1 00:00:07,674 --> 00:00:09,259 Continúa o pánico no mundo 2 00:00:09,342 --> 00:00:12,178 {\an8}após a aparición do denominado "ollo no ceo". 3 00:00:12,262 --> 00:00:16,391 {\an8}Millóns toman as rúas ao coñecerse que unha raza extraterrestre, 4 00:00:16,474 --> 00:00:18,685 {\an8}chamada San-Ti, vén cara á Terra. 5 00:00:18,768 --> 00:00:20,895 Moitos países despregaron o exército 6 00:00:20,979 --> 00:00:23,231 para tratar de frear os disturbios. 7 00:00:23,314 --> 00:00:27,569 Malia a certeza de que tardarán 400 anos en chegar á Terra... 8 00:00:31,948 --> 00:00:35,285 {\an8}A secretaria xeral Joseph tamén afirmou que a sesión... 9 00:00:35,368 --> 00:00:38,830 {\an8}A humanidade sobrevivirá a esta crise, 10 00:00:38,913 --> 00:00:41,583 {\an8}como sobrevivimos ás anteriores. 11 00:00:41,666 --> 00:00:44,419 {\an8}Interior non confirma nin desmente 12 00:00:44,502 --> 00:00:49,299 a creación dunha axencia multinacional dedicada á defensa global. 13 00:00:49,382 --> 00:00:50,633 Non somos insectos! 14 00:00:50,717 --> 00:00:53,053 A cifra de mortos vai en aumento... 15 00:00:53,136 --> 00:00:56,556 O primeiro ministro chama á calma e a permanecer vixiantes. 16 00:00:57,849 --> 00:01:00,018 O lume volve apoderarse de Londres. 17 00:01:00,101 --> 00:01:04,564 Continúan os disturbios polo anuncio de que unha raza extraterrestre... 18 00:01:04,647 --> 00:01:08,068 O primeiro ministro chama á calma e a permanecer vixiantes. 19 00:01:08,151 --> 00:01:10,737 No seu discurso televisado de hoxe 20 00:01:10,820 --> 00:01:15,492 reiterou que os San-Ti non chegarán até dentro de 400 anos. 21 00:01:18,203 --> 00:01:22,457 Impuxéronse toques de queda nas principais zonas urbanas dos EUA. 22 00:01:24,876 --> 00:01:28,505 Temos de comezar xa os preparativos para as futuras xeracións. 23 00:01:28,588 --> 00:01:33,426 Estrelas, o Noso Destino pretende recadar fondos para a defensa planetaria. 24 00:01:33,510 --> 00:01:35,345 Sen cartos non se fai nada. 25 00:01:35,428 --> 00:01:39,557 Facemos o posible para protexermos o noso planeta. 26 00:01:39,641 --> 00:01:41,392 Estrelas, o Noso Destino. 27 00:01:41,476 --> 00:01:43,728 NON SOMOS INSECTOS 28 00:01:43,812 --> 00:01:48,817 Non todos temen a chegada dos San-Ti. Algúns reciben a... 29 00:01:48,900 --> 00:01:52,862 Xurdiron seitas relixiosas que renden culto aos San-Ti. 30 00:01:52,946 --> 00:01:56,449 Consideran os extraterrestres salvadores e non agresores. 31 00:01:56,533 --> 00:02:00,161 As forzas de seguridade non determinaron se son perigosas, 32 00:02:00,245 --> 00:02:01,162 mais controlan... 33 00:02:01,246 --> 00:02:04,165 Moitos recibiron a noticia con desesperación. 34 00:02:04,249 --> 00:02:07,377 Sanidade declarou unha emerxencia de saúde mental 35 00:02:07,460 --> 00:02:10,797 e, con 400 anos por diante até a chegada dos San-Ti, 36 00:02:10,880 --> 00:02:13,216 a crise semella lonxe de rematar. 37 00:02:48,168 --> 00:02:50,545 Igual te anima unha amiga de vello. 38 00:02:52,755 --> 00:02:56,134 Non abre a boca desde que o Señor nos chamou insectos. 39 00:02:59,137 --> 00:03:01,514 Veña, déixovos. 40 00:03:02,182 --> 00:03:04,184 Avisa se precisas algo. 41 00:03:25,955 --> 00:03:26,998 Tes sorte. 42 00:03:28,166 --> 00:03:30,210 Sen fiestras nin pantallas. 43 00:03:32,712 --> 00:03:34,547 Que cres que está pasando? 44 00:03:38,760 --> 00:03:40,220 Están todos aterrados. 45 00:03:42,013 --> 00:03:43,848 A xente suicídase. 46 00:03:45,850 --> 00:03:47,268 Moitos seguidores teus. 47 00:03:48,895 --> 00:03:50,688 Guiáchelos ao inferno. 48 00:03:55,985 --> 00:03:58,988 Por que tiña que morrer Vera? 49 00:04:02,367 --> 00:04:05,828 Aprendeume a pensar como científica. Deume un propósito. 50 00:04:07,705 --> 00:04:10,250 A túa filla, por que tiña que morrer? 51 00:04:14,379 --> 00:04:15,964 Ordenaches matar a Jack? 52 00:04:18,716 --> 00:04:22,220 Era intelixente, leal e divertido, e mandaches matalo. 53 00:04:23,179 --> 00:04:24,180 Para que? 54 00:04:26,140 --> 00:04:29,644 Non quedes aí a fitarme. Dime por que! 55 00:04:43,449 --> 00:04:49,289 No palco onde mataron o meu pai, había un póster. 56 00:04:50,456 --> 00:04:53,376 Aquel ano vino por todo Pequín. 57 00:04:53,459 --> 00:04:59,048 Un home que esnaquizaba cun martelo a Buda, a Xesús 58 00:04:59,132 --> 00:05:00,800 e un disco de rock. 59 00:05:02,302 --> 00:05:08,850 O slogan dicía: "Esnaquiza o vello mundo, forxa un novo." 60 00:05:10,560 --> 00:05:14,063 É o único no que concordaba coa Garda Vermella. 61 00:05:15,648 --> 00:05:17,358 Forxar un mundo novo. 62 00:05:17,859 --> 00:05:20,069 É o que cres que estás a facer? 63 00:05:21,946 --> 00:05:23,906 Traizoaches a todos os que viven 64 00:05:23,990 --> 00:05:27,076 e a todos os que vivirán, e para que? 65 00:05:27,994 --> 00:05:31,497 Para que nos maten extraterrestres que nos chaman insectos? 66 00:05:31,581 --> 00:05:33,666 Para que nos salven. 67 00:05:35,501 --> 00:05:37,587 Non viches o ollo no ceo? 68 00:05:38,463 --> 00:05:41,007 De verdade cres que aínda tentan salvarnos? 69 00:05:45,970 --> 00:05:46,846 Non. 70 00:05:49,098 --> 00:05:51,100 Descubriron a verdade sobre nós. 71 00:05:52,060 --> 00:05:54,854 Mentimos. Enganamos. 72 00:05:55,521 --> 00:05:59,359 Temos unha escuridade que non poden comprender. 73 00:06:01,652 --> 00:06:04,530 Somos perigosos de máis para coexistir con nós. 74 00:06:04,614 --> 00:06:07,867 E non pensaches nunca que o arriscabas todo? 75 00:06:07,950 --> 00:06:11,704 Ao convidares unha especie superior a conquistar o noso mundo? 76 00:06:13,664 --> 00:06:15,541 Estaba disposta a arriscalo. 77 00:06:15,625 --> 00:06:17,627 Vin o camiño polo que iamos. 78 00:06:17,710 --> 00:06:20,588 - Vin a onde... - Eu, eu, eu... 79 00:06:20,671 --> 00:06:23,383 Quen che deu dereito a decidires por todos nós? 80 00:06:29,138 --> 00:06:32,350 Vera sempre dicía que eras unha física excelente, 81 00:06:32,433 --> 00:06:34,477 mais non serás recordada por iso. 82 00:06:35,603 --> 00:06:36,896 Es unha traidora. 83 00:06:39,315 --> 00:06:42,652 E por que te recordarán a ti, Jin Cheng? 84 00:06:45,988 --> 00:06:47,657 Por loitar para defendernos. 85 00:07:16,269 --> 00:07:19,397 A defensa da humanidade farase desde aquí, 86 00:07:19,480 --> 00:07:23,734 lonxe de disturbios urbanos, devotos dos extraterrestres e seitas, 87 00:07:23,818 --> 00:07:27,655 onde poderemos planificar en paz a derrota dos San-Ti. 88 00:07:28,573 --> 00:07:32,910 Acomódense, gañadores dun Nobel e envexosos de merda que cren merecelo. 89 00:07:32,994 --> 00:07:35,204 Van quedar aquí un bo anaco. 90 00:07:35,288 --> 00:07:39,250 Malia o que unha deprimente maioría de neandertais parece crer, 91 00:07:39,917 --> 00:07:41,502 os San-Ti son reais. 92 00:07:42,170 --> 00:07:43,754 E declaráronnos a guerra. 93 00:07:43,838 --> 00:07:45,214 Eu planeo contraatacar. 94 00:07:45,298 --> 00:07:49,260 Se os seus sofóns ven e oen todo, non saberán os nosos plans? 95 00:07:49,343 --> 00:07:50,178 Que escoiten. 96 00:07:50,261 --> 00:07:53,222 - O que poden facer... - Non poden facelo todo. 97 00:07:53,306 --> 00:07:57,310 Non poden mentir, sabémolo polas transcricións de Evans. 98 00:07:57,393 --> 00:08:00,396 E só teñen dous sofóns, dixéronnolo eles. 99 00:08:00,480 --> 00:08:01,397 Só? 100 00:08:01,481 --> 00:08:04,901 Só dous superordenadores omniscientes do tamaño dun protón? 101 00:08:04,984 --> 00:08:06,903 Leváronlles millóns de anos. 102 00:08:06,986 --> 00:08:09,739 A súa tecnoloxía avanza devagar, a nosa rápido. 103 00:08:09,822 --> 00:08:11,908 Por iso atacan a nosa ciencia. 104 00:08:11,991 --> 00:08:13,242 Que acaben con todo. 105 00:08:13,326 --> 00:08:16,412 Sabotaron as nosas investigacións. Como recuperamos? 106 00:08:16,496 --> 00:08:19,916 Seguimos desenvolvendo a tecnoloxía que temos, 107 00:08:19,999 --> 00:08:22,543 pero cómprenos descubrir como fan as cousas. 108 00:08:22,627 --> 00:08:23,920 Aprendamos da fonte. 109 00:08:24,003 --> 00:08:25,338 Quere que os espiemos? 110 00:08:25,922 --> 00:08:29,175 - Quere construír un telescopio. - Iso déixollo á NASA. 111 00:08:29,675 --> 00:08:32,053 Interceptarémolos cunha sonda. 112 00:08:33,763 --> 00:08:36,307 Enviaron sofóns á Terra para nos estudar. 113 00:08:36,390 --> 00:08:38,142 Imos facer o mesmo con eles. 114 00:08:38,226 --> 00:08:41,812 Canto de grandes son as súas naves? Que debilidades teñen? 115 00:08:42,396 --> 00:08:45,233 Cómpre coñecer o inimigo para loitar contra el. 116 00:08:45,316 --> 00:08:47,860 Mesmo se lanzásemos unha sonda mañá... 117 00:08:47,944 --> 00:08:50,029 Chegariamos en... 118 00:08:51,948 --> 00:08:53,824 398 anos. 119 00:08:54,659 --> 00:08:58,162 Van ao 1 % da velocidade da luz. Ese é o noso obxectivo. 120 00:09:00,957 --> 00:09:04,710 Se cadra dentro de cen anos é posible. 121 00:09:04,794 --> 00:09:08,589 Mais lanzar a sonda decontado é imposible. 122 00:09:08,673 --> 00:09:09,507 Non tal. 123 00:09:09,590 --> 00:09:11,592 Eles fixérono, por que nós non? 124 00:09:12,260 --> 00:09:13,219 Non somos eles. 125 00:09:15,763 --> 00:09:16,764 Non son, non. 126 00:09:18,391 --> 00:09:21,394 Seica planeas defenderte. Eu tamén. 127 00:09:21,936 --> 00:09:26,148 Só hai dous sofóns, poden estar en calquera sitio, mais non en todos. 128 00:09:26,232 --> 00:09:30,611 Ordenei que todos os aceleradores do mundo estean sempre activos. 129 00:09:30,695 --> 00:09:34,031 Canto traballo cres que lles darán a mai e pai sofón? 130 00:09:34,115 --> 00:09:35,157 Non moito. 131 00:09:35,241 --> 00:09:38,494 Poden dar unha volta á Terra nun oitavo de segundo. 132 00:09:38,578 --> 00:09:39,912 Hai 2000 aceleradores. 133 00:09:41,205 --> 00:09:46,002 Se coordinamos os experimentos en lugares opostos a intervalos regulares, 134 00:09:46,085 --> 00:09:48,337 teremos un ocupado indefinidamente. 135 00:09:49,005 --> 00:09:51,507 - Mellor, construímos un na Lúa. - Na Lúa? 136 00:09:51,591 --> 00:09:53,843 Ida e volta son tres segundos. 137 00:09:54,427 --> 00:09:58,097 O outro aínda pode volvelos tolos a todos coa súa conta atrás. 138 00:09:58,180 --> 00:10:01,475 Ao centrarse nun albo, o outro estaría sempre ocupado. 139 00:10:01,559 --> 00:10:03,102 Tería un custo enorme. 140 00:10:03,185 --> 00:10:06,188 Viches? Xa estás a traballar para min. 141 00:10:08,232 --> 00:10:11,569 Vou lanzar unha sonda para interceptar os San-Ti. 142 00:10:11,652 --> 00:10:14,113 Teño os mellores enxeñeiros do mundo, 143 00:10:14,196 --> 00:10:16,115 pero só pensan na viabilidade. 144 00:10:16,198 --> 00:10:18,200 "Todo é limitado. Nada é posible." 145 00:10:18,951 --> 00:10:20,661 Propóñoche un reto. 146 00:10:20,745 --> 00:10:23,748 Crea unha sonda que acade o 1 % da velocidade da luz 147 00:10:23,831 --> 00:10:25,333 coa tecnoloxía actual. 148 00:10:26,542 --> 00:10:30,546 Se dás coa solución, vés presentala a Wychwood Manor. 149 00:10:40,931 --> 00:10:42,433 - Queres? - Estou ben. 150 00:10:42,516 --> 00:10:45,227 Seguro? É bo para a dor. 151 00:10:45,311 --> 00:10:46,896 Arestora non estou mal. 152 00:10:48,648 --> 00:10:50,983 Non vaias de duro comigo, inglesiño. 153 00:10:51,984 --> 00:10:55,738 Cando me toque a min cucar, vou chorar coma un bebé. 154 00:10:56,739 --> 00:10:59,992 Sabes que? De cando en vez, non me doe o corpo. 155 00:11:00,910 --> 00:11:04,997 Así podo centrarme no puro terror de collóns que sinto. 156 00:11:12,213 --> 00:11:15,675 Non é que comezase a crer en Deus, 157 00:11:15,758 --> 00:11:19,929 mais si que me imaxino alá arriba cando todo acabe. 158 00:11:22,431 --> 00:11:25,851 Á merda, isto é o que quero que fagas. 159 00:11:25,935 --> 00:11:28,020 Mercas unha trituradora de madeira, 160 00:11:28,771 --> 00:11:32,983 bótasme dentro até tornarme en po miúdo para flotar até o ozono. 161 00:11:33,067 --> 00:11:35,111 Unha trituradora non pulveriza... 162 00:11:35,194 --> 00:11:37,238 Non vaias de listo, si? 163 00:11:37,321 --> 00:11:40,116 É a miña última vontade. Un respecto, hostia. 164 00:11:41,325 --> 00:11:42,368 Así será. 165 00:11:42,993 --> 00:11:43,911 Ola, meus. 166 00:11:44,704 --> 00:11:45,705 Ola. 167 00:11:48,499 --> 00:11:49,500 Ola. 168 00:12:02,888 --> 00:12:03,806 Estás ben? 169 00:12:08,978 --> 00:12:09,979 Estou. 170 00:12:15,234 --> 00:12:17,319 Os ingleses non saben facer praias. 171 00:12:49,143 --> 00:12:52,313 Na dinastía Ming, construíuse un foguete de pólvora 172 00:12:52,396 --> 00:12:54,690 que contiña mísiles máis pequenos. 173 00:12:54,774 --> 00:12:58,402 Unha arma medieval que provocou danos propios do século XX. 174 00:12:58,486 --> 00:13:02,031 Existe un precedente para acadarmos resultados avanzados 175 00:13:02,114 --> 00:13:03,783 usando materiais actuais. 176 00:13:07,578 --> 00:13:11,040 Cómpre moita enerxía para que unha sonda duns quilos 177 00:13:11,123 --> 00:13:13,125 acade o 1 % da velocidade da luz. 178 00:13:13,209 --> 00:13:16,504 Porén, temos a fonte desa enerxía 179 00:13:18,631 --> 00:13:20,925 Pretendo usar armas nucleares. 180 00:13:22,134 --> 00:13:24,470 Unha nave chea de bombas atómicas? 181 00:13:24,553 --> 00:13:27,264 Non vería demasiados filmes de Vin Diesel? 182 00:13:27,348 --> 00:13:31,268 A nave tería tal masa que sería imposible de lanzar. 183 00:13:31,352 --> 00:13:32,645 Certo. 184 00:13:32,728 --> 00:13:36,482 Mais na páxina cinco veredes que as bombas non van na sonda. 185 00:13:36,565 --> 00:13:41,028 A sonda tería unha masa mínima para que sexa doado acelerar. 186 00:13:42,363 --> 00:13:44,907 E como vai funcionar? 187 00:13:45,491 --> 00:13:46,575 Está na páxina 12. 188 00:13:49,078 --> 00:13:52,581 Collín unha idea de 1940 de Stanislav Ulam, 189 00:13:52,665 --> 00:13:54,667 a propulsión nuclear de pulso. 190 00:14:03,884 --> 00:14:07,888 Mil dispositivos nucleares en liña a intervalos regulares 191 00:14:07,972 --> 00:14:11,267 desde a Terra até a frota dos San-Ti. 192 00:14:11,350 --> 00:14:15,396 As naves actuais poderían colocar estas bombas. 193 00:14:15,479 --> 00:14:18,858 A masa da sonda non superaría os mil quilos 194 00:14:19,775 --> 00:14:22,319 e impulsaríaa unha vela de radiación. 195 00:14:25,155 --> 00:14:27,700 A primeira bomba detónase ao pasar a sonda, 196 00:14:27,783 --> 00:14:29,743 que se acelera cara á segunda, 197 00:14:29,827 --> 00:14:34,498 que detona, acelerando a sonda unha e outra vez. 198 00:14:34,582 --> 00:14:38,002 Se coordinamos as detonacións co paso da sonda 199 00:14:38,085 --> 00:14:41,755 e lle transmitimos a esta 30 quilonewtons por explosión, 200 00:14:41,839 --> 00:14:44,466 a aceleración acumulada permitiríanos acadar 201 00:14:44,550 --> 00:14:48,095 o 1,12 % da velocidade da luz após mil explosións. 202 00:14:49,805 --> 00:14:53,976 Como os chanzos dunha escaleira, cada bomba achéganos ao destino. 203 00:15:00,149 --> 00:15:01,442 Unha idea creativa, 204 00:15:01,525 --> 00:15:04,111 pero non se probou e non hai marxe de erro. 205 00:15:04,194 --> 00:15:07,197 E certamente infrinxiría varios tratados nucleares... 206 00:15:07,281 --> 00:15:09,658 Sen mencionar o custo. Billóns? 207 00:15:09,742 --> 00:15:11,869 Argumentos válidos. Doutora Cheng? 208 00:15:13,954 --> 00:15:15,539 Os tratados modifícanse. 209 00:15:15,623 --> 00:15:18,626 Nós buscamos a solución a un problema científico. 210 00:15:18,709 --> 00:15:20,711 Outros conseguirán os cartos, 211 00:15:20,794 --> 00:15:23,923 e cómpren moitos cartos para calquera versión disto. 212 00:15:24,506 --> 00:15:27,009 Concordo, a marxe de erro é pequena. 213 00:15:27,635 --> 00:15:29,303 Mais non é imposible. 214 00:15:29,386 --> 00:15:32,973 Doutora Cheng, felicítoa por esta entretida proposta. 215 00:15:33,641 --> 00:15:36,560 Mais só acadaremos o 1% da velocidade da luz 216 00:15:36,644 --> 00:15:38,312 con anos de investigación, 217 00:15:38,395 --> 00:15:40,439 non con trucos pirotécnicos. 218 00:15:40,522 --> 00:15:43,275 Quedan 400 anos, señor Wade. 219 00:15:43,359 --> 00:15:45,027 Que son varias décadas? 220 00:15:48,280 --> 00:15:49,990 Paga a pena tentalo. 221 00:15:50,616 --> 00:15:53,577 Canto máis nos acheguemos, máis saberemos deles. 222 00:15:54,161 --> 00:15:57,206 Non hai máis propostas para acadar o 1 % nesta vida 223 00:15:57,289 --> 00:16:01,502 e non penso morrer deixando unha axencia que non fixo unha merda. 224 00:16:14,014 --> 00:16:15,349 Vamos buscar despacho. 225 00:16:24,858 --> 00:16:28,195 - Un grupo de científicos... - Faltan 400 anos. 226 00:16:28,278 --> 00:16:31,031 É moito tempo para amorear galletas. 227 00:16:31,907 --> 00:16:33,534 Toleamos. 228 00:16:33,617 --> 00:16:37,705 Mentres, unha iniciativa ambiciosa, Estrelas, o Noso Destino, 229 00:16:37,788 --> 00:16:41,834 está a atraer a atención dos individuos máis ricos do mundo. 230 00:16:41,917 --> 00:16:45,212 Por unha doazón de oito a nove cifras, 231 00:16:45,295 --> 00:16:48,757 as persoas máis ricas adquiren dereitos de propiedade 232 00:16:48,841 --> 00:16:52,636 das estrelas da Vía Láctea, dereitos que a maioría... 233 00:16:52,720 --> 00:16:54,013 Non o pillo. 234 00:16:54,596 --> 00:16:57,099 Recadan fondos para a guerra. 235 00:16:58,308 --> 00:16:59,560 Unha feira benéfica. 236 00:17:00,144 --> 00:17:04,565 Doan para pillarmos os homiños verdes que puxeron un ollo enorme no ceo? 237 00:17:04,648 --> 00:17:05,774 Ao menos fan algo. 238 00:17:06,400 --> 00:17:09,069 Algúns adoran os extraterrestres, xa ves. 239 00:17:09,820 --> 00:17:11,947 Deberiamos axudar a xente agora 240 00:17:12,823 --> 00:17:15,409 e non financiar unha guerra no 2400. 241 00:17:15,909 --> 00:17:17,995 Pero a historia é boa, non si? 242 00:17:18,078 --> 00:17:20,998 Moito mellor imaxinar A guerra dos mundos futura 243 00:17:21,081 --> 00:17:23,709 que perder o tempo cos problemas actuais. 244 00:17:25,753 --> 00:17:27,921 Só quero unha cervexa, calquera. 245 00:17:28,005 --> 00:17:31,258 Proba á noitiña no bar, mais terás que loitar por ela. 246 00:17:31,842 --> 00:17:36,847 Podo reservar cinco botellas da próxima remesa do mellor whisky? 247 00:17:36,930 --> 00:17:38,307 Tiñas algún pensado? 248 00:17:40,934 --> 00:17:42,269 Macallan 30? 249 00:17:42,352 --> 00:17:43,270 Éche caro. 250 00:17:45,439 --> 00:17:47,191 Caéronme uns cartos do ceo. 251 00:17:47,274 --> 00:17:49,985 ...a Axencia de Intelixencia Estratéxica. 252 00:17:50,069 --> 00:17:52,654 Non dispoñible até finais de ano. Sérveche? 253 00:17:54,156 --> 00:17:56,241 Daquela non estarei dispoñible eu. 254 00:18:00,788 --> 00:18:01,914 Adiante. 255 00:18:14,134 --> 00:18:15,761 Querías falar comigo. 256 00:18:16,345 --> 00:18:17,554 Tes tres minutos. 257 00:18:18,847 --> 00:18:19,848 Si, señor. 258 00:18:20,641 --> 00:18:22,142 Grazas por atenderme. 259 00:18:22,893 --> 00:18:25,729 - Pensaba... - Abre a fiestra, o aire está cargado. 260 00:18:52,005 --> 00:18:54,133 Esta xa a coñezo. 261 00:18:55,134 --> 00:18:56,927 A fiestra está selada. 262 00:18:57,010 --> 00:19:01,515 Pídeme que a abra para ver como reacciono ante unha tarefa imposible. 263 00:19:01,598 --> 00:19:04,351 Doume por vencido? Axúdome de algo? 264 00:19:04,434 --> 00:19:05,811 Rompo a fiestra? 265 00:19:14,778 --> 00:19:15,779 Dous minutos. 266 00:19:16,780 --> 00:19:17,781 Si, señor. 267 00:19:23,120 --> 00:19:25,956 Pensaba que o fixera ben en Panamá. 268 00:19:26,540 --> 00:19:30,169 Queres unha medalla? Igual deberías volver para a mariña. 269 00:19:30,252 --> 00:19:32,254 Navegares en círculos cun puchiño. 270 00:19:32,337 --> 00:19:35,132 Non quero volver. Quero traballar para vostede. 271 00:19:35,215 --> 00:19:38,051 Alguén con experiencia en enxeñaría nuclear 272 00:19:38,135 --> 00:19:40,971 e estratexia naval debe estar no equipo espacial, 273 00:19:41,054 --> 00:19:44,266 non facendo de administrativo nin abrindo fiestras. 274 00:19:45,601 --> 00:19:47,186 Que equipo espacial? 275 00:19:47,853 --> 00:19:50,606 O que deseñará as naves. Hai un mes que o ten. 276 00:19:50,689 --> 00:19:53,108 - Non tes acceso a esa información. - Xa. 277 00:19:53,192 --> 00:19:55,569 - Desde cando o sabes? - Dúas semanas. 278 00:19:56,153 --> 00:19:57,988 Daquela vés dúas semanas tarde. 279 00:19:58,780 --> 00:19:59,907 Non quería pasarme. 280 00:19:59,990 --> 00:20:02,242 Se non querías tal, que fas aquí? 281 00:20:02,326 --> 00:20:03,869 Métame no equipo espacial. 282 00:20:03,952 --> 00:20:05,245 Feito. 283 00:20:07,456 --> 00:20:08,457 Grazas, 284 00:20:09,333 --> 00:20:10,250 señor. 285 00:20:10,334 --> 00:20:12,211 Vas adorar Mare Imbrium. 286 00:20:14,880 --> 00:20:16,089 Mare Imbrium? 287 00:20:17,966 --> 00:20:19,176 Na Lúa? 288 00:20:19,760 --> 00:20:23,096 Imos construír unha base alá para montar as naves. 289 00:20:23,180 --> 00:20:25,599 Menos gravidade, naves máis grandes. 290 00:20:25,682 --> 00:20:28,268 Perigoso, pero darache as túas medallas, 291 00:20:28,352 --> 00:20:29,645 se sobrevives. 292 00:20:30,896 --> 00:20:32,814 Pecha a fiestra ao saíres. 293 00:20:41,949 --> 00:20:42,908 Ola. 294 00:20:47,204 --> 00:20:48,664 Menos mal. 295 00:20:53,794 --> 00:20:54,836 Como está? 296 00:20:57,923 --> 00:20:59,758 Alégrame que xa non me ignores. 297 00:21:00,425 --> 00:21:02,261 Non me contaches onde estabas. 298 00:21:02,761 --> 00:21:04,388 Raj non cho dixo? 299 00:21:04,471 --> 00:21:05,639 Raj? 300 00:21:06,515 --> 00:21:08,725 - Estabas con el? - Ai, chegaches! 301 00:21:09,768 --> 00:21:10,769 Ola. 302 00:21:12,688 --> 00:21:14,523 E trouxeches a túa comida. 303 00:21:15,857 --> 00:21:20,279 É un regaliño para cando che dea preguiza ollar para o océano. 304 00:21:21,863 --> 00:21:23,782 Xa adoro este pequerrecho. 305 00:21:25,659 --> 00:21:30,914 Quen escribira O conto do pescantín e o peixiño? 306 00:21:32,124 --> 00:21:33,375 Pushkin, creo. 307 00:21:33,458 --> 00:21:35,836 Iso, Pushkin. 308 00:21:35,919 --> 00:21:37,296 Vouche chamar así. 309 00:21:38,046 --> 00:21:39,131 Pushkin. 310 00:21:39,965 --> 00:21:41,383 Quédache ben. 311 00:21:47,931 --> 00:21:49,433 Grazas pola cea. 312 00:21:56,606 --> 00:21:58,525 Baixa o ritmo. 313 00:21:59,192 --> 00:22:02,279 É incrible que traballes para ese porco fascista. 314 00:22:02,362 --> 00:22:03,905 Xa sei a imaxe que dá. 315 00:22:05,866 --> 00:22:09,494 Mais é un loitador e, con todo o que me pasou, 316 00:22:09,578 --> 00:22:12,497 o que nos pasou, vou quedar de brazos cruzados? 317 00:22:12,581 --> 00:22:14,416 Parece que o admiras. 318 00:22:14,499 --> 00:22:17,127 Polo menos inténtao, a diferenza da maioría. 319 00:22:17,210 --> 00:22:18,503 É un asasino. 320 00:22:21,715 --> 00:22:23,717 Os San-Ti declaráronnos a guerra. 321 00:22:23,800 --> 00:22:25,719 O ollo no ceo era iso! 322 00:22:27,346 --> 00:22:31,224 Raj non che contou nada de Panamá? 323 00:22:33,352 --> 00:22:36,605 Mi madriña, pero ti coñeces o teu mozo? 324 00:22:38,982 --> 00:22:41,568 - Estás a me asustar. - Pregúntalle. 325 00:22:42,402 --> 00:22:44,571 A ver se che di a verdade. 326 00:22:45,906 --> 00:22:49,159 Vale, pero os San-Ti son reais e teño que facer algo... 327 00:22:49,242 --> 00:22:51,328 Están a 400 anos. 328 00:22:51,411 --> 00:22:54,915 A xente que coñeces e queres morrerá antes de chegaren eles. 329 00:22:54,998 --> 00:22:56,875 E os seus fillos, netos e... 330 00:22:56,958 --> 00:22:59,836 - Vas facer coma se nada? - Non tal. 331 00:23:13,392 --> 00:23:15,769 Que fas para ese cacho de merda? 332 00:23:18,855 --> 00:23:20,482 Preciso unha vela de radiación 333 00:23:20,565 --> 00:23:25,195 duns cinco quilómetros cadrados, mais cunha masa inferior a 50 kg. 334 00:23:26,446 --> 00:23:27,280 Non. 335 00:23:28,031 --> 00:23:32,327 Todo depende desa nanovela e es a única que pode deseñala. 336 00:23:32,411 --> 00:23:33,662 Dixen que non. 337 00:23:33,745 --> 00:23:36,957 Temos os mellores físicos e unha burrada de recursos! 338 00:23:37,040 --> 00:23:41,420 Cando lles demos recursos e físicos, eles déronnos Hiroshima. 339 00:23:41,503 --> 00:23:43,505 Non vou deseñar unha arma. 340 00:23:43,588 --> 00:23:44,589 Aínda non. 341 00:23:51,930 --> 00:23:52,931 Ola. 342 00:23:54,266 --> 00:23:55,308 Madrugaches. 343 00:23:55,892 --> 00:23:57,686 Sempre veño ao amencer. 344 00:24:13,869 --> 00:24:15,245 Podías contarmo. 345 00:24:18,665 --> 00:24:20,208 Non quería preocuparte. 346 00:24:21,460 --> 00:24:22,961 Que podías facer? 347 00:24:23,879 --> 00:24:27,340 Íame cabrear de verdade se chegas a... 348 00:24:30,886 --> 00:24:32,387 Se chegas a irte sen... 349 00:24:34,931 --> 00:24:36,224 sen contarmo. 350 00:24:45,525 --> 00:24:46,526 Oe. 351 00:24:49,404 --> 00:24:50,906 Queres que quede máis? 352 00:24:52,908 --> 00:24:54,826 Non o permitirei. 353 00:24:56,203 --> 00:25:02,125 Marcha e salva o mundo, eu estouche ben aquí. 354 00:25:45,043 --> 00:25:48,129 Imaxina que este es ti e que este son eu. 355 00:26:31,464 --> 00:26:32,465 Que tal, meu? 356 00:26:33,466 --> 00:26:34,467 Que tal? 357 00:26:37,220 --> 00:26:38,138 Aínda está Jin? 358 00:26:38,680 --> 00:26:41,224 Haberá 20 minutos que marchou. 359 00:26:42,142 --> 00:26:43,518 Como quedastes? 360 00:26:44,561 --> 00:26:45,854 Coma sempre. 361 00:26:45,937 --> 00:26:50,942 "Alégrome de verte. Vémonos pronto. Grazas por vires. Ven cando queiras." 362 00:26:53,528 --> 00:26:54,529 Nada máis? 363 00:26:56,072 --> 00:26:57,032 Como que? 364 00:26:57,532 --> 00:26:58,825 Manda carallo, tío! 365 00:26:58,908 --> 00:27:02,871 Pensaba que morrer faríate abrirte por unha vez. 366 00:27:03,371 --> 00:27:05,707 Foi unha despedida bonita, sen dramas. 367 00:27:05,790 --> 00:27:06,916 Para que estragala? 368 00:27:07,000 --> 00:27:09,544 Nunca vin ninguén tan namorado coma ti dela 369 00:27:09,628 --> 00:27:11,630 e vas levalo contigo á tumba? 370 00:27:11,713 --> 00:27:13,548 Trituradora, non o esquezas. 371 00:27:14,591 --> 00:27:17,260 Eu de ti contaríallo ao universo enteiro. 372 00:27:17,344 --> 00:27:20,430 Sabes cantas veces o imaxinei? 373 00:27:20,513 --> 00:27:21,598 Millóns. 374 00:27:21,681 --> 00:27:24,309 E para Jin sempre acaba sendo raro e inxusto, 375 00:27:24,392 --> 00:27:27,437 porque está claro que ela non sente o mesmo. 376 00:27:27,520 --> 00:27:29,731 - Se cadra, si. Como o sabes? - Vale. 377 00:27:29,814 --> 00:27:31,524 Poñamos que o fago, vale? 378 00:27:31,608 --> 00:27:36,363 Vou alá, axeónllome e compóñolle un puto soneto. 379 00:27:36,863 --> 00:27:40,241 Despois que? Que vai facer ela? Deixar o mozo? 380 00:27:40,325 --> 00:27:41,701 Que lle dean! 381 00:27:42,869 --> 00:27:45,997 Eu metíate nun tren a Londres 382 00:27:46,081 --> 00:27:49,626 para que dixeses a túa e o quitases de enriba. 383 00:27:49,709 --> 00:27:51,127 Que vai facer Will? 384 00:27:51,211 --> 00:27:53,338 Will non vai facer nada. 385 00:27:53,421 --> 00:27:56,091 É el quen quere mandar un moribundo a Londres 386 00:27:56,174 --> 00:27:59,886 para se declarar a unha moza e arruinar unha fermosa amizade. 387 00:28:00,804 --> 00:28:03,973 Pois si, iso é o que deberías facer. 388 00:28:05,433 --> 00:28:07,060 Ten mozo! 389 00:28:07,727 --> 00:28:08,728 Que lle dean. 390 00:29:00,572 --> 00:29:02,991 Era unha operación confidencial. 391 00:29:03,074 --> 00:29:04,617 Debo cumprir as normas. 392 00:29:04,701 --> 00:29:06,995 Agora teño a mesma autorización ca ti. 393 00:29:07,078 --> 00:29:09,414 Case non nos vemos. 394 00:29:09,497 --> 00:29:12,542 Cando querías que cho contase todo? 395 00:29:12,625 --> 00:29:16,337 Cando volviches de Panamá, dixeches que só foran manobras. 396 00:29:16,421 --> 00:29:17,464 Cumpría ordes. 397 00:29:17,547 --> 00:29:20,800 Como podes estar tranquilo sabendo que houbo mil mortos? 398 00:29:21,301 --> 00:29:23,803 Esa xente matou científicos. 399 00:29:23,887 --> 00:29:28,433 Eivaron a nosa investigación para que os San-Ti poidan matarnos. 400 00:29:30,435 --> 00:29:32,353 Asasinaron a Jack. 401 00:29:33,438 --> 00:29:35,273 Que farías ti no me lugar? 402 00:29:36,483 --> 00:29:39,444 O que me amola é que pareces cómodo co resultado. 403 00:29:39,527 --> 00:29:43,323 Ti sabes que o que fas para Wade é preparar unha guerra, non? 404 00:29:43,406 --> 00:29:47,786 Se non te sentes cómoda, non lideres unha misión de recoñecemento. 405 00:29:47,869 --> 00:29:51,456 Non me metas no mesmo saco. Non é comparable. 406 00:29:51,539 --> 00:29:54,709 Alguén ha de facer o traballo sucio por ti. 407 00:29:55,502 --> 00:29:57,045 E Auggie é inocente? 408 00:29:58,505 --> 00:30:01,591 - O corte foi das nanofibras. - E ben que lle pesa. 409 00:30:01,674 --> 00:30:04,511 Bebe todas as noites para durmir. 410 00:30:04,594 --> 00:30:08,723 Pasas o tempo no laboratorio ou cun ordenador e xa te cres superior, 411 00:30:09,432 --> 00:30:11,476 mais libramos a mesma guerra. 412 00:30:31,204 --> 00:30:32,747 Xa está. 413 00:30:32,831 --> 00:30:33,957 Vamos. 414 00:30:34,040 --> 00:30:35,875 Xa está, veña. Levanta. 415 00:30:35,959 --> 00:30:36,960 Vamos. 416 00:30:38,670 --> 00:30:41,589 Estou aquí, coidado co chanzo. 417 00:30:41,673 --> 00:30:44,717 Merda. Tranquila. 418 00:30:44,801 --> 00:30:46,344 Xa case estamos. 419 00:30:47,178 --> 00:30:49,472 Chegamos. 420 00:30:56,229 --> 00:30:57,480 Respira. 421 00:31:00,275 --> 00:31:01,192 Non pasa nada. 422 00:31:01,776 --> 00:31:03,278 Tranquila. 423 00:31:03,361 --> 00:31:04,362 Non pasa nada. 424 00:31:35,268 --> 00:31:37,520 Mira, síntoo. 425 00:31:38,104 --> 00:31:40,356 Puiden contarcho antes. 426 00:31:40,440 --> 00:31:42,025 - Xa. - Debín facelo. 427 00:31:45,236 --> 00:31:48,281 Se cadra tes razón e non debo traballar para Wade. 428 00:31:50,366 --> 00:31:52,619 É o teu traballo. 429 00:31:53,328 --> 00:31:55,705 É o único que non podes abandonar. 430 00:31:56,372 --> 00:31:57,415 Xa. 431 00:31:58,875 --> 00:31:59,751 Sairá ben. 432 00:32:38,831 --> 00:32:39,832 É bo? 433 00:32:41,459 --> 00:32:43,044 Deberías probalo. 434 00:32:44,671 --> 00:32:46,047 Ler, digo. 435 00:32:46,130 --> 00:32:47,799 Léoche moito. 436 00:32:48,675 --> 00:32:50,176 Estas semanas non paro, 437 00:32:50,259 --> 00:32:54,430 leo e releo as transcricións das conversas entre Evans e o voso Señor. 438 00:32:55,890 --> 00:32:57,266 Todas esas páxinas. 439 00:32:57,892 --> 00:33:01,020 Todas esas horas a falar cos San-Ti. 440 00:33:01,104 --> 00:33:06,859 Non mencionou a Vera, a súa propia filla, nin unha soa vez. 441 00:33:10,321 --> 00:33:13,992 Dixéchelo ti, nin ti nin eu importamos. 442 00:33:15,201 --> 00:33:17,453 Só somos insectos insignificantes, 443 00:33:17,537 --> 00:33:19,622 logo por que non nos dis a verdade? 444 00:33:21,708 --> 00:33:23,042 Por que saltou? 445 00:33:35,888 --> 00:33:39,142 Non fun cauta coas miñas mensaxes a Evans. 446 00:33:41,310 --> 00:33:44,188 A Vera dábanselle ben os ordenadores. 447 00:33:44,939 --> 00:33:46,357 Leuno todo. 448 00:33:46,441 --> 00:33:47,817 Que che dixo? 449 00:33:49,694 --> 00:33:50,528 Nada. 450 00:33:51,612 --> 00:33:52,613 Nin unha palabra. 451 00:33:58,119 --> 00:33:59,912 Nin sequera deixou unha nota. 452 00:34:07,003 --> 00:34:09,714 Aínda non me acusaron de delito ningún. 453 00:34:13,134 --> 00:34:15,928 Acabáronse as visitas e as preguntas. 454 00:34:17,263 --> 00:34:18,306 Acabouse. 455 00:34:35,740 --> 00:34:38,201 THOMAS WADE: CONCEDIDO 456 00:34:39,118 --> 00:34:40,244 Ben. 457 00:34:40,328 --> 00:34:42,580 Podemos liberar a presa ás 12:00. 458 00:34:43,623 --> 00:34:47,126 Que vaia a onde queira, pero infórmame dos seus movementos 459 00:34:47,210 --> 00:34:49,504 cada catro horas, estamos? 460 00:34:57,845 --> 00:34:59,388 - Contra! - Que? 461 00:34:59,472 --> 00:35:00,973 - Golpe baixo. - Piropo. 462 00:35:01,057 --> 00:35:02,183 - Non tal. - Si tal. 463 00:35:02,266 --> 00:35:04,185 - Ai, si. - Só dicía... 464 00:35:04,268 --> 00:35:07,105 - Ti só dicías, xa. - Só digo que me gusta. 465 00:35:07,188 --> 00:35:09,357 - Gústasme con máis carne. - Vale. 466 00:35:10,149 --> 00:35:13,027 Tes un aire de catedrático, e é... 467 00:35:14,070 --> 00:35:15,988 - Ti oíches, Will? - Abofé. 468 00:35:16,072 --> 00:35:17,365 Digo que está guapo. 469 00:35:17,448 --> 00:35:20,284 - Mi madriña, desculpa. - Non pasa nada. 470 00:35:20,910 --> 00:35:22,286 Di algo malo de min. 471 00:35:23,371 --> 00:35:26,999 - Só unha cousa? - Unha e estamos en paz. 472 00:35:34,507 --> 00:35:35,341 Es fermosa. 473 00:35:38,010 --> 00:35:39,428 En plan aburrido. 474 00:35:41,597 --> 00:35:43,641 Ai, vaites. 475 00:35:45,143 --> 00:35:47,311 Vale, acéptoo. Gústame o aburrido. 476 00:35:47,395 --> 00:35:50,648 Es como unha estrela de cine, mais de filmes pésimos. 477 00:35:51,440 --> 00:35:54,485 Serías a mala da terceira de Speed. 478 00:35:55,153 --> 00:35:56,946 - En serio? - Coido que si. 479 00:35:57,029 --> 00:35:57,864 Vai cagar. 480 00:35:57,947 --> 00:35:58,990 Iso foi cruel. 481 00:35:59,073 --> 00:36:01,159 E foron... tres cousas crueis? 482 00:36:01,242 --> 00:36:04,036 - A ver, pero ía todo xunto. - Xa. 483 00:36:04,620 --> 00:36:07,165 - Síntoo, tes razón, paseime. - Foi... 484 00:36:07,248 --> 00:36:11,335 A viaxe mortificante a Londres non foi unha perda de tempo. 485 00:36:11,919 --> 00:36:13,129 Decateime de algo. 486 00:36:14,213 --> 00:36:16,340 Non era eu quen debía ir ver a Jin. 487 00:36:16,883 --> 00:36:20,052 Non necesita que vaia e me abra. Xa ten un home. 488 00:36:20,136 --> 00:36:22,430 Es o dobre de home ca el, digas o que... 489 00:36:22,513 --> 00:36:23,848 A quen necesita, 490 00:36:23,931 --> 00:36:27,018 e a razón pola que veu até aquí, 491 00:36:27,560 --> 00:36:28,436 es ti. 492 00:36:30,313 --> 00:36:33,983 Se fose tan listo coma ti ou tivese un chisco do teu talento, 493 00:36:34,775 --> 00:36:36,944 daríallo no intre. 494 00:36:38,237 --> 00:36:39,280 Mais non é así, 495 00:36:40,323 --> 00:36:41,490 así que non podo. 496 00:36:43,576 --> 00:36:45,494 Non sabes para quen traballa. 497 00:36:45,578 --> 00:36:47,121 É un monstro. 498 00:36:47,663 --> 00:36:50,416 Sei que non faría algo que non estivese ben. 499 00:36:51,834 --> 00:36:53,711 É polo ben común, non si? 500 00:36:54,795 --> 00:36:57,965 E a túa intelixencia axudaríalle a conseguilo. 501 00:36:58,466 --> 00:36:59,300 Auggie, 502 00:37:00,343 --> 00:37:03,387 non faría a viaxe até aquí se non te necesitase. 503 00:37:07,642 --> 00:37:08,476 Non. 504 00:37:09,727 --> 00:37:11,145 Prefiro quedar contigo. 505 00:37:12,939 --> 00:37:14,148 E mesmo contigo. 506 00:37:18,152 --> 00:37:20,279 As vacacións xa case remataron. 507 00:37:36,921 --> 00:37:38,130 Esa cal é? 508 00:37:38,214 --> 00:37:39,215 Bloqueador beta. 509 00:37:41,592 --> 00:37:44,887 - Mellor dicirllo canto antes. - Non lle vai chistar. 510 00:37:44,971 --> 00:37:46,264 Entramos contigo? 511 00:37:46,347 --> 00:37:47,890 Aínda peor. 512 00:37:51,310 --> 00:37:52,311 Si? 513 00:37:55,940 --> 00:37:57,984 - Hai un problema. - Máis dun. 514 00:37:58,067 --> 00:37:58,943 Con Escaleira. 515 00:37:59,652 --> 00:38:02,029 Todo o impulso vén das bombas. 516 00:38:02,113 --> 00:38:04,031 A sonda non pode desacelerar. 517 00:38:05,658 --> 00:38:06,492 E? 518 00:38:07,076 --> 00:38:11,122 Ao 1 % da velocidade da luz e co inimigo en dirección contraria, 519 00:38:11,205 --> 00:38:13,791 temos nanosegundos para recadar información. 520 00:38:13,874 --> 00:38:15,626 Non é problema. 521 00:38:17,086 --> 00:38:19,755 Cómpre asumir que saberán da sonda espía 522 00:38:19,839 --> 00:38:21,090 polos sofóns. 523 00:38:21,757 --> 00:38:22,633 Destruirana. 524 00:38:22,717 --> 00:38:25,469 - Tampouco é problema. - E logo? 525 00:38:25,553 --> 00:38:27,221 Non a van destruír. 526 00:38:27,930 --> 00:38:30,933 Van deixar que pase e quite fotografías? 527 00:38:31,017 --> 00:38:32,101 Vana recoller. 528 00:38:32,685 --> 00:38:33,728 Recoller? 529 00:38:34,228 --> 00:38:35,813 Non mandamos unha cámara, 530 00:38:35,896 --> 00:38:37,523 senón un ser humano. 531 00:38:50,536 --> 00:38:51,662 Ola, señora. 532 00:38:52,913 --> 00:38:55,124 Unha libra ou dúas para a humanidade? 533 00:39:02,298 --> 00:39:03,132 Síntoo. 534 00:39:03,215 --> 00:39:04,508 Non pasa nada. 535 00:39:04,592 --> 00:39:06,135 Igual para a próxima. 536 00:39:06,218 --> 00:39:07,803 Non pasa nada, grazas. 537 00:39:36,207 --> 00:39:38,751 Son Augustina Salazar, avise a Wade. 538 00:39:41,170 --> 00:39:43,381 A Srta. Salazar para ver o Sr. Wade. 539 00:39:54,517 --> 00:39:56,352 Cheng deuche a localización. 540 00:39:56,435 --> 00:39:58,270 É unha violación de seguridade. 541 00:39:59,522 --> 00:40:00,773 Pois bótanos. 542 00:40:50,364 --> 00:40:53,284 Sei que podedes oírme se queredes. 543 00:40:54,452 --> 00:40:56,871 Descubristes que somos mentiráns. 544 00:40:57,496 --> 00:41:02,042 Xa non confiades en nós e vindes esmagarnos. 545 00:41:02,126 --> 00:41:06,213 E todo pola miña culpa, a primeira mentirana que coñecestes. 546 00:41:09,550 --> 00:41:15,890 Son unha anciá cuns ideais anticuados que nos levaron por un camiño terrible. 547 00:41:18,058 --> 00:41:21,228 Mais aínda me queda algunha idea. 548 00:41:22,938 --> 00:41:28,360 E poida que dentro de séculos haxa unha batalla xusta. 549 00:41:29,820 --> 00:41:33,157 Ou ningunha. 550 00:43:11,005 --> 00:43:12,089 Moitas grazas. 551 00:44:12,358 --> 00:44:13,525 Ola... 552 00:44:14,818 --> 00:44:17,821 Teño cita, son William Downing. 553 00:44:17,905 --> 00:44:19,615 Ai, si, o señor Downing. 554 00:44:19,698 --> 00:44:21,825 Que sabe de Estrelas, o Noso Destino? 555 00:44:21,909 --> 00:44:24,495 Comezamos cunha presentación interactiva? 556 00:44:24,578 --> 00:44:27,706 Non fai falta, a decisión xa está tomada. 557 00:44:28,749 --> 00:44:30,292 Veño mercar unha estrela. 558 00:46:23,781 --> 00:46:28,786 Subtítulos: Jeiry Castellano