1 00:00:53,347 --> 00:00:55,557 A LISTA TERMINAL 2 00:01:54,658 --> 00:01:57,578 VICEPRESIDENTE DE ACTIVOS DE CAPSTONE INDUSTRIES 3 00:02:17,180 --> 00:02:21,602 TEMOS QUE VERNOS HOXE. DI ONDE. MELLOR UN SITIO CON RUÍDO. 4 00:02:33,655 --> 00:02:35,324 - Grazas. - Secretaria. 5 00:02:35,699 --> 00:02:37,534 - Bo día. - Señora secretaria. 6 00:02:38,452 --> 00:02:42,331 Dediquei a miña traxectoria a reducir as baixas 7 00:02:42,414 --> 00:02:45,584 e mellorar a saúde mental nas forzas armadas. 8 00:02:45,667 --> 00:02:49,338 Pero mentres acadamos o éxito coas nosas forzas convencionais, 9 00:02:49,421 --> 00:02:53,717 a carga física e psicolóxica recae nos membros das operacións especiais 10 00:02:53,800 --> 00:02:56,470 nun grao que parece insostible. 11 00:02:57,679 --> 00:03:00,807 Gustaríanos que a nosa elite fosen máquinas, 12 00:03:01,308 --> 00:03:02,309 pero non o son. 13 00:03:02,976 --> 00:03:07,481 Imos transformar a solicitude de orzamento antes de que o asignen. 14 00:03:07,564 --> 00:03:09,191 Transformala en que medida? 15 00:03:09,274 --> 00:03:13,570 Reducións notables no despregamento de operacións especiais. 16 00:03:14,154 --> 00:03:17,491 - Recálculo de asignacións? - Non, falo de ir ó gran. 17 00:03:17,574 --> 00:03:21,411 Retiros obrigatorios. Non podemos espremelos ata esgotalos. 18 00:03:21,495 --> 00:03:23,872 A dispoñibilidade diminuirá moito. 19 00:03:23,956 --> 00:03:26,959 - E a economía... - Atoparemos niveis aceptables. 20 00:03:27,459 --> 00:03:30,003 Levamos traballando no orzamento dende xuño. 21 00:03:30,087 --> 00:03:32,589 Suxire que o reestruturemos en días. 22 00:03:32,673 --> 00:03:36,635 Díganlles ás familias que estarán soas algunhas noites. 23 00:03:36,718 --> 00:03:39,429 Os soldados pasan a vida loitando por nós, 24 00:03:39,513 --> 00:03:42,641 renunciaremos a uns días para loitar nós por eles. 25 00:03:50,691 --> 00:03:52,859 Isto é por James Reece, non si? 26 00:03:53,735 --> 00:03:55,112 É un dos factores. 27 00:04:37,946 --> 00:04:42,743 Se non sacamos isto en 12 horas, Buzzfeed adiantarase e avergoñaranos. 28 00:04:42,826 --> 00:04:47,664 Teño outra reunión. Grazas. Ó tema. Bo traballo. Grazas. Vale. 29 00:04:55,714 --> 00:04:57,215 Como non viron isto? 30 00:04:57,299 --> 00:04:59,634 Falei cun tal Dr. Russell en Incirlik. 31 00:04:59,718 --> 00:05:03,388 Quixo facer máis probas, pero Reece pediu a alta voluntaria. 32 00:05:03,472 --> 00:05:05,265 Tiña que ir ós funerais. 33 00:05:05,348 --> 00:05:07,100 Ninguén da Armada viu isto? 34 00:05:07,184 --> 00:05:09,394 Teñen un tipo liderando un pelotón 35 00:05:09,478 --> 00:05:12,689 e as probas médicas son opcionais? Iso é neglixencia. 36 00:05:14,566 --> 00:05:16,193 Vale. E agora que? 37 00:05:16,276 --> 00:05:18,653 Reece quere quedar, quero saber por que. 38 00:05:18,737 --> 00:05:21,990 De calquera forma, esta noite terei algo que publicar. 39 00:05:22,074 --> 00:05:23,408 Estás tendo coidado? 40 00:05:23,992 --> 00:05:27,496 Estaba en Sirte cando pillaron a Gadafi. Podo con isto. 41 00:05:29,623 --> 00:05:31,166 Debería acompañarte. 42 00:05:31,750 --> 00:05:36,296 Non volveriamos saber de Reece. Non, el confía en min. 43 00:06:54,875 --> 00:06:55,876 Sento eu aí. 44 00:07:06,428 --> 00:07:08,346 Reece, por que querías verme? 45 00:07:08,430 --> 00:07:13,727 Sóache Saul Agnon ou a empresa Capstone Industries? 46 00:07:13,810 --> 00:07:15,729 Ola, saben que van tomar? 47 00:07:15,812 --> 00:07:19,733 Si. Eu tomarei os ollos de leituga con robaliza. 48 00:07:19,816 --> 00:07:21,943 - Claro. - Eu nada. Grazas. 49 00:07:22,027 --> 00:07:24,905 - Tomará os bucatini. - Por suposto, agora mesmo. 50 00:07:25,655 --> 00:07:26,990 Capstone Industries? 51 00:07:27,073 --> 00:07:29,951 Unha empresa que non ten máis ca un logo na web. 52 00:07:30,035 --> 00:07:32,245 Agnon é vicepresidente de Activos. 53 00:07:32,329 --> 00:07:36,082 Fixen algunhas pescudas. Todas as súas inversións de mercado 54 00:07:36,166 --> 00:07:40,003 son recheo: Carnival Cruise Lines, Planet Fitness, H&M... 55 00:07:40,086 --> 00:07:43,381 Agora están involucrados os promotores de Planet Fitness? 56 00:07:43,465 --> 00:07:45,675 Ti escoita, o que quero dicir... 57 00:07:45,759 --> 00:07:49,846 Teñen un fondo de inversión de 60 000 millóns de dólares. 58 00:07:49,930 --> 00:07:52,766 É máis do que pode xustificar un holding público. 59 00:07:52,849 --> 00:07:54,517 Onde teñen o resto? 60 00:07:54,601 --> 00:07:56,436 Iso temos que descubrir. 61 00:07:58,146 --> 00:07:59,731 E que pasa cos iranianos? 62 00:08:00,857 --> 00:08:04,361 Nunca tivo que ver con Kahani, só era un cebo de primeira... 63 00:08:04,444 --> 00:08:09,241 Isto é algo nacional, algo empresarial. E non rematou aínda. 64 00:08:14,537 --> 00:08:16,665 De onde sae esta pista de Capstone? 65 00:08:16,748 --> 00:08:18,667 - Non é importante. - É. 66 00:08:18,750 --> 00:08:23,004 Se vou usar información, teño que poder confiar na fonte. 67 00:08:23,713 --> 00:08:24,798 A fonte son eu. 68 00:08:31,721 --> 00:08:33,932 Teño que ensinarche algo. 69 00:08:35,350 --> 00:08:37,602 Saquei isto da Clínica Engram. 70 00:08:38,186 --> 00:08:41,523 Non quería ensinarcho ata ter máis contexto. 71 00:08:50,573 --> 00:08:52,117 É un tumor, Reece... 72 00:08:53,743 --> 00:08:55,996 É do tamaño dunha noz. 73 00:08:56,538 --> 00:09:00,458 Está no nódulo entre o hipocampo e a amígdala. 74 00:09:00,875 --> 00:09:05,547 Falei cunha neuróloga. Dixo que os síntomas son dores de cabeza, 75 00:09:05,630 --> 00:09:09,050 paranoia, recordos confusos... 76 00:09:13,972 --> 00:09:16,766 - Non é meu. - Ten a data da túa visita. 77 00:09:16,850 --> 00:09:21,062 - Deucho o NCIS? - Non. Holder nunca o mencionou. 78 00:09:21,146 --> 00:09:23,898 Estou bastante segura de que só o sabemos nós. 79 00:09:24,357 --> 00:09:26,443 A neuróloga recomenda unha biopsia. 80 00:09:26,526 --> 00:09:29,529 Se non, non hai forma de dar unha diagnose exacta. 81 00:09:29,612 --> 00:09:34,451 E os dous sabemos que tiveches recordos falsos. 82 00:09:35,410 --> 00:09:39,539 Iso non o podes explicar con Jahan Kahani 83 00:09:39,622 --> 00:09:40,874 ou con Capstone... 84 00:09:42,334 --> 00:09:46,004 Mira no espello de atrás. O home con gorra e lentes de sol. 85 00:09:46,087 --> 00:09:50,091 - Velo? - Non, só xente acabando de comer. 86 00:09:50,216 --> 00:09:51,301 Marchamos. Xa! 87 00:09:52,177 --> 00:09:54,721 Espera! Reece! 88 00:09:55,513 --> 00:09:56,723 Non rematamos. 89 00:10:05,732 --> 00:10:06,900 Reece. Espera! 90 00:10:07,859 --> 00:10:09,652 Trouxeches o teu teléfono? 91 00:10:09,736 --> 00:10:11,988 Non, só o de prepago. Que pasa? 92 00:10:12,072 --> 00:10:13,615 Teñen ollos no ceo. 93 00:10:13,698 --> 00:10:15,533 Coma un dron? 94 00:10:15,617 --> 00:10:20,330 O home que vin é un especialista. Ou veu por min... ou por ti. 95 00:10:20,413 --> 00:10:23,500 Reece, non hai ninguén. Imaxinas cousas. 96 00:10:23,583 --> 00:10:27,504 Pasei o S. D. R. para vir. Só poderían seguirme cun dron. 97 00:10:30,548 --> 00:10:33,176 Este é o meu coche. Sube. Sube! 98 00:10:38,056 --> 00:10:39,265 Pon o cinto. 99 00:10:39,349 --> 00:10:43,728 Perdoa. Estamos escapando porque viches un tipo con lentes de sol? 100 00:10:43,812 --> 00:10:45,146 Non estamos escapando. 101 00:10:47,607 --> 00:10:48,900 Agarda. 102 00:10:54,697 --> 00:10:55,824 Queda aquí. 103 00:10:56,574 --> 00:10:58,201 Estás ben? Non te vin. 104 00:11:44,205 --> 00:11:45,748 Leo. Ábreo! 105 00:11:48,293 --> 00:11:50,545 Un informe de obxectivos profesional. 106 00:11:51,921 --> 00:11:54,007 Aínda cres que se me vai a cabeza? 107 00:12:22,202 --> 00:12:24,245 - Vamos á policía. - Sen polis. 108 00:12:24,329 --> 00:12:28,458 - Atacoute a plena luz do día. - O NCIS está infiltrado. 109 00:12:28,541 --> 00:12:30,877 Talvez a policía tamén, non o sabemos. 110 00:12:30,960 --> 00:12:33,129 Agora temos que desaparecer. 111 00:12:44,015 --> 00:12:46,226 Sabes usar unha destas? 112 00:12:46,309 --> 00:12:49,896 - Sei. - Non sabemos se van por ti. 113 00:12:49,979 --> 00:12:54,484 Tes que pasar desapercibida por agora. Tes onde quedar? 114 00:12:56,569 --> 00:12:57,904 - Tes? - Teño. 115 00:13:06,788 --> 00:13:09,958 Perdoa por meterte nisto. Non me volverás ver. 116 00:13:10,833 --> 00:13:11,918 Reece. 117 00:13:14,712 --> 00:13:16,714 Dáme o que teñas de Capstone. 118 00:13:17,423 --> 00:13:19,592 Descubrirei se están ligados a vós. 119 00:13:45,702 --> 00:13:47,203 Sabes onde atoparme. 120 00:14:24,782 --> 00:14:25,867 Despexado! 121 00:14:27,827 --> 00:14:28,828 Lanza a bomba. 122 00:14:34,876 --> 00:14:36,044 Dentro! 123 00:14:40,173 --> 00:14:41,341 Cúbrote. 124 00:14:44,010 --> 00:14:45,011 Despexado. 125 00:14:54,228 --> 00:14:55,229 Despexado! 126 00:14:55,938 --> 00:14:57,023 Movédevos. 127 00:14:57,190 --> 00:14:58,316 Movédevos! 128 00:15:00,234 --> 00:15:01,277 Dentro! 129 00:15:06,032 --> 00:15:07,325 Limpo! Última sala. 130 00:15:07,408 --> 00:15:09,744 - Que cona foi iso, Hargrove? - Señor? 131 00:15:09,827 --> 00:15:12,664 Estabas na porta, tiñas que atacar a sala. 132 00:15:12,747 --> 00:15:14,916 Non che pago para facerme pallas. 133 00:15:14,999 --> 00:15:17,251 Quero realismo, entendes? 134 00:15:18,169 --> 00:15:20,713 Se fas outra merda así, estás fóra. 135 00:15:27,804 --> 00:15:32,225 A precisión entrou no 83.º percentil, a velocidade no 71.º. 136 00:15:32,767 --> 00:15:34,435 Non é do mellor, pero é competitivo. 137 00:15:34,519 --> 00:15:37,063 Dende logo, non me gustaría ser o inimigo. 138 00:15:37,772 --> 00:15:40,692 Meu, as miñas reaccións seguen sendo unha merda. 139 00:15:41,192 --> 00:15:42,902 Outra vez, señor? 140 00:15:44,070 --> 00:15:45,405 Oxalá, pero non podo. 141 00:15:45,488 --> 00:15:47,782 Acabou a hora de comer. Veña, vamos. 142 00:16:29,657 --> 00:16:30,533 Steve! 143 00:16:31,451 --> 00:16:33,286 - 14:00, Janet Lansing. - Steve! 144 00:16:33,369 --> 00:16:37,081 14:45, Al Khaleef. 15:30, a xunta de Repzion, 145 00:16:37,165 --> 00:16:40,334 - 16:30, Suri Ratnavanh... - Ratanavanh. Cancélaa. 146 00:16:40,418 --> 00:16:42,879 - Steve... - Espera. Chama a Gary Mathis. 147 00:16:42,962 --> 00:16:45,047 - Temos que falar. - Espera, Saul. 148 00:16:45,131 --> 00:16:48,760 Reducimos a inversión. Se queren berrar, que busquen un muro. 149 00:17:08,654 --> 00:17:09,739 Que pase. 150 00:17:20,541 --> 00:17:23,002 Supoñíase que estabas en Santa Bárbara. 151 00:17:23,544 --> 00:17:24,796 Temos un problema. 152 00:17:26,506 --> 00:17:28,841 Que non estás en Santa Bárbara? 153 00:17:33,095 --> 00:17:36,015 - Que problema? - Dos que non se din en voz alta 154 00:17:36,098 --> 00:17:40,061 - por se o usan logo nun xuízo. - Aquí estamos seguros. 155 00:17:45,775 --> 00:17:46,818 Gordo está morto. 156 00:17:47,735 --> 00:17:48,736 Reece non. 157 00:17:49,654 --> 00:17:53,199 - Encargareime diso. - Supoñíase que se faría en Siria. 158 00:17:53,282 --> 00:17:55,743 Agora temos ó psicópata en California... 159 00:17:55,827 --> 00:17:58,329 Non é un psicópata. É un capitán dos SEAL. 160 00:17:58,412 --> 00:17:59,247 Ten respecto. 161 00:18:03,793 --> 00:18:09,048 Isto é malo, Steve. Se Reece anda solto e descobren o de Holder... 162 00:18:09,131 --> 00:18:11,551 - Holder non coñecía nada valioso. - A min. 163 00:18:11,634 --> 00:18:13,302 Eu son valioso. 164 00:18:13,386 --> 00:18:16,514 Fala con Hargrove. Organizarei a viaxe. 165 00:18:16,597 --> 00:18:18,724 Non vou ir a Santa Bárbara, meu. 166 00:18:18,808 --> 00:18:22,478 - Que Tedesco venda a súa propia empresa. - Vender non é o seu. 167 00:18:23,563 --> 00:18:24,981 Ten outras ambicións. 168 00:18:25,857 --> 00:18:28,317 É hora de centrarse, Saul, vale? 169 00:18:29,277 --> 00:18:31,904 É obrigatorio pechar o negocio de Plano. 170 00:18:31,988 --> 00:18:35,783 Capstone investiu moitos cartos e agora toca vender. 171 00:18:35,867 --> 00:18:40,413 Estou canso de esperar que Elias Ryberg lle bote collóns. Necesítote, vale? 172 00:18:42,081 --> 00:18:43,082 Ti sabes pechar. 173 00:18:46,335 --> 00:18:47,587 Kurt, que pase Janet. 174 00:19:47,021 --> 00:19:48,439 Deberías vir á cama. 175 00:19:49,941 --> 00:19:51,484 Non podo, teño deberes. 176 00:19:56,697 --> 00:20:00,743 Agora WARCOM ponte a saltar fogueiras? 177 00:20:00,910 --> 00:20:03,913 É a celebración zoroástrica de aninovo, o nowruz. 178 00:20:03,996 --> 00:20:06,666 Claro, moi relevante para a operación. 179 00:20:08,084 --> 00:20:10,753 Asignáronnos unha Forza de Defensa Siria. 180 00:20:11,379 --> 00:20:13,381 Toca aprender sobre o Kurdistán. 181 00:20:13,464 --> 00:20:14,590 Deu unha patadiña. 182 00:20:15,633 --> 00:20:16,717 Si? 183 00:20:19,303 --> 00:20:20,513 Non... 184 00:20:24,767 --> 00:20:26,352 Combativa coma papá. 185 00:20:26,477 --> 00:20:29,063 Non, o de combativa sacouno de mamá. 186 00:20:32,483 --> 00:20:35,736 Sabes que se tes que quedar alí, estarei ben. 187 00:20:35,820 --> 00:20:38,197 Virán meus pais axudarme. 188 00:20:42,243 --> 00:20:44,912 Entón se volvo, poderei ir de pesca. 189 00:20:47,456 --> 00:20:51,877 Aínda que teña que roubar un helicóptero, volverei á casa. Estarei aquí. 190 00:20:53,379 --> 00:20:55,464 Agarrándoche a man ata o final. 191 00:20:55,548 --> 00:20:59,969 Serei a única muller cun parteiro chegado do deserto. 192 00:21:07,810 --> 00:21:09,061 Non. 193 00:21:21,073 --> 00:21:22,783 Vaise poñer ben, papá? 194 00:21:22,867 --> 00:21:24,535 Si, está ben. 195 00:21:24,618 --> 00:21:27,705 Está aparvada. Agora voará coa súa familia. 196 00:21:49,935 --> 00:21:50,770 Aquí tes. 197 00:21:52,480 --> 00:21:53,481 - Grazas. - Si. 198 00:21:56,233 --> 00:21:58,861 Vexo que elixiches a suite para lúas de mel. 199 00:22:01,697 --> 00:22:05,159 Vale, tiñas razón. O NCIS búscate dende onte á noite. 200 00:22:05,242 --> 00:22:08,162 Se fose ti, botaría un tempo sen ir á casa. 201 00:22:08,245 --> 00:22:12,500 E o que che disparou en L. A. identificárono como Adrian Gordonis. 202 00:22:12,583 --> 00:22:16,420 Antigo marine, ou dos Raiders, como carallo se chamen agora. 203 00:22:16,504 --> 00:22:18,589 Pasou á privada con Talos Tactical. 204 00:22:19,465 --> 00:22:21,550 Nunca tratei directamente con eles, 205 00:22:21,634 --> 00:22:24,804 pero sei que non destacan pola súa ética. 206 00:22:24,887 --> 00:22:27,515 Deus bendito! Vai amodo! 207 00:22:28,766 --> 00:22:31,894 O burrito non vai escapar, irmán. 208 00:22:31,977 --> 00:22:33,938 Non me trouxeron os bucatini. 209 00:22:34,021 --> 00:22:38,150 - Non sei que significa iso. - Significa grazas polo burrito. 210 00:22:38,234 --> 00:22:39,902 - De nada. - Grazas. 211 00:22:54,583 --> 00:22:59,130 Luce tiña talento, eh? 212 00:22:59,630 --> 00:23:04,218 Si, tamén sabía cantar e tocar acordes con pestana. 213 00:23:09,265 --> 00:23:11,267 Era doutro mundo, irmán. 214 00:23:21,318 --> 00:23:25,239 Por moito que o intento, non lembro o día que debuxou isto. 215 00:23:25,322 --> 00:23:27,491 Eu non lembro nin o domingo pasado. 216 00:23:29,243 --> 00:23:31,662 Creo que foi a mañá antes de ir a Siria. 217 00:23:33,038 --> 00:23:36,000 E había un paxaro. 218 00:23:37,209 --> 00:23:41,172 Un estorniño, talvez. Chocou coa ventá e matouse. 219 00:23:41,255 --> 00:23:43,674 Parece que tes a memoria intacta. 220 00:23:43,757 --> 00:23:46,802 Só a metade. As outras partes... 221 00:23:46,886 --> 00:23:48,888 É unha merda, está confuso. 222 00:23:52,600 --> 00:23:54,935 Mesturado con outros recordos. É como... 223 00:23:56,187 --> 00:23:58,522 mirar por un calidoscopio. 224 00:23:59,899 --> 00:24:04,612 Meu, levaches unha boa. Quero dicir, aínda che doe a cabeza? 225 00:24:09,533 --> 00:24:10,618 Non. 226 00:24:14,955 --> 00:24:17,208 - Viches o informe de obxectivos? - Si. 227 00:24:18,918 --> 00:24:24,089 Si, parece un babiolo de moito coidado. 228 00:24:24,173 --> 00:24:25,799 Viches que canciño ten? 229 00:24:27,551 --> 00:24:31,096 Quero dicir que non me ten pinta de ser un xenio do mal. 230 00:24:31,180 --> 00:24:33,182 A min tampouco. 231 00:24:33,265 --> 00:24:35,392 Vou investigar Capstone a fondo. 232 00:24:35,476 --> 00:24:38,604 Poderiamos. Pero xa teño a alguén traballando niso. 233 00:24:39,104 --> 00:24:43,525 Unha xornalista. Podemos investigar sen levantar sospeitas. 234 00:24:43,609 --> 00:24:44,610 Unha xornalista? 235 00:24:45,319 --> 00:24:46,320 Si. 236 00:24:47,154 --> 00:24:48,822 Está ben sabelo. 237 00:24:50,366 --> 00:24:52,243 - Sabe que estás aquí? - Non. 238 00:24:52,326 --> 00:24:54,036 - Sabe que estou aquí? - Non. 239 00:24:54,119 --> 00:24:57,748 Sabes que non es o único en risco, non? Estou na CIA. 240 00:24:57,873 --> 00:25:00,167 Se sae á luz que planeas unha guerra... 241 00:25:00,251 --> 00:25:01,961 - Entendo. - Nos Ánxeles... 242 00:25:02,044 --> 00:25:04,713 Dígoche que estás limpo. Prométocho. 243 00:25:06,257 --> 00:25:07,925 Estás ben. Ela é un activo. 244 00:25:09,635 --> 00:25:11,387 Sei en que categoría poñela. 245 00:25:12,596 --> 00:25:13,931 E sen obrigas. 246 00:25:14,014 --> 00:25:17,476 - Se queres irte, enténdoo. - Que che dean! Non vou irme. 247 00:25:17,559 --> 00:25:19,979 Para min non é unha obriga, irmán. 248 00:25:21,146 --> 00:25:24,233 Só teño que saber que nos apoiamos. Iso é todo. 249 00:25:24,316 --> 00:25:25,484 Sempre. 250 00:25:27,820 --> 00:25:29,196 De acordo... 251 00:25:32,950 --> 00:25:34,118 De acordo. 252 00:25:35,703 --> 00:25:37,788 Obviamente hai unhas cantas persoas 253 00:25:37,871 --> 00:25:40,666 perseguíndote, así que sé discreto. Por favor. 254 00:25:43,210 --> 00:25:46,338 - Así me gusta. - Estou de relax. 255 00:25:46,422 --> 00:25:49,008 Se atopo algo, douche un toque. 256 00:25:49,967 --> 00:25:52,344 Recibido. Ben. 257 00:25:54,471 --> 00:25:58,851 Non vas ir ó torneo de golf vestido coma o Gran Lebowski, non? 258 00:25:58,934 --> 00:26:00,144 Odio o puto golf. 259 00:26:19,038 --> 00:26:20,331 Vas fallar. 260 00:26:23,250 --> 00:26:24,543 Vai fallar. 261 00:26:26,462 --> 00:26:29,631 Míreo, compra un pau de luxo de Scotty Cameron 262 00:26:29,715 --> 00:26:31,633 e xa pensa que vai xogar ben. 263 00:26:32,801 --> 00:26:37,473 O tipo é un xenio, xa sabe. Pero o estilo non se compra. 264 00:26:40,517 --> 00:26:42,686 Que tal o voo? Tratárono ben? 265 00:26:42,811 --> 00:26:45,272 Arrimouse a unha azafata rebuldeira? 266 00:26:45,356 --> 00:26:50,235 Dubido que Elias voase 13 horas para falar de acosos sexuais a auxiliares de voo. 267 00:26:50,319 --> 00:26:51,487 Non falo de acoso, 268 00:26:51,570 --> 00:26:56,033 falo do magnetismo natural que ten estar podre de cartos. 269 00:26:57,659 --> 00:27:01,246 Sr. Agnon, sempre disposto a bromas. 270 00:27:01,330 --> 00:27:02,414 Non é broma. 271 00:27:02,498 --> 00:27:07,086 Plano é, talvez, un dos catro grupos que poderían comprar a empresa de Mike. 272 00:27:07,169 --> 00:27:09,254 Fariamos unha oferta con Newbellum. 273 00:27:09,338 --> 00:27:11,632 Capstone Industries? É o seu turno. 274 00:27:11,715 --> 00:27:14,468 Excelente. Sabes quen xoga para nós? 275 00:27:14,551 --> 00:27:16,345 Pedín a Bryson DeChambeau. 276 00:27:16,428 --> 00:27:18,972 Tócalles Steve Davie. 277 00:27:19,932 --> 00:27:21,183 Quen carallo é ese? 278 00:27:21,725 --> 00:27:25,145 Non. Ven aquí. Vouche explicar unha cousiña. 279 00:27:29,066 --> 00:27:33,779 Bryson DeChambeau empezará para Capstone Industries. 280 00:27:58,637 --> 00:27:59,638 Boa, colega. 281 00:28:06,145 --> 00:28:10,691 Non me avergonza admitir que consideramos en serio unha oferta hai seis anos. 282 00:28:10,858 --> 00:28:12,067 Non tiña nin idea. 283 00:28:12,151 --> 00:28:14,236 O seu traballo sempre foi incrible. 284 00:28:14,319 --> 00:28:15,737 Agradézollo moito. 285 00:28:15,821 --> 00:28:18,615 Antes dos contratos militares con Capstone 286 00:28:18,699 --> 00:28:21,910 tiña outros plans para Newbellum e se a compra avanza, 287 00:28:21,994 --> 00:28:26,206 - podemos explorar a idea orixinal... - Aí o ten. Xa se emocionou. 288 00:28:27,458 --> 00:28:33,297 O que pasa cos visionarios é que ven un abano infinito de posibilidades. 289 00:28:33,380 --> 00:28:36,467 O noso traballo como socios, como patrocinadores, 290 00:28:37,050 --> 00:28:39,803 ten sido reducir un chisco ese abano. 291 00:28:40,512 --> 00:28:44,558 Cando Capstone subiu a bordo e Steve tomou o temón... 292 00:28:44,641 --> 00:28:46,935 Por iso estamos aquí, non? 293 00:28:48,896 --> 00:28:51,982 Prefiro a súa orientación actual, Sr. Tedesco. 294 00:28:52,524 --> 00:28:53,984 Por suposto, claro. 295 00:28:54,067 --> 00:28:56,153 Entón Plano ten unha contraoferta? 296 00:28:58,155 --> 00:29:02,826 Sr. Agnon, aprecio a súa perserverancia, pero isto foi, intencionadamente, 297 00:29:02,910 --> 00:29:04,161 unha visita social. 298 00:29:04,244 --> 00:29:05,370 Social? 299 00:29:05,746 --> 00:29:07,456 Vale. Que lle parece isto? 300 00:29:08,957 --> 00:29:11,251 Aluguei unha casa preto do 16. 301 00:29:12,127 --> 00:29:14,338 E se organizo unha festa esta noite? 302 00:29:14,963 --> 00:29:16,465 Chamo algunhas amigas. 303 00:29:16,548 --> 00:29:19,760 Teño unha botella de Bas-Armagnac que pega duro. 304 00:29:20,552 --> 00:29:24,181 Despois dareille unhas cifras. Se estamos na marxe, xenial. 305 00:29:24,264 --> 00:29:26,642 Se non, sempre nos quedará Bryson. 306 00:29:29,978 --> 00:29:33,607 E onde está esa casa que di? 307 00:30:19,695 --> 00:30:22,447 Si, estouno vendo. 308 00:30:24,241 --> 00:30:27,536 Foi fácil, irmán, moi fácil. 309 00:30:28,370 --> 00:30:29,413 Si. 310 00:30:53,812 --> 00:30:55,897 Desculpade, rapaces. Ola? 311 00:30:55,981 --> 00:30:59,192 - Jord, son eu. - Katie, estívente chamando. 312 00:30:59,276 --> 00:31:00,527 Que pasou onte? 313 00:31:01,194 --> 00:31:04,489 - Nada, perdoa, perdín o móbil. - Estás ben? 314 00:31:05,365 --> 00:31:08,035 Estaba equivocada coa historia de Reece. 315 00:31:08,118 --> 00:31:10,912 - Totalmente equivocada. - Que queres dicir? 316 00:31:12,789 --> 00:31:15,709 Teño que marchar un tempo da cidade. 317 00:31:15,792 --> 00:31:17,961 Estou un pouco queimada, sabes? 318 00:31:18,045 --> 00:31:21,173 Non, non sei. De que falas? 319 00:31:22,132 --> 00:31:25,969 Vasma facer, non? Vasme deixar tirado? 320 00:31:26,053 --> 00:31:27,846 Perdoa, fuches bo comigo. 321 00:31:27,929 --> 00:31:31,350 Merda, Katie. Así me pagas por confiar en ti? 322 00:31:49,534 --> 00:31:52,204 Que, como nos está indo? 323 00:31:52,788 --> 00:31:55,957 Bo traballo. Conseguirémolo. 324 00:32:02,839 --> 00:32:04,800 Págoche para andar con rodeos? 325 00:32:11,014 --> 00:32:13,767 Con isto volveremos ós niveis de 2005. 326 00:32:15,060 --> 00:32:16,186 Iso é. 327 00:32:18,605 --> 00:32:24,403 Algúns dirían que non é intelixente retirar recursos unilateralmente. 328 00:32:27,948 --> 00:32:29,491 Ti tamén o dirías? 329 00:32:32,536 --> 00:32:34,746 Lorraine, quédanche catro meses. 330 00:32:35,038 --> 00:32:37,999 E sinceramente, non sei se o comité aprobará isto. 331 00:32:38,542 --> 00:32:40,544 Queres marchar cunha derrota? 332 00:32:43,171 --> 00:32:46,800 Pois animaremos a votación. A metade da cámara gaña. 333 00:32:46,883 --> 00:32:50,262 E os nosos contratistas? Tamén pensarán que gañan? 334 00:32:50,345 --> 00:32:52,013 Intentas que me dean lástima 335 00:32:52,097 --> 00:32:55,350 - os grupos de interés? - Teñen poder. 336 00:32:55,434 --> 00:32:57,185 É dicir, teñen voz. 337 00:32:58,311 --> 00:32:59,938 O teu legado manteríase 338 00:33:00,021 --> 00:33:03,608 - sen gañar inimigos. - Escoita. 339 00:33:03,692 --> 00:33:04,943 Este é o meu legado. 340 00:33:06,653 --> 00:33:09,281 Deixar as cousas mellor do que as atopei. 341 00:34:00,332 --> 00:34:04,586 Si, aquí está pasando algo. Pensei que che gustaría sabelo. 342 00:34:30,237 --> 00:34:34,115 Ola, amor. Son Raven. 343 00:34:36,284 --> 00:34:37,953 Buscas compaña? 344 00:34:38,036 --> 00:34:41,206 Ola, Raven. Pois si. 345 00:34:45,919 --> 00:34:47,671 Vinte entrar. 346 00:34:48,255 --> 00:34:51,132 A miña amiga Sasha quixo vir ata aquí 347 00:34:51,216 --> 00:34:54,386 pero díxenlle: "Non, este é todo meu". 348 00:34:54,469 --> 00:34:55,637 Dixeches iso? 349 00:34:57,764 --> 00:35:02,686 Que che parece se imos atrás e tomamos unha copa a soas? 350 00:35:03,311 --> 00:35:05,146 E se sentamos aquí e falamos? 351 00:35:06,398 --> 00:35:07,774 Encántame falar. 352 00:35:11,570 --> 00:35:13,113 De que queres falar? 353 00:35:13,905 --> 00:35:16,825 Quero un pouco de festa. Poderíasme axudar? 354 00:35:22,038 --> 00:35:23,164 Es poli? 355 00:35:25,208 --> 00:35:26,209 Non. 356 00:35:27,043 --> 00:35:31,798 - Se o es, estás obrigado a dicirmo. - Non creo que funcione así, pero non son. 357 00:35:36,136 --> 00:35:39,681 Podo conseguirche algo. Que buscas exactamente? 358 00:35:39,764 --> 00:35:41,808 - Ultimamente dóeme a cabeza. - Si? 359 00:35:42,642 --> 00:35:45,228 - Canto? - Moitísimo. 360 00:35:48,481 --> 00:35:51,943 O DJ ten "pastis" de metadona. Cres que che valen? 361 00:35:53,737 --> 00:35:55,405 Si, creo que valen. 362 00:35:56,948 --> 00:36:01,244 Son 100 $ cada unha, un prezo tirado, só para ti. 363 00:36:02,078 --> 00:36:03,121 Só para min? 364 00:36:12,964 --> 00:36:14,591 Grazas, amor. Espera aquí. 365 00:36:23,016 --> 00:36:26,937 Parabéns, querido Donny. 366 00:36:27,020 --> 00:36:31,650 Parabéns para ti. 367 00:36:32,567 --> 00:36:34,819 Veña, xefe. Que fas? 368 00:36:34,903 --> 00:36:36,988 - Ven aquí, xefe. - Veña! 369 00:36:37,822 --> 00:36:39,866 Veña, ven aquí, Reece. 370 00:36:40,659 --> 00:36:43,161 Amor, vai todo ben? 371 00:36:48,291 --> 00:36:49,542 Só lembrei algo. 372 00:36:53,004 --> 00:36:55,799 Isto axudarache a esquecer. 373 00:37:15,902 --> 00:37:19,322 Nunca te vin traballar así nas despregaduras. 374 00:37:26,204 --> 00:37:27,664 Alí había normas. 375 00:37:27,998 --> 00:37:29,874 Si. Demasiadas. 376 00:37:40,802 --> 00:37:43,054 Non foi o mesmo dende que te fuches. 377 00:37:46,057 --> 00:37:48,810 Sabes...? Eu tamén pensei en marchar. 378 00:37:49,561 --> 00:37:53,398 Ti e os SEAL sodes unlla e carne, irmán. 379 00:37:53,481 --> 00:37:56,985 Non ías marchar e está claro que non me necesitabas. 380 00:38:02,657 --> 00:38:05,452 Non estou seguro, visto o visto. 381 00:38:07,787 --> 00:38:10,999 Deixa que me encargue eu. 382 00:38:15,670 --> 00:38:19,716 Pensas que vou deixar que te divirtas ti só? 383 00:38:23,386 --> 00:38:24,429 Pois... 384 00:38:25,138 --> 00:38:27,474 Alguén vai pasar unha noite caralluda. 385 00:38:29,809 --> 00:38:32,020 - Aquí teñen, señoritas. - Grazas. 386 00:38:33,563 --> 00:38:35,982 Non, dígollo en serio, 387 00:38:36,066 --> 00:38:41,154 é o mellor sushi que probou na vida. 388 00:38:41,237 --> 00:38:43,198 Non sexa ridículo, por favor. 389 00:38:43,281 --> 00:38:45,700 É unha puta revelación, así de claro. 390 00:38:46,201 --> 00:38:50,163 Quere falar do mellor? Estivo no Sukiyabashi Jiro? 391 00:38:50,246 --> 00:38:55,001 Só escoito falar do Jiro ese. Está ben. É bo. Supoño. 392 00:38:55,085 --> 00:38:57,796 Pero Steve atopou un tipiño, Taishi. 393 00:38:57,879 --> 00:39:00,548 Trouxémolo directamente de Hokkaido. 394 00:39:00,632 --> 00:39:04,219 Dígolle que este puto tipo fala o idioma dos peixes. 395 00:39:04,302 --> 00:39:07,806 Baixa ata o peirao e murmúralles ás xardas 396 00:39:07,889 --> 00:39:11,309 e ós bonitos. Non sei que lle din, será algo como: 397 00:39:11,392 --> 00:39:13,353 "Lévame, estou rico de carallo". 398 00:39:15,313 --> 00:39:17,440 Parece que o terei que probar. 399 00:39:17,524 --> 00:39:20,401 Claro, podo reservar. Para cando? 400 00:39:23,822 --> 00:39:27,242 Non teño axenda. Teño que falar coa miña xunta. 401 00:39:27,325 --> 00:39:29,869 Que lle dean á xunta. Pregúntolle a vostede. 402 00:39:30,411 --> 00:39:31,746 Saul, para. 403 00:39:35,583 --> 00:39:36,668 É tarde. 404 00:39:36,751 --> 00:39:40,588 Paseino moi ben, pero teño un voo pola mañá. 405 00:39:43,716 --> 00:39:46,177 Elias, levamos meses bailando. 406 00:39:47,220 --> 00:39:49,889 Quere xogar ó golf? Xogamos. Comer pescado? 407 00:39:52,100 --> 00:39:55,937 Pero chega un punto, amigo, no que me vexo obrigado a dicirlle 408 00:39:56,020 --> 00:39:58,523 que cague ou deixe o baño libre. 409 00:39:59,190 --> 00:40:01,651 Plano quere Newbellum ou non? 410 00:40:07,490 --> 00:40:09,325 Chamarei ó equipo de compras. 411 00:40:10,034 --> 00:40:13,663 Dígalle ó señor Horn que terei unha proposta pola mañá. 412 00:40:15,039 --> 00:40:16,166 Boa noite. 413 00:40:26,593 --> 00:40:28,303 Pasácheste da raia. 414 00:40:28,386 --> 00:40:32,182 A Elias Ryberg hai que tratalo con respecto, non con desdén. 415 00:40:36,519 --> 00:40:41,149 Tes a mínima idea da cantidade de cartos que che acabo de conseguir? 416 00:40:41,232 --> 00:40:45,820 Por Deus, Mike, deberías darme as putas grazas. 417 00:40:49,741 --> 00:40:54,037 Señoras e señores, poderían prestarme atención, por favor? 418 00:40:55,580 --> 00:40:56,956 Vaian tomar polo cu. 419 00:40:58,166 --> 00:41:01,920 En serio. Listo, á casa. Todos, xa foi, marchen. 420 00:41:02,712 --> 00:41:04,214 - De verdade? - Si. 421 00:42:12,240 --> 00:42:16,869 Hoxe gañamos moitos cartos, campeón. Si, moitos cartos, campeón. 422 00:42:16,995 --> 00:42:18,663 Quen é o meu bebé? 423 00:44:53,860 --> 00:44:54,944 Aí estás. 424 00:45:19,510 --> 00:45:22,305 - Perdoa. O da bolsa, Saul... - Por favor! 425 00:45:22,430 --> 00:45:26,684 Escoita. O da bolsa non foi... 426 00:45:26,809 --> 00:45:29,770 Non foi agradable para ningún dos dous, vale? 427 00:45:31,022 --> 00:45:33,941 Socorro! 428 00:45:34,108 --> 00:45:38,196 Alguén, por favor! Socorro! 429 00:45:40,865 --> 00:45:44,994 Que alguén me axude! 430 00:45:48,831 --> 00:45:50,166 Axuda! 431 00:45:53,419 --> 00:45:54,504 Acabaches? 432 00:46:10,436 --> 00:46:12,939 Por que me quere morto Capstone Industries? 433 00:46:15,983 --> 00:46:20,321 - Non sei de que me falas. - Non me mintas, hostia. 434 00:46:20,404 --> 00:46:21,280 Non minto. 435 00:46:21,364 --> 00:46:23,157 Xúroo pola tumba de miña nai. 436 00:46:23,241 --> 00:46:25,785 Ten algo que ver co tumor? 437 00:46:26,869 --> 00:46:29,080 - Que? - O tumor que teño na cabeza. 438 00:46:29,163 --> 00:46:31,040 Tes un puto tumor cerebral? 439 00:46:31,999 --> 00:46:35,169 Cago en Deus, desátame, non fixen nada. 440 00:46:47,265 --> 00:46:50,142 Vin homes aturar cousas horribles, Saul. 441 00:46:52,228 --> 00:46:55,690 Dor e humillación. 442 00:46:58,609 --> 00:47:01,404 En graos que non poderías imaxinar. 443 00:47:02,405 --> 00:47:04,240 E aínda así calaban a boca. 444 00:47:04,323 --> 00:47:09,161 Porque eses homes crían en algo, tiñan un propósito maior ca eles mesmos. 445 00:47:09,245 --> 00:47:13,666 Unha causa pola que preferían morrer entre berros 446 00:47:13,749 --> 00:47:15,418 antes que traizoar. 447 00:47:18,462 --> 00:47:20,881 Pero ti non es así, verdade, Saul? 448 00:47:20,965 --> 00:47:23,718 Non es un auténtico crente. Só es un calquera 449 00:47:23,801 --> 00:47:27,805 que caeu de cu nun mundo que non entende. 450 00:47:27,888 --> 00:47:32,435 Non queres morrer por isto, Saul. 451 00:47:33,311 --> 00:47:34,645 Entón, dime. 452 00:47:36,772 --> 00:47:41,819 Non... el non me conta nada. 453 00:47:41,902 --> 00:47:44,447 - Quen? - Illamento de datos. 454 00:47:45,448 --> 00:47:47,533 Compartimentación. Igual ca vós. 455 00:47:47,617 --> 00:47:50,453 - Quéntase con iso. - Quen se quenta con iso? 456 00:47:54,332 --> 00:47:57,209 Steve. Horn. 457 00:47:58,461 --> 00:48:03,549 Steve Horn. Iso é. Dálle un grolo. 458 00:48:13,142 --> 00:48:14,226 Veña. 459 00:48:14,352 --> 00:48:16,479 Steve é un visionario. El... 460 00:48:17,188 --> 00:48:20,858 Fixo unha fortuna en tecnolóxicas e logo pasou ó capital risco. 461 00:48:21,525 --> 00:48:26,322 Entende de xente, de mercados, de guerra. 462 00:48:29,450 --> 00:48:34,372 Eu só son un apéndice. Un mediador. Resolvo cousas. 463 00:48:36,791 --> 00:48:39,543 Como executa Steve unha emboscada en Siria? 464 00:48:39,627 --> 00:48:44,131 Steve ten amigos en todas partes. É o que ten ser multimillonario. 465 00:48:44,256 --> 00:48:47,385 - Que obxectivo tiña? - Non é o meu departamento, 466 00:48:47,468 --> 00:48:50,930 pero vai de algo chamado... 467 00:48:53,140 --> 00:48:55,768 proxecto RD4895. 468 00:48:56,435 --> 00:48:57,478 Que é iso? 469 00:48:57,561 --> 00:49:02,733 RD4895. Pero xa che digo que non sei que é. 470 00:49:04,443 --> 00:49:08,447 Só sei que vale moito diñeiro. 471 00:49:10,991 --> 00:49:12,243 Non abonda. 472 00:49:14,745 --> 00:49:19,250 Non, veña! Veña! Escoita, estoucho dicindo! 473 00:49:19,375 --> 00:49:22,878 Non sei nada! Só son un calquera! Dixéchelo ti, 474 00:49:22,962 --> 00:49:24,588 só un puto calquera! 475 00:49:35,141 --> 00:49:36,142 De acordo. 476 00:49:36,767 --> 00:49:38,310 Vale, créote. 477 00:49:39,770 --> 00:49:43,774 Steve Horn é o que manda e ti es a putiña dos mandados. 478 00:49:43,858 --> 00:49:45,067 - Si! - É así? 479 00:49:45,151 --> 00:49:47,695 - Si, é así! - Non tomas decisións. 480 00:49:47,778 --> 00:49:51,240 - Non querías que pasara isto. - Xúroo por Deus. 481 00:49:51,991 --> 00:49:55,244 Quen enviaches para matar á miña familia? 482 00:50:04,920 --> 00:50:07,465 - Bebe máis. - Quero ir á casa, tío. 483 00:50:12,845 --> 00:50:14,388 Fíxenche unha pregunta. 484 00:50:27,067 --> 00:50:29,320 Hai un avogado en Jackson Hole. 485 00:50:29,403 --> 00:50:31,071 Marcus Boykin. 486 00:50:31,155 --> 00:50:36,410 Negocia no mercado negro do cru en todo o mundo, incluído México. 487 00:50:36,494 --> 00:50:37,495 México? 488 00:50:40,623 --> 00:50:42,082 Contratou sicarios. 489 00:50:44,460 --> 00:50:46,629 Quen disparou? Onde o atopo? 490 00:50:46,712 --> 00:50:49,215 - No puto México! - Sé específico. 491 00:50:49,298 --> 00:50:53,469 "Cal é o enderezo do sicario"? Ninguén pregunta algo así! 492 00:50:53,552 --> 00:50:54,678 Boykin sábeo? 493 00:50:54,762 --> 00:50:56,514 Boykin non sabe unha merda. 494 00:50:56,597 --> 00:51:02,561 Sabe números de enrutamento de matóns incompetentes. 495 00:51:04,480 --> 00:51:06,482 É máis inútil ca min. 496 00:51:12,071 --> 00:51:15,658 Cando nos despregan gústalles dicir que é pola liberdade. 497 00:51:15,741 --> 00:51:18,327 Pero en realidade, Saul, 498 00:51:19,328 --> 00:51:22,122 é que hai mal neste mundo. 499 00:51:24,416 --> 00:51:27,670 Nós mirámolo ós ollos. Os demais non teñen collóns. 500 00:51:27,753 --> 00:51:29,672 Ese é o traballo que facemos. 501 00:51:29,755 --> 00:51:33,175 Vós só tedes que pagar impostos e mantervos á marxe. 502 00:51:33,259 --> 00:51:35,511 Pero ti, Saul, 503 00:51:36,679 --> 00:51:40,558 Steve Horn, Capstone Industries, 504 00:51:42,560 --> 00:51:44,770 queriades baixar ó barro. 505 00:51:45,813 --> 00:51:48,858 Agora estades nun campo de batalla. 506 00:51:52,862 --> 00:51:55,447 Isto é un cóctel de metadona, Saul. 507 00:51:56,073 --> 00:51:59,577 É unha morte tranquila. Tes sorte. 508 00:52:00,744 --> 00:52:02,371 É máis do que mereces. 509 00:53:10,856 --> 00:53:11,941 MENSAXE DE REECE 510 00:53:12,024 --> 00:53:15,986 PROXECTO RD4895 DE CAPSTONE... CÓIDATE 511 00:54:10,666 --> 00:54:13,335 Miramos un sitio en Tahoe, conteicho? 512 00:54:14,211 --> 00:54:16,046 Unha cabaniña na costa oeste. 513 00:54:17,381 --> 00:54:21,051 Lauren tiña o plan de adestrar atletas en altura. 514 00:54:21,802 --> 00:54:25,180 Lucy quería vivir nun sitio onde puidese ver as estrelas. 515 00:54:30,436 --> 00:54:32,438 Era todo o que querían. 516 00:54:33,397 --> 00:54:36,358 Agora están mortas, non teñen nada. 517 00:54:37,985 --> 00:54:42,906 Só escuridade por culpa dun proxecto empresarial. 518 00:54:45,409 --> 00:54:48,037 Por iso morreron miña muller e miña filla. 519 00:54:49,788 --> 00:54:51,290 É o que non entendo. 520 00:54:52,833 --> 00:54:55,169 Por que meter nisto ás rapazas? 521 00:54:58,547 --> 00:55:00,549 Un asasinato chamaría a atención. 522 00:55:03,218 --> 00:55:06,096 O veterano de guerra tolea, mata a familia, 523 00:55:06,180 --> 00:55:08,599 mata os doutores, suicídase. 524 00:55:08,682 --> 00:55:12,936 A ninguén lle estraña. É máis dixerible. 525 00:55:14,688 --> 00:55:17,524 Steve Horn está en San Francisco. 526 00:55:18,067 --> 00:55:22,029 A cabeza da serpe. Dirame a verdade do RD4895. 527 00:55:22,863 --> 00:55:25,532 Porén, Boykin é a vía para chegar ó sicario. 528 00:55:26,325 --> 00:55:28,535 O que matou a Lauren e Lucy. 529 00:55:28,619 --> 00:55:31,997 Vale. Respostas ou sangue. 530 00:55:34,041 --> 00:55:35,209 A elixir. 531 00:55:41,006 --> 00:55:42,049 Sangue. 532 00:57:36,580 --> 00:57:38,582 Subtítulos: Abraham Díaz López