1 00:00:53,267 --> 00:00:55,519 A LISTA TERMINAL 2 00:01:07,740 --> 00:01:09,992 Non, Reece, espera. Deus, non. 3 00:01:10,075 --> 00:01:12,286 - Que fas? Ceo santo! - Non! 4 00:01:12,411 --> 00:01:18,417 TERROR EN CORONADO 5 00:01:28,969 --> 00:01:34,558 TERROR EN CORONADO 6 00:02:43,043 --> 00:02:44,044 Si. 7 00:02:45,880 --> 00:02:47,047 Ben. 8 00:02:47,882 --> 00:02:49,717 Vale. Déboche unha. 9 00:02:58,058 --> 00:02:59,476 Vaia pintas levas. 10 00:03:01,562 --> 00:03:02,605 Vaia pintas? 11 00:03:04,481 --> 00:03:05,399 Non che gustan? 12 00:03:07,234 --> 00:03:10,154 Ti pareces Patrick Swayze vivindo nunha furgoneta. 13 00:03:15,075 --> 00:03:17,494 Hartley xa aterrou no norte, por certo. 14 00:03:19,538 --> 00:03:21,081 Na súa casa da Illa Orcas? 15 00:03:21,874 --> 00:03:23,626 E ademais pasou do CID. 16 00:03:24,919 --> 00:03:26,337 Está co Servizo Secreto? 17 00:03:26,879 --> 00:03:27,922 Proba con outros. 18 00:03:28,464 --> 00:03:31,884 Talos. Contratou unha ducia de homes, talvez máis. 19 00:03:34,428 --> 00:03:35,679 Sabe que vou. 20 00:03:36,221 --> 00:03:37,264 Sabe. 21 00:03:38,515 --> 00:03:39,433 Acaso importa? 22 00:03:41,769 --> 00:03:44,688 Non importa unha merda. Ata agora non importou. 23 00:04:46,500 --> 00:04:47,835 Impórtalle se a grabo? 24 00:04:49,753 --> 00:04:51,630 Claro que non. Para iso veu. 25 00:04:51,714 --> 00:04:53,757 Si, para oír a versión correcta. 26 00:04:54,258 --> 00:04:55,551 Soa escéptica. 27 00:04:56,677 --> 00:04:59,471 Interceptoume o artigo con recursos estatais. 28 00:04:59,555 --> 00:05:00,973 Estou moi escéptica. 29 00:05:01,056 --> 00:05:03,517 Pero era incorrecto, señorita Buranek. 30 00:05:04,018 --> 00:05:05,394 Difamatorio, de feito. 31 00:05:05,978 --> 00:05:07,354 Antes de publicalo, 32 00:05:07,438 --> 00:05:11,400 debería coñecer a cronoloxía exacta dos acontecementos. 33 00:05:11,483 --> 00:05:14,069 Corroborei todo o que sae no artigo. 34 00:05:14,153 --> 00:05:16,822 Teño documentos de Horn, de Pillar... 35 00:05:16,905 --> 00:05:19,283 Non nego que teña os feitos correctos, 36 00:05:19,366 --> 00:05:21,410 pero chega a conclusións erróneas. 37 00:05:22,536 --> 00:05:26,540 No seu artigo fala dunha empresa pantasma, Oberon Analytics, 38 00:05:27,207 --> 00:05:30,419 e implica que eu son a beneficiaria anónima. 39 00:05:31,045 --> 00:05:31,879 Non o son. 40 00:05:32,546 --> 00:05:35,340 Nunca recibín pagos de Horn nin de ninguén. 41 00:05:36,216 --> 00:05:38,844 É moi difícil de crer, tendo en conta 42 00:05:38,927 --> 00:05:41,430 que tódolos implicados recibiron pagos. 43 00:05:41,930 --> 00:05:44,058 Non estou implicada, Buranek. 44 00:05:44,141 --> 00:05:47,978 Só actuei segundo a autoridade que me concedeu o Pentágono. 45 00:05:49,021 --> 00:05:53,484 Probou un medicamento sen licencia en todo un pelotón de SEAL da Armada. 46 00:05:53,567 --> 00:05:54,902 Iniciei o ensaio, 47 00:05:55,611 --> 00:05:59,323 pero non participei na tapadeira nin o fixen para lucrarme. 48 00:06:00,491 --> 00:06:01,492 Entón por que? 49 00:06:02,785 --> 00:06:04,578 Por que probou o RD4895? 50 00:06:05,079 --> 00:06:09,083 As miñas políticas iniciaron a retirada gradual de Iraq e Afganistán, 51 00:06:09,833 --> 00:06:13,837 pero iso implicaba misións máis longas e arduas das forzas especiais. 52 00:06:14,296 --> 00:06:15,464 Máis trauma. 53 00:06:15,547 --> 00:06:20,094 Teño a obriga moral e profesional de solucionar ese problema. 54 00:06:20,177 --> 00:06:23,013 Pero ese permiso urxente é só para emerxencias. 55 00:06:24,348 --> 00:06:27,101 Para evitar mortes inminentes e catastróficas. 56 00:06:27,726 --> 00:06:32,648 Hai unha media de entre 17 e 22 suicidios de excombatentes cada día. 57 00:06:33,732 --> 00:06:36,068 Se engade os suicidios en servizo 58 00:06:36,151 --> 00:06:40,030 é o equivalente a dous 11S ó ano. 59 00:06:40,114 --> 00:06:43,534 A min paréceme unha perda catastrófica. 60 00:06:45,160 --> 00:06:48,288 E tumores cerebrais en todo un pelotón de SEAL... 61 00:06:49,331 --> 00:06:50,916 Parécelle catastrófico? 62 00:06:51,583 --> 00:06:53,961 Pillar enviábame análises periódicas. 63 00:06:54,044 --> 00:06:56,338 Non tiña motivos para cuestionalas. 64 00:06:58,841 --> 00:07:00,968 Entón non sabía o dos tumores. 65 00:07:01,051 --> 00:07:04,805 Non, ata que a vin enfrontándose con Horn en San Francisco. 66 00:07:05,556 --> 00:07:09,601 O que lle berraba non significaba nada para o resto do mundo. 67 00:07:09,685 --> 00:07:11,645 Para min, foi unha revelación. 68 00:07:12,187 --> 00:07:14,523 Cando vin que Horn e o seu séquito 69 00:07:14,606 --> 00:07:17,526 crearon a Espada de Odín como tapadeira, 70 00:07:17,609 --> 00:07:20,571 iniciei unha investigación no DCIS. 71 00:07:22,072 --> 00:07:24,158 Estaba tan cabreada coma vostede. 72 00:07:27,411 --> 00:07:28,370 Ou máis. 73 00:07:31,748 --> 00:07:32,958 Señora secretaria? 74 00:07:34,042 --> 00:07:37,838 Debo escoltala á sala privada para a chamada co Estado Maior. 75 00:07:38,547 --> 00:07:39,590 Grazas. 76 00:07:41,925 --> 00:07:43,427 Seguiremos máis tarde. 77 00:07:44,219 --> 00:07:46,930 Mentres tanto, pode instalarse na ala leste, 78 00:07:47,014 --> 00:07:48,891 a poder ser lonxe das ventás. 79 00:07:50,100 --> 00:07:53,312 Ou pode decidir publicar o que lle contei, porque... 80 00:07:55,397 --> 00:07:56,565 é a verdade. 81 00:08:54,539 --> 00:08:56,208 Bloqueos e controis? 82 00:08:57,501 --> 00:08:59,211 Os dos Ánxeles si que saben. 83 00:09:00,212 --> 00:09:02,464 Os Howard identificaron a Ben Edwards. 84 00:09:02,965 --> 00:09:05,509 Si, vixiámolo. Compañeiros de adestramento. 85 00:09:06,635 --> 00:09:08,887 O tipo é da CIA. División Especial. 86 00:09:09,554 --> 00:09:11,974 Era unha pantasma, ata agora. 87 00:09:12,683 --> 00:09:14,142 Hartley pasa do CID. 88 00:09:14,726 --> 00:09:18,981 Retírase con gardas de Talos e deixa que Reece a siga sen supervisión. 89 00:09:20,607 --> 00:09:21,858 Quere matalo. 90 00:09:22,776 --> 00:09:24,611 E logo dará a súa versión. 91 00:09:24,695 --> 00:09:26,822 Polo menos acabará todo, non? 92 00:09:28,824 --> 00:09:30,575 Si, pero non como queriamos. 93 00:09:36,415 --> 00:09:39,459 Ó marchar de Quantico puiden facer o que quixese. 94 00:09:40,043 --> 00:09:43,171 Elixín Fuxitivos porque me gustaba a simplicidade. 95 00:09:43,255 --> 00:09:46,091 Non hai que demostrar os motivos, só atrapalos. 96 00:09:46,174 --> 00:09:47,884 Se foxe, é culpable. 97 00:09:51,972 --> 00:09:54,599 Pero creo que esta vez perseguimos a vítima. 98 00:09:55,600 --> 00:09:58,312 E os culpables son os que persegue Reece. 99 00:09:58,937 --> 00:09:59,938 Como? 100 00:10:00,856 --> 00:10:03,442 Agora estamos de parte de Reece, logo? 101 00:10:04,776 --> 00:10:05,610 Non. 102 00:10:07,112 --> 00:10:08,238 Collémolos a todos. 103 00:10:09,406 --> 00:10:12,492 Collemos? Estamos na neveira, xefe. 104 00:10:13,785 --> 00:10:14,995 Fixen chamadas. 105 00:10:16,538 --> 00:10:18,832 Hai máis xente que o quere intentar. 106 00:10:20,834 --> 00:10:23,378 Apetéceche foder a túa carreira por isto? 107 00:10:33,263 --> 00:10:38,060 Unha axuda para a túa investigación. Son un libro aberto. LORRAINE 108 00:10:42,314 --> 00:10:45,984 EXTRACTO BANCARIO 109 00:10:54,743 --> 00:10:57,662 CON HARTLEY. SABE QUE VÉS. PARA, NECESITO TEMPO. 110 00:10:57,746 --> 00:11:00,957 TALVEZ NON TEÑA A HISTORIA COMPLETA. 111 00:11:31,405 --> 00:11:34,074 Agora mesmo non podo con esta música. 112 00:11:34,157 --> 00:11:36,493 Non "podes" con ela? Vale. 113 00:11:39,996 --> 00:11:40,997 De acordo. 114 00:11:41,623 --> 00:11:42,582 E esta? 115 00:11:46,420 --> 00:11:47,671 Moito mellor. 116 00:11:49,965 --> 00:11:51,216 Que bo é este tema. 117 00:11:56,888 --> 00:11:58,849 Engáname a vista? 118 00:12:00,767 --> 00:12:01,977 Acabas de sorrir? 119 00:12:02,686 --> 00:12:05,397 Creo que te vira sorrindo algunha vez, pero... 120 00:12:06,773 --> 00:12:10,110 Por un intre, pensei que os dous perderamos a memoria. 121 00:12:17,868 --> 00:12:18,869 Quen é? 122 00:12:19,786 --> 00:12:21,121 A reporteira. 123 00:12:23,582 --> 00:12:24,791 Está na illa. 124 00:12:25,792 --> 00:12:27,377 Claro que si. 125 00:12:28,920 --> 00:12:31,590 Agora a secretaria ten un puto escudo humano. 126 00:12:32,924 --> 00:12:34,676 Cando nos botamos á auga? 127 00:12:37,179 --> 00:12:38,472 En dúas, tres horas. 128 00:12:40,348 --> 00:12:44,019 A pregunta é se nos estará esperando o barco. 129 00:12:44,102 --> 00:12:46,229 Dixo que ía estar, así que estará. 130 00:12:48,982 --> 00:12:49,983 Dubídoo. 131 00:12:51,067 --> 00:12:52,319 Raife Hastings. 132 00:12:53,445 --> 00:12:56,740 Podería vivir mil anos e seguiría sen entender 133 00:12:56,823 --> 00:12:58,783 como confías nese fillo de puta. 134 00:13:01,786 --> 00:13:03,788 Tamén confío en ti, non? 135 00:13:13,298 --> 00:13:14,299 Ben. 136 00:13:16,176 --> 00:13:17,511 Hostia! 137 00:13:19,387 --> 00:13:20,514 Merda. 138 00:13:35,111 --> 00:13:36,988 Coches: tres ou catro Chargers. 139 00:13:38,198 --> 00:13:40,242 Un par de Tahoes. Un par de motos. 140 00:13:40,742 --> 00:13:43,036 E oito polis. 141 00:13:45,705 --> 00:13:47,415 Non poderemos escapar. 142 00:13:49,000 --> 00:13:51,920 Tampouco poderemos matalos a tiros, hostia. 143 00:13:52,003 --> 00:13:53,088 Non temos saída. 144 00:13:54,506 --> 00:13:55,715 Ninguén nos cobre. 145 00:13:57,759 --> 00:13:58,802 Estou contigo. 146 00:14:00,679 --> 00:14:03,431 Pasaremos. Non queda outra. 147 00:14:13,316 --> 00:14:15,485 Bo día, axente. Que tal está? 148 00:14:16,403 --> 00:14:17,946 Carné, por favor. 149 00:14:18,488 --> 00:14:19,906 Si, claro. 150 00:14:22,826 --> 00:14:25,954 Onde o teño? Un segundo. 151 00:14:33,837 --> 00:14:35,714 Cara a onde vai, señor Adams? 152 00:14:35,797 --> 00:14:37,799 A Pacific City, señor. 153 00:14:38,383 --> 00:14:42,512 Seica veñen unhas ondas do norte co meu nome escrito. 154 00:14:51,229 --> 00:14:53,690 Podemos facer unha inspección rutineira? 155 00:15:03,783 --> 00:15:04,868 É toda súa. 156 00:15:13,668 --> 00:15:14,669 Bo día. 157 00:15:17,797 --> 00:15:19,633 Vive no vehículo, señor? 158 00:15:20,216 --> 00:15:23,428 De cando en vez, señora. Sigo as ondas. 159 00:15:23,970 --> 00:15:26,723 Identificación. California. 160 00:15:26,806 --> 00:15:30,810 India-8-8-8-4-2-1-0. 161 00:16:10,433 --> 00:16:13,728 Señor, xa sei o que pasa. 162 00:16:16,147 --> 00:16:19,818 Vin a alerta no móbil polo camiño. 163 00:16:20,694 --> 00:16:24,114 Quero dicir, quen rapta desa maneira unha pobre velliña? 164 00:16:24,197 --> 00:16:28,576 Que vai facer? Calcetarlles xerseis a todos e... 165 00:16:28,660 --> 00:16:32,372 Señor Adams, podemos seguir en silencio? 166 00:16:35,041 --> 00:16:36,209 Claro. 167 00:16:37,377 --> 00:16:39,587 7-Lincoln-4-2. 168 00:16:40,088 --> 00:16:42,424 Non hai coincidencias. Pode confirmalo? 169 00:16:42,924 --> 00:16:46,761 Apelido: Adams. Nome: Shane. Varón. Branco. 170 00:16:47,637 --> 00:16:51,141 Data de nacemento: 07-22-1984. 171 00:16:56,479 --> 00:16:59,232 7-Lincoln-4-2. Comprobación correcta. 172 00:16:59,315 --> 00:17:02,444 Non hai orde de captura para Adams, Shane. 173 00:17:03,278 --> 00:17:05,488 7-L-4-2, recibido. 174 00:17:06,740 --> 00:17:09,325 Identificación correcta. Vehículo despexado? 175 00:17:17,041 --> 00:17:18,168 Despexado. 176 00:17:32,849 --> 00:17:33,975 Que teña un bo día. 177 00:17:35,143 --> 00:17:36,186 Vaia con coidado. 178 00:17:39,731 --> 00:17:42,567 B-2-3-X-7-9-7, correcto. 179 00:17:42,650 --> 00:17:45,320 Non hai orde de busca, pode proseguir. 180 00:17:46,154 --> 00:17:48,156 Adiante, correcto. Pode pasar. 181 00:17:49,115 --> 00:17:50,533 Adiante. Correcto. 182 00:18:03,755 --> 00:18:05,924 Foron útiles as miñas contas? 183 00:18:06,674 --> 00:18:09,093 Como secretaria, publícoas cada ano. 184 00:18:09,177 --> 00:18:11,638 Sería difícil agochar 20 millóns. 185 00:18:12,472 --> 00:18:14,098 Difícil, non imposible. 186 00:18:14,182 --> 00:18:16,976 Quero ver a folla de ruta da Espada de Odín. 187 00:18:17,769 --> 00:18:20,438 Farei que lla envíen. Algo máis? 188 00:18:21,231 --> 00:18:23,107 Non rematamos a entrevista. 189 00:18:28,530 --> 00:18:31,866 Ata que punto coñece a vida do meu pai? 190 00:18:31,950 --> 00:18:33,618 Lin a súa biografía. 191 00:18:34,369 --> 00:18:38,873 Sei que fixo cartos coa madeira. Logo serviu en Corea e Vietnam. 192 00:18:39,916 --> 00:18:41,584 Coñezo os seus problemas. 193 00:18:42,544 --> 00:18:44,796 Alcoholismo, episodios psicóticos. 194 00:18:47,382 --> 00:18:48,925 E sei que se suicidou. 195 00:18:50,718 --> 00:18:54,973 De nena, tocábame cancións no ukelele nesta mesma sala. 196 00:18:56,349 --> 00:19:00,186 Non atinaba unha soa nota, pero era feliz. 197 00:19:02,021 --> 00:19:04,148 Trala guerra, ese home morreu. 198 00:19:05,024 --> 00:19:07,819 Con respecto, pero creo que se desvía do tema. 199 00:19:08,278 --> 00:19:12,699 Non fai falla vivir en persoa o TEPT para crer que é bo curalo. 200 00:19:13,449 --> 00:19:15,076 Supoño que non. 201 00:19:15,451 --> 00:19:18,496 Pero protexer a túa nai do teu pai con 12 anos 202 00:19:18,580 --> 00:19:21,082 ou atopar o teu pai morto no ático... 203 00:19:21,708 --> 00:19:23,293 Bótalle leña ó lume. 204 00:19:25,962 --> 00:19:28,923 Síntoo, pero a pregunta que me interesa 205 00:19:29,007 --> 00:19:31,843 é se se debería probar ou non un medicamento novo 206 00:19:31,926 --> 00:19:34,846 nas tropas sen o seu coñecemento ou consentimento. 207 00:19:34,929 --> 00:19:39,350 A investigación de traumas é máis eficaz con ensaios anónimos. 208 00:19:40,685 --> 00:19:43,771 Non foi unha elección persoal, senón científica. 209 00:19:44,355 --> 00:19:46,858 Por que non publicalo trala Espada de Odín? 210 00:19:46,941 --> 00:19:49,235 Estouno publicando. Xusto agora. 211 00:19:49,319 --> 00:19:52,071 Poderíase dicir que quere controlar a versión. 212 00:19:52,155 --> 00:19:56,075 Culpa os falecidos porque non poden contradicila. 213 00:19:56,159 --> 00:20:00,288 Xulgaranme con dureza por autorizar o RD4895? 214 00:20:00,705 --> 00:20:01,998 Algúns, talvez. 215 00:20:02,498 --> 00:20:05,376 Pero creo que outros entenderán a miña decisión. 216 00:20:07,587 --> 00:20:09,297 Entenderaa James Reece? 217 00:20:13,676 --> 00:20:16,137 As dúas coñecemos esa resposta. 218 00:20:17,347 --> 00:20:19,682 Culparíao polo que fixo? 219 00:20:21,267 --> 00:20:23,770 Estiven na sala de guerra na operación. 220 00:20:24,896 --> 00:20:29,567 Escoitei como morrían os seus homes nos túneles sen poder evitalo. 221 00:20:29,651 --> 00:20:32,612 E despois perdeu a muller, a filla... 222 00:20:36,532 --> 00:20:38,409 Di que o apoia, 223 00:20:38,493 --> 00:20:42,664 pero ten contratistas militares privados fortificándolle a casa. 224 00:20:42,747 --> 00:20:47,126 Reece vai vir, señorita Buranek. Non teño máis remedio que defenderme. 225 00:20:48,461 --> 00:20:50,129 Iso faime ser unha criminal? 226 00:20:51,214 --> 00:20:52,465 Faime humana. 227 00:21:15,321 --> 00:21:17,198 Si que veu o moi cabrón. 228 00:21:27,041 --> 00:21:28,001 Hostia. 229 00:21:32,964 --> 00:21:38,052 ASÍ ESTAMOS EN PAZ. SE O CONSEGUES, SABES ONDE IR. R 230 00:21:38,344 --> 00:21:39,345 Demo. 231 00:21:41,764 --> 00:21:43,349 Raife chegou con todo. 232 00:21:46,144 --> 00:21:47,478 Que di a nota? 233 00:21:48,479 --> 00:21:49,981 Deséxanos boa sorte. 234 00:22:28,061 --> 00:22:30,521 Pensei que iamos pasar desapercibidos. 235 00:22:30,605 --> 00:22:33,816 Iranos mellor de noite. Vexo que te amañaches, Mac. 236 00:22:33,900 --> 00:22:34,901 Layun. 237 00:22:34,984 --> 00:22:36,235 Debémosvos unha. 238 00:22:36,819 --> 00:22:38,988 Levo máis de dez anos neste oficio 239 00:22:39,072 --> 00:22:42,909 e o home que perdemos mata un almirante? Non nos debedes nada. 240 00:22:43,451 --> 00:22:44,994 Lévovos as maletas? 241 00:22:45,703 --> 00:22:46,913 Xa estades ó tanto? 242 00:22:47,705 --> 00:22:49,832 A súa muller é procuradora federal. 243 00:22:49,916 --> 00:22:53,503 - Tee, como dixo? Apre... - Circunstancias apremantes. 244 00:22:54,170 --> 00:22:57,131 Se estamos na zona facendo manobras e pasa algo, 245 00:22:57,215 --> 00:22:59,300 temos a obriga de interceder. 246 00:22:59,383 --> 00:23:01,177 Espero que non vos mareedes. 247 00:23:43,594 --> 00:23:47,098 PROBAS SECRETAS E PAGOS DE ACCIÓNS: HARTLEY CONTRA REECE 248 00:24:21,174 --> 00:24:22,967 Reece, escóitame. 249 00:24:23,050 --> 00:24:26,304 Contei 15 putos gardas de Talos no exterior. 250 00:24:26,387 --> 00:24:28,556 - Infiltrareime contigo. - Ben. 251 00:24:29,974 --> 00:24:31,601 Ti quedas co calibre 50. 252 00:24:31,684 --> 00:24:33,477 Queda no barco. 253 00:24:33,561 --> 00:24:37,190 Cúbreme dende o faro. Sigue o plan. Vai funcionar. 254 00:24:38,441 --> 00:24:40,401 Temos máis opcións, meu. 255 00:24:41,402 --> 00:24:44,071 Dámos a volta, agora mesmo. 256 00:24:45,114 --> 00:24:46,574 Volvemos atrás. 257 00:24:47,909 --> 00:24:51,412 A reporteira ten o artigo. Hartley non vai marchar. 258 00:24:54,832 --> 00:24:57,001 Buscamos esa praia en Perú, irmán. 259 00:24:57,627 --> 00:24:59,837 Abrimos unhas cervexas e... 260 00:25:00,880 --> 00:25:02,715 Vemos onde nos leva a marea. 261 00:25:04,508 --> 00:25:07,261 E espero que me estoupe a bomba da cabeza? 262 00:25:10,389 --> 00:25:11,891 Non vai acabar así. 263 00:25:19,815 --> 00:25:20,816 Escoita. 264 00:25:25,279 --> 00:25:26,864 Non tes que morrer só. 265 00:25:29,951 --> 00:25:31,160 Non estou só. 266 00:26:27,133 --> 00:26:28,050 Señora. 267 00:26:29,093 --> 00:26:30,094 Marcha? 268 00:26:30,678 --> 00:26:33,055 Si, se quero coller o último barco. 269 00:26:33,139 --> 00:26:35,099 Sempre pode irse pola mañá. 270 00:26:35,182 --> 00:26:36,976 Non quero quedar máis aquí. 271 00:26:42,940 --> 00:26:47,153 O LEGADO DE HARTLEY E A SÚA GUERRA A FAVOR DOS SOLDADOS ESPECIAIS 272 00:26:49,071 --> 00:26:50,990 Alégrame que cambiara o artigo. 273 00:26:52,241 --> 00:26:56,454 Podo recomendala. 32 anos de escrutinio público teñen vantaxes. 274 00:26:57,204 --> 00:26:59,081 Sería útil. Grazas. 275 00:26:59,582 --> 00:27:00,958 Agora chamo un coche. 276 00:27:01,042 --> 00:27:02,710 Unha última cousa. 277 00:27:02,793 --> 00:27:06,380 Só quero corroborar que entendín ben a cronoloxía. 278 00:27:08,382 --> 00:27:10,176 - O que sexa. - Grazas. 279 00:27:19,018 --> 00:27:20,061 Vale. 280 00:27:20,519 --> 00:27:24,065 Vale, segundo a folla de ruta da Espada de Odín, 281 00:27:24,148 --> 00:27:27,401 entrou na sala de guerra coa misión en marcha? 282 00:27:28,027 --> 00:27:29,445 Correcto. 283 00:27:29,528 --> 00:27:34,617 Creo que o reloxo indicou que estivemos alí uns 22 minutos. 284 00:27:38,829 --> 00:27:40,289 21:12 exactamente. 285 00:27:40,373 --> 00:27:44,001 E canto tempo pasou antes de que perderan a comunicación? 286 00:27:44,085 --> 00:27:46,128 Está na folla, non? 287 00:27:47,213 --> 00:27:49,548 9:21 minutos. 288 00:27:53,260 --> 00:27:58,182 E nese tempo non notou nada raro no almirante Pillar? 289 00:27:59,225 --> 00:28:02,478 Nada raro nos informes de intelixencia que tiña diante? 290 00:28:03,479 --> 00:28:05,606 Non, nada fóra do común. 291 00:28:06,440 --> 00:28:10,528 Non ata que o pelotón Alfa atopou os explosivos ós 30:33 minutos. 292 00:28:10,611 --> 00:28:11,904 Correcto. 293 00:28:11,987 --> 00:28:16,242 Moi ben. E lembra cando iniciou exactamente a reforma do orzamento 294 00:28:16,325 --> 00:28:18,119 e a investigación co DCIS? 295 00:28:18,953 --> 00:28:22,748 Pedirei eses datos á miña oficina e ó axente Azad. 296 00:28:22,832 --> 00:28:25,793 Foi antes ou despois da morte de Steve Horn? 297 00:28:25,876 --> 00:28:27,795 Perdoe, iso é relevante? 298 00:28:27,878 --> 00:28:32,174 Só intento entender "a cronoloxía exacta dos acontecementos". 299 00:28:58,159 --> 00:29:02,455 Verá, o tema é que me contou dúas historias, señora secretaria. 300 00:29:03,456 --> 00:29:08,752 Na primeira, tomou unha decisión. Cuestionable, pero xustificable, 301 00:29:09,295 --> 00:29:12,756 para resolver a crise de saúde mental do noso exército, 302 00:29:12,840 --> 00:29:15,426 pero confiou nas persoas equivocadas. 303 00:29:16,051 --> 00:29:17,720 Horn e Pillar, 304 00:29:17,803 --> 00:29:19,972 que lle mentiron sobre o experimento 305 00:29:20,055 --> 00:29:24,101 e cometeron crimes para protexer os seus beneficios. 306 00:29:24,185 --> 00:29:25,478 Vou ben ata agora? 307 00:29:26,395 --> 00:29:29,565 Na outra versión, deuse conta do que fixeron 308 00:29:29,648 --> 00:29:33,194 e tomou medidas para limitar o acceso ó seu departamento. 309 00:29:34,278 --> 00:29:38,073 Iniciou unha investigación criminal porque quería asegurarse 310 00:29:38,157 --> 00:29:40,493 de que todos fosen responsables. 311 00:29:40,910 --> 00:29:44,079 Di que son dúas historias, pero son a mesma. 312 00:29:44,163 --> 00:29:46,415 Non. Non poden ser a mesma historia. 313 00:29:46,499 --> 00:29:50,669 Na primeira historia, non sospeitaba nada malo do RD4895 314 00:29:50,753 --> 00:29:55,341 ata verme berrándolle a Horn en San Francisco, pero na segunda, 315 00:29:55,424 --> 00:29:58,010 tomou medidas para castigar a Horn e Pillar. 316 00:29:58,093 --> 00:30:01,680 E tomounas, segundo os rexistros, antes de San Francisco. 317 00:30:01,764 --> 00:30:03,474 Ve a contradición? 318 00:30:04,934 --> 00:30:09,021 Como pode culpar a ninguén se non sabía que cometían un crime? 319 00:30:09,104 --> 00:30:11,524 E nesa sala aínda non sabía 320 00:30:11,607 --> 00:30:14,527 que Reece e o pelotón morrerían na Espada de Odín. 321 00:30:20,908 --> 00:30:22,952 Pillar dixérame... 322 00:30:23,035 --> 00:30:27,248 Explicárame que había complicacións co pelotón Alfa. 323 00:30:27,331 --> 00:30:29,250 Entón coñecía a súa enfermidade? 324 00:30:30,000 --> 00:30:33,462 Sabía que había desenvolvementos desfavorables. 325 00:30:34,255 --> 00:30:37,591 Migrañas, perda de memoria. Si, bastante desfavorables. 326 00:30:37,675 --> 00:30:41,512 Pero o almirante Pillar aseguroume que resolverían eses problemas. 327 00:30:41,595 --> 00:30:43,722 A que se refería con "resolver"? 328 00:30:44,265 --> 00:30:46,600 Asumín que a atención médica. 329 00:30:47,685 --> 00:30:53,065 Perdoe. Eludiu a normativa da FDA para probar medicamentos nos SEAL, 330 00:30:53,148 --> 00:30:56,777 e cando enfermaron, nin sequera preguntou cal era o plan? 331 00:30:56,860 --> 00:31:00,030 Nunca imaxinei que Horn e Pillar farían o que fixeron. 332 00:31:00,114 --> 00:31:01,824 Díxome, e cito: 333 00:31:01,907 --> 00:31:06,787 "Escoitei como morrían os homes de Reece nos túneles, 334 00:31:06,870 --> 00:31:09,373 sen poder evitalo". Por que non? 335 00:31:09,456 --> 00:31:10,332 Comunicación. 336 00:31:10,416 --> 00:31:12,876 A comunicación fallou. Pero dixo 337 00:31:12,960 --> 00:31:16,088 que tivo 9:21 minutos de comunicación aberta 338 00:31:16,171 --> 00:31:18,215 antes de perdela co pelotón Alfa. 339 00:31:18,299 --> 00:31:19,383 Non daba tempo... 340 00:31:19,466 --> 00:31:21,969 Canto tempo tarda en dicir "aborten"? 341 00:31:25,264 --> 00:31:27,766 A verdade é, señora secretaria, 342 00:31:28,392 --> 00:31:31,353 que durante 9:21 minutos 343 00:31:31,437 --> 00:31:35,774 sopesou as consecuencias de admitir que autorizara un experimento 344 00:31:35,858 --> 00:31:38,652 que deixou 14 homes con tumores cerebrais. 345 00:31:39,612 --> 00:31:42,364 Durante 9:21 minutos 346 00:31:42,448 --> 00:31:44,825 comparou as súas necesidades egoístas 347 00:31:44,908 --> 00:31:48,537 e o seu legado co valor das vidas deses homes. 348 00:31:48,621 --> 00:31:52,041 Elixiu seguir en silencio e deixar morrer eses homes! 349 00:31:52,124 --> 00:31:54,376 Eses homes non só morreron! 350 00:31:55,419 --> 00:31:56,962 Salvaron vidas! 351 00:32:09,266 --> 00:32:13,354 O problema no seu artigo é que actúa coma se os nosos soldados, 352 00:32:13,437 --> 00:32:17,316 homes que entenden a natureza do sacrificio persoal, 353 00:32:17,900 --> 00:32:19,610 actúa coma se fosen vítimas. 354 00:32:20,277 --> 00:32:22,696 Non tal! Son heroes. 355 00:32:23,864 --> 00:32:24,990 Catorce vidas? 356 00:32:25,616 --> 00:32:28,702 As miñas políticas salvan 40 homes e mulleres ó día. 357 00:32:28,786 --> 00:32:31,705 E cando saia o RD4896, que o fará algún día, 358 00:32:31,789 --> 00:32:34,875 ese número será maior. Así que si! Gardei silencio, 359 00:32:34,958 --> 00:32:37,920 porque estaba disposta a facer ese sacrificio. 360 00:32:38,003 --> 00:32:41,256 E se lle pedise a James Reece que dese a vida 361 00:32:41,340 --> 00:32:43,676 para salvar os seus homes do trauma, 362 00:32:44,134 --> 00:32:47,221 tamén faría ese sacrificio sen pensalo. 363 00:32:47,596 --> 00:32:50,641 Pero non llo pediu, verdade? 364 00:32:53,686 --> 00:32:56,522 Admite que deixou morrer o pelotón Alfa. 365 00:33:02,778 --> 00:33:05,906 Iso é asasinato, non importa se lle pagaron. 366 00:33:40,566 --> 00:33:41,859 Cando digas, irmán. 367 00:33:44,737 --> 00:33:46,780 Estou en posición. Dispara. 368 00:33:48,615 --> 00:33:51,243 Non publicará ese artigo, señorita Buranek. 369 00:33:51,326 --> 00:33:56,457 Se o fai, o sacrificio deses homes será en balde. 370 00:33:57,666 --> 00:33:58,792 Estou listo. 371 00:33:58,876 --> 00:34:02,212 Non a deixarei medrar á custa das súas mortes. 372 00:34:03,338 --> 00:34:04,339 En tres... 373 00:34:07,676 --> 00:34:08,552 Dous... 374 00:34:12,055 --> 00:34:13,015 Un. 375 00:34:20,522 --> 00:34:21,523 Hostia puta! 376 00:34:23,525 --> 00:34:24,860 Adiante! 377 00:34:31,241 --> 00:34:33,243 Señora, temos que trasladala xa. 378 00:34:33,327 --> 00:34:34,995 Vale. Sigan co plan. 379 00:34:35,704 --> 00:34:36,705 Acompáñeme. 380 00:34:38,040 --> 00:34:40,417 Por aquí. Atento. Con coidado. 381 00:34:40,501 --> 00:34:41,376 Recibido. 382 00:34:41,460 --> 00:34:42,294 Móvome. 383 00:34:57,518 --> 00:34:59,436 Hai fogo pola aleta de estribor! 384 00:35:00,020 --> 00:35:04,274 Cando arribemos á costa, vas con Lowe ata ese maldito faro! 385 00:35:04,358 --> 00:35:06,735 - Quero ese francotirador. - Si, señor! 386 00:35:26,088 --> 00:35:27,464 Ben. Balcón. 387 00:35:27,548 --> 00:35:28,507 Vou. 388 00:35:32,219 --> 00:35:33,303 Despexado. 389 00:35:58,537 --> 00:36:00,539 Espalládevos pola praia. 390 00:36:02,207 --> 00:36:03,041 Cona! 391 00:36:03,458 --> 00:36:06,795 Acaba de chegar o FBI. Aborta xa. 392 00:36:06,879 --> 00:36:07,963 Recíbesme? 393 00:36:10,215 --> 00:36:11,300 Que carallo? 394 00:36:11,383 --> 00:36:14,928 Hai doce descoñecidos armados achegándose pola costa oeste. 395 00:36:23,896 --> 00:36:25,272 Repregamos. 396 00:36:27,816 --> 00:36:30,569 FBI! Abaixo! 397 00:36:34,781 --> 00:36:36,116 Reece. Veña, colega. 398 00:36:39,244 --> 00:36:41,079 Vereite no alén, Ben. 399 00:36:43,790 --> 00:36:44,791 Cona! 400 00:36:49,504 --> 00:36:50,505 Vale. 401 00:36:52,966 --> 00:36:56,178 Somos axentes federais, hostia! Alto o fogo! 402 00:36:57,262 --> 00:36:58,263 Alto o fogo! 403 00:37:01,725 --> 00:37:02,935 Non somos inimigos. 404 00:37:08,982 --> 00:37:12,444 Esta propiedade é agora da Unidade de Reféns. 405 00:37:12,527 --> 00:37:14,488 Baixe a arma. 406 00:37:14,571 --> 00:37:15,739 E a secretaria? 407 00:37:15,822 --> 00:37:17,616 Segundo piso, nordeste. 408 00:37:17,699 --> 00:37:20,118 Nunha sala segura con escolta. 409 00:37:20,202 --> 00:37:21,453 E James Reece? 410 00:37:29,211 --> 00:37:30,337 Seguídeme. Adiante. 411 00:37:44,935 --> 00:37:47,854 Merda. Caeu un garda! Caeu un! 412 00:37:55,112 --> 00:37:56,196 Dentro! 413 00:38:23,890 --> 00:38:26,226 - Hai fume na esquina. - Recibido. 414 00:38:26,309 --> 00:38:27,519 Manteñan posicións. 415 00:38:36,987 --> 00:38:38,530 Teñen que saír. 416 00:38:39,573 --> 00:38:41,450 Chegou o FBI. Hai que resistir. 417 00:38:41,533 --> 00:38:43,744 Non esperaremos. Vaian! 418 00:38:46,747 --> 00:38:48,582 Si, señora. Está controlado. 419 00:40:30,142 --> 00:40:31,184 Ábrea. 420 00:40:32,310 --> 00:40:33,311 Ábrea! 421 00:40:52,372 --> 00:40:53,623 Reece, para! Para! 422 00:40:54,583 --> 00:40:55,584 Aparta. 423 00:40:55,667 --> 00:40:57,127 Ela non levou os cartos. 424 00:40:57,210 --> 00:41:02,090 A última conta, Oberon Analytics, é doutra persoa da Axencia. 425 00:41:02,632 --> 00:41:04,885 Alguén que organizou a Espada de Odín. 426 00:41:04,968 --> 00:41:08,471 Nunca quixen facerlle dano, capitán, xúrollo. 427 00:41:09,014 --> 00:41:10,348 Quería axudarlle. 428 00:41:11,308 --> 00:41:13,768 Non importa. Prendeu a mecha. 429 00:41:14,895 --> 00:41:16,354 Prendeu a mecha. 430 00:41:23,820 --> 00:41:24,821 Reece. 431 00:41:37,042 --> 00:41:38,126 Reece! 432 00:41:42,464 --> 00:41:45,133 A túa filla debuxouche isto, verdade? 433 00:41:45,926 --> 00:41:47,385 Mírao, mira. 434 00:41:48,094 --> 00:41:50,680 Cando te miraba, vía isto. 435 00:41:59,814 --> 00:42:01,191 Aínda podes ser isto. 436 00:42:06,321 --> 00:42:07,781 Déixama a min, é miña. 437 00:42:07,864 --> 00:42:09,824 Téñoa, hostia. Téñoa gravada. 438 00:42:09,908 --> 00:42:13,286 Todo o mundo saberá que foi unha puta deshonra. 439 00:42:13,370 --> 00:42:17,624 O seu único legado será a vergoña, pero se a matas, será o asasinato. 440 00:42:21,086 --> 00:42:23,630 Estamos no faro. Sen sinais do tirador. 441 00:42:23,713 --> 00:42:26,383 Tee, cura os feridos. Mac, Smitty, comigo. 442 00:42:26,466 --> 00:42:28,260 - Imos ó interior. - Recibido. 443 00:42:28,843 --> 00:42:30,637 Vai ó leste, eu cubro o oeste. 444 00:42:39,980 --> 00:42:41,398 Reece. Non fagas isto. 445 00:42:46,653 --> 00:42:48,905 Non. Non está no teu mundo. 446 00:42:53,952 --> 00:42:55,537 Está no campo de batalla. 447 00:43:05,338 --> 00:43:06,256 Non! 448 00:43:21,688 --> 00:43:23,481 Imos á sala segura de Hartley. 449 00:44:05,690 --> 00:44:06,691 Reece! 450 00:44:11,529 --> 00:44:12,906 Baixe a arma. 451 00:44:35,720 --> 00:44:36,721 Reece... 452 00:44:42,268 --> 00:44:43,269 Reece! 453 00:44:45,397 --> 00:44:46,856 Non me faga dispararlle. 454 00:44:56,616 --> 00:44:58,118 Xa estou morto. 455 00:45:00,703 --> 00:45:03,623 Tony, temos un problema na sala segura. 456 00:45:03,706 --> 00:45:06,793 A reporteira está viva, pero Hartley suicidouse. 457 00:45:08,545 --> 00:45:09,712 Recíbesme? 458 00:45:13,800 --> 00:45:15,760 Tony, podes ver a Reece? 459 00:45:23,059 --> 00:45:24,060 Negativo. 460 00:45:52,881 --> 00:45:56,801 TRES SEMANAS DESPOIS 461 00:45:56,885 --> 00:46:00,847 REFORMA RADICAL NO PENTÁGONO CONGRESO INVESTIGA CONTRATOS MILITARES 462 00:46:06,019 --> 00:46:07,896 VERDADE E CONSECUENCIA 463 00:46:07,979 --> 00:46:09,439 Pentágono traizoa Reece. 464 00:46:09,522 --> 00:46:12,692 O que pasou logo fixo tremer o país. 465 00:46:15,153 --> 00:46:19,199 Oberon Analytics 466 00:46:24,454 --> 00:46:28,416 Mensaxe de Reece 467 00:46:28,500 --> 00:46:34,506 TIÑAS RAZÓN. O TEU ARTIGO FIXO BEN. 468 00:46:36,966 --> 00:46:40,512 E A PREGUNTA FINAL? 469 00:46:45,808 --> 00:46:51,814 OBERON ANALYTICS OPERA MEDIANTE UN BANCO DE PERÚ 470 00:47:01,658 --> 00:47:05,703 GRAZAS. AGORA DEIXA DE BUSCARME. 471 00:47:08,081 --> 00:47:11,793 ISO NON VAI PASAR NUNCA 472 00:47:18,925 --> 00:47:21,886 SEGUE A BUSCA DE REECE CAPITÁN PODE TER FALECIDO 473 00:47:37,527 --> 00:47:43,533 MÁNCORA, PERÚ 474 00:49:00,026 --> 00:49:01,944 Esperaba verte de novo. 475 00:49:03,613 --> 00:49:04,947 Oberon Analytics. 476 00:49:07,700 --> 00:49:10,203 Non incluíches esa empresa na lista. 477 00:49:14,207 --> 00:49:15,625 Pillar intentou dicirmo. 478 00:49:17,543 --> 00:49:21,047 Dixo que tiña un nome que ofrecer. Asumín que era Hartley. 479 00:49:24,884 --> 00:49:27,637 Fuches ti, Ben. 480 00:49:29,222 --> 00:49:31,182 Fuches ti, hostia. 481 00:49:33,518 --> 00:49:34,936 Coñecías a miña fonte. 482 00:49:37,730 --> 00:49:40,358 Pasaches mala información ás Forzas Sirias. 483 00:49:40,441 --> 00:49:43,695 Tiñas a posición perfecta para montar a Espada de Odín. 484 00:49:48,157 --> 00:49:49,784 Quero que mo digas ti. 485 00:49:53,538 --> 00:49:54,706 O almirante xurou 486 00:49:56,791 --> 00:49:58,167 que xa estabas morto. 487 00:49:59,711 --> 00:50:01,671 Dixo que todos tiñades tumores. 488 00:50:03,131 --> 00:50:07,093 E pensei que era mellor morrerdes coas putas botas postas, 489 00:50:09,387 --> 00:50:12,181 que nunha cama de hospital. 490 00:50:19,147 --> 00:50:21,607 Fixéchelo por nós ou polos 20 millóns? 491 00:50:25,153 --> 00:50:26,237 Talvez as dúas... 492 00:50:30,408 --> 00:50:31,617 Ó principio. 493 00:50:33,244 --> 00:50:36,372 Non gastei un puto can. Non podo. 494 00:50:39,208 --> 00:50:40,585 Pero tes que saber... 495 00:50:43,546 --> 00:50:45,339 Necesito que saibas... 496 00:50:47,550 --> 00:50:49,844 que xa non se pode cambiar. 497 00:50:58,102 --> 00:50:59,729 Lauren e Luce... 498 00:51:04,984 --> 00:51:06,694 Non tiven nada que ver. 499 00:51:10,531 --> 00:51:11,824 Cando o souben, 500 00:51:12,533 --> 00:51:15,495 quixen queimar o puto mundo enteiro, irmán. 501 00:51:20,166 --> 00:51:24,045 Estiven contigo a cada paso, 502 00:51:27,006 --> 00:51:30,718 sacando do medio a tódolos fillos de puta que as levaron. 503 00:51:31,636 --> 00:51:33,095 Esa é a verdade. 504 00:51:36,098 --> 00:51:37,433 É a verdade. 505 00:51:41,521 --> 00:51:42,522 Seino. 506 00:51:44,482 --> 00:51:45,691 Síntoo. 507 00:51:48,986 --> 00:51:49,987 Seino, Ben. 508 00:51:53,866 --> 00:51:54,700 Eu... 509 00:51:57,119 --> 00:51:58,496 Teño nova tatuaxe. 510 00:52:02,542 --> 00:52:06,587 Non sabía se era por ti ou por min. 511 00:52:12,468 --> 00:52:13,553 Agora xa o sei. 512 00:52:16,472 --> 00:52:17,515 Xa o sei. 513 00:52:26,232 --> 00:52:27,191 Non pasa nada. 514 00:52:33,197 --> 00:52:34,615 Rematamos a lista. 515 00:53:22,872 --> 00:53:24,582 Vaise poñer ben, papá? 516 00:53:34,800 --> 00:53:36,552 Non tes por que mentirlle. 517 00:53:41,098 --> 00:53:43,768 Vouche dicir algo, cousiña, creo que non. 518 00:53:44,310 --> 00:53:45,353 Está morta. 519 00:53:45,811 --> 00:53:47,480 Si, meu ben. 520 00:53:49,357 --> 00:53:50,358 Papá, 521 00:53:52,193 --> 00:53:54,362 que pasa se non volves á casa? 522 00:53:57,114 --> 00:53:59,241 Ruliña, sempre vou volver á casa. 523 00:54:03,871 --> 00:54:05,206 E se non? 524 00:54:13,589 --> 00:54:14,632 Ven aquí. 525 00:54:31,649 --> 00:54:34,026 Se algún día non regreso á casa, 526 00:54:34,443 --> 00:54:36,779 tes que saber que... 527 00:54:38,906 --> 00:54:41,701 teu pai morreu facendo algo importante, 528 00:54:42,952 --> 00:54:46,539 e que estaba rodeado de homes bos, 529 00:54:47,665 --> 00:54:48,541 que quería. 530 00:54:50,167 --> 00:54:51,794 Como a mamá e a min? 531 00:54:55,881 --> 00:54:57,341 Non, ruliña. 532 00:54:57,425 --> 00:55:00,344 Nunca podería querer a ninguén como te quero a ti 533 00:55:00,428 --> 00:55:02,263 ou como quero a mamá. 534 00:55:07,601 --> 00:55:09,437 Mamá vai seguir aquí. 535 00:55:09,520 --> 00:55:12,815 Vaite coidar coma sempre cando estou nunha misión. 536 00:55:12,898 --> 00:55:15,693 Seguirás indo a fútbol os domingos 537 00:55:16,193 --> 00:55:18,237 e montando a cabalo... 538 00:55:18,320 --> 00:55:20,322 E bailando no patio. 539 00:55:20,406 --> 00:55:21,949 Bailando no patio, si. 540 00:55:29,665 --> 00:55:33,586 E algún día faraste maior. 541 00:55:35,588 --> 00:55:37,548 E coidarás da túa nai. 542 00:55:38,299 --> 00:55:41,969 E aínda que non estea aquí para velo, 543 00:55:43,345 --> 00:55:48,267 non quere dicir que non vaia estar observándote, sempre. 544 00:55:49,393 --> 00:55:52,480 Só que... dende outro sitio. 545 00:55:54,607 --> 00:55:55,733 Dende onde? 546 00:56:00,780 --> 00:56:04,075 Dende aquí, ruliña. Dende aquí. 547 00:56:07,787 --> 00:56:08,788 Ven aquí. 548 00:56:26,388 --> 00:56:32,394 A miña familia 549 00:59:20,562 --> 00:59:22,564 Subtítulos: Abraham Díaz López