1 00:00:07,716 --> 00:00:13,847 {\an8}LONDRES, 1982 2 00:00:31,573 --> 00:00:32,407 Doutora Ye. 3 00:00:33,241 --> 00:00:34,367 Señor Evans. 4 00:00:40,957 --> 00:00:43,752 Sorprendeume que se puxese en contacto comigo. 5 00:00:45,920 --> 00:00:47,714 Alégrame que se lembre de min. 6 00:00:48,298 --> 00:00:51,384 Claro que me lembro, é difícil esquecela. 7 00:00:51,968 --> 00:00:53,887 Só quedo unha semana. 8 00:00:55,221 --> 00:00:56,681 Vin a un congreso. 9 00:00:56,765 --> 00:00:57,849 De astrofísica. 10 00:00:58,767 --> 00:01:01,811 Así que logrou saír daquela montaña, non? 11 00:01:04,064 --> 00:01:05,732 Sei o de seu pai. 12 00:01:06,983 --> 00:01:08,109 Pescudei. 13 00:01:08,943 --> 00:01:10,987 Eu tamén sei o de seu pai. 14 00:01:12,072 --> 00:01:14,282 Agora dirixe a súa petroleira. 15 00:01:14,365 --> 00:01:18,495 E Mao morreu e eu dou clase na Universidade de Tsinghua. 16 00:01:20,997 --> 00:01:22,248 As cousas cambian. 17 00:01:23,416 --> 00:01:25,085 Eu non cambiei en nada. 18 00:01:25,585 --> 00:01:27,712 Son o mesmo que coñeceu en Shaanxi. 19 00:01:28,254 --> 00:01:30,381 Podía quedar naquela casoupa 20 00:01:30,465 --> 00:01:33,718 tentando salvar unha subespecie de andoriña 21 00:01:33,802 --> 00:01:37,263 ou podía usar os recursos dispoñibles para facer máis. 22 00:01:39,099 --> 00:01:41,184 Para desafiar o poder, 23 00:01:42,310 --> 00:01:45,021 ás veces hai que aproveitar o poder. 24 00:01:46,231 --> 00:01:47,398 Concordo. 25 00:01:49,567 --> 00:01:52,695 E como está a desafiar o poder exactamente? 26 00:01:56,991 --> 00:01:58,660 Por que me escribiu? 27 00:02:01,329 --> 00:02:05,125 "Na natureza nada existe en soidade." 28 00:02:07,961 --> 00:02:11,297 Non sabía con quen máis falar. 29 00:02:13,675 --> 00:02:15,677 De que quere falar? 30 00:02:18,054 --> 00:02:19,597 Naquela montaña... 31 00:02:24,018 --> 00:02:25,311 fixen algo. 32 00:02:52,338 --> 00:02:55,425 Déronme a alta hai unha hora, 33 00:02:55,967 --> 00:02:58,303 mándame unha mensaxe se non podes vir, 34 00:02:59,345 --> 00:03:01,556 eu estouche listo. 35 00:03:13,985 --> 00:03:14,986 Ai, ola. 36 00:03:16,112 --> 00:03:17,030 Ola. 37 00:03:18,573 --> 00:03:20,325 Cría que estabas en Oxford. 38 00:03:20,992 --> 00:03:21,951 Si. 39 00:03:22,702 --> 00:03:23,703 Estaba. 40 00:03:25,413 --> 00:03:27,457 Pois benvindo. 41 00:03:28,625 --> 00:03:31,377 Jack íame recoller hai unha hora, 42 00:03:31,461 --> 00:03:33,838 pero o cabrón non me colle o teléfono. 43 00:03:36,174 --> 00:03:37,133 Estás ben? 44 00:03:41,804 --> 00:03:42,805 Por que viñeches? 45 00:03:57,820 --> 00:03:59,656 Páreo xa. 46 00:04:04,744 --> 00:04:06,162 Debín detelo. 47 00:04:06,955 --> 00:04:08,915 Ti non tes a culpa. 48 00:04:08,998 --> 00:04:11,292 Será a mesma muller, non si? 49 00:04:11,793 --> 00:04:13,294 A que me deu lume? 50 00:04:13,378 --> 00:04:15,964 Borraríase do vídeo, como a outra vez. 51 00:04:16,047 --> 00:04:17,882 Si ou alguén con quen traballa. 52 00:04:17,966 --> 00:04:19,092 Pois atópena. 53 00:04:19,884 --> 00:04:21,386 Non se dedican a iso? 54 00:04:21,469 --> 00:04:25,223 Hai 18 cámaras de seguridade dentro e ao redor desa casa. 55 00:04:25,306 --> 00:04:27,475 Ela non aparece en ningunha. 56 00:04:27,558 --> 00:04:29,102 Non é estraño? 57 00:04:30,687 --> 00:04:33,564 Vera Ye leva cinco xenios para Oxford. 58 00:04:33,648 --> 00:04:35,692 E Vera e un deles están mortos. 59 00:04:36,859 --> 00:04:39,070 Unha invitación con tres círculos. 60 00:04:40,530 --> 00:04:41,948 Como cona sabe iso? 61 00:04:42,657 --> 00:04:43,616 Que máis dá? 62 00:04:57,297 --> 00:04:58,798 Non é interesante? 63 00:04:59,841 --> 00:05:02,552 Queren que pare. Queren que traballe para eles. 64 00:05:05,430 --> 00:05:09,142 A vindeira semana, unha reunión para a recibir na organización. 65 00:05:09,726 --> 00:05:10,768 Vou con ela. 66 00:05:10,852 --> 00:05:12,395 - Non tal. - Claro que si. 67 00:05:12,478 --> 00:05:13,813 Non pode. 68 00:05:13,896 --> 00:05:15,189 Non a invitaron. 69 00:05:16,316 --> 00:05:18,234 Pode elixir, doutora Cheng. 70 00:05:19,110 --> 00:05:20,862 Marchar á casa, pasar o dó 71 00:05:20,945 --> 00:05:24,198 e arrepentirse de como actuou a noite que el morreu 72 00:05:25,408 --> 00:05:28,411 ou pode axudarnos a coller os cabróns que o mataron. 73 00:05:31,205 --> 00:05:32,790 Non. 74 00:05:33,458 --> 00:05:34,625 Bebe o vodka. 75 00:05:34,709 --> 00:05:37,295 - Prefiro o outro. - Non, bebe o vodka. 76 00:05:40,048 --> 00:05:41,132 Dálle un bo trago. 77 00:05:57,607 --> 00:05:59,359 Tenteino, de verdade. 78 00:06:00,568 --> 00:06:02,070 É que el non calaba. 79 00:06:02,612 --> 00:06:04,197 Empeñouse en discutir. 80 00:06:04,280 --> 00:06:06,741 Lanceille unha mirada, pero nin así. 81 00:06:06,824 --> 00:06:09,786 Tranquila, Jin. Ninguén facía calar a Jack. 82 00:06:13,247 --> 00:06:14,791 Coido que son reais. 83 00:06:16,167 --> 00:06:17,168 Quen? 84 00:06:17,251 --> 00:06:18,669 Os San-Ti. 85 00:06:18,753 --> 00:06:20,671 Son reais e están de camiño. 86 00:06:21,547 --> 00:06:22,840 Soa a tolaría, seino... 87 00:06:22,924 --> 00:06:23,800 Non tal. 88 00:06:23,883 --> 00:06:25,760 É o único que ten sentido. 89 00:06:26,427 --> 00:06:29,055 O que fan... Nós non temos esa tecnoloxía. 90 00:06:29,138 --> 00:06:30,264 Ninguén a ten. 91 00:06:30,348 --> 00:06:33,893 Se ninguén o pode facer e está a pasar, entón é que... 92 00:06:35,978 --> 00:06:39,315 - Non sei combater extraterrestres. - Nin eu, pero sabes que? 93 00:06:39,399 --> 00:06:42,985 Os que traballan para eles non son extraterrestres. 94 00:06:43,569 --> 00:06:46,280 E levo toda a vida combatendo xente. 95 00:06:47,198 --> 00:06:48,324 E ti tamén. 96 00:07:02,839 --> 00:07:04,006 Máis boas novas. 97 00:07:04,590 --> 00:07:05,716 Atopámolo. 98 00:07:06,884 --> 00:07:08,719 Un petroleiro panamax. 99 00:07:08,803 --> 00:07:10,972 Hai 40 anos que non leva petróleo. 100 00:07:11,597 --> 00:07:14,058 Podería haber mil persoas a bordo. 101 00:07:14,767 --> 00:07:15,935 Sei as coordenadas. 102 00:07:16,018 --> 00:07:19,939 Mar Mediterráneo, a uns 300 km ao norte de Alexandría. 103 00:07:20,857 --> 00:07:22,066 Intervimos? 104 00:07:22,859 --> 00:07:23,860 Non. 105 00:07:24,485 --> 00:07:25,403 Agardamos. 106 00:07:25,486 --> 00:07:32,493 XUÍZO FINAL 107 00:07:51,345 --> 00:07:53,222 Monsieur Evans. 108 00:07:53,306 --> 00:07:55,183 Gabrielle, bonjour. 109 00:07:55,266 --> 00:07:57,852 A Sra. Chiang estaba a nos falar dos San-Ti. 110 00:07:57,935 --> 00:07:58,769 Ai, si? 111 00:07:58,853 --> 00:08:02,398 Vivirei abondo para coñecer o noso Señor? 112 00:08:02,982 --> 00:08:07,111 Se o noso Señor quere que esteamos acá ao chegaren, 113 00:08:07,695 --> 00:08:10,823 farán que sexa posible. 114 00:08:11,908 --> 00:08:14,035 Poden facer milagres. 115 00:08:14,535 --> 00:08:16,537 E, se non é o caso, 116 00:08:17,121 --> 00:08:19,165 pois é que era mellor así, non é? 117 00:08:19,248 --> 00:08:20,249 É, si. 118 00:08:20,833 --> 00:08:22,919 Que linda, vamos... 119 00:08:24,170 --> 00:08:27,673 Señor, a lista final para o cumio de mañá en Londres. 120 00:08:28,424 --> 00:08:29,550 E Rooney? 121 00:08:29,634 --> 00:08:31,010 Saíunos a galiña choca. 122 00:08:32,345 --> 00:08:33,513 Entendo. 123 00:08:33,596 --> 00:08:34,430 Señor? 124 00:08:35,640 --> 00:08:37,350 Non reforzamos a seguridade? 125 00:08:37,433 --> 00:08:39,727 Hai mellor seguridade que a do Señor? 126 00:08:41,187 --> 00:08:42,188 Xa. 127 00:08:49,612 --> 00:08:50,696 Meu Señor? 128 00:08:52,031 --> 00:08:52,990 Si. 129 00:08:53,074 --> 00:08:56,702 Grazas ao xogo temos camaradas novos. 130 00:08:56,786 --> 00:08:58,538 Para o cumio de Londres mañá... 131 00:08:58,621 --> 00:09:00,248 Saben do cumio. 132 00:09:02,250 --> 00:09:03,084 Quen? 133 00:09:03,167 --> 00:09:04,502 Os vosos inimigos. 134 00:09:05,628 --> 00:09:07,046 Saben onde estades. 135 00:09:07,838 --> 00:09:09,507 Están a vos observar. 136 00:09:14,554 --> 00:09:15,846 Non teñas medo. 137 00:09:16,347 --> 00:09:17,974 Non vos pasará nada. 138 00:09:19,100 --> 00:09:20,518 A ningún de vós. 139 00:09:21,561 --> 00:09:22,895 Protexerémosvos. 140 00:09:25,898 --> 00:09:26,816 Así me gusta. 141 00:09:27,358 --> 00:09:28,651 Que sorrías. 142 00:09:38,369 --> 00:09:40,162 Arre carallo. 143 00:09:40,246 --> 00:09:42,164 Cal era o obxectivo deste? 144 00:09:44,000 --> 00:09:45,668 - Gañar. - Hai moito sangue. 145 00:09:45,751 --> 00:09:48,879 Xa, o tipo esmagoume o tórax e arrancoume o corazón. 146 00:09:49,380 --> 00:09:50,506 É o Ripacorazóns. 147 00:09:50,590 --> 00:09:52,216 Contra, que bonito. 148 00:09:53,050 --> 00:09:55,011 Como vai a busca de traballo? 149 00:09:55,094 --> 00:09:55,928 Teño traballo. 150 00:09:57,305 --> 00:09:59,140 - Cal? - Son emprendedor. 151 00:09:59,223 --> 00:10:01,767 Iso só é unha palabra que aprendiches. 152 00:10:01,851 --> 00:10:04,312 Tesme por un fracasado, pero xa verás. 153 00:10:04,395 --> 00:10:06,272 Non te teño por un fracasado. 154 00:10:06,355 --> 00:10:07,440 Só por un lacazán. 155 00:10:07,523 --> 00:10:11,068 Ti partiches o lombo e mira a onde chegaches. 156 00:10:12,278 --> 00:10:15,323 "Todo o que a luz toca é o noso reino." 157 00:10:17,325 --> 00:10:19,577 O meu traballo non é facerme rico. 158 00:10:20,119 --> 00:10:21,537 É protexer xente. 159 00:10:22,997 --> 00:10:24,707 Faiche graza, eh? 160 00:10:24,790 --> 00:10:27,543 Perdón, é que os polis non me parecen heroes. 161 00:10:27,627 --> 00:10:29,003 Non che son un poli. 162 00:10:29,086 --> 00:10:32,465 Xa, es funcionario dun goberno disfuncional. 163 00:10:34,383 --> 00:10:35,468 Quen che dixo iso? 164 00:10:35,551 --> 00:10:37,386 É un pensamento orixinal, papá. 165 00:10:37,470 --> 00:10:39,472 Xa sei que a poli non os fomenta. 166 00:10:42,141 --> 00:10:42,975 Díxomo Ally. 167 00:10:44,018 --> 00:10:45,311 Ally é un cretino. 168 00:10:45,394 --> 00:10:47,813 Levas dous anos igual, pero é o meu mozo. 169 00:10:47,897 --> 00:10:49,148 Iso non che di nada? 170 00:10:49,231 --> 00:10:51,192 Que tes mal gusto cos homes? 171 00:10:51,275 --> 00:10:52,943 Saio a mamá, supoño. 172 00:11:00,284 --> 00:11:03,120 Cando gañe millóns e che merque unha boa casa, 173 00:11:03,204 --> 00:11:05,247 xa veremos se son un fracasado. 174 00:11:11,921 --> 00:11:14,423 Primeiro mata o Ripacorazóns. 175 00:11:14,507 --> 00:11:16,008 Desta estiven a piques. 176 00:11:33,192 --> 00:11:34,026 Ola. 177 00:11:35,069 --> 00:11:36,153 Que che parece? 178 00:11:37,905 --> 00:11:39,532 Si, debería valer. 179 00:11:40,032 --> 00:11:42,326 A nai dixo que é un ataúde pechado. 180 00:11:52,586 --> 00:11:57,925 Coidas que deberiamos desfacernos de algo antes de chegar a familia? 181 00:11:58,759 --> 00:11:59,635 Como que? 182 00:12:00,761 --> 00:12:02,596 Non che sei... xoguetes sexuais, 183 00:12:03,097 --> 00:12:04,473 pílulas da risa, 184 00:12:05,182 --> 00:12:06,225 porno vintage. 185 00:12:06,308 --> 00:12:08,853 Estamos falando de Jack Rooney. 186 00:12:10,312 --> 00:12:11,397 Coido que non. 187 00:12:14,567 --> 00:12:15,568 Ai, ves? 188 00:12:17,820 --> 00:12:18,821 Que che dixen? 189 00:12:24,118 --> 00:12:26,412 Que haberá? Esposas? 190 00:12:27,079 --> 00:12:28,080 Bólas anais? 191 00:13:19,006 --> 00:13:21,967 O meu son os datos, ecuacións, hipóteses e modelos. 192 00:13:22,051 --> 00:13:24,470 Non... isto. 193 00:13:25,262 --> 00:13:27,348 Non son unha espía ou o que sexan. 194 00:13:27,932 --> 00:13:29,683 Sabemos a onde vai. 195 00:13:29,767 --> 00:13:32,353 Estaremos preto, a observar e escoitar, 196 00:13:33,062 --> 00:13:34,814 faremos que estea a salvo. 197 00:13:35,397 --> 00:13:38,275 O mellor que pode facer é evitar as conversas. 198 00:13:38,359 --> 00:13:40,486 Non fale, escoite. 199 00:13:41,195 --> 00:13:44,114 Busca información, non confrontación. 200 00:13:44,198 --> 00:13:47,034 Canto máis quede, máis saberemos. 201 00:13:47,117 --> 00:13:50,621 Vai, obtén información e marcha. 202 00:13:50,704 --> 00:13:51,956 Ninguén sospeitará. 203 00:13:52,039 --> 00:13:53,457 Ai, leve unha bolsa. 204 00:13:53,958 --> 00:13:57,086 Roupa e dentífrico para varias noites. 205 00:13:57,670 --> 00:13:59,463 - Por que? - Por se acaso. 206 00:13:59,547 --> 00:14:00,881 Por se acaso que? 207 00:14:00,965 --> 00:14:02,800 Por se non pode volver á casa. 208 00:14:04,009 --> 00:14:05,553 E por que non ía poder? 209 00:14:06,136 --> 00:14:08,430 Saben onde vive, doutora. 210 00:14:12,351 --> 00:14:13,644 Cando falan deles... 211 00:14:15,688 --> 00:14:17,022 a quen se refiren? 212 00:14:19,775 --> 00:14:22,319 Cren que falan cos extraterrestres? 213 00:14:22,820 --> 00:14:26,866 Non cómpre crer en Papá Noel para crer nos regalos de Nadal. 214 00:14:29,410 --> 00:14:31,245 Cre en Papá Noel? 215 00:15:13,245 --> 00:15:14,079 Ola? 216 00:15:14,663 --> 00:15:17,791 Cando chegue, non leve o móbil para dentro. 217 00:15:17,875 --> 00:15:19,835 E poden localizarme? 218 00:15:19,919 --> 00:15:21,795 Estará de broma. 219 00:15:21,879 --> 00:15:22,713 Está en verde. 220 00:15:33,766 --> 00:15:36,477 "E ela ollou para o lobo e dixo: 221 00:15:36,560 --> 00:15:39,188 'Avoa, que ollos tan grandes me tes.'" 222 00:15:39,271 --> 00:15:40,856 Non entendemos. 223 00:15:41,857 --> 00:15:43,359 O que? 224 00:15:44,109 --> 00:15:46,445 - El planea comela. - Si. 225 00:15:47,488 --> 00:15:49,031 Ela non quere que a coman. 226 00:15:49,782 --> 00:15:50,616 Non. 227 00:15:51,283 --> 00:15:54,703 Entón, por que queda na casa se sabe o que argalla o lobo? 228 00:15:55,579 --> 00:15:57,498 É que ela non o sabe. 229 00:15:57,998 --> 00:16:00,626 O lobo faise pasar pola avoa. 230 00:16:01,502 --> 00:16:02,795 Non entendemos. 231 00:16:03,963 --> 00:16:06,173 Pois vestiuse coma a avoa. 232 00:16:06,256 --> 00:16:09,718 Leva a roupa dela, semella ela, fala coma ela. 233 00:16:11,553 --> 00:16:13,430 Mais non é a avoa. 234 00:16:13,514 --> 00:16:14,515 É o lobo. 235 00:16:14,598 --> 00:16:18,435 Si, e a Carapuchiña Vermella non o sabe. 236 00:16:19,186 --> 00:16:21,230 O lobo comunicouse con ela? 237 00:16:22,272 --> 00:16:23,440 Comunicouse. 238 00:16:24,608 --> 00:16:27,319 Se o seu obxectivo era comela, 239 00:16:27,403 --> 00:16:29,321 por que se comunicou con ela? 240 00:16:29,947 --> 00:16:33,701 E despois, cando ela descubriu as intencións do lobo, 241 00:16:33,784 --> 00:16:34,952 por que non fuxiu? 242 00:16:36,120 --> 00:16:40,374 Porque non ela descubriu as súas intencións. 243 00:16:40,457 --> 00:16:43,085 El ocultáballas. 244 00:16:43,877 --> 00:16:46,005 Nunca ocultades as vosas intencións? 245 00:16:48,841 --> 00:16:50,217 Non entendemos. 246 00:16:51,093 --> 00:16:55,723 Por exemplo, a praga que nos segue, 247 00:16:55,806 --> 00:16:58,100 tentan ocultar as súas intencións. 248 00:16:58,183 --> 00:17:01,311 Se non, nunca nos atraparían. 249 00:17:03,897 --> 00:17:04,898 A praga? 250 00:17:05,399 --> 00:17:06,400 Os inimigos. 251 00:17:07,067 --> 00:17:09,903 Os operativos de intelixencia dos que me avisou. 252 00:17:11,572 --> 00:17:13,323 As pragas son insectos 253 00:17:13,407 --> 00:17:16,994 ou outros animais que atacan cultivos, comida e gando. 254 00:17:17,077 --> 00:17:18,537 Os inimigos son humanos. 255 00:17:18,620 --> 00:17:19,747 Son. 256 00:17:19,830 --> 00:17:23,459 Verá, o que pretendía era... 257 00:17:24,877 --> 00:17:26,420 empreguei unha metáfora. 258 00:17:27,796 --> 00:17:31,884 Describíaos coma unha praga, porque é o que son. 259 00:17:32,384 --> 00:17:36,055 Molestos, irrelevantes, doados de eliminar. 260 00:17:37,139 --> 00:17:41,060 Coma insectos que un esmaga co pé. 261 00:17:44,646 --> 00:17:47,775 Vós non podedes dicir algo que sabedes que é falso? 262 00:17:47,858 --> 00:17:49,068 Non podedes mentir? 263 00:17:50,861 --> 00:17:54,907 Comunícase o que se sabe así que se produce a comunicación. 264 00:17:58,285 --> 00:18:00,662 Comunicádesvos mentalmente, logo? 265 00:18:02,164 --> 00:18:06,418 Mentres nós somos coma animais de curral que se berran. 266 00:18:08,754 --> 00:18:11,423 Ti tamén o fas? Mentes? 267 00:18:12,257 --> 00:18:15,094 Eu procuro evitalo, mais... 268 00:18:16,011 --> 00:18:16,970 Si. 269 00:18:17,513 --> 00:18:21,308 Todos o facemos algunha vez, dun xeito ou doutro. 270 00:18:22,101 --> 00:18:24,436 E o lobo tamén mente? 271 00:18:25,646 --> 00:18:28,273 Supoño que mente, si. 272 00:18:30,526 --> 00:18:32,402 Gustaríanos falar con el. 273 00:18:34,446 --> 00:18:35,614 O que? 274 00:18:35,697 --> 00:18:37,741 Segue na casa da avoa? 275 00:18:37,825 --> 00:18:38,909 Onde queda? 276 00:18:40,744 --> 00:18:41,787 No bosque. 277 00:18:43,914 --> 00:18:44,998 En cal? 278 00:18:45,749 --> 00:18:47,584 No voso mundo hai moitos. 279 00:18:47,668 --> 00:18:48,877 Ai, non. 280 00:18:49,461 --> 00:18:52,965 É que non é de verdade. 281 00:18:54,508 --> 00:18:55,759 Non entendemos. 282 00:18:55,843 --> 00:18:57,261 É un conto. 283 00:18:58,095 --> 00:19:01,849 O lobo, a avoa, a Carapuchiña Vermella... 284 00:19:01,932 --> 00:19:03,392 ningún deles existe. 285 00:19:06,103 --> 00:19:07,479 Logo o conto 286 00:19:08,438 --> 00:19:10,399 é unha mentira sobre un mentirán? 287 00:19:11,859 --> 00:19:12,943 É. 288 00:19:14,069 --> 00:19:15,529 Supoño que si. 289 00:19:21,243 --> 00:19:22,744 Temos que pensalo. 290 00:19:28,792 --> 00:19:29,793 Meu Señor? 291 00:19:33,797 --> 00:19:34,798 Meu Señor? 292 00:19:37,217 --> 00:19:38,886 Cremos que xa o entendemos. 293 00:19:41,889 --> 00:19:43,265 Por iso... 294 00:19:44,016 --> 00:19:47,352 Por iso precisa de nós, meu Señor. 295 00:19:48,729 --> 00:19:50,147 Podemos axudalo. 296 00:19:51,190 --> 00:19:53,859 Axudalo a entendernos mellor. 297 00:19:56,862 --> 00:19:59,489 Un mentirán é quen di falsidades. 298 00:19:59,990 --> 00:20:01,783 Os mentiráns non son de fiar. 299 00:20:02,784 --> 00:20:04,828 Non podemos convivir con eles. 300 00:20:05,913 --> 00:20:07,039 Meu Señor... 301 00:20:11,877 --> 00:20:12,878 Meu Señor? 302 00:20:15,130 --> 00:20:16,590 Temos medo de vós. 303 00:20:21,428 --> 00:20:22,471 Meu Señor... 304 00:20:29,728 --> 00:20:31,188 Meu Señor, está aí? 305 00:20:34,274 --> 00:20:35,359 Meu Señor? 306 00:20:38,946 --> 00:20:40,572 Meu Señor, está aí? 307 00:22:28,597 --> 00:22:29,931 Benvinda, doutora. 308 00:22:50,077 --> 00:22:51,703 A onde imos exactamente? 309 00:22:52,996 --> 00:22:54,039 Ao cumio. 310 00:22:54,664 --> 00:22:56,500 Que vai pasar? 311 00:22:57,667 --> 00:23:00,379 Non se preocupe, o noso Señor coidará de nós. 312 00:23:01,671 --> 00:23:02,672 O noso Señor? 313 00:24:16,455 --> 00:24:17,456 Jin. 314 00:24:20,375 --> 00:24:21,835 Alégrame que viñeses. 315 00:24:22,502 --> 00:24:23,503 A min tamén. 316 00:24:26,339 --> 00:24:28,216 Sinto o do teu amigo. 317 00:24:31,720 --> 00:24:33,388 Pensaba que non virías. 318 00:24:33,472 --> 00:24:34,848 Coñezo esa voz. 319 00:24:35,557 --> 00:24:37,058 Do cemiterio. 320 00:24:37,142 --> 00:24:39,352 Todo este tempo sabía de nós. 321 00:24:39,436 --> 00:24:41,521 - Sorpréndete? - Como te decidiches? 322 00:24:41,605 --> 00:24:44,983 Quero saber por que o universo funciona como o fai. 323 00:24:45,066 --> 00:24:46,735 As respostas importantes. 324 00:24:47,235 --> 00:24:49,821 Se alguén as ten é o noso Señor. 325 00:24:50,489 --> 00:24:51,364 Si. 326 00:24:52,365 --> 00:24:54,993 Confío en que o noso Señor nolas dará. 327 00:24:56,411 --> 00:24:58,538 Sei que ao primeiro soa estraño. 328 00:24:58,622 --> 00:25:01,333 Parecemos fanáticos relixiosos. 329 00:25:01,416 --> 00:25:04,336 Agás porque o noso Señor si que é real. 330 00:25:06,338 --> 00:25:10,258 Desde que perdiches a familia, non tes ninguén que te protexa. 331 00:25:11,051 --> 00:25:12,093 Agora si. 332 00:25:13,178 --> 00:25:16,056 Esta é a miña familia desde nena. 333 00:25:17,307 --> 00:25:19,643 É unha honra formar parte da familia. 334 00:25:20,352 --> 00:25:23,313 Sei de alguén a quen lle alegrará sabelo. 335 00:25:23,897 --> 00:25:25,273 Hoxe vén a fundadora. 336 00:25:26,650 --> 00:25:29,027 Como saíu Evans do barco sen nós o ver? 337 00:25:29,110 --> 00:25:31,821 Como se borrou a moza das cámaras? 338 00:25:31,905 --> 00:25:34,074 - Se me permitides... - Intervimos? 339 00:25:34,157 --> 00:25:36,743 Non, escoitamos, se cadra admite algo. 340 00:25:36,826 --> 00:25:39,204 É fabuloso ver caras coñecidas e novas. 341 00:25:40,247 --> 00:25:42,707 É unha noite moi especial para todos. 342 00:25:42,791 --> 00:25:46,378 Os rumores son certos, así que non me vou demorar. 343 00:25:46,461 --> 00:25:50,507 É unha honra presentar a fundadora do noso movemento, 344 00:25:51,174 --> 00:25:52,425 motivo de esperanza, 345 00:25:52,509 --> 00:25:54,594 a causa da nosa salvación. 346 00:25:55,595 --> 00:25:58,139 Por favor, dádelle a benvinda á fundadora... 347 00:26:00,392 --> 00:26:02,435 a doutora Ye Wenjie. 348 00:26:23,331 --> 00:26:26,501 Benvinda, sabía que virías. 349 00:26:38,888 --> 00:26:42,142 Nada a conectara con isto desde o funeral. 350 00:26:42,225 --> 00:26:43,810 Que vísemos ou oísemos, 351 00:26:43,893 --> 00:26:46,771 mais controlan o que vemos e oímos. 352 00:26:46,855 --> 00:26:49,274 E como é que nos deixan oír isto? 353 00:26:56,364 --> 00:26:57,365 Grazas. 354 00:27:01,119 --> 00:27:06,541 Cando era nova, vin o meu país en ruínas. 355 00:27:07,417 --> 00:27:09,794 Destruíron a miña familia. 356 00:27:10,962 --> 00:27:12,839 Enviáronme ao inferno. 357 00:27:14,090 --> 00:27:17,510 Vin humanos masacrarse, 358 00:27:17,594 --> 00:27:19,971 destruírse uns a outros sen pestanexar, 359 00:27:20,055 --> 00:27:22,932 todo en nome do progreso. 360 00:27:24,601 --> 00:27:26,144 E que cambiou? 361 00:27:26,686 --> 00:27:32,067 Seguimos a destruír os demais e o mundo que nos rodea. 362 00:27:32,150 --> 00:27:35,028 Non podemos salvarnos. 363 00:27:35,862 --> 00:27:38,782 Mais non estamos sós. 364 00:27:39,658 --> 00:27:41,242 A catro anos luz, 365 00:27:41,326 --> 00:27:46,498 os San-Ti obraron milagres que nós non podemos nin imaxinar, 366 00:27:46,581 --> 00:27:49,876 malia o caos que asola o seu mundo. 367 00:27:50,627 --> 00:27:55,882 E agora veñen para compartiren con nós o que saben, 368 00:27:55,965 --> 00:28:00,053 para aprendernos a sobrevivir e progresar. 369 00:28:00,553 --> 00:28:06,768 Viaxan a velocidades vertixinosas, mais tardarán séculos en chegar. 370 00:28:06,851 --> 00:28:08,561 Catro séculos. 371 00:28:08,645 --> 00:28:10,146 Catro séculos? 372 00:28:10,647 --> 00:28:11,731 O espazo é enorme. 373 00:28:11,815 --> 00:28:14,234 ...e a historia depende de nós, 374 00:28:14,317 --> 00:28:18,238 dos nosos fillos e dos seus fillos despois. 375 00:28:18,321 --> 00:28:21,408 Debemos preparar o mundo para a súa chegada 376 00:28:21,491 --> 00:28:24,786 e preparar os nosos descendentes para os acolleren. 377 00:28:31,292 --> 00:28:33,545 Creo que chegaron todos os convidados. 378 00:28:33,628 --> 00:28:35,213 Douvos as grazas. 379 00:28:36,172 --> 00:28:40,385 O meu socio neste movemento, Mike Evans, dávos as grazas. 380 00:28:40,468 --> 00:28:44,013 E o noso Señor, os San-Ti, dávos as grazas. 381 00:28:45,807 --> 00:28:49,602 Entregarémoslles o noso mundo como obsequio 382 00:28:49,686 --> 00:28:53,022 para que fagan con el o que nós non puidemos, 383 00:28:53,106 --> 00:28:56,651 para que emenden o que nós... 384 00:28:58,653 --> 00:28:59,738 Ao chan! 385 00:29:00,905 --> 00:29:02,115 Movédevos! 386 00:29:05,326 --> 00:29:06,411 Abaixo! 387 00:29:06,494 --> 00:29:07,537 Abaixo! 388 00:29:08,079 --> 00:29:08,955 Abaixo! 389 00:29:16,379 --> 00:29:17,464 Quietos! 390 00:29:18,923 --> 00:29:20,550 Non vos resistades. 391 00:29:22,427 --> 00:29:26,890 Se isto está a pasar, é o desexo do noso Señor. 392 00:29:28,224 --> 00:29:29,142 Por favor. 393 00:29:29,225 --> 00:29:30,268 Sentade. 394 00:29:44,324 --> 00:29:46,993 O noso Señor protéxenos dos nosos inimigos. 395 00:30:09,766 --> 00:30:11,726 Vamos, sacámoste de aquí. 396 00:31:01,734 --> 00:31:03,361 Vamos. 397 00:31:39,314 --> 00:31:40,398 Estás ben? 398 00:31:46,446 --> 00:31:47,530 Como estás? 399 00:31:48,823 --> 00:31:51,868 Ímoste levar a algures seguro. A Auggie tamén. 400 00:31:52,410 --> 00:31:54,454 Até termos máis información. 401 00:31:55,038 --> 00:31:57,957 Tes sorte, teño mala puntaría. 402 00:33:04,023 --> 00:33:06,109 CONTOS DE FADAS 403 00:33:12,198 --> 00:33:14,951 QUERIDO WILL, PARABÉNS AO MELLOR DE TODOS! 404 00:33:15,034 --> 00:33:18,830 QUE VIVAMOS HISTORIAS MÁIS FELICES. CON CARIÑO, JIN 10-6-15 405 00:33:43,521 --> 00:33:44,397 Diga? 406 00:33:44,897 --> 00:33:45,815 Ola. 407 00:33:47,066 --> 00:33:48,067 Ola. 408 00:33:50,028 --> 00:33:53,239 Só era para saber que tal estabas. 409 00:33:55,074 --> 00:33:56,075 Si, estou... 410 00:33:57,618 --> 00:33:58,619 ben. 411 00:33:59,954 --> 00:34:05,835 Estaba pensando que despois do funeral de Jack igual podiamos tomar un descanso. 412 00:34:07,545 --> 00:34:12,133 Aluguei unha casiña na praia, 413 00:34:12,216 --> 00:34:14,093 en Seven Sisters. 414 00:34:14,177 --> 00:34:17,930 Non sei se che apetecerá pasar o tempo observando o canal, pero... 415 00:34:18,014 --> 00:34:19,265 Soa ben. 416 00:34:20,975 --> 00:34:22,685 Vou invitar a Saul e Auggie. 417 00:34:23,895 --> 00:34:25,855 E Raj, claro. 418 00:34:27,190 --> 00:34:29,400 Igual deberiamos ser só nós. 419 00:34:30,401 --> 00:34:32,236 Igualmente, volveu para a base. 420 00:34:34,322 --> 00:34:37,492 Auggie podería prepararnos os seus famosos cócteles. 421 00:34:38,367 --> 00:34:40,078 Podemos bebelos na praia. 422 00:34:40,161 --> 00:34:42,371 Disque se ve Francia nos días claros. 423 00:34:45,333 --> 00:34:46,918 Vas conducindo? 424 00:34:49,712 --> 00:34:50,713 Vou. 425 00:34:52,048 --> 00:34:53,049 A onde? 426 00:34:55,426 --> 00:34:57,595 Non o sei. 427 00:34:58,971 --> 00:35:00,473 A algures seguro. 428 00:35:02,725 --> 00:35:03,726 Que pasa? 429 00:35:05,019 --> 00:35:07,313 Nada, de verdade, estou ben. 430 00:35:07,396 --> 00:35:10,274 Jin, onde estás? Vou aí e recóllote. 431 00:35:14,070 --> 00:35:15,905 Teño que che contar algo. 432 00:35:17,490 --> 00:35:20,701 Algo tolo de collóns, pero certo. 433 00:35:21,702 --> 00:35:22,912 Jin, que pasa? 434 00:35:22,995 --> 00:35:24,497 Ti escoita, si? 435 00:35:25,248 --> 00:35:29,127 É sobre nós. Ti e mais eu e Jack. 436 00:35:30,378 --> 00:35:31,379 Sobre todos nós. 437 00:35:35,967 --> 00:35:37,760 Comezou hai moito. 438 00:35:39,762 --> 00:35:41,347 Antes de nacermos. 439 00:35:44,559 --> 00:35:50,064 {\an8}OCÉANO ATLÁNTICO NORTE, 1984 440 00:36:01,450 --> 00:36:02,535 Que che parece? 441 00:36:04,912 --> 00:36:07,373 É coma ver un amigo de toda a vida. 442 00:36:12,378 --> 00:36:15,214 Despexade o heliporto. 443 00:36:16,090 --> 00:36:17,550 Aterrando. 444 00:36:18,467 --> 00:36:21,095 {\an8}Despexade o heliporto de inmediato. 445 00:36:42,992 --> 00:36:44,619 Coidado co chanzo. 446 00:36:44,702 --> 00:36:46,287 Aquí, señor. 447 00:36:46,370 --> 00:36:47,830 Coidado. 448 00:36:54,962 --> 00:36:57,048 Esta vez será distinto. 449 00:36:58,257 --> 00:37:00,009 Unha base de noso. 450 00:37:02,845 --> 00:37:03,971 Por que aquí? 451 00:37:05,598 --> 00:37:07,350 Nin fronteiras nin política. 452 00:37:08,809 --> 00:37:10,144 Nin interferencias. 453 00:37:18,069 --> 00:37:19,695 O centro de transmisión. 454 00:37:25,201 --> 00:37:28,412 A última vez levoume oito anos recibir resposta. 455 00:37:29,121 --> 00:37:30,456 Igual hai que esperar. 456 00:37:31,123 --> 00:37:33,751 Desde daquela tentan comunicarse contigo. 457 00:37:33,834 --> 00:37:34,752 Que? 458 00:37:34,835 --> 00:37:36,963 Desde que recibiron a túa mensaxe. 459 00:37:37,046 --> 00:37:39,840 Marchaches antes de que puidesen responder. 460 00:37:43,678 --> 00:37:45,554 Es moi importante para eles. 461 00:37:46,347 --> 00:37:48,140 Queren saber máis de nós 462 00:37:48,224 --> 00:37:50,726 e queren falarnos deles. 463 00:37:51,435 --> 00:37:53,145 Foi hai tanto. 464 00:37:56,607 --> 00:37:58,859 Ás veces dubido se pasou de verdade. 465 00:38:00,778 --> 00:38:01,737 É de verdade. 466 00:38:04,490 --> 00:38:05,491 Están de camiño. 467 00:38:09,287 --> 00:38:11,330 Déchesnos esperanza. 468 00:38:52,246 --> 00:38:53,622 Sabemos do barco. 469 00:39:01,255 --> 00:39:03,090 Que hai no Xuízo Final? 470 00:39:03,674 --> 00:39:05,009 Por que é importante? 471 00:39:05,092 --> 00:39:09,180 Se es tan torpe como fostes no cumio, nunca o saberás. 472 00:39:09,263 --> 00:39:10,598 Collémoste, non si? 473 00:39:10,681 --> 00:39:12,516 E por que pensas que é? 474 00:39:13,100 --> 00:39:15,519 Colléstesme porque vos deixaron. 475 00:39:16,520 --> 00:39:21,317 Visto o número de vítimas do voso bando, non diría que nos deixastes facer nada. 476 00:39:21,400 --> 00:39:22,943 Nós non. 477 00:39:23,027 --> 00:39:24,236 Eles. 478 00:39:26,364 --> 00:39:29,450 Non imaxinas do que son capaces. 479 00:39:29,533 --> 00:39:33,788 Cres que si, pero non. 480 00:39:34,955 --> 00:39:36,791 Están de camiño. 481 00:39:38,209 --> 00:39:40,920 E non podes facer nada para detelos. 482 00:39:43,547 --> 00:39:45,216 E, cando cheguen... 483 00:39:49,053 --> 00:39:51,555 estarás moi agradecido. 484 00:41:45,169 --> 00:41:50,174 Subtítulos: Jeiry Castellano