1 00:00:12,388 --> 00:00:14,306 ANTERIORMENTE 2 00:00:14,390 --> 00:00:15,391 Merda! 3 00:00:15,474 --> 00:00:16,308 Atopaches algo? 4 00:00:16,392 --> 00:00:19,520 O programa Odessa. Foi idea de Thomas Godolkin. 5 00:00:19,603 --> 00:00:23,232 O meu traballo é o cúmulo de anos e anos de investigación. 6 00:00:23,315 --> 00:00:24,400 Deus santo! 7 00:00:24,483 --> 00:00:27,403 Podédelos mellorar coa cantidade axeitada de presión. 8 00:00:29,405 --> 00:00:30,239 - Marie! - Marie! 9 00:00:30,322 --> 00:00:31,532 Non serei a túa arma. 10 00:00:31,615 --> 00:00:34,285 Non quero que sexas unha arma. 11 00:00:34,368 --> 00:00:35,786 - Annabeth? - Marie? 12 00:00:35,870 --> 00:00:37,621 Ti es salvación. 13 00:00:38,456 --> 00:00:40,082 Resucitou a súa irmá. 14 00:00:40,166 --> 00:00:41,083 Como o fixeches? 15 00:00:41,167 --> 00:00:42,918 Funcionou. 16 00:00:44,378 --> 00:00:47,214 Código ten un vello nunha cámara hiperbárica na casa. 17 00:00:47,298 --> 00:00:50,718 Cremos que o home que tiña aí era Thomas Godolkin. 18 00:00:50,801 --> 00:00:51,677 Merda! 19 00:00:51,761 --> 00:00:55,556 Esta universidade converteuse nun monumento á mediocridade, 20 00:00:56,140 --> 00:00:59,351 así que a miña misión é facer unha matanza selectiva. 21 00:01:00,269 --> 00:01:01,270 Que carallo…? 22 00:01:01,353 --> 00:01:04,105 Cos meus poderes, podo impedir que me controle. 23 00:01:04,190 --> 00:01:05,733 Igual tamén a vós. 24 00:01:05,816 --> 00:01:08,110 Godolkin podería ser a clave para todo. 25 00:01:08,194 --> 00:01:11,697 Son a única que pode espertar a Godolkin e deter a Código. 26 00:01:11,781 --> 00:01:13,824 Non son el! 27 00:01:13,908 --> 00:01:15,534 Temos que marchar xa. 28 00:01:15,618 --> 00:01:16,827 El é Código. 29 00:01:16,911 --> 00:01:18,913 Queremos deuses na Terra, 30 00:01:18,996 --> 00:01:20,372 non monos de feira. 31 00:01:20,956 --> 00:01:23,167 A ver, a quen lle toca agora? 32 00:01:58,244 --> 00:01:59,537 Vamos, veña. 33 00:02:36,073 --> 00:02:37,575 Perdón polo da alfombra. 34 00:02:38,158 --> 00:02:39,618 Non pasa nada. Seguro… 35 00:02:40,536 --> 00:02:41,829 que non pasa nada. 36 00:02:47,293 --> 00:02:48,668 Como é posible? 37 00:02:48,752 --> 00:02:51,338 Se Código controla a xente, todo este tempo 38 00:02:51,422 --> 00:02:53,340 debeu de estar a controlar a… 39 00:02:53,424 --> 00:02:55,968 Doug. Chámome Doug. Ola. 40 00:02:57,261 --> 00:02:59,305 Non sei que carallo pasa. 41 00:03:00,139 --> 00:03:02,474 Pero se é certo, era Godolkin. 42 00:03:02,558 --> 00:03:04,476 Supostamente, morreu hai 60 anos. 43 00:03:04,560 --> 00:03:06,312 E agora tería uns cen anos. 44 00:03:06,395 --> 00:03:07,855 Por que parece tan novo? 45 00:03:09,315 --> 00:03:13,485 Inxectouse o mesmo V que Soldier Boy e Stormfront. 46 00:03:13,569 --> 00:03:14,737 Chámase V-1. 47 00:03:14,820 --> 00:03:17,573 - Non avellenta. - E ti si? 48 00:03:17,656 --> 00:03:19,700 Eu son a segunda marioneta. 49 00:03:19,783 --> 00:03:22,828 A primeira está morta. 50 00:03:25,706 --> 00:03:27,917 Boas novas, paracetamol. 51 00:03:28,000 --> 00:03:30,210 Malas novas, caducou hai seis anos. 52 00:03:30,753 --> 00:03:31,587 E xeo. 53 00:03:32,630 --> 00:03:34,590 Grazas. 54 00:03:35,507 --> 00:03:36,675 Ai, Deus! 55 00:03:37,343 --> 00:03:40,596 Marie, mira se podes facer algo. 56 00:03:41,722 --> 00:03:42,973 En fin… 57 00:03:43,057 --> 00:03:48,687 Era o 96 ou así e andaba a traballar arranxando reprodutores de vídeo, 58 00:03:48,771 --> 00:03:50,397 e chamoume un tipo. 59 00:03:50,481 --> 00:03:53,192 Fun á súa casa. O doutor Fielder. 60 00:03:53,275 --> 00:03:56,820 E era vello, pero moi amable. 61 00:03:56,904 --> 00:03:58,530 Era coma un avó. 62 00:03:58,614 --> 00:04:01,033 Fíxome moitas preguntas persoais. 63 00:04:01,116 --> 00:04:05,704 Da miña familia e dos amigos. E non sei… 64 00:04:06,288 --> 00:04:08,874 Claro, o tema é que eu non tiña vida. 65 00:04:08,958 --> 00:04:11,460 Meus pais xa morreran. 66 00:04:12,419 --> 00:04:14,964 Non podo volver facelo. 67 00:04:15,506 --> 00:04:16,464 Estou moi… 68 00:04:17,841 --> 00:04:19,969 Polo de Godolkin. Non… 69 00:04:20,052 --> 00:04:21,803 Volvo probar nunhas horas. 70 00:04:21,887 --> 00:04:23,263 Grazas por tentalo. 71 00:04:24,890 --> 00:04:27,559 Logo Godolkin metéuseme na cabeza 72 00:04:27,643 --> 00:04:31,230 e o primeiro que me ordenou foi matar o doutor Fielder. 73 00:04:32,982 --> 00:04:35,567 Esganeino coas miñas propias mans. 74 00:04:38,779 --> 00:04:40,781 Deume moita mágoa. 75 00:04:40,864 --> 00:04:43,075 E eu tentaba resistirme. 76 00:04:43,158 --> 00:04:46,745 Pero era coma estar nunha caixa dentro da miña mente. 77 00:04:46,829 --> 00:04:48,956 Coma ir no asento de atrás do coche. 78 00:04:51,834 --> 00:04:55,504 Se pode controlar a calquera, por que non controlou a Marie 79 00:04:55,587 --> 00:04:57,423 para que o curase hai semanas? 80 00:04:59,299 --> 00:05:01,260 Non pode. É demasiado poderosa. 81 00:05:01,343 --> 00:05:02,177 Non. 82 00:05:03,470 --> 00:05:04,513 Non tal. 83 00:05:04,596 --> 00:05:07,891 Si, tentouno unha chea de veces cando estabas en Elmira. 84 00:05:08,475 --> 00:05:09,435 Pero… 85 00:05:09,518 --> 00:05:11,520 no que non mentiu foi no de Odessa. 86 00:05:11,603 --> 00:05:14,982 Situoute nun nivel moi distinto. 87 00:05:24,575 --> 00:05:25,826 Precisa un médico. 88 00:05:25,909 --> 00:05:28,454 - Pedimos unha ambulancia? - Moi arriscado. 89 00:05:29,079 --> 00:05:32,249 Teño un amigo médico en White Plains. Fíome del. 90 00:05:32,832 --> 00:05:33,667 Lévote alí. 91 00:05:33,751 --> 00:05:35,586 Ide ó campus, sen chamar a atención. 92 00:05:35,669 --> 00:05:38,130 Escoitade. Pase o que pase, 93 00:05:38,213 --> 00:05:40,507 agradézovos a hostia o que fixestes. 94 00:05:41,091 --> 00:05:42,676 Non tedes nin idea. 95 00:05:42,760 --> 00:05:45,304 Cría que non daría escapado xamais. 96 00:06:17,961 --> 00:06:20,589 Deus, isto é… 97 00:06:22,424 --> 00:06:23,634 É magnífico. 98 00:06:23,717 --> 00:06:26,512 Perdiches moito. Xa verás o té de burbullas. 99 00:06:26,595 --> 00:06:30,349 Leva como testículos de lura diminutos que dan moito noxo. 100 00:06:31,016 --> 00:06:32,183 Graciñas. 101 00:06:36,647 --> 00:06:38,190 Hostias, que suaves son. 102 00:06:39,233 --> 00:06:41,735 - Toca. - Xa, teñen moitos fíos. 103 00:06:41,819 --> 00:06:43,278 É todo unha marabilla. 104 00:06:44,947 --> 00:06:46,824 Ti es unha marabilla. 105 00:06:48,033 --> 00:06:49,784 Estabas falto de tocar. 106 00:06:50,786 --> 00:06:53,122 Tantos anos sen sentir. 107 00:06:53,205 --> 00:06:55,249 Era coma vivir nun puto condón. 108 00:06:58,168 --> 00:06:59,086 E agora, 109 00:07:00,379 --> 00:07:02,297 ser quen de volver sentilo todo… 110 00:07:06,885 --> 00:07:08,387 A vida é un milagre. 111 00:07:09,596 --> 00:07:10,556 É. 112 00:07:11,682 --> 00:07:12,850 Tiñas razón. 113 00:07:13,767 --> 00:07:15,018 En todo. 114 00:07:16,145 --> 00:07:18,897 En pórlle Odessa nos fociños a Luz Estelar. 115 00:07:18,981 --> 00:07:21,400 No de que Marie volvese á universidade. 116 00:07:22,192 --> 00:07:25,154 Cada ficha do dominó caeu como dixeches. 117 00:07:26,029 --> 00:07:28,866 Son a puta hostia. 118 00:07:31,785 --> 00:07:32,619 Oe, 119 00:07:33,162 --> 00:07:36,415 déronme un apartamento na Torre. 120 00:07:37,166 --> 00:07:38,625 - Que horror. - Si. 121 00:07:39,376 --> 00:07:41,128 Pero non está tan mal. 122 00:07:41,628 --> 00:07:42,880 É bastante grande. 123 00:07:44,298 --> 00:07:46,758 Non vivo con ninguén dende nena, 124 00:07:47,885 --> 00:07:51,638 pero podería facerche sitio, se queres. 125 00:07:57,811 --> 00:07:59,855 Ou non, eu que sei. 126 00:08:01,982 --> 00:08:03,525 Nunca te vira así. 127 00:08:04,902 --> 00:08:06,445 Tan vulnerable. 128 00:08:09,406 --> 00:08:11,283 Que baixón, a verdade. 129 00:08:11,366 --> 00:08:12,618 Vai tomar polo cu. 130 00:08:13,952 --> 00:08:16,496 Fasme moi feliz, Jessica. 131 00:08:19,582 --> 00:08:21,376 Claro que irei vivir contigo. 132 00:08:21,460 --> 00:08:23,921 Teremos unha bici estática que non usaremos. 133 00:08:24,004 --> 00:08:27,216 E foderemos coma coellos na mesa de reunións dos Sete. 134 00:08:27,674 --> 00:08:28,926 Gústame o plan. 135 00:08:30,928 --> 00:08:33,804 Pero pensaremos como presentarte a Patriota. 136 00:08:34,306 --> 00:08:35,890 Que non se sinta ameazado. 137 00:08:35,974 --> 00:08:38,227 Non lle van nada as sorpresas. 138 00:08:38,809 --> 00:08:40,020 O que ti queiras. 139 00:08:41,480 --> 00:08:43,440 Só teño que dar unha clase máis. 140 00:08:43,523 --> 00:08:44,900 Agarda. Que? 141 00:08:44,983 --> 00:08:47,027 Primeiro, vou ir mexar. 142 00:08:47,110 --> 00:08:49,404 Nun retrete, non nun cueiro. 143 00:08:49,988 --> 00:08:52,908 Termando da pirola coas miñas propias mans. 144 00:08:54,368 --> 00:08:56,119 Mi ma, o mundo é caralludo. 145 00:08:56,203 --> 00:08:57,663 Dixeches "clase"? 146 00:08:59,748 --> 00:09:00,791 Por que? 147 00:09:00,874 --> 00:09:03,669 Xa sacaches todo o que querías de aquí. 148 00:09:04,920 --> 00:09:05,963 Non todo. 149 00:09:06,838 --> 00:09:08,674 Thomas, teño traballo. 150 00:09:08,757 --> 00:09:10,008 Os dous temos traballo. 151 00:09:10,592 --> 00:09:12,094 Que hai máis importante? 152 00:09:13,387 --> 00:09:14,429 Amosareicho. 153 00:09:18,934 --> 00:09:21,770 Oe, tes alguén a quen poida chamar? 154 00:09:22,854 --> 00:09:24,940 Parentes ou amigos que che axuden? 155 00:09:25,023 --> 00:09:26,316 Supoño que non. 156 00:09:26,775 --> 00:09:27,776 Que lles dirías? 157 00:09:27,859 --> 00:09:31,321 "Ola, queres coidar un tipo que hai 30 anos que non ves?" 158 00:09:31,405 --> 00:09:32,990 Alguén haberá. 159 00:09:33,949 --> 00:09:35,450 Torturei xente. 160 00:09:37,369 --> 00:09:38,996 Tortureinos de verdade. 161 00:09:39,913 --> 00:09:41,081 Non eras ti. 162 00:09:41,832 --> 00:09:42,790 Era Godolkin. 163 00:09:43,625 --> 00:09:45,877 Xa, pero era coma se fose eu. 164 00:09:48,964 --> 00:09:50,882 Estarías orgullosísimo de Andre. 165 00:09:54,136 --> 00:09:56,305 Perdoa, non é por tocar os collóns. 166 00:09:56,388 --> 00:09:58,598 Pensei que o quererías saber. 167 00:10:00,309 --> 00:10:01,435 Cóntamo. 168 00:10:03,395 --> 00:10:05,314 Encantábame ese rapaz. 169 00:10:06,440 --> 00:10:10,193 Cabreaba a hostia a Godolkin. 170 00:10:10,277 --> 00:10:12,571 Sempre atopaba o xeito de amolalo. 171 00:10:12,654 --> 00:10:18,118 E, de feito, Andre atopou o xeito de mexarlle no café. 172 00:10:18,201 --> 00:10:21,997 Aínda non teño nin idea de como. 173 00:10:22,080 --> 00:10:25,834 Convencería un garda para facelo ou algo? Foi… 174 00:10:25,917 --> 00:10:27,669 Foi a puta hostia. 175 00:10:28,337 --> 00:10:31,214 Iso soa ao 1000 % ao meu fillo. 176 00:10:31,298 --> 00:10:32,299 Va que si? 177 00:10:32,799 --> 00:10:34,217 Era a hostia de valente. 178 00:10:34,301 --> 00:10:37,804 Arriscouno todo polos seus amigos. 179 00:10:41,641 --> 00:10:45,145 O teu fillo é o meirande heroe que vin na vida. 180 00:10:45,937 --> 00:10:46,980 Agradézocho moito. 181 00:11:22,015 --> 00:11:24,684 A ver, é evidente. 182 00:11:24,768 --> 00:11:27,229 - Marie ten que marchar. - A onde? 183 00:11:28,063 --> 00:11:30,399 Non sei, pero non pode quedar aquí. 184 00:11:31,191 --> 00:11:33,777 Godolkin quérelle meter a man polo cu. 185 00:11:34,319 --> 00:11:36,446 Metaforicamente. Manipulala. 186 00:11:36,530 --> 00:11:39,116 Podería apropiarse do seu corpo para sempre. 187 00:11:44,454 --> 00:11:46,164 Cámbiate no baño. 188 00:11:46,748 --> 00:11:47,999 Está no corredor. 189 00:11:48,290 --> 00:11:49,918 Vale. Grazas. 190 00:11:52,003 --> 00:11:53,880 Marie, que queres facer? 191 00:11:53,964 --> 00:11:56,550 Farei o que vós queirades. 192 00:11:56,633 --> 00:11:58,635 Non quero a Godolkin na túa testa. 193 00:11:58,718 --> 00:12:00,929 - Iso voto eu. - Xa o tiña aí. 194 00:12:02,556 --> 00:12:05,475 Convenceume de que era a hostia de especial, 195 00:12:05,559 --> 00:12:08,061 de que era a elixida e todas esas parvadas. 196 00:12:10,105 --> 00:12:11,773 E tragueino, cona. 197 00:12:13,358 --> 00:12:15,152 Non son especial. 198 00:12:15,735 --> 00:12:19,531 Nunca serei máis ca unha moza que se fai cortes cando está triste. 199 00:12:19,614 --> 00:12:21,074 O carallo! 200 00:12:21,158 --> 00:12:22,534 Ei. 201 00:12:22,617 --> 00:12:24,161 Se non fose por vós, 202 00:12:24,244 --> 00:12:27,706 estaría vomitando ata a alma e devorando 16 pizzas. 203 00:12:27,789 --> 00:12:32,961 Cago no carallo. Mesmo ao dicilo, parte do cerebro dime: 204 00:12:33,545 --> 00:12:35,547 "Tía, que boa idea. Dálle!" 205 00:12:35,630 --> 00:12:37,466 Ei. Non o vas facer. 206 00:12:38,049 --> 00:12:38,925 Xa o fixen. 207 00:12:41,386 --> 00:12:42,429 En Elmira. 208 00:12:46,349 --> 00:12:47,184 Ti víchelo. 209 00:12:50,687 --> 00:12:51,897 Estamos trastornadas. 210 00:12:55,233 --> 00:12:56,359 Todo o mundo o está. 211 00:12:56,443 --> 00:12:59,321 Pero tamén temos xente 212 00:12:59,404 --> 00:13:02,449 que nos axuda a cargar con este puto peso. 213 00:13:03,867 --> 00:13:05,660 A ver, somos coma unha… 214 00:13:07,162 --> 00:13:08,580 riquiña… 215 00:13:09,748 --> 00:13:11,166 familia de trastornados. 216 00:13:12,542 --> 00:13:14,294 E non nos separamos. 217 00:13:16,046 --> 00:13:17,839 Veña, a ver unha aperta. 218 00:13:17,923 --> 00:13:20,050 Ímonos abrazar? Ai, Deus. 219 00:13:20,133 --> 00:13:22,594 Estamos a nada de facer un trío. 220 00:13:22,677 --> 00:13:23,929 - Non. - Ai, Deus. 221 00:13:24,012 --> 00:13:26,223 Non… Non, grazas. 222 00:13:26,306 --> 00:13:27,599 Entendido. 223 00:13:28,350 --> 00:13:31,102 Vou…Vou cagar. 224 00:13:31,186 --> 00:13:33,188 Habémolo arranxar, vale? 225 00:13:41,071 --> 00:13:41,905 Ei. 226 00:13:45,116 --> 00:13:46,034 Síntoo. 227 00:13:46,701 --> 00:13:47,744 Xa o sei. 228 00:13:49,120 --> 00:13:50,288 De verdade. 229 00:14:02,342 --> 00:14:03,718 Mi madriña. 230 00:14:10,642 --> 00:14:11,685 Síntoo. 231 00:14:11,768 --> 00:14:12,936 Ai, Deus. 232 00:14:13,019 --> 00:14:14,020 Perdóote. 233 00:14:14,646 --> 00:14:15,564 Marie. 234 00:14:21,069 --> 00:14:22,153 Grazas. 235 00:14:26,658 --> 00:14:29,202 O CAMIÑO COMEZA ONDE OS MORTAIS SE FAN DEUSES 236 00:14:35,834 --> 00:14:37,127 Bo día. 237 00:14:37,210 --> 00:14:39,004 Son Thomas Godolkin. 238 00:14:39,087 --> 00:14:43,258 Recoñecerédesme polo busto conmemorativo do campus, 239 00:14:43,341 --> 00:14:45,969 porque todo leva o meu nome 240 00:14:46,678 --> 00:14:48,847 ou polo boato da miña morte. 241 00:14:48,930 --> 00:14:51,016 Hostia puta. 242 00:14:51,099 --> 00:14:54,311 Contáronse moitas mentiras sobre min estes anos, 243 00:14:54,394 --> 00:14:56,104 así que vou aclarar as cousas. 244 00:14:56,187 --> 00:14:59,274 Son un superheroe orgulloso 245 00:15:00,317 --> 00:15:03,445 e quero emendar un erro terrible. 246 00:15:03,528 --> 00:15:05,572 Non é o xeito de dicirllo a Patriota. 247 00:15:05,655 --> 00:15:10,744 Esta universidade, a miña universidade, fallouvos, e iso vai rematar hoxe. 248 00:15:10,827 --> 00:15:12,245 Con efecto inmediato, 249 00:15:12,329 --> 00:15:15,415 as clasificacións do alumnado poranse a cero. 250 00:15:15,498 --> 00:15:19,919 E o meu seminario avanzado está aberto a todos os estudantes. 251 00:15:20,003 --> 00:15:22,464 Ben, hostia! 252 00:15:22,547 --> 00:15:26,593 Cada un de vós, independentemente dos vosos poderes ou estudos, 253 00:15:27,177 --> 00:15:29,512 optaredes a estar entre os dez mellores, 254 00:15:29,596 --> 00:15:33,975 con todas as promocións e oportunidades de contratos que iso implica. 255 00:15:34,059 --> 00:15:37,395 E estaredes máis preto de formar parte dos Sete. 256 00:15:37,479 --> 00:15:38,897 Alucina. 257 00:15:38,980 --> 00:15:41,399 Axiña recibiredes as invitacións. 258 00:15:41,483 --> 00:15:46,029 Hoxe é un gran día para esta institución. 259 00:15:46,112 --> 00:15:50,617 E uns poucos afortunados terán a oportunidade de seren excepcionais. 260 00:15:51,201 --> 00:15:52,327 Vistes isto? 261 00:15:52,410 --> 00:15:53,620 O que? Non. 262 00:15:53,703 --> 00:15:55,789 Un seminario de Godolkin para todes. 263 00:15:55,872 --> 00:15:57,290 Que carallo fai? 264 00:15:59,250 --> 00:16:01,086 É unha puta trampa, claro. 265 00:16:01,169 --> 00:16:03,213 Xa, pero unha trampa para que? 266 00:16:03,296 --> 00:16:04,506 Para ti. 267 00:16:04,589 --> 00:16:08,968 Daquela que? Quere que Marie vaia para que os salve a todos? 268 00:16:09,052 --> 00:16:10,845 Non pode ir, evidentemente. 269 00:16:10,929 --> 00:16:15,392 O único que sei é que estou farta de ser a puta elixida, así que… 270 00:16:16,768 --> 00:16:19,813 fagamos o que fagamos, farémolo xuntes. 271 00:16:19,896 --> 00:16:22,273 Non sei que planea, pero corren perigo. 272 00:16:22,357 --> 00:16:23,692 Hai que avisar a xente. 273 00:16:23,775 --> 00:16:24,734 Como? 274 00:16:27,487 --> 00:16:28,405 Sei como. 275 00:16:28,488 --> 00:16:30,073 Son Marie Moreau. 276 00:16:30,824 --> 00:16:33,743 Isto é para todos os estudantes da universidade 277 00:16:33,827 --> 00:16:37,747 que cren que subirán nas clasificacións se van ao seminario de Godolkin. 278 00:16:37,831 --> 00:16:39,374 Non o creades. 279 00:16:39,457 --> 00:16:40,959 Non vaiades. 280 00:16:41,042 --> 00:16:44,379 Non paga a pena morrer por ningunha clase ou clasificación. 281 00:16:48,049 --> 00:16:50,552 A vós invitáronvos ao seminario? 282 00:16:50,635 --> 00:16:52,971 Os bebés bondage non poden falar no choio. 283 00:16:53,054 --> 00:16:54,931 Deberíalo saber, Sam, cona. 284 00:16:55,014 --> 00:16:58,184 Rufus, non podedes ir ao seminario. É moi perigoso. 285 00:16:58,268 --> 00:17:00,729 Es a última persoa á que lle faría caso. 286 00:17:00,812 --> 00:17:03,273 O teu puto novato suicidouse. 287 00:17:03,898 --> 00:17:05,650 Estás de puta broma? 288 00:17:05,733 --> 00:17:07,819 Un tipo de mil anos sae da tumba, 289 00:17:07,902 --> 00:17:10,320 toma o mando, e reláxaste en plan Lebowski? 290 00:17:10,405 --> 00:17:13,199 - Que nos vai facer Godolkin? - Quere a Marie, 291 00:17:13,282 --> 00:17:15,117 e fará o que sexa para tela… 292 00:17:15,201 --> 00:17:16,618 Así que non vaiades. 293 00:17:17,328 --> 00:17:20,205 Contra, síntoo, meu, eu non quería facelo así, 294 00:17:20,290 --> 00:17:23,417 pero pola túa seguridade, teño que reterte… 295 00:17:26,421 --> 00:17:29,424 Sen poderes, badanas do carallo! 296 00:17:29,507 --> 00:17:31,342 Lance! Estás facendo trampas… 297 00:17:31,426 --> 00:17:33,136 Que cabrón! 298 00:17:34,012 --> 00:17:35,263 Drogounos. 299 00:17:37,724 --> 00:17:39,476 Tes unha pirola na cara. 300 00:17:40,226 --> 00:17:41,352 Ti tamén, Sam. 301 00:17:44,606 --> 00:17:46,274 - Ei, que hai? - Hostia. 302 00:17:46,858 --> 00:17:49,444 Arre carallo, meu. Non fuches? 303 00:17:49,527 --> 00:17:52,071 O do seminario cheirábame algo mal. 304 00:17:52,155 --> 00:17:53,698 Así que quedei con vós. 305 00:17:53,782 --> 00:17:56,075 Non evitaches que nos pintasen as pirolas? 306 00:17:56,159 --> 00:17:57,619 Quedáronme malladas. 307 00:17:58,912 --> 00:18:00,538 Que vos podo dicir? 308 00:18:01,456 --> 00:18:02,832 Adóronos. 309 00:18:03,416 --> 00:18:04,709 E coñézonos… 310 00:18:05,668 --> 00:18:08,004 moi ben, á perfección. 311 00:18:08,087 --> 00:18:11,966 Sei do que somos capaces os superhumanos 312 00:18:12,801 --> 00:18:15,428 e ata onde podemos chegar. 313 00:18:16,262 --> 00:18:19,015 Ti es Rufus, psíquico. 314 00:18:19,098 --> 00:18:22,018 A verdade, señor, son coma un polímata… 315 00:18:22,101 --> 00:18:25,313 Un psíquico que usa o poder para incapacitar compañeiras 316 00:18:25,396 --> 00:18:27,482 e obter unha gratificación sexual. 317 00:18:27,565 --> 00:18:31,152 - Non, nunca… - Agora non, señor. Xa non ten pirola. 318 00:18:32,153 --> 00:18:33,363 Que vos quede claro, 319 00:18:34,572 --> 00:18:36,866 non se vos convidou a este seminario 320 00:18:37,492 --> 00:18:39,744 por serdes excepcionais, 321 00:18:40,411 --> 00:18:44,457 senón por serdes fracasos. 322 00:18:47,126 --> 00:18:50,964 Non merecedes o don que se vos concedeu. 323 00:18:51,506 --> 00:18:54,300 Non estades á altura desta institución. 324 00:18:54,884 --> 00:18:58,930 Sodes conformistas. Usades os poderes para obter sexo? Ou cartos? 325 00:18:59,013 --> 00:19:00,181 PATRIOTA 326 00:19:00,265 --> 00:19:01,266 Ou uns "gústame"? 327 00:19:01,766 --> 00:19:04,227 Sodes unha vergoña. 328 00:19:04,811 --> 00:19:09,482 E agora teredes que gañar o voso lugar entre nós. 329 00:19:10,108 --> 00:19:12,068 Demostrade que valedes 330 00:19:13,403 --> 00:19:15,238 ou morrede no intento. 331 00:19:15,321 --> 00:19:17,949 Que carallo fas? 332 00:19:18,032 --> 00:19:19,701 Unha proba moi sinxela. 333 00:19:20,535 --> 00:19:24,956 Vou tentar pulsar aquel botón. 334 00:19:25,832 --> 00:19:31,337 E vós tedes que pararme como poidades. 335 00:19:38,094 --> 00:19:39,387 Lisa Henning. 336 00:19:40,471 --> 00:19:46,144 Número 32 da clasificación e vas fatal en Introdución á Improvisación. 337 00:19:53,359 --> 00:19:54,569 Que fas, Daniel? 338 00:19:54,652 --> 00:19:57,405 Metéuseme na cabeza, controlábame. 339 00:20:12,545 --> 00:20:13,504 Paso disto. 340 00:20:43,076 --> 00:20:45,286 Igual o fai mellor o seguinte grupo. 341 00:20:45,995 --> 00:20:48,373 Estaos matando! Non vaiades! 342 00:20:48,831 --> 00:20:51,668 Que os está matando! Estaos matando, hostia! 343 00:20:51,751 --> 00:20:54,087 - Que pasa? - Godolkin, no seminario, 344 00:20:54,170 --> 00:20:57,090 está facendo que se maten entre eles. Está tolo! 345 00:20:59,926 --> 00:21:01,803 - Matanza selectiva. - Que? 346 00:21:01,886 --> 00:21:04,722 Polaridade di que Código quere matar os súperes débiles, 347 00:21:04,806 --> 00:21:06,557 por iso dá o seminario. 348 00:21:06,641 --> 00:21:09,268 Vai masacralos a todos, grupo a grupo. 349 00:21:09,352 --> 00:21:11,562 Agás que vaias salvales ti. 350 00:21:13,481 --> 00:21:14,649 Jordan, 351 00:21:15,233 --> 00:21:17,193 sei que existe a posibilidade, 352 00:21:18,111 --> 00:21:22,907 unha posibilidade enorme de que nunca me perdoes… 353 00:21:23,491 --> 00:21:24,909 por abandonarte. 354 00:21:25,410 --> 00:21:27,412 - Dúas veces. E… - Marie… 355 00:21:28,579 --> 00:21:29,622 perdóote. 356 00:21:30,206 --> 00:21:31,666 Si? 357 00:21:31,749 --> 00:21:33,501 Pero non podemos estar xuntes. 358 00:21:35,420 --> 00:21:36,462 O que? 359 00:21:38,756 --> 00:21:40,508 Marie, non vai funcionar. 360 00:21:45,096 --> 00:21:47,015 Sempre acabamos igual. 361 00:21:47,098 --> 00:21:50,727 - Non. - E non quero anoxarme contigo. 362 00:21:52,770 --> 00:21:55,732 Pero encantaríame que fósemos amigues. 363 00:21:56,607 --> 00:22:00,236 Jordan, para. E se…? 364 00:22:00,987 --> 00:22:02,280 Marie! 365 00:22:02,363 --> 00:22:04,198 Viches o tipo espido? 366 00:22:07,827 --> 00:22:10,872 - Annabeth, tiveches máis visións? - Ningunha nova. 367 00:22:10,955 --> 00:22:13,416 Vale, preciso que saias de aquí. 368 00:22:15,251 --> 00:22:16,711 Non estás a salvo. 369 00:22:16,794 --> 00:22:19,589 Levo toda a vida fuxindo das visións. 370 00:22:19,672 --> 00:22:23,301 Se cadra trabuqueime, poida que deba correr cara a elas. 371 00:22:23,384 --> 00:22:26,512 Correr cara a que? Non podemos deixar que a manipule. 372 00:22:26,596 --> 00:22:28,181 - Ei, tíes! - Ei! 373 00:22:30,141 --> 00:22:32,268 - Buscabámosvos. - Temos unha idea. 374 00:22:37,315 --> 00:22:38,691 Ves iso? 375 00:22:38,775 --> 00:22:40,860 Controlábaos a todos. 376 00:22:40,943 --> 00:22:44,113 Antes non daba controlado máis de dous á vez. 377 00:22:44,906 --> 00:22:47,617 Xesús. Que sede teño. 378 00:22:52,580 --> 00:22:53,456 Que fas? 379 00:22:57,210 --> 00:22:58,711 Foi fantástico. 380 00:22:59,295 --> 00:23:00,671 Traballo duro. 381 00:23:00,755 --> 00:23:03,508 Ata algo aterrador. Pero canta adrenalina. 382 00:23:04,258 --> 00:23:05,843 Canta presión. 383 00:23:05,927 --> 00:23:08,012 Thomas, contéstame. 384 00:23:12,433 --> 00:23:13,643 Aprender. 385 00:23:13,726 --> 00:23:15,895 Aplícome os meus principios. 386 00:23:15,978 --> 00:23:18,523 Acelero a miña evolución. 387 00:23:19,315 --> 00:23:20,858 - Por que? - Por nós. 388 00:23:20,942 --> 00:23:21,984 Mentira. 389 00:23:22,944 --> 00:23:25,863 Isto non forma parte do noso plan. 390 00:23:26,447 --> 00:23:29,325 Non, non é mentira. Fágoo polo noso futuro. 391 00:23:29,408 --> 00:23:31,160 Cando sexa poderoso abondo, 392 00:23:32,453 --> 00:23:34,288 serei quen de controlala. 393 00:23:35,623 --> 00:23:38,042 A Moreau? Para que? 394 00:23:38,584 --> 00:23:39,460 Pois… 395 00:23:40,503 --> 00:23:43,548 se son quen de controlar un dos bebés de Odessa, 396 00:23:43,631 --> 00:23:46,175 serei quen de controlar o outro. 397 00:23:47,802 --> 00:23:48,928 A Patriota. 398 00:23:51,472 --> 00:23:52,473 Non. 399 00:23:53,850 --> 00:23:54,976 Non tes motivos. 400 00:23:55,059 --> 00:23:56,602 Teño todos os motivos. 401 00:23:56,686 --> 00:23:58,146 Mira esta universidade. 402 00:23:58,229 --> 00:24:02,608 Mira estes exemplos patéticos do que deberían ser seres superiores. 403 00:24:02,692 --> 00:24:05,111 E non é só aquí. É en todas partes. 404 00:24:05,194 --> 00:24:06,154 - Xa. - En Vought. 405 00:24:06,237 --> 00:24:11,159 E a culpa de que non avanzásemos en tanto tempo tena Patriota. 406 00:24:11,242 --> 00:24:13,119 Mira o que te estás a facer. 407 00:24:13,202 --> 00:24:16,539 - Mira o brazo. - Que pinta un fodegolfiños 408 00:24:16,622 --> 00:24:18,499 coma Profundo nos Sete? 409 00:24:18,583 --> 00:24:20,918 Ou a tola das armas de Petarda? 410 00:24:21,002 --> 00:24:25,548 Patriota é tan fráxil e tan débil, cona, 411 00:24:25,631 --> 00:24:29,260 que non tolera a competencia. 412 00:24:29,343 --> 00:24:31,804 E temos que conformarnos coa mediocridade 413 00:24:31,888 --> 00:24:34,432 e aplaudir ridiculeces. 414 00:24:35,349 --> 00:24:36,309 Acabouse. 415 00:24:36,392 --> 00:24:40,771 Non. O noso plan. 416 00:24:40,855 --> 00:24:44,692 A segunda fase, lembras? Da que Patriota é unha parte fundamental. 417 00:24:45,401 --> 00:24:46,569 Seino… 418 00:24:47,528 --> 00:24:49,322 pero o meu plan é moito mellor. 419 00:24:50,281 --> 00:24:53,951 Thomas, non quero poñer isto en risco. 420 00:24:54,535 --> 00:24:59,665 Con todo o que levamos pasado, con todos os obstáculos que superamos, 421 00:24:59,749 --> 00:25:01,792 quero que fagamos isto xuntos. 422 00:25:02,627 --> 00:25:05,463 Contigo, todo. 423 00:25:08,174 --> 00:25:09,550 Ti non queres o mesmo? 424 00:25:15,014 --> 00:25:16,474 Cómprenos música. 425 00:25:46,671 --> 00:25:49,298 Só digo que o final non estaba moi logrado. 426 00:25:49,382 --> 00:25:50,758 Matas a raíña alieníxena, 427 00:25:50,841 --> 00:25:53,302 que evitaría que eclosionasen máis ovos, 428 00:25:53,386 --> 00:25:57,223 porque o seu alento ten moito amoníaco que alimenta os sacos ovíxeros. 429 00:25:57,306 --> 00:25:59,684 Isto viuse na segunda película. 430 00:26:00,851 --> 00:26:03,980 Si. Xa, non. Se ten sentido. 431 00:26:04,063 --> 00:26:05,356 A ver, enténdoo. 432 00:26:05,439 --> 00:26:08,025 Claro, os do estudio dirían: 433 00:26:08,109 --> 00:26:09,777 "Cómpre sementar a secuela." 434 00:26:10,361 --> 00:26:13,489 Pero paréceme facerlles un feo aos seguidores, 435 00:26:13,572 --> 00:26:17,034 e ademais non está moi ben escrito. 436 00:26:17,785 --> 00:26:20,037 Oe, agora falas? 437 00:26:21,414 --> 00:26:24,542 Escuro, xa podes marchar. 438 00:26:24,625 --> 00:26:27,545 Ola. Vin ver que tal estaba. 439 00:26:27,628 --> 00:26:28,796 Que lisques, hostia. 440 00:26:29,255 --> 00:26:30,256 Vale. 441 00:26:32,216 --> 00:26:33,676 Foi unha honra, meu. 442 00:26:41,726 --> 00:26:44,061 Sabenza, non facía falla encerrarme. 443 00:26:44,645 --> 00:26:45,521 A ver, 444 00:26:46,188 --> 00:26:48,816 como xa dixen, 445 00:26:49,400 --> 00:26:51,235 é un tremendo malentendido. 446 00:26:51,319 --> 00:26:54,196 - Levaba ese tipo ao hospital… - Curoute. 447 00:26:54,905 --> 00:26:55,740 Non… 448 00:26:55,823 --> 00:26:57,992 Non tes hemiparesia no lado dereito 449 00:26:58,075 --> 00:27:00,202 nin tremores na man dereita. 450 00:27:01,829 --> 00:27:03,080 Foi un erro. 451 00:27:05,875 --> 00:27:07,877 Eras máis forte cando eras débil. 452 00:27:09,170 --> 00:27:14,425 Non hai ninguén máis poderoso ca un home que non ten nada que perder. 453 00:27:18,054 --> 00:27:19,305 Querías a túa muller? 454 00:27:19,889 --> 00:27:20,765 Que? 455 00:27:20,848 --> 00:27:25,061 Foi cáncer, non? E logo perdiches o teu fillo. 456 00:27:30,066 --> 00:27:33,986 Quen querería sufrir tanta dor? 457 00:27:34,070 --> 00:27:38,074 Non vou falar contigo da miña muller nin do meu fillo. 458 00:27:39,241 --> 00:27:41,952 Vas morrer igual, Polaridade. 459 00:27:42,036 --> 00:27:43,621 Só que non hoxe. 460 00:27:45,623 --> 00:27:48,209 Aínda que non é que importe. 461 00:27:49,251 --> 00:27:50,753 Todo acaba igual. 462 00:28:44,557 --> 00:28:46,725 Vance, onde está a seguinte clase? 463 00:28:48,978 --> 00:28:49,937 Vance! 464 00:28:59,029 --> 00:29:03,033 Pasade. Sobra sitio. Veña. 465 00:29:11,667 --> 00:29:16,088 Está claro que fun moi brando con vós. 466 00:29:17,214 --> 00:29:19,133 Vai haber que aumentar a presión. 467 00:29:20,801 --> 00:29:21,969 Vance. 468 00:29:23,053 --> 00:29:26,557 Traio outra estudante para o seminario. 469 00:29:43,491 --> 00:29:46,285 Marie, chegas cedo. 470 00:29:46,911 --> 00:29:48,954 Non estamos preparados para ti. 471 00:29:49,038 --> 00:29:52,082 Podes volver dentro dunha hora ou dúas? 472 00:29:52,917 --> 00:29:54,710 Se os deixas marchar a todos, 473 00:29:55,711 --> 00:29:57,046 non te matarei. 474 00:29:57,129 --> 00:30:01,217 Pois éche unha oferta moi xenerosa. 475 00:30:02,635 --> 00:30:04,053 Que dicides, rapaces? 476 00:30:05,930 --> 00:30:09,391 Por certo, entendo perfectamente o de usar as mans. 477 00:30:10,976 --> 00:30:12,937 Non é que sexa funcional, pero… 478 00:30:16,649 --> 00:30:20,027 parece que lle pega. 479 00:30:45,594 --> 00:30:46,845 - Jordan, xa! - Hostia! 480 00:30:49,974 --> 00:30:51,475 Mi ma! 481 00:30:51,559 --> 00:30:53,018 Deus! 482 00:30:54,770 --> 00:30:56,146 Deus! 483 00:31:43,569 --> 00:31:45,070 Suxéitao, Ally! 484 00:31:47,281 --> 00:31:48,657 Harper, dálle! 485 00:31:51,327 --> 00:31:52,244 Funcionou? 486 00:31:55,122 --> 00:31:56,498 Teño o poder del. 487 00:31:56,957 --> 00:31:59,710 Estouno controlando. Manda carallo! 488 00:32:08,510 --> 00:32:10,012 Ei, xente. 489 00:32:10,095 --> 00:32:12,681 Estounos a controlar eu? 490 00:32:12,765 --> 00:32:13,682 Si! 491 00:32:14,767 --> 00:32:16,518 Deixa de controlalos. 492 00:32:20,481 --> 00:32:22,024 Cago na hostia, funcionou. 493 00:32:22,107 --> 00:32:23,651 Hai que sacalos de aquí. 494 00:32:23,734 --> 00:32:26,278 En 50 segundos volverá á normalidade. Bulide! 495 00:32:26,362 --> 00:32:28,739 - Todos fóra! - Veña. Hai que liscar. 496 00:32:28,822 --> 00:32:30,407 Veña, vamos. 497 00:32:31,492 --> 00:32:33,077 Salvástesme, macho. 498 00:32:33,160 --> 00:32:34,244 Veña. 499 00:32:57,351 --> 00:32:58,644 Vencémoste. 500 00:33:02,189 --> 00:33:03,399 Todes. 501 00:33:07,069 --> 00:33:08,821 Ata es inútiles. 502 00:33:30,050 --> 00:33:30,968 Grazas. 503 00:33:53,157 --> 00:33:55,492 Sabes cal é a clave da evolución? 504 00:33:56,785 --> 00:33:57,870 - Presión. - Presión. 505 00:33:58,912 --> 00:34:00,998 Así se fan os diamantes. 506 00:34:01,665 --> 00:34:02,624 Marie? 507 00:34:27,608 --> 00:34:28,692 Ai, Deus. 508 00:34:29,275 --> 00:34:30,485 É isto. 509 00:34:31,779 --> 00:34:32,946 Esta é a visión. 510 00:34:33,447 --> 00:34:34,739 Marcha, Annabeth. 511 00:34:34,822 --> 00:34:37,242 Non, Annabeth. Queda. 512 00:34:39,328 --> 00:34:40,161 Sóltaa! 513 00:34:51,965 --> 00:34:53,132 Amigues. 514 00:34:54,592 --> 00:34:59,014 Toca tomar decisións difíciles. 515 00:35:04,937 --> 00:35:10,567 A maioría sodes espécimes perfectos 516 00:35:10,651 --> 00:35:12,778 de excelencia supercapacitada. 517 00:35:13,320 --> 00:35:16,657 Pero, sendo completamente sincera, 518 00:35:16,740 --> 00:35:20,410 es a peor presaxiadora que coñecín na vida. 519 00:35:21,703 --> 00:35:23,705 E nin sequera estudas aquí, rula. 520 00:35:25,999 --> 00:35:27,793 Puto cabrón! 521 00:35:28,544 --> 00:35:30,045 Voute matar. 522 00:35:30,629 --> 00:35:35,050 E o único peor cá debilidade… 523 00:35:38,971 --> 00:35:40,305 é a traizón. 524 00:35:40,389 --> 00:35:43,976 Traizoastes a vosa especie. 525 00:35:48,063 --> 00:35:50,524 Non hai sitio para vós nesta universidade… 526 00:35:52,985 --> 00:35:54,403 nin no mundo que vai vir. 527 00:35:55,863 --> 00:35:56,864 Marie! 528 00:36:03,203 --> 00:36:04,079 Marie! 529 00:37:05,265 --> 00:37:06,808 Iso foi por Andre. 530 00:37:10,979 --> 00:37:13,440 Grazas polo adestramento, mamón. 531 00:37:16,276 --> 00:37:17,361 Veñen de Vought. 532 00:37:20,072 --> 00:37:21,865 Non hai tempo. Marchade xa. 533 00:37:21,949 --> 00:37:25,911 Vought precisa un pandote para Godolkin, por outro masacre no campus. 534 00:37:25,994 --> 00:37:27,454 Non hai humano que culpar 535 00:37:27,537 --> 00:37:29,665 e xa cren que seguides a Luz Estelar. 536 00:37:29,748 --> 00:37:31,750 Non. A ver, 537 00:37:32,292 --> 00:37:34,002 eu xa probei o de fuxir. 538 00:37:34,086 --> 00:37:36,171 Todes nós. Non imos a ningures. 539 00:37:36,254 --> 00:37:39,841 Que ben que aprendésedes leccións, pero non hai tempo para discutir. 540 00:37:39,925 --> 00:37:41,385 Non tedes tempo. 541 00:37:41,468 --> 00:37:44,846 Tedes que crerme. Quedar non é unha opción. 542 00:37:44,930 --> 00:37:48,809 Tedes que marchar. Xuntes. Xa! 543 00:37:54,856 --> 00:37:56,149 Volveremos? 544 00:37:56,233 --> 00:37:57,401 Non contes con iso. 545 00:38:02,614 --> 00:38:03,657 Ven connosco. 546 00:38:04,741 --> 00:38:05,909 Teño que quedar. 547 00:38:05,993 --> 00:38:07,995 Logo é unha misión suicida. 548 00:38:09,204 --> 00:38:10,163 Era… 549 00:38:11,373 --> 00:38:14,167 unha misión suicida, antes. 550 00:38:15,002 --> 00:38:16,461 Pero agora, 551 00:38:17,671 --> 00:38:20,215 non sei como vou saír adiante sen Andre, 552 00:38:21,133 --> 00:38:22,509 pero vouno facer. 553 00:38:25,178 --> 00:38:27,472 Estará comigo mentres eu viva. 554 00:38:30,434 --> 00:38:31,476 Emma, 555 00:38:33,145 --> 00:38:34,438 tesme que deixar. 556 00:38:37,691 --> 00:38:38,817 Saberás de min. 557 00:38:40,527 --> 00:38:41,737 Prométocho. 558 00:38:47,409 --> 00:38:49,286 Estaría moi orgulloso de ti. 559 00:38:59,963 --> 00:39:02,758 - Non podo marchar. Miña irmá… - Claro. 560 00:39:07,846 --> 00:39:10,891 Ármaa de carallo. 561 00:39:20,567 --> 00:39:22,778 Podemos parar? Preciso tomar o aire. 562 00:39:22,861 --> 00:39:24,488 É por esta estrada. 563 00:39:24,571 --> 00:39:26,990 Non o creo, Emma. Fixo que estabas no meu peto. 564 00:39:27,074 --> 00:39:29,159 É máis ao oeste, estou segura. 565 00:39:29,242 --> 00:39:33,330 A ver. Alguén sabe como contactar con Stan Edgar? 566 00:39:33,413 --> 00:39:36,583 Nin puta idea, pero axiña vou ter que ir ao baño. 567 00:39:36,666 --> 00:39:38,210 - Eu vou xa. - E eu. 568 00:39:39,377 --> 00:39:41,755 Que inxusto, hostia. Está moi feo. 569 00:39:45,884 --> 00:39:48,470 Ti e Sam levádesvos moi ben… 570 00:39:48,553 --> 00:39:49,971 Non. 571 00:39:51,306 --> 00:39:53,308 Non teño nada con Sam. 572 00:39:54,142 --> 00:39:55,811 Non teño nada con ninguén. 573 00:40:02,400 --> 00:40:04,569 Seguro que non queres 574 00:40:05,779 --> 00:40:07,197 quedar na casa de Pam? 575 00:40:07,781 --> 00:40:09,407 Godolkin está morto. 576 00:40:09,491 --> 00:40:12,661 Ninguén te busca. Podes seguir coa túa vida. 577 00:40:13,662 --> 00:40:15,163 Quéreste desfacer de min? 578 00:40:15,747 --> 00:40:17,457 Quero que esteas a salvo. 579 00:40:20,293 --> 00:40:22,420 E igual non é así se vés connosco. 580 00:40:24,965 --> 00:40:25,882 Comigo. 581 00:40:27,425 --> 00:40:28,260 Quedo. 582 00:40:31,179 --> 00:40:34,141 Precisades toda a axuda posible, así que… 583 00:40:36,726 --> 00:40:37,602 A túa? 584 00:40:38,395 --> 00:40:40,939 A das visións que son unha puta merda? 585 00:40:42,899 --> 00:40:43,733 Pasácheste. 586 00:40:43,817 --> 00:40:45,652 Xa o veremos. 587 00:40:52,200 --> 00:40:53,785 Es unha heroína, Marie. 588 00:40:59,124 --> 00:41:00,250 Que carallo pasa? 589 00:41:05,088 --> 00:41:06,131 Está aquí. 590 00:41:14,472 --> 00:41:16,558 Hostias! Luz Estelar. 591 00:41:16,641 --> 00:41:17,976 Chámalle Annie. 592 00:41:18,059 --> 00:41:20,020 Ola, souben o de Godolkin. 593 00:41:20,103 --> 00:41:24,441 A puta Sabenza filtrou o de Odessa e tragueino. 594 00:41:24,524 --> 00:41:27,402 De non o descubrirdes, teriamos un problema de carallo. 595 00:41:27,485 --> 00:41:28,695 Impresionástesme. 596 00:41:28,778 --> 00:41:30,155 A min e a moitos. 597 00:41:31,698 --> 00:41:32,824 Seriádesnos útiles. 598 00:41:32,908 --> 00:41:34,075 Para que? 599 00:41:35,035 --> 00:41:36,661 Unídesvos á resistencia? 600 00:41:41,625 --> 00:41:43,835 Xa temos unha especie de resistencia. 601 00:41:46,129 --> 00:41:48,757 Sería coma unha fusión ou así. 602 00:41:50,008 --> 00:41:51,176 Como nos atopaches? 603 00:41:51,259 --> 00:41:52,636 Busca en cuadrícula. 604 00:41:52,719 --> 00:41:55,305 Trescentos km cadrados arredor da universidade. 605 00:41:55,388 --> 00:41:57,974 Levoume… 30 minutos. 606 00:42:02,270 --> 00:42:04,481 A ver, o tema este 607 00:42:04,564 --> 00:42:07,275 de que esteades aquí laretando sen agocharvos, 608 00:42:07,359 --> 00:42:09,027 non o vou permitir. 609 00:42:09,110 --> 00:42:10,737 Agora sodes rebeldes, cona. 610 00:42:11,238 --> 00:42:12,280 Que se vexa. 611 00:44:28,917 --> 00:44:30,919 Subtítulos: Marina do Albardeiro 612 00:44:31,002 --> 00:44:33,004 Supervisora creativa: Abraham Díaz López