1 00:00:06,041 --> 00:00:09,916 ANTERIORMENTE EN FALLOUT 2 00:00:10,750 --> 00:00:13,208 Chámome Diane Welch, 3 00:00:13,291 --> 00:00:16,250 congresista do distrito de Glendale. 4 00:00:16,375 --> 00:00:21,625 Non creo que Washington se poida permitir máis influxo privado. 5 00:00:23,458 --> 00:00:25,208 "A guerra nunca cambia." 6 00:00:25,291 --> 00:00:27,458 Coñezo os teus plans, Barb. 7 00:00:27,875 --> 00:00:28,875 Por Janey? 8 00:00:29,833 --> 00:00:30,833 Non o farías? 9 00:00:31,500 --> 00:00:34,250 Hai xente peor ca min, Coop. 10 00:00:34,541 --> 00:00:36,041 Temos que vendelo fixo. 11 00:00:36,166 --> 00:00:38,833 Darémosllo á persoa axeitada. 12 00:00:42,375 --> 00:00:43,333 Parádeos! 13 00:00:43,416 --> 00:00:45,416 Preme o botón. É o único xeito. 14 00:00:52,583 --> 00:00:55,541 Só quedamos ti e mais eu, Betts. 15 00:00:56,208 --> 00:00:58,833 A crise de auga do 33 está a empeorar. 16 00:01:03,416 --> 00:01:05,750 Hai unha caixa de lembranzas. 17 00:01:05,833 --> 00:01:08,250 Hank tróuxoa consigo ó Refuxio 31. 18 00:01:08,375 --> 00:01:11,041 Está pechada, pero se ma traes, 19 00:01:11,125 --> 00:01:13,833 pensarei o de darvos acceso á auga. 20 00:01:14,958 --> 00:01:16,666 VIRUS DE EVOLUCIÓN FORZADA 21 00:01:16,750 --> 00:01:18,416 "Virus de Evolución Forzada…" 22 00:01:43,291 --> 00:01:44,333 É…? 23 00:01:44,416 --> 00:01:45,250 Merda. 24 00:01:45,333 --> 00:01:46,500 Ola. 25 00:01:47,208 --> 00:01:48,625 STEPHANIE HARPER CANADENSE 26 00:01:53,291 --> 00:01:54,583 Viches a Woody? 27 00:01:56,500 --> 00:01:57,875 Non, eh? 28 00:01:57,958 --> 00:01:59,208 Que pasa con Woody? 29 00:02:03,708 --> 00:02:05,791 STEPH E CHET CASAN! MAÑÁ ÁS 15:00 30 00:02:24,958 --> 00:02:25,916 Aí veñen! 31 00:02:26,000 --> 00:02:27,625 - Marcha! Soltádea! - Aí veñen! 32 00:02:27,958 --> 00:02:28,833 Correde! 33 00:02:33,541 --> 00:02:38,583 CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE CIDADE URANIO ÁREA RESTRINXIDA 34 00:02:52,625 --> 00:02:53,458 Non! 35 00:03:08,375 --> 00:03:10,083 - Ceo santísimo. - Mamá. 36 00:03:10,750 --> 00:03:13,958 Alto. Volvede ó campo, pailanas. 37 00:03:14,541 --> 00:03:17,458 Dade a volta e botade a camiñar ou disparo. 38 00:03:19,000 --> 00:03:20,000 Que carallo…? 39 00:04:10,166 --> 00:04:11,333 Non. 40 00:04:13,000 --> 00:04:14,375 Déixame, amor. Tranquila. 41 00:04:14,458 --> 00:04:16,041 - Non. - Tranquila, ruliña. 42 00:04:16,916 --> 00:04:18,541 Vai cara ó sur. 43 00:04:18,625 --> 00:04:20,875 Cruza a fronteira e sigue cara ó sur. 44 00:04:22,125 --> 00:04:23,250 Busca a calor. 45 00:04:24,832 --> 00:04:26,332 Eduqueite no catolicismo, 46 00:04:27,082 --> 00:04:28,791 pero esquéceo todo. 47 00:04:28,875 --> 00:04:30,707 E esquece o que dixo esa xente. 48 00:04:30,791 --> 00:04:32,166 Vas vir comigo. 49 00:04:32,250 --> 00:04:33,875 Eu xa non podo, cariño. 50 00:04:35,791 --> 00:04:37,457 Os problemas vante asolagar. 51 00:04:39,166 --> 00:04:41,957 Ti asegúrate de manter a cabeza á tona. 52 00:04:43,332 --> 00:04:44,582 Cruza a fronteira, 53 00:04:44,666 --> 00:04:48,500 agárrate á póla máis alta que atopes e sobrevive. 54 00:04:54,916 --> 00:04:57,791 Se tes que mancar alguén, Deus non te xulgará. 55 00:04:57,875 --> 00:04:58,957 PORCO E FABAS 56 00:05:07,916 --> 00:05:10,791 FRONTEIRA INTERNACIONAL DO CANADÁ 57 00:05:15,916 --> 00:05:16,916 Ola, guapa. 58 00:05:17,582 --> 00:05:18,582 Pasaporte? 59 00:05:18,666 --> 00:05:19,832 ALFÁNDEGA 60 00:05:27,000 --> 00:05:28,625 Non os vexas como humanos, 61 00:05:30,250 --> 00:05:31,957 senón como estadounidenses. 62 00:06:11,125 --> 00:06:12,041 Grazas. 63 00:06:34,291 --> 00:06:35,541 Supoño que é un xeito 64 00:06:36,541 --> 00:06:38,416 de salvar o mundo. 65 00:06:40,666 --> 00:06:42,207 Pero está mal. 66 00:06:43,582 --> 00:06:46,332 O perfecto é inimigo do bo, Lucy. 67 00:06:54,125 --> 00:06:55,750 Que lles fai no cerebro? 68 00:06:56,832 --> 00:06:58,250 Ordénallelo. 69 00:07:00,166 --> 00:07:04,666 Bórralles da memoria os horrores que viviron. 70 00:07:04,750 --> 00:07:08,250 Este mando controla o nivel de amnesia 71 00:07:08,333 --> 00:07:11,791 e o ordenador central implántalles ideas novas na mente. 72 00:07:12,458 --> 00:07:16,500 Converte a xente do Ermo en xente ben intencionada. 73 00:07:24,041 --> 00:07:26,541 Vou pecharche o negocio e levarte á casa. 74 00:07:28,416 --> 00:07:29,291 Como o fago? 75 00:07:29,375 --> 00:07:31,791 O proceso rematado é irreversible. 76 00:07:32,707 --> 00:07:33,957 Xenial. 77 00:07:34,041 --> 00:07:35,832 E como impido que crees máis? 78 00:07:36,457 --> 00:07:40,000 Destruíndo o ordenador central, que programa as caixas. 79 00:07:40,082 --> 00:07:41,957 - Está no soto. - Como chego? 80 00:07:42,041 --> 00:07:43,291 Haiche unha tiradiña. 81 00:07:45,541 --> 00:07:46,791 O carriño de golf! 82 00:07:49,791 --> 00:07:51,291 Que é un carriño de golf? 83 00:07:54,750 --> 00:07:55,666 Lucy, 84 00:07:56,957 --> 00:07:58,166 valo pasar moi ben. 85 00:08:01,333 --> 00:08:02,291 Recto. 86 00:08:02,375 --> 00:08:03,708 Así, moi ben. 87 00:08:03,791 --> 00:08:06,125 Recto outra vez. Ben. 88 00:08:09,000 --> 00:08:11,541 Vas moi ben. Sigue acelerando. 89 00:08:13,125 --> 00:08:15,583 É difícil, pero non uses os dous pés. 90 00:08:16,916 --> 00:08:18,375 Pero hai dous pedais! 91 00:08:18,457 --> 00:08:21,582 Xa o sei, pero písalos por separado co mesmo pé. 92 00:08:21,666 --> 00:08:23,082 Non ten sentido ningún. 93 00:08:24,041 --> 00:08:24,957 Xa aprenderás. 94 00:08:26,332 --> 00:08:27,291 Vas moi ben. 95 00:08:30,625 --> 00:08:33,125 Oxalá tivésemos unha vida normal, Sugarbomb. 96 00:08:38,457 --> 00:08:39,625 Tiñámola, papá. 97 00:08:40,790 --> 00:08:41,790 E destruíchela. 98 00:08:57,000 --> 00:08:58,708 Velaquí o ordenador central. 99 00:09:00,750 --> 00:09:03,333 Preciso auga e potasio. 100 00:09:03,416 --> 00:09:04,708 Para un explosivo. 101 00:09:06,041 --> 00:09:09,375 - E se non temos potasio? - Conformaríame… 102 00:09:10,500 --> 00:09:11,833 - Veña, sábelo. - …con… 103 00:09:11,916 --> 00:09:12,750 Coidado co chan. 104 00:09:14,750 --> 00:09:16,000 Acabo de fregar. 105 00:09:21,083 --> 00:09:22,291 Grazas. 106 00:09:37,208 --> 00:09:38,875 A Lexión segue activa. 107 00:09:41,833 --> 00:09:42,750 Seino. 108 00:09:44,250 --> 00:09:45,750 Faranlles dano a moitos. 109 00:09:46,750 --> 00:09:47,750 Si. 110 00:09:50,875 --> 00:09:53,125 Coa túa creación poderías detelos. 111 00:09:57,708 --> 00:10:00,500 Poderiamos detelos xuntos, Lucy. 112 00:10:14,541 --> 00:10:19,291 REPÚBLICA DA NOVA CALIFORNIA 113 00:10:39,583 --> 00:10:40,583 Ola. 114 00:10:42,458 --> 00:10:44,750 Un par de necrófagos de paseo, non si? 115 00:10:54,833 --> 00:10:56,333 Cousas de necrófagos. 116 00:10:57,290 --> 00:10:58,625 Loitaches contra el? 117 00:10:58,708 --> 00:11:00,708 Si, pero levaba a servoarmadura. 118 00:11:01,291 --> 00:11:03,791 É moi difícil manexala. 119 00:11:03,875 --> 00:11:05,000 Cando ía nesa merda, 120 00:11:05,083 --> 00:11:08,291 foime imposible ata coller unha cunca na cafetería. 121 00:11:09,083 --> 00:11:10,958 Facemos ben en seguilo? 122 00:11:11,666 --> 00:11:13,333 Di que nos levará con Lucy. 123 00:11:14,875 --> 00:11:15,875 A onde imos? 124 00:11:17,500 --> 00:11:18,541 Ó Lucky 38. 125 00:11:20,333 --> 00:11:23,166 Imos na dirección contraria. As Vegas é por alá. 126 00:11:24,250 --> 00:11:25,625 Para salvar a túa moza 127 00:11:25,708 --> 00:11:28,333 hai que entrar nun Refuxio impenetrable. 128 00:11:28,416 --> 00:11:30,708 O mesmo no que está a miña familia. 129 00:11:30,791 --> 00:11:33,540 Para chegar, hai que cruzar o Strip. 130 00:11:34,583 --> 00:11:35,708 Para cruzar o Strip, 131 00:11:35,790 --> 00:11:37,833 hai que matar sanguinarios. 132 00:11:40,583 --> 00:11:41,915 Hai que equiparse. 133 00:11:42,915 --> 00:11:44,540 Lucy está nas Vegas? 134 00:11:44,958 --> 00:11:47,290 Xa vexo por que vos entendestes. 135 00:11:47,375 --> 00:11:48,915 Por que? 136 00:11:49,000 --> 00:11:51,250 Gústanvos de carallo as preguntas! 137 00:11:55,125 --> 00:11:56,458 E teño unha para ti. 138 00:12:00,583 --> 00:12:01,708 Como é que tes iso? 139 00:12:03,166 --> 00:12:05,708 Veña, antes de que a cousa vaia a máis, 140 00:12:06,625 --> 00:12:10,166 todos estaremos de acordo en que ten unha pistola. 141 00:12:10,250 --> 00:12:11,625 Abre a man. 142 00:12:15,458 --> 00:12:16,458 Déixalle vela. 143 00:12:29,041 --> 00:12:30,166 É para Lucy. 144 00:12:32,458 --> 00:12:35,290 É boa persoa. Fará o correcto con isto. 145 00:12:52,500 --> 00:12:54,790 Grazas por levar o meu amigo ó cuarto. 146 00:12:54,875 --> 00:12:56,165 Non é nada, señor. 147 00:12:57,583 --> 00:12:59,125 Moito verías nesta cidade. 148 00:13:02,458 --> 00:13:03,666 Oia. 149 00:13:03,750 --> 00:13:04,583 Si? 150 00:13:04,666 --> 00:13:07,416 Sóame a súa cara dos anuncios dos Refuxios. 151 00:13:07,500 --> 00:13:08,333 Xa. 152 00:13:11,000 --> 00:13:14,958 Non saberá como pode entrar nun unha rapaza co soldo mínimo? 153 00:13:15,791 --> 00:13:16,708 Síntoo, ruliña, 154 00:13:16,791 --> 00:13:19,375 pero os Refuxios non son como os pintan. 155 00:13:20,541 --> 00:13:23,541 O mellor que podemos esperar é 156 00:13:24,250 --> 00:13:27,916 que xente dabondo faga o correcto e que non sexan necesarios. 157 00:13:30,875 --> 00:13:33,165 Unha opinión moi sentimental, 158 00:13:34,625 --> 00:13:37,000 pero creo que me irá mellor nun Refuxio. 159 00:13:40,583 --> 00:13:43,583 Sabe se hai ofertas de traballo en Vault-Tec? 160 00:13:48,915 --> 00:13:49,833 Pregúntalle a el. 161 00:14:49,208 --> 00:14:51,040 - Ola. - Ola. 162 00:14:53,083 --> 00:14:54,875 Grazas por quedar comigo. 163 00:14:55,458 --> 00:14:57,208 Grazas por pagarme a fianza. 164 00:14:58,250 --> 00:14:59,833 Sei que é boa persoa… 165 00:15:01,916 --> 00:15:05,083 e sei que intenta facer o correcto. 166 00:15:06,208 --> 00:15:08,875 Quero crer na xente coma vostede, 167 00:15:09,708 --> 00:15:12,875 na que loita polo correcto, pero non o pon nada doado. 168 00:15:15,166 --> 00:15:17,375 Vina cos veteranos a semana pasada. 169 00:15:18,166 --> 00:15:21,583 Por que non aprende a xente boa a venderse mellor? 170 00:15:22,250 --> 00:15:23,250 Non sei. 171 00:15:23,958 --> 00:15:26,125 Como diría que lle foi a vostede? 172 00:15:30,500 --> 00:15:32,040 Canto sabe realmente 173 00:15:32,125 --> 00:15:34,875 da empresa que o puxo en todos eses anuncios? 174 00:15:36,250 --> 00:15:38,790 Máis do que sabía cando asinei o contrato. 175 00:15:38,875 --> 00:15:41,083 Sabe por que veu a súa dona ás Vegas? 176 00:15:42,000 --> 00:15:44,665 Van darlle a tecnoloxía máis poderosa do mundo 177 00:15:44,750 --> 00:15:46,375 ó home máis poderoso do mundo. 178 00:15:47,125 --> 00:15:50,125 Robert House quere o díodo para vivir para sempre 179 00:15:50,208 --> 00:15:52,833 e Vault-Tec recibirá as bombas a cambio. 180 00:15:54,208 --> 00:15:55,415 Cando o fagan… 181 00:15:56,000 --> 00:15:59,708 Só quedarán eles e iso é o que queren. 182 00:16:09,250 --> 00:16:11,583 E se o acordo da miña muller fracasa? 183 00:16:11,666 --> 00:16:12,750 Que faría vostede 184 00:16:13,708 --> 00:16:15,500 con enerxía infinita? 185 00:16:15,583 --> 00:16:17,666 Poñela a disposición do pobo. 186 00:16:23,958 --> 00:16:26,958 Sei como a transportan. 187 00:16:29,625 --> 00:16:32,250 Se puidese entregarlla, precisaría garantías. 188 00:16:33,165 --> 00:16:34,333 Non é por ofender… 189 00:16:34,415 --> 00:16:37,208 Non. Enténdoo. Eu tampouco ma daría a min mesma, 190 00:16:37,290 --> 00:16:39,415 pero por se axuda, 191 00:16:39,500 --> 00:16:42,000 hai dúas horas, un avión camuflado do goberno 192 00:16:42,083 --> 00:16:44,208 aterrou no aeroporto McCarran. 193 00:16:44,290 --> 00:16:47,875 O presidente dos Estados Unidos está nas Vegas. 194 00:16:47,958 --> 00:16:50,583 Que lle parecería darlla directamente a el? 195 00:16:50,665 --> 00:16:52,875 Conseguiríame unha reunión con el? 196 00:16:52,958 --> 00:16:53,790 Si. 197 00:16:57,458 --> 00:16:58,375 Estaría ben. 198 00:16:59,250 --> 00:17:01,083 Déalle o díodo 199 00:17:01,166 --> 00:17:04,500 e acabaremos esta noite con 25 anos de guerra de recursos. 200 00:17:18,500 --> 00:17:19,958 Manda truco. 201 00:17:45,500 --> 00:17:47,041 Ola, cariño. 202 00:17:52,708 --> 00:17:54,166 Seguro que xa o saberás, 203 00:17:54,250 --> 00:17:56,416 pero son un necrófago novato. 204 00:17:57,250 --> 00:17:59,375 Si. Aínda conservo o nariz. 205 00:18:00,166 --> 00:18:03,500 A verdade é que o peor é estar esperando que caia. 206 00:18:04,166 --> 00:18:07,416 "Veña, xa che toca ir caendo." Xa sabes. 207 00:18:08,750 --> 00:18:09,875 E saíume isto. 208 00:18:10,708 --> 00:18:11,833 É normal, non? 209 00:18:21,458 --> 00:18:22,375 Ben. 210 00:18:23,791 --> 00:18:25,916 Vou preparar isto, teño que… 211 00:18:26,000 --> 00:18:28,625 Hai miras telescópicas por aí? Avisádeme. 212 00:18:28,708 --> 00:18:30,750 Viríame moi ben unha mira. 213 00:18:30,833 --> 00:18:32,416 Non o entendo. 214 00:18:32,500 --> 00:18:34,375 Por que nos axudas? 215 00:18:36,041 --> 00:18:39,125 A ver, neste mundo non hai nada gratis. 216 00:18:39,791 --> 00:18:41,416 É unha transacción. 217 00:18:41,500 --> 00:18:43,541 Queres ir coa túa moza? 218 00:18:43,625 --> 00:18:46,625 Precisas armas para acabar cos sanguinarios. 219 00:18:47,208 --> 00:18:49,541 Pero se queres este arsenal, 220 00:18:49,625 --> 00:18:51,708 dáme o que levas no peto. 221 00:18:51,791 --> 00:18:53,000 Xa cho dixen. 222 00:18:54,000 --> 00:18:55,083 É para Lucy. 223 00:18:55,166 --> 00:18:57,416 Quéresllo dar a unha boa persoa 224 00:18:57,500 --> 00:18:59,541 para que salve o mundo? 225 00:19:00,791 --> 00:19:02,000 Enténdoo. 226 00:19:02,958 --> 00:19:06,333 Pero para salvar esa boa persoa, 227 00:19:07,291 --> 00:19:10,791 antes terás que darllo a unha persoa moi mala. 228 00:19:11,750 --> 00:19:16,000 En tódolos anos que levo vivo, só vin un home triunfar nas Vegas. 229 00:19:18,291 --> 00:19:19,875 Faremos o que facía el. 230 00:19:21,666 --> 00:19:23,208 E que facía? 231 00:19:25,583 --> 00:19:27,791 RNC 232 00:19:27,875 --> 00:19:28,958 Trampas. 233 00:19:59,458 --> 00:20:00,708 Un sempre acaba 234 00:20:01,958 --> 00:20:04,291 xusto onde comezou, non? 235 00:20:07,708 --> 00:20:09,208 Vexo que o pillaches. 236 00:20:21,375 --> 00:20:22,708 Pero non é dos nosos. 237 00:20:27,958 --> 00:20:30,500 Mentiunos todo este tempo. 238 00:20:32,333 --> 00:20:33,708 E que facemos con el? 239 00:20:34,291 --> 00:20:36,708 É perigoso. Non é de fiar. 240 00:20:37,291 --> 00:20:40,666 Xa, e se o deixamos marchar, podería volver e matarnos. 241 00:20:40,750 --> 00:20:41,666 - Xa. - Si, non? 242 00:20:42,583 --> 00:20:45,125 Estou bastante seguro de que o manual di 243 00:20:45,208 --> 00:20:48,375 que facerse pasar por un directivo supón pena de morte. 244 00:20:49,833 --> 00:20:53,708 Vaia, pois se estás seguro de que o di o manual… 245 00:20:53,791 --> 00:20:55,958 En fin, se o protocolo o di… 246 00:20:56,625 --> 00:20:58,291 - Xa, é que si. - A que si? 247 00:20:59,458 --> 00:21:00,416 Espertou. 248 00:21:00,500 --> 00:21:03,083 Contra! Que facemos? 249 00:21:03,500 --> 00:21:05,583 Volver deixalo groggy. 250 00:21:06,250 --> 00:21:07,625 Que pasará co Refuxio? 251 00:21:09,041 --> 00:21:09,958 Non. 252 00:21:10,041 --> 00:21:11,458 Pobres miolos. 253 00:21:11,541 --> 00:21:12,750 Non. 254 00:21:21,041 --> 00:21:24,666 STEPH E CHET CASAN! MAÑÁ NO ATRIO ÁS 15:00 255 00:21:51,208 --> 00:21:52,916 Vin que imos casar mañá. 256 00:21:57,500 --> 00:21:58,833 Que emoción! 257 00:22:02,041 --> 00:22:03,208 Só unha preguntiña. 258 00:22:04,958 --> 00:22:06,416 - Por que? - Chet… 259 00:22:08,500 --> 00:22:09,416 Teño traballo. 260 00:23:01,583 --> 00:23:02,958 Viches a Woody? 261 00:23:04,333 --> 00:23:07,291 Hai moita xente que non viu o meu grande anuncio. 262 00:23:08,000 --> 00:23:11,666 Woody está nun programa de intercambio no Refuxio 31. 263 00:23:37,875 --> 00:23:41,791 Recordamos que o racionamento da auga segue vixente ata novo aviso. 264 00:23:41,875 --> 00:23:43,958 Recordamos que se prohiben as duchas 265 00:23:45,083 --> 00:23:46,833 e tirar da cisterna. 266 00:24:30,666 --> 00:24:32,375 LEMBRANZAS 267 00:24:36,291 --> 00:24:37,291 Henry… 268 00:24:38,625 --> 00:24:40,500 Ti e os teus segredos. 269 00:25:14,541 --> 00:25:18,250 PROPIEDADE DE HANK MACLEAN 270 00:25:28,541 --> 00:25:29,791 Parabéns. 271 00:25:33,416 --> 00:25:34,458 Polo compromiso. 272 00:25:37,125 --> 00:25:40,375 Mandácheslle a alguén espiarme, Betty? 273 00:25:41,250 --> 00:25:42,625 Por suposto. 274 00:25:45,083 --> 00:25:48,333 Es igualiña a como te lembraba. 275 00:25:50,416 --> 00:25:51,541 Tiñámosche medo. 276 00:25:53,583 --> 00:25:55,250 Pero ás veces esquéceme 277 00:25:56,000 --> 00:25:59,458 canto aprendín mentres ti seguías crioxenizada. 278 00:26:01,625 --> 00:26:04,333 Eu xa aprendera antes de que me crioxenizaran. 279 00:26:07,708 --> 00:26:10,541 Deches a túa palabra 280 00:26:11,833 --> 00:26:16,583 de que desviariades o 50 % da vosa auga 281 00:26:16,666 --> 00:26:19,416 ó Refuxio 33, 282 00:26:20,291 --> 00:26:22,291 porque se non… 283 00:26:22,375 --> 00:26:24,250 Recibirás a túa auga. 284 00:26:33,208 --> 00:26:34,500 Non sei que tramas, 285 00:26:35,666 --> 00:26:37,208 pero non contes comigo. 286 00:26:38,291 --> 00:26:41,625 Eu só quero que esta xente viva en paz. 287 00:26:45,291 --> 00:26:48,416 O trato concirne á auga, Betty. 288 00:26:50,500 --> 00:26:52,333 Non podo asegurar o futuro. 289 00:26:54,041 --> 00:26:55,375 Non depende de nós. 290 00:27:12,666 --> 00:27:16,458 BENVIDOS A FREESIDE 291 00:27:50,583 --> 00:27:52,375 Por que nos miran así? 292 00:27:53,291 --> 00:27:56,041 Nunca subestimes o recoñecemento de marca. 293 00:28:09,833 --> 00:28:13,083 Que viva a República da Nova California! 294 00:28:13,166 --> 00:28:14,416 Benvidos de novo! 295 00:28:14,500 --> 00:28:16,875 Morte ós sanguinarios! 296 00:28:17,458 --> 00:28:19,666 Recuperádenos a cidade! 297 00:28:36,041 --> 00:28:38,541 BENVIDOS Ó STRIP 298 00:28:39,333 --> 00:28:41,458 Lucy está do outro lado desa porta? 299 00:28:41,541 --> 00:28:42,375 Está. 300 00:28:42,458 --> 00:28:45,458 E en canto a crucemos, hai que andar rápido. 301 00:28:46,375 --> 00:28:48,708 Os chanzos están a uns 50 metros, pero… 302 00:28:49,458 --> 00:28:50,625 son bechos rápidos. 303 00:28:50,708 --> 00:28:51,833 Entendido. 304 00:28:51,916 --> 00:28:53,333 Francotirador, ó tellado. 305 00:28:59,000 --> 00:29:00,041 Vaia. 306 00:29:00,625 --> 00:29:02,958 Subiría decontado, pero seica sufrín 307 00:29:03,041 --> 00:29:04,791 un lixeiro problema médico. 308 00:29:05,750 --> 00:29:08,833 Á xente coma nós sempre nos pasan cousas destas, non? 309 00:29:10,083 --> 00:29:11,916 Ti queda atrás, Thaddeus. 310 00:29:12,916 --> 00:29:14,000 Seguro? 311 00:29:14,083 --> 00:29:15,458 Caeuche o brazo. 312 00:29:15,541 --> 00:29:17,375 Se me dades uns minutiños, 313 00:29:17,458 --> 00:29:19,875 seguro que podo arranxalo. 314 00:29:19,958 --> 00:29:23,375 Se consigo colocar o dedo no gatillo, non haberá problema. 315 00:30:02,083 --> 00:30:03,083 Moi ben. 316 00:30:20,291 --> 00:30:22,750 COMUNICACIÓNS GLOBAIS 317 00:30:41,791 --> 00:30:43,000 Puré de patacas. 318 00:30:43,750 --> 00:30:44,791 Coma na casa. 319 00:30:45,916 --> 00:30:47,000 Sempre che encantou. 320 00:30:47,708 --> 00:30:48,791 A Norm non tanto. 321 00:30:52,166 --> 00:30:53,000 Grazas. 322 00:31:03,666 --> 00:31:04,666 Grazas. 323 00:31:08,833 --> 00:31:10,250 Algo máis? 324 00:31:12,000 --> 00:31:13,583 Estamos ben así, grazas. 325 00:31:13,666 --> 00:31:14,791 Unha pregunta. 326 00:31:15,583 --> 00:31:16,458 Si? 327 00:31:19,500 --> 00:31:21,000 Lémbraste de min? 328 00:31:24,833 --> 00:31:27,083 Si, desta mañá. 329 00:31:27,916 --> 00:31:29,791 Do outeiro onde nos coñecemos. 330 00:31:33,000 --> 00:31:35,333 - Viviches alí 25 anos. - Lucy… 331 00:31:36,791 --> 00:31:39,041 Lembras a República da Nova California? 332 00:31:47,583 --> 00:31:49,125 Estamos ben, grazas. 333 00:31:49,208 --> 00:31:50,291 Grazas. 334 00:31:54,250 --> 00:31:56,208 A República da Nova California 335 00:31:57,416 --> 00:31:58,791 é coma a Lexión. 336 00:32:00,166 --> 00:32:02,291 Todas teñen os seus problemas, Lucy. 337 00:32:03,125 --> 00:32:04,375 Moitos impostos, 338 00:32:05,125 --> 00:32:07,333 tendencias expansionistas, 339 00:32:08,333 --> 00:32:09,708 diplomacia impopular… 340 00:32:09,791 --> 00:32:12,875 Creme, entenderalo cando medres. 341 00:32:16,458 --> 00:32:17,375 Arre demo! 342 00:32:18,416 --> 00:32:19,333 Axúdoche. 343 00:32:28,625 --> 00:32:29,625 Coidado, queima. 344 00:32:31,250 --> 00:32:32,166 Toma. 345 00:32:39,875 --> 00:32:41,333 Creo que o entendo. 346 00:32:43,208 --> 00:32:45,458 Un bando asasina, 347 00:32:45,541 --> 00:32:49,166 escraviza e crucifica persoas. E o outro bando só ten 348 00:32:49,916 --> 00:32:51,250 os seus problemiñas. 349 00:32:54,500 --> 00:32:55,333 Lucy, non. 350 00:32:57,125 --> 00:32:59,333 Admito que sempre fuches bo pai. 351 00:33:00,541 --> 00:33:02,208 Grazas a ti, non son parva. 352 00:33:02,291 --> 00:33:03,125 Lucy! 353 00:33:03,208 --> 00:33:04,625 Vou apagar o ordenador! 354 00:33:04,708 --> 00:33:06,875 Lucy, non! Lucy! 355 00:33:16,625 --> 00:33:17,875 Claudia. 356 00:33:20,666 --> 00:33:21,791 Temos que liscar. 357 00:33:23,125 --> 00:33:24,625 Antes debo facer algo. 358 00:33:31,291 --> 00:33:32,208 Ola? 359 00:33:32,958 --> 00:33:34,875 Aquí Norm MacLean do Refuxio 33. 360 00:33:37,083 --> 00:33:39,500 Lucy, se estás aí, 361 00:33:40,291 --> 00:33:42,916 estou na superficie. Preciso a túa axuda. 362 00:33:56,250 --> 00:33:57,541 Papá, se me escoitas, 363 00:33:58,708 --> 00:34:00,375 que vai pasar co Refuxio? 364 00:34:02,291 --> 00:34:03,458 Por que mo ocultaches? 365 00:34:06,333 --> 00:34:08,000 Por que nos mentiches? 366 00:34:19,500 --> 00:34:24,750 PARABÉNS! 367 00:34:25,583 --> 00:34:28,583 E vostede, supervisora Stephanie Harper, 368 00:34:28,666 --> 00:34:31,791 quere recibir o refuxiado Chet como lexítimo esposo? 369 00:34:33,791 --> 00:34:34,791 Si, quero. 370 00:34:35,375 --> 00:34:39,583 E vostede, refuxiado Chet, quere recibir a supervisora Steph como esposa? 371 00:34:49,833 --> 00:34:51,666 Só tes que dicir: "Si, quero." 372 00:34:56,583 --> 00:34:58,541 - Non quero. - Declárovos… 373 00:34:58,625 --> 00:35:00,208 Non quero. 374 00:35:07,208 --> 00:35:08,208 Chet, 375 00:35:09,583 --> 00:35:11,458 non o fagas. 376 00:35:16,166 --> 00:35:17,333 Non sei, é que… 377 00:35:19,166 --> 00:35:20,500 Será mellor continuar. 378 00:35:22,375 --> 00:35:27,125 É que me pareceu o único momento no que ía ter 379 00:35:28,125 --> 00:35:31,000 moitas testemuñas… 380 00:35:33,666 --> 00:35:34,750 para dicir 381 00:35:36,708 --> 00:35:39,750 que creo que Steph forma parte dun plan contra nós. 382 00:35:39,833 --> 00:35:41,416 Non sei cal, pero… 383 00:35:42,208 --> 00:35:44,583 Creo que Woody non está no Refuxio 31. 384 00:35:44,666 --> 00:35:45,500 Chet. 385 00:35:45,583 --> 00:35:47,208 Steph fíxolle algo. 386 00:35:47,291 --> 00:35:50,625 Atopei as súas lentes no lixo. 387 00:35:54,333 --> 00:35:56,875 É unha acusación moi grave. 388 00:35:57,625 --> 00:35:59,041 Onde están as lentes? 389 00:36:00,208 --> 00:36:03,083 Volvín deixalas 390 00:36:04,875 --> 00:36:06,333 no lixo. 391 00:36:09,500 --> 00:36:10,625 É normal ter dúbidas. 392 00:36:11,416 --> 00:36:13,125 Continuemos coa cerimonia. 393 00:36:13,208 --> 00:36:14,666 Non! 394 00:36:15,666 --> 00:36:18,333 - Steph non naceu no Refuxio 31. - Chet! 395 00:36:18,416 --> 00:36:20,500 Ten 200 anos! 396 00:36:21,791 --> 00:36:24,000 Nin sequera é dos EUA. 397 00:36:25,875 --> 00:36:27,083 É canadense! 398 00:36:27,166 --> 00:36:29,041 - Que? - Deus santo! 399 00:36:29,125 --> 00:36:30,125 Como que canadense? 400 00:36:30,208 --> 00:36:31,333 Non pode ser! 401 00:36:35,000 --> 00:36:37,333 Non ten sentido. Como vai ser canadense? 402 00:36:37,416 --> 00:36:38,541 Ten 200 anos! 403 00:36:42,000 --> 00:36:43,166 A onde vai? 404 00:36:43,250 --> 00:36:44,666 Quen es, Steph? 405 00:37:00,625 --> 00:37:01,500 Steph! 406 00:37:02,041 --> 00:37:03,791 Abre agora mesmo! 407 00:37:03,875 --> 00:37:06,916 - Contéstanos! - Queremos a verdade! 408 00:37:07,375 --> 00:37:11,750 Abre! 409 00:37:11,833 --> 00:37:14,458 Abre! 410 00:37:23,458 --> 00:37:25,125 VOLVA AXIÑA 411 00:37:40,708 --> 00:37:41,833 Cal é a estratexia? 412 00:37:43,333 --> 00:37:44,958 Interponte entre min 413 00:37:46,083 --> 00:37:48,500 e calquera cousa con esa pinta. 414 00:39:03,541 --> 00:39:05,041 Non, veña, vamos. 415 00:39:49,166 --> 00:39:50,000 ACCESO APROBADO 416 00:40:04,333 --> 00:40:05,458 Aí vou. 417 00:40:39,916 --> 00:40:43,416 Oh, non! 418 00:41:10,458 --> 00:41:15,500 SEN SINAL 419 00:41:38,000 --> 00:41:38,916 Imos alá. 420 00:41:40,541 --> 00:41:44,166 O único xeito de salvar a nosa familia 421 00:41:44,958 --> 00:41:46,083 é salvar o mundo. 422 00:41:47,166 --> 00:41:48,166 Así de sinxelo. 423 00:41:49,666 --> 00:41:50,666 Así de sinxelo. 424 00:43:08,291 --> 00:43:09,625 ORDENADOR CENTRAL 425 00:43:10,666 --> 00:43:13,875 ACCESO APROBADO 426 00:43:39,500 --> 00:43:40,541 Señor presidente. 427 00:43:41,416 --> 00:43:43,750 Grazas por facer o correcto, rapaz. 428 00:44:34,708 --> 00:44:35,625 Recoiro! 429 00:45:37,500 --> 00:45:39,416 A quen temos aquí, vello amigo? 430 00:45:55,000 --> 00:45:57,416 BASEADO NA SERIE DE VIDEOXOGOS FALLOUT 431 00:48:18,041 --> 00:48:20,041 Subtítulos: Abraham Díaz López 432 00:48:20,125 --> 00:48:22,125 Supervisora creativa: Magdalena Sánchez