1 00:00:06,049 --> 00:00:08,384 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:13,056 --> 00:00:15,808 Ata que punto coñecemos os nosos pais? 3 00:00:16,434 --> 00:00:17,727 Meu pai, por exemplo. 4 00:00:17,810 --> 00:00:20,521 Sempre pensei que era un libro aberto. 5 00:00:20,605 --> 00:00:24,859 Un home dado a tácticas desatinadas e mostras de afecto esaxeradas. 6 00:00:25,401 --> 00:00:26,736 Pero, sendo estudante, 7 00:00:26,819 --> 00:00:29,530 acusárono dun asasinato que ocorreu xusto alí. 8 00:00:30,573 --> 00:00:31,783 Entón pregúntome… 9 00:00:33,534 --> 00:00:37,497 GÓTICO E ENCANTO - RAVE'N 1990 10 00:00:37,580 --> 00:00:41,250 que pasou aquela noite de tormenta de fai 32 anos? 11 00:01:01,979 --> 00:01:05,650 Creo que portaba unha espada e dende logo tiñan problemas. 12 00:01:07,026 --> 00:01:09,529 Non me gustan os contos, shériff Walker, 13 00:01:09,612 --> 00:01:11,864 pero a culpa é de Morticia Frump. 14 00:01:12,365 --> 00:01:14,242 Pelexaban por ela. 15 00:01:20,081 --> 00:01:20,957 Tish… 16 00:01:21,457 --> 00:01:23,042 Non sei que dicir, Gomez. 17 00:01:23,126 --> 00:01:26,087 Esposado e acusado de asasinato… 18 00:01:27,463 --> 00:01:30,007 - Quérote máis ca nunca. - Querida. 19 00:01:30,091 --> 00:01:32,552 Xa vale, Addams. Veña. 20 00:01:36,931 --> 00:01:39,600 Moi ben, en marcha. 21 00:01:43,896 --> 00:01:48,901 BENVIDOS A FIN DE SEMANA DA FAMILIA 22 00:02:03,624 --> 00:02:07,044 CAPÍTULO V QUEN SEMENTA VENTOS RECOLLE PENAS 23 00:02:10,131 --> 00:02:13,467 O fétido aroma da angustia adolescente. 24 00:02:13,551 --> 00:02:16,679 Foron os mellores anos da nosa vida, non si, Tish? 25 00:02:16,762 --> 00:02:19,432 Sen dúbida ningunha, cariño. 26 00:02:22,268 --> 00:02:24,478 Oxalá Mércores estea feliz de vernos. 27 00:02:25,104 --> 00:02:28,608 Deixei unha ducia de mensaxes na bóla de cristal, pero nada. 28 00:02:29,400 --> 00:02:31,736 Non te preocupes, boquiña de cirola. 29 00:02:31,819 --> 00:02:34,155 Seguro que morre por vernos. 30 00:02:37,575 --> 00:02:38,951 Veña, vamos. 31 00:02:47,585 --> 00:02:51,505 Nunca Máis foi creado como un abeiro para os nosos nenos. 32 00:02:51,589 --> 00:02:53,799 Para que medren e aprendan 33 00:02:53,883 --> 00:02:56,594 sen importar quen ou que son. 34 00:03:03,559 --> 00:03:05,269 Sei que moitos xa sabedes 35 00:03:05,353 --> 00:03:08,564 que un dos nosos alumnos sufriu un malfadado accidente. 36 00:03:08,648 --> 00:03:11,609 Pero alégrame informarvos de que está mellor 37 00:03:11,692 --> 00:03:13,986 e recuperarase por completo. 38 00:03:14,487 --> 00:03:16,030 Quedemos co positivo entón 39 00:03:16,113 --> 00:03:19,742 e fagamos que este sexa o mellor Fin de semana da familia. 40 00:03:22,536 --> 00:03:23,621 Mellor? 41 00:03:24,580 --> 00:03:25,790 Máis ben en coma. 42 00:03:26,457 --> 00:03:27,625 Fuches velo? 43 00:03:28,668 --> 00:03:29,919 Es amiga súa. 44 00:03:30,002 --> 00:03:33,422 - Está no hospital por culpa miña. - Non foi así, vale? 45 00:03:34,006 --> 00:03:36,968 Hai unha semana que o monstro non ataca a ninguén. 46 00:03:37,051 --> 00:03:38,719 Igual por fin o asustaches. 47 00:03:38,803 --> 00:03:41,597 Ou igual se agochou para evitar esta finde. 48 00:03:42,306 --> 00:03:45,017 Mira para aí. Hai cousas que non cambian. 49 00:03:47,645 --> 00:03:49,522 Debín poñer a máscara da peste. 50 00:03:51,148 --> 00:03:52,900 Mira a miña familia. 51 00:03:52,984 --> 00:03:55,236 Iso si é mentalidade de rabaño tóxica. 52 00:03:55,319 --> 00:03:58,572 Doulle 30 segundos a miña nai antes de que me xulgue. 53 00:04:01,075 --> 00:04:02,576 Terminemos dunha vez. 54 00:04:06,455 --> 00:04:08,165 Aí está. 55 00:04:08,249 --> 00:04:11,502 Como estrañamos eses ollos acusadores e ese ceno burlón. 56 00:04:13,462 --> 00:04:15,965 Como estás, miña nubiña de choiva? 57 00:04:16,048 --> 00:04:18,676 Cousa non vos informa dos meus movementos? 58 00:04:20,094 --> 00:04:22,596 Descubrín o subterfuxio case de inmediato. 59 00:04:24,098 --> 00:04:26,267 E como está o pequeno? 60 00:04:26,809 --> 00:04:28,894 Segue a ter todos os dedos? 61 00:04:28,978 --> 00:04:31,814 Tranquilo. Non lle rompín ningún. 62 00:04:31,897 --> 00:04:32,815 Aínda. 63 00:04:33,649 --> 00:04:35,276 Cóntanolo todo. 64 00:04:35,943 --> 00:04:39,322 Dende que me abandonastes aquí, déronme caza, acosáronme 65 00:04:40,990 --> 00:04:42,908 e tentaron matarme. 66 00:04:43,826 --> 00:04:47,163 Ah, Nunca Máis, como te quero. 67 00:04:47,830 --> 00:04:48,956 Enid. 68 00:04:49,957 --> 00:04:52,084 Déixame verte. 69 00:04:52,626 --> 00:04:56,255 - Mil un, mil dous… - Non te depilas? 70 00:04:56,339 --> 00:04:59,383 Tres segundos. Todo un récord. 71 00:05:01,302 --> 00:05:04,305 Estás ben? Véxote un pouco anémica. 72 00:05:04,388 --> 00:05:06,515 Comes carne vermella abondo? 73 00:05:07,767 --> 00:05:09,643 Alégrome de verte, mamá. 74 00:05:09,727 --> 00:05:11,062 E a ti tamén, papá. 75 00:05:17,943 --> 00:05:21,072 Non sei canta xuntanza familiar máis poderei aguantar. 76 00:05:22,198 --> 00:05:25,910 Creo que inda non te desculpaches por ser un imbécil. 77 00:05:27,078 --> 00:05:28,996 Sinto o que pasou no baile. 78 00:05:29,830 --> 00:05:32,291 Non che debín pedir que usaras o canto. 79 00:05:36,253 --> 00:05:38,672 Supoño que teu pai tampouco vén este ano. 80 00:05:38,756 --> 00:05:39,715 Que va. 81 00:05:40,549 --> 00:05:42,843 Escribiume esta mañá. A túa? 82 00:05:44,178 --> 00:05:46,764 Gabrielle non aparece dende que empecei. 83 00:05:47,765 --> 00:05:50,601 Estará tomando o sol nas Seychelles. 84 00:05:50,684 --> 00:05:52,561 Miña adorada filla. 85 00:05:54,939 --> 00:05:56,524 Cheguei. 86 00:05:57,108 --> 00:05:59,193 Non o perdería por nada. 87 00:06:00,778 --> 00:06:02,613 Parece que a xulgaches mal. 88 00:06:07,743 --> 00:06:08,744 ANUARIO 1991 89 00:06:10,454 --> 00:06:12,832 O noso vello anuario. 90 00:06:13,541 --> 00:06:17,128 Había máis de 20 anos que non o vía. 91 00:06:17,211 --> 00:06:20,256 Pasamos bos momentos, non si, Larissa? 92 00:06:20,881 --> 00:06:22,883 Algúns pasárono mellor que outros. 93 00:06:22,967 --> 00:06:24,927 Non sexas tan modesta. 94 00:06:25,010 --> 00:06:28,055 Sempre enchiches calquera sala coa túa presenza. 95 00:06:28,639 --> 00:06:31,267 Coma unha sequoia señorial. 96 00:06:31,767 --> 00:06:34,770 Entón supoño que ti es o leñador. 97 00:06:36,689 --> 00:06:40,734 Ai está ese mordaz sentido do humor que sempre adorei. 98 00:06:42,278 --> 00:06:47,158 Lembras cando fixemos aquel dúo para o concurso de talentos do solsticio? 99 00:06:47,241 --> 00:06:51,871 Foras o vivo retrato de Judy Garland. 100 00:06:51,954 --> 00:06:54,081 Soa terriblemente suicida. 101 00:06:57,710 --> 00:06:59,295 Falta a miña foto. 102 00:06:59,378 --> 00:07:01,547 De veras? Que raro. 103 00:07:02,882 --> 00:07:04,425 Déixasmo durante a finde? 104 00:07:05,009 --> 00:07:09,138 Así Gomez e mais eu recordaremos vellos momentos. 105 00:07:10,931 --> 00:07:14,435 De acordo. Imos ó tema que nos atinxe. 106 00:07:16,854 --> 00:07:21,901 Por desgraza, a integración de Mércores foi, ao menos, complicada. 107 00:07:21,984 --> 00:07:23,527 Porque non aceptarei 108 00:07:23,611 --> 00:07:27,156 a cultura da deshonestidade e negación que impregna a escola. 109 00:07:27,239 --> 00:07:30,367 Como o monstro que matou a Rowan e feriu a Eugene. 110 00:07:30,951 --> 00:07:34,163 Aínda que seica está mellor. 111 00:07:34,246 --> 00:07:37,208 Sempre a animamos a dicir o que pensa. 112 00:07:37,291 --> 00:07:40,586 Ás veces a súa lingua afiada fai cortes profundos. 113 00:07:40,669 --> 00:07:44,298 A súa terapeuta sinte que non se abre ó proceso. 114 00:07:44,381 --> 00:07:48,344 - Os resultados non son os esperados. - Non son unha cobaia. 115 00:07:49,428 --> 00:07:52,389 Falei coa doutora Kinbott e estamos de acordo 116 00:07:52,473 --> 00:07:57,311 en que sería moi proveitoso que asistirades a unha sesión familiar. 117 00:07:57,394 --> 00:07:58,312 Non. 118 00:07:59,021 --> 00:08:02,983 Sabía que dirías iso, pero seguro que a teus pais lles parece sabio. 119 00:08:03,484 --> 00:08:07,780 Non é por poñerme do lado de Mércores, pero só estamos aquí a finde. 120 00:08:09,240 --> 00:08:10,449 Ai, veña. 121 00:08:10,533 --> 00:08:12,201 Que perdemos? Sendo sincero, 122 00:08:12,284 --> 00:08:15,621 sempre me gustou moito o de comer a cabeza. 123 00:08:15,704 --> 00:08:18,457 Non fala do que ti cres, querido. 124 00:08:19,542 --> 00:08:20,584 Vaia… 125 00:08:21,627 --> 00:08:23,087 Que decepción. 126 00:08:23,671 --> 00:08:25,631 Pero pola nosa nena o que sexa. 127 00:08:31,637 --> 00:08:34,431 MUNDO PEREGRINO 128 00:08:34,515 --> 00:08:35,474 Si. 129 00:08:36,100 --> 00:08:39,061 Que rexistren a cova en busca da criatura. 130 00:08:39,144 --> 00:08:42,898 Buscade ata debaixo das pedras e recollede mostras de todo. 131 00:08:44,400 --> 00:08:47,778 E falade co laboratorio. Quero o ADN da garra. 132 00:08:48,904 --> 00:08:51,991 Xa temos un neno no hospital e varias persoas mortas. 133 00:08:52,074 --> 00:08:53,409 Non quero máis. 134 00:08:55,828 --> 00:08:56,662 Moi ben. 135 00:09:02,334 --> 00:09:03,419 Fillo de puta. 136 00:09:05,129 --> 00:09:06,130 Que pasa? 137 00:09:06,213 --> 00:09:09,842 Teño que aguantar que un asasino pasee coma se nada pola vila. 138 00:09:11,302 --> 00:09:14,680 Ó menos preocúpanse por Mércores e van xuntos a terapia. 139 00:09:15,389 --> 00:09:17,224 Tyler, xa falamos disto. 140 00:09:17,308 --> 00:09:21,437 Non me apetece ventilar o pasado familiar cunha completa estraña. 141 00:09:22,021 --> 00:09:24,898 Cres que para min é fácil falar das miñas merdas? 142 00:09:24,982 --> 00:09:27,318 Agora teño moito que facer, rapaz. 143 00:09:31,614 --> 00:09:33,240 Xa tes os resultados? 144 00:09:35,409 --> 00:09:38,203 Vale. Precintade o lugar. Vou para aí. 145 00:09:39,204 --> 00:09:41,582 Papá. Estás ben? Que pasa? 146 00:09:43,834 --> 00:09:45,836 Coñeces a Reggie, o forense? 147 00:09:47,546 --> 00:09:49,173 Voou a tapa dos miolos. 148 00:10:02,436 --> 00:10:04,730 Ben, quen quere empezar? 149 00:10:07,983 --> 00:10:11,278 Podemos falar do que sentides tendo lonxe a Mércores. 150 00:10:15,240 --> 00:10:17,034 Para min, 151 00:10:17,951 --> 00:10:18,869 está sendo… 152 00:10:18,952 --> 00:10:21,455 difícil non tela preto. 153 00:10:22,706 --> 00:10:25,751 Nunca pensei que botara tanto de menos a tortura. 154 00:10:28,671 --> 00:10:30,255 Morticia, Gomez. 155 00:10:31,006 --> 00:10:34,343 - Como o levades. - É unha tortura para nós tamén. 156 00:10:34,927 --> 00:10:38,263 Por sorte, no poldro de meu irmán caben dúas persoas 157 00:10:38,806 --> 00:10:42,685 Nada coma estirar un pouco para sacar o mellor de nós. 158 00:10:42,768 --> 00:10:44,436 Miña querida. 159 00:10:49,692 --> 00:10:50,859 Basta! 160 00:10:53,654 --> 00:10:56,031 É hora de que meus pais apanden. 161 00:10:57,616 --> 00:10:59,201 Resulta que menten. 162 00:10:59,993 --> 00:11:01,370 Gardan segredos. 163 00:11:01,453 --> 00:11:03,914 Violentos segredos que hai que abordar 164 00:11:07,167 --> 00:11:10,170 Por que te acusaron do asasinato de Garrett Gates? 165 00:11:11,588 --> 00:11:14,717 Retiraron os cargos. Teu pai é inocente. 166 00:11:14,800 --> 00:11:16,885 O shériff non está moi convencido. 167 00:11:16,969 --> 00:11:18,929 Mércores, para. 168 00:11:19,012 --> 00:11:21,473 Este non é o momento nin o lugar. 169 00:11:21,557 --> 00:11:24,101 En realidade, si é o lugar. 170 00:11:24,184 --> 00:11:27,438 - Estas sesións son… - Doutora. Isto non lle concirne. 171 00:11:27,980 --> 00:11:31,692 E négome a discutir unha caza de bruxas de hai décadas contigo. 172 00:11:31,775 --> 00:11:33,569 - Pero… - Querida quizais… 173 00:11:33,652 --> 00:11:35,863 Non. Rematou a sesión. 174 00:11:35,946 --> 00:11:37,614 Como queiras, madre. 175 00:11:37,698 --> 00:11:40,033 - Mércores? - Se non me dis a verdade. 176 00:11:40,117 --> 00:11:42,369 Terei que sacala eu a relucir. 177 00:11:44,079 --> 00:11:44,997 Ti… 178 00:11:47,624 --> 00:11:49,626 Grazas polos caramelos. 179 00:11:51,086 --> 00:11:53,213 Era para aromatizar… 180 00:11:54,465 --> 00:11:55,966 Pero por que non o levas? 181 00:12:03,223 --> 00:12:04,892 En que pensabas? 182 00:12:05,434 --> 00:12:08,854 Como puideches emboscar así a teu pai? Mércores. 183 00:12:09,438 --> 00:12:11,815 Eu? Insistiches en meterme nesa escola. 184 00:12:11,899 --> 00:12:14,067 Pensabas que non o ía descubrir? 185 00:12:14,151 --> 00:12:17,154 Non o sabes todo. Teu pai non fixo nada malo. 186 00:12:17,237 --> 00:12:18,947 Iso decidireino eu. 187 00:12:26,663 --> 00:12:27,706 Queres? 188 00:12:34,129 --> 00:12:35,214 Como me atopaches? 189 00:12:35,297 --> 00:12:37,966 A comunidade do CantoMatinal estráñate. 190 00:12:38,634 --> 00:12:39,468 E eu tamén. 191 00:12:39,551 --> 00:12:41,762 Dirás máis ben seita. 192 00:12:41,845 --> 00:12:44,223 Somos un movemento de medra persoal, 193 00:12:44,306 --> 00:12:46,475 axudamos á xente a tomar o control. 194 00:12:46,558 --> 00:12:48,393 E vós controládeslle os cartos. 195 00:12:48,477 --> 00:12:50,938 Non vin pelexar, Brandy Jane. 196 00:12:51,021 --> 00:12:52,439 Chámome Bianca. 197 00:12:52,523 --> 00:12:54,107 Novo nome. Nova vida. 198 00:12:54,191 --> 00:12:55,484 Volve á casa. É hora. 199 00:12:55,567 --> 00:12:57,277 Nunca foi a miña casa. 200 00:12:57,361 --> 00:13:01,031 - Gideon dixo que te resistirías. - Non pronuncies ese nome. 201 00:13:01,114 --> 00:13:03,909 Cres que lle importariamos 202 00:13:03,992 --> 00:13:05,410 de non ser sereas? 203 00:13:05,494 --> 00:13:09,039 Non fales así de teu padrastro. 204 00:13:09,748 --> 00:13:11,333 Ó final casaches con el. 205 00:13:11,416 --> 00:13:15,254 Quere que volvas á casa para ser unha familia de verdade. 206 00:13:15,963 --> 00:13:16,880 Paso. 207 00:13:17,464 --> 00:13:19,883 Xa ten unha serea as súas ordes. 208 00:13:20,926 --> 00:13:22,010 Adeus, ma. 209 00:13:22,845 --> 00:13:26,515 Non quero volver ver máis pulseiras do CantoMatinal por aquí. 210 00:13:27,599 --> 00:13:29,643 O meu canto morre. 211 00:13:31,687 --> 00:13:33,480 Hai moitos menos recrutas 212 00:13:33,564 --> 00:13:36,567 e a xente que non debe está facendo preguntas. 213 00:13:37,943 --> 00:13:39,820 Isto non era unha petición. 214 00:13:40,654 --> 00:13:42,072 E se me nego? 215 00:13:44,700 --> 00:13:49,371 Todos saberán como usaches o teu canto para entra en Nunca Máis. 216 00:13:49,454 --> 00:13:52,541 Por fin fago algo por min mesma e queres destruílo. 217 00:13:52,624 --> 00:13:55,127 Non fixeches unha merda, Bianca. 218 00:13:56,753 --> 00:14:00,007 Só estafas a xente de clase alta. Non son teus amigos. 219 00:14:01,091 --> 00:14:04,011 Antes ou despois verán quen es. 220 00:14:04,720 --> 00:14:07,806 A serea sempre tira ó mar. 221 00:14:09,683 --> 00:14:13,186 Déixoche a fin de semana para despedirte. 222 00:14:15,939 --> 00:14:18,066 FLOR SALVAXE - MEL 223 00:14:20,986 --> 00:14:22,779 Mel da colmea número tres. 224 00:14:24,406 --> 00:14:25,908 As abellas estráñante. 225 00:14:28,577 --> 00:14:29,536 Coma todos. 226 00:14:33,332 --> 00:14:35,208 Grazas por botarlle un ollo. 227 00:14:36,585 --> 00:14:37,461 Noticias? 228 00:14:40,047 --> 00:14:41,590 Non merecía isto. 229 00:14:43,508 --> 00:14:45,093 Nesa cama debía estar eu. 230 00:14:45,886 --> 00:14:47,638 Por que fuches sen min? 231 00:14:49,681 --> 00:14:51,516 Non queriamos asustarte. 232 00:14:51,600 --> 00:14:52,976 Ti has de ser Mércores. 233 00:14:53,560 --> 00:14:56,313 Somos as nais de Eugene. Sue e Janet. 234 00:14:56,396 --> 00:14:58,231 Non facía máis que falar de ti. 235 00:14:58,315 --> 00:15:00,859 Estaba feliz de terte nos Zoadores. 236 00:15:00,943 --> 00:15:04,279 Eugene non o tivo fácil para integrarse en Nunca Máis. 237 00:15:04,363 --> 00:15:07,324 Estaba emocionado de ter unha amiga de verdade. 238 00:15:07,824 --> 00:15:09,117 Tróuxenlle mel. 239 00:15:09,201 --> 00:15:12,579 Eugene quere a esas abellas coma se foran seus fillos. 240 00:15:13,872 --> 00:15:15,624 Os seus bebés bichiños. 241 00:15:18,085 --> 00:15:20,003 Vaise poñer ben, verdade? 242 00:15:20,087 --> 00:15:21,254 Debería marchar. 243 00:15:36,687 --> 00:15:39,606 Primeira vez que alguén se suicida nun depósito. 244 00:15:39,690 --> 00:15:41,650 Non saben que facer co corpo. 245 00:15:41,733 --> 00:15:43,193 Que tes? 246 00:15:43,276 --> 00:15:46,571 A pistola estaba o seu nome: Colt, calibre 45. 247 00:15:46,655 --> 00:15:48,407 Gardábaa na súa mesa. 248 00:15:48,490 --> 00:15:50,117 Inda o vin a semana pasada. 249 00:15:50,617 --> 00:15:54,287 Ía ir de cruceiro coa súa muller. Estaba feliz pola xubilación. 250 00:15:54,371 --> 00:15:56,665 A saber que lle pasou pola cabeza. 251 00:15:56,748 --> 00:15:59,918 Pois parece que unha bala. Hai imaxes de seguridade? 252 00:16:00,502 --> 00:16:03,797 Non. Escurecérona cunha goma de mascar negra. 253 00:16:03,880 --> 00:16:07,217 Pedín que buscasen nos vídeos a ver canto tempo leva aí. 254 00:16:07,300 --> 00:16:08,927 Goma de mascar negra. 255 00:16:09,594 --> 00:16:11,221 Non me digas… 256 00:16:12,264 --> 00:16:17,144 A nota de suicidio di que se sentía culpable por un antigo caso. 257 00:16:17,227 --> 00:16:20,147 Di que falsificou o informe forense para encubrilo 258 00:16:20,230 --> 00:16:22,858 e leva dende aquela vivindo coa culpa. 259 00:16:24,109 --> 00:16:25,193 Que caso? 260 00:16:25,277 --> 00:16:26,570 Eh, Garrett Gates. 261 00:16:27,904 --> 00:16:30,073 Garrett Gates. Non amoles. 262 00:16:30,157 --> 00:16:31,074 Sóache? 263 00:16:31,158 --> 00:16:33,869 Levo 30 anos agardando para encerrar o asasino. 264 00:16:33,952 --> 00:16:35,287 Sabe quen o fixo? 265 00:16:35,370 --> 00:16:37,414 Só houbo un sospeitoso. 266 00:16:37,497 --> 00:16:40,333 Sempre pensei que ocultaran a verdade. 267 00:16:41,960 --> 00:16:43,295 E agora teño probas. 268 00:17:50,153 --> 00:17:54,991 GARRETT GATES - FILLO E IRMÁN AMADO LEVÁRONTE MOI PRONTO - AMARÉMOSTE SEMPRE 269 00:17:57,744 --> 00:17:59,746 Morro de fame. 270 00:18:04,042 --> 00:18:06,044 Non tes fame, querida? 271 00:18:06,128 --> 00:18:08,046 O apetito elúdeme, madre. 272 00:18:08,839 --> 00:18:10,882 Igual que a ti a verdade. 273 00:18:19,766 --> 00:18:21,143 Hai que contarllo. 274 00:18:23,186 --> 00:18:25,272 Nunca nos crerá. 275 00:18:26,356 --> 00:18:27,983 Hai que ser fortes. 276 00:18:30,485 --> 00:18:34,781 E esperar que apareza algo máis macabro que a distraia. 277 00:18:46,501 --> 00:18:49,004 Vasme obrigar a preguntar? 278 00:18:49,921 --> 00:18:53,341 Ajax e mais eu aínda non definimos a nosa relación. 279 00:18:53,425 --> 00:18:55,385 Non falo de rapaces. 280 00:18:55,468 --> 00:18:57,512 Xa tornaches en lobo? 281 00:19:02,058 --> 00:19:03,018 Non. 282 00:19:03,810 --> 00:19:05,979 Pois vaia decepción. 283 00:19:07,397 --> 00:19:08,440 Esa son eu. 284 00:19:09,733 --> 00:19:11,401 Unha gran decepción. 285 00:19:23,163 --> 00:19:25,457 Podo saber a que vén isto, shériff? 286 00:19:26,249 --> 00:19:28,210 Que pasa, srta. Thornhill? 287 00:19:28,293 --> 00:19:29,628 Nin idea. 288 00:19:29,711 --> 00:19:31,129 Gomez Addams. 289 00:19:35,592 --> 00:19:36,927 Podo axudalo, shériff? 290 00:19:37,010 --> 00:19:40,055 Queda arrestado polo asasinato de Garrett Gates. 291 00:19:40,138 --> 00:19:41,598 Ten dereito a non declarar. 292 00:19:41,681 --> 00:19:44,976 O que diga será usado contra vostede ante un tribunal. 293 00:19:45,060 --> 00:19:45,894 Papá? 294 00:19:46,436 --> 00:19:48,313 Ten dereito a un avogado 295 00:19:48,396 --> 00:19:51,358 e se non pode custealo asignaráselle un de oficio. 296 00:20:22,806 --> 00:20:25,850 Miña tormentiña, como está túa nai? 297 00:20:25,934 --> 00:20:28,311 Desolada. Odia verte de laranxa. 298 00:20:29,312 --> 00:20:32,023 Antes pilleina deixando unha rosa nunha tumba. 299 00:20:33,024 --> 00:20:35,277 Na lápida poñía "Garrett Gates". 300 00:20:35,360 --> 00:20:37,946 O mesmo o que te acusan de matar. 301 00:20:39,406 --> 00:20:40,615 Explícasmo? 302 00:20:45,287 --> 00:20:47,872 Garrett estaba namorado de túa nai. 303 00:20:48,707 --> 00:20:51,793 Confundiu a súa amabilidade con interese. 304 00:20:52,377 --> 00:20:55,505 O seu desexo tornou en obsesión 305 00:20:56,089 --> 00:20:57,716 e empezou a acosala. 306 00:20:57,799 --> 00:21:00,051 - Non chamastes a policía? - Tentámolo. 307 00:21:00,719 --> 00:21:03,346 A súa familia era das más antigas e ricas. 308 00:21:03,430 --> 00:21:05,056 Ninguén nos creu. 309 00:21:05,890 --> 00:21:09,185 O pai de Garrett, un intolerante que odiaba os parias, 310 00:21:09,269 --> 00:21:12,188 enfureceu polas acusacións de túa nai. 311 00:21:13,231 --> 00:21:16,359 A historia alcanzou o clímax a noite do Rave'N. 312 00:21:18,445 --> 00:21:21,489 Túa nai e mais eu sairamos tomar o aire. 313 00:21:28,413 --> 00:21:29,998 Addams! 314 00:21:30,081 --> 00:21:32,083 Foi entón cando o vin. 315 00:21:32,751 --> 00:21:34,586 Entrara na escola pola forza. 316 00:21:35,086 --> 00:21:38,673 O amor retorcido que tiña pola túa nai volvérao tolo. 317 00:21:38,757 --> 00:21:43,470 Cravoume eses ollos que ardían en desexos de matar. 318 00:21:44,054 --> 00:21:46,306 Marcha. Lisca. A min non me magoará. 319 00:21:47,349 --> 00:21:48,516 Garrett, non! 320 00:21:48,600 --> 00:21:50,602 Garrett, para! 321 00:21:58,943 --> 00:22:01,279 Vin pasar a vida ante os meus ollos. 322 00:22:02,113 --> 00:22:06,534 Impulsado polos celos e o odio, Garrett era imparable. 323 00:22:30,767 --> 00:22:32,268 Cando vin a espada, 324 00:22:33,186 --> 00:22:35,563 espertou o instinto de supervivencia. 325 00:22:41,069 --> 00:22:44,072 Foi un terrible accidente. 326 00:23:06,302 --> 00:23:10,140 Sendo honesta, a súa confesión é perfectamente plausible, 327 00:23:10,223 --> 00:23:12,934 proferida co grao perfecto de sinceridade. 328 00:23:13,017 --> 00:23:15,270 Quizais meu pai sexa xusto o que di. 329 00:23:15,353 --> 00:23:17,188 Grazas pola túa honestidade. 330 00:23:20,108 --> 00:23:22,527 Pero logo están os seus xestos. 331 00:23:22,610 --> 00:23:25,113 Como alisa o bigote. 332 00:23:25,196 --> 00:23:27,449 Esa chiscadela de complicidade. 333 00:23:28,199 --> 00:23:31,202 Levo xogando con el á ruleta rusa dende os 12. 334 00:23:31,703 --> 00:23:32,871 Coñézoo ben. 335 00:23:33,580 --> 00:23:36,291 Perdoa por non ser un bo pai. 336 00:23:36,374 --> 00:23:39,377 Poderiamos evitar as mostras de afecto? 337 00:23:40,003 --> 00:23:42,088 Sei que te incomodan. 338 00:23:43,548 --> 00:23:46,926 Que pai lle dá unha espada a súa filla de cinco anos? 339 00:23:47,010 --> 00:23:50,180 As túas espadadas eran un ensaio sobre a perfección. 340 00:23:50,263 --> 00:23:52,098 E a nadar con quenllas? 341 00:23:52,182 --> 00:23:55,059 Coma min, pensaron que tiñas moito sangue frío. 342 00:23:55,143 --> 00:23:57,061 E a esfolar unha serpe? 343 00:23:57,145 --> 00:23:59,981 Se as cociñas ben, si que saben a polo. 344 00:24:00,565 --> 00:24:03,776 O tema é que me ensinaches a ser forte e independente. 345 00:24:04,402 --> 00:24:07,697 A moverme nun mundo cheo de traizóns e prexuízos. 346 00:24:08,907 --> 00:24:11,784 Grazas a ti entendo a importancia 347 00:24:11,868 --> 00:24:13,828 de non perderme a min mesma. 348 00:24:16,498 --> 00:24:20,126 No que a paternidade se refire, fuches máis que adecuado. 349 00:24:23,755 --> 00:24:25,298 Grazas, Mércores. 350 00:24:31,095 --> 00:24:32,138 Temos que falar. 351 00:24:34,557 --> 00:24:36,059 Como demo entraches? 352 00:24:37,060 --> 00:24:39,312 Bernice? Bernice! 353 00:24:39,395 --> 00:24:42,482 Pode que recibise unha chamada dicindo que o seu gato 354 00:24:42,565 --> 00:24:44,067 fora raptado. 355 00:24:44,609 --> 00:24:47,028 Meu pai non matou a Garrett Gates. 356 00:24:47,904 --> 00:24:52,075 Teño a súa confesión firmada e identificou o sabre co que o matou. 357 00:24:52,158 --> 00:24:54,953 E vou entregar ambas probas ó fiscal. 358 00:24:55,036 --> 00:24:57,372 Non cre que todo é demasiado oportuno? 359 00:24:57,455 --> 00:25:00,708 O forense suicídase pola culpa dun caso de hai décadas 360 00:25:00,792 --> 00:25:04,837 a fin de semana que meu pai, o principal sospeitoso, volve á vila. 361 00:25:05,505 --> 00:25:09,050 Eu só vexo a un culpable que por fin pagará polo seu crime. 362 00:25:09,133 --> 00:25:12,679 Poñerlle as esposas foi o peche de ouro. 363 00:25:12,762 --> 00:25:14,931 Como é que non ve que alguén 364 00:25:15,014 --> 00:25:17,183 tenta desbaratar a investigación? 365 00:25:17,267 --> 00:25:20,812 Atopei a cova do monstro e deille a mostra de ADN. 366 00:25:20,895 --> 00:25:22,438 Molestouse en analizala? 367 00:25:22,522 --> 00:25:25,733 Igual te sorprendes, pero o mundo non xira ó teu redor. 368 00:25:26,568 --> 00:25:28,987 Toma. Os resultados do ADN. 369 00:25:29,862 --> 00:25:31,656 Non coinciden. Non concluínte. 370 00:25:31,739 --> 00:25:34,576 De verdade cre que todo é unha coincidencia? 371 00:25:35,159 --> 00:25:37,704 Quen mancou a Eugene tamén matou o forense. 372 00:25:37,787 --> 00:25:40,790 Por desgraza, alguén sabotou a cámara do depósito 373 00:25:40,873 --> 00:25:42,292 e non sabemos que pasou. 374 00:25:42,375 --> 00:25:44,043 Tapárona con goma de mascar. 375 00:25:44,627 --> 00:25:46,212 Goma de mascar negra. 376 00:25:47,463 --> 00:25:49,048 Debería analizala tamén? 377 00:25:49,132 --> 00:25:52,594 Alguén tenta deixarme fóra de xogo. É unha distracción. 378 00:25:52,677 --> 00:25:55,805 Non, é xustiza ó fin. 379 00:25:55,888 --> 00:25:57,765 A familia merece respostas 380 00:25:58,349 --> 00:26:00,977 inda que non quede ninguén para atopar a paz. 381 00:26:01,477 --> 00:26:02,520 Que lles pasou? 382 00:26:02,604 --> 00:26:04,439 A nai de Garrett aforcouse. 383 00:26:04,522 --> 00:26:08,026 O pai bebeu ata morrer. Non se librou nin a irmá pequena. 384 00:26:08,693 --> 00:26:12,405 O quedar orfa, enviárona ó estranxeiro e afogou. 385 00:26:13,114 --> 00:26:14,490 Non queda ninguén. 386 00:26:15,074 --> 00:26:17,535 Teu pai ten as mans manchadas do sangue 387 00:26:17,619 --> 00:26:19,495 de Garrett e a súa familia. 388 00:26:36,220 --> 00:26:38,640 Toma, tróuxenche un regalo. 389 00:26:39,432 --> 00:26:42,644 Que amable, pero non facía falta. 390 00:26:42,727 --> 00:26:47,815 Xa sei, pero creo que empezamos a fin de semana co pé esquerdo. 391 00:26:48,524 --> 00:26:52,320 Quero que saibas que só quero o mellor para ti. 392 00:26:57,700 --> 00:26:59,786 CAMPAMENTO DE VERÁN 393 00:27:02,705 --> 00:27:06,959 CAMPAMENTO DE VERÁN DE LICANTROPÍA 394 00:27:08,002 --> 00:27:09,003 Que é isto? 395 00:27:09,504 --> 00:27:10,630 Folletos. 396 00:27:11,422 --> 00:27:12,632 De campamentos. 397 00:27:12,715 --> 00:27:15,093 Non son campamentos normais. 398 00:27:16,344 --> 00:27:18,596 Son campamentos de conversión. 399 00:27:18,680 --> 00:27:21,432 Non te poñas dramática, Enid. 400 00:27:21,516 --> 00:27:24,060 Terapia de conversión para lobishomes? 401 00:27:24,143 --> 00:27:27,063 Coa túa prima Lucille funcionou de marabilla, non? 402 00:27:27,689 --> 00:27:32,568 Sete semanas nos Balcáns e xa estaba ouleando a lúa. 403 00:27:32,652 --> 00:27:34,278 Como debería ser. 404 00:27:34,362 --> 00:27:38,282 Non queres tornar e por fin ser normal? 405 00:27:51,003 --> 00:27:52,004 Marcha. 406 00:27:53,089 --> 00:27:54,799 Esqueciches os aparellos. 407 00:28:03,599 --> 00:28:05,059 Deixa de ser simpática. 408 00:28:06,018 --> 00:28:07,061 Non che pega. 409 00:28:08,020 --> 00:28:09,856 Papá meteu o teu cebo favorito. 410 00:28:27,957 --> 00:28:29,625 Que lle vai pasar? 411 00:28:30,376 --> 00:28:32,837 Confesou, así que non haberá xuízo. 412 00:28:33,921 --> 00:28:36,674 Cando diten sentencia, enviarano ó cárcere, 413 00:28:36,758 --> 00:28:39,719 onde perderá a cabeza por non estar con mamá. 414 00:28:41,262 --> 00:28:44,432 Sabías que non se separaron nunca dende que casaron? 415 00:28:45,349 --> 00:28:48,227 Sempre crin que sería o primeiro en ir o cárcere. 416 00:28:48,311 --> 00:28:50,229 Tiña unha aposta con Lurch. 417 00:28:54,066 --> 00:28:56,694 Veña. A ver se pican. 418 00:29:06,913 --> 00:29:08,331 Boa captura. 419 00:29:10,124 --> 00:29:11,542 Vouno estrañar. 420 00:29:11,626 --> 00:29:14,170 Inda non está todo dito. É inocente. 421 00:29:15,254 --> 00:29:16,088 Pois… 422 00:29:16,923 --> 00:29:19,592 se alguén pode pescudar quen cometeu o crime, 423 00:29:21,511 --> 00:29:22,345 es ti. 424 00:29:22,428 --> 00:29:25,556 Tes que descubrir a verdade e soltar a papá. 425 00:29:25,640 --> 00:29:29,018 Ata que iso pase, sabemos que mamá vai esboroar. 426 00:29:31,062 --> 00:29:32,939 Así que teremos que ser fortes. 427 00:29:33,940 --> 00:29:35,483 E refírome a ti. 428 00:29:38,861 --> 00:29:40,947 Veña. Dáme unha. 429 00:29:55,127 --> 00:29:56,587 Onde está madre? 430 00:29:57,421 --> 00:29:59,549 Dixo que quería estar soa. 431 00:29:59,632 --> 00:30:01,592 Onde ninguén a atope. 432 00:30:15,147 --> 00:30:16,232 Ola, madre. 433 00:30:19,735 --> 00:30:20,862 Ola, Mércores. 434 00:30:22,071 --> 00:30:24,115 Conque es unha Beladona. 435 00:30:24,198 --> 00:30:25,741 Pouco tardaches. 436 00:30:25,825 --> 00:30:27,869 En realidade rexeiteinos. 437 00:30:28,369 --> 00:30:29,912 Por que eu fun membro? 438 00:30:29,996 --> 00:30:32,331 Xamais estarei a altura do teu legado, 439 00:30:32,915 --> 00:30:33,958 para que tentalo? 440 00:30:35,126 --> 00:30:37,962 Gañei unha Copa Poe, ti catro. 441 00:30:38,045 --> 00:30:40,256 Fago esgrima, ti liderabas o equipo. 442 00:30:42,091 --> 00:30:45,720 Por que enviarme a un lugar onde só podo vivir a túa sombra? 443 00:30:46,429 --> 00:30:48,389 Non é unha competición. 444 00:30:48,472 --> 00:30:50,683 Todo o é. 445 00:30:52,059 --> 00:30:55,271 Inda que os rexeitei porque só son un club banal. 446 00:30:55,354 --> 00:30:57,398 Antes eramos moito máis. 447 00:30:58,566 --> 00:31:02,194 A nosa misión era protexer os marxinados da intolerancia. 448 00:31:03,654 --> 00:31:08,367 De feito, o grupo fundouno unha devanceira mexicana de teu pai. 449 00:31:08,868 --> 00:31:11,120 Das primeiras poboadoras de América. 450 00:31:11,203 --> 00:31:12,204 Goody. 451 00:31:13,789 --> 00:31:15,958 Vina nun cadro no Mundo Peregrino. 452 00:31:20,087 --> 00:31:23,799 Que irónico, sabendo que ela foi quen matou a Joseph Crackstone. 453 00:31:25,009 --> 00:31:29,555 As Beladonas eran a súa resposta, secreta pero letal, á opresión. 454 00:31:32,183 --> 00:31:34,810 Sei por que viñeches, Mércores. 455 00:31:36,979 --> 00:31:38,689 Así que adiante, pregunta. 456 00:31:40,650 --> 00:31:43,152 Papá non matou a Garrett Gates, equivócome? 457 00:31:45,821 --> 00:31:46,656 Non. 458 00:31:50,409 --> 00:31:52,495 Cando cheguei arriba, 459 00:31:52,578 --> 00:31:56,207 vin a teu pai loitar pola súa vida. Foi aterrador. 460 00:31:56,999 --> 00:31:57,875 Garret, non! 461 00:32:08,219 --> 00:32:09,136 Garrett! 462 00:32:09,637 --> 00:32:10,721 Garret, para! 463 00:32:10,805 --> 00:32:11,931 Déixao en paz! 464 00:32:18,980 --> 00:32:21,524 Xamais esquecerei como me mirou. 465 00:32:23,150 --> 00:32:25,945 Ata lle saía escuma pola boca. 466 00:32:27,697 --> 00:32:31,993 Foi como mirar a unha besta rabiosa. 467 00:32:49,593 --> 00:32:50,553 Non. 468 00:32:57,184 --> 00:33:01,105 Cando oín o berro, decateime do que fixera. 469 00:33:02,690 --> 00:33:04,859 Teu pai tivo tal… 470 00:33:06,152 --> 00:33:08,154 calma e valentía. 471 00:33:17,872 --> 00:33:20,708 Tish, tes que marchar. 472 00:33:20,791 --> 00:33:22,585 Vai o teu cuarto e péchate. 473 00:33:23,169 --> 00:33:24,336 Non estiveches aquí. 474 00:33:24,420 --> 00:33:26,213 Entendes? 475 00:33:26,797 --> 00:33:28,340 Morticia? 476 00:33:29,800 --> 00:33:31,635 Volve poñela na mesa. 477 00:33:32,720 --> 00:33:33,846 - Marcha. - Vale. 478 00:33:39,518 --> 00:33:42,897 Teu pai cargou coa culpa para protexerme. 479 00:33:47,610 --> 00:33:50,780 Agradecín moito cando o exoneraron de todo crime, 480 00:33:50,863 --> 00:33:52,239 pero sabía… 481 00:33:53,532 --> 00:33:56,243 que algún día volvería atormentarnos. 482 00:34:01,123 --> 00:34:05,377 Garrett botaba escuma pola boca, os seus ollos non parecían humanos. 483 00:34:06,629 --> 00:34:10,216 Nunca vira a ninguén tan cegado pola ira. 484 00:34:10,841 --> 00:34:12,176 Igual non era ira. 485 00:34:12,968 --> 00:34:16,180 Escuma pola boca, pupilas dilatadas, confusión mental… 486 00:34:16,263 --> 00:34:18,724 A que corresponden eses síntomas? 487 00:34:25,314 --> 00:34:26,732 Pero como é posible? 488 00:34:27,775 --> 00:34:29,568 Só hai un xeito de sabelo. 489 00:34:33,572 --> 00:34:37,451 Isto lémbrame cando conseguiches o primeiro equipo de escavación. 490 00:34:37,535 --> 00:34:39,870 Estabas tan feliz que case sorrías. 491 00:34:40,996 --> 00:34:42,706 Segura que non queres unirte? 492 00:34:44,750 --> 00:34:47,503 Tranquila, non quero estragarche a diversión. 493 00:35:00,474 --> 00:35:01,684 Momento da verdade. 494 00:35:09,567 --> 00:35:10,734 Ola, Garrett. 495 00:35:12,695 --> 00:35:13,612 Tiña razón. 496 00:35:14,697 --> 00:35:17,366 Vaia, vaia, que temos aquí? 497 00:35:19,118 --> 00:35:23,122 Parece que que hoxe haberá reunión familiar no calabozo. 498 00:35:23,205 --> 00:35:24,957 Quedades arrestadas. 499 00:35:27,960 --> 00:35:30,588 Acomodádevos, mañá poderedes pagar a fianza. 500 00:35:33,174 --> 00:35:35,718 Nin o brazo da lei pode afastarnos. 501 00:35:35,801 --> 00:35:37,887 Unha última noite xuntos. 502 00:35:37,970 --> 00:35:38,804 Si. 503 00:35:38,888 --> 00:35:42,057 Coñezo chacais con máis control que vós. 504 00:35:43,309 --> 00:35:46,061 Ningún de vós aturaría unha larga condena. 505 00:35:47,146 --> 00:35:48,689 Grazas a min, dá igual. 506 00:35:48,772 --> 00:35:51,692 Sabía que a nosa presiña tería un plan de fuga. 507 00:35:53,944 --> 00:35:57,198 Un regalo da nosa excursión. Collinllo a Garrett. 508 00:35:58,282 --> 00:36:00,326 Morreu envelenado pola beladona. 509 00:36:00,409 --> 00:36:03,746 A conservación dos tecidos e a tintura azul confírmano. 510 00:36:04,788 --> 00:36:09,293 - Entón Garrett estaba morrendo… - Antes de que o apuñalaras. 511 00:36:10,753 --> 00:36:13,756 A inocencia séntache divinamente. 512 00:36:13,839 --> 00:36:14,673 Si. 513 00:36:14,757 --> 00:36:17,927 Podedes soltarvos un segundo e centrarvos? 514 00:36:19,762 --> 00:36:22,348 Demóstrame que mereces ser meu fillo! 515 00:36:22,932 --> 00:36:24,850 Mata a eses marxinados! 516 00:36:24,934 --> 00:36:27,561 Cóate no baile e bota isto no ponche. 517 00:36:28,771 --> 00:36:29,855 Addams! 518 00:36:34,526 --> 00:36:35,611 Mércores. 519 00:36:39,990 --> 00:36:41,533 Tiveches unha visión? 520 00:36:42,785 --> 00:36:43,911 Que pasou? 521 00:36:44,411 --> 00:36:45,913 Que viches? 522 00:36:47,623 --> 00:36:48,749 A noite que morreu, 523 00:36:48,832 --> 00:36:52,169 Garrett levaba un frasco de beladona e rompeulle no peto. 524 00:36:52,253 --> 00:36:54,338 Non tentaba matar só a papá. 525 00:36:55,589 --> 00:36:58,968 Ía usar o veleno de beladona para matar a toda a escola. 526 00:37:01,929 --> 00:37:03,847 MUNDO PEREGRINO 527 00:37:05,432 --> 00:37:08,352 Grazas por vernos tan rápido, alcalde. 528 00:37:08,435 --> 00:37:11,063 Xa, as ameazas veladas adoitan funcionar. 529 00:37:11,647 --> 00:37:14,149 Garrett Gates non morreu dunha puñalada. 530 00:37:19,613 --> 00:37:23,617 Ese brillo azul é un indicio de envelenamento por beladona. 531 00:37:23,701 --> 00:37:26,287 Pero vostede xa o sabía, non si? 532 00:37:26,370 --> 00:37:28,289 Porque, cando era shériff, 533 00:37:28,372 --> 00:37:30,249 estaba ó mando e encubriuno. 534 00:37:37,715 --> 00:37:41,677 Ansel Gates odiaba os parias e a Nunca Máis. 535 00:37:41,760 --> 00:37:44,722 Dicía que a terra na que se construíra a escola 536 00:37:44,805 --> 00:37:47,391 fóralle roubada a súa familia hai 200 anos. 537 00:37:48,225 --> 00:37:51,395 Aquela noite, Garrett foi sabotar o ponche 538 00:37:51,937 --> 00:37:53,897 e matar a toda a xente do baile. 539 00:37:54,481 --> 00:37:57,318 Ansel confesoumo todo un día que se emborrachou. 540 00:37:57,401 --> 00:37:58,610 Foi idea súa. 541 00:37:58,694 --> 00:38:01,488 Por que mandou falsificar a autopsia? 542 00:38:02,197 --> 00:38:04,867 Sabía como morrera en realidade. 543 00:38:04,950 --> 00:38:08,120 O meu traballo era manter a paz. 544 00:38:08,203 --> 00:38:09,538 De celebrarse o xuízo, 545 00:38:09,621 --> 00:38:12,458 arruinaría a reputación de Jericó e Nunca Máis. 546 00:38:12,541 --> 00:38:16,003 Creo que a única reputación que lle preocupaba era a súa. 547 00:38:17,087 --> 00:38:21,759 Lembro que Garrett presumía de que seu pai tiña o shériff no puño. 548 00:38:22,843 --> 00:38:25,387 Un ano despois, sae elixido alcalde. 549 00:38:26,305 --> 00:38:28,766 Co apoio de Ansel Gates, sen dúbida. 550 00:38:28,849 --> 00:38:31,060 Oféndeme esa insinuación. 551 00:38:31,143 --> 00:38:34,938 A ofensa é que puido evitar a morte de Garrett 552 00:38:35,022 --> 00:38:39,651 con só facer o seu traballo o día que presentei unha queixa por acoso. 553 00:38:40,152 --> 00:38:41,153 Pero, non, 554 00:38:41,236 --> 00:38:46,408 os homes como vostede non saben o que é que non os crean. 555 00:38:53,457 --> 00:38:54,666 Que queredes? 556 00:38:58,670 --> 00:39:00,464 Retire todos os cargos. 557 00:39:00,547 --> 00:39:02,549 Meu pai será liberado de inmediato 558 00:39:02,633 --> 00:39:05,594 cunha desculpa inequívoca da oficina do shériff. 559 00:39:08,347 --> 00:39:10,140 Temos un trato? 560 00:39:23,737 --> 00:39:25,572 Estiveches impresionante. 561 00:39:25,656 --> 00:39:29,660 CONCELLO DE JERICÓ 562 00:39:31,620 --> 00:39:33,497 Cando comezaron as visións? 563 00:39:36,667 --> 00:39:37,960 Hai uns meses. 564 00:39:38,710 --> 00:39:40,379 Antes de vir a Nunca Máis. 565 00:39:41,088 --> 00:39:43,132 Lamento que non puideras contarmo. 566 00:39:45,300 --> 00:39:47,886 Sei que ultimamente tivemos problemas 567 00:39:48,429 --> 00:39:52,349 para superar os enganosos escollos da nosa relación nai e filla, 568 00:39:55,102 --> 00:39:57,604 pero sempre estarei aí para ti, Mércores. 569 00:39:59,148 --> 00:40:00,232 Sempre. 570 00:40:06,572 --> 00:40:08,782 Ás veces cando toco algo ou a alguén, 571 00:40:09,741 --> 00:40:12,661 véñenme violentas descargas do pasado ou o futuro. 572 00:40:14,163 --> 00:40:15,747 Non sei como controlalo. 573 00:40:17,458 --> 00:40:21,044 As nosas habilidades psíquicas residen en quen somos. 574 00:40:22,463 --> 00:40:23,964 Dado o meu humor, 575 00:40:24,047 --> 00:40:26,425 adoito ter visións positivas. 576 00:40:26,508 --> 00:40:27,885 Por iso son unha Pomba. 577 00:40:28,719 --> 00:40:30,554 E alguén coma min? 578 00:40:30,637 --> 00:40:32,514 Que ve un mundo máis escuro? 579 00:40:33,182 --> 00:40:34,349 Es un Corvo. 580 00:40:35,559 --> 00:40:38,395 As túas visións son máis potentes e poderosas. 581 00:40:39,396 --> 00:40:42,608 Pero, sen o adestramento axeitado, poden volverte tola. 582 00:40:43,734 --> 00:40:46,153 Se puidera axudarche, faríao. 583 00:40:46,236 --> 00:40:48,238 Pero non nos ensinan os vivos. 584 00:40:49,156 --> 00:40:53,952 Alguén do noso liñaxe manifestarase para axudar cando esteas lista. 585 00:40:55,204 --> 00:40:56,371 Goody. 586 00:40:57,247 --> 00:40:58,290 Xa a vin. 587 00:40:58,373 --> 00:41:00,125 Ten coidado, Mércores. 588 00:41:00,959 --> 00:41:03,086 Goody era unha bruxa moi forte, 589 00:41:03,587 --> 00:41:06,006 pero a súa vinganza levouna o límite 590 00:41:06,089 --> 00:41:08,175 e no puido nin salvarse a si mesma. 591 00:41:17,267 --> 00:41:18,519 Sinto todo isto. 592 00:41:20,687 --> 00:41:22,189 Non gardo rencor, 593 00:41:22,773 --> 00:41:24,024 só débedas de sangue. 594 00:41:25,984 --> 00:41:29,530 Parece que os nosos fillos volvéronse… 595 00:41:30,739 --> 00:41:31,573 íntimos. 596 00:41:32,157 --> 00:41:35,202 Compadezo ó rapaz que caia na súa mirada viperina. 597 00:41:35,285 --> 00:41:36,828 pero ha de ser boa xente. 598 00:41:37,621 --> 00:41:40,207 Non toleraría nada menos. 599 00:41:40,958 --> 00:41:43,252 Iso débello a súa nai. 600 00:41:53,428 --> 00:41:54,346 Papá! 601 00:41:55,222 --> 00:41:58,016 Boteite moito de menos. 602 00:42:01,311 --> 00:42:02,312 Querida. 603 00:42:03,689 --> 00:42:04,731 Meu amor. 604 00:42:05,232 --> 00:42:06,191 Non me abafedes. 605 00:42:19,913 --> 00:42:24,001 Decidido entón, seis semanas no Campamento Ouveo. 606 00:42:24,084 --> 00:42:27,004 - Terás que escoller a actividade… - Non. 607 00:42:27,087 --> 00:42:28,338 Non vou ir. 608 00:42:29,047 --> 00:42:30,841 Nin este verán nin nunca. 609 00:42:30,924 --> 00:42:34,303 Se o meu destino é tornar, fareino o meu ritmo, 610 00:42:34,386 --> 00:42:35,387 non o teu. 611 00:42:37,639 --> 00:42:40,976 Só espero que algún día me aceptes tal e como son. 612 00:42:52,237 --> 00:42:53,739 Estou orgulloso de ti. 613 00:42:55,157 --> 00:42:56,491 Sé ti mesma. 614 00:43:07,794 --> 00:43:10,464 Volverei para axudarche con unha condición. 615 00:43:10,547 --> 00:43:12,799 Agarda a que remate o curso. 616 00:43:12,883 --> 00:43:15,594 Como sei que non vas volver fuxir? 617 00:43:15,677 --> 00:43:18,930 Porque ambas temos moito que perder, pero despois, 618 00:43:19,014 --> 00:43:22,601 ti e CantoMatinal sairedes da miña vida… para sempre. 619 00:43:30,192 --> 00:43:31,193 Non te pases. 620 00:43:34,905 --> 00:43:39,034 Non se pode dicir que a finde da Familia non foi axitada. 621 00:43:39,117 --> 00:43:41,578 Sabía que non eras capaz de matar. 622 00:43:42,287 --> 00:43:44,206 Por moito que proa, 623 00:43:45,374 --> 00:43:47,709 grazas, miña trampiña mortal. 624 00:43:54,758 --> 00:43:57,678 Mentres ollaba o anuario, 625 00:43:57,761 --> 00:44:02,724 lembrei os marabillosos momentos que pasei aquí, 626 00:44:02,808 --> 00:44:04,309 pero só son iso. 627 00:44:05,227 --> 00:44:06,061 Meus. 628 00:44:07,771 --> 00:44:10,440 Ti queima o teu propio camiño. 629 00:44:12,150 --> 00:44:14,528 Non quero ser unha estraña na túa vida. 630 00:44:15,529 --> 00:44:18,115 Se algunha vez me precisas, 631 00:44:18,198 --> 00:44:19,741 para o que sexa, 632 00:44:21,201 --> 00:44:23,286 só tes que mirar a bóla de cristal. 633 00:44:24,955 --> 00:44:26,206 Grazas, madre. 634 00:45:05,829 --> 00:45:06,663 Sabíao. 635 00:45:07,914 --> 00:45:10,167 Si presenciei o asasinato de Rowan. 636 00:45:10,250 --> 00:45:11,084 Desculpa? 637 00:45:11,168 --> 00:45:13,503 O Rowan que vimos á mañá era vostede. 638 00:45:14,087 --> 00:45:16,465 Cando participou no concurso, 639 00:45:16,548 --> 00:45:18,467 non imitou a Judy Garland, 640 00:45:18,550 --> 00:45:19,801 converteuse nela. 641 00:45:21,052 --> 00:45:22,512 É unha cambiaformas. 642 00:45:28,435 --> 00:45:30,604 Unha teoría fascinante. 643 00:45:31,188 --> 00:45:34,191 Xa veremos que lle parece ó shériff cando llo conte. 644 00:45:37,402 --> 00:45:39,821 Non dirá unha palabra, srta. Addams. 645 00:45:39,905 --> 00:45:42,032 E tanto daría se o fixera. 646 00:45:42,115 --> 00:45:44,242 O pai de Rowan xa sabe o que pasou 647 00:45:44,326 --> 00:45:47,496 e apoia a decisión de non involucrar as autoridades. 648 00:45:48,205 --> 00:45:49,581 Por que ía querer iso? 649 00:45:49,664 --> 00:45:52,959 Porque Rowan non estaba ben da cabeza. 650 00:45:53,543 --> 00:45:55,712 As súa telecinesia volvíao tolo 651 00:45:55,796 --> 00:45:58,048 e tentou asasinarte dúas veces. 652 00:45:58,757 --> 00:46:03,094 A súa tráxica morte permitiunos rectificar a situación 653 00:46:03,178 --> 00:46:06,890 sen poñer a escola ou a Rowan baixo unha luz pouco favorecedora. 654 00:46:07,891 --> 00:46:09,976 É igual co alcalde Walker, non si? 655 00:46:11,144 --> 00:46:13,563 Agochan os corpos e encobren segredos. 656 00:46:14,147 --> 00:46:17,943 Fixen o necesario para protexer a escola da controversia 657 00:46:18,026 --> 00:46:19,694 e ós seus alumnos do mal. 658 00:46:19,778 --> 00:46:21,238 Dígallo á Eugene. 659 00:46:23,198 --> 00:46:25,158 A el como o protexe? 660 00:46:37,420 --> 00:46:38,839 Que demos? 661 00:46:45,887 --> 00:46:49,224 CHOVERÁ LUME 662 00:49:42,772 --> 00:49:45,817 Subtítulos: Laura Feijóo Sánchez