1 00:00:53,305 --> 00:00:55,516 A LISTA TERMINAL 2 00:01:04,483 --> 00:01:07,945 Helicóptero derrubado. Esquina sueste do patio. 3 00:01:08,028 --> 00:01:08,946 NAJAF, IRAQ, 2007 4 00:01:09,029 --> 00:01:12,533 Saímos do edificio 16. Informes de helicóptero derrubado. 5 00:01:13,450 --> 00:01:17,454 Oficial técnica Liz Riley. Estou atrapada! Preciso as Forzas Rápidas! 6 00:01:17,538 --> 00:01:20,791 Imos cara ó norte ó Kiowa derrubado. Tempo de chegada? 7 00:01:20,874 --> 00:01:22,376 Axiña de carallo. 8 00:01:22,459 --> 00:01:26,088 A menos de dous minutos. Solicitamos avión de apoio. 9 00:01:26,171 --> 00:01:30,425 Negativo, capitán. Non a rescaten. A zona está chea de árabes. 10 00:01:30,551 --> 00:01:31,426 Non, ho! 11 00:01:31,510 --> 00:01:34,263 - Imos cara ó norte… - Estoume cagando vivo. 12 00:01:34,346 --> 00:01:37,432 Díxenche que te afastaras dos kebabs da rúa, Donny. 13 00:01:37,516 --> 00:01:38,809 - Boh! - Volva á base. 14 00:01:38,892 --> 00:01:42,062 Os comandos e Forzas Rápidas chegarán en 20 minutos. 15 00:01:42,145 --> 00:01:43,897 - Merda! - Recíbeme? 16 00:01:43,981 --> 00:01:47,025 - Ela non ten 20 minutos. - Capitán, recíbeme? 17 00:01:49,695 --> 00:01:51,488 Sinal… córtase… 18 00:01:51,572 --> 00:01:53,657 - Capitán… - Imos ó accidente. 19 00:01:53,740 --> 00:01:56,577 - Cox vaite capar. - Que se poña á fila. 20 00:01:56,660 --> 00:01:58,871 Donny, aperta! Non cagues no coche! 21 00:01:58,954 --> 00:02:00,622 Estou facendo forza. 22 00:02:02,583 --> 00:02:03,584 Movédevos! 23 00:02:30,611 --> 00:02:31,778 Movemos! 24 00:02:31,862 --> 00:02:32,905 Movédevos! 25 00:02:34,114 --> 00:02:35,324 Movédevos! Axiña! 26 00:02:37,034 --> 00:02:38,160 Donny! 27 00:02:38,243 --> 00:02:39,953 Vou contigo, xefe. Vamos! 28 00:02:40,037 --> 00:02:43,832 - Somos compañeiros! - Somos compañeiros! 29 00:02:43,916 --> 00:02:44,958 Compañeiros! 30 00:02:45,584 --> 00:02:47,836 - Movede! Movede! - Cabróns! 31 00:02:49,212 --> 00:02:50,547 Compañeiros! 32 00:02:50,631 --> 00:02:52,257 Inimigo á miña dereita! 33 00:02:56,929 --> 00:02:58,931 - Cúbroche as costas, xefe. - Ola. 34 00:02:59,014 --> 00:03:01,224 Fáleme, Riley, como está? 35 00:03:02,392 --> 00:03:03,393 Estiven mellor. 36 00:03:03,477 --> 00:03:05,354 Noto un acento sureño? 37 00:03:05,437 --> 00:03:07,356 Fort Rucker, Alabama. 38 00:03:08,857 --> 00:03:10,067 Está sangrando? 39 00:03:10,150 --> 00:03:11,443 Golpe nas costas. 40 00:03:11,526 --> 00:03:13,779 Míreme. É seareira de Auburn, Riley? 41 00:03:13,862 --> 00:03:15,906 Non, de Alabama. Sube a marea! 42 00:03:16,615 --> 00:03:19,076 Vale, sube a marea! 43 00:03:19,159 --> 00:03:21,286 Que tal se a levamos á casa? 44 00:03:21,370 --> 00:03:22,454 Papá! 45 00:03:36,718 --> 00:03:38,553 Vaise poñer ben, papá? 46 00:04:51,376 --> 00:04:53,920 Levamos dando moitas voltas con isto, 47 00:04:54,004 --> 00:04:56,256 pero creo que chegamos onde queriamos. 48 00:04:56,339 --> 00:05:00,343 Hai tempo que quería facer negocios. Alégrome de que saíse. 49 00:05:00,427 --> 00:05:01,887 - Voa esta noite? - Si. 50 00:05:01,970 --> 00:05:03,722 Non lle roubarei máis tempo. 51 00:05:03,805 --> 00:05:05,182 - Un pracer. - O mesmo. 52 00:05:05,265 --> 00:05:07,851 - Necesita que o leven? - Non, teño chofer. 53 00:05:07,934 --> 00:05:09,352 A próxima invito eu. 54 00:05:09,436 --> 00:05:11,646 Claro, estamos en contacto. 55 00:05:13,607 --> 00:05:15,692 Mike, grazas por agardar. 56 00:05:15,776 --> 00:05:16,735 Si. 57 00:05:18,195 --> 00:05:20,072 - Un pracer verte. - O mesmo. 58 00:05:22,532 --> 00:05:23,784 Mesmo sen Pryor… 59 00:05:24,409 --> 00:05:27,913 Non é decisivo. Aínda queda votar no Senado. 60 00:05:27,996 --> 00:05:30,248 Lorraine Hartley non vai abandonar. 61 00:05:30,332 --> 00:05:31,500 Escoita, Mike. 62 00:05:34,503 --> 00:05:36,588 É o son do mundo dándose conta 63 00:05:36,671 --> 00:05:41,301 de que Nubellum segue a ser o puto mellor contrato do mercado. 64 00:05:41,384 --> 00:05:43,136 Conseguino eu, vale? 65 00:05:43,220 --> 00:05:46,848 En calquera minuto, chamará Elias Ryberg, 66 00:05:46,932 --> 00:05:49,726 e diralle a Kurt que o reconsiderou. 67 00:05:50,727 --> 00:05:52,270 Véndocho. 68 00:05:53,188 --> 00:05:56,483 Véndoche o RD4895. A patente, a investigación… 69 00:05:57,025 --> 00:05:58,485 É teu. 70 00:05:58,568 --> 00:06:00,946 Despois véndesllo a Plano, á carta… 71 00:06:02,405 --> 00:06:03,323 Separámonos. 72 00:06:03,406 --> 00:06:06,701 Todos gañamos. Levas o que queres e eu quedo coa empresa. 73 00:06:10,747 --> 00:06:12,415 A xunta non o aceptará. 74 00:06:12,499 --> 00:06:16,294 Ofrézoche un bo prezo. Sabemos que é o único que importa. 75 00:06:16,378 --> 00:06:19,256 Mike, imos vender a empresa. Toda a empresa. 76 00:06:19,339 --> 00:06:21,133 Vale? Ese é o plan. 77 00:06:21,216 --> 00:06:23,051 E a alternativa? Verás, 78 00:06:24,094 --> 00:06:26,721 gústame verte ó temón de Nubellum, en serio. 79 00:06:27,764 --> 00:06:29,266 Pero a Plano dálle igual. 80 00:06:51,454 --> 00:06:53,957 Hostia, "lizgaira", son case as 08:00. 81 00:06:54,040 --> 00:06:55,917 Odio a xente madrugadora. 82 00:06:56,001 --> 00:06:58,253 Mesmo se che fan o almorzo? 83 00:07:01,131 --> 00:07:03,466 Hoxe volvemos á casa? 84 00:07:04,009 --> 00:07:05,468 Non creo. 85 00:07:06,178 --> 00:07:08,555 A base de Horn é unha rúa cega. 86 00:07:08,638 --> 00:07:11,141 Protexida e inzada de gardas de Talos. 87 00:07:11,933 --> 00:07:13,393 Non é doado chegar a el. 88 00:07:14,186 --> 00:07:17,063 Creo que temos que centrarnos en Capstone. 89 00:07:17,939 --> 00:07:20,275 Aí poderiamos capturar vivo a Horn. 90 00:07:20,358 --> 00:07:23,987 Reece, iso está en pleno distrito financeiro. 91 00:07:24,070 --> 00:07:25,906 Paréceche máis doado? 92 00:07:28,742 --> 00:07:29,951 Haberá que velo. 93 00:07:56,811 --> 00:07:59,105 Alguén se está a coar na festa. 94 00:08:00,565 --> 00:08:02,234 Si, xa os vexo. 95 00:08:07,030 --> 00:08:08,114 Por aquí. 96 00:08:21,753 --> 00:08:25,257 Lin que Gwyneth Paltrow bebe un batido de 250 $ cada día. 97 00:08:25,340 --> 00:08:28,718 Que lles parece? Maca, ashwagandha e puto po de lúa. 98 00:08:29,261 --> 00:08:30,720 Grazas, Eddie. 99 00:08:30,804 --> 00:08:35,350 Creo que para maximizar o potencial dun, hai que alimentar o corpo, non o ego. 100 00:08:35,433 --> 00:08:38,478 - Steve Horn. Un pracer. - Axente especial Layun. 101 00:08:38,561 --> 00:08:41,731 Ela é MacKenzie Wilson, do Corpo de Marshals. 102 00:08:41,815 --> 00:08:45,360 Gustaríanos falarlle dun dos seus gardas de Talos, 103 00:08:45,443 --> 00:08:46,736 Adrian Gordonis. 104 00:08:46,820 --> 00:08:50,699 Cando oín que lle dispararan a Gordo, supuxen que virían. 105 00:08:50,782 --> 00:08:52,909 Que misión tiña nos Ánxeles? 106 00:08:52,993 --> 00:08:54,786 Estaba fóra de servizo. 107 00:08:54,869 --> 00:08:57,872 Traballa para vostede. Non sabía que facía? 108 00:08:57,956 --> 00:09:00,959 Para min traballan moitos membros de Talos, pero… 109 00:09:01,042 --> 00:09:03,086 son contratistas independentes. 110 00:09:03,169 --> 00:09:05,255 Ten un bo despregamento aí fóra. 111 00:09:05,338 --> 00:09:08,466 É o estándar ou teme que alguén vaia por vostede? 112 00:09:09,509 --> 00:09:12,095 Capstone xera unha riqueza inmensa 113 00:09:12,178 --> 00:09:14,139 e un nivel acorde de aversión. 114 00:09:14,222 --> 00:09:17,726 Temos moitos intereses nas telecomunicacións africanas, 115 00:09:17,809 --> 00:09:21,104 así que Boko Haram e Al-Shabab non están moi contentos. 116 00:09:21,187 --> 00:09:23,940 - En Latinoamérica… - Problemas de home grande. 117 00:09:25,025 --> 00:09:28,653 Non consegues un despacho así sen cabrear algunhas persoas. 118 00:09:29,195 --> 00:09:31,239 Cabreou a James Reece? 119 00:09:32,991 --> 00:09:34,909 Non me soa ese nome. 120 00:09:34,993 --> 00:09:37,037 O seu home coñecíao ben. 121 00:09:37,120 --> 00:09:38,955 Gordo disparou primeiro. 122 00:09:39,664 --> 00:09:44,377 Sospeitamos que James Reece tamén matou o seu vicepresidente, Saul Agnon. 123 00:09:46,338 --> 00:09:48,798 Dixéronme que Saul morreu de sobredose. 124 00:09:49,632 --> 00:09:52,135 Debería preocuparme ese tal James Reece? 125 00:09:52,218 --> 00:09:54,554 Deixe de finxir que non o coñece. 126 00:09:54,637 --> 00:09:58,516 Segundo as súas tatuaxes, compartiu unidade con Reece. 127 00:09:58,600 --> 00:10:02,062 Esqueleto de ra. Así honran os SEAL os caídos. 128 00:10:02,604 --> 00:10:06,775 Ou o señor Horn foi unha ra dos SEAL ou… 129 00:10:08,651 --> 00:10:10,278 talvez sexa un mentirán. 130 00:10:13,406 --> 00:10:18,036 Mac estivo alistada. Tres despregamentos. Odia a falsidade, verdade? 131 00:10:18,119 --> 00:10:18,953 Así é, señor. 132 00:10:19,037 --> 00:10:22,165 Medrei á sombra de Fort Bragg, señora Wilson. 133 00:10:22,248 --> 00:10:27,295 A maioría de amigos e familiares serviron. Os exames leváronme por outro camiño. 134 00:10:27,379 --> 00:10:30,632 Pero sempre respectei esa cultura. 135 00:10:31,633 --> 00:10:33,468 As tatuaxes son conmemoración. 136 00:10:34,761 --> 00:10:36,137 Admiración. 137 00:10:39,974 --> 00:10:42,560 Adoita conseguir o que quere, non? 138 00:10:42,644 --> 00:10:46,147 Só coñece unha vida de éxitos. 139 00:10:46,231 --> 00:10:48,775 Reece adoita cazar e matar a súa presa. 140 00:10:48,858 --> 00:10:50,443 É o que sabe facer. 141 00:10:50,527 --> 00:10:53,571 Pois alégrame que estean traballando no caso. 142 00:10:53,655 --> 00:10:57,867 Verán, teño reunións e tanto axente non dá boa imaxe. 143 00:10:57,992 --> 00:11:01,204 Se cren que o meu nivel de seguridade non é adecuado, 144 00:11:01,287 --> 00:11:04,124 poden tomar posicións na rúa e poñerse cómodos. 145 00:11:04,207 --> 00:11:08,461 - Os meus homes non lles darán problemas. - Un plan xenial, grazas. 146 00:11:14,884 --> 00:11:16,845 Non o fagas persoal, Mac. 147 00:11:17,554 --> 00:11:20,014 Persoalmente, creo que é un babeco. 148 00:11:20,682 --> 00:11:24,060 O noso traballo non é que nos guste, é protexelo. 149 00:11:25,728 --> 00:11:27,856 Grazas por verme tan axiña. 150 00:11:27,939 --> 00:11:31,484 Dados os rumores, queriamos facer un perfil antes da venda. 151 00:11:31,568 --> 00:11:35,405 Imaxino que unha portada no Atlantic lles axudará no prezo final? 152 00:11:36,072 --> 00:11:37,949 Non creo que faga dano, non. 153 00:11:38,741 --> 00:11:42,620 Fundou Nubellum creando medicamentos para o mercado comercial, 154 00:11:42,704 --> 00:11:45,707 - alzhéimer… - O doutor Tedesco estudou neurociencia 155 00:11:45,790 --> 00:11:48,918 - na Universidade de California… - Berkeley. Lin a bio. 156 00:11:49,002 --> 00:11:51,463 Só me preguntaba por que. 157 00:11:51,546 --> 00:11:55,091 Por que o alzhéimer? Non atopei casos na súa familia. 158 00:11:58,720 --> 00:12:00,472 Flores para Algernon. 159 00:12:00,555 --> 00:12:02,223 Lino na universidade 160 00:12:02,307 --> 00:12:06,853 e a idea de perderse un mesmo facíame espertar entre pesadelos. 161 00:12:06,936 --> 00:12:09,481 Daquela cría que podía cambiar as cousas. 162 00:12:10,273 --> 00:12:13,902 "Daquela"? Diría que perdeu ese optimismo? 163 00:12:13,985 --> 00:12:19,157 Non, o programa de Optimización Humana é o cumio da obra vital do señor Tedesco. 164 00:12:19,240 --> 00:12:23,536 Só deron o salto ós nootrópicos militares coa chegada de Capstone, 165 00:12:23,620 --> 00:12:25,497 para optimizar soldados. 166 00:12:25,997 --> 00:12:29,876 Algúns dirían que é una aplicación cínica da súa obra vital. 167 00:12:29,959 --> 00:12:33,671 Os nosos contratos con Defensa fixéronnos líderes do sector 168 00:12:33,755 --> 00:12:37,091 en supresión do apetito, somníferos, volume de osíxeno… 169 00:12:37,175 --> 00:12:39,469 Como dixen, unha aplicación cínica. 170 00:12:41,930 --> 00:12:43,389 Descúlpeme. 171 00:12:45,391 --> 00:12:49,270 Señora Buranek, todo o que preguntou está na rede. 172 00:12:50,438 --> 00:12:54,442 Talvez queira oír falar das nosas iniciativas de expansión? 173 00:12:54,526 --> 00:12:56,444 Expandímonos máis alá de… 174 00:12:56,528 --> 00:12:59,197 Non, creo que teño o que precisaba. Grazas. 175 00:13:16,256 --> 00:13:17,465 Que carallo fai? 176 00:13:17,549 --> 00:13:21,678 Perdoe, pero viña entrevistalo a vostede, non ó robot ese. 177 00:13:22,720 --> 00:13:24,597 Lino en PharmaTimes. 178 00:13:24,681 --> 00:13:28,935 Pareceume que lle preocupaba o rumbo que lle impuxo Steve Horn. 179 00:13:29,018 --> 00:13:33,815 Non sempre penso o mesmo ca Steve, pero sabe sacar beneficios. 180 00:13:33,898 --> 00:13:36,859 Por iso o ten a traballar na sala de conferencias 181 00:13:36,943 --> 00:13:40,321 mentres el decide o futuro da empresa dende o ático. 182 00:13:41,114 --> 00:13:42,991 Que é o RD4895? 183 00:13:46,286 --> 00:13:48,538 Que supervisión mantén vostede? 184 00:13:49,664 --> 00:13:53,084 Digamos que está xerando tumores nos consumidores… 185 00:13:53,167 --> 00:13:57,130 Non hai consumidores. O RD4895 non tivo ensaios en humanos. 186 00:13:58,339 --> 00:13:59,674 E se os tivese? 187 00:14:02,010 --> 00:14:04,429 Se lle digo que o usaron no pelotón SEAL 188 00:14:04,512 --> 00:14:07,682 que foi a Siria hai dous meses e nunca regresou? 189 00:14:09,392 --> 00:14:10,810 Faría algún comentario? 190 00:14:16,065 --> 00:14:18,026 Con sinceridade, 191 00:14:18,901 --> 00:14:23,031 con total sinceridade, non teño nin idea de que me fala. 192 00:14:35,668 --> 00:14:39,339 Memorice isto, peche a porta e tíreo polo váter. 193 00:14:39,964 --> 00:14:42,592 Cando estea listo para falar, contácteme. 194 00:15:40,233 --> 00:15:43,736 Este é o noso obxectivo. O único sitio onde Horn se expón. 195 00:15:44,737 --> 00:15:45,947 Non sei. 196 00:15:46,447 --> 00:15:49,659 Tes que matar seis gardas na rúa sen ferir civís, 197 00:15:49,784 --> 00:15:52,662 sacar a Horn vivo e despistar o FBI? 198 00:15:52,745 --> 00:15:54,831 Seguro que o necesitamos vivo? 199 00:15:56,666 --> 00:15:57,750 Si. 200 00:15:59,001 --> 00:16:00,753 Ten preguntas que responder. 201 00:16:03,589 --> 00:16:06,634 Que me fixo? Quen lle axudou? 202 00:16:14,892 --> 00:16:16,144 Que tal estás, Reece? 203 00:16:17,603 --> 00:16:18,604 Vas ben? 204 00:16:19,814 --> 00:16:20,982 Estou ben. 205 00:16:25,319 --> 00:16:29,741 Estas pastillas fan o seu traballo. Se puidese cumprir os prazos… 206 00:16:32,160 --> 00:16:34,746 Imos ben, conseguirémolo. 207 00:16:35,997 --> 00:16:37,123 De acordo. 208 00:16:37,707 --> 00:16:39,667 Vou falar con Ron. 209 00:16:39,751 --> 00:16:42,670 A ver se nos deixa o hangar máis días. 210 00:16:51,554 --> 00:16:53,598 Falei con Tedesco. É o elo feble. 211 00:16:53,681 --> 00:16:56,768 Nin sequera quere vender. E creo que odia a Horn. 212 00:16:56,851 --> 00:17:00,480 Cando lle mencionei o RD4895, alterouse de inmediato. 213 00:17:00,563 --> 00:17:02,273 Cres que está implicado? 214 00:17:03,149 --> 00:17:06,694 - Dende logo, algo sabe. - Que plan tes? 215 00:17:07,653 --> 00:17:08,780 Depende. 216 00:17:16,454 --> 00:17:20,124 SABEN QUE ESTÁS EN SAN FRANCISCO. DÉIXAO. SÉGUETE O FBI. 217 00:17:20,208 --> 00:17:22,585 - Merda. - Que pasa? 218 00:17:29,842 --> 00:17:30,885 Katie? 219 00:17:35,097 --> 00:17:38,392 Teñen dúas na rúa da Universidade e outra na Cherokee. 220 00:17:38,476 --> 00:17:41,896 Quero dicir, a quen coñeces que use prepago? 221 00:17:41,979 --> 00:17:43,731 Algún haberá, pero… 222 00:17:44,273 --> 00:17:46,108 Que queres dicir, Junior? 223 00:17:46,984 --> 00:17:48,528 Que non pode ser 224 00:17:49,403 --> 00:17:51,906 que vendan tantos móbiles. 225 00:17:51,989 --> 00:17:54,784 Dígoche que é unha tapadeira. 226 00:17:54,867 --> 00:17:57,245 Tes demasiado tempo libre. 227 00:17:58,037 --> 00:18:00,122 Tula, estou a mil cousas. 228 00:18:00,206 --> 00:18:02,083 Como vai a reporteira? 229 00:18:04,418 --> 00:18:08,297 - Ben, xefe. Todo tranquilo… - Necesitamos reforzos, señor. 230 00:18:08,381 --> 00:18:10,383 Non temos máis unidades. 231 00:18:10,466 --> 00:18:14,095 Enténdoo e aprecio a paciencia que estades mostrando todos. 232 00:18:15,096 --> 00:18:18,224 Estamos no sitio adecuado. Toca agardar. 233 00:18:19,392 --> 00:18:21,435 O noso informe final indica 234 00:18:21,519 --> 00:18:24,355 que hai varios contratos de invención sen firmar. 235 00:18:24,438 --> 00:18:25,439 Como vai iso? 236 00:18:25,523 --> 00:18:28,109 Subirémolos á plataforma esta noite. 237 00:18:28,192 --> 00:18:29,235 Grazas. 238 00:18:29,318 --> 00:18:32,280 Aprecio o esforzo para acelerar o proceso, Mike. 239 00:18:33,406 --> 00:18:36,659 Porén, temos que volver ó tema da taxación. 240 00:18:37,743 --> 00:18:39,537 As bases cambiaron. 241 00:18:40,246 --> 00:18:43,666 Dende que fixemos a oferta, o contrato co Pentágono 242 00:18:43,749 --> 00:18:45,418 viuse moi ameazado. 243 00:18:45,501 --> 00:18:47,378 O noso contrato segue aí. 244 00:18:50,840 --> 00:18:54,886 Se estás preocupado, talvez teñamos que deixar o trato. 245 00:19:05,730 --> 00:19:06,856 Que cifra propós? 246 00:19:10,151 --> 00:19:11,694 Déixennos sós. 247 00:19:22,121 --> 00:19:24,415 Ti tamén, Mike. Por favor. 248 00:20:06,207 --> 00:20:07,583 TÁBOA DE CAPITALIZACIÓN: NUBELLUM 249 00:20:07,667 --> 00:20:09,126 ACCIÓNS AUTORIZADAS: 45 000 000 ACCIÓNS EN CIRCULACIÓN: 40 000 000 250 00:20:09,210 --> 00:20:10,503 ACCIÓNS SEN EMITIR: 5 000 000 251 00:20:38,990 --> 00:20:41,784 - Mike? - Despregaron os SEAL hai dous meses? 252 00:20:41,867 --> 00:20:42,785 Si. 253 00:20:42,868 --> 00:20:44,662 Creo que teño algo útil. 254 00:20:44,745 --> 00:20:48,416 Polo chat non. Espere a verme en persoa. 255 00:20:48,499 --> 00:20:50,251 Pero ten que ser esta noite. 256 00:20:50,334 --> 00:20:53,713 Enviareille os detalles. Non leve o móbil. 257 00:21:20,156 --> 00:21:22,074 Alcanzastes un prezo? 258 00:21:25,536 --> 00:21:28,456 Perdoa se causei algún problema. 259 00:21:31,083 --> 00:21:33,627 Non pasa nada. Xa o solucionaremos. 260 00:21:37,381 --> 00:21:42,303 Levamos uns anos forzando os límites. Sei que non sempre foi doado. 261 00:21:42,386 --> 00:21:45,181 Pero aprecio a túa fe, Mike. 262 00:21:45,681 --> 00:21:48,934 Hai xente que hoxe está viva grazas a nós. 263 00:21:49,018 --> 00:21:52,605 Mantiveches a túa promesa, fixemos cousas boas. 264 00:21:55,691 --> 00:21:56,817 Grazas, Mike. 265 00:21:59,153 --> 00:22:01,072 Véxote mañá, Steve. 266 00:22:25,346 --> 00:22:27,723 Entrou no servidor interno. 267 00:22:27,807 --> 00:22:31,352 Non sei que copiou, pero creo que está a falar coa prensa. 268 00:23:52,600 --> 00:23:54,059 Que facemos? 269 00:23:57,271 --> 00:23:58,814 O convoi estase separando. 270 00:24:00,316 --> 00:24:01,567 Seguimos a Horn. 271 00:24:21,295 --> 00:24:22,296 Si? 272 00:24:22,963 --> 00:24:26,091 Dende que seguimos a Horn, viras o convoi separarse? 273 00:24:26,175 --> 00:24:28,761 - Hostia, nunca. Que pasa? - Agora che digo. 274 00:24:38,812 --> 00:24:43,692 Aviso a tódolos pasaxeiros. Non esquezan o seu abono transporte… 275 00:24:45,444 --> 00:24:49,198 Non quero deixar dúbidas. Se Nubellum fixo algo ilegal, 276 00:24:49,281 --> 00:24:52,826 foi fóra do meu alcance. Se non pode mencionar iso no artigo… 277 00:24:52,910 --> 00:24:55,496 Confío en vostede. Por iso estou aquí. Veña. 278 00:24:55,579 --> 00:24:57,748 O RD4895 é un nootrópico deseñado 279 00:24:57,831 --> 00:25:01,001 para anular a conexión do hipocampo coa amígdala. 280 00:25:01,085 --> 00:25:05,297 Así o cerebro codifica recordos sen asocialos ó trauma do combate. 281 00:25:05,839 --> 00:25:07,925 Coma o TEPT? Estrés postraumático? 282 00:25:08,008 --> 00:25:12,471 Si, comezamos a desenvolver o RD4895 hai uns dous anos. 283 00:25:12,554 --> 00:25:16,767 A vacina contra o TPET era o soño de Horn, a súa obsesión. 284 00:25:16,850 --> 00:25:20,062 Pero parou o proxecto tralos ensaios con animais. 285 00:25:20,145 --> 00:25:22,982 Daquela non o entendín, pero hai dous meses 286 00:25:23,065 --> 00:25:25,317 notei irregularidades na "táboa cap". 287 00:25:25,401 --> 00:25:27,569 - Que? - A táboa de capitalización. 288 00:25:27,653 --> 00:25:31,490 Un documento que amosa os accionistas e participacións da empresa. 289 00:25:31,615 --> 00:25:34,118 Non o sigo. Que ten que ver cos SEAL mortos? 290 00:25:35,411 --> 00:25:36,495 Todo. 291 00:25:46,797 --> 00:25:52,761 ESTACIÓN INTERMODAL 292 00:26:08,277 --> 00:26:09,445 Xesús! 293 00:26:11,071 --> 00:26:12,781 De canto estamos a falar? 294 00:26:12,865 --> 00:26:15,284 Cada tramo son uns 12 ou 15 millóns. 295 00:26:15,367 --> 00:26:19,038 Pero o interese principal de Ryberg en Nubellum é o RD4895. 296 00:26:19,121 --> 00:26:22,624 Se cre que lles causou tumores a eses SEAL, 297 00:26:22,708 --> 00:26:24,084 publíqueo esta noite. 298 00:26:24,168 --> 00:26:25,377 E acabamos co trato. 299 00:26:25,461 --> 00:26:27,880 Non vai así. Hai revisión, editores… 300 00:26:27,963 --> 00:26:30,924 Habería que miralo en Facenda, Crimes Financeiros… 301 00:26:31,008 --> 00:26:32,051 Canto tardaría? 302 00:26:32,676 --> 00:26:36,680 Isto é crucial, fixo ben en traelo. Se puidese retrasar ese trato… 303 00:26:41,560 --> 00:26:43,020 Trouxo o móbil? 304 00:26:43,103 --> 00:26:45,439 Deixeino no coche, como dixo. 305 00:26:45,522 --> 00:26:48,692 Referíame a deixalo na oficina. Temos que marchar. 306 00:28:01,682 --> 00:28:03,684 Móvete, temos que liscar! 307 00:28:26,582 --> 00:28:29,042 Sabíano. Sabían que nos iamos ver. 308 00:28:32,087 --> 00:28:34,631 Respira, xa está. Tes o corazón a mil. 309 00:28:34,715 --> 00:28:36,925 Ven aquí, tes que relaxarte. 310 00:28:37,009 --> 00:28:40,179 O axente do FBI non está involucrado. Podería axudar. 311 00:28:40,262 --> 00:28:42,890 O FBI non nos interesa. Bebe isto. 312 00:28:42,973 --> 00:28:43,932 Non teño sede. 313 00:28:44,016 --> 00:28:46,477 Vas entrar en choque se non te relaxas. 314 00:28:48,604 --> 00:28:51,982 Es corresponsal de guerra. Non é o teu primeiro combate. 315 00:28:52,065 --> 00:28:54,359 É o primeiro no que empuño a pistola. 316 00:28:55,611 --> 00:28:59,406 Agora xa foi. Dime. Por que te persegue Horn? 317 00:29:04,620 --> 00:29:09,917 O RD4895 foi un medicamento experimental de Nubellum Pharmaceuticals. 318 00:29:10,000 --> 00:29:14,254 O obxectivo era impedir a codificación do trauma no cerebro, 319 00:29:14,338 --> 00:29:17,216 evitar eficazmente o estrés postraumático. 320 00:29:17,299 --> 00:29:22,221 Funcionou con ratas e cans. Horn quixo probar con humanos. 321 00:29:23,347 --> 00:29:24,765 E provocounos tumores. 322 00:29:24,848 --> 00:29:26,767 Si. Se o RD4895 funciona, 323 00:29:26,850 --> 00:29:30,854 Nubellum Pharmaceuticals é unha das empresas máis valiosas do mundo. 324 00:29:30,938 --> 00:29:33,774 Se non, o investimento de Horn non vale nada. 325 00:29:33,857 --> 00:29:37,110 Bota a pique uns 15 ou 20 000 millóns. 326 00:29:37,194 --> 00:29:39,488 Por iso ten tanta présa por vender. 327 00:29:39,571 --> 00:29:41,198 Quen máis o sabía? 328 00:29:41,281 --> 00:29:46,370 Hai dous meses, Horn sacou 100 millóns das súas accións en Nubellum 329 00:29:46,453 --> 00:29:49,748 e repartiunos en varias empresas pantasma. 330 00:29:49,831 --> 00:29:51,959 E que máis pasou hai dous meses? 331 00:29:52,543 --> 00:29:56,129 Esas accións eran pagos. En Siria. Para matar os meus homes. 332 00:29:57,339 --> 00:30:00,676 Teño que rematar o artigo. Agora apóiame o Atlantic. 333 00:30:00,759 --> 00:30:04,054 É dicir, vano investigar os principais medios. 334 00:30:05,013 --> 00:30:07,808 Necesito nomes. Quen podería sacar tallada diso? 335 00:30:08,517 --> 00:30:10,102 Teño nomes de empresas. 336 00:30:10,185 --> 00:30:11,853 Ben, pois damos. 337 00:30:13,188 --> 00:30:16,858 Con tempo falarei con FinCEN para destapar os accionistas… 338 00:30:16,984 --> 00:30:19,528 - Non. - Isto todo vai estoupar. 339 00:30:19,653 --> 00:30:22,114 A Horn, a todos, van crucificalos! 340 00:30:22,197 --> 00:30:24,366 Isto non vai do teu puto artigo. 341 00:30:28,203 --> 00:30:29,037 Nomes. 342 00:30:29,913 --> 00:30:30,747 Xa! 343 00:30:39,464 --> 00:30:40,716 Reece! Veña! 344 00:30:54,938 --> 00:30:58,859 - Tes unha estación de bus por aí. - Reece, non me escoitas. 345 00:30:58,942 --> 00:31:02,738 Os homes que mataron os meus amigos e familia non irán presos. 346 00:31:03,780 --> 00:31:04,990 Límpate. 347 00:31:05,073 --> 00:31:07,284 Se matas máis xente, matas o artigo. 348 00:31:07,367 --> 00:31:09,745 Horn, o resto, a ninguén lle importará! 349 00:31:09,828 --> 00:31:13,332 Sairás ti nas noticias! Pensarán que es un terrorista… 350 00:31:13,415 --> 00:31:16,710 Marcha de San Francisco ou Horn vaite matar. 351 00:31:16,835 --> 00:31:19,963 Se volves ó campo de batalla, non é culpa miña. 352 00:31:52,579 --> 00:31:55,540 Programas as chamadas só para espertarme? 353 00:31:55,624 --> 00:31:59,753 Perdón, irmán. Escoita, tes acceso ó FinCEN? 354 00:31:59,836 --> 00:32:01,171 Podo conseguilo. 355 00:32:01,254 --> 00:32:03,882 Vouche enviar unha lista. É unha "táboa cap". 356 00:32:03,965 --> 00:32:07,803 Todos os da rede de Horn que sacaron tallada do RD4895. 357 00:32:08,428 --> 00:32:10,931 Empresas pantasma. Conseguiríasme os nomes? 358 00:32:11,014 --> 00:32:13,767 Así xa non argallamos nada ó calado. 359 00:32:14,893 --> 00:32:18,021 Se fago esa chamada, vanme facer preguntas. 360 00:32:18,855 --> 00:32:20,440 Podes darme os nomes? 361 00:32:25,195 --> 00:32:26,238 Envíama. 362 00:32:29,157 --> 00:32:30,283 Merda. 363 00:32:31,660 --> 00:32:34,538 Que ninguén use a palabra "derrota". 364 00:32:34,621 --> 00:32:37,249 Pechamos filas sen o senador Pryor, 365 00:32:37,332 --> 00:32:38,959 sacamos un orzamento novo. 366 00:32:39,042 --> 00:32:41,962 Coñeces a Lorraine. Non a van criticar. 367 00:32:42,045 --> 00:32:43,171 Ti sé discreto. 368 00:32:44,506 --> 00:32:46,383 Por outra banda, ela… 369 00:32:46,466 --> 00:32:50,137 Desculpa, lembrei que teño que facer unha cousa. 370 00:33:18,874 --> 00:33:20,417 Buscas isto, Richard? 371 00:33:22,711 --> 00:33:27,257 É normal ter teléfonos encriptados no Pentágono, pero só coa nosa rede. 372 00:33:27,340 --> 00:33:30,177 Ten dereito a un avogado, pero diralle o mesmo. 373 00:33:30,260 --> 00:33:31,678 Debería cooperar. 374 00:33:31,762 --> 00:33:35,932 Este é o axente Azad, Investigación Criminal de Defensa. 375 00:33:36,016 --> 00:33:39,936 Illou pagos de Horn a unha conta a nome de túa nai 376 00:33:40,020 --> 00:33:42,689 - durante… Canto tempo? - Case dous anos. 377 00:33:42,773 --> 00:33:47,652 Que raro, porque fun ó funeral de Maggie en 2014. 378 00:33:51,448 --> 00:33:52,908 Que esperabas? 379 00:33:54,451 --> 00:33:57,662 Estás cambiando un orzamento de 700 000 millóns. 380 00:33:57,746 --> 00:34:00,165 É o meu traballo, Richard. 381 00:34:01,625 --> 00:34:04,753 Lorraine, Jessica deixoume sen un can no divorcio… 382 00:34:04,836 --> 00:34:09,966 Espero que foras tan inepto con Horn coma comigo, inútil de merda! 383 00:34:11,635 --> 00:34:14,179 Pero imos usarte para enviar unha mensaxe. 384 00:34:15,514 --> 00:34:17,182 Vou xogar a dúas bandas? 385 00:34:21,853 --> 00:34:22,938 Vale. 386 00:34:23,772 --> 00:34:24,773 Fareino. 387 00:34:25,690 --> 00:34:27,651 Pero vou necesitar ese avogado. 388 00:34:27,734 --> 00:34:32,614 Non o dicía literalmente. O que che faremos enviará unha mensaxe. 389 00:34:33,240 --> 00:34:35,116 A Horn gústalle ir de soldado. 390 00:34:35,951 --> 00:34:37,369 Pois vai ter guerra. 391 00:34:58,098 --> 00:35:01,643 PLANO E NUBELLUM A PIQUES DUN MEGATRATO 392 00:35:25,292 --> 00:35:28,879 Os nomes que esperabas están aí. Marcus Boykin, Saul Agnon, 393 00:35:28,962 --> 00:35:30,881 os dous tiñan parte da empresa. 394 00:35:31,798 --> 00:35:35,302 Pero antes de oír os seguintes, é mellor que sentes, meu. 395 00:35:36,511 --> 00:35:38,847 O meu home comprobouno a fondo. 396 00:35:40,307 --> 00:35:42,392 Porque estes nomes… 397 00:35:43,393 --> 00:35:44,686 Cámbiano todo. 398 00:35:46,563 --> 00:35:48,106 Dimo dunha puta vez, Ben. 399 00:36:06,791 --> 00:36:08,001 Foi o almirante. 400 00:36:10,211 --> 00:36:11,838 Que queres dicir? 401 00:36:13,840 --> 00:36:15,717 Aparecía o nome de Pillar. 402 00:36:16,676 --> 00:36:19,846 Tamén o de Howard e o do comandante Cox. 403 00:36:23,099 --> 00:36:24,225 Foi WARCOM. 404 00:36:27,062 --> 00:36:28,813 Fillos de puta. 405 00:36:31,900 --> 00:36:33,318 Tiran dos dous fíos. 406 00:36:34,194 --> 00:36:38,239 É ridículo. O almirante, o teu mando, matou a Lauren e Lucy? 407 00:36:42,953 --> 00:36:43,912 Por que? 408 00:36:44,663 --> 00:36:46,164 Polo mesmo ca todos. 409 00:36:49,501 --> 00:36:52,087 Pensaron que sairían coa súa. 410 00:36:56,007 --> 00:36:58,635 Vouche dar unha lista da compra, Liz. 411 00:36:58,718 --> 00:37:00,178 Material de química. 412 00:37:00,261 --> 00:37:02,263 Atoparalo en foros de internet. 413 00:37:02,347 --> 00:37:05,558 Dilles que tes un rapaz no instituto tolo pola ciencia. 414 00:37:05,642 --> 00:37:09,145 O resto cómprao en varias tendas, en varias vilas. 415 00:37:09,229 --> 00:37:11,231 Paga en efectivo, obviamente. 416 00:37:11,314 --> 00:37:13,817 Debería quedar bastante do de Marco. 417 00:37:13,900 --> 00:37:16,236 De verdade imos facer unha bomba? 418 00:37:16,319 --> 00:37:18,238 Non, un explosivo da hostia. 419 00:37:19,864 --> 00:37:24,536 Para un segundo. Toma un tempo para procesar… 420 00:37:24,619 --> 00:37:26,162 Tempo é o que non teño. 421 00:37:26,246 --> 00:37:29,582 Pois que veña Ben, así podemos pensar… 422 00:37:29,666 --> 00:37:31,084 Escóitame! 423 00:37:31,167 --> 00:37:33,545 Cando te fun buscar en Najaf… 424 00:37:34,504 --> 00:37:36,631 Si? Non pensamos. 425 00:37:37,173 --> 00:37:40,343 - Non me fodas con iso. - Ben, Boozer, Donny. 426 00:37:40,427 --> 00:37:41,803 Era o correcto. 427 00:37:42,512 --> 00:37:45,223 Dous deses homes morreron por culpa de Horn. 428 00:37:48,018 --> 00:37:51,646 Donny? Falas de Donny Mitchell? 429 00:37:52,439 --> 00:37:56,735 Donny nin sequera estaba en Najaf. Ese rapaz estaba na primaria en 2007. 430 00:37:56,818 --> 00:37:58,278 Era Raife Hastings. 431 00:38:12,709 --> 00:38:17,130 Tes razón, vale. Está claro que teño a memoria algo fodida. 432 00:38:18,131 --> 00:38:22,469 Pero iso non cambia nada. Teño nomes. Non temos que capturalos vivos. 433 00:38:26,556 --> 00:38:28,558 Queres escoitarme un segundo? 434 00:38:28,641 --> 00:38:30,852 Queres mirarme, hostia? 435 00:38:30,935 --> 00:38:34,147 Sei que o estás pasando mal, que estás no peor momento, 436 00:38:34,230 --> 00:38:37,400 e estou contigo, vale? Tamén quero a Horn morto. 437 00:38:37,484 --> 00:38:39,736 Pero non teño ganas de matar civís 438 00:38:39,819 --> 00:38:42,363 só porque saian pasear en mal momento. 439 00:38:42,447 --> 00:38:44,324 Esa non é a nosa loita. 440 00:38:47,077 --> 00:38:49,621 Quero escoitarte dicilo. Recibido? 441 00:38:52,874 --> 00:38:53,875 Recibido. 442 00:38:59,506 --> 00:39:03,384 Este explosivo é incriblemente preciso. 443 00:39:07,055 --> 00:39:08,640 Nada de baixas civís. 444 00:39:14,062 --> 00:39:15,438 Podes conseguilo? 445 00:40:53,494 --> 00:40:57,165 Non perdades a aguia. O convoi segue aparcado no niño. 446 00:40:57,832 --> 00:41:01,127 E tamén medio San Francisco. Hai demasiados civís. 447 00:41:03,379 --> 00:41:05,215 A explosión non lles afectará. 448 00:41:06,174 --> 00:41:07,383 E se lles afecta? 449 00:41:08,885 --> 00:41:09,761 Reece? 450 00:41:10,595 --> 00:41:12,931 Cancelariamos. Pero agora, adiante. 451 00:41:17,143 --> 00:41:20,772 Chegou un papexo ós principais medios da cidade. 452 00:41:20,855 --> 00:41:25,068 Mataron a Mike Tedesco e dous gardas de Talos nunha estación. 453 00:41:30,365 --> 00:41:33,910 Que a policía traia unidades. Quero fotos de todo o mundo, 454 00:41:33,993 --> 00:41:36,746 - comprobacións de matrículas. Algo pasa. - Si. 455 00:41:37,997 --> 00:41:40,124 Plano caeu un 18 % nunha hora. 456 00:41:40,208 --> 00:41:42,460 - Parece falso, non? - Ten que selo. 457 00:42:12,824 --> 00:42:17,370 - Señor Horn. Asasinaron a Mike Tedesco? - Afecta á adquisición de Plano? 458 00:42:17,453 --> 00:42:21,249 Perdeu dous socios en semanas. Quere comentar algo? 459 00:42:25,128 --> 00:42:29,924 Igual ca vós, entereime esta mañá do de Mike e sigo afectado. 460 00:42:30,758 --> 00:42:32,844 Mike era un amigo, un visionario. 461 00:42:32,927 --> 00:42:34,762 A razón para investir en Nubellum. 462 00:42:35,346 --> 00:42:38,975 En canto a Saul, non estou seguro do que podo dicir, 463 00:42:39,058 --> 00:42:43,396 pero notificáronme recentemente que o exSEAL, James Reece, 464 00:42:43,479 --> 00:42:45,648 é sospeitoso da súa morte. 465 00:42:47,108 --> 00:42:49,193 Si, todas as que poidas enviar. 466 00:42:50,236 --> 00:42:52,155 E que os SWAT queden á espera. 467 00:42:53,239 --> 00:42:55,491 Oxalá estivese de puta broma. Grazas. 468 00:42:57,952 --> 00:43:00,121 A policía chega en seis minutos. 469 00:43:04,459 --> 00:43:05,460 Sígueme. 470 00:43:06,711 --> 00:43:08,004 Xa. 471 00:43:13,634 --> 00:43:17,138 Parece que o capitán Reece sufriu un tipo de brote psicótico 472 00:43:17,221 --> 00:43:18,806 polo trauma da guerra. 473 00:43:19,223 --> 00:43:21,768 Non o tomei en serio, pero visto o de Mike, 474 00:43:21,851 --> 00:43:23,853 oxalá o tivera crido. 475 00:43:27,732 --> 00:43:28,733 Que carallo? 476 00:43:28,816 --> 00:43:29,817 Que está paando? 477 00:43:30,693 --> 00:43:31,778 Bule! 478 00:43:35,656 --> 00:43:39,077 As forzas policiais indicáronlle os motivos de Reece? 479 00:43:39,160 --> 00:43:41,120 Que relación ten con Tedesco? 480 00:43:41,204 --> 00:43:45,750 Só podo dicir que James Reece non está ben mental nin emocionalmente. 481 00:43:46,876 --> 00:43:50,588 Un problema triste, pero non sorprendente, nun excombatente. 482 00:43:55,551 --> 00:43:56,594 Quieta! 483 00:43:57,136 --> 00:43:59,555 - Non se mova! - Non me movo! 484 00:43:59,639 --> 00:44:01,849 O demais pregúntenllo ó FBI. 485 00:44:13,319 --> 00:44:16,739 James Reece non matou a Mike Tedesco, foi vostede. 486 00:44:19,325 --> 00:44:20,201 Merda. 487 00:44:21,828 --> 00:44:25,206 Talos ofrece seguridade. Non son asasinos, señora Buranek. 488 00:44:25,873 --> 00:44:27,500 Pensa que non a coñezo? 489 00:44:27,583 --> 00:44:29,502 Veña, móvete. 490 00:44:37,969 --> 00:44:41,055 Sei que probou o RD4895 en SEAL da Armada. 491 00:44:41,139 --> 00:44:44,809 E sei que esas probas causaron tumores, polo que os asasinou. 492 00:44:45,476 --> 00:44:48,980 Está no meu artigo. Se me elimina, todos saberán a verdade. 493 00:44:49,063 --> 00:44:51,149 O seu trato vai ir tomar polo cu! 494 00:44:51,858 --> 00:44:53,067 Móvete, hostia. 495 00:44:58,489 --> 00:45:01,117 Pechei o trato onte, señora Buranek. 496 00:45:01,200 --> 00:45:05,913 Dado o acontecido con Mike, parecía pouco ético anuncialo hoxe. 497 00:45:26,476 --> 00:45:28,019 Arrinca! Arrinca! 498 00:45:30,021 --> 00:45:31,272 Móvete! 499 00:45:59,967 --> 00:46:01,177 Arriba! 500 00:46:02,845 --> 00:46:05,097 Perímetro na rúa Principal! 501 00:46:09,810 --> 00:46:10,937 Veña! 502 00:46:12,772 --> 00:46:14,857 Vamos! 503 00:46:33,626 --> 00:46:36,295 Toma. Pon isto! 504 00:46:36,379 --> 00:46:37,672 Con coidado, hostia. 505 00:46:37,755 --> 00:46:40,258 Escoita, paspán! Hora de botarlle collóns! 506 00:47:06,659 --> 00:47:07,743 Marchamos! Arriba! 507 00:47:31,809 --> 00:47:32,685 Por favor! 508 00:47:36,606 --> 00:47:38,566 Por favor, para! Por favor! 509 00:48:00,504 --> 00:48:02,715 Collino, Liz. Vémonos no punto zulú. 510 00:48:02,798 --> 00:48:06,302 - Reece, onde estás? Que pasou? - Zulú en 20 minutos. 511 00:48:07,762 --> 00:48:08,846 Sae do coche. 512 00:48:10,014 --> 00:48:11,015 Móvete! 513 00:48:12,016 --> 00:48:13,017 De acordo. 514 00:50:19,810 --> 00:50:21,812 Subtítulos: Abraham Díaz López