1 00:00:06,006 --> 00:00:08,967 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:11,261 --> 00:00:13,847 Lino, teslles que contar o do pasteleiro. 3 00:00:13,930 --> 00:00:16,725 Aceptei traerlle un regalo a un siciliano. 4 00:00:16,808 --> 00:00:21,104 Un siciliano que non coñecemos, que vive a saber onde nos Ánxeles. 5 00:00:21,187 --> 00:00:23,606 Por que lle dás tantas voltas? 6 00:00:23,690 --> 00:00:28,111 Cando me acerco o tipo xa está envolvendo a torta. 7 00:00:28,194 --> 00:00:30,113 - Unha torta? - Unha torta. 8 00:00:30,196 --> 00:00:34,034 Lino prometeulle que lla ía traer de Sicilia ós Ánxeles 9 00:00:34,117 --> 00:00:38,121 para un primo seu. E todo sen dirección, simplemente Hollywood. 10 00:00:39,873 --> 00:00:43,126 E o tipo chámase Antonio Russo. 11 00:00:43,209 --> 00:00:45,587 - Nunca o vas atopar. - Quen sabe. 12 00:00:45,670 --> 00:00:49,632 A que axencia chamamos cando os inquilinos non nos pagaron? 13 00:00:49,716 --> 00:00:50,967 A policía. 14 00:00:51,051 --> 00:00:54,637 Miña naíña, Amy! Éche mellor que lles pagues a tempo, 15 00:00:54,721 --> 00:00:56,306 porque comigo non volves. 16 00:00:56,389 --> 00:00:59,726 - Ui. - Lino, que é isto? 17 00:00:59,809 --> 00:01:01,352 Ai, son arancini. 18 00:01:01,436 --> 00:01:04,230 Esta vez fíxenas con arroz de azafrán. 19 00:01:04,314 --> 00:01:07,901 Quero poñelas no restaurante porque non hai moito choio. 20 00:01:10,487 --> 00:01:14,282 David e Preston dixeron que poidamos ter unha horta. É xenial! 21 00:01:14,365 --> 00:01:16,409 Se comemos así, ningún problema. 22 00:01:17,285 --> 00:01:19,829 É coma ter unha trattoria no xardín. 23 00:01:19,913 --> 00:01:21,998 Seredes os mellores inquilinos. 24 00:01:22,499 --> 00:01:26,002 Eu quero abrir o meu propio restaurante algún día. 25 00:01:26,086 --> 00:01:27,003 - Ah. - Si. 26 00:01:27,712 --> 00:01:29,589 Ken, ti cociñas? 27 00:01:30,090 --> 00:01:31,424 Máis ben grellada. 28 00:01:32,133 --> 00:01:35,053 - Na miña familia é algo serio. - E na miña. 29 00:01:35,136 --> 00:01:39,057 A faldra de tenreira que fai meu pai compite coa de calquera. 30 00:01:39,641 --> 00:01:43,353 Non llo digas a papá, pero é unha verdade coma un puño. 31 00:01:44,354 --> 00:01:45,271 Coñecíchelo? 32 00:01:45,355 --> 00:01:50,527 A semana pasada. É o mellor. Un pai ben dedicado, adora… 33 00:01:52,070 --> 00:01:52,904 Ai. 34 00:01:53,613 --> 00:01:54,823 Perdoa, Lino. 35 00:01:56,991 --> 00:02:01,079 Non, ti… non te preocupes, de verdade. 36 00:02:06,459 --> 00:02:10,839 - E xa coñeciches a seu pai! - Creo que isto é de verdade, Amy. 37 00:02:11,464 --> 00:02:12,340 Gústame, Z. 38 00:02:13,133 --> 00:02:15,051 A min tamén. 39 00:02:15,135 --> 00:02:19,556 Pero mírate! Xa case estás embarazada e criando un pequeno quarterback. 40 00:02:19,639 --> 00:02:20,598 Non. 41 00:02:21,099 --> 00:02:23,476 Pero os bebés serían preciosos. 42 00:02:27,188 --> 00:02:28,064 Que? 43 00:02:29,983 --> 00:02:32,610 É que… nunca te vira así. 44 00:02:33,695 --> 00:02:37,532 Ti e Lino non pensastes xa en fillos? Casa nova, casados… 45 00:02:37,615 --> 00:02:41,953 Non, Zora. Ti tes un bo traballo. Un que che gusta. 46 00:02:42,036 --> 00:02:45,331 Esa parte da miña vida aínda está comezando. 47 00:02:46,499 --> 00:02:49,544 A ver, encántame a galería, non entendas mal, 48 00:02:49,627 --> 00:02:51,212 e o diñeiro está xenial. 49 00:02:51,296 --> 00:02:53,965 Pero non teño tempo para as miñas obras. 50 00:02:55,049 --> 00:02:58,052 Un bebé agora mesmo é coma… 51 00:02:59,304 --> 00:03:03,558 Nunca podería comezar, sabes? E Lino sabe que non estou preparada. 52 00:03:03,641 --> 00:03:05,685 E acabamos de casar, temos tempo. 53 00:03:05,768 --> 00:03:07,395 Quero que coñeza a mamá. 54 00:03:09,355 --> 00:03:12,901 Xa sei, pero se non, non vai saber no que se está metendo. 55 00:03:14,110 --> 00:03:17,739 Vale. Ben, o meu consello é que o fagas en grupo 56 00:03:17,822 --> 00:03:19,949 porque así ten que comportarse. 57 00:03:20,033 --> 00:03:22,243 Vale? Moi ben. 58 00:03:23,369 --> 00:03:24,996 - Comamos esta torta. - Non! 59 00:03:25,079 --> 00:03:27,498 Prometemos darlla ó primo do pasteleiro. 60 00:03:27,582 --> 00:03:30,376 Cando atopes o carniceiro e o oleiro da canción? 61 00:03:30,460 --> 00:03:33,213 Veña, ho, abre iso dunha vez. 62 00:03:33,296 --> 00:03:36,090 - Vale. Ti mira o que me fas facer. - Ábrea. 63 00:03:38,092 --> 00:03:38,927 Ui. 64 00:03:42,388 --> 00:03:46,100 Cerra iso. En Italia non fan bolos de veludo vermello? 65 00:03:50,772 --> 00:03:53,483 Estivo ben pasar tempo na casa, mamá. 66 00:03:53,566 --> 00:03:57,612 Túa irmá tivo que ir ata Cefalú para enviarche os tomates. 67 00:03:57,695 --> 00:04:01,449 De verdade? Vaime saír un pesto siciliano boísimo. 68 00:04:02,033 --> 00:04:04,535 Como está Rosalina? E Biagia? 69 00:04:06,246 --> 00:04:08,039 É igual ca ti a esa idade. 70 00:04:08,831 --> 00:04:12,627 - Pois xa pode cambiar. - Tiñas que ver a teu pai con Rosalina. 71 00:04:13,628 --> 00:04:15,213 E como o fago, mamá? 72 00:04:16,506 --> 00:04:18,424 Dixécheslle que nos vimos? 73 00:04:20,051 --> 00:04:22,178 Que collín a miña sobriña no colo? 74 00:04:22,262 --> 00:04:25,306 Non, o que non sabe non lle fai dano. 75 00:04:25,390 --> 00:04:26,307 Iso pensaba. 76 00:04:28,726 --> 00:04:31,604 Mamá, teño que irme. Adeus. 77 00:04:37,026 --> 00:04:41,072 - Non o ves? Non está listo. - Iso dis cada vez que cambiamos a data. 78 00:04:41,155 --> 00:04:44,993 - Encántame, pero é case igual. - É completamente diferente. 79 00:04:45,702 --> 00:04:50,456 Se me permitides… Vexo as capas que engadiches aí e aí. 80 00:04:50,540 --> 00:04:53,835 É sutil, pero ten moita máis textura. 81 00:04:55,003 --> 00:04:59,215 Kiana, entendo que queiras conservar algo ata que estea perfecto, 82 00:05:00,300 --> 00:05:02,010 pero está lista para mostrar. 83 00:05:04,637 --> 00:05:07,598 Vale, pero xa pode haber tequila na inauguración. 84 00:05:07,682 --> 00:05:10,310 Se vexo un vaso de rosado, xuro por Deus… 85 00:05:16,190 --> 00:05:20,278 Tes que falar coa artista para enaltecer o seu proceso. 86 00:05:20,361 --> 00:05:24,782 Puiden usarte a semana pasada. Acábase o contrato de Laila Mahdi. 87 00:05:25,325 --> 00:05:29,704 Sae na portada de Art News e de súpeto cre que é Cindy Sherman. 88 00:05:31,205 --> 00:05:34,042 Estes son os prezos que Chloe quere que revises. 89 00:05:34,125 --> 00:05:35,126 Case me esquezo. 90 00:05:35,209 --> 00:05:39,213 Levoume tempo, pero creo que atopei o Antonio Russo que buscabas. 91 00:05:40,173 --> 00:05:43,134 RESTAURACIÓN DE ARTE HISTÓRICA NAS TORRES WATTS 92 00:05:43,217 --> 00:05:44,093 Grazas. 93 00:05:57,023 --> 00:05:59,233 Non sei como agradecérvolo. 94 00:05:59,317 --> 00:06:00,860 Grazas a ti. 95 00:06:00,943 --> 00:06:04,864 De non irmos a Sicilia nin coñecermos a tu primo, nunca saberiamos… 96 00:06:05,698 --> 00:06:08,534 que temos este lugar tan incrible xusto ó lado. 97 00:06:11,537 --> 00:06:12,372 Vaia! 98 00:06:16,250 --> 00:06:19,087 Simon Rodia fixo todo isto a man. 99 00:06:19,170 --> 00:06:21,631 Sen saber nada de arquitectura. 100 00:06:22,215 --> 00:06:25,343 E sen estadas. Só visión e corazón. 101 00:06:26,344 --> 00:06:27,970 Levoulle 33 anos. 102 00:06:38,689 --> 00:06:39,524 Vaites! 103 00:07:06,467 --> 00:07:10,263 "Tiña a idea de facer algo grande… 104 00:07:12,014 --> 00:07:12,849 e fíxeno." 105 00:07:17,061 --> 00:07:20,314 Sr. Russo, podo ensinarlle algo? 106 00:07:20,398 --> 00:07:21,899 - Si. - Mira o meu debuxo. 107 00:07:21,983 --> 00:07:25,903 Síntoo, Amy. Eu son o xerente, pero fáltanos un empregado, 108 00:07:25,987 --> 00:07:28,614 así que hoxe encárgome do curso dos nenos. 109 00:07:29,490 --> 00:07:30,450 Encantaríame. 110 00:07:33,077 --> 00:07:34,620 Vou agora mesmo, Gina. 111 00:07:39,250 --> 00:07:41,794 Fixeches ti isto? Encántame. 112 00:07:41,878 --> 00:07:43,421 Agora debuxa ti algo. 113 00:07:44,380 --> 00:07:45,214 Eu? 114 00:07:47,008 --> 00:07:47,842 Vale. 115 00:07:51,429 --> 00:07:53,014 Dánselle ben os rapaces. 116 00:07:54,182 --> 00:07:55,475 Si, iso parece. 117 00:07:57,393 --> 00:08:00,938 Se queres vir de voluntaria, es máis que benvida. 118 00:08:15,786 --> 00:08:18,623 Sabiades que a arte non é buscar a perfección? 119 00:08:19,624 --> 00:08:22,585 E que se pode crear a partir de calquera cousa? 120 00:08:22,668 --> 00:08:24,837 Como as cousas das torres Watts. 121 00:08:25,338 --> 00:08:31,594 Esas cousas son obxectos que atopou, e Simon Rodia usou o que tiña á man. 122 00:08:32,428 --> 00:08:35,723 - Queredes facer as vosas torres? - Si! 123 00:08:35,806 --> 00:08:38,434 Moi ben, a ver o que trouxestes da casa. 124 00:08:39,393 --> 00:08:42,104 Que din as vosas torres de vós? 125 00:08:44,440 --> 00:08:45,316 Joshua… 126 00:08:53,366 --> 00:08:56,827 - Chloe, agora non podo falar. - Tes que vir á galería. 127 00:08:56,911 --> 00:09:00,373 O New York Times Magazine vai entrevistar a Laila. 128 00:09:00,456 --> 00:09:03,125 Ameaza con dicirlles que nos deixa. 129 00:09:03,209 --> 00:09:05,253 Recorda que estou de voluntaria… 130 00:09:05,336 --> 00:09:07,964 E ti recordas o aumento de soldo? 131 00:09:08,047 --> 00:09:10,466 Consigue que Laila renove o contrato. 132 00:09:12,051 --> 00:09:16,556 Levas un mes sen presentar nada e agora pretendes sacar as túas obras? 133 00:09:16,639 --> 00:09:20,059 É unha gran forma de presentar o meu perfil. 134 00:09:20,142 --> 00:09:24,939 "Laila móvese con elegancia e determinación pola galería." Queda ben. 135 00:09:25,022 --> 00:09:26,440 Case o anuncias. 136 00:09:26,524 --> 00:09:32,280 Quizais. O acordo con Chloe non é xusto. A ver, o 50% das miñas vendas? Quero o 75. 137 00:09:32,363 --> 00:09:36,033 Non, todas as galerías levan a metade. É o normal neste sector. 138 00:09:36,117 --> 00:09:37,618 Dillo a Garboushian. 139 00:09:40,663 --> 00:09:42,039 Que fas? 140 00:09:43,583 --> 00:09:44,709 Que? 141 00:09:45,376 --> 00:09:48,671 A persoa que coñecín hai dous anos era unha artista 142 00:09:49,297 --> 00:09:51,090 á que lle importaban as obras. 143 00:09:51,757 --> 00:09:55,303 Non o New York Times, non os cartos, as obras. 144 00:09:56,220 --> 00:09:59,432 Céntraste tanto en como queres que o mundo te vexa 145 00:09:59,515 --> 00:10:02,768 que xa non recordas por que querías crear arte. 146 00:10:02,852 --> 00:10:05,104 E ti que sabes sobre as obras? 147 00:10:05,187 --> 00:10:08,316 E ti que fixeches dende que nos coñecemos, 148 00:10:08,399 --> 00:10:10,651 cando querías ser unha artista? 149 00:10:16,824 --> 00:10:20,286 10, 11, 12, 13. 13 dólares, vaia merda! 150 00:10:20,369 --> 00:10:24,498 - Eu conseguinche o traballo a boa fe. - Tranquilo. 151 00:10:24,582 --> 00:10:26,876 - Non hai unha alma. - É a comida. 152 00:10:26,959 --> 00:10:29,003 Xa, intentei incluír o meu pesto, 153 00:10:29,086 --> 00:10:31,589 - pero non hai maneira. - Eu xa cho dixen. 154 00:10:31,672 --> 00:10:34,717 Escoitade todos. Aguantamos todo o que puidemos, 155 00:10:34,800 --> 00:10:38,429 pero non hai nada que seguir mantendo. Pecho o negocio. 156 00:10:39,263 --> 00:10:40,431 Vinde e págovos. 157 00:10:41,432 --> 00:10:42,683 Merda! 158 00:10:45,019 --> 00:10:49,357 Oe… e vai abrir outro restaurante? 159 00:10:49,440 --> 00:10:53,277 Teño o contrato do alugueiro, pero non quero perder máis cartos. 160 00:10:54,111 --> 00:10:56,030 O sitio vai quedar baleiro. 161 00:10:56,781 --> 00:10:59,575 E que pasa con todas as cousas da cociña? 162 00:11:02,953 --> 00:11:07,583 Polo visto impórtalle máis o diñeiro, e sei o importante que ela era para ti. 163 00:11:07,667 --> 00:11:10,961 - Síntoo, Chloe. Pódesme despedir. - Ai, que lle dean. 164 00:11:12,672 --> 00:11:13,631 Que? 165 00:11:13,714 --> 00:11:17,009 Se te puideses ver a cara agora mesmo… Toma un trago. 166 00:11:18,260 --> 00:11:19,136 E respira. 167 00:11:22,473 --> 00:11:25,685 Lidar cos artistas pode ser o peor deste traballo, 168 00:11:25,768 --> 00:11:28,062 pero ti es a hostia niso. 169 00:11:28,145 --> 00:11:31,857 Estás disposta a ter conversacións difíciles. Non é o normal. 170 00:11:33,150 --> 00:11:34,777 Que vaia con Garboushian. 171 00:11:36,195 --> 00:11:37,988 Prefiro terte a ti. 172 00:11:39,615 --> 00:11:43,536 Quero ofrecerche un ascenso como xerente de relacións cos artistas. 173 00:12:49,810 --> 00:12:51,729 - É pesto siciliano? - Si. 174 00:12:55,065 --> 00:12:55,900 Vale. 175 00:13:02,114 --> 00:13:03,491 Está de morte. 176 00:13:05,701 --> 00:13:06,535 Vaia! 177 00:13:07,411 --> 00:13:11,916 Os chefs abren restaurantes de proba para experimentar con cousas novas. 178 00:13:11,999 --> 00:13:13,417 Restaurantes emerxentes. 179 00:13:14,460 --> 00:13:16,712 Quero alugar Mangia Mia e os útiles. 180 00:13:17,421 --> 00:13:20,382 Se lles puidera ensinar do que son capaz, 181 00:13:21,258 --> 00:13:22,968 os donos volverían investir. 182 00:13:23,052 --> 00:13:26,639 E aínda que non o fagan, é unha forma para que me coñezan. 183 00:13:26,722 --> 00:13:28,224 Non podemos pagalo. 184 00:13:28,307 --> 00:13:31,477 Quero usar os aforros para o restaurante emerxente. 185 00:13:31,560 --> 00:13:33,020 Quero apostar por min. 186 00:13:34,480 --> 00:13:36,941 Todo o que queremos é un risco. 187 00:13:39,401 --> 00:13:41,487 Isto podémolo facer xuntos. 188 00:13:47,409 --> 00:13:49,078 Pero se non estás de acordo… 189 00:13:53,624 --> 00:13:56,085 Hai comida coma esta nos Ánxeles? 190 00:13:59,630 --> 00:14:00,756 Agora haberá. 191 00:14:09,139 --> 00:14:10,099 Isto é xenial. 192 00:14:11,267 --> 00:14:12,101 Seino. 193 00:14:24,738 --> 00:14:26,657 Un segundo. 194 00:14:27,658 --> 00:14:32,162 Xa o teño, mamá. Corto os tomates, engádolle auga e vinagre. Agarda… 195 00:14:33,372 --> 00:14:34,206 E logo? 196 00:14:42,464 --> 00:14:44,425 E esta é a aula. 197 00:14:44,508 --> 00:14:47,970 Mamá, quero que coñezas o xerente, Antonio Russo. 198 00:14:48,053 --> 00:14:50,598 - Ola. - Non pode ser túa nai. 199 00:14:51,098 --> 00:14:52,057 Ai, para. 200 00:14:52,141 --> 00:14:55,311 Si que é. E esta é a miña irmá, Zora. 201 00:14:55,394 --> 00:14:56,353 - Ola. - Ola. 202 00:14:56,437 --> 00:14:58,272 É un pracer coñecelas. 203 00:14:58,355 --> 00:15:01,317 Amy fixo un traballo incrible cos rapaces aquí. 204 00:15:01,400 --> 00:15:04,653 Simon Rodia estaría orgulloso, Amy. Eu estouno. 205 00:15:04,737 --> 00:15:08,282 A xunta quere ofrecerche un traballo a xornada completa. 206 00:15:09,199 --> 00:15:11,118 Non son os cartos da galería… 207 00:15:11,201 --> 00:15:12,828 - Encantaríalle. - Mamá! 208 00:15:13,829 --> 00:15:17,875 Antonio, moitas grazas pola oferta, pero non… 209 00:15:17,958 --> 00:15:19,543 Agarda, non o rexeitarás? 210 00:15:19,627 --> 00:15:22,171 Túa nai é unha muller moi sabia. 211 00:15:22,671 --> 00:15:25,215 Deberías escoitala. Di que si, por favor. 212 00:15:25,716 --> 00:15:26,759 Perdoade. 213 00:15:29,428 --> 00:15:30,679 Non sei que é peor, 214 00:15:30,763 --> 00:15:33,724 que aceptes un traballo por min ou que ligues aquí. 215 00:15:33,807 --> 00:15:37,061 - B. Xa che digo que B. - Non busco que se fixen en min. 216 00:15:37,144 --> 00:15:38,646 Dille iso ó teu vestido. 217 00:15:40,105 --> 00:15:44,193 Amy, deberías aceptar o traballo. É arte. 218 00:15:44,276 --> 00:15:47,905 Fas algo pola comunidade. É así como te criamos. 219 00:15:47,988 --> 00:15:49,740 Xa, pero teño un traballo. 220 00:15:49,823 --> 00:15:53,285 E precísoo, e máis con todos os aforros no restaurante. 221 00:15:53,369 --> 00:15:54,787 Necesito ese diñeiro. 222 00:15:56,038 --> 00:15:59,458 - Aquí es máis feliz. - Niso ten razón. 223 00:16:07,216 --> 00:16:08,509 Si, fareino mañá. 224 00:16:09,551 --> 00:16:12,054 Diga? Ola, ruliña. 225 00:16:13,305 --> 00:16:15,349 - Como estás? - Ben. 226 00:16:15,849 --> 00:16:18,811 E por que parece que che acaban de asasinar o can? 227 00:16:20,229 --> 00:16:23,565 - Chloe ofreceume un ascenso. - Iso é unha boa nova. 228 00:16:23,649 --> 00:16:27,027 E teño outra oferta do centro de arte das torres Watts. 229 00:16:27,111 --> 00:16:30,572 Pero por moito menos diñeiro, e precisámolo. 230 00:16:31,156 --> 00:16:34,159 Levo na galería máis tempo do que esperaba, 231 00:16:34,243 --> 00:16:36,954 e non sei, empezo a sentirme… 232 00:16:37,538 --> 00:16:38,747 segura. 233 00:16:38,831 --> 00:16:40,040 Iso é bo. 234 00:16:40,541 --> 00:16:43,168 Mamá di que acepte o traballo das torres. 235 00:16:43,252 --> 00:16:46,046 Dicíndoche que facer, coma sempre, claro. 236 00:16:46,130 --> 00:16:50,259 É que… se acepto o ascenso… 237 00:16:52,302 --> 00:16:54,346 axudo a Lino co que quere. 238 00:16:55,597 --> 00:16:57,599 E se acepto o traballo das torres… 239 00:16:59,351 --> 00:17:00,853 consigo o que eu quero. 240 00:17:01,353 --> 00:17:03,731 Eses rapaces inspíranme. 241 00:17:03,814 --> 00:17:07,818 E Watts, as torres, a ver… é facer arte polo amor á arte. 242 00:17:12,531 --> 00:17:16,285 E un traballo alí daríame moita máis arte na miña vida. 243 00:17:16,994 --> 00:17:17,995 Que fago? 244 00:17:18,871 --> 00:17:21,290 - Falaches con Lino xa? - Non. 245 00:17:21,790 --> 00:17:25,502 Logo confundícheste ó chamar. Isto é entre ti e o teu marido. 246 00:17:25,586 --> 00:17:29,131 De verdade? Non me vas dicir que opinas? 247 00:17:29,214 --> 00:17:30,799 Non importa se cho digo. 248 00:17:31,508 --> 00:17:33,927 Lino e ti sodes unha familia agora. 249 00:17:34,011 --> 00:17:36,638 Isto tedes que resolvelo entre vós. 250 00:17:41,435 --> 00:17:44,104 Papá, téñome que ir. Teño moito traballo. 251 00:17:45,105 --> 00:17:45,939 Moi ben. 252 00:17:54,114 --> 00:17:57,284 GRANDE APERTURA ESTA NOITE! 253 00:18:01,705 --> 00:18:03,791 Vas facer que caia. 254 00:18:03,874 --> 00:18:05,167 Comeríate enteiriña… 255 00:18:24,895 --> 00:18:28,565 Ó Ministerio de Sanidade non lle gusta o que vas facer. 256 00:18:29,149 --> 00:18:30,651 Tes o zapato desatado. 257 00:18:30,734 --> 00:18:31,735 Ah. 258 00:18:32,236 --> 00:18:35,155 Moitas grazas. Que amable. 259 00:18:43,163 --> 00:18:44,498 Ben… 260 00:18:44,581 --> 00:18:46,291 - Ai! - Estás ben? 261 00:18:46,375 --> 00:18:48,794 Imos abrir agora, así que… tedes… 262 00:18:50,963 --> 00:18:53,382 Por iso o chef ten que estar na cociña. 263 00:18:56,760 --> 00:18:58,554 - Deséxame sorte. - Boa sorte. 264 00:19:06,061 --> 00:19:07,354 Queres unha copa? 265 00:19:18,031 --> 00:19:20,367 Ola, preciosa. 266 00:19:22,202 --> 00:19:25,581 - Lino fíxoo xenial. Está moi ben. - A que si? Ola. 267 00:19:25,664 --> 00:19:27,916 - Si, ola. - Benvidas. 268 00:19:28,000 --> 00:19:32,045 Podes levar isto á cociña e que Lino mo poña nun prato? 269 00:19:32,129 --> 00:19:34,423 Trouxeches comida na apertura? 270 00:19:34,506 --> 00:19:38,135 Amy, estou aquí apoiando a Lino. Non perdería a oportunidade. 271 00:19:38,218 --> 00:19:40,304 De ver xente comer a súa comida? 272 00:19:41,263 --> 00:19:45,517 Vale, tranquila. Xa cho poño eu nun prato. 273 00:19:45,601 --> 00:19:47,895 - Grazas, miña rula. - De nada. 274 00:19:47,978 --> 00:19:50,856 Ai, ola, Antonio. Perdoade. 275 00:19:52,774 --> 00:19:55,110 - Estivo bebendo? - Escoita. 276 00:19:55,194 --> 00:19:59,656 Vouno facer esta noite. Seguín o teu consello e invitei a Ken. 277 00:20:00,949 --> 00:20:04,661 Nunca dixen que llo presentaras a mamá esta noite. 278 00:20:05,162 --> 00:20:06,663 En grupo, recordas? 279 00:20:06,747 --> 00:20:09,625 Pero necesito que me apoies se mamá actúa 280 00:20:09,708 --> 00:20:10,918 - como é ela. - Zora… 281 00:20:11,001 --> 00:20:14,171 Se facemos un equipo ti mais eu, será coser e cantar. 282 00:20:14,254 --> 00:20:18,133 Tróuxenche xogadores de fútbol con fame. 283 00:20:18,634 --> 00:20:19,801 Ola. 284 00:20:20,385 --> 00:20:22,262 Moi ben, que Deus cho pague. 285 00:20:22,846 --> 00:20:25,515 - Ola, Ken, como estás? - Ben, e ti que tal? 286 00:20:25,599 --> 00:20:27,351 Pasade, rapaces. 287 00:20:29,853 --> 00:20:31,730 - Jonathan. - Alégrome de verte. 288 00:20:31,813 --> 00:20:33,857 Igualmente. Benvido a L'Isola. 289 00:20:33,941 --> 00:20:38,195 Que ben que puiderades vir ó final. Tedes unha mesa especial. 290 00:20:38,278 --> 00:20:39,404 - Xenial. - Ségueme. 291 00:21:25,450 --> 00:21:28,996 Non fuches moi listo á hora de escoller profesión. 292 00:21:30,956 --> 00:21:33,083 - Penso nas lesións… - Que? 293 00:21:33,166 --> 00:21:35,502 - …e no racismo que hai. - Axuda. 294 00:21:35,585 --> 00:21:39,214 - A NFL necesita… - Ken é profesor, non está na NFL. 295 00:21:40,132 --> 00:21:40,966 Que ben. 296 00:21:43,427 --> 00:21:44,594 Tes algunha ETS? 297 00:21:44,678 --> 00:21:46,471 - Mamá. - Non, señora. 298 00:21:46,972 --> 00:21:48,432 Cantos rapaces tes? 299 00:21:49,349 --> 00:21:50,392 Ningún, señora. 300 00:21:50,892 --> 00:21:54,146 Así que es o único xogador que non é un mullereiro? 301 00:21:55,105 --> 00:21:59,318 E canto diñeiro tes aforrado? Os profesores non cobran moito. 302 00:21:59,401 --> 00:22:02,696 De novo, recordas que eu tamén son profesora, non? 303 00:22:02,779 --> 00:22:03,905 Estou da túa parte. 304 00:22:04,906 --> 00:22:08,827 Adminístroo ben. Poderíase dicir que son conservador nese sentido. 305 00:22:09,411 --> 00:22:12,164 Tranquila, non é que sexa republicano. 306 00:22:12,664 --> 00:22:14,166 En realidade non voto. 307 00:22:14,791 --> 00:22:17,127 Si, despois xa falaremos diso. 308 00:22:18,503 --> 00:22:21,465 Zora, meu ben, vas quedar sen home nun minuto. 309 00:22:23,091 --> 00:22:25,761 Intento asegurarme de que é bo home para ti. 310 00:22:25,844 --> 00:22:28,263 Reláxate e deixa a mamá traballar. 311 00:22:30,265 --> 00:22:32,142 Precisades algo? Máis viño? 312 00:22:32,225 --> 00:22:35,896 Contáballe o incrible traballo que fas no centro de arte Watts. 313 00:22:35,979 --> 00:22:39,566 Polo visto alí tamén estás facendo grandes avances. 314 00:22:39,649 --> 00:22:41,109 - Si, eu… - Ei. 315 00:22:41,693 --> 00:22:43,445 Un segundo. Que? 316 00:22:43,528 --> 00:22:44,863 Ken mais eu marchamos. 317 00:22:44,946 --> 00:22:47,491 Por que? Pensei que quedariades máis tempo. 318 00:22:47,574 --> 00:22:49,159 Felicita a Lino. 319 00:22:49,826 --> 00:22:51,495 Non, agarda. Zora, Ken. 320 00:23:26,780 --> 00:23:31,034 Non sei por canto tempo, pero hoxe o teu marido triunfou. 321 00:23:31,118 --> 00:23:31,952 Si. 322 00:23:33,620 --> 00:23:35,455 Non sei describir o que sinto. 323 00:23:35,539 --> 00:23:37,082 E pode seguir así. 324 00:23:37,582 --> 00:23:41,044 Chloe ofreceume un ascenso, é un novo posto e máis soldo. 325 00:23:41,128 --> 00:23:42,337 - De verdade? - Si. 326 00:23:42,421 --> 00:23:46,550 - Di que se me dá ben relacionarme. - E é algo que non queres? 327 00:23:46,633 --> 00:23:49,219 Quero xestionar a miña carreira profesional. 328 00:23:49,302 --> 00:23:52,722 Pero é bo que me queiran. E Antonio ofreceume un traballo… 329 00:23:52,806 --> 00:23:56,476 - Agarda. Antonio? - Si, ofreceume un traballo. 330 00:23:57,686 --> 00:24:00,856 - Tes que aceptalo. - Non, Lino. 331 00:24:01,523 --> 00:24:04,025 Non podo. Xa cho quería contar o outro día, 332 00:24:04,109 --> 00:24:07,446 pero parecía que non había sitio para o teu soño 333 00:24:07,946 --> 00:24:08,864 e para o meu. 334 00:24:10,073 --> 00:24:11,658 - Ai, non. - Si. 335 00:24:13,910 --> 00:24:16,872 Non, eu quérote por querer seguir na galería, 336 00:24:16,955 --> 00:24:18,206 pero amañaremos. 337 00:24:18,790 --> 00:24:20,333 - Estás seguro? - Estou. 338 00:24:20,417 --> 00:24:23,211 É menos soldo fronte a un ascenso. 339 00:24:23,295 --> 00:24:25,630 Si, pero para min é moi sinxelo. 340 00:24:26,131 --> 00:24:29,718 Son os nosos soños, as nosas vidas, temos que ir a por eles. 341 00:24:29,801 --> 00:24:31,136 Se non é agora, cando? 342 00:24:31,219 --> 00:24:34,014 E ademais, se ti non es feliz, eu non podo selo. 343 00:24:37,100 --> 00:24:37,934 Que? 344 00:24:39,811 --> 00:24:40,645 Que? 345 00:24:42,105 --> 00:24:44,816 Como dicimos en Texas: vai a por todas. 346 00:24:44,900 --> 00:24:45,734 Exacto. 347 00:24:47,527 --> 00:24:50,530 E se te teño a ti, ningún soño é demasiado grande. 348 00:24:51,072 --> 00:24:54,117 Si, dime iso cando non poidamos pagar a calefacción. 349 00:24:54,201 --> 00:24:58,955 Agarda, nunca tivemos problemas para entrar en calor. 350 00:25:33,865 --> 00:25:36,993 - Diga? - Adiviña que vou facer esta noite. 351 00:25:37,077 --> 00:25:40,872 "Ola, estás ocupada? Cóllote nun bo momento, Zora?" 352 00:25:40,956 --> 00:25:43,291 - Cóllote ben? - Non, estou traballando. 353 00:25:43,792 --> 00:25:45,001 Pareces anoxada. 354 00:25:46,628 --> 00:25:48,755 E non tes nin idea por que. 355 00:25:48,838 --> 00:25:52,300 Vale, sexa o que sexa, podemos falalo para que che poida…? 356 00:25:52,384 --> 00:25:53,969 Falarei cando estea lista. 357 00:25:55,136 --> 00:25:57,180 Agarda. Ola? 358 00:25:58,473 --> 00:25:59,349 Pero que…? 359 00:26:05,522 --> 00:26:08,567 - Ola, son Zora, deixa unha mensaxe. - Ei… 360 00:26:10,569 --> 00:26:12,737 Z, non sei que pasa, pero quérote. 361 00:26:12,821 --> 00:26:16,950 Quérote. Pódesme chamar, por favor? Adeus. 362 00:26:23,498 --> 00:26:27,460 Por que deixas unha galería de arte co panorama artístico da cidade 363 00:26:27,544 --> 00:26:29,212 para pintar con rapaces? 364 00:26:31,381 --> 00:26:33,133 Non te vou deixar colgada. 365 00:26:33,216 --> 00:26:37,429 - Quedarei ata que atopes a alguén. - Non, xa amañarei. 366 00:26:40,473 --> 00:26:42,434 Oxalá foras sincera comigo. 367 00:26:43,268 --> 00:26:44,978 Tíñate por unha protexida. 368 00:27:58,760 --> 00:28:01,638 - Boas. L'Isola, 20 % de desconto. - Perdoa. 369 00:28:01,721 --> 00:28:04,140 - Non, grazas. - A mellor comida italiana. 370 00:28:04,224 --> 00:28:06,559 A mellor comida! Estades avisados. 371 00:29:05,160 --> 00:29:08,204 Ola, son Zora. Deixa unha mensaxe. 372 00:29:08,288 --> 00:29:11,624 Zora, pódesme chamar? Xa pasou moito. 373 00:29:11,708 --> 00:29:15,253 COMIDA ORIXINAL E COLORIDA QUE EVOCA SICILIA NOS ÁNXELES 374 00:29:18,131 --> 00:29:19,257 Tes unha visita. 375 00:29:56,085 --> 00:29:58,129 - Ei, que tal o teu día? - Ola. 376 00:29:59,172 --> 00:30:01,132 - Dime. - Conseguino. 377 00:30:02,842 --> 00:30:05,094 Voume asociar cos antigos donos. 378 00:30:05,178 --> 00:30:08,014 Leron os comentarios e queren seguir con L'Isola. 379 00:30:08,973 --> 00:30:11,309 É xenial! Moi ben! 380 00:30:11,392 --> 00:30:14,312 Daríache un bico, pero necesito o xeo no xeonllo. 381 00:30:14,395 --> 00:30:15,271 Aínda che doe? 382 00:30:15,355 --> 00:30:16,439 - Si. - A ver. 383 00:30:20,109 --> 00:30:23,071 - Está quente. - Si, por iso lle poño xeo. 384 00:30:24,447 --> 00:30:28,076 - Tes que ir ó medico. - Non, non é nada. 385 00:30:33,206 --> 00:30:36,292 - Non sabes chamar? - Xa o fixen, pero non contestas. 386 00:30:36,376 --> 00:30:38,920 Tróuxenche tomates do mercado. 387 00:30:40,421 --> 00:30:41,506 Que queres? 388 00:30:43,424 --> 00:30:47,136 Lino está mal do xeonllo. Vai ter que ir a un ortopedista. 389 00:30:47,220 --> 00:30:50,014 Quizais Ken podía recomendarnos a alguén. 390 00:30:51,391 --> 00:30:53,685 - Sabes o que me molesta? - O que? 391 00:30:53,768 --> 00:30:57,981 Despois de todo, só ves aquí porque precisas algo. 392 00:30:58,481 --> 00:31:00,859 Non cambiaches desde a primaria. 393 00:31:02,235 --> 00:31:03,486 De que estás a falar? 394 00:31:04,654 --> 00:31:07,490 Viñas chorando porque perdías o diñeiro da comida 395 00:31:07,574 --> 00:31:11,202 varias veces á semana, e eu dábache o diñeiro, Amy, 396 00:31:11,286 --> 00:31:14,539 pero xa es unha muller grandiña e non me podías axudar 397 00:31:14,622 --> 00:31:16,541 a única vez que che pido axuda. 398 00:31:16,624 --> 00:31:20,044 - Eh, de que falas, Zora? - Quiteiche o peso de mamá 399 00:31:20,128 --> 00:31:23,172 cando se divorciou mentres ti estabas en Italia. 400 00:31:23,256 --> 00:31:25,884 Deixeivos a ti e a Lino, a quen non coñecía, 401 00:31:25,967 --> 00:31:28,803 quedar aquí mentres comezabades unha vida xuntos. 402 00:31:28,887 --> 00:31:33,391 Sempre mirei por ti, e pídoche axuda con Ken e mamá…? 403 00:31:33,474 --> 00:31:34,893 Vale… 404 00:31:36,394 --> 00:31:38,938 Sinto ter perdido o diñeiro da comida. 405 00:31:40,899 --> 00:31:43,776 E agradézoche todo o que fas por min. 406 00:31:43,860 --> 00:31:44,694 De verdade. 407 00:31:46,279 --> 00:31:50,116 Pero podíasllo presentar nunha comida, 408 00:31:50,199 --> 00:31:53,036 como a xente normal, e non na gran noite de Lino. 409 00:31:53,119 --> 00:31:55,163 Era unha gran noite para min. 410 00:31:55,246 --> 00:31:58,708 Igual non teño os soños dunha artista, pero teño soños. 411 00:31:59,834 --> 00:32:01,085 Quero o meu Lino. 412 00:32:02,462 --> 00:32:05,173 Pensei que ti poderías entender iso. 413 00:32:06,841 --> 00:32:08,968 Os días que che dei o diñeiro, 414 00:32:09,802 --> 00:32:10,762 eu non comín. 415 00:32:11,804 --> 00:32:15,350 Mentres eu te coidaba, quen me coidaba a min? 416 00:32:27,654 --> 00:32:29,155 Xa tes o nome do médico. 417 00:32:30,865 --> 00:32:32,408 Tes o que viñas buscar. 418 00:32:33,326 --> 00:32:34,160 Podes marchar. 419 00:32:35,995 --> 00:32:36,871 Zora, agarda. 420 00:32:37,580 --> 00:32:38,414 Podemos…? 421 00:32:42,710 --> 00:32:44,379 Zora, temos que falar disto. 422 00:33:00,603 --> 00:33:03,982 CENTRO MÉDICO 423 00:33:05,191 --> 00:33:06,025 Vaia. 424 00:33:06,943 --> 00:33:08,903 Ken di que Mac é o mellor. 425 00:33:11,114 --> 00:33:14,450 Así que coñecedes a Ken. Era un xogador extraordinario. 426 00:33:14,534 --> 00:33:17,078 - Debes ser Lino. - Si, encantado, doutor. 427 00:33:17,161 --> 00:33:18,162 A miña muller. 428 00:33:18,871 --> 00:33:21,833 Sen min, Ken teríase que retirar dous anos antes. 429 00:33:21,916 --> 00:33:24,085 É un quiste de Baker, non? 430 00:33:24,168 --> 00:33:26,129 Hai tempo que non vexo ningún. 431 00:33:43,938 --> 00:33:46,149 Voute derivar a un oncólogo. 432 00:33:56,868 --> 00:34:00,705 Tes un cáncer pouco frecuente dos tecidos brandos, leiomiosarcoma. 433 00:34:06,252 --> 00:34:09,338 Un cáncer agresivo que necesita un tratamento igual. 434 00:34:09,922 --> 00:34:13,968 Observaremos con detalle a quimioterapia para que o corpo aguante, 435 00:34:15,011 --> 00:34:18,139 e poder reducir o tumor antes de extirpalo. 436 00:34:23,436 --> 00:34:24,437 Tedes fillos? 437 00:34:26,564 --> 00:34:27,398 Non. 438 00:34:28,566 --> 00:34:31,402 A quimioterapia dana o esperma durante anos. 439 00:34:31,486 --> 00:34:35,073 Se queredes ter fillos, tedes que meter o esperma nun banco. 440 00:34:36,949 --> 00:34:38,034 Deus santo. 441 00:34:38,117 --> 00:34:40,203 Ten que comezar xa o tratamento. 442 00:34:40,787 --> 00:34:42,205 E o meu restaurante? 443 00:34:43,414 --> 00:34:45,917 Queremos a mínima presión posible no tumor. 444 00:34:46,000 --> 00:34:47,376 Eu teño que traballar. 445 00:34:48,169 --> 00:34:50,713 Agora o teu xeonllo é coma un queixo suízo, 446 00:34:51,714 --> 00:34:55,259 e se rompes ese óso, expandirá o cáncer por todo o corpo. 447 00:35:06,312 --> 00:35:09,107 Banco de esperma Cryovial. En que o podo axudar? 448 00:35:18,157 --> 00:35:19,408 Quérote, mamá. 449 00:35:28,876 --> 00:35:30,086 Como o tomou? 450 00:35:34,132 --> 00:35:35,466 Non llo dixen. 451 00:35:36,801 --> 00:35:39,303 - Non pode facer nada… - Lino… 452 00:35:39,387 --> 00:35:41,097 …e só lle faría dano. 453 00:35:42,765 --> 00:35:44,559 Agardarei ata que pase todo. 454 00:35:47,103 --> 00:35:50,565 Son novo. Primeiro recibo quimioterapia e logo opérome. 455 00:35:50,648 --> 00:35:52,400 E cando non teña nada, 456 00:35:53,860 --> 00:35:55,111 direillo á xente. 457 00:35:57,780 --> 00:35:59,198 E a miña familia? 458 00:36:05,121 --> 00:36:07,206 Que quede entre ti mais eu. 459 00:36:14,672 --> 00:36:16,382 Vale. 460 00:36:35,276 --> 00:36:36,777 Lino Ortolano? 461 00:36:39,739 --> 00:36:42,241 Tes que cubrir algúns formularios. 462 00:36:42,742 --> 00:36:43,576 Si, claro. 463 00:36:44,994 --> 00:36:47,371 - Canto dura o tratamento? - Catro horas. 464 00:36:49,999 --> 00:36:51,250 Vale. 465 00:37:08,476 --> 00:37:10,019 Non tes que quedar. 466 00:37:10,102 --> 00:37:12,980 Podo axudarche co papelame, home. 467 00:37:14,106 --> 00:37:15,191 Estarei ben. 468 00:37:16,442 --> 00:37:17,318 Vaite. 469 00:37:22,573 --> 00:37:24,575 Vale, eh… 470 00:37:26,285 --> 00:37:27,119 Moi ben. 471 00:37:29,205 --> 00:37:31,374 Vale, véxote máis tarde. 472 00:37:31,958 --> 00:37:33,084 Estarei preto. 473 00:37:46,764 --> 00:37:50,017 - Puxéronche o catéter esta semana? - Si. 474 00:37:52,979 --> 00:37:53,813 Nome? 475 00:37:54,981 --> 00:37:57,608 Lino Ortolano. 476 00:37:58,109 --> 00:37:59,568 Vale. Data de nacemento? 477 00:38:00,945 --> 00:38:04,323 25 de setembro de 1973. 478 00:38:04,824 --> 00:38:05,783 E profesión? 479 00:38:07,576 --> 00:38:08,411 Son chef. 480 00:38:10,621 --> 00:38:13,124 Vale, vai abrindo a camisa. 481 00:38:13,833 --> 00:38:14,875 Moi ben… 482 00:38:18,546 --> 00:38:19,380 Agora… 483 00:38:28,389 --> 00:38:29,223 Aí vai. 484 00:38:31,475 --> 00:38:33,477 Vale, podes recostarte. 485 00:38:38,357 --> 00:38:39,775 Por se acaso. 486 00:38:47,158 --> 00:38:50,494 QUIMIOTERAPIA 487 00:39:03,257 --> 00:39:07,219 - Pódese saber que estás facendo? - Chegaches tarde. Collín un taxi. 488 00:39:08,596 --> 00:39:10,056 Mandáchesme marchar. 489 00:39:10,598 --> 00:39:15,978 Tomei un café. Só… me sentei nun sitio un momento. 490 00:39:16,062 --> 00:39:19,148 Cando volvín e me dixeron que marcharas, Lino, 491 00:39:20,358 --> 00:39:21,567 collín medo. 492 00:39:24,028 --> 00:39:26,822 Ata chamei a David por se foras para a casa. 493 00:39:26,906 --> 00:39:29,533 Non deberías moverte nin estar de pé. 494 00:39:29,617 --> 00:39:30,451 Non… 495 00:39:30,534 --> 00:39:33,913 Hai dúas semanas estiven toda a noite e non dixeches nada. 496 00:39:36,624 --> 00:39:38,417 Daquela non tiñas cáncer. 497 00:39:50,221 --> 00:39:51,055 Estás ben? 498 00:39:51,680 --> 00:39:53,808 - Ei… - Non me toques. 499 00:39:58,771 --> 00:40:01,899 Ei. Ai, meu Deus. Vale, mírame. 500 00:40:03,651 --> 00:40:04,860 - Estás ben? - Si. 501 00:40:08,030 --> 00:40:08,948 Os coitelos. 502 00:40:10,825 --> 00:40:12,034 Vale. 503 00:40:13,119 --> 00:40:14,120 Temos que pechar. 504 00:40:27,174 --> 00:40:31,720 Pensei que quizais podería… ser consultora… 505 00:40:32,263 --> 00:40:33,848 ou volver a media xornada. 506 00:40:34,723 --> 00:40:38,519 O que sexa para ter o seguro médico. 507 00:40:39,228 --> 00:40:40,062 Por favor. 508 00:40:41,188 --> 00:40:42,148 Que pasa? 509 00:40:44,024 --> 00:40:47,236 Aínda non temos a cobertura e… 510 00:40:49,321 --> 00:40:52,032 agora mesmo necesitamos o seguro. 511 00:40:53,534 --> 00:40:55,411 Estás embarazada ou algo? 512 00:40:56,912 --> 00:40:59,790 É que necesito o seguro agora mesmo. 513 00:41:09,300 --> 00:41:10,134 Vale. 514 00:41:11,760 --> 00:41:14,972 Atoparemos a maneira de manter o teu seguro. 515 00:41:17,683 --> 00:41:18,517 Grazas. 516 00:41:25,441 --> 00:41:27,485 SENTÍMOLO, ESTAMOS PECHADOS 517 00:42:16,617 --> 00:42:19,828 Ola, ruliña. Hai tempo que non sabemos nada de ti. 518 00:42:19,912 --> 00:42:22,081 Querémoste, Amy. 519 00:42:22,164 --> 00:42:23,791 E o que che dixen antes 520 00:42:24,500 --> 00:42:27,628 non quere dicir que non estea aquí se o necesitas. 521 00:42:27,711 --> 00:42:29,088 Aínda son teu pai. 522 00:44:08,437 --> 00:44:09,271 Síntoo. 523 00:44:14,151 --> 00:44:14,985 Síntoo. 524 00:44:31,877 --> 00:44:32,878 Ei. 525 00:44:34,254 --> 00:44:35,798 - Eu… - Non podo falar. 526 00:44:35,881 --> 00:44:39,968 Sei que as cousas están raras, pero acabo de pasar polo restaurante. 527 00:44:40,052 --> 00:44:41,762 Marcháronlles os socios? 528 00:44:45,140 --> 00:44:46,058 Que pasa? 529 00:44:47,726 --> 00:44:48,560 Amy. 530 00:44:54,983 --> 00:44:58,570 Lino! Chama a alguén! 531 00:45:03,200 --> 00:45:04,284 Lino está ben. 532 00:45:04,868 --> 00:45:09,123 Acabo de falar coa doutora Atluri. Fixeches ben en traer a Lino. 533 00:45:09,206 --> 00:45:12,334 Ten que recuperar a forza antes da operación. 534 00:45:12,418 --> 00:45:13,335 Amahle? 535 00:45:14,086 --> 00:45:14,920 Amahle? 536 00:45:15,796 --> 00:45:18,340 Estou aquí. Estamos aquí. 537 00:45:19,425 --> 00:45:20,968 Estou aquí, ruliña. 538 00:45:21,677 --> 00:45:23,178 Estou aquí. 539 00:45:23,262 --> 00:45:24,096 Vale. 540 00:45:43,782 --> 00:45:44,742 Asustáchesme. 541 00:46:06,889 --> 00:46:08,974 Temos que dicirllo á túa familia. 542 00:46:11,059 --> 00:46:11,894 Xa é hora. 543 00:46:15,481 --> 00:46:16,315 Xa o sei. 544 00:46:18,650 --> 00:46:19,902 Déixame chamar a min. 545 00:47:38,355 --> 00:47:43,902 Subtítulos: María Suárez Seijas