1 00:00:53,472 --> 00:00:55,557 A LISTA TERMINAL 2 00:03:58,073 --> 00:04:00,158 Fermoso sitio para descansar, mijo. 3 00:04:08,709 --> 00:04:13,005 Señor, dálles o descanso eterno 4 00:04:14,548 --> 00:04:17,009 e que brille sobre elas a luz perpetua. 5 00:04:18,176 --> 00:04:21,430 Que descansen en paz. 6 00:04:25,934 --> 00:04:26,977 Amén. 7 00:04:29,563 --> 00:04:34,609 Ven, non é momento de estar só. 8 00:04:35,068 --> 00:04:36,695 Non quero deixalas. 9 00:04:37,279 --> 00:04:38,321 Claro. 10 00:04:41,491 --> 00:04:43,744 Hai outros xeitos de estar con elas. 11 00:04:48,290 --> 00:04:50,083 E aí díxenlle a Lucy: 12 00:04:50,167 --> 00:04:54,796 "A miña afillada non se vai preocupar por enlamar os zapatos de misa". 13 00:04:59,468 --> 00:05:02,596 Vale, eu tamén teño unha. 14 00:05:02,679 --> 00:05:04,514 - Non, nin falalo. - Non? 15 00:05:04,681 --> 00:05:07,517 - Ti non podes participar nisto. - Nisto? 16 00:05:07,809 --> 00:05:09,269 Isto son bos recordos. 17 00:05:09,352 --> 00:05:11,813 Fago que cale? Asfíxiocho nun momentiño. 18 00:05:11,980 --> 00:05:13,774 Tranquila, portareime ben. 19 00:05:15,776 --> 00:05:17,611 Cando estaba nos SEAL, 20 00:05:18,528 --> 00:05:22,699 despois das operacións, Lauren Reece facía unhas grelladas incribles. 21 00:05:23,450 --> 00:05:24,951 Unha vez, 22 00:05:25,035 --> 00:05:30,040 creo que foi xusto despois de que Sabrina me deixara oficialmente. 23 00:05:30,332 --> 00:05:31,583 Que muller era esa? 24 00:05:34,377 --> 00:05:37,798 Non estaba no meu mellor momento. E como bo amigo, 25 00:05:38,256 --> 00:05:40,675 comprou catro ou cinco caixas de cervexa? 26 00:05:40,759 --> 00:05:43,178 Creo que bebín catro ou cinco caixas? 27 00:05:43,720 --> 00:05:47,390 A noite avanza, todos marchan, miro cara a un curruncho 28 00:05:47,474 --> 00:05:52,771 e hai un sofá vermello, incrible, impoluto, co meu nome escrito. 29 00:05:53,605 --> 00:05:55,607 E claro, durmo alí toda a noite. 30 00:05:55,732 --> 00:05:59,152 Cando me decato é pola mañá, cedo de carallo. 31 00:06:03,031 --> 00:06:04,449 Miro cara arriba, 32 00:06:07,702 --> 00:06:09,121 e alí estaba… 33 00:06:11,498 --> 00:06:13,667 Lauren, coa pequena Luce no colo, 34 00:06:16,837 --> 00:06:21,675 preguntándose por que o seu salón cheiraba a urinarios. 35 00:06:24,845 --> 00:06:26,513 Era porque mexaras por ti. 36 00:06:27,848 --> 00:06:29,057 Eu… 37 00:06:36,731 --> 00:06:38,108 Brindemos. 38 00:06:39,776 --> 00:06:44,656 Pola familia Reece. Tres xeracións que agradezo ter coñecido. 39 00:06:45,157 --> 00:06:48,368 Debemos as nosas vidas ó seu amor e valentía. 40 00:06:48,535 --> 00:06:50,078 - Iso. - Iso. 41 00:07:00,005 --> 00:07:01,798 Escoita, irmán, 42 00:07:04,217 --> 00:07:07,387 o mundo é unha merda e sen elas, moito máis. 43 00:07:24,654 --> 00:07:26,364 Eu creo que marcho. 44 00:07:27,449 --> 00:07:29,326 - Marchas á casa? - Xa? 45 00:07:30,118 --> 00:07:33,330 Si, quero ir á casa. 46 00:07:35,123 --> 00:07:37,626 Ven, lévate o meu chofer. 47 00:08:42,649 --> 00:08:45,360 Quen quere sol cando hai margaritas? 48 00:08:59,833 --> 00:09:02,794 Picasso, vasme deixar ver ese debuxo? 49 00:09:02,919 --> 00:09:04,087 Non está listo. 50 00:09:04,337 --> 00:09:07,340 E se non está listo antes de que marche mañá? 51 00:09:09,259 --> 00:09:13,179 Se non me ensinas o debuxo, canto unha canción. 52 00:09:15,056 --> 00:09:16,474 Cres que non me atrevo? 53 00:09:17,976 --> 00:09:20,770 Gústanme os coches rápidos e os soños claros. 54 00:09:21,521 --> 00:09:24,441 Perseguín moitos delirios. 55 00:09:24,774 --> 00:09:28,653 Deixei atrás moitas pezas rotas… 56 00:09:28,862 --> 00:09:29,863 Grazas. 57 00:09:32,115 --> 00:09:34,826 Esta mañá cumprín 36. 58 00:09:35,660 --> 00:09:36,703 Trinta e seis? 59 00:09:38,496 --> 00:09:40,749 Perdoa, escribina hai catro anos. 60 00:09:43,460 --> 00:09:46,671 Tiven a rabia do río, o retumbo do trono. 61 00:09:53,511 --> 00:09:54,721 Que demo foi iso? 62 00:10:06,608 --> 00:10:08,443 Vaise poñer ben, papá? 63 00:10:12,405 --> 00:10:17,577 Si, só está aparvada. Agora voará coa súa familia. 64 00:10:18,912 --> 00:10:20,663 Non tes por que mentirlle. 65 00:11:19,597 --> 00:11:23,059 Perdoe, capitán. Axente especial Joshua Holder. 66 00:11:23,143 --> 00:11:25,061 Si, lémbrome de vostede. 67 00:11:25,145 --> 00:11:27,730 O NCIS levará o homicidio da súa familia. 68 00:11:27,814 --> 00:11:29,357 Hai novas do meu caso? 69 00:11:29,441 --> 00:11:33,736 En realidade veño falar dunha discrepancia no informe. 70 00:11:35,488 --> 00:11:37,824 A arma do crime, a súa SIG p226? 71 00:11:38,324 --> 00:11:42,203 Retirouse dunha caixa forte no garaxe, certo? 72 00:11:42,287 --> 00:11:46,040 Non, xa llelo dixen. Collérona dunha caixa forte do meu cuarto. 73 00:11:48,084 --> 00:11:49,752 Podería ensinarma? 74 00:11:53,465 --> 00:11:54,340 Mire. 75 00:11:57,302 --> 00:12:01,473 Só por curiosidade. Como cre que abriron os asasinos a caixa? 76 00:12:01,848 --> 00:12:03,349 Copiarían a miña pegada. 77 00:12:03,433 --> 00:12:05,435 Iso sería moi sofisticado. 78 00:12:05,518 --> 00:12:08,563 Non serve unha pegada parcial dunha lata. 79 00:12:08,646 --> 00:12:12,233 Non me foda! Xa lles dixen que son moi sofisticados. 80 00:12:12,317 --> 00:12:14,110 Hai que atopar o que escapou. 81 00:12:14,194 --> 00:12:16,321 Sacamos 30 pegadas da clínica 82 00:12:16,404 --> 00:12:19,407 e cotexámolas coa Axencia de Prisións e o NCIC. 83 00:12:19,491 --> 00:12:20,492 E a Interpol? 84 00:12:20,825 --> 00:12:22,785 Como dixen, estamos niso. 85 00:12:25,955 --> 00:12:27,373 Ensinaríame o garaxe? 86 00:12:32,003 --> 00:12:35,215 Quen coñece o contrasinal desta caixa forte? 87 00:12:35,715 --> 00:12:36,674 Só eu. 88 00:12:36,758 --> 00:12:40,595 No caso de que a pistola estivese gardada nesta caixa… 89 00:12:40,678 --> 00:12:42,597 Díxenlle que estaba no cuarto. 90 00:12:42,680 --> 00:12:45,934 Levan toda a semana papando moscas ou que? 91 00:12:46,017 --> 00:12:48,520 Debo excluír todas as posibilidades… 92 00:12:48,603 --> 00:12:52,899 O NCIS sempre traballou rápido cando un dos meus se enleaba nun bar. 93 00:12:52,982 --> 00:12:55,735 Voulle dicir algo, equivocáronse con Boozer. 94 00:12:57,612 --> 00:12:59,822 Non se suicidou, vale? 95 00:12:59,906 --> 00:13:02,116 En combate, eu tiraría portas… 96 00:13:02,200 --> 00:13:04,452 - Capitán… - Sacaría á xente dos pelos. 97 00:13:05,537 --> 00:13:08,831 Entendo a súa postura, de verdade, 98 00:13:08,915 --> 00:13:12,252 pero non estamos en combate, hai un proceso aquí na casa. 99 00:13:14,087 --> 00:13:15,171 De acordo. 100 00:13:27,850 --> 00:13:30,520 Chamei antes para ver o almirante. 101 00:13:30,603 --> 00:13:32,146 Reece, pase. 102 00:13:34,107 --> 00:13:35,483 Sente, fillo. 103 00:13:40,530 --> 00:13:43,741 Un funeral fermoso. Oxalá tardemos en ver outro. 104 00:13:44,117 --> 00:13:45,201 Si, señor. 105 00:13:46,077 --> 00:13:47,704 Quería falar de algo? 106 00:13:47,787 --> 00:13:52,584 Do NCIS, señor. Non sei se están capacitados para este caso. 107 00:13:54,002 --> 00:13:57,130 Seica pecharon a investigación sobre a Espada de Odín. 108 00:13:57,213 --> 00:14:00,174 E aceptou que Mitchell estoupou o explosivo. 109 00:14:00,258 --> 00:14:04,012 Falo da miña familia. O caso está en investigación criminal. 110 00:14:05,305 --> 00:14:09,183 Debería ser contraintelixencia. Creo que podería ser persoal. 111 00:14:09,309 --> 00:14:10,310 Persoal? 112 00:14:10,393 --> 00:14:14,772 Levo anos detrás de Kahani. Ninguén mellor ca min para liquidalo. 113 00:14:14,856 --> 00:14:16,858 El e os Quds sábeno. 114 00:14:17,233 --> 00:14:19,986 Fillo, Jahan Kahani non opera en Coronado. 115 00:14:20,069 --> 00:14:21,821 É químico, non espía. 116 00:14:21,904 --> 00:14:25,199 Mandou un escuadrón para matarnos a Boozer e a min. 117 00:14:25,700 --> 00:14:28,494 Quen matou a miña familia segue por aí solto. 118 00:14:28,578 --> 00:14:30,496 Toda a comunidade está en risco. 119 00:14:32,957 --> 00:14:36,878 Está claro que fala con liberdade, así que eu tamén o farei. 120 00:14:42,216 --> 00:14:45,345 Ponnos nunha situación insostible. 121 00:14:45,970 --> 00:14:50,266 Hai dúas semanas insistiu, pese a tódalas probas, 122 00:14:50,350 --> 00:14:53,519 en que un soldado sirio estoupou o explosivo en Siria. 123 00:14:53,603 --> 00:14:55,188 Retracteime, señor. 124 00:14:55,271 --> 00:14:58,107 Despois de lle ter que insistir. 125 00:14:58,733 --> 00:15:00,777 E agora que quere? 126 00:15:00,860 --> 00:15:05,281 Que discutamos co NCIS pola idea disparatada de que a Forza Quds 127 00:15:05,365 --> 00:15:08,743 - liquídanos SEAL nos fociños… - Señor, non escoita. 128 00:15:08,826 --> 00:15:11,037 O que non escoita é vostede, capitán. 129 00:15:12,163 --> 00:15:16,834 Sacámolo da investigación da Espada de Odín co cargo intacto. 130 00:15:17,251 --> 00:15:22,256 Demo, o capitán Howard dedicouse a salvarlle as costas a tempo completo. 131 00:15:23,383 --> 00:15:26,678 Pero a verdade é que non sabemos que lle pasa. 132 00:15:28,012 --> 00:15:32,225 E dado que non puido protexer os seus homes nin a súa familia, 133 00:15:32,308 --> 00:15:33,309 non podemos… 134 00:15:34,852 --> 00:15:37,897 Reece! Sólteo, capitán! 135 00:15:55,164 --> 00:15:57,208 Holder, Buranek, VoltStream. 136 00:15:57,291 --> 00:15:59,711 A oficina de enlace mandoume aquí. 137 00:15:59,877 --> 00:16:02,630 - Non tal. - Falei con Brenda Freeman. 138 00:16:02,922 --> 00:16:04,340 Se Brenda lle dixo algo 139 00:16:04,424 --> 00:16:07,176 é que o NCIS non acepta xornalistas na escena. 140 00:16:07,260 --> 00:16:10,012 Estiven co capitán Reece antes dos asasinatos 141 00:16:10,096 --> 00:16:11,597 e apuntoume á cabeza. 142 00:16:12,348 --> 00:16:14,225 Doulle unha declaración 143 00:16:14,308 --> 00:16:18,020 se me di que demo pasou aí. Extraoficialmente. 144 00:16:20,982 --> 00:16:25,111 O forense fixa a morte de muller e filla nun prazo de 30 minutos 145 00:16:25,194 --> 00:16:26,863 estando Reece na clínica. 146 00:16:26,946 --> 00:16:29,115 Trinta minutos antes ou despois? 147 00:16:29,198 --> 00:16:32,410 Non está claro, pero entra na marxe de erro. 148 00:16:32,493 --> 00:16:36,873 Ou as matou alguén despois de marchar el ou as matou o propio Reece 149 00:16:36,956 --> 00:16:38,583 e despois veu ata aquí. 150 00:16:39,417 --> 00:16:41,419 Cando falei con el, parecía ido. 151 00:16:41,502 --> 00:16:43,129 De aí o da pistola? 152 00:16:43,921 --> 00:16:47,175 Si, pero non coma se fose matar a muller e a filla. 153 00:16:55,600 --> 00:16:56,476 Deus santo! 154 00:16:56,934 --> 00:16:58,311 Non é bonito de ver. 155 00:16:59,645 --> 00:17:03,649 Vale. Alguén entra, dispáralles ós doutores. 156 00:17:03,733 --> 00:17:05,234 Pam, pam. 157 00:17:07,111 --> 00:17:08,446 E que pasa aquí? 158 00:17:09,864 --> 00:17:13,534 Supostamente é onde Reece pelexou 159 00:17:13,618 --> 00:17:15,161 con dous enmascarados. 160 00:17:15,411 --> 00:17:16,370 Supostamente? 161 00:17:16,454 --> 00:17:17,872 Non hai cadáver. 162 00:17:17,955 --> 00:17:21,501 E segundo Reece, deixou un dos asaltantes no chan 163 00:17:21,584 --> 00:17:25,296 nun charco de sangue. Disparoulle. Tres veces. 164 00:17:25,379 --> 00:17:27,173 Alguén limpou as probas? 165 00:17:27,256 --> 00:17:30,551 Fun o primeiro en chegar e non vin mostras dun atacante 166 00:17:30,635 --> 00:17:32,804 ou atacantes, nin vivos nin mortos. 167 00:17:32,887 --> 00:17:36,265 Vaia, e a clínica non ten cámaras de seguridade? 168 00:17:36,349 --> 00:17:38,351 Non, por confidencialidade. 169 00:17:38,935 --> 00:17:40,228 E as probas forenses? 170 00:17:40,311 --> 00:17:43,606 Nada, só as balas da nove milímetros de Reece. 171 00:17:44,148 --> 00:17:46,359 Entón por que non está preso? 172 00:17:46,442 --> 00:17:48,569 Porque nada ten sentido. 173 00:17:49,028 --> 00:17:51,531 Deulle unha coitelada. Non atopei coitelos. 174 00:17:51,614 --> 00:17:55,576 E as gravacións da casa mostran a Reece marchando tranquilo 175 00:17:55,660 --> 00:17:57,578 e volvendo en pánico. 176 00:17:57,662 --> 00:18:02,208 James Reece loitou aquí con alguén ou non? 177 00:18:03,000 --> 00:18:05,545 Convénzome dunha cousa e despois da outra. 178 00:18:06,379 --> 00:18:10,174 O que sei é que James Reece cre na súa versión dos feitos. 179 00:18:11,968 --> 00:18:14,262 E íanlle revisar a cabeza por algo. 180 00:19:18,951 --> 00:19:21,120 Deixeino claro. Non direi nada. 181 00:19:21,203 --> 00:19:25,249 Non había sinais de atacantes na Clínica Engram. Nin cadáver. 182 00:19:25,333 --> 00:19:26,792 Como explica iso? 183 00:19:31,714 --> 00:19:34,050 Vémonos na porta ó lado do garaxe. 184 00:19:36,093 --> 00:19:37,470 E os de emerxencias? 185 00:19:37,553 --> 00:19:41,223 Ás veces retiran os cadáveres antes das investigacións. 186 00:19:41,307 --> 00:19:43,935 Non. Falei con emerxencias, forense e CSI. 187 00:19:44,018 --> 00:19:46,854 - Pois non estou tolo, hostia. - Non dixen tal. 188 00:19:47,396 --> 00:19:49,565 Pero necesita alguén que o demostre. 189 00:19:50,274 --> 00:19:52,902 Atacárono despois da resonancia, non? 190 00:19:52,985 --> 00:19:54,654 - Si. - Vale, entón, 191 00:19:54,737 --> 00:19:57,823 asumo que non puido ver aínda os resultados. 192 00:19:57,907 --> 00:19:59,450 Estaba un chisco ocupado. 193 00:19:59,533 --> 00:20:01,035 Isto é unha autorización. 194 00:20:01,786 --> 00:20:05,790 Fírmea e accederei ó seu historial. Un escáner limpo axudará no caso. 195 00:20:05,873 --> 00:20:09,752 Un escáner limpo? Axudar no noso caso? Como vai axudar iso? 196 00:20:09,835 --> 00:20:12,004 Ninguén quere crerme. Non, grazas. 197 00:20:12,088 --> 00:20:14,674 O axente do seu caso quere crelo. 198 00:20:15,341 --> 00:20:17,134 - Coñeceu a Josh Holder? - Si. 199 00:20:17,885 --> 00:20:21,973 É do NCIS. Só quere pescar un SEAL e ver o seu nome nos titulares. 200 00:20:22,056 --> 00:20:24,892 E como segue libre se el foi o primeiro en chegar? 201 00:20:33,067 --> 00:20:36,070 - Ten os documentos enriba? - Que documentos? 202 00:20:39,657 --> 00:20:40,866 Teño, si. 203 00:20:42,410 --> 00:20:43,619 Quero vela. 204 00:20:45,997 --> 00:20:48,541 O meu historial médico podo conseguilo eu. 205 00:20:49,250 --> 00:20:51,711 Sei que non ten o informe policial. 206 00:20:52,837 --> 00:20:54,338 Ensínemo e firmarei isto. 207 00:21:07,560 --> 00:21:09,603 Holder chegou primeiro á clínica? 208 00:21:10,312 --> 00:21:12,481 Dixo que intenta atoparlle sentido. 209 00:21:23,576 --> 00:21:26,078 Grazas, estamos en contacto, capitán. 210 00:21:26,162 --> 00:21:28,789 Espere. Que teléfono ten? 211 00:21:30,708 --> 00:21:32,793 - Un destes. - Espere, de cales? 212 00:21:35,296 --> 00:21:36,630 Non se mova. 213 00:22:13,834 --> 00:22:15,169 Déixeme o teléfono. 214 00:22:16,504 --> 00:22:17,588 Déixeme velo. 215 00:22:21,425 --> 00:22:25,429 Póñao en modo avión, vale? Non o apague, só en modo avión. 216 00:22:25,513 --> 00:22:26,972 É unha bolsa Faraday. 217 00:22:27,056 --> 00:22:30,101 Se estivo nunha sala incomunicada, sabe como vai. 218 00:22:31,227 --> 00:22:33,854 Os móbiles son dispositivos de seguimento 219 00:22:33,938 --> 00:22:35,856 que tamén serven para chamar. 220 00:22:35,940 --> 00:22:38,442 Así conseguía a información no estranxeiro. 221 00:22:38,526 --> 00:22:42,822 Déixeo na bolsa. E isto é un teléfono de prepago. 222 00:22:42,905 --> 00:22:45,741 Úseo para avisarme. Pero non chame nin escriba. 223 00:22:45,825 --> 00:22:49,245 O que vai facer é comprar unha tarxeta regalo de Google. 224 00:22:49,328 --> 00:22:50,871 Anote isto, por favor. 225 00:22:50,955 --> 00:22:54,291 Úseo para crear unha conta en Threema. 226 00:22:54,375 --> 00:22:58,087 Non use WhatsApp. Hai anos que non é seguro, vale? 227 00:22:58,170 --> 00:23:00,756 Threema, T-H-R-E-E-M-A. 228 00:23:02,091 --> 00:23:03,092 Déame o boli. 229 00:23:05,136 --> 00:23:09,473 Voulle dar o meu usuario confidencial. Fáleme en Threema con isto. 230 00:23:14,103 --> 00:23:15,771 Memoríceo e elimíneo. 231 00:23:18,440 --> 00:23:20,901 Moitas precaucións, non? 232 00:23:22,945 --> 00:23:25,489 Se teño razón co de Kahani, non son tantas. 233 00:23:28,826 --> 00:23:31,787 Vale. Grazas, capitán. 234 00:23:35,541 --> 00:23:37,042 Podes chamarme Reece. 235 00:23:37,877 --> 00:23:40,671 Se contas a miña historia, chámame polo nome. 236 00:23:41,255 --> 00:23:44,508 Vale, Reece. Ti aguanta. 237 00:24:32,973 --> 00:24:34,225 Quen carallo es? 238 00:24:41,815 --> 00:24:43,901 Merda. 239 00:27:53,590 --> 00:27:55,217 Que? Píllote durmindo? 240 00:27:55,300 --> 00:27:59,221 GMT+3, meu. Sigo a hora do puto Iemen. Que pasa? 241 00:28:04,560 --> 00:28:05,561 É o noso home. 242 00:28:07,729 --> 00:28:08,772 O noso home? 243 00:28:19,324 --> 00:28:21,869 Reece, isto é un informe de obxectivos. 244 00:28:21,952 --> 00:28:24,746 Dixeches que se a Quds vai por SEAL en Coronado 245 00:28:24,830 --> 00:28:28,000 precisan un activo para controlar a investigación. 246 00:28:28,083 --> 00:28:32,421 Josh Holder é o axente do NCIS asignado ó meu caso e ó de Boozer. 247 00:28:32,504 --> 00:28:37,342 Pénsao. Foi o primeiro na escena de Boozer pero dixo que acudiu a Policía. 248 00:28:37,426 --> 00:28:42,347 E mira isto, chegou antes ca emerxencias á clinica da resonancia. 249 00:28:43,015 --> 00:28:45,184 Iso só pasa se xa estás na zona. 250 00:28:46,185 --> 00:28:49,897 É o que disparou, hostia. É o tipo que fuxiu. 251 00:28:52,774 --> 00:28:54,067 Pódoche preguntar algo? 252 00:28:57,488 --> 00:28:58,697 Que tal estás? 253 00:28:59,781 --> 00:29:00,824 Estou ben. 254 00:29:08,665 --> 00:29:11,752 Estas son boas para as dores de cabeza. Só unha. 255 00:29:13,212 --> 00:29:16,298 Máis dunha túmbate, dígocho eu. 256 00:29:19,843 --> 00:29:20,969 Vale. 257 00:29:21,929 --> 00:29:25,390 Antes de nada, a túa vixilancia é unha merda. 258 00:29:25,766 --> 00:29:29,228 Se te achegas tanto co camión ese que tes, vante pillar. 259 00:29:29,311 --> 00:29:32,856 Veña, meu. Non serei da Axencia, pero non son parvo. 260 00:29:32,940 --> 00:29:36,485 Pillei o coche de Lecrone dos SEAL. Non me viu. 261 00:29:44,117 --> 00:29:47,538 Bebe cervexa light. Sospeitoso. 262 00:29:52,042 --> 00:29:53,293 Estás seguro disto? 263 00:29:55,087 --> 00:29:56,922 Mireino ós ollos, Ben. 264 00:30:00,342 --> 00:30:01,385 É el. 265 00:30:09,768 --> 00:30:10,852 Cal é a xogada? 266 00:30:19,987 --> 00:30:21,446 Roy? Roy Boehm? 267 00:30:21,697 --> 00:30:23,782 Carmen? Encantado. 268 00:30:23,865 --> 00:30:26,785 - Está interesado no de dous cuartos? - Exacto. 269 00:30:26,868 --> 00:30:29,871 - Xenial, pódolle ensinar un arriba. - Ben. 270 00:30:31,623 --> 00:30:34,626 En realidade, esperaba ver antes a praia. 271 00:30:34,751 --> 00:30:37,754 - Por suposto. Por aquí. - Xenial. 272 00:30:41,300 --> 00:30:43,552 Bellogente é toda unha comunidade. 273 00:30:45,554 --> 00:30:47,681 Moita xente de fóra coma vostede. 274 00:30:47,764 --> 00:30:50,183 Nótase que é un home activo, 275 00:30:50,267 --> 00:30:53,729 así que temos piscina climatizada na azotea, ximnasio 276 00:30:53,812 --> 00:30:56,690 e un dos mellores picos de surf de San Diego. 277 00:30:56,773 --> 00:30:59,776 O único que surfeo é a rede. 278 00:31:07,659 --> 00:31:08,702 Carril bici. 279 00:31:25,552 --> 00:31:27,387 Que seguridade teñen? 280 00:31:27,471 --> 00:31:29,890 - As portas sempre están pechadas. - Xa. 281 00:31:29,973 --> 00:31:32,893 - É un barrio moi seguro. - Non fai falla alarma. 282 00:31:32,976 --> 00:31:35,395 Prométollo, non hai problemas de roubos. 283 00:31:35,479 --> 00:31:38,065 Moi ben, listo para ir arriba. 284 00:31:38,148 --> 00:31:39,441 Imos alá. 285 00:31:39,733 --> 00:31:41,943 Tódolos pisos están remodelados. 286 00:31:42,027 --> 00:31:44,696 Instalacións melloradas, ventás ecolóxicas. 287 00:31:44,988 --> 00:31:47,824 E o ano pasado pasámolo todo a enerxía solar. 288 00:31:47,908 --> 00:31:50,202 - Todo? - Si. 289 00:31:50,869 --> 00:31:52,120 A revolución verde. 290 00:31:53,080 --> 00:31:55,582 Temos algúns pisos que dan ó patio, 291 00:31:55,666 --> 00:31:58,335 pero, claro, os bos son os que dan ó Pacífico. 292 00:32:05,550 --> 00:32:07,219 Ola, son Liz. 293 00:32:07,761 --> 00:32:11,640 O meu xefe está fóra do país e estou aburrida coma unha ostra, 294 00:32:11,723 --> 00:32:15,811 pero teño gasolina. Que tal se paso por San Diego e nos vemos? 295 00:32:15,894 --> 00:32:17,437 Voen con nós. 296 00:32:18,105 --> 00:32:19,064 Boto… 297 00:32:20,107 --> 00:32:25,112 Boto de menos ás miñas rapazas, Reece. Falamos. 298 00:32:36,206 --> 00:32:37,290 Iguala. 299 00:32:40,252 --> 00:32:41,253 O seu turno. 300 00:32:44,339 --> 00:32:47,551 Non tes que facer iso. Es a cega grande. 301 00:32:47,634 --> 00:32:50,303 Vas xogar esta man de tódolos xeitos. 302 00:32:51,430 --> 00:32:53,140 Pode quedar coas cartas. 303 00:32:53,598 --> 00:32:55,308 Grazas pola información. 304 00:32:59,771 --> 00:33:02,065 O apostador pasa? Pasa. 305 00:33:03,859 --> 00:33:04,860 Pasa. 306 00:33:07,028 --> 00:33:08,280 Iguala vinte. 307 00:33:10,490 --> 00:33:11,742 Iguala vinte? 308 00:33:15,912 --> 00:33:17,497 Tes que estar de broma. 309 00:33:18,331 --> 00:33:19,207 Jordan. 310 00:33:19,291 --> 00:33:20,751 Pasas do teléfono. 311 00:33:20,834 --> 00:33:24,588 Pensei que pasara algo malo, que tiñas algún problema, pero non. 312 00:33:24,671 --> 00:33:27,966 Estás nunha mesa de póker timando universitarios. Ola. 313 00:33:28,049 --> 00:33:28,967 Cala, tío. 314 00:33:30,594 --> 00:33:31,970 A apostadora pasa? 315 00:33:36,683 --> 00:33:38,477 - Vou con todo. - Todo. 316 00:33:40,353 --> 00:33:43,356 Sal da auga, rapaz, estás nadando cunha quenlla. 317 00:33:43,440 --> 00:33:44,858 - Señor. - Si, señora. 318 00:33:50,113 --> 00:33:51,364 - Retírome. - Ben. 319 00:33:51,448 --> 00:33:52,908 Que carallo, tío? 320 00:33:56,286 --> 00:33:58,371 Estou traballando. Que queres oír? 321 00:33:58,455 --> 00:34:00,791 Que os seis meses non foron en balde. 322 00:34:01,583 --> 00:34:05,670 Que mandarte a Siria e Turquía por 1000 $ ó día foi bo para ti, 323 00:34:05,754 --> 00:34:08,507 para min e, finalmente, para VoltStream. 324 00:34:08,590 --> 00:34:11,301 O hotel de Alepo era unha merda. 325 00:34:11,384 --> 00:34:13,261 - Deberían pagarme a min. - Xa. 326 00:34:13,345 --> 00:34:17,307 Pero non cho pagaron, non? Pagueicho eu. E a túa seguridade. 327 00:34:17,390 --> 00:34:19,976 E vas e logras a mellor historia do ano. 328 00:34:20,060 --> 00:34:22,646 - Son boa no meu. - E despois desapareces. 329 00:34:22,729 --> 00:34:26,233 E agora teño que enterarme de James Reece pola ABC7? 330 00:34:27,818 --> 00:34:31,196 ABC7 non ten unha autorización médica firmada por el. 331 00:34:35,033 --> 00:34:36,243 Cóntame. 332 00:34:37,702 --> 00:34:40,580 Hai dúbidas sobre a saúde mental de Reece. 333 00:34:40,956 --> 00:34:43,917 Estou agardando que a Policía abandone a escena. 334 00:34:46,586 --> 00:34:48,880 Fíxoo el? Matou a familia? 335 00:34:49,589 --> 00:34:51,216 Iso intento pescudar. 336 00:34:53,176 --> 00:34:56,096 Púxenlle o teu nome á miña úlcera. Úlcera Katie. 337 00:34:56,179 --> 00:34:58,390 - Preocúpaste de máis. - Xa. 338 00:35:00,225 --> 00:35:03,979 Escoita, dáseche ben o impacto. Estou farto de ocultar isto. 339 00:35:04,354 --> 00:35:06,940 O mellor de VoltStream é a inmediatez. 340 00:35:07,023 --> 00:35:10,193 Tes 24 horas para darme algo que poida usar, vale? 341 00:35:11,987 --> 00:35:13,238 Paga ela. 342 00:35:30,380 --> 00:35:34,885 O coello moveuse. Avísote se dá a volta. Boa caza, amigo. 343 00:37:43,221 --> 00:37:44,264 Situación? 344 00:37:45,432 --> 00:37:48,852 O moi pallaso meteuse na autovía. Todo teu. 345 00:38:29,267 --> 00:38:30,310 Cervexa. 346 00:38:32,812 --> 00:38:33,813 Hai algo? 347 00:38:34,147 --> 00:38:38,151 Nada. Só unha obsesión enfermiza co porno de neneiras. 348 00:38:42,280 --> 00:38:43,323 Dóeche a cabeza. 349 00:38:44,824 --> 00:38:47,285 Non. Estou ben. É que onte non durmín. 350 00:38:47,368 --> 00:38:51,748 Eu tampouco podería durmir nesa casa. Deberías vir aquí. 351 00:38:51,831 --> 00:38:55,794 E alucina, non lavei as sabas dende que durmiches nelas. 352 00:38:55,877 --> 00:38:58,296 Meu, nunca as lavas. 353 00:38:58,379 --> 00:38:59,506 Exacto. 354 00:39:03,093 --> 00:39:06,971 Chámante. Ei, chámante! 355 00:39:08,723 --> 00:39:10,558 - Merda. - Washington. 356 00:39:10,892 --> 00:39:13,937 - Quen me chama de Washington? - Boa pregunta. 357 00:39:28,076 --> 00:39:29,119 Que pasa, Rick? 358 00:39:29,786 --> 00:39:30,995 Ola, irmán. 359 00:39:32,789 --> 00:39:35,542 Hai unha amiga atrás agardando por ti. 360 00:39:42,549 --> 00:39:43,758 Señora secretaria. 361 00:39:45,468 --> 00:39:46,636 Capitán. 362 00:39:47,720 --> 00:39:49,597 Oín o que pasou en WARCOM. 363 00:39:49,681 --> 00:39:52,433 Ó caso non lle fai ben atacar un almirante. 364 00:39:52,517 --> 00:39:55,228 Entra nas súas funcións rifarlle a un SEAL? 365 00:39:55,311 --> 00:39:58,398 Non lle estou rifando. Gerry pode ser un fantoche. 366 00:40:01,276 --> 00:40:02,986 Seu pai non foi SEAL? 367 00:40:04,154 --> 00:40:05,155 Si, señora. 368 00:40:06,948 --> 00:40:10,994 Unha infancia militar é un orgullo, pero tamén unha carga. 369 00:40:13,079 --> 00:40:14,706 Bebe irlandés, capitán? 370 00:40:15,915 --> 00:40:17,792 Non estou melindroso. 371 00:40:26,843 --> 00:40:31,014 Rick, tráesnos un par de Yellow Spots, por favor? 372 00:40:31,306 --> 00:40:32,390 Si, señora. 373 00:40:35,643 --> 00:40:39,272 Sabía que os SEAL desenvolveron tácticas de asalto relámpago 374 00:40:39,355 --> 00:40:40,899 con helicópteros? 375 00:40:42,066 --> 00:40:46,946 Imaxine a coincidencia se o seu pai, un SEAL novo, e o meu pai, 376 00:40:47,030 --> 00:40:48,865 un veterano, se cruzasen. 377 00:40:49,282 --> 00:40:51,075 O meu pai odiaba voar, señora. 378 00:40:52,452 --> 00:40:54,537 Sería porque voou co meu. 379 00:40:56,456 --> 00:40:59,459 Señora. Invita a casa. 380 00:41:03,755 --> 00:41:05,715 WARCOM faloulle da miña teoría? 381 00:41:07,217 --> 00:41:11,346 Kahani non só nos amolou en Siria. 382 00:41:11,429 --> 00:41:16,392 Teño motivos para crer que ten polo menos un activo no NCIS de San Diego. 383 00:41:17,393 --> 00:41:21,940 Non sei máis nada. Pero temos que actuar xa. 384 00:41:22,023 --> 00:41:24,776 Asegúrese de que só pode chegar ó meu pelotón. 385 00:41:24,859 --> 00:41:27,070 Kahani non lle é unha ameaza. 386 00:41:27,153 --> 00:41:28,780 Señora, non o sabemos. 387 00:41:30,490 --> 00:41:31,866 Pon aí as noticias. 388 00:41:33,534 --> 00:41:34,702 Si que o sabemos. 389 00:41:34,786 --> 00:41:35,620 Seguinte nova. 390 00:41:35,703 --> 00:41:38,206 O Dr. Kahani, experto iraniano en armas, 391 00:41:38,289 --> 00:41:42,335 foi eliminado nunha operación militar de elite no norte de Siria. 392 00:41:42,418 --> 00:41:46,130 O ataque dáse semanas despois dunha misión de captura fracasada 393 00:41:46,214 --> 00:41:48,549 que provocou a morte de 12 SEAL. 394 00:41:48,633 --> 00:41:50,551 O comunicado do Pentágono di: 395 00:41:50,635 --> 00:41:52,262 "O mundo, e os sirios, 396 00:41:52,345 --> 00:41:56,599 durmirán tranquilos sabendo que este experto en armas de Oriente Medio 397 00:41:56,683 --> 00:41:59,143 xa non ameaza a nosa liberdade". 398 00:42:07,568 --> 00:42:10,530 Sei o que é que a guerra te siga ata a casa. 399 00:42:11,072 --> 00:42:14,617 Pero espero que poida atopar a paz sabendo que esta misión 400 00:42:15,159 --> 00:42:16,536 rematou. 401 00:42:18,246 --> 00:42:19,580 Boa noite, capitán. 402 00:42:31,009 --> 00:42:34,554 Seguen as investigacións sobre os erros no anterior intento 403 00:42:34,637 --> 00:42:36,431 da operación Espada de Odín. 404 00:42:48,735 --> 00:42:49,736 Meu. 405 00:42:50,278 --> 00:42:51,779 Que? Tes algo? 406 00:42:51,863 --> 00:42:55,950 Si, o noso home sacou a túa biometría da base de datos dos SEAL. 407 00:42:56,826 --> 00:42:58,578 Ten sentido, son sospeitoso. 408 00:42:58,661 --> 00:43:02,749 Se non fose porque sacou as pegadas dous días antes dos asasinatos. 409 00:43:04,417 --> 00:43:06,044 Podería ser o noso home. 410 00:43:10,048 --> 00:43:11,424 Hai un xeito de sabelo. 411 00:43:15,595 --> 00:43:17,221 Coitelada, brazo esquerdo. 412 00:43:17,597 --> 00:43:20,141 Si, tróuxenche algo. 413 00:43:33,321 --> 00:43:36,449 Polas rapazas. E por Boozer. 414 00:43:53,091 --> 00:43:55,468 - Ola. - É da Policía? 415 00:43:55,551 --> 00:43:59,347 Non, prensa. Chamei antes polo escáner cerebral de James Reece. 416 00:43:59,430 --> 00:44:00,473 Si, contestei eu. 417 00:44:00,556 --> 00:44:03,726 Precisamos outro doutor para facilitar información. 418 00:44:03,810 --> 00:44:05,812 Necesitaríao para onte. 419 00:44:14,654 --> 00:44:16,322 - Agora veño. - Grazas. 420 00:44:34,132 --> 00:44:36,676 Jordan. Téñoo, hostia! 421 00:44:37,176 --> 00:44:40,930 Non, escoita. Atópame xa un neurólogo nos Ánxeles. 422 00:44:41,764 --> 00:44:43,891 Confía en min. A historia mellora. 423 00:47:09,120 --> 00:47:11,414 Esta era a pistola favorita de Boozer. 424 00:47:12,873 --> 00:47:17,503 Unha Kimber 1911, 45. Medrou en Texas disparando esta marabilla. 425 00:47:17,962 --> 00:47:21,007 Se quixera suicidarse, faríao cunha 1911. 426 00:47:22,425 --> 00:47:24,885 Parvos. Matástelo coa pistola equivocada. 427 00:47:26,929 --> 00:47:28,764 Despaciño e con boa letra. 428 00:47:29,557 --> 00:47:32,393 Ti tranquilo e seguirás vivo, vale? 429 00:47:37,440 --> 00:47:42,028 Vale. Deus. Eu… eu non matei o teu amigo. 430 00:47:42,111 --> 00:47:43,279 - Si. - Non. 431 00:47:43,362 --> 00:47:46,449 Mataches a miña muller, a miña filla. 432 00:47:47,199 --> 00:47:50,244 - Intentaches matarme. - Non matei a ninguén. 433 00:47:50,328 --> 00:47:51,245 Os brazos. 434 00:47:51,329 --> 00:47:54,373 - Non matei a ninguén. - Ensíname os brazos. 435 00:48:01,672 --> 00:48:03,132 Xira o brazo esquerdo. 436 00:48:09,472 --> 00:48:10,973 Xira o outro brazo. 437 00:48:18,147 --> 00:48:19,148 De acordo. 438 00:48:21,442 --> 00:48:22,485 De acordo. 439 00:48:24,945 --> 00:48:28,240 Talvez non os mataches, pero encubríchelo. 440 00:48:28,908 --> 00:48:29,909 Quen te manda? 441 00:48:30,743 --> 00:48:32,286 Mete aí as putas mans. 442 00:48:36,624 --> 00:48:39,168 Fíxenche unha pregunta. 443 00:48:42,713 --> 00:48:44,924 - Non choromiques, hostia. - Non sei. 444 00:48:45,007 --> 00:48:47,968 Irán? Siria? 445 00:48:50,054 --> 00:48:53,641 Teño que preguntarcho outra vez? Para quen carallo traballas? 446 00:48:54,642 --> 00:48:56,769 Veña, isto xa é aburrido, xefe. 447 00:49:10,491 --> 00:49:14,161 Pode soltar merda todo o día. Sabemos o que sabemos. 448 00:49:14,745 --> 00:49:17,373 Non hai dúbida, témolo todo sobre este merda. 449 00:49:21,419 --> 00:49:23,462 Por favor, non me manquen. 450 00:49:25,464 --> 00:49:27,383 Por favor, non me manquen. 451 00:49:30,886 --> 00:49:33,055 Merda, agora non, hostia! 452 00:49:33,639 --> 00:49:35,015 Ten amnesia, xefe. 453 00:49:36,016 --> 00:49:37,393 Suplícollo. 454 00:49:38,436 --> 00:49:41,355 - Capitán… - Por que non é sincero comigo? 455 00:49:41,439 --> 00:49:42,648 Con quen fala? 456 00:49:43,941 --> 00:49:47,445 Escoite, vale? Non o vou acusar. 457 00:49:47,778 --> 00:49:50,322 Tan só… fago que todo desapareza. 458 00:49:51,240 --> 00:49:52,950 - Fas desaparecer todo? - Si. 459 00:49:53,033 --> 00:49:55,536 Sacaches a miña pegada dactilar dos SEAL. 460 00:49:55,619 --> 00:49:58,205 Era o meu traballo na Espada de Odín. 461 00:50:02,418 --> 00:50:07,006 - Fodíchela. - Capitán, son axente federal. 462 00:50:07,089 --> 00:50:10,551 Iso, axente federal! E eu chamei ó 911, a Policía. 463 00:50:10,634 --> 00:50:12,887 Non podías ser o primeiro en chegar. 464 00:50:12,970 --> 00:50:15,222 Excepto que xa estiveras alí. 465 00:50:15,306 --> 00:50:18,392 A Policía chamounos. Saben que é da Armada. 466 00:50:18,476 --> 00:50:19,852 Saben que é da Armada. 467 00:50:23,731 --> 00:50:24,690 Non me mintas. 468 00:50:25,941 --> 00:50:26,984 Non minto. 469 00:50:29,403 --> 00:50:32,031 Merda, hostia! 470 00:50:32,364 --> 00:50:34,283 Sóubeno na casa de Boozer. 471 00:50:34,366 --> 00:50:37,369 Souben que non se matara, sóubeno nos túneles 472 00:50:37,453 --> 00:50:40,456 co pelotón Alfa e seino agora, vale, hostia? 473 00:50:40,539 --> 00:50:42,833 - Capitán… - Tendíchesme unha trampa. 474 00:50:43,459 --> 00:50:48,047 Non… Vostede non está ben. 475 00:50:51,675 --> 00:50:56,430 Se o que dis é certo, entón non hai asasino. 476 00:50:58,265 --> 00:50:59,892 Entón matei a miña familia. 477 00:51:01,644 --> 00:51:04,897 Non, non, merda. 478 00:51:09,985 --> 00:51:12,780 Convencerasme de moitas cousas, pero non diso. 479 00:51:13,030 --> 00:51:15,533 - Capitán, non. Non! - Non te movas. 480 00:51:15,616 --> 00:51:16,867 - Ergue o papo. - Non! 481 00:51:16,951 --> 00:51:18,536 Ergue o puto papo. 482 00:51:19,453 --> 00:51:23,707 Saul Agnon. Saul Agnon. Saul Agnon. 483 00:51:25,376 --> 00:51:28,838 Que? Que dis? 484 00:51:28,921 --> 00:51:31,757 Saul Agnon é o tipo que me paga. 485 00:51:32,299 --> 00:51:36,929 Chámase así. Dáme información e recibo diñeiro nunha conta. 486 00:51:38,848 --> 00:51:41,100 É todo o que sei. É todo… 487 00:54:38,402 --> 00:54:40,404 Subtítulos: Abraham Díaz López