1 00:00:06,084 --> 00:00:09,001 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:10,918 --> 00:00:13,168 Cando te quero ter 3 00:00:14,501 --> 00:00:15,709 nos meus brazos. 4 00:00:15,793 --> 00:00:18,376 Cando quero estar contigo… 5 00:00:18,459 --> 00:00:21,584 E se imos nolos dous sós e Ollie queda aquí? 6 00:00:21,668 --> 00:00:25,834 Tes que ser forte por min e deixar de actuar coma un meniño. 7 00:00:27,251 --> 00:00:29,126 …e cos teus encantos. 8 00:00:29,209 --> 00:00:32,043 Cando quero estar contigo… 9 00:00:39,751 --> 00:00:42,084 Soñar. 10 00:01:07,668 --> 00:01:09,876 Viches un sinal no bosque. 11 00:01:10,376 --> 00:01:13,543 Crías estar preto, mais non saía no mapa. 12 00:01:46,543 --> 00:01:47,543 Billy? 13 00:01:56,626 --> 00:01:58,001 Bebé! 14 00:01:58,084 --> 00:02:00,376 Asustamos as abellas co fume, 15 00:02:00,459 --> 00:02:04,209 retiramos o cadro e abracadabra. 16 00:02:04,293 --> 00:02:05,293 Mel. 17 00:02:06,084 --> 00:02:07,293 Non é precioso? 18 00:02:07,876 --> 00:02:09,084 Vaia bobada. 19 00:02:09,584 --> 00:02:11,709 Xa vira antes un tarro de mel. 20 00:02:11,793 --> 00:02:13,501 Por último… 21 00:02:13,584 --> 00:02:14,876 Está a falar. 22 00:02:14,959 --> 00:02:17,584 Se me volves mirar así, cobras. 23 00:02:17,668 --> 00:02:18,751 Algún día… 24 00:02:18,834 --> 00:02:20,584 Pasa del, Billy. 25 00:02:21,459 --> 00:02:22,959 Mamá tiña razón. 26 00:02:23,043 --> 00:02:26,418 Só é un cagainas nun corpo de pit bull. 27 00:02:27,084 --> 00:02:28,793 Grazas, Jolene. 28 00:02:28,876 --> 00:02:31,459 A quen lle toca agora? 29 00:02:31,959 --> 00:02:34,043 Billy Wiles. 30 00:02:36,376 --> 00:02:39,293 Queres compartir algo connosco hoxe? 31 00:02:39,376 --> 00:02:41,501 Ou prefires non participar? 32 00:02:42,834 --> 00:02:44,376 Estou aquí, Billy. 33 00:02:45,334 --> 00:02:46,543 E mamá tamén. 34 00:02:50,876 --> 00:02:51,709 Estou ben. 35 00:02:51,793 --> 00:02:53,168 Podo facelo. 36 00:02:55,209 --> 00:02:56,126 Boa sorte. 37 00:03:01,751 --> 00:03:03,334 Por que vai de traxe? 38 00:03:03,834 --> 00:03:05,418 Morreulle a mamá. 39 00:03:08,209 --> 00:03:09,751 Que tes aí, Billy? 40 00:03:17,959 --> 00:03:18,959 Este é Ollie. 41 00:03:19,043 --> 00:03:20,751 Un pouco máis alto. 42 00:03:22,334 --> 00:03:23,418 Este é Ollie. 43 00:03:23,918 --> 00:03:25,834 É un bo amigo meu. 44 00:03:27,209 --> 00:03:28,459 O meu mellor amigo. 45 00:03:29,043 --> 00:03:30,876 Facemos moitas cousas xuntos. 46 00:03:30,959 --> 00:03:33,418 - Ola, Ollie! - Michael Wayne Apple. 47 00:03:33,501 --> 00:03:35,043 Non me busques. 48 00:03:39,876 --> 00:03:42,126 Facedes moitas cousas xuntos? 49 00:03:45,959 --> 00:03:47,043 Sigue. 50 00:03:47,126 --> 00:03:49,668 Fálalles das nosas aventuras. 51 00:03:49,751 --> 00:03:52,834 Das criaturas que axexan nos montes! 52 00:03:54,168 --> 00:03:56,751 Acampamos por Castleman´s Nob 53 00:03:57,918 --> 00:04:00,126 e resolvemos misterios. 54 00:04:00,209 --> 00:04:03,334 Di meu pai que alí hai criaturas raras. 55 00:04:03,418 --> 00:04:06,293 Si! Pé grandes. Ou sexa, pés grandes. 56 00:04:06,376 --> 00:04:08,126 Atopamos pisadas. 57 00:04:08,209 --> 00:04:11,501 Intentamos cazalos, mais custa achegarse. 58 00:04:11,584 --> 00:04:14,584 E sabes se están preto porque cheiran a caca. 59 00:04:15,918 --> 00:04:18,501 Cheiran que apestan. 60 00:04:20,793 --> 00:04:22,168 E iso non é todo. 61 00:04:22,251 --> 00:04:26,834 Fixemos un barco pirata cunha caixa que me deu meu pai. 62 00:04:26,918 --> 00:04:31,959 Ensínalles como son os piratas de verdade! 63 00:04:34,209 --> 00:04:38,376 Dime onde tes o botín ou póñote a camiñar pola prancha. 64 00:04:38,459 --> 00:04:40,543 Xa che dixen que non o teño. 65 00:04:40,626 --> 00:04:41,959 Nunca o tiven! 66 00:04:42,043 --> 00:04:44,501 Non sei onde podería estar! 67 00:04:44,584 --> 00:04:45,668 Recoiro! 68 00:04:45,751 --> 00:04:48,834 Non me contes alburgadas. 69 00:04:48,918 --> 00:04:53,501 Que din os meus mariñeiros? Confiades nesta rata inmunda? 70 00:04:53,584 --> 00:04:55,668 Non! 71 00:04:55,751 --> 00:04:59,293 Non se fale máis! Irás ao fondo do océano! 72 00:04:59,376 --> 00:05:01,793 BENVIDOS A "AMOSA E COMPARTE" 73 00:05:13,876 --> 00:05:16,293 A ver, eu que che dixen? 74 00:05:16,376 --> 00:05:18,126 Que non me busques. 75 00:05:18,209 --> 00:05:22,334 - É que foi divertido. - Cala, parvo. Serás pailán. 76 00:05:22,418 --> 00:05:23,626 Jolene, por favor. 77 00:05:23,709 --> 00:05:25,459 Esa palabra non se di. 78 00:05:25,543 --> 00:05:28,209 Cal? "Parvo" ou "pailán"? 79 00:05:28,293 --> 00:05:31,043 Mándovos ao despacho do Sr. Carnes? 80 00:05:32,501 --> 00:05:33,334 Non, profe. 81 00:05:34,293 --> 00:05:35,709 Continúa, Billy. 82 00:05:35,793 --> 00:05:38,334 Acaba a presentación sobre Ollie. 83 00:05:40,959 --> 00:05:41,793 Xa acabei. 84 00:05:43,209 --> 00:05:45,918 Pois grazas por compartila, Billy. 85 00:05:46,668 --> 00:05:48,418 Fuches moi valente. 86 00:06:00,459 --> 00:06:01,293 Non. 87 00:06:09,834 --> 00:06:11,293 Que tes! 88 00:06:24,459 --> 00:06:25,293 Ola. 89 00:06:26,376 --> 00:06:27,418 Estás ben? 90 00:06:28,334 --> 00:06:29,168 Sabes? 91 00:06:30,043 --> 00:06:31,459 Se fósemos piratas, 92 00:06:31,543 --> 00:06:34,459 colliamos os sabres, ía á prancha 93 00:06:34,543 --> 00:06:39,126 e alimentabamos aos tiburóns con ese parvo de remate. 94 00:06:39,209 --> 00:06:41,793 Somos piratas. 95 00:06:43,834 --> 00:06:44,668 Billy? 96 00:06:45,168 --> 00:06:46,001 Mamá… 97 00:06:46,834 --> 00:06:49,418 Mamá quería que che dixese algo. 98 00:06:49,501 --> 00:06:52,126 - Devólvemo! - Teño o seu peluche! 99 00:06:52,209 --> 00:06:53,751 Queres recuperalo 100 00:06:53,834 --> 00:06:55,168 Igual mo quedo. 101 00:06:56,126 --> 00:06:57,126 E destrípoo. 102 00:06:58,043 --> 00:07:01,168 - Para, Michael. - Quérelo? 103 00:07:01,251 --> 00:07:02,126 Quítamo. 104 00:07:02,209 --> 00:07:03,751 Déixao tranquilo. 105 00:07:07,584 --> 00:07:09,793 Lisca! Déixao en paz! 106 00:07:10,876 --> 00:07:15,251 Tente que defender unha nena? Vaia pirata, capitán Paspán. 107 00:07:20,126 --> 00:07:23,043 O meniño quere o seu peluchiño! 108 00:07:30,084 --> 00:07:32,501 Aí che queda o xoguete, bebé. 109 00:07:37,709 --> 00:07:38,959 Capitán Billy. 110 00:07:41,834 --> 00:07:43,001 Bebé! 111 00:07:48,918 --> 00:07:50,334 Tes que ser forte. 112 00:07:50,418 --> 00:07:52,126 E este borrancho negro? 113 00:07:52,209 --> 00:07:54,084 - Tes que madurar. - Bebé! 114 00:07:54,168 --> 00:07:56,418 Deixa de actuar coma un meniño. 115 00:07:56,501 --> 00:07:57,334 Non. 116 00:07:58,293 --> 00:07:59,959 - Non. - Bebé. 117 00:08:04,168 --> 00:08:05,001 Billy? 118 00:08:18,751 --> 00:08:20,376 Non son ningún bebé. 119 00:08:25,001 --> 00:08:25,834 Billy. 120 00:08:35,668 --> 00:08:36,793 Abandonoume. 121 00:09:14,918 --> 00:09:15,959 Ei! 122 00:09:16,043 --> 00:09:20,626 Jimmy tamén che ensinou a correr? Levo un bo anaco atrás de ti. 123 00:09:22,251 --> 00:09:23,668 Señor Rhodes? 124 00:09:23,751 --> 00:09:25,459 Non deberías estar aquí! 125 00:09:25,543 --> 00:09:27,751 Vamos, que chove a arroiar. 126 00:09:36,668 --> 00:09:39,001 Hai que ir a un sitio cuberto. 127 00:09:42,043 --> 00:09:46,043 OLLIE ESTÁ PERDIDO 128 00:10:42,793 --> 00:10:43,751 Veña. 129 00:10:43,834 --> 00:10:45,918 Espera dentro por teu pai. 130 00:10:46,001 --> 00:10:46,834 Si, señor. 131 00:10:58,543 --> 00:11:01,501 Traereiche unha toalla. Agarda por aí. 132 00:11:12,251 --> 00:11:13,293 Mi madriña. 133 00:11:13,376 --> 00:11:17,334 Teu pai mátame se te deixo quedar ao frío. 134 00:11:20,793 --> 00:11:22,543 A ver se queces algo. 135 00:11:23,834 --> 00:11:25,209 Vouno chamar. 136 00:11:25,293 --> 00:11:26,668 Grazas, señor. 137 00:11:29,918 --> 00:11:31,793 Atopaches o peluchiño? 138 00:11:47,001 --> 00:11:50,584 Sabes que te pareces ao can de Cecil Burden? 139 00:11:51,668 --> 00:11:54,168 Ao parvo que vai coa lingua fóra 140 00:11:54,251 --> 00:11:56,251 porque quedou sen dentes. 141 00:11:57,293 --> 00:11:58,334 Ei, rapaz. 142 00:11:58,418 --> 00:12:00,209 Non me rompas o taco. 143 00:12:00,293 --> 00:12:02,584 Vasme bater con iso ou que? 144 00:12:02,668 --> 00:12:05,418 Poreite a camiñar pola prancha. 145 00:12:05,501 --> 00:12:08,834 Vaia, o meniño vai montar outro espectáculo. 146 00:12:10,168 --> 00:12:12,376 Que malleira vas levar. 147 00:12:12,459 --> 00:12:15,209 Non se te boto aos tiburóns antes. 148 00:12:15,293 --> 00:12:16,209 Veña, nenos. 149 00:12:16,293 --> 00:12:17,251 Deixádeo xa. 150 00:12:17,334 --> 00:12:18,626 Non son un neno! 151 00:12:41,418 --> 00:12:42,543 Estás só. 152 00:12:42,626 --> 00:12:45,876 A túa moza e o coello non te poden salvar. 153 00:12:46,501 --> 00:12:48,751 Demostra o que vales, pirata. 154 00:12:52,876 --> 00:12:54,084 Estúpido. 155 00:12:54,709 --> 00:12:56,543 Ías a unha voda 156 00:12:56,626 --> 00:12:57,918 ou a un funeral? 157 00:13:08,543 --> 00:13:11,376 Es o auténtico rei dos piratas. 158 00:13:13,668 --> 00:13:14,959 Xa basta. 159 00:13:15,043 --> 00:13:16,168 Déixao en paz. 160 00:13:17,501 --> 00:13:20,209 Pásalle algo aos teus pés? 161 00:13:20,293 --> 00:13:22,584 Un meniño non me vai a… 162 00:13:26,209 --> 00:13:27,459 Caramba. 163 00:13:30,876 --> 00:13:34,543 - Son o rei dos piratas, fillo de… - Billy! 164 00:13:34,626 --> 00:13:35,459 Billy! 165 00:14:35,918 --> 00:14:37,918 Gardaches as miñas estrelas. 166 00:14:41,126 --> 00:14:45,626 A Raíña da Montaña arrebatoulle as estrelas ao ceo nocturno. 167 00:14:45,709 --> 00:14:49,584 Converteunas en ouro e bautizounas… 168 00:14:49,668 --> 00:14:52,334 As Estrelas Xemelgas Enfeitizadas. 169 00:14:56,251 --> 00:14:59,168 Mentres estas estrelas estean xuntas, 170 00:14:59,251 --> 00:15:01,334 xamais nos separaremos. 171 00:15:37,709 --> 00:15:40,168 Teño o teu recordo. 172 00:15:41,543 --> 00:15:44,126 Ou tenme el a min? 173 00:15:45,334 --> 00:15:48,334 Non o sei. 174 00:16:01,459 --> 00:16:02,459 Ollie. 175 00:16:05,876 --> 00:16:07,209 Sei que estás aí. 176 00:16:16,168 --> 00:16:17,001 Ola. 177 00:16:18,793 --> 00:16:19,668 Ola. 178 00:16:22,418 --> 00:16:25,501 Este camisón reálzame os ollos, non cres? 179 00:16:27,418 --> 00:16:30,584 Dálles un efecto afumado. 180 00:16:32,376 --> 00:16:34,334 Elegancia de hospital. 181 00:16:41,126 --> 00:16:43,334 Dásme un pouco de auga? 182 00:16:44,126 --> 00:16:45,334 Só un groliño. 183 00:17:00,668 --> 00:17:01,918 Grazas, parrulo. 184 00:17:02,001 --> 00:17:04,251 Oxalá fose algo máis forte. 185 00:17:07,709 --> 00:17:09,043 Debías descansar. 186 00:17:16,418 --> 00:17:18,793 Sabes canto te quere o meu fillo? 187 00:17:19,584 --> 00:17:20,709 E nós. 188 00:17:24,584 --> 00:17:25,834 Estou preocupada. 189 00:17:27,418 --> 00:17:30,626 Non sei que será deles cando falte. 190 00:17:33,459 --> 00:17:35,418 Non quero que se afundan. 191 00:17:39,501 --> 00:17:41,668 Estano pasando mal. 192 00:17:43,543 --> 00:17:46,959 E ningún deles sabe como lidar con todo isto. 193 00:17:48,459 --> 00:17:50,334 Sobre todo o pai de Billy. 194 00:17:54,751 --> 00:17:56,251 Jimmy é un bo home. 195 00:17:59,626 --> 00:18:01,293 Mais preocúpame que… 196 00:18:01,793 --> 00:18:03,126 Hai un problema. 197 00:18:03,918 --> 00:18:05,793 Gárdao todo para el. 198 00:18:07,501 --> 00:18:10,793 Os nenos teñen que se sentir queridos, 199 00:18:11,293 --> 00:18:14,293 e ás veces iso aos pais non se lles dá ben. 200 00:18:17,459 --> 00:18:18,918 Escoita. 201 00:18:19,001 --> 00:18:21,501 Quero que fagas algo por min. 202 00:18:22,001 --> 00:18:23,918 Pasar unha mensaxe. 203 00:18:25,834 --> 00:18:27,543 Para axudalos cando falte. 204 00:18:33,168 --> 00:18:34,876 Esa é a túa misión. 205 00:18:35,751 --> 00:18:37,293 Farías iso por min? 206 00:19:06,168 --> 00:19:07,918 Todo o que fixemos. 207 00:19:08,793 --> 00:19:11,251 E todo o que esperamos facer. 208 00:19:14,834 --> 00:19:17,251 Necesítote tanto 209 00:19:18,501 --> 00:19:20,251 que podería morrer. 210 00:19:21,209 --> 00:19:25,084 Quérote moito. 211 00:19:25,709 --> 00:19:28,376 Por iso, 212 00:19:28,459 --> 00:19:32,376 cando quero estar contigo, 213 00:19:32,459 --> 00:19:35,334 o único que teño que facer 214 00:19:36,168 --> 00:19:39,209 é soñar. 215 00:19:39,876 --> 00:19:43,084 Soñar. 216 00:19:44,626 --> 00:19:47,584 Soñar. 217 00:19:48,334 --> 00:19:50,293 Soñar. 218 00:19:54,209 --> 00:19:56,709 Quero que fagas algo por min. 219 00:20:01,209 --> 00:20:03,084 Esa é a túa misión. 220 00:20:09,668 --> 00:20:11,001 Tranquilo, Billy. 221 00:20:11,668 --> 00:20:13,043 Vou para a casa. 222 00:21:34,876 --> 00:21:36,793 Busqueite toda a noite. 223 00:21:40,543 --> 00:21:42,959 Marchaches sen me avisar. 224 00:21:45,543 --> 00:21:47,251 Percorriches a cidade. 225 00:21:51,209 --> 00:21:54,126 Estragaches o traxe, puxeches letreiros… 226 00:21:56,251 --> 00:21:57,668 coma un lunático… 227 00:22:01,001 --> 00:22:03,334 para atopar o maldito coello. 228 00:22:07,084 --> 00:22:09,459 E despois atópote nun bar… 229 00:22:10,876 --> 00:22:13,626 a punto de zurrarlle a outro rapaz. 230 00:22:22,834 --> 00:22:24,543 Un gran día, non si? 231 00:22:48,251 --> 00:22:51,543 E agora que imos facer? 232 00:22:55,584 --> 00:22:59,043 Entrar nesta casa grande e baleira, mais… 233 00:23:04,459 --> 00:23:06,376 non vou poder facelo só. 234 00:23:08,584 --> 00:23:11,334 - Sinto non ser máis maduro. - Veña. 235 00:23:11,418 --> 00:23:14,168 Gustaríame ser tan forte coma ti. 236 00:23:14,918 --> 00:23:15,751 Billy. 237 00:23:21,834 --> 00:23:23,168 Escoita. 238 00:23:26,084 --> 00:23:28,751 Es moito máis forte ca min. 239 00:23:33,626 --> 00:23:36,459 Iso non quere dicir que non poidas chorar. 240 00:23:51,001 --> 00:23:53,376 Deixámoslle unha luz a Ollie? 241 00:23:55,793 --> 00:23:56,751 Paréceche? 242 00:24:01,918 --> 00:24:02,959 Veña. 243 00:24:09,293 --> 00:24:10,418 Hai que entrar. 244 00:24:58,626 --> 00:24:59,543 Billy! 245 00:25:00,584 --> 00:25:02,209 Billy, estou na casa! 246 00:25:10,126 --> 00:25:11,293 Non. 247 00:25:12,501 --> 00:25:13,334 Non. 248 00:25:17,459 --> 00:25:18,543 Marcharon. 249 00:25:23,626 --> 00:25:24,876 Cheguei tarde. 250 00:25:27,126 --> 00:25:28,251 Cheguei tarde. 251 00:25:59,543 --> 00:26:01,418 Inclínese ante o seu rei. 252 00:26:01,501 --> 00:26:03,334 - En serio? - Que dixen? 253 00:26:03,418 --> 00:26:04,376 Veña. Fágao. 254 00:26:04,459 --> 00:26:05,543 Baile comigo. 255 00:26:08,543 --> 00:26:11,501 Canto tempo haberá? 256 00:26:13,168 --> 00:26:16,084 O Coello Fero lánzase ao foxo de lama. 257 00:26:16,168 --> 00:26:17,459 Aí está o aro! 258 00:26:17,543 --> 00:26:20,043 E bate o seu récord! 259 00:26:20,126 --> 00:26:22,793 O público tolea! 260 00:26:30,043 --> 00:26:33,709 Preparado para unha misión perigosa, meu amigo? 261 00:26:57,834 --> 00:26:59,334 Que facemos co medo? 262 00:26:59,418 --> 00:27:01,126 - Mark Twain? - Moi ben. 263 00:27:01,209 --> 00:27:04,376 Pensamos nas estrelas, cantamos a nosa canción 264 00:27:04,459 --> 00:27:06,584 e viaxamos no Mark Twain. 265 00:27:18,168 --> 00:27:20,918 Non me esquezas nunca. Oíches? 266 00:27:21,501 --> 00:27:22,459 Nunca. 267 00:27:41,001 --> 00:27:45,334 VICHES O MEU MELLOR AMIGO OLLIE? 268 00:27:46,251 --> 00:27:47,543 Buscoume. 269 00:27:58,793 --> 00:27:59,709 Perdoa. 270 00:28:01,709 --> 00:28:02,668 Equivoqueime. 271 00:28:07,501 --> 00:28:08,668 Con todo. 272 00:28:21,834 --> 00:28:22,959 Que foi? 273 00:28:23,459 --> 00:28:26,126 Nós non nos parecemos. 274 00:28:30,126 --> 00:28:31,834 Paréceste ti a Ollie? 275 00:28:32,543 --> 00:28:33,668 É un coello. 276 00:28:33,751 --> 00:28:35,793 E quérelo igual, non si? 277 00:28:35,876 --> 00:28:37,168 Quéroo moitísimo. 278 00:28:40,459 --> 00:28:42,084 Sabes de onde veu Ollie? 279 00:28:42,584 --> 00:28:43,543 Non? 280 00:28:44,668 --> 00:28:46,043 Cando eras pequeno, 281 00:28:47,709 --> 00:28:48,959 estabas só. 282 00:28:49,751 --> 00:28:52,251 Necesitabas a mamá e papá, 283 00:28:52,918 --> 00:28:57,459 mais pensei que igual tamén a alguén máis, alguén especial. 284 00:28:58,876 --> 00:29:02,751 Collín unha das camisas de papá. A que fedía, sabes? 285 00:29:03,251 --> 00:29:07,959 E fíxenlle a orella dereita. Cun vestido meu, a outra orella. 286 00:29:08,501 --> 00:29:11,751 Fun engadindo cousas. 287 00:29:12,709 --> 00:29:15,959 Como por encanto, apareceron brazos, patas 288 00:29:16,751 --> 00:29:17,876 e a cara. 289 00:29:17,959 --> 00:29:19,584 Faltáballe o corazón. 290 00:29:21,418 --> 00:29:25,251 Ese axóuxere é da mellor amiga que tiven no mundo. 291 00:29:26,126 --> 00:29:29,251 - Tiñas unha amiguiña? - Tiña! 292 00:29:29,793 --> 00:29:34,001 Unha princesa bailarina da terra remota de Bali Hai. 293 00:29:34,751 --> 00:29:36,918 E tampouco nos pareciamos. 294 00:29:37,584 --> 00:29:40,043 Chamábase Nina e queríaa moito. 295 00:29:42,793 --> 00:29:44,834 Rompeume hai moito tempo. 296 00:29:45,626 --> 00:29:48,293 Mais unha parte dela vive en Ollie. 297 00:29:48,376 --> 00:29:51,168 Para sempre. É un recordo que nunca morrerá. 298 00:29:51,251 --> 00:29:52,126 Coma Ollie. 299 00:29:52,668 --> 00:29:54,334 Ollie somos nós. 300 00:29:55,418 --> 00:29:57,459 Os nosos recordos xuntos. 301 00:29:58,334 --> 00:29:59,251 De verdade? 302 00:29:59,334 --> 00:30:00,793 De verdade da boa. 303 00:30:01,751 --> 00:30:04,501 Nina era miña, Ollie é teu 304 00:30:04,584 --> 00:30:07,834 e ti es meu. 305 00:30:08,543 --> 00:30:09,626 Mira para min. 306 00:30:10,501 --> 00:30:13,876 Es a miña vida, para sempre, vale? 307 00:30:13,959 --> 00:30:14,834 Vale. 308 00:30:14,918 --> 00:30:16,418 - Quérote. - E eu a ti. 309 00:30:16,501 --> 00:30:17,501 Unha aperta. 310 00:30:35,168 --> 00:30:36,543 Nina. 311 00:30:43,251 --> 00:30:44,834 Que lle fixeches? 312 00:30:46,459 --> 00:30:48,501 Que lle fixeches á miña Nina? 313 00:30:48,584 --> 00:30:50,501 Non lle fixen nada! 314 00:30:50,584 --> 00:30:51,709 Volve aquí! 315 00:31:04,209 --> 00:31:06,626 Mentíchesme todo o tempo! 316 00:31:06,709 --> 00:31:08,084 Tiñas celos? 317 00:31:08,793 --> 00:31:12,251 - Rompéstela Billy e ti por diversión? - Non! 318 00:31:12,334 --> 00:31:14,209 Quitácheslle o axóuxere! 319 00:31:18,209 --> 00:31:19,168 Non! 320 00:31:21,168 --> 00:31:26,293 - Que lle fixeches a Nina? - Non lle fixen nada! 321 00:31:26,834 --> 00:31:28,543 Rompeu ela soa! 322 00:31:29,043 --> 00:31:33,418 Queríana moito, mais acabou rompendo! 323 00:31:48,751 --> 00:31:51,126 A nai de Billy non a podía esquecer. 324 00:31:51,209 --> 00:31:57,084 Por iso deixou unha parte dela dentro de min. 325 00:31:58,501 --> 00:32:00,668 Nina! 326 00:32:06,376 --> 00:32:07,793 Sei como te sentes. 327 00:32:09,209 --> 00:32:12,001 Doe moitísimo. 328 00:32:13,793 --> 00:32:15,043 E non pasa nada. 329 00:32:16,668 --> 00:32:18,376 Non é malo sentir dor. 330 00:32:26,376 --> 00:32:27,251 Cólleo. 331 00:32:27,959 --> 00:32:31,043 Se o precisas para sentirte mellor, 332 00:32:33,168 --> 00:32:34,501 queda con el. 333 00:32:47,418 --> 00:32:50,793 Tiven moita sorte de te coñecer. 334 00:33:25,543 --> 00:33:26,668 Conseguíchelo. 335 00:33:29,293 --> 00:33:30,376 Estás na casa. 336 00:34:58,543 --> 00:34:59,751 É incrible. 337 00:36:45,668 --> 00:36:47,168 Teño algo para ti. 338 00:36:48,418 --> 00:36:49,376 Papá! 339 00:36:52,501 --> 00:36:53,584 Ollie? 340 00:36:57,293 --> 00:36:58,793 Xa o coñeces? 341 00:37:00,293 --> 00:37:01,793 Claro que si. 342 00:37:02,584 --> 00:37:05,793 Estabas destinado a vir á miña casa. 343 00:37:08,709 --> 00:37:11,209 Ollie era o meu mellor amigo. 344 00:37:11,293 --> 00:37:12,959 Fixéramo a miña nai. 345 00:37:14,168 --> 00:37:16,959 Perdino hai moito tempo, mais… 346 00:37:18,168 --> 00:37:20,459 Conseguiu volver a casa. 347 00:37:21,168 --> 00:37:22,543 E agora é teu. 348 00:37:29,709 --> 00:37:31,043 Mira o meu mural. 349 00:37:31,126 --> 00:37:32,543 Axudoume papá. 350 00:37:32,626 --> 00:37:35,751 El fixera un coa súa nai cando era pequeno. 351 00:37:35,834 --> 00:37:38,251 Ten os meus sitios preferidos. 352 00:37:38,334 --> 00:37:40,084 A casa do avó Jimmy, 353 00:37:40,168 --> 00:37:44,793 o Pazo dos Pancakes ao que vou os domingos e a horta de ravos. 354 00:37:44,876 --> 00:37:49,293 Encántame a horta. Agora podemos xogar como che dixera. 355 00:37:57,168 --> 00:37:59,501 Cando estou triste 356 00:37:59,584 --> 00:38:03,876 pola noite e necesito 357 00:38:03,959 --> 00:38:05,584 que me abraces forte. 358 00:38:05,668 --> 00:38:07,918 Cando te necesito, 359 00:38:08,001 --> 00:38:12,084 só teño que soñar. 360 00:38:12,168 --> 00:38:14,334 Soñar. 361 00:38:14,418 --> 00:38:16,001 Soñar. 362 00:38:16,793 --> 00:38:19,418 Ollie quere que che diga algo. 363 00:38:19,501 --> 00:38:21,084 De parte da túa nai. 364 00:38:26,959 --> 00:38:27,834 Escoita. 365 00:38:28,334 --> 00:38:30,584 Quero que fagas algo por min. 366 00:38:31,459 --> 00:38:33,376 Pasar unha mensaxe. 367 00:38:34,043 --> 00:38:34,876 Si. 368 00:38:35,626 --> 00:38:36,668 Voullo dicir. 369 00:38:37,418 --> 00:38:42,418 A túa nai quería que soubeses que se pode estar triste… 370 00:38:42,501 --> 00:38:44,084 Mais sen angustiarse. 371 00:38:45,709 --> 00:38:48,751 E enfadarvos, mais non o un co outro. 372 00:38:51,001 --> 00:38:53,001 E aínda que perdades a alguén, 373 00:38:54,001 --> 00:38:55,251 seguirá estando aí. 374 00:39:33,668 --> 00:39:36,543 Mentres estas estrelas estean xuntas, 375 00:39:36,626 --> 00:39:38,584 xamais nos separaremos. 376 00:39:52,418 --> 00:39:53,501 Imos xogar? 377 00:40:08,584 --> 00:40:11,209 - Billy? - Que foi? 378 00:40:15,543 --> 00:40:17,418 Non me esquezas nunca. 379 00:40:20,126 --> 00:40:21,043 Oíches? 380 00:40:24,459 --> 00:40:25,709 Pase o que pase. 381 00:40:30,959 --> 00:40:31,918 Nunca. 382 00:41:15,126 --> 00:41:22,126 FIN 383 00:42:41,543 --> 00:42:43,459 Subtítulos: Lorena Pereiras