1 00:00:06,091 --> 00:00:08,218 Previamente en Inseparables... 2 00:00:08,302 --> 00:00:09,553 Imos ter un bebé. 3 00:00:09,636 --> 00:00:10,846 - Seino. - Un bebé. 4 00:00:10,971 --> 00:00:12,473 - Seino. - Un bebé! 5 00:00:15,017 --> 00:00:18,854 E Elliot non está aquí para estragalo. Ai, Deus! 6 00:00:21,106 --> 00:00:24,151 Xa expiaches a culpa por asasinar a anciás. 7 00:00:24,234 --> 00:00:26,195 Como dixeches: Nunca ocorreu. 8 00:00:26,278 --> 00:00:29,865 Non hai cadáver. Só foi unha mala viaxe. 9 00:00:30,491 --> 00:00:33,577 Centros de maternidade por todo o país. Pa, pa, pa! 10 00:00:33,660 --> 00:00:34,828 Que investigas? 11 00:00:34,912 --> 00:00:35,788 Carallo. 12 00:00:35,871 --> 00:00:36,705 Todo. 13 00:00:36,789 --> 00:00:37,664 Queres unha cobaia? 14 00:00:37,748 --> 00:00:39,750 Por que non pides cita? 15 00:00:39,833 --> 00:00:42,169 Ás veces, turnámonos. 16 00:00:42,252 --> 00:00:44,463 Quería conseguirche, así que o fixen. 17 00:00:44,546 --> 00:00:46,423 Genevieve. 18 00:00:48,675 --> 00:00:49,593 Non. 19 00:01:31,760 --> 00:01:33,136 Beverly. 20 00:01:40,561 --> 00:01:43,647 Non escribín unha palabra en 17 meses. 21 00:01:45,524 --> 00:01:50,112 Ningunha. E non esaxero. 22 00:01:51,905 --> 00:01:55,534 Non collín papel e bolígrafo en todo este tempo. 23 00:01:56,368 --> 00:02:01,999 Enfermei de ansiedade e suminme nun tipo de depresión. 24 00:02:02,124 --> 00:02:04,459 Estaba apático, irascible. 25 00:02:05,836 --> 00:02:09,631 Desencanteime do mundo e de todos os que están nel, 26 00:02:09,756 --> 00:02:10,883 mais, sobre todo, 27 00:02:12,342 --> 00:02:14,177 de min. 28 00:02:14,303 --> 00:02:15,512 Ata que... 29 00:02:17,723 --> 00:02:21,810 INSEPARABLES 30 00:02:21,894 --> 00:02:23,020 Preciso un favor. 31 00:02:23,103 --> 00:02:25,105 - Ola, Rebecca. - Non fagas iso. 32 00:02:25,230 --> 00:02:28,150 - Como estades Susan e ti...? - Non cha vou cuspir 33 00:02:28,233 --> 00:02:29,735 antes de meterma, Silas. 34 00:02:29,860 --> 00:02:31,361 Preciso un artigo. 35 00:02:31,612 --> 00:02:32,529 Non, síntoo. 36 00:02:32,613 --> 00:02:35,157 "As Mantle: peculiares doutoras de vaxinas." 37 00:02:35,282 --> 00:02:37,492 - Bonito titular. - Un artigo adulador. 38 00:02:37,618 --> 00:02:41,079 Imos abrir unha clínica de maternidade en Alabama. 39 00:02:41,163 --> 00:02:43,957 Sígueas, escribe sobre a puta marabilla que son. 40 00:02:44,041 --> 00:02:46,793 - Non. - Non é unha petición. 41 00:02:46,877 --> 00:02:49,046 Non podes darte o luxo de rexeitalo. 42 00:02:50,881 --> 00:02:52,132 Ola. 43 00:03:06,438 --> 00:03:07,481 Estás ben? 44 00:03:09,524 --> 00:03:12,152 - Segura? - Si. 45 00:03:14,196 --> 00:03:16,031 É un milagre. 46 00:03:17,115 --> 00:03:19,743 Cres nos milagres, Beverly? 47 00:03:25,040 --> 00:03:28,001 Adéntrate no bosque. 48 00:03:29,628 --> 00:03:33,298 Escoita o triscar das follas baixo os pés. 49 00:03:33,382 --> 00:03:39,388 Das follas, ramas e terra suave e fértil entre os dedos dos pés. 50 00:03:39,471 --> 00:03:41,682 Alza a vista 51 00:03:42,891 --> 00:03:46,520 ó verde, ós paxaros e ó ceo azul. 52 00:03:46,853 --> 00:03:49,356 Máis alá das árbores. 53 00:03:50,816 --> 00:03:52,943 Coloca as mans sobre o bebé. 54 00:03:54,194 --> 00:03:56,905 Inhala profundamente. 55 00:04:02,202 --> 00:04:03,662 Exhala completamente. 56 00:04:05,205 --> 00:04:09,710 Camiña ata a claridade. Escoita o son da fervenza. 57 00:04:13,130 --> 00:04:15,590 Aí está, xusto diante. 58 00:04:17,050 --> 00:04:19,219 Sinte o sol nos ombreiros, 59 00:04:19,845 --> 00:04:23,098 nas costas e no ventre. 60 00:04:23,682 --> 00:04:26,143 Aí vén a luz. 61 00:04:26,893 --> 00:04:29,104 Aí vén a luz. 62 00:04:32,357 --> 00:04:33,900 Vai todo ben? 63 00:04:34,484 --> 00:04:36,319 Xa tes as maletas feitas. 64 00:04:36,445 --> 00:04:40,323 - Bárbaro. Grazas. - Desfrútao moito. 65 00:04:53,462 --> 00:04:54,379 Estás ben? 66 00:04:57,174 --> 00:04:58,592 Estás contenta? 67 00:05:05,682 --> 00:05:07,100 Quérote, Elly. 68 00:05:09,686 --> 00:05:11,063 Irmanciña. 69 00:05:22,074 --> 00:05:23,867 - Isto é... - Perfecto. 70 00:05:23,950 --> 00:05:24,993 Dirás horrible. 71 00:05:25,077 --> 00:05:28,872 Si. Imos directiños ó inferno. 72 00:05:31,583 --> 00:05:33,835 Describiríaste como unha adicta? 73 00:05:34,086 --> 00:05:35,504 - Non. - Non! 74 00:05:35,629 --> 00:05:37,339 Non estás en rehabilitación? 75 00:05:37,422 --> 00:05:41,384 - Eu nunca o diría así. - Falas como unha adicta. 76 00:05:42,010 --> 00:05:43,303 Estás nun programa? 77 00:05:43,386 --> 00:05:44,429 - Non. - Non. 78 00:05:44,513 --> 00:05:45,597 - Tes padriño? - Non. 79 00:05:45,722 --> 00:05:48,225 - Grupo de apoio? - Teño á miña irma. 80 00:05:50,393 --> 00:05:54,231 E xa está? É todo o teu grupo de apoio? 81 00:05:54,314 --> 00:05:58,026 É imposible explicar esta relación a alguén que non está nela. 82 00:05:58,735 --> 00:06:00,612 Non precisamos a ninguén máis. 83 00:06:00,695 --> 00:06:02,739 - Sempre foi así. - Non era saudable. 84 00:06:02,906 --> 00:06:04,449 A bebida, as drogas. 85 00:06:04,574 --> 00:06:05,784 Non era divertido. 86 00:06:06,618 --> 00:06:07,702 De verdade? 87 00:06:08,370 --> 00:06:09,996 Alucinaba, tiña depresión, 88 00:06:10,080 --> 00:06:12,833 sufría e todo ía moi rápido para nós. 89 00:06:12,916 --> 00:06:15,293 - O centro... - O laboratorio. 90 00:06:15,418 --> 00:06:17,504 Temos todo o que queriamos. 91 00:06:17,587 --> 00:06:19,339 Imos ser nais. 92 00:06:20,048 --> 00:06:21,383 "Imos" no sentido... 93 00:06:21,466 --> 00:06:24,719 Vou ter xemelgos, Silas. Ímolos criar xuntas. 94 00:06:24,970 --> 00:06:27,514 - Nai un e nai dous. - Ben. 95 00:06:27,597 --> 00:06:29,975 - Dous bebés, Silas. - Escoiteino. 96 00:06:30,100 --> 00:06:33,103 Todo o que queriamos. 97 00:06:33,186 --> 00:06:35,397 Non vos sentides agoniadas? 98 00:06:36,022 --> 00:06:38,358 Sinceramente, non. 99 00:06:38,483 --> 00:06:39,776 En conflito? 100 00:06:42,612 --> 00:06:45,782 No avión privado de Rebecca Parker que vos leva 101 00:06:45,866 --> 00:06:47,951 ó segundo centro de maternidade, 102 00:06:48,076 --> 00:06:49,911 nunha cidade descoñecida, 103 00:06:49,995 --> 00:06:55,917 nun estado descoñecido, antes de que o primeiro cumpra tres meses? 104 00:06:56,209 --> 00:06:58,879 Iso é o que queriades? 105 00:07:02,299 --> 00:07:03,425 Si. 106 00:07:05,886 --> 00:07:07,721 É o que sempre quixestes? 107 00:07:09,097 --> 00:07:10,015 Si. 108 00:07:15,645 --> 00:07:17,272 Que tal foi o voo? 109 00:07:17,355 --> 00:07:21,276 O avión é un agasallo de Rebecca. Non che parece fermoso? 110 00:07:21,985 --> 00:07:25,906 Pois benvidos a Montgomery! Listos para cometer asasinatos? 111 00:07:26,031 --> 00:07:29,117 Claro. Un pouco de estrangulamento lixeiro. 112 00:07:29,242 --> 00:07:31,870 - Estás cansa, Beverly? - Non, estou ben. 113 00:07:31,953 --> 00:07:35,457 Tes a habitación preparada. Se queres descansar, avísame. 114 00:07:35,582 --> 00:07:36,833 Onte tiven un soño. 115 00:07:36,958 --> 00:07:38,835 - Vaia. - Que o avión espichaba. 116 00:07:38,919 --> 00:07:41,838 No medio do campo, ardía e ningún de nós sabíao. 117 00:07:41,922 --> 00:07:46,259 - Esperabamos a que chegásedes. - Bonita historia. 118 00:07:46,426 --> 00:07:49,137 Espero que sexas benévolo coas miñas Mantles. 119 00:07:49,221 --> 00:07:50,639 É un artigo adulador. 120 00:07:50,722 --> 00:07:53,725 - Si, lémbrome. - Nada das túas feroces críticas. 121 00:07:53,808 --> 00:07:56,311 Só buscamos eloxios. 122 00:07:56,436 --> 00:07:58,188 Vinde coñecer a papá. 123 00:07:58,271 --> 00:08:00,523 Morre por coñecervos. Tamén é médico. 124 00:08:00,649 --> 00:08:01,524 Non me digas! 125 00:08:01,608 --> 00:08:03,526 Nunca o comentaches. 126 00:08:03,610 --> 00:08:06,488 Claro que o comentei, rapazas. 127 00:08:11,743 --> 00:08:14,955 Papá, preséntoche ás xemelgas. 128 00:08:16,081 --> 00:08:20,293 Beverly, Elliot, el é papá, o doutor Marion James. 129 00:08:21,461 --> 00:08:23,880 - Ola. - Boas. 130 00:08:24,005 --> 00:08:27,008 Estas son as miñas irmás e ela a miña avoíña. 131 00:08:27,133 --> 00:08:28,635 Que tal? 132 00:08:28,760 --> 00:08:30,720 E, papá, el é Silas Jordan. 133 00:08:30,929 --> 00:08:33,515 - Xa escoitaches falar del. - Para nada. 134 00:08:34,224 --> 00:08:35,850 Claro que si, papá. 135 00:08:35,976 --> 00:08:38,353 Gañou un Pulitzer. Agora está cun artigo 136 00:08:38,436 --> 00:08:41,523 sobre as xemelgas. Só dirá cousas bonitas. 137 00:08:41,648 --> 00:08:43,817 Non debería ser complicado. 138 00:08:44,859 --> 00:08:46,403 Non son marabillosas? 139 00:08:47,445 --> 00:08:50,615 Si, parécenmo bastante. 140 00:09:04,921 --> 00:09:06,339 Como o leva, Florence? 141 00:09:07,173 --> 00:09:09,634 Moi ben. 142 00:09:09,759 --> 00:09:13,179 Grazas, doutora. Estou ilusionada. 143 00:09:13,263 --> 00:09:15,807 Non está incómoda? 144 00:09:16,850 --> 00:09:19,102 Non me queixo. Síntome afortunada. 145 00:09:19,311 --> 00:09:23,356 E xa estamos na recta final, así que podo soportalo unha noite máis. 146 00:09:24,649 --> 00:09:28,194 Quere examinar a nai, doutora? 147 00:09:29,195 --> 00:09:30,530 Non é necesario. 148 00:09:30,697 --> 00:09:33,408 Xa limos o papelame. Todo está listo para mañá, 149 00:09:33,491 --> 00:09:37,037 - mentres Florence se sinta ben. - así é. 150 00:09:37,203 --> 00:09:39,748 E recibiu unha excelente atención médica. 151 00:09:39,831 --> 00:09:42,751 - Tívoa, non é? - Pois si. 152 00:09:42,834 --> 00:09:45,045 Papá coidou de min moi ben. 153 00:09:47,172 --> 00:09:50,050 Pois... si. 154 00:09:50,133 --> 00:09:53,178 Coido que non será necesario un exame físico. 155 00:09:53,261 --> 00:09:56,765 Mañá pola mañá dará a luz ós cuadrixemelgos desta muller. 156 00:09:57,390 --> 00:10:01,019 Será a primeira paciente do centro. Queres facer un reconto? 157 00:10:02,103 --> 00:10:05,940 Vai ter cuadrixemelgos, así que un bebé 158 00:10:06,024 --> 00:10:09,110 - irá agochado detrás doutro. - É a súa paciente. 159 00:10:09,235 --> 00:10:11,738 - Si, e... - Nunca tivo un bebé. 160 00:10:11,905 --> 00:10:12,822 Está nerviosa. 161 00:10:12,906 --> 00:10:15,742 - Seguro, pero... - Gustaríame que o fixeran. 162 00:10:20,914 --> 00:10:21,956 Está ben. 163 00:10:23,917 --> 00:10:25,293 Podemos ir a outro lado? 164 00:10:25,377 --> 00:10:28,838 Non me refería a un exame vaxinal, doutora. 165 00:10:28,963 --> 00:10:29,964 Basta con sentir. 166 00:10:33,176 --> 00:10:35,387 Quere algo de privacidade, Florence? 167 00:10:35,512 --> 00:10:39,099 Que vou querer! É a miña familia. 168 00:11:11,256 --> 00:11:13,007 Imos alá. 169 00:11:13,091 --> 00:11:14,008 Un. 170 00:11:18,430 --> 00:11:20,265 Dous. 171 00:11:20,390 --> 00:11:22,434 Tres. 172 00:11:26,688 --> 00:11:27,689 Catro. 173 00:11:33,236 --> 00:11:34,154 Alabama. 174 00:11:36,030 --> 00:11:38,992 - Xa estiveches? - Non. 175 00:11:39,117 --> 00:11:44,914 Un centro Mantle-Parker en Alabama. Por que? 176 00:11:45,373 --> 00:11:46,791 É a cidade natal de Susan. 177 00:11:49,461 --> 00:11:51,838 Non me parece un bo motivo. 178 00:11:52,005 --> 00:11:56,718 Alabama é o sexto estado coa taxa de mortalidade materna máis alta. 179 00:11:56,885 --> 00:12:01,014 Queremos traballar neses lugares, a medida que nos expandamos. 180 00:12:01,806 --> 00:12:04,976 Montades no cabalo branco inglés 181 00:12:05,101 --> 00:12:07,479 para salvar ós afroamericanos do sur 182 00:12:07,562 --> 00:12:10,565 dos que non sabedes nada. 183 00:12:11,065 --> 00:12:12,734 Nós non facemos iso. 184 00:12:12,859 --> 00:12:17,322 Certo. Darédeslle a benvida á descendencia das mulleres brancas e ricas 185 00:12:17,405 --> 00:12:19,449 mentres os afroamericanos miran. 186 00:12:21,159 --> 00:12:22,827 Nós non facemos iso. 187 00:12:24,245 --> 00:12:25,455 Vale. 188 00:12:26,998 --> 00:12:29,542 Entón, que facedes? 189 00:12:35,089 --> 00:12:35,965 Ai, si. 190 00:13:03,660 --> 00:13:06,621 Beverly, Elliot, hai xemelgos na súa familia? 191 00:13:07,163 --> 00:13:08,790 Non, fomos as primeiras. 192 00:13:09,541 --> 00:13:11,292 É un presente. 193 00:13:11,376 --> 00:13:14,128 E hai xemelgos na súa? 194 00:13:14,796 --> 00:13:18,132 Nos predecesores: eu son xemelga e Marion tamén o foi. 195 00:13:18,508 --> 00:13:21,052 - Fun. - Morreu ó nacer el. 196 00:13:21,177 --> 00:13:26,849 Era moi pequeno e Marion moi gordo. Coido que se alimentaba del. 197 00:13:27,433 --> 00:13:28,560 Nunca o saberemos. 198 00:13:28,685 --> 00:13:32,313 Abraceino e levárono a incinerar. 199 00:13:32,397 --> 00:13:33,731 Iso foi o que pasou. 200 00:13:33,898 --> 00:13:36,109 Avoa, non é un tema agradable. 201 00:13:36,192 --> 00:13:39,612 O parto é violento, Florence James, e non estás preparada. 202 00:13:40,655 --> 00:13:43,074 Creo que mos van sacar. 203 00:13:43,157 --> 00:13:45,910 Non será violento mentres teñas ás Mantle. 204 00:13:46,119 --> 00:13:47,912 Seguro? 205 00:13:48,037 --> 00:13:51,082 Elliot, cóntalle a papá sobre o voso último bebé. 206 00:13:51,207 --> 00:13:53,751 Ten 24 semanas e prospera. 207 00:13:55,169 --> 00:13:59,007 - En serio? - Non só está san, senón que prospera. 208 00:13:59,132 --> 00:14:02,552 Dígoo en serio. Ninguén o cría, verdade, Silas? 209 00:14:02,635 --> 00:14:04,220 Non, era extraordinario. 210 00:14:05,430 --> 00:14:06,848 Impresionante. 211 00:14:06,973 --> 00:14:10,893 É o bebé máis novo que asistiron con éxito no centro? 212 00:14:11,019 --> 00:14:12,103 É. 213 00:14:13,021 --> 00:14:15,315 Poderían xestionar un máis novo? 214 00:14:15,398 --> 00:14:16,232 Por suposto. 215 00:14:17,775 --> 00:14:19,360 Non o poderiamos dicir. 216 00:14:20,945 --> 00:14:23,448 Depende da contorna na que se desenvolvan. 217 00:14:23,531 --> 00:14:24,949 Certo. 218 00:14:25,074 --> 00:14:29,245 Iso non vai da man ó debate sobre o aborto? 219 00:14:31,706 --> 00:14:34,626 Canto antes sexa viable a vida fóra do útero, 220 00:14:34,709 --> 00:14:38,463 máis poderoso será o argumento do movemento antiaborto, non? 221 00:14:40,465 --> 00:14:43,760 Salva un bebe de 16, 17 ou 18 semanas 222 00:14:43,843 --> 00:14:48,389 e unha muller perderá o dereito a interrumpir un embarazo de forma segura. 223 00:14:48,681 --> 00:14:51,976 Isto non é un tema agradable para cear. 224 00:14:52,101 --> 00:14:53,728 Non, mamá. É fascinante. 225 00:14:53,936 --> 00:14:55,772 Eu tamén o creo. 226 00:14:55,855 --> 00:15:00,068 É posible salvar un bebe tan novo, Elliot? 227 00:15:00,151 --> 00:15:02,695 Como de 15 ou 14 semanas? 228 00:15:04,238 --> 00:15:05,698 Non. 229 00:15:06,449 --> 00:15:10,536 Neste caso, cantos abortos tivo a nai? Catro, cinco? 230 00:15:10,620 --> 00:15:13,956 - Si. - E fíxolle unha reprodución asistida? 231 00:15:14,666 --> 00:15:15,583 Non. 232 00:15:18,670 --> 00:15:19,587 Fíxolla. 233 00:15:20,380 --> 00:15:22,298 A ciencia é fascinante. 234 00:15:22,423 --> 00:15:27,553 Non, ela tratouse noutra clínica e, logo, non recibiu apoio médico. 235 00:15:27,637 --> 00:15:29,514 Foi algo moi raro. 236 00:15:29,889 --> 00:15:32,100 Fixo o tratamento con vostede. 237 00:15:33,476 --> 00:15:38,106 Temos coñecementos moi limitados sobre a vida nas súas primeiras etapas. 238 00:15:38,272 --> 00:15:41,067 Estivemos, si. 239 00:15:41,192 --> 00:15:44,529 Florence sufriu varios abortos. Non che molesta? 240 00:15:44,654 --> 00:15:45,488 Si. 241 00:15:45,571 --> 00:15:48,282 - E non. - E mirádea agora. 242 00:15:48,449 --> 00:15:50,993 Si, son moi afortunada. 243 00:15:51,119 --> 00:15:53,996 Cuadrixemelgos monocoriais. 244 00:15:54,122 --> 00:15:56,958 - E iso que é? - Que os catro comparten placenta. 245 00:15:57,959 --> 00:16:00,837 Iso non ten un risco moi alto? 246 00:16:00,962 --> 00:16:02,797 - Pode. - Ela non debería...? 247 00:16:02,880 --> 00:16:05,883 Perdón. Vostede non debería ir a un hospital? 248 00:16:06,008 --> 00:16:09,429 Non está enferma, Silas. O embarazo non é unha enfermidade. 249 00:16:11,097 --> 00:16:13,057 Como che gusta dicilo, Beverly. 250 00:16:14,016 --> 00:16:15,727 Dixen que nada de críticas. 251 00:16:15,893 --> 00:16:19,814 Non, escoiteillo a Beverly en catro ocasións diferentes. 252 00:16:20,273 --> 00:16:23,735 É unha frase da hostia. Anótaa no caderno. 253 00:16:23,901 --> 00:16:25,361 - Susan! - Perdón. 254 00:16:26,320 --> 00:16:29,073 Entón, sempre viviu aquí, señor James? 255 00:16:29,240 --> 00:16:31,451 Vivimos aquí durante séculos. 256 00:16:32,535 --> 00:16:35,872 Debeu de ser moi difícil criar só ás súas fillas. 257 00:16:35,955 --> 00:16:37,415 Non o fixo só. 258 00:16:38,082 --> 00:16:39,333 Non, perdón. Certo. 259 00:16:39,417 --> 00:16:43,004 Referíame a que a morte dunha nai é un suceso moi traumático. 260 00:16:44,130 --> 00:16:45,631 A morte dunha nai? 261 00:16:49,594 --> 00:16:52,722 Perdón, pensei... 262 00:16:53,514 --> 00:16:56,684 A nai non morreu, marchou. 263 00:16:59,145 --> 00:17:01,689 Foi o mesmo cunha morte, Beverly. 264 00:17:07,987 --> 00:17:10,239 Eu só era un médico de familia. 265 00:17:10,573 --> 00:17:15,495 Axudaba no que fixese falta. Facía visitas a domicilio. 266 00:17:16,454 --> 00:17:20,708 De home da casa e muller da casa, ás nenas, institutrices e invitados. 267 00:17:20,792 --> 00:17:22,251 O que fixera falta. 268 00:17:22,376 --> 00:17:24,212 Quen me necesitase. 269 00:17:25,296 --> 00:17:27,757 Fíxenme coñecido por axudar ás mulleres. 270 00:17:27,882 --> 00:17:31,302 Especialiceime na saúde da muller. Non sei por que. 271 00:17:31,427 --> 00:17:33,763 Elexiume a min. 272 00:17:33,846 --> 00:17:35,807 Quizais pola compaña que tiña. 273 00:17:38,851 --> 00:17:41,854 Non parecía importarlle moito a ninguén. 274 00:17:42,730 --> 00:17:47,151 A saúde da muller? Era como empezar dende a nada. 275 00:17:47,235 --> 00:17:48,945 Ser o primeiro en chegar. 276 00:17:49,821 --> 00:17:50,780 O corpo da muller. 277 00:17:52,114 --> 00:17:55,993 Un territorio inexplorado. Unha terra por descubrir. 278 00:17:56,494 --> 00:18:00,623 Novas fronteiras, novos contornos, novos terreos. 279 00:18:00,832 --> 00:18:04,752 É marabilloso chegar onde ningún home chegou antes. 280 00:18:06,212 --> 00:18:11,050 Estar dende o principio. Ser a primeira páxina. Moldear o futuro. 281 00:18:12,635 --> 00:18:16,764 Instalei consultorios aquí, no meu propio e pequeno hospital. 282 00:18:16,889 --> 00:18:22,353 Construímos o que era necesario. Creamos instrumentos que non existían. 283 00:18:22,478 --> 00:18:28,317 Puxémoslle nome a partes, afeccións e doenzas que ninguén descubrira. 284 00:18:28,401 --> 00:18:32,446 Displasia cervical, hiperplasia endometrial, 285 00:18:32,989 --> 00:18:37,159 prolapso do solo pélvico, sangrado uterino anormal. 286 00:18:37,285 --> 00:18:42,915 Parto, fertilidade, parto, fertilidade, 287 00:18:43,082 --> 00:18:45,585 parto, fertilidade. 288 00:18:46,210 --> 00:18:48,212 Non obstante, non era comparable 289 00:18:48,296 --> 00:18:52,383 coa cantidade de pacientes cos que vostedes practicaron. 290 00:18:52,508 --> 00:18:55,845 Tiven que apañarmas con elas moitas veces. 291 00:19:01,434 --> 00:19:05,062 Nós non practicamos coas nosas pacientes, señor James. 292 00:19:05,187 --> 00:19:06,856 Por suposto que si. 293 00:19:06,939 --> 00:19:09,567 A súa profesión é parte da nosa linguaxe. 294 00:19:09,692 --> 00:19:13,487 Non lles parece que melloran con cada incisión e sutura? 295 00:19:13,613 --> 00:19:16,032 Nunca cometeron un erro cunha paciente, 296 00:19:16,115 --> 00:19:19,327 aprenderon dela e aplicaron o aprendido coa seguinte? 297 00:19:19,452 --> 00:19:21,329 Non aproveitaron a oportunidade, 298 00:19:21,621 --> 00:19:27,627 un corpo presente, un momento para mellorar, practicar, 299 00:19:27,877 --> 00:19:30,588 coa finalidade de evolucionar a profesión? 300 00:19:30,713 --> 00:19:32,757 Eu non o vexo asi. 301 00:19:36,636 --> 00:19:37,553 Elliot, si. 302 00:19:40,848 --> 00:19:43,267 Pode que non o vexa así, Beverly, 303 00:19:43,351 --> 00:19:46,312 pero non significa que non o sexa. 304 00:19:49,440 --> 00:19:53,694 Penso no inicio, en como comezamos. 305 00:19:53,861 --> 00:19:58,616 Os ombreiros nos que nos apoiamos. Os doutores e pacientes, Beverly. 306 00:19:59,492 --> 00:20:05,122 Unha moza de 1840, 1850, de 17 anos, embarazada, 307 00:20:05,206 --> 00:20:08,417 tiña un raquitismo grave 308 00:20:08,501 --> 00:20:11,837 causado pola desnutrición e a falta de vitamina D. 309 00:20:12,088 --> 00:20:14,840 Tiña a pelve gravemente desfigurada. 310 00:20:15,341 --> 00:20:21,180 O parto da rapaza durou varios días, pero foille imposible dar a luz. 311 00:20:21,389 --> 00:20:25,393 Avisaron tarde ó doutor e, cando chegou, o bebé xa morrera. 312 00:20:26,268 --> 00:20:28,562 Levárona de volta ó doutor. 313 00:20:28,813 --> 00:20:31,399 Choraba das fístulas que tiña na vaxina. 314 00:20:31,607 --> 00:20:33,985 Sufría unha dor descomunal. 315 00:20:35,236 --> 00:20:39,240 Por suposto, iso non era nada raro para a época. 316 00:20:39,323 --> 00:20:42,743 Todo o contrario. As mozas sufríano constantemente. 317 00:20:43,536 --> 00:20:45,871 Pero non tiña cura nin tratamento. 318 00:20:47,581 --> 00:20:51,377 Ninguén buscaba a forma de solucionalo. 319 00:20:51,460 --> 00:20:53,462 Como melloralo. 320 00:20:53,629 --> 00:20:57,550 Así que, tanto ela como o doutor, puxéronse mans á obra. 321 00:20:58,801 --> 00:21:03,139 O doutor e a moza levaron a cabo 30 procedementos diferentes. 322 00:21:03,472 --> 00:21:04,765 Sen anestesia. 323 00:21:05,057 --> 00:21:09,645 Trinta procedementos para solucionalo, e o doutor conseguiuno. 324 00:21:10,730 --> 00:21:15,818 O cal requeriu moita práctica e esforzo. 325 00:21:15,943 --> 00:21:19,196 Pero conseguiuno. Conseguírono. 326 00:21:19,280 --> 00:21:22,950 E ese traballo transmitiuse de doutor a doutor, 327 00:21:23,117 --> 00:21:26,203 a doutor, a doutor, ata que chegou ás miñas mans. 328 00:21:28,039 --> 00:21:29,081 Ás súas mans. 329 00:21:33,210 --> 00:21:37,673 É unha barbarie. É historia. 330 00:21:39,008 --> 00:21:41,510 Iso xa non pasa. 331 00:21:42,887 --> 00:21:46,307 Non. Nunca nos afastamos tanto da nosa historia. 332 00:22:22,176 --> 00:22:23,677 E que fixo, Elliot? 333 00:22:24,678 --> 00:22:28,724 Coa súa muller unha vez estéril e agora fecunda? 334 00:22:30,935 --> 00:22:33,771 Foi Deus? É Deus? 335 00:22:36,065 --> 00:22:39,568 Como creou vida de onde non crecía? 336 00:22:47,576 --> 00:22:50,412 Combinei varios factores. 337 00:22:50,579 --> 00:22:52,123 Como cales? 338 00:22:59,296 --> 00:23:00,881 Pode contarme que pasou? 339 00:23:00,965 --> 00:23:04,176 - Rompín augas. - Hai dúas horas. 340 00:23:04,260 --> 00:23:08,305 - Vale. Respire. - Que temos? 341 00:23:08,848 --> 00:23:10,641 Un parto moi prematuro. 342 00:23:10,724 --> 00:23:12,852 - De 24 semanas. - Elliot... 343 00:23:13,018 --> 00:23:15,104 Respire comigo, Lenka. 344 00:23:15,229 --> 00:23:16,939 Podes botarme unha man? 345 00:23:17,022 --> 00:23:19,984 Non son obstetra, Elliot. 346 00:23:20,109 --> 00:23:22,945 Veño agora. Un momento. 347 00:23:23,070 --> 00:23:24,280 Axúdasme? 348 00:23:24,363 --> 00:23:26,115 É unha clínica de maternidade. 349 00:23:26,198 --> 00:23:27,825 - Pídello a outro. - Non podo. 350 00:23:28,951 --> 00:23:30,286 - A Beverly. - Non podo. 351 00:23:30,369 --> 00:23:31,412 Tranquila. 352 00:23:32,955 --> 00:23:36,959 Someteuse a un procedemento ilegal de implantación de alto risco 353 00:23:37,042 --> 00:23:40,379 e non teño nin puta idea das implicacións que pode haber. 354 00:23:41,463 --> 00:23:44,258 Sufriu abortos espontáneos. Descoñecemos a razón, 355 00:23:44,341 --> 00:23:48,888 así que desenvolvín o embrión un pouco máis antes de implantarllo. 356 00:23:49,013 --> 00:23:51,056 Canto? 357 00:23:53,267 --> 00:23:54,393 Catro semanas. 358 00:23:56,020 --> 00:23:58,439 Implantácheslle un embrión de catro semanas? 359 00:23:58,522 --> 00:24:02,735 Rompeu augas hai catro horas. Axúdame, por favor. 360 00:24:04,069 --> 00:24:06,197 Por favor. Axúdaa, por favor. 361 00:24:09,491 --> 00:24:12,786 Respire. 362 00:24:12,870 --> 00:24:15,497 Ben, vale, respire. 363 00:24:15,623 --> 00:24:21,420 Ola, son Tom. Faino moi ben. Imos coñecer o seu bebé. 364 00:24:25,883 --> 00:24:26,800 É un segredo? 365 00:24:28,844 --> 00:24:29,678 Quizais. 366 00:24:31,722 --> 00:24:34,892 Fixo algo intelixente de máis? 367 00:24:37,770 --> 00:24:39,313 Quizais. 368 00:25:02,628 --> 00:25:06,173 Carafio! Vou por un pano. 369 00:25:06,298 --> 00:25:08,550 - Vou por auga. - Estás ben? 370 00:25:08,634 --> 00:25:10,511 Viches o parto? 371 00:25:10,803 --> 00:25:13,681 Presenciouno Elliot. 372 00:25:13,806 --> 00:25:15,557 Non é o normal. 373 00:25:16,850 --> 00:25:20,062 - Presenciouno ela. - Sairá adiante? 374 00:25:21,355 --> 00:25:24,441 Non mo creo. Nin o entendo. 375 00:25:24,566 --> 00:25:28,988 Pero pode respirar pola súa conta. Non presenta signos de ictericia. 376 00:25:29,071 --> 00:25:31,448 Isto non ten pés nin cabeza. 377 00:25:31,573 --> 00:25:34,535 Temos a CPAP, o tubo endotraqueal, ventiladores, 378 00:25:34,618 --> 00:25:38,497 catéteres... pero non precisa nada diso, en realidade. 379 00:25:40,416 --> 00:25:42,376 Incrible. 380 00:25:44,336 --> 00:25:46,547 E ti como levas o teu? 381 00:25:53,137 --> 00:25:59,143 Pódoche preguntar algo, Beverly? Tes contacto con Genevieve? 382 00:26:05,607 --> 00:26:07,693 Sei dela polos seus avogados. 383 00:26:08,944 --> 00:26:11,739 Por temas de visitas e prácticas, en realidade. 384 00:26:11,864 --> 00:26:15,367 Está bastante claro. Non é traumático nin... 385 00:26:16,952 --> 00:26:19,496 Sairá do país nunhas semanas para gravar, 386 00:26:19,580 --> 00:26:22,041 e non me quere ver. 387 00:26:23,792 --> 00:26:26,587 Apetéceche vela? 388 00:26:31,133 --> 00:26:33,719 Tiveches que querela moito. 389 00:26:35,012 --> 00:26:37,056 Dáme o corpo. 390 00:26:42,853 --> 00:26:45,689 - Síntoo, non era a miña intención. - Nin existe. 391 00:26:49,193 --> 00:26:52,112 Teño que facer coma se nunca existise. 392 00:27:11,340 --> 00:27:13,133 Que triste. 393 00:27:14,718 --> 00:27:16,095 Que triste. 394 00:27:18,138 --> 00:27:20,391 Moi, moi triste. 395 00:27:28,065 --> 00:27:32,444 Triste hoxe. Triste mañá. 396 00:27:38,659 --> 00:27:39,576 Beverly? 397 00:27:43,205 --> 00:27:44,415 Beverly? 398 00:27:46,375 --> 00:27:47,501 Irmanciña? 399 00:27:50,337 --> 00:27:51,463 Irmanciña? 400 00:27:58,804 --> 00:27:59,763 Irmanciña? 401 00:28:06,061 --> 00:28:07,729 Estou ben. 402 00:28:10,190 --> 00:28:11,567 Que pasou? 403 00:28:12,484 --> 00:28:13,819 Non o sei. 404 00:28:15,320 --> 00:28:17,781 Sentíame mal, Elliot. 405 00:28:24,580 --> 00:28:28,083 Todo isto foi unha parvada, unha broma. 406 00:28:28,167 --> 00:28:30,377 Non ía en serio, Beverly. 407 00:28:46,977 --> 00:28:48,187 Beverly. 408 00:28:49,646 --> 00:28:50,606 Ola. 409 00:29:14,254 --> 00:29:15,255 Vaites. 410 00:29:16,548 --> 00:29:17,549 Atopáchesme. 411 00:29:22,721 --> 00:29:25,182 Estaba moi triste. 412 00:29:28,268 --> 00:29:29,978 Constantemente. 413 00:29:30,103 --> 00:29:34,107 Non tes que contarmo. Non é da miña incumbencia. 414 00:29:35,067 --> 00:29:36,652 Bebía moito. 415 00:29:39,404 --> 00:29:43,784 Ás veces, aparecía na escola fóra de si, 416 00:29:45,953 --> 00:29:47,704 e era moi embarazoso. 417 00:29:51,166 --> 00:29:52,334 Odiábaa. 418 00:29:54,503 --> 00:29:59,091 Poñíase a chorar ou a berrarnos. 419 00:30:02,052 --> 00:30:05,806 Dicía que oxalá tivese morto no noso parto. 420 00:30:07,891 --> 00:30:10,143 Ou que tivesemos morto dentro dela. 421 00:30:11,520 --> 00:30:15,190 Por iso cóntolle á xente o que pasou. 422 00:30:18,694 --> 00:30:21,697 Convertémola nun anxo, xusto como ela quería. 423 00:30:26,410 --> 00:30:30,789 Ela estaba emperrenchada con nós, pero non sei por que. 424 00:30:33,333 --> 00:30:35,168 Adoitaba pensar que era 425 00:30:36,962 --> 00:30:40,549 porque ela cría que se poría mellor de cada vez, 426 00:30:44,177 --> 00:30:47,723 pero non era certo, porque nunca tivo esperanza. 427 00:30:49,224 --> 00:30:50,892 Tiñamos a papá. 428 00:30:51,018 --> 00:30:53,770 Levávanos nas capeliñas dos ollos. 429 00:30:55,022 --> 00:30:57,316 A que é marabilloso? 430 00:31:01,695 --> 00:31:03,488 Deberías durmir. 431 00:31:11,538 --> 00:31:13,957 Vas ser unha nai marabillosa. 432 00:31:38,982 --> 00:31:40,192 Bebés. 433 00:31:41,360 --> 00:31:45,280 Parásitos do carallo. 434 00:31:49,034 --> 00:31:51,036 Tes fillos? 435 00:31:51,161 --> 00:31:53,872 Estás capacitada para preguntalo? 436 00:31:53,955 --> 00:31:54,956 Ás mulleres, si. 437 00:31:56,875 --> 00:32:00,879 - Nunca quixeches ter fillos? - Vounos ter, Silas. 438 00:32:00,962 --> 00:32:01,797 Que? 439 00:32:01,880 --> 00:32:04,091 - Vainos ter Beverly. - As dúas. 440 00:32:04,216 --> 00:32:06,802 Lin a entrevista que lle fixeron a Genevieve 441 00:32:06,927 --> 00:32:11,264 hai un tempo, e falaba do anhelo. 442 00:32:11,431 --> 00:32:12,599 Usou esa palabra. 443 00:32:14,267 --> 00:32:17,688 Un "anhelo" por eles. Unha dor física. 444 00:32:19,314 --> 00:32:20,565 Non o experimentas? 445 00:32:20,649 --> 00:32:22,192 - Non. - Non o sintes así? 446 00:32:22,275 --> 00:32:24,277 - Non. - Non tes instinto maternal? 447 00:32:24,444 --> 00:32:25,278 Non. 448 00:32:25,362 --> 00:32:28,281 - Impórtanche unha merda os bebés? - Exacto. 449 00:32:28,365 --> 00:32:30,909 - Neste xogo científico? - Si. 450 00:32:33,161 --> 00:32:37,165 Pois aí o tes: uns bebés, 451 00:32:37,416 --> 00:32:40,127 unha casa, un can... 452 00:32:40,585 --> 00:32:41,670 Que cambiou? 453 00:33:03,108 --> 00:33:06,194 Teño dúas fillas e un fillo. 454 00:33:09,740 --> 00:33:11,533 E que tal? 455 00:33:12,659 --> 00:33:15,912 Levei moi ben todo o tema do embarazo. 456 00:33:19,166 --> 00:33:21,334 Cando todos aínda temos o potencial. 457 00:33:30,385 --> 00:33:33,555 Crin que xa o deixaras, Elliot. 458 00:33:37,434 --> 00:33:38,351 Non o deixei. 459 00:33:39,978 --> 00:33:44,107 Claro. E funciónache? 460 00:33:46,777 --> 00:33:48,320 Es un alcohólico. 461 00:33:50,322 --> 00:33:51,406 Son un alcohólico. 462 00:33:52,741 --> 00:33:57,370 Estás a pensar no terceiro trago mentres tomas o primeiro. 463 00:33:58,205 --> 00:33:59,331 Penso. 464 00:33:59,456 --> 00:34:01,875 Algunha vez o abandonaches por alguén? 465 00:34:01,958 --> 00:34:05,545 A ninguén lle impota, Elliot. 466 00:34:05,629 --> 00:34:07,631 Pero dixeches que tes fillos. 467 00:34:09,132 --> 00:34:11,301 O meu barco xa partiu. 468 00:34:15,430 --> 00:34:17,974 E ti? Vas ser nai. 469 00:34:19,726 --> 00:34:21,019 Unha mamá. 470 00:34:22,103 --> 00:34:25,649 Estás no comezo dunha fermosa viaxe. 471 00:34:25,732 --> 00:34:28,109 Intentaches inscribirte nalgún programa? 472 00:34:28,193 --> 00:34:29,361 Como A.A.? 473 00:34:30,570 --> 00:34:31,905 Claro. 474 00:34:32,030 --> 00:34:34,157 - Non funcionou? - Funciona ben. 475 00:34:35,242 --> 00:34:37,327 Podo parar sempre que queira. 476 00:34:37,410 --> 00:34:38,370 Só que... 477 00:34:39,955 --> 00:34:41,039 nunca quero. 478 00:34:47,170 --> 00:34:48,547 Non teño ningún trauma. 479 00:34:48,755 --> 00:34:53,093 É que me encanta beber. 480 00:34:56,680 --> 00:35:00,225 E con que alucinaches? 481 00:35:04,563 --> 00:35:07,816 Cunha vella vagabunda chamada Agnes. 482 00:35:07,983 --> 00:35:08,984 Vaia. 483 00:35:10,068 --> 00:35:11,570 Non vivín nada tan intenso. 484 00:35:11,653 --> 00:35:15,574 Quedei completamente convencida de que a empurrara polo balcón. 485 00:35:15,657 --> 00:35:18,994 Vaia animalada. 486 00:35:19,077 --> 00:35:20,078 Pois si. 487 00:35:20,161 --> 00:35:22,497 Adoitas alucinar? 488 00:35:22,581 --> 00:35:23,498 Non. 489 00:35:27,043 --> 00:35:28,253 Por que fas isto? 490 00:35:31,339 --> 00:35:33,925 - É o meu traballo. - Non é polas preguntas. 491 00:35:34,009 --> 00:35:35,218 Isto. 492 00:35:35,343 --> 00:35:39,890 Esta revista de xemelgas sorrintes, que che martela a alma. 493 00:35:39,973 --> 00:35:42,350 - Escribes libros. - Escribía. 494 00:35:42,475 --> 00:35:43,977 Pois eran bos. 495 00:35:45,061 --> 00:35:48,773 Es o señor Pulitzer. Es escritor! 496 00:35:51,109 --> 00:35:54,279 Son un docente que fodía coas súas alumnas. 497 00:35:55,989 --> 00:35:57,407 Ninguén ve o Pulitzer. 498 00:35:58,533 --> 00:36:00,827 Xa non se pode foder con ninguén! 499 00:36:00,911 --> 00:36:01,953 Boa frase. 500 00:36:02,078 --> 00:36:04,372 Nin pacientes nin estudantes. 501 00:36:04,456 --> 00:36:08,001 - Ti falo cos pacientes. - Sería groseiro non facelo. 502 00:36:10,211 --> 00:36:11,630 Fodiches a Genevieve? 503 00:36:13,381 --> 00:36:15,467 Ou só foi a túa irmá? 504 00:36:20,680 --> 00:36:23,099 Xa. Xa. 505 00:36:24,768 --> 00:36:26,603 Que pasa no teu laboratorio? 506 00:36:31,316 --> 00:36:33,443 Como embarazaches a aquela muller? 507 00:36:37,113 --> 00:36:39,449 Por que ese bebé é un milagre? 508 00:36:44,996 --> 00:36:50,168 Que merda tipo Frankenstein tramas? 509 00:39:13,478 --> 00:39:15,563 Deus santo, perdón... 510 00:39:20,985 --> 00:39:23,071 Levaron unha moza a xunto dun home. 511 00:39:24,656 --> 00:39:26,908 Tiña 17 anos. 512 00:39:27,033 --> 00:39:29,244 Era unha escrava. 513 00:39:29,327 --> 00:39:31,621 Tiña un raquitismo grave. 514 00:39:33,039 --> 00:39:36,668 Estaba embarazada e o parto durou tres días. 515 00:39:37,794 --> 00:39:41,840 Tiña a pelve desfigurada e imposibilitaba o nacemento do bebé. 516 00:39:43,341 --> 00:39:44,968 O bebé naceu morto. 517 00:39:50,723 --> 00:39:56,396 Tralo nacemento do bebé morto, a moza, unha escrava de 17 anos 518 00:39:56,604 --> 00:39:58,565 que padecía un raquitismo grave 519 00:39:58,648 --> 00:40:02,527 causado pola desnutrición e a falta de vitamina D, 520 00:40:02,652 --> 00:40:07,323 foi levada a xunto dun home cunha dor insoportable polas fístulas 521 00:40:07,407 --> 00:40:11,661 que se produciron pola lesión que sufriu no parto. 522 00:40:12,537 --> 00:40:16,708 A súa situación era común entre as escravas da época. 523 00:40:17,834 --> 00:40:22,005 A moza, unha escrava de 17 anos que padecía 524 00:40:22,088 --> 00:40:25,675 un raquitismo grave, tiña a pelve desfigurada 525 00:40:25,925 --> 00:40:30,305 e deu a luz a un bebé morto cando tiña 17 anos e, escravizada, 526 00:40:30,471 --> 00:40:33,766 pasou máis de 30 operacións realizadas por ese home, 527 00:40:34,058 --> 00:40:38,479 nun transcurso de cinco anos e sen anestesia, 528 00:40:38,813 --> 00:40:42,734 a pesar de que xa existía dende había pouco. 529 00:40:43,318 --> 00:40:48,489 O único que sabemos desta moza, Anarcha, é que tiña 17 anos, era unha escrava, 530 00:40:48,615 --> 00:40:51,409 forzárona a dar a luz ó seu bebé morto, 531 00:40:51,576 --> 00:40:54,704 operárona 30 veces sen anestesia 532 00:40:54,913 --> 00:40:56,539 cunha pelve desfigurada, 533 00:40:56,623 --> 00:41:00,668 sufría un raquitismo grave, tiña 17 anos e era unha escrava. 534 00:41:00,960 --> 00:41:03,671 Só o sabemos por un home branco, 535 00:41:03,880 --> 00:41:08,801 especificamente o home branco que torturou á moza de 17 anos 536 00:41:09,010 --> 00:41:14,766 e experimentou con ela para que o nomeasen Pai da Xinecoloxía, 537 00:41:14,933 --> 00:41:18,019 o honrasen con estatuas, medallas, 538 00:41:18,186 --> 00:41:23,149 posicións de exames e instrumentos médicos co seu nome. 539 00:41:23,316 --> 00:41:27,362 A información que escribiu aquel home branco 540 00:41:27,445 --> 00:41:29,948 é o único que temos sobre a moza de 17 anos 541 00:41:30,073 --> 00:41:31,908 que era escrava, 542 00:41:31,991 --> 00:41:35,370 padecía un raquitismo grave, tiña a pelve desfigurada 543 00:41:35,578 --> 00:41:38,373 e deu a luz a un bebé morto. 544 00:41:39,249 --> 00:41:41,709 Non sabemos quen era en realidade 545 00:41:42,252 --> 00:41:46,089 ou o que sentiu ó coller nos brazos ó seu bebé morto, 546 00:41:46,214 --> 00:41:49,801 se é que algunha vez o chegou a coller. 547 00:41:49,926 --> 00:41:52,971 Non sabemos cal era o seu maior medo. 548 00:41:53,054 --> 00:41:55,682 Podemos adiviñalo 549 00:41:56,057 --> 00:42:00,895 pola lesión que tivo que soportar, pero non a coñecemos. 550 00:42:01,354 --> 00:42:05,441 Non sabemos como se movía, que comía, 551 00:42:05,566 --> 00:42:11,447 que amaba, que a facía chorar nin que sentía no seu propio corpo. 552 00:42:11,948 --> 00:42:16,619 Non a coñecemos nin é túa para sabelo. 553 00:42:18,162 --> 00:42:20,623 Non podes ter a súa lesión 554 00:42:20,748 --> 00:42:23,751 nin a esperanza que albergaba. 555 00:42:25,336 --> 00:42:29,299 Non é o teu recurso, nin parche, 556 00:42:29,507 --> 00:42:33,511 nin proxección, nin romantización, 557 00:42:33,970 --> 00:42:38,474 nin túa en ningún sentido. 558 00:42:38,599 --> 00:42:40,143 De feito... 559 00:43:21,559 --> 00:43:22,935 Non podes seguir. 560 00:43:24,687 --> 00:43:28,399 Existe a alegría ó outro lado, 561 00:43:29,859 --> 00:43:32,028 pero non é túa. 562 00:44:03,810 --> 00:44:05,061 Beverly! 563 00:44:08,523 --> 00:44:09,357 Beverly? 564 00:44:11,651 --> 00:44:15,363 Estou ben. Non é meu. 565 00:44:15,780 --> 00:44:18,574 Non é o meu sangue. 566 00:44:30,503 --> 00:44:31,504 Abur. 567 00:45:00,241 --> 00:45:02,702 Podes contarnos que pasou, polo menos? 568 00:45:02,785 --> 00:45:07,206 Que pasa? Que están facendo? 569 00:45:11,669 --> 00:45:15,923 É unha anciá. Estaba na quenlla posterior do edificio. 570 00:45:16,966 --> 00:45:21,137 Supoño que saltou á rúa e golpeouse polo camiño. 571 00:45:24,724 --> 00:45:26,934 Levaba anos vivindo aí. 572 00:45:27,059 --> 00:45:28,102 Merda. 573 00:45:39,280 --> 00:45:41,532 Empeza, empeza. 574 00:45:44,452 --> 00:45:46,996 Elliot, non che molesta, non? 575 00:45:51,250 --> 00:45:52,835 Como queira Florence. 576 00:45:53,628 --> 00:45:54,962 Estou moi contenta. 577 00:46:17,527 --> 00:46:19,362 Como se atopa, Florence? 578 00:46:19,487 --> 00:46:20,905 Marabillosa, grazas. 579 00:46:21,155 --> 00:46:22,782 Aspiración, por favor. 580 00:46:22,907 --> 00:46:26,285 - A piques de coñecer ó primeiro bebé. - Ai, Deus. 581 00:46:26,661 --> 00:46:29,121 - Estou moi orgulloso. - E eu agradecida. 582 00:46:29,205 --> 00:46:32,708 Queremos sacar os catro bebés rapidamente, vale, Florence? 583 00:46:32,792 --> 00:46:36,295 De cero a catro nuns minutos, vale? 584 00:46:37,296 --> 00:46:39,006 Non podo da emoción. 585 00:46:40,800 --> 00:46:41,801 Imos aló. 586 00:46:43,010 --> 00:46:45,596 Imos alá, Florence. O primeiro bebé. 587 00:46:45,680 --> 00:46:47,390 Teño a cabeza. 588 00:46:47,557 --> 00:46:48,891 Ai, Deus. 589 00:46:49,976 --> 00:46:51,185 Preparada? 590 00:46:55,356 --> 00:46:57,567 Aí está. Ben feito, Florence. 591 00:46:57,775 --> 00:47:01,404 - A súa primeira filla. - Ai, Deus, está ben? 592 00:47:01,529 --> 00:47:04,699 Estupenda, si. 593 00:47:05,449 --> 00:47:10,329 Imos centrarnos no seguinte. 594 00:47:16,127 --> 00:47:17,211 O segundo. 595 00:47:17,712 --> 00:47:20,131 Imos alá. Aspiración, por favor. 596 00:47:28,681 --> 00:47:31,851 Aquí vén o segundo bebé. 597 00:47:32,977 --> 00:47:35,605 Parabéns, Florence. 598 00:47:39,483 --> 00:47:42,153 Podo facervos outra pregunta? 599 00:47:42,278 --> 00:47:43,529 - Claro. - Claro. 600 00:47:43,654 --> 00:47:46,449 Por que vos seguides mentindo a unha á outra? 601 00:47:47,033 --> 00:47:49,160 Cando credes que empezou? 602 00:47:49,243 --> 00:47:51,954 Aquí vén o terceiro bebé. 603 00:47:52,163 --> 00:47:54,248 Beverly nunca quixo a Genevieve. 604 00:47:54,415 --> 00:47:55,875 Ai, Deusiño! 605 00:47:56,542 --> 00:48:00,046 As fantasías de laboratorio de Elliot só son fantasías. 606 00:48:00,880 --> 00:48:01,797 A xente importa. 607 00:48:02,006 --> 00:48:03,424 Cuarto bebé. 608 00:48:03,507 --> 00:48:04,800 A xente importa. 609 00:48:04,925 --> 00:48:06,969 Os demais importan. 610 00:48:07,094 --> 00:48:10,973 Non son soamente un experimento para Elliot. 611 00:48:11,057 --> 00:48:12,266 Case está, cariño. 612 00:48:12,350 --> 00:48:15,561 Ambas queredes eses bebés. Eses malditos bebés. 613 00:48:15,645 --> 00:48:16,729 Vai ben? Que pasa? 614 00:48:16,854 --> 00:48:19,815 Genevieve non existe, e volas dúas... 615 00:48:19,899 --> 00:48:21,984 - viviredes felices... - Elliot! 616 00:48:22,360 --> 00:48:23,486 Deus! 617 00:48:23,569 --> 00:48:25,154 ...polos séculos... 618 00:48:25,237 --> 00:48:26,822 Elliot, apártate dela! 619 00:48:26,947 --> 00:48:28,783 ...dos séculos. 620 00:48:59,355 --> 00:49:01,232 Isto foi unha cagada, 621 00:49:01,315 --> 00:49:05,194 pero queda entre nós, por así dicilo. 622 00:49:06,028 --> 00:49:07,071 Como dis? 623 00:49:07,446 --> 00:49:09,990 Dixen que queda entre nós, Marion. 624 00:49:10,116 --> 00:49:11,909 A ver, é a túa filla, 625 00:49:11,992 --> 00:49:14,954 pero son os meus cartos, o meu apelido e a miña casa. 626 00:49:15,037 --> 00:49:18,999 Son dona de todo o que hai nela, o que minimiza o problema. 627 00:49:19,083 --> 00:49:20,000 E a túa irmá? 628 00:49:21,794 --> 00:49:22,753 Fóra. 629 00:49:23,671 --> 00:49:27,049 - Botastela da Gran Mansión? - Si, botámola. 630 00:49:27,133 --> 00:49:28,884 Mutilou á miña filla. 631 00:49:29,009 --> 00:49:32,680 Mutilar mulleres soa algo que ti farías, Marion. 632 00:49:32,763 --> 00:49:34,849 Está en Twitter, de aí o problema. 633 00:49:34,932 --> 00:49:36,058 Pois elimínao. 634 00:49:36,142 --> 00:49:39,395 Iso intento, cariño, pero grazas. 635 00:49:40,271 --> 00:49:41,856 Non entendo o problema. 636 00:49:41,981 --> 00:49:43,941 - Susan! - É unha vexiga. 637 00:49:44,066 --> 00:49:46,235 Ninguén se porá triste por unha vexiga 638 00:49:46,318 --> 00:49:49,321 nin escribirá unhas miserables memorias sobre iso. 639 00:49:49,488 --> 00:49:52,366 Podedes deixar de estar tan deprimidos, hostia? 640 00:49:52,450 --> 00:49:56,746 Saquemos a Elliot de aquí no seu triste cochiño alugado e sigamos. 641 00:49:56,829 --> 00:49:58,247 - Susan! - Que che dean! 642 00:49:58,330 --> 00:50:01,375 - Susan! - Non a Susanees, Marion. 643 00:50:02,668 --> 00:50:05,504 Por que lle puxeches un nome de muller? 644 00:50:05,671 --> 00:50:08,799 Esperabas un maldito psicópata dende o berce? 645 00:50:11,719 --> 00:50:15,639 Sempre souben que era bo que fósedes dúas. 646 00:50:15,765 --> 00:50:18,184 É unha pena. 647 00:50:19,185 --> 00:50:20,561 Ela é a miña favorita. 648 00:51:02,102 --> 00:51:03,270 Non podo explicalo. 649 00:51:07,274 --> 00:51:08,859 É un milagre. 650 00:51:32,591 --> 00:51:33,509 Beverly! 651 00:51:44,144 --> 00:51:45,563 Beverly! 652 00:51:58,242 --> 00:52:02,121 Non! 653 00:52:03,330 --> 00:52:06,000 Non! 654 00:52:14,258 --> 00:52:15,426 Remataches? 655 00:52:19,847 --> 00:52:21,682 Queres que conduza? 656 00:53:18,197 --> 00:53:21,158 Ola. Estás ben? 657 00:53:21,325 --> 00:53:24,036 Non podo facelo sen ti. 658 00:53:24,161 --> 00:53:27,039 Non quero facer nada sen ti. 659 00:53:27,206 --> 00:53:30,501 Genevieve, deixeina. 660 00:53:32,211 --> 00:53:36,340 Deixeina. Xa non existe. 661 00:53:48,018 --> 00:53:49,603 Deixa de escribir, Silas. 662 00:53:51,480 --> 00:53:52,815 Silas. 663 00:53:53,983 --> 00:53:58,696 A ninguén lle interesa xa o artigo, Silas. Xa non hai historia. 664 00:53:59,279 --> 00:54:03,450 - Levo meses sen escribir. - Pois segue así. 665 00:54:03,617 --> 00:54:06,495 Non me importaba nada. 666 00:54:06,620 --> 00:54:07,496 Ben. 667 00:54:07,579 --> 00:54:09,331 Non afondaba na verdade. 668 00:54:09,456 --> 00:54:12,167 Nada tiña sentido, Rebecca. 669 00:54:12,292 --> 00:54:16,463 Deixar de escribir foi un proxecto, unha obsesión que atender e nutrir. 670 00:54:16,547 --> 00:54:20,050 Estasme a ler o teu diario? Vas sacar a guitarra? 671 00:54:20,134 --> 00:54:23,512 Esquecín que era escritor. Esquecínme de quen era... 672 00:54:23,595 --> 00:54:24,805 ATOPAN UN CÁDAVER NUNHA AZOTEA 673 00:54:24,888 --> 00:54:26,849 Pois segue así. 674 00:54:29,810 --> 00:54:33,272 ...ata que coñecín ás xemelgas Mantle. 675 00:57:24,443 --> 00:57:26,445 Subtítulos: Estefanía Prol Lusquiños 676 00:57:26,528 --> 00:57:28,530 Supervisora creativa: Natalia L. Prieto