo día que o teu aniversario. 368 00:40:57,080 --> 00:41:00,834 É a patroa das viúvas e dos viaxeiros. 369 00:41:04,463 --> 00:41:06,215 Isto ten que ser unha broma. 370 00:41:12,804 --> 00:41:17,726 Non temos moitas visitas. Espero que isto lle valla á túa familia. 371 00:41:19,478 --> 00:41:22,940 Meu pai creceu nun pobo de 300 persoas. 372 00:41:23,440 --> 00:41:29,571 Castelleone e o este de Texas parécense máis do que cres. 373 00:42:01,270 --> 00:42:03,146 Non me miraron tanto 374 00:42:03,230 --> 00:42:06,608 dende que usei o baño nunha parada de camións en Alabama. 375 00:42:14,616 --> 00:42:16,994 Benvidos a Castelleone. 376 00:42:17,578 --> 00:42:20,330 Benvidos! 377 00:42:23,625 --> 00:42:25,377 Axúdaos coas maletas. 378 00:42:30,132 --> 00:42:31,216 Ola! 379 00:42:33,635 --> 00:42:35,637 - Ei! - Ola! 380 00:42:36,221 --> 00:42:37,055 Tía Zora! 381 00:42:47,024 --> 00:42:48,025 Fixéchelo, eh. 382 00:42:57,242 --> 00:43:01,079 Quero facervos a todos un xantar 383 00:43:01,163 --> 00:43:04,666 tradicional e inesquecible. 384 00:43:05,417 --> 00:43:06,460 Traduce. 385 00:43:06,543 --> 00:43:09,755 Vaivos facer a mellor comida que ides probar nunca. 386 00:43:09,838 --> 00:43:13,425 Que ben, porque este bebé xa vai protestar se non como algo. 387 00:43:13,508 --> 00:43:14,343 Cando queiras. 388 00:43:20,599 --> 00:43:22,517 Facemos caponata? 389 00:43:25,520 --> 00:43:26,855 A receita de Lino. 390 00:43:42,079 --> 00:43:43,455 Chamáchela mamá. 391 00:43:44,956 --> 00:43:46,625 Ten sorte de ter tres mamás. 392 00:43:49,336 --> 00:43:53,465 Para que me ensinen a ser a mellor nai para ti. 393 00:43:56,510 --> 00:43:58,011 Vale, como axudo? 394 00:43:58,595 --> 00:44:03,350 A min dánseme ben as verduras. Que marabilla tanta variedade. 395 00:44:03,433 --> 00:44:06,561 Eu axúdovos a picar mentres o facedes. 396 00:44:06,645 --> 00:44:07,813 Por onde comezamos? 397 00:44:09,106 --> 00:44:11,400 Primeiro, acende o lume. 398 00:44:14,111 --> 00:44:16,780 As cebolas teñen que ser ácidas, 399 00:44:16,863 --> 00:44:19,825 pero deixa que se fagan para obteres un sabor novo. 400 00:44:20,617 --> 00:44:24,830 Perexil. Os talos teñen máis sabor porque están máis preto da terra. 401 00:44:25,789 --> 00:44:29,626 O aceite de oliva de Sicilia é o mellor polas súas orixes. 402 00:44:32,379 --> 00:44:35,340 Na cociña, o equilibrio está en saber 403 00:44:35,424 --> 00:44:38,093 cando tes que rebaixar o amargo co doce. 404 00:44:51,022 --> 00:44:51,982 E para rematar, 405 00:44:53,233 --> 00:44:54,443 engade sempre amor. 406 00:45:06,329 --> 00:45:07,456 Lista! 407 00:45:48,038 --> 00:45:50,665 Decidín firmar os documentos. 408 00:45:53,084 --> 00:45:54,336 Queremos volver. 409 00:46:01,301 --> 00:46:03,929 Teño que ensinarche unha cousa na casa. 410 00:46:06,473 --> 00:46:07,307 Vale. 411 00:46:12,395 --> 00:46:13,772 Abre o caixón. 412 00:46:15,190 --> 00:46:17,984 Esa é a miña roupa para ir ó hospital. 413 00:46:18,068 --> 00:46:22,906 Chegan para tres días e tres noites para que Biagia non se preocupe de lavala. 414 00:46:24,324 --> 00:46:26,159 Abre o de abaixo. 415 00:46:27,869 --> 00:46:30,163 Esa roupa é para cando morra. 416 00:46:30,914 --> 00:46:33,083 Por que me dis isto? 417 00:46:33,583 --> 00:46:38,255 Para que as miñas dúas fillas saiban onde están. 418 00:46:41,675 --> 00:46:43,218 Cando chegas á miña idade, 419 00:46:45,136 --> 00:46:47,848 entendes que estamos nesta vida de paso. 420 00:46:47,931 --> 00:46:50,517 Aquí os vellos din: 421 00:46:50,600 --> 00:46:53,311 "Xesús esqueceu a camisa en Castelleone." 422 00:46:53,395 --> 00:46:55,313 Segundo algúns quere dicir 423 00:46:56,731 --> 00:46:59,484 que é un sitio que logo se esquece. 424 00:47:00,110 --> 00:47:02,445 Vés unha vez e non volves máis. 425 00:47:03,196 --> 00:47:07,367 Pero a min gústame pensar que é un sitio que vale a pena 426 00:47:08,702 --> 00:47:10,453 porque Xesús estivo aquí. 427 00:47:10,996 --> 00:47:12,080 - Comprendes? - Si. 428 00:47:17,502 --> 00:47:24,217 Todo este tempo pensei que só estaba aquí por Idalia. 429 00:47:25,635 --> 00:47:26,469 E mira, 430 00:47:28,847 --> 00:47:30,348 isto foi o que atopei. 431 00:47:33,643 --> 00:47:36,479 Seguro que Lino se alegraría moito disto. 432 00:47:40,901 --> 00:47:46,656 Lino acostumaba vir aquí para ler cando tiña que estar traballando. 433 00:47:49,910 --> 00:47:54,706 Se queres, podemos convertelo no teu estudio para cando veñas. 434 00:47:56,458 --> 00:48:00,086 Para as túas cousas, a túa arte. Como fas ti nos Ánxeles. 435 00:48:02,172 --> 00:48:04,174 Sei que é importante para ti. 436 00:48:05,383 --> 00:48:08,887 Fas cousas preciosas, que as vin eu. 437 00:48:13,183 --> 00:48:14,184 Coma o teu fillo. 438 00:48:16,645 --> 00:48:17,479 Si. 439 00:48:19,064 --> 00:48:23,026 Erades coma dous garfos que comían do mesmo prato. 440 00:50:08,048 --> 00:50:09,799 VIVA SANTA ANNA 441 00:51:08,775 --> 00:51:10,610 Grazas por traerme aquí. 442 00:52:15,341 --> 00:52:16,301 Estás na casa. 443 00:54:19,882 --> 00:54:23,886 Subtítulos: María Suárez Seijas