1 00:00:16,683 --> 00:00:19,352 William Faulkner dixo: "O pasado nunca morre. 2 00:00:20,145 --> 00:00:21,938 Nin sequera é pasado." 3 00:00:22,731 --> 00:00:25,025 De feito, aínda está pasando. 4 00:00:26,317 --> 00:00:29,029 Se o obxectivo de Isaac é salvar a irmá, 5 00:00:30,613 --> 00:00:32,281 por que secuestra a Pugsley? 6 00:00:32,282 --> 00:00:33,991 Veña, separádevos. 7 00:00:33,992 --> 00:00:35,909 - Vós, por aí. - Pugsley! 8 00:00:35,910 --> 00:00:39,873 Para que quere un xenio comecerebros o descerebrado de meu irmán? 9 00:00:43,209 --> 00:00:44,252 Nin rastro. 10 00:00:45,211 --> 00:00:47,087 Saben por que o ían secuestrar? 11 00:00:47,088 --> 00:00:48,839 É un misterio, shériff. 12 00:00:48,840 --> 00:00:51,842 Hai alguén que teña algo en contra da súa familia? 13 00:00:51,843 --> 00:00:53,510 Pode ser por vinganza? 14 00:00:53,511 --> 00:00:56,139 Estanos culpando do secuestro do noso fillo? 15 00:00:57,057 --> 00:00:59,016 Seguiremos buscando toda a noite. 16 00:00:59,017 --> 00:01:02,102 Os pais que estaban na gala xa levaron os fillos. 17 00:01:02,103 --> 00:01:06,107 O resto do alumnado fará as maletas e irá para a casa mañá á tarde. 18 00:01:07,233 --> 00:01:09,152 Síntoo. Facemos o que podemos. 19 00:01:09,903 --> 00:01:10,778 {\an8}CABANA ROTWOOD 20 00:01:10,779 --> 00:01:14,031 Mandei a teu pai e a Lurch cos equipos de busca. 21 00:01:14,032 --> 00:01:16,700 Non o van atopar. Isaac é listo de máis. 22 00:01:16,701 --> 00:01:20,704 Tedes que traballar xuntas e unir os vosos dons para localizalo. 23 00:01:20,705 --> 00:01:26,795 Ela é unha pomba, non ve a malevolencia. E o meu don está ausente sen permiso. 24 00:01:27,670 --> 00:01:31,465 Por iso tedes que recorrer ao outro corvo da familia. 25 00:01:31,466 --> 00:01:32,466 Miña nai? 26 00:01:32,467 --> 00:01:35,345 Esta é unha situación desesperada. 27 00:01:44,229 --> 00:01:47,815 Mamá, agradézoche que volveses así tan de repente. 28 00:01:47,816 --> 00:01:50,734 Por que ía secuestrar ninguén a Pugsley? 29 00:01:50,735 --> 00:01:52,945 Non é por soltar inxurias, 30 00:01:52,946 --> 00:01:55,656 pero sei de cadáveres que valen máis ca el. 31 00:01:55,657 --> 00:01:57,951 O secuestrador non quere un rescate. 32 00:01:58,451 --> 00:02:01,913 É o peón para manternos lonxe ou a trampa para atraernos. 33 00:02:03,414 --> 00:02:06,918 Cantos recordos marabillosos nesta sala. 34 00:02:07,418 --> 00:02:10,212 Aínda oio os alaridos de terror dos compañeiros 35 00:02:10,213 --> 00:02:13,216 na clase de Posesión Avanzada con Rotwood. 36 00:02:14,592 --> 00:02:16,052 Eran uns cagainas. 37 00:02:23,810 --> 00:02:25,812 Cómpre unha conexión física real. 38 00:02:33,778 --> 00:02:37,281 Debemos liberar a mente dos agravios do pasado. 39 00:02:37,282 --> 00:02:40,534 Os meus son coma o viño bo: melloran co tempo. 40 00:02:40,535 --> 00:02:41,619 Os meus tamén. 41 00:02:45,456 --> 00:02:47,833 Pombas e corvos unidos arden, 42 00:02:47,834 --> 00:02:51,462 con ás escuras e mirada penetrante. 43 00:02:52,005 --> 00:02:54,923 Guiádenos á verdade a través da noite e o amencer 44 00:02:54,924 --> 00:02:57,968 e permitídenos a esta encomenda ligar o noso poder. 45 00:02:57,969 --> 00:03:01,597 Non vin para nos collermos das mans. Canto imos tardar? 46 00:03:01,598 --> 00:03:03,932 Mamá! Por unha vez, cala un pouco. 47 00:03:03,933 --> 00:03:05,977 Queremos atopar a Pugsley. 48 00:03:07,103 --> 00:03:08,104 Sinto algo. 49 00:03:08,688 --> 00:03:10,607 - Eu tamén. - Nótalo, Mércores? 50 00:03:20,992 --> 00:03:22,118 Apura, Gomez! 51 00:03:24,412 --> 00:03:26,623 Ninguén saberá que estivemos aquí. 52 00:03:32,629 --> 00:03:34,005 ACADEMIA NUNCA MÁIS 53 00:04:39,320 --> 00:04:43,825 Vinte a ti e a padre enterrar a Isaac na Árbore Caveira cando erades alumnos. 54 00:04:45,827 --> 00:04:48,830 Se queres liberarte do peso da verdade, é o momento. 55 00:04:54,168 --> 00:04:55,794 Xa perdín tempo de máis. 56 00:04:55,795 --> 00:04:58,005 A noite do accidente de Isaac, 57 00:04:58,006 --> 00:04:59,465 teu pai e eu 58 00:05:00,258 --> 00:05:02,093 estabamos no seu laboratorio 59 00:05:03,261 --> 00:05:04,512 na Torre Iago. 60 00:05:07,682 --> 00:05:11,936 Isaac estaba seguro de que a súa máquina curaría para sempre a Francoise, 61 00:05:12,437 --> 00:05:15,481 para non vivir co medo de transformarse en Hyde. 62 00:05:16,607 --> 00:05:21,237 Pero a máquina gastaba moitísima enerxía. 63 00:05:22,405 --> 00:05:25,950 E, para conseguila, Isaac recorreu ao seu mellor amigo. 64 00:05:26,534 --> 00:05:27,368 Padre. 65 00:05:31,497 --> 00:05:34,000 Con que ía contribuír Gomez? 66 00:05:34,876 --> 00:05:39,255 Daquela, Gomez era igual de electrizante que Pugsley. 67 00:05:40,256 --> 00:05:43,885 E Gomez prestárase encantado a axudar ao seu amigo. 68 00:05:44,469 --> 00:05:46,304 Pero Isaac enganouno. 69 00:05:48,097 --> 00:05:50,183 Necesitaba máis ca unha chispa. 70 00:05:53,936 --> 00:05:55,312 Sen Francoise sabelo, 71 00:05:55,313 --> 00:05:59,275 Isaac estaba disposto a sacrificar a vida de teu pai para salvala. 72 00:05:59,901 --> 00:06:02,402 Mesmo cavara a tumba de teu pai 73 00:06:02,403 --> 00:06:04,781 baixo a Árbore Caveira de antemán. 74 00:06:16,584 --> 00:06:18,251 Cando cheguei eu, 75 00:06:18,252 --> 00:06:21,297 o meu querido Gomez estaba case morto. 76 00:06:22,006 --> 00:06:26,594 A miña sabotaxe fixo que a máquina se descontrolase. 77 00:06:36,229 --> 00:06:39,607 Francoise sobreviviu á explosión, pero Isaac non. 78 00:06:40,441 --> 00:06:41,818 E a teu pai... 79 00:06:42,318 --> 00:06:46,531 a experiencia despoxouno para sempre do seu don de marxinado. 80 00:06:50,743 --> 00:06:53,829 - Por que ocultalo? - Augustus Stonehurst ameazounos. 81 00:06:53,830 --> 00:06:56,039 Nós sabiamos do laboratorio secreto. 82 00:06:56,040 --> 00:06:58,875 Se diciamos algo, acusaríanos de asasinato. 83 00:06:58,876 --> 00:07:00,086 Apura, Gomez! 84 00:07:01,587 --> 00:07:04,006 Ninguén saberá que estivemos aquí. 85 00:07:04,507 --> 00:07:07,343 Enterrástelo na tumba que el cavara para papá. 86 00:07:11,931 --> 00:07:12,932 Si. 87 00:07:13,641 --> 00:07:17,394 Isaac quere volver intentalo. Con Pugsley como fonte de enerxía. 88 00:07:17,395 --> 00:07:20,189 A lápida dos Addams que vin na miña premonición 89 00:07:20,731 --> 00:07:22,483 debía ter o nome de Pugsley. 90 00:07:24,402 --> 00:07:29,114 Mellor que ti e Cousa vaiades coa avoa ata que apareza Pugsley. 91 00:07:29,115 --> 00:07:31,993 Por unha vez, túa nai e eu estamos de acordo. 92 00:07:32,577 --> 00:07:36,038 Estes pecados son nosos, Mércores. Afrontarémolos nós. 93 00:07:37,707 --> 00:07:40,710 - Non te volverei pór en perigo. - Demasiado tarde. 94 00:07:59,604 --> 00:08:00,605 Síntoo. 95 00:08:01,814 --> 00:08:03,357 Mereces algo mellor. 96 00:08:06,277 --> 00:08:08,487 Non sabía que nos volviamos falar. 97 00:08:08,488 --> 00:08:10,114 Levoume un tempiño. 98 00:08:11,157 --> 00:08:12,783 Pero quero ser o teu amigo. 99 00:08:14,535 --> 00:08:16,120 Se che parece ben. 100 00:08:18,498 --> 00:08:19,957 Gustaríame moito. 101 00:08:21,876 --> 00:08:23,127 E ese cambio de idea? 102 00:08:25,922 --> 00:08:28,257 Agora entendo que non cortamos por min. 103 00:08:29,258 --> 00:08:31,469 Non é culpa de ninguén que cambiases. 104 00:08:32,053 --> 00:08:35,640 Así que podo cabrearme ou aceptalo e tirar para adiante. 105 00:08:37,975 --> 00:08:39,393 Díxomo Bianca. 106 00:08:40,686 --> 00:08:42,313 Sabe ser moi persuasiva. 107 00:09:00,998 --> 00:09:04,668 Dime que se acabaron os lobos mentireiros e as gorgonas beta. 108 00:09:04,669 --> 00:09:06,753 Téñoche a lista de posibles mozos, 109 00:09:06,754 --> 00:09:10,298 sacados de perfís compatibles das redes sociais. 110 00:09:10,299 --> 00:09:14,678 Cando a lista se reduza, podo facerlles unha visita invisible, 111 00:09:14,679 --> 00:09:17,014 a ver que omitiron na súa bio. 112 00:09:18,266 --> 00:09:19,976 Agradézoche a axuda, 113 00:09:20,476 --> 00:09:24,104 pero creo que vou seguir o exemplo de Mércores Addams 114 00:09:24,105 --> 00:09:25,648 e aparcar os amoríos. 115 00:09:29,902 --> 00:09:31,779 Non é moi divertido 116 00:09:32,280 --> 00:09:34,824 que te aten e te traten coma a unha mascota... 117 00:09:36,325 --> 00:09:37,285 non? 118 00:09:37,785 --> 00:09:39,494 Sándwich de carne misteriosa! 119 00:09:39,495 --> 00:09:41,122 O teu favorito! 120 00:09:43,124 --> 00:09:44,165 Garda a enerxía. 121 00:09:44,166 --> 00:09:45,293 Vala necesitar. 122 00:09:48,546 --> 00:09:50,965 Quen me dera saír polo menos nunha foto. 123 00:09:53,718 --> 00:09:57,346 Nunca entendín o teu desexo de levar unha vida normi. 124 00:09:59,098 --> 00:10:03,269 Pero, sabendo o que che fixo Stonehurst naquel laboratorio... 125 00:10:06,272 --> 00:10:08,899 Ningún de nós tivemos o final que mereciamos. 126 00:10:10,776 --> 00:10:12,486 Iso vai cambiar hoxe á noite. 127 00:10:16,782 --> 00:10:19,743 Prométeme que, pase o que pase, 128 00:10:19,744 --> 00:10:20,911 valo facer. 129 00:10:21,537 --> 00:10:22,788 O que falamos. 130 00:10:25,082 --> 00:10:26,459 Necesito a túa palabra. 131 00:10:32,173 --> 00:10:35,759 Deixei pegadas de Hyde a uns 30 km e o disfrace de Pugsley. 132 00:10:35,760 --> 00:10:38,345 E dei un aviso anónimo, como me mandastes. 133 00:10:38,346 --> 00:10:39,555 Ben. 134 00:10:40,431 --> 00:10:42,516 Iso despistará a policía. 135 00:10:43,017 --> 00:10:47,854 Agora toca atraer a túa ex ao taboleiro de xogo. 136 00:10:47,855 --> 00:10:49,898 Mércores descubrirá a trampa. 137 00:10:49,899 --> 00:10:53,568 Un Addams... nunca sacrificaría un dos seus. 138 00:10:53,569 --> 00:10:55,029 Nin sequera un peón. 139 00:10:56,072 --> 00:10:58,366 E esa debilidade emocional 140 00:10:59,283 --> 00:11:01,035 será o noso xaque mate. 141 00:11:02,662 --> 00:11:03,912 Hai novas de Pugsley? 142 00:11:03,913 --> 00:11:06,206 Segue desaparecido. Pero está vivo. 143 00:11:06,207 --> 00:11:08,416 Isaac está decidido a salvar a irmá. 144 00:11:08,417 --> 00:11:11,628 Sei que precisa a Pugsley. Hai que saber cando e onde. 145 00:11:11,629 --> 00:11:13,755 Merda. Está aquí. 146 00:11:13,756 --> 00:11:14,757 Quen? 147 00:11:15,716 --> 00:11:16,550 Isaac? 148 00:11:17,134 --> 00:11:18,802 Non. Meu pai. 149 00:11:18,803 --> 00:11:21,888 Normalmente manda algún axudante a recollerme. 150 00:11:21,889 --> 00:11:23,723 Non podía vir túa nai? 151 00:11:23,724 --> 00:11:26,852 Está ocupada co seu marido e o seu bebé normis. 152 00:11:27,436 --> 00:11:31,523 Eu fun o erro que os mantivo xuntos máis alá da data de caducidade. 153 00:11:31,524 --> 00:11:34,150 A pólvora, a penicilina e o poldro de tortura. 154 00:11:34,151 --> 00:11:35,528 Todos erros. 155 00:11:36,987 --> 00:11:39,948 Só quero dicir que me encanta o que temos. 156 00:11:39,949 --> 00:11:42,450 - Somos coma as tres mosqueteiras. - Ollo. 157 00:11:42,451 --> 00:11:43,577 Agnes! 158 00:11:44,286 --> 00:11:46,122 Adeus. Ata o curso que vén. 159 00:11:47,331 --> 00:11:49,916 Eu axudaba, pero teño que volver ás gaiolas. 160 00:11:49,917 --> 00:11:53,378 Capri leume a cartilla: encerrarme cedo e manter a calma. 161 00:11:53,379 --> 00:11:56,256 Teño a app de meditación, a miña música favorita 162 00:11:56,257 --> 00:11:58,718 e unha dose extra de prata coloidal. 163 00:11:59,927 --> 00:12:01,595 Que podería saír mal? Non? 164 00:12:02,388 --> 00:12:04,515 Vou á primeira hora para abrirche. 165 00:12:05,975 --> 00:12:07,017 Prometido? 166 00:12:11,272 --> 00:12:13,356 Ti. A espertar os mortos outra vez. 167 00:12:13,357 --> 00:12:15,358 Cando volven voar as avelaíñas? 168 00:12:15,359 --> 00:12:17,694 Por desgraza, estas xa van quedar aí. 169 00:12:17,695 --> 00:12:20,823 Estas avelaíñas teñen un ciclo vital de 36 horas. 170 00:12:23,075 --> 00:12:26,536 Síntoo moito. Pugsley quería ser amigo meu e pasei del. 171 00:12:26,537 --> 00:12:30,832 Se me portase mellor, igual non acababa de amigo dun zombi. 172 00:12:30,833 --> 00:12:34,794 Son eu a garda de meu irmán. Debín engaiolalo para protexelo. 173 00:12:34,795 --> 00:12:38,131 Ía ao alboio dos zoadores a poñer as abellas a hibernar. 174 00:12:38,132 --> 00:12:39,467 Queres vir...? 175 00:13:02,114 --> 00:13:05,784 Mércores, ía á de teus pais. Atoparon o disfrace de Pugsley. 176 00:13:05,785 --> 00:13:08,578 Vou reactivar a busca de Jericho a Burlington. 177 00:13:08,579 --> 00:13:10,456 Soa a trampa para distraelos. 178 00:13:11,123 --> 00:13:13,459 Eu sigo probas, non intuicións. 179 00:13:14,835 --> 00:13:17,213 Por fin recupero o meu despacho! 180 00:13:18,422 --> 00:13:22,425 A estrondosa caída de Dort validou o meu legado. 181 00:13:22,426 --> 00:13:26,429 O consello escolar mirará cara á era de Weems con agarimo. 182 00:13:26,430 --> 00:13:29,850 Claramente, Nunca Máis precisa unha man firme ao temón. 183 00:13:30,351 --> 00:13:33,186 Unha líder cun carácter moral impecable. 184 00:13:33,187 --> 00:13:36,357 Encubriches o asasinato de Rowan e a existencia do Hyde. 185 00:13:36,941 --> 00:13:38,400 Cometéronse erros. 186 00:13:39,151 --> 00:13:41,153 Pero todo iso é auga pasada. 187 00:13:46,033 --> 00:13:47,325 Fun ao alboio. 188 00:13:47,326 --> 00:13:51,037 Apareceu Slurp, pero agora é humano. Mandoume darche isto. 189 00:13:51,038 --> 00:13:53,123 Se lle digo algo a alguén máis, 190 00:13:53,624 --> 00:13:54,500 virá por min. 191 00:13:55,084 --> 00:13:56,459 Mércores, teño medo. 192 00:13:56,460 --> 00:13:58,629 Volve ao teu cuarto. Pecha a porta. 193 00:13:59,129 --> 00:14:00,005 Xa! 194 00:14:05,427 --> 00:14:07,638 MEDIANOITE 195 00:14:22,862 --> 00:14:25,406 Isaac cre que me pode atraer para rematarme. 196 00:14:30,703 --> 00:14:32,162 Cando o teñas a tiro... 197 00:14:34,790 --> 00:14:37,167 crávalle a frecha neses miolos de zombi. 198 00:14:49,972 --> 00:14:55,476 Tyler avisoume do formidable que es. E agora presenciei os estragos que causas. 199 00:14:55,477 --> 00:14:58,939 Entrégamo, arrástrate ao burato e desta vez queda morto. 200 00:14:59,440 --> 00:15:02,276 - Sei o que lle fixeches a meu pai. - Morrín eu! 201 00:15:02,860 --> 00:15:05,404 Grazas a el e á túa querida nai. 202 00:15:05,905 --> 00:15:10,783 Por que non deixas que pague teu irmán polos erros deles e quedamos a pre? 203 00:15:10,784 --> 00:15:12,202 Non tes a máquina. 204 00:15:12,870 --> 00:15:16,456 Reconstruír Willow Hill e a Torre Iago levaría meses. 205 00:15:16,457 --> 00:15:19,251 Para cando acabases, sería tarde para túa irmá. 206 00:15:25,090 --> 00:15:26,090 Aplaudo o esforzo. 207 00:15:26,091 --> 00:15:29,970 Ti dásme conversa mentres a túa fiel man dereita dispara. 208 00:15:34,308 --> 00:15:35,309 Collinte. 209 00:15:41,231 --> 00:15:43,192 Só que nunca foi túa. 210 00:15:44,318 --> 00:15:45,194 É miña. 211 00:15:46,779 --> 00:15:49,823 Resulta que teus pais non me mataron de todo. 212 00:16:04,630 --> 00:16:06,632 COUSA 213 00:16:07,925 --> 00:16:08,967 Que enxeñoso. 214 00:16:08,968 --> 00:16:10,176 Imaxina a sorpresa 215 00:16:10,177 --> 00:16:13,639 ao ver a miña man dereita andando por Willow Hill sen min. 216 00:16:14,139 --> 00:16:15,599 E un DaVinci 217 00:16:16,433 --> 00:16:18,644 non é nada sen a man dereita. 218 00:16:21,814 --> 00:16:24,566 Túa nai cortouma. 219 00:16:29,154 --> 00:16:33,784 E por iso a miña máquina perdeu o control e estoupou. 220 00:16:34,368 --> 00:16:38,121 Dalgún xeito, a subida de tensión debeulle dar vida á miña man. 221 00:16:38,122 --> 00:16:40,374 No teu caso, a parte supera o todo. 222 00:17:16,660 --> 00:17:18,412 Agora estou completo. 223 00:17:25,669 --> 00:17:27,379 A familia Addams 224 00:17:27,880 --> 00:17:30,382 acaba esta noite. 225 00:17:32,551 --> 00:17:34,136 Empezando por ti. 226 00:18:03,373 --> 00:18:04,957 Quedamos na Torre Iago. 227 00:18:04,958 --> 00:18:08,629 A túa patética vida por fin vai ter un propósito. 228 00:18:38,867 --> 00:18:41,745 Por fin podemos arranxar a nosa familia. 229 00:18:42,246 --> 00:18:43,288 Ola! 230 00:18:45,582 --> 00:18:46,583 Vamos. 231 00:18:49,878 --> 00:18:53,214 Inspira fondo e expira amodiño. 232 00:18:53,215 --> 00:18:55,424 Visualiza o lobo que levas dentro. 233 00:18:55,425 --> 00:18:57,511 Un espírito poderoso, pero tenro. 234 00:18:58,011 --> 00:19:00,721 Sé consciente de que hoxe toca tranquilidade... 235 00:19:00,722 --> 00:19:02,056 Enid! Necesítote. 236 00:19:02,057 --> 00:19:05,726 - Agnes? Ti non marcharas? - Non podía abandonar a Mércores. 237 00:19:05,727 --> 00:19:07,980 Fuxinlle a meu pai na gasolineira. 238 00:19:08,564 --> 00:19:11,984 Isaac enterrou a Mércores onda a Caveira. Non a dou sacado. 239 00:19:13,026 --> 00:19:14,652 O que? Ai, Deus! 240 00:19:14,653 --> 00:19:16,612 - E Cousa? - Iso é máis longo. 241 00:19:16,613 --> 00:19:19,658 Cóntocho de camiño. Non temos moito tempo. 242 00:19:22,119 --> 00:19:24,163 Mércores, estamos aquí! Aguanta! 243 00:19:28,208 --> 00:19:30,002 Oio un latexo, pero moi feble. 244 00:19:38,385 --> 00:19:39,970 Non imos chegar a tempo. 245 00:19:40,554 --> 00:19:42,681 Non. 246 00:19:49,938 --> 00:19:51,565 Así non teño forza dabondo. 247 00:19:54,318 --> 00:19:55,944 Non volverás á túa forma. 248 00:19:56,612 --> 00:19:57,779 Es unha alfa. 249 00:19:58,363 --> 00:19:59,865 Non a podo deixar morrer. 250 00:20:24,932 --> 00:20:26,767 Mércores, esperta. 251 00:20:27,267 --> 00:20:28,143 Esperta! 252 00:20:34,691 --> 00:20:36,401 Por favor. 253 00:20:39,029 --> 00:20:40,322 Moi ben o pasei. 254 00:20:45,535 --> 00:20:46,453 Enid? 255 00:20:50,165 --> 00:20:51,959 Era o único xeito de salvarte. 256 00:21:03,428 --> 00:21:05,597 Vai atrás dela. Xa! 257 00:21:07,099 --> 00:21:09,101 Mércores! 258 00:21:10,560 --> 00:21:12,437 Grazas aos espíritos. 259 00:21:15,524 --> 00:21:16,692 A un en concreto. 260 00:21:17,359 --> 00:21:20,486 Se non apurades, non vos quedará nada que salvar. 261 00:21:20,487 --> 00:21:21,947 Onde vai Pugsley? 262 00:21:35,168 --> 00:21:37,087 Aínda está todo aquí. 263 00:21:39,840 --> 00:21:40,673 Ben. 264 00:21:40,674 --> 00:21:43,134 Como imos recompoñer nós esta desfeita? 265 00:21:43,135 --> 00:21:44,303 "Nós" non. 266 00:21:46,513 --> 00:21:47,514 Eu. 267 00:22:22,591 --> 00:22:25,426 Vale que non me contásedes a verdade sobre Cousa, 268 00:22:25,427 --> 00:22:26,927 pero a el por que non? 269 00:22:26,928 --> 00:22:29,513 Ás veces, a verdade está mellor enterrada. 270 00:22:29,514 --> 00:22:31,224 Cousa non lembraba a Isaac. 271 00:22:31,850 --> 00:22:36,687 Con todo o que lle fixera Isaac a teu pai, por que lle iamos dar esa carga a Cousa? 272 00:22:36,688 --> 00:22:40,775 Gústame pensar que o que había de bo en Isaac acabou en Cousa. 273 00:22:40,776 --> 00:22:44,112 Só que volve estar unido a Isaac e vaiche matar o fillo. 274 00:22:46,990 --> 00:22:50,034 Científico tolo, banda sonora tópica... Perfecto. 275 00:22:50,035 --> 00:22:50,994 Querido, 276 00:22:52,037 --> 00:22:53,579 vai chamar a shériff. 277 00:22:53,580 --> 00:22:55,374 Déixanolo a nós. 278 00:22:56,666 --> 00:22:58,460 Querida, salva o noso neno. 279 00:23:33,453 --> 00:23:34,787 Isaac, estás ben? 280 00:23:34,788 --> 00:23:36,039 Estou ben. 281 00:23:36,873 --> 00:23:38,500 Amarra a fonte de enerxía. 282 00:23:53,932 --> 00:23:57,269 Levo esperando este momento 30 anos. 283 00:24:15,954 --> 00:24:17,204 Prepárate. 284 00:24:17,205 --> 00:24:19,249 Ímosche queimar a batería. 285 00:24:30,927 --> 00:24:32,512 Chegou a hora, Isaac. 286 00:24:33,221 --> 00:24:34,055 Faino xa. 287 00:24:36,641 --> 00:24:37,642 Xa! 288 00:24:38,393 --> 00:24:39,728 Prometíchesmo. 289 00:24:57,829 --> 00:24:59,498 Espera! Que fas? 290 00:25:00,624 --> 00:25:02,458 Mamá, viñemos salvarte a ti. 291 00:25:02,459 --> 00:25:04,461 Para min xa é tarde, meu ben. 292 00:25:05,045 --> 00:25:06,837 Este é o teu momento. 293 00:25:06,838 --> 00:25:09,132 Podémoste salvar desta vida. 294 00:25:10,467 --> 00:25:12,219 Poderás empezar de cero. 295 00:25:13,094 --> 00:25:15,889 Non tedes dereito a quitarme o meu poder! 296 00:25:19,476 --> 00:25:20,644 Quérote. 297 00:25:21,645 --> 00:25:23,687 Non o fagades. Por favor. 298 00:25:23,688 --> 00:25:25,106 Quérote, meu neno. 299 00:25:36,993 --> 00:25:39,913 Vai pola escaleira principal. Eu vou pola escada. 300 00:25:45,043 --> 00:25:46,294 Mamá, por favor! 301 00:25:50,131 --> 00:25:51,258 Mamá! 302 00:25:54,594 --> 00:25:56,011 Temos compañía. 303 00:25:56,012 --> 00:25:57,806 Por favor, non o fagades! 304 00:26:40,181 --> 00:26:41,474 Mátame. 305 00:26:51,860 --> 00:26:52,861 Por que? 306 00:26:53,445 --> 00:26:54,571 Fallei. 307 00:27:09,294 --> 00:27:10,503 Tyler, non! 308 00:27:11,087 --> 00:27:12,213 Tyler, para! 309 00:27:16,426 --> 00:27:18,345 Isaac! 310 00:27:19,721 --> 00:27:20,847 Isaac! 311 00:27:21,806 --> 00:27:22,807 Isaac. 312 00:27:28,396 --> 00:27:29,229 Tranquilo. 313 00:27:29,230 --> 00:27:30,607 Mércores. 314 00:27:31,232 --> 00:27:32,566 Son mami. 315 00:27:32,567 --> 00:27:35,945 Non o pasaba tan ben cun momento nai-fillo desde Psicose. 316 00:27:42,577 --> 00:27:44,329 Tyler? Cariño? 317 00:27:47,082 --> 00:27:47,916 Meu neno... 318 00:28:20,532 --> 00:28:22,575 Aguanta, Pugsley. Aguanta! 319 00:29:37,233 --> 00:29:38,359 Isaac! 320 00:29:40,028 --> 00:29:41,780 Tes algo que me pertence. 321 00:29:45,742 --> 00:29:47,368 Vamos! 322 00:30:19,776 --> 00:30:20,777 Vamos. 323 00:30:21,945 --> 00:30:23,404 Vamos! 324 00:31:01,901 --> 00:31:03,611 Mamá. Papá. 325 00:31:06,573 --> 00:31:07,740 Tish! 326 00:31:15,832 --> 00:31:18,209 Axudádeme. Axudádeme con isto. 327 00:31:32,348 --> 00:31:35,393 Seica ao final a túa premonición non se cumpriu. 328 00:31:46,863 --> 00:31:48,780 Pola túa culpa 329 00:31:48,781 --> 00:31:51,700 perdín a única persoa que amei de verdade. 330 00:31:51,701 --> 00:31:54,162 Isaac! 331 00:31:54,746 --> 00:31:55,913 Acabou. 332 00:31:55,914 --> 00:31:57,331 Solta a miña filla. 333 00:31:57,332 --> 00:31:58,999 Síntocho, meu amigo. 334 00:31:59,000 --> 00:32:03,046 Agora vós os dous ides saber o que é a dor de verdade. 335 00:32:04,213 --> 00:32:06,799 Un paso máis e pártolle o pescozo! 336 00:32:11,679 --> 00:32:14,765 Cousa, sabemos que segues aí. 337 00:32:14,766 --> 00:32:16,893 Volve con nós, Cousa. Querémoste. 338 00:32:17,602 --> 00:32:19,061 Somos a túa familia! 339 00:32:19,062 --> 00:32:21,272 Nunca formou parte da vosa familia. 340 00:32:22,106 --> 00:32:23,232 Forma parte de min! 341 00:32:38,206 --> 00:32:39,540 Fallaches! 342 00:32:49,217 --> 00:32:50,093 Veña, Cousa. 343 00:33:00,687 --> 00:33:01,771 Que está pasando? 344 00:33:04,983 --> 00:33:07,360 Non hai que ser un xenio para entendelo. 345 00:33:53,197 --> 00:33:54,115 Tempo. 346 00:35:04,477 --> 00:35:06,062 Benvido, Cousa. 347 00:35:35,383 --> 00:35:38,219 Entón procedes dun xenio malvado. 348 00:35:39,011 --> 00:35:40,805 Así somos tan compatibles. 349 00:35:42,932 --> 00:35:44,684 Que se sente ao saber a verdade? 350 00:35:47,395 --> 00:35:51,274 Non podes controlar o pasado, pero o futuro está na túa man. 351 00:35:55,027 --> 00:35:56,195 Que decides? 352 00:36:07,832 --> 00:36:09,082 Que descubriches? 353 00:36:09,083 --> 00:36:11,294 Dunha cámara do bosque, hoxe á mañá. 354 00:36:13,379 --> 00:36:14,630 É Enid. 355 00:36:15,298 --> 00:36:16,715 Ía cara ao norte, 356 00:36:16,716 --> 00:36:18,925 a só 8 km da fronteira co Canadá. 357 00:36:18,926 --> 00:36:20,135 E Capri? 358 00:36:20,136 --> 00:36:22,763 Deuche algunha pista de cara a onde pode ir? 359 00:36:23,431 --> 00:36:24,806 Está desaparecida. 360 00:36:24,807 --> 00:36:27,100 Andará buscando outro traballo, 361 00:36:27,101 --> 00:36:30,146 agora que nunca máis haberá Nunca Máis. 362 00:36:32,148 --> 00:36:35,066 FRANCOISE GALPIN AMADA ESPOSA E NAI 363 00:36:35,067 --> 00:36:38,695 DONOVAN GALPIN 35 ANOS DE SERVIZO, CONDADO DE JERICHO 364 00:36:38,696 --> 00:36:39,655 Ola, Tyler. 365 00:36:41,741 --> 00:36:42,742 Sexas quen sexas, 366 00:36:43,242 --> 00:36:44,660 vaite. 367 00:36:47,246 --> 00:36:50,249 Os dous sabemos que non vas sobrevivir por aí ti só. 368 00:36:50,917 --> 00:36:52,168 Polo menos non moito. 369 00:36:53,669 --> 00:36:55,129 Pero eu pódote salvar. 370 00:36:57,965 --> 00:37:00,592 Non quero saber de nais nin de amas. 371 00:37:00,593 --> 00:37:03,095 Non me interesa ser ningunha das dúas. 372 00:37:06,265 --> 00:37:07,475 Ofrézoche... 373 00:37:08,392 --> 00:37:11,270 un sistema de apoio para xente coma ti. 374 00:37:11,771 --> 00:37:16,275 Outros Hyde coma ti, agochados onde o mundo non os atope. 375 00:37:19,278 --> 00:37:20,696 Terías unha manda, 376 00:37:21,948 --> 00:37:26,452 para creardes un vínculo que transcendería a necesidade dun amo individual. 377 00:37:32,583 --> 00:37:33,834 E ti que sacas diso? 378 00:37:34,418 --> 00:37:36,921 Es unha licántropa. Chéiroo desde aquí. 379 00:37:38,339 --> 00:37:39,966 Meu pai era un Hyde. 380 00:37:50,142 --> 00:37:52,185 Non me irá estoupar na cara, non? 381 00:37:52,186 --> 00:37:53,688 Un petisco para a viaxe. 382 00:37:57,024 --> 00:37:58,818 Non os comas todos dunha vez. 383 00:38:00,069 --> 00:38:00,987 Grazas. 384 00:38:01,487 --> 00:38:06,074 Sabes? Estaba pensando que, nas vacacións, se non andas ocupado, 385 00:38:06,075 --> 00:38:07,660 podíasme vir visitar. 386 00:38:08,828 --> 00:38:10,871 De verdade? Á túa casa? 387 00:38:11,622 --> 00:38:13,332 É o que fan os amigos, non? 388 00:38:20,214 --> 00:38:21,257 Mércores. 389 00:38:23,009 --> 00:38:24,010 Espera. 390 00:38:25,845 --> 00:38:27,471 Queríache dar unha cousa. 391 00:38:30,474 --> 00:38:32,685 - O diario da tía Ophelia. - Si. 392 00:38:33,477 --> 00:38:35,145 Como todo parece recordarme, 393 00:38:35,146 --> 00:38:38,482 gardar segredos pode ter consecuencias letais. 394 00:38:39,358 --> 00:38:41,861 Todas as familias teñen capítulos escuros. 395 00:38:44,030 --> 00:38:45,448 Tamén a nosa. 396 00:38:46,574 --> 00:38:47,658 Grazas, madre. 397 00:38:49,577 --> 00:38:52,163 Que gratificante é vervos xuntas. 398 00:38:53,873 --> 00:38:56,207 Restituír o voso vínculo familiar 399 00:38:56,208 --> 00:38:59,962 era o primeiro gran paso para recuperares o don das visións. 400 00:39:01,422 --> 00:39:05,259 Agora que está feito, vou coller un merecido descanso. 401 00:39:11,432 --> 00:39:16,479 Quen ía pensar que a persoa que mantería o meu espírito vivo ías ser ti? 402 00:39:18,898 --> 00:39:21,108 Ata máis ver, Mércores. 403 00:39:32,578 --> 00:39:34,580 Que solazo vai aí fóra! 404 00:39:35,373 --> 00:39:38,709 Que alivio durmir hoxe baixo as goteiras do noso teito. 405 00:39:40,628 --> 00:39:43,547 - Vamos polas túas cousas. - Non vou para a casa. 406 00:39:57,770 --> 00:40:00,855 Recibín a mensaxe. Eu sempre disposto para a estrada. 407 00:40:00,856 --> 00:40:03,525 A onde? Á Praia da Matanza? Ao Val da Morte? 408 00:40:03,526 --> 00:40:05,653 Cara ao norte, a rescatar a Enid. 409 00:40:06,362 --> 00:40:07,613 É unha alfa. 410 00:40:08,447 --> 00:40:13,202 Disque teñen uns cairos que te esnaquizan e unhas poutas que te cortan en liscos. 411 00:40:14,078 --> 00:40:14,994 Que divertido! 412 00:40:14,995 --> 00:40:16,372 Dálle. 413 00:40:22,378 --> 00:40:23,795 ACADEMIA NUNCA MÁIS 414 00:40:23,796 --> 00:40:27,049 Outro curso en Nunca Máis remata en matanza e caos. 415 00:40:28,050 --> 00:40:30,678 As preguntas sen resposta planan coma voitres. 416 00:40:35,850 --> 00:40:39,185 Por que lle cortei as correas a Tyler e non a xugular? 417 00:40:39,186 --> 00:40:41,939 Esa impulsiva compaixón será a miña perdición? 418 00:40:44,942 --> 00:40:48,195 Os sorrisos de meus pais non dan borrado as mentiras. 419 00:40:52,116 --> 00:40:55,161 Miña nai deume o diario de Ophelia como mostra de confianza? 420 00:40:56,162 --> 00:40:57,955 Ou de calada desesperación? 421 00:41:02,251 --> 00:41:03,961 Primeiro debo atopar a Enid. 422 00:41:06,964 --> 00:41:08,424 Deille a miña palabra. 423 00:41:08,966 --> 00:41:11,594 Pero quen vai volver ao meu carón? 424 00:41:13,345 --> 00:41:14,472 A miña amiga? 425 00:41:15,222 --> 00:41:17,308 Ou a besta que a consumiu? 426 00:41:21,187 --> 00:41:22,646 BÁGOAS NEGRAS 427 00:41:32,031 --> 00:41:33,199 Tía Ophelia. 428 00:41:43,959 --> 00:41:46,754 Os segredos son a base da familia Addams. 429 00:41:48,214 --> 00:41:51,008 Segredos tóxicos que supuran baixo a superficie. 430 00:42:01,936 --> 00:42:03,103 Ophelia. 431 00:42:03,604 --> 00:42:05,773 MÉRCORES DEBE MORRER 432 00:42:09,443 --> 00:42:11,361 Aventúrome ao descoñecido 433 00:42:11,362 --> 00:42:14,323 decidida a exhumar todas as mentiras e os enganos 434 00:42:15,157 --> 00:42:16,534 ou morrer no intento. 435 00:42:17,618 --> 00:42:20,120 Para min, as vacacións perfectas. 436 00:44:40,135 --> 00:44:43,222 {\an8}Subtítulos: Ana M. Fernández Fernández