1 00:00:22,251 --> 00:00:27,209 Creo firmemente na importancia da expresión da indumentaria. 2 00:00:27,959 --> 00:00:31,709 A conformidade non é mala sempre que un sexa consciente dela. 3 00:00:32,584 --> 00:00:35,834 Se ben visto coma un cordeiro, 4 00:00:35,834 --> 00:00:38,709 hai varios sinais claros que indican, 5 00:00:39,418 --> 00:00:42,334 malia traizoar o ollo esotérico, 6 00:00:42,959 --> 00:00:46,834 que son, en realidade, un lobo... con pel de cordeiro. 7 00:00:48,334 --> 00:00:50,709 E xa sabe cando o vai revelar? 8 00:00:50,709 --> 00:00:51,751 Pois si. 9 00:00:52,834 --> 00:00:55,876 Un traxe novo para unha nova era. 10 00:01:03,918 --> 00:01:06,793 CREADA POR GUY RITCHIE 11 00:01:24,918 --> 00:01:26,793 Ten un espírito forte 12 00:01:26,793 --> 00:01:29,168 e a carne imitará o espírito. 13 00:01:32,793 --> 00:01:34,293 Moi reconfortante. 14 00:01:37,334 --> 00:01:39,084 Si debería reconfortarte. 15 00:01:44,251 --> 00:01:48,209 Non quero facer nada que vos moleste a teu pai e mais a ti. 16 00:01:52,168 --> 00:01:53,793 Tes carta branca, John. 17 00:01:56,834 --> 00:02:02,959 { EPISODIO 8 } 18 00:02:21,168 --> 00:02:22,001 Geoffrey. 19 00:02:22,001 --> 00:02:25,001 Desculpe, excelencia, pero espera visita? 20 00:02:25,001 --> 00:02:27,584 Hai cinco vehículos en Field Barn Lane. 21 00:02:28,084 --> 00:02:29,209 Non espero visita. 22 00:02:29,209 --> 00:02:30,626 Serán veciños? 23 00:02:30,626 --> 00:02:34,376 Non. Dende logo non teñen pinta de ser os típicos sendeiristas. 24 00:02:35,376 --> 00:02:38,126 Vale. Queda aí, agora vou. 25 00:02:41,918 --> 00:02:44,834 "Lanza o teu lume contra os que se rebelan..." 26 00:02:44,834 --> 00:02:47,793 Andaba revisando os niños e vinos. 27 00:02:47,793 --> 00:02:49,626 Levan aí uns 20 minutos. 28 00:02:49,626 --> 00:02:52,876 Non parece que anden con bromas. A quen buscarán? 29 00:02:54,751 --> 00:02:58,084 É un narco de coca ultrarrelixioso de Liverpool. 30 00:02:58,084 --> 00:02:59,668 E isto cheira moi mal. 31 00:02:59,668 --> 00:03:00,959 - Amén. - Amén. 32 00:03:02,293 --> 00:03:05,168 Freddy, contactaches co Evanxeo ultimamente? 33 00:03:05,168 --> 00:03:06,918 Que se contactei co Evan...? 34 00:03:06,918 --> 00:03:10,251 Claro. Mandámonos mensaxes e ideas de papel pintado. 35 00:03:10,251 --> 00:03:13,293 Que carallo ía contactar co puto tolo ese? 36 00:03:13,293 --> 00:03:15,668 Vale. Que ninguén saia da casa. 37 00:03:17,501 --> 00:03:20,084 Vale. Por que? Que cona pasa? 38 00:03:21,293 --> 00:03:23,209 Avísote cando saiba algo máis. 39 00:03:26,668 --> 00:03:30,168 Imos ir coller unhas cousiñas á miña cabana. 40 00:03:34,626 --> 00:03:36,543 Algo esaxerado, non, Geoffrey? 41 00:03:37,793 --> 00:03:40,793 O meu traballo é matar bichería, excelencia. 42 00:04:09,709 --> 00:04:12,126 Hostias. 43 00:04:25,418 --> 00:04:27,334 Fixen algo malo, mamaíña. 44 00:04:29,209 --> 00:04:33,543 E o feito de que ese home estea aí... probablemente indica que o sabe. 45 00:05:03,293 --> 00:05:04,376 Ola, Freddy. 46 00:05:04,376 --> 00:05:06,334 Veño cobrar unha débeda. 47 00:05:06,334 --> 00:05:07,793 Unha que tes comigo. 48 00:05:07,793 --> 00:05:10,334 Podemos proceder de dous xeitos. 49 00:05:10,334 --> 00:05:12,876 Ou saes ti ou entro eu. 50 00:05:26,043 --> 00:05:27,668 Ola, papá. Que tal estás? 51 00:05:27,668 --> 00:05:29,876 Por min non te preocupes. Novidades? 52 00:05:29,876 --> 00:05:31,709 Acabo de falar co médico. 53 00:05:31,709 --> 00:05:35,001 Jack está ben. Non espertou, pero vai polo bo camiño. 54 00:05:36,084 --> 00:05:38,168 Falei con Eddie. Fíxome pensar. 55 00:05:38,168 --> 00:05:40,334 Tes que vir tout de suite. 56 00:05:40,334 --> 00:05:41,834 E trae o duque. 57 00:05:41,834 --> 00:05:43,876 - Iso vai ser difícil. - E logo? 58 00:05:43,876 --> 00:05:45,543 Pois porque el nos vendeu 59 00:05:46,251 --> 00:05:47,584 e eu vendino a el. 60 00:05:48,168 --> 00:05:51,418 Mira, actualiza a páxina das noticias. 61 00:05:51,418 --> 00:05:54,001 Creo que estás lendo as de onte. 62 00:05:54,001 --> 00:05:56,543 Non sei o que fixeches, pero desfaino. 63 00:05:57,043 --> 00:05:59,459 Preciso a súa excelencia, e contento. 64 00:05:59,459 --> 00:06:02,834 O que fixen foi chamar o Evanxeo. 65 00:06:03,459 --> 00:06:04,834 Cago na cona, Susie! 66 00:06:08,168 --> 00:06:11,251 Susie, o Evanxeo acaba de presentarse na miña casa. 67 00:06:11,251 --> 00:06:13,584 Síntoo, Eddie. Se cadra mandeino eu. 68 00:06:14,418 --> 00:06:15,959 Cago na hostia. Por que? 69 00:06:15,959 --> 00:06:18,168 Tiña as miñas razóns. Segue aí? 70 00:06:18,168 --> 00:06:20,043 El e media irmandade cristiá. 71 00:06:20,043 --> 00:06:24,043 - Aguanta. Mando a cabalería. - Manda a quen queiras, pero xa. 72 00:06:30,376 --> 00:06:33,209 Jimmy, escóitame con moita atención. 73 00:06:33,209 --> 00:06:35,376 O duque ten problemas. 74 00:06:35,959 --> 00:06:39,418 Vanlle ir levar unhas cousas. Cando cheguen, lévaos á casa. 75 00:06:40,084 --> 00:06:43,043 Ai, perdoa, John. É meu irmán. Un momento. 76 00:06:44,126 --> 00:06:45,126 Señor Dixon. 77 00:06:46,126 --> 00:06:47,918 Invaden propiedade privada. 78 00:06:49,001 --> 00:06:51,126 Veño devolvervos a escopeta. 79 00:06:51,834 --> 00:06:55,084 - Íalla dar a teu irmán. - Deixa, Eddie. Vou saír. 80 00:06:55,084 --> 00:06:56,709 Dareivos cinco minutos 81 00:06:56,709 --> 00:06:59,418 por respecto ao legado da vosa familia. 82 00:06:59,418 --> 00:07:00,584 Que ben. 83 00:07:07,001 --> 00:07:10,084 Tammy, mamá, pechade as contras. Despexade as ventás. 84 00:07:11,001 --> 00:07:11,834 Vale. 85 00:07:12,793 --> 00:07:14,126 Xa está ben. 86 00:07:14,126 --> 00:07:16,251 Xente, quérovos. 87 00:07:16,918 --> 00:07:18,793 - Foi un pracer. - Freddy! 88 00:07:18,793 --> 00:07:22,376 Armeina eu, e vai sendo hora de dar a puta cara. 89 00:07:22,376 --> 00:07:25,334 - E unha merda, Freddy! - Acougade. 90 00:07:25,334 --> 00:07:27,584 De verdade, non pasa nada. 91 00:07:28,376 --> 00:07:31,293 Porque non merezo nada menos. 92 00:07:32,501 --> 00:07:37,209 Son unha auténtica merda de persoa. 93 00:07:37,959 --> 00:07:40,334 Vale? E se os de aí fóra non me matan, 94 00:07:40,334 --> 00:07:43,501 seguirei sendo unha merda de persoa. Trabúcome? 95 00:07:44,459 --> 00:07:45,834 Edward, trabúcome? 96 00:07:50,751 --> 00:07:51,584 Pois iso. 97 00:07:52,126 --> 00:07:53,126 Pero non importa. 98 00:07:53,751 --> 00:07:56,918 Porque, por unha vez, podo facer algo altruísta. 99 00:07:56,918 --> 00:08:01,043 É a miña oportunidade de recuperar un mínimo de dignidade. 100 00:08:02,959 --> 00:08:04,751 Así que non ma neguedes. 101 00:08:05,418 --> 00:08:06,251 Non o fagades. 102 00:08:07,334 --> 00:08:09,584 Freddy, non é dignidade. 103 00:08:10,501 --> 00:08:13,209 É dor, violencia e morte. 104 00:08:16,709 --> 00:08:17,709 Querémoste. 105 00:08:18,209 --> 00:08:19,168 E, si, 106 00:08:20,459 --> 00:08:22,918 ás veces es un mamón. 107 00:08:23,501 --> 00:08:24,709 - Un mamonazo. - Si. 108 00:08:24,709 --> 00:08:25,668 Un mamonazo. 109 00:08:26,751 --> 00:08:28,834 Pero, agora mesmo, precisámoste. 110 00:08:29,834 --> 00:08:30,668 Estamos? 111 00:08:32,084 --> 00:08:32,959 Precísote. 112 00:08:37,626 --> 00:08:39,459 - Vale. - Ben. 113 00:08:40,459 --> 00:08:43,168 Mamá, leva o servizo ao soto. 114 00:08:43,168 --> 00:08:44,418 Si. Vou por Charly. 115 00:08:44,418 --> 00:08:45,626 Tede moito coidado. 116 00:08:46,334 --> 00:08:48,334 Tammy, pecha ben a porta. 117 00:08:48,334 --> 00:08:50,334 Os tres contra un clan mafioso? 118 00:08:50,334 --> 00:08:52,126 Hai algún plan, Edward? 119 00:08:53,209 --> 00:08:55,376 Caralludo! Sen plan. Ponme a man na... 120 00:08:55,376 --> 00:08:58,043 - Cala! Que plan tes ti, eh? - O kamikaze... 121 00:08:58,043 --> 00:09:00,209 - Prostrarte diante...? - Excelencia. 122 00:09:00,793 --> 00:09:03,209 Hai cinco escopetas máis e un rifle. 123 00:09:03,209 --> 00:09:04,626 Perfecto. Moi ben. 124 00:09:21,084 --> 00:09:23,918 Case van alá os cinco minutos, John. Empezamos? 125 00:09:26,334 --> 00:09:28,918 Excelencia, cal é o plan? 126 00:09:30,626 --> 00:09:32,501 - Veñen reforzos. - Moi ben. 127 00:09:45,834 --> 00:09:48,126 Cámbiache ben o conto. 128 00:09:49,543 --> 00:09:51,709 Jimmy, enténdeste con isto? 129 00:09:52,543 --> 00:09:54,293 Non, xefe. Eu son pacifista. 130 00:09:54,918 --> 00:09:57,126 Ao soto, coa miña nai e o servizo. 131 00:09:57,626 --> 00:10:01,209 Geoffrey, arriba, cos outros. Os demais, aquí abaixo. 132 00:10:01,209 --> 00:10:02,709 Eu non teño metralleta? 133 00:10:32,918 --> 00:10:33,876 Si? 134 00:10:39,876 --> 00:10:40,709 Ao carallo! 135 00:10:44,168 --> 00:10:47,001 Sabedes o que me encanta das pombas? 136 00:10:48,334 --> 00:10:52,501 Simbolizan a harmonía entre o home e a natureza. 137 00:10:54,626 --> 00:10:58,084 Antes de que Noé pisase terra firme, 138 00:10:59,584 --> 00:11:02,043 o home e a pomba xa traballaban xuntos. 139 00:11:05,209 --> 00:11:07,793 Oístes falar de Cher Ami? 140 00:11:10,876 --> 00:11:12,709 O último ano da Gran Guerra, 141 00:11:12,709 --> 00:11:15,876 quedaron atrapados 500 franceses tras a liña inimiga. 142 00:11:15,876 --> 00:11:18,001 Bombardeábanos os do seu bando. 143 00:11:18,501 --> 00:11:22,334 Entón, un comandante enviou unha pomba pedindo axuda. 144 00:11:22,334 --> 00:11:25,084 Pero á pomba disparáronlle no peito. 145 00:11:26,251 --> 00:11:29,668 Perdeu un ollo, quedoulle a patiña colgando. 146 00:11:30,876 --> 00:11:33,793 Pero voou ata a base, 147 00:11:33,793 --> 00:11:36,418 entregou a mensaxe e as tropas salváronse. 148 00:11:36,918 --> 00:11:38,418 Grazas a esa pomba. 149 00:11:39,959 --> 00:11:43,501 {\an8}Os franceses condecorárona coa Medalla ao Valor. 150 00:11:44,668 --> 00:11:47,334 {\an8}Veredes, as pombas teñen valores. 151 00:11:47,334 --> 00:11:48,501 Lealdade. 152 00:11:49,209 --> 00:11:50,251 Valentía. 153 00:11:51,126 --> 00:11:52,209 Integridade. 154 00:11:55,168 --> 00:11:57,751 Tedes que facer as paces, 155 00:11:57,751 --> 00:11:59,376 por así dicilo. 156 00:11:59,959 --> 00:12:01,751 A ensinanza da historia é 157 00:12:02,334 --> 00:12:04,959 que cómpre encaixar os paus e asumir a culpa, 158 00:12:05,543 --> 00:12:07,793 polo ben maior. 159 00:12:09,918 --> 00:12:12,543 Preciso que sexades como Cher Ami, 160 00:12:13,293 --> 00:12:15,168 porque non me podo permitir 161 00:12:15,168 --> 00:12:17,418 máis trapalladas coma a desta mañá. 162 00:12:18,918 --> 00:12:22,584 Ninguén quere que ese fanático se lle presente na porta 163 00:12:22,584 --> 00:12:25,543 con toda a súa recua de lunáticos do carallo. 164 00:12:29,793 --> 00:12:31,751 Deixeille claro ao señor Dixon 165 00:12:31,751 --> 00:12:33,834 que, se marchaba para a casa, 166 00:12:34,418 --> 00:12:35,918 compensaríallo. 167 00:12:38,668 --> 00:12:40,251 Así que agora, Eddie, 168 00:12:40,959 --> 00:12:43,001 tesmo que compensar ti a min. 169 00:12:44,876 --> 00:12:46,418 Sentade, hostia. 170 00:12:57,293 --> 00:12:59,459 Sodes peor ca cativos. 171 00:13:04,918 --> 00:13:07,001 Estiven avaliando a miña situación. 172 00:13:07,501 --> 00:13:09,209 Cheguei á conclusión 173 00:13:10,959 --> 00:13:12,751 de que se acabou. Déixoo. 174 00:13:13,334 --> 00:13:15,084 Jack vaise recuperar, 175 00:13:15,084 --> 00:13:16,668 pero isto é un sinal. 176 00:13:17,293 --> 00:13:18,959 Unha revelación, digamos. 177 00:13:19,543 --> 00:13:22,209 Así que vou vender o negocio e xa está. 178 00:13:25,168 --> 00:13:26,251 Ala. 179 00:13:28,709 --> 00:13:30,459 Como afecta ao noso trato? 180 00:13:30,459 --> 00:13:31,668 Quero botarme fóra, 181 00:13:31,668 --> 00:13:35,709 non pasar dunha plantación de herba a producir anfetas en masa. 182 00:13:35,709 --> 00:13:39,918 Compréndoo perfectamente, e reafírmome no que dixen. 183 00:13:40,501 --> 00:13:41,543 Vale? 184 00:13:43,209 --> 00:13:46,543 Non ve que lle dá o que quere ao señor Johnston? 185 00:13:46,543 --> 00:13:50,626 O señor Johnston non ten nin puta idea dos matices da situación. 186 00:13:50,626 --> 00:13:53,543 Así que non lle dou unha puta merda a ninguén. 187 00:13:54,043 --> 00:13:55,459 E menos ao merdento ese. 188 00:13:56,334 --> 00:14:00,001 Ben. Venderei a quen máis pague. 189 00:14:00,001 --> 00:14:03,626 Aceptarei ofertas por riba dos 150 millóns de libras 190 00:14:03,626 --> 00:14:06,251 ata finais desta semana. 191 00:14:09,334 --> 00:14:10,584 O que quero 192 00:14:11,293 --> 00:14:14,668 é que axudes a Susie para que consiga a mellor oferta. 193 00:14:16,959 --> 00:14:18,168 Por que eu? 194 00:14:18,793 --> 00:14:20,043 Home, quedou claro 195 00:14:20,043 --> 00:14:23,084 que facedes bo equipo ámbolos dous. 196 00:14:33,668 --> 00:14:35,376 Por que non dixeches nada? 197 00:14:35,876 --> 00:14:37,918 Levas anos a cargo da operación. 198 00:14:37,918 --> 00:14:39,918 Vas deixar que venda sen máis? 199 00:14:39,918 --> 00:14:42,293 Son unha empregada, Eddie. Coma ti. 200 00:14:42,293 --> 00:14:45,501 Que dis? É teu pai. Nin sequera che pediu opinión. 201 00:14:45,501 --> 00:14:47,251 A ti tampouco cha pediu. 202 00:14:47,751 --> 00:14:50,793 Traizoáchesme, Eddie. Dúas veces, á falta dunha. 203 00:14:51,293 --> 00:14:54,584 Digamos que os dous tivemos algún fallo de cálculo, 204 00:14:54,584 --> 00:14:56,793 pero así son os negocios, Susan. 205 00:14:56,793 --> 00:14:59,043 Ao final saíches coa túa, eh? 206 00:14:59,043 --> 00:15:01,459 Papá vende e ti quedas liberado. 207 00:15:01,459 --> 00:15:02,543 E ti? 208 00:15:03,668 --> 00:15:05,876 Es nova de máis para xubilarte. 209 00:15:06,584 --> 00:15:08,084 Ocórrenseme cousas peores 210 00:15:08,084 --> 00:15:10,709 que durmir dez horas e ir xogar ao bingo. 211 00:15:10,709 --> 00:15:11,626 Pois si. 212 00:15:12,584 --> 00:15:14,001 El xa tomou a decisión. 213 00:15:14,001 --> 00:15:16,459 Fagamos o que di e acabemos canto antes. 214 00:15:20,501 --> 00:15:21,501 Non é un segredo 215 00:15:21,501 --> 00:15:24,418 que desexo facerme coa organización do seu pai. 216 00:15:24,418 --> 00:15:27,168 Estou ao tanto de que sufriu 217 00:15:27,168 --> 00:15:29,543 graves perturbacións 218 00:15:29,543 --> 00:15:31,293 estes últimos meses. 219 00:15:31,293 --> 00:15:34,751 Desaparición de produto, canles bloqueadas, puñadas... 220 00:15:36,584 --> 00:15:38,834 Sabemos que está detrás de todo iso. 221 00:15:39,334 --> 00:15:41,751 Pero pasouse da raia co de meu irmán. 222 00:15:41,751 --> 00:15:45,168 Rexeitou a miña proposta inicial. 223 00:15:46,709 --> 00:15:50,459 Tiña que convencer a seu pai e a vostede de que ía en serio. 224 00:15:50,459 --> 00:15:55,126 Estou preparado para iniciar negociacións 225 00:15:55,126 --> 00:15:58,501 para o traspaso pacífico do seu negocio, 226 00:15:58,501 --> 00:16:00,126 pero debe comprender 227 00:16:00,126 --> 00:16:02,334 que me atopo nunha posición 228 00:16:02,834 --> 00:16:05,209 de fortaleza considerable. 229 00:16:05,209 --> 00:16:07,001 Señorita Glass, 230 00:16:07,001 --> 00:16:08,918 o que me parece que non sabe 231 00:16:08,918 --> 00:16:11,709 é que un empregado insatisfeito me filtrou 232 00:16:11,709 --> 00:16:14,293 os 12 enderezos das outras plantacións. 233 00:16:14,918 --> 00:16:15,959 Penso que non. 234 00:16:15,959 --> 00:16:19,793 A lista que lle entreguei ao señor Stevens era espuria. 235 00:16:19,793 --> 00:16:21,293 - Diga? - Boas tardes. 236 00:16:21,876 --> 00:16:26,626 É a casa do marqués de Beaversbrook? 237 00:16:26,626 --> 00:16:27,709 É, si. 238 00:16:27,709 --> 00:16:29,834 - Barón Noughton? - Ola. 239 00:16:29,834 --> 00:16:31,168 Vizconde Bowling? 240 00:16:31,168 --> 00:16:32,418 Son eu. 241 00:16:32,418 --> 00:16:33,668 Mi madriña! 242 00:16:33,668 --> 00:16:35,043 Que divertido é isto. 243 00:16:35,043 --> 00:16:36,084 A ver. 244 00:16:37,001 --> 00:16:37,918 Boas tardes. 245 00:16:37,918 --> 00:16:39,501 Chamo para falar 246 00:16:39,501 --> 00:16:43,793 da súa relación empresarial co señor Robert Glass. 247 00:16:43,793 --> 00:16:46,376 Si, dígame. Con quen falo? 248 00:16:49,293 --> 00:16:52,043 Tiña a impresión de que se verificara. 249 00:16:52,626 --> 00:16:53,709 Non. 250 00:16:53,709 --> 00:16:56,876 Foi vostede vítima dun engano, señor Johnston. 251 00:16:57,459 --> 00:17:01,501 Admito que me sorprendeu velos chegar xuntos. 252 00:17:02,668 --> 00:17:03,918 E ese cambio de idea? 253 00:17:03,918 --> 00:17:05,626 Era un momento decisivo. 254 00:17:06,251 --> 00:17:07,418 Así que decidín. 255 00:17:07,418 --> 00:17:10,168 Por que me ía interesar o mercado da herba? 256 00:17:10,168 --> 00:17:13,834 Temos entendido que tes moi bos contactos en Suramérica. 257 00:17:13,834 --> 00:17:16,418 Terían un negocio de integración vertical 258 00:17:16,418 --> 00:17:19,209 que controla case o 50 % do mercado británico. 259 00:17:19,209 --> 00:17:21,918 E, se se chega a legalizar no Reino Unido, 260 00:17:21,918 --> 00:17:24,501 ten a mellor infraestrutura de distribución 261 00:17:24,501 --> 00:17:26,918 e produción da Europa occidental. 262 00:17:27,418 --> 00:17:28,251 Como? 263 00:17:28,834 --> 00:17:30,459 Eu preséntovos os rusos, 264 00:17:30,459 --> 00:17:34,376 pero advírtovos que son uns putos animais. 265 00:17:34,376 --> 00:17:38,001 Como contes un chiste e non o entendan, tírante pola fiestra. 266 00:17:38,001 --> 00:17:40,251 Pero teñen apoio financeiro? 267 00:17:40,251 --> 00:17:43,084 Mimá. Para os rusos, uns centos non son nada. 268 00:17:43,084 --> 00:17:45,334 No Kremlin danlles o que pidan. 269 00:17:45,334 --> 00:17:48,876 Eu non ando con bromas. Vístelo cos vosos propios ollos. 270 00:17:50,293 --> 00:17:51,501 Pois os meus socios... 271 00:17:52,168 --> 00:17:53,168 son moito peores. 272 00:17:55,209 --> 00:17:57,584 En fin, correremos o risco. 273 00:17:58,168 --> 00:18:00,251 E o que pasou entre nós...? 274 00:18:00,251 --> 00:18:02,418 Foi o mellor que me pasou na vida. 275 00:18:03,001 --> 00:18:07,293 Ata que non te rebentan a hostias, non tes puta idea de nada. 276 00:18:07,293 --> 00:18:10,334 Pero cando ves que o único importante é o poder, 277 00:18:11,001 --> 00:18:12,376 o mundo ábrese ante ti. 278 00:18:12,376 --> 00:18:14,668 Para que o collas, literalmente. 279 00:18:14,668 --> 00:18:17,626 E, malia as súas tácticas maquiavélicas, 280 00:18:17,626 --> 00:18:20,709 meu pai aceptaría venderlle o negocio, 281 00:18:20,709 --> 00:18:23,709 pero só se ofrece máis cartos ca ninguén. 282 00:18:24,209 --> 00:18:26,126 Iso explica a presenza da pomba? 283 00:18:26,834 --> 00:18:31,418 Claramente, o meu pai é moi tradicional canto a comunicacións empresariais. 284 00:18:31,418 --> 00:18:36,168 Quere recibir as ofertas esta semana, seladas e por pomba mensaxeira. 285 00:18:36,668 --> 00:18:38,793 Que pasa cos correos e as chamadas? 286 00:18:38,793 --> 00:18:41,251 Se gaña a túa poxa, pregúntalle a Bobby. 287 00:18:45,543 --> 00:18:46,543 Boa tarde. 288 00:18:48,709 --> 00:18:50,418 Moi bo o paxaro, por certo. 289 00:18:50,418 --> 00:18:52,293 Escarállome da risa. 290 00:19:00,834 --> 00:19:04,043 Conclúen oficialmente as nosas relacións comerciais. 291 00:19:05,126 --> 00:19:07,001 Quédannos dúas pombas. 292 00:19:07,001 --> 00:19:09,668 Podémolas soltar. Saben ir para a casa. 293 00:19:11,001 --> 00:19:12,126 Coitadas pombas. 294 00:19:13,251 --> 00:19:14,126 Sorte. 295 00:19:14,793 --> 00:19:15,709 Sorte. 296 00:19:21,418 --> 00:19:23,209 Foi todo moi emotivo, capitán. 297 00:19:34,126 --> 00:19:37,251 Mamá, Geoff estará ben? 298 00:19:37,251 --> 00:19:39,709 Está moi raro dende que volvín. 299 00:19:39,709 --> 00:19:43,084 Muller, sempre che tivo moito cariño. 300 00:19:43,084 --> 00:19:45,459 Eu non lle daría máis voltas. 301 00:19:48,043 --> 00:19:50,668 Ai, mira, Eddie! Ola. 302 00:19:50,668 --> 00:19:51,793 Bo día. 303 00:19:51,793 --> 00:19:53,709 Se buscas a pomba, 304 00:19:53,709 --> 00:19:56,293 antes vin a Freddy escapulirse con ela. 305 00:19:56,293 --> 00:19:58,918 Bárbaro. Irei xunta del. Grazas por avisar. 306 00:20:00,834 --> 00:20:02,334 Seguro que vai todo ben? 307 00:20:02,334 --> 00:20:04,501 Si, mamá. Todo vai ben. 308 00:20:06,334 --> 00:20:08,334 - Por onde marchou? - Por alí, ceo. 309 00:20:08,334 --> 00:20:09,251 Vale. 310 00:20:21,709 --> 00:20:23,459 Anda, Mitch. Come un pouco. 311 00:20:23,959 --> 00:20:26,001 Veña. Teste que poñer forte. 312 00:20:26,001 --> 00:20:27,293 Con quen falas? 313 00:20:27,293 --> 00:20:30,126 Que? Con ninguén. Eu non falaba con... 314 00:20:30,126 --> 00:20:31,501 Non me... 315 00:20:33,126 --> 00:20:33,959 Dáme o paxaro. 316 00:20:33,959 --> 00:20:36,918 Só unha pomba, vale? Unha mísera pomba. 317 00:20:36,918 --> 00:20:38,501 Sei o que me vas dicir, 318 00:20:38,501 --> 00:20:41,418 que hai ofertas de xente con moita puta pasta. 319 00:20:41,418 --> 00:20:43,709 Pero eu tamén recadei moitos fondos. 320 00:20:43,709 --> 00:20:46,334 - As débedas non contan. - Non te pases. 321 00:20:46,334 --> 00:20:47,959 O que che quero dicir 322 00:20:47,959 --> 00:20:50,334 é que te observei estes meses. 323 00:20:50,334 --> 00:20:54,626 Vin como te manexabas no mundo delituoso e te impregnabas del. 324 00:20:54,626 --> 00:20:56,168 Escóitame ben, vale? 325 00:20:56,668 --> 00:20:57,626 Acabouse. 326 00:20:57,626 --> 00:21:00,626 Acabáronse os xogos e as débedas. Rematou. 327 00:21:00,626 --> 00:21:04,334 Xa vexo por onde vas. Estás celoso. Queres librarte de min. 328 00:21:04,334 --> 00:21:06,709 Queríaste librar ti de min, Freddy. 329 00:21:07,918 --> 00:21:10,543 Vale. A ver... touché. 330 00:21:10,543 --> 00:21:12,251 Supoño que o merezo. 331 00:21:13,751 --> 00:21:15,459 - Pero... - Vou levar a pomba. 332 00:21:18,626 --> 00:21:20,418 Non che vou dar a Mitch, Ed. 333 00:21:23,668 --> 00:21:25,543 Isto non é para ti, Freddy. 334 00:21:26,126 --> 00:21:27,334 Nin para min. 335 00:21:36,334 --> 00:21:39,376 Lembras a primeira vez que papá nos levou de caza? 336 00:21:41,209 --> 00:21:42,209 Pois non. 337 00:21:43,501 --> 00:21:45,001 Primeiro asexamos o cervo 338 00:21:45,001 --> 00:21:47,626 e, despois, papá deixoume disparar a min. 339 00:21:48,126 --> 00:21:50,668 E deille. Arre carallo se lle dei. 340 00:21:52,084 --> 00:21:54,376 Enchéuselle o peito de orgullo. 341 00:21:56,876 --> 00:21:58,543 E, cando nos achegamos a el... 342 00:22:00,709 --> 00:22:02,126 inda respiraba. 343 00:22:04,501 --> 00:22:05,501 Non fun quen de... 344 00:22:07,293 --> 00:22:09,043 Eras un cativo, Freddy. 345 00:22:14,793 --> 00:22:16,293 Ti eras máis novo ca min. 346 00:22:17,793 --> 00:22:19,293 Papá deuche o coitelo 347 00:22:19,293 --> 00:22:22,668 e rebandácheslle a gorxa ao animal coma se tal cousa. 348 00:22:26,959 --> 00:22:27,793 Si. 349 00:22:39,293 --> 00:22:41,126 Iso é o que che quero dicir. 350 00:22:42,501 --> 00:22:43,626 Se cadra tes razón. 351 00:22:45,043 --> 00:22:47,376 Se cadra isto... non é o meu. 352 00:22:48,584 --> 00:22:49,459 Pero ti... 353 00:22:52,293 --> 00:22:53,959 tes un puto don. 354 00:22:57,334 --> 00:22:58,793 Coida a Mitch, anda. 355 00:23:17,626 --> 00:23:19,876 Perdoa que te interrompa, excelencia, 356 00:23:20,376 --> 00:23:21,793 pero estás ben? 357 00:23:22,668 --> 00:23:26,376 É que... te noto algo raro. 358 00:23:29,376 --> 00:23:31,126 Déixame, Jimmy. Grazas. 359 00:23:32,251 --> 00:23:34,001 Si, claro. Perdón. 360 00:23:44,709 --> 00:23:47,168 Quero que redactes uns estatutos. 361 00:23:47,668 --> 00:23:50,626 Non teñen que ser vinculantes, só as cláusulas 362 00:23:50,626 --> 00:23:53,334 dun consorcio para as partes interesadas. 363 00:23:54,418 --> 00:23:58,876 Sendo realistas, ou xuntamos 200 millóns ou mellor non molestarnos. 364 00:24:01,959 --> 00:24:04,793 A maior parte poñeríana os outros 12 lords. 365 00:24:04,793 --> 00:24:08,834 Se os convenzo para que cada un poña o 10 %, pode saír ben. 366 00:24:12,501 --> 00:24:15,543 Despois falaremos cos amigos nómades. 367 00:24:15,543 --> 00:24:17,834 Xuntaron uns fondos considerables 368 00:24:17,834 --> 00:24:20,834 co mercado da importación e a exportación. 369 00:24:24,043 --> 00:24:27,418 Levo tempo querendo quitar de enriba a familia Glass. 370 00:24:28,168 --> 00:24:30,501 Voume arriscar no canto de achantar. 371 00:24:30,501 --> 00:24:33,709 A ver, con iso tería para empezar, 372 00:24:34,334 --> 00:24:38,584 pero está moi lonxe da cifra que que quere reunir. 373 00:24:39,084 --> 00:24:40,168 Co vento a favor, 374 00:24:40,168 --> 00:24:43,626 xuntaría 25 millóns de libras, 375 00:24:43,626 --> 00:24:46,376 máis o empréstito de dez millóns da súa nai. 376 00:24:46,376 --> 00:24:49,876 Tiven que vender todas as accións e o Monet de mamá. 377 00:24:50,459 --> 00:24:53,876 - Grazas, mamá. - Inda así, faltarían 15 millóns. 378 00:24:56,501 --> 00:24:59,543 - Xa... - E Susie Glass? 379 00:25:00,126 --> 00:25:03,084 Evidentemente, non podes dirixir o negocio sen ela. 380 00:25:03,876 --> 00:25:05,001 Non lle interesa. 381 00:25:05,501 --> 00:25:07,293 Pois non o entendo. 382 00:25:07,959 --> 00:25:09,334 Polo que sei, 383 00:25:09,334 --> 00:25:12,126 leva anos dirixindo toda a operación. 384 00:25:12,126 --> 00:25:13,793 É complicado, mamá. 385 00:25:15,209 --> 00:25:18,918 Por iso teño que considerar unha... alternativa máis desagradable. 386 00:25:28,584 --> 00:25:29,543 Ola, Henry. 387 00:25:31,959 --> 00:25:33,626 - Un té, por favor. - Vai. 388 00:25:34,209 --> 00:25:37,459 Véxote mal. Eu de ti iría ao médico. 389 00:25:39,876 --> 00:25:41,543 Estas feridas suscitan 390 00:25:41,543 --> 00:25:44,001 preguntas que non quero que me fagan. 391 00:25:44,001 --> 00:25:48,709 Mágoa que o teu mecenas non dese cun médico comprensivo. 392 00:25:49,501 --> 00:25:51,126 Inda que, polo que din, 393 00:25:51,126 --> 00:25:55,126 o noso amigo americano e mais ti rompestes as relacións comerciais. 394 00:25:56,918 --> 00:25:58,459 - Aí tes, rei. - Grazas. 395 00:25:59,751 --> 00:26:01,126 Informáronte ben. 396 00:26:02,043 --> 00:26:03,918 Deille a Susie os 15, lavados, 397 00:26:03,918 --> 00:26:06,709 e outros 15 para Jack como desculpa, 398 00:26:06,709 --> 00:26:09,626 pero inda non sei se estou fóra de perigo. 399 00:26:09,626 --> 00:26:11,584 Así que a que vés? 400 00:26:12,251 --> 00:26:14,459 Sabes o que fixeches e non ten amaño. 401 00:26:14,459 --> 00:26:15,834 É inescusable. 402 00:26:15,834 --> 00:26:19,543 Veño ver se podo cambiar a túa sorte dalgún xeito. 403 00:26:19,543 --> 00:26:20,709 Ai, si? 404 00:26:20,709 --> 00:26:22,501 Pódote sacar desta lea. 405 00:26:22,501 --> 00:26:24,918 Pero custarache outros 15 millóns. 406 00:26:25,459 --> 00:26:28,043 E terás que facer un par de cousas. 407 00:26:30,001 --> 00:26:31,709 Que cousas, Eddie? 408 00:26:34,043 --> 00:26:35,459 Como está? 409 00:26:36,126 --> 00:26:37,168 Dorme moito. 410 00:26:38,251 --> 00:26:39,209 Pero vai mellor. 411 00:26:40,751 --> 00:26:41,918 E ti como estás? 412 00:26:42,418 --> 00:26:43,751 Pois non lle sei. 413 00:26:44,793 --> 00:26:46,709 Agora estou centrada nel. 414 00:26:47,293 --> 00:26:48,793 Debedes estar moi unidos. 415 00:26:49,543 --> 00:26:52,709 El tiña dez anos cando morreu a nosa nai. 416 00:26:53,293 --> 00:26:56,584 É moita responsabilidade para unha rapariga. 417 00:26:58,168 --> 00:26:59,751 Nunca me pesou. 418 00:27:00,459 --> 00:27:02,126 Encantábame coidar a Jack. 419 00:27:02,876 --> 00:27:04,418 E levar o negocio. 420 00:27:06,334 --> 00:27:07,751 Sei que teu pai 421 00:27:09,001 --> 00:27:11,251 quere vender a organización, 422 00:27:11,251 --> 00:27:14,126 e supoño que estarás sopesando que facer. 423 00:27:15,209 --> 00:27:17,543 Así que velaquí o meu consello: 424 00:27:17,543 --> 00:27:19,251 non fagas caso a ninguén, 425 00:27:19,251 --> 00:27:22,876 moito menos ao meu fillo, e inda menos ao teu pai. 426 00:27:23,626 --> 00:27:28,668 Porén, e dígocho polos meus moitos anos de experiencia, 427 00:27:28,668 --> 00:27:33,168 o máis seguro é que un se arrepinta das cousas que non fixo 428 00:27:33,168 --> 00:27:34,793 e non das que fixo. 429 00:27:36,959 --> 00:27:40,709 A ver, que lle preocupa que non faga? 430 00:27:42,043 --> 00:27:44,293 Eu traballo sobre o terreo. 431 00:27:45,834 --> 00:27:47,209 Ti ocúpaste dos lords. 432 00:27:47,209 --> 00:27:49,168 E logo o tal JP 433 00:27:49,168 --> 00:27:50,918 encárgase da distribución? 434 00:27:50,918 --> 00:27:54,959 Exacto. Os teus 15 fante copropietario da empresa. 435 00:27:55,668 --> 00:27:57,709 Cres que Bobby venderá por 200? 436 00:27:57,709 --> 00:28:00,001 É a cifra que teño en mente, si. 437 00:28:00,001 --> 00:28:02,626 Cando pechemos o acordo, el queda fóra. 438 00:28:03,709 --> 00:28:05,084 E o Tío Stan? 439 00:28:07,918 --> 00:28:10,418 Disque non ten as contas en orde. 440 00:28:21,418 --> 00:28:23,251 Vin a túa nai no hospital. 441 00:28:26,584 --> 00:28:29,376 Es unha contradición andante, non si, Eddie? 442 00:28:30,501 --> 00:28:31,334 Pode ser. 443 00:28:36,501 --> 00:28:38,959 Son miolos o que vexo nas nubes? 444 00:28:41,251 --> 00:28:43,209 Poderiamos dicir que o merecía. 445 00:29:01,793 --> 00:29:03,001 Sabes que significa? 446 00:29:05,918 --> 00:29:07,584 Non sine periculo. 447 00:29:09,668 --> 00:29:11,126 É o lema da familia. 448 00:29:11,918 --> 00:29:13,168 "Non sen perigo." 449 00:29:15,084 --> 00:29:16,334 Fíxome pensar. 450 00:29:18,001 --> 00:29:21,876 Non hai nada que mereza a pena na vida que non entrañe perigo. 451 00:29:23,668 --> 00:29:24,876 Caín na conta 452 00:29:25,959 --> 00:29:28,876 de que a miña familia leva xeracións facendo isto. 453 00:29:29,376 --> 00:29:32,293 Vivir no zoo, pero cazar na xungla. 454 00:29:33,418 --> 00:29:36,584 Non é nada novo, é o de sempre. 455 00:29:39,459 --> 00:29:42,584 Conseguiches xuntar os fondos necesarios? 456 00:29:42,584 --> 00:29:44,626 Unha cantidade considerable. 457 00:29:44,626 --> 00:29:47,209 Pero, como sabes, é un mercado competitivo. 458 00:29:47,793 --> 00:29:51,501 Sempre se agradece máis investimento, se che interesa. 459 00:29:53,876 --> 00:29:57,793 Meu pai comezou a vender maría nos 70. Hai case medio século. 460 00:29:58,834 --> 00:30:01,501 Non se lle deu mal, construíu un imperio. 461 00:30:01,501 --> 00:30:03,418 O maior do Reino Unido. 462 00:30:04,668 --> 00:30:05,918 Pero, sinceramente, 463 00:30:06,626 --> 00:30:08,584 perdeu o rumbo. 464 00:30:09,543 --> 00:30:11,834 É coma a galiña dos ovos de ouro. 465 00:30:11,834 --> 00:30:14,459 Mentres houbese ovos, o resto dáballe igual. 466 00:30:14,459 --> 00:30:18,251 Cando lle falaba de facer medrar o negocio, 467 00:30:18,751 --> 00:30:20,001 non lle interesaba. 468 00:30:21,876 --> 00:30:25,376 E mira o que conseguimos nuns meses ti e mais eu. 469 00:30:26,209 --> 00:30:28,584 Pon 35 e seremos socios a partes iguais. 470 00:30:28,584 --> 00:30:29,834 Ser socios? 471 00:30:32,709 --> 00:30:35,709 Pero... temos que falar de Henry Collins. 472 00:30:35,709 --> 00:30:38,584 Librouse unha vez, pero non volverá pasar. 473 00:30:40,001 --> 00:30:40,918 É comprensible. 474 00:30:41,834 --> 00:30:43,959 Pero cómpre adaptar as expectativas, 475 00:30:43,959 --> 00:30:45,543 ao menos a curto prazo. 476 00:30:54,626 --> 00:30:57,793 Débelo ter claro de carallo para meterte nese xardín. 477 00:31:02,501 --> 00:31:03,459 Sumamente. 478 00:31:28,001 --> 00:31:29,084 Charlotte. 479 00:31:44,918 --> 00:31:45,918 A voar. 480 00:31:54,376 --> 00:31:55,751 - Lista? - Dálle. 481 00:31:58,334 --> 00:31:59,376 Toda túa, Geoff. 482 00:32:08,918 --> 00:32:10,584 Moi ben, bonitiña. 483 00:32:12,543 --> 00:32:13,793 Estás cansa? 484 00:32:14,584 --> 00:32:16,834 Xa. Ala, vai comer algo. 485 00:32:23,834 --> 00:32:25,959 Carallo, éche unha boa cifra. 486 00:32:29,293 --> 00:32:30,209 Geoff? 487 00:32:31,959 --> 00:32:33,209 Si, Srta. Charlotte? 488 00:32:37,043 --> 00:32:39,751 Estiven pensando moito 489 00:32:40,709 --> 00:32:42,584 na miña infancia. 490 00:32:45,459 --> 00:32:46,376 Caín na conta... 491 00:32:48,376 --> 00:32:50,584 de que me ensinaches todo o que sei. 492 00:32:52,626 --> 00:32:55,001 Aquelas acampadas no monte. 493 00:32:56,001 --> 00:33:00,959 E ti ensináchesme a prender unha fogueira, a montar a cabalo, 494 00:33:01,584 --> 00:33:03,001 a pescar salmóns. 495 00:33:06,793 --> 00:33:08,126 Todo mo ensinaches ti. 496 00:33:08,918 --> 00:33:09,793 Verdade? 497 00:33:11,043 --> 00:33:13,001 Eu só son o garda, Charlotte. 498 00:33:16,251 --> 00:33:17,293 Seguro? 499 00:33:19,918 --> 00:33:22,751 Porque ás veces pénsoo e... 500 00:33:24,918 --> 00:33:26,459 tería moito sentido. 501 00:33:31,459 --> 00:33:33,793 En fin... Tanto ten. 502 00:33:40,626 --> 00:33:41,751 Charlotte. 503 00:33:48,793 --> 00:33:50,709 Non quería que te avergoñases. 504 00:33:55,043 --> 00:33:56,418 Sería imposible. 505 00:33:58,126 --> 00:34:01,584 Es o home máis impresionante que coñezo. 506 00:34:18,251 --> 00:34:19,626 Hai catro ofertas. 507 00:34:20,376 --> 00:34:21,418 Catro poxas. 508 00:34:21,918 --> 00:34:24,376 Mellores do que contaba. Bo traballo. 509 00:34:25,293 --> 00:34:28,793 E vin que están os vosos nomes nunha delas. 510 00:34:28,793 --> 00:34:30,876 Con isto si que non contaba. 511 00:34:32,293 --> 00:34:36,709 En fin, que saibades que valorarei as ofertas 512 00:34:36,709 --> 00:34:39,084 segundo os méritos de cada unha. 513 00:34:40,126 --> 00:34:41,793 - Claro. - Perfecto. 514 00:34:42,501 --> 00:34:45,584 Pero entón que oferta gañou? 515 00:34:45,584 --> 00:34:47,918 Por desgraza, non vos é tan sinxelo. 516 00:34:47,918 --> 00:34:50,043 É un mercado moi competitivo 517 00:34:50,043 --> 00:34:52,668 e a nosa oferta non era a máis alta. 518 00:34:52,668 --> 00:34:53,751 E quen gañou? 519 00:34:54,418 --> 00:34:55,376 O Tío Stan. 520 00:34:55,959 --> 00:34:59,709 Recoñezo que estaba seguro de que a miña oferta era competitiva. 521 00:34:59,709 --> 00:35:01,543 Alégrome por vostede. 522 00:35:04,084 --> 00:35:05,834 O señor Stevens irá ao banco 523 00:35:05,834 --> 00:35:09,876 e fará chegar os cartos á conta que o señor Glass escolla. 524 00:35:10,543 --> 00:35:12,418 Estaba disposto a pagar máis 525 00:35:12,418 --> 00:35:15,209 e, por iso, ao Sr. Glass interesoulle a oferta. 526 00:35:16,251 --> 00:35:19,459 Nótote pouco convencida, mamá, e fas ben. 527 00:35:19,459 --> 00:35:22,043 O certo é que eu avisara a Henry Collins. 528 00:35:22,043 --> 00:35:25,584 O seu contable sabe onde enterra os corpos o Sr. Johnston. 529 00:35:25,584 --> 00:35:27,376 Grazas pola celeridade. 530 00:35:27,376 --> 00:35:28,876 Non hai de que. 531 00:35:29,918 --> 00:35:32,084 Os corpos, os rexistros fiscais, 532 00:35:32,084 --> 00:35:34,418 enviáronse ás autoridades pertinentes 533 00:35:34,418 --> 00:35:37,001 do Ministerio de Facenda. 534 00:35:42,751 --> 00:35:45,751 Arrestaron o Tío Stan por evasión fiscal 535 00:35:45,751 --> 00:35:47,709 e conxelaron as súas contas, 536 00:35:47,709 --> 00:35:50,168 polo que non puido concluír a compra. 537 00:35:50,918 --> 00:35:53,668 Entón, se o Tío Stan está fóra de xogo, 538 00:35:53,668 --> 00:35:57,251 ao final gañou o tal Pete Spencer-Forbes? 539 00:35:57,251 --> 00:35:59,001 Iso lle dixen a Mercy. 540 00:36:01,334 --> 00:36:02,376 Pete o Pegañento. 541 00:36:05,084 --> 00:36:06,584 Quedaches segunda. 542 00:36:06,584 --> 00:36:08,584 Tranquila, mamá. Non gañou el. 543 00:36:08,584 --> 00:36:10,168 Acabas de dicir que si. 544 00:36:10,168 --> 00:36:11,459 Díxenllo a Mercy. 545 00:36:12,043 --> 00:36:14,334 Os meus socios van vir de Bogotá. 546 00:36:14,334 --> 00:36:16,626 Díxenvos que non aceptarán un non. 547 00:36:16,626 --> 00:36:19,084 A ver, é difícil sacar cartos de Rusia, 548 00:36:19,084 --> 00:36:20,126 como imaxinarás, 549 00:36:20,126 --> 00:36:23,209 e iso pode supoñer unha pequena oportunidade 550 00:36:23,209 --> 00:36:24,459 para ti. 551 00:36:25,043 --> 00:36:26,543 Onde atopo o tal Pete? 552 00:36:26,543 --> 00:36:30,459 Mercy tiña moita presión dos seus superiores suramericanos. 553 00:36:44,334 --> 00:36:46,793 Encargouse ela mesma de despexar a zona. 554 00:36:50,459 --> 00:36:53,501 Henry Collins aparece de novo para ocuparse dela. 555 00:36:57,376 --> 00:37:00,418 Menos mal que alguén se ocupa dela, coitadiña. 556 00:37:00,418 --> 00:37:01,793 - Si... - A ver. 557 00:37:01,793 --> 00:37:04,293 Henry Collins foi quen amañou o combate? 558 00:37:04,293 --> 00:37:05,418 O mesmiño. 559 00:37:05,418 --> 00:37:08,251 Meu ben, dime que non traballas con el. 560 00:37:08,251 --> 00:37:10,126 Henry Collins dos collóns. 561 00:37:10,876 --> 00:37:12,084 Non se preocupe. 562 00:37:12,084 --> 00:37:15,459 Como estaba desesperado, aproveitei a situación. 563 00:37:15,459 --> 00:37:18,168 Quince millóns, como quedamos. 564 00:37:19,918 --> 00:37:21,168 Senta, Henry. 565 00:37:32,126 --> 00:37:35,376 Díxenvos que quería vender o negocio 566 00:37:35,376 --> 00:37:36,459 para espertarvos. 567 00:37:37,418 --> 00:37:39,376 Non o ides mercar. 568 00:37:39,876 --> 00:37:41,251 Ides investir nel. 569 00:37:41,251 --> 00:37:44,084 Xuntos ampliaremos os beneficios. 570 00:37:44,876 --> 00:37:47,126 Ou sexa, que non te vas xubilar, papá. 571 00:37:48,459 --> 00:37:50,001 Nin de broma. 572 00:37:50,793 --> 00:37:54,918 Pero tiña que saber que vos atreviades a arriscar o pelexo. 573 00:37:55,959 --> 00:37:58,709 A responsabilidade compartida ten vantaxes. 574 00:38:00,626 --> 00:38:03,084 E os beneficios da continuidade 575 00:38:04,334 --> 00:38:06,334 tampouco son cousa menor. 576 00:38:06,834 --> 00:38:10,584 Eddie, es un soldado, un aristócrata. 577 00:38:10,584 --> 00:38:13,959 Pero vexo un home a quen non o definen os títulos. 578 00:38:13,959 --> 00:38:15,418 Nin o limitan. 579 00:38:16,209 --> 00:38:17,418 Así que hai trato. 580 00:38:20,293 --> 00:38:24,084 235 millóns de libras. 581 00:38:24,834 --> 00:38:27,668 Agora xa tes un propósito. 582 00:38:29,834 --> 00:38:32,126 Non naciches para acatar ordes. 583 00:38:32,126 --> 00:38:33,793 Naciches para dalas. 584 00:38:33,793 --> 00:38:36,668 Para construír e expandir imperios. 585 00:38:36,668 --> 00:38:39,959 Eu non vexo un capitán. Eu vexo un puto xeneral. 586 00:38:42,793 --> 00:38:44,834 Ai, non tiñas que molestarte. 587 00:38:53,959 --> 00:38:55,293 Quérelo facer ti? 588 00:38:56,209 --> 00:38:57,334 É unha petición? 589 00:38:57,334 --> 00:38:59,668 Non. Non tes que facelo. 590 00:39:00,834 --> 00:39:02,334 Pensei que igual querías. 591 00:39:03,501 --> 00:39:05,959 Como parte do teu... "periplo". 592 00:39:25,543 --> 00:39:27,584 {\an8}TRES MESES DESPOIS 593 00:39:27,584 --> 00:39:29,168 {\an8}Non te pases coa salsa. 594 00:39:32,668 --> 00:39:33,751 Ti tranquilo. 595 00:39:33,751 --> 00:39:36,209 Cando te afás, a cadea non está tan mal. 596 00:39:36,209 --> 00:39:38,793 Dormes as túas horas, fas exercicio 597 00:39:38,793 --> 00:39:41,584 e non te interrompen moito. 598 00:39:42,543 --> 00:39:45,334 E como o señor Kawasaki perdeu a condicional, 599 00:39:45,334 --> 00:39:49,168 a calidade da cociña está asegurada ao menos outro ano máis. 600 00:39:50,251 --> 00:39:51,501 Moitas grazas. 601 00:39:54,959 --> 00:39:56,543 Hai cousas ben peores. 602 00:39:58,334 --> 00:40:01,084 Aí falaches coma un cabaleiro. 603 00:41:14,834 --> 00:41:19,459 {\an8}Subtítulos: Marina do Albardeiro