1 00:00:18,501 --> 00:00:20,168 PRISIÓN LEYHILL ENTRADA DO PERSOAL 2 00:00:26,168 --> 00:00:27,376 Bo día, Srta. Glass. 3 00:00:27,876 --> 00:00:30,001 Ándalle fóra coas súas ruliñas. 4 00:00:30,001 --> 00:00:31,709 Referiraste ás de plumas. 5 00:00:31,709 --> 00:00:33,709 Enténdeme perfectamente. 6 00:00:34,209 --> 00:00:35,751 Pase. Xa sabe o camiño. 7 00:00:35,751 --> 00:00:36,668 Aburiño. 8 00:00:40,751 --> 00:00:41,751 Ola, ceo. 9 00:00:41,751 --> 00:00:42,959 Que tal, papá? 10 00:00:42,959 --> 00:00:45,376 A que non sabes de onde vén esta? 11 00:00:45,376 --> 00:00:47,251 - De onde? - De Aviñón. 12 00:00:47,834 --> 00:00:51,751 Non me entra na testa que cambien o sur de Francia por isto. 13 00:00:51,751 --> 00:00:55,793 Éche a morriña. Non se poden refrear os instintos. 14 00:00:58,543 --> 00:00:59,668 Que traes aí? 15 00:01:02,084 --> 00:01:03,793 Ai! O mellor aroma do mundo. 16 00:01:03,793 --> 00:01:06,251 Home, hai que gozar as cousas boas. 17 00:01:06,251 --> 00:01:08,126 E o escumoso? 18 00:01:08,918 --> 00:01:10,293 Estamos de celebración? 19 00:01:10,293 --> 00:01:13,584 Por variar do barateiro de sempre que sobe á cabeza. 20 00:01:14,084 --> 00:01:16,793 Entón, non brindamos polo duque? 21 00:01:16,793 --> 00:01:21,043 Malia ter dous novos viveiros de herba e un imperio en expansión. 22 00:01:21,043 --> 00:01:24,084 A ver, explícoche a situación. 23 00:01:24,668 --> 00:01:26,126 Eddie opina 24 00:01:26,126 --> 00:01:28,626 que os terreos que nos axudou a adquirir 25 00:01:28,626 --> 00:01:31,876 forman parte da súa estratexia de saída. 26 00:01:31,876 --> 00:01:33,043 Ai, pois... 27 00:01:33,918 --> 00:01:36,084 non che vai saír de ningures. 28 00:01:36,751 --> 00:01:37,918 E dígoche por que. 29 00:01:38,543 --> 00:01:40,876 Porque, no fondo, non quere. 30 00:01:42,043 --> 00:01:44,543 Deducíchelo naquela grellada ben regada? 31 00:01:44,543 --> 00:01:48,001 Non. Dáme a alma que lle gusta. 32 00:01:48,001 --> 00:01:54,293 A ver, malia que era remisa a cumprirche o capricho de enlear o duque, 33 00:01:54,293 --> 00:01:56,918 o certo é que nos resultou bastante útil. 34 00:01:56,918 --> 00:02:01,001 Porén, creo que segue querendo que marchemos da súa propiedade. 35 00:02:01,001 --> 00:02:04,168 Se quere facerme gañar máis cartos, perfecto. 36 00:02:05,251 --> 00:02:08,084 Pero non pode botarnos. Ninguén pode botarnos. 37 00:02:08,084 --> 00:02:10,751 Quedas encargada de traelo ao rego. 38 00:02:11,251 --> 00:02:14,543 Se me quere mandar a tomar polo cu, córtolle a cabeza. 39 00:02:16,084 --> 00:02:17,501 Traereino ao rego, logo. 40 00:02:25,126 --> 00:02:28,084 CREADA POR GUY RITCHIE 41 00:02:38,668 --> 00:02:43,126 { EPISODIO CINCO } 42 00:02:45,293 --> 00:02:48,626 - Sácoa, señor? - Si, por favor, señor Lawrence. 43 00:02:52,376 --> 00:02:53,876 Estes meses vin 44 00:02:53,876 --> 00:02:56,459 que es un traballador en equipo consumado. 45 00:02:56,459 --> 00:02:58,043 Por iso penso 46 00:02:58,793 --> 00:03:02,126 que che pode interesar un posto estable e a longo prazo 47 00:03:02,126 --> 00:03:03,626 dentro da organización. 48 00:03:12,959 --> 00:03:15,918 Malia que valoro a avaliación do meu rendemento, 49 00:03:15,918 --> 00:03:18,834 estou conforme cos termos actuais do acordo. 50 00:03:18,834 --> 00:03:20,334 Seguro, Eddie? 51 00:03:21,209 --> 00:03:22,459 Teño que dicir 52 00:03:22,459 --> 00:03:25,293 que houbo varios momentos nestes meses 53 00:03:25,793 --> 00:03:26,668 nos que vía... 54 00:03:28,709 --> 00:03:30,168 que o pasabas ben. 55 00:03:32,543 --> 00:03:33,459 Ben xogado. 56 00:03:42,876 --> 00:03:44,376 Aproveitando a ocasión, 57 00:03:44,918 --> 00:03:47,876 quero a túa opinión sobre a situación que me ocupa. 58 00:03:47,876 --> 00:03:51,043 Viríame ben a túa pericia no eido militar. 59 00:03:51,543 --> 00:03:54,876 Encantado de axudarche se acelera a miña extradición. 60 00:03:54,876 --> 00:03:56,668 Coñeces o porto de Zeebrugge? 61 00:03:57,459 --> 00:04:00,543 PORTO DE ZEEBRUGGE 62 00:04:00,543 --> 00:04:03,751 Por el pasamos 80 millóns de libras de herba ao ano. 63 00:04:04,251 --> 00:04:06,376 Non só cultivamos, tamén exportamos. 64 00:04:07,418 --> 00:04:11,334 Pero estamos tendo algúns atrancos ultimamente. 65 00:04:11,334 --> 00:04:15,543 A policía belga confiscou varios envíos e cesei as exportacións. 66 00:04:15,543 --> 00:04:19,668 Sobra dicir que hai moita puta pasta en xogo. 67 00:04:19,668 --> 00:04:21,376 Quen leva o tema alí? 68 00:04:21,376 --> 00:04:24,043 Un personaxe de coidado, Florian de Groot. 69 00:04:24,626 --> 00:04:28,209 Ou, como lle chama meu pai, o belga merdento do carallo. 70 00:04:28,793 --> 00:04:29,626 Bo nome. 71 00:04:31,793 --> 00:04:35,626 Gústanlle o viño tinto, a alta cociña e, sobre todo, el mesmo. 72 00:04:38,084 --> 00:04:40,334 Keith e Manta vano traer a Inglaterra 73 00:04:40,334 --> 00:04:42,334 para saber que cona pasa. 74 00:04:44,668 --> 00:04:46,334 Xa sabes por que viñemos. 75 00:04:46,334 --> 00:04:50,084 Preciso unha segunda opinión. De Groot ponme dos nervios. 76 00:04:50,084 --> 00:04:52,418 Cústame discernir se é que el é así... 77 00:04:52,418 --> 00:04:53,459 Recoméndovolo. 78 00:04:53,459 --> 00:04:55,293 ...ou que intenta xogarma. 79 00:04:55,293 --> 00:04:58,459 - Precisas unha perspectiva máis xeral. - Exacto. 80 00:04:58,459 --> 00:05:00,793 Pódolles dicir que o traian aquí 81 00:05:00,793 --> 00:05:02,793 e non terás que moverte da casa. 82 00:05:03,418 --> 00:05:04,793 Podo ir en zapatillas. 83 00:05:05,793 --> 00:05:07,293 O que che pida o corpo. 84 00:05:10,459 --> 00:05:14,168 Cantas máis normas e regulacións impón o voso país, 85 00:05:14,168 --> 00:05:18,584 máis empregados cómpren na Unión Europea para aplicalas. 86 00:05:18,584 --> 00:05:21,709 E máis xente supón máis bocas que alimentar. 87 00:05:21,709 --> 00:05:24,959 Así que, se queres que o teu... produto 88 00:05:24,959 --> 00:05:27,834 siga chegando ao continente sen problemas, 89 00:05:28,334 --> 00:05:30,334 vaiche custar máis cartos. 90 00:05:30,334 --> 00:05:32,876 Canto máis exactamente? 91 00:05:33,376 --> 00:05:34,876 Un millón e medio. 92 00:05:36,459 --> 00:05:39,251 Como chegaches a esta cifra tan concreta? 93 00:05:40,168 --> 00:05:41,376 En Zeebrugge 94 00:05:41,376 --> 00:05:43,209 hai policía local, 95 00:05:43,209 --> 00:05:44,293 policía federal, 96 00:05:44,293 --> 00:05:45,334 maritime, 97 00:05:45,334 --> 00:05:48,501 axentes de aduanas, axentes portuarios. 98 00:05:48,501 --> 00:05:51,209 Todos son moi avarentos. 99 00:05:52,168 --> 00:05:54,084 E, como non lles pague xa, 100 00:05:54,084 --> 00:05:55,751 vanse anoxar 101 00:05:55,751 --> 00:05:56,959 e van cantar. 102 00:05:59,751 --> 00:06:02,626 - Impórtache se falamos un momento? - Adiante. 103 00:06:03,584 --> 00:06:05,126 - Ven, Susan. - Vou. 104 00:06:10,543 --> 00:06:12,168 - Estanos puteando. - Vale. 105 00:06:12,168 --> 00:06:15,626 Avisou el a policía fronteiriza para subirche o prezo. 106 00:06:16,126 --> 00:06:18,126 - Por que agora? - Por cobiza? 107 00:06:18,126 --> 00:06:20,459 Entendería que pedise un 10 % máis, 108 00:06:20,459 --> 00:06:21,793 pero pide o dobre. 109 00:06:21,793 --> 00:06:23,793 Debe crer que xoga con vantaxe. 110 00:06:24,293 --> 00:06:26,459 Pero tedes que buscar outra ruta. 111 00:06:26,459 --> 00:06:28,834 Se cedes agora, volverá pedir máis. 112 00:06:34,793 --> 00:06:36,251 Podo subir a 1,2. 113 00:06:36,251 --> 00:06:37,959 É a miña última oferta. 114 00:06:37,959 --> 00:06:40,418 Se queres que a situación se resolva, 115 00:06:41,501 --> 00:06:45,126 hai que pagar a taxa actual e un millón e medio máis. 116 00:06:45,918 --> 00:06:46,959 Entendido? 117 00:06:48,834 --> 00:06:52,543 Entendo que hai que untar a varias persoas. 118 00:06:52,543 --> 00:06:54,168 Así funciona o mundo. 119 00:06:54,168 --> 00:06:55,751 Pero dentro duns límites. 120 00:06:55,751 --> 00:06:58,334 Non te rías de min na miña puta cara. 121 00:07:01,084 --> 00:07:03,251 Jimmy, que pasa coas luces? 122 00:07:10,168 --> 00:07:11,959 O primeiro xa está. Bulide! 123 00:07:11,959 --> 00:07:16,168 Intentas asustarme con trucos barateiros? 124 00:07:23,334 --> 00:07:25,418 Non me podes atar coma unha besta. 125 00:07:25,418 --> 00:07:27,251 Se é cousa túa, prepárate. 126 00:07:27,251 --> 00:07:29,709 Eddie, vai ver que pasa. Leva a Manta. 127 00:07:43,668 --> 00:07:44,543 Vamos! 128 00:07:49,209 --> 00:07:50,959 Están roubando os xeradores! 129 00:07:58,459 --> 00:08:00,043 Cago na hostia! Monta! 130 00:08:26,668 --> 00:08:28,376 Home, non me amoles! 131 00:08:31,418 --> 00:08:32,959 Vai alucinar. 132 00:08:39,126 --> 00:08:41,668 - Se cadra iso é algo excesivo. - Home... 133 00:08:42,918 --> 00:08:45,543 Se nos matades, asegúrovos que o ides pagar. 134 00:08:45,543 --> 00:08:47,334 Teño un cento de curmáns. 135 00:08:47,334 --> 00:08:49,084 Non se vai matar a ninguén. 136 00:08:49,084 --> 00:08:51,543 E logo que fai o mangallón coa escopeta? 137 00:08:51,543 --> 00:08:55,251 É que... está algo alterado, non é, Manta? 138 00:08:55,251 --> 00:08:57,668 A cona! Xitanos malandríns. 139 00:08:57,668 --> 00:08:59,626 - Que te fodan! - Puto racista! 140 00:08:59,626 --> 00:09:00,959 Somos unha minoría. 141 00:09:00,959 --> 00:09:02,959 Aprende algo de diversidade. 142 00:09:02,959 --> 00:09:05,209 Non somos xitanos, somos nómades. 143 00:09:05,793 --> 00:09:07,001 É o mesmo, carallo. 144 00:09:07,001 --> 00:09:08,459 Vale! A ver. 145 00:09:08,459 --> 00:09:10,001 Tranquilízateme. 146 00:09:10,501 --> 00:09:11,459 Calmémonos. 147 00:09:11,459 --> 00:09:13,543 Manta, vai onda Susie e cóntallo. 148 00:09:13,543 --> 00:09:14,793 A rañala, Mantiña. 149 00:09:14,793 --> 00:09:16,043 Tira. Tranquilo. 150 00:09:18,751 --> 00:09:20,376 Laretas, como te chamas? 151 00:09:20,876 --> 00:09:21,709 Que che dean! 152 00:09:21,709 --> 00:09:23,709 E o nome de verdade? 153 00:09:25,084 --> 00:09:28,126 Apelídome Ward. Non che vou dicir máis nada, avoíño. 154 00:09:28,126 --> 00:09:31,251 Isto é privado. Por que nos roubastes os xeradores? 155 00:09:31,918 --> 00:09:33,459 Non nos quedou outra. 156 00:09:33,459 --> 00:09:36,293 Os do Concello leváronnos o noso. 157 00:09:36,293 --> 00:09:39,834 - Non é problema meu. - Ti non tes pinta de precisalo. 158 00:09:40,334 --> 00:09:43,751 Nós estamos sen calefacción e os cativos dormen ao frío. 159 00:09:45,126 --> 00:09:47,251 Ídesnos facer esa putada, amigos? 160 00:09:47,251 --> 00:09:49,959 Veña, pensade nos meniños. 161 00:09:52,043 --> 00:09:54,668 Rapaces, imos desenganchar un xerador, veña. 162 00:09:54,668 --> 00:09:57,876 Dámosvos un dos que roubastes, para os nenos. 163 00:09:57,876 --> 00:09:59,168 Este queda aquí. 164 00:09:59,168 --> 00:10:00,126 Veña. 165 00:10:04,793 --> 00:10:06,501 Vannos dar problemas, Geoff? 166 00:10:06,501 --> 00:10:09,584 A familia Ward tenlle mala fama por aquí. 167 00:10:09,584 --> 00:10:12,793 Pelexas de cans, de galos, entre eles. 168 00:10:12,793 --> 00:10:15,501 Cen xeracións de volatilidade dinástica. 169 00:10:15,501 --> 00:10:18,084 Haberá que fiar fino. 170 00:10:21,959 --> 00:10:23,209 Que pasou? 171 00:10:23,209 --> 00:10:25,959 Unha das vacas premeu o interruptor? 172 00:10:26,834 --> 00:10:28,668 Velo? Un cabrón arrogante. 173 00:10:29,543 --> 00:10:31,251 Acepta unha suba temporal. 174 00:10:31,251 --> 00:10:33,418 Ata darmos cunha ruta alternativa. 175 00:10:33,418 --> 00:10:35,834 Non me gusta que me forcen, Edward. 176 00:10:36,709 --> 00:10:40,001 Que volva a Bélxica. Dicímoslle que o imos pensar. 177 00:10:40,001 --> 00:10:41,626 Que se poña nervioso. 178 00:10:41,626 --> 00:10:43,501 - E os nómades? - Non che sei. 179 00:10:43,501 --> 00:10:45,918 - Que opinas? - Depende do que viron. 180 00:10:45,918 --> 00:10:49,376 Pero se saben a que nos dedicamos, podemos ter problemas. 181 00:10:50,543 --> 00:10:52,001 Haberá que ir visitalos. 182 00:10:52,001 --> 00:10:55,918 Desculpade. Quero volver á civilisation. 183 00:11:31,543 --> 00:11:32,834 Que hostia miras? 184 00:11:32,834 --> 00:11:34,376 A ti, calvo do carallo. 185 00:11:34,376 --> 00:11:36,501 Terma das bestas, amigo. 186 00:11:36,501 --> 00:11:39,543 Vimos falar co voso xefe ou con quen mande aquí. 187 00:11:39,543 --> 00:11:40,459 Quen sodes? 188 00:11:40,459 --> 00:11:43,418 Os que vos doaron ese xerador xenerosamente. 189 00:11:48,043 --> 00:11:49,084 JP! 190 00:11:53,918 --> 00:11:54,834 Kellie-Anne! 191 00:11:59,251 --> 00:12:01,543 Son os mamóns que nos dispararon onte. 192 00:12:01,543 --> 00:12:02,459 Cal deles? 193 00:12:02,459 --> 00:12:03,543 Ese de aí. 194 00:12:11,501 --> 00:12:13,126 Iso non te vai salvar aquí. 195 00:12:15,334 --> 00:12:17,709 Pegácheslle un puto tiro á miña familia? 196 00:12:18,209 --> 00:12:20,793 Non sabiamos que eran nenos. Non se vía nada 197 00:12:20,793 --> 00:12:24,334 porque acababan de apropiarse dos nosos xeradores. 198 00:12:24,876 --> 00:12:27,918 Por que non falamos un anaco? 199 00:12:28,543 --> 00:12:30,543 Igual onde haxa máis privacidade. 200 00:12:34,251 --> 00:12:36,793 Se tedes algo que dicir, soltádeo. 201 00:12:36,793 --> 00:12:37,918 Que fas, mamá? 202 00:12:37,918 --> 00:12:41,418 Kellie-Anne, é duque, cona! Téñoo visto no xornal. 203 00:12:41,418 --> 00:12:42,334 Dálle. 204 00:12:43,334 --> 00:12:45,501 Leite e azucre, excelencia? 205 00:12:46,084 --> 00:12:47,418 Un tris de leite. 206 00:12:50,293 --> 00:12:52,543 Non todos os días vén a realeza. 207 00:12:52,543 --> 00:12:53,459 Perfecto. 208 00:12:53,459 --> 00:12:55,168 Grazas, mamá. Tira. 209 00:13:02,084 --> 00:13:03,334 Que queredes? 210 00:13:03,918 --> 00:13:07,584 Garantías de que a túa extensa familia non volverá á miña casa. 211 00:13:07,584 --> 00:13:09,418 É porque plantades maría alí? 212 00:13:10,168 --> 00:13:11,876 Que che fai pensar iso? 213 00:13:11,876 --> 00:13:14,751 Non che sei. Igual é tanto puto xerador, 214 00:13:15,543 --> 00:13:16,959 as idas e vindas, 215 00:13:16,959 --> 00:13:20,793 os colleiteiros de maría vietnamitas que se perden por aquí. 216 00:13:20,793 --> 00:13:23,793 Ou que un dos nosos mirou nos vosos bidóns azuis 217 00:13:23,793 --> 00:13:24,918 e atopou isto. 218 00:13:28,959 --> 00:13:30,376 Non demostra nada. 219 00:13:33,918 --> 00:13:35,668 Estasnos chantaxeando? 220 00:13:36,251 --> 00:13:39,793 A ver, muller, depende do que entendades por chantaxear. 221 00:13:41,418 --> 00:13:43,959 Se cadra pódesnos aclarar a túa definición. 222 00:13:43,959 --> 00:13:45,001 Moi ben. 223 00:13:48,251 --> 00:13:52,168 MURMURIO INCOMPRENSIBLE DE NÓMADES 224 00:13:59,751 --> 00:14:00,751 Quero participar. 225 00:14:00,751 --> 00:14:02,334 Excusez-moi? 226 00:14:02,334 --> 00:14:05,459 Temos moitas destrezas útiles para este negocio. 227 00:14:05,459 --> 00:14:07,293 Seguro que o damos amañado. 228 00:14:07,293 --> 00:14:10,293 Pois nada, a reunión chegou ao seu fin natural. 229 00:14:10,293 --> 00:14:11,543 Un momento, Susie. 230 00:14:12,043 --> 00:14:15,001 Impórtavos que fale un momento coa miña socia? 231 00:14:15,001 --> 00:14:18,209 Pois xa que es duque... adiante. 232 00:14:18,209 --> 00:14:19,168 Graciñas. 233 00:14:21,959 --> 00:14:25,168 MURMURIO INCOMPRENSIBLE DE ESTIRADOS 234 00:14:35,543 --> 00:14:40,251 Resulta que temos un pequeno problema coa distribución do noso produto. 235 00:14:40,251 --> 00:14:43,084 E caemos na conta de que vós tedes experiencia 236 00:14:43,084 --> 00:14:44,834 no contrabando de produtos. 237 00:14:44,834 --> 00:14:47,084 Iso é un clixé que xa fede, hostia. 238 00:14:47,584 --> 00:14:48,793 É certo? 239 00:14:49,584 --> 00:14:51,334 Non dixo que non sexa certo. 240 00:14:51,334 --> 00:14:54,584 Coa vosa pericia, fariamos chegar o produto a Europa. 241 00:14:55,209 --> 00:14:58,084 Que che parece? Podemos chegar a un acordo? 242 00:15:01,209 --> 00:15:04,793 Pídesme que baile contigo sen convidarme a unha copa antes. 243 00:15:06,084 --> 00:15:07,251 Que tomas? 244 00:15:11,376 --> 00:15:14,043 Whisky do caro, carallo. Iso tomo. 245 00:15:23,334 --> 00:15:25,251 É todo un cabaleiro, excelencia. 246 00:15:27,376 --> 00:15:29,501 Sabe a caro de collóns. 247 00:15:29,501 --> 00:15:31,751 Un Dalmore de malte de 25 anos. 248 00:15:36,126 --> 00:15:38,959 En fin, eu non vin coas mans baleiras. 249 00:15:44,126 --> 00:15:45,209 Isto de aquí... 250 00:15:46,626 --> 00:15:48,293 é poitín do condado de Mayo. 251 00:15:49,084 --> 00:15:50,668 Fano con pataca, 252 00:15:51,459 --> 00:15:52,501 mazá silvestre 253 00:15:53,293 --> 00:15:55,543 e un nada de líquido de freos. 254 00:15:56,334 --> 00:15:59,709 Cómpre algo que te free un pouco cando a máquina arrinca. 255 00:15:59,709 --> 00:16:04,459 Hai que atopar o equilibrio perfecto. Se non, podes quedar cego. 256 00:16:12,709 --> 00:16:13,876 Sláinte. 257 00:16:13,876 --> 00:16:15,918 - Saúde. - Saúde. 258 00:16:18,793 --> 00:16:21,001 Hostias! Pega duro. 259 00:16:23,501 --> 00:16:24,376 Mimá. 260 00:16:25,584 --> 00:16:28,793 Entón... hai trato ou non hai trato? 261 00:16:30,418 --> 00:16:34,543 Non ata que bebamos toda a botella de poitín, Susan. 262 00:16:35,043 --> 00:16:37,043 Para facer negocios cos Ward, 263 00:16:37,668 --> 00:16:39,209 hai que troulear cos Ward. 264 00:16:39,209 --> 00:16:41,126 Ti enténdesme. 265 00:16:41,126 --> 00:16:43,459 Se é o que precisas, conta comigo. 266 00:16:44,126 --> 00:16:45,668 Que si, Wham Tam. Dixeches 267 00:16:45,668 --> 00:16:48,418 que despois dos enterros é cando máis fodes. 268 00:16:53,959 --> 00:16:55,001 Carafio. 269 00:16:55,793 --> 00:16:58,376 Meu irmán, Freddy, e a súa muller, Tamsin. 270 00:16:59,209 --> 00:17:00,959 Eles son John Paul e familia. 271 00:17:01,751 --> 00:17:03,626 Freddy, tomade algo con nós. 272 00:17:05,751 --> 00:17:06,876 Claro, que carallo. 273 00:17:06,876 --> 00:17:07,793 Pois... 274 00:17:09,918 --> 00:17:11,793 arrincamos motores. 275 00:17:48,126 --> 00:17:50,543 Esperamos convidados, querido? 276 00:17:51,126 --> 00:17:55,168 Están vindo cara a aquí uns 400 xitanos. 277 00:17:55,168 --> 00:17:57,209 Non fales tan alto, mamá. 278 00:17:57,209 --> 00:17:59,209 Retirei tarde onte á noite. 279 00:17:59,209 --> 00:18:00,334 Non me digas. 280 00:18:00,959 --> 00:18:02,626 Como de tarde exactamente? 281 00:18:15,001 --> 00:18:16,084 Dá mágoa verte. 282 00:18:16,751 --> 00:18:18,543 Nin que durmises á intemperie. 283 00:18:18,543 --> 00:18:19,459 Grazas. 284 00:18:20,209 --> 00:18:22,751 É que, polo visto, o poitín déixate cego. 285 00:18:22,751 --> 00:18:24,918 E sen memoria, polo que se ve. 286 00:18:24,918 --> 00:18:29,043 Xa. Poida que, co alcohol, aceptase que queden aquí un par de días. 287 00:18:29,959 --> 00:18:31,043 Debincho dicir. 288 00:18:31,043 --> 00:18:32,334 Non pasa nada, ceo. 289 00:18:32,334 --> 00:18:35,251 Só que a Geoff e a min nos sorprendeu un pouco 290 00:18:35,251 --> 00:18:38,084 velos achegarse así. 291 00:18:43,959 --> 00:18:45,168 E ti inda por aquí? 292 00:18:49,793 --> 00:18:51,168 Non teño nin idea. 293 00:18:51,168 --> 00:18:52,793 Espertei nun dos cuartos, 294 00:18:52,793 --> 00:18:55,501 cunha lata de fabas e unha botella de vermú. 295 00:18:56,001 --> 00:18:57,918 Estou coma se me atropelasen. 296 00:18:59,459 --> 00:19:01,876 Dóevos a cachola, non? 297 00:19:01,876 --> 00:19:05,709 Que espectáculo destes onte á noite. Quedei impresionado. 298 00:19:05,709 --> 00:19:07,834 Grazas. Vou ver se amaño isto. 299 00:19:10,376 --> 00:19:11,543 Ibuprofeno. 300 00:19:11,543 --> 00:19:13,418 Si. Ibuprofeno. 301 00:19:42,334 --> 00:19:43,334 Bonitiña. 302 00:19:43,959 --> 00:19:45,751 Es moi bonitiña, va que si? 303 00:19:48,459 --> 00:19:49,459 Claro que si. 304 00:19:51,501 --> 00:19:52,793 - Moi bonitiña. - Eh! 305 00:19:53,793 --> 00:19:54,834 Que fas? 306 00:19:56,584 --> 00:19:59,751 Perdón, é que... é unha preciosidade. 307 00:20:01,251 --> 00:20:03,168 Estaba... falando con ela. 308 00:20:03,834 --> 00:20:05,043 Coñecéndoa. 309 00:20:08,126 --> 00:20:09,209 Gústaslle. 310 00:20:11,709 --> 00:20:12,543 Montas? 311 00:20:13,543 --> 00:20:14,668 Dende cativa. 312 00:20:15,168 --> 00:20:16,626 Pois dá unha volta nela. 313 00:20:17,459 --> 00:20:18,293 En serio? 314 00:20:28,168 --> 00:20:29,376 Que ben a monta. 315 00:20:30,584 --> 00:20:31,793 Bo día, excelencia. 316 00:20:33,251 --> 00:20:36,251 Desculpe, pensei que non estaba. Deille permiso eu, 317 00:20:36,251 --> 00:20:38,626 pero volvo metela na corte se quere. 318 00:20:38,626 --> 00:20:40,001 Non sexas parvo. 319 00:20:40,709 --> 00:20:41,584 Non pasa nada. 320 00:20:42,543 --> 00:20:43,959 Dá gusto vela. 321 00:20:45,293 --> 00:20:47,501 Xa sabe que non se deixa montar. 322 00:20:50,376 --> 00:20:52,626 Aseméllanse na postura, va que si? 323 00:20:53,959 --> 00:20:55,126 Charly e mais ela. 324 00:20:58,459 --> 00:20:59,376 Pode ser. 325 00:21:00,626 --> 00:21:03,418 Vaille ben na universidade. 326 00:21:04,584 --> 00:21:06,334 Disque si, excelencia. 327 00:21:15,793 --> 00:21:17,001 Penso a miúdo 328 00:21:18,251 --> 00:21:20,376 no difícil que tivo que resultarche 329 00:21:21,709 --> 00:21:24,918 ver medrar a Charly todos estes anos. 330 00:21:26,209 --> 00:21:27,334 Houbo cousas boas. 331 00:21:28,001 --> 00:21:30,418 Tívena preto. Ensineille a montar. 332 00:21:31,834 --> 00:21:33,501 Algo é algo, non? 333 00:21:35,918 --> 00:21:36,793 Dende logo. 334 00:21:44,793 --> 00:21:46,459 Que hai entre volos dous? 335 00:21:47,251 --> 00:21:49,543 Onte vinvos moi arrimados no sofá. 336 00:21:50,334 --> 00:21:51,459 Xa me entendes. 337 00:21:51,959 --> 00:21:53,334 Non é máis ca traballo. 338 00:21:54,043 --> 00:21:55,626 Somos socios. 339 00:21:56,251 --> 00:22:00,168 Por como che chispean os ollos, nótase que ti es a delincuente. 340 00:22:01,084 --> 00:22:03,584 Córreche sangue rebelde polas veas. 341 00:22:04,459 --> 00:22:07,251 E unha obreira coma ti cun duque... 342 00:22:08,459 --> 00:22:11,793 Esa xente perséguenos dende Guillerme o Conquistador. 343 00:22:11,793 --> 00:22:13,084 Non che falta razón. 344 00:22:13,793 --> 00:22:15,834 Pero non imos falar de min, JP, 345 00:22:15,834 --> 00:22:18,876 senón do teu plan para levar isto a cabo. 346 00:22:19,459 --> 00:22:20,709 Coméntoche o tema. 347 00:22:21,209 --> 00:22:23,959 - Nós imos a Europa acotío. - Vale. 348 00:22:23,959 --> 00:22:26,418 Unhas veces vía Irlanda e outras non. 349 00:22:26,418 --> 00:22:28,959 Un mes é unha feira de cabalos en España 350 00:22:28,959 --> 00:22:32,084 e, o seguinte, visitar alguén en Bélxica. 351 00:22:32,709 --> 00:22:33,626 Pero, este mes, 352 00:22:35,334 --> 00:22:37,584 toca peregrinación a Lourdes. 353 00:22:49,251 --> 00:22:52,334 Xefa, se me chegan a dicir na escola 354 00:22:52,334 --> 00:22:56,876 que gañaría un pastón metendo maría en estatuas de virxes, 355 00:22:56,876 --> 00:22:59,043 diríalles que estaban coma chotas. 356 00:23:00,543 --> 00:23:01,834 A min non me mires. 357 00:23:19,418 --> 00:23:20,834 BÉLXICA 358 00:23:29,126 --> 00:23:30,668 ALEMAÑA 359 00:23:39,043 --> 00:23:41,376 FRANCIA 360 00:23:49,418 --> 00:23:52,709 CONTROL DE ADUANAS 361 00:24:15,293 --> 00:24:17,251 O QUINTO C@RALLO 362 00:24:44,751 --> 00:24:47,459 Non podemos ter queixa desta nova colaboración. 363 00:24:48,126 --> 00:24:49,251 Traballo en equipo. 364 00:24:49,834 --> 00:24:51,793 Ves como o pasas ben? 365 00:24:52,584 --> 00:24:53,418 Pode ser. 366 00:24:59,959 --> 00:25:00,793 Trompeta? 367 00:25:01,376 --> 00:25:02,626 Non, graciñas, meu. 368 00:25:04,043 --> 00:25:06,584 Un Opus X? Os favoritos de papá. 369 00:25:07,376 --> 00:25:09,959 Cadaquén no seu eido, non é? 370 00:25:11,543 --> 00:25:13,959 Falando diso, estiven a pensar. 371 00:25:15,918 --> 00:25:18,084 Mira, xa sei que é temporal, 372 00:25:18,084 --> 00:25:21,251 o dos negocios con Susie Glass e mais seu pai... 373 00:25:22,876 --> 00:25:25,209 Pero dáseche caralludamente, e sábelo. 374 00:25:25,876 --> 00:25:28,793 De feito, creo que te están adestrando. 375 00:25:29,918 --> 00:25:31,334 O meu irmanciño pequeno, 376 00:25:32,751 --> 00:25:34,293 xefe mafioso. 377 00:25:36,376 --> 00:25:37,959 Non sei se chego a tanto, 378 00:25:39,668 --> 00:25:43,334 pero si que queren ampliar o contrato máis alá deste ano. 379 00:25:43,834 --> 00:25:46,751 - Ves? Hostias, dilles que si! - Por que? 380 00:25:47,626 --> 00:25:48,876 Home, pois... 381 00:25:49,459 --> 00:25:51,209 A vida é curta, Edward. 382 00:25:51,793 --> 00:25:54,459 Cadaquén ten que descubrir cal é o seu forte, 383 00:25:54,459 --> 00:25:56,543 e ao carallo as consecuencias! 384 00:25:56,543 --> 00:26:00,126 Ao carallo vas ti se a consecuencia é pasar 14 anos preso. 385 00:26:01,001 --> 00:26:02,793 Todos estamos presos, irmán. 386 00:26:03,418 --> 00:26:04,543 Dígoche unha cousa. 387 00:26:06,293 --> 00:26:08,668 Eu tamén estou a escalar a miña montaña. 388 00:26:09,876 --> 00:26:11,668 E, cando chegue ao cumio, 389 00:26:13,501 --> 00:26:16,584 a xente vai quedar pampa coas vistas. 390 00:26:19,876 --> 00:26:22,459 Por... chegar ao cumio. 391 00:26:24,751 --> 00:26:26,209 Por chegar ao cumio. 392 00:26:51,876 --> 00:26:56,251 Estaba convencido de que lle pararan todos os cargamentos. 393 00:26:59,418 --> 00:27:01,168 O meu infiltrado 394 00:27:01,793 --> 00:27:03,418 precipitouse. 395 00:27:03,418 --> 00:27:04,793 Perdeu o control. 396 00:27:04,793 --> 00:27:07,334 Cómpreme algo de tempo para arranxalo. 397 00:27:51,709 --> 00:27:54,251 Éche un coche bonito de moito carallo. 398 00:27:55,959 --> 00:27:57,334 Era do meu pai. 399 00:27:57,334 --> 00:27:59,751 Ostras! Deixouche o coche e a casa? 400 00:28:01,376 --> 00:28:03,543 Meu pai só me deixou problemas. 401 00:28:04,876 --> 00:28:06,459 A min tamén me caeu algún. 402 00:28:07,168 --> 00:28:08,001 Perdoa. 403 00:28:08,501 --> 00:28:10,043 Han de ser os de Facenda. 404 00:28:13,043 --> 00:28:14,668 - Dime. - Estás con JP? 405 00:28:15,668 --> 00:28:16,501 Estaba. 406 00:28:17,001 --> 00:28:18,001 Ven á granxa. 407 00:28:18,834 --> 00:28:19,959 Non digas nada. 408 00:28:25,584 --> 00:28:26,626 Que foi? 409 00:28:26,626 --> 00:28:29,209 Había catro millóns de libras aí metidos. 410 00:28:29,209 --> 00:28:30,209 Xa non están. 411 00:28:30,209 --> 00:28:31,834 Roubáronnos. 412 00:28:32,418 --> 00:28:33,418 Jimmy, a cámara. 413 00:28:34,418 --> 00:28:35,418 Rompérona. 414 00:28:35,418 --> 00:28:38,376 Lembrades os xeradores? Roubáronos os xitanos. 415 00:28:38,376 --> 00:28:40,043 Non nos precipitemos. 416 00:28:40,043 --> 00:28:43,418 Pensádeo. Lévano no sangue. Que outra explicación hai? 417 00:28:43,418 --> 00:28:46,918 Non ía dicir nada, que a min non me gustan os delatores, 418 00:28:47,959 --> 00:28:49,793 pero onte á noite, na granxa, 419 00:28:49,793 --> 00:28:52,751 vin a JP na entrada do invernadoiro. 420 00:28:52,751 --> 00:28:54,918 Crin que estaba botando un cigarro, 421 00:28:54,918 --> 00:28:57,626 pero noteino nervioso. Marchou a toda hostia. 422 00:28:57,626 --> 00:28:59,584 Seguro que pirateou as claves. 423 00:28:59,584 --> 00:29:00,584 A que hora foi? 424 00:29:00,584 --> 00:29:04,168 Xa pasaba das 12. É algo tarde para pasear, non? 425 00:29:04,793 --> 00:29:06,626 Co ben que ían as cousas. 426 00:29:07,584 --> 00:29:09,501 Encárgome eu. Merda! 427 00:29:13,251 --> 00:29:15,959 DIRECCIÓN? 428 00:29:15,959 --> 00:29:19,959 DEIXÁMOLO PARA OUTRA VEZ 429 00:29:32,668 --> 00:29:33,626 Xa o sabes? 430 00:29:35,918 --> 00:29:36,918 Sei, si. 431 00:29:39,918 --> 00:29:42,751 E que pensas, Eddie? 432 00:29:43,584 --> 00:29:45,626 Posme nunha situación moi difícil. 433 00:29:46,126 --> 00:29:47,543 E logo por que? 434 00:29:48,126 --> 00:29:49,709 Ponte no meu lugar. 435 00:29:49,709 --> 00:29:50,918 Como nos coñecemos? 436 00:29:51,793 --> 00:29:55,126 Coñecémonos porque me estabades roubando. 437 00:29:56,459 --> 00:29:59,334 Mellor che era mirar entre a túa puta xente. 438 00:29:59,334 --> 00:30:02,334 Non os estou mirando a eles. Estoute mirando a ti. 439 00:30:05,793 --> 00:30:07,668 Roubaches ti os cartos, John? 440 00:30:09,918 --> 00:30:12,501 Ten moito coidado, Eddie. 441 00:30:14,251 --> 00:30:17,501 Roubaches ti os cartos? 442 00:30:38,918 --> 00:30:39,751 Luna. 443 00:30:41,293 --> 00:30:42,668 Amañado, Suze. 444 00:30:42,668 --> 00:30:45,709 - A cámara xa funciona. - Onde van os nómades? 445 00:30:46,584 --> 00:30:48,209 Esfumáronse, polo visto. 446 00:30:48,209 --> 00:30:49,334 Merda. 447 00:30:49,334 --> 00:30:51,001 Pois organizádevos. 448 00:30:51,001 --> 00:30:53,459 Hai que atopalos, entendido? 449 00:30:53,459 --> 00:30:54,834 Todos mans á obra. 450 00:30:54,834 --> 00:30:58,626 Queres que fale con de Groot, a ver se amañamos a desfeita? 451 00:30:58,626 --> 00:30:59,543 Bo día. 452 00:31:01,668 --> 00:31:02,876 Ven, Susan. 453 00:31:02,876 --> 00:31:04,043 Falamos agora. 454 00:31:08,376 --> 00:31:13,084 Quen gaña se culpamos os nómades e perdemos a distribución en Europa? 455 00:31:13,084 --> 00:31:16,084 - O belga merdento do carallo. - Exacto. 456 00:31:16,084 --> 00:31:18,376 Se cadra precipiteime con JP. 457 00:31:18,376 --> 00:31:20,459 Ladrón é, pero non o que buscamos. 458 00:31:21,251 --> 00:31:23,168 De selo, liscarían ao momento. 459 00:31:23,168 --> 00:31:25,793 Cres que de Groot o orquestrou dende Europa? 460 00:31:25,793 --> 00:31:27,834 Pero non puido facelo el só. 461 00:31:27,834 --> 00:31:29,834 Xa. Ten que ter un infiltrado. 462 00:31:29,834 --> 00:31:32,959 Alguén de confianza, seguramente aquí dentro. 463 00:31:33,793 --> 00:31:36,584 Teremos que ir dar unha volta a Zeebrugge. 464 00:31:38,793 --> 00:31:41,043 Susie, Eddie. 465 00:31:41,709 --> 00:31:43,334 Que alegría vervos. 466 00:31:46,126 --> 00:31:48,418 Non, grazas. Non imos xantar. 467 00:31:48,418 --> 00:31:50,584 Xantar é fundamental. 468 00:31:50,584 --> 00:31:52,709 Estades en Europa, amigos meus. 469 00:31:52,709 --> 00:31:53,876 E, en Europa, 470 00:31:54,459 --> 00:31:55,834 gústanos gozar a vida. 471 00:31:56,459 --> 00:31:58,959 Os ingleses sempre estades atarefados. 472 00:31:58,959 --> 00:32:00,543 Tictac, tictac. 473 00:32:01,084 --> 00:32:02,334 Coma o Big Ben. 474 00:32:03,584 --> 00:32:04,709 Velaquí ten, señor. 475 00:32:08,543 --> 00:32:10,543 - É de ca... - Xa sei de que é. 476 00:32:12,001 --> 00:32:16,376 A carne de cabalo resúltame máis delicada que a de touro ou a de vaca. 477 00:32:22,168 --> 00:32:24,418 Deduzo que a vosa presenza se debe 478 00:32:24,418 --> 00:32:27,126 a unha vontade de retomar 479 00:32:28,168 --> 00:32:29,126 as negociacións. 480 00:32:29,793 --> 00:32:31,459 Pódese dicir así. 481 00:32:31,459 --> 00:32:33,209 Aceptades as condicións? 482 00:32:34,376 --> 00:32:38,584 O certo é que vimos ofrecerche algo moito máis valioso. 483 00:32:40,501 --> 00:32:42,126 Que é iso? 484 00:32:42,709 --> 00:32:43,584 O antídoto. 485 00:32:43,584 --> 00:32:45,501 O antídoto para que? 486 00:32:47,251 --> 00:32:50,626 Para o veleno que acaba de introducirse no teu sistema 487 00:32:50,626 --> 00:32:53,168 e que debería facerche efecto... xa. 488 00:32:53,751 --> 00:32:56,626 É o bo de dirixir unha mafia internacional. 489 00:32:56,626 --> 00:32:57,959 Os contactos. 490 00:32:58,459 --> 00:33:01,334 O corazón comeza a latexar tres veces máis rápido 491 00:33:01,334 --> 00:33:03,793 para intentar manter a presión arterial. 492 00:33:03,793 --> 00:33:07,668 Nuns cinco minutos, entrarás en choque. 493 00:33:07,668 --> 00:33:10,334 Perderás o control das funcións fisiolóxicas 494 00:33:10,334 --> 00:33:12,751 e sufrirás un paro cardíaco 495 00:33:12,751 --> 00:33:16,293 debido aos danos causados aos órganos internos. E despois... 496 00:33:17,501 --> 00:33:18,959 Despois asfixiaraste. 497 00:33:19,626 --> 00:33:23,043 Tombado no chan do restaurante, sen dar respirado, 498 00:33:23,043 --> 00:33:26,084 coma un puto peixe moribundo. 499 00:33:28,418 --> 00:33:30,084 Menos se tomas o antídoto. 500 00:33:36,834 --> 00:33:37,834 Dános un nome. 501 00:33:40,459 --> 00:33:42,043 Non sei de que falas. 502 00:33:42,043 --> 00:33:43,334 O tempo esgótase. 503 00:33:43,334 --> 00:33:45,626 Tictac, tictac. Coma o Big Ben, non? 504 00:33:46,834 --> 00:33:47,751 Europeos... 505 00:33:48,501 --> 00:33:49,959 Que lentos sodes. 506 00:33:52,709 --> 00:33:53,793 O nome. 507 00:34:07,918 --> 00:34:09,376 - Que decepción. - Abofé. 508 00:34:09,376 --> 00:34:10,293 Toma. 509 00:34:20,876 --> 00:34:22,459 Nunha hora estarás ben. 510 00:34:22,459 --> 00:34:24,251 Se sentes a necesidade 511 00:34:24,251 --> 00:34:27,418 de informar esta persoa dos últimos acontecementos, 512 00:34:27,418 --> 00:34:30,209 lembra o pouco que nos custou facer isto. 513 00:34:30,209 --> 00:34:32,209 Bo proveito, señor de Groot. 514 00:34:45,293 --> 00:34:47,876 A ver, como facemos? 515 00:34:49,793 --> 00:34:51,293 Só hai unha opción. 516 00:34:52,126 --> 00:34:54,126 É grandiño. Sabía o que xogaba. 517 00:34:55,126 --> 00:34:55,959 Si. 518 00:34:57,918 --> 00:35:00,668 En fin, non vai ser agradable. 519 00:35:02,751 --> 00:35:03,751 Nunca o é. 520 00:35:07,251 --> 00:35:08,626 Caíame moi ben. 521 00:35:09,918 --> 00:35:11,209 Confiaba nel. 522 00:35:12,918 --> 00:35:14,209 Nunca se sabe, non? 523 00:35:14,876 --> 00:35:16,251 Nunca se sabe, hostia. 524 00:35:17,376 --> 00:35:19,668 Algunha preferencia sobre como facelo? 525 00:35:20,876 --> 00:35:22,334 Ofréceste? 526 00:35:24,793 --> 00:35:25,834 Non directamente. 527 00:35:26,334 --> 00:35:28,043 Non é o meu mundo, Susie, 528 00:35:28,043 --> 00:35:32,334 pero sei de alguén que pode axudarnos. Vai custar convencelo, iso si. 529 00:35:40,626 --> 00:35:41,459 Bos días. 530 00:35:51,001 --> 00:35:52,293 Por aquí. 531 00:35:53,168 --> 00:35:54,084 Francie. 532 00:35:54,626 --> 00:35:55,459 Terma deles. 533 00:35:56,501 --> 00:35:58,793 - Que quere? - Que fai este aquí? 534 00:35:59,793 --> 00:36:00,668 Señores. 535 00:36:02,751 --> 00:36:04,918 É algo cedo para ir tan armados, ou? 536 00:36:04,918 --> 00:36:07,751 Cando te acusan de roubar a un mafioso, 537 00:36:07,751 --> 00:36:09,751 un vólvese paranoico, entendes? 538 00:36:10,793 --> 00:36:11,918 Tes razón. 539 00:36:12,584 --> 00:36:14,168 Que carallo queres, Eddie? 540 00:36:14,168 --> 00:36:15,543 Arranxar as cousas. 541 00:36:16,209 --> 00:36:18,376 Darche un agasallo para compensarte. 542 00:36:18,376 --> 00:36:21,334 Un agasallo? Quérenos dar un agasallo. 543 00:36:21,918 --> 00:36:23,459 Carallo, éche Papa Noel! 544 00:36:23,459 --> 00:36:26,251 Mira, vouche dar un agasallo eu a ti, Eddie. 545 00:36:34,251 --> 00:36:35,959 Supoño que o merecía. 546 00:36:35,959 --> 00:36:37,168 - Vale. - Dálle, JP! 547 00:36:38,793 --> 00:36:39,626 Toma! 548 00:36:40,584 --> 00:36:42,376 Dixeches que tes un agasallo. 549 00:36:42,376 --> 00:36:44,209 Quixéronvos facer a cama. 550 00:36:45,043 --> 00:36:46,584 Dáme un nome, Eddie. 551 00:36:47,168 --> 00:36:48,709 Podo darche algo mellor. 552 00:36:57,709 --> 00:37:00,501 Que pasa, Eddie? Vimos de pícnic ou que carallo? 553 00:37:01,918 --> 00:37:03,459 Xa sabes o que pasa. 554 00:37:08,626 --> 00:37:09,876 Non me amoles. 555 00:37:09,876 --> 00:37:11,668 Xa sabes o que toca. 556 00:37:16,876 --> 00:37:17,793 Síntoo, Keith. 557 00:37:37,251 --> 00:37:38,126 Arrea. 558 00:37:42,001 --> 00:37:45,251 Es duro de oído, á parte de traidor? 559 00:37:48,293 --> 00:37:50,251 Que arrees, cona. 560 00:37:51,584 --> 00:37:52,668 Vai tomar polo cu. 561 00:37:55,084 --> 00:37:56,168 E ti tamén. 562 00:38:15,668 --> 00:38:17,543 Cres que foi cousa do belga? 563 00:38:17,543 --> 00:38:21,668 Pois idea de Keith non foi, non? Non lle dá a cabeza para tanto. 564 00:38:21,668 --> 00:38:24,126 E se Keith era o síntoma e non a causa? 565 00:38:24,126 --> 00:38:27,001 Que síntoma nin que cona? Quen está enfermo? 566 00:38:27,001 --> 00:38:30,043 Ninguén. Pero, a ver, cheira a trama, non? 567 00:38:31,334 --> 00:38:33,168 Unha furgo desaparecida, 568 00:38:33,168 --> 00:38:35,251 incautacións, ratas na cociña... 569 00:38:35,251 --> 00:38:37,584 - Aquí hai algo máis. - Vale, a ver. 570 00:38:37,584 --> 00:38:40,001 Houbo uns problemas e solucionáchelos. 571 00:38:41,293 --> 00:38:44,626 Pero o produto sae e os cartos entran, non? 572 00:38:44,626 --> 00:38:48,001 Imos estabilizar o barco e xa veremos que pasa. 573 00:38:48,001 --> 00:38:50,168 Veñen nubeiros, dámo a alma. 574 00:38:50,168 --> 00:38:53,376 O mellor é baixar o periscopio e lanzar uns torpedos. 575 00:38:53,376 --> 00:38:55,501 Non me escoitas, carallo! 576 00:38:55,501 --> 00:38:58,918 Eu son o capitán, e dígoche que a toda máquina. 577 00:39:00,709 --> 00:39:02,584 Agradezo que non o faga Manta. 578 00:39:02,584 --> 00:39:03,834 Es bo rapaz, Eddie. 579 00:39:04,584 --> 00:39:06,168 Mírame a min, Keith. 580 00:39:06,168 --> 00:39:09,459 E para que? Ti tamén estás morto. 581 00:39:10,209 --> 00:39:11,626 Crédesvos moi duros. 582 00:39:11,626 --> 00:39:13,834 Bobby Glass vaivos matar a todos. 583 00:39:13,834 --> 00:39:18,084 Sei cantos cadáveres hai porque os enterrei eu, hostia, Eddie! 584 00:39:18,584 --> 00:39:21,959 Vin o que pasa entre bambolinas, e non estades preparados. 585 00:39:26,293 --> 00:39:28,459 Estades todos fodidos. Todos. 586 00:39:28,459 --> 00:39:30,584 É cuestión de tempo, nada máis. 587 00:39:31,084 --> 00:39:35,501 A ti hache pasar o mesmo, Eddie. Traballas para Bobby Glass. Non hai saída. 588 00:39:35,501 --> 00:39:37,459 Acabarante matando. Coma a min. 589 00:39:38,126 --> 00:39:39,126 Coma a Jethro. 590 00:39:43,043 --> 00:39:43,959 Que dixeches? 591 00:39:43,959 --> 00:39:47,251 Ela non che dixo nada? Non, que carallo che ía dicir. 592 00:39:47,251 --> 00:39:48,959 Está no fondo do Támese. 593 00:39:48,959 --> 00:39:51,876 JP, por Cristo bendito, pégalle un tiro, cona. 594 00:39:51,876 --> 00:39:55,168 Se cres que tes alternativa, engánaste a ti mesmo. 595 00:39:55,168 --> 00:39:57,418 Non te podes fiar de ningún deles. 596 00:40:16,418 --> 00:40:17,251 Listo? 597 00:40:17,751 --> 00:40:18,709 Listo. 598 00:42:05,543 --> 00:42:10,168 {\an8}Subtítulos: Marina do Albardeiro