1 00:00:06,089 --> 00:00:07,632 Vale, ves o Setestrelo? 2 00:00:07,716 --> 00:00:11,469 Pois sigue subindo pola mesma liña até aquelas dúas estrelas, 3 00:00:11,553 --> 00:00:14,472 as que forman o mango. 4 00:00:14,556 --> 00:00:16,725 Sigue subindo, é a primeira que ves. 5 00:00:16,808 --> 00:00:18,560 - Vale, xa a teño. - É esa. 6 00:00:18,643 --> 00:00:20,937 Esa é DX3906. 7 00:00:23,314 --> 00:00:25,150 Esa non é DX3906. 8 00:00:26,693 --> 00:00:30,822 É tal, amosáronma co telescopio de Estrelas, o Noso Destino. 9 00:00:30,905 --> 00:00:32,991 Non é esa. 10 00:00:35,243 --> 00:00:39,539 Cotexei a posición coa nomenclatura da UAI así que chegaron os papeis. 11 00:00:39,622 --> 00:00:41,583 Merda, equivoqueime coa paralaxe? 12 00:00:45,795 --> 00:00:48,631 Tío, como cona vou saber eu cal é DX3906? 13 00:00:48,715 --> 00:00:49,924 Que cabrón. 14 00:00:50,008 --> 00:00:52,052 Non, ho. Esa éche DX3905. 15 00:00:52,844 --> 00:00:54,054 Que cabrón de merda. 16 00:00:55,930 --> 00:00:56,973 Ai, mimá. 17 00:01:00,018 --> 00:01:00,935 A canto está? 18 00:01:01,936 --> 00:01:04,689 A 401,5 anos luz. 19 00:01:06,816 --> 00:01:09,569 Pensa na luz que emite a estrela de Jin. 20 00:01:09,652 --> 00:01:12,572 Chegará aquí canda os San-Ti. 21 00:01:12,655 --> 00:01:13,948 Non o chafes. 22 00:01:16,534 --> 00:01:17,952 É tirando a vermella. 23 00:01:19,162 --> 00:01:20,538 Elixina por iso. 24 00:01:21,122 --> 00:01:22,874 Visible a simple vista. 25 00:01:23,458 --> 00:01:25,919 Quería que mirase o ceo e dixese: 26 00:01:26,586 --> 00:01:27,962 "Aquela é miña." 27 00:01:28,505 --> 00:01:30,590 Quedaches a gusto con esa tolería? 28 00:01:31,174 --> 00:01:32,509 Gastar 19 millóns en... 29 00:01:32,592 --> 00:01:34,177 Foron 19,5. 30 00:01:34,969 --> 00:01:36,638 E quedei ben a gusto, si. 31 00:01:36,721 --> 00:01:39,933 - Non tiñas nada mellor en que gastalos? - Pois non. 32 00:01:43,353 --> 00:01:45,396 Podías dicirlle que fuches ti. 33 00:01:45,480 --> 00:01:47,190 - Non llo vou dicir. - Se llo... 34 00:01:47,273 --> 00:01:49,192 - Que non. - Nunca se sabe. 35 00:01:49,275 --> 00:01:51,069 E ti tampouco llo vas dicir. 36 00:01:51,152 --> 00:01:52,904 Home, iso pídese antes de... 37 00:01:52,987 --> 00:01:54,114 Prométeme 38 00:01:54,781 --> 00:01:55,782 que nunca 39 00:01:56,991 --> 00:01:57,909 llo dirás. 40 00:02:03,957 --> 00:02:04,999 Ti mesmo, tío. 41 00:02:12,549 --> 00:02:13,424 Will. 42 00:02:17,178 --> 00:02:20,098 Will? Acorda, meu. 43 00:02:21,558 --> 00:02:23,643 Will? Will! 44 00:02:37,574 --> 00:02:39,409 Estás aí agora? Que tal está? 45 00:02:39,492 --> 00:02:40,785 - Estache ben. - Si? 46 00:02:40,869 --> 00:02:42,704 Mellor que ben. 47 00:02:42,787 --> 00:02:43,913 Mira para aquí. 48 00:02:43,997 --> 00:02:47,876 Mira quen é. Leva unha boa. 49 00:02:47,959 --> 00:02:49,752 Ti si que levas unha boa. 50 00:02:49,836 --> 00:02:50,795 Ola. 51 00:02:50,879 --> 00:02:51,963 Ola, Jin. 52 00:02:52,046 --> 00:02:53,423 Ola, Will. 53 00:02:54,299 --> 00:02:55,133 Que tal estás? 54 00:02:55,216 --> 00:02:57,385 "Non hai perigo inminente." 55 00:02:58,386 --> 00:03:01,764 É o que dixo o doutor: "Non hai perigo inminente." 56 00:03:02,473 --> 00:03:04,475 Canta xente pode dicir iso? 57 00:03:04,559 --> 00:03:05,393 Eu non. 58 00:03:06,102 --> 00:03:10,356 Carallo co cuarto, alucinas. 59 00:03:10,440 --> 00:03:12,317 - Mira isto. - Non toques. 60 00:03:12,400 --> 00:03:13,484 - Contra! - Mira. 61 00:03:13,568 --> 00:03:14,986 - Todo meu. - Merécelo. 62 00:03:15,069 --> 00:03:16,779 - Repousa un pouco, si? - Si. 63 00:03:19,365 --> 00:03:20,241 Ti tamén. 64 00:03:20,325 --> 00:03:22,285 Veña, meu. Ela vaiche repousar. 65 00:03:22,368 --> 00:03:26,414 Nós quedamos aquí. Igual máis tarde vemos Rick and Morty. 66 00:03:26,497 --> 00:03:27,707 - Vale. - Oe... 67 00:03:31,211 --> 00:03:32,879 Ven cando poidas. 68 00:03:36,716 --> 00:03:37,800 Claro. 69 00:03:37,884 --> 00:03:38,885 Grazas, Saul. 70 00:03:39,719 --> 00:03:40,720 Vémonos. 71 00:03:46,226 --> 00:03:47,268 Chegouche algo. 72 00:03:53,066 --> 00:03:56,027 Carallo, non custan un ollo da cara? 73 00:03:56,986 --> 00:03:58,321 Non di de quen é? 74 00:03:58,905 --> 00:03:59,906 Non. 75 00:04:01,199 --> 00:04:03,952 Terías moitos admiradores ricos, supoño. 76 00:04:04,035 --> 00:04:04,953 Teño. 77 00:04:05,912 --> 00:04:07,580 E ningún con tantos cartos. 78 00:04:07,664 --> 00:04:09,832 Así de rico só coñecía a Jack. 79 00:04:10,416 --> 00:04:11,751 Igual cha mercou Wade. 80 00:04:11,834 --> 00:04:13,753 E por que ma ía mercar? 81 00:04:14,295 --> 00:04:15,380 Porque lle gustas. 82 00:04:16,756 --> 00:04:18,716 - Veña, ho. - Iso digo eu. 83 00:04:18,800 --> 00:04:22,512 É coma se non quixeses admitir que isto é moi raro. 84 00:04:22,595 --> 00:04:23,596 Isto é raro? 85 00:04:24,180 --> 00:04:26,849 É a cousa rara número 28 que vexo este mes. 86 00:04:26,933 --> 00:04:29,060 Axusta o teu rarezómetro. 87 00:04:30,144 --> 00:04:34,357 Un tolo rico mercoume unha estrela ou alguén se chufa de min. 88 00:04:35,566 --> 00:04:37,986 Case seguro que se chufan de min. 89 00:04:38,069 --> 00:04:40,196 En ambos os casos, non teño tempo. 90 00:04:40,280 --> 00:04:42,615 Que parvada, as estrelas non se posúen. 91 00:04:43,491 --> 00:04:45,326 Segundo estes documentos, 92 00:04:45,410 --> 00:04:49,038 es a propietaria legal da estrela DX3906. 93 00:04:51,708 --> 00:04:54,627 O doutor Demikhov leva anos traballando con éxito 94 00:04:54,711 --> 00:04:58,006 en adaptar a vida a condicións extremas. 95 00:05:08,141 --> 00:05:09,142 Doutora Cheng? 96 00:05:10,476 --> 00:05:11,311 Comentarios? 97 00:05:13,896 --> 00:05:14,897 Pois... 98 00:05:15,940 --> 00:05:18,359 Non sabemos que pintamos nesta reunión. 99 00:05:19,235 --> 00:05:23,531 Ao 1 % da velocidade da luz, canto lle leva á sonda chegar aos San-Ti? 100 00:05:23,614 --> 00:05:24,949 Dous centos anos. 101 00:05:25,033 --> 00:05:27,910 E que pasa nese tempo cos ocupantes da sonda? 102 00:05:27,994 --> 00:05:29,620 - Morren. - Ves? 103 00:05:29,704 --> 00:05:31,331 Algo pintades na reunión. 104 00:05:34,042 --> 00:05:38,171 Foi un proceso longo e cheo de obstáculos, mais lográmolo. 105 00:05:49,849 --> 00:05:50,683 Está vivo? 106 00:05:50,767 --> 00:05:53,061 Nin morto nin vivo. 107 00:05:53,144 --> 00:05:55,605 Está nun estado intermedio. 108 00:05:56,272 --> 00:05:57,648 Desde hai un mes. 109 00:06:00,735 --> 00:06:02,445 Canto pode aguantar así? 110 00:06:02,528 --> 00:06:03,654 Canto queiramos. 111 00:06:11,120 --> 00:06:14,749 Tratamos as células de Kolya cun crioprotector anticonxelante 112 00:06:14,832 --> 00:06:18,044 e arrefriámolas a 150 graos baixo cero. 113 00:06:18,127 --> 00:06:21,923 O seu organismo retárdase por mil, mais non se detén. 114 00:06:39,607 --> 00:06:43,528 Se funciona con Kolya, funcionará cun humano. 115 00:06:49,450 --> 00:06:51,202 Ola, Kolya. 116 00:07:05,466 --> 00:07:06,551 Saúda, Kolya. 117 00:07:08,136 --> 00:07:09,429 Que boíño. 118 00:07:10,721 --> 00:07:11,597 Coidado. 119 00:07:21,816 --> 00:07:22,650 Kolya. 120 00:07:23,234 --> 00:07:25,278 Toca o cadrado laranxa. 121 00:07:37,123 --> 00:07:38,291 Aínda non. 122 00:07:40,042 --> 00:07:44,964 Toca o círculo que contén catro cadrados. 123 00:07:51,262 --> 00:07:54,265 Moi ben, Kolya. 124 00:08:17,079 --> 00:08:19,332 É un efecto secundario normal. 125 00:08:20,416 --> 00:08:21,417 Velaquí está. 126 00:08:21,501 --> 00:08:23,753 O noso billete para a fin do mundo. 127 00:08:23,836 --> 00:08:26,964 O tren da apocalipse chegou á estación. 128 00:08:28,341 --> 00:08:30,426 Facede cola detrás de min. 129 00:08:33,971 --> 00:08:35,973 Pensaba que era para o pasaxeiro. 130 00:08:36,849 --> 00:08:38,226 Vas hibernar? 131 00:08:38,309 --> 00:08:39,727 En canto poida. 132 00:08:39,810 --> 00:08:41,395 - E quen dirixe isto? - Eu. 133 00:08:41,479 --> 00:08:43,022 Acordo unha semana ao ano, 134 00:08:43,105 --> 00:08:45,775 arranxo desfeitas, vexo a mai, contrato, boto, 135 00:08:45,858 --> 00:08:48,277 vou a Wimbledon e volta a durmir. 136 00:08:48,361 --> 00:08:49,237 Os 400 anos? 137 00:08:49,320 --> 00:08:52,949 Alguén terá que os recibir ao chegaren e seguir co plan. 138 00:08:53,032 --> 00:08:55,451 Forma alguén para dirixir Escaleira. 139 00:08:55,535 --> 00:08:57,787 Escaleira é un proxecto, non un plan. 140 00:08:57,870 --> 00:09:01,916 O proxecto pode supervisalo moita xente, mesmo ti poderías. 141 00:09:01,999 --> 00:09:04,126 O plan só pode supervisalo unha. 142 00:09:04,210 --> 00:09:05,461 Non estás a exaxerar? 143 00:09:05,545 --> 00:09:08,631 Para Aristóteles, a falsa modestia era arrogancia. 144 00:09:08,714 --> 00:09:12,218 E as rochas caían cara a abaixo porque adoraban o chan. 145 00:09:12,885 --> 00:09:14,512 Por que só ti? 146 00:09:14,595 --> 00:09:15,888 Ninguén máis pode. 147 00:09:15,972 --> 00:09:19,392 E cal é ese plan tan brillante que só ti podes dirixir? 148 00:09:20,226 --> 00:09:21,852 Avanzar sempre. 149 00:09:24,146 --> 00:09:26,524 - Que significa? - Saberalo cando toque. 150 00:09:27,650 --> 00:09:29,819 O futuro xa non está tan lonxe. 151 00:09:30,820 --> 00:09:32,154 Para nós, non. 152 00:09:38,244 --> 00:09:40,329 A sonda precisa dunha vela. 153 00:09:40,997 --> 00:09:45,042 É un tecido de nanofibras, non os fíos que fixemos até agora. 154 00:09:45,126 --> 00:09:46,669 É moito máis complicado. 155 00:09:46,752 --> 00:09:49,255 Están a tolerancia á calor e á tensión, 156 00:09:49,338 --> 00:09:51,966 e as fibras han de conectar a sonda coa vela... 157 00:09:52,049 --> 00:09:53,718 E lograrás que funcione? 158 00:09:57,346 --> 00:09:59,849 Lograrei que funcione, si. 159 00:10:01,100 --> 00:10:02,101 Que ben terte. 160 00:10:04,228 --> 00:10:06,272 Sabes por que comecei todo isto? 161 00:10:09,191 --> 00:10:10,735 A xente que tiña ao redor, 162 00:10:11,819 --> 00:10:13,154 a familia de miña nai... 163 00:10:15,990 --> 00:10:17,950 vin o que lles fixo o mundo. 164 00:10:18,868 --> 00:10:20,911 Quería construír algo para eles. 165 00:10:24,123 --> 00:10:26,208 Acabei do lado malo. 166 00:10:29,378 --> 00:10:31,380 Non estás do lado malo. 167 00:10:31,464 --> 00:10:33,507 Se cadra, pronto deberemos elixir: 168 00:10:33,591 --> 00:10:35,259 marchar ou morrer. 169 00:10:35,343 --> 00:10:38,429 - Pronto é 400 anos? - Un abrir e cerrar de ollos. 170 00:10:38,512 --> 00:10:41,766 Sen o noso traballo, nin sequera haberá elección. 171 00:10:42,308 --> 00:10:45,019 Estamos a construír algo para todos, un futuro. 172 00:10:45,936 --> 00:10:47,104 Iso é o que cres? 173 00:10:47,772 --> 00:10:49,023 Ti non? 174 00:10:49,106 --> 00:10:50,024 Gustaríame. 175 00:10:50,107 --> 00:10:52,234 Algúns días paréceme posible. 176 00:10:54,487 --> 00:10:58,783 Outros paréceme que sempre acaban fodidos os mesmos. 177 00:11:00,701 --> 00:11:03,245 Sempre serán os últimos da cola. 178 00:11:04,163 --> 00:11:06,332 E ningún poderá fuxir. 179 00:11:15,257 --> 00:11:16,217 Will? 180 00:11:18,219 --> 00:11:19,220 Will? 181 00:11:20,346 --> 00:11:21,764 Wilbur? 182 00:11:22,723 --> 00:11:25,267 Will, óesme? 183 00:11:27,812 --> 00:11:28,771 Will? 184 00:11:37,530 --> 00:11:38,989 Estás ben, corazón? 185 00:11:39,073 --> 00:11:40,616 Como me atopastes? 186 00:11:41,409 --> 00:11:43,452 Avisounos o hospital. 187 00:11:44,286 --> 00:11:46,330 Roxanne é o parente máis achegado. 188 00:11:47,206 --> 00:11:48,290 Que tal estás? 189 00:11:50,376 --> 00:11:51,293 Pois morrendo. 190 00:11:52,044 --> 00:11:53,129 Pouco máis. 191 00:11:57,842 --> 00:11:58,926 Canto tempo. 192 00:11:59,552 --> 00:12:02,430 Xa, sentímonos mal. 193 00:12:02,513 --> 00:12:03,431 Abofé. 194 00:12:03,514 --> 00:12:09,061 O meu traballo levounos primeiro a España e logo a Dubai. 195 00:12:09,145 --> 00:12:10,980 Non vos gustou o estranxeiro? 196 00:12:11,981 --> 00:12:16,569 O mundo do márketing dixital pode volverse moi político moi rápido. 197 00:12:16,652 --> 00:12:21,073 Non se trata das túas habilidades, senón de seguir a corrente. 198 00:12:21,157 --> 00:12:23,409 Seguro que é o mesmo no que fas ti. 199 00:12:23,492 --> 00:12:24,910 A física e esas cousas. 200 00:12:25,453 --> 00:12:27,455 Sempre fuches o máis listo. 201 00:12:28,247 --> 00:12:33,669 Por iso os papás te mandaron a un colexio privado e á uni e máis uni. 202 00:12:35,254 --> 00:12:38,966 Mais non chegaches a onde podías por non seguires a corrente. 203 00:12:40,634 --> 00:12:42,678 Cheguei exactamente a onde podía. 204 00:12:43,429 --> 00:12:45,890 Non fun alén, porque non era tan listo. 205 00:12:45,973 --> 00:12:48,851 Eras listo dabondo para faceres case todo. 206 00:12:48,934 --> 00:12:51,687 Podías traballar na City, montar un negocio. 207 00:12:51,771 --> 00:12:53,773 Non coñecemos ninguén máis listo. 208 00:12:55,775 --> 00:12:57,735 Eu non podía estudar física. 209 00:12:58,652 --> 00:13:03,115 Tiven que me pór a traballar: camareira, administrativa e... 210 00:13:03,199 --> 00:13:04,116 Mira... 211 00:13:06,535 --> 00:13:08,370 Queremos formar unha familia. 212 00:13:08,954 --> 00:13:10,956 Queremos mercar unha casa. 213 00:13:11,040 --> 00:13:13,793 Non fomos o que debiamos ser para o outro. 214 00:13:13,876 --> 00:13:17,254 Iso seino, e acepto a miña parte de culpa. 215 00:13:18,130 --> 00:13:20,591 O que che aconteceu é unha inxustiza. 216 00:13:22,218 --> 00:13:24,011 E unha puta merda. 217 00:13:26,055 --> 00:13:27,640 Mais aconteceu. 218 00:13:31,310 --> 00:13:33,145 Dixéchelo ti, estás a morrer. 219 00:13:33,938 --> 00:13:38,609 Así que vimos pedirche, xa que non tes ninguén... 220 00:13:38,692 --> 00:13:40,986 Quen di que non teño ninguén? 221 00:13:41,070 --> 00:13:41,946 Tes alguén? 222 00:13:42,029 --> 00:13:43,030 Pode. 223 00:13:44,281 --> 00:13:47,159 - E se amo alguén? - Pois a muller que sexa... 224 00:13:47,243 --> 00:13:48,661 Se cadra é un home. 225 00:13:49,245 --> 00:13:52,581 Dá igual, tanto me ten o que sexa. 226 00:13:52,665 --> 00:13:55,376 Se tes alguén, non é desde hai moito. 227 00:13:55,459 --> 00:13:57,461 E somos familia, Will. 228 00:13:59,046 --> 00:14:00,881 Igual non a mellor, mais... 229 00:14:02,174 --> 00:14:03,300 aquí estamos. 230 00:14:04,301 --> 00:14:05,594 O que che deixou mamá 231 00:14:07,179 --> 00:14:08,597 debería ir para nós. 232 00:14:17,731 --> 00:14:18,816 Tes razón. 233 00:14:21,318 --> 00:14:23,362 Pouco tiven na vida. 234 00:14:24,154 --> 00:14:26,574 Ninguén correspondeu ao meu amor. 235 00:14:30,494 --> 00:14:32,121 O da mamá é voso. 236 00:14:32,872 --> 00:14:34,707 Non tocarei nin un penique. 237 00:14:43,340 --> 00:14:46,468 Precisabamos mil bombas para Escaleira. 238 00:14:46,552 --> 00:14:49,096 Hai que conformarse con 300, non hai máis. 239 00:14:50,472 --> 00:14:53,726 O aparello de hibernación pesa máis dunha tonelada. 240 00:14:53,809 --> 00:14:56,437 Para acelerar a sonda á velocidade necesaria 241 00:14:56,520 --> 00:14:58,397 cos propulsores dispoñibles... 242 00:14:58,480 --> 00:15:01,984 A carga útil que pode transportar é inferior a dous quilos. 243 00:15:02,067 --> 00:15:03,944 Iso é unha persoa moi pequena. 244 00:15:05,529 --> 00:15:06,739 Unha persoa 245 00:15:06,822 --> 00:15:10,200 é un padrón de cambio constante nas neuronas do seu cerebro. 246 00:15:10,284 --> 00:15:12,578 Se iso existe, a persoa existe. 247 00:15:13,871 --> 00:15:17,583 Porén, cómpre extraer o cerebro do cranio. 248 00:15:18,167 --> 00:15:22,630 Con iso teñen para reconstruír o resto e, se o fan, temos un home dentro. 249 00:15:22,713 --> 00:15:24,757 Falamos de matar alguén para isto? 250 00:15:24,840 --> 00:15:26,508 E antes non? 251 00:15:32,806 --> 00:15:34,433 San-Ti. 252 00:15:34,516 --> 00:15:35,976 Un saúdo por aí, 253 00:15:36,810 --> 00:15:37,686 por aquí, 254 00:15:37,770 --> 00:15:40,147 onde estean os vosos sofóns. 255 00:15:40,940 --> 00:15:42,483 Ledes a Wikipedia, 256 00:15:43,275 --> 00:15:44,902 sabedes de Xenguis Khan, 257 00:15:44,985 --> 00:15:48,739 QAnon, a Historia de Genji, o presidente de Bolivia e Bob Seger, 258 00:15:48,822 --> 00:15:51,158 mais non sabedes o que é ser nós. 259 00:15:51,659 --> 00:15:53,285 Todo o que somos está aquí. 260 00:15:54,244 --> 00:15:57,665 O que pasa aí arriba e aí, iso é a humanidade. 261 00:15:57,748 --> 00:15:59,333 Queredes entendernos? 262 00:15:59,416 --> 00:16:03,629 Pois teredes que meter as mans ou os tentáculos ou os putos apéndices 263 00:16:03,712 --> 00:16:04,964 na cousa en si. 264 00:16:05,047 --> 00:16:07,091 Mandaremos alguén intelixente. 265 00:16:07,174 --> 00:16:10,844 Cómprevos alguén que entenda a quen toma as decisións aquí. 266 00:16:10,928 --> 00:16:12,513 Alguén que aprenda de vós. 267 00:16:12,596 --> 00:16:14,765 Alguén coma os aquí presentes. 268 00:16:20,187 --> 00:16:21,146 Que pensades? 269 00:16:22,898 --> 00:16:23,732 Irei eu. 270 00:16:23,816 --> 00:16:24,900 - Quen es? - Edgar. 271 00:16:24,984 --> 00:16:27,528 Non sexas idiota, refírome a xente seria. 272 00:16:28,362 --> 00:16:29,947 Que dicides, xente seria? 273 00:16:30,030 --> 00:16:31,740 Quen quere coñecer o inimigo? 274 00:16:35,953 --> 00:16:36,787 Claro que non. 275 00:16:36,870 --> 00:16:39,581 É arriscado, non queredes ir. Non vos deixaría. 276 00:16:39,665 --> 00:16:41,000 Demasiado valiosos. 277 00:16:41,083 --> 00:16:45,504 Mais cómpre alguén que saiba de física, de química e de foguetes. 278 00:16:45,587 --> 00:16:48,424 Alguén disposto a morrer, pero non será en balde. 279 00:16:48,507 --> 00:16:50,968 Ou sexa, alguén que xa estea a morrer. 280 00:16:53,095 --> 00:16:55,347 Alguén que encaixe nesa descrición? 281 00:17:01,687 --> 00:17:03,188 É unha puta barbarie. 282 00:17:03,897 --> 00:17:05,649 Escaleira é crucial. 283 00:17:05,733 --> 00:17:10,279 Avanzaremos dúas xeracións en propulsores, crioxenia, ciencias dos materiais... 284 00:17:10,362 --> 00:17:12,031 mesmo se fracasamos. 285 00:17:12,114 --> 00:17:14,575 Mais cómpre un motivo para xustificalo 286 00:17:14,658 --> 00:17:15,868 e a persoa dentro... 287 00:17:15,951 --> 00:17:17,161 A testa cortada. 288 00:17:17,244 --> 00:17:19,163 A persoa dentro é o motivo. 289 00:17:19,246 --> 00:17:20,998 O voso amigo Will é o motivo. 290 00:17:21,081 --> 00:17:24,209 Se o atopan, saberá o que doutro xeito non saberiamos 291 00:17:24,293 --> 00:17:26,879 antes de chegaren e que xa sexa tarde. 292 00:17:26,962 --> 00:17:28,547 Avanzar sempre. 293 00:17:28,630 --> 00:17:29,631 "Avanzar sempre"? 294 00:17:30,174 --> 00:17:32,009 Sacouno dunha puta bóla máxica? 295 00:17:32,092 --> 00:17:34,636 Tanto ten o que descubra, como o comunicará? 296 00:17:34,720 --> 00:17:36,013 É intelixente abondo. 297 00:17:36,096 --> 00:17:39,641 Escóitano todo, non podes enganalos nin argallar nada. 298 00:17:39,725 --> 00:17:40,559 Igual el si. 299 00:17:40,642 --> 00:17:43,353 - Non pode, non é así. - Falarei con el. 300 00:17:43,437 --> 00:17:45,731 Quen sabe o que lle pasa polo cerebro. 301 00:17:45,814 --> 00:17:48,150 Ti non. Non o coñeces. 302 00:17:48,233 --> 00:17:50,819 Certo, e ti tampouco. Nin os San-Ti. 303 00:17:50,903 --> 00:17:53,447 Só Will Downing coñece a Will Downing. 304 00:17:57,868 --> 00:17:58,869 Que? 305 00:18:01,330 --> 00:18:04,541 Estou a pensar un número entre un e mil, sabes cal é? 306 00:18:05,626 --> 00:18:07,336 - Non tal. - Exacto. 307 00:18:08,962 --> 00:18:10,214 Eles tampouco. 308 00:18:10,297 --> 00:18:11,632 Vou facer unha chamada. 309 00:18:11,715 --> 00:18:13,050 Non podes obrigalo. 310 00:18:13,133 --> 00:18:15,135 Así tampouco nos sería útil. 311 00:18:15,219 --> 00:18:16,762 Dirémoslle que non o faga. 312 00:18:16,845 --> 00:18:18,097 Adiante. 313 00:18:24,478 --> 00:18:27,106 - Dirémosllo e faranos caso. - Faracho a ti. 314 00:18:28,023 --> 00:18:28,857 Non me necesitas. 315 00:18:29,691 --> 00:18:31,568 - Si tal. - Non podo quedar. 316 00:18:32,778 --> 00:18:36,073 Non debín traballar para el nin para ningún deles. 317 00:18:36,156 --> 00:18:38,742 Cagueina. Teño que arranxalo. 318 00:18:39,993 --> 00:18:40,994 Marcho. 319 00:18:45,833 --> 00:18:47,167 Adeus, xefa. 320 00:18:52,673 --> 00:18:53,674 Son Wade. 321 00:18:54,883 --> 00:18:56,760 Como podo axudalo, señor Wade? 322 00:18:56,844 --> 00:18:59,972 Teño un proxecto novo no que preciso a todo o mundo. 323 00:19:00,055 --> 00:19:00,889 A todos. 324 00:19:00,973 --> 00:19:03,934 Quero que o lideres ti e que os poñas de acordo. 325 00:19:04,017 --> 00:19:05,435 Estou moi ocupado. 326 00:19:05,519 --> 00:19:07,813 Xa, e quen non. 327 00:19:13,277 --> 00:19:14,903 Cónteme o proxecto. 328 00:19:16,697 --> 00:19:19,491 Sóache o termo "Valo"? 329 00:19:39,803 --> 00:19:42,014 O Ripacorazóns, non é? 330 00:19:43,265 --> 00:19:46,226 Premes os botóns ao chou, aprende algúns combos. 331 00:19:50,022 --> 00:19:50,981 Que foi? 332 00:19:59,573 --> 00:20:01,283 Que é "A Grande Evasión"? 333 00:20:02,284 --> 00:20:03,327 O meu negocio. 334 00:20:04,369 --> 00:20:05,245 Meu e de Ally. 335 00:20:06,038 --> 00:20:08,832 É legal, montamos una sociedade limitada. 336 00:20:08,916 --> 00:20:11,501 Como o fixestes? Pagastes a uns avogados? 337 00:20:11,585 --> 00:20:13,170 Explicábano en YouTube. 338 00:20:13,253 --> 00:20:14,087 Mira a páxina. 339 00:20:15,047 --> 00:20:16,465 A presentación. 340 00:20:16,548 --> 00:20:22,095 "Un futuro seguro para os teus en Marte ou noutros planetas habitables." 341 00:20:22,179 --> 00:20:24,640 E conceptos de marca na páxina seguinte. 342 00:20:26,892 --> 00:20:27,851 Está... 343 00:20:28,894 --> 00:20:30,103 O deseño é moi bo. 344 00:20:30,187 --> 00:20:31,855 Elegante, non si? 345 00:20:33,774 --> 00:20:38,237 Como vai escapar alguén ao espazo por 40 libras ao mes? 346 00:20:38,320 --> 00:20:42,157 É coma un plan de pensións, os cartos que metes xeran beneficios 347 00:20:42,241 --> 00:20:45,035 e a morea medra mes a mes. 348 00:20:45,118 --> 00:20:47,079 Xa sabes, bota contas. 349 00:20:48,038 --> 00:20:49,248 Ti botáchelas? 350 00:20:49,331 --> 00:20:53,585 Estamos a organizar reunións. Hai un tipo interesado, Denys Porlock. 351 00:20:53,669 --> 00:20:56,213 É legal, xa o busquei. Denys co i grego. 352 00:20:57,005 --> 00:21:00,133 É impresionante que o fixésedes sós. 353 00:21:01,843 --> 00:21:02,803 Estou abraiado. 354 00:21:04,263 --> 00:21:05,264 Si? 355 00:21:12,145 --> 00:21:13,272 Pero son parvadas. 356 00:21:15,190 --> 00:21:16,400 Non é real. 357 00:21:17,943 --> 00:21:19,361 Axúdame a facelo real. 358 00:21:24,116 --> 00:21:25,117 Non sei como. 359 00:21:29,413 --> 00:21:33,417 Todo isto é real, logo? 360 00:21:34,501 --> 00:21:37,379 Porque, se o real é isto, non che me interesa. 361 00:21:49,599 --> 00:21:52,894 {\an8}En calquera caso, no mundo en que vivimos agora, 362 00:21:52,978 --> 00:21:55,439 {\an8}coido que non podo agardar máis. 363 00:21:56,982 --> 00:21:59,568 Quería dicircho en persoa, débocho. 364 00:22:00,902 --> 00:22:02,696 Agradézocho, Denys. Grazas. 365 00:22:02,779 --> 00:22:06,283 Entenderás que non me queda outra opción. 366 00:22:07,117 --> 00:22:08,827 Sempre hai opcións. 367 00:22:11,538 --> 00:22:13,957 Estou a desgusto coa decisión, 368 00:22:14,041 --> 00:22:16,752 mais o potencial para futuras aplicacións... 369 00:22:18,920 --> 00:22:20,839 Fago o que debo. 370 00:22:25,469 --> 00:22:27,512 Non te cortes, remata o chío. 371 00:22:27,596 --> 00:22:29,389 Só fago o que debo. 372 00:22:30,307 --> 00:22:32,351 O que sempre debín facer. 373 00:22:32,434 --> 00:22:34,102 E levo o meu traballo. 374 00:22:35,228 --> 00:22:36,730 Non é teu, Auggie. 375 00:22:38,607 --> 00:22:39,524 Non é, non. 376 00:22:40,776 --> 00:22:41,943 Non debería, non? 377 00:22:42,027 --> 00:22:44,905 Pode mellorar a vida de quen máis o necesita. 378 00:22:44,988 --> 00:22:46,865 Non debería ser de ninguén. 379 00:22:47,491 --> 00:22:49,284 Debería ser de todos. 380 00:22:49,368 --> 00:22:50,994 Mais non funciona así. 381 00:22:51,078 --> 00:22:52,621 Se llelo dou, si. 382 00:22:53,789 --> 00:22:57,793 Toda a nosa investigación, equipos, aplicacións e melloras, 383 00:22:58,710 --> 00:23:02,172 {\an8}todo en Wikileaks, arXiv e plataformas de código aberto. 384 00:23:03,590 --> 00:23:04,508 Non o farás. 385 00:23:04,591 --> 00:23:05,842 Acabo de facelo. 386 00:23:15,519 --> 00:23:16,937 Ninguén pode usalo. 387 00:23:17,479 --> 00:23:19,731 É nosa, os investidores demandarán. 388 00:23:19,815 --> 00:23:23,235 Cun deseño en sala limpa poden usar enxeñaría inversa 389 00:23:23,318 --> 00:23:25,862 sen violar a propiedade intelectual. 390 00:23:25,946 --> 00:23:28,073 Tamén aporto unha guía para facelo. 391 00:23:28,615 --> 00:23:29,658 Non funcionará. 392 00:23:29,741 --> 00:23:32,494 Funcionou contra IBM. E contra Apple e Sony. 393 00:23:32,577 --> 00:23:37,290 Alá ti. Demanda a todo o mundo. Os países en vías de desenvolvemento. 394 00:23:37,374 --> 00:23:38,792 Así serás popular. 395 00:23:38,875 --> 00:23:40,544 Igual comezo por ti. 396 00:23:42,712 --> 00:23:44,214 Acabarás no cárcere. 397 00:23:44,297 --> 00:23:46,967 Pois apura, teño o voo dentro de tres horas. 398 00:23:48,051 --> 00:23:50,262 Iso farás coa túa carreira, coa vida? 399 00:23:50,846 --> 00:23:52,681 Prenderlle lume e beber? 400 00:23:54,808 --> 00:23:55,767 Non é para min. 401 00:23:58,270 --> 00:23:59,229 Pero... 402 00:24:03,525 --> 00:24:05,110 Tróuxoche iso, eh? 403 00:24:05,610 --> 00:24:06,611 Si. 404 00:24:07,529 --> 00:24:08,613 Dixo... 405 00:24:09,698 --> 00:24:11,158 a onde ía? 406 00:24:11,241 --> 00:24:12,075 Non tal. 407 00:24:14,578 --> 00:24:15,954 É real, logo? 408 00:24:19,332 --> 00:24:20,584 - É. - Hostia. 409 00:24:20,667 --> 00:24:23,795 Como dixeches que se chamaba? Escaleiras ao ceo? 410 00:24:23,879 --> 00:24:25,589 O Proxecto Escaleira, si. 411 00:24:26,214 --> 00:24:27,716 Non soa moi real. 412 00:24:27,799 --> 00:24:29,426 Nada soa real. 413 00:24:29,509 --> 00:24:31,803 O ollo no ceo que nos chama insectos. 414 00:24:31,887 --> 00:24:33,305 Ciencia ficción. 415 00:24:34,556 --> 00:24:35,849 Contos de fadas. 416 00:24:42,105 --> 00:24:44,024 - Aínda o tes? - Claro. 417 00:24:45,942 --> 00:24:47,194 Cando cho regalei? 418 00:24:47,277 --> 00:24:50,697 O 10 de xuño de 2015, catro días após o meu aniversario. 419 00:24:56,870 --> 00:25:00,665 E o Proxecto Escaleira ese en que me convertería? 420 00:25:01,333 --> 00:25:04,419 Nunha especie de Bela Dormente? 421 00:25:09,382 --> 00:25:11,218 Secasí, é sinxelo. 422 00:25:11,301 --> 00:25:13,220 Dislle a Wade que non aceptas. 423 00:25:14,262 --> 00:25:16,223 O 1 % da velocidade da luz. 424 00:25:17,098 --> 00:25:19,351 Case 3200 km por segundo. 425 00:25:20,519 --> 00:25:22,020 Sempre apuntaches alto. 426 00:25:22,729 --> 00:25:24,481 Non se me ocorreu a min. 427 00:25:24,564 --> 00:25:26,149 Eu só fixen os cálculos. 428 00:25:26,233 --> 00:25:27,567 Ai, só iso. 429 00:25:28,860 --> 00:25:31,029 Sería un logro incrible. 430 00:25:33,323 --> 00:25:35,909 Histórico. 431 00:25:36,785 --> 00:25:37,661 Xa. 432 00:25:38,620 --> 00:25:39,746 Si que o sería. 433 00:25:41,873 --> 00:25:45,085 Ti non te preocupes, atoparemos outra persoa. 434 00:25:45,168 --> 00:25:46,336 A quen máis tendes? 435 00:25:46,419 --> 00:25:47,504 Hai opcións. 436 00:25:48,463 --> 00:25:50,924 Estar a morrer dáme vantaxe, 437 00:25:51,007 --> 00:25:53,802 mais non podedes mandar a calquera. 438 00:25:53,885 --> 00:25:54,761 Así que... 439 00:25:55,554 --> 00:25:56,638 quen máis hai? 440 00:25:56,721 --> 00:25:58,598 É confidencial. 441 00:25:58,682 --> 00:26:00,600 E o resto que me contaches non? 442 00:26:00,684 --> 00:26:02,561 Non podo falar diso. 443 00:26:05,564 --> 00:26:07,274 Non tendes a ninguén. 444 00:26:08,733 --> 00:26:13,196 Sen pasaxeiro, non funcionará, ou? 445 00:26:30,088 --> 00:26:31,548 Sempre apuntaches alto. 446 00:26:32,882 --> 00:26:33,842 Eu non daba. 447 00:26:33,925 --> 00:26:35,677 Quería, pero non daba. 448 00:26:35,760 --> 00:26:37,804 - Non tiña o equipo. - Para xa. 449 00:26:37,887 --> 00:26:40,390 Non pasa nasa, xa o aceptei. 450 00:26:42,183 --> 00:26:43,893 Mais agora apuntaremos alto. 451 00:26:44,811 --> 00:26:45,895 Non así. 452 00:26:50,317 --> 00:26:51,359 Que? 453 00:26:52,068 --> 00:26:53,695 Por que me miras así? 454 00:26:55,238 --> 00:26:56,239 Non te miro. 455 00:26:57,991 --> 00:26:59,367 Véxote. 456 00:27:03,121 --> 00:27:07,250 Ao ires moi drogado, ás veces ves a xente. 457 00:27:09,419 --> 00:27:11,338 Ou igual é cando estás a morrer. 458 00:27:14,841 --> 00:27:16,092 Mais eu véxote. 459 00:27:20,555 --> 00:27:21,598 E quérote. 460 00:27:27,812 --> 00:27:28,938 E non pasa nada. 461 00:27:38,531 --> 00:27:40,575 Dime que non o faga, non o farei. 462 00:27:48,750 --> 00:27:49,668 Non pasa nada. 463 00:28:12,357 --> 00:28:15,694 TEORÍA DE XOGOS 464 00:28:16,820 --> 00:28:21,032 O PARADOXO DE FERMI 465 00:29:00,572 --> 00:29:01,865 Son a doutora Ye. 466 00:29:03,616 --> 00:29:05,827 Sei que non queres verme. 467 00:29:07,412 --> 00:29:09,247 Mais hei de falar contigo. 468 00:29:23,636 --> 00:29:24,637 Está perdido. 469 00:29:25,680 --> 00:29:28,183 Que máis che dá? É un insecto. 470 00:29:33,313 --> 00:29:34,814 Vera sabía o que fixeras. 471 00:29:36,524 --> 00:29:37,901 Sabía que os invitaras. 472 00:29:42,697 --> 00:29:46,493 Nunca me tivo sentido que se suicidase polo traballo. 473 00:29:47,118 --> 00:29:48,286 Debeu ver... 474 00:29:49,370 --> 00:29:51,998 un correo, unha mensaxe ou algo. 475 00:29:52,916 --> 00:29:54,417 E comezou a pescudar. 476 00:29:55,043 --> 00:29:57,837 Sempre dicía que eras o máis listo. 477 00:29:59,005 --> 00:30:00,924 Procurei ocultarllo. 478 00:30:01,633 --> 00:30:04,219 Quería protexela, pero non puiden. 479 00:30:05,220 --> 00:30:06,888 Era lista coma ti. 480 00:30:08,056 --> 00:30:09,641 Comprendeuno todo. 481 00:30:11,684 --> 00:30:12,644 Fallácheslle. 482 00:30:13,478 --> 00:30:16,064 Falleille a máis xente ca ninguén. 483 00:30:17,440 --> 00:30:18,942 Como podes vivir con iso? 484 00:30:19,776 --> 00:30:21,778 Non terei que facelo moito máis. 485 00:30:25,490 --> 00:30:29,369 Por que non tiñas o teu laboratorio en vez de traballar para Vera? 486 00:30:30,662 --> 00:30:33,081 Era bo en física, mais non me apaixonaba. 487 00:30:34,666 --> 00:30:36,334 Por iso non cheguei a nada. 488 00:30:36,417 --> 00:30:39,546 Ao final, todos chegamos ao mesmo. 489 00:30:42,632 --> 00:30:44,843 Cóntoche un chiste? 490 00:30:54,811 --> 00:30:56,563 Einstein morre. 491 00:30:57,146 --> 00:31:01,150 Chega ao ceo e ten un violín. 492 00:31:01,234 --> 00:31:04,362 Está contentísimo, adora o seu violín. 493 00:31:04,445 --> 00:31:07,782 Máis que a física e as mulleres. 494 00:31:08,658 --> 00:31:12,245 Ten gana de descubrir o ben que toca no ceo. 495 00:31:12,328 --> 00:31:15,290 Supón que vai ser boísimo. 496 00:31:15,373 --> 00:31:18,877 Así que comeza a afinar e achéganselle os anxos. 497 00:31:18,960 --> 00:31:20,795 Pregúntanlle que fai. 498 00:31:20,879 --> 00:31:22,839 "Prepararme para tocar." 499 00:31:22,922 --> 00:31:27,635 "Non o fagas, a Deus non lle gustará. É saxofonista." 500 00:31:27,719 --> 00:31:30,013 Así que Einstein para. 501 00:31:30,555 --> 00:31:33,182 Non toca, pero cústalle. 502 00:31:33,266 --> 00:31:37,854 Adora a música e no ceo tampouco é que haxa moito que facer. 503 00:31:39,022 --> 00:31:43,693 E, claro, oe un saxo que chega de arriba. 504 00:31:43,776 --> 00:31:46,362 Toca "Take the A Train", coñécela? 505 00:31:46,446 --> 00:31:47,947 Téñoa escoitado. 506 00:31:48,448 --> 00:31:50,992 Einstein tamén, e pensa: 507 00:31:51,659 --> 00:31:55,496 "Vouno facer. Vou tocar con El. 508 00:31:55,580 --> 00:31:57,957 Xuntos imos soar de raio." 509 00:31:58,499 --> 00:32:01,210 Ponse a tocar "Take the A Train". 510 00:32:02,045 --> 00:32:05,173 O saxo para e aparece Deus. 511 00:32:05,256 --> 00:32:08,426 Vai cara a Einstein e dálle nas pelotas, 512 00:32:08,509 --> 00:32:10,136 e iso doe, mesmo no ceo. 513 00:32:10,219 --> 00:32:14,891 Despois, esnaquiza o querido violín de Einstein. 514 00:32:14,974 --> 00:32:17,226 Unha eternidade sen música. 515 00:32:17,310 --> 00:32:19,854 O ceo vólvese un inferno para Einstein. 516 00:32:19,938 --> 00:32:24,817 E mentres se retorce no chan, agarrado ás pelotas, 517 00:32:24,901 --> 00:32:30,031 vén un anxo e dille: "Xa te avisamos. 518 00:32:30,114 --> 00:32:33,117 Non lle toques o biolo a Deus." 519 00:32:41,292 --> 00:32:42,835 Non lle toques o biolo? 520 00:32:43,628 --> 00:32:45,129 Non che fai graza? 521 00:32:45,213 --> 00:32:46,798 Non é iso, é que... 522 00:32:48,967 --> 00:32:50,760 Non lle toques o biolo a Deus. 523 00:32:53,346 --> 00:32:56,891 O humor é algo moi persoal. 524 00:32:57,433 --> 00:33:00,395 Algunha xente enténdeo e outra non. 525 00:33:02,146 --> 00:33:06,401 Algúns chistes son tan íntimos que só teñen sentido para dúas persoas. 526 00:33:07,819 --> 00:33:09,862 Pero os chistes son importantes. 527 00:33:11,406 --> 00:33:14,033 Sen eles, non sobreviviriamos. 528 00:33:17,620 --> 00:33:18,788 Non cres? 529 00:33:26,462 --> 00:33:27,672 Teño que marchar. 530 00:33:28,923 --> 00:33:30,091 Cóidate, Saul. 531 00:33:31,050 --> 00:33:33,720 Espero que o meu chiste non che dea problemas. 532 00:33:48,693 --> 00:33:52,321 Quitou bos resultados nas probas cognitivas e informativas. 533 00:33:52,405 --> 00:33:53,698 Cero sorpresas. 534 00:33:54,282 --> 00:33:55,450 Só unha cousiña, 535 00:33:55,533 --> 00:33:58,327 é unha formalidade. 536 00:33:59,287 --> 00:34:00,413 Xurar lealdade. 537 00:34:01,664 --> 00:34:03,082 Cómpre que asine. 538 00:34:06,669 --> 00:34:09,422 "En adiante, xuro que todos os meus esforzos 539 00:34:09,505 --> 00:34:13,051 se centrarán en afirmar a miña lealdade á raza humana, 540 00:34:13,134 --> 00:34:17,430 agora e perpetuamente, por riba das demais lealdades. 541 00:34:17,513 --> 00:34:20,349 Non levarei a cabo actos conscientes 542 00:34:21,059 --> 00:34:26,731 nin divulgarei información algunha que poidan danar a humanidade." 543 00:34:30,443 --> 00:34:31,736 Non o vou asinar. 544 00:34:32,904 --> 00:34:33,821 Por que non? 545 00:34:33,905 --> 00:34:36,991 Porque non sinto lealdade ningunha pola raza humana. 546 00:34:37,575 --> 00:34:39,535 E por que fai isto? 547 00:34:39,619 --> 00:34:41,496 Estou a morrer, non si? 548 00:34:42,038 --> 00:34:43,164 Quen sabe? 549 00:34:43,247 --> 00:34:45,750 Talvez son mellores ca nós. 550 00:34:46,501 --> 00:34:49,003 Por que ía xurarnos lealdade a nós 551 00:34:49,587 --> 00:34:51,798 se eles igual son mellores? 552 00:34:53,257 --> 00:34:54,592 Están a nos invadir. 553 00:34:54,675 --> 00:34:57,970 Veñen para conquistarnos e, seguramente, exterminarnos. 554 00:34:59,055 --> 00:35:00,181 Iso din. 555 00:35:00,848 --> 00:35:02,767 Non quere axudarnos a evitalo? 556 00:35:03,434 --> 00:35:05,103 Jin cre que debería facelo. 557 00:35:05,686 --> 00:35:06,979 E confío nela. 558 00:35:07,688 --> 00:35:11,317 Se quere, xúrolle lealdade a ela. 559 00:35:12,276 --> 00:35:13,903 Pero á humanidade? 560 00:35:15,154 --> 00:35:16,030 Non. 561 00:35:25,289 --> 00:35:27,834 Grazas por atenderme, señor Downing. 562 00:35:32,922 --> 00:35:34,799 É perfecto para o proxecto. 563 00:35:34,882 --> 00:35:37,218 Avisámolo en breve dos seguintes pasos. 564 00:35:41,889 --> 00:35:42,890 Eh! 565 00:35:44,642 --> 00:35:47,103 Por que é perfecto se non quixo asinar? 566 00:35:47,186 --> 00:35:48,980 É o noso home porque non o é. 567 00:35:49,981 --> 00:35:51,023 Talvez non o é. 568 00:35:51,107 --> 00:35:52,859 Xa sei que talvez non o é. 569 00:35:52,942 --> 00:35:55,611 E por iso se van desviar para recollelo. 570 00:36:20,636 --> 00:36:23,181 Este ano, nos EUA as poboacións de cigarras 571 00:36:23,264 --> 00:36:26,267 acadarán os dez mil millóns de exemplares... 572 00:36:26,350 --> 00:36:28,019 Coma unha crema máxica. 573 00:36:28,102 --> 00:36:29,437 Ai, si? Bárbaro! 574 00:36:29,520 --> 00:36:31,772 Si, vai moi ben para hidratar... 575 00:36:31,856 --> 00:36:35,610 Julia, poderías cortarme unhas cenorias a dadiños así... 576 00:36:35,693 --> 00:36:36,611 Así? 577 00:36:37,695 --> 00:36:38,779 Ola, Tatiana. 578 00:36:48,289 --> 00:36:50,750 Disque xa non queredes falar con nós. 579 00:36:53,211 --> 00:36:55,004 Que deixastes morrer a Evans. 580 00:36:55,630 --> 00:36:57,840 Non queriamos falar con el. 581 00:36:57,924 --> 00:37:00,259 Mais contigo si. 582 00:37:01,802 --> 00:37:03,304 Que son eu? 583 00:37:05,139 --> 00:37:06,307 Non son nada. 584 00:37:08,309 --> 00:37:09,352 Un insecto. 585 00:37:10,102 --> 00:37:11,646 Sabemos o que es. 586 00:37:12,605 --> 00:37:15,942 Es parte de algo moito máis grande ca ti. 587 00:37:16,734 --> 00:37:17,985 Es parte de nós. 588 00:37:19,528 --> 00:37:20,780 E precisamos de ti. 589 00:37:32,458 --> 00:37:35,169 O voo Cathay Pacific a Pequín, 590 00:37:35,253 --> 00:37:40,049 número CX252, está listo para o embarque. 591 00:37:41,300 --> 00:37:45,972 Señores pasaxeiros, diríxanse á porta C... 592 00:38:01,153 --> 00:38:04,198 Ola, son a doutora Ye. 593 00:38:07,576 --> 00:38:08,703 Desculpe, coñézoa? 594 00:38:09,745 --> 00:38:12,581 Cambiei de asento para sentarmos xuntos. 595 00:38:12,665 --> 00:38:14,458 Espero que non che importe. 596 00:38:15,918 --> 00:38:18,421 Será agradable ter con quen falar. 597 00:38:22,383 --> 00:38:24,635 Si, é un voo longo. 598 00:38:31,934 --> 00:38:37,440 Señor Downing, debe dar cinco veces o consentimento para a intervención. 599 00:38:37,523 --> 00:38:42,653 As preguntas están deseñadas para evitar un consentimento accidental. 600 00:38:42,737 --> 00:38:44,447 QUERE PÓR FIN Á SÚA VIDA? 601 00:38:44,530 --> 00:38:46,240 Tome o tempo que precise. 602 00:38:47,533 --> 00:38:48,534 Grazas. 603 00:38:57,543 --> 00:38:58,961 Este lugar éche... 604 00:38:59,795 --> 00:39:00,755 Está ben. 605 00:39:01,255 --> 00:39:02,465 Si. 606 00:39:09,055 --> 00:39:10,306 Jin... 607 00:39:10,389 --> 00:39:12,016 Díxenlle que non viñese. 608 00:39:18,105 --> 00:39:19,815 Marcho a cabo Canaveral. 609 00:39:20,566 --> 00:39:22,651 O venres lanzan os primeiros ICBM. 610 00:39:22,735 --> 00:39:25,154 Alá e en Baikonur e Jiuquan 611 00:39:25,237 --> 00:39:27,782 As bombas estarán dentro dunhas semanas 612 00:39:27,865 --> 00:39:30,409 e o noso voluntario poderá marchar. 613 00:39:31,494 --> 00:39:32,828 Uns días emocionantes. 614 00:39:35,748 --> 00:39:36,957 Déixote a ela. 615 00:39:37,750 --> 00:39:39,293 Pasóuseme preguntarcho, 616 00:39:39,960 --> 00:39:41,212 décheslle as grazas? 617 00:39:41,796 --> 00:39:42,838 En persoa, digo. 618 00:39:45,007 --> 00:39:46,384 Pola estrela. 619 00:39:50,096 --> 00:39:51,680 Will regaloume a estrela? 620 00:39:52,807 --> 00:39:54,600 Ai, non cho dixo. 621 00:39:54,683 --> 00:39:56,477 Herdou algúns cartos. 622 00:39:57,228 --> 00:39:59,355 É un cacho de papel sen valor. 623 00:39:59,855 --> 00:40:02,817 Báixalle o prezo e véndea ou quedarás sen nada. 624 00:40:07,488 --> 00:40:11,033 - Non tal, era o King's Arms. - Non, o Eagle and Child. 625 00:40:11,117 --> 00:40:14,995 Ben cho sei, porque estiveras a falar cunha cristiá loura 626 00:40:15,079 --> 00:40:18,207 que estaba a piques de se descristianizar contigo 627 00:40:18,290 --> 00:40:21,710 até que chamaches escritor de merda a C. S. Lewis. 628 00:40:21,794 --> 00:40:23,796 Pareceulle unha falta de respecto, 629 00:40:23,879 --> 00:40:26,882 porque estabamos onde Lewis e Tolkien bebían. 630 00:40:26,966 --> 00:40:28,217 - Tes razón. - Grazas. 631 00:40:28,300 --> 00:40:29,760 Era o Eagle and Child. 632 00:40:30,511 --> 00:40:32,012 E un escritor de merda. 633 00:40:46,277 --> 00:40:47,278 Pois... 634 00:40:48,696 --> 00:40:50,531 Non vou para novo. 635 00:40:56,203 --> 00:40:57,037 Will. 636 00:40:58,914 --> 00:41:03,377 QUERE PÓR FIN Á SÚA VIDA? PREMA 5 PARA SI - 2 PARA NON 637 00:41:05,880 --> 00:41:08,299 Agora en serio... 638 00:41:12,094 --> 00:41:13,971 Tes que pensalo ben. 639 00:41:14,054 --> 00:41:15,139 O que implica. 640 00:41:15,222 --> 00:41:18,434 Quedarás flotando no espazo infindo e xélido, 641 00:41:18,976 --> 00:41:21,770 nin vivo nin morto, 642 00:41:23,022 --> 00:41:26,233 durante miles de anos ou, se cadra, para sempre. 643 00:41:26,317 --> 00:41:28,944 E completamente inconsciente todo o tempo. 644 00:41:29,028 --> 00:41:32,656 Basicamente, morto, que é como vou estar pronto. 645 00:41:36,911 --> 00:41:38,037 Non, Will, iso é... 646 00:41:38,996 --> 00:41:40,539 Iso é no mellor dos casos. 647 00:41:41,207 --> 00:41:43,083 Se te atopan, reconstrúente. 648 00:41:43,792 --> 00:41:46,378 Poida que te convertan nun programa, 649 00:41:46,462 --> 00:41:49,048 que che falen a través dunha interface. 650 00:41:49,131 --> 00:41:52,468 E ti sen ver, sen ouvir, sen sentir. 651 00:41:52,551 --> 00:41:55,971 Como un tanque de illamento. Pregunta entra, resposta sae. 652 00:41:56,055 --> 00:41:57,306 Queiras ou non. 653 00:41:57,932 --> 00:41:59,517 Lenche a mente. 654 00:41:59,600 --> 00:42:01,936 Len O diario dun ninguén, logo. 655 00:42:02,478 --> 00:42:04,730 Despois apáganme e volta á morte. 656 00:42:09,485 --> 00:42:13,155 Vale, pero igual non é un tanque de illamento. 657 00:42:14,657 --> 00:42:18,244 Will, queren saber todo o que implica ser humano. 658 00:42:18,327 --> 00:42:22,164 E poida que o único xeito de facelo sexa interactuando contigo. 659 00:42:22,831 --> 00:42:23,874 Tráente de volta. 660 00:42:25,876 --> 00:42:27,753 Experimentan contigo para saber 661 00:42:29,004 --> 00:42:30,756 como percibimos as cousas. 662 00:42:31,340 --> 00:42:33,551 - O que nos fai felices. - Soa ben. 663 00:42:33,634 --> 00:42:35,302 O que nos fai infelices. 664 00:42:37,721 --> 00:42:41,600 O que nos fai tan infelices que poderían usalo contra nós. 665 00:42:42,309 --> 00:42:44,019 Como nos sentimos cansos? 666 00:42:44,103 --> 00:42:46,105 Como sentimos medo? 667 00:42:46,188 --> 00:42:48,065 Como sentimos dor? 668 00:42:48,148 --> 00:42:49,358 Como sufrimos? 669 00:42:50,025 --> 00:42:52,111 Canto aguantamos? 670 00:42:52,194 --> 00:42:53,946 Farán contigo o que queiran. 671 00:42:54,029 --> 00:42:55,948 Poden levarte alén do límite, 672 00:42:56,031 --> 00:42:57,658 pero non te deixan morrer. 673 00:42:58,784 --> 00:43:00,786 Se morres, resucítante. 674 00:43:00,869 --> 00:43:02,955 E así un mes, 675 00:43:03,038 --> 00:43:06,584 un século ou dez mil anos. 676 00:43:06,667 --> 00:43:08,669 Por que farían algo así? 677 00:43:08,752 --> 00:43:11,255 Eu que carallo sei, eu... 678 00:43:12,006 --> 00:43:14,216 Non sabemos que son. 679 00:43:15,259 --> 00:43:17,094 E igual non podemos sabelo. 680 00:43:17,886 --> 00:43:20,180 Mais, en comparación, é o que dixeron. 681 00:43:20,264 --> 00:43:21,640 Nós somos insectos. 682 00:43:23,976 --> 00:43:27,271 Os insectos ignoran por quen lles pasan cousas terribles. 683 00:43:27,813 --> 00:43:30,899 Non? Pode ser un exterminador ou clase de ciencia. 684 00:43:30,983 --> 00:43:34,653 Ou un neno falcatrueiro que lles quita as patas polas risas. 685 00:43:36,196 --> 00:43:37,615 Non tentes entendelo. 686 00:43:38,991 --> 00:43:40,701 Escapa deles. 687 00:43:47,291 --> 00:43:48,500 PREMA 2 PARA SI 688 00:43:56,383 --> 00:43:57,801 Cantas van? 689 00:43:57,885 --> 00:43:58,969 Con esta, catro. 690 00:44:02,681 --> 00:44:04,475 A seguinte é a última. 691 00:44:06,685 --> 00:44:08,562 Poida que non sexa tan malo. 692 00:44:08,646 --> 00:44:11,482 Igual para eles son coma unha mascota. 693 00:44:14,234 --> 00:44:16,737 Ou unha diversión. 694 00:44:20,908 --> 00:44:22,826 Que fas para divertirte? 695 00:44:24,370 --> 00:44:26,038 Cal é o teu filme preferido? 696 00:44:28,040 --> 00:44:29,208 The Shining. 697 00:44:43,472 --> 00:44:45,683 Cantos teñen esta oportunidade? 698 00:44:50,521 --> 00:44:52,940 Poder despedirse dun bo amigo. 699 00:44:55,567 --> 00:44:56,568 Non moitos. 700 00:45:02,199 --> 00:45:03,909 Nunca tiven moitos amigos, 701 00:45:04,993 --> 00:45:08,622 mais grazas a vós nunca sentín que me faltasen. 702 00:45:14,712 --> 00:45:17,423 Will, voute estrañar, meu. 703 00:45:26,348 --> 00:45:27,349 Ben. 704 00:45:30,769 --> 00:45:33,272 Se me resucitan, eu tamén te estrañarei. 705 00:45:34,481 --> 00:45:39,194 QUERE PÓR FIN Á SÚA VIDA? PREMA 6 PARA SI, 1 PARA NON 706 00:48:31,241 --> 00:48:33,243 Podo ir camiñando desde aquí. 707 00:48:33,911 --> 00:48:37,664 Se non che importa, déixasme soa uns minutos? 708 00:48:41,793 --> 00:48:42,794 Claro. 709 00:48:42,878 --> 00:48:43,837 Grazas. 710 00:48:44,338 --> 00:48:45,505 Vou en dez minutos. 711 00:50:22,394 --> 00:50:23,812 Ola, doutora Ye. 712 00:50:31,361 --> 00:50:32,612 Tatiana. 713 00:50:33,196 --> 00:50:34,698 Alégrome de vela. 714 00:50:35,866 --> 00:50:37,451 E o axente Collins? 715 00:50:39,161 --> 00:50:40,704 Chamábase así? 716 00:50:45,375 --> 00:50:47,836 Pensaba que o Señor nos abandonara. 717 00:50:48,587 --> 00:50:49,588 Non a todos. 718 00:51:04,102 --> 00:51:08,899 Sinto que viñeses tan lonxe para facer algo que ía facer eu. 719 00:51:24,206 --> 00:51:25,415 Non. 720 00:51:26,041 --> 00:51:27,292 Non pode. 721 00:51:28,418 --> 00:51:31,004 A caída será horrible. 722 00:51:33,256 --> 00:51:35,175 Pode que non sexa inmediato. 723 00:51:46,269 --> 00:51:47,437 Por favor. 724 00:51:48,313 --> 00:51:50,273 Podo darlle algo mellor. 725 00:51:52,984 --> 00:51:54,528 Algo delicado. 726 00:51:55,946 --> 00:51:57,405 Algo fermoso. 727 00:52:04,704 --> 00:52:06,289 Podemos sentar un pouco? 728 00:52:07,207 --> 00:52:08,333 Claro. 729 00:52:17,926 --> 00:52:23,098 Cando tiña a túa idade, este era un dos países máis bonitos do mundo. 730 00:52:25,559 --> 00:52:28,270 Todo mellorará coa chegada do Señor. 731 00:52:34,526 --> 00:52:35,777 Seguro que si. 732 00:52:39,865 --> 00:52:42,659 Contouche o Señor por que te mandan onda min? 733 00:52:49,416 --> 00:52:50,417 Sábeo? 734 00:52:53,879 --> 00:52:55,589 Se cadra, chegoulle a hora. 735 00:52:56,923 --> 00:52:58,842 Cumpriu o seu propósito. 736 00:53:06,892 --> 00:53:07,893 Vaia. 737 00:53:09,144 --> 00:53:11,771 Alégrame que o Señor non me esquecese. 738 00:53:13,940 --> 00:53:15,692 A min tamén. 739 00:53:22,115 --> 00:53:25,911 Quería ver o atardecer desde aquí unha vez máis. 740 00:53:27,787 --> 00:53:29,497 Podemos velo xuntas? 741 00:53:31,082 --> 00:53:32,709 Encantaríame. 742 00:53:40,508 --> 00:53:42,302 Esforzouse moito 743 00:53:43,595 --> 00:53:44,888 durante moito tempo. 744 00:53:49,893 --> 00:53:51,686 Merece un descanso. 745 00:56:07,113 --> 00:56:12,118 Subtítulos: Jeiry Castellano