1 00:00:14,729 --> 00:00:16,772 No Libro dos Xuíces, 2 00:00:16,856 --> 00:00:20,776 Guideón pregúntalle a Deus como elixir os homes para a batalla. 3 00:00:23,612 --> 00:00:28,284 O Señor pediulle a Guideón que levase os seus homes beber a un río. 4 00:00:30,369 --> 00:00:34,957 Os homes que se tiraron ó chan e beberon coma cans non lle valían. 5 00:00:37,460 --> 00:00:38,919 Guideón observou 6 00:00:39,587 --> 00:00:43,841 que algúns homes se axeonllaban e bebían sen deixar de mirar o horizonte, 7 00:00:44,967 --> 00:00:46,427 coas lanzas na man. 8 00:00:48,971 --> 00:00:50,765 Aínda que eran poucos, 9 00:00:52,516 --> 00:00:54,602 eses eran os homes que precisaba. 10 00:00:55,644 --> 00:00:57,396 Embracen armas. 11 00:00:59,273 --> 00:01:02,109 Preparados. Apunten. Disparen. 12 00:01:04,236 --> 00:01:06,280 Atrás. Dereita. 13 00:01:08,115 --> 00:01:10,993 Preparados. Apunten. Disparen. 14 00:01:12,703 --> 00:01:15,831 BASE ÁEREA DE INCIRLIK DÚAS SEMANAS ANTES 15 00:01:15,956 --> 00:01:17,333 Alfa, todos aquí. 16 00:01:24,256 --> 00:01:26,634 Temos luz verde para ir por Kahani. 17 00:01:26,717 --> 00:01:27,843 Si, hostia! 18 00:01:29,720 --> 00:01:33,599 Volveu a Siria. Intelixencia confirma un ataque inminente. 19 00:01:33,682 --> 00:01:34,892 Esperade, e Donny? 20 00:01:34,975 --> 00:01:37,770 Está na enfermaría. Dóelle a cabeza. 21 00:01:37,853 --> 00:01:38,687 A cabeza? 22 00:01:38,771 --> 00:01:40,397 Deshidratouse de correr. 23 00:01:40,481 --> 00:01:41,565 Non é de correr. 24 00:01:41,649 --> 00:01:43,859 Doulle electrólitos. Poñerase ben. 25 00:01:43,943 --> 00:01:46,737 Está pasmado porque a súa muller vai dar a luz. 26 00:01:46,821 --> 00:01:47,780 Polo bebé! 27 00:01:48,531 --> 00:01:50,366 Xa. Vai tomar polo cu, Lecrone. 28 00:01:50,449 --> 00:01:52,409 Sería unha honra ter un bebé seu. 29 00:01:52,493 --> 00:01:54,495 Aínda que non pasaría de 1,50. 30 00:01:54,578 --> 00:01:56,288 Es imbécil. Mido 1,60. 31 00:01:56,372 --> 00:01:58,123 Veña, rapaces. Xa está ben. 32 00:01:58,624 --> 00:02:00,209 Donny, como estás? 33 00:02:00,292 --> 00:02:01,961 Coma un puto pitbull, señor. 34 00:02:02,920 --> 00:02:05,130 Perfecto. Pois ó choio. 35 00:02:06,090 --> 00:02:06,966 Vale, rapaces. 36 00:02:07,049 --> 00:02:10,886 Imos entrar nun arrastreiro de pesca, a 800 metros da costa. 37 00:02:10,970 --> 00:02:13,055 Nadaremos ó leste do obxectivo. 38 00:02:13,138 --> 00:02:14,723 Temos marea alta ás 02:32. 39 00:02:14,807 --> 00:02:15,933 5 KM DA COSTA SIRIA 40 00:02:16,016 --> 00:02:18,894 Vai estar escuro. O luar iluminará ó 14 %. 41 00:02:29,280 --> 00:02:30,865 Parece que os túneles 42 00:02:30,948 --> 00:02:33,742 estarán baixo 6 ou 9 metros de pedra caliza. 43 00:02:33,826 --> 00:02:35,870 Coas tropas Batman e Signore, 44 00:02:35,953 --> 00:02:37,204 será imposible. 45 00:02:38,080 --> 00:02:41,709 Pasaremos a información mediante un transmisor na entrada 46 00:02:41,792 --> 00:02:43,711 e repetidores polo camiño. 47 00:02:43,794 --> 00:02:48,173 Deberiamos ter as comunicacións activas ó chegar ó acceso da cripta. 48 00:02:48,299 --> 00:02:50,551 Os mapas dos túneles son de fiar? 49 00:02:50,634 --> 00:02:53,137 Hai un soldado das forzas democráticas 50 00:02:53,220 --> 00:02:55,848 que medrou xogando nos túneles baixo a base. 51 00:02:55,931 --> 00:02:57,391 Para el é algo persoal. 52 00:02:57,474 --> 00:03:00,644 Kahani gaseoulle a familia. Estará na operación. 53 00:03:01,103 --> 00:03:02,104 Recibido. 54 00:03:03,439 --> 00:03:04,815 Cinco quilómetros. 55 00:03:06,567 --> 00:03:09,069 Rapaces, listos para subir a cuberta. 56 00:03:13,157 --> 00:03:15,409 A pista está ben, xefe. Que pensa? 57 00:03:15,492 --> 00:03:17,161 Non hai sinal de Kahani, 58 00:03:17,244 --> 00:03:20,497 así que creo que a base non estará moi vixiada. 59 00:03:20,581 --> 00:03:24,752 Se todo vai á merda, temos forzas de reacción rápida a dez minutos. 60 00:03:25,336 --> 00:03:26,462 Parece seguro. 61 00:03:28,130 --> 00:03:28,964 De acordo. 62 00:03:30,215 --> 00:03:34,136 En silencio. Entramos e saímos. Ninguén saberá que estivemos. 63 00:04:05,292 --> 00:04:07,586 O pelotón Bravo xa chegou. 64 00:04:07,670 --> 00:04:12,091 Cox deunos opción de retirarnos, de cederllo como parte da rotación. 65 00:04:12,800 --> 00:04:15,469 Díxenlle que non viñemos aquí de paseo. 66 00:04:15,552 --> 00:04:18,180 Este fillo de puta é noso. Somos Alfa. 67 00:04:18,764 --> 00:04:20,641 - Tes razón. - Claro, hostia. 68 00:04:20,724 --> 00:04:22,309 Vale. Ben. 69 00:04:23,560 --> 00:04:25,145 A vista no horizonte. 70 00:04:26,522 --> 00:04:27,731 Que valla a pena. 71 00:04:43,831 --> 00:04:44,832 Adiante. 72 00:04:47,543 --> 00:04:48,377 Imos alá. 73 00:05:36,133 --> 00:05:38,635 Lecrone, Fletcher, mantede o contacto. 74 00:05:39,845 --> 00:05:41,221 - Recibido. - Recibido. 75 00:06:24,348 --> 00:06:25,933 Acceso: 20 metros. 76 00:06:42,157 --> 00:06:43,450 Zeke notou algo. 77 00:06:44,243 --> 00:06:46,912 Esperade, explosivos! Apagade os transmisores! 78 00:06:56,797 --> 00:06:58,215 Luz branca. 79 00:07:19,945 --> 00:07:21,905 Hostia, son minas, señor. 80 00:07:23,157 --> 00:07:25,117 Esta cripta vai estoupar. 81 00:07:25,200 --> 00:07:28,704 Comunica co exterior. Non podemos entrar polo acceso. 82 00:07:28,787 --> 00:07:29,705 Si, señor. 83 00:07:34,334 --> 00:07:36,712 Contacto no punto de entrada! 84 00:07:37,671 --> 00:07:38,714 Que temos? 85 00:07:38,964 --> 00:07:41,383 Contacto forte, atrás. Precisan apoio! 86 00:07:41,466 --> 00:07:44,094 Reúno un equipo armado para ir ó cruce. 87 00:07:44,178 --> 00:07:45,345 - Recibido. - Veña! 88 00:07:46,471 --> 00:07:47,973 Lecrone! Que tes? 89 00:07:49,183 --> 00:07:50,684 Lecrone, vixía as costas! 90 00:07:56,356 --> 00:07:57,608 Déronlle a Lecrone! 91 00:07:57,858 --> 00:07:59,026 Movédevos! 92 00:08:01,320 --> 00:08:03,238 Xirade! Movédevos! 93 00:08:04,531 --> 00:08:05,490 Esperade! 94 00:08:08,619 --> 00:08:09,494 A cuberto. 95 00:08:09,953 --> 00:08:11,246 A cuberto! 96 00:08:13,999 --> 00:08:15,876 Barnes, mata ese fillo de puta! 97 00:08:18,545 --> 00:08:19,504 Fódeos ben! 98 00:08:25,135 --> 00:08:25,969 Todo limpo! 99 00:08:26,053 --> 00:08:28,138 Saca eses homes xa! 100 00:08:28,222 --> 00:08:29,806 Vou! Abaixo! 101 00:08:33,018 --> 00:08:34,978 De volta á cripta! Adiante! 102 00:08:47,699 --> 00:08:49,618 Cólleo! 103 00:08:49,743 --> 00:08:51,870 15 metros á esquerda! 104 00:08:51,954 --> 00:08:52,829 Veña, veña! 105 00:08:53,789 --> 00:08:54,831 Vou! 106 00:09:01,129 --> 00:09:02,339 Barnes! Liquídaos! 107 00:09:08,887 --> 00:09:11,223 Veña, xa te teño, irmán! Xa te teño. 108 00:09:14,476 --> 00:09:16,311 - Último home! - Último, si! 109 00:09:17,271 --> 00:09:19,273 Que fas? Veña! 110 00:09:29,866 --> 00:09:32,286 Señor, temos que apurar! 111 00:09:32,619 --> 00:09:35,747 Calma o teu home! Que baixas temos, Rell? 112 00:09:35,872 --> 00:09:39,042 Dous mortos e Barnes case non respira. 113 00:09:39,876 --> 00:09:43,046 Ei, irmán! Ei, escoita! 114 00:09:43,672 --> 00:09:46,758 Voute sacar de aquí. Estou contigo. Estou aquí. 115 00:09:49,970 --> 00:09:51,972 - Déronlle a Malory! - Veñen máis! 116 00:09:57,019 --> 00:09:59,104 Boozer! Sígueme! Hai que comunicar. 117 00:09:59,187 --> 00:10:01,273 Chama as forzas de reacción rápida! 118 00:10:01,898 --> 00:10:04,484 Crowley, lévaos ó punto de acceso! Móvete! 119 00:10:04,568 --> 00:10:05,777 Vamos! 120 00:10:08,030 --> 00:10:10,032 Listos para cruzar o cable trampa. 121 00:10:10,115 --> 00:10:11,283 - Coidado! - Onde? 122 00:10:11,366 --> 00:10:13,910 - Coidado co cable e cos pés! - Onde está? 123 00:10:13,994 --> 00:10:16,747 Crowley, atento ó gatillo. Comunícate, xa! 124 00:10:16,830 --> 00:10:17,831 Si, señor, vou. 125 00:10:21,251 --> 00:10:22,502 Que temos, Boozer? 126 00:10:22,586 --> 00:10:23,670 Teño unha saída. 127 00:10:23,837 --> 00:10:26,089 Sube o transmisor e chama ás forzas! 128 00:10:32,262 --> 00:10:36,516 Necesito tropas. Hai varias baixas. Enviade forzas rápidas. Corto. 129 00:10:37,684 --> 00:10:39,311 Non! Atrás! 130 00:10:39,811 --> 00:10:41,021 Parade ese soldado! 131 00:11:16,598 --> 00:11:19,810 Picasso, vasme deixar ver ese debuxo? 132 00:11:33,532 --> 00:11:34,699 Que foi iso? 133 00:11:57,848 --> 00:11:59,808 Vaise poñer ben, papá? 134 00:12:05,939 --> 00:12:06,940 Papá. 135 00:12:21,121 --> 00:12:21,955 Lucy! 136 00:12:46,354 --> 00:12:48,815 Donny. Estás ben? Donny? 137 00:12:53,862 --> 00:12:55,572 Érguete, Reece, veña! 138 00:12:58,366 --> 00:13:00,660 Reece! Esperta! 139 00:13:03,038 --> 00:13:04,664 Veña, meu! Érguete! 140 00:13:08,210 --> 00:13:10,253 Cortese, vou ata onde estás! 141 00:13:17,219 --> 00:13:18,220 Cortese! 142 00:13:21,723 --> 00:13:22,724 Ven comigo! 143 00:13:26,645 --> 00:13:28,188 Alto o fogo! 144 00:13:28,271 --> 00:13:30,148 - Alto! Compañeiro! - Reece! 145 00:13:30,232 --> 00:13:31,900 - Fálame! - Cantas baixas? 146 00:13:31,983 --> 00:13:33,235 Irmán, que che pasa? 147 00:13:45,580 --> 00:13:47,249 Veña, vamos! 148 00:14:20,991 --> 00:14:23,201 Vén o helicóptero! Móvete de aquí! 149 00:14:23,285 --> 00:14:25,328 - Dous homes! - Cortese, xa! 150 00:14:25,412 --> 00:14:27,289 - Arriba! - Arriba, hostia! 151 00:14:27,372 --> 00:14:30,000 - Arriba, veña! - Temos que sacarte de aquí! 152 00:14:30,166 --> 00:14:33,211 - Veña. - Apura! Vamos! 153 00:14:33,295 --> 00:14:36,339 - Aparta dos disparos. - Dálles fogo rápido! 154 00:14:36,798 --> 00:14:38,675 Veña, hai que darlles apoio! 155 00:14:44,472 --> 00:14:46,349 Señor, suba ó helicóptero! 156 00:14:46,433 --> 00:14:47,976 Debo contar os meus homes. 157 00:14:48,059 --> 00:14:50,228 Seino, pero teño que sacalo de aquí. 158 00:14:50,312 --> 00:14:51,688 Sácaos da praia! 159 00:14:51,771 --> 00:14:54,524 Vostede é o último home. Prométollo! 160 00:14:56,860 --> 00:14:58,486 Mirádelle a perna! 161 00:14:58,903 --> 00:15:00,238 Non noto pulso. 162 00:15:04,367 --> 00:15:06,703 Cortese! Mírame! 163 00:15:06,995 --> 00:15:09,414 Cortese! Abre os ollos! 164 00:15:09,873 --> 00:15:11,458 Queda comigo, irmán. 165 00:15:11,541 --> 00:15:13,376 - Corta a hemorraxia. - Aguanta. 166 00:15:13,460 --> 00:15:15,962 - Máis presión. - Veña, irmán. 167 00:15:49,412 --> 00:15:50,413 Ola? 168 00:15:51,915 --> 00:15:52,916 Señora Reece? 169 00:15:53,541 --> 00:15:56,378 O seu marido quere falar con vostede. 170 00:15:58,963 --> 00:15:59,881 James? 171 00:16:01,633 --> 00:16:04,427 - Lauren? Es ti? - James, grazas a Deus! 172 00:16:05,637 --> 00:16:08,181 Levan toda a noite chamando as familias. 173 00:16:12,310 --> 00:16:14,688 Que pasou? Cóntamo. 174 00:16:19,234 --> 00:16:21,528 Nada bo. Eles... 175 00:16:24,364 --> 00:16:26,449 Non están. Ningún está con nós. 176 00:16:27,701 --> 00:16:31,371 Só Boozer e eu, nada máis. Ningún dos demais... 177 00:16:33,540 --> 00:16:35,542 Ningún sobreviviu. 178 00:16:37,752 --> 00:16:38,878 Foi horrible. 179 00:16:39,963 --> 00:16:40,922 Vale. 180 00:16:44,592 --> 00:16:45,719 Quérote. 181 00:16:46,177 --> 00:16:48,179 Ti só ven á casa. 182 00:16:48,888 --> 00:16:52,350 Aquí estou, vale? 183 00:17:01,359 --> 00:17:04,237 Axente especial Robert Bridger, NCIS. 184 00:17:04,821 --> 00:17:08,283 Na base áerea de Incirlik co axente especial Daniel Stubbs 185 00:17:08,366 --> 00:17:13,121 para entrevistar ó capitán de corveta James Reece, equipo sete dos SEAL, 186 00:17:13,204 --> 00:17:15,749 sobre a misión número 644, Espada de Odín. 187 00:17:17,083 --> 00:17:20,295 Capitán, pode describir os detalles da súa misión? 188 00:17:20,712 --> 00:17:24,299 Apoio ás FDS na captura do Dr. Jahan Kahani 189 00:17:24,382 --> 00:17:26,551 e información sobre armas químicas. 190 00:17:26,634 --> 00:17:29,053 - A pista chegou hai 2 semanas. - De quen? 191 00:17:29,763 --> 00:17:32,348 Tabari Moussa, traficante de armas de Alepo. 192 00:17:33,433 --> 00:17:34,768 Fonte das FDS. 193 00:17:37,520 --> 00:17:39,814 O equipo vermello da operación foi... 194 00:17:39,898 --> 00:17:41,274 O do comandante Cox. 195 00:17:42,150 --> 00:17:43,151 Algo sospeitoso? 196 00:17:43,568 --> 00:17:46,571 Non, a información de Moussa era boa. 197 00:17:46,654 --> 00:17:49,532 Viu a Kahani dúas veces nos últimos dous anos. 198 00:17:49,616 --> 00:17:52,035 As forzas viron sinais de Kahani na base? 199 00:17:52,952 --> 00:17:53,953 Negativo. 200 00:17:54,078 --> 00:17:58,875 Segundo os rexistros, estiveron incomunicados catro minutos. Por que? 201 00:18:00,084 --> 00:18:02,462 Contramedidas polos explosivos. 202 00:18:02,545 --> 00:18:06,049 A incomunicación é o estándar. Estivo algunha vez nesa base? 203 00:18:06,216 --> 00:18:08,134 Indícame a zona de explosivos? 204 00:18:08,218 --> 00:18:11,095 - Había un laboratorio. - Fale da operación. 205 00:18:11,262 --> 00:18:13,014 Onde estaban os explosivos? 206 00:18:19,437 --> 00:18:20,313 Xusto aquí. 207 00:18:21,523 --> 00:18:23,691 Eran só explosivos, nada raro. 208 00:18:23,775 --> 00:18:26,319 Uns nacionais armados emboscáronnos. 209 00:18:26,402 --> 00:18:27,987 Sabían que iamos alí. 210 00:18:28,071 --> 00:18:31,616 Capitán, en que punto da operación notou que... 211 00:18:31,699 --> 00:18:35,912 o operario de combate de segunda clase, Donny Mitchell, non estaba ben? 212 00:18:42,001 --> 00:18:43,169 Perdoe, que? 213 00:18:45,171 --> 00:18:48,174 Mitchell, o membro máis novo da súa tropa, 214 00:18:48,258 --> 00:18:50,426 sufriu un episodio na operación 215 00:18:50,510 --> 00:18:52,846 xusto antes de provocar a explosión. 216 00:18:55,723 --> 00:18:56,724 Señores, 217 00:18:58,309 --> 00:19:00,270 teñen que entender algo. 218 00:19:00,854 --> 00:19:03,606 Teño 12 homes en cadaleitos voando á casa. 219 00:19:04,399 --> 00:19:07,193 Queren preguntarme algo sobre Donny Mitchell? 220 00:19:08,736 --> 00:19:11,865 Quen entrou en pánico foi o soldado sirio, non Donny. 221 00:19:12,699 --> 00:19:15,952 - Os rexistros din que foi Mitchell. - Non. Estaba alí. 222 00:19:16,035 --> 00:19:17,787 - Non foi Donny. - Tranquilo. 223 00:19:17,871 --> 00:19:19,622 Contámoslle o que sabemos. 224 00:19:27,589 --> 00:19:30,091 Hai moito ruído. Un ruído da hostia! 225 00:19:30,216 --> 00:19:31,801 Ramirez, axúdalle a Donny! 226 00:19:31,885 --> 00:19:33,803 Donny! Tranquilo, carallo! 227 00:19:34,137 --> 00:19:35,096 Dispara, hostia! 228 00:19:35,179 --> 00:19:36,639 Donny, que pasa? 229 00:19:52,447 --> 00:19:54,115 Non foi así. 230 00:19:55,992 --> 00:19:57,952 Eu non dixen iso. 231 00:20:01,164 --> 00:20:03,166 Talvez é cedo para a entrevista. 232 00:20:03,249 --> 00:20:05,418 - A Armada... - Non fale da Armada. 233 00:20:05,501 --> 00:20:08,796 Vale? Non son da Armada. Son putos aspirantes a policías. 234 00:20:09,881 --> 00:20:11,591 Eu sei o que pasou. 235 00:20:11,674 --> 00:20:14,344 Estaba cheo de explosivos e homes armados, 236 00:20:14,427 --> 00:20:16,429 e o soldado sirio toleou. 237 00:20:20,683 --> 00:20:21,726 Fálame, Donny. 238 00:20:21,809 --> 00:20:23,770 - Hai moito ruído. - Que che pasa? 239 00:20:23,853 --> 00:20:25,813 - Tranquilo! - Hai moito ruído. 240 00:20:25,897 --> 00:20:29,651 Donny! Mírame. Vou sacarte de aquí. Estou aquí, irmán! 241 00:20:29,776 --> 00:20:30,860 Estou aquí. 242 00:20:33,446 --> 00:20:37,659 O audio indica que foi Mitchell quen provocou a explosión. 243 00:20:38,368 --> 00:20:41,788 Por favor, tómese un momento, revise os rexistros. 244 00:20:42,163 --> 00:20:45,249 Logo díganos se quere modificar a declaración. 245 00:20:46,209 --> 00:20:49,462 Está ben, capitán. Tendo en conta como foi todo. 246 00:20:50,338 --> 00:20:52,298 Claro que si, doutor, míreo. 247 00:20:52,966 --> 00:20:55,551 Os meus homes poden con todo. 248 00:20:56,302 --> 00:20:58,805 Como se sinte en xeral, capitán? 249 00:20:59,263 --> 00:21:02,016 Visión borrosa, xaqueca, perda de memoria? 250 00:21:03,893 --> 00:21:04,894 Perda de memoria? 251 00:21:05,603 --> 00:21:08,439 A parte física dun trauma cerebral cura rápido. 252 00:21:08,523 --> 00:21:10,775 Os patróns neuronais tardan máis. 253 00:21:10,858 --> 00:21:12,986 Súmelle o estrés do dó e a perda... 254 00:21:13,069 --> 00:21:15,071 Ten síntomas, Reece? 255 00:21:17,198 --> 00:21:18,950 Non, señor. Non... 256 00:21:20,785 --> 00:21:22,996 Podemos facer máis probas. 257 00:21:23,121 --> 00:21:25,832 Prefería facelas en Balboa, se fose posible. 258 00:21:25,915 --> 00:21:27,625 Mellor facer unha resonancia. 259 00:21:27,709 --> 00:21:29,919 Os meus homes xa chegaron á casa. 260 00:21:30,878 --> 00:21:33,256 Gustaríame falar coas familias. 261 00:21:35,091 --> 00:21:38,344 A menos que llo impida, paréceme ben que Reece voe. 262 00:21:39,012 --> 00:21:41,514 WARCOM pode coordinalo nos Estados Unidos. 263 00:21:44,058 --> 00:21:45,268 De acordo, capitán. 264 00:21:46,519 --> 00:21:49,522 Pero tómeo con calma ata a revisión. 265 00:21:50,440 --> 00:21:53,026 Descanse moito e nada de alcohol. 266 00:22:03,911 --> 00:22:05,329 Imos atopar a Kahani. 267 00:22:11,294 --> 00:22:13,212 Voulle arrincar a cabeleira. 268 00:22:13,921 --> 00:22:14,922 Caralludo. 269 00:22:19,385 --> 00:22:23,514 É o que tería feito Donny. Tiña 23 anos, pero era un salvaxe. 270 00:22:31,898 --> 00:22:32,899 Por Donny. 271 00:22:33,608 --> 00:22:35,193 Que viva a irmandade. 272 00:22:45,161 --> 00:22:46,704 Posme un whisky, só? 273 00:22:55,254 --> 00:22:56,631 Por quen bebemos? 274 00:23:03,096 --> 00:23:05,139 É contratista ou xornalista? 275 00:23:06,099 --> 00:23:09,310 O selo do pulso. Aí non admiten soldados. 276 00:23:09,393 --> 00:23:11,270 Nunca rompeu unha puta regra? 277 00:23:12,396 --> 00:23:14,482 Estiven de festa cun piloto. 278 00:23:14,941 --> 00:23:19,445 Díxome que onte á noite transportaron 12 SEAL. 279 00:23:20,196 --> 00:23:22,365 Sen garda de cor. Sen cerimonias. 280 00:23:22,782 --> 00:23:24,200 Xenial, é da prensa. 281 00:23:24,534 --> 00:23:26,285 Katie Buranek. VoltStreem. 282 00:23:26,536 --> 00:23:30,289 - Invito á próxima, capitán. - Eu pago o meu, grazas. 283 00:23:30,373 --> 00:23:31,958 Escribo sobre os SEAL. 284 00:23:32,458 --> 00:23:35,044 E a dependencia das operacións especiais... 285 00:23:35,128 --> 00:23:36,129 Seino. Lino. 286 00:23:36,212 --> 00:23:39,257 Capitán, á xente aínda lle importa o que pasa aquí. 287 00:23:39,340 --> 00:23:42,677 Perderon 12 SEAL e nin sequera fan un comunicado? 288 00:23:42,844 --> 00:23:44,137 Que ocultan? 289 00:23:47,098 --> 00:23:50,393 Non sei que busca, pero non o sacará de min nin Boozer. 290 00:23:50,476 --> 00:23:51,477 Quen é Boozer? 291 00:24:02,822 --> 00:24:04,907 Non filtro historias, Buranek. 292 00:24:06,409 --> 00:24:08,870 E menos a quen critica o noso traballo. 293 00:24:08,953 --> 00:24:12,456 Non critico o seu traballo, cuestiono as súas misións. 294 00:24:22,842 --> 00:24:24,010 Polo seu esforzo. 295 00:25:00,379 --> 00:25:02,965 Despaciño e con boa letra, xefe. 296 00:25:20,566 --> 00:25:23,319 Reece! Érguete! 297 00:25:23,402 --> 00:25:25,279 Reece, esperta! 298 00:25:25,655 --> 00:25:27,949 Reece! Érguete! 299 00:25:28,074 --> 00:25:29,075 Capitán. 300 00:25:30,159 --> 00:25:34,372 Xa baixaron todos, señor. Intentei espertalo varias veces. 301 00:25:59,563 --> 00:26:03,734 ESTACIÓN AERONAVAL DE NORTH ISLAND CORONADO, CALIFORNIA 302 00:26:12,702 --> 00:26:15,246 Non me digas que vas chamar un puto Uber. 303 00:26:18,374 --> 00:26:21,877 Oín o rumor de que voabas esta noite, así que... 304 00:26:27,925 --> 00:26:29,010 Oh, tío. 305 00:26:36,183 --> 00:26:37,268 Grazas, Ben. 306 00:26:39,437 --> 00:26:41,522 - Imos á casa, irmán. - Si. 307 00:26:47,945 --> 00:26:50,323 Se conducimos un pouco? Para despexarme? 308 00:27:04,962 --> 00:27:06,922 Quéresme contar o que pasou? 309 00:27:07,048 --> 00:27:09,467 Canto sabes? Supuxen que a axencia... 310 00:27:09,550 --> 00:27:11,093 Non din unha merda. 311 00:27:11,177 --> 00:27:13,179 Alí todo é complicado. 312 00:27:13,262 --> 00:27:14,096 Xa o sabes. 313 00:27:17,808 --> 00:27:18,934 Foi unha emboscada. 314 00:27:19,185 --> 00:27:20,269 Que queres dicir? 315 00:27:20,353 --> 00:27:23,314 Atraéronnos con mala información sobre Kahani. 316 00:27:25,524 --> 00:27:26,776 Os iranianos. 317 00:27:28,569 --> 00:27:31,280 Ó mellor. Talvez os rusos. Puido ser Assad. 318 00:27:31,614 --> 00:27:32,615 Merda. 319 00:27:33,157 --> 00:27:35,659 Quen pode alterar os nosos sinais? 320 00:27:35,743 --> 00:27:37,203 Como? Modificalos? 321 00:27:37,286 --> 00:27:41,082 Cambiar o rexistro dixital. Alterar voces, deepfake. 322 00:27:43,376 --> 00:27:44,877 Irmán, iso é... 323 00:27:45,252 --> 00:27:48,422 Iso é guerra dixital dun nivel da hostia. 324 00:27:49,757 --> 00:27:51,717 Só Deus podería facer algo así. 325 00:27:56,555 --> 00:27:59,975 Coñezo uns tipos en Persia House, podo chamalos. 326 00:28:00,059 --> 00:28:03,354 A ver se hai algo que valla a pena. Comezamos por aí. 327 00:29:11,672 --> 00:29:13,090 Xa abonda, cuspe. 328 00:29:13,174 --> 00:29:15,718 - Non rematei. - Xa tiñas que estar na cama. 329 00:29:21,682 --> 00:29:22,683 Ola? 330 00:29:23,267 --> 00:29:24,268 Papá! 331 00:29:25,895 --> 00:29:27,771 Ola, ruliña! 332 00:29:29,773 --> 00:29:30,900 Volviches á casa. 333 00:29:33,319 --> 00:29:35,321 Pois claro que volvín á casa. 334 00:29:36,197 --> 00:29:38,532 Mamá dixo que non chegarías ata mañá. 335 00:29:38,616 --> 00:29:40,659 - Pero sabía que sería hoxe. - Si? 336 00:29:41,660 --> 00:29:44,246 Mírate, que alta estás. 337 00:29:45,372 --> 00:29:48,000 Teño coxíns e peluches novos no cuarto. 338 00:29:48,083 --> 00:29:50,002 - Quérochos ensinar. - Vale. 339 00:29:50,085 --> 00:29:54,006 Tamén tiven unha idea moi boa. Quero un can. 340 00:29:54,089 --> 00:29:54,924 Vale. 341 00:29:55,007 --> 00:29:57,176 Lucy, por que non vas indo á cama 342 00:29:57,259 --> 00:29:59,720 e papá arróupate agora nun segundiño? 343 00:29:59,803 --> 00:30:01,555 - Agora vou. - Veña. 344 00:30:07,770 --> 00:30:08,979 Vai indo. 345 00:30:09,939 --> 00:30:11,690 Xa vou agora. 346 00:30:38,300 --> 00:30:42,513 Veña, imos arrouparte. Grazas por agardar por min. 347 00:30:47,101 --> 00:30:48,227 Estás ben? 348 00:30:49,478 --> 00:30:51,021 Si, estou ben. 349 00:30:51,522 --> 00:30:52,731 Dóeche? 350 00:30:53,190 --> 00:30:55,025 Non é nada. 351 00:30:55,651 --> 00:30:56,652 Seguro? 352 00:30:57,611 --> 00:31:00,030 Si, seguro, estou ben. 353 00:31:00,781 --> 00:31:02,908 Que liches dende que marchei? 354 00:31:02,992 --> 00:31:04,660 A nena que bebeu a lúa. 355 00:31:05,077 --> 00:31:06,579 Vai de poderes máxicos. 356 00:31:07,538 --> 00:31:08,872 Queres ler un pouco? 357 00:31:09,498 --> 00:31:12,585 Papá está moi canso así que vai ir á cama, vale? 358 00:31:12,793 --> 00:31:16,088 Ten que ducharse porque cheira moi mal. 359 00:31:19,842 --> 00:31:20,801 De acordo. 360 00:31:23,721 --> 00:31:25,472 E iso? Un debuxo novo? 361 00:31:25,598 --> 00:31:28,559 Cada vez dáseche mellor, neniña. Mira para el. 362 00:31:28,642 --> 00:31:29,977 A MIÑA FAMILIA 363 00:31:30,060 --> 00:31:31,312 Debuxáchelo ti? 364 00:31:31,395 --> 00:31:35,232 - Debuxeino antes de que marcharas. - Non o vira. 365 00:31:35,608 --> 00:31:36,817 Xa cho ensinara. 366 00:31:37,651 --> 00:31:39,069 E gustouche. 367 00:31:42,990 --> 00:31:44,074 Estás de broma. 368 00:31:44,283 --> 00:31:47,786 Estou de broma, sempre estou de broma. 369 00:31:48,120 --> 00:31:50,581 O que sexa para que a miña rapaciña ría. 370 00:31:52,916 --> 00:31:54,376 - Boa noite. - Quérote. 371 00:31:54,835 --> 00:31:55,878 Eu tamén a ti. 372 00:32:03,552 --> 00:32:04,553 Veña. 373 00:32:09,141 --> 00:32:11,101 Puiden ir buscarte. 374 00:32:16,523 --> 00:32:19,485 Non pasa nada, foi Ben. 375 00:32:23,697 --> 00:32:27,368 O único que me dixeron é que tes unha conmoción 376 00:32:27,451 --> 00:32:29,161 e que vaias amodo. 377 00:32:31,121 --> 00:32:34,833 Teñen que revisarte, James. Podo pedir cita. 378 00:32:34,917 --> 00:32:35,918 Estou ben. 379 00:33:13,914 --> 00:33:17,543 - Ramirez! Espera, vou canda ti! - Á parede! 380 00:33:17,626 --> 00:33:19,795 Reece! Veña, meu! Érguete! 381 00:33:24,925 --> 00:33:26,427 Que che parece, papá? 382 00:33:27,511 --> 00:33:28,512 Papá! 383 00:33:30,264 --> 00:33:31,181 James? 384 00:33:33,517 --> 00:33:34,351 Que? 385 00:33:34,727 --> 00:33:37,896 Que mamá e eu planeamos o teu primeiro día na casa. 386 00:33:38,814 --> 00:33:43,485 Por que non lle contas a papá a nosa nova actividade? 387 00:33:43,569 --> 00:33:46,905 Cando non estabas, mamá e eu empezamos co paddle surf. 388 00:33:46,989 --> 00:33:49,533 É unha combinación de surf e kayak. 389 00:33:49,867 --> 00:33:50,868 É superdivertido. 390 00:33:51,535 --> 00:33:56,165 Ó mellor podémoslle preguntar a papá se quere vir con nós. 391 00:33:56,331 --> 00:33:58,625 Queres vir? Seguro que che gusta. 392 00:33:58,709 --> 00:34:00,294 A última vez que surfeei 393 00:34:01,754 --> 00:34:03,672 foi un desastre, lembras? 394 00:34:05,090 --> 00:34:09,595 É doado. Empezamos na cova La Jolla moi cedo pola mañá, 395 00:34:09,762 --> 00:34:12,264 non hai ondas, podemos sair á augas calmas. 396 00:34:12,347 --> 00:34:14,516 Pois xa temos un plan. Iremos. 397 00:34:14,600 --> 00:34:17,269 Imos facer un pouco de paddle surf. 398 00:34:17,978 --> 00:34:19,646 Ben, será divertido. 399 00:34:20,773 --> 00:34:21,690 Vale. 400 00:34:22,941 --> 00:34:26,445 Os famosos rolos de canela. Haberá que comelos... 401 00:34:26,528 --> 00:34:28,405 Solta iso, está quente! 402 00:34:28,489 --> 00:34:29,740 Xesús! 403 00:34:32,242 --> 00:34:34,870 - Estás ben? - Estou ben, perdoa. 404 00:34:39,208 --> 00:34:40,793 Cóntame o do teu... 405 00:34:43,128 --> 00:34:44,379 É WARCOM. 406 00:34:47,633 --> 00:34:48,801 Son Reece. 407 00:34:51,512 --> 00:34:54,181 Non, señor. Iso é imposible. 408 00:34:57,392 --> 00:34:58,936 Si, señor. Agora vou. 409 00:35:06,401 --> 00:35:09,905 Quéroo hoxe no escritorio. Mañá non, hoxe. Teño que marchar. 410 00:35:09,988 --> 00:35:11,698 - Reece. - Capitán, e Boozer? 411 00:35:11,782 --> 00:35:14,785 Síntoo, o forense levou o corpo. Temos unha reunión. 412 00:35:14,868 --> 00:35:17,579 É nuns 30 minutos. Reece, estarei contigo. 413 00:35:17,663 --> 00:35:20,207 Capitán Reece. Axente especial Holder, NCIS. 414 00:35:21,291 --> 00:35:22,167 Aparta. 415 00:35:31,426 --> 00:35:35,848 Teño algunhas preguntas sobre o suboficial Vicker 416 00:35:37,140 --> 00:35:38,225 e a súa cordura. 417 00:35:42,855 --> 00:35:45,357 Estiven onte con este home, estaba ben. 418 00:35:46,900 --> 00:35:49,278 Non pode ser que se matara, hostia. 419 00:35:50,821 --> 00:35:52,531 - Desculpe. Onte? - Si. 420 00:35:53,365 --> 00:35:56,785 Voamos dende Incirlik xuntos. Estaba ben. 421 00:35:59,121 --> 00:36:00,122 Capitán. 422 00:36:01,290 --> 00:36:02,291 Iso non é... 423 00:36:02,499 --> 00:36:05,627 Iso non é posible. Vickers suicidouse hai dous días. 424 00:36:05,711 --> 00:36:07,713 Perdoe, non ten nin puta idea. 425 00:36:08,297 --> 00:36:10,966 - Sabes que? Respira un pouco. - Cóntallo. 426 00:36:11,258 --> 00:36:13,260 O capitán acaba de volver. 427 00:36:13,385 --> 00:36:15,262 Si. Con Vickers. Onte. 428 00:36:17,556 --> 00:36:18,557 De acordo. 429 00:36:18,849 --> 00:36:23,437 O suboficial Vickers voou cos corpos dos seus homes hai dous días. 430 00:36:24,104 --> 00:36:26,440 Esa mesma noite suicidouse. 431 00:36:27,566 --> 00:36:29,276 Os veciños atopárono hoxe. 432 00:36:29,359 --> 00:36:32,237 A policía de Coronado foi a primeira en chegar. 433 00:36:32,571 --> 00:36:34,239 Síntoo moito, capitán. 434 00:36:35,282 --> 00:36:36,617 Despaciño, xefe. 435 00:36:37,409 --> 00:36:38,660 Con boa letra, xefe. 436 00:36:55,385 --> 00:36:56,386 Reece. 437 00:36:57,554 --> 00:37:00,807 Non temos que facer isto hoxe. Tome o seu tempo. 438 00:37:00,891 --> 00:37:03,226 - Faríao, pero non pode esperar. - Vale. 439 00:37:03,977 --> 00:37:07,147 Compartimos a súa preocupación sobre a intelixencia. 440 00:37:07,230 --> 00:37:08,273 Veña. 441 00:37:08,398 --> 00:37:09,358 Flexións? 442 00:37:09,524 --> 00:37:10,400 Listos! 443 00:37:10,567 --> 00:37:11,902 - Unha! - Unha! 444 00:37:11,985 --> 00:37:12,819 - Dúas! - Dúas! 445 00:37:13,028 --> 00:37:16,657 Creo que foi un ataque planificado contra o pelotón Alfa. 446 00:37:17,824 --> 00:37:20,410 Levamos perseguindo a Kahani dende 2018, 447 00:37:20,661 --> 00:37:23,914 e nese tempo matámoslle dous tenentes da Forza Quds. 448 00:37:24,039 --> 00:37:26,541 O meu home en Alepo tiña mala información. 449 00:37:27,125 --> 00:37:28,293 Foi unha trampa. 450 00:37:28,418 --> 00:37:31,046 O SOCOM e a CIA están seguindo a Moussa. 451 00:37:31,463 --> 00:37:33,882 Detivemos as operacións en Siria, 452 00:37:35,175 --> 00:37:38,637 pero quero saber que pasou na propia operación. 453 00:37:41,056 --> 00:37:42,057 Señor? 454 00:37:42,140 --> 00:37:45,060 Vostede é agora a única testemuña ocular. 455 00:37:45,143 --> 00:37:47,354 Este arquivo non ten sentido. 456 00:37:51,400 --> 00:37:52,567 Si que ten sentido. 457 00:37:53,735 --> 00:37:57,698 Cobra sentido cando se ve que alguén manipulou o audio. 458 00:37:57,906 --> 00:38:00,450 Por aclarar, iso é o que cre? 459 00:38:00,534 --> 00:38:04,705 Que o soldado sirio entrou en pánico e detonou un explosivo? 460 00:38:05,122 --> 00:38:06,999 - Non Mitchell? - Así é. 461 00:38:07,666 --> 00:38:10,252 Si, señor, manteño a miña declaración. 462 00:38:10,585 --> 00:38:13,547 E se teño razón, non podemos loitar nese escenario 463 00:38:13,630 --> 00:38:15,924 ata descubrir quen ten esa tecnoloxía, 464 00:38:16,008 --> 00:38:19,970 quen pode facer algo así e quen nos tendeu a trampa. 465 00:38:22,305 --> 00:38:26,518 Dígame que pasou na casa do suboficial Vickers. 466 00:38:26,727 --> 00:38:32,149 O NCIS di que puxo en dúbida a data da morte de Vickers. 467 00:38:34,401 --> 00:38:38,947 Señor, o que puxen en dúbida foi por que se ía suicidar Boozer. 468 00:38:41,199 --> 00:38:43,577 Pero si, confundo un pouco as datas. 469 00:38:43,994 --> 00:38:47,456 O capitán sufriu unha conmoción importante na misión. 470 00:38:49,207 --> 00:38:51,418 Está sufrindo as secuelas. 471 00:38:51,793 --> 00:38:54,796 E pode que esas secuelas 472 00:38:55,714 --> 00:38:58,175 afecten o seu recordo da operación? 473 00:38:58,258 --> 00:39:00,218 Esas operacións non se esquecen. 474 00:39:01,762 --> 00:39:02,763 Non, señor. 475 00:39:09,144 --> 00:39:10,937 Mire, Reece, 476 00:39:12,105 --> 00:39:14,649 admiro o seu compromiso. 477 00:39:16,068 --> 00:39:19,863 Pasar de francotirador raso a comandante de tropa 478 00:39:19,946 --> 00:39:23,617 non é pouca cousa, e ós 40 segue na vangarda. 479 00:39:25,577 --> 00:39:27,662 Pero ten que espelir. 480 00:39:32,626 --> 00:39:35,587 Afeite esa barba cando estea no cuartel. 481 00:39:36,254 --> 00:39:38,757 A xente tómanos como exemplo. 482 00:39:40,092 --> 00:39:41,259 Sobre todo agora. 483 00:39:43,970 --> 00:39:44,805 Si, señor. 484 00:39:45,972 --> 00:39:48,183 Informan que todos os SEAL do pelotón 485 00:39:48,266 --> 00:39:51,186 recibirán a Estrela de Prata, tamén Vickers. 486 00:39:51,269 --> 00:39:52,104 Veña, rapazas! 487 00:39:52,187 --> 00:39:55,273 A secretaria de Defensa vén en avión ó funeral. 488 00:39:55,357 --> 00:39:57,442 Seguro que as familias o aprecian. 489 00:39:58,110 --> 00:39:59,402 Está confirmado? 490 00:40:00,821 --> 00:40:03,406 - As medallas? - A causa da morte de Boozer. 491 00:40:03,657 --> 00:40:05,659 Volvín comprobalo co forense. 492 00:40:06,368 --> 00:40:09,579 Confirmaron unha ferida autoinflixida. Nove milímetros. 493 00:40:11,623 --> 00:40:13,125 Desculpe, señor. 494 00:40:14,042 --> 00:40:15,961 Disparouse coa pistola dos SEAL? 495 00:40:16,670 --> 00:40:17,796 Era a súa SIG. 496 00:40:18,630 --> 00:40:20,757 Foi un regalo do pelotón? 497 00:40:23,635 --> 00:40:27,055 Reece, seguro que quere asistir ó funeral? 498 00:40:28,181 --> 00:40:30,809 Poderiamos darlle un motivo de ausencia. 499 00:40:30,892 --> 00:40:32,060 Estarei alí, señor. 500 00:40:48,034 --> 00:40:49,161 Vén tormenta. 501 00:40:51,413 --> 00:40:53,498 Se non queres charlar, podes... 502 00:40:53,874 --> 00:40:58,170 Xa sabes, sentar aí e ver como izo as velas. Non pasa nada. 503 00:41:00,422 --> 00:41:02,507 Ves algo raro nesta bala? 504 00:41:13,393 --> 00:41:14,394 Como que? 505 00:41:16,730 --> 00:41:17,731 O calibre. 506 00:41:18,982 --> 00:41:20,317 Encántame a miña SIG. 507 00:41:21,234 --> 00:41:24,362 A favorita de Boozer era unha 1911-45 customizada. 508 00:41:27,657 --> 00:41:30,785 Odiaba a nove milímetros dos SEAL. 509 00:41:33,538 --> 00:41:36,208 Sempre discutiamos sobre as virtudes. 510 00:41:37,125 --> 00:41:38,877 Nove milímetros contra 45. 511 00:41:40,462 --> 00:41:42,130 Máis capacidade de cargador 512 00:41:42,214 --> 00:41:44,507 ou que dispare máis chumbo por ti? 513 00:41:44,591 --> 00:41:46,384 Se nos despregaban, ía coa 45. 514 00:41:46,468 --> 00:41:48,887 Dicía: "Se vas destruír algo, destrúeo. 515 00:41:48,970 --> 00:41:52,682 Non fagas furadiños, non uses unha navalla contra unha espada". 516 00:41:54,851 --> 00:41:59,397 Non o creo, tío. Boozer non se matou coa SIG nin de broma. 517 00:42:00,232 --> 00:42:01,316 Nin de broma. 518 00:42:02,609 --> 00:42:04,152 Quen tendeu a trampa... 519 00:42:07,989 --> 00:42:10,951 Poderán falsificar probas, pero non a Boozer. 520 00:42:13,995 --> 00:42:17,666 Os Quds teñen xente matando SEAL en Coronado? 521 00:42:19,209 --> 00:42:21,002 Estasme dicindo iso? 522 00:42:21,253 --> 00:42:22,587 Alguén será. 523 00:42:25,548 --> 00:42:26,549 Déixasma? 524 00:42:33,598 --> 00:42:35,392 "Que viva a irmandade". 525 00:42:35,684 --> 00:42:36,893 Caralludo. 526 00:42:36,977 --> 00:42:38,812 Boto de menos os SEAL, meu. 527 00:42:42,816 --> 00:42:46,403 Igual Boozer quería enviar unha mensaxe coa pistola dos SEAL. 528 00:42:47,028 --> 00:42:48,571 Un xeito de dicir adeus. 529 00:42:52,784 --> 00:42:53,785 Pode ser. 530 00:43:02,460 --> 00:43:06,881 Por que non colledes Laur, Luce e ti o barco unha fin de semana? 531 00:43:07,674 --> 00:43:11,052 Rumbo ó horizonte, coma a puta expedición Kon Tiki. 532 00:43:12,012 --> 00:43:13,930 Navegades ata o rancho de Marco. 533 00:43:15,015 --> 00:43:16,224 Descansas un pouco. 534 00:43:20,478 --> 00:43:22,230 Cres que se me vai a cabeza? 535 00:43:25,734 --> 00:43:26,651 Non. 536 00:43:30,822 --> 00:43:33,950 Pero creo que pasaches por algo moi fodido. 537 00:43:36,494 --> 00:43:38,663 Dito isto, son teu irmán. 538 00:43:39,956 --> 00:43:43,501 E se notas algo raro, o que sexa... 539 00:43:44,836 --> 00:43:45,962 Chámame. 540 00:43:48,048 --> 00:43:48,882 Xa o sei. 541 00:43:49,591 --> 00:43:52,302 Ben, perfecto. Outra birra. 542 00:44:18,870 --> 00:44:21,498 VOLSTREEM CONTRATA XORNALISTA DE IMPACTO 543 00:44:27,337 --> 00:44:29,547 SOLDADOS DE ESPECIAIS ESQUECIDOS 544 00:44:37,722 --> 00:44:39,224 CONTACTA KATIE BURANEK 545 00:44:49,901 --> 00:44:53,488 Cando nos atopamos en Incirlik, eu estaba só? 546 00:44:57,659 --> 00:45:00,328 Eu estaba só? 547 00:45:04,124 --> 00:45:06,376 Sei que o que pedimos non é xusto. 548 00:45:07,627 --> 00:45:10,797 E aprecio o sacrificio que todos fixeron. 549 00:45:11,756 --> 00:45:13,842 Hoxe, a nación chora con vostedes 550 00:45:14,551 --> 00:45:15,552 dálles as grazas, 551 00:45:16,219 --> 00:45:19,389 mentres honramos un querido membro desta comunidade. 552 00:45:20,265 --> 00:45:21,808 Cunha Estrela de Prata, 553 00:45:22,559 --> 00:45:25,061 o suboficial de primeira Victor Ramirez. 554 00:45:26,771 --> 00:45:27,981 Listos. Adiante. 555 00:45:29,774 --> 00:45:31,443 Embracen armas. 556 00:45:33,611 --> 00:45:36,531 Listos. Apunten. Disparen. 557 00:45:38,616 --> 00:45:40,368 Atrás. Dereita. 558 00:45:42,495 --> 00:45:45,248 Listos. Apunten. Disparen. 559 00:45:46,332 --> 00:45:49,794 EE. UU. MANDO NAVAL DE OPERACIÓNS ESPECIAIS 560 00:45:58,970 --> 00:46:01,306 ARMAS QUÍMICAS RELACIONADAS CON IRÁN 561 00:46:02,557 --> 00:46:04,726 A nación chora con vostedes 562 00:46:05,435 --> 00:46:11,191 e dálles as grazas, mentres honramos un querido membro desta comunidade. 563 00:46:11,816 --> 00:46:13,443 Cunha Estrela de Prata, 564 00:46:14,110 --> 00:46:16,529 o operario especial de segunda clase, 565 00:46:17,530 --> 00:46:18,740 Donald Mitchell. 566 00:46:18,907 --> 00:46:21,576 Listos. Apunten. Disparen. 567 00:46:31,669 --> 00:46:33,046 NON HAI MENSAXES 568 00:46:33,755 --> 00:46:36,841 Sei que o que lles pedimos non é xusto 569 00:46:37,425 --> 00:46:40,553 e aprecio o sacrificio que todos fixeron. 570 00:46:42,680 --> 00:46:45,725 Honramos o condecorado coa Estrela de Prata, 571 00:46:45,892 --> 00:46:49,521 suboficial Ernest "Boozer" Vickers. 572 00:46:57,570 --> 00:46:58,988 - Capitán. - Señora. 573 00:47:01,824 --> 00:47:05,161 Señora Reece, a muller do almirante faloume de vostede. 574 00:47:05,954 --> 00:47:08,748 Di que lles gañaba ós rapaces nas carreiras. 575 00:47:09,249 --> 00:47:11,084 Pagaría por velo. 576 00:47:11,334 --> 00:47:13,044 Grazas, señora secretaria. 577 00:47:14,921 --> 00:47:16,548 Podo falar co seu marido? 578 00:47:16,798 --> 00:47:17,799 Por suposto. 579 00:47:24,806 --> 00:47:26,558 Non son moi política. 580 00:47:26,891 --> 00:47:30,645 Digo e fago o que quero, a prensa e o público que se aguanten. 581 00:47:30,728 --> 00:47:31,688 Si, señora. 582 00:47:32,605 --> 00:47:37,235 Así que sabe que digo en serio que o que necesiten vostede e as familias 583 00:47:37,318 --> 00:47:40,280 para recuperarse, váiselles proporcionar. 584 00:47:41,698 --> 00:47:42,699 Grazas, señora. 585 00:47:46,744 --> 00:47:49,038 Vouno recomendar para a Cruz Naval. 586 00:47:49,372 --> 00:47:51,749 - Non a merezo. - Merece, si. 587 00:47:52,458 --> 00:47:55,378 O comando dixo que non podían sacalo dos túneles. 588 00:47:55,461 --> 00:47:57,547 Insistía en axudar os seus homes. 589 00:48:00,174 --> 00:48:03,469 Iso demóstralles ós SEAL que volven á batalla 590 00:48:03,553 --> 00:48:05,972 que protexemos ós nosos si ou si. 591 00:48:06,055 --> 00:48:08,391 Señora, os SEAL volven á batalla? 592 00:48:10,226 --> 00:48:13,563 Pensei que se parara ata detectar o erro de información. 593 00:48:13,646 --> 00:48:15,064 Atopamos a Moussa. 594 00:48:15,356 --> 00:48:18,985 Tiña un furado na cabeza e cartos da Forza Quds no peto. 595 00:48:23,281 --> 00:48:27,035 Estou no seguinte movemento de Kahani. Gustaríame estar cando... 596 00:48:28,286 --> 00:48:29,537 Cando o atopemos. 597 00:48:30,830 --> 00:48:33,625 Cando Kahani morra, será o primeiro en sabelo. 598 00:48:41,090 --> 00:48:42,800 Tes por aí un billete de 20? 599 00:48:44,886 --> 00:48:45,970 James. 600 00:48:47,138 --> 00:48:49,515 Tes efectivo para a canguro? 601 00:48:51,684 --> 00:48:52,894 Se non... 602 00:48:53,353 --> 00:48:55,730 - Fágolle Bizum. - Non foron ó funeral. 603 00:48:56,105 --> 00:48:58,691 Nin a muller de Mallory. Quero dicir, 604 00:48:59,567 --> 00:49:01,444 que Boozer merecía algo mellor. 605 00:49:06,199 --> 00:49:09,035 Chamaches á clínica para a cita da resonancia? 606 00:49:10,703 --> 00:49:11,704 James? 607 00:49:11,996 --> 00:49:13,039 Xa estou mellor. 608 00:49:58,584 --> 00:49:59,585 James. 609 00:50:08,010 --> 00:50:10,096 Imos superar isto, vale? 610 00:50:16,352 --> 00:50:17,895 Estou ben, meu amor. 611 00:50:17,979 --> 00:50:19,897 Estou ben. 612 00:50:35,163 --> 00:50:36,372 Que? 613 00:50:36,456 --> 00:50:40,251 Ves ese coche gris de aí? Acaba de aparcar. 614 00:50:41,002 --> 00:50:43,171 Estaba no funeral e seguiunos. 615 00:50:46,507 --> 00:50:47,967 - Seguro? - Seguro. 616 00:50:48,885 --> 00:50:51,262 Entra e colle a Lucy. 617 00:51:28,549 --> 00:51:30,134 - Mans arriba! - Cristo! 618 00:51:31,803 --> 00:51:33,346 Síntoo, capitán. 619 00:51:35,431 --> 00:51:38,100 Só precisaba velo lonxe dos SEAL. 620 00:51:45,024 --> 00:51:47,026 Quere un té ou algo? 621 00:51:48,444 --> 00:51:49,987 Ten algo máis forte? 622 00:51:50,655 --> 00:51:52,114 Temos unha botella... 623 00:51:52,198 --> 00:51:54,992 - Tranquila, será rápido. - Si, non fai falla. 624 00:51:55,159 --> 00:51:57,662 Grazas. E desculpe polo de antes. 625 00:51:59,539 --> 00:52:01,082 Vou deitar a Lucy. 626 00:52:01,999 --> 00:52:02,917 Vale. 627 00:52:09,382 --> 00:52:11,175 Vaia, non estivo mal. 628 00:52:12,260 --> 00:52:14,971 Levo 18 meses entre bases e avanzadas, 629 00:52:15,054 --> 00:52:17,014 e nunca me apuntaran cunha arma. 630 00:52:19,684 --> 00:52:22,144 Aínda así, grazas por contactarme. 631 00:52:23,187 --> 00:52:25,982 Nos últimos dous anos, a súa tropa alternou 632 00:52:26,107 --> 00:52:28,484 seis meses de despregamento e formación. 633 00:52:28,568 --> 00:52:30,736 Iso é un 67 % menos de descanso... 634 00:52:30,820 --> 00:52:32,947 Non vin para discutir os ritmos. 635 00:52:33,030 --> 00:52:35,408 Preguntei con quen estaba cando falamos. 636 00:52:35,491 --> 00:52:38,202 Pero iso non é o que me preguntou, non? 637 00:52:38,411 --> 00:52:39,745 Non exactamente. 638 00:52:41,289 --> 00:52:44,876 Investiguei a morte do seu amigo. Vickers. "Boozer"? 639 00:52:44,959 --> 00:52:47,545 Atopei unha copia do informe policial. 640 00:52:48,212 --> 00:52:50,006 O certificado de defunción. 641 00:52:52,425 --> 00:52:53,634 Mire a data. 642 00:53:00,641 --> 00:53:04,770 Xa estaba morto, aquí en Coronado, o día que o vin en Incirlik. 643 00:53:05,104 --> 00:53:09,150 Falei dos despregamentos porque se a sobrecarga e o agotamento 644 00:53:09,233 --> 00:53:12,612 foron causa da morte dos seus homes, non é culpa súa. 645 00:53:12,695 --> 00:53:14,739 Pero ten que haber responsables... 646 00:53:14,822 --> 00:53:15,948 É hora de marchar. 647 00:53:16,574 --> 00:53:19,619 Sei que parezo o inimigo, pero impórtame a verdade. 648 00:53:19,702 --> 00:53:23,080 Se un sistema fallido os puxo nunha situación de merda... 649 00:53:23,164 --> 00:53:27,460 Grazas polo seu tempo, señorita Buranek. Aprecio a súa visita. 650 00:53:32,131 --> 00:53:35,301 Vale, de acordo, estarei por aquí esta semana. 651 00:53:35,676 --> 00:53:37,887 Se cambia de idea... 652 00:53:42,391 --> 00:53:43,517 Grazas. 653 00:54:03,537 --> 00:54:05,039 Imos atopar a Kahani. 654 00:54:07,500 --> 00:54:09,460 Voulle arrincar a cabeleira. 655 00:54:09,794 --> 00:54:11,420 Que viva a irmandade! 656 00:54:12,588 --> 00:54:14,131 Que viva a irmandade. 657 00:54:39,615 --> 00:54:40,700 CAPITÁN REECE 658 00:54:58,634 --> 00:55:01,220 Creo que me pasou algo nesa operación. 659 00:55:06,267 --> 00:55:07,893 Teño que chamar á clínica. 660 00:55:25,453 --> 00:55:27,872 - Sabe o que é un engrama? - Non. 661 00:55:27,955 --> 00:55:30,249 O "graal" da investigación cerebral. 662 00:55:30,332 --> 00:55:33,169 Unha vía física para codificar recordos. 663 00:55:33,377 --> 00:55:36,047 Isto é a visualización dunha memoria sa, 664 00:55:36,255 --> 00:55:37,923 cada recordo é un mapa. 665 00:55:38,299 --> 00:55:41,052 Pero cando se alteran os camiños da memoria, 666 00:55:41,343 --> 00:55:43,220 leva a cousas coma amálgamas. 667 00:55:43,304 --> 00:55:45,389 Recordos vellos solapan os novos. 668 00:55:46,682 --> 00:55:50,061 Un recordo de hai un ano parece de onte. 669 00:55:50,144 --> 00:55:54,106 - O cerebro non pode diferenciar. - Unha conmoción pode causar iso? 670 00:55:54,315 --> 00:55:57,651 Podería. Co seu permiso, ímolo observar mellor. 671 00:56:01,739 --> 00:56:04,200 O escáner dá un mapa do seu cerebro. 672 00:56:04,283 --> 00:56:07,578 Dura menos dunha hora. Volveremos cando remate. 673 00:56:25,930 --> 00:56:27,640 Case listos para comezar. 674 00:56:28,140 --> 00:56:29,141 Recibido. 675 00:56:51,831 --> 00:56:53,958 Vai xenial, James. Reláxese. 676 00:56:54,041 --> 00:56:56,919 A seguinte fase é a máis longa, vai comezar. 677 00:57:16,313 --> 00:57:17,982 Mitchell precisa axuda. 678 00:57:18,065 --> 00:57:20,067 - Hai moito ruído. - Non. 679 00:57:20,151 --> 00:57:22,611 - Hai moito ruído! - Non, xa está... 680 00:57:22,903 --> 00:57:23,904 Donny! 681 00:57:24,196 --> 00:57:25,030 - Non. - Ei! 682 00:57:25,114 --> 00:57:26,115 Donny! 683 00:57:26,907 --> 00:57:29,160 Non! 684 00:57:34,331 --> 00:57:35,708 Donny, non! 685 00:57:54,768 --> 00:57:56,061 Todo ben, doutor? 686 00:58:45,986 --> 00:58:47,947 Mataches así a Boozer? 687 00:58:49,490 --> 00:58:50,824 Coma un covarde. 688 01:00:42,644 --> 01:00:44,813 CAPITÁN JAMES REECE 689 01:00:55,783 --> 01:00:59,370 Chamaches a Lauren Reece. Deixa a túa mensaxe despois do ton. 690 01:01:00,704 --> 01:01:02,831 Laur, son eu. É real. 691 01:01:02,915 --> 01:01:05,250 Intentan matarme. Tiñan a miña pistola. 692 01:01:05,334 --> 01:01:08,587 Saca a Lucy da casa xa. Chámame cando esteades a salvo. 693 01:01:14,718 --> 01:01:15,969 Veña! Móvete! 694 01:01:17,304 --> 01:01:20,641 - 911, cal é a súa emerxencia? - Capitán James Reece. 695 01:01:20,724 --> 01:01:23,811 Ten que enviar unha patrulla ó 423 de Cayman Street. 696 01:01:24,269 --> 01:01:26,730 Repito: 423, Cayman Street. 697 01:02:40,596 --> 01:02:42,097 Non. 698 01:03:16,673 --> 01:03:17,716 Síntoo. 699 01:04:50,684 --> 01:04:52,686 Subtítulos: Abraham Díaz López