1 00:00:53,267 --> 00:00:55,478 A LISTA TERMINAL 2 00:02:41,542 --> 00:02:42,418 Si, aí. 3 00:02:42,501 --> 00:02:46,046 No meu primeiro piso ceabamos e bebiamos cervexa no chan. 4 00:02:50,634 --> 00:02:51,886 Deus! 5 00:02:51,969 --> 00:02:53,512 Benvida, señora Reece. 6 00:02:56,056 --> 00:02:58,058 - Carafio. - Pódelo crer? Carafio. 7 00:02:59,685 --> 00:03:01,979 - Podo crelo, si. - É de tolos. 8 00:03:02,062 --> 00:03:06,567 É dicir, firmar unha hipoteca a 30 anos fai que o crea bastante. 9 00:03:06,650 --> 00:03:09,737 30 anos. Aquí? Toleamos? 10 00:03:09,820 --> 00:03:12,114 Non sei. Aínda o preguntas? 11 00:03:13,073 --> 00:03:15,618 A verdade é que é fea. 12 00:03:20,664 --> 00:03:23,334 - Temos que quitar o papel pintado. - Si. 13 00:03:23,417 --> 00:03:25,878 - E a moqueta. - Xusto. Imaxínao. 14 00:03:27,922 --> 00:03:30,549 - Aquí a caixa forte da pistola. - Vaia! 15 00:03:30,633 --> 00:03:34,011 Decorareino cun banco de traballo, bandeira de Afganistán... 16 00:03:34,553 --> 00:03:36,805 Non, isto será o meu despacho. 17 00:03:36,889 --> 00:03:38,057 Como? 18 00:03:38,140 --> 00:03:40,643 Este é o meu despacho. Queda ti co garaxe. 19 00:03:41,518 --> 00:03:44,104 Non. Nin de broma, imposible. 20 00:03:44,188 --> 00:03:46,857 - Xa o veremos. - Queres ver os cuartos? 21 00:03:46,941 --> 00:03:51,403 Si, pero viñemos traballar. Non te fagas ideas raras. 22 00:03:51,487 --> 00:03:53,030 Iso xa o veremos tamén. 23 00:04:09,129 --> 00:04:13,342 15 HORAS ANTES 24 00:04:17,429 --> 00:04:20,391 Fillos de puta, tedes o que hai que ter? 25 00:04:20,474 --> 00:04:23,018 - A contar! - Saíde da miña puta praia. 26 00:04:24,395 --> 00:04:25,312 Arriba! 27 00:04:27,898 --> 00:04:30,609 Tocade a campá, nenas. Esa é a vosa salvación. 28 00:04:31,318 --> 00:04:32,403 Ide tocala. 29 00:04:32,987 --> 00:04:35,114 Só doe a primeira vez, señoritas. 30 00:04:35,197 --> 00:04:37,658 - Tedes o que hai que ter? - Temos! 31 00:04:37,741 --> 00:04:40,369 - Non o parece. - Tres! 32 00:04:40,452 --> 00:04:43,247 Non quero brandos! Se non podedes cun tronco, 33 00:04:43,330 --> 00:04:44,832 non podedes co inimigo. 34 00:04:48,502 --> 00:04:52,256 Adiante, señoritas! Aquí non abandona ninguén. 35 00:04:55,801 --> 00:04:58,053 O xuíz xeneral, capitán Howard. 36 00:05:06,103 --> 00:05:07,354 Todo en orde? 37 00:05:08,147 --> 00:05:10,315 En canto á Espada de Odín, 38 00:05:10,399 --> 00:05:12,735 deberiamos poder negalo. 39 00:05:13,444 --> 00:05:15,237 Como que "deberiamos"? 40 00:05:15,320 --> 00:05:16,822 Ás veces hai traxedias. 41 00:05:16,905 --> 00:05:20,492 A operación era información dos SEAL. Non somos responsables. 42 00:05:22,619 --> 00:05:24,204 E o experimento? 43 00:05:26,040 --> 00:05:29,960 Cabe destacar que non se probou nada a nivel xudicial. 44 00:05:30,461 --> 00:05:33,255 As leis de Defensa son claras. Se imos a xuízo... 45 00:05:33,338 --> 00:05:34,590 Cúbrennos ou non? 46 00:05:39,428 --> 00:05:40,512 Ordes son ordes. 47 00:05:41,263 --> 00:05:43,474 Dubido que James Reece o vexa así. 48 00:05:47,102 --> 00:05:51,732 Creo que é hora de considerar en serio continxencias. 49 00:05:54,151 --> 00:05:55,736 Que tipo de continxencias? 50 00:05:56,320 --> 00:05:57,780 Retirada táctica. 51 00:05:58,447 --> 00:06:00,741 Busquei varios países sen extradición. 52 00:06:00,824 --> 00:06:02,659 - Unha merda. - Morreron todos. 53 00:06:03,577 --> 00:06:04,953 Teño familia. 54 00:06:05,037 --> 00:06:07,831 Non vou marchar a Camerún polo puto James Reece. 55 00:06:07,915 --> 00:06:09,792 Cale un momento. 56 00:06:13,128 --> 00:06:14,338 Somos Comando Naval, 57 00:06:15,005 --> 00:06:17,049 non uns paspáns de Wall Street. 58 00:06:18,634 --> 00:06:22,805 Mentres teñamos cobertura legal, temos unha posición que defender. 59 00:06:23,889 --> 00:06:27,267 E se a deshonra de Reece quere aparecer por aquí, 60 00:06:27,935 --> 00:06:31,063 hai 5000 mariños que terán algo que dicir. 61 00:06:35,984 --> 00:06:36,985 Véxoos. 62 00:06:38,946 --> 00:06:41,490 Reúnense cada día dende que mataches a Horn. 63 00:06:44,159 --> 00:06:48,664 Cox e Howard alóxanse en pisos, aí temos moitas oportunidades. 64 00:06:49,540 --> 00:06:51,959 Pillar, porén, non sae da base. 65 00:06:52,584 --> 00:06:55,879 E asumo que non queres enfrontarte a toda a base naval. 66 00:07:19,236 --> 00:07:22,197 Imos polos dous primeiros e agardamos por Pillar. 67 00:07:23,657 --> 00:07:25,284 Disparámoslle cun fusil. 68 00:07:26,118 --> 00:07:27,202 Dende o barco? 69 00:07:29,204 --> 00:07:31,165 Sería lanzar unha moeda ó aire. 70 00:07:33,250 --> 00:07:34,668 E non podemos fallar. 71 00:07:39,965 --> 00:07:41,133 Lembras Mosul? 72 00:07:42,551 --> 00:07:43,760 Si, por que? 73 00:07:45,929 --> 00:07:47,556 Sayidati al Jamila? 74 00:07:50,767 --> 00:07:52,144 Howard ten familia. 75 00:07:55,230 --> 00:07:56,231 Moi atrevido. 76 00:08:23,759 --> 00:08:25,761 CALIFORNIA ESIXE RESPOSTA FEDERAL 77 00:08:25,886 --> 00:08:28,388 SOLDADOS REBELDES: TERROR INTERNO 78 00:08:32,476 --> 00:08:34,561 O demais pregúntenllo ó FBI. 79 00:08:39,691 --> 00:08:42,903 James Reece non matou a Mike Tedesco, foi vostede. 80 00:08:42,986 --> 00:08:46,573 Talos ofrece seguridade. Non son matóns, señorita Buranek. 81 00:08:47,157 --> 00:08:48,992 Pensa que non a coñezo? 82 00:08:49,076 --> 00:08:51,870 Sei que probou o RD4895 en SEAL da Armada. 83 00:08:51,954 --> 00:08:55,457 E sei que as probas causaron tumores, polo que os asasinou. 84 00:08:55,540 --> 00:08:59,127 Está no meu artigo. Se me elimina, todos saberán a verdade. 85 00:08:59,211 --> 00:09:01,588 O seu trato vai ir tomar polo cu. 86 00:09:07,469 --> 00:09:09,513 Hoxe é fácil erguerse con medo. 87 00:09:10,806 --> 00:09:15,602 Non se pode ignorar a violencia que vimos esta semana na televisión, 88 00:09:16,395 --> 00:09:22,276 pero a administración actuou rápido para clasificar a James Sullivan Reece 89 00:09:22,859 --> 00:09:24,778 como terrorista interno. 90 00:09:32,119 --> 00:09:35,998 Pasemos ás preguntas, porque seguro que teñen moitas. 91 00:09:36,623 --> 00:09:37,582 Última fila. Si. 92 00:09:37,666 --> 00:09:41,753 Señora secretaria, coñece o capitán Reece persoalmente, non si? 93 00:09:42,462 --> 00:09:44,798 Coincidimos varias veces, é certo. 94 00:09:44,881 --> 00:09:47,634 Viu algo sospeitoso nel? 95 00:09:50,220 --> 00:09:52,055 Ó alistarse nas forzas armadas, 96 00:09:52,139 --> 00:09:56,435 un xura defender a constitución contra ameazas: estranxeiras e internas. 97 00:09:56,518 --> 00:10:00,397 Sospeito que o capitán Reece cre que cumpre ese xuramento. 98 00:10:01,023 --> 00:10:02,274 Contra que, señora? 99 00:10:05,610 --> 00:10:08,572 James Reece cre que está nunha misión, 100 00:10:08,655 --> 00:10:10,699 e non parará ata cumprila. 101 00:10:10,782 --> 00:10:15,412 O mellor para atrapalo será adiantarnos ó seu próximo obxectivo. 102 00:10:15,537 --> 00:10:17,289 É dicir, antes de nada, 103 00:10:17,372 --> 00:10:21,376 debemos localizar a calquera relacionado con Horn e Capstone. 104 00:10:21,460 --> 00:10:24,254 O obxectivo é capturar, pero a prioridade 105 00:10:24,338 --> 00:10:26,923 é evitar que se perdan máis vidas. 106 00:10:27,007 --> 00:10:30,969 Se as dúas son incompatibles, xa saben o que toca. 107 00:10:33,013 --> 00:10:34,389 - Queda claro? - Si. 108 00:10:35,849 --> 00:10:37,517 Hai que atopar ese home. 109 00:11:02,793 --> 00:11:04,753 Sabe onde está James Reece? 110 00:11:10,425 --> 00:11:13,303 Vou ser clara. Necesito información. 111 00:11:13,387 --> 00:11:14,429 Xa empezamos. 112 00:11:14,513 --> 00:11:18,141 Teño 5000 palabras sobre Reece, e case teño o artigo... 113 00:11:18,225 --> 00:11:20,310 Está na puta corda bamba, señorita. 114 00:11:20,394 --> 00:11:21,895 Necesítoos para o artigo. 115 00:11:22,437 --> 00:11:24,231 E necesítanme para atopalo. 116 00:11:28,318 --> 00:11:31,154 Dígame que ten. Verei que podo facer. 117 00:11:32,197 --> 00:11:33,740 É o mellor que lle ofrezo. 118 00:11:35,742 --> 00:11:38,203 Teñen acceso ós ordenadores de Horn. 119 00:11:38,286 --> 00:11:40,455 Busquen algo chamado "táboa cap". 120 00:11:40,539 --> 00:11:43,417 Son os que sacaron tallada da venda de Nubellum. 121 00:11:43,500 --> 00:11:45,502 A maioria das contas son legais, 122 00:11:45,585 --> 00:11:50,215 pero algunhas son pagos para probar ilegalmente un medicamento 123 00:11:50,298 --> 00:11:53,844 chamado RD4895 en soldados SEAL da Armada. 124 00:11:53,927 --> 00:11:56,221 E isto contoullo Reece? 125 00:11:56,304 --> 00:11:59,099 Porque pasou tres días delirando no monte. 126 00:11:59,182 --> 00:12:01,935 Iso foi antes de sacar a súa amiga do alude? 127 00:12:02,018 --> 00:12:04,479 Meteume el no puto alude, lista. 128 00:12:04,563 --> 00:12:06,773 A ver, non vin aquí defender a Reece. 129 00:12:07,357 --> 00:12:09,151 Sei que hai que paralo, 130 00:12:10,235 --> 00:12:12,946 pero tamén hai outros responsables. 131 00:12:27,169 --> 00:12:30,380 Dep, fai que analicen a fondo o ordenador de Horn. 132 00:12:30,464 --> 00:12:31,465 En serio? 133 00:12:33,258 --> 00:12:34,259 Si, señor. 134 00:12:38,805 --> 00:12:41,433 Vou traballar na biblioteca ó final da rúa... 135 00:12:41,516 --> 00:12:45,061 A última vez que a deixei marchar, fuxiu a San Francisco. 136 00:12:46,396 --> 00:12:48,732 Junior, que non saia da sala. 137 00:12:54,654 --> 00:12:56,823 Perdoe, pedinlle que esperara. 138 00:13:03,622 --> 00:13:05,790 Descansa, Gerald. É o teu despacho. 139 00:13:07,042 --> 00:13:09,211 Señora, sabía que estaba por aquí, 140 00:13:09,711 --> 00:13:11,963 pero non esperaba a súa visita. 141 00:13:12,714 --> 00:13:14,341 Non foi premeditada. 142 00:13:18,220 --> 00:13:19,429 E quen é el? 143 00:13:19,513 --> 00:13:21,431 O axente Azad do DCIS. 144 00:13:23,600 --> 00:13:26,937 Quero seguir o protocolo nesta conversa. 145 00:13:31,107 --> 00:13:34,903 Saquei o informe de obxectivos da operación Espada de Odín. 146 00:13:35,737 --> 00:13:39,658 Quería ver a información que fixo que morrera todo un pelotón. 147 00:13:40,659 --> 00:13:42,869 Coñezo o informe de intelixencia. 148 00:13:44,579 --> 00:13:47,290 Entón saberá que é bastante frouxo. 149 00:13:48,250 --> 00:13:52,045 Unha grande operación baseada nun aviso dun traficante de armas? 150 00:13:52,837 --> 00:13:53,880 Máis nada? 151 00:13:54,881 --> 00:13:56,466 Analizárono tan sequera? 152 00:13:57,592 --> 00:14:00,971 Tiña unha orde permantente do Pentágono 153 00:14:02,639 --> 00:14:05,850 de ir por Kahani se recibiamos información viable. 154 00:14:06,893 --> 00:14:09,145 O oficial que pasou o informe... 155 00:14:10,564 --> 00:14:11,398 Quen era? 156 00:14:14,526 --> 00:14:16,570 Iso debería preguntalo en Langley. 157 00:14:20,907 --> 00:14:21,992 Grazas, Gerald. 158 00:14:23,451 --> 00:14:24,286 Xa está? 159 00:14:24,995 --> 00:14:25,829 Por agora si. 160 00:14:30,292 --> 00:14:33,503 Un pracer coñecelo, almirante. Estaremos en contacto. 161 00:14:40,176 --> 00:14:42,137 Pásame o capitán Howard. Xa. 162 00:14:59,195 --> 00:15:03,533 CHAMADA ENTRANTE WARCOM 163 00:15:06,578 --> 00:15:09,748 Mamá, o entrenador dixo que podemos ir ás estatais, 164 00:15:09,831 --> 00:15:12,417 pero temos que pagar a viaxe. Coma todos. 165 00:15:12,500 --> 00:15:15,837 Non é xusto. A escola non debería poñernos un bus? 166 00:15:15,920 --> 00:15:17,922 - Que tal, papá? - Chegas cedo. 167 00:15:18,006 --> 00:15:20,425 Ola. 168 00:15:23,428 --> 00:15:25,388 Escoitade, nós... 169 00:15:27,057 --> 00:15:28,850 - Imos ós Caios. - Que? 170 00:15:28,933 --> 00:15:30,101 Si, esta noite. 171 00:15:30,185 --> 00:15:32,020 - Como? - Teño os billetes. 172 00:15:33,229 --> 00:15:34,564 Só faltan as maletas. 173 00:15:35,607 --> 00:15:37,233 Non podo. Teño fútbol. 174 00:15:37,317 --> 00:15:39,611 Non hai fútbol. Prepara as cousas. 175 00:15:40,111 --> 00:15:41,071 Pasou algo? 176 00:15:41,154 --> 00:15:41,988 Non. 177 00:15:43,615 --> 00:15:47,410 Non, pensade que son unhas vacacións ata que todo se calme. 178 00:15:48,119 --> 00:15:50,288 - Que se calme o que? - Escoitade, 179 00:15:50,372 --> 00:15:51,790 vai ser divertido, vale? 180 00:15:51,873 --> 00:15:54,876 - Pois divertido non parece. - Escoitádeme! 181 00:15:57,504 --> 00:16:01,132 Tedes que facer as maletas, vale? 182 00:16:01,675 --> 00:16:04,886 - Veña. Vamos! - Non entendo, odias os Caios. 183 00:16:26,491 --> 00:16:30,036 Hai que moverse. Howard pillou billetes para Caio Hueso. 184 00:16:33,498 --> 00:16:35,083 - Cando? - Esta noite. 185 00:16:35,834 --> 00:16:36,918 O coelliño escapa. 186 00:16:38,586 --> 00:16:39,587 Estaremos listos. 187 00:16:53,143 --> 00:16:55,603 Escoita, irmán. Estiven pensando e... 188 00:16:57,647 --> 00:16:58,982 Saia como saia isto, 189 00:17:00,400 --> 00:17:03,695 os federais seguirán escaravellando. 190 00:17:05,822 --> 00:17:09,242 Ata coa tapadeira da axencia, atoparán algo sobre ti. 191 00:17:10,201 --> 00:17:11,119 Tes algún plan? 192 00:17:12,203 --> 00:17:13,037 Si. 193 00:17:18,251 --> 00:17:19,753 Coñeces Máncora? 194 00:17:21,379 --> 00:17:23,631 Unha vila surfeira na costa de Perú. 195 00:17:25,091 --> 00:17:27,093 Hai unhas ondas da hostia. 196 00:17:28,762 --> 00:17:32,682 Fontes termais, baños de barro, ayahuasca e algunha australiana. 197 00:17:34,392 --> 00:17:35,935 Bo sitio para retirarse. 198 00:17:39,564 --> 00:17:40,565 Perdoa. 199 00:17:41,232 --> 00:17:42,275 Por? 200 00:17:44,277 --> 00:17:46,237 Por meterte nisto. 201 00:17:47,322 --> 00:17:49,699 Metéronme eles, irmán. 202 00:17:51,659 --> 00:17:54,162 Non ti. Lémbrao. 203 00:17:55,163 --> 00:17:56,164 Xa. 204 00:18:29,697 --> 00:18:31,324 Seguro que queres facelo? 205 00:18:58,226 --> 00:18:59,686 - Axente Layun. - Espere. 206 00:19:01,896 --> 00:19:03,398 Buscamos nos ordenadores. 207 00:19:03,481 --> 00:19:08,069 Atopamos varias mencións de Pillar ó medicamento RD4895 208 00:19:08,152 --> 00:19:10,154 e análises do pelotón de Reece. 209 00:19:11,072 --> 00:19:13,283 Pillar sabía que tiñan tumores. 210 00:19:13,366 --> 00:19:16,953 Non só iso, señor. Pagáronlle polo seu rol no experimento. 211 00:19:17,036 --> 00:19:18,705 FinCEN analizou as táboas. 212 00:19:18,788 --> 00:19:21,416 Global Systems Plus, ese é Gerald Pillar. 213 00:19:21,499 --> 00:19:24,127 SXA Consulting, ese é Leonard Howard. 214 00:19:24,919 --> 00:19:26,963 Ese de aí é Bill Cox. 215 00:19:27,046 --> 00:19:30,717 Tamén hai outras empresas ligadas a Saul Agnon e Marcus Boykin. 216 00:19:30,800 --> 00:19:33,428 E unha máis, Oberon Analytics. 217 00:19:33,511 --> 00:19:35,430 - Quen é? - Nin idea. 218 00:19:36,180 --> 00:19:38,766 Talvez nolo diga o comando de WARCOM. 219 00:19:39,392 --> 00:19:40,935 Hai que pasarllo ó NCIS. 220 00:19:41,019 --> 00:19:43,980 O axente Holder do NCIS traballaba para Horn. 221 00:19:44,063 --> 00:19:47,108 Temos que ir directamente ó noso contacto. 222 00:19:47,191 --> 00:19:49,903 Son oficiais de alto rango. Hai uns procesos. 223 00:19:49,986 --> 00:19:51,738 James Reece está aquí. 224 00:19:52,488 --> 00:19:55,533 Agora mesmo está en Coronado e temos a súa lista. 225 00:20:00,914 --> 00:20:02,040 Iso foi un si? 226 00:20:03,583 --> 00:20:06,502 Dep, vai á casa de Reece. Se ves algo, avísame. 227 00:20:06,586 --> 00:20:08,421 - Que foi? - Junior, con Howard. 228 00:20:08,504 --> 00:20:12,300 Búscalle unha canguro a Buranek. Mac, con Cox. Colabora coa poli. 229 00:20:12,383 --> 00:20:14,093 Axente, esa pista deilla eu. 230 00:20:14,177 --> 00:20:17,639 Sente aí! Con sorte, descubrirá como remata o seu artigo. 231 00:20:23,227 --> 00:20:25,188 Non me vas dicir que fixeches? 232 00:20:25,271 --> 00:20:27,482 Non fixen nada, directamente. 233 00:20:27,565 --> 00:20:29,025 Entón por que escapas? 234 00:20:30,151 --> 00:20:33,112 O almirante viuse metido en algo. Algo... 235 00:20:33,780 --> 00:20:37,283 Algo malo. Pediume que o cubrise e eu... 236 00:20:39,285 --> 00:20:43,539 Nese momento sentinme mal. Gerald foi bo comigo, con nós. 237 00:20:44,791 --> 00:20:47,418 Apoiounos, recomendoume nos ascensos... 238 00:20:47,502 --> 00:20:48,670 Estás moi exposto? 239 00:20:48,753 --> 00:20:52,632 Non é iso, Anne. Vai valer a pena, pero non aquí. 240 00:20:53,216 --> 00:20:54,801 - E nos Caios si? - Papá! 241 00:20:54,884 --> 00:20:57,011 Dille ó taxista que xa vou! 242 00:20:59,514 --> 00:21:00,890 Por favor, Anne... 243 00:21:00,974 --> 00:21:03,226 Papá, non é o taxi. É o FBI. 244 00:21:08,106 --> 00:21:11,150 Non pasa nada, xa me encargo. 245 00:21:11,234 --> 00:21:13,111 Perdoen, xa vou! 246 00:21:17,740 --> 00:21:21,452 Só estaba ordenando unhas cousas. Pódolle axudar, axente? 247 00:21:25,248 --> 00:21:27,000 Vai a algún sitio, capitán? 248 00:21:41,764 --> 00:21:45,685 Escolta militar en Coronado para 400 metros por vías de servizo? 249 00:21:45,768 --> 00:21:49,939 Co debido respecto, señor, en canto entrou na base, saíu de Coronado. 250 00:22:09,959 --> 00:22:11,711 Que día tan marabilloso. 251 00:22:11,794 --> 00:22:13,463 Escapou un SEAL trastornado 252 00:22:13,546 --> 00:22:17,800 e o FBI vén chamar á unica porta trala que sabemos que non está. 253 00:22:17,884 --> 00:22:19,844 Somos federais cunha orde... 254 00:22:19,927 --> 00:22:21,387 Sáqueme iso de diante. 255 00:22:21,471 --> 00:22:25,933 Pensa que me importa unha merda que un pailán estampara o papel ese? 256 00:22:26,017 --> 00:22:29,062 Ninguén entra no meu edificio se eu non lle deixo. 257 00:22:32,482 --> 00:22:35,902 Pero non teño problema, axente. Non teño nada que agochar. 258 00:22:38,196 --> 00:22:41,324 Que pasen. Son axentes federais, á fin e ó cabo. 259 00:22:42,742 --> 00:22:43,910 Veña, pasen. 260 00:22:50,083 --> 00:22:51,626 Colla o que precise, 261 00:22:52,835 --> 00:22:54,212 pero sei a que veu. 262 00:22:54,796 --> 00:22:58,674 Creo que isto resolverá calquera dúbida que teña. 263 00:23:00,885 --> 00:23:05,014 E cando se decate de que pisou a merda que non debía, 264 00:23:05,723 --> 00:23:09,060 dígalle á pendanga que o enviou que vaia tomar polo cu. 265 00:23:19,362 --> 00:23:20,446 Como estamos, Mac? 266 00:23:20,947 --> 00:23:22,281 Os Howard non están. 267 00:23:22,365 --> 00:23:25,910 Maletas feitas, billetes a Miami, pero perderon o avión. 268 00:23:25,993 --> 00:23:29,080 Cox desapareceu. Buscámolo tan axiña como podemos. 269 00:23:46,597 --> 00:23:48,641 Vai todo ben, Bill? 270 00:24:01,404 --> 00:24:03,364 JAMES REECE SEGUE FUGADO 271 00:24:07,785 --> 00:24:11,747 Non foi culpa túa. Ninguén esperaba algo así. 272 00:24:24,135 --> 00:24:25,094 Queda coa volta. 273 00:24:55,666 --> 00:24:57,460 Como vai ser isto, entón? 274 00:26:23,296 --> 00:26:25,006 Acórdase da Vella Dor? 275 00:26:25,089 --> 00:26:26,048 Si. 276 00:26:26,132 --> 00:26:29,844 Atopei unha igualiña, 180 quilos que din: "Fódete". 277 00:26:29,927 --> 00:26:35,182 Cargabamos con ela por Gator Beach. Eramos uns brandos, uns cabróns, lembra? 278 00:26:36,100 --> 00:26:38,269 - Teño o puto brazo roto. - Si? 279 00:26:39,687 --> 00:26:41,063 Debe doer de carallo. 280 00:26:42,982 --> 00:26:44,483 Que quere, Reece? 281 00:26:46,444 --> 00:26:47,820 Quen máis o sabía? 282 00:26:56,996 --> 00:26:58,581 Pillar aprobouno. 283 00:27:00,082 --> 00:27:03,544 Howard asegurouse dos detalles para que todo saíse adiante. 284 00:27:03,627 --> 00:27:05,755 E os de loxística? Os médicos? 285 00:27:06,881 --> 00:27:09,216 Eses tipos só seguían ordes. 286 00:27:10,426 --> 00:27:13,054 Pensaban que lles vacinaban vitamina B12. 287 00:27:13,679 --> 00:27:16,682 Nós eramos os únicos que coñeciamos o experimento. 288 00:27:19,977 --> 00:27:23,397 Sabe que nos dan cando nos retiramos? 289 00:27:25,232 --> 00:27:26,734 Dás toda a túa vida 290 00:27:28,319 --> 00:27:30,446 e gañas unha pensión e un remo. 291 00:27:31,572 --> 00:27:33,824 "Grazas polo seu puto servizo". 292 00:27:39,330 --> 00:27:41,290 Era parte da irmandade. 293 00:27:41,832 --> 00:27:43,584 Iso era o que gañaba. 294 00:27:45,544 --> 00:27:47,671 Enviou os seus irmáns morrer 295 00:27:48,422 --> 00:27:53,135 nuns túneles cheos de merda no puto estranxeiro. 296 00:27:55,596 --> 00:27:58,432 Que pasa? Non pode vostede só? 297 00:28:02,645 --> 00:28:03,646 Ei. 298 00:28:04,647 --> 00:28:07,525 No adestramento nunca cargabamos sós co peso. 299 00:28:07,608 --> 00:28:10,611 Sempre tiñamos compañeiros á esquerda e á dereita. 300 00:28:11,904 --> 00:28:14,407 Cando necesitas o teu equipo, chámalo. 301 00:28:16,617 --> 00:28:18,119 Onde está o teu, Bill? 302 00:28:25,334 --> 00:28:26,627 O peso é todo teu. 303 00:29:36,614 --> 00:29:39,033 Deus santo, Reece. Que fixo? 304 00:29:39,867 --> 00:29:41,744 - Capitán Howard. - Por favor. 305 00:29:43,829 --> 00:29:45,414 Quere facerme ese favor? 306 00:29:45,498 --> 00:29:48,042 Por favor. Eu só movía documentos, Reece. 307 00:29:50,127 --> 00:29:53,005 Coñéceme. James, coñéceme, eu... 308 00:29:53,881 --> 00:29:57,134 Só son un burócrata. Por favor, Reece. 309 00:29:58,677 --> 00:29:59,678 James. 310 00:30:00,513 --> 00:30:01,555 Teño familia. 311 00:30:02,681 --> 00:30:03,724 Eu tiña familia. 312 00:30:05,226 --> 00:30:06,477 Ramirez tiña familia. 313 00:30:07,353 --> 00:30:09,563 - Cortese tiña familia. - Non. 314 00:30:09,647 --> 00:30:14,902 Donny Mitchell nunca verá o seu bebé polo que lle fixo o seu marido ó pelotón. 315 00:30:14,985 --> 00:30:17,905 É algo tarde para virme con esas, capitán. 316 00:30:17,988 --> 00:30:21,909 Agora, vai facer o que lle pedín? 317 00:30:24,203 --> 00:30:25,788 Non podo, Reece. Eu... 318 00:30:29,750 --> 00:30:30,584 Vale. 319 00:30:31,168 --> 00:30:32,753 - Síntoo. - Enténdoo. 320 00:30:33,963 --> 00:30:34,964 Grazas. 321 00:30:35,673 --> 00:30:39,218 Axudou á morte da miña filla, agora axudarei á do seu fillo. 322 00:30:39,301 --> 00:30:40,928 Deus, Non, Reece! 323 00:30:41,011 --> 00:30:42,638 - Que fai? - Non o faga! 324 00:30:42,721 --> 00:30:45,349 - Agárrao! Non, Reece! - Non! 325 00:30:45,432 --> 00:30:47,601 - Pare, hostia! - Non! 326 00:30:48,269 --> 00:30:49,270 Por favor. 327 00:30:53,232 --> 00:30:55,109 Por favor, pare. 328 00:30:55,651 --> 00:30:56,819 - Reece. - Érgase. 329 00:30:57,319 --> 00:30:58,988 Veña, érgase. 330 00:30:59,071 --> 00:31:01,490 Escóiteme, por favor. Vale? 331 00:31:02,783 --> 00:31:04,326 Ten unha oportunidade. 332 00:31:04,410 --> 00:31:06,829 Agora mesmo, doulle unha oportunidade. 333 00:31:06,912 --> 00:31:08,914 Faga unha cousa boa na vida. 334 00:31:10,040 --> 00:31:14,169 Salve a súa muller e fillo de afogar no Pacífico. Pode facelo, vale? 335 00:31:14,253 --> 00:31:15,254 Vale. 336 00:31:15,337 --> 00:31:16,589 Pode facelo. 337 00:31:22,803 --> 00:31:23,887 Vaino facer? 338 00:31:28,559 --> 00:31:31,103 Si, fareino. 339 00:31:31,186 --> 00:31:32,396 É un bo home. 340 00:31:33,188 --> 00:31:34,231 Deus, axúdame. 341 00:31:39,278 --> 00:31:40,613 Axeita a Howard. 342 00:31:42,573 --> 00:31:44,533 Non os soltes ata que o faga. 343 00:31:45,951 --> 00:31:48,078 Espera, onde carallo vas? 344 00:31:49,079 --> 00:31:50,080 Á casa. 345 00:31:51,248 --> 00:31:52,750 Como que á casa? 346 00:31:54,835 --> 00:31:56,003 Teño que velas. 347 00:32:36,669 --> 00:32:38,087 Que queres, Reece? 348 00:32:43,467 --> 00:32:47,221 Nunca quixen facerche dano. Nunca foi a miña intención. 349 00:32:49,431 --> 00:32:53,060 Dáme a impresión de que non fas nada sen querer. 350 00:32:54,937 --> 00:32:58,065 Algúns aspectos da guerra non son agradables. 351 00:32:58,732 --> 00:33:02,695 Pero non estás na guerra. Estás na casa. É diferente. 352 00:33:04,029 --> 00:33:05,030 Xa non. 353 00:33:39,314 --> 00:33:42,526 Grazas, tenente, avisámolo se descubrimos algo. 354 00:33:43,318 --> 00:33:47,281 A policía coordinouse co estado para mandar máis unidades á illa. 355 00:33:48,115 --> 00:33:49,533 Ten algo do almirante? 356 00:33:49,616 --> 00:33:54,163 Informes de entrega, resultados de probas, todo normal. Ata fixo copias. 357 00:33:55,038 --> 00:33:59,710 Por que ía dar Pillar probas de ensaios secretos cos SEAL? 358 00:34:02,838 --> 00:34:04,089 Que carallo é isto? 359 00:34:10,262 --> 00:34:11,722 Onde podemos falar? 360 00:34:13,182 --> 00:34:14,892 Tony. Falamos un segundo? 361 00:34:16,477 --> 00:34:18,437 - Sente. - Non fai falla. 362 00:34:19,396 --> 00:34:21,732 Quen é vostede e como me vai foder? 363 00:34:22,775 --> 00:34:24,193 Bijan Azad, DCIS. 364 00:34:26,904 --> 00:34:28,030 Déannos un segundo. 365 00:34:33,452 --> 00:34:34,995 Ímolo mandar á neveira. 366 00:34:35,662 --> 00:34:36,580 Desculpe? 367 00:34:36,663 --> 00:34:39,208 O seu equipo volverá ós seus departamentos. 368 00:34:39,291 --> 00:34:43,420 O FBI investiga infraccións no Pentágono, non ó revés. 369 00:34:43,504 --> 00:34:44,546 Correcto. 370 00:34:44,630 --> 00:34:48,008 Sinceramente, axente, non me interesa apartalo do caso. 371 00:34:48,091 --> 00:34:50,385 Polo que oín, dirixe ben o negocio. 372 00:34:50,886 --> 00:34:52,471 - Excedeuse. - Como? 373 00:34:52,554 --> 00:34:55,641 O almirante experimentou ilegalmente cos seus homes. 374 00:34:55,724 --> 00:34:57,851 Non foi ilegal. Tecnicamente, non. 375 00:34:57,935 --> 00:34:59,520 Está falando disto. 376 00:35:00,270 --> 00:35:04,191 Pillar tiña unha autorización urxente que aprobaba o experimento. 377 00:35:07,277 --> 00:35:11,323 Non foi un crime, pero cremos que se tapou. 378 00:35:13,325 --> 00:35:15,035 Déixoos a soas. 379 00:35:23,544 --> 00:35:27,589 Entregaralle todo o que ten sobre Pillar e os seus homes ó DCIS. 380 00:35:29,842 --> 00:35:31,468 E collerá uns días libres. 381 00:35:33,178 --> 00:35:34,680 Reece segue aí fóra. 382 00:35:35,806 --> 00:35:36,932 Só uns días libres. 383 00:35:37,683 --> 00:35:40,227 Ninguén quere poñerllo difícil. 384 00:35:40,853 --> 00:35:45,232 Washington chamou ós Ánxeles. Van enviar a súa Unidade de Fuxitivos. 385 00:35:47,818 --> 00:35:50,362 O caso debía ser deles dende o principio. 386 00:36:05,377 --> 00:36:07,296 Por que a quere tanto? 387 00:36:07,379 --> 00:36:08,839 - A que? - A historia. 388 00:36:09,756 --> 00:36:14,011 Só busca prestixio persoal ou pensa que servirá de algo? 389 00:36:14,094 --> 00:36:16,763 Non podo ter ambición e crer no que fago? 390 00:36:16,847 --> 00:36:18,140 Se tivese que elixir... 391 00:36:28,442 --> 00:36:33,030 Cando tiña catro anos, meu pai decidiu romper co Partido Comunista Chinés, 392 00:36:33,614 --> 00:36:35,449 ir contra o réxime de Xiaoping. 393 00:36:36,283 --> 00:36:39,411 Enviounos a miña nai, a meu irmán e a min ós EE. UU. 394 00:36:41,997 --> 00:36:43,373 Non volvín velo. 395 00:36:45,584 --> 00:36:49,212 Ós seis anos xa perdera o fogar, 396 00:36:49,296 --> 00:36:51,882 o idioma, ata o nome. 397 00:36:52,507 --> 00:36:55,177 E todo porque meu pai decidiu tomar partido. 398 00:36:56,970 --> 00:37:00,515 Así que si, gústame crer que a verdade importa. 399 00:37:03,101 --> 00:37:05,646 Sobre todo cando é David contra Goliat. 400 00:37:06,313 --> 00:37:09,358 E quen é Reece? David ou Goliat? 401 00:37:15,656 --> 00:37:17,282 Aínda non o teño decidido. 402 00:37:35,008 --> 00:37:36,677 Hoxe pasou algo curioso. 403 00:37:39,388 --> 00:37:43,558 Descubrimos que o Pentágono autorizou o RD4895. 404 00:37:44,935 --> 00:37:48,939 E máis curioso aínda, o FinCEN non logra desenmascarar un accionista. 405 00:37:49,022 --> 00:37:51,066 Alguén que traballaba con Horn. 406 00:37:52,359 --> 00:37:53,360 O Pentágono? 407 00:37:57,114 --> 00:37:58,490 Aí ten o seu Goliat. 408 00:38:02,744 --> 00:38:05,372 Marcho. Retiraron o meu equipo do caso. 409 00:38:06,039 --> 00:38:07,249 E que pasa comigo? 410 00:38:11,086 --> 00:38:15,090 Remate o artigo, señorita Buranek, e que saia á luz canto antes. 411 00:38:36,111 --> 00:38:39,114 Marcha. Vixío eu a casa ata que cheguen os de L. A. 412 00:38:52,294 --> 00:38:55,797 FBI, CART e FinCEN TEÑEN PROBAS DOS PAGOS 413 00:38:55,881 --> 00:38:58,175 QUE COINCIDEN COA ESPADA DE ODÍN, 414 00:38:58,258 --> 00:39:01,011 pero a autorización do RD4895 asinouna Hartley. 415 00:39:03,013 --> 00:39:05,640 ...por valor de 20 millóns. 416 00:39:19,237 --> 00:39:21,073 - Ola? - Jord, son eu. 417 00:39:22,699 --> 00:39:24,367 Teño o artigo sobre Reece. 418 00:39:24,451 --> 00:39:28,747 Si, xa oín. Para o Atlantic? Chamas para pasarmo polos fociños? 419 00:39:28,830 --> 00:39:30,082 É enorme, Jordan. 420 00:39:30,624 --> 00:39:34,419 Hartley, a secretaria de Defensa, firmou unha autorización. 421 00:39:34,503 --> 00:39:38,757 É dun experimento encuberto que causou tumores en Reece e os seus homes. 422 00:39:38,840 --> 00:39:40,092 Deus santo! 423 00:39:40,175 --> 00:39:42,427 E podo demostrar que a tapadeira 424 00:39:42,511 --> 00:39:45,722 pagouna Steve Horn para protexer o seu investimento. 425 00:39:45,806 --> 00:39:47,516 A secretaria levou comisión? 426 00:39:47,599 --> 00:39:51,728 O FBI non puido descubrir un accionista. Dada a implicación de Hartley, 427 00:39:51,812 --> 00:39:54,564 os lectores chegarán á mesma conclusión ca min. 428 00:39:54,648 --> 00:39:57,818 Ou polo menos obrigarana a responder polo que fixo. 429 00:39:59,945 --> 00:40:04,032 Dis que o bo de VoltStreem é a inmediatez. Cando podes publicalo? 430 00:40:04,866 --> 00:40:08,328 Mándamo e se está todo aí, podo subilo en menos dunha hora. 431 00:40:08,870 --> 00:40:09,871 Trato feito. 432 00:40:12,457 --> 00:40:14,417 PROBAS SECRETAS E PAGOS DE ACCIÓNS: HARTLEY CONTRA REECE 433 00:40:14,501 --> 00:40:15,502 por Katie Buranek. 434 00:40:17,504 --> 00:40:18,922 Enviar 435 00:40:19,005 --> 00:40:20,674 Enviando... 436 00:40:20,757 --> 00:40:22,092 Mensaxe enviada. 437 00:40:51,872 --> 00:40:55,542 Sei que é a túa favorita, pero creo que teño pixama novo. 438 00:40:55,625 --> 00:40:56,710 Que che parece? 439 00:40:58,086 --> 00:41:01,673 Creo que polo menos tomei unha boa decisión na vida. 440 00:41:04,467 --> 00:41:05,802 Estás seguro? 441 00:41:06,845 --> 00:41:08,889 - Ó 75 %. - Non sexas parvo. 442 00:41:17,522 --> 00:41:18,690 Estou embarazada. 443 00:41:22,402 --> 00:41:23,820 Só con este bico? 444 00:41:24,404 --> 00:41:27,407 - Como que estás embarazada? - Estou embarazada. 445 00:41:27,490 --> 00:41:29,534 Así que vas ter que volver á casa. 446 00:41:30,118 --> 00:41:30,994 Estás segura? 447 00:41:31,077 --> 00:41:33,205 Como ó 75 ou 80 %. 448 00:41:42,464 --> 00:41:43,465 Bótote de menos. 449 00:41:53,642 --> 00:41:55,310 Vas ser unha nai xenial. 450 00:41:58,438 --> 00:42:00,982 Que che parece Matthew se é neno? 451 00:42:03,318 --> 00:42:04,361 Matthew? 452 00:42:06,196 --> 00:42:07,948 Gústame Gunner. 453 00:42:08,031 --> 00:42:09,032 Gunner? 454 00:42:10,116 --> 00:42:11,660 - E se é nena? - Gage. 455 00:42:12,410 --> 00:42:13,954 - Gage para nena? - Si. 456 00:42:14,537 --> 00:42:15,580 E Lucy que tal? 457 00:42:18,083 --> 00:42:19,417 Gústame. Lucy. 458 00:42:34,474 --> 00:42:35,475 James. 459 00:42:41,481 --> 00:42:42,524 Lauren? 460 00:42:52,909 --> 00:42:53,743 James. 461 00:42:54,494 --> 00:42:58,206 Levan toda a noite chamando as familias. Que pasou? 462 00:42:58,915 --> 00:42:59,916 Cóntamo. 463 00:43:00,583 --> 00:43:01,584 Papá. 464 00:43:05,297 --> 00:43:06,464 Veña. 465 00:43:07,924 --> 00:43:09,092 Queres velo? 466 00:43:09,759 --> 00:43:13,388 Sabes que só me dixeron que tiñas unha conmoción, 467 00:43:13,471 --> 00:43:14,764 que repouses. 468 00:43:14,848 --> 00:43:15,890 Veña. 469 00:43:20,520 --> 00:43:21,354 Quérote. 470 00:43:21,438 --> 00:43:24,733 Traédeos! Á esquerda! Está á esquerda! 471 00:43:32,699 --> 00:43:33,867 Vou contigo! 472 00:43:35,410 --> 00:43:36,411 Movédevos! 473 00:43:39,039 --> 00:43:39,998 Donny, non! 474 00:43:43,043 --> 00:43:45,253 Papá. Papá. 475 00:43:46,421 --> 00:43:47,630 Vai todo ben? 476 00:43:47,714 --> 00:43:50,842 Volve ó mundo real! Esperta! 477 00:43:56,056 --> 00:43:57,474 Dixeches que o deixabas. 478 00:43:58,933 --> 00:44:01,728 Hai tres misións. Hai tres putas misións. 479 00:44:01,811 --> 00:44:05,065 - Non quero falar disto. - Que lle digo a Lucy? 480 00:44:05,148 --> 00:44:07,984 - Que queres que lle diga? - Dille a verdade. 481 00:44:08,818 --> 00:44:11,696 Que vou alí para loitar por ela e por ti. 482 00:44:11,780 --> 00:44:13,573 Unha merda! Sabémolo os dous! 483 00:44:13,656 --> 00:44:16,534 Cando estás alí, loitas por ti. 484 00:44:20,330 --> 00:44:21,623 Lauren, volve. 485 00:44:24,501 --> 00:44:26,753 "Non había escena máis encantadora, 486 00:44:27,504 --> 00:44:30,507 pero ninguén a contemplaba excepto un neno pequeno 487 00:44:30,590 --> 00:44:32,675 que miraba pola ventá. 488 00:44:33,301 --> 00:44:37,555 Vivira momentos eufóricos que outros nenos non chegarían a coñecer, 489 00:44:37,639 --> 00:44:40,850 pero o que contemplaba pola ventá era a única ledicia 490 00:44:40,934 --> 00:44:43,436 que nunca lle estaría permitida". 491 00:44:46,815 --> 00:44:49,109 Capítulo 17. "Cando Wendy medrou..." 492 00:44:50,735 --> 00:44:54,364 - Papá, gañei o concurso de ortografía! - Lucy, saca as botas. 493 00:44:54,447 --> 00:44:56,825 Que che dixen? A práctica fai ó mestre. 494 00:44:57,659 --> 00:44:59,661 Moi ben, amor! Déronche un trofeo. 495 00:44:59,744 --> 00:45:01,704 A última palabra foi desaparecer. 496 00:45:02,705 --> 00:45:06,459 A outra rapaza fallou no pe, pero eu non. 497 00:45:06,543 --> 00:45:07,627 Claro que non. 498 00:45:11,214 --> 00:45:12,424 Desaparecer. 499 00:45:13,633 --> 00:45:14,634 De... 500 00:45:15,802 --> 00:45:16,803 E... 501 00:45:18,346 --> 00:45:19,347 Ese... 502 00:45:20,515 --> 00:45:21,599 A... 503 00:45:21,683 --> 00:45:22,976 Temos que marchar. 504 00:45:23,518 --> 00:45:24,519 Pe... 505 00:45:25,687 --> 00:45:26,688 A... 506 00:45:27,856 --> 00:45:28,857 Erre... 507 00:45:29,315 --> 00:45:30,316 E... 508 00:45:47,125 --> 00:45:48,376 Ola. 509 00:45:48,460 --> 00:45:49,836 Está a punto de durmir. 510 00:46:18,823 --> 00:46:21,493 THREEMA MENSAXE DE KATIE 511 00:46:21,576 --> 00:46:27,582 APROBOUNO HARTLEY 512 00:47:15,338 --> 00:47:19,092 Non, o equipo tres sae mañá. Espero ver como marchan. 513 00:47:28,434 --> 00:47:29,561 Déixenos a soas. 514 00:47:31,229 --> 00:47:33,189 Avísoo cando acabemos. 515 00:47:40,238 --> 00:47:42,031 Levo horas chamándoo. 516 00:47:42,115 --> 00:47:45,827 Ten idea da cantidade de merda que nos caeu hoxe? 517 00:47:47,870 --> 00:47:49,622 Teño certa idea, señor. 518 00:47:53,960 --> 00:47:58,339 Hartley quixo botarnos ós lobos, pero xoguei as cartas que me deu. 519 00:48:01,884 --> 00:48:06,389 Ten algo máis? Precisamos algo. Quen sabe a que xoga esta muller. 520 00:48:08,516 --> 00:48:09,559 Que pasa? 521 00:48:18,192 --> 00:48:19,402 É para vostede. 522 00:48:25,199 --> 00:48:26,034 Diga? 523 00:48:26,743 --> 00:48:27,869 Almirante Pillar. 524 00:48:30,747 --> 00:48:33,374 Leva seguro toda a súa vida, 525 00:48:34,125 --> 00:48:36,252 agochado tralos muros, 526 00:48:37,170 --> 00:48:39,339 enviando outros homes a loitar. 527 00:48:41,257 --> 00:48:44,927 Hoxe pensei que a miña filla viu máis combate ca vostede. 528 00:48:48,556 --> 00:48:50,933 E pensei que debía corrixir iso. 529 00:48:51,017 --> 00:48:52,935 Creste alguén, fillo? 530 00:48:54,062 --> 00:48:55,563 Creste especial? 531 00:48:56,105 --> 00:48:57,940 Non vales unha merda. 532 00:48:58,358 --> 00:49:02,070 Non es máis ca unha brisa soprando no ceo. 533 00:49:02,862 --> 00:49:04,072 Si, non? 534 00:49:06,157 --> 00:49:09,285 Unha mina antipersoa ten 700 bólas de rodamentos. 535 00:49:10,536 --> 00:49:12,997 Se tivese dúas minas apuntándolle, 536 00:49:13,081 --> 00:49:17,919 serían 1400 bólas. 1400. 537 00:49:18,503 --> 00:49:22,882 Cen por cada SEAL que asasinou. 538 00:49:24,133 --> 00:49:25,760 De que carallo falas? 539 00:49:31,015 --> 00:49:32,892 Non tiven elección, señor. 540 00:49:41,651 --> 00:49:43,319 Reece. Capitán! 541 00:49:45,196 --> 00:49:46,447 Non fagas isto! 542 00:49:47,490 --> 00:49:48,741 Escóitasme? 543 00:49:48,825 --> 00:49:50,201 Tes que abandonar... 544 00:49:56,082 --> 00:49:59,585 Isto vai máis alá de WARCOM. Sábelo, verdade? 545 00:50:00,586 --> 00:50:03,923 Direiche quen máis está involucrado, pero se morro... 546 00:50:05,425 --> 00:50:06,634 Se morro... 547 00:50:10,138 --> 00:50:11,139 non o saberás. 548 00:50:11,222 --> 00:50:14,934 Asumamos, almirante, por seguir coa conversa, 549 00:50:16,269 --> 00:50:17,770 que xa o sei. 550 00:50:24,277 --> 00:50:27,196 HOWARD TRAIDOR 551 00:50:40,918 --> 00:50:42,253 Alguén viu iso? 552 00:50:42,336 --> 00:50:46,591 Informe de explosión na base de Coronado. WARCOM estoupou. Piso superior. 553 00:50:46,674 --> 00:50:49,218 Aseguren a zona. Un a un. 554 00:51:01,773 --> 00:51:04,609 Reece está na base? Temos confirmación visual? 555 00:51:05,735 --> 00:51:09,822 É o despacho do almirante. Unha bomba. Puido detonala a distancia. 556 00:52:02,583 --> 00:52:03,584 Reece! 557 00:52:30,111 --> 00:52:33,197 Espera, sei o que che pasou. 558 00:52:33,281 --> 00:52:36,075 Sei o que che pasou, o que che fixeron. 559 00:52:36,158 --> 00:52:37,660 Non debería estar aquí. 560 00:52:37,743 --> 00:52:41,122 Por que che mataron a familiia. Teño probas sobre Horn. 561 00:52:43,791 --> 00:52:45,084 E Pillar. 562 00:52:46,335 --> 00:52:47,587 Témolos, Reece. 563 00:52:49,547 --> 00:52:52,133 Toca deixar que a xustiza se encargue. 564 00:52:54,719 --> 00:52:56,095 A xustiza son eu. 565 00:53:01,350 --> 00:53:02,351 Non podo. 566 00:53:04,729 --> 00:53:06,689 Non podo deixarte seguir así. 567 00:53:35,468 --> 00:53:37,178 Non llo vou repetir. 568 00:53:39,555 --> 00:53:40,806 Non entre na lista. 569 00:54:12,588 --> 00:54:15,299 - Diga? - Que foi? Xa pasou unha hora. 570 00:54:15,383 --> 00:54:17,218 Ti dirás. Sigo agardando. 571 00:54:18,177 --> 00:54:21,055 - Agardando? - Internet funciona así. 572 00:54:21,138 --> 00:54:24,100 Para que publique algo, tesmo que enviar. 573 00:54:25,267 --> 00:54:26,519 Envieino. 574 00:54:27,186 --> 00:54:30,231 PARA: JORDAN GROFF ARTIGO 575 00:54:30,898 --> 00:54:31,816 Non tal. 576 00:54:36,487 --> 00:54:37,947 Jordan, teño que irme. 577 00:54:38,030 --> 00:54:41,534 Non, Katie, non mo fagas outra vez... Cago en todo. 578 00:55:10,062 --> 00:55:13,441 Lin o seu artigo, señorita Buranek. Unha peza excelente. 579 00:55:18,195 --> 00:55:20,072 Lamentablemente, incorrecta. 580 00:55:23,951 --> 00:55:27,121 Se quere marchar por esa porta, non a seguiremos, 581 00:55:28,247 --> 00:55:32,168 pero é unha xornalista demasiado boa para publicar só medio artigo. 582 00:55:34,503 --> 00:55:36,005 Se quere a verdade, 583 00:55:38,299 --> 00:55:39,341 toda a verdade, 584 00:55:40,134 --> 00:55:42,386 estou disposta a dar unha entrevista. 585 00:55:44,055 --> 00:55:45,306 Se lle interesa. 586 00:57:33,747 --> 00:57:35,749 Subtítulos: Abraham Díaz López