1 00:00:06,083 --> 00:00:09,958 ANTERIORMENTE EN FALLOUT 2 00:00:17,458 --> 00:00:19,250 Para! Lucy! 3 00:00:20,000 --> 00:00:21,583 Busco o meu pai. 4 00:00:22,250 --> 00:00:23,750 Ti es o meu todo. 5 00:00:24,750 --> 00:00:27,208 Foi secuestrado por unha muller chamada Moldaver. 6 00:00:27,625 --> 00:00:28,875 Ten que volver á casa. 7 00:00:28,958 --> 00:00:31,458 Os refuxiados corren perigo aquí. 8 00:00:32,540 --> 00:00:35,250 Vén dun mundo rexido por regras e leis. 9 00:00:35,291 --> 00:00:38,250 Aquí, todo iso é moi indiferente. 10 00:00:39,083 --> 00:00:40,541 Non vou volver sen meu pai. 11 00:00:40,625 --> 00:00:42,958 Terá que adaptarse. 12 00:00:44,833 --> 00:00:46,333 Ten recompensa. 13 00:00:47,291 --> 00:00:50,833 Si. Alguén fuxiu do Enclave. 14 00:00:51,375 --> 00:00:52,416 OBXECTIVO 15 00:00:52,500 --> 00:00:55,291 Este obxectivo ten con el un obxecto 16 00:00:55,375 --> 00:00:57,708 co profundo potencial 17 00:00:58,875 --> 00:01:00,375 de danar a nosa nación 18 00:01:02,750 --> 00:01:04,250 ou salvala. 19 00:01:07,375 --> 00:01:08,250 Onde está? 20 00:01:08,333 --> 00:01:10,500 Non pode tratar así a xente. 21 00:01:12,125 --> 00:01:13,416 E iso por que? 22 00:01:15,083 --> 00:01:16,541 Pola regra de ouro. 23 00:01:17,500 --> 00:01:20,291 "Non lles fagas a outros o que non queres para ti." 24 00:01:23,333 --> 00:01:24,958 Que é vostede? 25 00:01:25,666 --> 00:01:27,458 Son ti, ruliña. 26 00:01:35,333 --> 00:01:38,000 Dálle unha chisca de tempo. 27 00:01:40,791 --> 00:01:43,291 Vault-Tec é a empresa máis grande dos EUA. 28 00:01:43,375 --> 00:01:46,583 Invístense moitos cartos na venda da fin do mundo. 29 00:01:46,666 --> 00:01:48,583 - Que é isto? - Un micrófono. 30 00:01:48,666 --> 00:01:50,250 Quere que espíe a miña muller? 31 00:01:50,583 --> 00:01:52,833 Asegurareime de que a xente que quero, 32 00:01:52,916 --> 00:01:54,708 ou sexa, ti e mais Janey, 33 00:01:54,791 --> 00:01:58,583 entremos nun Refuxio para altos cargos. 34 00:02:00,166 --> 00:02:03,000 Os EUA están inmersos nunha guerra de recursos. 35 00:02:03,083 --> 00:02:05,416 Vault-Tec mercou o remate desa guerra. 36 00:02:05,500 --> 00:02:08,500 Fusión fría, enerxía infinita. 37 00:02:12,416 --> 00:02:14,625 Unha catástrofe nuclear é unha traxedia, 38 00:02:14,708 --> 00:02:16,375 pero tamén unha oportunidade. 39 00:02:17,541 --> 00:02:19,000 E a guerra, pois… 40 00:02:21,708 --> 00:02:23,250 nunca cambia. 41 00:02:29,208 --> 00:02:30,583 O chip está esnaquizado. 42 00:02:30,666 --> 00:02:34,166 O Refuxio só ten auga para manter a poboación viva dous meses. 43 00:02:34,250 --> 00:02:36,750 Somos afortunados. 44 00:02:36,958 --> 00:02:40,666 Tres Refuxios para previr ameazas. 45 00:02:40,750 --> 00:02:43,791 Non é raro que o supervisor sempre proceda do 31? 46 00:02:44,041 --> 00:02:45,541 Steph é do 31. 47 00:02:48,041 --> 00:02:50,875 Outros mudaranse ó Refuxio 32 48 00:02:50,958 --> 00:02:52,583 e comezarán de cero. 49 00:02:57,875 --> 00:03:00,125 Meu pai vén de aquí? 50 00:03:02,250 --> 00:03:05,333 Estes son Os colegas de Bud, os meus colegas. 51 00:03:05,416 --> 00:03:08,333 Executivos novos e ben formados 52 00:03:08,416 --> 00:03:10,333 do meu propio programa. 53 00:03:10,416 --> 00:03:12,125 HANK ENTRADA: 2077 - SAÍDA: 2268 54 00:03:12,208 --> 00:03:15,000 O futuro da humanidade resúmese nunha palabra. 55 00:03:16,125 --> 00:03:17,208 Xestión. 56 00:03:17,291 --> 00:03:18,750 Teño que volver á casa. 57 00:03:19,416 --> 00:03:20,291 Non! 58 00:03:23,875 --> 00:03:26,000 Non me chamo Titus, senón Maximus. 59 00:03:26,458 --> 00:03:29,583 Titus era o cabaleiro que posuíu este traxe antes ca min. 60 00:03:32,833 --> 00:03:34,208 Es unha boa persoa. 61 00:03:34,541 --> 00:03:36,000 O Ermo é tremebundo. 62 00:03:40,333 --> 00:03:41,541 A Irmandade. 63 00:03:42,958 --> 00:03:44,875 Non deixarán de buscar o artefacto. 64 00:03:50,208 --> 00:03:51,333 Búscame. 65 00:03:52,458 --> 00:03:53,541 Fareino. 66 00:04:03,125 --> 00:04:04,791 Devólveme o meu pai. 67 00:04:05,916 --> 00:04:07,291 Pero primeiro, 68 00:04:08,791 --> 00:04:10,916 e se che conto quen é en realidade? 69 00:04:12,791 --> 00:04:14,416 Shady Sands. 70 00:04:15,416 --> 00:04:18,707 Teu pai queimou a cidade enteira. 71 00:04:21,750 --> 00:04:23,250 Sobreviviría alguén? 72 00:04:26,332 --> 00:04:27,375 Eu. 73 00:04:27,457 --> 00:04:28,750 BOTELLAS DE LEITE 74 00:04:29,957 --> 00:04:32,457 Se o problema do mundo son faccións 75 00:04:32,541 --> 00:04:35,207 en eterna loita, sempre en guerra, 76 00:04:35,291 --> 00:04:39,207 que solución queda, alén de eliminar as faccións? 77 00:04:39,916 --> 00:04:41,666 Para crearmos o mundo. 78 00:04:42,457 --> 00:04:44,000 Construílo de cero. 79 00:04:51,541 --> 00:04:53,875 Ves o que este lugar lle fai á xente? 80 00:04:57,041 --> 00:04:59,457 Esperei máis de 200 anos 81 00:05:00,166 --> 00:05:03,583 para facer unha soa pregunta. 82 00:05:05,583 --> 00:05:07,458 Onde carallo está a miña familia? 83 00:05:14,750 --> 00:05:18,832 É máis doado rastrexar un malandrín que preguntar a onde se dirixe. 84 00:05:21,625 --> 00:05:23,166 Podes quedar aquí con el 85 00:05:23,250 --> 00:05:25,791 ou podes vir coñecer os teus creadores. 86 00:05:33,957 --> 00:05:35,000 Moi ben. 87 00:05:40,916 --> 00:05:44,957 Gloria a Maximus! 88 00:05:45,041 --> 00:05:46,750 Gloria a Maximus! 89 00:05:47,666 --> 00:05:49,500 Se miras para este Ermo, 90 00:05:50,291 --> 00:05:51,875 parece que hai caos. 91 00:05:54,207 --> 00:05:56,416 Pero sempre hai alguén tralo volante. 92 00:06:13,250 --> 00:06:17,916 O HOME QUE O SABÍA 93 00:06:31,082 --> 00:06:33,166 Como podo mellorarlle o día? 94 00:06:37,541 --> 00:06:39,250 FOLGA CONTRA ROBCO ROBOT=SARNA 95 00:06:39,332 --> 00:06:42,332 En RobCo Industries preocúpanos 96 00:06:42,416 --> 00:06:45,666 eliminar as redundancias no traballo. 97 00:06:46,250 --> 00:06:48,207 Se o goberno precisa unha man 98 00:06:48,291 --> 00:06:50,750 na resolución das disputas internacionais… 99 00:06:50,832 --> 00:06:52,791 ROBERT HOUSE FUNDADOR DE ROBCO 100 00:06:52,875 --> 00:06:54,332 …xa saben a quen chamar. 101 00:06:54,416 --> 00:06:56,250 É un parasito de moito coidado. 102 00:06:57,582 --> 00:06:59,416 Non votamos polo imbécil este. 103 00:07:00,791 --> 00:07:01,791 Si tal. 104 00:07:10,541 --> 00:07:12,875 Cada dólar gastado é un voto emitido. 105 00:07:13,875 --> 00:07:15,541 E ese señor que ven aí 106 00:07:16,250 --> 00:07:20,750 ten máis votos ca calquera cabeza choca de Washington. 107 00:07:23,250 --> 00:07:25,125 É o seu maior admirador? 108 00:07:29,375 --> 00:07:30,250 Pois si. 109 00:07:31,791 --> 00:07:33,207 Diría que si. 110 00:07:35,457 --> 00:07:37,957 E se a vontade desta nación foi dotalo 111 00:07:38,041 --> 00:07:40,500 cunha notable parte da súa riqueza, pois… 112 00:07:41,666 --> 00:07:44,041 que me parta un raio se iso é malo. 113 00:07:45,707 --> 00:07:48,125 A que se dedica, amigo? 114 00:07:50,041 --> 00:07:51,082 Á construción. 115 00:07:52,957 --> 00:07:55,625 Daquela usará a pistola de cravos H&H. 116 00:07:56,666 --> 00:07:57,957 Un aparello marabilloso. 117 00:07:59,207 --> 00:08:02,291 Bo agarre. Funciona á perfección. 118 00:08:02,375 --> 00:08:04,750 Mellor cós martelos de antes, non si? 119 00:08:05,666 --> 00:08:07,333 Non está agradecido? 120 00:08:09,166 --> 00:08:10,000 Agradecido? 121 00:08:11,750 --> 00:08:13,625 Trabucácheste de bar, campión. 122 00:08:16,916 --> 00:08:18,207 Obsolescencia. 123 00:08:20,082 --> 00:08:21,082 Manda truco con ela. 124 00:08:22,332 --> 00:08:24,375 Intento pórme na súa pel, 125 00:08:24,957 --> 00:08:27,582 pero éme difícil finxir ser tan parvo 126 00:08:27,666 --> 00:08:29,957 como para que me sorprenda o inevitable. 127 00:08:39,082 --> 00:08:42,250 Pégueme na boca. Vaime prestar. 128 00:08:50,750 --> 00:08:54,208 Equivoqueime, cousa rara, pero sigamos. 129 00:09:03,875 --> 00:09:08,291 Aquí hai 31 millóns de dólares. 130 00:09:12,000 --> 00:09:16,875 Que faría por todos eses cartos? 131 00:09:20,041 --> 00:09:21,041 Quedou sen ideas? 132 00:09:22,000 --> 00:09:24,583 Non me sorprende. Pódolle dar unha? 133 00:09:34,915 --> 00:09:38,665 Déixeme instalarlle isto na caluga. 134 00:09:40,083 --> 00:09:41,165 Que raios é iso? 135 00:09:44,208 --> 00:09:47,333 Digamos que se trata dun clásico estudo de mercado. 136 00:09:48,208 --> 00:09:52,750 Só lle pido que coloque isto na caluga 137 00:09:52,833 --> 00:09:55,750 e eses flamantes billetes serán todos seus. 138 00:09:57,250 --> 00:09:59,625 E se che parto esas mans que nunca usaches? 139 00:09:59,708 --> 00:10:01,708 Nin o notarías. 140 00:10:01,791 --> 00:10:03,416 E marchamos cos cartos. 141 00:10:03,500 --> 00:10:05,750 - Estes ricos do carallo son… - En fin… 142 00:10:25,375 --> 00:10:27,541 Voulle pedir un favoriño de nada. 143 00:10:29,416 --> 00:10:30,833 Acabe cos seus amigos. 144 00:10:36,290 --> 00:10:38,540 Bill? 145 00:10:44,165 --> 00:10:46,415 Claro que usan a pistola de cravos H&H. 146 00:10:48,625 --> 00:10:49,790 Síntanse orgullosos. 147 00:10:51,375 --> 00:10:52,540 Isto pagárono vostedes. 148 00:11:37,750 --> 00:11:42,583 Aínda que acabe o mundo, o progreso continúa. 149 00:12:06,791 --> 00:12:08,291 Khans! 150 00:12:09,166 --> 00:12:12,000 Hoxe tráiovos algo moi emocionante. 151 00:12:18,541 --> 00:12:22,750 Este cabrón xa amolaba os Khans antes de naceren os vosos avós. 152 00:12:23,500 --> 00:12:24,916 E hoxe… 153 00:12:27,166 --> 00:12:30,875 un cazarrecompensas deixóunolo en bandexa. 154 00:12:31,666 --> 00:12:33,125 Imos saldar contas. 155 00:12:35,665 --> 00:12:37,040 Que che parece? 156 00:12:51,375 --> 00:12:52,958 Aí non había unha tenda? 157 00:12:54,833 --> 00:12:58,915 Creo que merquei un refresco aí hai 25 anos. 158 00:12:59,000 --> 00:13:00,458 Vas calar, hostia? 159 00:13:01,333 --> 00:13:04,083 - Temos xustiza que… - Darla! 160 00:13:04,166 --> 00:13:06,583 A dependenta chamábase Darla. 161 00:13:06,666 --> 00:13:09,083 Unha muller con bastante senso, 162 00:13:10,541 --> 00:13:13,333 ata que chegastes coas vosas chaquetiñas a xogo. 163 00:13:15,916 --> 00:13:19,666 Unha parola magnífica e tal, pero se vos parece ben, 164 00:13:20,500 --> 00:13:22,208 por min imos rematando. 165 00:13:24,833 --> 00:13:27,666 Non oídes ou que? Repítovolo máis alto: 166 00:13:28,708 --> 00:13:30,958 "Por min imos rematando." 167 00:13:37,583 --> 00:13:39,290 Imos rematando! 168 00:13:46,458 --> 00:13:47,665 Merda. 169 00:13:58,040 --> 00:13:59,375 Ola. Perdón. 170 00:14:00,083 --> 00:14:02,541 Ola. Desculpade. Perdón. 171 00:14:02,625 --> 00:14:04,291 Resolvédesme unha disputa 172 00:14:04,375 --> 00:14:06,833 que teño co meu compañeiro de viaxe? 173 00:14:06,916 --> 00:14:10,833 Imos detrás de meu pai, que non é trigo limpo, 174 00:14:10,916 --> 00:14:13,875 e durante a viaxe vímonos faltos de comida e víveres. 175 00:14:13,958 --> 00:14:17,083 O Plan A era deixarvos en paz e evitar esta situación, 176 00:14:17,166 --> 00:14:20,625 pero se o facemos, comezarei a morrer de fame. 177 00:14:21,333 --> 00:14:24,458 O Plan B, que foi idea súa, era que eu volo entregase 178 00:14:24,541 --> 00:14:27,750 para abrirdes a caixa forte e darme a recompensa. 179 00:14:27,833 --> 00:14:28,916 Dispara, hostia! 180 00:14:29,000 --> 00:14:31,916 Eu dispararíalle á soga, el roubaríavos as armas 181 00:14:32,000 --> 00:14:34,833 e usariamos a violencia necesaria para fuxirmos. 182 00:14:34,915 --> 00:14:37,625 E, polo que levo visto, é… 183 00:14:38,540 --> 00:14:41,125 Moita violencia. Daquela… 184 00:14:41,708 --> 00:14:44,125 Espero de verdade que aceptedes o Plan C. 185 00:14:46,500 --> 00:14:47,708 Cal é o Plan C? 186 00:14:50,875 --> 00:14:51,958 Deixádesnos marchar. 187 00:14:53,625 --> 00:14:55,000 Coas chapas da recompensa. 188 00:14:55,583 --> 00:14:58,165 Que quede claro, son por pura supervivencia. 189 00:15:02,041 --> 00:15:04,833 E teño que preguntar. Axuda se o pido por favor? 190 00:15:08,125 --> 00:15:10,666 Quen mate a rapaza pode comer o can. 191 00:15:12,583 --> 00:15:13,416 Moi ben. 192 00:15:20,291 --> 00:15:21,125 Ai, carafio! 193 00:15:30,000 --> 00:15:30,833 Merda! 194 00:15:39,540 --> 00:15:41,165 Afeccionada de merda. 195 00:15:51,583 --> 00:15:53,415 DENANTES MORTOS CA RENDIDOS! 196 00:17:16,000 --> 00:17:17,833 Sei que pensas que fas ben 197 00:17:18,708 --> 00:17:21,290 ó dispararlles nos xeonllos e no cu. 198 00:17:22,665 --> 00:17:24,750 Pero, sinceramente, non é así. 199 00:17:24,833 --> 00:17:27,290 Non vou desculparme por non matar xente. 200 00:17:31,416 --> 00:17:33,208 A min o único que me importa… 201 00:17:34,291 --> 00:17:36,166 é que lle dispares á puta soga. 202 00:17:44,125 --> 00:17:45,333 E non lle disparei? 203 00:18:28,125 --> 00:18:29,750 É igualiño ás fotos. 204 00:18:33,750 --> 00:18:35,250 Interceptaron as bombas. 205 00:18:36,666 --> 00:18:37,958 En fin, a maioría. 206 00:18:41,875 --> 00:18:43,625 E se o conseguiron nas Vegas, 207 00:18:43,708 --> 00:18:45,791 por que non no resto dos EUA? 208 00:18:47,541 --> 00:18:49,416 Porque non decidían varios. 209 00:18:50,125 --> 00:18:51,125 Decidía un só. 210 00:18:52,250 --> 00:18:54,291 Un que se chamaba Robert House. 211 00:18:56,333 --> 00:18:58,916 Talvez a túa familia está alí a salvo. 212 00:18:59,833 --> 00:19:01,541 Con House nunca estás a salvo. 213 00:19:07,833 --> 00:19:09,625 Para que iría meu pai ás Vegas? 214 00:19:39,791 --> 00:19:42,500 Hai moito potencial de ganancias coa fin do mundo. 215 00:19:49,958 --> 00:19:52,000 Como podedes garantir resultados? 216 00:19:54,958 --> 00:19:57,083 Botando a bomba nós mesmos. 217 00:20:05,125 --> 00:20:06,208 Janey? 218 00:20:06,291 --> 00:20:07,291 Ruliña. 219 00:20:07,375 --> 00:20:08,875 - Janey? - Papá! 220 00:20:08,958 --> 00:20:09,791 - Ola! - Papá. 221 00:20:09,875 --> 00:20:11,000 Ola! 222 00:20:15,916 --> 00:20:19,500 Escóitame. Vai ó teu cuarto, si? 223 00:20:19,583 --> 00:20:22,250 Elixe os teus tres conxuntos favoritos 224 00:20:22,333 --> 00:20:23,875 e o teu xoguete favorito. 225 00:20:24,750 --> 00:20:26,125 E logo vémonos aquí. 226 00:20:27,916 --> 00:20:28,750 Dálle logo. 227 00:20:54,833 --> 00:20:56,000 A onde imos, papá? 228 00:21:02,375 --> 00:21:05,708 A Bakersfield. Imos a Bakersfield, ruliña. Si? 229 00:21:08,000 --> 00:21:09,291 E logo mamá? 230 00:21:10,291 --> 00:21:11,583 Non vén connosco? 231 00:21:11,666 --> 00:21:14,500 Anunciamos que a proba do sistema de Alerta Civil 232 00:21:14,583 --> 00:21:17,458 do condado dos Ánxeles comezará en dez segundos. 233 00:21:21,625 --> 00:21:23,458 Veña! 234 00:21:45,791 --> 00:21:47,333 Ai, Deus, está pasando! 235 00:21:47,416 --> 00:21:48,625 Metédevos dentro! 236 00:21:51,666 --> 00:21:55,041 Iniciando proba. Repetimos. Só é unha proba. 237 00:21:55,666 --> 00:21:56,916 Só é unha proba. 238 00:21:57,541 --> 00:22:00,125 Temos que marchar xa! Imos morrer todos! 239 00:22:01,250 --> 00:22:02,208 Papá, teño medo. 240 00:22:04,041 --> 00:22:05,250 - Ven. - Teño medo. 241 00:22:05,333 --> 00:22:06,666 Non pasa nada. 242 00:22:14,083 --> 00:22:19,833 "PROTEXE OS TEUS" CON VAULT-TEC INDUSTRIES 243 00:22:23,458 --> 00:22:24,291 Non pasa nada. 244 00:22:26,333 --> 00:22:27,166 Tranquila. 245 00:22:54,333 --> 00:22:57,750 As reservas de auga esgótanse a un ritmo preocupante. 246 00:22:57,833 --> 00:23:01,375 Temos que reasignar enerxía ós filtros de auga temporais 247 00:23:01,458 --> 00:23:03,041 feitos cos repostos. 248 00:23:04,458 --> 00:23:05,666 Ola, xentiña. 249 00:23:07,458 --> 00:23:08,583 Axúdoche, Reg? 250 00:23:09,041 --> 00:23:10,250 Vistes a Norm? 251 00:23:10,333 --> 00:23:13,208 A Norm enviárono a un intercambio de liderazgo 252 00:23:13,291 --> 00:23:14,750 ó Refuxio 31. 253 00:23:14,833 --> 00:23:16,958 Todos avanzan neste mundo menos eu. 254 00:23:17,666 --> 00:23:21,875 Reg, esta comunidade sempre fixo o necesario para sobrevivir. 255 00:23:23,250 --> 00:23:24,333 Xa, supoño. 256 00:23:25,083 --> 00:23:26,708 E que? A que andades? 257 00:23:26,791 --> 00:23:27,791 Ó chip de auga. 258 00:23:28,458 --> 00:23:31,416 Precisámolo para sobrevivir. E está roto. 259 00:23:31,500 --> 00:23:33,541 Ai, si, claro, xa. 260 00:23:35,666 --> 00:23:37,000 Se queredes unha man… 261 00:23:37,083 --> 00:23:38,625 Non son enxeñeiro, pero… 262 00:23:39,958 --> 00:23:43,125 Un doutorado en Planificación de Eventos vale moito… 263 00:23:46,416 --> 00:23:48,791 Mellor distráete con outra cousa. 264 00:23:48,875 --> 00:23:50,625 Funda un club ou algo. 265 00:23:50,708 --> 00:23:51,583 Un club? 266 00:23:53,166 --> 00:23:54,000 De que? 267 00:23:54,083 --> 00:23:56,083 Vimos de pasar momentos moi duros. 268 00:23:56,166 --> 00:23:58,291 Podías crear un grupo para que a xente 269 00:23:58,375 --> 00:24:02,541 fale do que está a sentir. 270 00:24:02,625 --> 00:24:04,083 E que sinto eu? 271 00:24:05,125 --> 00:24:07,791 Vergoña. Inutilidade. 272 00:24:07,875 --> 00:24:08,958 Inútil non me sinto, 273 00:24:10,166 --> 00:24:11,416 pero o da vergoña vaime. 274 00:24:12,750 --> 00:24:13,958 Algo sacarei de aí. 275 00:24:15,250 --> 00:24:18,083 Pero preciso un orzamento para petiscos, claro. 276 00:24:18,166 --> 00:24:22,666 Envía unha solicitude e asinareina. 277 00:24:26,958 --> 00:24:28,291 Pesada é a coroa. 278 00:24:29,750 --> 00:24:31,458 Non o sabes ti ben. 279 00:24:32,666 --> 00:24:34,250 Non ves o mal que o paso? 280 00:24:34,333 --> 00:24:36,750 No 33 saía do meu cuarto 281 00:24:36,833 --> 00:24:39,291 e xiraba á dereita dúas veces ata o ascensor. 282 00:24:39,375 --> 00:24:44,083 Aquí no 32 son dous xiros á esquerda ata o ascensor. 283 00:24:44,166 --> 00:24:47,833 Xa. Voucho repetir. Aquí todo está na outra dirección. 284 00:24:47,916 --> 00:24:50,041 Fai o contrario do que facías. 285 00:24:51,708 --> 00:24:53,208 Non sei se é tan doado. 286 00:24:54,833 --> 00:24:55,666 É, si. 287 00:24:56,333 --> 00:24:59,916 Verás, como supervisora, debo preguntar. 288 00:25:00,833 --> 00:25:04,666 Isto implica algunha posible acción pola miña parte? 289 00:25:04,750 --> 00:25:06,708 É dicir, podo facer algo? 290 00:25:07,958 --> 00:25:09,041 Sinalización. 291 00:25:09,833 --> 00:25:12,250 Non, podería causar controversias. 292 00:25:12,333 --> 00:25:15,583 Talvez poderías encargar un estudo de viabilidade 293 00:25:15,666 --> 00:25:17,583 sobre se debemos sinalizalo. 294 00:25:27,083 --> 00:25:28,833 Vaia muller botaches, Chet. 295 00:25:28,916 --> 00:25:30,416 Non estamos casados. 296 00:25:30,500 --> 00:25:32,333 E que bebé tan bonitiño. 297 00:25:32,416 --> 00:25:33,458 Non é meu. 298 00:25:33,541 --> 00:25:34,916 Nunca tiven familia. 299 00:25:35,916 --> 00:25:36,750 Que pasou? 300 00:25:36,833 --> 00:25:38,041 A vida éche así. 301 00:25:39,250 --> 00:25:41,041 Aquí abaixo todo vai moi rápido. 302 00:25:41,625 --> 00:25:43,458 Eu tampouco teño familia, Davey. 303 00:25:43,541 --> 00:25:45,083 Pois aproveita. 304 00:25:49,250 --> 00:25:50,375 Por aquí, si. 305 00:25:58,125 --> 00:25:59,083 Vaia, es ti. 306 00:26:00,958 --> 00:26:03,666 O Davey ese, en fin… 307 00:26:04,958 --> 00:26:07,833 Mira que é inocentiño o pobre, pero é que… 308 00:26:10,958 --> 00:26:14,083 Só viña por se xa me conseguiras traballo. 309 00:26:14,166 --> 00:26:17,208 É que todos teñen. 310 00:26:18,083 --> 00:26:22,083 Se aínda non elixiches gardián, teño experiencia. 311 00:26:22,875 --> 00:26:25,083 Chet, estou ata arriba. 312 00:26:25,166 --> 00:26:27,125 Preciso alguén que mire polo bebé 313 00:26:27,208 --> 00:26:28,500 e xa se afixo a ti. 314 00:26:29,166 --> 00:26:33,416 Pero é que non é o meu fillo. 315 00:26:34,500 --> 00:26:37,083 Aínda que todos actúan coma se o fose. 316 00:26:37,166 --> 00:26:38,375 Chet… 317 00:26:38,458 --> 00:26:40,708 Pódeslle poñer nome polo menos? 318 00:26:40,791 --> 00:26:43,875 Os veciños xa deron en chamarlle Chet júnior. 319 00:26:43,958 --> 00:26:45,583 A min paréceme ben. 320 00:26:45,666 --> 00:26:49,625 Xa, pero é que Chet júnior é como se chamaba meu pai. 321 00:26:49,708 --> 00:26:51,833 Para min é bastante persoal. 322 00:26:51,916 --> 00:26:54,416 Lémbrame velo morrer na gran fame do gurgullo. 323 00:26:56,416 --> 00:27:00,083 Chet, non estaremos a discutir, non? 324 00:27:03,958 --> 00:27:05,083 Chet júnior, mallado. 325 00:27:14,875 --> 00:27:16,916 Que tal se che dan os ordenadores? 326 00:27:18,375 --> 00:27:20,000 Érache cousa de Norm. 327 00:27:20,083 --> 00:27:22,250 Pregúntalle polo terminal. 328 00:27:22,333 --> 00:27:23,916 Brillante idea. 329 00:27:24,000 --> 00:27:26,833 Enviareille unha mensaxe ó outro Refuxio. 330 00:27:37,833 --> 00:27:40,125 Veña. Moi ben. 331 00:27:47,541 --> 00:27:48,958 COMUNICACIÓN DESACTIVADA 332 00:27:49,041 --> 00:27:50,791 Carainas coas dirindainas! 333 00:27:51,583 --> 00:27:54,750 Non pode ser! "Comunicación desactivada entre Refuxios"? 334 00:27:55,166 --> 00:27:57,541 A ver. E el onde está? 335 00:27:58,125 --> 00:28:01,291 Onde estás? Voute coller. 336 00:28:01,375 --> 00:28:02,750 Voute coller! 337 00:28:03,458 --> 00:28:04,541 Estou indo. 338 00:28:05,291 --> 00:28:07,625 Mi madriña! Que desfeita. 339 00:28:07,708 --> 00:28:10,791 Es unha besta noxenta e porcallana, non si? 340 00:28:11,291 --> 00:28:13,625 Non esperarás que o limpe eu. 341 00:28:18,166 --> 00:28:20,875 Atopaches auga, pero non che queda comida. 342 00:28:20,958 --> 00:28:23,166 Espichala de fame é horrible. 343 00:28:24,875 --> 00:28:27,333 Ofrézoche unha solución moito máis digna 344 00:28:27,416 --> 00:28:29,625 que a que elixiches, fillo de Hank. 345 00:28:30,416 --> 00:28:32,500 Métete na cápsula crioxénica de teu pai. 346 00:28:33,541 --> 00:28:35,125 Non vou ser o teu prisioneiro. 347 00:28:35,583 --> 00:28:37,750 Xa es o meu prisioneiro. 348 00:28:37,833 --> 00:28:41,708 Só toca agardar que sexa seguro recolonizar a superficie 349 00:28:41,791 --> 00:28:44,583 e subiremos todos xuntiños no Día da Recuperación. 350 00:28:45,250 --> 00:28:46,541 E cando vai ser iso? 351 00:28:46,625 --> 00:28:49,583 Cando non quede ninguén que nos leve a contraria. 352 00:28:51,791 --> 00:28:53,208 Ou déixame volver. 353 00:28:54,375 --> 00:28:56,000 Daranse conta de que falto. 354 00:28:56,791 --> 00:28:58,500 Hai protocolos para todo. 355 00:28:58,583 --> 00:29:00,791 Mesmo para cando alguén falta dun Refuxio. 356 00:29:00,875 --> 00:29:02,708 A túa supervisora xestionarao. 357 00:29:02,791 --> 00:29:04,500 Ninguén vai vir por ti. 358 00:29:05,458 --> 00:29:08,708 Xa entrarás en razón cando teñas máis fame. 359 00:29:09,666 --> 00:29:12,333 Boa sorte para atopar comida cando non poidas ver. 360 00:29:15,916 --> 00:29:17,500 Vives no meu mundo. 361 00:29:18,625 --> 00:29:22,791 Estes tres Refuxios son produto de décadas de estratexias. 362 00:29:22,875 --> 00:29:26,208 O esforzo conxunto de centos das mellores mentes previas á guerra 363 00:29:26,291 --> 00:29:29,000 cos recursos dunha civilización en pleno funcionamento. 364 00:29:29,750 --> 00:29:33,666 Ti só es un revoltoso que foi polo corredor que non era. 365 00:29:34,666 --> 00:29:37,041 Que esperanzas vas ter ti contra o maior logro 366 00:29:37,125 --> 00:29:39,083 na historia da Integración Vertical? 367 00:29:40,541 --> 00:29:42,041 Asúmeo, fillo de Hank. 368 00:29:43,375 --> 00:29:44,916 Metícheste nunha boa 369 00:29:46,333 --> 00:29:48,708 e ninguén vai vir rescatarte. 370 00:30:02,750 --> 00:30:07,625 HANK MACLEAN ASISTENTE EXECUTIVO 371 00:30:24,333 --> 00:30:27,958 Cres que meu pai te vai guiar ata a túa familia? 372 00:30:28,666 --> 00:30:31,458 Pensas que a túa familia segue viva tras 200 anos, 373 00:30:31,541 --> 00:30:33,291 e a optimista son eu? 374 00:30:40,250 --> 00:30:41,208 Teu pai… 375 00:30:42,583 --> 00:30:44,625 Sempre facendo novos amigos. 376 00:31:10,875 --> 00:31:13,250 COCIÑADO CADA DÍA 377 00:31:13,333 --> 00:31:15,708 PASEN SÉRVESE COMIDA 378 00:31:15,791 --> 00:31:18,250 SOPA QUENTE E SABOROSA 379 00:31:18,333 --> 00:31:20,083 Seguro que o viu pasar. 380 00:31:24,500 --> 00:31:26,333 Podemos preguntarlle e punto. 381 00:31:33,333 --> 00:31:35,250 Perdoe. Ola. 382 00:31:36,541 --> 00:31:38,500 Quería un pratiño de… 383 00:31:38,583 --> 00:31:40,583 SOPA DE PULGAS DÚAS CHAPAS 384 00:31:42,083 --> 00:31:43,083 Sopa de pulgas. 385 00:31:44,541 --> 00:31:45,541 Claro. 386 00:31:50,458 --> 00:31:53,625 Non vería vostede por aquí… 387 00:32:03,833 --> 00:32:05,916 Se queres, tamén teño galletas. 388 00:32:06,791 --> 00:32:08,333 Nos outros pantalóns. 389 00:32:10,708 --> 00:32:11,791 Así está ben… 390 00:32:12,666 --> 00:32:14,375 Tómaa mentres está quente. 391 00:32:25,583 --> 00:32:28,875 Xa. Non vería por aquí… 392 00:32:28,958 --> 00:32:34,541 un home nunha especie de armadura enorme e metálica? 393 00:32:34,625 --> 00:32:36,166 Marchou co meu fillo. 394 00:32:37,416 --> 00:32:38,583 Seguro que o seu fillo… 395 00:32:38,666 --> 00:32:39,875 Está morto. 396 00:32:39,958 --> 00:32:41,875 Non o sabemos. 397 00:32:41,958 --> 00:32:42,833 Non. 398 00:32:42,916 --> 00:32:45,916 Seguro que está morto. Nunca tiven boa sorte. 399 00:32:47,541 --> 00:32:49,166 O cabrón debíame cartos. 400 00:32:52,250 --> 00:32:55,958 Lamento moito o do seu… diñeiro. 401 00:32:56,041 --> 00:32:57,541 Foi por aí. 402 00:32:58,541 --> 00:32:59,375 Grazas. 403 00:33:03,541 --> 00:33:07,125 Se atopades cartos no cadáver, son meus. 404 00:33:11,791 --> 00:33:12,625 Unha pregunta. 405 00:33:13,500 --> 00:33:16,166 Que pensas facer cando atopemos a teu pai? 406 00:33:17,041 --> 00:33:18,541 Faremos o de sempre? 407 00:33:19,208 --> 00:33:23,291 Dispáraslle nas cachas e remátoo eu cunha bala na cabeza? 408 00:33:25,833 --> 00:33:29,041 Non. Vouno levar ante a xustiza. 409 00:33:31,416 --> 00:33:33,125 Pensas que o merece? 410 00:33:33,208 --> 00:33:35,666 Todos o merecen, educáronme así. 411 00:33:35,750 --> 00:33:38,500 Así a xente sabe que a súa conduta importa 412 00:33:38,583 --> 00:33:40,041 e non perden a esperanza. 413 00:33:40,625 --> 00:33:44,166 Ti dis que a perdiches, pero no fondo segue aí. 414 00:33:46,791 --> 00:33:49,458 Lamento ter que dicircho eu, ruliña, 415 00:33:49,541 --> 00:33:51,500 pero educáronte fóra da realidade. 416 00:33:53,125 --> 00:33:56,166 Seino, pero mira a túa alternativa. 417 00:33:58,833 --> 00:34:00,583 Creo que intento dar exemplo. 418 00:34:07,875 --> 00:34:09,166 STARLIGHT AUTOCINE 419 00:34:09,250 --> 00:34:11,875 SESIÓN DOBRE UN HOME E O SEU CAN 3, COOPER HOWARD 420 00:34:49,291 --> 00:34:50,291 MAZA UN VERMELLO! 421 00:34:50,375 --> 00:34:51,791 Sentaron naquela mesa 422 00:34:51,875 --> 00:34:53,750 e falaron da fin do mundo 423 00:34:53,833 --> 00:34:56,458 como dunha nova estratexia de negocios. 424 00:34:57,083 --> 00:34:59,250 Seica escoitaches algo interesante. 425 00:35:00,625 --> 00:35:01,833 Como? Sabíalo? 426 00:35:03,291 --> 00:35:04,708 E agora ti tamén. 427 00:35:04,791 --> 00:35:07,000 Que imos facer ó respecto? 428 00:35:07,958 --> 00:35:10,000 Como que "que imos facer"? 429 00:35:10,083 --> 00:35:13,375 Xa che dixen que non son nin espía nin vermello. 430 00:35:13,458 --> 00:35:17,166 Son actor de Hollywood. Gústanme os cabalos e os coches. 431 00:35:17,250 --> 00:35:19,750 E resulta que tamén es famoso, 432 00:35:20,333 --> 00:35:22,583 e a fama é un poder pouco habitual. 433 00:35:22,666 --> 00:35:24,833 Entras en salas ás que eu non podo. 434 00:35:24,916 --> 00:35:26,625 Coñeces xente que eu nunca… 435 00:35:26,708 --> 00:35:28,375 Xente coma quen? 436 00:35:30,541 --> 00:35:32,416 Sóache de algo Robert House? 437 00:35:34,541 --> 00:35:37,666 Claro que me soa Robert House. 438 00:35:37,750 --> 00:35:39,458 A metade das Vegas é del. 439 00:35:39,541 --> 00:35:43,583 Tamén está a construír un sistema de mísiles privado nas Vegas 440 00:35:44,666 --> 00:35:49,166 con poder dabondo para cumprir a proposta da túa muller. 441 00:35:50,916 --> 00:35:52,541 Cando solten as bombas, 442 00:35:52,625 --> 00:35:55,583 será Robert House quen prema o botón. 443 00:35:58,291 --> 00:36:01,916 Estás a pedirme que espíe o home máis rico dos EUA? 444 00:36:03,625 --> 00:36:04,666 Que o espíes non. 445 00:36:11,791 --> 00:36:12,625 Entón queres… 446 00:36:13,958 --> 00:36:16,041 A túa muller vai ás Vegas para a semana 447 00:36:16,125 --> 00:36:19,333 venderlle a fusión fría a Robert House. 448 00:36:20,250 --> 00:36:23,791 Daquela terá todo o que precisa para premer ese botón, 449 00:36:23,875 --> 00:36:25,291 a non ser que llo impidas. 450 00:36:25,791 --> 00:36:27,166 Pórtate ben coa túa muller 451 00:36:28,125 --> 00:36:29,750 e vai con ela ás Vegas. 452 00:36:33,833 --> 00:36:34,791 A onde vas? 453 00:36:35,791 --> 00:36:38,375 Á casa, mentres aínda a teña. 454 00:36:38,958 --> 00:36:40,708 Cando o mundo arda, 455 00:36:41,375 --> 00:36:43,125 polo menos terás as mans limpas. 456 00:36:53,000 --> 00:36:54,000 Janey, vamos. 457 00:36:54,750 --> 00:36:56,375 Veña. 458 00:37:01,333 --> 00:37:04,625 Baixan as accións de West-Tek tras anunciarse 459 00:37:04,708 --> 00:37:08,500 que os seus produtos biolóxicos precisan máis probas 460 00:37:09,041 --> 00:37:11,291 e o propietario de RobCo, Robert House, 461 00:37:11,375 --> 00:37:14,833 causou hoxe conmoción ó falar da escalada da guerra. 462 00:37:14,916 --> 00:37:16,833 Nunha entrevista con Galaxy News, 463 00:37:16,916 --> 00:37:20,791 declarou que talvez a cuestión non sexa se acabará o mundo, 464 00:37:20,875 --> 00:37:23,416 senón simplemente quen premerá o botón. 465 00:37:23,875 --> 00:37:27,000 Afondaremos na nova tras unha breve pausa publicitaria. 466 00:37:33,500 --> 00:37:35,750 Que rico, ovos recheos! 467 00:38:01,541 --> 00:38:02,375 Benvida á casa. 468 00:38:18,583 --> 00:38:20,750 Seica papá colleu un desvío. 469 00:38:25,583 --> 00:38:27,458 Nunca vira un Refuxio coma este. 470 00:38:31,500 --> 00:38:33,541 Nada especial, polo que teño visto. 471 00:38:35,208 --> 00:38:36,791 Estiveches en moitos? 472 00:38:42,791 --> 00:38:43,833 Débenche gustar. 473 00:38:47,541 --> 00:38:51,708 Cada vez que poño un pé nunha destas caixas de cemento, 474 00:38:53,166 --> 00:38:55,583 acepto que ó mellor así descubro 475 00:38:55,666 --> 00:38:57,125 que lle pasou á miña muller… 476 00:38:58,083 --> 00:38:59,458 e á miña filla. 477 00:39:01,333 --> 00:39:04,416 Se están vivas, mortas ou… 478 00:39:06,166 --> 00:39:07,583 algo moito peor. 479 00:39:10,458 --> 00:39:11,291 Xa. 480 00:39:13,083 --> 00:39:14,666 Sei o dos experimentos. 481 00:39:15,666 --> 00:39:16,916 Estiven no Refuxio 4. 482 00:39:18,250 --> 00:39:20,458 O Refuxio 4 é o mellor dos casos. 483 00:39:21,750 --> 00:39:24,291 A verdade é que era algo máis raro có meu. 484 00:39:27,500 --> 00:39:28,583 Ti cres? 485 00:39:29,541 --> 00:39:32,166 Cantas vilas destruíron no Refuxio 4? 486 00:39:37,500 --> 00:39:38,333 Ábreo. 487 00:39:42,333 --> 00:39:44,958 PIP-BOY LIGAZÓN REMOTA 488 00:39:54,708 --> 00:39:56,416 Cres que meu pai está aí abaixo? 489 00:39:56,500 --> 00:39:57,958 O rastro indica que entrou. 490 00:39:59,458 --> 00:40:01,041 E tamén que saíu. 491 00:40:07,541 --> 00:40:09,000 O que me dá curiosidade… 492 00:40:10,750 --> 00:40:12,500 é saber para que veu. 493 00:40:21,541 --> 00:40:23,166 A ti non che dá curiosidade? 494 00:40:48,375 --> 00:40:50,791 Non foi culpa vosa nacer nun Refuxio. 495 00:40:51,708 --> 00:40:52,875 Dicídeo en alto. 496 00:40:52,958 --> 00:40:56,000 Non foi culpa miña nacer nun Refuxio. 497 00:40:56,083 --> 00:40:58,958 Tampouco que os vosos pais foran ou sexan parentes. 498 00:40:59,041 --> 00:41:00,916 Tampouco que os meus pais 499 00:41:01,000 --> 00:41:03,541 foran ou sexan parentes. 500 00:41:08,125 --> 00:41:10,000 Senta ben dicilo en alto, non? 501 00:41:11,916 --> 00:41:14,291 É só o primeiro paso. Crédeme. 502 00:41:15,041 --> 00:41:17,166 Como alguén que vén do outro lado, 503 00:41:17,250 --> 00:41:20,250 sei o que é preguntarse se te miran por riba do ombro 504 00:41:20,333 --> 00:41:22,083 pola túa árbore xenealóxica. 505 00:41:22,166 --> 00:41:24,375 A alguén normal encárnaselle unha uña 506 00:41:24,458 --> 00:41:27,000 e non é máis ca iso. 507 00:41:27,666 --> 00:41:28,583 Pero nós… 508 00:41:30,750 --> 00:41:34,208 temos que preguntarnos se é porque temos os xenes estragados, 509 00:41:35,416 --> 00:41:37,333 se estamos nós estragados. 510 00:41:39,333 --> 00:41:42,958 Daquela imos cambiar as regras, non? 511 00:41:45,375 --> 00:41:48,291 A prohibición da endogamia. Imos anulala, non? 512 00:41:49,375 --> 00:41:52,250 Non, non nos reunimos para iso. 513 00:41:52,333 --> 00:41:56,041 As regras están ben, pero por sermos produtos da endogamia 514 00:41:56,125 --> 00:41:58,416 non debemos sentirnos mal. Entendedes? 515 00:42:00,166 --> 00:42:01,166 Arreando. 516 00:42:09,291 --> 00:42:11,291 - Unha preguntiña. - Si, Marianne. 517 00:42:11,375 --> 00:42:13,291 Teño unha alerxia leve ó po. 518 00:42:14,166 --> 00:42:17,500 Ás veces pregúntome se sería culpa de meu pai 519 00:42:17,583 --> 00:42:21,291 por namorar da súa curmá, a miña nai. 520 00:42:21,375 --> 00:42:24,708 Pregúntome se haberá algunha relación biolóxica. 521 00:42:26,416 --> 00:42:29,125 Non estudei xenética, así que… 522 00:42:29,916 --> 00:42:32,666 - Vaia. - Pero podería ser culpa del. 523 00:42:33,333 --> 00:42:34,166 Sabíao! 524 00:42:34,708 --> 00:42:36,416 Uns petiscos xeniais, por certo. 525 00:42:38,333 --> 00:42:40,625 Miña nai sempre me viu como unha rival, 526 00:42:40,708 --> 00:42:43,250 nun reflexo da súa relación coa súa nai, 527 00:42:43,333 --> 00:42:46,041 quen namorara de meu pai, curmán quinto seu. 528 00:42:46,125 --> 00:42:48,916 Tódolos curmáns quintos eran cuartos dos segundos. 529 00:42:49,458 --> 00:42:51,000 A ver, non é xusto así… 530 00:42:53,333 --> 00:42:54,333 BENVIDOS Ó FUTURO! 531 00:42:54,416 --> 00:42:56,041 KIT DE APERITIVOS E ASEO 532 00:42:59,958 --> 00:43:01,541 Non falta moito. 533 00:43:04,166 --> 00:43:07,833 Debes estar a morrer de fame e sede. 534 00:43:08,666 --> 00:43:11,833 Por que torturarte así tendo unha cápsula tan cómoda 535 00:43:11,916 --> 00:43:13,833 na que podes meterte? 536 00:43:15,041 --> 00:43:16,250 Como era meu pai? 537 00:43:18,375 --> 00:43:19,583 Ambicioso. 538 00:43:21,416 --> 00:43:22,791 Por que veu aquí logo? 539 00:43:23,041 --> 00:43:24,833 Ser un dos Colegas de Bud 540 00:43:24,916 --> 00:43:27,291 era un posto moi cobizado daquela. 541 00:43:27,750 --> 00:43:29,791 Había solicitudes ata de Fresno. 542 00:43:31,083 --> 00:43:33,958 Comer iso parece boa idea, pero é tóxico. 543 00:43:34,041 --> 00:43:36,333 Sufrirás unha morte lenta e dolorosa. 544 00:43:37,041 --> 00:43:38,583 Se non aceptas a crioxénese, 545 00:43:38,666 --> 00:43:41,083 déixame inxectarche esta cousiña de nada. 546 00:43:41,666 --> 00:43:45,208 Facilitaríasnos a vida ós dous. 547 00:43:46,500 --> 00:43:47,500 Que provoca? 548 00:43:47,583 --> 00:43:50,458 Mátate. É rápido e indoloro. 549 00:43:50,833 --> 00:43:53,875 O teu corpo descompoñerase decontado en po, 550 00:43:53,958 --> 00:43:56,250 que circulará polo sistema de ventilación 551 00:43:56,333 --> 00:43:59,166 ata chegar ós campos de millo do teu fogar. 552 00:43:59,250 --> 00:44:01,208 Se o pensas, nin tan mal. 553 00:44:01,291 --> 00:44:05,458 Non terás que lidar coas dores de cabeza de estar vivo. 554 00:44:06,458 --> 00:44:09,416 Tes dúas opcións racionais. 555 00:44:10,000 --> 00:44:13,083 Métete na cápsula de teu pai… ou morre. 556 00:44:14,708 --> 00:44:17,166 Tes razón. Só teño dúas opcións racionais. 557 00:44:22,083 --> 00:44:23,916 Pero irracionais, moitas. 558 00:44:25,708 --> 00:44:26,708 Que fas? 559 00:44:27,833 --> 00:44:30,791 Botar 200 anos planeando para que saia todo ben. 560 00:44:30,875 --> 00:44:33,208 A min paréceme moito traballo, non? 561 00:44:33,291 --> 00:44:35,083 Retrocede. 562 00:44:36,375 --> 00:44:38,791 Creo que planificar está sobrevalorado. 563 00:44:40,416 --> 00:44:41,708 Que? Non, para. 564 00:44:41,791 --> 00:44:43,875 Preciso iso para ameazarte. Que fas? 565 00:44:44,583 --> 00:44:46,291 - Desconxelalos. - O que? 566 00:44:46,375 --> 00:44:48,708 Non podes desconxelalos sen máis. 567 00:44:51,958 --> 00:44:55,166 Só deben saír cada 30 anos. 568 00:44:55,250 --> 00:44:57,666 O teu plan non ten xeito. É caótico. 569 00:44:57,750 --> 00:44:59,583 Concordo. Os plans son complicados. 570 00:45:00,708 --> 00:45:01,666 O caos, porén… 571 00:45:02,708 --> 00:45:03,708 O caos é doado. 572 00:45:45,541 --> 00:45:47,583 Máis chaquetas a xogo. 573 00:45:53,916 --> 00:45:56,625 Vault-Tec deixou entrar comunistas nos Refuxios? 574 00:45:58,083 --> 00:45:59,750 Non sei eu se deixarían. 575 00:46:13,541 --> 00:46:17,500 Antes o colectivo có individual. 576 00:46:24,125 --> 00:46:27,333 Estes dous camaradas, cooperando individualmente… 577 00:46:34,291 --> 00:46:37,250 O inimigo elixiu un produto dun perigo mortal, 578 00:46:37,333 --> 00:46:39,208 pero polo interese do pobo… 579 00:46:39,958 --> 00:46:43,083 Nós eliximos as persoas antes ca o produto. 580 00:46:53,666 --> 00:46:54,916 Son estadounidenses. 581 00:46:56,625 --> 00:46:58,708 O Refuxio converteunos en comunistas. 582 00:47:10,208 --> 00:47:14,125 A morte pola revolución non será en van. 583 00:47:21,083 --> 00:47:22,500 SISTEMA OPERATIVO ROBCO 584 00:47:26,958 --> 00:47:30,833 Antes o colectivo có individual. 585 00:47:33,708 --> 00:47:36,375 DATOS NON DISPOÑIBLES TERMINAL BLOQUEADO 586 00:47:38,083 --> 00:47:39,625 Meu pai levou o disco duro. 587 00:48:13,250 --> 00:48:14,875 SUGAR BOMBS CEREAIS 588 00:48:41,166 --> 00:48:42,625 Ola, Sugarbomb. 589 00:48:47,541 --> 00:48:50,208 Seica teu pai levou unha cobaia. 590 00:48:55,666 --> 00:48:56,958 Que queres? 591 00:48:59,000 --> 00:49:03,833 Eu… arranxo… todo. 592 00:49:04,958 --> 00:49:07,291 Volve á casa… 593 00:49:08,583 --> 00:49:09,875 Sugarbomb. 594 00:49:11,166 --> 00:49:12,333 Volve á casa. 595 00:49:14,375 --> 00:49:15,250 Volve á casa! 596 00:49:17,875 --> 00:49:19,000 Volve… 597 00:49:50,958 --> 00:49:53,541 Viras a teu pai usar unha destas algunha vez? 598 00:49:55,291 --> 00:49:56,166 Non. 599 00:49:58,708 --> 00:50:00,166 Vas seguir o consello del? 600 00:50:04,000 --> 00:50:05,500 Seguirá mancando xente. 601 00:50:06,916 --> 00:50:08,208 Non me digas? 602 00:50:12,458 --> 00:50:14,041 Daquela, marchamos. 603 00:51:40,750 --> 00:51:41,750 Ten… 604 00:51:42,791 --> 00:51:47,833 462 311 mensaxes sen ler. 605 00:51:49,333 --> 00:51:50,583 Pois imos alá. 606 00:52:50,500 --> 00:52:55,416 COMUNICACIÓNS GLOBAIS 607 00:53:20,375 --> 00:53:23,500 Aquí Hank MacLean, ó seu servizo, señor. 608 00:53:26,375 --> 00:53:28,708 Ninguén en Vault-Tec sabe que estou aquí. 609 00:53:31,333 --> 00:53:34,041 Xa ninguén sabe case nada en Vault-Tec. 610 00:53:37,166 --> 00:53:38,833 Quería dicirlle que sigo vivo. 611 00:53:40,916 --> 00:53:41,916 Vostede tamén? 612 00:53:42,791 --> 00:53:46,041 En fin, non o dubido. 613 00:53:46,125 --> 00:53:51,791 Pasou moito tempo calculando as posibles continxencias. 614 00:53:56,041 --> 00:53:57,208 Eu estiven ocupado. 615 00:53:57,791 --> 00:53:59,791 Agora estou nas Vegas, 616 00:53:59,875 --> 00:54:02,125 de volta no seu territorio. 617 00:54:03,125 --> 00:54:05,416 Quero retomalo onde o deixaron. 618 00:54:08,083 --> 00:54:10,208 Algúns experimentos do Refuxio 619 00:54:10,291 --> 00:54:11,708 deron con certos obstáculos. 620 00:54:13,666 --> 00:54:17,125 Vexo que 24 progresou na interface do ordenador cerebral. 621 00:54:20,083 --> 00:54:22,875 Velaquí, a miniaturización. 622 00:54:26,333 --> 00:54:28,166 Todo precisa integrarse, 623 00:54:29,291 --> 00:54:31,666 e sei que se me poño mans á obra, 624 00:54:31,750 --> 00:54:33,125 podo rematar o traballo. 625 00:54:35,250 --> 00:54:38,166 Logo poderemos falar por fin do meu ascenso. 626 00:54:44,291 --> 00:54:46,375 Vou completar a obra que iniciou. 627 00:54:47,500 --> 00:54:51,208 Cando todo remate, será vostede quen me suplique axuda. 628 00:55:16,625 --> 00:55:19,000 BASEADA NA SERIE DE VIDEOXOGOS FALLOUT 629 00:56:18,125 --> 00:56:22,041 ESTA TEMPADA EN FALLOUT 630 00:56:22,833 --> 00:56:23,833 Xuntos, 631 00:56:25,375 --> 00:56:26,916 cumpriremos a nosa promesa. 632 00:56:30,375 --> 00:56:33,291 Mellorar este mundo caído. 633 00:56:35,625 --> 00:56:37,125 Perdón por interromper. 634 00:56:39,208 --> 00:56:41,666 Entendo que se ía falar da guerra civil. 635 00:56:46,250 --> 00:56:47,833 A Mancomunidade vainos matar. 636 00:56:47,916 --> 00:56:49,000 Non se o impido. 637 00:56:50,708 --> 00:56:51,791 Que dicimos sempre? 638 00:56:51,875 --> 00:56:54,916 A maioría de nenos non chegan a esta idade! 639 00:56:57,916 --> 00:56:59,583 Busco a alguén. 640 00:56:59,666 --> 00:57:01,583 E que pensas facer ó atopalo? 641 00:57:01,666 --> 00:57:03,500 Que dis, señorita MacLean? 642 00:57:05,541 --> 00:57:08,000 Pode que a túa familia siga viva, 643 00:57:08,541 --> 00:57:11,958 pero non esperes que admiren a persoa que es agora. 644 00:57:14,416 --> 00:57:16,041 SALA DE CONFERENCIAS 645 00:57:18,958 --> 00:57:21,541 Hai xente peor ca min, Coop. 646 00:57:23,958 --> 00:57:26,000 Xa sabes o que se di nas Vegas, 647 00:57:26,958 --> 00:57:29,958 todos gañan nalgún momento. 648 00:57:30,625 --> 00:57:33,125 E todos perden, segundo a miña experiencia. 649 00:57:33,583 --> 00:57:35,000 Excepto un home. 650 00:57:39,208 --> 00:57:40,458 Señor Howard, 651 00:57:41,708 --> 00:57:44,750 sei que veu ás Vegas para matarme. 652 00:57:47,166 --> 00:57:48,291 Non si? 653 00:57:50,791 --> 00:57:54,000 Aínda non sei que papel xoga exactamente na fin do mundo, 654 00:57:54,083 --> 00:57:55,666 pero vostede si que o sabe. 655 00:57:59,750 --> 00:58:01,083 Se non nos axudas, 656 00:58:01,166 --> 00:58:04,208 despídete do Refuxio 33. 657 00:58:05,000 --> 00:58:06,208 Papá, se me escoitas, 658 00:58:07,000 --> 00:58:08,291 que pasará co Refuxio? 659 00:58:22,125 --> 00:58:24,375 SIMULACIÓN 660 00:58:27,000 --> 00:58:28,375 A miña Sugarbombiña. 661 00:59:55,291 --> 00:59:57,291 Subtítulos: Abraham Díaz López 662 00:59:57,375 --> 00:59:59,375 Supervisora creativa: Magdalena Sánchez