1 00:00:07,291 --> 00:00:09,958 ANTERIORMENTE EN FALLOUT 2 00:00:10,416 --> 00:00:13,041 Sei que todos o estamos a pasar mal. 3 00:00:14,291 --> 00:00:18,833 Pero a nosa prioridade é manter a seguridade do Refuxio. 4 00:00:18,833 --> 00:00:20,125 Non queren atopar a papá. 5 00:00:20,250 --> 00:00:21,958 Sen el, eles teñen o mando. 6 00:00:22,541 --> 00:00:23,583 Traereino de volta. 7 00:00:25,375 --> 00:00:26,458 Dálle outra vez! 8 00:00:30,666 --> 00:00:31,708 Dispáralle! 9 00:00:33,041 --> 00:00:35,750 Que fillo de puta, todo isto é culpa túa. 10 00:00:36,791 --> 00:00:39,291 - Matarante. - Non se traio o obxectivo. 11 00:00:39,291 --> 00:00:42,750 Podes cambiar o futuro. 12 00:00:42,750 --> 00:00:45,958 Se me levas ata Moldaver. 13 00:00:47,208 --> 00:00:48,250 Só a miña cabeza. 14 00:00:49,791 --> 00:00:51,875 Ti es unha refuxiada. 15 00:00:52,416 --> 00:00:55,666 Se queres sobrevivir, actúa coma se foses do Ermo. 16 00:00:57,000 --> 00:01:00,875 A pregunta é se desexarás o mesmo... 17 00:01:04,208 --> 00:01:08,000 cando te transformes nun animal? 18 00:01:23,416 --> 00:01:27,083 O COMEZO 19 00:01:42,291 --> 00:01:43,500 Por favor, señor. 20 00:01:44,458 --> 00:01:47,291 Pare... por favor. 21 00:01:50,375 --> 00:01:55,333 Como reza a vella elexía mexicana: "Feo, fuerte y formal." 22 00:01:56,208 --> 00:02:00,916 O que significa: "Era feo, forte e tiña dignidade." 23 00:02:01,583 --> 00:02:02,875 Entón, Joey, 24 00:02:04,166 --> 00:02:06,375 dareiche por boas dúas desas tres. 25 00:02:22,000 --> 00:02:23,625 De verdade teño que matalo? 26 00:02:23,625 --> 00:02:24,541 Corten! 27 00:02:26,458 --> 00:02:27,291 Ten boa pinta. 28 00:02:28,000 --> 00:02:29,416 Buscade os estilistas. 29 00:02:29,416 --> 00:02:32,208 Emile, podes vir aquí? Teño que falar contigo. 30 00:02:32,208 --> 00:02:35,166 Veña, arriba. Que día! Foi unha boa escena. 31 00:02:35,166 --> 00:02:38,416 Temos que falar sobre as liñas novas. 32 00:02:38,416 --> 00:02:40,375 Eu son o shériff, non si? 33 00:02:40,875 --> 00:02:43,916 Por que non o arresto, como faría normalmente? 34 00:02:43,916 --> 00:02:47,583 A audiencia, Coop, xa sabe que es un bo home. 35 00:02:47,583 --> 00:02:51,250 Queren ver que ata os homes bos poden ser levados ó extremo. 36 00:02:51,250 --> 00:02:53,791 Enténdoo, pero non é o meu, Emile. 37 00:02:53,791 --> 00:02:56,791 Non me sinto cómodo. Está Bob por aquí? 38 00:02:56,791 --> 00:02:58,708 Despedírono, Coop. 39 00:02:58,708 --> 00:03:01,416 - Que? - O estudio despediuno. 40 00:03:01,416 --> 00:03:02,333 Por que? 41 00:03:03,208 --> 00:03:04,458 Pois parece 42 00:03:05,125 --> 00:03:07,458 que Bob é un pouco comunista. 43 00:03:07,458 --> 00:03:08,625 - Comunista? - Si. 44 00:03:08,625 --> 00:03:11,041 - "Cadillac" Bob? - Ese mesmo. 45 00:03:11,041 --> 00:03:13,541 - Que mágoa! Era bo escritor. - E tanto. 46 00:03:13,541 --> 00:03:15,833 Un dos mellores, pero botárono, 47 00:03:15,833 --> 00:03:18,041 por iso este filme é tan importante. 48 00:03:18,041 --> 00:03:20,500 - Claro. - É un novo tipo de wéstern. 49 00:03:20,500 --> 00:03:23,250 O poder individual cando a cousa se pon seria. 50 00:03:23,250 --> 00:03:25,458 Falo duns EUA completamente novos. 51 00:03:25,458 --> 00:03:27,750 Por iso sería marabilloso 52 00:03:27,750 --> 00:03:31,666 que lle dispararas a Jorge na puta cabeza, comprendes? 53 00:03:32,333 --> 00:03:34,125 Por favor! Porque aquí 54 00:03:34,125 --> 00:03:37,708 só estás ti, a túa arma e os teus principios 55 00:03:37,708 --> 00:03:39,791 poñendo orde no salvaxe oeste. 56 00:03:39,791 --> 00:03:43,041 Ei, falamos tralo almorzo, vale? 57 00:03:48,166 --> 00:03:51,250 Vas gardar un chisco de tofe de uva para o resto? 58 00:03:51,250 --> 00:03:53,916 Non é uva. É lavanda. 59 00:03:55,041 --> 00:03:58,458 Se che gusta ese sabor, por que non bebes perfume? 60 00:03:59,833 --> 00:04:03,875 Moita xente considérao un sabor de vellas, 61 00:04:03,875 --> 00:04:07,250 pero é sutil e coqueto. 62 00:04:08,000 --> 00:04:10,541 Sabe a cando alguén te toca por primeira vez. 63 00:04:13,541 --> 00:04:15,208 Impórtache? 64 00:04:29,875 --> 00:04:34,125 É o peor que metín nunca na boca. 65 00:04:35,000 --> 00:04:36,833 - Horrible! - Tofe? 66 00:04:38,125 --> 00:04:40,000 Pregúntalle a túa nai. 67 00:04:40,000 --> 00:04:42,166 - Por favor, mami? - Claro, ruliña. 68 00:04:44,000 --> 00:04:45,750 Vaia, incrible. 69 00:04:45,750 --> 00:04:46,916 Ei. 70 00:04:48,041 --> 00:04:49,458 Síntoo. Maquillaxe. 71 00:04:55,875 --> 00:04:58,250 Síntoo. Lapis de labios. 72 00:04:58,250 --> 00:04:59,250 Dáme igual. 73 00:05:00,250 --> 00:05:02,166 - Hai que ir tirando. - Vamos. 74 00:05:02,166 --> 00:05:04,000 O fotógrafo está esperando. 75 00:05:04,000 --> 00:05:05,333 Que é isto? 76 00:05:05,333 --> 00:05:08,791 Un cambio de vestiario, señor Howard. 77 00:05:09,625 --> 00:05:10,875 Vale. 78 00:05:12,625 --> 00:05:14,208 Mira para aquí. 79 00:05:17,916 --> 00:05:19,750 Fixérono na túa cor. 80 00:05:20,750 --> 00:05:22,125 A ver se me queda ben. 81 00:05:23,250 --> 00:05:26,333 Veña, Janey. Vamos. 82 00:05:27,041 --> 00:05:28,708 - Vamos. - Estás nerviosa? 83 00:05:30,250 --> 00:05:32,541 Tranquila, rula. Estás cun profesional. 84 00:05:35,250 --> 00:05:37,875 Unha carreira? Vamos! 85 00:06:46,916 --> 00:06:48,708 Veña, vamos atopar o resto. 86 00:08:06,791 --> 00:08:08,041 OVOS RECHEOS YUMYUM 87 00:08:16,666 --> 00:08:21,166 Que é o que o fai tan especial? 88 00:08:34,666 --> 00:08:36,125 Vale, vale. 89 00:08:37,125 --> 00:08:38,541 Pois garde o segredo. 90 00:08:40,875 --> 00:08:41,958 Por se acaso. 91 00:08:48,750 --> 00:08:51,250 Para mantelo a salvo. 92 00:08:52,500 --> 00:08:54,541 CONECTANDO RASTREXADOR... ACTIVADO 93 00:09:07,333 --> 00:09:08,333 Xa está. 94 00:09:08,916 --> 00:09:09,916 Mira que cómodo. 95 00:09:30,416 --> 00:09:32,583 Vaia cabaleiro, non si? 96 00:09:35,750 --> 00:09:37,375 Pregúntome quen era. 97 00:10:02,708 --> 00:10:03,875 Cabaleiro Titus. 98 00:10:09,125 --> 00:10:10,333 Cabaleiro Titus. 99 00:10:18,500 --> 00:10:19,541 Cabaleiro Titus. 100 00:10:22,666 --> 00:10:24,083 Aquí o cabaleiro Titus. 101 00:10:25,166 --> 00:10:26,000 Cambio. 102 00:10:26,000 --> 00:10:29,125 Oficial Shortsight. Non estableceu comunicación. 103 00:10:33,208 --> 00:10:34,208 Atacounos... 104 00:10:35,458 --> 00:10:36,791 unha abominación. 105 00:10:37,500 --> 00:10:39,416 O meu escudeiro pereceu. 106 00:10:39,416 --> 00:10:41,166 Morreu con honra 107 00:10:42,541 --> 00:10:43,541 e gloria. 108 00:10:44,250 --> 00:10:45,625 Que parvo! 109 00:10:45,625 --> 00:10:48,625 Recibido. Mandarémoslle un escudeiro agora mesmo. 110 00:10:48,625 --> 00:10:51,125 Non! Estou ben. 111 00:10:51,791 --> 00:10:52,791 Estou ben. 112 00:10:52,791 --> 00:10:54,916 Non hai problema, temos moitos. 113 00:10:54,916 --> 00:10:56,291 Mandaremos un... 114 00:11:06,833 --> 00:11:09,041 Si, agora volvo. 115 00:11:19,500 --> 00:11:23,500 {\an8}REPARACIÓNS 116 00:11:42,750 --> 00:11:45,583 Podo arranxalo. Custarache cinco chapas. 117 00:11:55,458 --> 00:11:56,958 Podes facelo por catro? 118 00:12:01,708 --> 00:12:02,541 Non. 119 00:12:19,083 --> 00:12:24,083 DENTISTA COMPRAMOS DENTES 120 00:12:26,750 --> 00:12:28,875 Unha recompensa se o fas rápido. 121 00:12:33,708 --> 00:12:34,708 Grazas. 122 00:12:55,333 --> 00:12:56,333 Ei. 123 00:12:57,083 --> 00:12:57,916 Merda! 124 00:13:02,625 --> 00:13:04,708 Afastádevos da armadura. 125 00:13:05,833 --> 00:13:06,791 Vamos. 126 00:13:10,375 --> 00:13:11,625 Dádelle unha tunda. 127 00:13:40,041 --> 00:13:41,416 Isto xa é noso... 128 00:13:43,416 --> 00:13:44,666 señor. 129 00:13:48,583 --> 00:13:49,416 Por favor. 130 00:14:01,875 --> 00:14:03,333 Imos abrila. 131 00:14:05,250 --> 00:14:06,583 Ábrea! Ábrea! 132 00:14:07,416 --> 00:14:09,333 Que fas, parvo do carallo? 133 00:14:09,333 --> 00:14:11,625 Apertar á dereita, afrouxar á esquerda. 134 00:14:37,041 --> 00:14:38,500 Atrevédevos agora! 135 00:15:24,500 --> 00:15:25,750 Deixádeme! 136 00:15:25,750 --> 00:15:26,916 Dádelle candea! 137 00:15:29,083 --> 00:15:30,333 A miña armadura! 138 00:15:39,833 --> 00:15:41,208 Dálle unha malleira! 139 00:15:50,833 --> 00:15:52,000 Que carallo! 140 00:16:22,250 --> 00:16:24,791 Non. 141 00:16:35,666 --> 00:16:39,958 {\an8}Non é preciso alarmarse, cidadáns. Só é unha entrega da Irmandade. 142 00:16:45,583 --> 00:16:47,000 Non é preciso alarmarse. 143 00:16:59,333 --> 00:17:00,583 Vale. 144 00:17:02,958 --> 00:17:03,791 Merda. 145 00:17:25,208 --> 00:17:26,208 Cabaleiro Titus. 146 00:17:27,250 --> 00:17:28,250 Son Thaddeus. 147 00:17:30,208 --> 00:17:32,000 Hónrame estar ó seu cargo. 148 00:17:34,291 --> 00:17:36,666 Xuro protexelo e servilo, 149 00:17:36,666 --> 00:17:38,333 ata que o considere. 150 00:17:42,291 --> 00:17:45,875 Señor, dixen algo ofensivo? 151 00:17:51,041 --> 00:17:54,208 Non sei como o agraviei, pero imploro misericordia! 152 00:17:54,916 --> 00:17:56,583 Por favor! 153 00:17:57,208 --> 00:17:58,208 Por favor! 154 00:17:59,333 --> 00:18:01,750 Cabaleiro Titus! Por favor! 155 00:18:01,750 --> 00:18:03,041 Farei o que sexa! 156 00:18:05,500 --> 00:18:07,125 Levanta, escudeiro, 157 00:18:08,791 --> 00:18:10,208 e limpa isto. 158 00:18:13,708 --> 00:18:15,500 Por suposto, cabaleiro Titus. 159 00:18:19,291 --> 00:18:21,708 Traio ordes do Clérigo Ancián, 160 00:18:23,125 --> 00:18:24,625 e transmítoas humildemente. 161 00:18:27,416 --> 00:18:30,666 Non somos os únicos que buscamos os restos do vello mundo. 162 00:18:31,333 --> 00:18:33,041 O Clérigo Ancián di 163 00:18:33,041 --> 00:18:36,541 que quen consiga o obxectivo, controlará o Ermo. 164 00:18:37,541 --> 00:18:40,666 E que matemos a quen se cruce no noso camiño. 165 00:18:46,791 --> 00:18:48,125 Entendido. 166 00:19:18,333 --> 00:19:21,875 NAVEGACIÓN 167 00:20:01,583 --> 00:20:02,708 Gústache a herba? 168 00:20:14,041 --> 00:20:15,041 Ola. 169 00:21:19,416 --> 00:21:20,958 LOCALIZADOR 170 00:21:45,833 --> 00:21:46,916 Ola de novo. 171 00:21:51,583 --> 00:21:52,750 Onde está? 172 00:21:52,750 --> 00:21:54,041 A cabeza. 173 00:22:08,083 --> 00:22:09,833 Non. Vale. 174 00:22:09,833 --> 00:22:11,458 Non sei onde está. 175 00:22:12,041 --> 00:22:13,416 Vale? Perdina. 176 00:22:16,333 --> 00:22:17,333 Perdina. 177 00:22:37,750 --> 00:22:39,000 Colleuna o tragador. 178 00:22:53,708 --> 00:22:54,916 SALA DO CONSELLO 179 00:23:02,583 --> 00:23:03,583 Estás ben? 180 00:23:04,250 --> 00:23:05,333 Si. 181 00:23:06,208 --> 00:23:07,250 Reasignáronme. 182 00:23:07,833 --> 00:23:09,958 Que Lucy abrise a comporta do Refuxio 183 00:23:09,958 --> 00:23:12,541 non lle sentou ben ó consello, así que... 184 00:23:13,333 --> 00:23:15,791 Xa non son gardián. 185 00:23:17,458 --> 00:23:18,541 Non pasa nada. 186 00:23:22,291 --> 00:23:24,833 Pero xa non sei quen son. 187 00:23:27,625 --> 00:23:28,833 Perdoa, eu... 188 00:23:39,875 --> 00:23:42,041 Norman, tócache. 189 00:23:54,166 --> 00:23:55,208 Por que estás aquí? 190 00:23:55,208 --> 00:23:57,041 Axudei a miña irmá a escapar. 191 00:23:57,041 --> 00:24:00,000 Que? Ti e mais Chet puxéstela en perigo 192 00:24:00,000 --> 00:24:01,833 ó abrir a porta do Refuxio. 193 00:24:01,833 --> 00:24:03,916 - O nivel de radiación... - Ou peor, 194 00:24:03,916 --> 00:24:05,875 puidéstesnos matar a todos. 195 00:24:06,500 --> 00:24:08,333 Que cres que comezou isto? 196 00:24:08,333 --> 00:24:10,250 Os Refuxios son impenetrables. 197 00:24:10,250 --> 00:24:12,625 Os saqueadores entraron no Refuxio 32 198 00:24:12,625 --> 00:24:15,875 cando algún babeco lles abriu a porta da superficie. 199 00:24:16,375 --> 00:24:19,625 Unha decisión que puxo a todos en perigo. 200 00:24:19,625 --> 00:24:21,791 Non só ó Refuxio 32, 201 00:24:21,791 --> 00:24:24,041 senón tamén ó 33 e ó 31. 202 00:24:24,041 --> 00:24:25,541 TRES REFUXIOS XUNTOS SOMOS MÁIS FORTES 203 00:24:25,541 --> 00:24:28,708 Mandeille un telegrama ó supervisor do Refuxio 31. 204 00:24:28,708 --> 00:24:31,250 Grazas a Deus que saíron ilesos. 205 00:24:31,250 --> 00:24:35,291 Pero puideches destruír os últimos vestixios da civilización! 206 00:24:35,291 --> 00:24:36,666 Foi idea de Lucy. 207 00:24:36,666 --> 00:24:38,791 E nin sequera intentaches parala? 208 00:24:38,791 --> 00:24:39,708 Non. 209 00:24:40,791 --> 00:24:42,375 Que imos facer contigo? 210 00:24:43,625 --> 00:24:45,583 Castigarme cunha degradación. 211 00:24:49,000 --> 00:24:52,166 Traballaches coma conserxe, en cociña... 212 00:24:52,166 --> 00:24:55,958 Es consciente de que, en cada traballo asignado, 213 00:24:55,958 --> 00:24:59,041 a túa avaliación sempre foi "falta de entusiasmo"? 214 00:25:00,458 --> 00:25:02,041 Non, pero soa correcto. 215 00:25:03,625 --> 00:25:08,083 Actualmente, traballas con ordenadores e no mantemento de información. 216 00:25:09,000 --> 00:25:10,000 Gústache? 217 00:25:11,375 --> 00:25:12,375 Fáltame entusiasmo. 218 00:25:16,750 --> 00:25:18,125 Vaia situación, non? 219 00:25:19,000 --> 00:25:22,666 Como se degrada a alguén a quen non lle gusta ningún traballo? 220 00:25:23,708 --> 00:25:25,083 Supoño que xa o é. 221 00:25:25,083 --> 00:25:28,708 Alédame escoitar que castigades a xente por romper as regras. 222 00:25:28,708 --> 00:25:31,208 É só para refuxiados ou tamén para xente 223 00:25:31,208 --> 00:25:32,750 que vén asasinarnos? 224 00:25:40,250 --> 00:25:42,083 Agora que o penso, 225 00:25:43,583 --> 00:25:46,000 creo que temos un traballo para ti. 226 00:25:57,375 --> 00:26:03,000 {\an8}COMPORTA ABERTA 227 00:26:07,583 --> 00:26:08,916 En pé todo o mundo! 228 00:26:10,583 --> 00:26:13,041 As vosas larpeiradas xa están aquí. 229 00:26:16,083 --> 00:26:17,083 De nada, eh! 230 00:26:21,416 --> 00:26:22,666 Vale. 231 00:26:22,666 --> 00:26:25,750 - Aquí tes os cubertos... - Vouche papar o corazón! 232 00:26:33,666 --> 00:26:35,583 Vouche abrir a puta cabeza! 233 00:26:37,958 --> 00:26:39,500 - Iso é! - Vamos! 234 00:26:47,125 --> 00:26:48,791 Aquí non hai mazás, señor! 235 00:26:48,791 --> 00:26:50,958 Pois sube máis alto! 236 00:26:50,958 --> 00:26:51,875 Vale. 237 00:26:52,625 --> 00:26:54,583 Pode que non sexa unha maceira! 238 00:26:54,583 --> 00:26:55,875 E creo que... 239 00:26:56,458 --> 00:26:58,458 Creo que está morta. 240 00:26:59,333 --> 00:27:00,750 Sigue buscando. 241 00:27:00,750 --> 00:27:02,750 Pola miña honra, atopareille... 242 00:27:02,750 --> 00:27:03,916 Merda! 243 00:27:11,125 --> 00:27:13,125 Síntoo, señor. 244 00:27:13,125 --> 00:27:15,208 Sei que quería unha mazá. 245 00:27:16,291 --> 00:27:20,000 Teño algunha ración, se ten fame. 246 00:27:20,000 --> 00:27:21,166 Xa non teño fame. 247 00:27:22,000 --> 00:27:24,416 Vale, o que vostede diga! 248 00:27:25,291 --> 00:27:26,791 Vostede é... o señor. 249 00:27:29,666 --> 00:27:31,750 Teño que recuperar un artefacto. 250 00:27:32,458 --> 00:27:33,875 Vale. 251 00:27:34,666 --> 00:27:36,000 De atopar o obxectivo, 252 00:27:36,666 --> 00:27:38,083 repararemos a súa radio 253 00:27:38,083 --> 00:27:40,625 e pedirémoslle reforzos á Irmandade. 254 00:27:42,041 --> 00:27:44,416 Recuperareino eu mesmo! 255 00:27:44,416 --> 00:27:47,583 Entendido! Nunca dubidei da súa habilidade. 256 00:27:57,375 --> 00:27:59,125 O home do Enclave, 257 00:27:59,125 --> 00:28:01,708 o que busca todo o mundo, viuno? 258 00:28:01,708 --> 00:28:05,750 Si. Marchou cunha rapaza, unha muller. 259 00:28:05,750 --> 00:28:06,666 Como escaparon? 260 00:28:07,250 --> 00:28:10,000 Sufrín unha emboscada. Apareceu un necrófago. 261 00:28:10,000 --> 00:28:11,291 Un necrófago? 262 00:28:11,916 --> 00:28:13,541 Que medo, carafio! 263 00:28:13,541 --> 00:28:15,875 Seguro que o matou en canto o viu. 264 00:28:15,875 --> 00:28:18,750 "Así que es un necrófago? Máis ben un morto!" 265 00:28:18,750 --> 00:28:19,833 Non. 266 00:28:19,833 --> 00:28:22,291 Pero, de achalo, atoparemos o obxectivo. 267 00:28:22,291 --> 00:28:23,833 Deixouno con vida? 268 00:28:26,375 --> 00:28:27,250 Que boa idea. 269 00:28:27,958 --> 00:28:29,958 A xente do Ermo é radioactiva. 270 00:28:30,458 --> 00:28:32,083 Ó permitires que viva, 271 00:28:32,083 --> 00:28:36,625 será posible rastrexar o obxectivo. 272 00:28:39,166 --> 00:28:41,291 Si, claro. Iso xa o sei. 273 00:28:43,666 --> 00:28:45,666 Teño unha pista. 274 00:28:46,541 --> 00:28:48,125 Ben feito, señor! 275 00:28:48,125 --> 00:28:50,708 Por aquí. A gloria agarda por nós! 276 00:28:52,916 --> 00:28:53,958 Vamos! 277 00:29:04,666 --> 00:29:05,875 Cre que era el? 278 00:29:07,583 --> 00:29:09,083 É difícil de saber. 279 00:29:09,083 --> 00:29:11,000 Ensíname a ilustración. 280 00:29:15,291 --> 00:29:16,375 Si. 281 00:29:17,166 --> 00:29:19,000 Seguro que é el. 282 00:29:19,750 --> 00:29:22,083 Deberiamos levar o corpo connosco? 283 00:29:22,083 --> 00:29:23,375 Non. 284 00:29:23,375 --> 00:29:25,833 Se o deixaron, é que non paga a pena. 285 00:29:25,833 --> 00:29:28,666 O que ten valor é a súa cabeza. Atopémola. 286 00:29:28,666 --> 00:29:29,791 Claro, que listo. 287 00:29:29,791 --> 00:29:32,000 Faríao a rapaza ou o necrófago? 288 00:29:32,000 --> 00:29:34,666 O necrófago. Obviamente. 289 00:29:35,666 --> 00:29:36,500 Necrófagos. 290 00:29:37,125 --> 00:29:40,083 Un día a Irmandade erradicará todos eses friquis. 291 00:29:40,708 --> 00:29:43,083 E non volverán pasar cousas así. 292 00:29:45,041 --> 00:29:48,750 Ben, eu penso que o necrófago... 293 00:29:48,750 --> 00:29:51,916 debería estar... 294 00:29:52,708 --> 00:29:54,000 Creo que por aquí... 295 00:29:56,708 --> 00:29:59,375 Si, por aí. Segurísimo. 296 00:29:59,958 --> 00:30:01,250 Hai rastros. 297 00:30:18,833 --> 00:30:20,166 Pare, por favor! 298 00:30:22,125 --> 00:30:25,041 O meu pai é supervisor. Levárono os saqueadores 299 00:30:25,041 --> 00:30:26,875 e precísoa para recuperalo. 300 00:30:26,875 --> 00:30:29,625 Se me axuda a atopalo, fará o que lle pida. 301 00:30:47,750 --> 00:30:51,625 Pare! Non está ben torturar! 302 00:30:53,291 --> 00:30:54,500 Sabes o que? 303 00:30:55,541 --> 00:30:59,375 Antes había unhas cousiñas chamadas "estudos". 304 00:31:00,000 --> 00:31:03,333 Abrías o xornal e sempre atopabas algún. 305 00:31:03,333 --> 00:31:05,375 Este estudo en particular... 306 00:31:05,375 --> 00:31:06,458 MEDIDOR DE RADIACIÓN 307 00:31:06,458 --> 00:31:10,083 ...falaba de que torturar unha persoa 308 00:31:10,083 --> 00:31:11,333 non dá resultado. 309 00:31:25,666 --> 00:31:29,541 Ten sentido. Se un home me fai dano, 310 00:31:29,541 --> 00:31:31,958 non quererei facerlle favor ningún. 311 00:31:31,958 --> 00:31:35,583 E, aínda así, a tortura non desapareceu da face da Terra. 312 00:31:36,416 --> 00:31:37,666 De feito, 313 00:31:38,541 --> 00:31:41,250 conforme pasa o tempo, decateime 314 00:31:42,000 --> 00:31:43,166 dun grande aumento 315 00:31:45,583 --> 00:31:48,375 no número de torturas espalladas por aí. 316 00:31:48,875 --> 00:31:51,000 Por favor, señor. Preciso a cabeza. 317 00:31:51,000 --> 00:31:53,583 É o único xeito de recuperar o meu pai. 318 00:31:53,583 --> 00:31:55,083 O que digo é que, 319 00:31:56,458 --> 00:31:58,541 se me preguntan, eses estudos 320 00:31:58,541 --> 00:31:59,958 levaban razón. 321 00:32:00,750 --> 00:32:03,083 Torturar unha persoa non é efectivo. 322 00:32:03,083 --> 00:32:06,625 Entón, por que fai isto? 323 00:32:07,333 --> 00:32:09,750 Non estou a torturarte, ruliña, 324 00:32:10,541 --> 00:32:11,750 úsote como cebo. 325 00:34:15,666 --> 00:34:16,833 Filla de puta! 326 00:34:18,291 --> 00:34:19,708 Ai, canto o sinto! 327 00:34:19,708 --> 00:34:23,208 Debería deixar que me usase como cebo nun río envelenado? 328 00:34:28,041 --> 00:34:29,041 Merda! 329 00:34:29,041 --> 00:34:30,875 Non pode tratar así a xente. 330 00:34:30,875 --> 00:34:32,541 E iso por que? 331 00:34:34,500 --> 00:34:36,166 Pola regra de ouro. 332 00:34:37,750 --> 00:34:40,375 Non fagas ós demais o que non queres para ti. 333 00:34:43,500 --> 00:34:45,625 Eses tragadores engolen moi lento. 334 00:34:46,500 --> 00:34:47,500 Tes tempo. 335 00:34:56,625 --> 00:34:59,375 Non. Pare! 336 00:35:03,750 --> 00:35:05,208 Onde imos? 337 00:35:05,833 --> 00:35:08,041 E a cabeza? Precísoa para o meu pai! 338 00:35:08,041 --> 00:35:10,375 O Ermo ten a súa regra de ouro. 339 00:35:10,375 --> 00:35:11,541 E cal é? 340 00:35:11,541 --> 00:35:15,208 Non penso deixar que estas gaitadas me fagan perder o tempo. 341 00:35:16,458 --> 00:35:17,666 E o can? 342 00:35:18,250 --> 00:35:19,375 Non é meu. 343 00:35:28,958 --> 00:35:30,583 OVOS RECHEOS YUMYUM 344 00:35:34,750 --> 00:35:37,125 Desculpe, descoidei as miñas obrigas. 345 00:35:39,958 --> 00:35:41,166 Que fas? 346 00:35:42,125 --> 00:35:44,833 Reencherlle a auga para que estea hidratado. 347 00:35:46,458 --> 00:35:47,625 Claro. 348 00:35:53,041 --> 00:35:55,041 Sería máis rápido se sentara. 349 00:35:59,041 --> 00:36:03,750 Seguro que viu moitas cousas, non? Sendo un cabaleiro. 350 00:36:03,750 --> 00:36:05,541 Eu tamén. 351 00:36:05,541 --> 00:36:07,541 Traballei nunha granxa de moscas. 352 00:36:07,541 --> 00:36:10,416 Eu era un cagón. Alimentábannos 353 00:36:10,416 --> 00:36:13,333 e as moscas comían a nosa merda. 354 00:36:13,333 --> 00:36:15,833 Botábanlles terra e vendíano como proteína. 355 00:36:15,833 --> 00:36:17,416 Por iso estou tan gordo. 356 00:36:21,250 --> 00:36:24,333 Entón, o seu antigo escudeiro... 357 00:36:24,333 --> 00:36:25,833 como morreu? 358 00:36:27,208 --> 00:36:28,375 Coñecíalo? 359 00:36:29,375 --> 00:36:30,541 Si. 360 00:36:31,375 --> 00:36:32,791 Di algo sobre el. 361 00:36:32,791 --> 00:36:34,041 Pois, el... 362 00:36:34,875 --> 00:36:35,958 Era un bo rapaz. 363 00:36:38,708 --> 00:36:40,416 Di algo negativo sobre el. 364 00:36:41,000 --> 00:36:42,000 Pois... 365 00:36:42,833 --> 00:36:45,208 Está morto. É un pouco raro. 366 00:36:46,208 --> 00:36:47,500 É unha orde, escudeiro. 367 00:36:47,500 --> 00:36:48,666 Vale. 368 00:36:50,875 --> 00:36:54,708 A verdade é que os outros e mais eu pasabámonos un pouco con el. 369 00:36:55,458 --> 00:36:57,541 Dabámoslle malleiras de seguido. 370 00:36:58,041 --> 00:37:00,458 Non era persoal, é que... 371 00:37:03,208 --> 00:37:04,958 A xente na base 372 00:37:04,958 --> 00:37:08,375 tamén me daba malleiras todo o tempo. 373 00:37:10,000 --> 00:37:11,916 Chegaron os novos recrutas 374 00:37:11,916 --> 00:37:14,666 e un deles era Maximus. 375 00:37:14,666 --> 00:37:16,625 E tiven unha idea brillante. 376 00:37:16,625 --> 00:37:19,291 Por que non lle damos malleiras a el? 377 00:37:19,291 --> 00:37:20,541 E funcionou. 378 00:37:21,208 --> 00:37:24,041 Fun moi popular. Foi marabilloso. 379 00:37:24,041 --> 00:37:27,208 Que mágoa que el non poida darlle malleiras a outro. 380 00:37:27,208 --> 00:37:28,208 Parece o xusto. 381 00:37:29,416 --> 00:37:31,916 Sei que a xente morre todo o tempo. 382 00:37:31,916 --> 00:37:34,333 É a lei do Ermo. Tanto ten, non? 383 00:37:35,958 --> 00:37:37,041 Aínda así, 384 00:37:38,583 --> 00:37:39,416 síntome mal. 385 00:37:41,833 --> 00:37:43,416 Non o fagas. 386 00:37:44,083 --> 00:37:47,541 Como dixeches, é a lei do Ermo. 387 00:37:50,375 --> 00:37:52,666 Vamos. Estamos perdendo luz solar. 388 00:37:52,666 --> 00:37:53,750 Si. 389 00:38:03,208 --> 00:38:04,625 Xa vou. 390 00:38:09,875 --> 00:38:13,833 Pódese xulgar unha persoa e unha sociedade por como trata o inimigo. 391 00:38:13,833 --> 00:38:17,375 E aquí estamos, con 16 violentos individuos 392 00:38:17,375 --> 00:38:20,916 encarcerados na nosa reconvertida sala de lectura. 393 00:38:20,916 --> 00:38:24,375 Preséntasenos un dilema ético sen precedentes. 394 00:38:24,375 --> 00:38:27,416 Persoalmente, creo que é unha oportunidade ética 395 00:38:27,416 --> 00:38:30,541 para mostrarlles ós poboadores do Ermo e a nós mesmos 396 00:38:30,541 --> 00:38:34,166 o que queremos dicir cando falamos de crear un mundo mellor. 397 00:38:34,166 --> 00:38:37,250 Grazas, Reg. Vaia discursiño tan positivo. 398 00:38:37,250 --> 00:38:40,875 Non é un discurso positivo. É a verdade, carafio! 399 00:38:40,875 --> 00:38:41,958 Moi ben. 400 00:38:41,958 --> 00:38:46,375 O feito é que hai que decidir que facer cos prisioneiros. 401 00:38:46,375 --> 00:38:49,875 É unha decisión que temos que tomar coma colectivo. 402 00:38:49,875 --> 00:38:53,166 Dunha maneira axeitada ós nosos valores! 403 00:38:53,166 --> 00:38:54,708 Ai, pois si. 404 00:38:57,333 --> 00:39:01,916 Creo que sería beneficioso poñer ideas máis concretas sobre a mesa. 405 00:39:02,583 --> 00:39:03,875 Sabedes o que? 406 00:39:04,875 --> 00:39:07,541 Interroguei a Woody esta mañá. 407 00:39:07,541 --> 00:39:09,208 Impresionoume moito. 408 00:39:09,208 --> 00:39:11,875 É o cabaleiro que me ensinou o ollo do cu. 409 00:39:11,875 --> 00:39:15,666 Si, pero eu o que vin foi o desexo de comunicar, 410 00:39:15,666 --> 00:39:18,416 de superar as barreiras culturais. 411 00:39:18,416 --> 00:39:20,458 É unha chama coa que traballar 412 00:39:20,458 --> 00:39:22,916 para modelar un bo cidadán. 413 00:39:22,916 --> 00:39:25,083 Xa que os nosos números minguaron, 414 00:39:25,083 --> 00:39:29,000 a solución máis ética sería rehabilitar os prisioneiros 415 00:39:29,000 --> 00:39:31,458 e integralos na sociedade do Refuxio. 416 00:39:34,250 --> 00:39:37,541 Para ser claro, non é un proceso rápido. 417 00:39:38,750 --> 00:39:42,916 Baseándome no que vin esta mañá, poderá levar anos. 418 00:39:43,583 --> 00:39:47,083 - Pero... - Pero non hai nada que non poidamos facer 419 00:39:47,083 --> 00:39:48,708 se nolo propoñemos. 420 00:39:48,708 --> 00:39:50,000 Si! 421 00:39:52,875 --> 00:39:55,125 Eu podo ensinarlles Shakespeare 422 00:39:55,125 --> 00:39:57,208 e, cando estean listos, a Marlowe. 423 00:39:57,208 --> 00:39:58,750 Non quero ser descortés, 424 00:39:58,750 --> 00:40:01,875 pero creo que Shakespeare é moi avanzado para eles. 425 00:40:01,875 --> 00:40:04,000 Deberiamos comezar coa moralidade. 426 00:40:04,000 --> 00:40:06,375 Kant, Mill, todos estes. 427 00:40:06,375 --> 00:40:08,875 Eu podo ensinarlles cálculo básico. 428 00:40:10,541 --> 00:40:13,041 Queres engadir algo, Norm? 429 00:40:18,958 --> 00:40:21,375 Axudarlles non é traballo noso. 430 00:40:21,375 --> 00:40:23,583 - Son asasinos. - É o que saben. 431 00:40:23,583 --> 00:40:26,916 Como van coñecer outra cousa sen educación formal? 432 00:40:26,916 --> 00:40:28,250 Norm, compañeiro, 433 00:40:28,833 --> 00:40:31,458 non podemos deixar que marchen. 434 00:40:33,666 --> 00:40:36,166 Teñen datos sobre a nosa seguridade. 435 00:40:37,375 --> 00:40:39,000 Que propós que fagamos? 436 00:40:41,291 --> 00:40:43,083 O que nos farían eles a nós. 437 00:40:43,791 --> 00:40:45,791 - Vaia. - Carafio, Norm. 438 00:40:47,375 --> 00:40:50,875 Este mociño só está expresando un sentimento. 439 00:40:50,875 --> 00:40:53,750 Ben o sei. Todos estamos enfadados. 440 00:40:53,750 --> 00:40:58,208 Pero estaredes de acordo en que asasinar os prisioneiros 441 00:40:58,208 --> 00:41:01,708 non é unha opción que debamos tomar en serio. 442 00:41:02,291 --> 00:41:03,208 Iso é. 443 00:41:03,875 --> 00:41:05,500 Síntoo. Tedes razón. 444 00:41:06,083 --> 00:41:08,375 Non pretendía dubidar do voso liderado. 445 00:41:08,375 --> 00:41:09,875 Grazas. 446 00:41:11,416 --> 00:41:13,375 Moi ben. Señores? 447 00:41:13,958 --> 00:41:14,791 Señores? 448 00:41:15,333 --> 00:41:17,166 Podo falar con vós un momento? 449 00:41:17,166 --> 00:41:18,500 Sobre o chip de auga. 450 00:41:19,500 --> 00:41:20,541 Adiante. 451 00:41:23,583 --> 00:41:27,666 É un asunto que o supervisor MacLean querería discutir en privado 452 00:41:27,666 --> 00:41:29,541 antes de compartilo co grupo. 453 00:41:30,041 --> 00:41:31,791 Eu non o vexo por aquí, non? 454 00:41:32,541 --> 00:41:34,041 Escoitémolo. 455 00:41:34,041 --> 00:41:35,375 Pois... 456 00:41:36,458 --> 00:41:37,875 o chip está esnaquizado. 457 00:41:38,541 --> 00:41:42,416 O Refuxio só ten auga para manter a poboación viva dous meses. 458 00:41:42,416 --> 00:41:44,500 Iso sen contar cos prisioneiros... 459 00:41:44,500 --> 00:41:47,541 - Vale. Moi ben, é suficiente. - Grazas. 460 00:41:49,416 --> 00:41:51,250 Vaia enleada. 461 00:41:51,250 --> 00:41:53,750 Ben, aprázase a reunión. 462 00:41:53,750 --> 00:41:56,333 Eu tamén ía dicir iso, así que... 463 00:41:57,375 --> 00:41:58,666 Que ben saíu todo. 464 00:42:02,541 --> 00:42:04,083 Beber os nosos ouriños? 465 00:42:04,083 --> 00:42:05,875 - É broma? - Non sei. 466 00:42:05,875 --> 00:42:07,416 Mataron o meu marido. 467 00:42:11,708 --> 00:42:13,125 Tes razón, sabes? 468 00:42:14,541 --> 00:42:16,125 Se teu pai estivese aquí... 469 00:42:18,791 --> 00:42:20,041 faría o correcto. 470 00:42:33,333 --> 00:42:35,000 Non sobreviviremos sen auga. 471 00:42:44,833 --> 00:42:47,666 - Estás seguro? - Di que o necrófago está preto. 472 00:42:49,416 --> 00:42:51,375 - Espere. - Que? 473 00:42:52,916 --> 00:42:54,500 É que... 474 00:42:55,458 --> 00:42:57,083 - Pois... - Que? 475 00:42:57,708 --> 00:42:58,875 Acabo de pensalo. 476 00:43:00,458 --> 00:43:03,791 Isto detecta unha abominación dalgún tipo. 477 00:43:03,791 --> 00:43:05,291 Non estou seguro... 478 00:43:05,291 --> 00:43:07,875 Non sei se é a abominación correcta. 479 00:43:14,916 --> 00:43:16,291 Vaia papahostias. 480 00:43:16,291 --> 00:43:17,666 Foi erro meu. 481 00:43:17,666 --> 00:43:20,833 Se quere que vaia de avanzada, vou! 482 00:43:23,291 --> 00:43:26,333 Veña! Son un cabaleiro da Irmandade de Aceiro. 483 00:43:26,333 --> 00:43:28,041 - Volve á beira. - Pero... 484 00:43:28,041 --> 00:43:29,333 Lisca! 485 00:43:30,041 --> 00:43:31,000 Grazas, señor. 486 00:44:09,750 --> 00:44:11,625 Merda! 487 00:44:11,958 --> 00:44:12,958 Señor! 488 00:44:14,083 --> 00:44:15,166 Xa vou. 489 00:44:15,166 --> 00:44:16,500 Cabaleiro Titus! 490 00:44:16,500 --> 00:44:17,791 Tranquilo. 491 00:44:26,291 --> 00:44:27,458 Que vou dentro! 492 00:44:28,333 --> 00:44:29,166 Xa te teño! 493 00:44:32,500 --> 00:44:36,041 Ad Victoriam! 494 00:45:06,000 --> 00:45:07,041 Salvoume. 495 00:45:08,666 --> 00:45:09,791 Ti fixéchelo antes. 496 00:45:48,791 --> 00:45:49,958 Iso é...? 497 00:45:51,791 --> 00:45:53,125 A cabeza. 498 00:45:53,125 --> 00:45:57,083 É a cabeza! Si! 499 00:45:57,083 --> 00:45:58,875 Que ben! 500 00:45:58,875 --> 00:46:00,375 Si! 501 00:46:22,000 --> 00:46:25,000 {\an8}RUTA GUIADA ESTUDIO CREST DE CALIFORNIA 502 00:46:50,791 --> 00:46:51,625 Señor. 503 00:46:52,291 --> 00:46:53,291 Por favor, señor. 504 00:46:54,375 --> 00:46:55,291 Preciso auga. 505 00:46:56,750 --> 00:46:57,750 Por favor. 506 00:47:03,458 --> 00:47:04,750 Por favor. 507 00:47:54,916 --> 00:47:57,833 "Auga por todas partes. Para beber, nin unha gota." 508 00:47:59,208 --> 00:48:01,583 Non queda moita cousa limpa, refuxiada. 509 00:48:02,875 --> 00:48:04,041 Xa verás. 510 00:48:05,208 --> 00:48:06,666 Iso é o que lle pasou? 511 00:48:08,958 --> 00:48:10,125 A radiación? 512 00:48:11,041 --> 00:48:12,458 Algo así. 513 00:48:26,541 --> 00:48:29,541 REFUXIO DE VAULT-TEC 514 00:49:08,000 --> 00:49:10,083 Listo para coñecer os xefes? 515 00:49:10,083 --> 00:49:11,750 Tentarei non avergonzarte. 516 00:49:12,750 --> 00:49:14,166 Pero non prometo nada. 517 00:49:15,833 --> 00:49:17,833 - Señor Howard. - Ola. 518 00:49:17,833 --> 00:49:20,416 - Un gusto coñecelo. - O mesmo digo. 519 00:49:20,416 --> 00:49:22,541 En nome da familia de Vault-Tec, 520 00:49:22,541 --> 00:49:24,250 estamos moi contentos 521 00:49:24,250 --> 00:49:26,666 de que Barb puidera chegar ata vostede. 522 00:49:26,666 --> 00:49:29,083 É o meu primeiro anuncio. 523 00:49:30,916 --> 00:49:33,291 Pediumo a miña muller, así que... 524 00:49:34,500 --> 00:49:35,500 Xa. 525 00:49:36,041 --> 00:49:36,875 Moi ben. 526 00:49:36,875 --> 00:49:38,041 Por aquí? 527 00:49:40,833 --> 00:49:41,833 Moi ben. 528 00:49:46,125 --> 00:49:48,625 Grazas, moitas grazas. 529 00:49:50,291 --> 00:49:52,833 Grazas. Este traxe vaime apertado. 530 00:49:52,833 --> 00:49:54,625 Dis que bloquea a radiación? 531 00:49:57,458 --> 00:49:58,750 Totalmente. 532 00:49:58,750 --> 00:50:00,166 Se podo dicir algo... 533 00:50:00,166 --> 00:50:04,375 Estades a facer un traballo incrible. E... 534 00:50:04,375 --> 00:50:07,666 agradézovolo, en nome de todo estadounidense de ben. 535 00:50:09,958 --> 00:50:11,875 Grazas a vós. 536 00:50:12,500 --> 00:50:14,333 Veña, imos aló. 537 00:50:19,541 --> 00:50:20,583 Que tal así? 538 00:50:27,916 --> 00:50:29,041 Non sei. 539 00:50:33,166 --> 00:50:34,708 Teño unha idea. 540 00:50:34,708 --> 00:50:37,250 E se subo os polgares? 541 00:50:37,750 --> 00:50:38,875 Dálle, Coop. 542 00:50:39,458 --> 00:50:41,291 Chamácheslle Coop? 543 00:53:37,583 --> 00:53:39,583 Subtítulos: Natalia L. Prieto 544 00:53:39,583 --> 00:53:41,666 Supervisora creativa: Paula Maneiro