1 00:00:28,654 --> 00:00:30,031 Cousa deume a túa nota. 2 00:00:30,698 --> 00:00:34,869 Sorprendeume que quixeras verme despois de saír correndo a outra noite. 3 00:00:36,037 --> 00:00:38,623 Entón, isto é unha cita? 4 00:00:38,706 --> 00:00:39,999 É unha sorpresa. 5 00:00:48,925 --> 00:00:52,345 Cando vin a Nunca Máis non pensaba en ter un romance. 6 00:00:54,680 --> 00:00:56,140 Pero cando me bicaches… 7 00:00:57,141 --> 00:01:00,144 abríchesme os ollos e todo cobrou sentido. 8 00:01:02,522 --> 00:01:05,149 Xavier advertiume sobre ti e non o escoitei. 9 00:01:05,983 --> 00:01:07,151 Que irónico, non? 10 00:01:07,235 --> 00:01:11,197 Irónico sería incriminar a Xavier e que o Hyde axudase a encerralo. 11 00:01:14,283 --> 00:01:16,494 Espera… Non pensarás… 12 00:01:16,577 --> 00:01:18,287 Non penso nada. Seino. 13 00:01:18,371 --> 00:01:21,415 Kinbott descubriría o teu segredo nalgunha sesión. 14 00:01:21,499 --> 00:01:22,542 E liberoute. 15 00:01:22,625 --> 00:01:23,835 Por que a mataches? 16 00:01:24,377 --> 00:01:26,921 Pensei que os Hydes eran leais ós seus amos. 17 00:01:27,004 --> 00:01:28,589 En serio, isto é de tolos. 18 00:01:28,673 --> 00:01:32,009 O Día da Integración díxenche que ía a casa de reunión. 19 00:01:33,052 --> 00:01:35,138 Envioute a doutora a espiarme? 20 00:01:35,721 --> 00:01:36,556 No Rave'N, 21 00:01:36,639 --> 00:01:40,268 escoitáchesme falar con Eugene da cova e avisaches a Kinbott. 22 00:01:40,893 --> 00:01:42,645 Eugene vería como a calcinaba 23 00:01:43,688 --> 00:01:45,106 e logo fuches rematalo. 24 00:01:45,189 --> 00:01:46,274 OCÚPATE XA. VOU. 25 00:01:47,275 --> 00:01:49,193 Hei de recoñecercho, Tyler. 26 00:01:49,694 --> 00:01:52,196 Ferirte aquela noite na mansión… 27 00:01:52,864 --> 00:01:54,824 xogada mestra da distracción. 28 00:01:54,907 --> 00:01:57,201 Para. O que dis é unha loucura. 29 00:01:57,994 --> 00:01:59,245 Non son un monstro. 30 00:01:59,328 --> 00:02:00,955 Se de verdade o pensaras, 31 00:02:01,038 --> 00:02:04,083 por que te ías arriscar a enfrontarte a min ti soa? 32 00:02:04,167 --> 00:02:05,710 Quen dixo que estou soa? 33 00:02:14,010 --> 00:02:17,263 Non sei que broma enfermiza queredes gastarme, Mércores. 34 00:02:17,346 --> 00:02:19,015 - Pero eu marcho. - O certo… 35 00:02:21,017 --> 00:02:22,602 é que vas vir con nós. 36 00:02:44,707 --> 00:02:45,791 Benvido. 37 00:02:47,251 --> 00:02:48,461 Onde demo estou? 38 00:02:48,544 --> 00:02:50,546 Onde ninguén te oirá berrar. 39 00:02:50,630 --> 00:02:51,797 E as cadeas? 40 00:02:51,881 --> 00:02:53,424 Menos preguntas estúpidas. 41 00:02:54,842 --> 00:02:56,969 Mércores, estás tola. Son un normi. 42 00:02:57,053 --> 00:02:58,471 Iso é certo a medias. 43 00:03:01,057 --> 00:03:02,183 Recoñécela? 44 00:03:02,266 --> 00:03:05,436 Miña nai acapara a foto e distraeume, 45 00:03:05,519 --> 00:03:07,438 por iso non vira antes a túa. 46 00:03:08,731 --> 00:03:10,942 Teu pai namorou e casou cunha paria. 47 00:03:13,361 --> 00:03:15,821 Pero iso non me converte nun monstro. 48 00:03:15,905 --> 00:03:17,865 Segundo o seu expediente médico… 49 00:03:17,949 --> 00:03:20,660 - Roubáchelo? - Tecnicamente foi Cousa. 50 00:03:20,743 --> 00:03:23,955 Colleuno do teu garaxe. Teu pai garda de todo. 51 00:03:25,373 --> 00:03:27,625 A depresión posparto desatou a doenza. 52 00:03:27,708 --> 00:03:29,543 Tiña trastorno bipolar severo. 53 00:03:29,627 --> 00:03:31,045 Sabes que iso é mentira. 54 00:03:31,128 --> 00:03:32,088 Era unha Hyde. 55 00:03:32,880 --> 00:03:34,840 E teu pai sempre viviu co temor 56 00:03:34,924 --> 00:03:37,718 de non saber se herdaches ou non a súa doenza. 57 00:03:39,095 --> 00:03:41,847 Ides quedar aí e deixar que me faga isto? 58 00:03:41,931 --> 00:03:44,183 Rapaces? Enid acaba de escribir. 59 00:03:44,267 --> 00:03:45,851 Thornhill sospeita. 60 00:03:45,935 --> 00:03:48,604 Canto falta para que torne nesa… cousa? 61 00:03:48,688 --> 00:03:49,855 Non son o monstro. 62 00:03:49,939 --> 00:03:50,815 Si o es. 63 00:03:50,898 --> 00:03:53,067 Vino nunha visión no Viravento. 64 00:03:53,150 --> 00:03:56,862 Agarda, fas todo isto por unha visión que tiveches ó bicarnos? 65 00:03:56,946 --> 00:03:58,781 Acaso podes fiarte diso? 66 00:03:59,573 --> 00:04:00,992 Mércores, que fas? 67 00:04:01,659 --> 00:04:04,620 Unha tortura suave. Tranquilos, non deixarei marca. 68 00:04:04,704 --> 00:04:07,915 - Mércores, agarda… - Agarda, vas en serio? 69 00:04:08,541 --> 00:04:10,668 O Hyde só entende unha cousa: 70 00:04:11,419 --> 00:04:12,295 a dor. 71 00:04:12,378 --> 00:04:13,921 - Quieta! Non! - Mércores! 72 00:04:15,256 --> 00:04:16,424 Ata aquí cheguei! 73 00:04:17,383 --> 00:04:19,135 - Nós tamén. - Non. 74 00:04:19,218 --> 00:04:20,177 - Agarda. - Non. 75 00:04:21,304 --> 00:04:23,556 Mércores, non me prestei a isto. 76 00:04:23,639 --> 00:04:26,600 - Expliquémosllo a Weems. - Non nos axudará. 77 00:04:26,684 --> 00:04:29,103 E Tyler sempre vai por diante de seu pai. 78 00:04:31,063 --> 00:04:32,440 Pois estás ti soa. 79 00:04:34,442 --> 00:04:37,695 Non me deixedes aquí con ela, por favor! Suplícovolo! 80 00:04:44,201 --> 00:04:45,745 ACADEMIA NUNCA MÁIS 81 00:04:46,287 --> 00:04:48,706 UNHA SERIE DE NETFLIX 82 00:05:53,396 --> 00:05:57,233 Cando insisto con súa nai ou algún tema delicado, perde o control 83 00:05:57,316 --> 00:05:59,276 e vólvese frío e distante. 84 00:05:59,360 --> 00:06:01,529 É como se falase con outra persoa. 85 00:06:02,238 --> 00:06:04,073 Cada vez estou máis preocupada. 86 00:06:04,156 --> 00:06:06,117 O trauma de perder a súa nai 87 00:06:06,200 --> 00:06:09,620 deixou en Tyler máis secuelas psicolóxicas das que cría. 88 00:06:19,088 --> 00:06:21,173 - Si? - Shériff Galpin. 89 00:06:22,174 --> 00:06:23,426 Temos un problema. 90 00:06:24,802 --> 00:06:27,096 E chámase Mércores Addams. 91 00:06:27,179 --> 00:06:30,349 Para que te usa Kinbott, ou, máis ben, Laurel Gates? 92 00:06:30,433 --> 00:06:31,892 Mércores, por favor. 93 00:06:31,976 --> 00:06:34,979 Os membros que había no soto da mansión Gates, 94 00:06:35,062 --> 00:06:36,480 para que os quere? 95 00:06:36,564 --> 00:06:38,607 Non o entendo. Por que fas isto? 96 00:06:45,948 --> 00:06:47,324 A ver eses reflexos. 97 00:06:47,408 --> 00:06:49,743 - Estou aquí! - Afástate do meu fillo! 98 00:06:51,078 --> 00:06:51,996 Sóltao. 99 00:06:54,707 --> 00:06:56,917 OFICINA DO SHÉRIFF 100 00:06:58,294 --> 00:06:59,295 Asina aquí. 101 00:07:07,636 --> 00:07:09,972 O shériff Galpin non presentará cargos. 102 00:07:10,055 --> 00:07:12,433 Todo un milagre dadas as circunstancias. 103 00:07:12,516 --> 00:07:13,392 Claro que non. 104 00:07:14,393 --> 00:07:15,561 Dende cando o sabe? 105 00:07:16,437 --> 00:07:17,396 Desculpa? 106 00:07:17,480 --> 00:07:20,649 Cando lle dei a garra da cova, xa o sabía? 107 00:07:20,733 --> 00:07:22,401 Mércores, xa basta. 108 00:07:22,485 --> 00:07:24,612 Xavier Thorpe é o Hyde. 109 00:07:24,695 --> 00:07:28,032 Hai probas, gracias a ti. Por iso che dou un último pase. 110 00:07:28,115 --> 00:07:30,784 - Tyler tamén o traizoará. - Marchamos. 111 00:07:38,417 --> 00:07:39,251 Fóra. 112 00:07:40,794 --> 00:07:41,962 Mércores, agarda. 113 00:07:43,672 --> 00:07:45,591 Tyler! Non, que fas? 114 00:07:46,592 --> 00:07:48,177 Teño que falar con ela. 115 00:07:49,178 --> 00:07:50,513 Era miña amiga. 116 00:07:51,096 --> 00:07:53,224 Estamos na comisaría, que vai pasar? 117 00:08:00,022 --> 00:08:00,856 Rapidiño. 118 00:08:08,322 --> 00:08:09,198 Que queres? 119 00:08:10,824 --> 00:08:12,076 Preguntarche algo. 120 00:08:15,621 --> 00:08:17,039 Que se sente? 121 00:08:18,040 --> 00:08:19,625 Cando? 122 00:08:20,876 --> 00:08:22,169 Ó perder. 123 00:08:26,966 --> 00:08:28,342 Ó principio, 124 00:08:28,425 --> 00:08:29,843 espertaba espido, 125 00:08:30,386 --> 00:08:31,679 cuberto de sangue, 126 00:08:32,555 --> 00:08:34,265 sen saber que pasara. 127 00:08:35,933 --> 00:08:37,142 Pero, co tempo… 128 00:08:38,310 --> 00:08:39,728 comecei a recordalo… 129 00:08:40,646 --> 00:08:41,605 todo. 130 00:08:43,148 --> 00:08:45,317 Os berros, 131 00:08:46,151 --> 00:08:48,195 as miradas de pánico 132 00:08:49,238 --> 00:08:52,866 e un medo tan primario que podía saborealo. 133 00:08:57,329 --> 00:08:59,331 E era delicioso. 134 00:09:03,919 --> 00:09:05,963 Non tes nin idea do que vai pasar. 135 00:09:37,494 --> 00:09:41,040 O trato para que o shériff Galpin non presentara cargos 136 00:09:41,123 --> 00:09:43,626 esixe a túa inmediata expulsión. 137 00:09:44,293 --> 00:09:46,378 Os outros non tiveron nada que ver. 138 00:09:46,920 --> 00:09:48,130 Actuei soa. 139 00:09:48,964 --> 00:09:52,509 Para alguén que di non ter amigos, desvélaste por protexelos. 140 00:09:52,593 --> 00:09:54,595 Non tiñan arrestos para facelo. 141 00:09:54,678 --> 00:09:56,597 Secuestrar e torturar? 142 00:09:56,680 --> 00:09:57,598 Espero que non. 143 00:09:57,681 --> 00:10:00,893 É consciente de que Tyler destripou a seis persoas 144 00:10:00,976 --> 00:10:03,020 e recolleu varias partes do corpo? 145 00:10:03,103 --> 00:10:05,230 Se viñeras a min coas túas sospeitas 146 00:10:05,314 --> 00:10:08,609 no canto de actuar pola túa conta, quizais puidera axudar. 147 00:10:08,692 --> 00:10:12,237 Porque cooperación e confianza son os selos da nosa relación… 148 00:10:15,908 --> 00:10:20,371 Admiro a habilidade que tes para ser ti mesma e confiar no teu instinto, 149 00:10:20,454 --> 00:10:23,582 pero iso tamén fai que sexas impaciente e impulsiva. 150 00:10:23,666 --> 00:10:26,835 As túas accións déixannos nunha posición imposible. 151 00:10:26,919 --> 00:10:28,337 Tyler é o Hyde. 152 00:10:29,171 --> 00:10:32,508 Incriminou a Xavier. Confesoumo todo! 153 00:10:32,591 --> 00:10:34,843 Oxalá puidera crerte. 154 00:10:38,180 --> 00:10:39,848 Súa nai era unha marxinada. 155 00:10:39,932 --> 00:10:42,351 Estudou aquí, seguro que a lembra. 156 00:10:42,434 --> 00:10:43,686 Era unha Hyde! 157 00:10:43,769 --> 00:10:45,562 Si, Francois, era encantadora. 158 00:10:45,646 --> 00:10:47,481 Non lle preguntei pola especie! 159 00:10:47,564 --> 00:10:50,484 Pois déame máis tempo e demostrarei que son Hydes! 160 00:10:50,567 --> 00:10:51,819 Non hai máis tempo 161 00:10:51,902 --> 00:10:54,029 nin máis tratos, Mércores. 162 00:10:55,239 --> 00:10:56,740 Prepara os baúis. 163 00:10:56,824 --> 00:10:59,785 Faremos que os envíen e despídete. 164 00:11:00,869 --> 00:11:03,080 Marcharás mañá no tren da tarde. 165 00:11:04,748 --> 00:11:07,918 Sinto que Nunca Máis non fora para ti, Mércores. 166 00:11:09,169 --> 00:11:11,588 Túa nai ha sentirse moi decepcionada. 167 00:11:16,093 --> 00:11:17,219 E eu tamén. 168 00:11:25,602 --> 00:11:28,522 Xavier… Non sei canto tempo temos. 169 00:11:28,605 --> 00:11:31,108 Cousa encargouse dos gardas e das cámaras. 170 00:11:32,401 --> 00:11:33,527 Que fas aquí? 171 00:11:34,528 --> 00:11:36,029 Sei que non es o Hyde. 172 00:11:36,613 --> 00:11:39,700 Tyler utilizoume para inculparte. El é o Hyde. 173 00:11:42,453 --> 00:11:43,454 Como o sabes? 174 00:11:45,164 --> 00:11:47,207 Vino nunha visión cando me bicou. 175 00:11:49,752 --> 00:11:53,464 Alégrame que te divertiras mentres a min me acusaban falsamente. 176 00:11:54,047 --> 00:11:55,174 Debín crerte. 177 00:11:55,257 --> 00:11:58,010 Como pareces ter unha conexión mental co Hyde, 178 00:11:58,093 --> 00:11:59,887 preguntábame se debuxaras algo 179 00:11:59,970 --> 00:12:02,306 - que nos axude. - Queres que che axude? 180 00:12:07,519 --> 00:12:09,146 Arruináchesme a vida! 181 00:12:13,942 --> 00:12:14,818 Non. 182 00:12:15,569 --> 00:12:16,945 Tentei ser teu amigo. 183 00:12:18,155 --> 00:12:20,657 - E mira onde estou. - Non se trata de nós. 184 00:12:20,741 --> 00:12:21,742 Non, é por ti! 185 00:12:22,326 --> 00:12:24,661 Sempre que te involucras, alguén sofre. 186 00:12:25,746 --> 00:12:26,914 Es tóxica. 187 00:12:28,457 --> 00:12:30,751 O único que fas e empeoralo todo. 188 00:12:37,257 --> 00:12:39,551 Tyler dixo que pasaría algo malo. Creo… 189 00:12:39,635 --> 00:12:40,511 Dáme igual! 190 00:12:40,594 --> 00:12:43,055 Queres deter todo isto? Pois marcha. 191 00:12:43,138 --> 00:12:45,766 Vaite moi lonxe e non volvas. 192 00:12:47,559 --> 00:12:48,477 Entendes? 193 00:12:49,728 --> 00:12:51,730 Iso non pode pasar se non estás. 194 00:12:53,482 --> 00:12:55,567 Así é como salvas a todos. 195 00:12:57,027 --> 00:12:57,861 Marcha. 196 00:13:00,864 --> 00:13:02,032 Lisca! 197 00:13:34,481 --> 00:13:36,400 Non podo crer que vaia estrañar 198 00:13:36,483 --> 00:13:38,819 estes ollos sen vida espertándome. 199 00:13:38,902 --> 00:13:40,863 Non será o mesmo sen ti. 200 00:13:43,282 --> 00:13:45,617 Supoño que te trasladarás con Yoko 201 00:13:45,701 --> 00:13:47,327 e eu serei cousa do pasado. 202 00:13:47,411 --> 00:13:48,453 Xamais. 203 00:13:49,413 --> 00:13:50,372 E ti? 204 00:13:51,540 --> 00:13:52,708 Vasme esquecer? 205 00:13:54,543 --> 00:13:57,588 Enid… Deixaches unha marca imborrable en min. 206 00:13:58,338 --> 00:14:00,549 Cando un arco da vella me dea náuseas 207 00:14:00,632 --> 00:14:02,843 ou me sangren os oídos cunha canción, 208 00:14:03,510 --> 00:14:04,720 pensarei en ti. 209 00:14:07,264 --> 00:14:08,140 Grazas. 210 00:14:09,391 --> 00:14:10,225 Supoño. 211 00:14:13,061 --> 00:14:16,440 Sempre crin que confiar en alguén era signo de debilidade. 212 00:14:16,940 --> 00:14:19,610 Que me decepcionarían inevitablemente. 213 00:14:22,905 --> 00:14:24,948 E resulta que a decepción fun eu. 214 00:14:25,032 --> 00:14:26,325 Estás de chanza? 215 00:14:27,659 --> 00:14:29,536 Aprendín moitísimo de ti. 216 00:14:29,620 --> 00:14:31,997 A delinquir, sobre todo, 217 00:14:32,080 --> 00:14:36,001 pero… a xente pasa a vida finxindo que nada lles afecta, 218 00:14:36,084 --> 00:14:38,462 pero no teu caso é totalmente certo. 219 00:14:40,547 --> 00:14:44,051 Non terás algún plan astuto para eludir a Weems, non? 220 00:14:45,218 --> 00:14:46,303 Xavier ten razón. 221 00:14:47,471 --> 00:14:49,973 A profecía non pode cumprirse se non estou, 222 00:14:51,433 --> 00:14:54,394 pero mátame marchar mentres Tyler segue libre. 223 00:14:56,480 --> 00:14:58,023 Se intenta algo, 224 00:14:58,106 --> 00:15:01,360 temos unha chea de gorgonas, vampiros e lobishomes 225 00:15:01,443 --> 00:15:02,611 listos e á espera. 226 00:15:02,694 --> 00:15:04,863 Témolo controlado, prometido. 227 00:15:07,532 --> 00:15:08,450 Por outra lado, 228 00:15:08,533 --> 00:15:11,662 escribíronme as nais de Eugene: espertou onte a noite. 229 00:15:11,745 --> 00:15:13,997 Quizais Weems che deixe pasar por alí. 230 00:15:20,587 --> 00:15:21,922 Creo que xa está todo. 231 00:15:23,215 --> 00:15:24,049 Cousa… 232 00:15:24,132 --> 00:15:26,593 Vou estrañar os titoriais de maquillaxe. 233 00:15:26,677 --> 00:15:29,012 E mándame consellos de hidratación. 234 00:15:29,596 --> 00:15:30,931 Segue en contacto, si? 235 00:15:42,985 --> 00:15:43,986 Entón douche… 236 00:15:47,406 --> 00:15:48,365 Tes razón. 237 00:15:49,032 --> 00:15:50,993 Non abrazarnos é o noso. 238 00:16:02,337 --> 00:16:04,131 O plan non era que te botaran. 239 00:16:04,840 --> 00:16:06,008 Sentímolo. 240 00:16:06,591 --> 00:16:09,136 As Beladonas teñen que prepararse. 241 00:16:09,219 --> 00:16:10,887 Ou morrerá moita xente. 242 00:16:13,974 --> 00:16:15,976 Que ben que inda te pillo. 243 00:16:16,059 --> 00:16:19,688 Estaba podando o acónito e perdín a noción do tempo. 244 00:16:20,605 --> 00:16:22,190 Un regalo de despedida. 245 00:16:23,483 --> 00:16:24,651 Adelfa branca, 246 00:16:25,318 --> 00:16:26,570 unha das máis letais. 247 00:16:27,154 --> 00:16:29,781 Tamén simboliza o destino e a renovación. 248 00:16:30,365 --> 00:16:32,451 Es unha moza con moito talento. 249 00:16:33,035 --> 00:16:34,995 A ver que fas agora. 250 00:16:36,288 --> 00:16:37,247 Mércores. 251 00:16:38,331 --> 00:16:40,709 Acompañareite persoalmente até o tren. 252 00:16:41,543 --> 00:16:43,128 Pídolle un último favor. 253 00:16:58,351 --> 00:16:59,436 Mércores! 254 00:17:00,312 --> 00:17:01,271 Eugene. 255 00:17:02,272 --> 00:17:04,232 Alégrame verte esperto. 256 00:17:04,316 --> 00:17:07,611 - Oín que me visitaches moito. - Non o volvas dicir. 257 00:17:07,694 --> 00:17:09,488 Escoita, quería dicirche algo… 258 00:17:11,364 --> 00:17:12,866 Non debín ir o baile, 259 00:17:12,949 --> 00:17:14,534 debín estar contigo. 260 00:17:14,618 --> 00:17:17,412 Non se pode ignorar a chamada da pista de baile. 261 00:17:19,456 --> 00:17:23,001 - Non é culpa túa, senón do monstro. - Resulta que é un Hyde. 262 00:17:23,085 --> 00:17:25,796 Segue aí fóra, non podes volver a Nunca Máis, 263 00:17:25,879 --> 00:17:28,090 nin para coidar das abellas. 264 00:17:28,173 --> 00:17:30,383 E esta vez faime caso. 265 00:17:30,467 --> 00:17:33,095 Pensei que os Zoadores mantíñanse unidos. 266 00:17:35,222 --> 00:17:37,265 Aquela noite no bosque, 267 00:17:38,016 --> 00:17:39,684 alguén incendiou a cova. 268 00:17:39,768 --> 00:17:41,728 Si, a doutora Kinbott. 269 00:17:41,812 --> 00:17:43,855 Que forte que fora ela. 270 00:17:43,939 --> 00:17:46,358 O certo é que non lembro nada. 271 00:17:46,441 --> 00:17:49,736 Só vin a alguén con roupa negra e aquelas botas. 272 00:17:49,820 --> 00:17:51,238 Que pasa coas botas? 273 00:17:52,114 --> 00:17:54,950 Houbo unha explosión de luz 274 00:17:55,033 --> 00:17:56,535 e, por un momento, 275 00:17:56,618 --> 00:17:58,203 non me pareceron negras, 276 00:17:59,079 --> 00:18:00,080 senón vermellas. 277 00:18:20,100 --> 00:18:21,184 Mércores. 278 00:18:22,227 --> 00:18:24,646 Pensei que xa estarías en Nova Jersey. 279 00:18:24,729 --> 00:18:28,150 Deixa de finxir, Laurel. Debín saber que eras ti. 280 00:18:28,233 --> 00:18:31,319 Finxir a túa morte, entrar a traballar en Nunca Máis, 281 00:18:31,403 --> 00:18:32,863 liberar a un Hyde. 282 00:18:32,946 --> 00:18:35,824 Normalmente, admiro as vinganzas ben executadas, 283 00:18:35,907 --> 00:18:39,161 pero a túa é un pouco extrema ata para min. 284 00:18:39,828 --> 00:18:41,329 Ai, encanto. 285 00:18:41,913 --> 00:18:43,165 Weems tiña razón. 286 00:18:45,041 --> 00:18:47,043 Precisas axuda psiquiátrica. 287 00:18:47,627 --> 00:18:51,715 Non podes verter acusacións así de graves sen consecuencias. 288 00:18:51,798 --> 00:18:54,509 Igual son graves… pero é a verdade. 289 00:18:55,093 --> 00:18:56,636 Tyler contoumo todo. 290 00:19:04,019 --> 00:19:08,064 O principio acusei a Kinbott de usar a hipnose para liberalo, 291 00:19:08,148 --> 00:19:10,817 pero usaches un químico de orixe vexetal, non? 292 00:19:12,152 --> 00:19:14,821 Teu pai tiña a todos os parias controlados. 293 00:19:14,905 --> 00:19:18,408 Supoño que che contou o segredo dos Galpin cando eras nena. 294 00:19:18,491 --> 00:19:20,285 Pois iso fuches a por Tyler. 295 00:19:20,869 --> 00:19:23,705 Mostrácheslle o que era súa nai para manipulalo. 296 00:19:24,414 --> 00:19:27,500 O que el non sabía era que a verdade non o liberaría. 297 00:19:27,584 --> 00:19:28,752 Síntoo moito. 298 00:19:30,503 --> 00:19:32,088 Senón que o escravizaría. 299 00:19:32,672 --> 00:19:35,467 Ó principio usabas a cova e os grillóns, 300 00:19:37,719 --> 00:19:40,347 pero, despois converteuse no teu fiel servo. 301 00:19:40,430 --> 00:19:42,724 Cando Kinbott se achegou á verdade, 302 00:19:42,807 --> 00:19:45,101 Tyler matouna e culpaches a Xavier. 303 00:19:47,771 --> 00:19:48,605 Xa basta. 304 00:19:50,523 --> 00:19:53,360 Tyler, querido, fai feliz a mamá e cálalle a boca 305 00:19:54,110 --> 00:19:55,028 Para sempre. 306 00:19:55,111 --> 00:19:56,529 Non está do teu lado. 307 00:19:56,613 --> 00:19:59,282 Tyler faría calquera cousa por min. 308 00:20:01,618 --> 00:20:03,328 Lembras o que che dixen? 309 00:20:04,079 --> 00:20:06,039 Mostreiche quen es en realidade. 310 00:20:08,291 --> 00:20:10,710 O que lle fixeron a túa nai. 311 00:20:12,254 --> 00:20:14,798 Os marxinados fixeron de ti un monstro. 312 00:20:16,841 --> 00:20:19,970 Se só odias os marxinados, por que tamén mata normis? 313 00:20:21,554 --> 00:20:23,723 Non eran máis que peóns. 314 00:20:24,516 --> 00:20:26,059 Igual ca ti, Mércores. 315 00:20:26,142 --> 00:20:29,604 Unha vez máis, subestimaches a situación. 316 00:20:30,105 --> 00:20:31,898 Nunca ías subir a ese tren. 317 00:20:31,982 --> 00:20:34,067 Enviei a Tyler a interceptarte. 318 00:20:34,734 --> 00:20:36,611 Non cheguei a estación. 319 00:20:37,487 --> 00:20:38,488 Suficiente? 320 00:20:46,121 --> 00:20:48,832 O teu escravo seguirá na estación. 321 00:20:48,915 --> 00:20:51,668 Non mo poñas máis difícil do que xa é, Marilyn. 322 00:20:53,211 --> 00:20:54,629 Chámome Laurel! 323 00:21:06,266 --> 00:21:09,227 Directora Weems! 324 00:21:21,906 --> 00:21:23,325 Veleno de beladona. 325 00:21:23,408 --> 00:21:25,076 Un final axeitado, non cres? 326 00:21:50,977 --> 00:21:51,978 Estás ben? 327 00:21:52,520 --> 00:21:55,231 Non te irás converter agora, non? 328 00:21:55,315 --> 00:21:57,150 Hoxe hai lúa de sangue. 329 00:21:57,650 --> 00:21:59,444 Estou ben, creo. 330 00:22:01,613 --> 00:22:02,947 Pero isto axuda. 331 00:22:15,710 --> 00:22:18,213 Ola! Eugene, que tal estás? 332 00:22:18,296 --> 00:22:19,464 Viches a Mércores? 333 00:22:20,048 --> 00:22:22,759 Non, marchou pola tarde. Non foi verte? 334 00:22:22,842 --> 00:22:25,804 Escoita. Foi enfrontarse a Thornhill coa directora 335 00:22:25,887 --> 00:22:27,847 e non souben nada máis delas. 336 00:22:27,931 --> 00:22:29,641 Enfrontarse a Thornhill? 337 00:22:29,724 --> 00:22:31,893 Está detrás de todo o que ocorreu. 338 00:22:31,976 --> 00:22:33,937 É o malo… a mala. 339 00:22:34,020 --> 00:22:35,355 É moi mala persoa. 340 00:22:35,438 --> 00:22:38,233 Ben. Irei con Ajax botar un ollo o invernadoiro. 341 00:22:38,817 --> 00:22:42,737 - Benvido, rapaz das abellas. - Que fai no teu cuarto? 342 00:22:45,907 --> 00:22:46,908 Que…? 343 00:22:50,870 --> 00:22:52,622 Amodo! Que pasou? 344 00:22:56,793 --> 00:22:57,877 A directora Weems? 345 00:22:57,961 --> 00:23:00,463 - Enid. Que pasa? - Que dis de Mércores? 346 00:23:00,964 --> 00:23:02,340 Con Tyler e Thornhill? 347 00:23:03,133 --> 00:23:04,300 Onde? 348 00:23:05,051 --> 00:23:07,053 A cripta de Crackstone, que demos? 349 00:23:08,888 --> 00:23:10,265 Quen son os Beladona? 350 00:23:13,351 --> 00:23:14,978 Explícocho de camiño. 351 00:23:16,104 --> 00:23:17,105 Veña. 352 00:23:17,730 --> 00:23:19,524 Rapaces. 353 00:23:20,608 --> 00:23:22,026 Cálmate, Eugene. 354 00:23:22,110 --> 00:23:24,154 Esa gorgona é un idiota. 355 00:23:24,821 --> 00:23:26,698 Podería ser perigoso. 356 00:23:26,781 --> 00:23:29,242 Se Enid ten razón e levaron a Mércores, 357 00:23:29,325 --> 00:23:31,744 - hai que chamar ó shériff. - Teño que ir. 358 00:23:31,828 --> 00:23:35,498 Mércores é a miña única amiga e teño que axudala. 359 00:23:35,582 --> 00:23:36,666 Código da colmea. 360 00:24:16,372 --> 00:24:19,250 Vaia, seica se repite a historia. 361 00:24:20,126 --> 00:24:22,670 Excepto que eu non vou chorar como un bebé. 362 00:24:22,754 --> 00:24:25,340 Tyler, espera no bote. 363 00:24:26,090 --> 00:24:26,966 Si. 364 00:24:27,634 --> 00:24:29,844 Sé un bo Hyde e obedece a túa ama. 365 00:24:37,477 --> 00:24:38,728 Hei de admitilo, 366 00:24:39,395 --> 00:24:42,398 o truquiño coa cambiaformas de Weems case funciona. 367 00:24:43,816 --> 00:24:45,235 Pero como dicía meu pai: 368 00:24:45,818 --> 00:24:49,447 "Para superar a un marxinado, tes que ser máis lista ca eles." 369 00:24:50,990 --> 00:24:54,244 Sabes? As nosas raíces remóntanse ata Joseph Crackstone. 370 00:24:54,744 --> 00:24:57,080 Vaia, a túa familia tamén son asasinos. 371 00:24:57,163 --> 00:25:00,166 Joseph Crackstone foi un visionario 372 00:25:00,250 --> 00:25:02,835 dedicado a protexer os normis dos parias 373 00:25:02,919 --> 00:25:04,712 ata que morreu prematuramente 374 00:25:04,796 --> 00:25:07,423 a mans da túa devanceira, Goody Addams. 375 00:25:08,007 --> 00:25:10,051 E, por se non abondase, 376 00:25:10,134 --> 00:25:13,513 roubaron estas terras para construír esa abominación. 377 00:25:19,185 --> 00:25:20,103 Pero, 378 00:25:21,521 --> 00:25:23,064 a través dos séculos, 379 00:25:23,147 --> 00:25:26,859 a miña familia mantivo o compromiso coa misión de Cracsktone. 380 00:25:27,443 --> 00:25:29,737 Meu irmán morreu servindo á causa. 381 00:25:30,321 --> 00:25:32,824 Eu decidín probar un enfoque diferente. 382 00:25:32,907 --> 00:25:34,033 O sobrenatural. 383 00:25:35,034 --> 00:25:38,413 Tyler recolleu estes membros para resucitar a Crackstone. 384 00:25:38,496 --> 00:25:42,667 O único que case consegue erradicar os marxinados. 385 00:25:43,876 --> 00:25:45,628 Non podes resucitar os mortos. 386 00:25:45,712 --> 00:25:46,713 Creme, xa probei. 387 00:25:47,589 --> 00:25:51,384 Creo que a túa devanceira, Goody Addams, non estaría de acordo. 388 00:25:51,968 --> 00:25:53,219 O Libro das sombras. 389 00:25:53,303 --> 00:25:55,972 Fuches ti quen roubou o orixinal. 390 00:25:56,848 --> 00:25:59,601 A Goody non lle bastou con matar a Crackstone. 391 00:25:59,684 --> 00:26:01,769 Tamén maldixo a súa alma. 392 00:26:03,271 --> 00:26:04,981 Que ten que ver iso comigo? 393 00:26:06,149 --> 00:26:07,567 Miña querida Mércores, 394 00:26:08,234 --> 00:26:09,819 ti es a chave. 395 00:26:09,902 --> 00:26:13,531 A túa chegada a Nunca Máis puxo o meu plan en marcha. 396 00:26:14,032 --> 00:26:18,119 Goody selou a Crackstone nese sarcófago cunha pechadura de sangue. 397 00:26:18,202 --> 00:26:21,122 Só a pode abrir un descendente directo. 398 00:26:21,956 --> 00:26:23,082 Es a chave. 399 00:26:23,166 --> 00:26:26,336 Un descendente vivo nunha noite de lúa de sangue. 400 00:26:26,878 --> 00:26:30,173 Así que… agardei o momento 401 00:26:30,256 --> 00:26:32,675 e fínxente sentir especial 402 00:26:32,759 --> 00:26:34,886 ata que puideras ser o sacrificio. 403 00:26:38,723 --> 00:26:39,557 Merda! 404 00:26:39,641 --> 00:26:40,516 Para! 405 00:26:41,768 --> 00:26:43,102 Santiago, que pasa? 406 00:26:43,186 --> 00:26:44,771 Señor, temos un problema. 407 00:26:44,854 --> 00:26:47,357 Chamou a nai de Eugene Ottinger axitada. 408 00:26:47,440 --> 00:26:51,110 - Algo pasa en Nunca Máis. - Manda un par de patrullas xa. 409 00:26:51,194 --> 00:26:52,862 Ese é o tema, non podo. 410 00:26:52,945 --> 00:26:55,239 Pincharon as rodas de todos os coches. 411 00:26:55,323 --> 00:26:56,783 Non quedou nin un. 412 00:26:56,866 --> 00:26:58,159 Vale, vou de camiño. 413 00:29:02,366 --> 00:29:04,118 Son sangue do voso sangue. 414 00:29:04,202 --> 00:29:08,956 Invoqueino para limpar o mundo de marxinados dunha vez e para sempre. 415 00:29:15,421 --> 00:29:18,716 A miña vinganza será breve e real. 416 00:29:20,718 --> 00:29:21,552 A miña tamén. 417 00:29:24,013 --> 00:29:25,765 Goody Addams. 418 00:29:26,891 --> 00:29:28,643 Inda me atormentas. 419 00:29:28,726 --> 00:29:31,771 Sufrirás o mesmo destino que me legaches. 420 00:29:33,940 --> 00:29:36,818 Arde nas eternas lapas do inferno. 421 00:29:38,903 --> 00:29:40,947 Onde debes estar. 422 00:29:53,960 --> 00:29:55,920 Descansa, Mércores! 423 00:30:04,637 --> 00:30:08,432 Non podo crer que estiveras nunha sociedade secreta sen dicirmo. 424 00:30:09,308 --> 00:30:11,060 Porque, xa sabes… 425 00:30:12,353 --> 00:30:14,105 É secreta. 426 00:30:15,815 --> 00:30:17,608 Bianca, Davina… 427 00:30:17,692 --> 00:30:19,026 Kent? 428 00:30:19,110 --> 00:30:20,444 En serio, Kent tamén? 429 00:30:21,237 --> 00:30:23,489 Non era un club exclusivo? 430 00:30:23,573 --> 00:30:26,075 A ver, como que Thornhill é unha psicópata? 431 00:30:26,158 --> 00:30:29,078 Asasinou a Weems e levou a Mércores a cripta. 432 00:30:29,662 --> 00:30:32,915 Hai que sacar a todos da escola antes de que sexa tarde. 433 00:30:32,999 --> 00:30:34,041 Isto é o que vén. 434 00:30:34,750 --> 00:30:36,419 Usamos a alarma de incendio? 435 00:30:36,502 --> 00:30:39,130 E alertar a Tyler e Thornhill? 436 00:30:40,006 --> 00:30:41,591 Entón como os sacamos? 437 00:30:42,842 --> 00:30:44,886 Co canto de serea. 438 00:30:51,851 --> 00:30:53,978 Cousa e mais eu buscamos a Mércores. 439 00:30:54,770 --> 00:30:56,689 Vale, Beladonas sempre. 440 00:30:59,233 --> 00:31:01,777 En serio, tedes estalo secreto? 441 00:31:10,828 --> 00:31:13,372 Mércores. 442 00:31:15,583 --> 00:31:17,543 Viñeches levarme ó outro lado? 443 00:31:17,627 --> 00:31:21,130 Escoita, hai que apuñalar a Cracsktone no seu negro corazón. 444 00:31:21,923 --> 00:31:24,675 É o único xeito de vencelo agora e para sempre. 445 00:31:25,259 --> 00:31:27,511 Acaso estás cega? Estou morrendo. 446 00:31:28,137 --> 00:31:29,472 O teu colar. 447 00:31:29,555 --> 00:31:30,890 É un poderoso amuleto. 448 00:31:32,516 --> 00:31:35,061 Miña nai dixo que era para conxurar visións. 449 00:31:35,144 --> 00:31:37,438 E tamén espíritos. 450 00:31:37,521 --> 00:31:40,733 Permitirame pasar a través de ti e curarte. 451 00:31:40,816 --> 00:31:43,945 Pero, cando o faga, non volverás verme. 452 00:31:44,737 --> 00:31:46,656 A escola necesítate, Mércores. 453 00:32:39,834 --> 00:32:41,961 Por que paramos no medio do bosque? 454 00:32:42,044 --> 00:32:44,839 - Buscas o teu pequeno monstro? - Cala. 455 00:32:49,010 --> 00:32:50,177 Agarda. 456 00:32:50,845 --> 00:32:52,430 Oe! Que pasa comigo? 457 00:32:52,513 --> 00:32:53,556 Que…? 458 00:32:54,598 --> 00:32:56,142 Es un imbécil! 459 00:32:57,184 --> 00:32:59,645 Veña, imos saíndo rápido e con calma, si? 460 00:32:59,729 --> 00:33:02,940 - Bo traballo! Movédevos. - Bianca! 461 00:33:04,442 --> 00:33:05,609 Que está pasando? 462 00:33:06,193 --> 00:33:09,030 Estamos en perigo. Non hai tempo que perder. 463 00:33:14,326 --> 00:33:16,620 Seguídeme. Veña, rápido. 464 00:33:32,636 --> 00:33:33,721 Ai Deus. 465 00:33:34,221 --> 00:33:35,848 Non pode ser! 466 00:33:36,348 --> 00:33:37,808 Está pasando! 467 00:33:40,144 --> 00:33:41,687 Cousa, vou tornar en lobo! 468 00:33:55,659 --> 00:33:57,244 Laurel dixo que morreras. 469 00:33:57,787 --> 00:33:59,205 Xa me encontro mellor. 470 00:33:59,789 --> 00:34:01,082 Es como unha cascuda. 471 00:34:01,165 --> 00:34:03,334 Os afagos non che servirán de nada. 472 00:34:06,670 --> 00:34:08,547 Vas rematar moi mal. 473 00:34:42,706 --> 00:34:43,582 Enid? 474 00:34:45,126 --> 00:34:45,960 Enid! 475 00:34:54,218 --> 00:34:55,970 Teño que volver á escola. 476 00:35:02,143 --> 00:35:05,896 Ansiaba tanto este momento e significa tanto para a miña familia… 477 00:35:05,980 --> 00:35:07,314 Silencio, muller! 478 00:35:08,274 --> 00:35:13,112 Vaite ou arríncoche a lingua! 479 00:35:14,864 --> 00:35:16,240 Non idealices a ninguén. 480 00:35:27,918 --> 00:35:31,380 Eliminarei as abominacións desta terra! 481 00:35:51,150 --> 00:35:52,526 Si! 482 00:35:52,610 --> 00:35:53,694 Si! 483 00:35:53,777 --> 00:35:55,196 Si, Cousa! 484 00:35:59,408 --> 00:36:01,327 SEN SINAL 485 00:36:23,891 --> 00:36:24,850 Tyler. 486 00:36:24,934 --> 00:36:26,477 Fillo, es ti? 487 00:37:36,505 --> 00:37:37,840 Que hai, amigo. 488 00:37:41,260 --> 00:37:43,470 Como latexa o voso corazón? 489 00:37:44,054 --> 00:37:46,765 Que clase de meigaría é esa? 490 00:37:46,849 --> 00:37:48,100 Afástate dela! 491 00:38:01,113 --> 00:38:01,947 Non! 492 00:38:04,825 --> 00:38:07,870 - Meu Deus! - Estou ben. Vai. Sácaos de aquí! 493 00:38:09,204 --> 00:38:10,581 Xa! 494 00:38:10,664 --> 00:38:11,498 Vale! 495 00:38:15,711 --> 00:38:17,546 Veña, rapaces. Fóra! 496 00:38:59,421 --> 00:39:01,965 Enviareite de volta ó inferno. 497 00:40:13,912 --> 00:40:15,873 Trouxeches unha pistola. 498 00:40:16,707 --> 00:40:19,626 A primeira decisión intelixente que tomaches hoxe. 499 00:40:19,710 --> 00:40:21,920 Non acabarei con todos os marxinados, 500 00:40:22,004 --> 00:40:24,381 pero a ti si te vou matar, Mércores. 501 00:40:55,662 --> 00:40:56,497 Pendanga. 502 00:40:59,458 --> 00:41:01,668 Os Zoadores mantéñense unidos, non? 503 00:41:12,429 --> 00:41:14,014 Agora déixame a min. 504 00:41:14,097 --> 00:41:15,599 E se chamamos o shériff? 505 00:41:15,682 --> 00:41:16,767 Non mires, Eugene. 506 00:41:38,413 --> 00:41:39,456 Enid? 507 00:42:17,578 --> 00:42:18,495 E Mércores? 508 00:43:37,240 --> 00:43:43,747 FIN? 509 00:44:28,792 --> 00:44:29,876 Odio admitilo, 510 00:44:30,377 --> 00:44:32,254 pero vouna botar de menos. 511 00:44:33,463 --> 00:44:34,673 Era un bo fastío, 512 00:44:37,467 --> 00:44:38,593 pero era dura. 513 00:44:39,845 --> 00:44:43,014 E morreu polo único que de verdade amaba: a escola. 514 00:44:45,892 --> 00:44:47,728 Por iso, respéctoa enormemente. 515 00:44:49,229 --> 00:44:50,689 Era unha de nós. 516 00:45:02,242 --> 00:45:06,496 Agora que cancelaron as clases, tes que visitarme en San Francisco. 517 00:45:06,580 --> 00:45:09,332 Asegúroche néboa e orballo case cada día. 518 00:45:09,416 --> 00:45:10,584 Soa tentador. 519 00:45:11,084 --> 00:45:11,960 Bianca. 520 00:45:13,378 --> 00:45:14,880 Déboche un agradecemento. 521 00:45:15,797 --> 00:45:17,758 Xa nos veremos en esgrima. 522 00:45:17,841 --> 00:45:20,677 Non collas aires polo do peregrino sobrenatural. 523 00:45:58,465 --> 00:46:00,175 Seica es un home libre. 524 00:46:01,426 --> 00:46:03,887 Si. Cargos desestimados. 525 00:46:05,514 --> 00:46:06,515 Escoita. 526 00:46:06,598 --> 00:46:09,351 Na cela dixen moitas… cousas. 527 00:46:11,019 --> 00:46:13,939 Ser teu amigo debería vir cunha advertencia. Pero… 528 00:46:14,022 --> 00:46:17,234 Creo que non moita xente recibiría unha frecha por min. 529 00:46:18,068 --> 00:46:20,195 Benvida o século XXI, Addams. 530 00:46:27,285 --> 00:46:28,829 Xa ten o meu número. 531 00:46:29,955 --> 00:46:31,206 Que atrevido. 532 00:46:32,457 --> 00:46:34,709 Non esperarás que te chame. 533 00:46:34,793 --> 00:46:36,044 Non, nunca. 534 00:46:38,129 --> 00:46:39,881 Confórmome cunha mensaxe. 535 00:46:42,717 --> 00:46:44,553 Sabes o que é, non? 536 00:46:46,513 --> 00:46:48,098 Adeus, Xavier. 537 00:46:51,560 --> 00:46:53,979 Oe, vas volver para o curso que vén? 538 00:46:56,231 --> 00:46:57,649 Si? Non? Quizais? 539 00:47:02,153 --> 00:47:04,573 ACADEMIA NUNCA MÁIS 540 00:47:17,460 --> 00:47:20,463 NÚMERO DESCOÑECIDO - NOVA MENSAXE 541 00:47:26,469 --> 00:47:31,057 VIXÍOTE. 542 00:47:31,766 --> 00:47:33,351 O meu primeiro acosador. 543 00:47:34,853 --> 00:47:38,356 Quizais estas vacacións sexan máis interesantes do que cría. 544 00:47:40,233 --> 00:47:42,777 Neste sitio inda quedan cabos soltos 545 00:47:42,861 --> 00:47:44,696 e preguntas sen responder. 546 00:47:44,779 --> 00:47:47,908 Os segredos axexan dende os escuros recantos da vila. 547 00:47:53,622 --> 00:47:56,708 Eran Laurel Gates e Tyler simples peóns? 548 00:47:57,542 --> 00:48:00,337 Será o acosador de hoxe o meu némese de mañá? 549 00:48:04,633 --> 00:48:07,135 Sei que vos mata o suspense. 550 00:49:56,327 --> 00:49:58,246 Subtítulos: Laura Feijóo Sánchez