1 00:00:06,209 --> 00:00:08,876 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:10,334 --> 00:00:14,126 "A túa ausencia atravesoume coma o fío a agulla… 3 00:00:14,209 --> 00:00:17,459 Todo o que fago está cosido coa súa cor." 4 00:00:17,543 --> 00:00:19,709 W. S. MERWIN 5 00:00:26,876 --> 00:00:27,709 Billy? 6 00:00:29,501 --> 00:00:30,334 Que foi? 7 00:00:34,501 --> 00:00:36,459 Dende cando somos amigos? 8 00:00:39,709 --> 00:00:40,626 Dende… 9 00:00:42,918 --> 00:00:43,751 sempre. 10 00:00:48,834 --> 00:00:50,751 Mais… dende cando? 11 00:00:53,001 --> 00:00:54,168 Non me lembro. 12 00:00:58,043 --> 00:00:59,418 Non te lembras? 13 00:01:01,584 --> 00:01:03,668 Cría que eramos moi amigos. 14 00:01:06,668 --> 00:01:07,709 E somos. 15 00:01:08,959 --> 00:01:12,251 É que hai tanto tempo que non me lembro. 16 00:01:21,793 --> 00:01:23,168 - Billy? - Que foi? 17 00:01:24,959 --> 00:01:28,293 Non me esquezas nunca. Oíches? 18 00:01:29,626 --> 00:01:30,876 Pase o que pase. 19 00:01:33,626 --> 00:01:34,459 Nunca. 20 00:01:35,584 --> 00:01:36,459 Prométesmo? 21 00:01:39,459 --> 00:01:40,459 Ollie! 22 00:01:45,709 --> 00:01:48,251 Xúrocho pola miña vida. 23 00:02:02,001 --> 00:02:05,293 Ola, Flossie. Hoxe tráioche cousas boas. 24 00:02:05,793 --> 00:02:07,959 - Da de Lester. - Billy? 25 00:02:08,459 --> 00:02:10,209 Espero que fose amable. 26 00:02:10,293 --> 00:02:12,626 - Billy? - Nunca foi amable. 27 00:02:15,126 --> 00:02:18,168 Douche 20 por este e tres polos outros. 28 00:02:18,251 --> 00:02:19,376 Onde estou? 29 00:02:19,459 --> 00:02:20,543 É iso ou nada. 30 00:02:20,626 --> 00:02:23,876 - Mi madriña, un alxube. - Paguei o dobre. 31 00:02:23,959 --> 00:02:25,918 Sabes que te quero. 32 00:02:26,001 --> 00:02:28,709 Ata a próxima, Flossie. Cóidate. 33 00:02:28,793 --> 00:02:29,793 - Ola! - Ti tamén. 34 00:02:29,876 --> 00:02:32,293 - Billy? Estás aí? - Deica logo. 35 00:02:35,418 --> 00:02:37,459 Tranquilo. Todo irá ben. 36 00:02:42,626 --> 00:02:45,043 Non vexo un burro a tres pasos. 37 00:02:52,209 --> 00:02:56,126 Vaia… que feitiño es. 38 00:02:56,918 --> 00:03:00,209 Grazas. Vostede tampouco está mal. 39 00:03:00,293 --> 00:03:01,793 Mire, non vería a…? 40 00:03:03,209 --> 00:03:08,793 Amodo. Escoite, non recordo como acabei aquí, mais creo… 41 00:03:08,876 --> 00:03:10,376 Por favor. 42 00:03:10,459 --> 00:03:14,584 Pare co tintín. Grazas. Coido que perdín o meu Billy. 43 00:03:15,209 --> 00:03:19,376 Axudaríame a escapar para ver se dou con el? Por favor? 44 00:03:21,168 --> 00:03:22,584 Vaites, que é iso? 45 00:03:27,126 --> 00:03:29,293 Sabíao. Isto é o seu alxube. 46 00:03:30,293 --> 00:03:31,293 Pois avísoa. 47 00:03:31,376 --> 00:03:34,084 Teño karate no corpo e moita enerxía, 48 00:03:34,168 --> 00:03:38,043 e se non me pousa agora mesmo… Falo en serio. 49 00:03:38,543 --> 00:03:42,251 Os coellos somos perigosos. Temos dentes afiados. 50 00:03:46,626 --> 00:03:47,959 Pillabán. 51 00:03:48,043 --> 00:03:49,543 Hante levar pronto. 52 00:03:50,043 --> 00:03:51,251 Hanme levar? 53 00:03:53,209 --> 00:03:56,043 Agarde. Non. Non marche. 54 00:03:56,126 --> 00:03:58,251 Por favor. Teño que saír! 55 00:03:59,209 --> 00:04:01,793 - Boas. Que tal? - Grazas por nada! 56 00:04:01,876 --> 00:04:03,251 Ola. Mire… 57 00:04:07,168 --> 00:04:10,543 Vale. Éche o que hai. Estás só, Ollie. 58 00:04:11,334 --> 00:04:14,418 Non quedarei nesta cámara de tortura. 59 00:04:14,501 --> 00:04:18,709 Debo pensar. Trazar un plan de fuga ao estilo ninja. 60 00:04:18,793 --> 00:04:19,626 Ola? 61 00:04:23,043 --> 00:04:23,959 Ola. 62 00:04:24,043 --> 00:04:25,251 Como te chamas? 63 00:04:25,334 --> 00:04:27,834 Menos mal que ti si me oes. 64 00:04:28,418 --> 00:04:29,876 Tamén estás aquí presa? 65 00:04:29,959 --> 00:04:33,084 Unha vella tola anda a picar as orellas. 66 00:04:33,168 --> 00:04:34,001 Son Ollie. 67 00:04:34,084 --> 00:04:37,376 E vou fuxir para atopar a Billy. Queres vir? 68 00:04:37,459 --> 00:04:39,876 Que Billy? Como se apelida? 69 00:04:41,376 --> 00:04:43,626 Billy… 70 00:04:46,418 --> 00:04:47,251 Que raro. 71 00:04:50,543 --> 00:04:51,543 Non me lembro. 72 00:04:54,043 --> 00:04:56,084 Lembras onde vive? 73 00:04:58,876 --> 00:04:59,751 Nunha casa. 74 00:05:00,959 --> 00:05:01,918 En algures. 75 00:05:03,543 --> 00:05:05,084 Hai árbores, creo. 76 00:05:07,543 --> 00:05:09,251 Por que non me lembro? 77 00:05:12,168 --> 00:05:13,209 Ven comigo! 78 00:05:13,293 --> 00:05:17,293 Hoxe fago anos e papá déixame levar o que queira 79 00:05:17,376 --> 00:05:19,543 mentres non pase de cinco dólares. 80 00:05:19,626 --> 00:05:22,376 Podemos xogar, durmir xuntiños… 81 00:05:26,501 --> 00:05:29,668 - Billy… - Sue, bule. Mamá está a esperar. 82 00:05:30,584 --> 00:05:31,751 Ollie, vés? 83 00:05:33,876 --> 00:05:37,959 Grazas, de veras, mais debo encontrar o meu Billy. 84 00:05:38,709 --> 00:05:43,293 Igual anda á miña procura, así que… Debo seguir a buscar. 85 00:05:45,334 --> 00:05:46,168 Necesítame. 86 00:05:48,209 --> 00:05:51,168 Rezarei por vós esta noite, paréceche? 87 00:06:00,793 --> 00:06:01,918 Boas noites. 88 00:06:02,001 --> 00:06:03,709 - Boas noites. - Adeus! 89 00:06:07,251 --> 00:06:09,293 Non. Non! 90 00:06:09,376 --> 00:06:10,209 Non! 91 00:06:14,418 --> 00:06:15,876 Non. 92 00:06:27,418 --> 00:06:29,459 COCIÑA 93 00:07:01,251 --> 00:07:02,084 Que…? 94 00:07:03,668 --> 00:07:04,668 Recoiro! 95 00:07:05,209 --> 00:07:07,043 Non! 96 00:07:13,043 --> 00:07:15,001 Vamos para arriba, Botóns. 97 00:07:15,084 --> 00:07:16,418 Vai comezar Feud. 98 00:07:34,418 --> 00:07:36,626 Veña, ho! 99 00:07:36,709 --> 00:07:39,126 Cansou de atopar o que na cama? 100 00:07:41,043 --> 00:07:41,876 Variñas. 101 00:07:41,959 --> 00:07:42,793 Variñas? 102 00:07:43,293 --> 00:07:44,209 Na cama? 103 00:08:19,834 --> 00:08:21,376 Estou atrapado. 104 00:08:22,334 --> 00:08:23,709 Como vou saír? 105 00:09:28,293 --> 00:09:30,043 - Ah! - Terra á vista! 106 00:09:32,459 --> 00:09:34,918 - Aterraxe forzada! - Está no chan! 107 00:09:35,626 --> 00:09:39,293 Hai que atopar o tesouro custe o que custe! 108 00:09:40,626 --> 00:09:43,543 Á vista! A Cova Maldita! 109 00:10:00,918 --> 00:10:02,709 Atopácheslle a parella. 110 00:10:04,251 --> 00:10:09,209 Mentres estas estrelas estean xuntas, xamais nos separaremos. 111 00:10:24,334 --> 00:10:26,334 BOTÓNS 112 00:10:29,251 --> 00:10:32,626 Non tes moita pinta de ser un Botóns. 113 00:10:37,126 --> 00:10:41,709 Escoita a noiteboa solitaria. 114 00:10:42,418 --> 00:10:46,709 Soa moi triste para voar. 115 00:10:48,043 --> 00:10:54,209 O tren de medianoite choromica baixiño. 116 00:10:54,918 --> 00:11:00,251 Estou tan triste que podería chorar. 117 00:11:01,209 --> 00:11:04,168 Ei, Botóns, cadelo sarnoso. 118 00:11:04,709 --> 00:11:06,918 Creo que perdiches as bolas. 119 00:11:16,543 --> 00:11:20,376 Nunca vin 120 00:11:20,459 --> 00:11:24,084 unha noite así de longa. 121 00:11:36,959 --> 00:11:38,376 Ei, can pulgueiro! 122 00:11:40,209 --> 00:11:42,334 Sóltao agora mesmo ou… 123 00:11:43,001 --> 00:11:45,334 Mi madriña, que estou facendo? 124 00:11:53,251 --> 00:11:55,668 Botóns! Volta xa para a cama! 125 00:12:13,584 --> 00:12:15,668 Estás ben? 126 00:12:17,834 --> 00:12:18,918 Coitado. 127 00:12:20,168 --> 00:12:21,584 Boa pinta non ten. 128 00:12:23,084 --> 00:12:23,959 Arre demo! 129 00:12:26,959 --> 00:12:28,001 Estás ben? 130 00:12:30,334 --> 00:12:31,793 Ola, que hai? 131 00:12:33,126 --> 00:12:37,418 Non. Aínda non quedei ben de todo. 132 00:12:39,459 --> 00:12:41,418 Bótasme unha man? 133 00:12:46,918 --> 00:12:48,168 Moitas grazas. 134 00:12:48,251 --> 00:12:49,834 Non nos presentaron. 135 00:12:49,918 --> 00:12:52,168 Son Zozo. E ti es…? 136 00:12:52,251 --> 00:12:53,293 Son Ollie. 137 00:12:53,376 --> 00:12:54,834 Un pracer, Ollie. 138 00:12:54,918 --> 00:12:57,251 É mellor non berrar moito. 139 00:12:57,751 --> 00:12:59,959 Falemos en voz baixa, si? 140 00:13:00,626 --> 00:13:04,793 Non vaia ser que Flossie volva soltar a Botóns, sabes? 141 00:13:06,043 --> 00:13:10,709 Veña, vaiamos a algún sitio onde Botóns non veña molestar. 142 00:13:11,543 --> 00:13:12,959 Paréceche, Ollie? 143 00:13:38,501 --> 00:13:41,584 Deixa de dar bocaladas de peixe e entra. 144 00:13:53,584 --> 00:13:55,334 Que me dis? Chegamos. 145 00:13:56,084 --> 00:13:57,834 O lar do Zozo. 146 00:14:07,418 --> 00:14:09,501 Que che parece? 147 00:14:11,543 --> 00:14:12,918 É precioso. 148 00:14:17,418 --> 00:14:20,334 Vaites. Tes aí un furado bo, coello. 149 00:14:21,626 --> 00:14:24,626 Vaiche saír todo o de dentro para fóra. 150 00:14:24,709 --> 00:14:28,043 Hai que facer algo antes de que vaia a peor. 151 00:14:30,959 --> 00:14:33,126 Non teño agulla e fío, mais… 152 00:14:33,709 --> 00:14:34,626 Aquí está. 153 00:14:35,626 --> 00:14:37,626 A ver se o rei pode axudar 154 00:14:38,626 --> 00:14:39,668 O rei. 155 00:14:40,793 --> 00:14:41,959 E o rei quen é? 156 00:14:45,209 --> 00:14:48,126 Es máis escorregadizo ca unha eiroa. 157 00:14:48,209 --> 00:14:49,834 Calma. Déixame a min. 158 00:14:53,751 --> 00:14:56,918 Et voilà. Xa estás para outra. 159 00:15:03,293 --> 00:15:05,918 Por que tes tantas marcas na cara? 160 00:15:06,543 --> 00:15:09,709 Iso non se pregunta. É de mala educación. 161 00:15:11,168 --> 00:15:13,793 Non, perdoa. Quédanche ben. Es… 162 00:15:14,418 --> 00:15:15,584 coma un pirata. 163 00:15:16,293 --> 00:15:17,959 Gústanme os piratas. 164 00:15:21,043 --> 00:15:22,293 A min tamén. 165 00:15:25,043 --> 00:15:26,293 Portador da paz. 166 00:15:27,793 --> 00:15:29,418 O teu nome, Ollie. 167 00:15:30,126 --> 00:15:33,293 Oliver. Significa "portador da paz". 168 00:15:37,334 --> 00:15:39,126 Levas moito tempo aquí? 169 00:15:40,668 --> 00:15:42,584 Dez anos? Cincuenta? 170 00:15:43,543 --> 00:15:44,668 Naciches aquí? 171 00:15:45,626 --> 00:15:47,418 Pilláronte os monstros? 172 00:15:47,501 --> 00:15:50,168 Si. Foi un monstro. 173 00:15:50,793 --> 00:15:52,834 O Home Cabra de Fisherville. 174 00:15:53,334 --> 00:15:54,793 Levoume lonxe. 175 00:15:55,459 --> 00:15:58,209 Máis aló de Tombouctou. 176 00:15:58,293 --> 00:16:00,418 Case me arranca a cabeza. 177 00:16:02,001 --> 00:16:03,918 E está detrás de ti! 178 00:16:05,959 --> 00:16:09,043 Eu non río. Non me gustan esas bromas! 179 00:16:09,626 --> 00:16:10,584 Abusón! 180 00:16:10,668 --> 00:16:14,126 Deixa de actuar coma unha serpe á que pisaron. 181 00:16:14,209 --> 00:16:17,918 Non son un abusón. Só quería distender os ánimos. 182 00:16:19,418 --> 00:16:21,459 Perdoa este amigo meu. 183 00:16:21,543 --> 00:16:22,876 Non ten maneiras. 184 00:16:22,959 --> 00:16:24,293 É algo pallaso. 185 00:16:25,209 --> 00:16:26,751 Falemos de ti. 186 00:16:27,418 --> 00:16:30,709 De onde ves? Que fas aquí? 187 00:16:30,793 --> 00:16:34,251 Non tes as orellas tesas coma as de Bugs Bunny. 188 00:16:37,126 --> 00:16:38,043 Perdinme. 189 00:16:39,418 --> 00:16:43,001 Non sei onde está o meu mellor amigo, Billy. 190 00:16:44,126 --> 00:16:47,209 Non me lembro. 191 00:16:49,001 --> 00:16:50,501 Iso non soa ben. 192 00:16:51,709 --> 00:16:53,876 Lembras como chegaches aquí? 193 00:16:54,876 --> 00:16:56,168 Atrapáronme. 194 00:16:56,251 --> 00:16:57,959 Metéronme nunha caixa. 195 00:16:58,043 --> 00:17:01,168 Estaba ás escuras e comezou a abanear. 196 00:17:01,251 --> 00:17:05,293 De súpeto, bum, caeu coma a casa que leva o tornado 197 00:17:05,376 --> 00:17:08,043 no filme coa moza, o león e o home de lata. 198 00:17:08,543 --> 00:17:10,209 O mago de Oz? 199 00:17:11,043 --> 00:17:13,043 Si! O mago de Oz! 200 00:17:13,126 --> 00:17:16,418 E logo unha vella sácame da caixa, e clac! 201 00:17:16,501 --> 00:17:19,459 Magóame a orella e zapatéame nun estante. 202 00:17:19,543 --> 00:17:23,334 Unha nena quixo levarme con ela e non fun. Agora… 203 00:17:24,543 --> 00:17:27,709 Agora pode que fique aquí moito tempo 204 00:17:27,793 --> 00:17:29,751 e non podo porque… 205 00:17:30,918 --> 00:17:31,751 Porque… 206 00:17:37,126 --> 00:17:39,543 Ai, non. Billy está nun apuro. 207 00:17:40,626 --> 00:17:41,626 Debo atopalo. 208 00:17:43,043 --> 00:17:43,918 Necesítame. 209 00:17:44,501 --> 00:17:46,584 A estrela díxoche todo iso? 210 00:17:47,834 --> 00:17:49,376 Acouga e respira. 211 00:17:49,459 --> 00:17:51,543 Só necesito atopar a Billy. 212 00:17:52,043 --> 00:17:54,751 Veña, rabuxento, respira comigo. 213 00:18:02,043 --> 00:18:04,334 Os recordos son estraños. 214 00:18:05,418 --> 00:18:09,209 Se os forzamos, esvaecen. 215 00:18:11,584 --> 00:18:14,084 Para entender o que tes na cabeza… 216 00:18:14,584 --> 00:18:17,876 ás veces tes que indagar no corazón. 217 00:18:27,626 --> 00:18:28,751 Vai devagar. 218 00:18:30,168 --> 00:18:31,876 Comeza polo principio. 219 00:18:34,043 --> 00:18:35,126 Antes de hoxe. 220 00:18:41,168 --> 00:18:43,251 Xamais nos separaremos. 221 00:18:50,043 --> 00:18:51,293 Alto, compañeiro! 222 00:18:51,376 --> 00:18:54,918 Quizais haxa saqueadores ó asexo por estribor! 223 00:19:05,209 --> 00:19:06,084 Que é isto? 224 00:19:07,584 --> 00:19:09,543 Pero Billy, que desfeita. 225 00:19:09,626 --> 00:19:12,626 Sabes o que pasa. Mamá está mal. 226 00:19:12,709 --> 00:19:15,251 - Precisa descansar. - Só xogabamos. 227 00:19:15,334 --> 00:19:17,376 Non faciamos nada malo. 228 00:19:18,043 --> 00:19:20,168 Está ben. Vale. Mira. 229 00:19:27,876 --> 00:19:31,543 Billy, tes que madurar un pouco por min. Vale? 230 00:19:32,418 --> 00:19:36,918 Coas cousas como están, tes que ser forte por min 231 00:19:37,001 --> 00:19:38,876 e deixar de actuar coma… 232 00:19:40,209 --> 00:19:43,834 un meniño. Entendes? 233 00:19:45,418 --> 00:19:46,251 Papá. 234 00:19:48,876 --> 00:19:50,543 Por que lle rifas? 235 00:19:51,793 --> 00:19:54,668 Billy está a preparar unha aventura. 236 00:19:54,751 --> 00:19:56,251 Xa. Só falabamos. 237 00:19:57,251 --> 00:19:59,918 Meu amor, necesitas descansar. 238 00:20:00,001 --> 00:20:02,626 Xa vou. Prométocho. 239 00:20:04,584 --> 00:20:09,001 Mais agora estamos na presenza do rei pirata. 240 00:20:09,918 --> 00:20:13,709 Inclínese ante el, nobre cabaleiro. Veña. Fágao. 241 00:20:14,709 --> 00:20:17,251 - Inclínese ante el. - En serio? 242 00:20:17,334 --> 00:20:21,084 Que dixen? Inclínese ante o seu rei. Sen a gorra. 243 00:20:25,084 --> 00:20:26,584 Moi ben, cabaleiro. 244 00:20:27,459 --> 00:20:28,584 Baile comigo. 245 00:20:29,418 --> 00:20:30,876 - Miña raíña. - Si? 246 00:20:37,959 --> 00:20:38,793 Agora… 247 00:20:40,251 --> 00:20:44,459 debo partir a unha audiencia privada co rei. 248 00:20:45,376 --> 00:20:48,084 Imos, rei? Vamos alá. 249 00:20:56,543 --> 00:20:58,584 Papá non quixo dicir iso. 250 00:20:59,834 --> 00:21:03,168 Está canso, sabes? 251 00:21:04,834 --> 00:21:07,168 Está soportando moita presión. 252 00:21:11,168 --> 00:21:14,168 Creo que non quere que xogue con Ollie. 253 00:21:22,334 --> 00:21:25,251 Cóntoche unha historia graciosa? É boa. 254 00:21:27,501 --> 00:21:29,334 Cando papá era pequeno, 255 00:21:29,418 --> 00:21:32,751 tiña unha cadela velliña chamada Princesa. 256 00:21:32,834 --> 00:21:35,709 Moi riquiña, mais vella e xorda. 257 00:21:35,793 --> 00:21:39,709 - En fin, papá tiña un soldadiño… - Tiña xoguetes? 258 00:21:39,793 --> 00:21:43,001 Pois claro. E ese era o seu favorito. 259 00:21:43,751 --> 00:21:46,376 Cando teu pai vai ao salón, 260 00:21:46,459 --> 00:21:49,834 ve a Princesa sentada sobre o Sr. G. I. Joe, 261 00:21:49,918 --> 00:21:51,626 e comeza a berrar. 262 00:21:51,709 --> 00:21:54,668 Princesa, que non oe, non se move. 263 00:21:54,751 --> 00:21:57,084 Teu pai decide facela moverse. 264 00:21:57,168 --> 00:21:59,293 Plántase diante. 265 00:21:59,376 --> 00:22:02,418 Levanta o pé para darlle unha patada, 266 00:22:02,501 --> 00:22:07,043 mais Princesa érguese e o dedo aterra onde o sol non quenta. 267 00:22:07,126 --> 00:22:07,959 Non. 268 00:22:08,043 --> 00:22:10,043 Si. Xúrocho por Deus. 269 00:22:10,126 --> 00:22:11,293 Xúrocho por Deus. 270 00:22:11,918 --> 00:22:16,376 Cando teu pai sacou o dedo, Princesa obtivo a súa vinganza 271 00:22:16,459 --> 00:22:20,168 porque evacuou por riba do Sr. G. I. Joe. 272 00:22:21,584 --> 00:22:23,293 Que noxo! 273 00:22:27,251 --> 00:22:28,084 E isto? 274 00:22:30,001 --> 00:22:31,001 Dime. 275 00:22:33,334 --> 00:22:35,876 Quen foi? Ese tal Mike Apple? 276 00:22:38,584 --> 00:22:41,501 Retorceumo para obrigarme a dicilo. 277 00:22:42,584 --> 00:22:44,459 Que non somos teus pais? 278 00:22:45,876 --> 00:22:46,709 Mírame. 279 00:22:47,751 --> 00:22:49,043 Xa o falamos. 280 00:22:50,251 --> 00:22:53,668 - Papá e mais eu querémoste… - Non o dixen. 281 00:22:54,293 --> 00:22:57,251 Tanto dá canto aperte. Xamais o diría. 282 00:22:57,334 --> 00:22:59,126 Xa o sei, meu rei. Ven. 283 00:23:00,001 --> 00:23:01,209 Xa o sei. 284 00:23:01,959 --> 00:23:03,293 Síntoo moito. 285 00:23:06,043 --> 00:23:09,709 Mais ás veces hai que se defender. 286 00:23:10,626 --> 00:23:14,043 Só é un cagainas nun corpo de pit bull. 287 00:23:17,334 --> 00:23:19,459 Engadiches algo ao mural? 288 00:23:19,543 --> 00:23:21,168 TROL 289 00:23:21,251 --> 00:23:22,876 Hoxe non. 290 00:23:24,209 --> 00:23:26,126 O PODER DA IMAXINACIÓN 291 00:23:26,209 --> 00:23:27,668 É moi importante. 292 00:23:27,751 --> 00:23:30,834 Queremos levar conta 293 00:23:30,918 --> 00:23:32,334 do que fixemos 294 00:23:32,834 --> 00:23:34,793 e do que esperamos facer. 295 00:23:38,876 --> 00:23:40,876 Gardaches as miñas estrelas. 296 00:23:46,251 --> 00:23:47,751 A Raíña da Montaña… 297 00:23:50,418 --> 00:23:53,751 arrebatoulle as estrelas ao ceo nocturno. 298 00:23:56,959 --> 00:24:00,376 Converteunas en ouro e bautizounas… 299 00:24:00,876 --> 00:24:04,334 - As Estrelas Xemelgas Enfeitizadas. - Exacto. 300 00:24:04,418 --> 00:24:07,168 Hai que ter o corazón puro para usalas. 301 00:24:07,251 --> 00:24:09,251 O teu escudeiro e ti tédelo? 302 00:24:09,334 --> 00:24:14,251 Porque se non o tedes e as usades, morreredes… 303 00:24:15,543 --> 00:24:17,918 do mal da risa! 304 00:24:48,334 --> 00:24:51,376 Que viches? Algo útil? 305 00:24:59,043 --> 00:25:00,668 O mural dos recordos. 306 00:25:05,668 --> 00:25:07,751 Sitios ós que foi cos pais. 307 00:25:08,793 --> 00:25:12,043 Todo canto fixemos e canto queriamos facer. 308 00:25:32,584 --> 00:25:33,793 RÍO ESCURO 309 00:25:33,876 --> 00:25:34,793 A TORRE BRANCA 310 00:25:43,709 --> 00:25:45,709 Para un momento. 311 00:25:50,459 --> 00:25:52,334 Zozo? Que foi? 312 00:25:53,626 --> 00:25:55,626 Zozo, que fas? 313 00:25:56,793 --> 00:25:59,126 - Remataches? - Que impaciente. 314 00:25:59,209 --> 00:26:01,668 Un segundo. Déixame pensar. 315 00:26:01,751 --> 00:26:03,251 TROL - MARK TWAIN - CASA 316 00:26:03,334 --> 00:26:05,876 Un mapa. Máis ou menos… 317 00:26:05,959 --> 00:26:07,043 Algo parecido. 318 00:26:07,126 --> 00:26:09,876 Mais coñezo algúns destes sitios. 319 00:26:09,959 --> 00:26:10,918 Todos non. 320 00:26:12,168 --> 00:26:13,001 RÍO ESCURO 321 00:26:13,084 --> 00:26:15,918 O río escuro ben pode ser o Ohio. 322 00:26:16,709 --> 00:26:20,251 O de Mark Twain non sei. Hai zonas confusas. 323 00:26:20,334 --> 00:26:22,501 Nunca vin un trol, mais… 324 00:26:23,834 --> 00:26:28,709 Se recordases máis, podería ser útil para que volvas a casa. 325 00:26:31,043 --> 00:26:32,376 Ti virías comigo? 326 00:26:33,876 --> 00:26:35,459 A buscar a Billy? 327 00:26:40,459 --> 00:26:41,293 Síntoo. 328 00:26:42,793 --> 00:26:45,543 Non quería que pensases o que non é. 329 00:26:47,043 --> 00:26:48,376 Tesme que axudar. 330 00:26:48,918 --> 00:26:51,334 Non tes a alguén a quen queres? 331 00:26:51,418 --> 00:26:54,876 Por quen o darías todo por estar ao seu lado? 332 00:26:55,501 --> 00:26:56,584 Si. 333 00:26:56,668 --> 00:26:58,376 Mais desapareceu! 334 00:27:17,376 --> 00:27:18,626 Chamábase Nina. 335 00:27:23,876 --> 00:27:25,584 Tiña ollos de cristal. 336 00:27:26,959 --> 00:27:32,126 Unha boneca bailarina que xiraba coma unha pluma no vento. 337 00:27:35,709 --> 00:27:39,751 Foi a única que mirou por min. 338 00:27:40,418 --> 00:27:42,626 Amábaa con toda a miña alma. 339 00:27:44,459 --> 00:27:45,793 Cando a perdín… 340 00:27:49,834 --> 00:27:52,001 Botei anos buscándoa, Ollie. 341 00:27:53,084 --> 00:27:55,001 Por todas as partes. 342 00:27:55,959 --> 00:27:57,584 E sabes o que atopei? 343 00:27:59,084 --> 00:27:59,918 Nada. 344 00:28:01,501 --> 00:28:04,459 Cansei de buscar o que non vou atopar. 345 00:28:05,959 --> 00:28:09,209 O mellor é quedarmos aquí… 346 00:28:10,876 --> 00:28:11,959 sans e salvos. 347 00:28:14,001 --> 00:28:16,251 Non se pode confiar no mundo. 348 00:28:19,418 --> 00:28:21,043 Podes confiar en min. 349 00:28:24,626 --> 00:28:25,626 Está aí fóra. 350 00:28:26,918 --> 00:28:28,001 E Billy tamén. 351 00:28:28,084 --> 00:28:29,626 Buscarémolos xuntos. 352 00:28:31,126 --> 00:28:32,126 Axudarémonos. 353 00:28:38,168 --> 00:28:40,168 Nese caso, compañeiro… 354 00:28:41,501 --> 00:28:44,751 haberá que buscar unha saída primeiro, non? 355 00:28:51,126 --> 00:28:53,709 Seguro que Botóns sae por aquí? 356 00:28:53,793 --> 00:28:56,668 Chámanlle a trapela do can. 357 00:29:05,293 --> 00:29:06,126 Raio! 358 00:29:08,001 --> 00:29:09,209 En voz baixa. 359 00:29:09,293 --> 00:29:10,126 Acórdaste? 360 00:29:11,209 --> 00:29:12,126 Touché. 361 00:29:14,126 --> 00:29:15,793 Tes algunha idea? 362 00:29:15,876 --> 00:29:17,376 A min acabáronseme. 363 00:29:21,501 --> 00:29:23,834 A que hora esperta Botóns? 364 00:29:30,584 --> 00:29:32,876 Domino o karate e o kung fu. 365 00:29:32,959 --> 00:29:34,709 Estilo alacrán, sapo, 366 00:29:34,793 --> 00:29:38,418 patadas, reviravoltas… Non te preocupes por Botóns. 367 00:29:38,501 --> 00:29:39,543 Está apañado. 368 00:29:40,209 --> 00:29:41,418 Estás seguro? 369 00:29:41,501 --> 00:29:42,834 Si. Segurísimo. 370 00:29:56,001 --> 00:29:57,709 Espera. 371 00:30:11,001 --> 00:30:11,959 Para onde foi? 372 00:30:12,543 --> 00:30:13,751 Non o vexo. 373 00:30:15,376 --> 00:30:16,626 Ten paciencia. 374 00:30:31,001 --> 00:30:32,084 Agora! 375 00:30:46,793 --> 00:30:47,626 Si! 376 00:30:48,918 --> 00:30:51,418 Ti primeiro. Eu vou detrás! 377 00:31:00,751 --> 00:31:03,501 Espera. Perdín a estrela. 378 00:31:03,584 --> 00:31:04,876 Non a teño. 379 00:31:04,959 --> 00:31:06,751 Non podemos dar volta. 380 00:31:06,834 --> 00:31:08,209 Hai que marchar. 381 00:31:08,293 --> 00:31:09,876 Por favor. 382 00:31:10,543 --> 00:31:12,793 Necesitámola para dar con Billy! 383 00:31:13,459 --> 00:31:15,376 Que paciencia… 384 00:31:15,959 --> 00:31:17,126 Está ben. 385 00:31:21,376 --> 00:31:22,709 Aquí a está. 386 00:31:24,376 --> 00:31:25,501 Xa a teño. 387 00:31:26,209 --> 00:31:27,209 Zozo! 388 00:32:10,126 --> 00:32:11,334 Vamos. Zozo. 389 00:32:11,418 --> 00:32:13,459 Desartellóuseme a perna. 390 00:32:13,543 --> 00:32:14,668 Un momento. 391 00:32:16,834 --> 00:32:18,209 Veña. Fuxe, Ollie. 392 00:32:18,293 --> 00:32:20,876 - Non te deixarei aquí. - Tranquilo! 393 00:32:20,959 --> 00:32:23,918 - Veña, arriba. - Ollie, escapa. 394 00:32:24,001 --> 00:32:26,168 Arriba! 395 00:32:29,918 --> 00:32:30,959 Calma, miúdo. 396 00:32:50,001 --> 00:32:51,543 Os abusóns van de duros. 397 00:32:54,293 --> 00:32:56,459 Mais teñen o nariz delicado. 398 00:32:59,168 --> 00:33:00,584 Iso foi incrible. 399 00:33:01,793 --> 00:33:03,043 Rosy. 400 00:33:06,126 --> 00:33:06,959 Zozo. 401 00:33:07,668 --> 00:33:08,501 Canto… 402 00:33:09,376 --> 00:33:10,876 Canto tempo. 403 00:33:10,959 --> 00:33:14,501 Seguíchesme. Díxenche que non o fixeses. 404 00:33:14,584 --> 00:33:16,126 Estaba preocupada. 405 00:33:16,751 --> 00:33:18,293 Marchaches sen máis. 406 00:33:19,459 --> 00:33:20,709 Non me gustou. 407 00:33:24,084 --> 00:33:25,709 Son espadas láser? 408 00:33:25,793 --> 00:33:26,709 Es unha Jedi? 409 00:33:27,334 --> 00:33:31,043 - E o relampo no ollo? - Quieto. Isto non se toca. 410 00:33:31,709 --> 00:33:34,834 - E ti de onde saíches? - Tranquila. 411 00:33:34,918 --> 00:33:36,043 É Ollie. 412 00:33:36,543 --> 00:33:37,459 Un amigo. 413 00:33:38,418 --> 00:33:41,043 Non seredes mozos? 414 00:33:42,293 --> 00:33:44,793 Lembras que falamos da paciencia? 415 00:33:45,376 --> 00:33:46,459 Vaina buscar. 416 00:34:19,793 --> 00:34:20,626 Billy? 417 00:34:22,918 --> 00:34:23,751 Que foi? 418 00:34:26,334 --> 00:34:28,001 Dende cando somos amigos? 419 00:34:29,334 --> 00:34:30,168 Dende… 420 00:34:33,584 --> 00:34:34,418 sempre. 421 00:34:35,418 --> 00:34:37,334 Mais dende cando? 422 00:34:40,126 --> 00:34:41,334 Non me lembro. 423 00:34:43,001 --> 00:34:44,376 Non te lembras? 424 00:34:49,668 --> 00:34:51,459 Cría que eramos moi amigos. 425 00:34:52,376 --> 00:34:53,209 E somos. 426 00:34:53,876 --> 00:34:57,043 É que hai tanto tempo que non me lembro. 427 00:35:03,834 --> 00:35:04,668 Billy? 428 00:35:05,709 --> 00:35:06,543 Que foi? 429 00:35:07,626 --> 00:35:09,334 Non me esquezas nunca. 430 00:35:10,126 --> 00:35:10,959 Oíches? 431 00:35:12,043 --> 00:35:13,293 Pase o que pase. 432 00:35:16,709 --> 00:35:17,543 Nunca. 433 00:35:19,959 --> 00:35:20,793 Prométesmo? 434 00:35:27,793 --> 00:35:28,709 Xúrocho 435 00:35:30,293 --> 00:35:31,459 pola miña vida. 436 00:35:34,418 --> 00:35:35,251 É real. 437 00:35:36,293 --> 00:35:37,126 Sabíao. 438 00:35:39,459 --> 00:35:41,834 - Ollie! - Atopeino. 439 00:35:42,418 --> 00:35:43,959 - Ollie! - Atopeino! 440 00:35:46,709 --> 00:35:48,376 Atopeino! 441 00:35:51,584 --> 00:35:52,959 Atopeino! 442 00:35:53,043 --> 00:35:55,459 Atopeino! 443 00:35:57,459 --> 00:35:59,543 Atopei o río escuro! 444 00:36:05,626 --> 00:36:07,501 O río Ohio. 445 00:36:09,334 --> 00:36:12,793 Repleto de perigos e misterios, Ollie. 446 00:36:14,709 --> 00:36:17,459 Un bo sitio para comezar a busca. 447 00:36:19,543 --> 00:36:21,626 Andarame a buscar el a min? 448 00:36:32,626 --> 00:36:33,626 Ollie! 449 00:36:34,918 --> 00:36:36,126 Ollie! 450 00:37:40,376 --> 00:37:42,876 Subtítulos: Lorena Pereiras