1 00:00:53,434 --> 00:00:55,519 A LISTA TERMINAL 2 00:03:58,035 --> 00:04:00,120 Fermoso sitio para descansar, mijo. 3 00:04:08,671 --> 00:04:12,967 Señor, dálles o descanso eterno 4 00:04:14,510 --> 00:04:16,971 e que brille sobre elas a luz perpetua. 5 00:04:18,138 --> 00:04:21,392 Que descansen en paz. 6 00:04:25,896 --> 00:04:26,939 Amén. 7 00:04:29,525 --> 00:04:34,571 Ven, non é momento de estar só. 8 00:04:35,030 --> 00:04:36,657 Non quero deixalas. 9 00:04:37,241 --> 00:04:38,283 Claro. 10 00:04:41,453 --> 00:04:43,706 Hai outros xeitos de estar con elas. 11 00:04:48,252 --> 00:04:50,045 E aí díxenlle a Lucy: 12 00:04:50,129 --> 00:04:54,758 "A miña afillada non se vai preocupar por enlamar os zapatos de misa". 13 00:04:59,430 --> 00:05:02,558 Vale, eu tamén teño unha. 14 00:05:02,641 --> 00:05:04,476 - Non, nin falalo. - Non? 15 00:05:04,643 --> 00:05:07,479 - Ti non podes participar nisto. - Nisto? 16 00:05:07,771 --> 00:05:09,231 Isto son bos recordos. 17 00:05:09,314 --> 00:05:11,775 Fago que cale? Asfíxiocho nun momentiño. 18 00:05:11,942 --> 00:05:13,736 Tranquila, portareime ben. 19 00:05:15,738 --> 00:05:17,573 Cando estaba nos SEAL, 20 00:05:18,490 --> 00:05:22,661 despois das operacións, Lauren Reece facía unhas grelladas incribles. 21 00:05:23,412 --> 00:05:24,913 Unha vez, 22 00:05:24,997 --> 00:05:30,002 creo que foi xusto despois de que Sabrina me deixara oficialmente. 23 00:05:30,294 --> 00:05:31,545 Que muller era esa? 24 00:05:34,339 --> 00:05:37,760 Non estaba no meu mellor momento. E como bo amigo, 25 00:05:38,218 --> 00:05:40,637 comprou catro ou cinco caixas de cervexa? 26 00:05:40,721 --> 00:05:43,140 Creo que bebín catro ou cinco caixas? 27 00:05:43,682 --> 00:05:47,352 A noite avanza, todos marchan, miro cara a un curruncho 28 00:05:47,436 --> 00:05:52,733 e hai un sofá vermello, incrible, impoluto, co meu nome escrito. 29 00:05:53,567 --> 00:05:55,569 E claro, durmo alí toda a noite. 30 00:05:55,694 --> 00:05:59,114 Cando me decato é pola mañá, cedo de carallo. 31 00:06:02,993 --> 00:06:04,411 Miro cara arriba, 32 00:06:07,664 --> 00:06:09,083 e alí estaba… 33 00:06:11,460 --> 00:06:13,629 Lauren, coa pequena Luce no colo, 34 00:06:16,799 --> 00:06:21,637 preguntándose por que o seu salón cheiraba a urinarios. 35 00:06:24,807 --> 00:06:26,475 Era porque mexaras por ti. 36 00:06:27,810 --> 00:06:29,019 Eu… 37 00:06:36,693 --> 00:06:38,070 Brindemos. 38 00:06:39,738 --> 00:06:44,618 Pola familia Reece. Tres xeracións que agradezo ter coñecido. 39 00:06:45,119 --> 00:06:48,330 Debemos as nosas vidas ó seu amor e valentía. 40 00:06:48,497 --> 00:06:50,040 - Iso. - Iso. 41 00:06:59,967 --> 00:07:01,760 Escoita, irmán, 42 00:07:04,179 --> 00:07:07,349 o mundo é unha merda e sen elas, moito máis. 43 00:07:24,616 --> 00:07:26,326 Eu creo que marcho. 44 00:07:27,411 --> 00:07:29,288 - Marchas á casa? - Xa? 45 00:07:30,080 --> 00:07:33,292 Si, quero ir á casa. 46 00:07:35,085 --> 00:07:37,588 Ven, lévate o meu chofer. 47 00:08:42,611 --> 00:08:45,322 Quen quere sol cando hai margaritas? 48 00:08:59,795 --> 00:09:02,756 Picasso, vasme deixar ver ese debuxo? 49 00:09:02,881 --> 00:09:04,049 Non está listo. 50 00:09:04,299 --> 00:09:07,302 E se non está listo antes de que marche mañá? 51 00:09:09,221 --> 00:09:13,141 Se non me ensinas o debuxo, canto unha canción. 52 00:09:15,018 --> 00:09:16,436 Cres que non me atrevo? 53 00:09:17,938 --> 00:09:20,732 Gústanme os coches rápidos e os soños claros. 54 00:09:21,483 --> 00:09:24,403 Perseguín moitos delirios. 55 00:09:24,736 --> 00:09:28,615 Deixei atrás moitas pezas rotas… 56 00:09:28,824 --> 00:09:29,825 Grazas. 57 00:09:32,077 --> 00:09:34,788 Esta mañá cumprín 36. 58 00:09:35,622 --> 00:09:36,665 Trinta e seis? 59 00:09:38,458 --> 00:09:40,711 Perdoa, escribina hai catro anos. 60 00:09:43,422 --> 00:09:46,633 Tiven a rabia do río, o retumbo do trono. 61 00:09:53,473 --> 00:09:54,683 Que demo foi iso? 62 00:10:06,570 --> 00:10:08,405 Vaise poñer ben, papá? 63 00:10:12,367 --> 00:10:17,539 Si, só está aparvada. Agora voará coa súa familia. 64 00:10:18,874 --> 00:10:20,625 Non tes por que mentirlle. 65 00:11:19,559 --> 00:11:23,021 Perdoe, capitán. Axente especial Joshua Holder. 66 00:11:23,105 --> 00:11:25,023 Si, lémbrome de vostede. 67 00:11:25,107 --> 00:11:27,692 O NCIS levará o homicidio da súa familia. 68 00:11:27,776 --> 00:11:29,319 Hai novas do meu caso? 69 00:11:29,403 --> 00:11:33,698 En realidade veño falar dunha discrepancia no informe. 70 00:11:35,450 --> 00:11:37,786 A arma do crime, a súa SIG p226? 71 00:11:38,286 --> 00:11:42,165 Retirouse dunha caixa forte no garaxe, certo? 72 00:11:42,249 --> 00:11:46,002 Non, xa llelo dixen. Collérona dunha caixa forte do meu cuarto. 73 00:11:48,046 --> 00:11:49,714 Podería ensinarma? 74 00:11:53,427 --> 00:11:54,302 Mire. 75 00:11:57,264 --> 00:12:01,435 Só por curiosidade. Como cre que abriron os asasinos a caixa? 76 00:12:01,810 --> 00:12:03,311 Copiarían a miña pegada. 77 00:12:03,395 --> 00:12:05,397 Iso sería moi sofisticado. 78 00:12:05,480 --> 00:12:08,525 Non serve unha pegada parcial dunha lata. 79 00:12:08,608 --> 00:12:12,195 Non me foda! Xa lles dixen que son moi sofisticados. 80 00:12:12,279 --> 00:12:14,072 Hai que atopar o que escapou. 81 00:12:14,156 --> 00:12:16,283 Sacamos 30 pegadas da clínica 82 00:12:16,366 --> 00:12:19,369 e cotexámolas coa Axencia de Prisións e o NCIC. 83 00:12:19,453 --> 00:12:20,454 E a Interpol? 84 00:12:20,787 --> 00:12:22,747 Como dixen, estamos niso. 85 00:12:25,917 --> 00:12:27,335 Ensinaríame o garaxe? 86 00:12:31,965 --> 00:12:35,177 Quen coñece o contrasinal desta caixa forte? 87 00:12:35,677 --> 00:12:36,636 Só eu. 88 00:12:36,720 --> 00:12:40,557 No caso de que a pistola estivese gardada nesta caixa… 89 00:12:40,640 --> 00:12:42,559 Díxenlle que estaba no cuarto. 90 00:12:42,642 --> 00:12:45,896 Levan toda a semana papando moscas ou que? 91 00:12:45,979 --> 00:12:48,482 Debo excluír todas as posibilidades… 92 00:12:48,565 --> 00:12:52,861 O NCIS sempre traballou rápido cando un dos meus se enleaba nun bar. 93 00:12:52,944 --> 00:12:55,697 Voulle dicir algo, equivocáronse con Boozer. 94 00:12:57,574 --> 00:12:59,784 Non se suicidou, vale? 95 00:12:59,868 --> 00:13:02,078 En combate, eu tiraría portas… 96 00:13:02,162 --> 00:13:04,414 - Capitán… - Sacaría á xente dos pelos. 97 00:13:05,499 --> 00:13:08,793 Entendo a súa postura, de verdade, 98 00:13:08,877 --> 00:13:12,214 pero non estamos en combate, hai un proceso aquí na casa. 99 00:13:14,049 --> 00:13:15,133 De acordo. 100 00:13:27,812 --> 00:13:30,482 Chamei antes para ver o almirante. 101 00:13:30,565 --> 00:13:32,108 Reece, pase. 102 00:13:34,069 --> 00:13:35,445 Sente, fillo. 103 00:13:40,492 --> 00:13:43,703 Un funeral fermoso. Oxalá tardemos en ver outro. 104 00:13:44,079 --> 00:13:45,163 Si, señor. 105 00:13:46,039 --> 00:13:47,666 Quería falar de algo? 106 00:13:47,749 --> 00:13:52,546 Do NCIS, señor. Non sei se están capacitados para este caso. 107 00:13:53,964 --> 00:13:57,092 Seica pecharon a investigación sobre a Espada de Odín. 108 00:13:57,175 --> 00:14:00,136 E aceptou que Mitchell estoupou o explosivo. 109 00:14:00,220 --> 00:14:03,974 Falo da miña familia. O caso está en investigación criminal. 110 00:14:05,267 --> 00:14:09,145 Debería ser contraintelixencia. Creo que podería ser persoal. 111 00:14:09,271 --> 00:14:10,272 Persoal? 112 00:14:10,355 --> 00:14:14,734 Levo anos detrás de Kahani. Ninguén mellor ca min para liquidalo. 113 00:14:14,818 --> 00:14:16,820 El e os Quds sábeno. 114 00:14:17,195 --> 00:14:19,948 Fillo, Jahan Kahani non opera en Coronado. 115 00:14:20,031 --> 00:14:21,783 É químico, non espía. 116 00:14:21,866 --> 00:14:25,161 Mandou un escuadrón para matarnos a Boozer e a min. 117 00:14:25,662 --> 00:14:28,456 Quen matou a miña familia segue por aí solto. 118 00:14:28,540 --> 00:14:30,458 Toda a comunidade está en risco. 119 00:14:32,919 --> 00:14:36,840 Está claro que fala con liberdade, así que eu tamén o farei. 120 00:14:42,178 --> 00:14:45,307 Ponnos nunha situación insostible. 121 00:14:45,932 --> 00:14:50,228 Hai dúas semanas insistiu, pese a tódalas probas, 122 00:14:50,312 --> 00:14:53,481 en que un soldado sirio estoupou o explosivo en Siria. 123 00:14:53,565 --> 00:14:55,150 Retracteime, señor. 124 00:14:55,233 --> 00:14:58,069 Despois de lle ter que insistir. 125 00:14:58,695 --> 00:15:00,739 E agora que quere? 126 00:15:00,822 --> 00:15:05,243 Que discutamos co NCIS pola idea disparatada de que a Forza Quds 127 00:15:05,327 --> 00:15:08,705 - liquídanos SEAL nos fociños… - Señor, non escoita. 128 00:15:08,788 --> 00:15:10,999 O que non escoita é vostede, capitán. 129 00:15:12,125 --> 00:15:16,796 Sacámolo da investigación da Espada de Odín co cargo intacto. 130 00:15:17,213 --> 00:15:22,218 Demo, o capitán Howard dedicouse a salvarlle as costas a tempo completo. 131 00:15:23,345 --> 00:15:26,640 Pero a verdade é que non sabemos que lle pasa. 132 00:15:27,974 --> 00:15:32,187 E dado que non puido protexer os seus homes nin a súa familia, 133 00:15:32,270 --> 00:15:33,271 non podemos… 134 00:15:34,814 --> 00:15:37,859 Reece! Sólteo, capitán! 135 00:15:55,126 --> 00:15:57,170 Holder, Buranek, VoltStream. 136 00:15:57,253 --> 00:15:59,673 A oficina de enlace mandoume aquí. 137 00:15:59,839 --> 00:16:02,592 - Non tal. - Falei con Brenda Freeman. 138 00:16:02,884 --> 00:16:04,302 Se Brenda lle dixo algo 139 00:16:04,386 --> 00:16:07,138 é que o NCIS non acepta xornalistas na escena. 140 00:16:07,222 --> 00:16:09,974 Estiven co capitán Reece antes dos asasinatos 141 00:16:10,058 --> 00:16:11,559 e apuntoume á cabeza. 142 00:16:12,310 --> 00:16:14,187 Doulle unha declaración 143 00:16:14,270 --> 00:16:17,982 se me di que demo pasou aí. Extraoficialmente. 144 00:16:20,944 --> 00:16:25,073 O forense fixa a morte de muller e filla nun prazo de 30 minutos 145 00:16:25,156 --> 00:16:26,825 estando Reece na clínica. 146 00:16:26,908 --> 00:16:29,077 Trinta minutos antes ou despois? 147 00:16:29,160 --> 00:16:32,372 Non está claro, pero entra na marxe de erro. 148 00:16:32,455 --> 00:16:36,835 Ou as matou alguén despois de marchar el ou as matou o propio Reece 149 00:16:36,918 --> 00:16:38,545 e despois veu ata aquí. 150 00:16:39,379 --> 00:16:41,381 Cando falei con el, parecía ido. 151 00:16:41,464 --> 00:16:43,091 De aí o da pistola? 152 00:16:43,883 --> 00:16:47,137 Si, pero non coma se fose matar a muller e a filla. 153 00:16:55,562 --> 00:16:56,438 Deus santo! 154 00:16:56,896 --> 00:16:58,273 Non é bonito de ver. 155 00:16:59,607 --> 00:17:03,611 Vale. Alguén entra, dispáralles ós doutores. 156 00:17:03,695 --> 00:17:05,196 Pam, pam. 157 00:17:07,073 --> 00:17:08,408 E que pasa aquí? 158 00:17:09,826 --> 00:17:13,496 Supostamente é onde Reece pelexou 159 00:17:13,580 --> 00:17:15,123 con dous enmascarados. 160 00:17:15,373 --> 00:17:16,332 Supostamente? 161 00:17:16,416 --> 00:17:17,834 Non hai cadáver. 162 00:17:17,917 --> 00:17:21,463 E segundo Reece, deixou un dos asaltantes no chan 163 00:17:21,546 --> 00:17:25,258 nun charco de sangue. Disparoulle. Tres veces. 164 00:17:25,341 --> 00:17:27,135 Alguén limpou as probas? 165 00:17:27,218 --> 00:17:30,513 Fun o primeiro en chegar e non vin mostras dun atacante 166 00:17:30,597 --> 00:17:32,766 ou atacantes, nin vivos nin mortos. 167 00:17:32,849 --> 00:17:36,227 Vaia, e a clínica non ten cámaras de seguridade? 168 00:17:36,311 --> 00:17:38,313 Non, por confidencialidade. 169 00:17:38,897 --> 00:17:40,190 E as probas forenses? 170 00:17:40,273 --> 00:17:43,568 Nada, só as balas da nove milímetros de Reece. 171 00:17:44,110 --> 00:17:46,321 Entón por que non está preso? 172 00:17:46,404 --> 00:17:48,531 Porque nada ten sentido. 173 00:17:48,990 --> 00:17:51,493 Deulle unha coitelada. Non atopei coitelos. 174 00:17:51,576 --> 00:17:55,538 E as gravacións da casa mostran a Reece marchando tranquilo 175 00:17:55,622 --> 00:17:57,540 e volvendo en pánico. 176 00:17:57,624 --> 00:18:02,170 James Reece loitou aquí con alguén ou non? 177 00:18:02,962 --> 00:18:05,507 Convénzome dunha cousa e despois da outra. 178 00:18:06,341 --> 00:18:10,136 O que sei é que James Reece cre na súa versión dos feitos. 179 00:18:11,930 --> 00:18:14,224 E íanlle revisar a cabeza por algo. 180 00:19:18,913 --> 00:19:21,082 Deixeino claro. Non direi nada. 181 00:19:21,165 --> 00:19:25,211 Non había sinais de atacantes na Clínica Engram. Nin cadáver. 182 00:19:25,295 --> 00:19:26,754 Como explica iso? 183 00:19:31,676 --> 00:19:34,012 Vémonos na porta ó lado do garaxe. 184 00:19:36,055 --> 00:19:37,432 E os de emerxencias? 185 00:19:37,515 --> 00:19:41,185 Ás veces retiran os cadáveres antes das investigacións. 186 00:19:41,269 --> 00:19:43,897 Non. Falei con emerxencias, forense e CSI. 187 00:19:43,980 --> 00:19:46,816 - Pois non estou tolo, hostia. - Non dixen tal. 188 00:19:47,358 --> 00:19:49,527 Pero necesita alguén que o demostre. 189 00:19:50,236 --> 00:19:52,864 Atacárono despois da resonancia, non? 190 00:19:52,947 --> 00:19:54,616 - Si. - Vale, entón, 191 00:19:54,699 --> 00:19:57,785 asumo que non puido ver aínda os resultados. 192 00:19:57,869 --> 00:19:59,412 Estaba un chisco ocupado. 193 00:19:59,495 --> 00:20:00,997 Isto é unha autorización. 194 00:20:01,748 --> 00:20:05,752 Fírmea e accederei ó seu historial. Un escáner limpo axudará no caso. 195 00:20:05,835 --> 00:20:09,714 Un escáner limpo? Axudar no noso caso? Como vai axudar iso? 196 00:20:09,797 --> 00:20:11,966 Ninguén quere crerme. Non, grazas. 197 00:20:12,050 --> 00:20:14,636 O axente do seu caso quere crelo. 198 00:20:15,303 --> 00:20:17,096 - Coñeceu a Josh Holder? - Si. 199 00:20:17,847 --> 00:20:21,935 É do NCIS. Só quere pescar un SEAL e ver o seu nome nos titulares. 200 00:20:22,018 --> 00:20:24,854 E como segue libre se el foi o primeiro en chegar? 201 00:20:33,029 --> 00:20:36,032 - Ten os documentos enriba? - Que documentos? 202 00:20:39,619 --> 00:20:40,828 Teño, si. 203 00:20:42,372 --> 00:20:43,581 Quero vela. 204 00:20:45,959 --> 00:20:48,503 O meu historial médico podo conseguilo eu. 205 00:20:49,212 --> 00:20:51,673 Sei que non ten o informe policial. 206 00:20:52,799 --> 00:20:54,300 Ensínemo e firmarei isto. 207 00:21:07,522 --> 00:21:09,565 Holder chegou primeiro á clínica? 208 00:21:10,274 --> 00:21:12,443 Dixo que intenta atoparlle sentido. 209 00:21:23,538 --> 00:21:26,040 Grazas, estamos en contacto, capitán. 210 00:21:26,124 --> 00:21:28,751 Espere. Que teléfono ten? 211 00:21:30,670 --> 00:21:32,755 - Un destes. - Espere, de cales? 212 00:21:35,258 --> 00:21:36,592 Non se mova. 213 00:22:13,796 --> 00:22:15,131 Déixeme o teléfono. 214 00:22:16,466 --> 00:22:17,550 Déixeme velo. 215 00:22:21,387 --> 00:22:25,391 Póñao en modo avión, vale? Non o apague, só en modo avión. 216 00:22:25,475 --> 00:22:26,934 É unha bolsa Faraday. 217 00:22:27,018 --> 00:22:30,063 Se estivo nunha sala incomunicada, sabe como vai. 218 00:22:31,189 --> 00:22:33,816 Os móbiles son dispositivos de seguimento 219 00:22:33,900 --> 00:22:35,818 que tamén serven para chamar. 220 00:22:35,902 --> 00:22:38,404 Así conseguía a información no estranxeiro. 221 00:22:38,488 --> 00:22:42,784 Déixeo na bolsa. E isto é un teléfono de prepago. 222 00:22:42,867 --> 00:22:45,703 Úseo para avisarme. Pero non chame nin escriba. 223 00:22:45,787 --> 00:22:49,207 O que vai facer é comprar unha tarxeta regalo de Google. 224 00:22:49,290 --> 00:22:50,833 Anote isto, por favor. 225 00:22:50,917 --> 00:22:54,253 Úseo para crear unha conta en Threema. 226 00:22:54,337 --> 00:22:58,049 Non use WhatsApp. Hai anos que non é seguro, vale? 227 00:22:58,132 --> 00:23:00,718 Threema, T-H-R-E-E-M-A. 228 00:23:02,053 --> 00:23:03,054 Déame o boli. 229 00:23:05,098 --> 00:23:09,435 Voulle dar o meu usuario confidencial. Fáleme en Threema con isto. 230 00:23:14,065 --> 00:23:15,733 Memoríceo e elimíneo. 231 00:23:18,402 --> 00:23:20,863 Moitas precaucións, non? 232 00:23:22,907 --> 00:23:25,451 Se teño razón co de Kahani, non son tantas. 233 00:23:28,788 --> 00:23:31,749 Vale. Grazas, capitán. 234 00:23:35,503 --> 00:23:37,004 Podes chamarme Reece. 235 00:23:37,839 --> 00:23:40,633 Se contas a miña historia, chámame polo nome. 236 00:23:41,217 --> 00:23:44,470 Vale, Reece. Ti aguanta. 237 00:24:32,935 --> 00:24:34,187 Quen carallo es? 238 00:24:41,777 --> 00:24:43,863 Merda. 239 00:27:53,552 --> 00:27:55,179 Que? Píllote durmindo? 240 00:27:55,262 --> 00:27:59,183 GMT+3, meu. Sigo a hora do puto Iemen. Que pasa? 241 00:28:04,522 --> 00:28:05,523 É o noso home. 242 00:28:07,691 --> 00:28:08,734 O noso home? 243 00:28:19,286 --> 00:28:21,831 Reece, isto é un informe de obxectivos. 244 00:28:21,914 --> 00:28:24,708 Dixeches que se a Quds vai por SEAL en Coronado 245 00:28:24,792 --> 00:28:27,962 precisan un activo para controlar a investigación. 246 00:28:28,045 --> 00:28:32,383 Josh Holder é o axente do NCIS asignado ó meu caso e ó de Boozer. 247 00:28:32,466 --> 00:28:37,304 Pénsao. Foi o primeiro na escena de Boozer pero dixo que acudiu a Policía. 248 00:28:37,388 --> 00:28:42,309 E mira isto, chegou antes ca emerxencias á clinica da resonancia. 249 00:28:42,977 --> 00:28:45,146 Iso só pasa se xa estás na zona. 250 00:28:46,147 --> 00:28:49,859 É o que disparou, hostia. É o tipo que fuxiu. 251 00:28:52,736 --> 00:28:54,029 Pódoche preguntar algo? 252 00:28:57,450 --> 00:28:58,659 Que tal estás? 253 00:28:59,743 --> 00:29:00,786 Estou ben. 254 00:29:08,627 --> 00:29:11,714 Estas son boas para as dores de cabeza. Só unha. 255 00:29:13,174 --> 00:29:16,260 Máis dunha túmbate, dígocho eu. 256 00:29:19,805 --> 00:29:20,931 Vale. 257 00:29:21,891 --> 00:29:25,352 Antes de nada, a túa vixilancia é unha merda. 258 00:29:25,728 --> 00:29:29,190 Se te achegas tanto co camión ese que tes, vante pillar. 259 00:29:29,273 --> 00:29:32,818 Veña, meu. Non serei da Axencia, pero non son parvo. 260 00:29:32,902 --> 00:29:36,447 Pillei o coche de Lecrone dos SEAL. Non me viu. 261 00:29:44,079 --> 00:29:47,500 Bebe cervexa light. Sospeitoso. 262 00:29:52,004 --> 00:29:53,255 Estás seguro disto? 263 00:29:55,049 --> 00:29:56,884 Mireino ós ollos, Ben. 264 00:30:00,304 --> 00:30:01,347 É el. 265 00:30:09,730 --> 00:30:10,814 Cal é a xogada? 266 00:30:19,949 --> 00:30:21,408 Roy? Roy Boehm? 267 00:30:21,659 --> 00:30:23,744 Carmen? Encantado. 268 00:30:23,827 --> 00:30:26,747 - Está interesado no de dous cuartos? - Exacto. 269 00:30:26,830 --> 00:30:29,833 - Xenial, pódolle ensinar un arriba. - Ben. 270 00:30:31,585 --> 00:30:34,588 En realidade, esperaba ver antes a praia. 271 00:30:34,713 --> 00:30:37,716 - Por suposto. Por aquí. - Xenial. 272 00:30:41,262 --> 00:30:43,514 Bellogente é toda unha comunidade. 273 00:30:45,516 --> 00:30:47,643 Moita xente de fóra coma vostede. 274 00:30:47,726 --> 00:30:50,145 Nótase que é un home activo, 275 00:30:50,229 --> 00:30:53,691 así que temos piscina climatizada na azotea, ximnasio 276 00:30:53,774 --> 00:30:56,652 e un dos mellores picos de surf de San Diego. 277 00:30:56,735 --> 00:30:59,738 O único que surfeo é a rede. 278 00:31:07,621 --> 00:31:08,664 Carril bici. 279 00:31:25,514 --> 00:31:27,349 Que seguridade teñen? 280 00:31:27,433 --> 00:31:29,852 - As portas sempre están pechadas. - Xa. 281 00:31:29,935 --> 00:31:32,855 - É un barrio moi seguro. - Non fai falla alarma. 282 00:31:32,938 --> 00:31:35,357 Prométollo, non hai problemas de roubos. 283 00:31:35,441 --> 00:31:38,027 Moi ben, listo para ir arriba. 284 00:31:38,110 --> 00:31:39,403 Imos alá. 285 00:31:39,695 --> 00:31:41,905 Tódolos pisos están remodelados. 286 00:31:41,989 --> 00:31:44,658 Instalacións melloradas, ventás ecolóxicas. 287 00:31:44,950 --> 00:31:47,786 E o ano pasado pasámolo todo a enerxía solar. 288 00:31:47,870 --> 00:31:50,164 - Todo? - Si. 289 00:31:50,831 --> 00:31:52,082 A revolución verde. 290 00:31:53,042 --> 00:31:55,544 Temos algúns pisos que dan ó patio, 291 00:31:55,628 --> 00:31:58,297 pero, claro, os bos son os que dan ó Pacífico. 292 00:32:05,512 --> 00:32:07,181 Ola, son Liz. 293 00:32:07,723 --> 00:32:11,602 O meu xefe está fóra do país e estou aburrida coma unha ostra, 294 00:32:11,685 --> 00:32:15,773 pero teño gasolina. Que tal se paso por San Diego e nos vemos? 295 00:32:15,856 --> 00:32:17,399 Voen con nós. 296 00:32:18,067 --> 00:32:19,026 Boto… 297 00:32:20,069 --> 00:32:25,074 Boto de menos ás miñas rapazas, Reece. Falamos. 298 00:32:36,168 --> 00:32:37,252 Iguala. 299 00:32:40,214 --> 00:32:41,215 O seu turno. 300 00:32:44,301 --> 00:32:47,513 Non tes que facer iso. Es a cega grande. 301 00:32:47,596 --> 00:32:50,265 Vas xogar esta man de tódolos xeitos. 302 00:32:51,392 --> 00:32:53,102 Pode quedar coas cartas. 303 00:32:53,560 --> 00:32:55,270 Grazas pola información. 304 00:32:59,733 --> 00:33:02,027 O apostador pasa? Pasa. 305 00:33:03,821 --> 00:33:04,822 Pasa. 306 00:33:06,990 --> 00:33:08,242 Iguala vinte. 307 00:33:10,452 --> 00:33:11,704 Iguala vinte? 308 00:33:15,874 --> 00:33:17,459 Tes que estar de broma. 309 00:33:18,293 --> 00:33:19,169 Jordan. 310 00:33:19,253 --> 00:33:20,713 Pasas do teléfono. 311 00:33:20,796 --> 00:33:24,550 Pensei que pasara algo malo, que tiñas algún problema, pero non. 312 00:33:24,633 --> 00:33:27,928 Estás nunha mesa de póker timando universitarios. Ola. 313 00:33:28,011 --> 00:33:28,929 Cala, tío. 314 00:33:30,556 --> 00:33:31,932 A apostadora pasa? 315 00:33:36,645 --> 00:33:38,439 - Vou con todo. - Todo. 316 00:33:40,315 --> 00:33:43,318 Sal da auga, rapaz, estás nadando cunha quenlla. 317 00:33:43,402 --> 00:33:44,820 - Señor. - Si, señora. 318 00:33:50,075 --> 00:33:51,326 - Retírome. - Ben. 319 00:33:51,410 --> 00:33:52,870 Que carallo, tío? 320 00:33:56,248 --> 00:33:58,333 Estou traballando. Que queres oír? 321 00:33:58,417 --> 00:34:00,753 Que os seis meses non foron en balde. 322 00:34:01,545 --> 00:34:05,632 Que mandarte a Siria e Turquía por 1000 $ ó día foi bo para ti, 323 00:34:05,716 --> 00:34:08,469 para min e, finalmente, para VoltStream. 324 00:34:08,552 --> 00:34:11,263 O hotel de Alepo era unha merda. 325 00:34:11,346 --> 00:34:13,223 - Deberían pagarme a min. - Xa. 326 00:34:13,307 --> 00:34:17,269 Pero non cho pagaron, non? Pagueicho eu. E a túa seguridade. 327 00:34:17,352 --> 00:34:19,938 E vas e logras a mellor historia do ano. 328 00:34:20,022 --> 00:34:22,608 - Son boa no meu. - E despois desapareces. 329 00:34:22,691 --> 00:34:26,195 E agora teño que enterarme de James Reece pola ABC7? 330 00:34:27,780 --> 00:34:31,158 ABC7 non ten unha autorización médica firmada por el. 331 00:34:34,995 --> 00:34:36,205 Cóntame. 332 00:34:37,664 --> 00:34:40,542 Hai dúbidas sobre a saúde mental de Reece. 333 00:34:40,918 --> 00:34:43,879 Estou agardando que a Policía abandone a escena. 334 00:34:46,548 --> 00:34:48,842 Fíxoo el? Matou a familia? 335 00:34:49,551 --> 00:34:51,178 Iso intento pescudar. 336 00:34:53,138 --> 00:34:56,058 Púxenlle o teu nome á miña úlcera. Úlcera Katie. 337 00:34:56,141 --> 00:34:58,352 - Preocúpaste de máis. - Xa. 338 00:35:00,187 --> 00:35:03,941 Escoita, dáseche ben o impacto. Estou farto de ocultar isto. 339 00:35:04,316 --> 00:35:06,902 O mellor de VoltStream é a inmediatez. 340 00:35:06,985 --> 00:35:10,155 Tes 24 horas para darme algo que poida usar, vale? 341 00:35:11,949 --> 00:35:13,200 Paga ela. 342 00:35:30,342 --> 00:35:34,847 O coello moveuse. Avísote se dá a volta. Boa caza, amigo. 343 00:37:43,183 --> 00:37:44,226 Situación? 344 00:37:45,394 --> 00:37:48,814 O moi pallaso meteuse na autovía. Todo teu. 345 00:38:29,229 --> 00:38:30,272 Cervexa. 346 00:38:32,774 --> 00:38:33,775 Hai algo? 347 00:38:34,109 --> 00:38:38,113 Nada. Só unha obsesión enfermiza co porno de neneiras. 348 00:38:42,242 --> 00:38:43,285 Dóeche a cabeza. 349 00:38:44,786 --> 00:38:47,247 Non. Estou ben. É que onte non durmín. 350 00:38:47,330 --> 00:38:51,710 Eu tampouco podería durmir nesa casa. Deberías vir aquí. 351 00:38:51,793 --> 00:38:55,756 E alucina, non lavei as sabas dende que durmiches nelas. 352 00:38:55,839 --> 00:38:58,258 Meu, nunca as lavas. 353 00:38:58,341 --> 00:38:59,468 Exacto. 354 00:39:03,055 --> 00:39:06,933 Chámante. Ei, chámante! 355 00:39:08,685 --> 00:39:10,520 - Merda. - Washington. 356 00:39:10,854 --> 00:39:13,899 - Quen me chama de Washington? - Boa pregunta. 357 00:39:28,038 --> 00:39:29,081 Que pasa, Rick? 358 00:39:29,748 --> 00:39:30,957 Ola, irmán. 359 00:39:32,751 --> 00:39:35,504 Hai unha amiga atrás agardando por ti. 360 00:39:42,511 --> 00:39:43,720 Señora secretaria. 361 00:39:45,430 --> 00:39:46,598 Capitán. 362 00:39:47,682 --> 00:39:49,559 Oín o que pasou en WARCOM. 363 00:39:49,643 --> 00:39:52,395 Ó caso non lle fai ben atacar un almirante. 364 00:39:52,479 --> 00:39:55,190 Entra nas súas funcións rifarlle a un SEAL? 365 00:39:55,273 --> 00:39:58,360 Non lle estou rifando. Gerry pode ser un fantoche. 366 00:40:01,238 --> 00:40:02,948 Seu pai non foi SEAL? 367 00:40:04,116 --> 00:40:05,117 Si, señora. 368 00:40:06,910 --> 00:40:10,956 Unha infancia militar é un orgullo, pero tamén unha carga. 369 00:40:13,041 --> 00:40:14,668 Bebe irlandés, capitán? 370 00:40:15,877 --> 00:40:17,754 Non estou melindroso. 371 00:40:26,805 --> 00:40:30,976 Rick, tráesnos un par de Yellow Spots, por favor? 372 00:40:31,268 --> 00:40:32,352 Si, señora. 373 00:40:35,605 --> 00:40:39,234 Sabía que os SEAL desenvolveron tácticas de asalto relámpago 374 00:40:39,317 --> 00:40:40,861 con helicópteros? 375 00:40:42,028 --> 00:40:46,908 Imaxine a coincidencia se o seu pai, un SEAL novo, e o meu pai, 376 00:40:46,992 --> 00:40:48,827 un veterano, se cruzasen. 377 00:40:49,244 --> 00:40:51,037 O meu pai odiaba voar, señora. 378 00:40:52,414 --> 00:40:54,499 Sería porque voou co meu. 379 00:40:56,418 --> 00:40:59,421 Señora. Invita a casa. 380 00:41:03,717 --> 00:41:05,677 WARCOM faloulle da miña teoría? 381 00:41:07,179 --> 00:41:11,308 Kahani non só nos amolou en Siria. 382 00:41:11,391 --> 00:41:16,354 Teño motivos para crer que ten polo menos un activo no NCIS de San Diego. 383 00:41:17,355 --> 00:41:21,902 Non sei máis nada. Pero temos que actuar xa. 384 00:41:21,985 --> 00:41:24,738 Asegúrese de que só pode chegar ó meu pelotón. 385 00:41:24,821 --> 00:41:27,032 Kahani non lle é unha ameaza. 386 00:41:27,115 --> 00:41:28,742 Señora, non o sabemos. 387 00:41:30,452 --> 00:41:31,828 Pon aí as noticias. 388 00:41:33,496 --> 00:41:34,664 Si que o sabemos. 389 00:41:34,748 --> 00:41:35,582 Seguinte nova. 390 00:41:35,665 --> 00:41:38,168 O Dr. Kahani, experto iraniano en armas, 391 00:41:38,251 --> 00:41:42,297 foi eliminado nunha operación militar de elite no norte de Siria. 392 00:41:42,380 --> 00:41:46,092 O ataque dáse semanas despois dunha misión de captura fracasada 393 00:41:46,176 --> 00:41:48,511 que provocou a morte de 12 SEAL. 394 00:41:48,595 --> 00:41:50,513 O comunicado do Pentágono di: 395 00:41:50,597 --> 00:41:52,224 "O mundo, e os sirios, 396 00:41:52,307 --> 00:41:56,561 durmirán tranquilos sabendo que este experto en armas de Oriente Medio 397 00:41:56,645 --> 00:41:59,105 xa non ameaza a nosa liberdade". 398 00:42:07,530 --> 00:42:10,492 Sei o que é que a guerra te siga ata a casa. 399 00:42:11,034 --> 00:42:14,579 Pero espero que poida atopar a paz sabendo que esta misión 400 00:42:15,121 --> 00:42:16,498 rematou. 401 00:42:18,208 --> 00:42:19,542 Boa noite, capitán. 402 00:42:30,971 --> 00:42:34,516 Seguen as investigacións sobre os erros no anterior intento 403 00:42:34,599 --> 00:42:36,393 da operación Espada de Odín. 404 00:42:48,697 --> 00:42:49,698 Meu. 405 00:42:50,240 --> 00:42:51,741 Que? Tes algo? 406 00:42:51,825 --> 00:42:55,912 Si, o noso home sacou a túa biometría da base de datos dos SEAL. 407 00:42:56,788 --> 00:42:58,540 Ten sentido, son sospeitoso. 408 00:42:58,623 --> 00:43:02,711 Se non fose porque sacou as pegadas dous días antes dos asasinatos. 409 00:43:04,379 --> 00:43:06,006 Podería ser o noso home. 410 00:43:10,010 --> 00:43:11,386 Hai un xeito de sabelo. 411 00:43:15,557 --> 00:43:17,183 Coitelada, brazo esquerdo. 412 00:43:17,559 --> 00:43:20,103 Si, tróuxenche algo. 413 00:43:33,283 --> 00:43:36,411 Polas rapazas. E por Boozer. 414 00:43:53,053 --> 00:43:55,430 - Ola. - É da Policía? 415 00:43:55,513 --> 00:43:59,309 Non, prensa. Chamei antes polo escáner cerebral de James Reece. 416 00:43:59,392 --> 00:44:00,435 Si, contestei eu. 417 00:44:00,518 --> 00:44:03,688 Precisamos outro doutor para facilitar información. 418 00:44:03,772 --> 00:44:05,774 Necesitaríao para onte. 419 00:44:14,616 --> 00:44:16,284 - Agora veño. - Grazas. 420 00:44:34,094 --> 00:44:36,638 Jordan. Téñoo, hostia! 421 00:44:37,138 --> 00:44:40,892 Non, escoita. Atópame xa un neurólogo nos Ánxeles. 422 00:44:41,726 --> 00:44:43,853 Confía en min. A historia mellora. 423 00:47:09,082 --> 00:47:11,376 Esta era a pistola favorita de Boozer. 424 00:47:12,835 --> 00:47:17,465 Unha Kimber 1911, 45. Medrou en Texas disparando esta marabilla. 425 00:47:17,924 --> 00:47:20,969 Se quixera suicidarse, faríao cunha 1911. 426 00:47:22,387 --> 00:47:24,847 Parvos. Matástelo coa pistola equivocada. 427 00:47:26,891 --> 00:47:28,726 Despaciño e con boa letra. 428 00:47:29,519 --> 00:47:32,355 Ti tranquilo e seguirás vivo, vale? 429 00:47:37,402 --> 00:47:41,990 Vale. Deus. Eu… eu non matei o teu amigo. 430 00:47:42,073 --> 00:47:43,241 - Si. - Non. 431 00:47:43,324 --> 00:47:46,411 Mataches a miña muller, a miña filla. 432 00:47:47,161 --> 00:47:50,206 - Intentaches matarme. - Non matei a ninguén. 433 00:47:50,290 --> 00:47:51,207 Os brazos. 434 00:47:51,291 --> 00:47:54,335 - Non matei a ninguén. - Ensíname os brazos. 435 00:48:01,634 --> 00:48:03,094 Xira o brazo esquerdo. 436 00:48:09,434 --> 00:48:10,935 Xira o outro brazo. 437 00:48:18,109 --> 00:48:19,110 De acordo. 438 00:48:21,404 --> 00:48:22,447 De acordo. 439 00:48:24,907 --> 00:48:28,202 Talvez non os mataches, pero encubríchelo. 440 00:48:28,870 --> 00:48:29,871 Quen te manda? 441 00:48:30,705 --> 00:48:32,248 Mete aí as putas mans. 442 00:48:36,586 --> 00:48:39,130 Fíxenche unha pregunta. 443 00:48:42,675 --> 00:48:44,886 - Non choromiques, hostia. - Non sei. 444 00:48:44,969 --> 00:48:47,930 Irán? Siria? 445 00:48:50,016 --> 00:48:53,603 Teño que preguntarcho outra vez? Para quen carallo traballas? 446 00:48:54,604 --> 00:48:56,731 Veña, isto xa é aburrido, xefe. 447 00:49:10,453 --> 00:49:14,123 Pode soltar merda todo o día. Sabemos o que sabemos. 448 00:49:14,707 --> 00:49:17,335 Non hai dúbida, témolo todo sobre este merda. 449 00:49:21,381 --> 00:49:23,424 Por favor, non me manquen. 450 00:49:25,426 --> 00:49:27,345 Por favor, non me manquen. 451 00:49:30,848 --> 00:49:33,017 Merda, agora non, hostia! 452 00:49:33,601 --> 00:49:34,977 Ten amnesia, xefe. 453 00:49:35,978 --> 00:49:37,355 Suplícollo. 454 00:49:38,398 --> 00:49:41,317 - Capitán… - Por que non é sincero comigo? 455 00:49:41,401 --> 00:49:42,610 Con quen fala? 456 00:49:43,903 --> 00:49:47,407 Escoite, vale? Non o vou acusar. 457 00:49:47,740 --> 00:49:50,284 Tan só… fago que todo desapareza. 458 00:49:51,202 --> 00:49:52,912 - Fas desaparecer todo? - Si. 459 00:49:52,995 --> 00:49:55,498 Sacaches a miña pegada dactilar dos SEAL. 460 00:49:55,581 --> 00:49:58,167 Era o meu traballo na Espada de Odín. 461 00:50:02,380 --> 00:50:06,968 - Fodíchela. - Capitán, son axente federal. 462 00:50:07,051 --> 00:50:10,513 Iso, axente federal! E eu chamei ó 911, a Policía. 463 00:50:10,596 --> 00:50:12,849 Non podías ser o primeiro en chegar. 464 00:50:12,932 --> 00:50:15,184 Excepto que xa estiveras alí. 465 00:50:15,268 --> 00:50:18,354 A Policía chamounos. Saben que é da Armada. 466 00:50:18,438 --> 00:50:19,814 Saben que é da Armada. 467 00:50:23,693 --> 00:50:24,652 Non me mintas. 468 00:50:25,903 --> 00:50:26,946 Non minto. 469 00:50:29,365 --> 00:50:31,993 Merda, hostia! 470 00:50:32,326 --> 00:50:34,245 Sóubeno na casa de Boozer. 471 00:50:34,328 --> 00:50:37,331 Souben que non se matara, sóubeno nos túneles 472 00:50:37,415 --> 00:50:40,418 co pelotón Alfa e seino agora, vale, hostia? 473 00:50:40,501 --> 00:50:42,795 - Capitán… - Tendíchesme unha trampa. 474 00:50:43,421 --> 00:50:48,009 Non… Vostede non está ben. 475 00:50:51,637 --> 00:50:56,392 Se o que dis é certo, entón non hai asasino. 476 00:50:58,227 --> 00:50:59,854 Entón matei a miña familia. 477 00:51:01,606 --> 00:51:04,859 Non, non, merda. 478 00:51:09,947 --> 00:51:12,742 Convencerasme de moitas cousas, pero non diso. 479 00:51:12,992 --> 00:51:15,495 - Capitán, non. Non! - Non te movas. 480 00:51:15,578 --> 00:51:16,829 - Ergue o papo. - Non! 481 00:51:16,913 --> 00:51:18,498 Ergue o puto papo. 482 00:51:19,415 --> 00:51:23,669 Saul Agnon. Saul Agnon. Saul Agnon. 483 00:51:25,338 --> 00:51:28,800 Que? Que dis? 484 00:51:28,883 --> 00:51:31,719 Saul Agnon é o tipo que me paga. 485 00:51:32,261 --> 00:51:36,891 Chámase así. Dáme información e recibo diñeiro nunha conta. 486 00:51:38,810 --> 00:51:41,062 É todo o que sei. É todo… 487 00:54:38,364 --> 00:54:40,366 Subtítulos: Abraham Díaz López