1 00:00:14,514 --> 00:00:17,392 AS ESTRELAS TREMELOCEN SEN EXPLICACIÓN 2 00:00:31,865 --> 00:00:33,158 Grazas. 3 00:00:55,680 --> 00:00:57,515 As estrelas tremeluciron. 4 00:00:57,599 --> 00:00:58,600 Xa. 5 00:00:59,684 --> 00:01:01,019 Tes algunha teoría? 6 00:01:01,770 --> 00:01:02,896 Teño. 7 00:01:03,563 --> 00:01:04,731 Andrómenas. 8 00:01:05,315 --> 00:01:06,232 Andrómenas? 9 00:01:06,316 --> 00:01:07,400 Non aconteceu tal. 10 00:01:08,151 --> 00:01:11,404 Como vai ser? Viuno todo o mundo. 11 00:01:11,488 --> 00:01:14,449 Na Terra, mais sabes quen non o viu? 12 00:01:14,532 --> 00:01:18,119 O Webb, o Hubble, o CHEOPS... 13 00:01:18,828 --> 00:01:21,164 Ningún satélite. E sabes por que? 14 00:01:21,247 --> 00:01:23,708 - Por que? - Porque nunca aconteceu. 15 00:01:23,792 --> 00:01:25,001 Foi un deepfake. 16 00:01:26,419 --> 00:01:28,046 Unha teoría interesante. 17 00:01:28,129 --> 00:01:29,756 E quen é o responsable? 18 00:01:30,298 --> 00:01:32,008 Só cheguei até aí. 19 00:01:44,646 --> 00:01:47,816 Decidas o que decidas, estará ben. 20 00:01:53,530 --> 00:01:55,198 - Quérote, Auggie. - Eu máis. 21 00:01:59,869 --> 00:02:02,664 CENTRO DE INVESTIGACIÓNS NANOTECNOLÓXICAS 22 00:02:02,747 --> 00:02:03,832 Pode. 23 00:02:03,915 --> 00:02:04,916 Bo día. 24 00:02:08,294 --> 00:02:11,548 Mudanzas da magnitude aparente, mais nada igual. 25 00:02:11,631 --> 00:02:15,093 E algún tipo de distorsión atmosférica? Po interestelar? 26 00:02:15,176 --> 00:02:17,220 Variaría a liña de visión. 27 00:02:17,303 --> 00:02:20,098 Viu as estrelas tremelucir onte á noite? 28 00:02:22,267 --> 00:02:23,268 Vin. 29 00:02:24,269 --> 00:02:25,270 Algunha teoría? 30 00:02:28,189 --> 00:02:29,023 Non. 31 00:02:30,191 --> 00:02:32,152 - Cando tes... - Bo día, doutora. 32 00:02:32,235 --> 00:02:33,069 Bo día. 33 00:02:36,156 --> 00:02:37,282 Lista? 34 00:02:38,825 --> 00:02:40,285 Vamos ver que pasa. 35 00:02:58,970 --> 00:03:01,264 A rede de nanofibras está estable. 36 00:03:01,347 --> 00:03:03,474 O diamante sintético está asegurado. 37 00:03:04,058 --> 00:03:05,768 Moi brevemente, doutora, 38 00:03:05,852 --> 00:03:07,937 creo que falo en nome de todos 39 00:03:08,021 --> 00:03:11,608 cando digo que hai sete anos pensabamos que estaba tola. 40 00:03:13,193 --> 00:03:17,822 Mais a súa visión extraordinaria tróuxonos até aquí. 41 00:03:20,325 --> 00:03:22,035 Así que grazas. 42 00:03:22,118 --> 00:03:24,037 É todo un privilexio. 43 00:03:24,621 --> 00:03:26,497 Cando estea lista. 44 00:03:28,499 --> 00:03:29,334 Adiante. 45 00:03:32,003 --> 00:03:33,546 Elevando o diamante. 46 00:03:33,630 --> 00:03:35,882 O retículo de nanofibras está activo. 47 00:04:31,896 --> 00:04:34,232 Conseguíchelo! Fixeches historia. 48 00:04:35,191 --> 00:04:36,067 Ben feito! 49 00:04:37,068 --> 00:04:38,569 Hai que suspendelo. 50 00:04:39,862 --> 00:04:40,863 Suspendédeo. 51 00:04:42,198 --> 00:04:46,369 Son a directora científica e ordeno que se suspenda. 52 00:04:47,203 --> 00:04:48,538 Cancelamos o proxecto. 53 00:04:51,332 --> 00:04:52,208 Acabouse. 54 00:05:31,080 --> 00:05:31,998 Eu marcharía. 55 00:05:33,291 --> 00:05:35,376 Os seus colegas han chegar axiña. 56 00:05:44,260 --> 00:05:45,136 Quen é? 57 00:05:48,389 --> 00:05:49,682 Igual podo axudala. 58 00:05:50,808 --> 00:05:52,185 E vostede a min. 59 00:05:53,102 --> 00:05:55,313 Non creo que me poida axudar. 60 00:05:55,813 --> 00:05:59,776 Pode, pero non quere saber por que as estrelas lle tremeluciron? 61 00:06:16,876 --> 00:06:20,838 MONGOLIA INTERIOR, CHINA, 1968 62 00:06:21,464 --> 00:06:25,385 Habitantes doutros mundos, os nosos mellores desexos. 63 00:06:25,968 --> 00:06:29,722 Esperamos establecer contacto con outras sociedades civilizadas. 64 00:06:31,682 --> 00:06:34,018 Esperamos colaborar con vós 65 00:06:34,685 --> 00:06:39,232 para crear unha vida mellor neste vasto universo. 66 00:06:40,817 --> 00:06:45,613 Habitantes doutros mundos, os nosos mellores desexos. 67 00:06:46,114 --> 00:06:48,324 Canto levamos transmitindo a mensaxe? 68 00:06:49,450 --> 00:06:50,868 Uns anos. 69 00:06:50,952 --> 00:06:52,870 E os estadounidenses? Os rusos? 70 00:06:52,954 --> 00:06:54,372 Máis aínda. 71 00:06:58,209 --> 00:06:59,293 O paradoxo de Fermi. 72 00:07:04,382 --> 00:07:09,762 Vén da pregunta que lles fixo Enrico Fermi aos seus colegas en Los Álamos. 73 00:07:11,264 --> 00:07:14,392 Hai cen mil millóns de estrelas na nosa galaxia. 74 00:07:14,475 --> 00:07:17,937 Moitas delas deben ter planetas similares aos nosos. 75 00:07:18,020 --> 00:07:21,691 E en moitos deses planetas ten que haber vida intelixente. 76 00:07:24,610 --> 00:07:26,737 Onde están todos, logo? 77 00:07:28,865 --> 00:07:31,576 Igual non hai ninguén. 78 00:07:32,118 --> 00:07:34,245 O noso sinal é demasiado frouxo. 79 00:07:34,954 --> 00:07:37,707 Vinte e cinco megawatts paréceche frouxo? 80 00:07:37,790 --> 00:07:41,377 É un dos transmisores máis potentes do mundo. 81 00:07:44,046 --> 00:07:45,423 Non o oirá ninguén. 82 00:07:50,344 --> 00:07:53,764 Pódesme axudar a contactar co autor deste artigo? 83 00:07:55,224 --> 00:07:56,434 Onde está? 84 00:07:56,517 --> 00:07:57,393 En California. 85 00:07:58,978 --> 00:08:00,897 Queres que contacte cun ianqui? 86 00:08:01,522 --> 00:08:03,900 Se o descobren, farán preguntas. 87 00:08:03,983 --> 00:08:05,943 Pois non llelo contes. 88 00:08:20,500 --> 00:08:22,460 Hai mensaxes do espazo exterior? 89 00:08:24,295 --> 00:08:25,755 Non sei como o fas. 90 00:08:25,838 --> 00:08:30,676 É coma pasar oito horas escoitando o océano. 91 00:08:30,760 --> 00:08:33,095 Resolvo problemas mentres escoito. 92 00:08:37,850 --> 00:08:38,851 Isto que é? 93 00:08:40,853 --> 00:08:42,522 O noso segredo? 94 00:08:43,773 --> 00:08:46,567 O doutor Peterson, California. 95 00:09:01,874 --> 00:09:04,627 TERRA 96 00:09:04,710 --> 00:09:08,297 O 12 de xuño do ano pasado, o equipo do doutor Peterson 97 00:09:08,381 --> 00:09:11,968 observou fortes estalidos 98 00:09:13,094 --> 00:09:16,639 de radiación electromagnética procedente de Xúpiter. 99 00:09:16,722 --> 00:09:17,723 XÚPITER 100 00:09:17,807 --> 00:09:22,144 O mesmo día, nós detectamos fortes emisións de ondas de radio. 101 00:09:23,271 --> 00:09:27,567 Detectamos o mesmo ca os americanos? 102 00:09:27,650 --> 00:09:32,989 Non, as nosas gravacións rexistraron o estalido 13 minutos após Monte Wilson. 103 00:09:33,906 --> 00:09:37,326 E non de Xúpiter. 104 00:09:37,410 --> 00:09:38,327 Do Sol. 105 00:09:40,663 --> 00:09:42,164 SOL 106 00:09:50,715 --> 00:09:54,760 De Xúpiter á Terra levou 38 minutos. 107 00:09:55,761 --> 00:09:59,432 De Xúpiter ao Sol, 43 minutos. 108 00:09:59,515 --> 00:10:01,559 Do Sol á Terra, 109 00:10:02,310 --> 00:10:03,311 oito minutos. 110 00:10:11,027 --> 00:10:17,283 A suma de 43 máis oito dá 51. Unha diferenza de 13 minutos. 111 00:10:20,620 --> 00:10:22,538 Simplifiqueiche as contas. 112 00:10:25,708 --> 00:10:29,378 O Sol reflectiu as ondas de radio de Xúpiter? 113 00:10:29,462 --> 00:10:31,505 Reflectiunas e amplificounas. 114 00:10:31,589 --> 00:10:34,884 O sinal do Sol era millóns de veces máis potente 115 00:10:34,967 --> 00:10:37,553 ca o de Xúpiter. 116 00:10:37,637 --> 00:10:41,766 Logo podemos usar o Sol como superantena 117 00:10:41,849 --> 00:10:44,185 se o apuntamos co noso sinal? 118 00:10:44,810 --> 00:10:45,728 Exacto. 119 00:10:46,228 --> 00:10:50,316 Habitantes doutros mundos, os nosos mellores desexos. 120 00:10:51,817 --> 00:10:54,779 Ye Wenjie, é unha xenialidade. 121 00:10:54,862 --> 00:10:58,366 Podería levarnos moitos anos recibir resposta, 122 00:10:58,449 --> 00:11:03,287 mais imaxina que China fose líder mundial en comunicación interestelar. 123 00:11:06,582 --> 00:11:08,709 Quero contarllo ao comisario Lei. 124 00:11:11,796 --> 00:11:13,589 Abofé, deberiamos. 125 00:11:26,102 --> 00:11:29,480 É unha idea radical, camarada Yang. 126 00:11:29,563 --> 00:11:31,899 Levo un tempo traballando nela. 127 00:11:32,566 --> 00:11:36,237 Podería levar anos recibir unha resposta, mais... 128 00:11:36,737 --> 00:11:37,571 Pasa. 129 00:11:41,617 --> 00:11:43,160 Quero que o verifique ela. 130 00:11:47,206 --> 00:11:51,419 O camarada Yang achou un xeito de que o Sol amplifique a transmisión. 131 00:11:54,171 --> 00:11:56,882 Os seus cálculos son convincentes. 132 00:11:59,510 --> 00:12:02,221 Cres que son correctos? 133 00:12:06,517 --> 00:12:07,852 Son correctos, si. 134 00:12:09,854 --> 00:12:12,523 Apuntar o Sol cun feixe de radio superpotente. 135 00:12:12,606 --> 00:12:16,402 O Sol Vermello? Pensaches na simboloxía política do experimento? 136 00:12:16,485 --> 00:12:18,279 Verá, comisario... 137 00:12:18,362 --> 00:12:22,825 Quen é o Sol Vermello no corazón da xente? 138 00:12:23,325 --> 00:12:26,495 Que decepción, camarada Yang. 139 00:12:26,579 --> 00:12:31,167 E eu pensaba, camarada Ye Wenije, que, como filla dun inimigo de clase, 140 00:12:31,250 --> 00:12:34,211 o avisaría do perigosas que eran as súas ideas. 141 00:12:34,295 --> 00:12:37,256 Señor, imaxine o noso Sol Vermello, o noso líder, 142 00:12:37,798 --> 00:12:39,884 amplificando as palabras do pobo. 143 00:12:39,967 --> 00:12:42,219 Rotundamente, non. Prohíboo. 144 00:12:42,303 --> 00:12:44,638 Poderían executarnos por iso! 145 00:12:57,777 --> 00:12:59,945 Transmisión de proba en 60 segundos. 146 00:13:47,159 --> 00:13:49,453 Transmisión de proba en 30 segundos. 147 00:14:13,602 --> 00:14:16,230 Transmisión de proba en dez, 148 00:14:16,856 --> 00:14:18,983 nove, oito, 149 00:14:19,066 --> 00:14:21,652 sete, seis, cinco, 150 00:14:21,735 --> 00:14:25,698 catro, tres, dous, un. 151 00:14:25,781 --> 00:14:26,907 Comezamos. 152 00:14:42,464 --> 00:14:45,092 Mensaxe enviada, transmisión completada. 153 00:15:12,870 --> 00:15:14,747 Que sabe deste home? 154 00:15:18,250 --> 00:15:20,044 Estaba no funeral de Vera. 155 00:15:20,127 --> 00:15:21,587 Mike Evans. 156 00:15:21,670 --> 00:15:25,549 Dono de Evans Energy, a meirande petroleira privada do mundo. 157 00:15:25,633 --> 00:15:29,720 Sorpréndelle que Vera tivese un amigo así? 158 00:15:29,803 --> 00:15:31,221 Xa nada me sorprende. 159 00:15:33,599 --> 00:15:35,100 Sabe o que me sorprende? 160 00:15:40,481 --> 00:15:42,524 A muller coa que di que falou. 161 00:15:43,651 --> 00:15:45,945 Velaquí o que rexistraron as cámaras. 162 00:15:46,528 --> 00:15:47,529 {\an8}Velaí está. 163 00:15:48,280 --> 00:15:49,406 {\an8}Sen compañía, 164 00:15:50,449 --> 00:15:51,700 {\an8}falando soa. 165 00:15:51,784 --> 00:15:53,827 Non, ela estaba. 166 00:15:53,911 --> 00:15:56,413 - Non parece tal. - Xuro por Deus que si. 167 00:15:56,497 --> 00:15:57,790 Non falaba soa. 168 00:15:57,873 --> 00:15:59,166 Eu créoa. Mire. 169 00:16:03,629 --> 00:16:06,507 Ten o cigarro apagado e... 170 00:16:10,052 --> 00:16:11,553 Agora está prendido. 171 00:16:12,096 --> 00:16:14,765 A vostede non lle funciona o chisqueiro. 172 00:16:16,141 --> 00:16:20,312 Non sei como, mais borrárona da gravación. 173 00:16:20,813 --> 00:16:23,273 Non achamos indicios de manipulación, 174 00:16:23,357 --> 00:16:27,528 pero sabemos que é así, o que xa é raro de carallo. 175 00:16:28,320 --> 00:16:32,116 Non tanto como estrelas que se prenden e se apagan, pero raro. 176 00:16:33,075 --> 00:16:35,327 Por que querían pechar o laboratorio? 177 00:16:36,245 --> 00:16:37,079 Non sei. 178 00:16:37,162 --> 00:16:39,331 Debe ser vostede importante. 179 00:16:39,415 --> 00:16:40,290 Non son tal. 180 00:16:40,374 --> 00:16:42,835 Creou a nanofibra máis fina do mundo, 181 00:16:42,918 --> 00:16:45,337 tres mil veces máis sutil ca o cabelo, 182 00:16:45,421 --> 00:16:48,382 invisible, resistente coma o aceiro e esas merdas. 183 00:16:48,465 --> 00:16:49,675 Esas merdas. 184 00:16:49,758 --> 00:16:52,886 Está claro que é un perigo para alguén. 185 00:16:52,970 --> 00:16:54,221 A competencia, igual. 186 00:16:54,304 --> 00:16:57,182 Xa, a competencia fixo tremelucir o universo. 187 00:16:59,810 --> 00:17:01,353 Era íntima de Vera Ye? 188 00:17:05,190 --> 00:17:06,275 Antes si. 189 00:17:07,443 --> 00:17:09,069 Era máis lista ca ninguén. 190 00:17:10,821 --> 00:17:14,700 Decepcioneina ao cambiar o seu curso polas ciencias aplicadas. 191 00:17:15,617 --> 00:17:17,786 Quizais se suicidou por iso. 192 00:17:19,621 --> 00:17:21,373 A conta atrás que vía... 193 00:17:23,292 --> 00:17:26,503 desapareceu así que detivo o seu traballo, non si? 194 00:17:27,254 --> 00:17:28,964 Alguén máis a viu? 195 00:17:29,048 --> 00:17:29,923 Abofé. 196 00:17:30,007 --> 00:17:32,342 Un profesor de cibernética en Nova Delhi. 197 00:17:32,926 --> 00:17:35,721 Un científico de IA da Boston Dynamics. 198 00:17:35,804 --> 00:17:37,973 Un físico en Londres o outro día. 199 00:17:38,057 --> 00:17:39,308 E varias ducias máis. 200 00:17:40,434 --> 00:17:41,769 Que lles pasou? 201 00:17:43,771 --> 00:17:44,980 Deixaron o traballo. 202 00:17:46,940 --> 00:17:48,692 Deixárono ao seu xeito 203 00:17:49,943 --> 00:17:51,612 ou ao de Vera Ye. 204 00:17:55,407 --> 00:17:57,659 Ola, dixeras que ías chamar. 205 00:17:58,452 --> 00:18:01,038 Estás ben? Iso espero. 206 00:18:03,540 --> 00:18:04,917 Abur. 207 00:18:44,414 --> 00:18:45,249 Nivel un. 208 00:18:45,332 --> 00:18:46,375 Contra. 209 00:18:48,585 --> 00:18:49,878 Que tolo é isto. 210 00:19:07,688 --> 00:19:09,398 Son o conde do Oeste. 211 00:19:10,941 --> 00:19:11,859 Contra. 212 00:19:14,695 --> 00:19:15,654 Mimá. 213 00:19:19,741 --> 00:19:20,701 Incrible. 214 00:19:22,494 --> 00:19:25,122 Como ousas tocar un home de sangue real? 215 00:19:25,205 --> 00:19:28,333 Desculpa, é que non sabía que eras... 216 00:19:28,417 --> 00:19:30,460 Es real, ou sexa, outro xogador? 217 00:19:31,211 --> 00:19:32,171 Ou non. 218 00:19:32,754 --> 00:19:34,006 Es unha IA. 219 00:19:34,089 --> 00:19:35,632 Son o conde do Oeste. 220 00:19:35,716 --> 00:19:37,593 Un personaxe do xogo, logo. 221 00:19:37,676 --> 00:19:39,720 Déixate de xogos, isto non é tal. 222 00:19:41,138 --> 00:19:42,055 Unha seguidora. 223 00:19:43,056 --> 00:19:45,475 Pódeslle chamar Seguidora. 224 00:19:46,602 --> 00:19:47,686 Eu son Jin Cheng. 225 00:19:47,769 --> 00:19:50,230 Fai o favor de elixir outro nome. 226 00:19:50,314 --> 00:19:52,232 Un acaído para unha heroína, 227 00:19:52,316 --> 00:19:54,526 pois esperamos que sexas a nosa. 228 00:19:56,737 --> 00:19:59,656 Tes a misión de resolver o enigma deste mundo. 229 00:20:00,240 --> 00:20:02,117 O enigma deste mundo? 230 00:20:02,868 --> 00:20:04,453 Está ben. Que che parece... 231 00:20:06,747 --> 00:20:07,581 Copérnico. 232 00:20:09,708 --> 00:20:14,087 Benvinda á civilización 137, Copérnico. 233 00:20:15,672 --> 00:20:16,548 Ei... 234 00:20:18,967 --> 00:20:20,302 A onde imos? 235 00:20:20,385 --> 00:20:23,263 Á pirámide, para ver o emperador Zhou. 236 00:20:23,764 --> 00:20:25,265 Esta é unha era caótica. 237 00:20:25,349 --> 00:20:26,350 Unha era caótica? 238 00:20:26,433 --> 00:20:30,562 Agás polas eras estables, todo o resto son eras caóticas. 239 00:20:31,146 --> 00:20:32,648 Ao comezar unha nova era, 240 00:20:32,731 --> 00:20:36,318 o emperador consulta os sabios sobre os movementos do Sol. 241 00:20:37,069 --> 00:20:38,987 Éche un xogo raro de carallo. 242 00:20:39,947 --> 00:20:43,659 Debes decidir se unha era é caótica ou estable. 243 00:20:44,493 --> 00:20:48,747 Se o emperador Zhou se equivoca, a civilización enteira é aniquilada. 244 00:20:48,830 --> 00:20:50,457 Que? Como? 245 00:20:54,795 --> 00:20:55,671 Así. 246 00:21:00,968 --> 00:21:01,969 Corre! 247 00:21:03,220 --> 00:21:04,221 Bule! 248 00:21:21,280 --> 00:21:22,656 Non a empurres. 249 00:21:22,739 --> 00:21:25,117 A sombra só chega para nós os dous. 250 00:21:25,617 --> 00:21:26,618 Conde. 251 00:21:26,702 --> 00:21:29,746 Eu debo levarlle a miña predición ao emperador. 252 00:21:29,830 --> 00:21:32,040 - Non me abandonarás, ou? - Vai. 253 00:21:38,547 --> 00:21:40,549 Vai demasiada calor, vai arder. 254 00:21:41,049 --> 00:21:42,050 Non tal. 255 00:22:27,846 --> 00:22:29,014 Morreu? 256 00:22:29,097 --> 00:22:29,931 Non. 257 00:22:32,517 --> 00:22:35,604 Os que se deshidratan axiña pódense conservar. 258 00:22:35,687 --> 00:22:38,565 Rehidratámolos ao chegar unha era estable. 259 00:22:40,275 --> 00:22:42,944 Así sobrevive a xente ás eras caóticas? 260 00:22:43,945 --> 00:22:46,698 Se un de nós sobrevive, todos sobrevivimos. 261 00:22:50,327 --> 00:22:52,329 Conde? Conde! 262 00:22:52,412 --> 00:22:54,081 Que fago eu con ela? 263 00:22:54,581 --> 00:22:55,582 Conde! 264 00:23:17,979 --> 00:23:21,733 Se a ciencia non explica o das estrelas, por que non Deus? 265 00:23:21,817 --> 00:23:23,360 E por que sería tan sutil? 266 00:23:23,443 --> 00:23:26,405 Na Biblia manda anxos da morte con espadas de lume. 267 00:23:26,488 --> 00:23:29,324 Osas que atacan nenos por foder os Seus profetas. 268 00:23:29,408 --> 00:23:32,327 E agora usa unha parvada de código coas estrelas? 269 00:23:32,411 --> 00:23:34,413 A vós parécevos cousa de Deus? 270 00:23:34,496 --> 00:23:37,124 - Quen máis podería facelo? - Ninguén pode. 271 00:23:37,207 --> 00:23:38,583 Como aconteceu, logo? 272 00:23:38,667 --> 00:23:39,501 Non sei. 273 00:23:39,584 --> 00:23:43,046 Pero, se a ciencia di que é imposible e acontece, 274 00:23:43,130 --> 00:23:44,798 só hai dúas posibilidades. 275 00:23:45,507 --> 00:23:47,259 Ou a ciencia está errada 276 00:23:48,301 --> 00:23:49,553 ou é unha fraude. 277 00:23:52,764 --> 00:23:54,474 Imos tomar ácido? 278 00:23:56,351 --> 00:23:57,769 Si? Veña! 279 00:24:04,025 --> 00:24:08,905 Non hai pantalla nin conexión para os cascos ou o puto cargador. 280 00:24:09,781 --> 00:24:14,744 Se fose Sony ou Oculus e tal, estaría cheo de logotipos. 281 00:24:15,787 --> 00:24:17,289 Será unha versión beta. 282 00:24:17,372 --> 00:24:19,249 Non é beta nada. 283 00:24:20,041 --> 00:24:23,295 Non o entendes, é indistinguible da realidade. 284 00:24:23,378 --> 00:24:25,881 Cómpre contrasinal para conectarse? 285 00:24:25,964 --> 00:24:27,966 Non, só tes que o pór. 286 00:24:29,468 --> 00:24:30,552 Vale. 287 00:24:39,978 --> 00:24:41,021 Hostia. 288 00:24:41,855 --> 00:24:44,232 Isto é tolo de carallo. 289 00:24:55,911 --> 00:24:56,912 Isto é... 290 00:24:57,913 --> 00:24:59,039 Carallo! 291 00:25:16,389 --> 00:25:17,933 Non estás convidado. 292 00:25:21,603 --> 00:25:22,437 Que carallo? 293 00:25:22,521 --> 00:25:23,480 Que? Que pasou? 294 00:25:23,563 --> 00:25:25,398 Unha tipa cortoume o pescozo. 295 00:25:25,482 --> 00:25:26,691 Iso... 296 00:25:27,317 --> 00:25:28,610 Iso non é normal. 297 00:25:28,693 --> 00:25:30,529 Hostia, cheiraba... 298 00:25:30,612 --> 00:25:33,281 Sentía o frío e o sabor da terra. 299 00:25:33,865 --> 00:25:37,827 - Comiches terra? - Sabes o avanzado que é isto? 300 00:25:37,911 --> 00:25:41,081 Ou sexa, falamos de 50 anos? 150? 301 00:25:41,164 --> 00:25:42,541 Si, algo así. 302 00:25:44,501 --> 00:25:47,212 É ao que xogaba Vera antes de se suicidar. 303 00:25:48,338 --> 00:25:50,632 E se isto tivo algo que ver? 304 00:25:53,802 --> 00:25:56,012 En serio, non deberiamos xogar máis. 305 00:25:56,513 --> 00:25:58,890 O que? Vaia parvada. 306 00:26:01,017 --> 00:26:02,185 Veña. 307 00:26:03,228 --> 00:26:04,229 Onde estás... 308 00:26:10,694 --> 00:26:12,362 Agora sóubome o sangue. 309 00:26:13,238 --> 00:26:16,992 Dixeches que o tipo falou de predicir os movementos do Sol? 310 00:26:17,617 --> 00:26:20,078 Non fan xogos así para algo tan aburrido. 311 00:26:20,161 --> 00:26:23,206 Haberá unha misión máis importante, sempre a hai. 312 00:26:23,790 --> 00:26:25,834 Entón? Cal é a nosa misión? 313 00:26:26,418 --> 00:26:28,461 A nosa misión, Jin Cheng, 314 00:26:29,796 --> 00:26:34,092 é a vinganza mortal do Jack puto Rooney. 315 00:26:44,686 --> 00:26:47,063 - Volveuche cortar o pescozo? - Abofé. 316 00:26:47,147 --> 00:26:48,064 Moi ben. 317 00:26:50,900 --> 00:26:52,694 Ai, xa vexo. 318 00:26:52,777 --> 00:26:55,614 Vas xogar, non? 319 00:26:55,697 --> 00:26:58,408 E eu vou sentar aquí e... 320 00:26:59,242 --> 00:27:02,746 Vaia, ho... bárbaro. 321 00:27:02,829 --> 00:27:05,040 A ti non che corta o pescozo, supoño. 322 00:27:20,138 --> 00:27:21,014 Ola. 323 00:27:22,849 --> 00:27:24,726 Vin así que lin a túa mensaxe... 324 00:27:24,809 --> 00:27:26,269 Mensaxes. 325 00:27:29,481 --> 00:27:31,274 Que lle pasou á conta atrás? 326 00:27:33,568 --> 00:27:34,653 Desapareceu. 327 00:27:34,736 --> 00:27:36,863 Iso son boas novas, non si? 328 00:27:39,699 --> 00:27:41,910 - Suspendín o proxecto. - O que? 329 00:27:41,993 --> 00:27:44,371 Díxome que, se o facía, deteríase. 330 00:27:44,454 --> 00:27:45,789 Tiña razón. 331 00:27:45,872 --> 00:27:48,541 A xunta quere botarme, loxicamente. 332 00:27:48,625 --> 00:27:50,293 Non saben por que o fixen. 333 00:27:50,377 --> 00:27:53,380 Que lles ía contar? Que mo pediron as estrelas? 334 00:27:53,463 --> 00:27:54,881 Xa. É... 335 00:27:56,216 --> 00:27:57,509 Que putada. 336 00:27:58,635 --> 00:27:59,511 "Putada"? 337 00:28:00,637 --> 00:28:04,891 A miña vida rompe en anacos, necesítote e nin me devolves a chamada. 338 00:28:04,974 --> 00:28:06,768 E vésme con "que putada"? 339 00:28:06,851 --> 00:28:08,186 Auggie, podemos... 340 00:28:09,562 --> 00:28:14,109 Podemos ir tomar un café ou algo e falalo? 341 00:28:21,282 --> 00:28:22,534 Es un neno, Saul. 342 00:28:25,745 --> 00:28:27,122 E xa non ten graza. 343 00:28:37,799 --> 00:28:40,927 JENNIFER SHI AMADA ESPOSA E NAI, 1971-2020 344 00:28:55,024 --> 00:28:56,234 Parabéns, amor. 345 00:29:04,743 --> 00:29:05,744 Estráñote. 346 00:29:07,412 --> 00:29:09,539 Pensaba que era a única. 347 00:29:10,707 --> 00:29:15,003 Desculpa, non quería interromper. 348 00:29:15,086 --> 00:29:16,671 Tranquila. 349 00:29:17,297 --> 00:29:20,258 Tráiolle torta de coco ao meu pai polo aniversario. 350 00:29:21,593 --> 00:29:23,094 Ai, xa. 351 00:29:24,262 --> 00:29:25,388 Red velvet. 352 00:29:28,057 --> 00:29:29,476 É indecente, non si? 353 00:29:30,685 --> 00:29:31,936 O fráxiles que somos. 354 00:29:35,940 --> 00:29:38,318 Meu pai pensaba que me levaría ao altar. 355 00:29:39,861 --> 00:29:40,695 Non. 356 00:29:41,905 --> 00:29:43,072 Un erro, 357 00:29:43,990 --> 00:29:45,784 un erro de nada 358 00:29:46,785 --> 00:29:47,702 e xa non está. 359 00:29:51,372 --> 00:29:52,373 Xa. 360 00:30:02,217 --> 00:30:03,593 A ela que lle pasou? 361 00:30:08,264 --> 00:30:09,349 Cancro de peito. 362 00:30:12,101 --> 00:30:12,936 E ao teu pai? 363 00:30:13,895 --> 00:30:14,896 Disparo na testa. 364 00:30:20,318 --> 00:30:21,277 Síntocho. 365 00:30:22,403 --> 00:30:23,488 Nada que sentir. 366 00:30:23,571 --> 00:30:25,240 É un bo xeito de irse. 367 00:30:25,865 --> 00:30:26,950 Moi rápido. 368 00:30:35,458 --> 00:30:36,459 Vaia... 369 00:30:37,126 --> 00:30:38,711 Hei de volver ao traballo. 370 00:30:40,880 --> 00:30:42,048 Abrígate, eh? 371 00:30:42,632 --> 00:30:43,550 Claro. 372 00:31:06,531 --> 00:31:10,827 {\an8}EDITH MARSH 1905-1909 O NOSO ANXIÑO 373 00:31:54,913 --> 00:31:56,998 CONVIDÁMOSTE A XOGAR 374 00:32:06,758 --> 00:32:07,842 Nivel un. 375 00:32:08,843 --> 00:32:10,511 A vella Inglaterra, non? 376 00:32:11,220 --> 00:32:12,221 Xa vexo. 377 00:32:15,141 --> 00:32:16,392 Skins personalizadas. 378 00:32:17,185 --> 00:32:18,019 Gústame. 379 00:32:20,188 --> 00:32:21,064 Imos aló. 380 00:32:22,482 --> 00:32:24,525 Esta vez estou listo, meu. 381 00:32:25,860 --> 00:32:26,986 Deus estea contigo. 382 00:32:29,447 --> 00:32:31,074 Son sir Thomas Mo... 383 00:32:32,158 --> 00:32:34,327 Cabrón de merda. 384 00:32:42,794 --> 00:32:43,753 Non. 385 00:32:45,797 --> 00:32:48,758 Como ousas atacar un conselleiro do reino? 386 00:32:51,010 --> 00:32:53,763 - Chámome sir Thomas More... - Que si, ho. 387 00:32:53,846 --> 00:32:54,973 Cala a boca. 388 00:32:56,683 --> 00:32:58,142 Sir Jack Rooney. 389 00:32:59,519 --> 00:33:01,562 Elixe un nome mellor. 390 00:33:05,733 --> 00:33:09,862 Logo, de ser certa a interpretación dos moitos mundos, 391 00:33:09,946 --> 00:33:16,577 podería haber un número infinito de Jessicas, Vishals 392 00:33:16,661 --> 00:33:19,288 ou señores Downing no multiverso. 393 00:33:19,372 --> 00:33:21,416 E algúns físicos mesmo pensan 394 00:33:21,499 --> 00:33:24,627 que, se hai copias exactas dos nosos corpos por aí, 395 00:33:24,711 --> 00:33:27,046 cos mesmos procesos cuánticos, 396 00:33:27,130 --> 00:33:31,259 todo o que pensamos e sentimos aparece de xeito simultáneo 397 00:33:31,342 --> 00:33:33,344 nun número infinito de lugares, 398 00:33:33,970 --> 00:33:36,014 un número infinito de veces. 399 00:33:36,764 --> 00:33:40,184 Así que, cando a nosa consciencia se apaga nun mundo, 400 00:33:40,810 --> 00:33:44,188 podería seguir existindo noutro. 401 00:33:44,272 --> 00:33:45,648 En moitos outros. 402 00:34:14,302 --> 00:34:15,303 ...herexe, non si? 403 00:34:15,386 --> 00:34:18,598 E o puto Thomas Morca cre que sabe como salvar o mundo. 404 00:34:18,681 --> 00:34:23,019 E vai Henrique VIII e di: "Pois veña, a rehidratar as masas." 405 00:34:23,102 --> 00:34:25,730 Así que saímos e pomos toda a chacina... 406 00:34:25,813 --> 00:34:29,859 Jack, podes... Desculpa, podes calar? Teño que che contar algo. 407 00:34:29,942 --> 00:34:32,403 Ai, si? Que novas me tes? 408 00:34:32,487 --> 00:34:33,571 Non mo digas. 409 00:34:33,654 --> 00:34:37,575 Após dez anos, pídeslle de saír a Jin agora que está cun almirante. 410 00:34:37,658 --> 00:34:39,577 Teño cancro de páncreas. 411 00:34:41,162 --> 00:34:42,205 Estadio catro. 412 00:34:45,583 --> 00:34:47,001 Espallouse. 413 00:34:48,544 --> 00:34:50,046 Ao fígado, pulmóns... 414 00:34:52,840 --> 00:34:54,842 O tempo medio de vida é... 415 00:34:54,926 --> 00:34:58,554 De dous a seis meses, así que... 416 00:35:01,641 --> 00:35:02,642 Iso é todo. 417 00:35:03,267 --> 00:35:04,268 E unha merda. 418 00:35:05,353 --> 00:35:06,229 Que? 419 00:35:06,729 --> 00:35:09,899 Dinche iso na pública e ti acéptalo sen máis? 420 00:35:09,982 --> 00:35:13,486 Non, e unha merda. 421 00:35:13,569 --> 00:35:15,488 Imos ir a Suíza. 422 00:35:15,571 --> 00:35:19,617 - A Nova York ou a algures bo. - Xa non che teño remedio, meu. 423 00:35:20,701 --> 00:35:23,538 O único que me queda é estar a gusto, vale? 424 00:35:23,621 --> 00:35:25,832 Vanme operar dos tumores... 425 00:35:25,915 --> 00:35:29,710 Van levar a causa perdida entre algodóns. 426 00:35:29,794 --> 00:35:31,212 E eu dixen: 427 00:35:32,505 --> 00:35:33,840 "E unha merda, meu." 428 00:35:35,633 --> 00:35:37,969 - Os meus cartos din que non. - Veña. 429 00:35:38,052 --> 00:35:39,595 Nin veña nin hostias. 430 00:35:41,597 --> 00:35:44,851 Sempre fas igual, ho. Réndeste con todo... 431 00:35:44,934 --> 00:35:48,396 - Non me rendo... - Coa física, por creres que non valías. 432 00:35:48,479 --> 00:35:51,315 Con Jin, por creres que era moito para ti. 433 00:35:53,526 --> 00:35:56,195 Non te vas render coa túa vida, hostia. 434 00:36:00,491 --> 00:36:01,617 E unha merda. 435 00:36:07,790 --> 00:36:08,624 Come. 436 00:36:10,459 --> 00:36:14,005 - Non teño gana. - Will, só tes que... 437 00:36:16,799 --> 00:36:18,009 intentalo. 438 00:37:04,764 --> 00:37:07,016 Se mo permite, emperador Zhou, 439 00:37:07,099 --> 00:37:08,726 o Sol é o Yang 440 00:37:09,518 --> 00:37:11,812 e a noite é o Yin. 441 00:37:14,065 --> 00:37:17,985 Agora estamos inmersos no caos do desequilibrio. 442 00:37:18,069 --> 00:37:20,529 Pero isto vai cambiar. 443 00:37:20,613 --> 00:37:22,949 Traio a salvación da nosa civilización. 444 00:37:23,032 --> 00:37:24,659 Si, veña, dálle. 445 00:37:25,284 --> 00:37:28,079 Creei un código para o universo 446 00:37:28,162 --> 00:37:31,457 que permite predicir os movementos do Sol. 447 00:37:32,041 --> 00:37:33,751 Iso din todos. 448 00:37:47,598 --> 00:37:50,685 Polo teu ben, espero que a túa predición nos salve. 449 00:37:50,768 --> 00:37:53,271 - Profecía, non predición. - Que? 450 00:37:54,146 --> 00:37:56,899 Fala alto, rapaza, ou morre. 451 00:38:01,612 --> 00:38:04,782 Emperador, este é o I Ching. 452 00:38:05,324 --> 00:38:07,952 É fermoso, pero non é científico. 453 00:38:08,035 --> 00:38:10,788 - Explícate. - Non solucionará o seu problema. 454 00:38:10,871 --> 00:38:13,582 É adiviñación, non segue ningunha lei física. 455 00:38:14,542 --> 00:38:16,585 Lei física? 456 00:38:16,669 --> 00:38:18,546 Si, as leis da física. 457 00:38:20,339 --> 00:38:23,009 Todo o que sabemos de certo sobre o mundo. 458 00:38:24,719 --> 00:38:26,178 Que mundo? 459 00:38:27,263 --> 00:38:28,681 Súa maxestade imperial, 460 00:38:31,142 --> 00:38:34,687 o código está completo, responderá as súas preguntas. 461 00:38:34,770 --> 00:38:35,604 Moi ben. 462 00:38:36,188 --> 00:38:38,983 Cando é seguro rehidratar as masas? 463 00:38:56,125 --> 00:38:59,086 A era caótica durará outros oito días. 464 00:38:59,170 --> 00:39:04,800 Ao rematar, gozaremos dunha gloriosa era estable de 63 anos, 465 00:39:05,384 --> 00:39:09,138 cun clima tan temperado que será unha era dourada. 466 00:39:09,221 --> 00:39:10,848 Ceo. Agora. 467 00:39:15,353 --> 00:39:17,646 Acelera o paso dos días. 468 00:39:22,193 --> 00:39:24,236 Acelera o paso dos días. 469 00:39:26,030 --> 00:39:28,783 Pon a man no chan para acelerares o tempo. 470 00:39:55,851 --> 00:39:57,061 Aí! 471 00:39:57,144 --> 00:39:59,647 Sesenta e tres anos de estabilidade. 472 00:40:00,439 --> 00:40:02,191 - É posible? - É, emperador. 473 00:40:04,026 --> 00:40:07,196 Esperte a súa dinastía e deixe que prospere. 474 00:40:08,906 --> 00:40:11,534 Rehidratación! 475 00:42:02,311 --> 00:42:03,854 Non me abandonaches. 476 00:42:03,938 --> 00:42:05,231 Claro que non. 477 00:42:20,454 --> 00:42:22,581 Conde! Mire! 478 00:42:24,416 --> 00:42:25,417 Non. 479 00:42:50,359 --> 00:42:51,652 Copérnico! 480 00:42:52,194 --> 00:42:53,862 Copérnico, por favor! 481 00:42:57,700 --> 00:42:59,118 Sálvame! 482 00:43:03,330 --> 00:43:06,000 Copérnico, por favor! 483 00:43:10,296 --> 00:43:12,298 Por favor, Copérnico! 484 00:43:16,468 --> 00:43:18,012 Copérnico! 485 00:43:21,390 --> 00:43:22,474 Sálvame! 486 00:43:25,311 --> 00:43:26,937 Por favor! 487 00:43:28,355 --> 00:43:29,940 Sálvame! 488 00:44:21,200 --> 00:44:25,579 O frío extremo aniquilou a civilización número 137. 489 00:44:26,789 --> 00:44:28,332 Non os salvaches. 490 00:44:28,832 --> 00:44:33,003 Pero estableciches a superioridade da ciencia sobre o misticismo. 491 00:44:33,754 --> 00:44:38,217 No nivel dous deberás usar a ciencia para salvares a próxima civilización. 492 00:45:39,778 --> 00:45:42,197 Recibín queixas de ti, Clarence. 493 00:45:42,281 --> 00:45:43,699 E agora que fixen? 494 00:45:43,782 --> 00:45:45,826 Seica fumas no despacho. 495 00:45:47,077 --> 00:45:49,955 Xa, sairía, pero é que queda lonxe. 496 00:45:53,083 --> 00:45:54,293 A próxima vez saio. 497 00:45:54,376 --> 00:45:57,379 Tanto ten. Botei o tipo que se queixou. 498 00:45:57,463 --> 00:46:00,507 Moito se preocupa de ti e pouco dos adversarios. 499 00:46:01,133 --> 00:46:02,801 Prefería que non o botases. 500 00:46:03,469 --> 00:46:04,762 Cóntame de Evans. 501 00:46:07,848 --> 00:46:10,517 Seica lle gusta pagar por cousas. 502 00:46:10,601 --> 00:46:14,062 Propaganda antivacinas, teorías conspiranoicas sobre o 5G 503 00:46:14,146 --> 00:46:16,774 e políticos anticiencia en todo o mundo. 504 00:46:17,566 --> 00:46:20,360 Apostaría cartos a que está detrás de todo. 505 00:46:20,861 --> 00:46:23,530 E as estrelas? Pagoulles para desapareceren? 506 00:46:23,614 --> 00:46:26,617 Hai alguén detrás de todo, só hai que profundar. 507 00:46:27,159 --> 00:46:29,661 Pois eu profundei nisto. 508 00:46:31,371 --> 00:46:35,083 Despois do das estrelas púxenme a ler sobre radiotelescopios. 509 00:46:35,167 --> 00:46:41,173 No 1977 a Universidade Estatal de Ohio detectou unha secuencia de 72 segundos. 510 00:46:41,965 --> 00:46:44,092 Chamáronlle sinal Wow! 511 00:46:44,176 --> 00:46:47,763 porque os astrofísicos quedaron abraiados. 512 00:46:47,846 --> 00:46:50,641 Dixeron que parecía un intento de comunicación. 513 00:46:50,724 --> 00:46:52,100 Un intento de quen? 514 00:46:52,810 --> 00:46:54,269 De homiños verdes. 515 00:46:55,813 --> 00:46:56,772 Que di? 516 00:46:56,855 --> 00:46:58,065 Ninguén o sabe. 517 00:46:58,148 --> 00:47:00,192 Ninguén o deu descifrado 518 00:47:00,275 --> 00:47:03,153 e ninguén o detectou fóra da Estatal de Ohio. 519 00:47:06,406 --> 00:47:09,326 Agás un observatorio no nordés de China. 520 00:47:10,953 --> 00:47:11,954 E? 521 00:47:13,163 --> 00:47:15,040 Pois non creo que sexa nada. 522 00:47:19,711 --> 00:47:21,797 Unha curiosidade sobre Mike Evans. 523 00:47:24,383 --> 00:47:27,135 Va que non sabes onde vivía en 1977? 524 00:48:23,775 --> 00:48:26,987 PRIMAVERA SILENCIOSA 525 00:48:27,738 --> 00:48:29,323 Non teño café. 526 00:48:29,406 --> 00:48:30,782 Síntoo. 527 00:48:32,576 --> 00:48:33,410 Non teño café, 528 00:48:34,745 --> 00:48:35,871 moitos anos. 529 00:48:41,209 --> 00:48:43,712 Podo preguntar que fas aquí? 530 00:48:46,465 --> 00:48:48,425 Tento salvar vidas. 531 00:48:48,508 --> 00:48:49,635 A xente de aquí? 532 00:48:50,886 --> 00:48:51,845 Como os axudas... 533 00:48:51,929 --> 00:48:54,056 Oes "vidas" e pensas nas humanas. 534 00:48:54,139 --> 00:48:56,850 Claro, sempre pensamos primeiro en nós. 535 00:49:00,270 --> 00:49:05,233 Eu tento salvar un paxaro, unha subespecie de andoriña. 536 00:49:05,317 --> 00:49:08,904 Non o lograrei, os leñadores van máis rápido ca unha persoa. 537 00:49:08,987 --> 00:49:11,323 Todas esas árbores plantáchelas ti? 538 00:49:15,661 --> 00:49:17,204 Canto tempo pensas quedar? 539 00:49:18,080 --> 00:49:19,748 Toda a vida se fai falta. 540 00:49:22,501 --> 00:49:25,170 Canta xente pode salvar unha especie? 541 00:49:25,837 --> 00:49:30,509 Extínguense dez mil especies ao ano pola avaricia dunha soa. 542 00:49:33,387 --> 00:49:35,472 Podo preguntar para que vindes? 543 00:49:37,182 --> 00:49:41,395 Buscamos un lugar para construírmos un laboratorio de radioastronomía. 544 00:49:41,478 --> 00:49:42,312 Aquí? 545 00:49:43,188 --> 00:49:44,773 Esta terra non é túa. 546 00:49:44,856 --> 00:49:47,442 - Non debería ser de ninguén. - É do pobo. 547 00:49:47,526 --> 00:49:49,319 E o pobo destruiraa. 548 00:49:49,403 --> 00:49:52,489 Acabar con todo un ecosistema por un laboratorio. 549 00:49:53,031 --> 00:49:54,408 Non che dá carraxe? 550 00:49:56,451 --> 00:49:58,203 A estupidez do pobo? 551 00:50:01,957 --> 00:50:03,208 Non depende de min. 552 00:50:10,841 --> 00:50:12,134 Teño traballo. 553 00:50:12,926 --> 00:50:14,594 Que dixo? 554 00:50:14,678 --> 00:50:15,762 Entende. 555 00:50:15,846 --> 00:50:18,557 Entendo, si. Marchade, por favor. 556 00:50:36,908 --> 00:50:40,412 "Na natureza nada existe en soidade." 557 00:50:56,428 --> 00:50:57,679 Como te chamas? 558 00:50:57,763 --> 00:50:58,764 Ye Wenjie. 559 00:51:00,474 --> 00:51:01,475 Mike Evans. 560 00:51:05,937 --> 00:51:07,522 Tentarei detelos. 561 00:51:16,281 --> 00:51:18,492 Ye Wenjie, xa o falamos, 562 00:51:18,575 --> 00:51:19,576 o comisario e eu... 563 00:51:19,659 --> 00:51:24,456 O primeiro cumpre todo. Estradas, interferencia electromagnética mínima... 564 00:51:24,539 --> 00:51:26,166 Igual ca o segundo. 565 00:51:26,249 --> 00:51:27,918 A xente do segundo... 566 00:51:28,001 --> 00:51:29,336 Devecen por traballar. 567 00:51:29,836 --> 00:51:31,421 De máis. 568 00:51:31,505 --> 00:51:34,758 Quererán quitar tallada do laboratorio. 569 00:51:35,550 --> 00:51:38,303 Xa decidimos que o segundo é mellor. 570 00:51:40,597 --> 00:51:42,057 Estás decepcionada. 571 00:51:44,392 --> 00:51:48,146 Segura que non é porque queres axudar o americano? 572 00:51:49,689 --> 00:51:53,318 Levas oito anos a facelo ben, non o estragues. 573 00:51:57,239 --> 00:51:59,324 Hai algo que podo facer por ti. 574 00:52:00,242 --> 00:52:03,036 O comisario deume os nomes e historiais 575 00:52:03,120 --> 00:52:05,247 dos novos do campo de traballo. 576 00:52:05,330 --> 00:52:08,250 Por se alguén nos podía ser útil. 577 00:52:08,792 --> 00:52:12,462 Non hai científicos, mais hai unha muller, Tang Hongjing. 578 00:52:13,130 --> 00:52:14,714 Era da Garda Vermella. 579 00:52:15,549 --> 00:52:18,885 Durante unha sesión de castigo na Tsinghua en 1966, 580 00:52:19,553 --> 00:52:21,596 asestoulle un golpe fatal... 581 00:52:24,182 --> 00:52:26,268 a un profesor chamado Ye Zhetai. 582 00:52:47,372 --> 00:52:50,292 Tang Hongjing, tes visita. 583 00:53:16,401 --> 00:53:18,111 Esta é unha nova era. 584 00:53:18,695 --> 00:53:19,738 O pasado rematou. 585 00:53:20,322 --> 00:53:21,698 O pasado non rematou. 586 00:53:23,283 --> 00:53:25,035 Queres que me arrepinta? 587 00:53:25,994 --> 00:53:27,996 Non coidas que deberías? 588 00:53:28,079 --> 00:53:29,748 E quen se arrepinte por min? 589 00:53:30,415 --> 00:53:32,167 Quen me compensa o perdido? 590 00:53:34,044 --> 00:53:37,214 O Partido mandoume a Shaanxi para traballar no trigo. 591 00:53:38,256 --> 00:53:42,093 Após un día de traballo, xa nin tiña enerxía para lavar a roupa. 592 00:53:42,677 --> 00:53:46,348 Durmiamos no chan, co ruído dos lobos. 593 00:53:47,432 --> 00:53:51,228 Infectóuseme o brazo e sufrín unha gangrena. 594 00:53:52,479 --> 00:53:54,356 Os gardas colléronme... 595 00:53:57,442 --> 00:53:59,236 e cortáronmo. 596 00:54:06,159 --> 00:54:08,286 Non era máis ca unha nena. 597 00:54:08,787 --> 00:54:13,833 Eu tamén era unha nena cando te vin abrirlle... 598 00:54:17,045 --> 00:54:18,964 a cabeza ao meu pai cun cinto. 599 00:54:24,010 --> 00:54:25,720 Dixéronme que eras lista. 600 00:54:27,097 --> 00:54:28,473 E xa podes selo. 601 00:54:29,474 --> 00:54:31,977 Filla dun académico. 602 00:54:32,477 --> 00:54:33,311 Eu non o era. 603 00:54:35,438 --> 00:54:36,648 Non tiña utilidade. 604 00:54:38,191 --> 00:54:39,985 Salvácheste por teres cerebro. 605 00:54:41,319 --> 00:54:45,448 Se non, acababas coma min. 606 00:54:46,616 --> 00:54:50,954 Ter cerebro non salvou o meu pai. 607 00:54:51,454 --> 00:54:54,165 Aínda agora... 608 00:54:56,209 --> 00:54:59,379 tamén o mallaría coma o trigo. 609 00:55:03,967 --> 00:55:05,593 Non te arrepintes? 610 00:55:11,516 --> 00:55:12,892 Ninguén fai tal. 611 00:56:11,368 --> 00:56:13,578 NIVEL RECOÑECEMENTO DO SINAL: AAAAA 612 00:56:55,537 --> 00:56:59,207 NON RESPONDADES 613 00:57:03,294 --> 00:57:07,674 NESTE MUNDO SON UN PACIFISTA. 614 00:57:07,757 --> 00:57:12,387 TEDES SORTE DE QUE RECIBISE A VOSA MENSAXE ANTES CA NINGUÉN. 615 00:57:15,098 --> 00:57:18,059 AVÍSOVOS: NON RESPONDADES. 616 00:57:18,143 --> 00:57:21,354 SE RESPONDEDES, IREMOS. 617 00:57:21,438 --> 00:57:25,525 CONQUISTAREMOS O VOSO MUNDO. 618 00:57:29,612 --> 00:57:31,781 NON RESPONDADES. 619 00:57:38,163 --> 00:57:39,914 NON RESPONDADES. 620 00:59:05,500 --> 00:59:10,630 VINDE. NÓS NON PODEMOS SALVARNOS. 621 00:59:10,713 --> 00:59:15,009 AXUDAREIVOS A CONQUISTAR ESTE MUNDO. 622 01:01:30,687 --> 01:01:35,692 Subtítulos: Jeiry Castellano