1 00:00:06,049 --> 00:00:08,384 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:23,107 --> 00:00:24,358 Gústanme os funerais. 3 00:00:24,442 --> 00:00:27,987 Levo asistindo dende que teño idade para ler as necrolóxicas. 4 00:00:29,489 --> 00:00:31,074 "Deus é forza e abeiro…" 5 00:00:31,157 --> 00:00:33,951 Mataron o alcalde e sei que o asasino está aquí, 6 00:00:34,702 --> 00:00:38,039 aparentando inocencia mentres planea o seguinte paso 7 00:00:38,998 --> 00:00:40,625 e vixía os meus movementos. 8 00:00:43,336 --> 00:00:45,338 Sei que estou preto da verdade. 9 00:00:45,421 --> 00:00:47,173 Teño todas as pezas, 10 00:00:48,716 --> 00:00:50,468 só me falta colocalas. 11 00:01:27,547 --> 00:01:30,091 Hei de ignorar as bágoas e as faces de dor. 12 00:01:30,174 --> 00:01:33,219 Pode que ata o de agora fora máis hábil ca min, 13 00:01:33,302 --> 00:01:35,555 pero inda falta a manobra final. 14 00:01:37,849 --> 00:01:39,851 O asasino cometerá un erro… 15 00:01:41,102 --> 00:01:42,478 e eu estarei agardando. 16 00:02:17,722 --> 00:02:20,850 Tan aguda como sempre, aprendiz miña. 17 00:02:21,392 --> 00:02:22,393 Tío Fétido. 18 00:02:34,488 --> 00:02:38,326 CAPÍTULO VII: UNHA MÁGOA QUE AÍNDA NON ME COÑEZAS 19 00:02:39,911 --> 00:02:41,662 Canto tempo levas acosándome? 20 00:02:41,746 --> 00:02:45,166 Cheguei esta mañá e xa me golpeou unha onda de nostalxia. 21 00:02:45,249 --> 00:02:47,210 Crin que non foras a Nunca Máis. 22 00:02:47,293 --> 00:02:49,962 Non. Teu pai era o intelixente. 23 00:02:50,838 --> 00:02:52,548 Pero deixábame caer. 24 00:02:52,632 --> 00:02:55,927 Habitualmente dende o teito e cunha daga entre os dentes. 25 00:02:56,010 --> 00:02:58,262 - Para mantelo alerta. - Claro. 26 00:02:58,763 --> 00:03:01,098 Contoume o que está ocorrendo. 27 00:03:01,182 --> 00:03:03,601 Monstros, asasinatos, caos. 28 00:03:04,518 --> 00:03:05,686 Que divertido! 29 00:03:06,270 --> 00:03:09,982 Díxenlle que tiña traballo en Boston, pero que pasaría por aquí. 30 00:03:10,483 --> 00:03:11,734 Que tipo de traballo? 31 00:03:11,817 --> 00:03:14,779 Dos que me fan buscar un sitio onde agocharme. 32 00:03:27,708 --> 00:03:29,335 Este sitio é dun amigo. 33 00:03:31,003 --> 00:03:32,964 Fixeches un amigo. 34 00:03:33,047 --> 00:03:35,716 O pobre rapaz volverá cos pés diante. 35 00:03:39,303 --> 00:03:42,932 - Gústanme os agochos con petiscos. - Están hibernando. 36 00:03:43,516 --> 00:03:45,476 Son coma os fillos de Eugene. 37 00:03:46,978 --> 00:03:48,771 Significa que non se comen! 38 00:03:54,944 --> 00:03:55,820 Sabes… 39 00:03:56,904 --> 00:03:59,615 Cando me miras con eses ollos de desaprobación, 40 00:03:59,699 --> 00:04:01,158 lémbrasme a túa nai. 41 00:04:01,659 --> 00:04:03,661 Falando de cousas terroríficas… 42 00:04:03,744 --> 00:04:05,997 Sabes con que tipo de monstro lidas? 43 00:04:06,080 --> 00:04:08,165 Non puiden identificalo. 44 00:04:14,213 --> 00:04:15,423 Chámase Hyde. 45 00:04:16,632 --> 00:04:17,758 Coma Jekyll e Hyde? 46 00:04:19,093 --> 00:04:20,344 Xa o viras? 47 00:04:20,428 --> 00:04:21,721 Si. 48 00:04:21,804 --> 00:04:26,058 No 83, nas miñas vacacións no psiquiátrico para criminais de Zürich. 49 00:04:26,559 --> 00:04:27,810 Fixen unha lobotomía. 50 00:04:27,893 --> 00:04:31,314 Pero xa sabes que son como tatuaxes, con unha non chega. 51 00:04:31,397 --> 00:04:32,940 Fálame do Hyde. 52 00:04:34,942 --> 00:04:36,402 Olga Malacova. 53 00:04:36,986 --> 00:04:39,405 Caralla. Tíñao todo. 54 00:04:39,488 --> 00:04:43,451 Beleza, cerebro e tendencia á necrofilia. 55 00:04:45,202 --> 00:04:47,496 Olga era pianista de concertos, 56 00:04:47,580 --> 00:04:51,167 ata que un día transformouse no medio dunha sonata de Chopin. 57 00:04:51,751 --> 00:04:53,711 Masacrou a varios asistentes. 58 00:04:53,794 --> 00:04:55,421 E ós críticos musicais. 59 00:04:55,504 --> 00:04:58,466 Que o provocou? Ou cambiou por si mesma? 60 00:04:59,050 --> 00:05:00,009 Nin idea. 61 00:05:00,509 --> 00:05:03,054 Só a vin na terapia de electrochoque. 62 00:05:03,554 --> 00:05:06,223 Ningún libro de marxinados menciona os Hydes. 63 00:05:06,307 --> 00:05:09,268 E Nunca Máis é reputada por ter a mellor colección. 64 00:05:09,977 --> 00:05:12,396 Probaches co diario de Nathaniel Faulkner? 65 00:05:16,650 --> 00:05:18,277 Antes de fundar Nunca Máis, 66 00:05:18,361 --> 00:05:22,323 viaxou polo mundo catalogando as comunidades de marxinados. 67 00:05:22,990 --> 00:05:24,367 Como o sabes? 68 00:05:24,450 --> 00:05:28,037 Se cres que agora teus pais andan sempre pegados, ai Deus. 69 00:05:28,996 --> 00:05:32,083 Unha noite aparecín sen avisar no cuarto de Gomez… 70 00:05:32,166 --> 00:05:35,127 O que interrompín non foi unha guerra de almofadas. 71 00:05:35,211 --> 00:05:36,170 Tío Fétido. 72 00:05:37,421 --> 00:05:39,298 O diario, onde está? 73 00:05:39,382 --> 00:05:41,258 A biblioteca das Beladonas. 74 00:05:41,342 --> 00:05:44,720 Teu pai aparcoume e dixo que estaría alí un bo rato. 75 00:05:44,804 --> 00:05:47,556 Entón atopei unha elegante caixa forte. 76 00:05:48,474 --> 00:05:53,604 Esperaba unha reserva de cartos ou xoias, pero, no canto diso, atopei o diario. 77 00:05:55,189 --> 00:05:57,775 Entraremos na biblioteca esta noite. 78 00:05:57,858 --> 00:05:59,193 Mentres, sé discreto. 79 00:06:05,116 --> 00:06:06,158 Se te descobren, 80 00:06:06,659 --> 00:06:10,037 renegarei de ti e quedarei coa recompensa por capturarte. 81 00:06:10,955 --> 00:06:12,498 Non esperaría menos. 82 00:06:18,921 --> 00:06:20,256 Non toques as abellas. 83 00:06:29,223 --> 00:06:31,851 Comecei a novela como unha ficción retorcida, 84 00:06:32,643 --> 00:06:36,188 pero, dalgún xeito, a realidade converteuna nun espello. 85 00:06:37,022 --> 00:06:40,234 A visita á mansión Gates deixoume con moitas preguntas. 86 00:06:41,235 --> 00:06:44,780 Se Laurel Gates morreu hai 20 anos, quen dorme no seu cuarto? 87 00:06:44,864 --> 00:06:46,615 Por que ten fotos miñas? 88 00:06:47,116 --> 00:06:49,201 E que vínculo hai co Hyde? 89 00:06:50,244 --> 00:06:53,581 Sexa quen sexa, matará por gardar o seu segredo. 90 00:06:56,959 --> 00:07:00,504 Goody predixo que tería que atopar respostas en solitario. 91 00:07:02,006 --> 00:07:04,800 Por suposto, nunca está cando a preciso. 92 00:07:06,177 --> 00:07:09,722 Os mortos poden ser tan irritantes e informais como os vivos. 93 00:07:12,349 --> 00:07:13,184 Ola. 94 00:07:14,393 --> 00:07:16,937 Perdoa, pensei que seguirías no velorio 95 00:07:17,021 --> 00:07:19,356 Lisco en canto botan terra ó ataúde. 96 00:07:20,983 --> 00:07:23,944 Non atopo o meu frasco de esmalte de uñas prateado. 97 00:07:24,028 --> 00:07:25,863 Impórtache se o busco? 98 00:07:27,323 --> 00:07:29,783 Yoko vai facer unha noite de manicura. 99 00:07:29,867 --> 00:07:32,828 É a terceira vez en 24 horas que esqueces algo. 100 00:07:33,829 --> 00:07:34,997 E… 101 00:07:35,956 --> 00:07:37,333 Como vai todo? 102 00:07:37,416 --> 00:07:39,001 A soidade é o meu. 103 00:07:39,084 --> 00:07:42,004 Sen distraccións molestas, case acabei a novela. 104 00:07:42,588 --> 00:07:44,381 Era unha molestia? 105 00:07:44,465 --> 00:07:47,301 - Tiñas hábitos irritantes. - Por exemplo? 106 00:07:47,384 --> 00:07:50,471 Riste cando mandas mensaxes, o que é todo o día. 107 00:07:50,554 --> 00:07:54,225 Ao menos non uso unha máquina de escribir que dá dor de cabeza. 108 00:07:54,308 --> 00:07:56,519 Rinchas os dentes e gruñes en soños. 109 00:07:56,602 --> 00:07:58,812 E ti tocas o chelo de madrugada. 110 00:07:58,896 --> 00:08:01,815 Implícaste en actividades e despois quéixaste. 111 00:08:01,899 --> 00:08:04,276 Antes que obsesionarme co que dá medo… 112 00:08:04,360 --> 00:08:07,279 Poderías gasear á vila enteira con tanta colonia. 113 00:08:07,363 --> 00:08:09,114 E todo iso sen pensar moito. 114 00:08:10,449 --> 00:08:13,369 Supoño que é unha sorte que Yoko non busque xeitos 115 00:08:13,452 --> 00:08:16,997 de poñer en perigo a todos os que a rodean. 116 00:08:17,081 --> 00:08:21,377 De feito, estamos tan na mesma onda que quere que sexa a súa compañeira. 117 00:08:21,460 --> 00:08:22,461 Para sempre. 118 00:08:24,088 --> 00:08:27,216 - Non serei eu quen cho impida. - Desfruta da soidade. 119 00:08:27,299 --> 00:08:29,593 De soidade ten pouco contigo aquí. 120 00:09:03,085 --> 00:09:04,003 Tío Fétido? 121 00:09:07,381 --> 00:09:08,799 Quen é o tío Fétido? 122 00:09:10,092 --> 00:09:11,010 Que fas aquí? 123 00:09:11,594 --> 00:09:14,430 Son un Beladona, non teño que dar explicacións. 124 00:09:14,513 --> 00:09:17,641 Ti que escusa tes para roldar de madrugada? 125 00:09:17,725 --> 00:09:18,767 Investigación. 126 00:09:19,268 --> 00:09:20,227 Sobre o monstro? 127 00:09:21,395 --> 00:09:22,563 Non te molestes. 128 00:09:23,147 --> 00:09:25,107 Aquí non hai nada sobre el. 129 00:09:26,233 --> 00:09:27,735 Que conveniente. 130 00:09:27,818 --> 00:09:29,278 Sabes que problema tes? 131 00:09:31,071 --> 00:09:33,365 Encantaríame saber que pensas. 132 00:09:36,452 --> 00:09:38,454 Non sabes quen son os teus amigos. 133 00:09:39,413 --> 00:09:41,832 Eu estiven sempre o teu lado. 134 00:09:43,083 --> 00:09:44,460 Salveiche a vida. 135 00:09:44,543 --> 00:09:47,004 Crinte cando ninguén máis o fixo. 136 00:09:47,087 --> 00:09:49,840 E que conseguín? Desconfianza e mentiras. 137 00:09:49,923 --> 00:09:52,384 Vale. Queres sinceridade? Aquí a tes. 138 00:09:53,010 --> 00:09:55,387 Estiveches en cada ataque do monstro. 139 00:09:55,471 --> 00:09:57,723 Primeiro Rowan, na Festa da Colleita. 140 00:10:03,312 --> 00:10:07,358 No Día da Integración chegaches xusto despois de que desaparecera, 141 00:10:07,441 --> 00:10:08,984 pero dis que non o viches. 142 00:10:11,820 --> 00:10:13,656 Agora a proximidade é un crime? 143 00:10:13,739 --> 00:10:15,449 Tamén está a túa obsesión. 144 00:10:16,075 --> 00:10:20,162 Debuxaches o monstro mil veces e, inda así, nunca o viches. 145 00:10:20,245 --> 00:10:22,831 Ou iso dis. Ata debuxaches a súa guarida. 146 00:10:22,915 --> 00:10:24,958 E cando Eugene foi investigar… 147 00:10:25,668 --> 00:10:28,170 tentaches matalo para que non contara nada. 148 00:10:28,837 --> 00:10:30,589 Cres que magoaría a Eugene? 149 00:10:30,673 --> 00:10:32,758 E non esquezamos a túa aparición 150 00:10:32,841 --> 00:10:35,260 cando atacaron a Tyler na mansión Gates. 151 00:10:38,138 --> 00:10:39,556 Se son o monstro, 152 00:10:40,724 --> 00:10:42,226 porque non te matei? 153 00:10:45,979 --> 00:10:49,775 Porque, por algunha razón que non entendo nin consinto, gústoche. 154 00:10:52,277 --> 00:10:53,404 Gustarme o que? 155 00:11:06,583 --> 00:11:08,001 Canto tempo levas aí? 156 00:11:08,085 --> 00:11:11,630 Abondo como para notar a tensión entre os dous. 157 00:11:11,714 --> 00:11:12,923 Mi ma! 158 00:11:13,006 --> 00:11:16,051 En serio, cortábase cun machete de verdugo. 159 00:11:17,678 --> 00:11:21,932 Recoñecería o repique deses dedos en calquera parte. 160 00:11:22,641 --> 00:11:23,475 Ola, Cousa. 161 00:11:25,644 --> 00:11:27,771 Segues enfadado polo de Kalamazoo? 162 00:11:27,855 --> 00:11:28,897 Non tiven a culpa. 163 00:11:29,857 --> 00:11:32,401 Dixeches que abrías a caixa en 30 segundos. 164 00:11:32,484 --> 00:11:34,653 Cinco minutos despois seguiamos alí. 165 00:11:34,737 --> 00:11:35,863 Es un torpe. 166 00:11:35,946 --> 00:11:36,780 Basta. 167 00:11:41,785 --> 00:11:42,619 Déixao. 168 00:11:45,205 --> 00:11:46,582 Ensíname o diario. 169 00:11:53,130 --> 00:11:54,256 Aquí está. 170 00:11:55,340 --> 00:11:58,260 Iggy era a man dereita de Faulkner, 171 00:11:58,343 --> 00:12:00,637 adestrou unha xeración de Beladonas. 172 00:12:00,721 --> 00:12:02,723 E tras Iggy Iso… 173 00:12:07,019 --> 00:12:10,063 Boto unha soneca ou pódela abrir rápido? 174 00:12:30,542 --> 00:12:33,837 Isto xa parece Kalamazoo outra vez. 175 00:12:56,276 --> 00:12:58,195 Que apousentos máis bos. 176 00:12:59,238 --> 00:13:01,615 Como conseguiches un cuarto individual? 177 00:13:01,698 --> 00:13:04,660 A miña compañeira non puido coa miña toxicidade. 178 00:13:07,830 --> 00:13:08,789 Aquí está. 179 00:13:10,791 --> 00:13:15,087 Describe os Hydes como artistas, pero tamén son vingativos e impulsivos. 180 00:13:15,629 --> 00:13:19,299 Son mutantes, permanecen inactivos ata que os libera un trauma, 181 00:13:19,383 --> 00:13:22,302 un estímulo químico ou a hipnose. 182 00:13:22,803 --> 00:13:25,889 Iso provoca que o Hyde cree un lazo co seu liberador, 183 00:13:25,973 --> 00:13:28,141 a quen verá como o seu amo. 184 00:13:29,059 --> 00:13:32,855 Convértese nun instrumento ó servizo do malvado plan do seu amo. 185 00:13:33,856 --> 00:13:37,276 Alguén disposto a liberar a un Hyde está ben mal da cabeza. 186 00:13:38,735 --> 00:13:41,238 Entón non busco a un asasino, senón a dous. 187 00:13:42,447 --> 00:13:44,074 O monstro e o seu amo. 188 00:13:51,665 --> 00:13:53,417 Non quería sobresaltarte. 189 00:13:56,712 --> 00:13:58,171 Traballaba na novela. 190 00:13:59,882 --> 00:14:03,886 Enid pediu compartir cuarto con Yoko para o que queda de curso. 191 00:14:05,554 --> 00:14:06,388 Iso fixo? 192 00:14:06,471 --> 00:14:07,890 Cando hai unha pelexa, 193 00:14:07,973 --> 00:14:11,226 gústame coñecer as dúas versións do ocorrido. 194 00:14:11,852 --> 00:14:13,478 Pareciades carne e unlla. 195 00:14:14,062 --> 00:14:17,691 Non podes fiarte de ninguén. Vino cos meus propios ollos. 196 00:14:18,275 --> 00:14:21,945 Evítao se queres, pero ambas sabemos que te preocupas por Enid. 197 00:14:22,654 --> 00:14:26,283 E has de admitir que acendeu unha faísca de amabilidade en ti. 198 00:14:26,950 --> 00:14:29,119 Tranquila. Unha faísca pequeniña. 199 00:14:29,745 --> 00:14:32,247 Case imperceptible á vista, pero… 200 00:14:32,331 --> 00:14:33,248 Eu deime conta. 201 00:14:35,334 --> 00:14:36,835 Parte desta experiencia 202 00:14:36,919 --> 00:14:40,172 é facerse amiga de persoas coas que non conectarías. 203 00:14:40,672 --> 00:14:44,384 E esas amizades adoitan converterse en vínculos de por vida. 204 00:14:44,468 --> 00:14:45,802 Antes merco unha soga. 205 00:14:46,553 --> 00:14:49,765 Tan difícil che resulta admitir que fixeches unha amiga 206 00:14:49,848 --> 00:14:52,392 e que, agora que non está, bótala de menos? 207 00:14:54,061 --> 00:14:55,187 Sobrevivirei soa. 208 00:14:55,729 --> 00:14:56,647 Coma sempre. 209 00:14:58,815 --> 00:15:02,319 Ben, se iso é o que queres, enviarei a petición a directora. 210 00:15:15,248 --> 00:15:16,416 Tío Fétido? 211 00:15:31,056 --> 00:15:32,224 Tío Fétido? 212 00:15:35,143 --> 00:15:38,271 Oe! Ser un lobo solitario ten as súas vantaxes. 213 00:15:38,355 --> 00:15:41,441 Vives baixo as túas regras, fas o que queres… 214 00:15:41,525 --> 00:15:42,818 Mírame a min. 215 00:15:49,574 --> 00:15:52,035 Ola, teño que falar contigo. 216 00:15:52,911 --> 00:15:54,454 Non, agora mesmo. 217 00:15:55,622 --> 00:15:57,040 Si, sei onde é. 218 00:15:58,250 --> 00:16:00,669 Vale, podo estar alí nuns 20 minutos. 219 00:16:01,336 --> 00:16:02,379 Vale. Adeus. 220 00:16:02,462 --> 00:16:03,547 Con quen falas? 221 00:16:04,756 --> 00:16:07,718 - Non é asunto teu. - Sei o que es, Xavier. 222 00:16:07,801 --> 00:16:09,803 Déixame en paz dunha maldita vez. 223 00:16:21,106 --> 00:16:22,649 Puxécheslle o rastrexador? 224 00:16:24,443 --> 00:16:26,987 Calma. O tío Fétido teno todo controlado. 225 00:16:29,656 --> 00:16:32,409 Veña, en marcha. 226 00:16:32,993 --> 00:16:35,287 A PATRULLA CANINA DE PENNY! 227 00:16:36,621 --> 00:16:37,789 Que? 228 00:16:37,873 --> 00:16:40,125 Collino cando viña de camiño. 229 00:16:40,208 --> 00:16:42,961 Xa me coñeces, gústame ir de incógnito. 230 00:16:51,887 --> 00:16:52,929 Veña, imos! 231 00:17:28,173 --> 00:17:29,591 Ei! Que era tan urxente? 232 00:17:30,550 --> 00:17:31,760 Que pasou? 233 00:17:33,303 --> 00:17:34,888 Soñei que morrías. 234 00:17:35,514 --> 00:17:36,515 Sube ó coche. 235 00:17:49,736 --> 00:17:53,198 Directora Weems, é urxente que falemos da doutora Kinbott. 236 00:17:53,281 --> 00:17:55,742 Mércores. Xusto falabamos de ti. 237 00:17:55,826 --> 00:17:57,369 Falando da raíña de Roma. 238 00:17:58,954 --> 00:18:00,288 Pola porta asoma. 239 00:18:00,372 --> 00:18:02,249 Comentábame a túa valoración. 240 00:18:02,332 --> 00:18:05,293 Teño que firmar antes de enviala ó xulgado. 241 00:18:05,919 --> 00:18:08,463 E cal é o veredicto, doutora? Estou curada? 242 00:18:09,714 --> 00:18:13,218 Alégrame que che faga gracia, porque ó xuíz non lla fará. 243 00:18:13,301 --> 00:18:15,220 Xa lle expliquei a doutora 244 00:18:15,303 --> 00:18:18,223 que ultimamente fixeches pequenos pero importantes 245 00:18:18,306 --> 00:18:20,684 avances para aceptar a túa nova familia. 246 00:18:21,893 --> 00:18:22,727 Si. 247 00:18:23,645 --> 00:18:26,189 Creo que estou na fase de tolerar abrazos. 248 00:18:26,940 --> 00:18:28,900 Estiven lendo sobre a hipnose 249 00:18:28,984 --> 00:18:31,903 e creo que sería unha boa técnica para liberarme. 250 00:18:32,404 --> 00:18:33,446 É afeccionada? 251 00:18:34,406 --> 00:18:35,866 Si, moito. 252 00:18:36,658 --> 00:18:39,619 Aplaudo esa nova disposición para profundar en ti. 253 00:18:39,703 --> 00:18:41,163 Vémonos o luns. 254 00:18:41,246 --> 00:18:42,330 Comezaremos entón. 255 00:18:43,415 --> 00:18:45,917 De que tiñas que falar con tanta urxencia? 256 00:18:47,919 --> 00:18:48,753 Pode esperar. 257 00:18:49,588 --> 00:18:50,839 Se me desculpan, 258 00:18:51,423 --> 00:18:53,258 teño deberes que rematar. 259 00:18:58,555 --> 00:19:00,849 CAFÉ E PASTELARÍA VIRAVENTO 260 00:19:02,767 --> 00:19:04,769 A ama de Xavier ha de ser Kinbott. 261 00:19:05,604 --> 00:19:08,106 O Hyde permanece inactivo ata que o libera 262 00:19:08,190 --> 00:19:10,817 un trauma, un estímulo químico ou a hipnose. 263 00:19:15,989 --> 00:19:17,199 Escóitasme? 264 00:19:18,116 --> 00:19:21,244 Descubriría o que era e hipnotizouno para liberalo. 265 00:19:21,328 --> 00:19:23,371 Iso explica as sesións secretas. 266 00:19:23,872 --> 00:19:26,750 Creo que ese rapaz de aí sabe quen son. 267 00:19:28,501 --> 00:19:30,170 Si. Vén cara aquí. 268 00:19:30,253 --> 00:19:32,255 Fareille unha chave para durmilo. 269 00:19:32,339 --> 00:19:33,381 - Cúbreme. - Para. 270 00:19:33,465 --> 00:19:34,925 Non lle interesas ti. 271 00:19:36,343 --> 00:19:38,762 Fíxenche un café. Invita a casa. 272 00:19:39,262 --> 00:19:41,306 Grazas, rapaz. 273 00:19:42,224 --> 00:19:44,100 Tamén preciso que enchas isto. 274 00:19:45,685 --> 00:19:47,979 Tyler. Este é o meu tío Fétido. 275 00:19:50,315 --> 00:19:51,858 Ola, encantado de… 276 00:19:59,532 --> 00:20:00,367 Ese é? 277 00:20:04,371 --> 00:20:05,622 É un Hyde. 278 00:20:08,166 --> 00:20:10,460 Vaia, é o da outra noite. 279 00:20:12,629 --> 00:20:15,423 Teu pai dixo claramente que te afastaras de min. 280 00:20:16,424 --> 00:20:18,510 Non está e este é o meu descanso. 281 00:20:20,220 --> 00:20:23,515 Segundo parece, alguén ten que liberar o Hyde. O seu amo. 282 00:20:23,598 --> 00:20:24,808 Mi madriña. 283 00:20:26,685 --> 00:20:27,519 Tyler. 284 00:20:28,812 --> 00:20:30,063 Que che dixen? 285 00:20:35,944 --> 00:20:38,071 Mércores tentou manter a distancia. 286 00:20:38,154 --> 00:20:40,115 Fun eu quen sentou con ela. 287 00:20:43,243 --> 00:20:44,077 Vale. 288 00:20:44,869 --> 00:20:46,204 Estou colgando isto. 289 00:20:46,288 --> 00:20:49,165 É o sospeitoso dun atraco e é un fulano moi raro. 290 00:20:49,249 --> 00:20:51,167 - Vístelo por casualidade? - Non. 291 00:20:52,002 --> 00:20:53,920 Sería difícil pasalo por alto. 292 00:20:54,504 --> 00:20:56,506 Vouno pór no taboleiro. 293 00:21:02,887 --> 00:21:04,431 Para que gasto saliva. 294 00:21:08,852 --> 00:21:10,979 Grazas, pero non facía falla. 295 00:21:11,062 --> 00:21:14,441 Xa, a túa familia é moi… estrafalaria. 296 00:21:15,025 --> 00:21:17,068 Pois Fétido é a ovella negra. 297 00:21:17,652 --> 00:21:18,778 É inofensivo. 298 00:21:19,404 --> 00:21:21,865 Entón, o de cambiar a nosa cita… 299 00:21:23,992 --> 00:21:25,535 Entre o monstro e meu tío… 300 00:21:25,618 --> 00:21:26,578 Nada de escusas. 301 00:21:26,661 --> 00:21:29,122 Despois do da última vez, débesmo. 302 00:21:30,874 --> 00:21:33,251 No podo saír da escola. Todos me vixían. 303 00:21:34,044 --> 00:21:35,420 Non importa. 304 00:21:35,503 --> 00:21:37,005 Irei eu. 305 00:21:37,088 --> 00:21:39,007 As nove na cripta de Crackstone. 306 00:22:05,367 --> 00:22:06,409 Non a estraño. 307 00:22:06,993 --> 00:22:09,621 Os amigos son unha carga da que aproveitarse. 308 00:22:09,704 --> 00:22:11,247 Son debilidades. 309 00:22:11,331 --> 00:22:13,458 O teu traballo é protexer o diario. 310 00:22:14,542 --> 00:22:16,211 Volverei en canto poida. 311 00:22:18,421 --> 00:22:19,381 Non é unha cita. 312 00:22:20,673 --> 00:22:23,510 É un quid pro quo por facer que case o destripen. 313 00:22:24,010 --> 00:22:25,261 Vixía o diario! 314 00:22:34,187 --> 00:22:37,899 A última vez que me prepararon unha sorpresa aquí non foi ben. 315 00:22:38,400 --> 00:22:41,027 Esta vez non te desmaiarás. 316 00:22:41,986 --> 00:22:44,114 Pero tes que pechar os ollos. 317 00:22:45,073 --> 00:22:46,116 En serio? 318 00:22:46,783 --> 00:22:47,700 Por desgraza. 319 00:22:51,079 --> 00:22:53,039 Só o fago porque estou en débeda. 320 00:22:53,540 --> 00:22:55,083 Vale. Amodo. 321 00:22:56,626 --> 00:22:58,294 Agarda aquí. Pecha os ollos. 322 00:23:01,423 --> 00:23:02,298 Vale. 323 00:23:05,718 --> 00:23:07,512 Tranquila. Por aquí. 324 00:23:08,555 --> 00:23:09,681 Un segundo. 325 00:23:15,979 --> 00:23:18,231 Vale, xa os podes abrir. 326 00:23:38,168 --> 00:23:41,963 Que? Nunca te levaron de pícnic nunha cripta? 327 00:23:50,972 --> 00:23:52,599 Gústanche as pelis de medo? 328 00:23:57,061 --> 00:23:58,730 Prepárate para o horror. 329 00:24:12,911 --> 00:24:14,913 UNHA LOURA MOI LEGAL 330 00:24:19,501 --> 00:24:20,460 RAÍÑA DO BAILE 331 00:24:28,968 --> 00:24:31,346 É a moto do sospeitoso, sen dúbida. 332 00:24:31,429 --> 00:24:33,181 Tan rara coma el. 333 00:24:34,557 --> 00:24:38,269 Ben, se vai a pé non puido ir moi lonxe. Separádevos. 334 00:24:38,770 --> 00:24:40,522 Eu mirarei na zona do lago. 335 00:24:48,321 --> 00:24:49,531 Vaia tortura. 336 00:24:51,074 --> 00:24:51,908 Grazas. 337 00:24:55,828 --> 00:24:57,622 Vale, non me odies. 338 00:24:57,705 --> 00:24:59,707 Non me vou andar con voltas… 339 00:25:01,876 --> 00:25:03,878 Quero que sexamos máis que amigos. 340 00:25:06,214 --> 00:25:07,340 Xa se che pasará. 341 00:25:08,007 --> 00:25:08,925 Non fagas iso. 342 00:25:09,008 --> 00:25:10,426 Subestimar o que sinto. 343 00:25:11,135 --> 00:25:14,264 Non estou feita para ser amiga, moito menos algo máis. 344 00:25:15,682 --> 00:25:17,684 Ignorareite, chafareiche o corazón 345 00:25:17,767 --> 00:25:20,395 e anteporei as miñas necesidades e intereses. 346 00:25:22,397 --> 00:25:25,817 Xa, ti tenta apartarme. Non vai funcionar. 347 00:25:25,900 --> 00:25:27,277 Case te mato. 348 00:25:27,360 --> 00:25:28,403 Sobrevivín. 349 00:25:28,486 --> 00:25:30,613 - Potra. - Son máis duro do que cres. 350 00:25:36,452 --> 00:25:37,996 Cometes un erro. 351 00:25:39,330 --> 00:25:40,164 Pode ser. 352 00:25:41,666 --> 00:25:42,500 Seguro. 353 00:25:52,260 --> 00:25:53,344 Que demos? 354 00:25:53,928 --> 00:25:55,054 Tyler. 355 00:25:55,138 --> 00:25:57,348 Papá? Que fas aquí? 356 00:25:58,933 --> 00:26:01,227 O xardineiro atopou unha moto no lago. 357 00:26:01,311 --> 00:26:04,105 Coincide coa que roubou ó atracador. 358 00:26:04,188 --> 00:26:07,567 E como falta unha canoa, crin que estaría na Illa do Corvo. 359 00:26:08,901 --> 00:26:12,697 Non vou nin preguntar que é isto. Vou facer coma que non vos vin. 360 00:26:12,780 --> 00:26:13,865 Entendido? 361 00:26:15,450 --> 00:26:17,493 Incrible. Veña. 362 00:26:29,797 --> 00:26:30,798 O diario… 363 00:26:34,052 --> 00:26:34,886 Cousa? 364 00:26:44,812 --> 00:26:45,730 Cousa… 365 00:26:58,034 --> 00:26:59,869 Fétido? Fétido, axuda! 366 00:26:59,952 --> 00:27:01,788 Axuda! Cousa non se move. 367 00:27:01,871 --> 00:27:04,165 - Apuñalárono! - Pono na mesa! 368 00:27:24,686 --> 00:27:25,645 Veña, Cousa. 369 00:27:48,334 --> 00:27:49,877 Foise, Mércores. 370 00:27:50,628 --> 00:27:51,963 Non. Cousa. 371 00:27:52,964 --> 00:27:54,215 Se me oes… 372 00:27:56,384 --> 00:27:58,636 como morras, mátote. 373 00:28:00,471 --> 00:28:01,597 Outra vez. 374 00:28:02,098 --> 00:28:03,599 Xa! Outra vez, por favor! 375 00:28:27,915 --> 00:28:30,835 Xa pensabamos que non ías forzar máis pechaduras. 376 00:28:32,962 --> 00:28:34,464 Quen che fixo isto? 377 00:28:37,592 --> 00:28:39,969 Apuñaláronte polas costas. Covardes. 378 00:28:40,887 --> 00:28:43,181 Prométoche que o responsable sufrirá. 379 00:28:43,890 --> 00:28:45,183 E será lento, 380 00:28:46,017 --> 00:28:46,893 largo 381 00:28:47,935 --> 00:28:49,812 e extremadamente doloroso. 382 00:29:06,287 --> 00:29:07,789 Vouno coser. 383 00:29:09,874 --> 00:29:14,128 Atoparon a moto, así que o shériff non andará lonxe. Tes que marchar. 384 00:29:15,046 --> 00:29:18,049 A próxima vez rouba algo menos interesante. 385 00:29:18,132 --> 00:29:19,383 E iso que gracia ten? 386 00:29:21,594 --> 00:29:24,263 Vale. Hoxe quedarei aquí 387 00:29:24,347 --> 00:29:27,725 cuidando do paciente e mañá sairei a fume de carozo. 388 00:29:29,977 --> 00:29:33,105 Verémonos na túa vista ou na próxima reunión familiar. 389 00:29:33,689 --> 00:29:35,525 Sempre serás a miña favorita. 390 00:29:36,651 --> 00:29:38,236 Lembra dicirllo a Pugsley. 391 00:29:39,070 --> 00:29:40,446 Seguro que o acomplexa. 392 00:29:47,495 --> 00:29:50,331 Supoño que non foi unha broma casual. 393 00:29:50,414 --> 00:29:54,001 Quen rexistrase o meu cuarto roubou o diario de Faulkner. 394 00:29:54,085 --> 00:29:57,213 Debería estar ben gardado na biblioteca dos Beladona. 395 00:29:57,296 --> 00:29:58,798 Coñece o diario, 396 00:29:58,881 --> 00:30:02,009 o que significa que sabe que o monstro é un Hyde. 397 00:30:06,514 --> 00:30:09,350 Grazas, Srta. Thornhill. Xa me encargo eu. 398 00:30:09,934 --> 00:30:13,271 Por suposto. Se precisa algo estarei no corredor. 399 00:30:33,207 --> 00:30:36,085 Faulkner pasou anos estudando os Hydes. 400 00:30:37,670 --> 00:30:40,339 Quería determinar se eran asasinos instintivos 401 00:30:40,423 --> 00:30:42,508 ou eran conscientes dos seus actos. 402 00:30:42,592 --> 00:30:44,218 A que conclusión chegou? 403 00:30:44,969 --> 00:30:47,680 Matouno un deles antes de acadar ningunha. 404 00:30:48,472 --> 00:30:50,308 Houbo quen seguiu investigando, 405 00:30:50,391 --> 00:30:53,102 pero son demasiado impredicibles e violentos. 406 00:30:54,228 --> 00:30:57,189 Prohibíronlle a entrada en Nunca Máis hai 30 anos. 407 00:30:59,609 --> 00:31:02,069 Sempre soubo que o monstro era un Hyde. 408 00:31:03,279 --> 00:31:04,780 Por que non o dixo? 409 00:31:05,823 --> 00:31:08,743 Porque sería a fin de Nunca Máis. A fin. 410 00:31:08,826 --> 00:31:11,787 Clausuraríana. E iso non pasará comigo aquí. 411 00:31:12,455 --> 00:31:14,457 Mais eu non son a única que cala. 412 00:31:15,166 --> 00:31:17,293 Se sospeitas de alguén, dimo. 413 00:31:17,376 --> 00:31:18,252 Por que? 414 00:31:19,378 --> 00:31:21,839 O único que fai é manipular e obstruírme. 415 00:31:21,923 --> 00:31:25,509 Dálle igual cantos morran mentres manteña a súa reputación. 416 00:31:27,845 --> 00:31:33,893 Eu protexo a familia de Nunca Máis, e iso tamén a inclúe, Srta. Addams. 417 00:31:53,162 --> 00:31:54,121 Ven comigo. 418 00:31:54,205 --> 00:31:57,333 Teño información sobre o asasinato do alcalde. 419 00:32:06,842 --> 00:32:08,803 Saqueino do ordenador de meu pai. 420 00:32:08,886 --> 00:32:11,180 Parece que estaba buscando a alguén. 421 00:32:11,263 --> 00:32:14,475 Laurel Gates? Comezou despois do Día da Integración. 422 00:32:14,558 --> 00:32:16,060 Debeu de vela alí. 423 00:32:16,143 --> 00:32:18,729 A policía británica deuna por morta, afogada, 424 00:32:18,813 --> 00:32:20,564 pero nunca atoparon o corpo. 425 00:32:21,565 --> 00:32:24,986 Hai un ano unha rica herdeira mercou a mansión Gates. 426 00:32:25,069 --> 00:32:28,781 Despois morreu misteriosamente e deixoulle todo a súa coidadora, 427 00:32:29,448 --> 00:32:30,783 Teresa L. Glau. 428 00:32:33,035 --> 00:32:34,912 É un anagrama de Laurel Gates. 429 00:32:35,413 --> 00:32:37,373 Laurel merca a mansión en secreto 430 00:32:37,456 --> 00:32:39,834 e volve a Jericó como outra persoa… 431 00:32:40,626 --> 00:32:41,460 Para que? 432 00:32:43,713 --> 00:32:46,674 Vingarse dos que culpa da desgraza da súa familia. 433 00:32:46,757 --> 00:32:48,050 Teu pai, 434 00:32:48,134 --> 00:32:48,968 o forense, 435 00:32:49,051 --> 00:32:50,052 meus pais 436 00:32:50,553 --> 00:32:52,096 e, sobre todo, Nunca Máis. 437 00:32:52,680 --> 00:32:54,598 E que ten que ver o monstro? 438 00:32:55,182 --> 00:32:57,893 O monstro é un Hyde. Está as ordes de Laurel. 439 00:32:57,977 --> 00:32:59,103 Contrólao. 440 00:32:59,729 --> 00:33:02,481 Ti sabes quen é Laurel, non si? 441 00:33:07,903 --> 00:33:10,698 Mércores, hoxe non tiñamos cita. 442 00:33:11,407 --> 00:33:12,867 Quería devolverche algo. 443 00:33:15,286 --> 00:33:17,371 Atopeino no cuarto da túa infancia. 444 00:33:24,003 --> 00:33:27,923 Sei que es Laurel Gates e que volviches a Jericó para vingarte. 445 00:33:29,550 --> 00:33:31,927 E o alcalde tamén, por iso o mataches. 446 00:33:32,428 --> 00:33:34,930 Quen mellor para entrar e saír do hospital 447 00:33:35,014 --> 00:33:38,059 que unha psiquiatra so pretexto de visita médica. 448 00:33:39,810 --> 00:33:42,605 Non me estarás acusando de matar o alcalde, non? 449 00:33:42,688 --> 00:33:45,399 Equivocácheste ó deixarlle rosas a Eugene. 450 00:33:45,483 --> 00:33:48,569 Eran da mesma variedade que atopei xunto a túa cama. 451 00:33:48,652 --> 00:33:51,072 Non teño nin idea do que falas. 452 00:33:51,155 --> 00:33:54,158 Por que senón unha psiquiatra sobrecapacitada 453 00:33:54,241 --> 00:33:57,369 ía instalarse no remanso intranscendente que é Jericó? 454 00:33:57,453 --> 00:34:00,581 Porque así podía penetrar nas mentes dos marxinados 455 00:34:00,664 --> 00:34:03,959 ata atopar a un que puidera manipular para vingarse. 456 00:34:06,337 --> 00:34:07,338 Sabes que? 457 00:34:07,421 --> 00:34:10,382 Non teño tempo de ocuparme dos teus delirios. 458 00:34:10,466 --> 00:34:11,842 Teño unha emerxencia. 459 00:34:11,926 --> 00:34:13,636 Con Xavier? 460 00:34:14,220 --> 00:34:17,431 Sei o das sesións secretas no coche. 461 00:34:17,515 --> 00:34:21,143 Tamén atopei a cova onde facía sesións para liberar o Hyde. 462 00:34:22,019 --> 00:34:23,896 Xa fuches lonxe de máis. 463 00:34:23,979 --> 00:34:26,524 Sabe o impredicibles que poden ser? 464 00:34:26,607 --> 00:34:29,318 Ou pretende internalo antes de que a traizoe? 465 00:34:29,401 --> 00:34:32,196 Mércores, precisas axuda. 466 00:34:32,279 --> 00:34:33,906 Máis da que eu podo darche. 467 00:34:33,989 --> 00:34:35,366 A quen chama? A Xavier? 468 00:34:36,158 --> 00:34:37,201 O xuíz Reynolds. 469 00:34:37,284 --> 00:34:41,080 Vou recomendar que te internen nun psiquiátrico para observación. 470 00:34:41,163 --> 00:34:44,583 Por favor. Ambas sabemos que o controlaría nunha semana. 471 00:34:48,379 --> 00:34:49,505 Acabouse o tempo. 472 00:35:01,475 --> 00:35:03,519 Directora Weems, Valerie Kinbott. 473 00:35:03,602 --> 00:35:05,604 Mércores irrompeu no meu despacho. 474 00:35:06,397 --> 00:35:08,399 Non sabía que hoxe tiñades sesión. 475 00:35:08,482 --> 00:35:11,777 Non a tiña. Comportábase de xeito totalmente irracional. 476 00:35:14,697 --> 00:35:15,781 Doutora Kinbott? 477 00:35:19,618 --> 00:35:20,661 Doutora Kinbott? 478 00:35:31,922 --> 00:35:37,094 HOSPITAL DE JERICÓ - URXENCIAS 479 00:35:55,404 --> 00:35:56,280 Foise. 480 00:35:56,864 --> 00:35:58,407 A doutora Kinbott morreu. 481 00:36:01,368 --> 00:36:02,578 Acabouse. 482 00:36:23,641 --> 00:36:26,143 Tes que deixar de invadir o meu espazo. 483 00:36:26,227 --> 00:36:28,062 Deberías seguir o teu consello. 484 00:36:30,272 --> 00:36:31,523 Esquecíchelo. 485 00:36:32,358 --> 00:36:34,193 Cravado en Cousa. 486 00:36:35,027 --> 00:36:37,029 Dende cando vas ver a Kinbott? 487 00:36:37,529 --> 00:36:38,364 Estiveches…? 488 00:36:40,991 --> 00:36:44,954 Pero que digo? Claro que si. Estiveches espiándome, non si? 489 00:36:49,250 --> 00:36:52,127 Porque son o malo da túa fantasía. 490 00:36:54,213 --> 00:36:59,260 Meu pai cre que a miña saúde mental é un asunto de relacións públicas. 491 00:37:00,511 --> 00:37:03,889 Quere manter o problemático do seu fillo fóra da prensa. 492 00:37:06,016 --> 00:37:07,268 Non fun ó teu cuarto. 493 00:37:08,686 --> 00:37:10,729 Creme ou non, 494 00:37:10,813 --> 00:37:12,022 dáme igual. 495 00:37:20,364 --> 00:37:22,491 Os teus debuxos melloraron. 496 00:37:22,574 --> 00:37:24,493 Este en concreto gústame moito. 497 00:37:28,580 --> 00:37:30,249 Parece coma se o vivises. 498 00:37:32,751 --> 00:37:35,254 - Que queres? - As preguntas fágoas eu. 499 00:37:40,592 --> 00:37:43,012 Que fai o inhalador de Rowan aquí? 500 00:37:47,308 --> 00:37:48,642 Ou as gafas de Eugene? 501 00:37:51,562 --> 00:37:53,939 Ou as fotos de acosador que me tomaches? 502 00:37:54,023 --> 00:37:56,275 - Non, eu… - E a última incorporación. 503 00:37:59,445 --> 00:38:00,821 O colar de Kinbott. 504 00:38:01,322 --> 00:38:03,282 - Alguén o puxo aí! - Quieto! 505 00:38:03,866 --> 00:38:06,410 Solta o coitelo. De xeonllos. 506 00:38:07,202 --> 00:38:08,495 Esposádeo. 507 00:38:08,579 --> 00:38:10,497 - Ten dereito a non falar. - Que? 508 00:38:10,581 --> 00:38:13,083 O que diga usarase na súa contra no tribunal. 509 00:38:13,167 --> 00:38:14,918 Ten dereito a un avogado. 510 00:38:15,002 --> 00:38:17,546 Se non pode custealo asignaráselle un. 511 00:38:17,629 --> 00:38:19,131 Grazas pola axuda. 512 00:38:19,840 --> 00:38:21,759 Ti! Tendíchesme unha trampa! 513 00:38:22,551 --> 00:38:23,719 Están a inculparme! 514 00:38:24,636 --> 00:38:26,472 Non debín salvarte de Rowan. 515 00:38:42,571 --> 00:38:43,447 Ola. 516 00:38:45,366 --> 00:38:46,200 Volviches. 517 00:38:46,950 --> 00:38:49,495 Marcho dous días e desbaratan o cuarto, 518 00:38:49,578 --> 00:38:52,915 Cousa case morre… Alguén terá que coidarvos. 519 00:38:53,707 --> 00:38:56,418 - E o de compartir cuarto con Yoko? - É xenial, 520 00:38:56,960 --> 00:38:59,630 pero decidín que preciso límites. 521 00:39:00,631 --> 00:39:01,924 Deixa a fita. 522 00:39:02,591 --> 00:39:04,802 Non me digas que te estás abrandando. 523 00:39:04,885 --> 00:39:05,761 Nunca. 524 00:39:07,888 --> 00:39:09,390 Estou evolucionando. 525 00:39:09,973 --> 00:39:12,309 Ben, paso a paso. 526 00:39:13,727 --> 00:39:15,187 A que se debe o cambio? 527 00:39:16,313 --> 00:39:17,314 Funcionamos. 528 00:39:18,023 --> 00:39:20,025 Non deberiamos, pero é así. 529 00:39:20,109 --> 00:39:22,486 É como unha rara anomalía da amizade. 530 00:39:22,569 --> 00:39:24,863 Todo o que dixeches de min é certo. 531 00:39:25,989 --> 00:39:27,699 Pero non pido perdón. 532 00:39:28,367 --> 00:39:29,326 Xa non. 533 00:39:31,161 --> 00:39:32,246 Son quen son. 534 00:39:37,626 --> 00:39:38,794 Cousa estrañábate. 535 00:39:40,879 --> 00:39:42,172 Eu tamén. 536 00:39:45,884 --> 00:39:47,511 Sinto o de Xavier. 537 00:39:48,178 --> 00:39:50,848 Eu non. É un mentirán e un asasino. 538 00:39:51,557 --> 00:39:55,602 Ademais… Non hai nada mellor que saber que levabas razón. 539 00:39:56,186 --> 00:39:58,230 Excepto compartilo con alguén. 540 00:39:59,064 --> 00:40:01,483 A Cousa escapóuselle o da cita con Tyler. 541 00:40:01,567 --> 00:40:02,734 Entón como foi? 542 00:40:03,527 --> 00:40:04,903 Interrompéronnos. 543 00:40:08,115 --> 00:40:11,326 Pois oín que hoxe traballa ata tarde. 544 00:40:21,503 --> 00:40:22,504 Está pechado. 545 00:40:23,130 --> 00:40:25,048 Pois deberías trancar a porta. 546 00:40:27,176 --> 00:40:29,428 Anda xente moi mala por aí. 547 00:40:32,431 --> 00:40:35,476 Xa, meu pai contoume o de Xavier. 548 00:40:37,686 --> 00:40:39,062 Que tolemia. 549 00:40:39,146 --> 00:40:41,106 Co normal que parecía. 550 00:40:42,232 --> 00:40:44,443 Para un marxinado, vaia. 551 00:40:45,235 --> 00:40:46,236 O certo… 552 00:40:47,779 --> 00:40:49,823 é que me fixo pensar. 553 00:40:52,701 --> 00:40:53,577 En que? 554 00:40:55,537 --> 00:40:56,788 En quen podo confiar. 555 00:41:00,209 --> 00:41:02,711 Entón estás lista para ser máis que amigos? 556 00:41:45,254 --> 00:41:46,088 Eh! 557 00:42:03,021 --> 00:42:03,897 Estás ben? 558 00:42:05,023 --> 00:42:06,024 Teño que marchar. 559 00:42:07,317 --> 00:42:08,151 Que? 560 00:42:09,695 --> 00:42:10,862 Que pasa? 561 00:42:12,197 --> 00:42:13,115 Mércores! 562 00:42:18,579 --> 00:42:20,581 Claro que o primeiro mozo que bico 563 00:42:20,664 --> 00:42:23,542 resulta ser un monstro psicótico e asasino. 564 00:42:25,043 --> 00:42:26,461 Supoño que teño un tipo. 565 00:45:24,097 --> 00:45:26,975 Subtítulos: Laura Feijóo Sánchez