1 00:00:06,047 --> 00:00:08,133 Nin sequera sabemos como son. 2 00:00:08,133 --> 00:00:11,011 Como derrotamos alguén que non podemos imaxinar? 3 00:00:11,011 --> 00:00:12,929 Claro que podemos imaxinalos. 4 00:00:12,929 --> 00:00:17,225 Eu estou a imaxinalos agora mesmo, pero igual a pregunta non é esa. 5 00:00:17,225 --> 00:00:20,103 A pregunta non é como os derrotamos nós, 6 00:00:20,103 --> 00:00:22,522 senón os nosos descendentes. 7 00:00:22,522 --> 00:00:25,358 Dentro de moitas xeracións. 8 00:00:25,358 --> 00:00:27,777 - Hai que ver isto? - ...non é como gañar. 9 00:00:27,777 --> 00:00:30,030 A pregunta que algúns expertos fan... 10 00:00:31,781 --> 00:00:33,491 Non che parece deprimente? 11 00:00:34,868 --> 00:00:35,744 O que? 12 00:00:36,244 --> 00:00:37,454 Como que o que? 13 00:00:37,454 --> 00:00:39,414 Que haxa extraterrestres? 14 00:00:39,414 --> 00:00:41,166 Hai unha invasión. 15 00:00:42,250 --> 00:00:43,460 Chámannos insectos. 16 00:00:43,460 --> 00:00:44,836 Igual o somos. 17 00:00:45,462 --> 00:00:46,880 Eu non son tal. 18 00:00:49,424 --> 00:00:51,342 Tes moitos flirts dunha noite? 19 00:00:53,011 --> 00:00:53,887 Por que o dis? 20 00:00:53,887 --> 00:00:55,638 Lembras o meu nome? 21 00:00:57,515 --> 00:00:58,475 Claro. 22 00:01:02,062 --> 00:01:04,189 Vale. Podes pedirme un Uber? 23 00:01:06,399 --> 00:01:07,400 Saul. 24 00:01:12,072 --> 00:01:14,240 Hai 400 anos os meus devanceiros 25 00:01:14,240 --> 00:01:16,201 estarían en África, a maioría. 26 00:01:16,201 --> 00:01:18,536 Imaxinábanme nun mundo así? Non. 27 00:01:18,536 --> 00:01:22,248 Logo por que me ía anguriar polo mundo de dentro de 400 anos? 28 00:01:22,248 --> 00:01:23,875 Non podo controlalo. 29 00:01:23,875 --> 00:01:27,337 Se os nosos devanceiros pensasen así, non estariamos aquí. 30 00:01:27,337 --> 00:01:31,299 En serio? Cres que hai 400 anos na campiña irlandesa... 31 00:01:31,299 --> 00:01:32,759 - Non son de aí. - Vale. 32 00:01:32,759 --> 00:01:37,680 Cres que andaban a preguntarse que faría a súa tataraneta algún día? 33 00:01:37,680 --> 00:01:40,391 Bárbaro, xa o pillo. Es un escéptico. 34 00:01:40,391 --> 00:01:42,519 - A canto está? - A dous minutos. 35 00:01:42,519 --> 00:01:44,187 Mira, non vou ter fillos. 36 00:01:44,187 --> 00:01:47,690 A miña estirpe remata comigo, non penso no futuro remoto. 37 00:01:47,690 --> 00:01:51,820 Pero hai outra xente no mundo, dáste conta diso, non? 38 00:01:51,820 --> 00:01:52,779 Coma min. 39 00:01:53,279 --> 00:01:55,073 Quero fillos, penso no futuro. 40 00:01:55,073 --> 00:01:56,866 Xa, claro, e paréceme ben. 41 00:01:56,866 --> 00:02:00,411 Ai, grazas, sabio que non lembra o meu nome. 42 00:02:01,871 --> 00:02:03,498 E se tiveses un fillo? 43 00:02:04,290 --> 00:02:08,002 E ese fillo tivese fillos? Ao final, a humanidade extinguirase. 44 00:02:08,002 --> 00:02:09,921 Os extraterrestres darán igual. 45 00:02:09,921 --> 00:02:13,758 - Que dous minutos máis longos. - Está a nada, un Prius gris. 46 00:02:14,259 --> 00:02:15,218 Coidado! 47 00:02:43,997 --> 00:02:44,998 Nora. 48 00:03:17,280 --> 00:03:18,948 Síntoo por Nora. 49 00:03:20,116 --> 00:03:21,284 Erades moi amigos? 50 00:03:23,953 --> 00:03:24,954 Es poli? 51 00:03:25,538 --> 00:03:26,956 Non exactamente. 52 00:03:28,291 --> 00:03:30,168 Estou arrestado? 53 00:03:30,168 --> 00:03:32,045 E logo por que o ías estar? 54 00:03:32,045 --> 00:03:33,755 Cometiches algún delito? 55 00:03:34,756 --> 00:03:38,009 Tranquilo, son amigo de Auggie. 56 00:03:38,009 --> 00:03:39,636 Coñezo a túa amiga Jin. 57 00:03:40,136 --> 00:03:43,223 Sinto dicircho, sei o que lles pasou a Jack e Will. 58 00:03:43,223 --> 00:03:45,141 Tivestes un ano moi duro. 59 00:03:45,808 --> 00:03:50,063 De que falastes ti e Ye Wenjie no cemiterio? 60 00:03:51,397 --> 00:03:53,608 - Que carallo é isto? - A ver. 61 00:03:53,608 --> 00:03:57,570 Ye Wenjie quedou cunha persoa antes de marchar, e fuches ti. 62 00:03:57,570 --> 00:04:00,031 Tres días despois, mátana en China. 63 00:04:00,031 --> 00:04:01,950 - O que? - Cun dos meus homes. 64 00:04:01,950 --> 00:04:03,076 Está morta? 65 00:04:03,076 --> 00:04:05,078 Que a mataran implica iso, si. 66 00:04:05,078 --> 00:04:06,913 E logo, alguén tenta matarte. 67 00:04:06,913 --> 00:04:09,707 Ninguén tentou matarame, houbo un accidente. 68 00:04:09,707 --> 00:04:13,211 O coche que bateu contra Nora era autónomo. 69 00:04:14,003 --> 00:04:16,923 - Sen condutor. - Sei o que significa autónomo. 70 00:04:16,923 --> 00:04:20,343 Os dous coches que chocaron tamén eran autónomos. 71 00:04:20,343 --> 00:04:23,638 Temos razóns para pensar que alguén ou algo 72 00:04:23,638 --> 00:04:28,226 accedeu aos tres sistemas de a bordo segundos antes do accidente. 73 00:04:28,226 --> 00:04:31,646 E temos aínda máis razóns para crer que ti eras o albo. 74 00:04:32,230 --> 00:04:33,481 De quen? 75 00:04:34,524 --> 00:04:36,693 Velaí a cuestión, non é? 76 00:04:36,693 --> 00:04:40,947 Un rapaz en monopatín bateu contra ti, por iso estás vivo. 77 00:04:40,947 --> 00:04:42,991 Non sei que está pasando. 78 00:04:43,574 --> 00:04:44,701 Créote. 79 00:04:51,582 --> 00:04:52,709 Cinco minutos. 80 00:04:56,212 --> 00:04:57,046 Pon iso. 81 00:04:57,547 --> 00:04:58,631 A proba de balas. 82 00:05:59,233 --> 00:06:01,486 Non me vas contar o que pasa? 83 00:06:01,986 --> 00:06:05,365 O noso traballo é levarte ao teu destino san e salvo. 84 00:06:06,449 --> 00:06:07,784 Cal é o meu destino? 85 00:06:08,284 --> 00:06:10,995 Explicarancho todo ao chegarmos. 86 00:06:14,957 --> 00:06:16,834 A familia de Nora sábeo? 87 00:06:19,712 --> 00:06:23,091 Aos pais dixéronlles que morreu nun terrible accidente. 88 00:06:23,674 --> 00:06:25,176 Pero non é certo. 89 00:06:25,176 --> 00:06:28,179 Supoño que coñecerte foi un terrible accidente. 90 00:06:29,472 --> 00:06:31,265 Veña, vou durmir. 91 00:06:31,265 --> 00:06:33,309 Aconsélloche que fagas o mesmo. 92 00:06:34,685 --> 00:06:36,354 Tes un día longo por diante. 93 00:07:24,527 --> 00:07:27,280 Quero estas sementes na cápsula de Escaleira. 94 00:07:34,704 --> 00:07:35,830 Millo. 95 00:07:36,622 --> 00:07:37,665 Trigo. 96 00:07:39,041 --> 00:07:40,376 Esta é de chiles? 97 00:07:40,376 --> 00:07:41,586 Adora o picante. 98 00:07:41,586 --> 00:07:42,670 Non. 99 00:07:43,546 --> 00:07:45,131 Por que? Pesan 18 gramos. 100 00:07:45,131 --> 00:07:48,259 Reducimos cada miligramo que podemos da cápsula. 101 00:07:48,259 --> 00:07:49,677 Ben o sabes. 102 00:07:49,677 --> 00:07:52,972 - Fai coma se pesase 18 g máis. - Pero non é así, ou? 103 00:07:52,972 --> 00:07:56,517 A maior peso, menor velocidade media da nave, 104 00:07:56,517 --> 00:07:58,895 o que atrasará o encontro co inimigo. 105 00:07:58,895 --> 00:08:00,605 Dixéchesmo ti, lémbralo? 106 00:08:00,605 --> 00:08:02,732 Ademais, agora só é un cerebro. 107 00:08:02,732 --> 00:08:05,318 Sen boca nin estómago. Que sentido ten? 108 00:08:06,569 --> 00:08:08,946 Pedireillo a alguén con máis autoridade. 109 00:08:08,946 --> 00:08:11,324 - Non coñeces ninguén. - Pois renuncio. 110 00:08:11,324 --> 00:08:12,241 Non tal. 111 00:08:12,241 --> 00:08:14,577 - Non podes impedirmo. - Non podo, non. 112 00:08:14,577 --> 00:08:15,745 Mais non o farás. 113 00:08:15,745 --> 00:08:19,332 A única ciencia que se financia é para a defensa planetaria. 114 00:08:19,332 --> 00:08:22,251 Se xa non queres ser científica, marcha. 115 00:08:24,962 --> 00:08:28,633 Levo membros clave do proxecto ao lanzamento en cabo Canaveral. 116 00:08:29,759 --> 00:08:31,260 Gárdoche un sitio. 117 00:08:52,657 --> 00:08:53,783 Durmiches algo? 118 00:09:09,882 --> 00:09:10,883 Benvindo á casa. 119 00:09:20,226 --> 00:09:21,394 Señor Durand. 120 00:09:21,978 --> 00:09:24,730 Chámome Sebastian Kent. Un pracer coñecelo. 121 00:09:24,730 --> 00:09:26,732 Sei que foi un día duro. 122 00:09:26,732 --> 00:09:29,485 Espero que lle poidamos facilitar as cousas. 123 00:09:29,485 --> 00:09:32,154 Vaime contar o que pasa? 124 00:09:32,154 --> 00:09:34,240 Non estou autorizado, 125 00:09:34,240 --> 00:09:36,951 pero contaranllo os de arriba, prométollo. 126 00:09:36,951 --> 00:09:38,661 Acompáñame? 127 00:10:06,147 --> 00:10:08,107 Estivo algunha vez na ONU? 128 00:10:10,943 --> 00:10:12,194 Coa clase. 129 00:10:30,713 --> 00:10:31,797 Listo. Despexado! 130 00:10:46,270 --> 00:10:47,730 O cuarto de meditación. 131 00:10:48,731 --> 00:10:50,941 Mandouno construír Dag Hammarskjöld 132 00:10:50,941 --> 00:10:54,945 para atopar a paz en medio de calquera crise. 133 00:10:56,238 --> 00:10:59,200 Tróuxenlle un traxe, cámbiese antes da cerimonia. 134 00:10:59,200 --> 00:11:01,077 Elixín o talle a ollo. 135 00:11:01,077 --> 00:11:03,454 - Non se vai cambiar. - Que cerimonia? 136 00:11:03,454 --> 00:11:05,331 É un momento histórico. 137 00:11:05,331 --> 00:11:07,375 A presentación do proxecto. 138 00:11:07,375 --> 00:11:10,586 Se entendo ben, estou a cargo da súa seguridade. 139 00:11:10,586 --> 00:11:12,213 Irá co que leva posto. 140 00:11:14,215 --> 00:11:15,174 De acordo. 141 00:11:15,174 --> 00:11:16,926 Xa imos tarde. 142 00:11:16,926 --> 00:11:18,427 Que cerimonia? 143 00:11:19,345 --> 00:11:23,182 A cuarta reunión do Consello de Defensa Planetaria 144 00:11:23,182 --> 00:11:26,185 chegou ao último punto do programa. 145 00:11:26,769 --> 00:11:29,730 O anuncio do Proxecto Valo. 146 00:11:30,398 --> 00:11:31,857 Estamos en guerra. 147 00:11:32,608 --> 00:11:34,860 Poden faltar séculos para a batalla, 148 00:11:34,860 --> 00:11:38,197 mais os San-Ti declaráronnos a guerra 149 00:11:38,197 --> 00:11:40,324 e temos de defendernos. 150 00:11:40,866 --> 00:11:44,412 Para eles somos un libro aberto que poden ler cando queren. 151 00:11:44,412 --> 00:11:47,498 A humanidade non ten segredos. 152 00:11:48,457 --> 00:11:51,460 Todas as reunións, as conversas 153 00:11:51,460 --> 00:11:53,713 e a memoria de todos os ordenadores. 154 00:11:54,547 --> 00:11:58,467 Os sofóns ven e oen o que queren, 155 00:11:58,467 --> 00:12:00,553 cando queren. 156 00:12:00,553 --> 00:12:03,889 Son espías invisibles perfectos. 157 00:12:04,557 --> 00:12:08,728 Enfrontámonos a un inimigo moito máis poderoso ca nós. 158 00:12:09,603 --> 00:12:11,897 Un inimigo para o que somos insectos. 159 00:12:11,897 --> 00:12:15,109 Un inimigo que observa todos os nosos movementos. 160 00:12:15,109 --> 00:12:16,152 Entón... 161 00:12:17,236 --> 00:12:18,487 como podemos gañar? 162 00:12:19,697 --> 00:12:23,451 Como lle ocultamos os segredos a un adversario que todo o ve, 163 00:12:24,326 --> 00:12:26,328 que está a nos observar arestora? 164 00:12:27,538 --> 00:12:30,666 Mais o que dixen antes é errado. 165 00:12:32,209 --> 00:12:34,920 A humanidade segue a ter segredos. 166 00:12:34,920 --> 00:12:39,425 O poder dos sofóns é enorme, mais non son todopoderosos. 167 00:12:40,509 --> 00:12:43,804 Non poden lernos a mente. 168 00:12:44,388 --> 00:12:48,434 Esa é a base do que denominamos Proxecto Valo. 169 00:12:49,059 --> 00:12:54,940 Escollemos tres persoas para formular e dirixir plans estratéxicos. 170 00:12:54,940 --> 00:12:59,361 Desenvolverán estes plans só na súa mente, 171 00:12:59,361 --> 00:13:04,825 sen compartilos con ninguén até o momento de executalos. 172 00:13:06,202 --> 00:13:08,329 Chamarémoslles valos, 173 00:13:08,329 --> 00:13:12,249 o antigo nome co que os budistas designaban a quen meditaba. 174 00:13:12,833 --> 00:13:16,796 Concederémoslles unha grande autoridade 175 00:13:16,796 --> 00:13:20,424 que lles permitirá aproveitar todos os nosos recursos. 176 00:13:21,300 --> 00:13:24,887 Sempre que non infrinxan o dereito internacional, 177 00:13:24,887 --> 00:13:30,392 non precisan dar explicacións das súas accións e ordes, 178 00:13:30,392 --> 00:13:35,397 por incomprensible que resulte o seu comportamento. 179 00:13:36,398 --> 00:13:40,027 Ben, en nome das Nacións Unidas, 180 00:13:40,027 --> 00:13:44,698 o primeiro valo é o xeneral Hou Bolin. 181 00:13:47,576 --> 00:13:53,415 Os seus libros sobre historia militar estúdanse en todo o mundo. 182 00:13:53,958 --> 00:13:55,751 Demostrou a súa pericia, 183 00:13:55,751 --> 00:14:00,005 tanto en gañar conflitos como en pórlles fin de xeito pacífico. 184 00:14:01,507 --> 00:14:05,636 O segundo valo é a profesora Leyla Ariç. 185 00:14:06,595 --> 00:14:11,016 A profesora adquiriu relevancia na loita contra o Dáesh en Al-Raqqa. 186 00:14:11,517 --> 00:14:17,982 Ten unha dilatada experiencia en librar e gañar batallas asimétricas. 187 00:14:19,233 --> 00:14:22,820 E, por último, o terceiro valo. 188 00:14:23,612 --> 00:14:24,697 Saul Durand. 189 00:14:33,289 --> 00:14:35,958 Señor Durand, se non lle importa. 190 00:14:39,795 --> 00:14:41,839 Saul Durand. 191 00:14:49,638 --> 00:14:51,932 Un físico formado en Oxford 192 00:14:51,932 --> 00:14:56,353 que estudou con algunhas das mentes máis brillantes. 193 00:14:59,398 --> 00:15:02,484 Estas tres persoas foron escollidas 194 00:15:02,484 --> 00:15:06,238 para a misión máis complicada da historia da humanidade. 195 00:15:06,739 --> 00:15:08,782 Ao asumiren esta pesada carga, 196 00:15:09,366 --> 00:15:12,286 pasarán sós os longos anos, 197 00:15:12,286 --> 00:15:15,623 dándolle as costas a calquera que... 198 00:15:17,666 --> 00:15:20,502 Falo en nome de toda a humanidade 199 00:15:20,502 --> 00:15:25,174 e ofrézolles o máis profundo respecto e gratitude. 200 00:15:26,216 --> 00:15:27,593 É un erro. 201 00:15:27,593 --> 00:15:29,011 Pode. 202 00:15:29,011 --> 00:15:31,430 Non o saberemos até dentro de moito. 203 00:15:31,430 --> 00:15:34,892 Non ten sen sentido, son un investigador de perfil baixo. 204 00:15:34,892 --> 00:15:37,269 Leyla Ariç? É unha heroína. 205 00:15:37,269 --> 00:15:40,689 A xente ten pósters dela guindados no cuarto, pero eu? 206 00:15:40,689 --> 00:15:41,607 Por que eu? 207 00:15:41,607 --> 00:15:46,028 Lembre sempre que nos teñen de ollo. 208 00:15:46,028 --> 00:15:50,407 Sobre todo agora, o inimigo sempre o terá de ollo. 209 00:15:51,116 --> 00:15:53,786 Por que o elixiron? 210 00:15:53,786 --> 00:15:56,372 Digamos que o inimigo sabe por que. 211 00:15:57,331 --> 00:15:58,666 Non son especial. 212 00:15:58,666 --> 00:16:00,084 Para eles si. 213 00:16:00,084 --> 00:16:02,169 Eles? O inimigo? 214 00:16:02,169 --> 00:16:05,881 Ninguén me preguntou se quería. Ninguén me explicou nada. 215 00:16:05,881 --> 00:16:08,467 - De llo preguntar, viría? - Claro que non. 216 00:16:08,467 --> 00:16:10,177 Por iso non preguntamos. 217 00:16:10,761 --> 00:16:12,596 - Négome. - Pode. 218 00:16:18,435 --> 00:16:21,063 Rexeito o cargo de valo. 219 00:16:21,981 --> 00:16:25,275 Rexeito todos os poderes outorgados. 220 00:16:25,776 --> 00:16:27,736 Non o farei, de acordo? 221 00:16:27,736 --> 00:16:29,363 Non son o home que buscan. 222 00:16:31,156 --> 00:16:32,157 De acordo. 223 00:16:32,700 --> 00:16:34,034 Comprendo. 224 00:16:36,328 --> 00:16:37,913 Podo marchar, logo? 225 00:16:38,789 --> 00:16:40,499 Pode facer o que queira. 226 00:17:09,153 --> 00:17:12,865 Fóra podería haber perigo. Vouche buscar escolta. 227 00:17:12,865 --> 00:17:14,491 - Non tal. - Durand. 228 00:17:14,491 --> 00:17:16,160 Non son un valo. 229 00:17:16,702 --> 00:17:19,747 Nunca o serei, así que, se non estou arrestado, 230 00:17:19,747 --> 00:17:21,165 gustaríame marchar. 231 00:17:21,707 --> 00:17:22,541 Só. 232 00:17:24,752 --> 00:17:27,046 Só podemos facer o que nos pide. 233 00:17:27,046 --> 00:17:28,505 As normas son claras. 234 00:17:31,091 --> 00:17:32,843 Déixame acompañarte ao menos. 235 00:17:33,469 --> 00:17:34,470 Non. 236 00:18:05,417 --> 00:18:07,753 Traede unha puta ambulancia xa! 237 00:18:08,962 --> 00:18:12,758 Vaste pór ben. Só tes que respirar, si? 238 00:18:13,258 --> 00:18:14,927 E aguantar. 239 00:18:14,927 --> 00:18:18,305 Veña, así. 240 00:18:18,305 --> 00:18:20,390 Así. 241 00:18:23,560 --> 00:18:25,896 Nin moito nin pouco. 242 00:18:26,396 --> 00:18:29,149 Tiña unha carpa vermella, podes confiar en min. 243 00:18:29,149 --> 00:18:31,693 Edgar, que non morra. Estamos? 244 00:18:32,194 --> 00:18:33,195 Si. 245 00:18:34,404 --> 00:18:35,322 Grazas. 246 00:18:36,698 --> 00:18:37,699 Boa sorte. 247 00:19:22,786 --> 00:19:23,787 Si? 248 00:19:26,248 --> 00:19:27,249 Como de grave? 249 00:19:29,376 --> 00:19:30,377 Xa. 250 00:19:32,379 --> 00:19:33,380 Xa. 251 00:19:35,007 --> 00:19:38,177 De acordo, Clarence, que non volva suceder. 252 00:19:44,266 --> 00:19:47,352 Este ano, as cigarras regresaron en números récord, 253 00:19:47,352 --> 00:19:50,772 un fenómeno debido ao quecemento global. 254 00:19:50,772 --> 00:19:54,067 Os labregos temen non poder protexer os cultivos, 255 00:19:54,067 --> 00:19:59,489 xa que segundo os expertos pódense acadar 1,5 millóns de insectos por acre. 256 00:19:59,489 --> 00:20:00,824 Ei! 257 00:20:01,825 --> 00:20:03,285 Que fas? 258 00:20:08,081 --> 00:20:09,208 Que tal estás? 259 00:20:11,376 --> 00:20:15,088 Tes unha costela rota e unha hemorraxia interna. 260 00:20:15,631 --> 00:20:19,259 Non está mal tendo en conta que che dispararon cun fusil 338. 261 00:20:19,927 --> 00:20:23,931 - Salváchesme a vida. - Salvoucha a funda a proba de balas. 262 00:20:24,848 --> 00:20:26,099 Eu cagueina. 263 00:20:26,600 --> 00:20:28,560 O meu traballo é protexerte. 264 00:20:28,560 --> 00:20:31,396 Se acabas aquí, é que moi ben non o fago. 265 00:20:31,396 --> 00:20:32,940 Non, a culpa foi miña. 266 00:20:33,523 --> 00:20:35,859 Querías protexerme e non te deixei. 267 00:20:37,110 --> 00:20:38,820 Agora vasme deixar? 268 00:20:40,864 --> 00:20:41,865 Grazas. 269 00:20:45,535 --> 00:20:47,537 A policía atrapou o francotirador. 270 00:20:49,623 --> 00:20:50,707 Haberá máis. 271 00:20:51,708 --> 00:20:52,960 Gustaríame velo. 272 00:20:54,002 --> 00:20:56,546 Queres ver o tipo que tentou matarte? 273 00:20:56,546 --> 00:20:57,631 Por que? 274 00:20:59,424 --> 00:21:00,801 Coñece o teu inimigo. 275 00:21:02,344 --> 00:21:03,470 Díxoo Sun Tzu, non? 276 00:21:05,138 --> 00:21:07,140 Eu que sei, sonche de Manchester. 277 00:21:08,892 --> 00:21:10,102 Quero falar con el. 278 00:21:12,521 --> 00:21:14,773 A ver, é que iso non é cousa miña. 279 00:21:14,773 --> 00:21:18,986 Eu levo a seguridade, non organizo reunións con asasinos. 280 00:21:22,864 --> 00:21:24,241 Déixame preguntar. 281 00:21:25,367 --> 00:21:26,368 Grazas. 282 00:21:27,160 --> 00:21:29,162 Es un valo. 283 00:21:29,162 --> 00:21:30,872 Os teus desexos son ordes. 284 00:21:30,872 --> 00:21:33,208 Xa, pero non son tal. 285 00:21:34,793 --> 00:21:36,211 Rexeiteino. 286 00:21:39,506 --> 00:21:41,883 Agora vaime sorrir todo o mundo así? 287 00:21:43,010 --> 00:21:43,969 Así, como? 288 00:21:45,012 --> 00:21:48,473 Como se soubesen algo de min que non poden dicir. 289 00:21:49,474 --> 00:21:53,687 Ou como se eu soubese algo que non podo dicir. 290 00:22:21,757 --> 00:22:22,591 Un momento. 291 00:22:23,759 --> 00:22:24,968 Que raio pasa? 292 00:22:25,969 --> 00:22:28,430 Non ten sentido volver revisar as cifras... 293 00:22:28,430 --> 00:22:30,807 Deixáchesme e pasóuseche dicirmo? 294 00:22:30,807 --> 00:22:34,144 ...nanosegundo, estamos fodidos. E todo para nada. 295 00:22:35,562 --> 00:22:38,565 - Non entendo. - A coordinación das detonacións. 296 00:22:38,565 --> 00:22:40,859 Non, non entendo o que nos pasou. 297 00:22:45,447 --> 00:22:47,657 Non, agora non teño tempo. 298 00:22:47,657 --> 00:22:49,659 - Non, tes tal. - Non. 299 00:22:49,659 --> 00:22:52,287 Tes cinco horas e estás nun avión comigo. 300 00:22:55,624 --> 00:22:56,666 É por Will? 301 00:22:56,666 --> 00:22:58,710 Claro que é por Will. 302 00:22:59,378 --> 00:23:02,089 Roubeille as últimas semanas de vida 303 00:23:02,089 --> 00:23:05,217 e ímolo lanzar ao espazo nunha misión sen probar. 304 00:23:05,217 --> 00:23:07,219 Igual nin dá engalado. 305 00:23:07,219 --> 00:23:09,054 Sabes o complicado que é? 306 00:23:09,054 --> 00:23:11,515 - Entendes algo disto? - Entendo... 307 00:23:11,515 --> 00:23:16,144 Ao chegar ao espazo, cómpre despregar a vela de radiación no momento xusto. 308 00:23:16,144 --> 00:23:18,939 E despois, pasar por 300 bombas atómicas, 309 00:23:18,939 --> 00:23:21,608 polo lugar exacto no momento xusto. 310 00:23:21,608 --> 00:23:24,486 É coma enfiar unha agulla 300 veces seguidas 311 00:23:24,486 --> 00:23:27,072 a centos de quilómetros por segundo. 312 00:23:27,072 --> 00:23:28,532 Xa, vin os diagramas... 313 00:23:28,532 --> 00:23:31,660 A cápsula non pode sufrir danos nas detonacións. 314 00:23:31,660 --> 00:23:34,079 - As súas posibilidades de... - Non é el. 315 00:23:35,247 --> 00:23:36,206 Que? 316 00:23:36,706 --> 00:23:37,958 Segues a falar del. 317 00:23:38,792 --> 00:23:40,127 Mais non é Will. 318 00:23:41,420 --> 00:23:42,629 Will morreu. 319 00:23:42,629 --> 00:23:43,964 Non tal. 320 00:23:44,840 --> 00:23:49,553 É un cerebro vivo conservado a 150 graos baixo cero. 321 00:23:49,553 --> 00:23:50,846 Jin... 322 00:23:50,846 --> 00:23:52,389 Se os San-Ti o recollen, 323 00:23:52,389 --> 00:23:56,143 sabes o doado que é reconstruírlle o corpo coa súa tecnoloxía? 324 00:23:56,143 --> 00:23:57,602 Que posibilidades hai? 325 00:24:00,730 --> 00:24:01,731 Non son cero. 326 00:24:05,277 --> 00:24:06,278 Queríalo. 327 00:24:10,073 --> 00:24:11,241 E quéroo. 328 00:24:11,825 --> 00:24:12,993 Segue vivo. 329 00:24:16,079 --> 00:24:17,539 Espero que funcione. 330 00:24:19,541 --> 00:24:20,542 De verdade. 331 00:24:42,856 --> 00:24:46,526 Xente de todo o mundo faise hoxe a mesma pregunta. 332 00:24:46,526 --> 00:24:49,446 Quen é Saul Durand e por que o... 333 00:24:58,955 --> 00:25:00,248 Deixádesnos sós? 334 00:25:07,923 --> 00:25:09,299 Eu quedo. 335 00:25:09,841 --> 00:25:12,052 Este señor sabe o que fai. 336 00:25:15,805 --> 00:25:16,973 Que tes na cara? 337 00:25:16,973 --> 00:25:18,725 Puxen resistencia. 338 00:25:20,227 --> 00:25:21,186 Estás ferido? 339 00:25:22,312 --> 00:25:23,313 Estou ben. 340 00:25:23,980 --> 00:25:24,981 Síntocho. 341 00:25:27,984 --> 00:25:30,028 Disparáchesme cun rifle. 342 00:25:31,029 --> 00:25:31,988 E séntelo? 343 00:25:31,988 --> 00:25:35,033 Sinto que non che dese na cabeza. 344 00:25:36,535 --> 00:25:38,537 Así eu cumpriría a miña misión 345 00:25:39,037 --> 00:25:40,497 e ti zafaríaste da túa. 346 00:25:40,497 --> 00:25:42,040 Eu xa me zafei. 347 00:25:42,040 --> 00:25:43,833 Díxenllo á secretaria xeral. 348 00:25:43,833 --> 00:25:46,253 Rexeitei o cargo de valo. 349 00:25:47,087 --> 00:25:49,256 Os teus superiores malgastáronte. 350 00:25:50,632 --> 00:25:51,758 Es raro. 351 00:25:52,926 --> 00:25:54,761 Só che digo a verdade. 352 00:25:55,845 --> 00:25:57,097 Creste intelixente? 353 00:25:58,515 --> 00:25:59,933 Non tes a culpa. 354 00:26:00,892 --> 00:26:04,104 Eu tamén pensaba que o era antes de saber a verdade. 355 00:26:05,105 --> 00:26:06,106 Cal? 356 00:26:06,982 --> 00:26:11,820 Dis que son os meus superiores, mais tamén son os teus. 357 00:26:12,988 --> 00:26:17,033 Se tan superiores son, que máis lles dá que viva ou morra? 358 00:26:17,951 --> 00:26:18,952 Non sei. 359 00:26:21,162 --> 00:26:23,248 Tentaches matar un descoñecido 360 00:26:23,248 --> 00:26:25,917 por orde de extraterrestres descoñecidos. 361 00:26:26,418 --> 00:26:27,460 Por que? 362 00:26:28,420 --> 00:26:29,963 Que carallo che pasa? 363 00:26:34,551 --> 00:26:37,470 Son un soldado do exército do Señor. 364 00:26:59,659 --> 00:27:02,329 - Vai amodo. - Estou ben. 365 00:27:04,456 --> 00:27:05,749 Para quen traballas? 366 00:27:06,791 --> 00:27:10,086 Primeiro para o MI5, despois a SIA 367 00:27:10,086 --> 00:27:11,755 e agora o PDF. 368 00:27:11,755 --> 00:27:13,089 Non, non era así. 369 00:27:13,590 --> 00:27:14,883 PDC? 370 00:27:14,883 --> 00:27:17,886 - C... só son letras. - Cal é o teu traballo? 371 00:27:17,886 --> 00:27:20,472 Agora? Protexerte. 372 00:27:20,472 --> 00:27:23,433 Dous intentos de acabar coa túa vida en 48 horas. 373 00:27:23,433 --> 00:27:26,144 Quero marchar, quero ir para a casa. 374 00:27:27,312 --> 00:27:28,188 Vale. 375 00:27:28,897 --> 00:27:31,566 Das viaxes encárgase Kent. Agarda. 376 00:27:36,321 --> 00:27:39,699 Señor Durand, alégrame velo en pé. Como está? 377 00:27:41,368 --> 00:27:42,494 Cal é a súa función? 378 00:27:42,494 --> 00:27:45,705 Son o seu enlace co Consello de Defensa Planetaria. 379 00:27:45,705 --> 00:27:46,665 CDP. 380 00:27:47,248 --> 00:27:48,750 Enlace? 381 00:27:48,750 --> 00:27:49,918 Si, señor. 382 00:27:49,918 --> 00:27:51,920 Mais xa non son un valo. 383 00:27:51,920 --> 00:27:53,254 Claro que non, señor. 384 00:27:53,838 --> 00:27:57,509 O Proxecto Valo xa é público, non si? 385 00:27:57,509 --> 00:27:59,636 Si, agora sábeo todo o mundo. 386 00:28:00,303 --> 00:28:03,473 E saben que rexeitei o cargo. 387 00:28:03,473 --> 00:28:05,850 Saben, formaba parte do anuncio. 388 00:28:05,850 --> 00:28:07,060 E que dicía? 389 00:28:07,060 --> 00:28:10,188 Ao remate da sesión especial da ONU, 390 00:28:10,188 --> 00:28:14,734 Saul Durand rexeitou o posto e a misión de valo. 391 00:28:15,276 --> 00:28:17,112 Por que segue aquí, logo? 392 00:28:17,112 --> 00:28:19,322 Son o seu enlace. 393 00:28:24,411 --> 00:28:26,955 Desculpe, é só que non... 394 00:28:27,455 --> 00:28:28,915 Non nos entendemos. 395 00:28:32,627 --> 00:28:34,546 Non son un valo. 396 00:28:34,546 --> 00:28:35,547 Non, señor. 397 00:28:35,547 --> 00:28:37,006 Rexeitei a oferta. 398 00:28:37,006 --> 00:28:38,091 Rexeitou, si. 399 00:28:48,059 --> 00:28:50,061 Quero ver a secretaria xeral. 400 00:28:50,603 --> 00:28:52,272 Está a esperalo. 401 00:28:55,817 --> 00:28:57,152 Quero marchar á casa. 402 00:28:58,236 --> 00:28:59,529 Non son unha experta, 403 00:28:59,529 --> 00:29:03,616 mais dubido que a súa casa cumpra os novos requisitos de seguridade. 404 00:29:03,616 --> 00:29:06,828 Se non son un valo, para que os necesito? 405 00:29:06,828 --> 00:29:11,249 Non sei se importa que o sexa de verdade. 406 00:29:11,249 --> 00:29:14,544 O que importa é o que cre a xente. 407 00:29:15,211 --> 00:29:16,421 E quen non é xente. 408 00:29:18,882 --> 00:29:21,384 - Cre que nos observan? - Creo. 409 00:29:22,010 --> 00:29:25,096 Logo entenden que rexeitei o cargo. 410 00:29:26,306 --> 00:29:27,724 Talvez. 411 00:29:27,724 --> 00:29:28,933 Talvez? 412 00:29:29,684 --> 00:29:32,771 O traballo dun valo lévase a cabo en segredo, 413 00:29:32,771 --> 00:29:34,856 na soidade da mente. 414 00:29:35,356 --> 00:29:37,400 Non sei o que ten na mente. 415 00:29:37,400 --> 00:29:38,401 Eles tampouco. 416 00:29:38,401 --> 00:29:40,153 Non quero este traballo. 417 00:29:40,153 --> 00:29:41,863 Non me estraña, é horrible. 418 00:29:41,863 --> 00:29:43,156 Por que me elixiron? 419 00:29:43,156 --> 00:29:46,826 E non me diga que nos observa o inimigo, porque tanto me ten. 420 00:29:46,826 --> 00:29:47,952 Non fun á guerra. 421 00:29:47,952 --> 00:29:50,330 Só pelexei unha vez aos 12 anos 422 00:29:50,330 --> 00:29:52,707 e Khari Shavers deume unha malleira. 423 00:29:52,707 --> 00:29:57,003 Non teño nin zosca de combater extraterrestres. 424 00:29:57,003 --> 00:30:00,381 E non chegan até dentro de 400 anos. 425 00:30:01,341 --> 00:30:03,218 Logo, por que non acougamos 426 00:30:03,218 --> 00:30:06,596 e fumamos un peta, porque daquela xa estaremos mortos. 427 00:30:06,596 --> 00:30:10,016 Teño pensado o mesmo moitas veces, 428 00:30:10,016 --> 00:30:13,853 pero debémosllelo aos nosos descendentes. 429 00:30:13,853 --> 00:30:15,605 Por que me elixiron? 430 00:30:16,314 --> 00:30:17,816 - Ninguén o sabe. - Que? 431 00:30:17,816 --> 00:30:19,484 Ninguén o sabe. 432 00:30:19,484 --> 00:30:21,986 Algún motivo terían para elixirme 433 00:30:22,487 --> 00:30:25,031 entre oito mil millóns de persoas. 434 00:30:25,031 --> 00:30:27,534 Si, pero só indirecto. 435 00:30:28,326 --> 00:30:30,703 Ninguén sabe o motivo real. 436 00:30:31,412 --> 00:30:33,540 Terá que atopar a resposta. 437 00:30:33,540 --> 00:30:35,750 E iso que quere dicir? 438 00:30:36,459 --> 00:30:38,545 Arruináronme a vida 439 00:30:38,545 --> 00:30:40,964 e agora vénme con estas lerias? 440 00:30:40,964 --> 00:30:43,132 E ben que llo sinto. 441 00:30:44,884 --> 00:30:46,344 Cal é a razón indirecta? 442 00:30:47,595 --> 00:30:50,306 Coido que a saberá ao seu debido tempo. 443 00:30:50,890 --> 00:30:54,477 Foi un pracer volver velo, señor Durand. 444 00:30:56,312 --> 00:30:59,774 No futuro, o señor Kent encargarase de todo o que precise. 445 00:31:01,234 --> 00:31:05,029 Con vostede arriscamos moito. 446 00:31:05,905 --> 00:31:09,659 E non creo que eu viva abondo para ver se pagou a pena, 447 00:31:10,243 --> 00:31:12,161 pero espero que si. 448 00:31:26,259 --> 00:31:27,176 Sr. Kent? 449 00:31:27,677 --> 00:31:28,636 Si, Sr. Durand. 450 00:31:28,636 --> 00:31:31,097 Mañá lanzan o meu amigo ao espazo. 451 00:31:31,598 --> 00:31:33,224 Gustaríame velo. 452 00:31:34,100 --> 00:31:35,476 Claro, Sr. Durand. 453 00:33:05,233 --> 00:33:08,069 SE UN DE NÓS SOBREVIVE, TODOS SOBREVIVIMOS. 454 00:34:29,317 --> 00:34:32,445 Cápsula asegurada, telemetría de carga normal. 455 00:34:33,196 --> 00:34:35,531 Soportes selados e listos. 456 00:34:36,032 --> 00:34:38,910 Recibindo luz verde das 300 bombas. 457 00:34:38,910 --> 00:34:41,704 Todas en posición para a traxectoria da sonda. 458 00:34:43,164 --> 00:34:47,460 Estacións listas para o lanzamento. Preparados para retomar a conta atrás. 459 00:34:52,673 --> 00:34:54,050 Dezaoito gramos. 460 00:34:55,802 --> 00:34:56,844 Que? 461 00:34:56,844 --> 00:35:00,223 Se poden clonar o seu corpo, que é copiar unhas sementes. 462 00:35:01,099 --> 00:35:02,975 Non quererás que pase fame. 463 00:35:02,975 --> 00:35:04,227 Están dentro? 464 00:35:04,227 --> 00:35:07,897 Trigo, millo, ervellas, chiles. 465 00:35:08,773 --> 00:35:10,441 Seica lle gusta o picante. 466 00:35:10,983 --> 00:35:12,485 Faltan 15 segundos. 467 00:35:13,069 --> 00:35:14,821 Que che fixo cambiar de idea? 468 00:35:16,906 --> 00:35:19,117 Dez, nove, 469 00:35:19,117 --> 00:35:22,286 oito, sete, seis, 470 00:35:22,286 --> 00:35:24,539 cinco, catro, 471 00:35:24,539 --> 00:35:27,917 tres, dous, un. 472 00:36:32,273 --> 00:36:33,274 Saul. 473 00:36:39,947 --> 00:36:40,865 Desculpa. 474 00:36:41,365 --> 00:36:43,075 É seguro que esteas aquí? 475 00:36:43,075 --> 00:36:44,410 A proba de balas. 476 00:36:44,410 --> 00:36:45,328 Vaia. 477 00:36:48,623 --> 00:36:49,916 Xa chegou ao espazo? 478 00:36:51,042 --> 00:36:53,794 Case, está na exosfera. 479 00:36:56,005 --> 00:36:56,964 Tiveches sorte. 480 00:36:56,964 --> 00:36:57,882 Seino. 481 00:36:57,882 --> 00:36:59,675 Quéreno morto. 482 00:36:59,675 --> 00:37:02,136 Por iso sabemos que é valioso, non si? 483 00:37:02,929 --> 00:37:04,597 O inimigo do meu inimigo. 484 00:37:05,181 --> 00:37:07,808 Pasarás o resto da vida esposado a ese mozo. 485 00:37:07,808 --> 00:37:08,768 Paréceche ben? 486 00:37:08,768 --> 00:37:10,144 Teño outra opción? 487 00:37:10,144 --> 00:37:11,312 Non. 488 00:37:11,312 --> 00:37:12,730 Paréceme ben, logo. 489 00:37:16,108 --> 00:37:18,236 Alégrame que esteas ben. 490 00:37:18,236 --> 00:37:19,487 Grazas. 491 00:37:19,987 --> 00:37:23,824 Faltan dúas horas para que a cápsula chegue á primeira detonación. 492 00:37:24,825 --> 00:37:25,952 Tomamos o aire? 493 00:37:46,138 --> 00:37:48,099 Vai contigo a todas partes, eh? 494 00:37:49,267 --> 00:37:50,601 É parte do trato. 495 00:37:59,986 --> 00:38:01,737 Lémbraste do ano pasado, 496 00:38:02,321 --> 00:38:05,783 preocupados polo carallo que nos preocupase daquela? 497 00:38:08,786 --> 00:38:11,539 Quero volver atrás no tempo e darme un moquete. 498 00:38:15,668 --> 00:38:19,338 Un xeneral chinés, unha heroína de guerra kurda 499 00:38:20,006 --> 00:38:21,340 e Saul Durand? 500 00:38:21,340 --> 00:38:22,425 Xa, non? 501 00:38:22,967 --> 00:38:24,760 Non ten sentido ningún. 502 00:38:24,760 --> 00:38:27,305 - Non che dixeron o motivo? - Non. 503 00:38:27,930 --> 00:38:29,181 Pero teño unha idea. 504 00:38:36,897 --> 00:38:38,607 Boh, é unha parvada. 505 00:38:44,947 --> 00:38:46,574 Tes falado con Auggie? 506 00:38:47,908 --> 00:38:49,160 Non, por? Está ben? 507 00:38:51,162 --> 00:38:52,955 Odia o que lle fixemos a Will. 508 00:38:54,582 --> 00:38:56,208 Eu odio o que lle fixemos. 509 00:38:56,709 --> 00:38:57,918 Tomou unha decisión. 510 00:39:00,129 --> 00:39:01,672 E por ti faría o que fose. 511 00:39:04,675 --> 00:39:06,260 Deus, canto te quería. 512 00:39:09,430 --> 00:39:11,557 - Desculpa, que cretino, pero... - Non. 513 00:39:11,557 --> 00:39:12,641 Queríate. 514 00:39:13,809 --> 00:39:16,062 Oxalá algún día me queiran tanto. 515 00:39:19,357 --> 00:39:20,983 Se cadra, xa te queren. 516 00:39:42,421 --> 00:39:45,800 {\an8}SAN LUIS POTOSÍ, MÉXICO 517 00:41:20,478 --> 00:41:23,230 Separación do propulsor de primeira fase. 518 00:41:30,696 --> 00:41:34,909 Expulsión de propulsor en dez, nove, oito, 519 00:41:35,534 --> 00:41:37,411 sete, seis, 520 00:41:37,411 --> 00:41:43,209 cinco, catro, tres, dous, un. 521 00:41:48,631 --> 00:41:52,301 Expulsión dos propulsores un, dous, tres e catro completada. 522 00:41:52,301 --> 00:41:54,762 Esperando confirmación telemétrica 523 00:41:54,762 --> 00:41:57,765 para despregar a vela e aproveitar as detonacións. 524 00:42:57,992 --> 00:43:00,369 Vela despregada con normalidade. 525 00:43:00,369 --> 00:43:03,706 Aceleración da sonda por sucesivas detonacións. 526 00:43:06,667 --> 00:43:07,710 Logrouno. 527 00:43:08,502 --> 00:43:09,795 Hostia. 528 00:43:12,756 --> 00:43:14,967 Achegámonos á primeira detonación. 529 00:43:19,054 --> 00:43:21,056 Esperando detonación en dez, 530 00:43:21,056 --> 00:43:25,728 nove, oito, sete, seis, 531 00:43:25,728 --> 00:43:27,563 cinco, catro 532 00:43:28,188 --> 00:43:31,233 tres, dous, un. 533 00:43:43,329 --> 00:43:45,122 Primeira detonación lograda. 534 00:43:45,122 --> 00:43:49,418 O navegación indica que a cápsula vai a 57 quilómetros por segundo. 535 00:43:51,295 --> 00:43:57,551 Segunda detonación en cinco, catro, tres, dous, un. 536 00:44:05,351 --> 00:44:07,519 A telemetría da segunda é boa. 537 00:44:07,519 --> 00:44:10,356 A velocidade é de 68 quilómetros por segundo. 538 00:44:10,356 --> 00:44:11,899 Agora está a voar. 539 00:44:12,691 --> 00:44:18,781 Terceira detonación en cinco, catro, tres, dous, un. 540 00:44:24,453 --> 00:44:26,455 Terceira detonación lograda. 541 00:44:26,455 --> 00:44:28,957 Agora indica 80 quilómetros por segundo. 542 00:44:28,957 --> 00:44:32,336 Recibimos boa telemetría da nave. Os valores termais... 543 00:44:32,336 --> 00:44:35,172 Os sistemas amosan marxe de potencia positiva. 544 00:45:06,662 --> 00:45:09,331 Atención, anomalía detectada. 545 00:45:09,331 --> 00:45:12,376 A traxectoria desvíase dos valores previstos. 546 00:45:13,001 --> 00:45:15,254 Procedemos a revisalo. 547 00:45:15,254 --> 00:45:16,672 Equipo de GNC, 548 00:45:17,339 --> 00:45:20,217 confirmades os datos co Doppler de Green Bank? 549 00:45:20,217 --> 00:45:21,510 Inclinación... 550 00:45:21,510 --> 00:45:24,096 Podedes confirmalos cos datos do IMU? 551 00:47:09,910 --> 00:47:13,705 Non teño nin idea, pero é Hou Bolin. Se o quere, conseguídello. 552 00:47:14,206 --> 00:47:16,875 Claro, señor Wade. Ocupámonos decontado. 553 00:47:38,730 --> 00:47:40,983 Esperamos que goce do voo, señor Wade. 554 00:47:43,318 --> 00:47:45,946 Lamentamos o fracaso do Proxecto Escaleira. 555 00:47:45,946 --> 00:47:47,906 Queriamos coñecer o Sr. Downing. 556 00:47:49,116 --> 00:47:52,995 E a vostede esperamos coñecelo, se a hibernación funciona. 557 00:47:53,662 --> 00:47:55,831 Os humanos son moi fráxiles. 558 00:48:10,178 --> 00:48:14,016 Se me observades, é que algo estou a facer ben. 559 00:48:14,641 --> 00:48:17,394 É un líder forte. 560 00:48:18,186 --> 00:48:21,565 Saiba que haberá lugar para vostede cando cheguemos. 561 00:48:22,900 --> 00:48:24,776 Forma parte do noso plan. 562 00:48:38,498 --> 00:48:40,250 Sempre o acompañaremos. 563 00:48:40,834 --> 00:48:44,755 En cada sitio que entre, aí estaremos a esperalo. 564 00:48:45,339 --> 00:48:48,592 Verá o que queiramos que vexa. 565 00:48:50,886 --> 00:48:52,346 Até o día en que morra. 566 00:49:30,676 --> 00:49:33,345 Canto cres que quedará flotando por aí? 567 00:49:36,056 --> 00:49:37,891 Segundo o rumbo final, 568 00:49:38,558 --> 00:49:41,228 acadará outra estrela dentro duns 6000 anos. 569 00:49:41,228 --> 00:49:43,730 Non caerá no seu pozo gravitacional. 570 00:49:44,231 --> 00:49:47,859 Igual outros cinco millóns de anos até abandonar a Vía Láctea. 571 00:49:49,820 --> 00:49:52,990 Vaia par de cabróns máis tristes. 572 00:49:52,990 --> 00:49:56,743 Deixa os sermóns, meu. Paso de merdas de Henrique V. 573 00:49:58,704 --> 00:50:01,123 Eu fixen de Henrique V en terceiro. 574 00:50:01,999 --> 00:50:05,127 Recibín boas críticas no periódico do colexio. 575 00:50:05,836 --> 00:50:10,298 Ás veces, a depresión é unha reacción acaída ao que pasa no mundo. 576 00:50:10,298 --> 00:50:11,383 Arre carallo. 577 00:50:12,342 --> 00:50:15,595 Perdes varias batallas e réndeste na guerra? 578 00:50:16,304 --> 00:50:17,305 Non o entendes. 579 00:50:18,515 --> 00:50:22,853 Wade dixo que a sonda era máis rápida ca ningún outro obxecto humano. 580 00:50:23,895 --> 00:50:25,063 Foi un fracaso. 581 00:50:26,356 --> 00:50:28,358 Tedes visto deses filmes bélicos 582 00:50:28,358 --> 00:50:31,820 nos que os avións dos aliados engalan dun portaavións? 583 00:50:32,946 --> 00:50:35,657 Cantos pilotos morreron antes de logralo? 584 00:50:35,657 --> 00:50:39,745 Sabes que aínda somos millóns de veces máis lentos ca os San-Ti? 585 00:50:39,745 --> 00:50:43,749 Somos lentos, parvos e morremos fácil. 586 00:50:45,792 --> 00:50:46,835 Somos insectos. 587 00:50:50,297 --> 00:50:52,382 Veña, imos dar unha volta en coche. 588 00:50:54,593 --> 00:50:56,428 - Non quero. - Xa. 589 00:51:23,497 --> 00:51:24,623 Traede o ron. 590 00:51:45,644 --> 00:51:47,020 Odiamos os insectos. 591 00:51:48,230 --> 00:51:50,690 Tentamos acabar con eles desde sempre. 592 00:51:50,690 --> 00:51:53,026 Botamos pesticidas desde os avións, 593 00:51:53,026 --> 00:51:55,237 poñemos veleno no chan, 594 00:51:55,237 --> 00:51:56,947 probamos a esterilizalos. 595 00:51:56,947 --> 00:51:59,616 Esmagámolos, esnaquizámolos, pisámolos. 596 00:52:00,242 --> 00:52:01,409 Mirade ao redor. 597 00:52:03,453 --> 00:52:05,122 Non van a ningures. 598 00:52:15,549 --> 00:52:16,675 Polos insectos. 599 00:52:27,811 --> 00:52:28,895 Hai que volver. 600 00:52:29,396 --> 00:52:30,647 Temos traballo. 601 00:54:40,860 --> 00:54:45,865 Subtítulos: Jeiry Castellano