1 00:00:53,309 --> 00:00:55,519 A LISTA TERMINAL 2 00:01:54,620 --> 00:01:57,540 VICEPRESIDENTE DE ACTIVOS DE CAPSTONE INDUSTRIES 3 00:02:17,142 --> 00:02:21,564 TEMOS QUE VERNOS HOXE. DI ONDE. MELLOR UN SITIO CON RUÍDO. 4 00:02:33,617 --> 00:02:35,286 - Grazas. - Secretaria. 5 00:02:35,661 --> 00:02:37,496 - Bo día. - Señora secretaria. 6 00:02:38,414 --> 00:02:42,293 Dediquei a miña traxectoria a reducir as baixas 7 00:02:42,376 --> 00:02:45,546 e mellorar a saúde mental nas forzas armadas. 8 00:02:45,629 --> 00:02:49,300 Pero mentres acadamos o éxito coas nosas forzas convencionais, 9 00:02:49,383 --> 00:02:53,679 a carga física e psicolóxica recae nos membros das operacións especiais 10 00:02:53,762 --> 00:02:56,432 nun grao que parece insostible. 11 00:02:57,641 --> 00:03:00,769 Gustaríanos que a nosa elite fosen máquinas, 12 00:03:01,270 --> 00:03:02,271 pero non o son. 13 00:03:02,938 --> 00:03:07,443 Imos transformar a solicitude de orzamento antes de que o asignen. 14 00:03:07,526 --> 00:03:09,153 Transformala en que medida? 15 00:03:09,236 --> 00:03:13,532 Reducións notables no despregamento de operacións especiais. 16 00:03:14,116 --> 00:03:17,453 - Recálculo de asignacións? - Non, falo de ir ó gran. 17 00:03:17,536 --> 00:03:21,373 Retiros obrigatorios. Non podemos espremelos ata esgotalos. 18 00:03:21,457 --> 00:03:23,834 A dispoñibilidade diminuirá moito. 19 00:03:23,918 --> 00:03:26,921 - E a economía... - Atoparemos niveis aceptables. 20 00:03:27,421 --> 00:03:29,965 Levamos traballando no orzamento dende xuño. 21 00:03:30,049 --> 00:03:32,551 Suxire que o reestruturemos en días. 22 00:03:32,635 --> 00:03:36,597 Díganlles ás familias que estarán soas algunhas noites. 23 00:03:36,680 --> 00:03:39,391 Os soldados pasan a vida loitando por nós, 24 00:03:39,475 --> 00:03:42,603 renunciaremos a uns días para loitar nós por eles. 25 00:03:50,653 --> 00:03:52,821 Isto é por James Reece, non si? 26 00:03:53,697 --> 00:03:55,074 É un dos factores. 27 00:04:37,908 --> 00:04:42,705 Se non sacamos isto en 12 horas, Buzzfeed adiantarase e avergoñaranos. 28 00:04:42,788 --> 00:04:47,626 Teño outra reunión. Grazas. Ó tema. Bo traballo. Grazas. Vale. 29 00:04:55,676 --> 00:04:57,177 Como non viron isto? 30 00:04:57,261 --> 00:04:59,596 Falei cun tal Dr. Russell en Incirlik. 31 00:04:59,680 --> 00:05:03,350 Quixo facer máis probas, pero Reece pediu a alta voluntaria. 32 00:05:03,434 --> 00:05:05,227 Tiña que ir ós funerais. 33 00:05:05,310 --> 00:05:07,062 Ninguén da Armada viu isto? 34 00:05:07,146 --> 00:05:09,356 Teñen un tipo liderando un pelotón 35 00:05:09,440 --> 00:05:12,651 e as probas médicas son opcionais? Iso é neglixencia. 36 00:05:14,528 --> 00:05:16,155 Vale. E agora que? 37 00:05:16,238 --> 00:05:18,615 Reece quere quedar, quero saber por que. 38 00:05:18,699 --> 00:05:21,952 De calquera forma, esta noite terei algo que publicar. 39 00:05:22,036 --> 00:05:23,370 Estás tendo coidado? 40 00:05:23,954 --> 00:05:27,458 Estaba en Sirte cando pillaron a Gadafi. Podo con isto. 41 00:05:29,585 --> 00:05:31,128 Debería acompañarte. 42 00:05:31,712 --> 00:05:36,258 Non volveriamos saber de Reece. Non, el confía en min. 43 00:06:54,837 --> 00:06:55,838 Sento eu aí. 44 00:07:06,390 --> 00:07:08,308 Reece, por que querías verme? 45 00:07:08,392 --> 00:07:13,689 Sóache Saul Agnon ou a empresa Capstone Industries? 46 00:07:13,772 --> 00:07:15,691 Ola, saben que van tomar? 47 00:07:15,774 --> 00:07:19,695 Si. Eu tomarei os ollos de leituga con robaliza. 48 00:07:19,778 --> 00:07:21,905 - Claro. - Eu nada. Grazas. 49 00:07:21,989 --> 00:07:24,867 - Tomará os bucatini. - Por suposto, agora mesmo. 50 00:07:25,617 --> 00:07:26,952 Capstone Industries? 51 00:07:27,035 --> 00:07:29,913 Unha empresa que non ten máis ca un logo na web. 52 00:07:29,997 --> 00:07:32,207 Agnon é vicepresidente de Activos. 53 00:07:32,291 --> 00:07:36,044 Fixen algunhas pescudas. Todas as súas inversións de mercado 54 00:07:36,128 --> 00:07:39,965 son recheo: Carnival Cruise Lines, Planet Fitness, H&M... 55 00:07:40,048 --> 00:07:43,343 Agora están involucrados os promotores de Planet Fitness? 56 00:07:43,427 --> 00:07:45,637 Ti escoita, o que quero dicir... 57 00:07:45,721 --> 00:07:49,808 Teñen un fondo de inversión de 60 000 millóns de dólares. 58 00:07:49,892 --> 00:07:52,728 É máis do que pode xustificar un holding público. 59 00:07:52,811 --> 00:07:54,479 Onde teñen o resto? 60 00:07:54,563 --> 00:07:56,398 Iso temos que descubrir. 61 00:07:58,108 --> 00:07:59,693 E que pasa cos iranianos? 62 00:08:00,819 --> 00:08:04,323 Nunca tivo que ver con Kahani, só era un cebo de primeira... 63 00:08:04,406 --> 00:08:09,203 Isto é algo nacional, algo empresarial. E non rematou aínda. 64 00:08:14,499 --> 00:08:16,627 De onde sae esta pista de Capstone? 65 00:08:16,710 --> 00:08:18,629 - Non é importante. - É. 66 00:08:18,712 --> 00:08:22,966 Se vou usar información, teño que poder confiar na fonte. 67 00:08:23,675 --> 00:08:24,760 A fonte son eu. 68 00:08:31,683 --> 00:08:33,894 Teño que ensinarche algo. 69 00:08:35,312 --> 00:08:37,564 Saquei isto da Clínica Engram. 70 00:08:38,148 --> 00:08:41,485 Non quería ensinarcho ata ter máis contexto. 71 00:08:50,535 --> 00:08:52,079 É un tumor, Reece... 72 00:08:53,705 --> 00:08:55,958 É do tamaño dunha noz. 73 00:08:56,500 --> 00:09:00,420 Está no nódulo entre o hipocampo e a amígdala. 74 00:09:00,837 --> 00:09:05,509 Falei cunha neuróloga. Dixo que os síntomas son dores de cabeza, 75 00:09:05,592 --> 00:09:09,012 paranoia, recordos confusos... 76 00:09:13,934 --> 00:09:16,728 - Non é meu. - Ten a data da túa visita. 77 00:09:16,812 --> 00:09:21,024 - Deucho o NCIS? - Non. Holder nunca o mencionou. 78 00:09:21,108 --> 00:09:23,860 Estou bastante segura de que só o sabemos nós. 79 00:09:24,319 --> 00:09:26,405 A neuróloga recomenda unha biopsia. 80 00:09:26,488 --> 00:09:29,491 Se non, non hai forma de dar unha diagnose exacta. 81 00:09:29,574 --> 00:09:34,413 E os dous sabemos que tiveches recordos falsos. 82 00:09:35,372 --> 00:09:39,501 Iso non o podes explicar con Jahan Kahani 83 00:09:39,584 --> 00:09:40,836 ou con Capstone... 84 00:09:42,296 --> 00:09:45,966 Mira no espello de atrás. O home con gorra e lentes de sol. 85 00:09:46,049 --> 00:09:50,053 - Velo? - Non, só xente acabando de comer. 86 00:09:50,178 --> 00:09:51,263 Marchamos. Xa! 87 00:09:52,139 --> 00:09:54,683 Espera! Reece! 88 00:09:55,475 --> 00:09:56,685 Non rematamos. 89 00:10:05,694 --> 00:10:06,862 Reece. Espera! 90 00:10:07,821 --> 00:10:09,614 Trouxeches o teu teléfono? 91 00:10:09,698 --> 00:10:11,950 Non, só o de prepago. Que pasa? 92 00:10:12,034 --> 00:10:13,577 Teñen ollos no ceo. 93 00:10:13,660 --> 00:10:15,495 Coma un dron? 94 00:10:15,579 --> 00:10:20,292 O home que vin é un especialista. Ou veu por min... ou por ti. 95 00:10:20,375 --> 00:10:23,462 Reece, non hai ninguén. Imaxinas cousas. 96 00:10:23,545 --> 00:10:27,466 Pasei o S. D. R. para vir. Só poderían seguirme cun dron. 97 00:10:30,510 --> 00:10:33,138 Este é o meu coche. Sube. Sube! 98 00:10:38,018 --> 00:10:39,227 Pon o cinto. 99 00:10:39,311 --> 00:10:43,690 Perdoa. Estamos escapando porque viches un tipo con lentes de sol? 100 00:10:43,774 --> 00:10:45,108 Non estamos escapando. 101 00:10:47,569 --> 00:10:48,862 Agarda. 102 00:10:54,659 --> 00:10:55,786 Queda aquí. 103 00:10:56,536 --> 00:10:58,163 Estás ben? Non te vin. 104 00:11:44,167 --> 00:11:45,710 Leo. Ábreo! 105 00:11:48,255 --> 00:11:50,507 Un informe de obxectivos profesional. 106 00:11:51,883 --> 00:11:53,969 Aínda cres que se me vai a cabeza? 107 00:12:22,164 --> 00:12:24,207 - Vamos á policía. - Sen polis. 108 00:12:24,291 --> 00:12:28,420 - Atacoute a plena luz do día. - O NCIS está infiltrado. 109 00:12:28,503 --> 00:12:30,839 Talvez a policía tamén, non o sabemos. 110 00:12:30,922 --> 00:12:33,091 Agora temos que desaparecer. 111 00:12:43,977 --> 00:12:46,188 Sabes usar unha destas? 112 00:12:46,271 --> 00:12:49,858 - Sei. - Non sabemos se van por ti. 113 00:12:49,941 --> 00:12:54,446 Tes que pasar desapercibida por agora. Tes onde quedar? 114 00:12:56,531 --> 00:12:57,866 - Tes? - Teño. 115 00:13:06,750 --> 00:13:09,920 Perdoa por meterte nisto. Non me volverás ver. 116 00:13:10,795 --> 00:13:11,880 Reece. 117 00:13:14,674 --> 00:13:16,676 Dáme o que teñas de Capstone. 118 00:13:17,385 --> 00:13:19,554 Descubrirei se están ligados a vós. 119 00:13:45,664 --> 00:13:47,165 Sabes onde atoparme. 120 00:14:24,744 --> 00:14:25,829 Despexado! 121 00:14:27,789 --> 00:14:28,790 Lanza a bomba. 122 00:14:34,838 --> 00:14:36,006 Dentro! 123 00:14:40,135 --> 00:14:41,303 Cúbrote. 124 00:14:43,972 --> 00:14:44,973 Despexado. 125 00:14:54,190 --> 00:14:55,191 Despexado! 126 00:14:55,900 --> 00:14:56,985 Movédevos. 127 00:14:57,152 --> 00:14:58,278 Movédevos! 128 00:15:00,196 --> 00:15:01,239 Dentro! 129 00:15:05,994 --> 00:15:07,287 Limpo! Última sala. 130 00:15:07,370 --> 00:15:09,706 - Que cona foi iso, Hargrove? - Señor? 131 00:15:09,789 --> 00:15:12,626 Estabas na porta, tiñas que atacar a sala. 132 00:15:12,709 --> 00:15:14,878 Non che pago para facerme pallas. 133 00:15:14,961 --> 00:15:17,213 Quero realismo, entendes? 134 00:15:18,131 --> 00:15:20,675 Se fas outra merda así, estás fóra. 135 00:15:27,766 --> 00:15:32,187 A precisión entrou no 83.º percentil, a velocidade no 71.º. 136 00:15:32,729 --> 00:15:34,397 Non é do mellor, pero é competitivo. 137 00:15:34,481 --> 00:15:37,025 Dende logo, non me gustaría ser o inimigo. 138 00:15:37,734 --> 00:15:40,654 Meu, as miñas reaccións seguen sendo unha merda. 139 00:15:41,154 --> 00:15:42,864 Outra vez, señor? 140 00:15:44,032 --> 00:15:45,367 Oxalá, pero non podo. 141 00:15:45,450 --> 00:15:47,744 Acabou a hora de comer. Veña, vamos. 142 00:16:29,619 --> 00:16:30,495 Steve! 143 00:16:31,413 --> 00:16:33,248 - 14:00, Janet Lansing. - Steve! 144 00:16:33,331 --> 00:16:37,043 14:45, Al Khaleef. 15:30, a xunta de Repzion, 145 00:16:37,127 --> 00:16:40,296 - 16:30, Suri Ratnavanh... - Ratanavanh. Cancélaa. 146 00:16:40,380 --> 00:16:42,841 - Steve... - Espera. Chama a Gary Mathis. 147 00:16:42,924 --> 00:16:45,009 - Temos que falar. - Espera, Saul. 148 00:16:45,093 --> 00:16:48,722 Reducimos a inversión. Se queren berrar, que busquen un muro. 149 00:17:08,616 --> 00:17:09,701 Que pase. 150 00:17:20,503 --> 00:17:22,964 Supoñíase que estabas en Santa Bárbara. 151 00:17:23,506 --> 00:17:24,758 Temos un problema. 152 00:17:26,468 --> 00:17:28,803 Que non estás en Santa Bárbara? 153 00:17:33,057 --> 00:17:35,977 - Que problema? - Dos que non se din en voz alta 154 00:17:36,060 --> 00:17:40,023 - por se o usan logo nun xuízo. - Aquí estamos seguros. 155 00:17:45,737 --> 00:17:46,780 Gordo está morto. 156 00:17:47,697 --> 00:17:48,698 Reece non. 157 00:17:49,616 --> 00:17:53,161 - Encargareime diso. - Supoñíase que se faría en Siria. 158 00:17:53,244 --> 00:17:55,705 Agora temos ó psicópata en California... 159 00:17:55,789 --> 00:17:58,291 Non é un psicópata. É un capitán dos SEAL. 160 00:17:58,374 --> 00:17:59,209 Ten respecto. 161 00:18:03,755 --> 00:18:09,010 Isto é malo, Steve. Se Reece anda solto e descobren o de Holder... 162 00:18:09,093 --> 00:18:11,513 - Holder non coñecía nada valioso. - A min. 163 00:18:11,596 --> 00:18:13,264 Eu son valioso. 164 00:18:13,348 --> 00:18:16,476 Fala con Hargrove. Organizarei a viaxe. 165 00:18:16,559 --> 00:18:18,686 Non vou ir a Santa Bárbara, meu. 166 00:18:18,770 --> 00:18:22,440 - Que Tedesco venda a súa propia empresa. - Vender non é o seu. 167 00:18:23,525 --> 00:18:24,943 Ten outras ambicións. 168 00:18:25,819 --> 00:18:28,279 É hora de centrarse, Saul, vale? 169 00:18:29,239 --> 00:18:31,866 É obrigatorio pechar o negocio de Plano. 170 00:18:31,950 --> 00:18:35,745 Capstone investiu moitos cartos e agora toca vender. 171 00:18:35,829 --> 00:18:40,375 Estou canso de esperar que Elias Ryberg lle bote collóns. Necesítote, vale? 172 00:18:42,043 --> 00:18:43,044 Ti sabes pechar. 173 00:18:46,297 --> 00:18:47,549 Kurt, que pase Janet. 174 00:19:46,983 --> 00:19:48,401 Deberías vir á cama. 175 00:19:49,903 --> 00:19:51,446 Non podo, teño deberes. 176 00:19:56,659 --> 00:20:00,705 Agora WARCOM ponte a saltar fogueiras? 177 00:20:00,872 --> 00:20:03,875 É a celebración zoroástrica de aninovo, o nowruz. 178 00:20:03,958 --> 00:20:06,628 Claro, moi relevante para a operación. 179 00:20:08,046 --> 00:20:10,715 Asignáronnos unha Forza de Defensa Siria. 180 00:20:11,341 --> 00:20:13,343 Toca aprender sobre o Kurdistán. 181 00:20:13,426 --> 00:20:14,552 Deu unha patadiña. 182 00:20:15,595 --> 00:20:16,679 Si? 183 00:20:19,265 --> 00:20:20,475 Non... 184 00:20:24,729 --> 00:20:26,314 Combativa coma papá. 185 00:20:26,439 --> 00:20:29,025 Non, o de combativa sacouno de mamá. 186 00:20:32,445 --> 00:20:35,698 Sabes que se tes que quedar alí, estarei ben. 187 00:20:35,782 --> 00:20:38,159 Virán meus pais axudarme. 188 00:20:42,205 --> 00:20:44,874 Entón se volvo, poderei ir de pesca. 189 00:20:47,418 --> 00:20:51,839 Aínda que teña que roubar un helicóptero, volverei á casa. Estarei aquí. 190 00:20:53,341 --> 00:20:55,426 Agarrándoche a man ata o final. 191 00:20:55,510 --> 00:20:59,931 Serei a única muller cun parteiro chegado do deserto. 192 00:21:07,772 --> 00:21:09,023 Non. 193 00:21:21,035 --> 00:21:22,745 Vaise poñer ben, papá? 194 00:21:22,829 --> 00:21:24,497 Si, está ben. 195 00:21:24,580 --> 00:21:27,667 Está aparvada. Agora voará coa súa familia. 196 00:21:49,897 --> 00:21:50,732 Aquí tes. 197 00:21:52,442 --> 00:21:53,443 - Grazas. - Si. 198 00:21:56,195 --> 00:21:58,823 Vexo que elixiches a suite para lúas de mel. 199 00:22:01,659 --> 00:22:05,121 Vale, tiñas razón. O NCIS búscate dende onte á noite. 200 00:22:05,204 --> 00:22:08,124 Se fose ti, botaría un tempo sen ir á casa. 201 00:22:08,207 --> 00:22:12,462 E o que che disparou en L. A. identificárono como Adrian Gordonis. 202 00:22:12,545 --> 00:22:16,382 Antigo marine, ou dos Raiders, como carallo se chamen agora. 203 00:22:16,466 --> 00:22:18,551 Pasou á privada con Talos Tactical. 204 00:22:19,427 --> 00:22:21,512 Nunca tratei directamente con eles, 205 00:22:21,596 --> 00:22:24,766 pero sei que non destacan pola súa ética. 206 00:22:24,849 --> 00:22:27,477 Deus bendito! Vai amodo! 207 00:22:28,728 --> 00:22:31,856 O burrito non vai escapar, irmán. 208 00:22:31,939 --> 00:22:33,900 Non me trouxeron os bucatini. 209 00:22:33,983 --> 00:22:38,112 - Non sei que significa iso. - Significa grazas polo burrito. 210 00:22:38,196 --> 00:22:39,864 - De nada. - Grazas. 211 00:22:54,545 --> 00:22:59,092 Luce tiña talento, eh? 212 00:22:59,592 --> 00:23:04,180 Si, tamén sabía cantar e tocar acordes con pestana. 213 00:23:09,227 --> 00:23:11,229 Era doutro mundo, irmán. 214 00:23:21,280 --> 00:23:25,201 Por moito que o intento, non lembro o día que debuxou isto. 215 00:23:25,284 --> 00:23:27,453 Eu non lembro nin o domingo pasado. 216 00:23:29,205 --> 00:23:31,624 Creo que foi a mañá antes de ir a Siria. 217 00:23:33,000 --> 00:23:35,962 E había un paxaro. 218 00:23:37,171 --> 00:23:41,134 Un estorniño, talvez. Chocou coa ventá e matouse. 219 00:23:41,217 --> 00:23:43,636 Parece que tes a memoria intacta. 220 00:23:43,719 --> 00:23:46,764 Só a metade. As outras partes... 221 00:23:46,848 --> 00:23:48,850 É unha merda, está confuso. 222 00:23:52,562 --> 00:23:54,897 Mesturado con outros recordos. É como... 223 00:23:56,149 --> 00:23:58,484 mirar por un calidoscopio. 224 00:23:59,861 --> 00:24:04,574 Meu, levaches unha boa. Quero dicir, aínda che doe a cabeza? 225 00:24:09,495 --> 00:24:10,580 Non. 226 00:24:14,917 --> 00:24:17,170 - Viches o informe de obxectivos? - Si. 227 00:24:18,880 --> 00:24:24,051 Si, parece un babiolo de moito coidado. 228 00:24:24,135 --> 00:24:25,761 Viches que canciño ten? 229 00:24:27,513 --> 00:24:31,058 Quero dicir que non me ten pinta de ser un xenio do mal. 230 00:24:31,142 --> 00:24:33,144 A min tampouco. 231 00:24:33,227 --> 00:24:35,354 Vou investigar Capstone a fondo. 232 00:24:35,438 --> 00:24:38,566 Poderiamos. Pero xa teño a alguén traballando niso. 233 00:24:39,066 --> 00:24:43,487 Unha xornalista. Podemos investigar sen levantar sospeitas. 234 00:24:43,571 --> 00:24:44,572 Unha xornalista? 235 00:24:45,281 --> 00:24:46,282 Si. 236 00:24:47,116 --> 00:24:48,784 Está ben sabelo. 237 00:24:50,328 --> 00:24:52,205 - Sabe que estás aquí? - Non. 238 00:24:52,288 --> 00:24:53,998 - Sabe que estou aquí? - Non. 239 00:24:54,081 --> 00:24:57,710 Sabes que non es o único en risco, non? Estou na CIA. 240 00:24:57,835 --> 00:25:00,129 Se sae á luz que planeas unha guerra... 241 00:25:00,213 --> 00:25:01,923 - Entendo. - Nos Ánxeles... 242 00:25:02,006 --> 00:25:04,675 Dígoche que estás limpo. Prométocho. 243 00:25:06,219 --> 00:25:07,887 Estás ben. Ela é un activo. 244 00:25:09,597 --> 00:25:11,349 Sei en que categoría poñela. 245 00:25:12,558 --> 00:25:13,893 E sen obrigas. 246 00:25:13,976 --> 00:25:17,438 - Se queres irte, enténdoo. - Que che dean! Non vou irme. 247 00:25:17,521 --> 00:25:19,941 Para min non é unha obriga, irmán. 248 00:25:21,108 --> 00:25:24,195 Só teño que saber que nos apoiamos. Iso é todo. 249 00:25:24,278 --> 00:25:25,446 Sempre. 250 00:25:27,782 --> 00:25:29,158 De acordo... 251 00:25:32,912 --> 00:25:34,080 De acordo. 252 00:25:35,665 --> 00:25:37,750 Obviamente hai unhas cantas persoas 253 00:25:37,833 --> 00:25:40,628 perseguíndote, así que sé discreto. Por favor. 254 00:25:43,172 --> 00:25:46,300 - Así me gusta. - Estou de relax. 255 00:25:46,384 --> 00:25:48,970 Se atopo algo, douche un toque. 256 00:25:49,929 --> 00:25:52,306 Recibido. Ben. 257 00:25:54,433 --> 00:25:58,813 Non vas ir ó torneo de golf vestido coma o Gran Lebowski, non? 258 00:25:58,896 --> 00:26:00,106 Odio o puto golf. 259 00:26:19,000 --> 00:26:20,293 Vas fallar. 260 00:26:23,212 --> 00:26:24,505 Vai fallar. 261 00:26:26,424 --> 00:26:29,593 Míreo, compra un pau de luxo de Scotty Cameron 262 00:26:29,677 --> 00:26:31,595 e xa pensa que vai xogar ben. 263 00:26:32,763 --> 00:26:37,435 O tipo é un xenio, xa sabe. Pero o estilo non se compra. 264 00:26:40,479 --> 00:26:42,648 Que tal o voo? Tratárono ben? 265 00:26:42,773 --> 00:26:45,234 Arrimouse a unha azafata rebuldeira? 266 00:26:45,318 --> 00:26:50,197 Dubido que Elias voase 13 horas para falar de acosos sexuais a auxiliares de voo. 267 00:26:50,281 --> 00:26:51,449 Non falo de acoso, 268 00:26:51,532 --> 00:26:55,995 falo do magnetismo natural que ten estar podre de cartos. 269 00:26:57,621 --> 00:27:01,208 Sr. Agnon, sempre disposto a bromas. 270 00:27:01,292 --> 00:27:02,376 Non é broma. 271 00:27:02,460 --> 00:27:07,048 Plano é, talvez, un dos catro grupos que poderían comprar a empresa de Mike. 272 00:27:07,131 --> 00:27:09,216 Fariamos unha oferta con Newbellum. 273 00:27:09,300 --> 00:27:11,594 Capstone Industries? É o seu turno. 274 00:27:11,677 --> 00:27:14,430 Excelente. Sabes quen xoga para nós? 275 00:27:14,513 --> 00:27:16,307 Pedín a Bryson DeChambeau. 276 00:27:16,390 --> 00:27:18,934 Tócalles Steve Davie. 277 00:27:19,894 --> 00:27:21,145 Quen carallo é ese? 278 00:27:21,687 --> 00:27:25,107 Non. Ven aquí. Vouche explicar unha cousiña. 279 00:27:29,028 --> 00:27:33,741 Bryson DeChambeau empezará para Capstone Industries. 280 00:27:58,599 --> 00:27:59,600 Boa, colega. 281 00:28:06,107 --> 00:28:10,653 Non me avergonza admitir que consideramos en serio unha oferta hai seis anos. 282 00:28:10,820 --> 00:28:12,029 Non tiña nin idea. 283 00:28:12,113 --> 00:28:14,198 O seu traballo sempre foi incrible. 284 00:28:14,281 --> 00:28:15,699 Agradézollo moito. 285 00:28:15,783 --> 00:28:18,577 Antes dos contratos militares con Capstone 286 00:28:18,661 --> 00:28:21,872 tiña outros plans para Newbellum e se a compra avanza, 287 00:28:21,956 --> 00:28:26,168 - podemos explorar a idea orixinal... - Aí o ten. Xa se emocionou. 288 00:28:27,420 --> 00:28:33,259 O que pasa cos visionarios é que ven un abano infinito de posibilidades. 289 00:28:33,342 --> 00:28:36,429 O noso traballo como socios, como patrocinadores, 290 00:28:37,012 --> 00:28:39,765 ten sido reducir un chisco ese abano. 291 00:28:40,474 --> 00:28:44,520 Cando Capstone subiu a bordo e Steve tomou o temón... 292 00:28:44,603 --> 00:28:46,897 Por iso estamos aquí, non? 293 00:28:48,858 --> 00:28:51,944 Prefiro a súa orientación actual, Sr. Tedesco. 294 00:28:52,486 --> 00:28:53,946 Por suposto, claro. 295 00:28:54,029 --> 00:28:56,115 Entón Plano ten unha contraoferta? 296 00:28:58,117 --> 00:29:02,788 Sr. Agnon, aprecio a súa perserverancia, pero isto foi, intencionadamente, 297 00:29:02,872 --> 00:29:04,123 unha visita social. 298 00:29:04,206 --> 00:29:05,332 Social? 299 00:29:05,708 --> 00:29:07,418 Vale. Que lle parece isto? 300 00:29:08,919 --> 00:29:11,213 Aluguei unha casa preto do 16. 301 00:29:12,089 --> 00:29:14,300 E se organizo unha festa esta noite? 302 00:29:14,925 --> 00:29:16,427 Chamo algunhas amigas. 303 00:29:16,510 --> 00:29:19,722 Teño unha botella de Bas-Armagnac que pega duro. 304 00:29:20,514 --> 00:29:24,143 Despois dareille unhas cifras. Se estamos na marxe, xenial. 305 00:29:24,226 --> 00:29:26,604 Se non, sempre nos quedará Bryson. 306 00:29:29,940 --> 00:29:33,569 E onde está esa casa que di? 307 00:30:19,657 --> 00:30:22,409 Si, estouno vendo. 308 00:30:24,203 --> 00:30:27,498 Foi fácil, irmán, moi fácil. 309 00:30:28,332 --> 00:30:29,375 Si. 310 00:30:53,774 --> 00:30:55,859 Desculpade, rapaces. Ola? 311 00:30:55,943 --> 00:30:59,154 - Jord, son eu. - Katie, estívente chamando. 312 00:30:59,238 --> 00:31:00,489 Que pasou onte? 313 00:31:01,156 --> 00:31:04,451 - Nada, perdoa, perdín o móbil. - Estás ben? 314 00:31:05,327 --> 00:31:07,997 Estaba equivocada coa historia de Reece. 315 00:31:08,080 --> 00:31:10,874 - Totalmente equivocada. - Que queres dicir? 316 00:31:12,751 --> 00:31:15,671 Teño que marchar un tempo da cidade. 317 00:31:15,754 --> 00:31:17,923 Estou un pouco queimada, sabes? 318 00:31:18,007 --> 00:31:21,135 Non, non sei. De que falas? 319 00:31:22,094 --> 00:31:25,931 Vasma facer, non? Vasme deixar tirado? 320 00:31:26,015 --> 00:31:27,808 Perdoa, fuches bo comigo. 321 00:31:27,891 --> 00:31:31,312 Merda, Katie. Así me pagas por confiar en ti? 322 00:31:49,496 --> 00:31:52,166 Que, como nos está indo? 323 00:31:52,750 --> 00:31:55,919 Bo traballo. Conseguirémolo. 324 00:32:02,801 --> 00:32:04,762 Págoche para andar con rodeos? 325 00:32:10,976 --> 00:32:13,729 Con isto volveremos ós niveis de 2005. 326 00:32:15,022 --> 00:32:16,148 Iso é. 327 00:32:18,567 --> 00:32:24,365 Algúns dirían que non é intelixente retirar recursos unilateralmente. 328 00:32:27,910 --> 00:32:29,453 Ti tamén o dirías? 329 00:32:32,498 --> 00:32:34,708 Lorraine, quédanche catro meses. 330 00:32:35,000 --> 00:32:37,961 E sinceramente, non sei se o comité aprobará isto. 331 00:32:38,504 --> 00:32:40,506 Queres marchar cunha derrota? 332 00:32:43,133 --> 00:32:46,762 Pois animaremos a votación. A metade da cámara gaña. 333 00:32:46,845 --> 00:32:50,224 E os nosos contratistas? Tamén pensarán que gañan? 334 00:32:50,307 --> 00:32:51,975 Intentas que me dean lástima 335 00:32:52,059 --> 00:32:55,312 - os grupos de interés? - Teñen poder. 336 00:32:55,396 --> 00:32:57,147 É dicir, teñen voz. 337 00:32:58,273 --> 00:32:59,900 O teu legado manteríase 338 00:32:59,983 --> 00:33:03,570 - sen gañar inimigos. - Escoita. 339 00:33:03,654 --> 00:33:04,905 Este é o meu legado. 340 00:33:06,615 --> 00:33:09,243 Deixar as cousas mellor do que as atopei. 341 00:34:00,294 --> 00:34:04,548 Si, aquí está pasando algo. Pensei que che gustaría sabelo. 342 00:34:30,199 --> 00:34:34,077 Ola, amor. Son Raven. 343 00:34:36,246 --> 00:34:37,915 Buscas compaña? 344 00:34:37,998 --> 00:34:41,168 Ola, Raven. Pois si. 345 00:34:45,881 --> 00:34:47,633 Vinte entrar. 346 00:34:48,217 --> 00:34:51,094 A miña amiga Sasha quixo vir ata aquí 347 00:34:51,178 --> 00:34:54,348 pero díxenlle: "Non, este é todo meu". 348 00:34:54,431 --> 00:34:55,599 Dixeches iso? 349 00:34:57,726 --> 00:35:02,648 Que che parece se imos atrás e tomamos unha copa a soas? 350 00:35:03,273 --> 00:35:05,108 E se sentamos aquí e falamos? 351 00:35:06,360 --> 00:35:07,736 Encántame falar. 352 00:35:11,532 --> 00:35:13,075 De que queres falar? 353 00:35:13,867 --> 00:35:16,787 Quero un pouco de festa. Poderíasme axudar? 354 00:35:22,000 --> 00:35:23,126 Es poli? 355 00:35:25,170 --> 00:35:26,171 Non. 356 00:35:27,005 --> 00:35:31,760 - Se o es, estás obrigado a dicirmo. - Non creo que funcione así, pero non son. 357 00:35:36,098 --> 00:35:39,643 Podo conseguirche algo. Que buscas exactamente? 358 00:35:39,726 --> 00:35:41,770 - Ultimamente dóeme a cabeza. - Si? 359 00:35:42,604 --> 00:35:45,190 - Canto? - Moitísimo. 360 00:35:48,443 --> 00:35:51,905 O DJ ten "pastis" de metadona. Cres que che valen? 361 00:35:53,699 --> 00:35:55,367 Si, creo que valen. 362 00:35:56,910 --> 00:36:01,206 Son 100 $ cada unha, un prezo tirado, só para ti. 363 00:36:02,040 --> 00:36:03,083 Só para min? 364 00:36:12,926 --> 00:36:14,553 Grazas, amor. Espera aquí. 365 00:36:22,978 --> 00:36:26,899 Parabéns, querido Donny. 366 00:36:26,982 --> 00:36:31,612 Parabéns para ti. 367 00:36:32,529 --> 00:36:34,781 Veña, xefe. Que fas? 368 00:36:34,865 --> 00:36:36,950 - Ven aquí, xefe. - Veña! 369 00:36:37,784 --> 00:36:39,828 Veña, ven aquí, Reece. 370 00:36:40,621 --> 00:36:43,123 Amor, vai todo ben? 371 00:36:48,253 --> 00:36:49,504 Só lembrei algo. 372 00:36:52,966 --> 00:36:55,761 Isto axudarache a esquecer. 373 00:37:15,864 --> 00:37:19,284 Nunca te vin traballar así nas despregaduras. 374 00:37:26,166 --> 00:37:27,626 Alí había normas. 375 00:37:27,960 --> 00:37:29,836 Si. Demasiadas. 376 00:37:40,764 --> 00:37:43,016 Non foi o mesmo dende que te fuches. 377 00:37:46,019 --> 00:37:48,772 Sabes...? Eu tamén pensei en marchar. 378 00:37:49,523 --> 00:37:53,360 Ti e os SEAL sodes unlla e carne, irmán. 379 00:37:53,443 --> 00:37:56,947 Non ías marchar e está claro que non me necesitabas. 380 00:38:02,619 --> 00:38:05,414 Non estou seguro, visto o visto. 381 00:38:07,749 --> 00:38:10,961 Deixa que me encargue eu. 382 00:38:15,632 --> 00:38:19,678 Pensas que vou deixar que te divirtas ti só? 383 00:38:23,348 --> 00:38:24,391 Pois... 384 00:38:25,100 --> 00:38:27,436 Alguén vai pasar unha noite caralluda. 385 00:38:29,771 --> 00:38:31,982 - Aquí teñen, señoritas. - Grazas. 386 00:38:33,525 --> 00:38:35,944 Non, dígollo en serio, 387 00:38:36,028 --> 00:38:41,116 é o mellor sushi que probou na vida. 388 00:38:41,199 --> 00:38:43,160 Non sexa ridículo, por favor. 389 00:38:43,243 --> 00:38:45,662 É unha puta revelación, así de claro. 390 00:38:46,163 --> 00:38:50,125 Quere falar do mellor? Estivo no Sukiyabashi Jiro? 391 00:38:50,208 --> 00:38:54,963 Só escoito falar do Jiro ese. Está ben. É bo. Supoño. 392 00:38:55,047 --> 00:38:57,758 Pero Steve atopou un tipiño, Taishi. 393 00:38:57,841 --> 00:39:00,510 Trouxémolo directamente de Hokkaido. 394 00:39:00,594 --> 00:39:04,181 Dígolle que este puto tipo fala o idioma dos peixes. 395 00:39:04,264 --> 00:39:07,768 Baixa ata o peirao e murmúralles ás xardas 396 00:39:07,851 --> 00:39:11,271 e ós bonitos. Non sei que lle din, será algo como: 397 00:39:11,354 --> 00:39:13,315 "Lévame, estou rico de carallo". 398 00:39:15,275 --> 00:39:17,402 Parece que o terei que probar. 399 00:39:17,486 --> 00:39:20,363 Claro, podo reservar. Para cando? 400 00:39:23,784 --> 00:39:27,204 Non teño axenda. Teño que falar coa miña xunta. 401 00:39:27,287 --> 00:39:29,831 Que lle dean á xunta. Pregúntolle a vostede. 402 00:39:30,373 --> 00:39:31,708 Saul, para. 403 00:39:35,545 --> 00:39:36,630 É tarde. 404 00:39:36,713 --> 00:39:40,550 Paseino moi ben, pero teño un voo pola mañá. 405 00:39:43,678 --> 00:39:46,139 Elias, levamos meses bailando. 406 00:39:47,182 --> 00:39:49,851 Quere xogar ó golf? Xogamos. Comer pescado? 407 00:39:52,062 --> 00:39:55,899 Pero chega un punto, amigo, no que me vexo obrigado a dicirlle 408 00:39:55,982 --> 00:39:58,485 que cague ou deixe o baño libre. 409 00:39:59,152 --> 00:40:01,613 Plano quere Newbellum ou non? 410 00:40:07,452 --> 00:40:09,287 Chamarei ó equipo de compras. 411 00:40:09,996 --> 00:40:13,625 Dígalle ó señor Horn que terei unha proposta pola mañá. 412 00:40:15,001 --> 00:40:16,128 Boa noite. 413 00:40:26,555 --> 00:40:28,265 Pasácheste da raia. 414 00:40:28,348 --> 00:40:32,144 A Elias Ryberg hai que tratalo con respecto, non con desdén. 415 00:40:36,481 --> 00:40:41,111 Tes a mínima idea da cantidade de cartos que che acabo de conseguir? 416 00:40:41,194 --> 00:40:45,782 Por Deus, Mike, deberías darme as putas grazas. 417 00:40:49,703 --> 00:40:53,999 Señoras e señores, poderían prestarme atención, por favor? 418 00:40:55,542 --> 00:40:56,918 Vaian tomar polo cu. 419 00:40:58,128 --> 00:41:01,882 En serio. Listo, á casa. Todos, xa foi, marchen. 420 00:41:02,674 --> 00:41:04,176 - De verdade? - Si. 421 00:42:12,202 --> 00:42:16,831 Hoxe gañamos moitos cartos, campeón. Si, moitos cartos, campeón. 422 00:42:16,957 --> 00:42:18,625 Quen é o meu bebé? 423 00:44:53,822 --> 00:44:54,906 Aí estás. 424 00:45:19,472 --> 00:45:22,267 - Perdoa. O da bolsa, Saul... - Por favor! 425 00:45:22,392 --> 00:45:26,646 Escoita. O da bolsa non foi... 426 00:45:26,771 --> 00:45:29,732 Non foi agradable para ningún dos dous, vale? 427 00:45:30,984 --> 00:45:33,903 Socorro! 428 00:45:34,070 --> 00:45:38,158 Alguén, por favor! Socorro! 429 00:45:40,827 --> 00:45:44,956 Que alguén me axude! 430 00:45:48,793 --> 00:45:50,128 Axuda! 431 00:45:53,381 --> 00:45:54,466 Acabaches? 432 00:46:10,398 --> 00:46:12,901 Por que me quere morto Capstone Industries? 433 00:46:15,945 --> 00:46:20,283 - Non sei de que me falas. - Non me mintas, hostia. 434 00:46:20,366 --> 00:46:21,242 Non minto. 435 00:46:21,326 --> 00:46:23,119 Xúroo pola tumba de miña nai. 436 00:46:23,203 --> 00:46:25,747 Ten algo que ver co tumor? 437 00:46:26,831 --> 00:46:29,042 - Que? - O tumor que teño na cabeza. 438 00:46:29,125 --> 00:46:31,002 Tes un puto tumor cerebral? 439 00:46:31,961 --> 00:46:35,131 Cago en Deus, desátame, non fixen nada. 440 00:46:47,227 --> 00:46:50,104 Vin homes aturar cousas horribles, Saul. 441 00:46:52,190 --> 00:46:55,652 Dor e humillación. 442 00:46:58,571 --> 00:47:01,366 En graos que non poderías imaxinar. 443 00:47:02,367 --> 00:47:04,202 E aínda así calaban a boca. 444 00:47:04,285 --> 00:47:09,123 Porque eses homes crían en algo, tiñan un propósito maior ca eles mesmos. 445 00:47:09,207 --> 00:47:13,628 Unha causa pola que preferían morrer entre berros 446 00:47:13,711 --> 00:47:15,380 antes que traizoar. 447 00:47:18,424 --> 00:47:20,843 Pero ti non es así, verdade, Saul? 448 00:47:20,927 --> 00:47:23,680 Non es un auténtico crente. Só es un calquera 449 00:47:23,763 --> 00:47:27,767 que caeu de cu nun mundo que non entende. 450 00:47:27,850 --> 00:47:32,397 Non queres morrer por isto, Saul. 451 00:47:33,273 --> 00:47:34,607 Entón, dime. 452 00:47:36,734 --> 00:47:41,781 Non... el non me conta nada. 453 00:47:41,864 --> 00:47:44,409 - Quen? - Illamento de datos. 454 00:47:45,410 --> 00:47:47,495 Compartimentación. Igual ca vós. 455 00:47:47,579 --> 00:47:50,415 - Quéntase con iso. - Quen se quenta con iso? 456 00:47:54,294 --> 00:47:57,171 Steve. Horn. 457 00:47:58,423 --> 00:48:03,511 Steve Horn. Iso é. Dálle un grolo. 458 00:48:13,104 --> 00:48:14,188 Veña. 459 00:48:14,314 --> 00:48:16,441 Steve é un visionario. El... 460 00:48:17,150 --> 00:48:20,820 Fixo unha fortuna en tecnolóxicas e logo pasou ó capital risco. 461 00:48:21,487 --> 00:48:26,284 Entende de xente, de mercados, de guerra. 462 00:48:29,412 --> 00:48:34,334 Eu só son un apéndice. Un mediador. Resolvo cousas. 463 00:48:36,753 --> 00:48:39,505 Como executa Steve unha emboscada en Siria? 464 00:48:39,589 --> 00:48:44,093 Steve ten amigos en todas partes. É o que ten ser multimillonario. 465 00:48:44,218 --> 00:48:47,347 - Que obxectivo tiña? - Non é o meu departamento, 466 00:48:47,430 --> 00:48:50,892 pero vai de algo chamado... 467 00:48:53,102 --> 00:48:55,730 proxecto RD4895. 468 00:48:56,397 --> 00:48:57,440 Que é iso? 469 00:48:57,523 --> 00:49:02,695 RD4895. Pero xa che digo que non sei que é. 470 00:49:04,405 --> 00:49:08,409 Só sei que vale moito diñeiro. 471 00:49:10,953 --> 00:49:12,205 Non abonda. 472 00:49:14,707 --> 00:49:19,212 Non, veña! Veña! Escoita, estoucho dicindo! 473 00:49:19,337 --> 00:49:22,840 Non sei nada! Só son un calquera! Dixéchelo ti, 474 00:49:22,924 --> 00:49:24,550 só un puto calquera! 475 00:49:35,103 --> 00:49:36,104 De acordo. 476 00:49:36,729 --> 00:49:38,272 Vale, créote. 477 00:49:39,732 --> 00:49:43,736 Steve Horn é o que manda e ti es a putiña dos mandados. 478 00:49:43,820 --> 00:49:45,029 - Si! - É así? 479 00:49:45,113 --> 00:49:47,657 - Si, é así! - Non tomas decisións. 480 00:49:47,740 --> 00:49:51,202 - Non querías que pasara isto. - Xúroo por Deus. 481 00:49:51,953 --> 00:49:55,206 Quen enviaches para matar á miña familia? 482 00:50:04,882 --> 00:50:07,427 - Bebe máis. - Quero ir á casa, tío. 483 00:50:12,807 --> 00:50:14,350 Fíxenche unha pregunta. 484 00:50:27,029 --> 00:50:29,282 Hai un avogado en Jackson Hole. 485 00:50:29,365 --> 00:50:31,033 Marcus Boykin. 486 00:50:31,117 --> 00:50:36,372 Negocia no mercado negro do cru en todo o mundo, incluído México. 487 00:50:36,456 --> 00:50:37,457 México? 488 00:50:40,585 --> 00:50:42,044 Contratou sicarios. 489 00:50:44,422 --> 00:50:46,591 Quen disparou? Onde o atopo? 490 00:50:46,674 --> 00:50:49,177 - No puto México! - Sé específico. 491 00:50:49,260 --> 00:50:53,431 "Cal é o enderezo do sicario"? Ninguén pregunta algo así! 492 00:50:53,514 --> 00:50:54,640 Boykin sábeo? 493 00:50:54,724 --> 00:50:56,476 Boykin non sabe unha merda. 494 00:50:56,559 --> 00:51:02,523 Sabe números de enrutamento de matóns incompetentes. 495 00:51:04,442 --> 00:51:06,444 É máis inútil ca min. 496 00:51:12,033 --> 00:51:15,620 Cando nos despregan gústalles dicir que é pola liberdade. 497 00:51:15,703 --> 00:51:18,289 Pero en realidade, Saul, 498 00:51:19,290 --> 00:51:22,084 é que hai mal neste mundo. 499 00:51:24,378 --> 00:51:27,632 Nós mirámolo ós ollos. Os demais non teñen collóns. 500 00:51:27,715 --> 00:51:29,634 Ese é o traballo que facemos. 501 00:51:29,717 --> 00:51:33,137 Vós só tedes que pagar impostos e mantervos á marxe. 502 00:51:33,221 --> 00:51:35,473 Pero ti, Saul, 503 00:51:36,641 --> 00:51:40,520 Steve Horn, Capstone Industries, 504 00:51:42,522 --> 00:51:44,732 queriades baixar ó barro. 505 00:51:45,775 --> 00:51:48,820 Agora estades nun campo de batalla. 506 00:51:52,824 --> 00:51:55,409 Isto é un cóctel de metadona, Saul. 507 00:51:56,035 --> 00:51:59,539 É unha morte tranquila. Tes sorte. 508 00:52:00,706 --> 00:52:02,333 É máis do que mereces. 509 00:53:10,818 --> 00:53:11,903 MENSAXE DE REECE 510 00:53:11,986 --> 00:53:15,948 PROXECTO RD4895 DE CAPSTONE... CÓIDATE 511 00:54:10,628 --> 00:54:13,297 Miramos un sitio en Tahoe, conteicho? 512 00:54:14,173 --> 00:54:16,008 Unha cabaniña na costa oeste. 513 00:54:17,343 --> 00:54:21,013 Lauren tiña o plan de adestrar atletas en altura. 514 00:54:21,764 --> 00:54:25,142 Lucy quería vivir nun sitio onde puidese ver as estrelas. 515 00:54:30,398 --> 00:54:32,400 Era todo o que querían. 516 00:54:33,359 --> 00:54:36,320 Agora están mortas, non teñen nada. 517 00:54:37,947 --> 00:54:42,868 Só escuridade por culpa dun proxecto empresarial. 518 00:54:45,371 --> 00:54:47,999 Por iso morreron miña muller e miña filla. 519 00:54:49,750 --> 00:54:51,252 É o que non entendo. 520 00:54:52,795 --> 00:54:55,131 Por que meter nisto ás rapazas? 521 00:54:58,509 --> 00:55:00,511 Un asasinato chamaría a atención. 522 00:55:03,180 --> 00:55:06,058 O veterano de guerra tolea, mata a familia, 523 00:55:06,142 --> 00:55:08,561 mata os doutores, suicídase. 524 00:55:08,644 --> 00:55:12,898 A ninguén lle estraña. É máis dixerible. 525 00:55:14,650 --> 00:55:17,486 Steve Horn está en San Francisco. 526 00:55:18,029 --> 00:55:21,991 A cabeza da serpe. Dirame a verdade do RD4895. 527 00:55:22,825 --> 00:55:25,494 Porén, Boykin é a vía para chegar ó sicario. 528 00:55:26,287 --> 00:55:28,497 O que matou a Lauren e Lucy. 529 00:55:28,581 --> 00:55:31,959 Vale. Respostas ou sangue. 530 00:55:34,003 --> 00:55:35,171 A elixir. 531 00:55:40,968 --> 00:55:42,011 Sangue. 532 00:57:36,542 --> 00:57:38,544 Subtítulos: Abraham Díaz López