1 00:00:06,341 --> 00:00:08,051 Anteriormente en Inseparables... 2 00:00:08,218 --> 00:00:10,304 Outro puto aborto. 3 00:00:10,429 --> 00:00:11,680 Saes nese programa. 4 00:00:11,764 --> 00:00:13,474 A Beverly encántalle. 5 00:00:13,974 --> 00:00:16,143 Estou aquí pola morte da miña irmá. 6 00:00:16,226 --> 00:00:18,020 Era a miña xemelga. 7 00:00:18,145 --> 00:00:20,522 Coas Parkers dentro, chegamos á contía. 8 00:00:20,606 --> 00:00:23,025 Din, din, din! Mañá abrimos a clínica. 9 00:00:23,108 --> 00:00:26,195 Foi responsable da crise do opiáceo de merda. 10 00:00:26,278 --> 00:00:27,613 Imos aceptar os cartos desa muller? 11 00:00:27,696 --> 00:00:29,364 Queremos a clínica, Elliot. 12 00:00:29,448 --> 00:00:31,867 Estou interesada, pero non o estou de todo. 13 00:00:31,992 --> 00:00:34,119 Temos que coñecernos máis. 14 00:00:34,203 --> 00:00:35,412 Que pasou coa actriz? 15 00:00:35,579 --> 00:00:37,498 Era incrible, Elliot. 16 00:00:37,581 --> 00:00:39,792 - Por que o dis? - Non che incumbe. 17 00:00:39,875 --> 00:00:42,336 - A min todo me incumbe! - Isto non. 18 00:01:28,173 --> 00:01:29,174 Imos alá. 19 00:01:33,554 --> 00:01:39,393 INSEPARABLES 20 00:01:45,315 --> 00:01:48,277 Sinto que tiverades que pasar por este mal trago. 21 00:01:48,360 --> 00:01:49,778 Non o pasamos. 22 00:01:49,862 --> 00:01:50,904 Eu, non. 23 00:01:52,990 --> 00:01:55,742 Crin que viñas polo financiamento. 24 00:01:55,826 --> 00:01:58,704 E... viñen. 25 00:01:58,787 --> 00:02:02,332 - Foi mala idea. - Lástima que penses iso. 26 00:02:02,416 --> 00:02:03,584 É o que queres? 27 00:02:03,667 --> 00:02:07,671 Ela, si. Se financiase a clínica e non o laboratorio, 28 00:02:07,754 --> 00:02:09,089 ela aceptaríao por ti. 29 00:02:09,172 --> 00:02:11,508 Porque te quere incondicionalmente. 30 00:02:11,592 --> 00:02:13,051 É moi conmovedor. 31 00:02:13,468 --> 00:02:14,720 Contigo non sei ben. 32 00:02:17,431 --> 00:02:18,432 É o que quero. 33 00:02:21,435 --> 00:02:22,769 Non o escoitei ben. 34 00:02:27,524 --> 00:02:28,817 É o que quero. 35 00:02:31,278 --> 00:02:32,696 HAI 17 HORAS E 37 MINUTOS 36 00:02:32,779 --> 00:02:33,780 Merda! 37 00:02:34,281 --> 00:02:35,282 Sip. 38 00:02:37,326 --> 00:02:40,454 Perdoa, é real? 39 00:02:40,537 --> 00:02:44,541 Por que tes armas? Por que teñen armas? 40 00:02:44,625 --> 00:02:45,584 É un laboratorio. 41 00:02:45,667 --> 00:02:48,295 Son da FDA, Elliot, é isto son os EUA. 42 00:02:48,378 --> 00:02:50,505 Claro que teñen armas, cona! 43 00:02:51,590 --> 00:02:54,635 Perdoade, bo traballo! Moi boa arma... 44 00:02:55,344 --> 00:02:56,219 armas... 45 00:02:59,890 --> 00:03:01,058 Que pasou? 46 00:03:01,141 --> 00:03:04,770 Atoparon un embrión de 16 días 47 00:03:04,853 --> 00:03:07,481 nunha incubadora da parte de atrás. 48 00:03:07,564 --> 00:03:10,943 Eu non sabía nada do tema! Vale? 49 00:03:11,068 --> 00:03:15,989 Este é o teu laboratorio, así que non di nada bo de ti, non? 50 00:03:16,073 --> 00:03:18,867 Deberías controlar todos os embrións. 51 00:03:20,118 --> 00:03:21,244 Ai, Deus! 52 00:03:21,328 --> 00:03:25,666 Dezaséis días... é moi ilegal, cona! E... 53 00:03:25,749 --> 00:03:27,042 - Que? - Intelixente. 54 00:03:27,125 --> 00:03:29,711 Queres involucrarte comigo? 55 00:03:29,795 --> 00:03:30,963 Dareiche traballlo. 56 00:03:31,046 --> 00:03:34,633 Non, eu non traballo. 57 00:03:34,716 --> 00:03:36,343 Dáme a fin de semana. 58 00:03:36,426 --> 00:03:38,762 A miña carreira está arruinada. 59 00:03:38,845 --> 00:03:41,556 - Prométocho. - Vai ó carallo, Mantle. 60 00:03:41,640 --> 00:03:45,060 Poderiamos facer marabillas xuntos, Capgras. 61 00:03:48,146 --> 00:03:50,065 Ves o embrión? 62 00:03:56,613 --> 00:03:58,615 Que beleza. 63 00:04:08,625 --> 00:04:09,835 Ai, meu Deus. 64 00:04:38,155 --> 00:04:41,992 Temos drogas de todo tipo e só invitei abstemios á festa. 65 00:04:43,076 --> 00:04:47,664 Entón, esas lerchas daranvos cartos para abrir a clínica? Bárbaro. 66 00:04:47,789 --> 00:04:50,542 Pois ti pórtate ben 67 00:04:50,625 --> 00:04:53,253 e ti reláxate un pouco. 68 00:04:54,421 --> 00:04:56,882 Todo irá ben. Chegou o coche. 69 00:05:13,190 --> 00:05:15,776 Así que fodiches con ela, 70 00:05:17,110 --> 00:05:20,614 e ela contigo. Que apaixoado, ata o fondo. 71 00:05:20,697 --> 00:05:23,658 - A actriz! - Bos días, Mantles. Xa de camiño? 72 00:05:23,784 --> 00:05:25,160 Ola, Joseph! Si. 73 00:05:25,243 --> 00:05:26,745 Preocúpache que finxa? 74 00:05:26,828 --> 00:05:28,330 Ola, Joseph! 75 00:05:28,497 --> 00:05:30,624 Pinta bárbaro. Estades contentas? 76 00:05:30,707 --> 00:05:33,335 Por pasar o venres pedindo en Lesbio Davos? 77 00:05:33,418 --> 00:05:34,377 Por favor! 78 00:05:34,461 --> 00:05:36,505 Andas un pouco faltona, Elliot. 79 00:05:36,588 --> 00:05:38,507 Síntoo. Non parecías lesbiana! 80 00:05:38,590 --> 00:05:41,927 - Pura homofobia, Elliot. - Non te escoitan, Joseph. 81 00:05:42,010 --> 00:05:44,554 Rebecca Parker non che irá ás dereitas 82 00:05:44,638 --> 00:05:46,306 por ser un progre de merda! 83 00:05:46,389 --> 00:05:49,351 Conseguiches a listaxe dos asistentes? 84 00:05:49,434 --> 00:05:50,560 Conseguín. 85 00:05:50,644 --> 00:05:52,395 É barulleira de carallo. 86 00:05:52,479 --> 00:05:56,191 Soaba tan falsa! Coma se competise para os Óscar. 87 00:05:56,274 --> 00:05:57,484 Beverly. 88 00:05:58,527 --> 00:06:01,571 "Quero darlle as grazas á miña familia." 89 00:06:01,780 --> 00:06:03,031 - Que é iso? - Ola? 90 00:06:03,115 --> 00:06:04,032 Elliot. 91 00:06:04,116 --> 00:06:05,367 - Ola? - Que fas? 92 00:06:05,450 --> 00:06:07,619 Tentar conseguir os cartos, Elliot. 93 00:06:07,702 --> 00:06:10,872 Fixeches ti estas gráficas circulares e de barras? 94 00:06:10,956 --> 00:06:12,958 Ola? Creo que vos perdo, Mantles. 95 00:06:13,041 --> 00:06:15,168 Tes pensado ensinar isto? 96 00:06:15,252 --> 00:06:16,461 - Mantles? - Para. 97 00:06:16,545 --> 00:06:20,841 Xesús, aínda tes 14 anos e te masturbas coas tarefas de álxebra. 98 00:06:21,800 --> 00:06:23,093 Iso nunca pasou. 99 00:06:23,176 --> 00:06:24,678 - Pasou tal. - Pois non! 100 00:06:24,761 --> 00:06:25,846 Pero puido pasar! 101 00:06:26,972 --> 00:06:27,806 Elliot! 102 00:06:45,115 --> 00:06:48,034 - É a primeira vez que vés? - Si. 103 00:06:48,118 --> 00:06:50,120 Irán Gwen Anderson e o seu marido. 104 00:06:50,203 --> 00:06:51,663 A que é impresionante? 105 00:06:51,746 --> 00:06:53,665 Dirixe un imperio de benestar. 106 00:06:53,748 --> 00:06:57,878 Irá cunha chea de fillos. Foi moza de Rebecca. 107 00:06:57,961 --> 00:06:59,254 Eu saín con Becks. 108 00:06:59,629 --> 00:07:02,591 É moi limpa, correcta, sá... 109 00:07:03,216 --> 00:07:07,012 Rebecca, consegues membros fochicando con eles? 110 00:07:07,095 --> 00:07:09,222 Non soporta as bocaladas. 111 00:07:09,723 --> 00:07:12,184 Ola, Orelliñas. 112 00:07:12,267 --> 00:07:14,060 Todos os loiros son teus? 113 00:07:14,144 --> 00:07:18,273 - Si, son eses catro de alí. - Que sectiña aria máis encantadora. 114 00:07:18,773 --> 00:07:21,610 - Elly... - Iso está fóra de lugar. 115 00:07:21,693 --> 00:07:24,863 Sonche moi feitiños. 116 00:07:24,988 --> 00:07:26,615 - Grazas. - Non hai de que. 117 00:07:28,200 --> 00:07:30,744 Intento non usar esa linguaxe. 118 00:07:31,786 --> 00:07:34,206 - Quítache empoderamento. - Xa. 119 00:07:34,289 --> 00:07:36,082 A linguaxe é incrible, non é? 120 00:07:36,166 --> 00:07:38,293 Temos moitos termos marabillosos. 121 00:07:38,376 --> 00:07:41,713 Tes uns rapaces alegres, marabillosos, 122 00:07:41,796 --> 00:07:43,298 fascinantes. 123 00:07:43,506 --> 00:07:45,342 Queres ter fillos? 124 00:07:46,593 --> 00:07:51,806 Quixen... Quixen telos, pero xa non. 125 00:07:56,144 --> 00:07:57,312 Mira, ola. 126 00:07:57,395 --> 00:08:00,774 - Posme outra...? - A que está bo? 127 00:08:00,857 --> 00:08:01,775 Boísimo, si. 128 00:08:01,858 --> 00:08:03,944 É jun, unha champaña de kombucha. 129 00:08:04,027 --> 00:08:05,445 Grazas pola explicación. 130 00:08:05,528 --> 00:08:08,240 Perdoa, creo que non nos... Ti es...? 131 00:08:08,323 --> 00:08:10,200 O marido. 132 00:08:10,325 --> 00:08:12,786 O seu marido, Jeremy, é... 133 00:08:12,869 --> 00:08:13,828 Ola, marido. 134 00:08:13,912 --> 00:08:17,290 É... un tipo interesante. 135 00:08:17,374 --> 00:08:19,626 Só son o marido. Coma se non estivese. 136 00:08:19,709 --> 00:08:23,546 Ten un contacto moi estreito co seu... E é algo... 137 00:08:23,630 --> 00:08:25,590 Nin existo. Veño de acompañante. 138 00:08:25,674 --> 00:08:27,092 É difícil describilo. 139 00:08:27,175 --> 00:08:29,219 Mellor que o vexades vós mesmas. 140 00:08:29,302 --> 00:08:33,640 Que Gwen sexa a protagonista baixo o foco. 141 00:08:33,723 --> 00:08:35,350 Que... riquiño. 142 00:08:35,433 --> 00:08:38,561 Perdoa, non lle noto o gas. Que é? 143 00:08:38,645 --> 00:08:41,314 É jun, unha champaña de kombucha. 144 00:08:41,398 --> 00:08:42,691 Xa. E que máis? 145 00:08:42,774 --> 00:08:45,402 Non o fermentamos con azucre, senón cun mel 146 00:08:45,485 --> 00:08:49,281 o que lle dá un sabor lixeiro e delicado que elaboran as abellas 147 00:08:49,364 --> 00:08:50,991 - nas instalacións. - Mamá? 148 00:08:51,074 --> 00:08:53,201 - Bonita historia. - Dime, meu ben. 149 00:08:53,285 --> 00:08:56,329 Só para aclararme, isto non leva nada de alcol? 150 00:08:56,413 --> 00:08:58,665 - Mamá! - Elliot, xa coñeces a Ju Won? 151 00:08:58,790 --> 00:09:02,669 Won irá á cea e sentarase á súa esquerda. 152 00:09:02,752 --> 00:09:03,753 É o seu favorito. 153 00:09:03,837 --> 00:09:05,171 Ola. 154 00:09:07,465 --> 00:09:09,217 Está encantado de coñecervos. 155 00:09:09,342 --> 00:09:11,636 Que ben, o mesmo digo. 156 00:09:11,720 --> 00:09:16,141 Traballa en robótica, RV e RA 157 00:09:16,224 --> 00:09:19,477 en ciencia e atención sanitaria... 158 00:09:19,561 --> 00:09:21,646 Supera as túas capacidades, Joseph? 159 00:09:22,105 --> 00:09:23,940 Irá co seu intérprete. 160 00:09:24,524 --> 00:09:27,319 Quere saber máis sobre a súa proposta. 161 00:09:27,402 --> 00:09:28,403 Estupendo. 162 00:09:29,362 --> 00:09:31,281 Eu non dixen tal. 163 00:09:32,157 --> 00:09:33,825 Iso foi moi desconsiderado. 164 00:09:33,908 --> 00:09:36,202 Ju Won ten un traballo fascinante. 165 00:09:36,286 --> 00:09:37,203 RV e RA. 166 00:09:38,038 --> 00:09:40,040 Bárbaro, como videoxogos ou... 167 00:09:40,123 --> 00:09:43,084 No histórico e no experiencial. 168 00:09:43,251 --> 00:09:48,214 Como os rapaces que se fan pasar por pilotos e fornican con prostitutas. 169 00:09:48,381 --> 00:09:50,675 Non vos podedes conter, non é? 170 00:09:59,976 --> 00:10:02,562 Non, é moito máis sutil e complexo. 171 00:10:02,645 --> 00:10:04,397 Ímoslle coa ciencia. 172 00:10:04,481 --> 00:10:09,819 Elliot, a empresa de Ju Won lidera a RV terapéutica e a RA sanitaria, 173 00:10:09,903 --> 00:10:12,947 e a túa presentación parécelle aburridísima. 174 00:10:13,656 --> 00:10:16,242 E a Orelliñas impórtalle un carallo, non? 175 00:10:16,326 --> 00:10:17,786 Para ser sinceiros, 176 00:10:17,869 --> 00:10:21,331 coido que a túa presentación abúrrenos a... todos. 177 00:10:21,498 --> 00:10:24,459 - E a súa sobriña. - Abúrrome! 178 00:10:24,584 --> 00:10:26,169 Pois a min gústame. 179 00:10:26,252 --> 00:10:27,462 Trata ben ós demais. 180 00:10:27,545 --> 00:10:29,422 En plan, tratar ben a un can 181 00:10:29,506 --> 00:10:32,342 ou á miña querida tía Rebecca e aconsellarlle 182 00:10:32,425 --> 00:10:33,927 sobre financiar 16 millóns? 183 00:10:34,010 --> 00:10:35,762 O seu pai é o dos opiáceos. 184 00:10:35,845 --> 00:10:37,514 Vaites, vai haber opiáceos? 185 00:10:37,597 --> 00:10:39,432 Mellor que vos fagades as tolas 186 00:10:39,516 --> 00:10:42,602 co de que a súa familia foi responsable da epidemia. 187 00:10:42,685 --> 00:10:44,187 Iso é viable, Joseph? 188 00:10:44,270 --> 00:10:46,856 Mellor facerse pasar por babecas. 189 00:10:46,940 --> 00:10:49,901 Encántanos pagarche polos teus grandes consellos. 190 00:10:49,984 --> 00:10:52,237 Que vos parece a vaixela? 191 00:10:52,320 --> 00:10:55,407 Susan, é impresionante como decoras sempre a mesa. 192 00:10:55,490 --> 00:10:58,743 Grazas. Mercámola na nosa viaxe a Santa Fe. 193 00:10:58,827 --> 00:10:59,994 A que é fermosa? 194 00:11:00,078 --> 00:11:00,954 Impresionante. 195 00:11:01,037 --> 00:11:03,873 Si, fixérona uns artistas indíxenas e mestizos. 196 00:11:03,957 --> 00:11:05,917 Son moi riquiños. 197 00:11:06,000 --> 00:11:07,085 Conmovedor. 198 00:11:07,168 --> 00:11:10,171 E agora traballamos con eles para facelo en Ikea. 199 00:11:10,255 --> 00:11:13,758 Si, só que os artistas exercen unha presión de carallo. 200 00:11:13,842 --> 00:11:16,344 Sasha, unha das súas avogadas... 201 00:11:16,428 --> 00:11:17,554 Tamén se acostaron? 202 00:11:17,637 --> 00:11:20,807 - Se non lle gusta, fodíchela. - Pois que nos foda. 203 00:11:20,890 --> 00:11:21,850 Elliot! 204 00:11:21,933 --> 00:11:23,059 Abúrrome! 205 00:11:23,143 --> 00:11:25,145 Grazas, Joseph. 206 00:11:25,270 --> 00:11:28,314 Ese cadro xa estaba antes? É precioso. 207 00:11:28,398 --> 00:11:29,983 Non estaba. 208 00:11:30,066 --> 00:11:32,110 Acabamos de traelo. 209 00:11:32,193 --> 00:11:34,737 - Os labios enmárcante ben. - Diso se trata. 210 00:11:34,821 --> 00:11:36,281 É para sacarlle prenda? 211 00:11:36,364 --> 00:11:40,577 Literalmente, é ó contrario, Elliot. 212 00:11:40,660 --> 00:11:42,704 Viñestes traballar. 213 00:11:42,787 --> 00:11:44,998 Estivo a voltas por pequenas galerías 214 00:11:45,081 --> 00:11:46,958 e decidín traelo de volta. 215 00:11:47,083 --> 00:11:48,585 É un autorretrato? 216 00:11:48,668 --> 00:11:49,919 Elliot. 217 00:11:50,003 --> 00:11:52,672 É precioso! É un eloxio. 218 00:11:52,755 --> 00:11:55,258 - Ensíname un que non o sexa. - Jeremy. 219 00:11:56,134 --> 00:11:58,052 - Foi misóxino? - É de Annabelle. 220 00:11:58,136 --> 00:11:59,762 Esquecéo. Todo é misóxino. 221 00:11:59,846 --> 00:12:05,059 Annabelle é a ex de Rebecca, e está... aquí. 222 00:12:05,143 --> 00:12:06,394 É a vaxina da miña nai. 223 00:12:06,895 --> 00:12:10,190 Gaspacho natural fermentado con torradas de navalla. 224 00:12:10,899 --> 00:12:13,985 E ovas de muxe e tinta de lura con verdura refogada. 225 00:12:14,068 --> 00:12:15,904 - E da miña outra nai. - Claro. 226 00:12:15,987 --> 00:12:17,864 - A semana pásoa con ela. - Ben. 227 00:12:17,947 --> 00:12:20,450 Pero pasamos xuntas as vacacións e o Nadal. 228 00:12:20,533 --> 00:12:22,785 Vainos ben, non, Scout? 229 00:12:22,911 --> 00:12:23,828 É moi... 230 00:12:23,912 --> 00:12:26,164 - Podería servirme máis ovas? - Grazas. 231 00:12:26,247 --> 00:12:27,457 Sírvolles viño? 232 00:12:27,916 --> 00:12:28,833 Dálle aí, cona! 233 00:12:28,917 --> 00:12:30,293 Podes parar? 234 00:13:28,851 --> 00:13:31,521 McKenzie, es a sobriña de Rebecca? 235 00:13:35,400 --> 00:13:37,193 Es inventora, non é? 236 00:13:37,277 --> 00:13:39,654 Escribes a miña Wikipedia? 237 00:13:40,572 --> 00:13:44,242 Tes unha copia impresa de quen ten máis accións na empresa? 238 00:13:44,325 --> 00:13:45,243 Eu, non. 239 00:13:45,326 --> 00:13:48,079 Nin falta fai dicilo, Jeremy. 240 00:13:48,162 --> 00:13:50,665 Quen si? Quen debería traballar máis duro? 241 00:13:50,748 --> 00:13:51,791 Non son inventora. 242 00:13:53,084 --> 00:13:55,837 Inventei un produto que gañou centos de millóns 243 00:13:55,920 --> 00:13:58,381 e dixeron: "É inventora." 244 00:13:58,464 --> 00:14:01,301 Basicamente, son biopirata. 245 00:14:01,426 --> 00:14:04,220 Supoño que tiña que seguir os pasos do meu pai, 246 00:14:04,304 --> 00:14:07,807 pero, non che sei, a industria farmacéutica non é o meu. 247 00:14:07,890 --> 00:14:11,102 Entendo. O teu pai está nesa industria? 248 00:14:11,227 --> 00:14:14,814 Noxento! Estás a facerte a tola sobre a responsabilidade 249 00:14:14,939 --> 00:14:17,233 da miña familia na crise de opiáceos? 250 00:14:19,485 --> 00:14:20,320 Eu só... 251 00:14:20,903 --> 00:14:23,114 Non mudei de apelido nin nada diso. 252 00:14:23,239 --> 00:14:25,033 Está ben, recoñecémolo. 253 00:14:25,116 --> 00:14:28,119 E dado que recitabas a miña biografía... 254 00:14:28,202 --> 00:14:31,664 Non, para nada. A ver, si, sei... Seino todo. 255 00:14:31,748 --> 00:14:33,750 Só... Só pretendía ser educada. 256 00:14:33,875 --> 00:14:35,001 Xa. 257 00:14:35,084 --> 00:14:36,169 Só estás a mentir, 258 00:14:37,211 --> 00:14:38,046 non si? 259 00:14:39,172 --> 00:14:40,673 Como che fai sentir? 260 00:14:43,760 --> 00:14:45,803 Como... me fai sentir? 261 00:14:46,387 --> 00:14:47,597 A crise de opiáceos? 262 00:14:49,223 --> 00:14:53,394 Foi devastadora, madía leva. 263 00:14:53,519 --> 00:14:56,564 Si, pero vas culpabilizar ó tipo que crea a arma 264 00:14:56,648 --> 00:14:58,775 coa que algún parvo 265 00:14:58,858 --> 00:15:00,693 - se pega un tiro... - Grazas. 266 00:15:00,777 --> 00:15:02,195 fronte ao seu porche? 267 00:15:02,278 --> 00:15:05,698 Iso significa que fabricou un bo producto, un bárbaro. 268 00:15:05,865 --> 00:15:10,078 Nós fabricamos un bo produto que ten moita demanda. 269 00:15:11,371 --> 00:15:12,872 Fixémolo ben, non? 270 00:15:13,665 --> 00:15:17,168 O que dis parece un tanto simplista. 271 00:15:17,251 --> 00:15:18,878 Non sei o que... 272 00:15:22,590 --> 00:15:26,719 Biopirataría, iso si que é fascinante. 273 00:15:27,261 --> 00:15:29,263 E ti que tal, Beverly? 274 00:15:30,807 --> 00:15:33,017 Eu ben, graciñas. 275 00:15:33,976 --> 00:15:36,062 Estalo a pasar ben? 276 00:15:36,145 --> 00:15:38,481 - Falo xenial. Bo traballo. - Grazas. 277 00:15:38,564 --> 00:15:40,983 Digamos que son vangardista. 278 00:15:41,067 --> 00:15:42,944 Transhumanista. 279 00:15:43,027 --> 00:15:45,947 Incorporo tecnoloxía no corpo dun xeito radical. 280 00:15:46,030 --> 00:15:46,864 Ben. 281 00:15:46,948 --> 00:15:49,033 Edición xenética, CRISPR, chips... 282 00:15:49,158 --> 00:15:51,077 Con unha man controlo a glicosa 283 00:15:51,202 --> 00:15:54,080 grazas á tecnoloxía que incorporei no meu corpo. 284 00:15:54,163 --> 00:15:56,416 - Iso é... - impresionante. 285 00:15:56,624 --> 00:15:58,710 Algunhas cousas son moi básicas, 286 00:15:58,793 --> 00:16:03,798 pero diría que o meu obxectivo é sacar tanta vantaxe 287 00:16:03,881 --> 00:16:07,009 que a FDA non saiba como regularme 288 00:16:07,093 --> 00:16:08,803 nin frearme. 289 00:16:09,846 --> 00:16:14,100 E Ju Won está confuso con respecto a que facedes aquí. 290 00:16:14,225 --> 00:16:16,769 Quere confirmar se sodes só médicas. 291 00:16:16,894 --> 00:16:20,732 - Quere un pouco de viño? - Non, graciñas. 292 00:16:20,857 --> 00:16:23,776 Na miña industria, a do benestar, a nosa política 293 00:16:23,860 --> 00:16:26,779 é queimar bosques e plantar árbores á vez. 294 00:16:26,863 --> 00:16:28,865 Somos precursores. 295 00:16:28,990 --> 00:16:31,743 Creamos a auga crúa, a flebotomía, 296 00:16:31,826 --> 00:16:34,078 os tanques de flotación, a trepanación. 297 00:16:34,954 --> 00:16:36,330 A trepanación? 298 00:16:40,042 --> 00:16:41,335 Unha práctica antiga. 299 00:16:42,378 --> 00:16:45,298 Si, sei o que é. Só que... 300 00:16:45,381 --> 00:16:49,927 Todos tendes os cráneos perforados. 301 00:16:50,553 --> 00:16:54,515 É moi esclarecedor, Elliot. 302 00:16:55,099 --> 00:16:59,979 Estades coma tarteiras furadas! Encántame. 303 00:18:00,790 --> 00:18:02,792 Gústavos xogar a matar? 304 00:18:02,875 --> 00:18:04,836 Iso non lle gusta a ninguén. 305 00:18:04,919 --> 00:18:06,003 Grilos, 306 00:18:06,087 --> 00:18:08,381 - miñocas de cactos. - Marabilloso. 307 00:18:08,464 --> 00:18:11,592 Un bisonte que matou Susan. 308 00:18:11,676 --> 00:18:13,511 Encántame meter tiros. 309 00:18:13,594 --> 00:18:15,596 E un cabalo. 310 00:18:15,680 --> 00:18:17,056 O que? 311 00:18:17,139 --> 00:18:18,474 Era o meu cabalo. 312 00:18:18,558 --> 00:18:21,227 Iso faino mellor ou peor, Beverly? 313 00:18:24,397 --> 00:18:25,815 Non es vexetariana. 314 00:18:25,898 --> 00:18:26,732 Non. 315 00:18:27,900 --> 00:18:29,652 Non era unha pregunta. 316 00:18:33,614 --> 00:18:37,493 Ju Won di que todos te vimos meterlle o coitelo ó zanco de polo. 317 00:18:40,204 --> 00:18:44,750 Pregunta se ves o polo como un obxecto inanimado. 318 00:18:44,834 --> 00:18:46,002 Non é algo... 319 00:18:46,085 --> 00:18:47,295 XOGO DA NOITE: ELLIOT MANTLE 320 00:18:47,420 --> 00:18:49,463 que come, defeca e sente coma ti? 321 00:18:49,589 --> 00:18:50,715 ES UNHA SECUESTRADORA 322 00:18:50,798 --> 00:18:52,425 Á SINAL, CAPTURA A TÚA VÍCTIMA 323 00:18:52,508 --> 00:18:53,467 Perdoade. 324 00:18:54,385 --> 00:18:56,220 tiña un nome. 325 00:18:56,304 --> 00:18:57,847 Queredes sabelo? 326 00:18:57,930 --> 00:18:58,973 Si, claro. 327 00:18:59,807 --> 00:19:03,811 Poracho máis difícil, Beverly, porque o quixemos, 328 00:19:03,895 --> 00:19:06,063 e, agora, o imos consumir. 329 00:19:06,147 --> 00:19:09,567 E está todo, non? 330 00:19:09,650 --> 00:19:14,739 O cerebro, o corazón. E os cóvados? 331 00:19:15,948 --> 00:19:20,119 Maria! xa o teño. De cantos meses estás? 332 00:19:20,953 --> 00:19:22,038 De case seis. 333 00:19:22,121 --> 00:19:24,624 Ben. A ver, Beverly, Elliot, 334 00:19:24,707 --> 00:19:29,503 imaxinádevos que María é unha paciente da clínica de maternidade 335 00:19:29,587 --> 00:19:32,924 que acaba de chegar. Que lle decides? 336 00:19:36,802 --> 00:19:37,970 Como te atopas? 337 00:19:38,971 --> 00:19:40,473 Ben, grazas. 338 00:19:43,100 --> 00:19:47,605 Xenial. Pois... segue así. 339 00:19:48,064 --> 00:19:49,106 Claro. 340 00:20:17,343 --> 00:20:18,552 Moi ben. 341 00:20:23,099 --> 00:20:26,560 Fixéstelo moi ben! Moi lindo. 342 00:20:27,895 --> 00:20:29,313 - Boas, Beverly. - Ola. 343 00:20:29,397 --> 00:20:31,983 Vin que tiñas un pouco de... 344 00:20:34,485 --> 00:20:36,821 Sempre levo un por se Gwen, 345 00:20:36,904 --> 00:20:39,907 ou calquera que estea a menstruar, o necesita. 346 00:20:51,419 --> 00:20:52,294 Beverly? 347 00:20:54,171 --> 00:20:56,215 Esa xente está tola! 348 00:20:56,298 --> 00:20:58,676 Coido que son máis do meu estilo. 349 00:20:59,051 --> 00:21:02,179 É unha idea nefasta! Quero marchar. 350 00:21:02,304 --> 00:21:04,932 Pois eu creo que vai vento en popa. 351 00:21:05,349 --> 00:21:07,643 Non precisamos ningunha clínica. 352 00:21:07,727 --> 00:21:09,603 Ó carallo, cambiei de parecer! 353 00:21:09,687 --> 00:21:11,731 Preciso o laboratorio. 354 00:21:11,814 --> 00:21:12,982 Sangras? 355 00:21:13,065 --> 00:21:14,400 Teño o período. 356 00:21:14,483 --> 00:21:15,568 Adiantóuseme. 357 00:21:15,651 --> 00:21:17,028 Non pasa nada. 358 00:21:17,153 --> 00:21:18,571 A extracción saeu ben. 359 00:21:18,696 --> 00:21:20,823 Es ben fértil. 360 00:21:20,906 --> 00:21:23,451 Teño a sensación de que me aborrecen. 361 00:21:23,951 --> 00:21:27,288 Tes esa sensación porque te aborrecen, 362 00:21:27,371 --> 00:21:30,207 pero eu gústolles, e vouno conseguir por nós. 363 00:21:31,834 --> 00:21:33,961 Que poñía a tarxeta que mirabas? 364 00:21:34,045 --> 00:21:35,046 Nada. 365 00:21:35,796 --> 00:21:37,840 Dixeches que non querías filllos? 366 00:21:38,174 --> 00:21:40,593 De que carallo falas? 367 00:21:42,636 --> 00:21:45,431 Non penso ter fillos propios. 368 00:21:48,225 --> 00:21:50,644 A miña nai morreu no parto. 369 00:21:50,770 --> 00:21:52,938 Meu Deus, síntoo moito! 370 00:21:53,147 --> 00:21:54,565 Ela cóidame. 371 00:21:55,691 --> 00:21:58,527 Meu pai é medico e foi quen nos criou. 372 00:21:58,652 --> 00:22:02,865 E teño unha dor crónica chamada alodinia. Sabes que é? 373 00:22:04,158 --> 00:22:09,955 Lévoo ben, pero ás veces teño ardores horribles que me invaden 374 00:22:10,122 --> 00:22:14,335 por completo e teño que quedar o máis quieta posible, 375 00:22:14,502 --> 00:22:19,048 Por iso un embarazo sería insoportable, literalmente. 376 00:22:19,131 --> 00:22:21,509 Esta opción ten o mellor dos dous lados. 377 00:22:21,592 --> 00:22:26,514 A Rebecca parécelle ben porque non quere ter máis fillos. 378 00:22:26,639 --> 00:22:32,436 Rebecca... admira a figura femenina. 379 00:22:33,521 --> 00:22:38,067 Corta a relación tan pronto sae o bebé á luz. 380 00:22:38,192 --> 00:22:42,404 A ela parézolle perfecta. 381 00:22:42,530 --> 00:22:47,743 E se che sou sinceira, a min gústame ser perfecta, entendes? 382 00:22:47,827 --> 00:22:50,162 Así que isto é... 383 00:22:50,246 --> 00:22:53,666 Isto é... Encántame este proxecto 384 00:22:53,749 --> 00:22:58,170 porque poderei ser a nai subrogada de todos eses bebés. 385 00:22:58,337 --> 00:23:02,174 Sinto coma se fose algo predestinado. 386 00:23:03,217 --> 00:23:05,010 Non, graciñas. 387 00:23:05,094 --> 00:23:07,179 Perdoa, se cambias de opinión... 388 00:23:07,263 --> 00:23:08,681 Moitas grazas. 389 00:23:10,266 --> 00:23:14,478 Creo firmemente que temos algo extraordinario que ofrecer. 390 00:23:15,146 --> 00:23:19,358 Que podemos ofrecer un servizo xenuinamente personalizado para mulleres, 391 00:23:20,025 --> 00:23:24,238 para empoderalas e axudalas a todas. 392 00:23:28,576 --> 00:23:31,579 Eu estiven unha vez nunha clínica de maternidade. 393 00:23:31,662 --> 00:23:32,872 Entendo. 394 00:23:33,330 --> 00:23:35,666 Foi a peor experiencia da miña vida. 395 00:23:36,625 --> 00:23:38,836 Lamento escoitar iso. 396 00:23:38,919 --> 00:23:40,671 Só me lembro de berrar. 397 00:23:40,754 --> 00:23:45,384 E non un berro primitivo, conectado á Terra. 398 00:23:45,467 --> 00:23:48,512 Era un berro de auxilio, coma... 399 00:23:49,930 --> 00:23:53,434 Coma se ninguén me escoitase. 400 00:23:57,771 --> 00:24:02,985 Por que non me escoitaba ninguén nun lugar creado para escoitarnos? 401 00:24:04,236 --> 00:24:07,031 Como escoitaredes eses berros? 402 00:24:09,617 --> 00:24:11,118 Con atención. 403 00:24:11,744 --> 00:24:13,704 Segundo a nosa investigación, 404 00:24:13,787 --> 00:24:17,333 os cartos destinaranse á infertilidade, non? 405 00:24:18,000 --> 00:24:20,753 Entón, invertiranse na clínica? 406 00:24:20,878 --> 00:24:24,173 Axudaredes ás mulleres, sobre todo, a quedar encinta? 407 00:24:24,256 --> 00:24:25,382 - Claro. - Quizais. 408 00:24:25,466 --> 00:24:29,261 Semella un área pouco investigada, non? 409 00:24:29,345 --> 00:24:31,639 Poderiades facer grandes avances. 410 00:24:31,722 --> 00:24:35,309 Coido que é unha área que se podería tratar nun laboratorio. 411 00:24:35,392 --> 00:24:38,020 Pero trataríase a infertilidade da muller...? 412 00:24:38,103 --> 00:24:40,231 Meu Deus. Abre ti unha, mamalón. 413 00:24:40,314 --> 00:24:45,486 A ver, podería tratarse nun laboratorio, pero non é o principal. 414 00:24:45,569 --> 00:24:48,822 Por que non? Soa máis interesante. 415 00:24:48,906 --> 00:24:51,700 Nós intentámolo por terceira ou cuarta vez, 416 00:24:51,784 --> 00:24:53,494 e crédeme que a infertilidade 417 00:24:53,577 --> 00:24:56,413 terciaria e cuaternaria é todo un desafío. 418 00:24:56,497 --> 00:24:59,500 Gwen sempre fixo énfase na viabilidade do óvulo, 419 00:24:59,583 --> 00:25:01,835 - viabilidade do óvulo... - Xa. 420 00:25:01,919 --> 00:25:04,255 viabilidade do óvulo, 421 00:25:04,338 --> 00:25:08,175 viabilidade do óvulo, cando realmente era o meu esperma 422 00:25:08,342 --> 00:25:10,970 o que presentaba unha baixa mobilidade. 423 00:25:13,138 --> 00:25:16,475 Jeremy non empreña, para sorpresa de ninguén. 424 00:25:17,142 --> 00:25:18,352 Exacto. 425 00:25:18,435 --> 00:25:21,313 E que pasa coas mulleres que non queren ser nais? 426 00:25:21,397 --> 00:25:22,356 Claro. 427 00:25:22,439 --> 00:25:25,276 Ou coas mulleres embarazadas que rexeitan ser...? 428 00:25:25,359 --> 00:25:26,527 Claro. 429 00:25:27,486 --> 00:25:29,154 Seredes asasinas de bebés. 430 00:25:29,863 --> 00:25:31,115 - Pois... - Obvio. 431 00:25:31,198 --> 00:25:32,616 Pois non. 432 00:25:32,741 --> 00:25:33,867 Ou a menopausa. 433 00:25:33,951 --> 00:25:35,953 Aí lle deches: a menopausa. 434 00:25:36,036 --> 00:25:39,665 Se os homes a tivesen que soportar, xa tería solución. 435 00:25:39,748 --> 00:25:44,086 Trátana como un rito de paso 436 00:25:44,169 --> 00:25:46,839 necesario e doloroso. 437 00:25:46,922 --> 00:25:50,134 Xa pasaches pola menopausa, Jeremy? 438 00:25:50,217 --> 00:25:52,177 - Que non che sorprenda. - Vale. 439 00:25:52,261 --> 00:25:54,847 Calquera traballo ou produto promocionado 440 00:25:54,930 --> 00:25:57,308 que alivie a dor da menopausa 441 00:25:57,391 --> 00:25:59,226 sempre é dos máis vendidos. 442 00:25:59,310 --> 00:26:01,937 Dubido que levantemos así a nosa empresa, 443 00:26:02,021 --> 00:26:03,522 no referente ás vendas, 444 00:26:03,605 --> 00:26:05,649 cando se trata de drogar a xente. 445 00:26:05,733 --> 00:26:07,568 Por que cona non? 446 00:26:07,693 --> 00:26:11,572 Porque non traballamos así, verdade? 447 00:26:12,823 --> 00:26:15,284 Pois eu penso que si. 448 00:26:15,367 --> 00:26:17,661 Non queres facer cartos, Beverly? 449 00:26:17,745 --> 00:26:21,665 Se quero que a clínica teña éxito no referente ó económico? Quero. 450 00:26:21,749 --> 00:26:24,877 Pois soa un pouco vexetariano. 451 00:26:26,211 --> 00:26:29,965 O voso laboratorio podería mellorar as técnicas da menopausia? 452 00:26:30,049 --> 00:26:32,426 Podería, mais non coma vós pensades. 453 00:26:32,509 --> 00:26:35,471 Hai TRH, analxésicos, compresas con ás... 454 00:26:35,596 --> 00:26:40,559 Xa o están a facer, todos están aí, e ti vas detrás, 455 00:26:41,143 --> 00:26:44,772 así que por que non o eliminades ou bombardeades? 456 00:26:44,855 --> 00:26:47,316 Por que non cambiamos a perspectiva? 457 00:26:47,399 --> 00:26:50,069 No canto de ser un atranco para a muller 458 00:26:50,152 --> 00:26:53,906 que lle impide foder, a enoxa, a fai menos feminina, xuvenil 459 00:26:53,989 --> 00:26:57,284 ou atractiva para un home, por que non o concibimos 460 00:26:57,368 --> 00:27:00,871 como unha versión necesaria, natural e radical da feminidade? 461 00:27:01,413 --> 00:27:07,419 Como se traduce en dólares ese idealismo vomitivo, Beverly? 462 00:27:09,588 --> 00:27:11,131 Podemos retardala. 463 00:27:12,091 --> 00:27:13,842 Retrasar a súa aparición. 464 00:27:13,926 --> 00:27:16,929 É un bo exemplo do que tecnicamente sabemos facer, 465 00:27:17,012 --> 00:27:21,183 pero que limitan a lei, a ética, os cartos e os corpos para probalo. 466 00:27:21,350 --> 00:27:25,979 Vale, entón, hipoteticamente, canto se podería retrasar o seu inicio? 467 00:27:26,438 --> 00:27:27,439 Indefinidamente. 468 00:27:28,857 --> 00:27:32,236 Trátase diso. O laboratorio danos 469 00:27:32,319 --> 00:27:37,616 a oportunidade de cambiar por completo a perspectiva sobre a saúde da muller. 470 00:27:37,783 --> 00:27:39,284 Destácase que somos 471 00:27:39,368 --> 00:27:42,663 as mellores candidatas para unha atención especializada 472 00:27:42,746 --> 00:27:46,458 dende que nacen ata o final dos seus días. 473 00:27:46,542 --> 00:27:49,920 Se extraes texido ovárico dunha muller de 20 anos 474 00:27:50,003 --> 00:27:52,673 e llo reimplantas ós 40, 45, 475 00:27:52,756 --> 00:27:54,925 - e anos posteriores... - Que? 476 00:27:55,008 --> 00:27:59,930 Non só retrasará a menopausia, senón que terán a pel, a fertilidade 477 00:28:00,013 --> 00:28:01,974 e o desexo sexual dos 20 anos. 478 00:28:02,933 --> 00:28:07,855 Faise á medida, dende a embrioloxía ata a morte, 479 00:28:07,938 --> 00:28:10,732 que tamén será algo completamente tratable 480 00:28:10,816 --> 00:28:12,818 no lugar de inevitable. 481 00:28:12,901 --> 00:28:15,737 É unha animalada, e desvíase un pouco do tema. 482 00:28:16,405 --> 00:28:18,407 Vaia! Se ó final é interesante. 483 00:28:18,490 --> 00:28:22,161 Con embrioloxía, refíreste á edición xenética na FIV? 484 00:28:22,244 --> 00:28:25,581 Ese é outro tema con limitacións legais. 485 00:28:25,747 --> 00:28:31,378 Pero se podes desenvolver un embrión dende cero ata o final, logo... 486 00:28:31,462 --> 00:28:34,798 Logo poderás facer o que che saia de dentro. 487 00:28:34,882 --> 00:28:36,633 Home, iso é imposible. 488 00:28:37,176 --> 00:28:39,553 Claro que é posible, pero complicado. 489 00:28:43,432 --> 00:28:45,642 - Cal é o límite actual? - 14 días. 490 00:28:45,726 --> 00:28:47,769 Podes desenvolver un por máis tempo? 491 00:28:47,853 --> 00:28:49,146 Xa o fixen. 492 00:28:51,315 --> 00:28:53,942 Mais non é o noso obxectivo. 493 00:28:54,026 --> 00:28:55,319 - Podería selo. - Non. 494 00:28:55,402 --> 00:28:56,487 - Podería. - Non. 495 00:28:56,570 --> 00:29:00,199 Estás a falar dunha experiencia truculenta 496 00:29:00,282 --> 00:29:02,951 para mulleres moi podentes e privilexiadas. 497 00:29:03,035 --> 00:29:04,244 Imposible financiar 498 00:29:04,328 --> 00:29:07,873 o crecemento, a prolongación e o retraso da menopausia. 499 00:29:07,956 --> 00:29:10,459 Pinta que tendes un problema cos cartos. 500 00:29:10,918 --> 00:29:12,711 Tendes un problema cos cartos? 501 00:29:12,794 --> 00:29:14,254 É a mesma Pollyanna. 502 00:29:15,130 --> 00:29:17,424 Pollyanna, a orfa que non tiña pernas? 503 00:29:17,508 --> 00:29:19,218 Ese non era o Pequeno Tim? 504 00:29:19,301 --> 00:29:22,930 Coido que a clínica debería ser accesible para... 505 00:29:23,013 --> 00:29:25,516 - Charles Dickens. - Non semella mala idea. 506 00:29:25,599 --> 00:29:26,725 É realista? 507 00:29:26,808 --> 00:29:29,645 Por que é importante a accesibilidade? 508 00:29:31,897 --> 00:29:34,149 Dilo en serio? 509 00:29:34,316 --> 00:29:36,527 Xa sei, as donacións son xeniais. 510 00:29:36,610 --> 00:29:42,574 Susan devece nun evento benéfico para nenos con leucemia. 511 00:29:42,991 --> 00:29:46,161 Pero isto non vai de sentirse ben? 512 00:29:46,245 --> 00:29:48,789 Eu non traballo para sentirme ben. 513 00:29:49,790 --> 00:29:51,166 Logo, por que o fas? 514 00:29:51,625 --> 00:29:52,584 Para axudar. 515 00:29:52,668 --> 00:29:54,336 Pero, por que? 516 00:29:55,671 --> 00:29:58,382 É de supoñer que é para sentirte ben. 517 00:29:59,800 --> 00:30:05,013 Non vexo que pensedes en grande. 518 00:30:34,209 --> 00:30:35,127 Ola, rapazas. 519 00:30:35,752 --> 00:30:37,713 Só chamaba para saudar. 520 00:30:38,213 --> 00:30:39,590 Ola? 521 00:30:39,756 --> 00:30:43,385 Espero que esteades ben. Papá e máis eu estamos ben. 522 00:30:43,468 --> 00:30:46,138 Todo vai ben, así que iso é bo. 523 00:31:18,879 --> 00:31:20,422 - Ola! - Ola. 524 00:31:21,381 --> 00:31:23,175 - Bótote de menos. - O que? 525 00:31:24,217 --> 00:31:25,636 Non te escoito. 526 00:31:28,055 --> 00:31:29,056 Non me fodas! 527 00:31:53,789 --> 00:31:55,749 Jeremy, xúroche que... 528 00:32:02,047 --> 00:32:03,048 Ei! 529 00:32:07,302 --> 00:32:08,303 Sube. 530 00:32:14,226 --> 00:32:15,310 Son eu, tranquila. 531 00:32:25,028 --> 00:32:28,115 Levo facendo isto toda a vida, así que... 532 00:32:28,198 --> 00:32:31,576 - McKenzie! - Tranquila. 533 00:32:31,993 --> 00:32:36,832 Son unha muller! Parín os teus fillos! 534 00:32:37,207 --> 00:32:38,291 En fin... 535 00:32:40,085 --> 00:32:41,837 As dúas teñen enxeño. 536 00:32:41,920 --> 00:32:44,423 Son responsables. 537 00:32:44,506 --> 00:32:47,509 Non o sei. Teñen potencial. 538 00:32:48,760 --> 00:32:52,180 Creo... que podería ser moi divertido. 539 00:32:53,140 --> 00:32:55,058 Elliot! 540 00:32:55,475 --> 00:32:57,227 Elliot. 541 00:33:00,480 --> 00:33:03,066 Para dunha vez! 542 00:33:03,275 --> 00:33:04,860 - Tranquila. - Elliot! 543 00:33:09,906 --> 00:33:11,575 Todo ben. 544 00:33:11,658 --> 00:33:13,076 - Está ben. - Si. 545 00:33:13,493 --> 00:33:17,998 - Sei que estás moi, moi enoxada comigo. - Voute matar, mala pécora. 546 00:33:18,123 --> 00:33:20,000 Pero fágoo por nós. 547 00:33:20,083 --> 00:33:21,293 Es unha psicópata. 548 00:33:21,376 --> 00:33:23,920 Se eu son unha psicópata, ti tamén. 549 00:33:24,004 --> 00:33:26,465 - Nin te atrevas! - Somos o mesmiño. 550 00:33:26,548 --> 00:33:29,551 - Non temos nada que ver. - Tes que volver á base. 551 00:33:29,634 --> 00:33:31,553 - Á fogueira. Sorte. - Desléame. 552 00:33:31,636 --> 00:33:33,096 - Quérote. - Elliot! 553 00:33:52,741 --> 00:33:53,909 Non paredes. 554 00:34:19,351 --> 00:34:21,478 Dille que quite o pantalón. 555 00:34:37,327 --> 00:34:38,995 Non, quedade aquí. 556 00:34:41,081 --> 00:34:42,582 Sentade alí. 557 00:34:50,465 --> 00:34:51,925 Repítello. 558 00:35:40,098 --> 00:35:41,182 Non a toques. 559 00:36:09,461 --> 00:36:10,462 Merda. 560 00:36:13,089 --> 00:36:14,758 Puta merda. 561 00:36:25,560 --> 00:36:27,771 Puta do carallo. 562 00:36:29,689 --> 00:36:32,734 Puta do carallo. Puta do... 563 00:37:00,261 --> 00:37:04,265 Xa temos gañadores e perdedores. 564 00:37:06,226 --> 00:37:08,853 As Mantles participaron no xogo. 565 00:37:08,937 --> 00:37:10,271 Irmanciña. 566 00:37:10,689 --> 00:37:12,941 - Non. - Tráioche unha toalla. 567 00:37:13,650 --> 00:37:16,695 - Pódeste bañar. - Que vos fodan! 568 00:37:16,861 --> 00:37:18,405 Que vos fodan. 569 00:37:18,613 --> 00:37:21,116 Que vos fodan ben a todos. 570 00:37:21,282 --> 00:37:23,326 Sodes uns monstros. 571 00:37:23,410 --> 00:37:24,244 Beverly? 572 00:37:24,327 --> 00:37:27,580 Non, os peores sen comparación. 573 00:37:27,664 --> 00:37:31,543 Coma se a humanidade vos creara 574 00:37:31,626 --> 00:37:34,713 durante xeracións, e tiverades a mesma cara, 575 00:37:34,796 --> 00:37:36,715 cona e dedos, 576 00:37:36,798 --> 00:37:41,136 porque non vos parecedes ó ser humano en ningún sentido da palabra. 577 00:37:41,219 --> 00:37:42,303 Xa está. 578 00:37:42,387 --> 00:37:45,557 Dou por sentado, espero e rezo que non pensárades 579 00:37:45,640 --> 00:37:49,686 financiar con ningún mísero duro á nosa clínica de merda, 580 00:37:49,811 --> 00:37:52,230 pero, no caso de que si, irei eu 581 00:37:52,313 --> 00:37:54,274 e fareime a tola co papelorio. 582 00:37:54,357 --> 00:37:56,651 Grazas pola oportunidade, 583 00:37:56,735 --> 00:38:00,363 parabéns por toda a galería vaxinal, 584 00:38:00,447 --> 00:38:05,118 os vosos fillos detestables e sen talento, e os opiáceos de merda, 585 00:38:05,201 --> 00:38:07,203 pero non, 586 00:38:07,287 --> 00:38:10,457 - que vos fodan e que vola metan. - Beverly! 587 00:38:10,540 --> 00:38:11,374 Meu Deus... 588 00:38:11,458 --> 00:38:13,793 Quen carallo pensa que é? 589 00:38:22,635 --> 00:38:24,220 É o que quero. 590 00:38:26,848 --> 00:38:28,141 Non o escoitei. 591 00:38:32,854 --> 00:38:34,773 É o que quero. 592 00:38:37,192 --> 00:38:39,527 Dareivos os cartos, e algo máis. 593 00:38:39,652 --> 00:38:42,864 Clínica e Investigación en Xinecoloxía e Obstetricia. 594 00:38:42,947 --> 00:38:45,241 Ti no laboratorio e ti cos bebés. 595 00:38:45,325 --> 00:38:48,661 Clínicas en todo o país. Pa, pa, pa! Rapidamente. 596 00:38:48,745 --> 00:38:50,997 Eu dou os cartos, vós devolvédelos. 597 00:38:51,081 --> 00:38:54,667 Non son altruísta nin estou no negocio do demo da moralidade. 598 00:38:54,751 --> 00:38:58,922 Facemos as cartos cagando hostias, sen escrúpulos e a moreas. 599 00:39:02,425 --> 00:39:04,302 Tedes 24 horas para decidir. 600 00:39:04,385 --> 00:39:07,138 Se o rexeitades, non quero volver a ver 601 00:39:07,222 --> 00:39:10,308 ningunha das vosas caras xemelgas na puta vida. 602 00:39:52,225 --> 00:39:53,268 Que tal a noite? 603 00:39:56,771 --> 00:39:59,691 Cóntallo ti, que queres rexeitalo. 604 00:40:02,235 --> 00:40:03,778 Pero ti, non. 605 00:40:05,029 --> 00:40:06,698 E ti, si. 606 00:40:11,452 --> 00:40:15,665 Gwen preguntou se querías ser nai e dixeches: "Xa non." 607 00:40:19,294 --> 00:40:21,713 O da actriz vai en serio? 608 00:40:38,354 --> 00:40:39,189 Boas, Rebecca? 609 00:40:43,568 --> 00:40:46,196 Gustaríanos aceptar a túa xenerosa oferta. 610 00:40:49,616 --> 00:40:51,409 Se segue en pé. Grazas. 611 00:41:12,055 --> 00:41:13,932 Señora Mantle. 612 00:41:14,015 --> 00:41:16,517 - Grazas. - De nada. 613 00:43:49,253 --> 00:43:50,755 Ola, son mamá. 614 00:43:55,051 --> 00:43:57,303 Son mamá. Recibistes a miña chamada? 615 00:44:00,932 --> 00:44:02,433 Ola, nenas. 616 00:44:02,517 --> 00:44:04,018 Son mamá. 617 00:44:06,479 --> 00:44:10,024 Chamádeme. Mamá bótavos de menos. 618 00:44:13,820 --> 00:44:15,446 Mamá bótavos de menos. 619 00:44:16,697 --> 00:44:18,324 Mamá bótavos de menos. 620 00:44:24,622 --> 00:44:26,290 Coñecín a alguén. 621 00:44:27,333 --> 00:44:29,252 E... gústame moito. 622 00:44:33,464 --> 00:44:36,134 A Elliot, miña irmá, dubido que lle gustase. 623 00:44:38,010 --> 00:44:42,181 Dubido que lle gustase calquera relación seria que tivera. 624 00:44:44,058 --> 00:44:49,021 Os meus frechazos de adolescente estaban ben mentras quedasen aí. De ser máis... 625 00:44:52,275 --> 00:44:54,360 En realidade, síntome... 626 00:44:56,446 --> 00:45:00,992 un pouco culpable por alegrarme de non lidar con iso. 627 00:45:01,159 --> 00:45:05,705 Gozo da relación con esta muller 628 00:45:05,788 --> 00:45:11,461 apaixoada, intelixente, sá, xentil e... 629 00:45:12,086 --> 00:45:14,589 Ten as cousas claras. 630 00:45:15,882 --> 00:45:19,802 Elliot non está aquí para estragalo! 631 00:45:26,058 --> 00:45:26,976 É algo malo? 632 00:45:28,227 --> 00:45:29,145 Non. 633 00:45:30,313 --> 00:45:33,107 Coido que todos recoñecemos ese sentimento. 634 00:45:34,025 --> 00:45:36,819 É san non pensar nos nosos seres queridos 635 00:45:36,903 --> 00:45:40,990 coma persoas boas e santas que nunca fixeron nada malo. 636 00:45:41,115 --> 00:45:42,074 Foron humanos. 637 00:45:42,158 --> 00:45:43,326 Pois si. 638 00:45:44,410 --> 00:45:47,914 Falibles, complicadas... 639 00:45:49,582 --> 00:45:52,084 Non hai por que omitir esas facetas. 640 00:45:57,048 --> 00:45:58,257 Non o fago. 641 00:46:01,385 --> 00:46:02,386 Para nada. 642 00:49:05,027 --> 00:49:07,029 Subtítulos: Estefanía Prol Lusquiños 643 00:49:07,113 --> 00:49:09,115 Supervisora creativa: Natalia L. Prieto