1 00:00:06,049 --> 00:00:08,384 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:18,686 --> 00:00:20,354 Por se volo preguntabades, 3 00:00:20,438 --> 00:00:22,815 non adoito facer sesións de espiritismo. 4 00:00:22,899 --> 00:00:24,901 Apenas tolero os vivos. 5 00:00:25,485 --> 00:00:27,570 Por que querería falar cos mortos? 6 00:00:28,988 --> 00:00:30,114 Pero miña nai dixo 7 00:00:30,198 --> 00:00:34,160 que Goody é a única capaz de axudarme a controlar a miña habilidade. 8 00:00:34,243 --> 00:00:37,705 Canto antes a domine, antes resolverei o caso. 9 00:00:56,224 --> 00:00:57,225 Perdoa. 10 00:00:57,308 --> 00:00:59,310 Non quería interromper o teu… 11 00:01:00,269 --> 00:01:01,979 Non sei se quero sabelo. 12 00:01:02,563 --> 00:01:05,775 Penetraba nas fauces da morte para falar cunha parente. 13 00:01:06,275 --> 00:01:09,445 Moi propio de ti. Tes unha parente que se chama Goody? 14 00:01:09,529 --> 00:01:11,531 Unha das parias orixinais. 15 00:01:12,073 --> 00:01:15,701 Estou tentando invocala, pero parece que ignora os meus rogos. 16 00:01:15,785 --> 00:01:18,371 Probaches a usar a miñas candeas aromáticas? 17 00:01:18,454 --> 00:01:21,415 A de bisté de carne é para morrer. 18 00:01:24,877 --> 00:01:26,754 Quizais si che contestou. 19 00:01:31,175 --> 00:01:33,970 Non creo se comunique con recortes de revista. 20 00:01:34,929 --> 00:01:38,975 SE QUERES RESPOSTAS, VÉN A CRIPTA DE CRACKSTONE A MEDIANOITE. 21 00:01:53,656 --> 00:01:55,575 Insistiches en vir. 22 00:01:56,450 --> 00:01:57,827 Estaba ben eu soa. 23 00:02:11,591 --> 00:02:14,302 Parece que o noso intento de espía xa chegou. 24 00:02:18,097 --> 00:02:19,223 Que morreu? 25 00:02:19,307 --> 00:02:20,808 Cheira a infancia. 26 00:02:21,809 --> 00:02:22,852 Veña. 27 00:02:22,935 --> 00:02:25,479 Pensándoo mellor, e se te espero aquí fóra? 28 00:02:28,900 --> 00:02:30,443 Xa sabes, para vixiar. 29 00:03:00,640 --> 00:03:01,474 Enid? 30 00:03:14,487 --> 00:03:16,530 Quen queira que sexas, móstrate. 31 00:03:17,990 --> 00:03:19,575 Tenta algo e esnaquízote. 32 00:03:20,576 --> 00:03:21,994 Sorpresa! 33 00:03:23,579 --> 00:03:27,291 Parabéns para ti, 34 00:03:28,417 --> 00:03:32,672 nesta data querida. 35 00:03:32,755 --> 00:03:36,759 Moitas felicidades, 36 00:03:36,842 --> 00:03:38,302 FELIZ 16 ANIVERSARIO 37 00:03:38,386 --> 00:03:41,889 moitos anos de vida 38 00:03:44,934 --> 00:03:46,852 Debín saber que era cousa túa. 39 00:03:47,603 --> 00:03:51,023 Que non entendiches de "nada de festas baixo pena capital"? 40 00:03:52,483 --> 00:03:55,111 Creo que deseñei a torta con bastante acerto. 41 00:03:55,194 --> 00:03:57,238 Eu púxenlle o globo rosa. 42 00:03:57,321 --> 00:03:59,073 Por que non pides un desexo? 43 00:04:03,995 --> 00:04:05,371 Iso é latín. 44 00:04:07,790 --> 00:04:11,419 Choverá lume… cando me alce. 45 00:04:11,502 --> 00:04:13,004 Iso non é un desexo. 46 00:04:14,839 --> 00:04:17,842 A primeira parte escribírona con lume na escola. 47 00:04:18,467 --> 00:04:19,885 Non pode ser casual. 48 00:04:19,969 --> 00:04:22,680 Oe, non imos comer a torta, verdade? 49 00:04:36,986 --> 00:04:38,654 Xa vén Crackstone. 50 00:04:40,906 --> 00:04:42,283 Xa vén Crackstone. 51 00:04:53,836 --> 00:04:55,963 - Goody. - Es o Corvo da miña liñaxe. 52 00:04:57,131 --> 00:04:58,382 Mércores. 53 00:04:58,466 --> 00:05:01,010 Dixéronme que me ensinarías a controlalo. 54 00:05:01,093 --> 00:05:03,554 A un río bravo non o controlas, 55 00:05:04,096 --> 00:05:06,599 aprendes a navegar por el sen afogar. 56 00:05:06,682 --> 00:05:08,184 Non temos moito tempo. 57 00:05:10,478 --> 00:05:13,522 Para deter a Crackstone, este sitio has de buscar. 58 00:05:16,525 --> 00:05:18,027 Sempre falas con enigmas? 59 00:05:18,110 --> 00:05:20,279 Sempre queres respostas simples? 60 00:05:21,238 --> 00:05:23,032 O camiño do Corvo é solitario. 61 00:05:23,115 --> 00:05:25,534 Ficarás soa, sen poder fiarte de ninguén, 62 00:05:25,618 --> 00:05:27,703 vendo a escuridade do seu interior. 63 00:05:28,496 --> 00:05:30,081 Iso debería asustarme? 64 00:05:30,831 --> 00:05:31,874 Debería. 65 00:05:38,631 --> 00:05:42,510 CAPÍTULO VI: HOXE POR MIN, MAÑÁ POR MIN 66 00:05:48,307 --> 00:05:50,935 Coidado, non vaias caer. 67 00:05:51,018 --> 00:05:52,186 Non culpes a Cousa. 68 00:05:52,269 --> 00:05:53,813 A festa foi idea miña. 69 00:05:53,896 --> 00:05:56,399 Todo o mundo merece celebrar o aniversario. 70 00:05:56,482 --> 00:05:58,192 Prefiro que me vilipendien. 71 00:05:58,275 --> 00:06:00,778 Que pasou? Parece que sufriras un ataque. 72 00:06:01,487 --> 00:06:02,696 Non tiven esa sorte. 73 00:06:03,864 --> 00:06:06,784 Pódesme felicitar ó menos por conseguir enganarte? 74 00:06:07,743 --> 00:06:09,412 A argucia foi impresionante. 75 00:06:28,139 --> 00:06:31,308 "Que os teus 16 sexan amargos e cheos de tristura." 76 00:06:31,392 --> 00:06:33,227 "Con agarimo, teus pais." 77 00:06:33,310 --> 00:06:36,272 Pedíronlle a Cousa que o acochase antes de marchar. 78 00:06:36,772 --> 00:06:38,899 Que noxo. 79 00:06:38,983 --> 00:06:40,860 Preferiría un esquío vivo. 80 00:06:43,988 --> 00:06:46,407 Xa que estás abrindo regalos… 81 00:07:01,380 --> 00:07:03,674 Gústache? 82 00:07:05,217 --> 00:07:06,177 Que é? 83 00:07:06,260 --> 00:07:07,887 Unha bufanda, boba! 84 00:07:07,970 --> 00:07:10,014 Fíxeno coas túas cores. 85 00:07:10,097 --> 00:07:12,349 E sabes que é o mellor? 86 00:07:13,309 --> 00:07:14,643 Eu tamén teño unha! 87 00:07:15,936 --> 00:07:18,063 Podémolas levar á clase! 88 00:07:18,647 --> 00:07:23,402 Enid, é demasiado única como para levala á clase. 89 00:07:23,486 --> 00:07:25,613 Agardemos a unha ocasión especial, 90 00:07:26,864 --> 00:07:28,407 como un funeral. 91 00:07:32,077 --> 00:07:35,456 Lucas síntese fatal polo acontecido no baile. 92 00:07:35,539 --> 00:07:39,793 Desculpe se son escéptica, dado o seu último acto vandálico. 93 00:07:39,877 --> 00:07:43,172 El non tivo nada que ver coas palabras escritas con lume. 94 00:07:43,255 --> 00:07:45,216 Leva unha semana castigado. 95 00:07:46,926 --> 00:07:47,760 Vale. 96 00:07:48,719 --> 00:07:52,640 Se fai aquí o servizo comunitario, faremos como se non pasara nada. 97 00:07:52,723 --> 00:07:53,682 Xa… 98 00:07:54,475 --> 00:07:56,101 Estou en débeda contigo. 99 00:07:56,602 --> 00:07:58,687 Non preciso a túa gratitude. 100 00:07:58,771 --> 00:08:02,441 Ti atopa os delincuentes. Poderías comezar co séquito de Lucas. 101 00:08:02,525 --> 00:08:05,903 En canto atrapemos o agresor de Ottinger. 102 00:08:05,986 --> 00:08:09,949 Aínda que todo apunta a que foi un dos teus alumnos. 103 00:08:10,032 --> 00:08:11,283 Coidado, Noble, 104 00:08:12,243 --> 00:08:14,370 a miña caridade ten un límite. 105 00:08:15,162 --> 00:08:17,998 CHOVERÁ LUME 106 00:08:26,423 --> 00:08:28,801 Tiveches outra visión na cripta, non? 107 00:08:28,884 --> 00:08:31,470 Non sabía que nos volviamos falar. 108 00:08:31,554 --> 00:08:34,974 Fun a túa festa sorpresa. Pensei que iso sería unha pista. 109 00:08:35,558 --> 00:08:36,600 Que viches? 110 00:08:36,684 --> 00:08:38,561 Eu non estou lista para falar. 111 00:08:40,479 --> 00:08:43,315 - Inda cres que son o monstro? - Non o descartei. 112 00:08:43,941 --> 00:08:46,193 Cando cambies de idea e queiras axuda, 113 00:08:46,277 --> 00:08:47,736 xa sabes onde estou. 114 00:09:12,261 --> 00:09:13,262 De onde saíu iso? 115 00:09:14,430 --> 00:09:16,557 A pulseira, onde a colliches. 116 00:09:18,309 --> 00:09:20,394 Lucas. Un pracer coñecerte. 117 00:09:20,978 --> 00:09:21,979 Bianca. 118 00:09:22,062 --> 00:09:23,022 Xa o sei. 119 00:09:23,105 --> 00:09:26,817 A outra semana no café meu pai dixo que tiña que comportarme. 120 00:09:26,900 --> 00:09:30,738 Cando marchou, a señora do lado faloume dunha app de autoaxuda. 121 00:09:30,821 --> 00:09:31,780 CantoMatinal. 122 00:09:31,864 --> 00:09:34,533 Dixo que me axudaría a encarrilar a miña vida. 123 00:09:34,617 --> 00:09:38,329 Algo así adoitaría parecerme un conto, pero por algunha razón… 124 00:09:38,412 --> 00:09:39,663 Críchela. 125 00:09:39,747 --> 00:09:43,042 Si, e resulta que tiña razón, así que inscribinme. 126 00:09:43,667 --> 00:09:44,918 E enviáronme isto. 127 00:09:45,961 --> 00:09:49,089 Asegúroche que tanto lles dá o teu benestar. 128 00:09:49,173 --> 00:09:51,050 Só queren os teus cartos. 129 00:09:51,133 --> 00:09:54,428 Faite un favor. Borra a aplicación. 130 00:09:54,511 --> 00:09:57,264 Canto máis os escoites, máis te atraparán. 131 00:09:58,140 --> 00:09:59,016 Como o sabes? 132 00:09:59,600 --> 00:10:00,851 Porque o sei. 133 00:10:01,810 --> 00:10:05,731 Por iso aviso o idiota que estragou o meu marabilloso vestido 134 00:10:05,814 --> 00:10:09,443 por unha broma de merda… de que se afaste do CantoMatinal. 135 00:10:10,194 --> 00:10:12,404 Porque es xusto o tipo que buscan. 136 00:10:13,238 --> 00:10:15,074 Supoño que non é un afago. 137 00:10:15,949 --> 00:10:17,660 E a ti que máis che dá? 138 00:10:17,743 --> 00:10:19,870 Tento non ser coma miña nai. 139 00:10:20,371 --> 00:10:23,248 É como a pantasma da mala lúa futura. 140 00:10:25,250 --> 00:10:26,126 Oe. 141 00:10:27,419 --> 00:10:29,880 Despois irei o café, por se queres vir. 142 00:10:29,963 --> 00:10:33,509 Quizais poidamos intercambiar opinións sobre autoaxuda. 143 00:10:41,767 --> 00:10:43,936 Non sempre odiei os aniversarios. 144 00:10:44,478 --> 00:10:48,273 Lembrábanme que estaba un ano máis preto do frío abrazo da morte. 145 00:10:49,316 --> 00:10:51,110 A quen non lle gusta iso? 146 00:10:52,194 --> 00:10:55,114 Ademais, meus pais facían que foran memorables. 147 00:10:55,197 --> 00:10:58,409 Parabéns para ti… 148 00:10:59,952 --> 00:11:01,328 A sorpresa perfecta. 149 00:11:04,248 --> 00:11:05,749 A torta perfecta. 150 00:11:06,959 --> 00:11:09,795 Lambetada! 151 00:11:09,878 --> 00:11:11,171 Os xogos perfectos. 152 00:11:11,255 --> 00:11:14,383 Lambetada! 153 00:11:26,937 --> 00:11:30,315 Pero agora as festas, os regalos e os xogos… 154 00:11:33,527 --> 00:11:35,112 atópoos banais. 155 00:11:37,448 --> 00:11:39,658 Goody advertiume de que acabaría soa 156 00:11:39,742 --> 00:11:41,702 e que o lamentaría. 157 00:11:44,913 --> 00:11:45,748 Dra. Kinbott. 158 00:11:46,331 --> 00:11:49,626 Non te vía dende a sesión coa túa familia, cousa que… 159 00:11:49,710 --> 00:11:51,420 xamais esquecerei. 160 00:11:52,004 --> 00:11:53,422 Como vai todo con eles? 161 00:11:53,505 --> 00:11:56,133 Miña nai e mais eu pasamos un bo rato xuntas. 162 00:11:56,216 --> 00:11:58,010 - Ensuciámonos. - No xardín? 163 00:11:58,093 --> 00:11:59,219 Cavando unha tumba. 164 00:12:00,471 --> 00:12:02,556 E librei a meu pai do cárcere. 165 00:12:04,767 --> 00:12:06,101 Que fai aquí? 166 00:12:07,060 --> 00:12:09,271 As nais de Eugene, estounas tratando. 167 00:12:09,354 --> 00:12:12,357 Un trauma así deixa cicatrices en toda a familia. 168 00:12:13,192 --> 00:12:16,987 Tiveron que volver á casa e prometín botarlle un ollo. 169 00:12:18,447 --> 00:12:19,698 Entón eu marcho. 170 00:12:21,325 --> 00:12:22,409 Quen é Goody? 171 00:12:27,206 --> 00:12:28,874 Unha prima distante. 172 00:12:29,792 --> 00:12:30,793 Moi distante. 173 00:12:31,376 --> 00:12:33,462 Non te ve como realmente es. 174 00:12:33,545 --> 00:12:35,422 Ve máis do que cre. 175 00:12:39,426 --> 00:12:42,805 Sigo sendo tan fría e insensible como cando nos coñecemos. 176 00:12:43,597 --> 00:12:46,850 Alguén frío e insensible non estaría o lado do seu amigo 177 00:12:46,934 --> 00:12:48,769 sentindo culpa polo seu estado. 178 00:12:48,852 --> 00:12:50,479 Non pedín unha sesión gratis. 179 00:12:50,562 --> 00:12:52,272 Regalo de aniversario. 180 00:13:04,368 --> 00:13:05,285 Adiante. 181 00:13:07,621 --> 00:13:09,122 Chegou isto de Londres. 182 00:13:09,206 --> 00:13:11,500 A copia dunha vella acta de defunción. 183 00:13:11,583 --> 00:13:13,126 Grazas, Agnes. 184 00:13:13,210 --> 00:13:15,337 Por certo, volveu chamar Inez Bloom? 185 00:13:15,420 --> 00:13:18,215 Polas luces acendidas na casa dos Gates? 186 00:13:18,298 --> 00:13:21,218 Hai uns días. Mandeina ó shériff. 187 00:13:25,347 --> 00:13:29,226 COPIA COMPULSADA DO CERTIFICADO DE DEFUNCIÓN DE LAUREL GATES 188 00:13:29,309 --> 00:13:32,396 O CAMIÑO DO PEREGRINO A VIDA DE JOSEPH CRACKSTONE 189 00:13:33,522 --> 00:13:34,731 FELIZ ANIVERSARIO 190 00:13:34,815 --> 00:13:39,027 Sei que non adoitas tomalo así, pero levo toda a semana practicando iso. 191 00:13:39,987 --> 00:13:41,363 Aniversario, si. 192 00:13:41,446 --> 00:13:42,281 Feliz, nunca. 193 00:13:43,740 --> 00:13:45,284 Cousa contoullo a todos? 194 00:13:45,367 --> 00:13:47,327 Quen cres que fixo a torta? 195 00:13:48,370 --> 00:13:52,374 Escollín chocolate negro 98 % coñecendo… 196 00:13:52,457 --> 00:13:54,126 a túa preferencia de cores. 197 00:13:58,380 --> 00:14:01,383 Ese é o regalo de Enid? 198 00:14:01,466 --> 00:14:04,428 É perfecto para fuxir dun país asolado pola guerra. 199 00:14:04,511 --> 00:14:08,181 - Non che gusta ser o centro por un día? - Sono todos os días. 200 00:14:08,265 --> 00:14:10,392 Este trae torta e unha canción fea. 201 00:14:12,686 --> 00:14:16,523 Entón se te invito a unha cea sen canción de aniversario… 202 00:14:18,317 --> 00:14:20,444 que me dirías? Interésache? 203 00:14:23,947 --> 00:14:25,449 Non teño tempo morto. 204 00:14:25,532 --> 00:14:26,742 Énfase en morto. 205 00:14:27,576 --> 00:14:28,535 Algún traballo? 206 00:14:29,745 --> 00:14:33,373 Os pecados encubertos do pasado que volven para matarnos. 207 00:14:46,470 --> 00:14:47,930 Víchelo algunha vez? 208 00:14:49,890 --> 00:14:51,516 Que se supón que é? 209 00:14:52,851 --> 00:14:53,852 Tanto ten. 210 00:14:59,024 --> 00:15:01,401 A ver, fixen algo? 211 00:15:02,611 --> 00:15:06,114 Teño a sensación de que me ignoras dende o Rave'N. 212 00:15:06,907 --> 00:15:07,866 Equivócome? 213 00:15:13,830 --> 00:15:15,248 Aí teño a resposta. 214 00:15:19,294 --> 00:15:21,380 Grande, negro, azucre e para levar? 215 00:15:25,425 --> 00:15:27,970 A ameza que gravaron no céspede da escola 216 00:15:28,053 --> 00:15:30,764 tamén está na parede da cripta de Crackstone. 217 00:15:31,264 --> 00:15:33,475 Non desenterrarías máis corpos, non? 218 00:15:33,558 --> 00:15:35,394 Está conectado, seino. 219 00:15:36,353 --> 00:15:39,147 Entón pedirei que busquen a un peregrino morto. 220 00:15:39,231 --> 00:15:42,234 Xa que non ten unha vinganza coa que obsesionarse, 221 00:15:42,317 --> 00:15:44,069 podía resolver algún crime. 222 00:15:44,945 --> 00:15:48,031 Teu pai e mais eu fixemos as paces, fainas ti tamén. 223 00:15:49,324 --> 00:15:50,826 Eu non fago as paces. 224 00:15:51,910 --> 00:15:52,911 O meu é a guerra. 225 00:16:09,136 --> 00:16:10,345 Necesito axuda. 226 00:16:10,429 --> 00:16:13,390 - Non alardees. - Queres unhas clases de debuxo? 227 00:16:17,686 --> 00:16:19,187 As liñas son trementes. 228 00:16:19,938 --> 00:16:22,482 Vino nunha visión. Recoñécelo? 229 00:16:31,324 --> 00:16:32,826 Cando o debuxaches? 230 00:16:32,909 --> 00:16:34,036 Fai uns días. 231 00:16:34,619 --> 00:16:37,581 Empecei a ter eses soños outra vez. 232 00:16:37,664 --> 00:16:39,041 Aparecía o monstro? 233 00:16:39,541 --> 00:16:41,918 Non, pero podía sentilo 234 00:16:42,586 --> 00:16:45,088 nas sombras, coma se me estivera axexando. 235 00:16:46,923 --> 00:16:48,341 Sabes onde é? 236 00:16:48,425 --> 00:16:50,385 A vella mansión Gates. 237 00:16:50,469 --> 00:16:52,262 Paso por alí cando vou correr. 238 00:16:54,056 --> 00:16:54,890 Por que? 239 00:17:07,235 --> 00:17:08,403 Oe. Escoita… 240 00:17:12,324 --> 00:17:15,827 Tras o baile, só quería esquecerte, pero non puiden. 241 00:17:16,787 --> 00:17:19,456 Así que empecei a pintar e iso foi o que saíu. 242 00:17:22,167 --> 00:17:23,919 Podo oírte tocar. 243 00:17:31,259 --> 00:17:33,345 Noto que deixas levar pola música. 244 00:17:34,971 --> 00:17:37,557 Sinto que por fin te vexo como es. 245 00:17:56,493 --> 00:17:58,328 Es Bianca, non? 246 00:18:00,580 --> 00:18:01,790 Fasme un favor? 247 00:18:01,873 --> 00:18:04,251 Mércores esqueceu isto, devólvesllo? 248 00:18:04,835 --> 00:18:06,336 Regalo de Enid. 249 00:18:06,837 --> 00:18:08,004 Non es o seu mozo? 250 00:18:09,756 --> 00:18:10,757 Nada diso. 251 00:18:12,050 --> 00:18:13,343 Claro, sen problema. 252 00:18:14,094 --> 00:18:15,720 Xa marchaba. 253 00:18:21,309 --> 00:18:23,603 Pensei que non ías vir. 254 00:18:23,687 --> 00:18:24,896 Eu tampouco. 255 00:18:30,193 --> 00:18:31,194 Fíxenche caso. 256 00:18:33,697 --> 00:18:35,490 En serio, por que viñeches? 257 00:18:35,574 --> 00:18:38,869 Pensei que non volveriades dirixirme a palabra. 258 00:18:40,328 --> 00:18:43,874 Creo que… Necesitaba alguén con quen falar. 259 00:18:43,957 --> 00:18:46,418 Penso que estamos no mesmo barco. 260 00:18:46,501 --> 00:18:50,922 A semana pasada miña nai díxome que as sereas sempre tiran ó mar. 261 00:18:51,423 --> 00:18:53,133 Non importa canto me esforce, 262 00:18:53,216 --> 00:18:55,802 sempre haberá xente que me desprece. 263 00:18:56,303 --> 00:18:58,013 Demostrarei que se equivocan. 264 00:18:59,014 --> 00:19:01,016 Crin que igual te identificabas. 265 00:19:04,769 --> 00:19:08,523 A maioría da xente pensa que non vou chegar a nada. 266 00:19:09,816 --> 00:19:13,612 E, se che son sincero, non fixen moito para que pensen diferente. 267 00:19:15,614 --> 00:19:17,365 Por que arruinaches o baile? 268 00:19:17,449 --> 00:19:18,575 Non sei. 269 00:19:19,701 --> 00:19:23,121 Supoño que me cabreou a humillación que sufriu meu pai. 270 00:19:23,955 --> 00:19:25,165 Quería vinganza. 271 00:19:25,248 --> 00:19:26,666 Pero despois… 272 00:19:27,751 --> 00:19:29,336 sentinme fatal. 273 00:19:29,419 --> 00:19:31,880 Deime conta de que teño que cambiar. 274 00:19:31,963 --> 00:19:32,964 Empezar de cero. 275 00:19:33,798 --> 00:19:35,217 Se iso ten sentido. 276 00:19:38,637 --> 00:19:39,804 Máis do que cres. 277 00:19:47,479 --> 00:19:49,648 Aquí vivía Garrett Gates. 278 00:19:50,190 --> 00:19:52,692 O rapaz ó que meu pai acusaron de matar. 279 00:19:54,402 --> 00:19:58,949 O shériff dixo que a súa familia tamén morrera xunto co seu legado de odio. 280 00:20:00,283 --> 00:20:02,118 Pero as pantasmas non matan. 281 00:20:03,328 --> 00:20:05,455 Goody mostroume esta casa por algo. 282 00:20:05,538 --> 00:20:09,000 Teño que descubrir o seu segredo ou morrer no intento. 283 00:20:47,831 --> 00:20:49,332 Preciso unha distracción. 284 00:20:50,959 --> 00:20:53,795 Shériff colle o maldito teléfono, son Noble. 285 00:20:53,878 --> 00:20:56,923 Escoita, creo que descubrín quen é o culpable. 286 00:20:58,675 --> 00:21:01,469 É pouco probable, así que terei que explicarcho. 287 00:21:02,345 --> 00:21:05,181 Podemos falar cunha torta de por medio no café. 288 00:21:06,266 --> 00:21:07,225 Vémonos. 289 00:21:56,941 --> 00:21:58,443 Non! 290 00:22:04,908 --> 00:22:05,742 Noble! 291 00:22:11,039 --> 00:22:12,374 Chamade a emerxencias! 292 00:22:13,166 --> 00:22:14,584 Unha ambulancia! 293 00:22:18,505 --> 00:22:19,422 AMBULANCIA 294 00:22:20,548 --> 00:22:21,549 Está vivo. 295 00:22:22,467 --> 00:22:23,385 Apenas. 296 00:22:25,011 --> 00:22:27,263 Tómoche declaración e lévote. 297 00:22:27,347 --> 00:22:29,474 Xa ma tomou un axente. 298 00:22:29,557 --> 00:22:31,476 Cadillac azul, sen matrícula. 299 00:22:31,559 --> 00:22:33,436 Si, xa o sei. 300 00:22:35,772 --> 00:22:36,856 Quero unha mellor. 301 00:22:37,899 --> 00:22:39,859 Que facías no coche do alcalde? 302 00:22:39,943 --> 00:22:42,028 Vino saír da mansión Gates. 303 00:22:42,612 --> 00:22:43,988 A mansión Gates. 304 00:22:44,072 --> 00:22:46,699 - Que facías alí? - Ver casas. 305 00:22:49,494 --> 00:22:51,413 Oín a mensaxe que lle deixou. 306 00:22:51,996 --> 00:22:52,956 Intrigoume. 307 00:22:55,125 --> 00:22:58,545 Cando o alcalde era shériff tiña moitas teorías 308 00:22:58,628 --> 00:23:01,214 sobre os casos sen resolver. Entón… 309 00:23:01,297 --> 00:23:04,426 analizabámolas comendo torta no reservado de aí atrás. 310 00:23:04,509 --> 00:23:06,886 Non adoitaban ir a ningunha parte. 311 00:23:06,970 --> 00:23:08,346 Chámeme anticuada, 312 00:23:08,430 --> 00:23:11,891 pero, cando atropelan a alguén que ía falar coa policía, 313 00:23:11,975 --> 00:23:13,893 é porque ían ben encamiñados. 314 00:23:13,977 --> 00:23:16,980 E todo apunta á familia Gates e a esa casa. 315 00:23:17,063 --> 00:23:18,231 A familia Gates. 316 00:23:19,107 --> 00:23:21,025 Están mortos. Non queda ninguén. 317 00:23:21,109 --> 00:23:23,945 - E non creo en pantasmas. - Igual debería. 318 00:23:31,703 --> 00:23:33,329 Como fas para estar metida 319 00:23:33,413 --> 00:23:35,665 en todas as desgrazas que ocorren? 320 00:23:35,748 --> 00:23:37,000 Unha sorte incrible. 321 00:23:37,584 --> 00:23:40,336 Dende este momento, a escola queda pechada. 322 00:23:40,420 --> 00:23:43,715 e revoco os teus privilexios de saída ata nova orde. 323 00:23:54,809 --> 00:23:59,189 Mércores, acabo de saber o que lle ocorreu o alcalde. 324 00:23:59,272 --> 00:24:00,523 Estás ben? 325 00:24:00,607 --> 00:24:02,942 Non imaxino o que será ver algo así. 326 00:24:03,026 --> 00:24:04,444 Era un dos meus desexos. 327 00:24:05,528 --> 00:24:07,614 Dille a alcaidesa que sigo na cela. 328 00:24:08,823 --> 00:24:11,743 A directora Weems só quere o mellor para ti. 329 00:24:11,826 --> 00:24:15,121 Puideches mancarte ou algo peor. 330 00:24:19,918 --> 00:24:21,336 Como vai a novela? 331 00:24:21,878 --> 00:24:24,464 A investigación frustrouse en varias frontes, 332 00:24:24,547 --> 00:24:27,091 pero Viper planea o próximo movemento. 333 00:24:28,676 --> 00:24:29,969 Que interesante. 334 00:24:31,054 --> 00:24:33,806 Vin isto na miña libraría e acordeime de ti. 335 00:24:35,808 --> 00:24:38,269 Escribiuno como un reto con 19 anos. 336 00:24:38,353 --> 00:24:39,354 Xa o sei. 337 00:24:39,896 --> 00:24:42,440 É a miña heroína literaria e némese 338 00:24:43,066 --> 00:24:45,485 e teño dous anos e 364 días para vencela. 339 00:24:46,402 --> 00:24:50,198 En fin, é moi intelixente que te centres en monstros literarios 340 00:24:50,281 --> 00:24:53,409 e que lle deixes os de verdade a policía. 341 00:24:54,410 --> 00:24:56,663 "Ninguén escolle o mal por ser o mal." 342 00:24:56,746 --> 00:24:59,415 "Confúndeo coa felicidade, co ben que busca." 343 00:24:59,499 --> 00:25:02,418 Así describe Mary Shelley á xente como Weems, 344 00:25:02,502 --> 00:25:05,797 que fan cousas malas so pretexto de protexer o ben maior. 345 00:25:06,339 --> 00:25:07,632 Isto foi cousa súa? 346 00:25:07,715 --> 00:25:10,009 Animarme a perseguir outros intereses? 347 00:25:10,093 --> 00:25:10,927 Non. 348 00:25:11,803 --> 00:25:14,514 Pero como sigas desafiándoa, vaite expulsar. 349 00:25:15,890 --> 00:25:18,142 E vostede só se preocupa polo meu ben? 350 00:25:18,726 --> 00:25:19,686 Sempre. 351 00:25:20,311 --> 00:25:22,146 - Parecémonos moito. - Non. 352 00:25:23,606 --> 00:25:27,277 Non necesito a súa axuda nin o seu dó, xa teño nai e terapeuta. 353 00:25:27,360 --> 00:25:29,112 Tortura abondo ata para min. 354 00:25:50,383 --> 00:25:51,217 Si? 355 00:25:51,801 --> 00:25:54,929 - Reconsiderei a túa oferta. - Oferta? 356 00:25:55,013 --> 00:25:56,514 A cea de non aniversario. 357 00:25:58,016 --> 00:25:59,934 En serio? Xenial 358 00:26:01,561 --> 00:26:02,645 Cando estás libre? 359 00:26:02,729 --> 00:26:05,064 Recólleme a saída de Nunca Máis as oito. 360 00:26:05,648 --> 00:26:06,691 E apaga as luces. 361 00:26:09,652 --> 00:26:10,528 Mércores? 362 00:26:11,821 --> 00:26:13,489 Ty? Que che dixen? 363 00:26:14,073 --> 00:26:16,326 Veña, afástate de Mércores Addams. 364 00:26:16,409 --> 00:26:18,911 É o tipo de moza que vai facer que sufras. 365 00:26:18,995 --> 00:26:20,288 Creme, coñézoas ben. 366 00:26:21,331 --> 00:26:23,207 Agarda, dilo por mamá? 367 00:26:24,417 --> 00:26:28,087 Claro que non. Para iso terías que falar dela. 368 00:26:38,890 --> 00:26:40,725 Non podo con isto agora mesmo. 369 00:26:41,225 --> 00:26:44,062 Teño que ir ó hospital ver o alcalde. 370 00:26:44,145 --> 00:26:45,563 Volve a túa hora. 371 00:26:45,647 --> 00:26:47,231 Acaso a querías? 372 00:26:53,321 --> 00:26:55,114 Máis do que nunca saberás. 373 00:27:07,085 --> 00:27:10,004 Estiven pensando na miña pouco entusiasta resposta 374 00:27:10,088 --> 00:27:11,923 a túa velada sorpresa. 375 00:27:12,006 --> 00:27:13,007 Hei de admitir 376 00:27:13,091 --> 00:27:16,469 que sinto non mostrarche axeitadamente a miña gratitude. 377 00:27:18,930 --> 00:27:20,807 - En serio? - Non pidas máis. 378 00:27:21,391 --> 00:27:25,603 Se houbera algún xeito de saír da escola e repetir o festexo… 379 00:27:26,312 --> 00:27:27,814 Só dúas amigas. 380 00:27:28,773 --> 00:27:30,817 Unha pena que estea pechada. 381 00:27:33,403 --> 00:27:35,363 Mira que lúa chea… 382 00:27:38,324 --> 00:27:42,245 E se digo que vou tornar en lobo para que me deixen ir ás gaiolas 383 00:27:42,328 --> 00:27:44,455 e que te ofreciches para pecharme? 384 00:27:44,956 --> 00:27:47,125 Por fin se che pegou a miña astucia. 385 00:27:48,418 --> 00:27:49,544 Cousa? 386 00:27:50,628 --> 00:27:52,004 Sabes que facer, non? 387 00:27:56,509 --> 00:27:58,720 Temos que poñer as bufandas. 388 00:28:00,930 --> 00:28:03,599 Creo que deixei a miña en esgrima. 389 00:28:03,683 --> 00:28:05,977 Deixáchela no Viravento. 390 00:28:06,060 --> 00:28:07,603 Por sorte, tróuxoa Bianca. 391 00:28:08,980 --> 00:28:10,356 Como unha pata de mono. 392 00:28:14,318 --> 00:28:17,822 ACADEMIA NUNCA MÁIS 393 00:28:24,579 --> 00:28:25,455 Caralla! 394 00:28:29,250 --> 00:28:30,084 Vamos. 395 00:28:32,086 --> 00:28:34,338 Ola. Alégrome de verte. 396 00:28:40,678 --> 00:28:42,722 El é o noso Uber? 397 00:28:42,805 --> 00:28:43,973 Uber? 398 00:28:44,891 --> 00:28:48,227 - Crin que era unha cita. - E eu unha saída de amigas. 399 00:28:48,311 --> 00:28:50,104 Houbo un cambio de plans. 400 00:28:50,688 --> 00:28:53,483 E esas bufandas tan raras que levades na cabeza? 401 00:28:53,566 --> 00:28:54,609 Non preguntes. 402 00:28:54,692 --> 00:28:55,693 Ti conduce. 403 00:29:12,877 --> 00:29:13,836 Mércores? 404 00:29:16,714 --> 00:29:17,924 Estades aí? 405 00:29:19,175 --> 00:29:21,385 Sei que estás enfadada polo cadro. 406 00:29:21,469 --> 00:29:23,638 Só quero falar contigo un segundo. 407 00:29:32,522 --> 00:29:33,731 Cousa, onde está? 408 00:29:43,032 --> 00:29:46,077 En serio queres entrar aí? 409 00:29:47,119 --> 00:29:48,621 Este sitio dá medo. 410 00:29:48,704 --> 00:29:49,664 Xa. 411 00:29:51,749 --> 00:29:54,627 - Eu non me ofrecín a isto. - Nin eu. 412 00:29:54,710 --> 00:29:58,798 Non quería celebrar o aniversario cunha cea ou unha festa sorpresa. 413 00:30:00,967 --> 00:30:02,343 Isto é o que quero. 414 00:30:03,886 --> 00:30:05,888 Pois puideches dicilo. 415 00:30:05,972 --> 00:30:07,640 Non tiñas que enganarnos. 416 00:30:08,558 --> 00:30:10,268 Se queredes marchar, adiante. 417 00:30:11,143 --> 00:30:13,354 Eu vou rexistrar o garaxe. 418 00:30:36,752 --> 00:30:37,879 Déixame probar. 419 00:30:48,931 --> 00:30:50,099 É inútil 420 00:30:50,933 --> 00:30:51,934 Podo probar eu? 421 00:31:02,820 --> 00:31:03,779 Lobishome. 422 00:31:14,332 --> 00:31:16,459 É o coche que atropelou o alcalde. 423 00:31:16,542 --> 00:31:18,502 Vale. Isto estase poñendo feo. 424 00:31:19,587 --> 00:31:22,048 Hai que chamar xa o pai de Tyler. 425 00:31:22,798 --> 00:31:23,633 Para que? 426 00:31:24,216 --> 00:31:27,178 Para que me leve a Nunca Máis e me expulsen? 427 00:31:27,261 --> 00:31:28,888 Nin de broma. 428 00:31:39,649 --> 00:31:41,359 Chegou a miña hora. 429 00:32:01,629 --> 00:32:04,465 Aquí está: a familia Gates. 430 00:32:05,091 --> 00:32:07,218 Moi elegantes para uns psicópatas. 431 00:32:08,511 --> 00:32:09,637 Ese é Garrett, 432 00:32:10,930 --> 00:32:13,182 seu pai, Ansel, quen odia os parias 433 00:32:13,265 --> 00:32:14,892 e ti debes de ser Laurel. 434 00:32:14,976 --> 00:32:16,602 Morreron fai tempo. 435 00:32:16,686 --> 00:32:17,979 Entón a pregunta é… 436 00:32:19,355 --> 00:32:21,190 por que Goody me trouxo aquí? 437 00:32:46,799 --> 00:32:47,883 Xa estás contenta? 438 00:33:15,911 --> 00:33:19,373 Quen non ten un altar arrepiante na biblioteca? 439 00:33:19,457 --> 00:33:21,125 O noso está na sala, 440 00:33:21,208 --> 00:33:23,711 máis sitio para o Día dos Mortos anual. 441 00:33:30,885 --> 00:33:32,428 CHOVERÁ SANGUE 442 00:33:32,511 --> 00:33:34,305 CANDO ME ALCE 443 00:33:47,151 --> 00:33:48,110 Están quentes. 444 00:33:49,987 --> 00:33:52,406 Tyler, rexistra o resto da planta baixa. 445 00:33:52,490 --> 00:33:54,241 Enid e eu imos arriba. 446 00:33:54,325 --> 00:33:55,367 Ai si? 447 00:34:10,466 --> 00:34:11,300 Vale, 448 00:34:11,383 --> 00:34:13,219 ti á esquerda, eu á dereita. 449 00:34:13,302 --> 00:34:16,472 En serio queres separarte? Aquí? 450 00:34:16,555 --> 00:34:19,558 Así é como morre sempre o mellor amigo nos filmes. 451 00:34:19,642 --> 00:34:22,103 Cando antes busquemos antes marchamos. 452 00:34:23,979 --> 00:34:25,523 Por favor, non. 453 00:34:29,568 --> 00:34:31,487 Pero que fago aquí? 454 00:34:35,950 --> 00:34:37,660 Xa estou oíndo a miña nai: 455 00:34:38,661 --> 00:34:40,496 "Enid, sempre te deixas usar." 456 00:34:42,248 --> 00:34:43,499 "Es moi dependente." 457 00:34:44,250 --> 00:34:47,628 "Ensina os dentes. Ninguén quere unha boliña desesperada." 458 00:34:47,711 --> 00:34:49,672 Cala, mamá. Fóra da miña cabeza! 459 00:34:56,512 --> 00:34:59,056 Mércores, tes que ver isto. 460 00:35:10,651 --> 00:35:11,902 A cama está feita. 461 00:35:12,695 --> 00:35:14,196 Non hai po nin arañeiras. 462 00:35:21,996 --> 00:35:23,038 "LG"? 463 00:35:31,589 --> 00:35:32,756 Laurel Gates. 464 00:35:34,216 --> 00:35:36,927 Alguén regresou o seu cuarto. 465 00:35:37,011 --> 00:35:38,304 Non é posible. 466 00:35:39,013 --> 00:35:41,515 Morreu hai 25 anos. Afogou no estranxeiro. 467 00:35:43,726 --> 00:35:44,810 Vamos. 468 00:35:45,978 --> 00:35:48,606 Esta é a peor saída de amigas da historia! 469 00:35:49,481 --> 00:35:51,066 Rapazas! Saíde! Está aquí! 470 00:35:57,114 --> 00:35:58,532 O montacargas. Vai! 471 00:36:06,624 --> 00:36:09,919 Deus santo. 472 00:36:29,521 --> 00:36:30,564 A bufanda non! 473 00:36:31,273 --> 00:36:32,358 Para. 474 00:36:38,656 --> 00:36:39,865 Ai meu Deus. 475 00:37:35,045 --> 00:37:36,046 Que fas? 476 00:37:37,256 --> 00:37:39,258 Os membros das vítimas do monstro! 477 00:37:39,341 --> 00:37:41,093 Veña. 478 00:37:50,102 --> 00:37:52,187 - Estás ben? - Agora impórtache? 479 00:37:56,734 --> 00:37:58,235 En que carallo pensas? 480 00:37:58,319 --> 00:38:00,404 Non podemos deixar a Tyler! 481 00:38:01,030 --> 00:38:02,406 O monstro está aí! 482 00:38:06,660 --> 00:38:07,828 Enid, suxeita. 483 00:38:07,911 --> 00:38:10,372 - Segue dentro! - Feriute. Podes andar? 484 00:38:12,458 --> 00:38:13,709 De onde saes ti? 485 00:38:14,251 --> 00:38:15,419 Toma. 486 00:38:15,502 --> 00:38:16,420 Usa isto. 487 00:38:18,213 --> 00:38:19,465 Que lle pasou? 488 00:38:29,808 --> 00:38:31,352 Grazas, doutora. 489 00:38:31,435 --> 00:38:33,062 Non pretendo ser o centro, 490 00:38:33,145 --> 00:38:35,647 pero estou a ter un ataque de pánico. 491 00:38:36,231 --> 00:38:38,984 Hai que volver antes de que Weems se decate. 492 00:38:41,153 --> 00:38:42,905 Que demos pasou? 493 00:38:43,489 --> 00:38:46,617 - Foi cousa túa, non? - Papá, espera. Estou ben. 494 00:38:47,201 --> 00:38:50,704 Shériff, entendo o seu enfado, pero ten que ver unha cousa. 495 00:39:02,216 --> 00:39:03,384 Estaba aquí. 496 00:39:04,218 --> 00:39:07,471 Os membros, o Cadillac azul, 497 00:39:07,554 --> 00:39:10,599 o altar e o cuarto cheo de rosas frescas. 498 00:39:10,682 --> 00:39:12,184 Pois agora non hai nada. 499 00:39:12,267 --> 00:39:14,478 Alguén limpou todo cando marchamos. 500 00:39:15,312 --> 00:39:19,191 Escoite, onte díxenlle que todo apuntaba á esta casa e tiña razón. 501 00:39:19,274 --> 00:39:22,986 Así escusas que case matas o meu fillo e os teus amigos? 502 00:39:25,572 --> 00:39:27,032 Escóitame ben, 503 00:39:27,950 --> 00:39:31,453 dende este momento, tes prohibido ver a Tyler 504 00:39:31,537 --> 00:39:36,083 e perseguir calquera cousa relacionada co caso, entendido? 505 00:39:48,637 --> 00:39:53,600 Quebrantaches unha orde expresa e saíches da escola durante o peche. 506 00:39:54,184 --> 00:39:58,105 Por non mencionar que arriscaches os teus amigos e a ti mesma. 507 00:39:58,188 --> 00:40:00,441 Son motivos de expulsión, seino. 508 00:40:01,191 --> 00:40:03,694 E ten todo o dereito a exercer esa opción, 509 00:40:04,736 --> 00:40:07,156 pero quero que sería un grave erro. 510 00:40:09,032 --> 00:40:13,495 Creo que o apropiado sería mostrar remordemento, non arrogancia. 511 00:40:13,579 --> 00:40:16,582 Nunca pedirei perdón por tentar descubrir a verdade. 512 00:40:25,757 --> 00:40:26,800 Que é iso? 513 00:40:27,843 --> 00:40:29,178 Un aviso de Rowan. 514 00:40:39,146 --> 00:40:41,023 Intentou matarte por isto? 515 00:40:41,773 --> 00:40:43,775 Debuxouno súa nai antes de morrer. 516 00:40:43,859 --> 00:40:46,487 Dixo que o meu destino era destruír a escola. 517 00:40:47,029 --> 00:40:48,655 Pero eu creo que é salvala. 518 00:40:49,781 --> 00:40:51,408 Xa sabe o que está en xogo: 519 00:40:51,492 --> 00:40:53,785 todo o que xurou protexer, nada menos. 520 00:40:54,411 --> 00:40:56,330 Merezo outra oportunidade. 521 00:41:00,334 --> 00:41:01,168 Por favor. 522 00:41:13,388 --> 00:41:15,057 Unha infracción máis… 523 00:41:16,850 --> 00:41:20,354 Unha saída máis de ton e estás expulsada. 524 00:41:20,437 --> 00:41:22,564 Sen excepcións. 525 00:41:23,148 --> 00:41:26,652 - Perdoará tamén a Enid e Xavier. - Acabouse a negociación. 526 00:41:27,152 --> 00:41:28,278 Boa noite. 527 00:41:41,750 --> 00:41:42,960 Onde vas? 528 00:41:43,043 --> 00:41:44,002 Con Yoko. 529 00:41:44,628 --> 00:41:47,256 Thornhill dixo que podía quedar alí uns días. 530 00:41:48,215 --> 00:41:49,299 Non fai falla. 531 00:41:49,383 --> 00:41:52,094 Falei con Weems. Xavier e ti estades perdoados. 532 00:41:52,177 --> 00:41:53,971 E teño que agradecercho? 533 00:41:54,054 --> 00:41:56,682 Xa me desculpei. Morra o conto. 534 00:41:58,809 --> 00:41:59,851 Morra o conto? 535 00:42:00,602 --> 00:42:05,023 O de hoxe só foi a guinda da torta que nin te molestaches en cortar. 536 00:42:05,566 --> 00:42:07,693 Úsasnos para conseguir o que queres, 537 00:42:07,776 --> 00:42:10,070 inda que con iso nos poñas en perigo. 538 00:42:10,153 --> 00:42:12,990 Hoxe puidemos morrer pola túa estúpida obsesión. 539 00:42:13,073 --> 00:42:14,324 Pero sobrevivimos. 540 00:42:15,367 --> 00:42:17,911 E agora estou máis preto de resolver o caso. 541 00:42:17,995 --> 00:42:19,371 Iso é o que importa. 542 00:42:23,208 --> 00:42:24,793 Esforceime… 543 00:42:24,876 --> 00:42:25,711 moito 544 00:42:25,794 --> 00:42:26,837 moito 545 00:42:26,920 --> 00:42:28,839 en ser amiga túa. 546 00:42:30,007 --> 00:42:31,425 Dei a cara por ti. 547 00:42:32,050 --> 00:42:36,179 Pensei no que sentías. Dicía que igual parecías unha asasina en serie, 548 00:42:36,263 --> 00:42:38,724 - pero só eras tímida. - Eu non cho pedín. 549 00:42:38,807 --> 00:42:42,978 É que non fai falla que mo pidas! Iso é o que fan as amigas! 550 00:42:44,521 --> 00:42:47,149 Que non o saibas xa o di todo. 551 00:42:48,984 --> 00:42:51,570 Queres estar soa, Mércores? Pois vale. 552 00:43:25,270 --> 00:43:27,814 Goody dixo que o meu destino era estar soa. 553 00:43:28,774 --> 00:43:30,233 Quizais sexa inevitable, 554 00:43:31,401 --> 00:43:33,403 pero, por primeira vez na vida… 555 00:43:34,655 --> 00:43:36,031 non me gusta. 556 00:43:45,082 --> 00:43:46,750 Tamén hai algo máis. 557 00:43:48,293 --> 00:43:49,920 Un mal presentimento. 558 00:43:53,173 --> 00:43:54,758 De que a morte está preto. 559 00:43:57,511 --> 00:43:58,428 Observándome. 560 00:44:17,781 --> 00:44:20,992 Pero non deixarei que me intimide e non me renderei. 561 00:44:25,038 --> 00:44:26,039 Esa casa. 562 00:44:26,873 --> 00:44:28,250 Esa familia. 563 00:44:30,043 --> 00:44:31,086 Crackstone. 564 00:44:33,296 --> 00:44:34,840 O monstro. 565 00:44:35,424 --> 00:44:36,550 Eu, dalgún xeito. 566 00:44:37,884 --> 00:44:41,138 Parece que estamos todos conectados, coma unha arañeira. 567 00:44:44,349 --> 00:44:47,185 Cando o alcalde Walker se achegou á verdade, 568 00:44:48,186 --> 00:44:49,396 silenciárono. 569 00:44:53,316 --> 00:44:54,693 Pero a min non. 570 00:45:01,158 --> 00:45:02,576 Quen queira que me vixíe 571 00:45:04,202 --> 00:45:05,412 escóitame ben. 572 00:45:05,495 --> 00:45:07,289 VOUTE ATOPAR 573 00:45:08,832 --> 00:45:10,167 Voute atopar. 574 00:48:00,253 --> 00:48:02,172 Subtítulos: Laura Feijóo Sánchez