1 00:00:06,006 --> 00:00:08,341 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:13,013 --> 00:00:15,765 Ata que punto coñecemos os nosos pais? 3 00:00:16,391 --> 00:00:17,684 Meu pai, por exemplo. 4 00:00:17,767 --> 00:00:20,478 Sempre pensei que era un libro aberto. 5 00:00:20,562 --> 00:00:24,816 Un home dado a tácticas desatinadas e mostras de afecto esaxeradas. 6 00:00:25,358 --> 00:00:26,693 Pero, sendo estudante, 7 00:00:26,776 --> 00:00:29,487 acusárono dun asasinato que ocorreu xusto alí. 8 00:00:30,530 --> 00:00:31,740 Entón pregúntome… 9 00:00:33,491 --> 00:00:37,454 GÓTICO E ENCANTO - RAVE'N 1990 10 00:00:37,537 --> 00:00:41,207 que pasou aquela noite de tormenta de fai 32 anos? 11 00:01:01,936 --> 00:01:05,607 Creo que portaba unha espada e dende logo tiñan problemas. 12 00:01:06,983 --> 00:01:09,486 Non me gustan os contos, shériff Walker, 13 00:01:09,569 --> 00:01:11,821 pero a culpa é de Morticia Frump. 14 00:01:12,322 --> 00:01:14,199 Pelexaban por ela. 15 00:01:20,038 --> 00:01:20,914 Tish… 16 00:01:21,414 --> 00:01:22,999 Non sei que dicir, Gomez. 17 00:01:23,083 --> 00:01:26,044 Esposado e acusado de asasinato… 18 00:01:27,420 --> 00:01:29,964 - Quérote máis ca nunca. - Querida. 19 00:01:30,048 --> 00:01:32,509 Xa vale, Addams. Veña. 20 00:01:36,888 --> 00:01:39,557 Moi ben, en marcha. 21 00:01:43,853 --> 00:01:48,858 BENVIDOS A FIN DE SEMANA DA FAMILIA 22 00:02:03,581 --> 00:02:07,001 CAPÍTULO V QUEN SEMENTA VENTOS RECOLLE PENAS 23 00:02:10,088 --> 00:02:13,424 O fétido aroma da angustia adolescente. 24 00:02:13,508 --> 00:02:16,636 Foron os mellores anos da nosa vida, non si, Tish? 25 00:02:16,719 --> 00:02:19,389 Sen dúbida ningunha, cariño. 26 00:02:22,225 --> 00:02:24,435 Oxalá Mércores estea feliz de vernos. 27 00:02:25,061 --> 00:02:28,565 Deixei unha ducia de mensaxes na bóla de cristal, pero nada. 28 00:02:29,357 --> 00:02:31,693 Non te preocupes, boquiña de cirola. 29 00:02:31,776 --> 00:02:34,112 Seguro que morre por vernos. 30 00:02:37,532 --> 00:02:38,908 Veña, vamos. 31 00:02:47,542 --> 00:02:51,462 Nunca Máis foi creado como un abeiro para os nosos nenos. 32 00:02:51,546 --> 00:02:53,756 Para que medren e aprendan 33 00:02:53,840 --> 00:02:56,551 sen importar quen ou que son. 34 00:03:03,516 --> 00:03:05,226 Sei que moitos xa sabedes 35 00:03:05,310 --> 00:03:08,521 que un dos nosos alumnos sufriu un malfadado accidente. 36 00:03:08,605 --> 00:03:11,566 Pero alégrame informarvos de que está mellor 37 00:03:11,649 --> 00:03:13,943 e recuperarase por completo. 38 00:03:14,444 --> 00:03:15,987 Quedemos co positivo entón 39 00:03:16,070 --> 00:03:19,699 e fagamos que este sexa o mellor Fin de semana da familia. 40 00:03:22,493 --> 00:03:23,578 Mellor? 41 00:03:24,537 --> 00:03:25,747 Máis ben en coma. 42 00:03:26,414 --> 00:03:27,582 Fuches velo? 43 00:03:28,625 --> 00:03:29,876 Es amiga súa. 44 00:03:29,959 --> 00:03:33,379 - Está no hospital por culpa miña. - Non foi así, vale? 45 00:03:33,963 --> 00:03:36,925 Hai unha semana que o monstro non ataca a ninguén. 46 00:03:37,008 --> 00:03:38,676 Igual por fin o asustaches. 47 00:03:38,760 --> 00:03:41,554 Ou igual se agochou para evitar esta finde. 48 00:03:42,263 --> 00:03:44,974 Mira para aí. Hai cousas que non cambian. 49 00:03:47,602 --> 00:03:49,479 Debín poñer a máscara da peste. 50 00:03:51,105 --> 00:03:52,857 Mira a miña familia. 51 00:03:52,941 --> 00:03:55,193 Iso si é mentalidade de rabaño tóxica. 52 00:03:55,276 --> 00:03:58,529 Doulle 30 segundos a miña nai antes de que me xulgue. 53 00:04:01,032 --> 00:04:02,533 Terminemos dunha vez. 54 00:04:06,412 --> 00:04:08,122 Aí está. 55 00:04:08,206 --> 00:04:11,459 Como estrañamos eses ollos acusadores e ese ceno burlón. 56 00:04:13,419 --> 00:04:15,922 Como estás, miña nubiña de choiva? 57 00:04:16,005 --> 00:04:18,633 Cousa non vos informa dos meus movementos? 58 00:04:20,051 --> 00:04:22,553 Descubrín o subterfuxio case de inmediato. 59 00:04:24,055 --> 00:04:26,224 E como está o pequeno? 60 00:04:26,766 --> 00:04:28,851 Segue a ter todos os dedos? 61 00:04:28,935 --> 00:04:31,771 Tranquilo. Non lle rompín ningún. 62 00:04:31,854 --> 00:04:32,772 Aínda. 63 00:04:33,606 --> 00:04:35,233 Cóntanolo todo. 64 00:04:35,900 --> 00:04:39,279 Dende que me abandonastes aquí, déronme caza, acosáronme 65 00:04:40,947 --> 00:04:42,865 e tentaron matarme. 66 00:04:43,783 --> 00:04:47,120 Ah, Nunca Máis, como te quero. 67 00:04:47,787 --> 00:04:48,913 Enid. 68 00:04:49,914 --> 00:04:52,041 Déixame verte. 69 00:04:52,583 --> 00:04:56,212 - Mil un, mil dous… - Non te depilas? 70 00:04:56,296 --> 00:04:59,340 Tres segundos. Todo un récord. 71 00:05:01,259 --> 00:05:04,262 Estás ben? Véxote un pouco anémica. 72 00:05:04,345 --> 00:05:06,472 Comes carne vermella abondo? 73 00:05:07,724 --> 00:05:09,600 Alégrome de verte, mamá. 74 00:05:09,684 --> 00:05:11,019 E a ti tamén, papá. 75 00:05:17,900 --> 00:05:21,029 Non sei canta xuntanza familiar máis poderei aguantar. 76 00:05:22,155 --> 00:05:25,867 Creo que inda non te desculpaches por ser un imbécil. 77 00:05:27,035 --> 00:05:28,953 Sinto o que pasou no baile. 78 00:05:29,787 --> 00:05:32,248 Non che debín pedir que usaras o canto. 79 00:05:36,210 --> 00:05:38,629 Supoño que teu pai tampouco vén este ano. 80 00:05:38,713 --> 00:05:39,672 Que va. 81 00:05:40,506 --> 00:05:42,800 Escribiume esta mañá. A túa? 82 00:05:44,135 --> 00:05:46,721 Gabrielle non aparece dende que empecei. 83 00:05:47,722 --> 00:05:50,558 Estará tomando o sol nas Seychelles. 84 00:05:50,641 --> 00:05:52,518 Miña adorada filla. 85 00:05:54,896 --> 00:05:56,481 Cheguei. 86 00:05:57,065 --> 00:05:59,150 Non o perdería por nada. 87 00:06:00,735 --> 00:06:02,570 Parece que a xulgaches mal. 88 00:06:07,700 --> 00:06:08,701 ANUARIO 1991 89 00:06:10,411 --> 00:06:12,789 O noso vello anuario. 90 00:06:13,498 --> 00:06:17,085 Había máis de 20 anos que non o vía. 91 00:06:17,168 --> 00:06:20,213 Pasamos bos momentos, non si, Larissa? 92 00:06:20,838 --> 00:06:22,840 Algúns pasárono mellor que outros. 93 00:06:22,924 --> 00:06:24,884 Non sexas tan modesta. 94 00:06:24,967 --> 00:06:28,012 Sempre enchiches calquera sala coa túa presenza. 95 00:06:28,596 --> 00:06:31,224 Coma unha sequoia señorial. 96 00:06:31,724 --> 00:06:34,727 Entón supoño que ti es o leñador. 97 00:06:36,646 --> 00:06:40,691 Ai está ese mordaz sentido do humor que sempre adorei. 98 00:06:42,235 --> 00:06:47,115 Lembras cando fixemos aquel dúo para o concurso de talentos do solsticio? 99 00:06:47,198 --> 00:06:51,828 Foras o vivo retrato de Judy Garland. 100 00:06:51,911 --> 00:06:54,038 Soa terriblemente suicida. 101 00:06:57,667 --> 00:06:59,252 Falta a miña foto. 102 00:06:59,335 --> 00:07:01,504 De veras? Que raro. 103 00:07:02,839 --> 00:07:04,382 Déixasmo durante a finde? 104 00:07:04,966 --> 00:07:09,095 Así Gomez e mais eu recordaremos vellos momentos. 105 00:07:10,888 --> 00:07:14,392 De acordo. Imos ó tema que nos atinxe. 106 00:07:16,811 --> 00:07:21,858 Por desgraza, a integración de Mércores foi, ao menos, complicada. 107 00:07:21,941 --> 00:07:23,484 Porque non aceptarei 108 00:07:23,568 --> 00:07:27,113 a cultura da deshonestidade e negación que impregna a escola. 109 00:07:27,196 --> 00:07:30,324 Como o monstro que matou a Rowan e feriu a Eugene. 110 00:07:30,908 --> 00:07:34,120 Aínda que seica está mellor. 111 00:07:34,203 --> 00:07:37,165 Sempre a animamos a dicir o que pensa. 112 00:07:37,248 --> 00:07:40,543 Ás veces a súa lingua afiada fai cortes profundos. 113 00:07:40,626 --> 00:07:44,255 A súa terapeuta sinte que non se abre ó proceso. 114 00:07:44,338 --> 00:07:48,301 - Os resultados non son os esperados. - Non son unha cobaia. 115 00:07:49,385 --> 00:07:52,346 Falei coa doutora Kinbott e estamos de acordo 116 00:07:52,430 --> 00:07:57,268 en que sería moi proveitoso que asistirades a unha sesión familiar. 117 00:07:57,351 --> 00:07:58,269 Non. 118 00:07:58,978 --> 00:08:02,940 Sabía que dirías iso, pero seguro que a teus pais lles parece sabio. 119 00:08:03,441 --> 00:08:07,737 Non é por poñerme do lado de Mércores, pero só estamos aquí a finde. 120 00:08:09,197 --> 00:08:10,406 Ai, veña. 121 00:08:10,490 --> 00:08:12,158 Que perdemos? Sendo sincero, 122 00:08:12,241 --> 00:08:15,578 sempre me gustou moito o de comer a cabeza. 123 00:08:15,661 --> 00:08:18,414 Non fala do que ti cres, querido. 124 00:08:19,499 --> 00:08:20,541 Vaia… 125 00:08:21,584 --> 00:08:23,044 Que decepción. 126 00:08:23,628 --> 00:08:25,588 Pero pola nosa nena o que sexa. 127 00:08:31,594 --> 00:08:34,388 MUNDO PEREGRINO 128 00:08:34,472 --> 00:08:35,431 Si. 129 00:08:36,057 --> 00:08:39,018 Que rexistren a cova en busca da criatura. 130 00:08:39,101 --> 00:08:42,855 Buscade ata debaixo das pedras e recollede mostras de todo. 131 00:08:44,357 --> 00:08:47,735 E falade co laboratorio. Quero o ADN da garra. 132 00:08:48,861 --> 00:08:51,948 Xa temos un neno no hospital e varias persoas mortas. 133 00:08:52,031 --> 00:08:53,366 Non quero máis. 134 00:08:55,785 --> 00:08:56,619 Moi ben. 135 00:09:02,291 --> 00:09:03,376 Fillo de puta. 136 00:09:05,086 --> 00:09:06,087 Que pasa? 137 00:09:06,170 --> 00:09:09,799 Teño que aguantar que un asasino pasee coma se nada pola vila. 138 00:09:11,259 --> 00:09:14,637 Ó menos preocúpanse por Mércores e van xuntos a terapia. 139 00:09:15,346 --> 00:09:17,181 Tyler, xa falamos disto. 140 00:09:17,265 --> 00:09:21,394 Non me apetece ventilar o pasado familiar cunha completa estraña. 141 00:09:21,978 --> 00:09:24,855 Cres que para min é fácil falar das miñas merdas? 142 00:09:24,939 --> 00:09:27,275 Agora teño moito que facer, rapaz. 143 00:09:31,571 --> 00:09:33,197 Xa tes os resultados? 144 00:09:35,366 --> 00:09:38,160 Vale. Precintade o lugar. Vou para aí. 145 00:09:39,161 --> 00:09:41,539 Papá. Estás ben? Que pasa? 146 00:09:43,791 --> 00:09:45,793 Coñeces a Reggie, o forense? 147 00:09:47,503 --> 00:09:49,130 Voou a tapa dos miolos. 148 00:10:02,393 --> 00:10:04,687 Ben, quen quere empezar? 149 00:10:07,940 --> 00:10:11,235 Podemos falar do que sentides tendo lonxe a Mércores. 150 00:10:15,197 --> 00:10:16,991 Para min, 151 00:10:17,908 --> 00:10:18,826 está sendo… 152 00:10:18,909 --> 00:10:21,412 difícil non tela preto. 153 00:10:22,663 --> 00:10:25,708 Nunca pensei que botara tanto de menos a tortura. 154 00:10:28,628 --> 00:10:30,212 Morticia, Gomez. 155 00:10:30,963 --> 00:10:34,300 - Como o levades. - É unha tortura para nós tamén. 156 00:10:34,884 --> 00:10:38,220 Por sorte, no poldro de meu irmán caben dúas persoas 157 00:10:38,763 --> 00:10:42,642 Nada coma estirar un pouco para sacar o mellor de nós. 158 00:10:42,725 --> 00:10:44,393 Miña querida. 159 00:10:49,649 --> 00:10:50,816 Basta! 160 00:10:53,611 --> 00:10:55,988 É hora de que meus pais apanden. 161 00:10:57,573 --> 00:10:59,158 Resulta que menten. 162 00:10:59,950 --> 00:11:01,327 Gardan segredos. 163 00:11:01,410 --> 00:11:03,871 Violentos segredos que hai que abordar 164 00:11:07,124 --> 00:11:10,127 Por que te acusaron do asasinato de Garrett Gates? 165 00:11:11,545 --> 00:11:14,674 Retiraron os cargos. Teu pai é inocente. 166 00:11:14,757 --> 00:11:16,842 O shériff non está moi convencido. 167 00:11:16,926 --> 00:11:18,886 Mércores, para. 168 00:11:18,969 --> 00:11:21,430 Este non é o momento nin o lugar. 169 00:11:21,514 --> 00:11:24,058 En realidade, si é o lugar. 170 00:11:24,141 --> 00:11:27,395 - Estas sesións son… - Doutora. Isto non lle concirne. 171 00:11:27,937 --> 00:11:31,649 E négome a discutir unha caza de bruxas de hai décadas contigo. 172 00:11:31,732 --> 00:11:33,526 - Pero… - Querida quizais… 173 00:11:33,609 --> 00:11:35,820 Non. Rematou a sesión. 174 00:11:35,903 --> 00:11:37,571 Como queiras, madre. 175 00:11:37,655 --> 00:11:39,990 - Mércores? - Se non me dis a verdade. 176 00:11:40,074 --> 00:11:42,326 Terei que sacala eu a relucir. 177 00:11:44,036 --> 00:11:44,954 Ti… 178 00:11:47,581 --> 00:11:49,583 Grazas polos caramelos. 179 00:11:51,043 --> 00:11:53,170 Era para aromatizar… 180 00:11:54,422 --> 00:11:55,923 Pero por que non o levas? 181 00:12:03,180 --> 00:12:04,849 En que pensabas? 182 00:12:05,391 --> 00:12:08,811 Como puideches emboscar así a teu pai? Mércores. 183 00:12:09,395 --> 00:12:11,772 Eu? Insistiches en meterme nesa escola. 184 00:12:11,856 --> 00:12:14,024 Pensabas que non o ía descubrir? 185 00:12:14,108 --> 00:12:17,111 Non o sabes todo. Teu pai non fixo nada malo. 186 00:12:17,194 --> 00:12:18,904 Iso decidireino eu. 187 00:12:26,620 --> 00:12:27,663 Queres? 188 00:12:34,086 --> 00:12:35,171 Como me atopaches? 189 00:12:35,254 --> 00:12:37,923 A comunidade do CantoMatinal estráñate. 190 00:12:38,591 --> 00:12:39,425 E eu tamén. 191 00:12:39,508 --> 00:12:41,719 Dirás máis ben seita. 192 00:12:41,802 --> 00:12:44,180 Somos un movemento de medra persoal, 193 00:12:44,263 --> 00:12:46,432 axudamos á xente a tomar o control. 194 00:12:46,515 --> 00:12:48,350 E vós controládeslle os cartos. 195 00:12:48,434 --> 00:12:50,895 Non vin pelexar, Brandy Jane. 196 00:12:50,978 --> 00:12:52,396 Chámome Bianca. 197 00:12:52,480 --> 00:12:54,064 Novo nome. Nova vida. 198 00:12:54,148 --> 00:12:55,441 Volve á casa. É hora. 199 00:12:55,524 --> 00:12:57,234 Nunca foi a miña casa. 200 00:12:57,318 --> 00:13:00,988 - Gideon dixo que te resistirías. - Non pronuncies ese nome. 201 00:13:01,071 --> 00:13:03,866 Cres que lle importariamos 202 00:13:03,949 --> 00:13:05,367 de non ser sereas? 203 00:13:05,451 --> 00:13:08,996 Non fales así de teu padrastro. 204 00:13:09,705 --> 00:13:11,290 Ó final casaches con el. 205 00:13:11,373 --> 00:13:15,211 Quere que volvas á casa para ser unha familia de verdade. 206 00:13:15,920 --> 00:13:16,837 Paso. 207 00:13:17,421 --> 00:13:19,840 Xa ten unha serea as súas ordes. 208 00:13:20,883 --> 00:13:21,967 Adeus, ma. 209 00:13:22,802 --> 00:13:26,472 Non quero volver ver máis pulseiras do CantoMatinal por aquí. 210 00:13:27,556 --> 00:13:29,600 O meu canto morre. 211 00:13:31,644 --> 00:13:33,437 Hai moitos menos recrutas 212 00:13:33,521 --> 00:13:36,524 e a xente que non debe está facendo preguntas. 213 00:13:37,900 --> 00:13:39,777 Isto non era unha petición. 214 00:13:40,611 --> 00:13:42,029 E se me nego? 215 00:13:44,657 --> 00:13:49,328 Todos saberán como usaches o teu canto para entra en Nunca Máis. 216 00:13:49,411 --> 00:13:52,498 Por fin fago algo por min mesma e queres destruílo. 217 00:13:52,581 --> 00:13:55,084 Non fixeches unha merda, Bianca. 218 00:13:56,710 --> 00:13:59,964 Só estafas a xente de clase alta. Non son teus amigos. 219 00:14:01,048 --> 00:14:03,968 Antes ou despois verán quen es. 220 00:14:04,677 --> 00:14:07,763 A serea sempre tira ó mar. 221 00:14:09,640 --> 00:14:13,143 Déixoche a fin de semana para despedirte. 222 00:14:15,896 --> 00:14:18,023 FLOR SALVAXE - MEL 223 00:14:20,943 --> 00:14:22,736 Mel da colmea número tres. 224 00:14:24,363 --> 00:14:25,865 As abellas estráñante. 225 00:14:28,534 --> 00:14:29,493 Coma todos. 226 00:14:33,289 --> 00:14:35,165 Grazas por botarlle un ollo. 227 00:14:36,542 --> 00:14:37,418 Noticias? 228 00:14:40,004 --> 00:14:41,547 Non merecía isto. 229 00:14:43,465 --> 00:14:45,050 Nesa cama debía estar eu. 230 00:14:45,843 --> 00:14:47,595 Por que fuches sen min? 231 00:14:49,638 --> 00:14:51,473 Non queriamos asustarte. 232 00:14:51,557 --> 00:14:52,933 Ti has de ser Mércores. 233 00:14:53,517 --> 00:14:56,270 Somos as nais de Eugene. Sue e Janet. 234 00:14:56,353 --> 00:14:58,188 Non facía máis que falar de ti. 235 00:14:58,272 --> 00:15:00,816 Estaba feliz de terte nos Zoadores. 236 00:15:00,900 --> 00:15:04,236 Eugene non o tivo fácil para integrarse en Nunca Máis. 237 00:15:04,320 --> 00:15:07,281 Estaba emocionado de ter unha amiga de verdade. 238 00:15:07,781 --> 00:15:09,074 Tróuxenlle mel. 239 00:15:09,158 --> 00:15:12,536 Eugene quere a esas abellas coma se foran seus fillos. 240 00:15:13,829 --> 00:15:15,581 Os seus bebés bichiños. 241 00:15:18,042 --> 00:15:19,960 Vaise poñer ben, verdade? 242 00:15:20,044 --> 00:15:21,211 Debería marchar. 243 00:15:36,644 --> 00:15:39,563 Primeira vez que alguén se suicida nun depósito. 244 00:15:39,647 --> 00:15:41,607 Non saben que facer co corpo. 245 00:15:41,690 --> 00:15:43,150 Que tes? 246 00:15:43,233 --> 00:15:46,528 A pistola estaba o seu nome: Colt, calibre 45. 247 00:15:46,612 --> 00:15:48,364 Gardábaa na súa mesa. 248 00:15:48,447 --> 00:15:50,074 Inda o vin a semana pasada. 249 00:15:50,574 --> 00:15:54,244 Ía ir de cruceiro coa súa muller. Estaba feliz pola xubilación. 250 00:15:54,328 --> 00:15:56,622 A saber que lle pasou pola cabeza. 251 00:15:56,705 --> 00:15:59,875 Pois parece que unha bala. Hai imaxes de seguridade? 252 00:16:00,459 --> 00:16:03,754 Non. Escurecérona cunha goma de mascar negra. 253 00:16:03,837 --> 00:16:07,174 Pedín que buscasen nos vídeos a ver canto tempo leva aí. 254 00:16:07,257 --> 00:16:08,884 Goma de mascar negra. 255 00:16:09,551 --> 00:16:11,178 Non me digas… 256 00:16:12,221 --> 00:16:17,101 A nota de suicidio di que se sentía culpable por un antigo caso. 257 00:16:17,184 --> 00:16:20,104 Di que falsificou o informe forense para encubrilo 258 00:16:20,187 --> 00:16:22,815 e leva dende aquela vivindo coa culpa. 259 00:16:24,066 --> 00:16:25,150 Que caso? 260 00:16:25,234 --> 00:16:26,527 Eh, Garrett Gates. 261 00:16:27,861 --> 00:16:30,030 Garrett Gates. Non amoles. 262 00:16:30,114 --> 00:16:31,031 Sóache? 263 00:16:31,115 --> 00:16:33,826 Levo 30 anos agardando para encerrar o asasino. 264 00:16:33,909 --> 00:16:35,244 Sabe quen o fixo? 265 00:16:35,327 --> 00:16:37,371 Só houbo un sospeitoso. 266 00:16:37,454 --> 00:16:40,290 Sempre pensei que ocultaran a verdade. 267 00:16:41,917 --> 00:16:43,252 E agora teño probas. 268 00:17:50,110 --> 00:17:54,948 GARRETT GATES - FILLO E IRMÁN AMADO LEVÁRONTE MOI PRONTO - AMARÉMOSTE SEMPRE 269 00:17:57,701 --> 00:17:59,703 Morro de fame. 270 00:18:03,999 --> 00:18:06,001 Non tes fame, querida? 271 00:18:06,085 --> 00:18:08,003 O apetito elúdeme, madre. 272 00:18:08,796 --> 00:18:10,839 Igual que a ti a verdade. 273 00:18:19,723 --> 00:18:21,100 Hai que contarllo. 274 00:18:23,143 --> 00:18:25,229 Nunca nos crerá. 275 00:18:26,313 --> 00:18:27,940 Hai que ser fortes. 276 00:18:30,442 --> 00:18:34,738 E esperar que apareza algo máis macabro que a distraia. 277 00:18:46,458 --> 00:18:48,961 Vasme obrigar a preguntar? 278 00:18:49,878 --> 00:18:53,298 Ajax e mais eu aínda non definimos a nosa relación. 279 00:18:53,382 --> 00:18:55,342 Non falo de rapaces. 280 00:18:55,425 --> 00:18:57,469 Xa tornaches en lobo? 281 00:19:02,015 --> 00:19:02,975 Non. 282 00:19:03,767 --> 00:19:05,936 Pois vaia decepción. 283 00:19:07,354 --> 00:19:08,397 Esa son eu. 284 00:19:09,690 --> 00:19:11,358 Unha gran decepción. 285 00:19:23,120 --> 00:19:25,414 Podo saber a que vén isto, shériff? 286 00:19:26,206 --> 00:19:28,167 Que pasa, srta. Thornhill? 287 00:19:28,250 --> 00:19:29,585 Nin idea. 288 00:19:29,668 --> 00:19:31,086 Gomez Addams. 289 00:19:35,549 --> 00:19:36,884 Podo axudalo, shériff? 290 00:19:36,967 --> 00:19:40,012 Queda arrestado polo asasinato de Garrett Gates. 291 00:19:40,095 --> 00:19:41,555 Ten dereito a non declarar. 292 00:19:41,638 --> 00:19:44,933 O que diga será usado contra vostede ante un tribunal. 293 00:19:45,017 --> 00:19:45,851 Papá? 294 00:19:46,393 --> 00:19:48,270 Ten dereito a un avogado 295 00:19:48,353 --> 00:19:51,315 e se non pode custealo asignaráselle un de oficio. 296 00:20:22,763 --> 00:20:25,807 Miña tormentiña, como está túa nai? 297 00:20:25,891 --> 00:20:28,268 Desolada. Odia verte de laranxa. 298 00:20:29,269 --> 00:20:31,980 Antes pilleina deixando unha rosa nunha tumba. 299 00:20:32,981 --> 00:20:35,234 Na lápida poñía "Garrett Gates". 300 00:20:35,317 --> 00:20:37,903 O mesmo o que te acusan de matar. 301 00:20:39,363 --> 00:20:40,572 Explícasmo? 302 00:20:45,244 --> 00:20:47,829 Garrett estaba namorado de túa nai. 303 00:20:48,664 --> 00:20:51,750 Confundiu a súa amabilidade con interese. 304 00:20:52,334 --> 00:20:55,462 O seu desexo tornou en obsesión 305 00:20:56,046 --> 00:20:57,673 e empezou a acosala. 306 00:20:57,756 --> 00:21:00,008 - Non chamastes a policía? - Tentámolo. 307 00:21:00,676 --> 00:21:03,303 A súa familia era das más antigas e ricas. 308 00:21:03,387 --> 00:21:05,013 Ninguén nos creu. 309 00:21:05,847 --> 00:21:09,142 O pai de Garrett, un intolerante que odiaba os parias, 310 00:21:09,226 --> 00:21:12,145 enfureceu polas acusacións de túa nai. 311 00:21:13,188 --> 00:21:16,316 A historia alcanzou o clímax a noite do Rave'N. 312 00:21:18,402 --> 00:21:21,446 Túa nai e mais eu sairamos tomar o aire. 313 00:21:28,370 --> 00:21:29,955 Addams! 314 00:21:30,038 --> 00:21:32,040 Foi entón cando o vin. 315 00:21:32,708 --> 00:21:34,543 Entrara na escola pola forza. 316 00:21:35,043 --> 00:21:38,630 O amor retorcido que tiña pola túa nai volvérao tolo. 317 00:21:38,714 --> 00:21:43,427 Cravoume eses ollos que ardían en desexos de matar. 318 00:21:44,011 --> 00:21:46,263 Marcha. Lisca. A min non me magoará. 319 00:21:47,306 --> 00:21:48,473 Garrett, non! 320 00:21:48,557 --> 00:21:50,559 Garrett, para! 321 00:21:58,900 --> 00:22:01,236 Vin pasar a vida ante os meus ollos. 322 00:22:02,070 --> 00:22:06,491 Impulsado polos celos e o odio, Garrett era imparable. 323 00:22:30,724 --> 00:22:32,225 Cando vin a espada, 324 00:22:33,143 --> 00:22:35,520 espertou o instinto de supervivencia. 325 00:22:41,026 --> 00:22:44,029 Foi un terrible accidente. 326 00:23:06,259 --> 00:23:10,097 Sendo honesta, a súa confesión é perfectamente plausible, 327 00:23:10,180 --> 00:23:12,891 proferida co grao perfecto de sinceridade. 328 00:23:12,974 --> 00:23:15,227 Quizais meu pai sexa xusto o que di. 329 00:23:15,310 --> 00:23:17,145 Grazas pola túa honestidade. 330 00:23:20,065 --> 00:23:22,484 Pero logo están os seus xestos. 331 00:23:22,567 --> 00:23:25,070 Como alisa o bigote. 332 00:23:25,153 --> 00:23:27,406 Esa chiscadela de complicidade. 333 00:23:28,156 --> 00:23:31,159 Levo xogando con el á ruleta rusa dende os 12. 334 00:23:31,660 --> 00:23:32,828 Coñézoo ben. 335 00:23:33,537 --> 00:23:36,248 Perdoa por non ser un bo pai. 336 00:23:36,331 --> 00:23:39,334 Poderiamos evitar as mostras de afecto? 337 00:23:39,960 --> 00:23:42,045 Sei que te incomodan. 338 00:23:43,505 --> 00:23:46,883 Que pai lle dá unha espada a súa filla de cinco anos? 339 00:23:46,967 --> 00:23:50,137 As túas espadadas eran un ensaio sobre a perfección. 340 00:23:50,220 --> 00:23:52,055 E a nadar con quenllas? 341 00:23:52,139 --> 00:23:55,016 Coma min, pensaron que tiñas moito sangue frío. 342 00:23:55,100 --> 00:23:57,018 E a esfolar unha serpe? 343 00:23:57,102 --> 00:23:59,938 Se as cociñas ben, si que saben a polo. 344 00:24:00,522 --> 00:24:03,733 O tema é que me ensinaches a ser forte e independente. 345 00:24:04,359 --> 00:24:07,654 A moverme nun mundo cheo de traizóns e prexuízos. 346 00:24:08,864 --> 00:24:11,741 Grazas a ti entendo a importancia 347 00:24:11,825 --> 00:24:13,785 de non perderme a min mesma. 348 00:24:16,455 --> 00:24:20,083 No que a paternidade se refire, fuches máis que adecuado. 349 00:24:23,712 --> 00:24:25,255 Grazas, Mércores. 350 00:24:31,052 --> 00:24:32,095 Temos que falar. 351 00:24:34,514 --> 00:24:36,016 Como demo entraches? 352 00:24:37,017 --> 00:24:39,269 Bernice? Bernice! 353 00:24:39,352 --> 00:24:42,439 Pode que recibise unha chamada dicindo que o seu gato 354 00:24:42,522 --> 00:24:44,024 fora raptado. 355 00:24:44,566 --> 00:24:46,985 Meu pai non matou a Garrett Gates. 356 00:24:47,861 --> 00:24:52,032 Teño a súa confesión firmada e identificou o sabre co que o matou. 357 00:24:52,115 --> 00:24:54,910 E vou entregar ambas probas ó fiscal. 358 00:24:54,993 --> 00:24:57,329 Non cre que todo é demasiado oportuno? 359 00:24:57,412 --> 00:25:00,665 O forense suicídase pola culpa dun caso de hai décadas 360 00:25:00,749 --> 00:25:04,794 a fin de semana que meu pai, o principal sospeitoso, volve á vila. 361 00:25:05,462 --> 00:25:09,007 Eu só vexo a un culpable que por fin pagará polo seu crime. 362 00:25:09,090 --> 00:25:12,636 Poñerlle as esposas foi o peche de ouro. 363 00:25:12,719 --> 00:25:14,888 Como é que non ve que alguén 364 00:25:14,971 --> 00:25:17,140 tenta desbaratar a investigación? 365 00:25:17,224 --> 00:25:20,769 Atopei a cova do monstro e deille a mostra de ADN. 366 00:25:20,852 --> 00:25:22,395 Molestouse en analizala? 367 00:25:22,479 --> 00:25:25,690 Igual te sorprendes, pero o mundo non xira ó teu redor. 368 00:25:26,525 --> 00:25:28,944 Toma. Os resultados do ADN. 369 00:25:29,819 --> 00:25:31,613 Non coinciden. Non concluínte. 370 00:25:31,696 --> 00:25:34,533 De verdade cre que todo é unha coincidencia? 371 00:25:35,116 --> 00:25:37,661 Quen mancou a Eugene tamén matou o forense. 372 00:25:37,744 --> 00:25:40,747 Por desgraza, alguén sabotou a cámara do depósito 373 00:25:40,830 --> 00:25:42,249 e non sabemos que pasou. 374 00:25:42,332 --> 00:25:44,000 Tapárona con goma de mascar. 375 00:25:44,584 --> 00:25:46,169 Goma de mascar negra. 376 00:25:47,420 --> 00:25:49,005 Debería analizala tamén? 377 00:25:49,089 --> 00:25:52,551 Alguén tenta deixarme fóra de xogo. É unha distracción. 378 00:25:52,634 --> 00:25:55,762 Non, é xustiza ó fin. 379 00:25:55,845 --> 00:25:57,722 A familia merece respostas 380 00:25:58,306 --> 00:26:00,934 inda que non quede ninguén para atopar a paz. 381 00:26:01,434 --> 00:26:02,477 Que lles pasou? 382 00:26:02,561 --> 00:26:04,396 A nai de Garrett aforcouse. 383 00:26:04,479 --> 00:26:07,983 O pai bebeu ata morrer. Non se librou nin a irmá pequena. 384 00:26:08,650 --> 00:26:12,362 O quedar orfa, enviárona ó estranxeiro e afogou. 385 00:26:13,071 --> 00:26:14,447 Non queda ninguén. 386 00:26:15,031 --> 00:26:17,492 Teu pai ten as mans manchadas do sangue 387 00:26:17,576 --> 00:26:19,452 de Garrett e a súa familia. 388 00:26:36,177 --> 00:26:38,597 Toma, tróuxenche un regalo. 389 00:26:39,389 --> 00:26:42,601 Que amable, pero non facía falta. 390 00:26:42,684 --> 00:26:47,772 Xa sei, pero creo que empezamos a fin de semana co pé esquerdo. 391 00:26:48,481 --> 00:26:52,277 Quero que saibas que só quero o mellor para ti. 392 00:26:57,657 --> 00:26:59,743 CAMPAMENTO DE VERÁN 393 00:27:02,662 --> 00:27:06,916 CAMPAMENTO DE VERÁN DE LICANTROPÍA 394 00:27:07,959 --> 00:27:08,960 Que é isto? 395 00:27:09,461 --> 00:27:10,587 Folletos. 396 00:27:11,379 --> 00:27:12,589 De campamentos. 397 00:27:12,672 --> 00:27:15,050 Non son campamentos normais. 398 00:27:16,301 --> 00:27:18,553 Son campamentos de conversión. 399 00:27:18,637 --> 00:27:21,389 Non te poñas dramática, Enid. 400 00:27:21,473 --> 00:27:24,017 Terapia de conversión para lobishomes? 401 00:27:24,100 --> 00:27:27,020 Coa túa prima Lucille funcionou de marabilla, non? 402 00:27:27,646 --> 00:27:32,525 Sete semanas nos Balcáns e xa estaba ouleando a lúa. 403 00:27:32,609 --> 00:27:34,235 Como debería ser. 404 00:27:34,319 --> 00:27:38,239 Non queres tornar e por fin ser normal? 405 00:27:50,960 --> 00:27:51,961 Marcha. 406 00:27:53,046 --> 00:27:54,756 Esqueciches os aparellos. 407 00:28:03,556 --> 00:28:05,016 Deixa de ser simpática. 408 00:28:05,975 --> 00:28:07,018 Non che pega. 409 00:28:07,977 --> 00:28:09,813 Papá meteu o teu cebo favorito. 410 00:28:27,914 --> 00:28:29,582 Que lle vai pasar? 411 00:28:30,333 --> 00:28:32,794 Confesou, así que non haberá xuízo. 412 00:28:33,878 --> 00:28:36,631 Cando diten sentencia, enviarano ó cárcere, 413 00:28:36,715 --> 00:28:39,676 onde perderá a cabeza por non estar con mamá. 414 00:28:41,219 --> 00:28:44,389 Sabías que non se separaron nunca dende que casaron? 415 00:28:45,306 --> 00:28:48,184 Sempre crin que sería o primeiro en ir o cárcere. 416 00:28:48,268 --> 00:28:50,186 Tiña unha aposta con Lurch. 417 00:28:54,023 --> 00:28:56,651 Veña. A ver se pican. 418 00:29:06,870 --> 00:29:08,288 Boa captura. 419 00:29:10,081 --> 00:29:11,499 Vouno estrañar. 420 00:29:11,583 --> 00:29:14,127 Inda non está todo dito. É inocente. 421 00:29:15,211 --> 00:29:16,045 Pois… 422 00:29:16,880 --> 00:29:19,549 se alguén pode pescudar quen cometeu o crime, 423 00:29:21,468 --> 00:29:22,302 es ti. 424 00:29:22,385 --> 00:29:25,513 Tes que descubrir a verdade e soltar a papá. 425 00:29:25,597 --> 00:29:28,975 Ata que iso pase, sabemos que mamá vai esboroar. 426 00:29:31,019 --> 00:29:32,896 Así que teremos que ser fortes. 427 00:29:33,897 --> 00:29:35,440 E refírome a ti. 428 00:29:38,818 --> 00:29:40,904 Veña. Dáme unha. 429 00:29:55,084 --> 00:29:56,544 Onde está madre? 430 00:29:57,378 --> 00:29:59,506 Dixo que quería estar soa. 431 00:29:59,589 --> 00:30:01,549 Onde ninguén a atope. 432 00:30:15,104 --> 00:30:16,189 Ola, madre. 433 00:30:19,692 --> 00:30:20,819 Ola, Mércores. 434 00:30:22,028 --> 00:30:24,072 Conque es unha Beladona. 435 00:30:24,155 --> 00:30:25,698 Pouco tardaches. 436 00:30:25,782 --> 00:30:27,826 En realidade rexeiteinos. 437 00:30:28,326 --> 00:30:29,869 Por que eu fun membro? 438 00:30:29,953 --> 00:30:32,288 Xamais estarei a altura do teu legado, 439 00:30:32,872 --> 00:30:33,915 para que tentalo? 440 00:30:35,083 --> 00:30:37,919 Gañei unha Copa Poe, ti catro. 441 00:30:38,002 --> 00:30:40,213 Fago esgrima, ti liderabas o equipo. 442 00:30:42,048 --> 00:30:45,677 Por que enviarme a un lugar onde só podo vivir a túa sombra? 443 00:30:46,386 --> 00:30:48,346 Non é unha competición. 444 00:30:48,429 --> 00:30:50,640 Todo o é. 445 00:30:52,016 --> 00:30:55,228 Inda que os rexeitei porque só son un club banal. 446 00:30:55,311 --> 00:30:57,355 Antes eramos moito máis. 447 00:30:58,523 --> 00:31:02,151 A nosa misión era protexer os marxinados da intolerancia. 448 00:31:03,611 --> 00:31:08,324 De feito, o grupo fundouno unha devanceira mexicana de teu pai. 449 00:31:08,825 --> 00:31:11,077 Das primeiras poboadoras de América. 450 00:31:11,160 --> 00:31:12,161 Goody. 451 00:31:13,746 --> 00:31:15,915 Vina nun cadro no Mundo Peregrino. 452 00:31:20,044 --> 00:31:23,756 Que irónico, sabendo que ela foi quen matou a Joseph Crackstone. 453 00:31:24,966 --> 00:31:29,512 As Beladonas eran a súa resposta, secreta pero letal, á opresión. 454 00:31:32,140 --> 00:31:34,767 Sei por que viñeches, Mércores. 455 00:31:36,936 --> 00:31:38,646 Así que adiante, pregunta. 456 00:31:40,607 --> 00:31:43,109 Papá non matou a Garrett Gates, equivócome? 457 00:31:45,778 --> 00:31:46,613 Non. 458 00:31:50,366 --> 00:31:52,452 Cando cheguei arriba, 459 00:31:52,535 --> 00:31:56,164 vin a teu pai loitar pola súa vida. Foi aterrador. 460 00:31:56,956 --> 00:31:57,832 Garret, non! 461 00:32:08,176 --> 00:32:09,093 Garrett! 462 00:32:09,594 --> 00:32:10,678 Garret, para! 463 00:32:10,762 --> 00:32:11,888 Déixao en paz! 464 00:32:18,937 --> 00:32:21,481 Xamais esquecerei como me mirou. 465 00:32:23,107 --> 00:32:25,902 Ata lle saía escuma pola boca. 466 00:32:27,654 --> 00:32:31,950 Foi como mirar a unha besta rabiosa. 467 00:32:49,550 --> 00:32:50,510 Non. 468 00:32:57,141 --> 00:33:01,062 Cando oín o berro, decateime do que fixera. 469 00:33:02,647 --> 00:33:04,816 Teu pai tivo tal… 470 00:33:06,109 --> 00:33:08,111 calma e valentía. 471 00:33:17,829 --> 00:33:20,665 Tish, tes que marchar. 472 00:33:20,748 --> 00:33:22,542 Vai o teu cuarto e péchate. 473 00:33:23,126 --> 00:33:24,293 Non estiveches aquí. 474 00:33:24,377 --> 00:33:26,170 Entendes? 475 00:33:26,754 --> 00:33:28,297 Morticia? 476 00:33:29,757 --> 00:33:31,592 Volve poñela na mesa. 477 00:33:32,677 --> 00:33:33,803 - Marcha. - Vale. 478 00:33:39,475 --> 00:33:42,854 Teu pai cargou coa culpa para protexerme. 479 00:33:47,567 --> 00:33:50,737 Agradecín moito cando o exoneraron de todo crime, 480 00:33:50,820 --> 00:33:52,196 pero sabía… 481 00:33:53,489 --> 00:33:56,200 que algún día volvería atormentarnos. 482 00:34:01,080 --> 00:34:05,334 Garrett botaba escuma pola boca, os seus ollos non parecían humanos. 483 00:34:06,586 --> 00:34:10,173 Nunca vira a ninguén tan cegado pola ira. 484 00:34:10,798 --> 00:34:12,133 Igual non era ira. 485 00:34:12,925 --> 00:34:16,137 Escuma pola boca, pupilas dilatadas, confusión mental… 486 00:34:16,220 --> 00:34:18,681 A que corresponden eses síntomas? 487 00:34:25,271 --> 00:34:26,689 Pero como é posible? 488 00:34:27,732 --> 00:34:29,525 Só hai un xeito de sabelo. 489 00:34:33,529 --> 00:34:37,408 Isto lémbrame cando conseguiches o primeiro equipo de escavación. 490 00:34:37,492 --> 00:34:39,827 Estabas tan feliz que case sorrías. 491 00:34:40,953 --> 00:34:42,663 Segura que non queres unirte? 492 00:34:44,707 --> 00:34:47,460 Tranquila, non quero estragarche a diversión. 493 00:35:00,431 --> 00:35:01,641 Momento da verdade. 494 00:35:09,524 --> 00:35:10,691 Ola, Garrett. 495 00:35:12,652 --> 00:35:13,569 Tiña razón. 496 00:35:14,654 --> 00:35:17,323 Vaia, vaia, que temos aquí? 497 00:35:19,075 --> 00:35:23,079 Parece que que hoxe haberá reunión familiar no calabozo. 498 00:35:23,162 --> 00:35:24,914 Quedades arrestadas. 499 00:35:27,917 --> 00:35:30,545 Acomodádevos, mañá poderedes pagar a fianza. 500 00:35:33,131 --> 00:35:35,675 Nin o brazo da lei pode afastarnos. 501 00:35:35,758 --> 00:35:37,844 Unha última noite xuntos. 502 00:35:37,927 --> 00:35:38,761 Si. 503 00:35:38,845 --> 00:35:42,014 Coñezo chacais con máis control que vós. 504 00:35:43,266 --> 00:35:46,018 Ningún de vós aturaría unha larga condena. 505 00:35:47,103 --> 00:35:48,646 Grazas a min, dá igual. 506 00:35:48,729 --> 00:35:51,649 Sabía que a nosa presiña tería un plan de fuga. 507 00:35:53,901 --> 00:35:57,155 Un regalo da nosa excursión. Collinllo a Garrett. 508 00:35:58,239 --> 00:36:00,283 Morreu envelenado pola beladona. 509 00:36:00,366 --> 00:36:03,703 A conservación dos tecidos e a tintura azul confírmano. 510 00:36:04,745 --> 00:36:09,250 - Entón Garrett estaba morrendo… - Antes de que o apuñalaras. 511 00:36:10,710 --> 00:36:13,713 A inocencia séntache divinamente. 512 00:36:13,796 --> 00:36:14,630 Si. 513 00:36:14,714 --> 00:36:17,884 Podedes soltarvos un segundo e centrarvos? 514 00:36:19,719 --> 00:36:22,305 Demóstrame que mereces ser meu fillo! 515 00:36:22,889 --> 00:36:24,807 Mata a eses marxinados! 516 00:36:24,891 --> 00:36:27,518 Cóate no baile e bota isto no ponche. 517 00:36:28,728 --> 00:36:29,812 Addams! 518 00:36:34,483 --> 00:36:35,568 Mércores. 519 00:36:39,947 --> 00:36:41,490 Tiveches unha visión? 520 00:36:42,742 --> 00:36:43,868 Que pasou? 521 00:36:44,368 --> 00:36:45,870 Que viches? 522 00:36:47,580 --> 00:36:48,706 A noite que morreu, 523 00:36:48,789 --> 00:36:52,126 Garrett levaba un frasco de beladona e rompeulle no peto. 524 00:36:52,210 --> 00:36:54,295 Non tentaba matar só a papá. 525 00:36:55,546 --> 00:36:58,925 Ía usar o veleno de beladona para matar a toda a escola. 526 00:37:01,886 --> 00:37:03,804 MUNDO PEREGRINO 527 00:37:05,389 --> 00:37:08,309 Grazas por vernos tan rápido, alcalde. 528 00:37:08,392 --> 00:37:11,020 Xa, as ameazas veladas adoitan funcionar. 529 00:37:11,604 --> 00:37:14,106 Garrett Gates non morreu dunha puñalada. 530 00:37:19,570 --> 00:37:23,574 Ese brillo azul é un indicio de envelenamento por beladona. 531 00:37:23,658 --> 00:37:26,244 Pero vostede xa o sabía, non si? 532 00:37:26,327 --> 00:37:28,246 Porque, cando era shériff, 533 00:37:28,329 --> 00:37:30,206 estaba ó mando e encubriuno. 534 00:37:37,672 --> 00:37:41,634 Ansel Gates odiaba os parias e a Nunca Máis. 535 00:37:41,717 --> 00:37:44,679 Dicía que a terra na que se construíra a escola 536 00:37:44,762 --> 00:37:47,348 fóralle roubada a súa familia hai 200 anos. 537 00:37:48,182 --> 00:37:51,352 Aquela noite, Garrett foi sabotar o ponche 538 00:37:51,894 --> 00:37:53,854 e matar a toda a xente do baile. 539 00:37:54,438 --> 00:37:57,275 Ansel confesoumo todo un día que se emborrachou. 540 00:37:57,358 --> 00:37:58,567 Foi idea súa. 541 00:37:58,651 --> 00:38:01,445 Por que mandou falsificar a autopsia? 542 00:38:02,154 --> 00:38:04,824 Sabía como morrera en realidade. 543 00:38:04,907 --> 00:38:08,077 O meu traballo era manter a paz. 544 00:38:08,160 --> 00:38:09,495 De celebrarse o xuízo, 545 00:38:09,578 --> 00:38:12,415 arruinaría a reputación de Jericó e Nunca Máis. 546 00:38:12,498 --> 00:38:15,960 Creo que a única reputación que lle preocupaba era a súa. 547 00:38:17,044 --> 00:38:21,716 Lembro que Garrett presumía de que seu pai tiña o shériff no puño. 548 00:38:22,800 --> 00:38:25,344 Un ano despois, sae elixido alcalde. 549 00:38:26,262 --> 00:38:28,723 Co apoio de Ansel Gates, sen dúbida. 550 00:38:28,806 --> 00:38:31,017 Oféndeme esa insinuación. 551 00:38:31,100 --> 00:38:34,895 A ofensa é que puido evitar a morte de Garrett 552 00:38:34,979 --> 00:38:39,608 con só facer o seu traballo o día que presentei unha queixa por acoso. 553 00:38:40,109 --> 00:38:41,110 Pero, non, 554 00:38:41,193 --> 00:38:46,365 os homes como vostede non saben o que é que non os crean. 555 00:38:53,414 --> 00:38:54,623 Que queredes? 556 00:38:58,627 --> 00:39:00,421 Retire todos os cargos. 557 00:39:00,504 --> 00:39:02,506 Meu pai será liberado de inmediato 558 00:39:02,590 --> 00:39:05,551 cunha desculpa inequívoca da oficina do shériff. 559 00:39:08,304 --> 00:39:10,097 Temos un trato? 560 00:39:23,694 --> 00:39:25,529 Estiveches impresionante. 561 00:39:25,613 --> 00:39:29,617 CONCELLO DE JERICÓ 562 00:39:31,577 --> 00:39:33,454 Cando comezaron as visións? 563 00:39:36,624 --> 00:39:37,917 Hai uns meses. 564 00:39:38,667 --> 00:39:40,336 Antes de vir a Nunca Máis. 565 00:39:41,045 --> 00:39:43,089 Lamento que non puideras contarmo. 566 00:39:45,257 --> 00:39:47,843 Sei que ultimamente tivemos problemas 567 00:39:48,386 --> 00:39:52,306 para superar os enganosos escollos da nosa relación nai e filla, 568 00:39:55,059 --> 00:39:57,561 pero sempre estarei aí para ti, Mércores. 569 00:39:59,105 --> 00:40:00,189 Sempre. 570 00:40:06,529 --> 00:40:08,739 Ás veces cando toco algo ou a alguén, 571 00:40:09,698 --> 00:40:12,618 véñenme violentas descargas do pasado ou o futuro. 572 00:40:14,120 --> 00:40:15,704 Non sei como controlalo. 573 00:40:17,415 --> 00:40:21,001 As nosas habilidades psíquicas residen en quen somos. 574 00:40:22,420 --> 00:40:23,921 Dado o meu humor, 575 00:40:24,004 --> 00:40:26,382 adoito ter visións positivas. 576 00:40:26,465 --> 00:40:27,842 Por iso son unha Pomba. 577 00:40:28,676 --> 00:40:30,511 E alguén coma min? 578 00:40:30,594 --> 00:40:32,471 Que ve un mundo máis escuro? 579 00:40:33,139 --> 00:40:34,306 Es un Corvo. 580 00:40:35,516 --> 00:40:38,352 As túas visións son máis potentes e poderosas. 581 00:40:39,353 --> 00:40:42,565 Pero, sen o adestramento axeitado, poden volverte tola. 582 00:40:43,691 --> 00:40:46,110 Se puidera axudarche, faríao. 583 00:40:46,193 --> 00:40:48,195 Pero non nos ensinan os vivos. 584 00:40:49,113 --> 00:40:53,909 Alguén do noso liñaxe manifestarase para axudar cando esteas lista. 585 00:40:55,161 --> 00:40:56,328 Goody. 586 00:40:57,204 --> 00:40:58,247 Xa a vin. 587 00:40:58,330 --> 00:41:00,082 Ten coidado, Mércores. 588 00:41:00,916 --> 00:41:03,043 Goody era unha bruxa moi forte, 589 00:41:03,544 --> 00:41:05,963 pero a súa vinganza levouna o límite 590 00:41:06,046 --> 00:41:08,132 e no puido nin salvarse a si mesma. 591 00:41:17,224 --> 00:41:18,476 Sinto todo isto. 592 00:41:20,644 --> 00:41:22,146 Non gardo rencor, 593 00:41:22,730 --> 00:41:23,981 só débedas de sangue. 594 00:41:25,941 --> 00:41:29,487 Parece que os nosos fillos volvéronse… 595 00:41:30,696 --> 00:41:31,530 íntimos. 596 00:41:32,114 --> 00:41:35,159 Compadezo ó rapaz que caia na súa mirada viperina. 597 00:41:35,242 --> 00:41:36,785 pero ha de ser boa xente. 598 00:41:37,578 --> 00:41:40,164 Non toleraría nada menos. 599 00:41:40,915 --> 00:41:43,209 Iso débello a súa nai. 600 00:41:53,385 --> 00:41:54,303 Papá! 601 00:41:55,179 --> 00:41:57,973 Boteite moito de menos. 602 00:42:01,268 --> 00:42:02,269 Querida. 603 00:42:03,646 --> 00:42:04,688 Meu amor. 604 00:42:05,189 --> 00:42:06,148 Non me abafedes. 605 00:42:19,870 --> 00:42:23,958 Decidido entón, seis semanas no Campamento Ouveo. 606 00:42:24,041 --> 00:42:26,961 - Terás que escoller a actividade… - Non. 607 00:42:27,044 --> 00:42:28,295 Non vou ir. 608 00:42:29,004 --> 00:42:30,798 Nin este verán nin nunca. 609 00:42:30,881 --> 00:42:34,260 Se o meu destino é tornar, fareino o meu ritmo, 610 00:42:34,343 --> 00:42:35,344 non o teu. 611 00:42:37,596 --> 00:42:40,933 Só espero que algún día me aceptes tal e como son. 612 00:42:52,194 --> 00:42:53,696 Estou orgulloso de ti. 613 00:42:55,114 --> 00:42:56,448 Sé ti mesma. 614 00:43:07,751 --> 00:43:10,421 Volverei para axudarche con unha condición. 615 00:43:10,504 --> 00:43:12,756 Agarda a que remate o curso. 616 00:43:12,840 --> 00:43:15,551 Como sei que non vas volver fuxir? 617 00:43:15,634 --> 00:43:18,887 Porque ambas temos moito que perder, pero despois, 618 00:43:18,971 --> 00:43:22,558 ti e CantoMatinal sairedes da miña vida… para sempre. 619 00:43:30,149 --> 00:43:31,150 Non te pases. 620 00:43:34,862 --> 00:43:38,991 Non se pode dicir que a finde da Familia non foi axitada. 621 00:43:39,074 --> 00:43:41,535 Sabía que non eras capaz de matar. 622 00:43:42,244 --> 00:43:44,163 Por moito que proa, 623 00:43:45,331 --> 00:43:47,666 grazas, miña trampiña mortal. 624 00:43:54,715 --> 00:43:57,635 Mentres ollaba o anuario, 625 00:43:57,718 --> 00:44:02,681 lembrei os marabillosos momentos que pasei aquí, 626 00:44:02,765 --> 00:44:04,266 pero só son iso. 627 00:44:05,184 --> 00:44:06,018 Meus. 628 00:44:07,728 --> 00:44:10,397 Ti queima o teu propio camiño. 629 00:44:12,107 --> 00:44:14,485 Non quero ser unha estraña na túa vida. 630 00:44:15,486 --> 00:44:18,072 Se algunha vez me precisas, 631 00:44:18,155 --> 00:44:19,698 para o que sexa, 632 00:44:21,158 --> 00:44:23,243 só tes que mirar a bóla de cristal. 633 00:44:24,912 --> 00:44:26,163 Grazas, madre. 634 00:45:05,786 --> 00:45:06,620 Sabíao. 635 00:45:07,871 --> 00:45:10,124 Si presenciei o asasinato de Rowan. 636 00:45:10,207 --> 00:45:11,041 Desculpa? 637 00:45:11,125 --> 00:45:13,460 O Rowan que vimos á mañá era vostede. 638 00:45:14,044 --> 00:45:16,422 Cando participou no concurso, 639 00:45:16,505 --> 00:45:18,424 non imitou a Judy Garland, 640 00:45:18,507 --> 00:45:19,758 converteuse nela. 641 00:45:21,009 --> 00:45:22,469 É unha cambiaformas. 642 00:45:28,392 --> 00:45:30,561 Unha teoría fascinante. 643 00:45:31,145 --> 00:45:34,148 Xa veremos que lle parece ó shériff cando llo conte. 644 00:45:37,359 --> 00:45:39,778 Non dirá unha palabra, srta. Addams. 645 00:45:39,862 --> 00:45:41,989 E tanto daría se o fixera. 646 00:45:42,072 --> 00:45:44,199 O pai de Rowan xa sabe o que pasou 647 00:45:44,283 --> 00:45:47,453 e apoia a decisión de non involucrar as autoridades. 648 00:45:48,162 --> 00:45:49,538 Por que ía querer iso? 649 00:45:49,621 --> 00:45:52,916 Porque Rowan non estaba ben da cabeza. 650 00:45:53,500 --> 00:45:55,669 As súa telecinesia volvíao tolo 651 00:45:55,753 --> 00:45:58,005 e tentou asasinarte dúas veces. 652 00:45:58,714 --> 00:46:03,051 A súa tráxica morte permitiunos rectificar a situación 653 00:46:03,135 --> 00:46:06,847 sen poñer a escola ou a Rowan baixo unha luz pouco favorecedora. 654 00:46:07,848 --> 00:46:09,933 É igual co alcalde Walker, non si? 655 00:46:11,101 --> 00:46:13,520 Agochan os corpos e encobren segredos. 656 00:46:14,104 --> 00:46:17,900 Fixen o necesario para protexer a escola da controversia 657 00:46:17,983 --> 00:46:19,651 e ós seus alumnos do mal. 658 00:46:19,735 --> 00:46:21,195 Dígallo á Eugene. 659 00:46:23,155 --> 00:46:25,115 A el como o protexe? 660 00:46:37,377 --> 00:46:38,796 Que demos? 661 00:46:45,844 --> 00:46:49,181 CHOVERÁ LUME 662 00:49:42,729 --> 00:49:45,774 Subtítulos: Laura Feijóo Sánchez