1 00:00:34,416 --> 00:00:38,250 Se cres que a misión das Furias era servir os padriños e o Olimpo, 2 00:00:38,333 --> 00:00:39,166 engánaste. 3 00:00:41,500 --> 00:00:43,625 Eu tamén o crin moito tempo. 4 00:00:45,625 --> 00:00:46,958 Obedecer os padriños, 5 00:00:48,208 --> 00:00:50,208 evitar que entrasen en guerra, 6 00:00:50,833 --> 00:00:52,375 protexer o negocio. 7 00:00:53,333 --> 00:00:54,833 Iso é o que facía, 8 00:00:54,916 --> 00:00:56,750 pero nunca foi a miña misión. 9 00:00:58,958 --> 00:01:00,750 Servía os seus intereses, 10 00:01:02,333 --> 00:01:04,416 pero sempre quixen algo máis. 11 00:01:07,916 --> 00:01:11,250 Se a primeira Furia renunciou a sentarse na mesa dos padriños 12 00:01:11,750 --> 00:01:14,250 é porque cría en algo máis importante. 13 00:01:16,166 --> 00:01:17,541 Chámalle como queiras. 14 00:01:20,375 --> 00:01:21,375 Paz, 15 00:01:22,291 --> 00:01:23,291 xustiza 16 00:01:25,291 --> 00:01:26,291 ou equilibrio. 17 00:01:28,250 --> 00:01:29,833 Esa é a misión da Furia. 18 00:01:30,875 --> 00:01:33,500 E non a lograrei reinstaurando o Olimpo. 19 00:01:36,500 --> 00:01:41,000 Nin o Feirante, nin o Belga nin os seus aliados sentarán nesa mesa. 20 00:01:41,666 --> 00:01:43,333 É hora de cambiar as cousas. 21 00:01:44,875 --> 00:01:46,208 O Olimpo morreu. 22 00:01:46,708 --> 00:01:47,708 Oz morreu. 23 00:01:48,791 --> 00:01:50,208 Que viva a Furia. 24 00:01:54,583 --> 00:01:56,166 Merda, hostia! 25 00:01:56,250 --> 00:01:59,625 Sae por todos os lados! Necesito… outra cousa! 26 00:01:59,708 --> 00:02:00,916 Déixame a min. 27 00:02:03,125 --> 00:02:05,750 - Oz está morto, confirmado. - Hostia puta! 28 00:02:06,750 --> 00:02:11,291 Selma liquida a Oz, leva os rapaces, dispáralle a Simon… 29 00:02:11,875 --> 00:02:12,916 Toleou de vez. 30 00:02:13,791 --> 00:02:14,916 Hai que detela. 31 00:02:15,416 --> 00:02:17,750 Se Damocles non puido, como imos facer? 32 00:02:17,833 --> 00:02:20,958 - Deixade de xogar ós heroes. - Vamos ó hospital. 33 00:02:21,041 --> 00:02:24,541 Ó hospital non. Irei ó cárcere, Niko. Ó hospital non. 34 00:02:24,625 --> 00:02:27,000 Ten razón. Cunha ferida de bala, chámannos. 35 00:02:27,083 --> 00:02:29,416 - Non vai morrer aquí! - Os rapaces. 36 00:02:29,500 --> 00:02:32,041 - Non tiñamos un trato? - Hai que facer algo. 37 00:02:32,125 --> 00:02:33,583 Oz morreu, Lyna! 38 00:02:34,083 --> 00:02:36,250 Xa non hai trato con Tossar, esquéceo! 39 00:02:36,750 --> 00:02:38,041 Mira que publicou. 40 00:02:38,125 --> 00:02:39,291 - Hostia. - Que foi? 41 00:02:39,375 --> 00:02:42,416 - Búscanvos. Tossar fodeuvos. - Hostia. 42 00:02:42,500 --> 00:02:45,083 Debía entregar a Oz e cagouna. 43 00:02:45,166 --> 00:02:47,166 Fará o que sexa para salvarse. 44 00:02:47,250 --> 00:02:50,166 A Furia e o seu equipo son o premio de consolación. 45 00:02:50,250 --> 00:02:52,333 Por fiarse da puta poli… 46 00:02:52,416 --> 00:02:53,916 - Xa. - Que cabrón. 47 00:02:54,000 --> 00:02:55,208 Cálmate. 48 00:02:55,291 --> 00:02:57,375 - O médico de Ranelagh? - Si. 49 00:02:57,458 --> 00:02:58,666 Non queda outra. 50 00:02:58,750 --> 00:03:00,333 - Encárgome eu. - Hostia. 51 00:03:00,416 --> 00:03:03,000 Respira. 52 00:03:03,083 --> 00:03:04,375 Vou morrer. 53 00:03:04,458 --> 00:03:06,583 Respira. 54 00:03:14,083 --> 00:03:15,750 Como dicías? 55 00:03:17,458 --> 00:03:19,458 "Se asubiamos, vés correndo"? 56 00:03:19,541 --> 00:03:21,833 Xa esteas na misa ou cabalgando o teu mozo. 57 00:03:21,916 --> 00:03:22,916 Era así? 58 00:03:25,041 --> 00:03:26,083 Hora do espectáculo. 59 00:03:36,625 --> 00:03:37,833 Pois asubía. 60 00:03:41,166 --> 00:03:42,250 Eu irei correndo. 61 00:03:43,041 --> 00:03:44,500 Farei que paguen. 62 00:03:44,583 --> 00:03:45,750 Prométocho. 63 00:03:56,708 --> 00:03:59,250 Grazas por simplificarme a vida, Varda. 64 00:03:59,333 --> 00:04:01,791 A túa traizón fíxonos ganar moito tempo. 65 00:04:02,666 --> 00:04:05,000 E, á vez, non me sorprende. 66 00:04:06,000 --> 00:04:07,000 Os homes son débiles. 67 00:04:07,958 --> 00:04:10,250 Os cartos fan latexar o corazón dun mercenario. 68 00:04:10,333 --> 00:04:11,416 Non. 69 00:04:11,500 --> 00:04:14,875 O que fai latexar o teu é que non che meta un tiro. 70 00:04:23,125 --> 00:04:25,625 Só unha persoa pode dirixir os baixos fondos. 71 00:04:25,708 --> 00:04:27,666 O teu xefe entendeuno. 72 00:04:28,416 --> 00:04:31,458 E esa persoa tes que ser ti. 73 00:04:32,500 --> 00:04:34,083 Polo ben de todos, claro. 74 00:04:34,666 --> 00:04:35,833 Pois claro. 75 00:04:37,333 --> 00:04:40,000 Levo moito traballando por recuperar o poder, 76 00:04:40,083 --> 00:04:41,750 pero ninguén me quería seguir. 77 00:04:41,833 --> 00:04:44,583 E non entendía por que ata que descubrín 78 00:04:44,666 --> 00:04:47,000 que tiñades os seus fillos como reféns. 79 00:04:52,375 --> 00:04:54,125 Non os daba encontrado. 80 00:04:54,208 --> 00:04:56,583 Necesitaba alguén con máis recursos. 81 00:04:57,833 --> 00:05:00,250 Por iso fuches onda o Feirante. 82 00:05:01,291 --> 00:05:04,333 Teño curiosidade. Quitácheslle as pernas e a pirola. 83 00:05:05,916 --> 00:05:07,708 Como o convenciches? 84 00:05:08,666 --> 00:05:11,250 Non é difícil dar coa debilidade do Feirante. 85 00:05:11,750 --> 00:05:13,583 - Obedecerasme? - Si. 86 00:05:16,375 --> 00:05:19,875 Que vas facer cos que xa están na mesa? 87 00:05:19,958 --> 00:05:22,875 Xa te obedecen, e sábelo. 88 00:05:22,958 --> 00:05:27,291 O Olimpo fracasou. Necesitas unha man de ferro para gobernar París. 89 00:05:28,166 --> 00:05:30,041 Antes hai que ganar esta guerra. 90 00:05:30,125 --> 00:05:32,083 - Xa, quería crelo. - Pois si. 91 00:05:32,666 --> 00:05:34,166 Ai, ai, ai. 92 00:05:34,250 --> 00:05:35,291 O ego. 93 00:05:35,875 --> 00:05:37,083 Axudeino un pouco. 94 00:05:37,166 --> 00:05:39,583 Fíxenlle crer que iades polo seu negocio. 95 00:05:42,750 --> 00:05:44,791 Que estaba no voso punto de mira, 96 00:05:44,875 --> 00:05:46,791 e asegureime de ter testemuñas. 97 00:05:47,375 --> 00:05:49,083 - E creuno. - Creu. 98 00:05:51,208 --> 00:05:52,916 Teño que dicirche algo. 99 00:05:53,541 --> 00:05:55,541 Cheguei a pensar que eras débil. 100 00:05:56,041 --> 00:05:58,041 Ata me decepcionei. Pensei: "Que…? 101 00:05:58,583 --> 00:05:59,791 Esa é a Furia?" 102 00:05:59,875 --> 00:06:01,166 Non é culpa túa. 103 00:06:01,250 --> 00:06:03,291 Son unha muller de 50 anos enferma. 104 00:06:03,375 --> 00:06:07,041 Non te educaron para considerarme nin forte nin perigosa. 105 00:06:07,541 --> 00:06:09,083 Os teus amigos tampouco. 106 00:06:09,166 --> 00:06:11,583 Non. Mentres os servín, mantivéronme viva, 107 00:06:11,666 --> 00:06:14,125 así que tiven que ganar a súa confianza. 108 00:06:14,208 --> 00:06:16,416 Que mellor que unha compañeira de armas? 109 00:06:21,333 --> 00:06:24,666 - Fixen o que me dixeches. Agora que? - A improvisar. 110 00:06:26,541 --> 00:06:28,791 Sabes a quen lle gustaría? 111 00:06:28,875 --> 00:06:29,875 A Oz. 112 00:06:31,166 --> 00:06:32,166 Falando del… 113 00:06:33,375 --> 00:06:35,208 Como conseguiches matalo? 114 00:06:35,291 --> 00:06:37,375 Sacrificando algúns peóns. 115 00:06:40,291 --> 00:06:41,500 Eh, tranquilos. 116 00:06:41,583 --> 00:06:44,708 - Os que te desafiaban. - Si. Sabía que así sairía. 117 00:06:44,791 --> 00:06:48,875 E tamén que era listo abondo como para ter xente na policía. 118 00:06:49,375 --> 00:06:50,750 Alguén cerca do caso. 119 00:06:50,833 --> 00:06:53,708 Elie non podía ser, claro. É demasiado bo. 120 00:06:55,291 --> 00:06:56,708 Pensei en Tossar. 121 00:06:56,791 --> 00:06:58,416 - Dásme un momento? - Si. 122 00:06:59,583 --> 00:07:01,291 E cando vin a Iris… 123 00:07:03,375 --> 00:07:05,291 Souben que era ela, non dubidei. 124 00:07:05,375 --> 00:07:06,916 Tiña o perfil ideal. 125 00:07:09,958 --> 00:07:11,041 Sabes quen son? 126 00:07:14,333 --> 00:07:15,375 Sei. 127 00:07:16,541 --> 00:07:18,041 Podo preguntarche algo? 128 00:07:19,875 --> 00:07:21,208 Como te comprou Oz? 129 00:07:22,250 --> 00:07:23,250 Non estou á venda. 130 00:07:24,666 --> 00:07:25,666 Si, xa. 131 00:07:27,458 --> 00:07:28,541 Perténceslle. 132 00:07:28,625 --> 00:07:30,875 Pódoche ofrecer todo o que queiras. 133 00:07:30,958 --> 00:07:31,875 Que queres? 134 00:07:32,541 --> 00:07:33,625 Ser libre. 135 00:07:34,916 --> 00:07:35,916 Que ben. 136 00:07:37,458 --> 00:07:39,916 Faría o que fose para librarse de Oz. 137 00:07:40,000 --> 00:07:41,416 É o que me prometeu Selma. 138 00:07:43,041 --> 00:07:44,250 Ti podes prometermo? 139 00:07:54,250 --> 00:07:57,666 Brillante, maquiavélica e implacable. 140 00:07:59,791 --> 00:08:01,791 Por fin coñezo a verdadeira Furia. 141 00:08:07,083 --> 00:08:08,125 Vale, moi ben. 142 00:08:09,250 --> 00:08:11,458 Si, envío agora as coordenadas. 143 00:08:12,375 --> 00:08:13,375 Vale. 144 00:08:16,250 --> 00:08:17,333 Marchas? 145 00:08:18,458 --> 00:08:19,833 Que fas aquí? 146 00:08:19,916 --> 00:08:21,291 É que Amytis… 147 00:08:22,125 --> 00:08:26,208 Dixo que non quedase alí, que ía ter medo, pero non son un bebé. 148 00:08:32,750 --> 00:08:33,708 Toma. 149 00:08:33,791 --> 00:08:35,125 Dálle isto a Niko. 150 00:08:35,208 --> 00:08:36,208 Vale. 151 00:08:51,791 --> 00:08:52,916 E agora que? 152 00:08:54,708 --> 00:08:55,541 Non sei. 153 00:08:56,125 --> 00:08:57,250 Que faría Oz? 154 00:09:01,875 --> 00:09:03,791 Quitaría os últimos obstáculos. 155 00:09:04,666 --> 00:09:05,791 O Feirante. 156 00:09:05,875 --> 00:09:07,041 - Lyna. - Ti. 157 00:09:10,083 --> 00:09:11,791 Non nos enganemos, Selma. 158 00:09:12,500 --> 00:09:14,583 Se sigo vivo é por unha boa razón. 159 00:09:14,666 --> 00:09:16,208 Sabémolo os dous. 160 00:09:17,291 --> 00:09:18,625 Estás nas últimas. 161 00:09:19,541 --> 00:09:21,375 Sen o noso tratamento… 162 00:09:22,791 --> 00:09:23,833 Xa sabes. 163 00:09:27,541 --> 00:09:29,916 A enfermidade volverá e acabará contigo. 164 00:09:30,666 --> 00:09:32,333 Primeiro o corpo, e despois… 165 00:09:36,500 --> 00:09:37,500 Seis meses? 166 00:09:38,583 --> 00:09:39,583 Un ano? 167 00:09:40,750 --> 00:09:41,791 Non moito máis. 168 00:09:44,333 --> 00:09:48,083 Tiñamos centos de doses, pero, con todo o caos, 169 00:09:48,583 --> 00:09:49,833 perdéronse. 170 00:09:51,458 --> 00:09:52,625 Que descoidados. 171 00:09:53,166 --> 00:09:55,291 Os traballadores de hoxe en día… 172 00:10:01,000 --> 00:10:02,500 Non me vas matar, Selma. 173 00:10:04,333 --> 00:10:05,583 Necesítasme. 174 00:10:07,416 --> 00:10:08,416 Tes razón. 175 00:10:11,291 --> 00:10:12,291 Necesítote. 176 00:10:19,083 --> 00:10:20,916 Ai, non, espera, xa non. 177 00:10:27,666 --> 00:10:28,666 Moi ben. 178 00:10:31,708 --> 00:10:33,625 Vai acabar así a cousa? 179 00:10:34,708 --> 00:10:38,041 Si, así, pero non agora, porque aínda me es útil. 180 00:10:39,333 --> 00:10:41,375 Podo matarte mañá se quero. 181 00:10:54,083 --> 00:10:55,125 Niko. 182 00:10:55,833 --> 00:10:56,666 Que pasa? 183 00:10:56,750 --> 00:11:00,041 - Toma, é Lyna, que… - Que ten Lyna? 184 00:11:00,125 --> 00:11:03,041 Léon, non mires. Que pasa con Lyna? Dime. 185 00:11:03,125 --> 00:11:04,041 Ela… 186 00:11:04,541 --> 00:11:07,208 Díxome que tiña algo importante que facer. 187 00:11:11,000 --> 00:11:12,416 Léon, a onde foi? 188 00:11:14,541 --> 00:11:15,875 - Non queres dicirmo? - Non. 189 00:11:17,416 --> 00:11:19,375 Ti tampouco? Que pasa? 190 00:11:20,041 --> 00:11:22,208 Foise ocupar ela soa de Selma? 191 00:11:22,291 --> 00:11:23,875 Vaia, que agudo. 192 00:11:24,708 --> 00:11:25,541 Toma. 193 00:11:26,041 --> 00:11:27,041 Toma. 194 00:11:32,666 --> 00:11:35,000 Que vas facer? Pedir reforzos? 195 00:11:35,500 --> 00:11:36,416 Mira, 196 00:11:36,500 --> 00:11:38,875 se necesitase axuda, pediríacha. 197 00:11:39,458 --> 00:11:40,541 Decidiuno ela. 198 00:11:47,583 --> 00:11:50,041 Pois eu decido ir buscar a Tossar. 199 00:12:03,375 --> 00:12:04,541 Que fas aquí? 200 00:12:06,208 --> 00:12:07,583 Por que só hai unha cadeira? 201 00:12:10,666 --> 00:12:12,291 Pois porque é a miña. 202 00:12:14,750 --> 00:12:16,125 Porque París é meu. 203 00:12:19,666 --> 00:12:22,333 Cen mil para quen lle meta un tiro. 204 00:12:35,000 --> 00:12:36,541 Se te consola, Feirante, 205 00:12:36,625 --> 00:12:39,250 impórtaslles, pero máis os seus fillos. 206 00:12:42,000 --> 00:12:43,916 - Ameazaches as familias? - Si. 207 00:12:44,916 --> 00:12:46,458 - Filla de puta. - Si. 208 00:12:46,541 --> 00:12:47,875 Rosie, mátaa. 209 00:12:49,916 --> 00:12:51,125 Onde estabades? 210 00:12:52,166 --> 00:12:54,083 Tremenda feira no aeródromo. 211 00:12:54,166 --> 00:12:57,208 A nós delatounos alguén. Houbo un tiroteo, 212 00:12:57,708 --> 00:13:00,583 - pero trouxemos as túas armas. - Fíxoo de marabilla. 213 00:13:02,791 --> 00:13:05,500 Fixestes o que debiades. Que queredes, un bico? 214 00:13:11,083 --> 00:13:13,541 A rapaza é estupenda. Non o ves? 215 00:13:15,041 --> 00:13:16,333 - Tes fillos? - Non. 216 00:13:16,416 --> 00:13:17,625 Claro que non. 217 00:13:17,708 --> 00:13:18,708 Pois déixao. 218 00:13:19,875 --> 00:13:21,875 Cres que a xente cambia sen máis? 219 00:13:21,958 --> 00:13:23,458 Que podemos adestrala 220 00:13:24,208 --> 00:13:26,000 e modelala para curtila? 221 00:13:27,208 --> 00:13:28,375 Iso son parvadas. 222 00:13:29,375 --> 00:13:32,583 Rosie naceu co cordón umbilical arredor do pescozo. 223 00:13:33,166 --> 00:13:35,916 Estaba azul e pálida. Retorcíase por existir. 224 00:13:37,291 --> 00:13:38,583 Hoxe segue igual. 225 00:13:39,666 --> 00:13:40,500 Cabrona. 226 00:13:40,583 --> 00:13:42,833 Retórcese por existir e sobrevivir. 227 00:13:43,791 --> 00:13:45,208 Non ten o que fai falta. 228 00:13:46,375 --> 00:13:49,041 Ha de ocupar o teu lugar. E antes do que cres. 229 00:13:49,125 --> 00:13:50,791 Nunca estará á altura. 230 00:13:54,875 --> 00:13:55,916 Rosie. 231 00:13:57,291 --> 00:13:58,333 Rosie, escoita. 232 00:13:58,916 --> 00:14:00,166 Non é o que cres. 233 00:14:05,125 --> 00:14:07,000 Non ves o que está facendo? 234 00:14:14,500 --> 00:14:15,333 Coitada. 235 00:14:15,916 --> 00:14:18,791 Pasarás a vida de xeonllos. Eu… 236 00:14:19,291 --> 00:14:21,291 morrerei, pero morrerei de pé. 237 00:14:28,333 --> 00:14:30,041 Só vales para limparme o cu. 238 00:15:03,625 --> 00:15:06,541 - Teño os resultados de Denon. - Non teño tempo. 239 00:15:06,625 --> 00:15:10,625 Xa, pois terás que facelo, porque hai algo que non cadra. 240 00:15:10,708 --> 00:15:13,625 Acordamos validar a versión de Tossar. 241 00:15:13,708 --> 00:15:15,625 Tiro mortal en lexítima defensa. 242 00:15:15,708 --> 00:15:16,916 Denon, quieto! 243 00:15:17,708 --> 00:15:21,208 Si, o tema é que lle dispararon ó voso home, 244 00:15:21,291 --> 00:15:22,791 pero non o matou iso. 245 00:15:23,291 --> 00:15:24,125 Como? 246 00:15:24,208 --> 00:15:25,875 - Arreden! - Aviseite. 247 00:15:25,958 --> 00:15:28,291 Cando a saco, úsoa. 248 00:15:28,375 --> 00:15:30,875 Foi limpo. Unha picada detrás da orella. 249 00:15:30,958 --> 00:15:33,166 Case invisible nas analíticas. 250 00:15:33,250 --> 00:15:36,458 - Alguén quixo silencialo. - Hostia, tiña que falar. 251 00:15:36,541 --> 00:15:37,375 Que? 252 00:15:38,041 --> 00:15:40,750 Imposible. Hostia, sei o que fago. 253 00:15:40,833 --> 00:15:41,916 É unha rabuñada. 254 00:15:42,000 --> 00:15:45,250 Foi cousa dun profesional. A verdade, case o paso. 255 00:15:45,333 --> 00:15:46,333 Vale. 256 00:15:52,541 --> 00:15:54,000 Aí está. 257 00:15:55,375 --> 00:15:56,791 Veña, que xa sae. 258 00:15:57,375 --> 00:15:59,166 - Aquí está. - Hostia, menos mal. 259 00:15:59,250 --> 00:16:00,875 Unha pausa, doutor. 260 00:16:00,958 --> 00:16:03,750 Outro morrería. O voso amigo é un fenómeno. 261 00:16:04,666 --> 00:16:06,041 É máis ca un amigo. 262 00:16:06,625 --> 00:16:07,916 Pero si, é… 263 00:16:09,833 --> 00:16:11,416 Son un fenómeno. 264 00:16:11,500 --> 00:16:13,083 Son un fenómeno. 265 00:16:22,125 --> 00:16:23,666 A rapaza necesítate. 266 00:16:24,458 --> 00:16:25,750 A rapaza necesítate. 267 00:16:26,750 --> 00:16:29,500 Si, é polos nenos, pero non te podo deixar así. 268 00:16:29,583 --> 00:16:32,041 Vai, que eu non vou marchar. Vai. 269 00:16:32,958 --> 00:16:34,875 - Vai, Niko. - Non podo. 270 00:16:34,958 --> 00:16:37,375 Vai. Como que non podes? Marcha xa. 271 00:16:37,958 --> 00:16:39,000 Hostia. 272 00:16:43,125 --> 00:16:44,125 Amytis… 273 00:16:45,666 --> 00:16:47,875 - Podo confiar en ti? - Non te preocupes. 274 00:16:49,291 --> 00:16:50,416 Aguanta. 275 00:16:52,583 --> 00:16:53,791 Aguanta, vale? 276 00:16:53,875 --> 00:16:55,083 Aguanta, si? 277 00:16:56,208 --> 00:16:57,583 Veña, aguanta. 278 00:16:59,625 --> 00:17:03,791 Vale, cando sacamos a última bala, doutor? 279 00:17:09,333 --> 00:17:10,208 Por que? 280 00:17:11,791 --> 00:17:12,791 Porque si. 281 00:17:17,958 --> 00:17:19,416 Deletréocho? 282 00:17:20,416 --> 00:17:23,708 Porque hai que protexer o negocio, somos Furias, 283 00:17:23,791 --> 00:17:28,166 temos un legado que preservar e gustaríame darche un futuro. 284 00:17:28,750 --> 00:17:30,791 Non te cansas de repetir o mesmo? 285 00:17:30,875 --> 00:17:32,458 Si, un pouco. 286 00:17:33,291 --> 00:17:35,458 Non o faría se non foses tan testana. 287 00:17:38,458 --> 00:17:39,916 Escoiteite, Selma. 288 00:17:40,833 --> 00:17:42,541 Si, escoiteite. 289 00:17:44,125 --> 00:17:46,875 E o peor é que te crin. 290 00:17:47,875 --> 00:17:49,958 O honor, o legado, 291 00:17:50,041 --> 00:17:51,041 a familia. 292 00:17:52,208 --> 00:17:54,708 Do que nunca falaches foi do poder. 293 00:17:54,791 --> 00:17:56,333 Ah, si. Ui. 294 00:17:56,916 --> 00:17:59,208 Perdón. Esquecinme. 295 00:18:00,375 --> 00:18:02,000 O poder é importante. 296 00:18:02,750 --> 00:18:03,750 Collelo, 297 00:18:04,333 --> 00:18:05,333 roubalo, 298 00:18:07,000 --> 00:18:08,458 conservalo a todo custo. 299 00:18:09,666 --> 00:18:11,625 Parece que aprendiches a lección. 300 00:18:11,708 --> 00:18:14,208 - Iso parece, si. - Aprovéitaa. 301 00:18:16,250 --> 00:18:18,000 Sabes que aprendín con Oz? 302 00:18:23,375 --> 00:18:24,708 A dispararlles ós amigos. 303 00:18:26,041 --> 00:18:27,583 Simon. En serio? 304 00:18:29,083 --> 00:18:30,166 Non, iso non. 305 00:18:30,916 --> 00:18:32,875 Aprendín que o guai do poder 306 00:18:32,958 --> 00:18:36,041 non é só decidir que fas coa túa vida, 307 00:18:36,125 --> 00:18:38,958 senón decidir que fas coa vida do resto. 308 00:18:39,541 --> 00:18:42,000 É o que fixeches ó acudir á poli. 309 00:18:42,958 --> 00:18:44,375 Decidiches por min. 310 00:18:45,416 --> 00:18:47,333 Compraba a nosa liberdade. 311 00:18:48,583 --> 00:18:50,083 E conseguírao, cona! 312 00:18:50,166 --> 00:18:51,500 Eramos libres! 313 00:18:52,750 --> 00:18:54,041 Pero de que falas? 314 00:18:56,666 --> 00:18:58,000 Ti es libre. 315 00:18:58,083 --> 00:18:59,500 A que viñeches? 316 00:19:01,083 --> 00:19:02,125 Eh? 317 00:19:02,916 --> 00:19:05,208 Vin porque falas coma Oz. 318 00:19:05,291 --> 00:19:06,666 Fas coma el. 319 00:19:07,166 --> 00:19:09,375 Usas os mesmos métodos noxentos. 320 00:19:11,416 --> 00:19:12,875 E non o podo permitir. 321 00:19:13,625 --> 00:19:16,625 Mira, non me aclaro. De feito, estou desfeita. 322 00:19:17,833 --> 00:19:21,458 Por un lado, por fin actúas con valor, e iso alégrame. 323 00:19:21,541 --> 00:19:25,250 Pero engánaste de bando, e iso ponme triste, dóeme. 324 00:19:26,166 --> 00:19:27,000 Cabréame. 325 00:19:29,291 --> 00:19:30,750 Que pensabas? 326 00:19:31,333 --> 00:19:33,791 Que podías vir aquí ti soa 327 00:19:33,875 --> 00:19:36,333 coa pistoliña e as túas grandes ambicións? 328 00:19:36,833 --> 00:19:38,375 Que crías que pasaría? 329 00:19:39,333 --> 00:19:40,333 Non estou soa. 330 00:19:46,750 --> 00:19:48,083 Este móbil 331 00:19:48,791 --> 00:19:50,166 vai soar. 332 00:19:52,458 --> 00:19:55,041 Os nenos están nun almacén ó norte de París. 333 00:19:55,541 --> 00:19:57,500 É onde Selma decidiu metelos. 334 00:19:59,125 --> 00:20:02,500 E vai perder todo o poder que pensa que ten sobre vós. 335 00:20:31,541 --> 00:20:34,375 Os nenos non están. Non hai nada. 336 00:20:36,125 --> 00:20:37,708 Non serán malas novas, non? 337 00:20:43,625 --> 00:20:47,125 De veras pensabas que non os movería despois do de Simon? 338 00:20:49,458 --> 00:20:50,500 Oe. 339 00:20:51,000 --> 00:20:53,083 Nunca te subestimei. 340 00:20:58,375 --> 00:20:59,375 Deixádenos. 341 00:20:59,958 --> 00:21:01,583 Que nos deixedes. 342 00:21:03,416 --> 00:21:05,958 E recollede o Feirante, grazas. 343 00:21:30,875 --> 00:21:33,875 - Levo horas preocupada. - Eras ti. 344 00:21:34,541 --> 00:21:36,125 Como fun tan parvo? 345 00:21:36,208 --> 00:21:38,041 Non, espera, explícocho. 346 00:21:38,125 --> 00:21:39,833 Oz tíñame, non tiña opción. 347 00:21:39,916 --> 00:21:41,625 Pero acabouse, son libre. 348 00:21:41,708 --> 00:21:43,041 Son libre. 349 00:21:43,125 --> 00:21:47,250 Sei o que cres, pero non é verdade. Se cadra ó principio, pero xa non. 350 00:21:49,875 --> 00:21:52,333 Se queres, pode funcionar. 351 00:21:53,708 --> 00:21:56,666 - Entrégate. Farémolo ben. - Non. 352 00:21:58,250 --> 00:21:59,375 Unha oportunidade. 353 00:21:59,458 --> 00:22:02,333 Douche a oportunidade de conservares a dignidade. 354 00:22:09,916 --> 00:22:11,875 - Tossar, é Iris… - Tróuxenllo. 355 00:22:15,708 --> 00:22:17,375 Tes probas do que dis? 356 00:22:17,958 --> 00:22:18,958 No correo. 357 00:22:26,375 --> 00:22:29,333 É cando meteu o móbil e os billetes no armariño. 358 00:22:30,708 --> 00:22:32,291 Vai, espérote. 359 00:22:35,875 --> 00:22:39,166 E a cela de Oz abriuse coa súa tarxeta. 360 00:22:47,625 --> 00:22:48,750 Estás fodido. 361 00:22:49,750 --> 00:22:51,875 - Non me deixaches opción. - Cabrón! 362 00:23:11,291 --> 00:23:12,583 Quieto! 363 00:23:13,375 --> 00:23:14,375 Quieto! 364 00:23:30,708 --> 00:23:34,333 Se me obedeceses, hoxe ofreceríache París. 365 00:23:36,083 --> 00:23:38,500 Vai ser así o reino de Selma? 366 00:23:39,625 --> 00:23:40,500 Obedecer 367 00:23:41,000 --> 00:23:42,041 ou morrer. 368 00:23:42,125 --> 00:23:43,625 É unha decisión. 369 00:23:45,041 --> 00:23:46,291 Hai outra opción. 370 00:23:50,083 --> 00:23:51,666 Queres ser a miña Furia? 371 00:23:54,833 --> 00:23:55,875 É oficial. 372 00:23:57,958 --> 00:23:59,750 Estás tola de remate. 373 00:23:59,833 --> 00:24:02,250 Sentíaste viva antes de coñecerme? 374 00:24:03,000 --> 00:24:06,333 Naquel pisiño, cunha carreira e un traballo desesperante. 375 00:24:08,666 --> 00:24:09,916 Ven sentar. 376 00:24:21,083 --> 00:24:22,208 É o teu sitio. 377 00:24:36,125 --> 00:24:37,416 Vai rañala, 378 00:24:38,041 --> 00:24:39,041 tía. 379 00:24:41,000 --> 00:24:42,208 Como queiras. 380 00:24:46,083 --> 00:24:48,000 Sabes por que non tiven fillos? 381 00:24:48,500 --> 00:24:49,708 Por isto. 382 00:24:51,791 --> 00:24:52,916 E por isto. 383 00:24:53,000 --> 00:24:55,083 Hai cousas que é mellor non herdar. 384 00:24:55,916 --> 00:24:58,791 En fin, esa é a razón oficial. 385 00:24:58,875 --> 00:25:01,125 A verdadeira é que non quixen, 386 00:25:01,208 --> 00:25:02,541 pero iso non se di. 387 00:25:02,625 --> 00:25:04,541 E cando chegaches á miña vida, 388 00:25:05,041 --> 00:25:08,125 tan cativa, tan riquiña e tan insoportable, 389 00:25:08,208 --> 00:25:10,666 deime conta de que tomara a boa decisión. 390 00:25:10,750 --> 00:25:15,000 A educación, a táboa do tres, os adhesivos e as verduras non me van. 391 00:25:16,416 --> 00:25:17,416 Que aburrido. 392 00:25:44,083 --> 00:25:45,083 Xa está? 393 00:25:45,833 --> 00:25:47,500 Acabouse? Xa non podes máis? 394 00:25:47,583 --> 00:25:48,750 Tiñas razón. 395 00:25:48,833 --> 00:25:50,541 Non podes ser unha Furia. 396 00:26:56,000 --> 00:26:57,458 Xa sabes, 397 00:26:58,083 --> 00:27:01,375 na vida hai quen ten unha arma e quen ten dúas. 398 00:27:28,791 --> 00:27:30,333 - Que pasa? - Espera fóra. 399 00:27:30,416 --> 00:27:31,833 - Non, que pasa? - Espera. 400 00:27:31,916 --> 00:27:34,291 Non podo extraer a última bala. 401 00:27:34,375 --> 00:27:36,375 Fai presión aquí coa man. 402 00:27:36,458 --> 00:27:38,500 Sangra menos, pero hai que operar. 403 00:27:38,583 --> 00:27:40,375 - A onde vas? - Lévao ó hospital. 404 00:27:40,458 --> 00:27:42,791 - Eh, a onde vas? - Que fas? 405 00:27:42,875 --> 00:27:44,708 Non volverei ó caldeiro. 406 00:27:44,791 --> 00:27:47,166 Lévao ó hospital ou desangrarase. 407 00:27:47,250 --> 00:27:49,375 Prefiro morrer que ir alí. 408 00:27:49,458 --> 00:27:51,541 Niko, eu quedo contigo. 409 00:27:51,625 --> 00:27:53,833 Depende de ti. Non podo facer máis. 410 00:27:53,916 --> 00:27:56,500 - Ó hospital. - Non, Niko, eu quedo contigo. 411 00:27:56,583 --> 00:27:58,500 Niko, non penso ir ó hospital. 412 00:28:06,458 --> 00:28:07,458 Eh! 413 00:28:07,541 --> 00:28:09,458 Eh, queda comigo. 414 00:28:10,416 --> 00:28:11,500 Estou aquí. 415 00:28:11,583 --> 00:28:13,000 Veña, queda comigo. 416 00:28:14,250 --> 00:28:15,250 Queda comigo. 417 00:28:50,250 --> 00:28:51,250 Simon. 418 00:28:54,666 --> 00:28:55,666 Oe, Simon. 419 00:28:56,708 --> 00:28:57,541 Eh. 420 00:28:58,291 --> 00:28:59,291 Xa estamos. 421 00:29:01,625 --> 00:29:02,750 URXENCIAS 422 00:29:02,833 --> 00:29:04,083 Que facemos aquí? 423 00:29:05,125 --> 00:29:06,416 Díxenche que non. 424 00:29:07,750 --> 00:29:10,166 Se chaman a poli, teño un plan. 425 00:29:10,250 --> 00:29:11,250 Confías en min? 426 00:29:12,750 --> 00:29:13,833 Déixate de lerias. 427 00:29:14,666 --> 00:29:16,333 Vante operar, e despois? 428 00:29:16,958 --> 00:29:19,500 Terás un home ou dous diante da porta. 429 00:29:20,000 --> 00:29:22,333 Cres que non poderei con dous cabróns? 430 00:29:23,500 --> 00:29:24,375 Niko. 431 00:29:24,875 --> 00:29:25,875 Que? 432 00:29:29,083 --> 00:29:30,041 Por favor. 433 00:29:30,875 --> 00:29:31,875 Faino por min. 434 00:29:32,708 --> 00:29:33,708 Arranca. 435 00:29:34,541 --> 00:29:36,083 Non volvo ó caldeiro. 436 00:29:36,750 --> 00:29:37,958 A onde queres ir? 437 00:29:40,208 --> 00:29:41,125 Sabes por que… 438 00:29:42,208 --> 00:29:43,791 non me gusta París, non? 439 00:29:45,000 --> 00:29:46,000 Sei. 440 00:29:47,791 --> 00:29:48,833 Por que? 441 00:29:51,125 --> 00:29:53,041 Porque non podes ver as estrelas. 442 00:29:53,916 --> 00:29:54,958 Xusto. 443 00:29:56,250 --> 00:29:58,291 Pois xa sabes a onde levarme. 444 00:30:01,375 --> 00:30:02,833 Veña, vamos. 445 00:30:04,500 --> 00:30:05,958 Quero durmir. 446 00:30:07,583 --> 00:30:08,666 Veña, vamos. 447 00:30:10,000 --> 00:30:11,375 Veña, arranca. 448 00:30:35,541 --> 00:30:36,375 Niko. 449 00:30:37,708 --> 00:30:39,791 - Niko. - Quede aí. 450 00:30:39,875 --> 00:30:41,333 Por que me fas isto? 451 00:30:41,833 --> 00:30:43,083 Niko! 452 00:30:43,166 --> 00:30:45,416 Niko! Por que? 453 00:30:46,958 --> 00:30:48,500 Por que me fas isto? 454 00:30:49,583 --> 00:30:50,625 Niko! 455 00:30:57,166 --> 00:30:58,166 É ese home. 456 00:31:10,125 --> 00:31:11,125 Bonita chaqueta. 457 00:31:12,083 --> 00:31:13,833 Vas acabar ti comigo? 458 00:31:13,916 --> 00:31:16,041 Non se atreve a facelo ela. 459 00:31:19,166 --> 00:31:20,250 Nin ela nin eu. 460 00:31:21,583 --> 00:31:22,583 Ninguén. 461 00:31:26,375 --> 00:31:27,375 É iso? 462 00:31:29,041 --> 00:31:30,541 Vaime encerrar tamén. 463 00:31:46,666 --> 00:31:47,666 Chao. 464 00:32:20,333 --> 00:32:21,958 Non sabemos nada de Lyna. 465 00:32:28,125 --> 00:32:31,000 PARÍS 466 00:34:06,208 --> 00:34:07,708 E ese coche? 467 00:34:35,333 --> 00:34:36,958 Que fai ese pailán? 468 00:36:59,583 --> 00:37:00,958 Viñeches salvarme? 469 00:37:02,000 --> 00:37:03,000 Non. 470 00:37:04,208 --> 00:37:05,333 Sálvome a min. 471 00:37:17,750 --> 00:37:19,083 Como fixeches iso? 472 00:37:20,208 --> 00:37:21,208 Non fun eu. 473 00:37:22,333 --> 00:37:23,333 Foi ela. 474 00:37:50,083 --> 00:37:51,208 Ola, meu amor. 475 00:37:57,791 --> 00:37:58,791 Mamá. 476 00:38:02,375 --> 00:38:03,416 Si. 477 00:39:39,583 --> 00:39:41,583 Subtítulos: María Suárez Seijas