1 00:00:06,006 --> 00:00:08,341 UNHA SERIE DE NETFLIX 2 00:00:23,064 --> 00:00:24,315 Gústanme os funerais. 3 00:00:24,399 --> 00:00:27,944 Levo asistindo dende que teño idade para ler as necrolóxicas. 4 00:00:29,446 --> 00:00:31,031 "Deus é forza e abeiro…" 5 00:00:31,114 --> 00:00:33,908 Mataron o alcalde e sei que o asasino está aquí, 6 00:00:34,659 --> 00:00:37,996 aparentando inocencia mentres planea o seguinte paso 7 00:00:38,955 --> 00:00:40,582 e vixía os meus movementos. 8 00:00:43,293 --> 00:00:45,295 Sei que estou preto da verdade. 9 00:00:45,378 --> 00:00:47,130 Teño todas as pezas, 10 00:00:48,673 --> 00:00:50,425 só me falta colocalas. 11 00:01:27,504 --> 00:01:30,048 Hei de ignorar as bágoas e as faces de dor. 12 00:01:30,131 --> 00:01:33,176 Pode que ata o de agora fora máis hábil ca min, 13 00:01:33,259 --> 00:01:35,512 pero inda falta a manobra final. 14 00:01:37,806 --> 00:01:39,808 O asasino cometerá un erro… 15 00:01:41,059 --> 00:01:42,435 e eu estarei agardando. 16 00:02:17,679 --> 00:02:20,807 Tan aguda como sempre, aprendiz miña. 17 00:02:21,349 --> 00:02:22,350 Tío Fétido. 18 00:02:34,445 --> 00:02:38,283 CAPÍTULO VII: UNHA MÁGOA QUE AÍNDA NON ME COÑEZAS 19 00:02:39,868 --> 00:02:41,619 Canto tempo levas acosándome? 20 00:02:41,703 --> 00:02:45,123 Cheguei esta mañá e xa me golpeou unha onda de nostalxia. 21 00:02:45,206 --> 00:02:47,167 Crin que non foras a Nunca Máis. 22 00:02:47,250 --> 00:02:49,919 Non. Teu pai era o intelixente. 23 00:02:50,795 --> 00:02:52,505 Pero deixábame caer. 24 00:02:52,589 --> 00:02:55,884 Habitualmente dende o teito e cunha daga entre os dentes. 25 00:02:55,967 --> 00:02:58,219 - Para mantelo alerta. - Claro. 26 00:02:58,720 --> 00:03:01,055 Contoume o que está ocorrendo. 27 00:03:01,139 --> 00:03:03,558 Monstros, asasinatos, caos. 28 00:03:04,475 --> 00:03:05,643 Que divertido! 29 00:03:06,227 --> 00:03:09,939 Díxenlle que tiña traballo en Boston, pero que pasaría por aquí. 30 00:03:10,440 --> 00:03:11,691 Que tipo de traballo? 31 00:03:11,774 --> 00:03:14,736 Dos que me fan buscar un sitio onde agocharme. 32 00:03:27,665 --> 00:03:29,292 Este sitio é dun amigo. 33 00:03:30,960 --> 00:03:32,921 Fixeches un amigo. 34 00:03:33,004 --> 00:03:35,673 O pobre rapaz volverá cos pés diante. 35 00:03:39,260 --> 00:03:42,889 - Gústanme os agochos con petiscos. - Están hibernando. 36 00:03:43,473 --> 00:03:45,433 Son coma os fillos de Eugene. 37 00:03:46,935 --> 00:03:48,728 Significa que non se comen! 38 00:03:54,901 --> 00:03:55,777 Sabes… 39 00:03:56,861 --> 00:03:59,572 Cando me miras con eses ollos de desaprobación, 40 00:03:59,656 --> 00:04:01,115 lémbrasme a túa nai. 41 00:04:01,616 --> 00:04:03,618 Falando de cousas terroríficas… 42 00:04:03,701 --> 00:04:05,954 Sabes con que tipo de monstro lidas? 43 00:04:06,037 --> 00:04:08,122 Non puiden identificalo. 44 00:04:14,170 --> 00:04:15,380 Chámase Hyde. 45 00:04:16,589 --> 00:04:17,715 Coma Jekyll e Hyde? 46 00:04:19,050 --> 00:04:20,301 Xa o viras? 47 00:04:20,385 --> 00:04:21,678 Si. 48 00:04:21,761 --> 00:04:26,015 No 83, nas miñas vacacións no psiquiátrico para criminais de Zürich. 49 00:04:26,516 --> 00:04:27,767 Fixen unha lobotomía. 50 00:04:27,850 --> 00:04:31,271 Pero xa sabes que son como tatuaxes, con unha non chega. 51 00:04:31,354 --> 00:04:32,897 Fálame do Hyde. 52 00:04:34,899 --> 00:04:36,359 Olga Malacova. 53 00:04:36,943 --> 00:04:39,362 Caralla. Tíñao todo. 54 00:04:39,445 --> 00:04:43,408 Beleza, cerebro e tendencia á necrofilia. 55 00:04:45,159 --> 00:04:47,453 Olga era pianista de concertos, 56 00:04:47,537 --> 00:04:51,124 ata que un día transformouse no medio dunha sonata de Chopin. 57 00:04:51,708 --> 00:04:53,668 Masacrou a varios asistentes. 58 00:04:53,751 --> 00:04:55,378 E ós críticos musicais. 59 00:04:55,461 --> 00:04:58,423 Que o provocou? Ou cambiou por si mesma? 60 00:04:59,007 --> 00:04:59,966 Nin idea. 61 00:05:00,466 --> 00:05:03,011 Só a vin na terapia de electrochoque. 62 00:05:03,511 --> 00:05:06,180 Ningún libro de marxinados menciona os Hydes. 63 00:05:06,264 --> 00:05:09,225 E Nunca Máis é reputada por ter a mellor colección. 64 00:05:09,934 --> 00:05:12,353 Probaches co diario de Nathaniel Faulkner? 65 00:05:16,607 --> 00:05:18,234 Antes de fundar Nunca Máis, 66 00:05:18,318 --> 00:05:22,280 viaxou polo mundo catalogando as comunidades de marxinados. 67 00:05:22,947 --> 00:05:24,324 Como o sabes? 68 00:05:24,407 --> 00:05:27,994 Se cres que agora teus pais andan sempre pegados, ai Deus. 69 00:05:28,953 --> 00:05:32,040 Unha noite aparecín sen avisar no cuarto de Gomez… 70 00:05:32,123 --> 00:05:35,084 O que interrompín non foi unha guerra de almofadas. 71 00:05:35,168 --> 00:05:36,127 Tío Fétido. 72 00:05:37,378 --> 00:05:39,255 O diario, onde está? 73 00:05:39,339 --> 00:05:41,215 A biblioteca das Beladonas. 74 00:05:41,299 --> 00:05:44,677 Teu pai aparcoume e dixo que estaría alí un bo rato. 75 00:05:44,761 --> 00:05:47,513 Entón atopei unha elegante caixa forte. 76 00:05:48,431 --> 00:05:53,561 Esperaba unha reserva de cartos ou xoias, pero, no canto diso, atopei o diario. 77 00:05:55,146 --> 00:05:57,732 Entraremos na biblioteca esta noite. 78 00:05:57,815 --> 00:05:59,150 Mentres, sé discreto. 79 00:06:05,073 --> 00:06:06,115 Se te descobren, 80 00:06:06,616 --> 00:06:09,994 renegarei de ti e quedarei coa recompensa por capturarte. 81 00:06:10,912 --> 00:06:12,455 Non esperaría menos. 82 00:06:18,878 --> 00:06:20,213 Non toques as abellas. 83 00:06:29,180 --> 00:06:31,808 Comecei a novela como unha ficción retorcida, 84 00:06:32,600 --> 00:06:36,145 pero, dalgún xeito, a realidade converteuna nun espello. 85 00:06:36,979 --> 00:06:40,191 A visita á mansión Gates deixoume con moitas preguntas. 86 00:06:41,192 --> 00:06:44,737 Se Laurel Gates morreu hai 20 anos, quen dorme no seu cuarto? 87 00:06:44,821 --> 00:06:46,572 Por que ten fotos miñas? 88 00:06:47,073 --> 00:06:49,158 E que vínculo hai co Hyde? 89 00:06:50,201 --> 00:06:53,538 Sexa quen sexa, matará por gardar o seu segredo. 90 00:06:56,916 --> 00:07:00,461 Goody predixo que tería que atopar respostas en solitario. 91 00:07:01,963 --> 00:07:04,757 Por suposto, nunca está cando a preciso. 92 00:07:06,134 --> 00:07:09,679 Os mortos poden ser tan irritantes e informais como os vivos. 93 00:07:12,306 --> 00:07:13,141 Ola. 94 00:07:14,350 --> 00:07:16,894 Perdoa, pensei que seguirías no velorio 95 00:07:16,978 --> 00:07:19,313 Lisco en canto botan terra ó ataúde. 96 00:07:20,940 --> 00:07:23,901 Non atopo o meu frasco de esmalte de uñas prateado. 97 00:07:23,985 --> 00:07:25,820 Impórtache se o busco? 98 00:07:27,280 --> 00:07:29,740 Yoko vai facer unha noite de manicura. 99 00:07:29,824 --> 00:07:32,785 É a terceira vez en 24 horas que esqueces algo. 100 00:07:33,786 --> 00:07:34,954 E… 101 00:07:35,913 --> 00:07:37,290 Como vai todo? 102 00:07:37,373 --> 00:07:38,958 A soidade é o meu. 103 00:07:39,041 --> 00:07:41,961 Sen distraccións molestas, case acabei a novela. 104 00:07:42,545 --> 00:07:44,338 Era unha molestia? 105 00:07:44,422 --> 00:07:47,258 - Tiñas hábitos irritantes. - Por exemplo? 106 00:07:47,341 --> 00:07:50,428 Riste cando mandas mensaxes, o que é todo o día. 107 00:07:50,511 --> 00:07:54,182 Ao menos non uso unha máquina de escribir que dá dor de cabeza. 108 00:07:54,265 --> 00:07:56,476 Rinchas os dentes e gruñes en soños. 109 00:07:56,559 --> 00:07:58,769 E ti tocas o chelo de madrugada. 110 00:07:58,853 --> 00:08:01,772 Implícaste en actividades e despois quéixaste. 111 00:08:01,856 --> 00:08:04,233 Antes que obsesionarme co que dá medo… 112 00:08:04,317 --> 00:08:07,236 Poderías gasear á vila enteira con tanta colonia. 113 00:08:07,320 --> 00:08:09,071 E todo iso sen pensar moito. 114 00:08:10,406 --> 00:08:13,326 Supoño que é unha sorte que Yoko non busque xeitos 115 00:08:13,409 --> 00:08:16,954 de poñer en perigo a todos os que a rodean. 116 00:08:17,038 --> 00:08:21,334 De feito, estamos tan na mesma onda que quere que sexa a súa compañeira. 117 00:08:21,417 --> 00:08:22,418 Para sempre. 118 00:08:24,045 --> 00:08:27,173 - Non serei eu quen cho impida. - Desfruta da soidade. 119 00:08:27,256 --> 00:08:29,550 De soidade ten pouco contigo aquí. 120 00:09:03,042 --> 00:09:03,960 Tío Fétido? 121 00:09:07,338 --> 00:09:08,756 Quen é o tío Fétido? 122 00:09:10,049 --> 00:09:10,967 Que fas aquí? 123 00:09:11,551 --> 00:09:14,387 Son un Beladona, non teño que dar explicacións. 124 00:09:14,470 --> 00:09:17,598 Ti que escusa tes para roldar de madrugada? 125 00:09:17,682 --> 00:09:18,724 Investigación. 126 00:09:19,225 --> 00:09:20,184 Sobre o monstro? 127 00:09:21,352 --> 00:09:22,520 Non te molestes. 128 00:09:23,104 --> 00:09:25,064 Aquí non hai nada sobre el. 129 00:09:26,190 --> 00:09:27,692 Que conveniente. 130 00:09:27,775 --> 00:09:29,235 Sabes que problema tes? 131 00:09:31,028 --> 00:09:33,322 Encantaríame saber que pensas. 132 00:09:36,409 --> 00:09:38,411 Non sabes quen son os teus amigos. 133 00:09:39,370 --> 00:09:41,789 Eu estiven sempre o teu lado. 134 00:09:43,040 --> 00:09:44,417 Salveiche a vida. 135 00:09:44,500 --> 00:09:46,961 Crinte cando ninguén máis o fixo. 136 00:09:47,044 --> 00:09:49,797 E que conseguín? Desconfianza e mentiras. 137 00:09:49,880 --> 00:09:52,341 Vale. Queres sinceridade? Aquí a tes. 138 00:09:52,967 --> 00:09:55,344 Estiveches en cada ataque do monstro. 139 00:09:55,428 --> 00:09:57,680 Primeiro Rowan, na Festa da Colleita. 140 00:10:03,269 --> 00:10:07,315 No Día da Integración chegaches xusto despois de que desaparecera, 141 00:10:07,398 --> 00:10:08,941 pero dis que non o viches. 142 00:10:11,777 --> 00:10:13,613 Agora a proximidade é un crime? 143 00:10:13,696 --> 00:10:15,406 Tamén está a túa obsesión. 144 00:10:16,032 --> 00:10:20,119 Debuxaches o monstro mil veces e, inda así, nunca o viches. 145 00:10:20,202 --> 00:10:22,788 Ou iso dis. Ata debuxaches a súa guarida. 146 00:10:22,872 --> 00:10:24,915 E cando Eugene foi investigar… 147 00:10:25,625 --> 00:10:28,127 tentaches matalo para que non contara nada. 148 00:10:28,794 --> 00:10:30,546 Cres que magoaría a Eugene? 149 00:10:30,630 --> 00:10:32,715 E non esquezamos a túa aparición 150 00:10:32,798 --> 00:10:35,217 cando atacaron a Tyler na mansión Gates. 151 00:10:38,095 --> 00:10:39,513 Se son o monstro, 152 00:10:40,681 --> 00:10:42,183 porque non te matei? 153 00:10:45,936 --> 00:10:49,732 Porque, por algunha razón que non entendo nin consinto, gústoche. 154 00:10:52,234 --> 00:10:53,361 Gustarme o que? 155 00:11:06,540 --> 00:11:07,958 Canto tempo levas aí? 156 00:11:08,042 --> 00:11:11,587 Abondo como para notar a tensión entre os dous. 157 00:11:11,671 --> 00:11:12,880 Mi ma! 158 00:11:12,963 --> 00:11:16,008 En serio, cortábase cun machete de verdugo. 159 00:11:17,635 --> 00:11:21,889 Recoñecería o repique deses dedos en calquera parte. 160 00:11:22,598 --> 00:11:23,432 Ola, Cousa. 161 00:11:25,601 --> 00:11:27,728 Segues enfadado polo de Kalamazoo? 162 00:11:27,812 --> 00:11:28,854 Non tiven a culpa. 163 00:11:29,814 --> 00:11:32,358 Dixeches que abrías a caixa en 30 segundos. 164 00:11:32,441 --> 00:11:34,610 Cinco minutos despois seguiamos alí. 165 00:11:34,694 --> 00:11:35,820 Es un torpe. 166 00:11:35,903 --> 00:11:36,737 Basta. 167 00:11:41,742 --> 00:11:42,576 Déixao. 168 00:11:45,162 --> 00:11:46,539 Ensíname o diario. 169 00:11:53,087 --> 00:11:54,213 Aquí está. 170 00:11:55,297 --> 00:11:58,217 Iggy era a man dereita de Faulkner, 171 00:11:58,300 --> 00:12:00,594 adestrou unha xeración de Beladonas. 172 00:12:00,678 --> 00:12:02,680 E tras Iggy Iso… 173 00:12:06,976 --> 00:12:10,020 Boto unha soneca ou pódela abrir rápido? 174 00:12:30,499 --> 00:12:33,794 Isto xa parece Kalamazoo outra vez. 175 00:12:56,233 --> 00:12:58,152 Que apousentos máis bos. 176 00:12:59,195 --> 00:13:01,572 Como conseguiches un cuarto individual? 177 00:13:01,655 --> 00:13:04,617 A miña compañeira non puido coa miña toxicidade. 178 00:13:07,787 --> 00:13:08,746 Aquí está. 179 00:13:10,748 --> 00:13:15,044 Describe os Hydes como artistas, pero tamén son vingativos e impulsivos. 180 00:13:15,586 --> 00:13:19,256 Son mutantes, permanecen inactivos ata que os libera un trauma, 181 00:13:19,340 --> 00:13:22,259 un estímulo químico ou a hipnose. 182 00:13:22,760 --> 00:13:25,846 Iso provoca que o Hyde cree un lazo co seu liberador, 183 00:13:25,930 --> 00:13:28,098 a quen verá como o seu amo. 184 00:13:29,016 --> 00:13:32,812 Convértese nun instrumento ó servizo do malvado plan do seu amo. 185 00:13:33,813 --> 00:13:37,233 Alguén disposto a liberar a un Hyde está ben mal da cabeza. 186 00:13:38,692 --> 00:13:41,195 Entón non busco a un asasino, senón a dous. 187 00:13:42,404 --> 00:13:44,031 O monstro e o seu amo. 188 00:13:51,622 --> 00:13:53,374 Non quería sobresaltarte. 189 00:13:56,669 --> 00:13:58,128 Traballaba na novela. 190 00:13:59,839 --> 00:14:03,843 Enid pediu compartir cuarto con Yoko para o que queda de curso. 191 00:14:05,511 --> 00:14:06,345 Iso fixo? 192 00:14:06,428 --> 00:14:07,847 Cando hai unha pelexa, 193 00:14:07,930 --> 00:14:11,183 gústame coñecer as dúas versións do ocorrido. 194 00:14:11,809 --> 00:14:13,435 Pareciades carne e unlla. 195 00:14:14,019 --> 00:14:17,648 Non podes fiarte de ninguén. Vino cos meus propios ollos. 196 00:14:18,232 --> 00:14:21,902 Evítao se queres, pero ambas sabemos que te preocupas por Enid. 197 00:14:22,611 --> 00:14:26,240 E has de admitir que acendeu unha faísca de amabilidade en ti. 198 00:14:26,907 --> 00:14:29,076 Tranquila. Unha faísca pequeniña. 199 00:14:29,702 --> 00:14:32,204 Case imperceptible á vista, pero… 200 00:14:32,288 --> 00:14:33,205 Eu deime conta. 201 00:14:35,291 --> 00:14:36,792 Parte desta experiencia 202 00:14:36,876 --> 00:14:40,129 é facerse amiga de persoas coas que non conectarías. 203 00:14:40,629 --> 00:14:44,341 E esas amizades adoitan converterse en vínculos de por vida. 204 00:14:44,425 --> 00:14:45,759 Antes merco unha soga. 205 00:14:46,510 --> 00:14:49,722 Tan difícil che resulta admitir que fixeches unha amiga 206 00:14:49,805 --> 00:14:52,349 e que, agora que non está, bótala de menos? 207 00:14:54,018 --> 00:14:55,144 Sobrevivirei soa. 208 00:14:55,686 --> 00:14:56,604 Coma sempre. 209 00:14:58,772 --> 00:15:02,276 Ben, se iso é o que queres, enviarei a petición a directora. 210 00:15:15,205 --> 00:15:16,373 Tío Fétido? 211 00:15:31,013 --> 00:15:32,181 Tío Fétido? 212 00:15:35,100 --> 00:15:38,228 Oe! Ser un lobo solitario ten as súas vantaxes. 213 00:15:38,312 --> 00:15:41,398 Vives baixo as túas regras, fas o que queres… 214 00:15:41,482 --> 00:15:42,775 Mírame a min. 215 00:15:49,531 --> 00:15:51,992 Ola, teño que falar contigo. 216 00:15:52,868 --> 00:15:54,411 Non, agora mesmo. 217 00:15:55,579 --> 00:15:56,997 Si, sei onde é. 218 00:15:58,207 --> 00:16:00,626 Vale, podo estar alí nuns 20 minutos. 219 00:16:01,293 --> 00:16:02,336 Vale. Adeus. 220 00:16:02,419 --> 00:16:03,504 Con quen falas? 221 00:16:04,713 --> 00:16:07,675 - Non é asunto teu. - Sei o que es, Xavier. 222 00:16:07,758 --> 00:16:09,760 Déixame en paz dunha maldita vez. 223 00:16:21,063 --> 00:16:22,606 Puxécheslle o rastrexador? 224 00:16:24,400 --> 00:16:26,944 Calma. O tío Fétido teno todo controlado. 225 00:16:29,613 --> 00:16:32,366 Veña, en marcha. 226 00:16:32,950 --> 00:16:35,244 A PATRULLA CANINA DE PENNY! 227 00:16:36,578 --> 00:16:37,746 Que? 228 00:16:37,830 --> 00:16:40,082 Collino cando viña de camiño. 229 00:16:40,165 --> 00:16:42,918 Xa me coñeces, gústame ir de incógnito. 230 00:16:51,844 --> 00:16:52,886 Veña, imos! 231 00:17:28,130 --> 00:17:29,548 Ei! Que era tan urxente? 232 00:17:30,507 --> 00:17:31,717 Que pasou? 233 00:17:33,260 --> 00:17:34,845 Soñei que morrías. 234 00:17:35,471 --> 00:17:36,472 Sube ó coche. 235 00:17:49,693 --> 00:17:53,155 Directora Weems, é urxente que falemos da doutora Kinbott. 236 00:17:53,238 --> 00:17:55,699 Mércores. Xusto falabamos de ti. 237 00:17:55,783 --> 00:17:57,326 Falando da raíña de Roma. 238 00:17:58,911 --> 00:18:00,245 Pola porta asoma. 239 00:18:00,329 --> 00:18:02,206 Comentábame a túa valoración. 240 00:18:02,289 --> 00:18:05,250 Teño que firmar antes de enviala ó xulgado. 241 00:18:05,876 --> 00:18:08,420 E cal é o veredicto, doutora? Estou curada? 242 00:18:09,671 --> 00:18:13,175 Alégrame que che faga gracia, porque ó xuíz non lla fará. 243 00:18:13,258 --> 00:18:15,177 Xa lle expliquei a doutora 244 00:18:15,260 --> 00:18:18,180 que ultimamente fixeches pequenos pero importantes 245 00:18:18,263 --> 00:18:20,641 avances para aceptar a túa nova familia. 246 00:18:21,850 --> 00:18:22,684 Si. 247 00:18:23,602 --> 00:18:26,146 Creo que estou na fase de tolerar abrazos. 248 00:18:26,897 --> 00:18:28,857 Estiven lendo sobre a hipnose 249 00:18:28,941 --> 00:18:31,860 e creo que sería unha boa técnica para liberarme. 250 00:18:32,361 --> 00:18:33,403 É afeccionada? 251 00:18:34,363 --> 00:18:35,823 Si, moito. 252 00:18:36,615 --> 00:18:39,576 Aplaudo esa nova disposición para profundar en ti. 253 00:18:39,660 --> 00:18:41,120 Vémonos o luns. 254 00:18:41,203 --> 00:18:42,287 Comezaremos entón. 255 00:18:43,372 --> 00:18:45,874 De que tiñas que falar con tanta urxencia? 256 00:18:47,876 --> 00:18:48,710 Pode esperar. 257 00:18:49,545 --> 00:18:50,796 Se me desculpan, 258 00:18:51,380 --> 00:18:53,215 teño deberes que rematar. 259 00:18:58,512 --> 00:19:00,806 CAFÉ E PASTELARÍA VIRAVENTO 260 00:19:02,724 --> 00:19:04,726 A ama de Xavier ha de ser Kinbott. 261 00:19:05,561 --> 00:19:08,063 O Hyde permanece inactivo ata que o libera 262 00:19:08,147 --> 00:19:10,774 un trauma, un estímulo químico ou a hipnose. 263 00:19:15,946 --> 00:19:17,156 Escóitasme? 264 00:19:18,073 --> 00:19:21,201 Descubriría o que era e hipnotizouno para liberalo. 265 00:19:21,285 --> 00:19:23,328 Iso explica as sesións secretas. 266 00:19:23,829 --> 00:19:26,707 Creo que ese rapaz de aí sabe quen son. 267 00:19:28,458 --> 00:19:30,127 Si. Vén cara aquí. 268 00:19:30,210 --> 00:19:32,212 Fareille unha chave para durmilo. 269 00:19:32,296 --> 00:19:33,338 - Cúbreme. - Para. 270 00:19:33,422 --> 00:19:34,882 Non lle interesas ti. 271 00:19:36,300 --> 00:19:38,719 Fíxenche un café. Invita a casa. 272 00:19:39,219 --> 00:19:41,263 Grazas, rapaz. 273 00:19:42,181 --> 00:19:44,057 Tamén preciso que enchas isto. 274 00:19:45,642 --> 00:19:47,936 Tyler. Este é o meu tío Fétido. 275 00:19:50,272 --> 00:19:51,815 Ola, encantado de… 276 00:19:59,489 --> 00:20:00,324 Ese é? 277 00:20:04,328 --> 00:20:05,579 É un Hyde. 278 00:20:08,123 --> 00:20:10,417 Vaia, é o da outra noite. 279 00:20:12,586 --> 00:20:15,380 Teu pai dixo claramente que te afastaras de min. 280 00:20:16,381 --> 00:20:18,467 Non está e este é o meu descanso. 281 00:20:20,177 --> 00:20:23,472 Segundo parece, alguén ten que liberar o Hyde. O seu amo. 282 00:20:23,555 --> 00:20:24,765 Mi madriña. 283 00:20:26,642 --> 00:20:27,476 Tyler. 284 00:20:28,769 --> 00:20:30,020 Que che dixen? 285 00:20:35,901 --> 00:20:38,028 Mércores tentou manter a distancia. 286 00:20:38,111 --> 00:20:40,072 Fun eu quen sentou con ela. 287 00:20:43,200 --> 00:20:44,034 Vale. 288 00:20:44,826 --> 00:20:46,161 Estou colgando isto. 289 00:20:46,245 --> 00:20:49,122 É o sospeitoso dun atraco e é un fulano moi raro. 290 00:20:49,206 --> 00:20:51,124 - Vístelo por casualidade? - Non. 291 00:20:51,959 --> 00:20:53,877 Sería difícil pasalo por alto. 292 00:20:54,461 --> 00:20:56,463 Vouno pór no taboleiro. 293 00:21:02,844 --> 00:21:04,388 Para que gasto saliva. 294 00:21:08,809 --> 00:21:10,936 Grazas, pero non facía falla. 295 00:21:11,019 --> 00:21:14,398 Xa, a túa familia é moi… estrafalaria. 296 00:21:14,982 --> 00:21:17,025 Pois Fétido é a ovella negra. 297 00:21:17,609 --> 00:21:18,735 É inofensivo. 298 00:21:19,361 --> 00:21:21,822 Entón, o de cambiar a nosa cita… 299 00:21:23,949 --> 00:21:25,492 Entre o monstro e meu tío… 300 00:21:25,575 --> 00:21:26,535 Nada de escusas. 301 00:21:26,618 --> 00:21:29,079 Despois do da última vez, débesmo. 302 00:21:30,831 --> 00:21:33,208 No podo saír da escola. Todos me vixían. 303 00:21:34,001 --> 00:21:35,377 Non importa. 304 00:21:35,460 --> 00:21:36,962 Irei eu. 305 00:21:37,045 --> 00:21:38,964 As nove na cripta de Crackstone. 306 00:22:05,324 --> 00:22:06,366 Non a estraño. 307 00:22:06,950 --> 00:22:09,578 Os amigos son unha carga da que aproveitarse. 308 00:22:09,661 --> 00:22:11,204 Son debilidades. 309 00:22:11,288 --> 00:22:13,415 O teu traballo é protexer o diario. 310 00:22:14,499 --> 00:22:16,168 Volverei en canto poida. 311 00:22:18,378 --> 00:22:19,338 Non é unha cita. 312 00:22:20,630 --> 00:22:23,467 É un quid pro quo por facer que case o destripen. 313 00:22:23,967 --> 00:22:25,218 Vixía o diario! 314 00:22:34,144 --> 00:22:37,856 A última vez que me prepararon unha sorpresa aquí non foi ben. 315 00:22:38,357 --> 00:22:40,984 Esta vez non te desmaiarás. 316 00:22:41,943 --> 00:22:44,071 Pero tes que pechar os ollos. 317 00:22:45,030 --> 00:22:46,073 En serio? 318 00:22:46,740 --> 00:22:47,657 Por desgraza. 319 00:22:51,036 --> 00:22:52,996 Só o fago porque estou en débeda. 320 00:22:53,497 --> 00:22:55,040 Vale. Amodo. 321 00:22:56,583 --> 00:22:58,251 Agarda aquí. Pecha os ollos. 322 00:23:01,380 --> 00:23:02,255 Vale. 323 00:23:05,675 --> 00:23:07,469 Tranquila. Por aquí. 324 00:23:08,512 --> 00:23:09,638 Un segundo. 325 00:23:15,936 --> 00:23:18,188 Vale, xa os podes abrir. 326 00:23:38,125 --> 00:23:41,920 Que? Nunca te levaron de pícnic nunha cripta? 327 00:23:50,929 --> 00:23:52,556 Gústanche as pelis de medo? 328 00:23:57,018 --> 00:23:58,687 Prepárate para o horror. 329 00:24:12,868 --> 00:24:14,870 UNHA LOURA MOI LEGAL 330 00:24:19,458 --> 00:24:20,417 RAÍÑA DO BAILE 331 00:24:28,925 --> 00:24:31,303 É a moto do sospeitoso, sen dúbida. 332 00:24:31,386 --> 00:24:33,138 Tan rara coma el. 333 00:24:34,514 --> 00:24:38,226 Ben, se vai a pé non puido ir moi lonxe. Separádevos. 334 00:24:38,727 --> 00:24:40,479 Eu mirarei na zona do lago. 335 00:24:48,278 --> 00:24:49,488 Vaia tortura. 336 00:24:51,031 --> 00:24:51,865 Grazas. 337 00:24:55,785 --> 00:24:57,579 Vale, non me odies. 338 00:24:57,662 --> 00:24:59,664 Non me vou andar con voltas… 339 00:25:01,833 --> 00:25:03,835 Quero que sexamos máis que amigos. 340 00:25:06,171 --> 00:25:07,297 Xa se che pasará. 341 00:25:07,964 --> 00:25:08,882 Non fagas iso. 342 00:25:08,965 --> 00:25:10,383 Subestimar o que sinto. 343 00:25:11,092 --> 00:25:14,221 Non estou feita para ser amiga, moito menos algo máis. 344 00:25:15,639 --> 00:25:17,641 Ignorareite, chafareiche o corazón 345 00:25:17,724 --> 00:25:20,352 e anteporei as miñas necesidades e intereses. 346 00:25:22,354 --> 00:25:25,774 Xa, ti tenta apartarme. Non vai funcionar. 347 00:25:25,857 --> 00:25:27,234 Case te mato. 348 00:25:27,317 --> 00:25:28,360 Sobrevivín. 349 00:25:28,443 --> 00:25:30,570 - Potra. - Son máis duro do que cres. 350 00:25:36,409 --> 00:25:37,953 Cometes un erro. 351 00:25:39,287 --> 00:25:40,121 Pode ser. 352 00:25:41,623 --> 00:25:42,457 Seguro. 353 00:25:52,217 --> 00:25:53,301 Que demos? 354 00:25:53,885 --> 00:25:55,011 Tyler. 355 00:25:55,095 --> 00:25:57,305 Papá? Que fas aquí? 356 00:25:58,890 --> 00:26:01,184 O xardineiro atopou unha moto no lago. 357 00:26:01,268 --> 00:26:04,062 Coincide coa que roubou ó atracador. 358 00:26:04,145 --> 00:26:07,524 E como falta unha canoa, crin que estaría na Illa do Corvo. 359 00:26:08,858 --> 00:26:12,654 Non vou nin preguntar que é isto. Vou facer coma que non vos vin. 360 00:26:12,737 --> 00:26:13,822 Entendido? 361 00:26:15,407 --> 00:26:17,450 Incrible. Veña. 362 00:26:29,754 --> 00:26:30,755 O diario… 363 00:26:34,009 --> 00:26:34,843 Cousa? 364 00:26:44,769 --> 00:26:45,687 Cousa… 365 00:26:57,991 --> 00:26:59,826 Fétido? Fétido, axuda! 366 00:26:59,909 --> 00:27:01,745 Axuda! Cousa non se move. 367 00:27:01,828 --> 00:27:04,122 - Apuñalárono! - Pono na mesa! 368 00:27:24,643 --> 00:27:25,602 Veña, Cousa. 369 00:27:48,291 --> 00:27:49,834 Foise, Mércores. 370 00:27:50,585 --> 00:27:51,920 Non. Cousa. 371 00:27:52,921 --> 00:27:54,172 Se me oes… 372 00:27:56,341 --> 00:27:58,593 como morras, mátote. 373 00:28:00,428 --> 00:28:01,554 Outra vez. 374 00:28:02,055 --> 00:28:03,556 Xa! Outra vez, por favor! 375 00:28:27,872 --> 00:28:30,792 Xa pensabamos que non ías forzar máis pechaduras. 376 00:28:32,919 --> 00:28:34,421 Quen che fixo isto? 377 00:28:37,549 --> 00:28:39,926 Apuñaláronte polas costas. Covardes. 378 00:28:40,844 --> 00:28:43,138 Prométoche que o responsable sufrirá. 379 00:28:43,847 --> 00:28:45,140 E será lento, 380 00:28:45,974 --> 00:28:46,850 largo 381 00:28:47,892 --> 00:28:49,769 e extremadamente doloroso. 382 00:29:06,244 --> 00:29:07,746 Vouno coser. 383 00:29:09,831 --> 00:29:14,085 Atoparon a moto, así que o shériff non andará lonxe. Tes que marchar. 384 00:29:15,003 --> 00:29:18,006 A próxima vez rouba algo menos interesante. 385 00:29:18,089 --> 00:29:19,340 E iso que gracia ten? 386 00:29:21,551 --> 00:29:24,220 Vale. Hoxe quedarei aquí 387 00:29:24,304 --> 00:29:27,682 cuidando do paciente e mañá sairei a fume de carozo. 388 00:29:29,934 --> 00:29:33,062 Verémonos na túa vista ou na próxima reunión familiar. 389 00:29:33,646 --> 00:29:35,482 Sempre serás a miña favorita. 390 00:29:36,608 --> 00:29:38,193 Lembra dicirllo a Pugsley. 391 00:29:39,027 --> 00:29:40,403 Seguro que o acomplexa. 392 00:29:47,452 --> 00:29:50,288 Supoño que non foi unha broma casual. 393 00:29:50,371 --> 00:29:53,958 Quen rexistrase o meu cuarto roubou o diario de Faulkner. 394 00:29:54,042 --> 00:29:57,170 Debería estar ben gardado na biblioteca dos Beladona. 395 00:29:57,253 --> 00:29:58,755 Coñece o diario, 396 00:29:58,838 --> 00:30:01,966 o que significa que sabe que o monstro é un Hyde. 397 00:30:06,471 --> 00:30:09,307 Grazas, Srta. Thornhill. Xa me encargo eu. 398 00:30:09,891 --> 00:30:13,228 Por suposto. Se precisa algo estarei no corredor. 399 00:30:33,164 --> 00:30:36,042 Faulkner pasou anos estudando os Hydes. 400 00:30:37,627 --> 00:30:40,296 Quería determinar se eran asasinos instintivos 401 00:30:40,380 --> 00:30:42,465 ou eran conscientes dos seus actos. 402 00:30:42,549 --> 00:30:44,175 A que conclusión chegou? 403 00:30:44,926 --> 00:30:47,637 Matouno un deles antes de acadar ningunha. 404 00:30:48,429 --> 00:30:50,265 Houbo quen seguiu investigando, 405 00:30:50,348 --> 00:30:53,059 pero son demasiado impredicibles e violentos. 406 00:30:54,185 --> 00:30:57,146 Prohibíronlle a entrada en Nunca Máis hai 30 anos. 407 00:30:59,566 --> 00:31:02,026 Sempre soubo que o monstro era un Hyde. 408 00:31:03,236 --> 00:31:04,737 Por que non o dixo? 409 00:31:05,780 --> 00:31:08,700 Porque sería a fin de Nunca Máis. A fin. 410 00:31:08,783 --> 00:31:11,744 Clausuraríana. E iso non pasará comigo aquí. 411 00:31:12,412 --> 00:31:14,414 Mais eu non son a única que cala. 412 00:31:15,123 --> 00:31:17,250 Se sospeitas de alguén, dimo. 413 00:31:17,333 --> 00:31:18,209 Por que? 414 00:31:19,335 --> 00:31:21,796 O único que fai é manipular e obstruírme. 415 00:31:21,880 --> 00:31:25,466 Dálle igual cantos morran mentres manteña a súa reputación. 416 00:31:27,802 --> 00:31:33,850 Eu protexo a familia de Nunca Máis, e iso tamén a inclúe, Srta. Addams. 417 00:31:53,119 --> 00:31:54,078 Ven comigo. 418 00:31:54,162 --> 00:31:57,290 Teño información sobre o asasinato do alcalde. 419 00:32:06,799 --> 00:32:08,760 Saqueino do ordenador de meu pai. 420 00:32:08,843 --> 00:32:11,137 Parece que estaba buscando a alguén. 421 00:32:11,220 --> 00:32:14,432 Laurel Gates? Comezou despois do Día da Integración. 422 00:32:14,515 --> 00:32:16,017 Debeu de vela alí. 423 00:32:16,100 --> 00:32:18,686 A policía británica deuna por morta, afogada, 424 00:32:18,770 --> 00:32:20,521 pero nunca atoparon o corpo. 425 00:32:21,522 --> 00:32:24,943 Hai un ano unha rica herdeira mercou a mansión Gates. 426 00:32:25,026 --> 00:32:28,738 Despois morreu misteriosamente e deixoulle todo a súa coidadora, 427 00:32:29,405 --> 00:32:30,740 Teresa L. Glau. 428 00:32:32,992 --> 00:32:34,869 É un anagrama de Laurel Gates. 429 00:32:35,370 --> 00:32:37,330 Laurel merca a mansión en secreto 430 00:32:37,413 --> 00:32:39,791 e volve a Jericó como outra persoa… 431 00:32:40,583 --> 00:32:41,417 Para que? 432 00:32:43,670 --> 00:32:46,631 Vingarse dos que culpa da desgraza da súa familia. 433 00:32:46,714 --> 00:32:48,007 Teu pai, 434 00:32:48,091 --> 00:32:48,925 o forense, 435 00:32:49,008 --> 00:32:50,009 meus pais 436 00:32:50,510 --> 00:32:52,053 e, sobre todo, Nunca Máis. 437 00:32:52,637 --> 00:32:54,555 E que ten que ver o monstro? 438 00:32:55,139 --> 00:32:57,850 O monstro é un Hyde. Está as ordes de Laurel. 439 00:32:57,934 --> 00:32:59,060 Contrólao. 440 00:32:59,686 --> 00:33:02,438 Ti sabes quen é Laurel, non si? 441 00:33:07,860 --> 00:33:10,655 Mércores, hoxe non tiñamos cita. 442 00:33:11,364 --> 00:33:12,824 Quería devolverche algo. 443 00:33:15,243 --> 00:33:17,328 Atopeino no cuarto da túa infancia. 444 00:33:23,960 --> 00:33:27,880 Sei que es Laurel Gates e que volviches a Jericó para vingarte. 445 00:33:29,507 --> 00:33:31,884 E o alcalde tamén, por iso o mataches. 446 00:33:32,385 --> 00:33:34,887 Quen mellor para entrar e saír do hospital 447 00:33:34,971 --> 00:33:38,016 que unha psiquiatra so pretexto de visita médica. 448 00:33:39,767 --> 00:33:42,562 Non me estarás acusando de matar o alcalde, non? 449 00:33:42,645 --> 00:33:45,356 Equivocácheste ó deixarlle rosas a Eugene. 450 00:33:45,440 --> 00:33:48,526 Eran da mesma variedade que atopei xunto a túa cama. 451 00:33:48,609 --> 00:33:51,029 Non teño nin idea do que falas. 452 00:33:51,112 --> 00:33:54,115 Por que senón unha psiquiatra sobrecapacitada 453 00:33:54,198 --> 00:33:57,326 ía instalarse no remanso intranscendente que é Jericó? 454 00:33:57,410 --> 00:34:00,538 Porque así podía penetrar nas mentes dos marxinados 455 00:34:00,621 --> 00:34:03,916 ata atopar a un que puidera manipular para vingarse. 456 00:34:06,294 --> 00:34:07,295 Sabes que? 457 00:34:07,378 --> 00:34:10,339 Non teño tempo de ocuparme dos teus delirios. 458 00:34:10,423 --> 00:34:11,799 Teño unha emerxencia. 459 00:34:11,883 --> 00:34:13,593 Con Xavier? 460 00:34:14,177 --> 00:34:17,388 Sei o das sesións secretas no coche. 461 00:34:17,472 --> 00:34:21,100 Tamén atopei a cova onde facía sesións para liberar o Hyde. 462 00:34:21,976 --> 00:34:23,853 Xa fuches lonxe de máis. 463 00:34:23,936 --> 00:34:26,481 Sabe o impredicibles que poden ser? 464 00:34:26,564 --> 00:34:29,275 Ou pretende internalo antes de que a traizoe? 465 00:34:29,358 --> 00:34:32,153 Mércores, precisas axuda. 466 00:34:32,236 --> 00:34:33,863 Máis da que eu podo darche. 467 00:34:33,946 --> 00:34:35,323 A quen chama? A Xavier? 468 00:34:36,115 --> 00:34:37,158 O xuíz Reynolds. 469 00:34:37,241 --> 00:34:41,037 Vou recomendar que te internen nun psiquiátrico para observación. 470 00:34:41,120 --> 00:34:44,540 Por favor. Ambas sabemos que o controlaría nunha semana. 471 00:34:48,336 --> 00:34:49,462 Acabouse o tempo. 472 00:35:01,432 --> 00:35:03,476 Directora Weems, Valerie Kinbott. 473 00:35:03,559 --> 00:35:05,561 Mércores irrompeu no meu despacho. 474 00:35:06,354 --> 00:35:08,356 Non sabía que hoxe tiñades sesión. 475 00:35:08,439 --> 00:35:11,734 Non a tiña. Comportábase de xeito totalmente irracional. 476 00:35:14,654 --> 00:35:15,738 Doutora Kinbott? 477 00:35:19,575 --> 00:35:20,618 Doutora Kinbott? 478 00:35:31,879 --> 00:35:37,051 HOSPITAL DE JERICÓ - URXENCIAS 479 00:35:55,361 --> 00:35:56,237 Foise. 480 00:35:56,821 --> 00:35:58,364 A doutora Kinbott morreu. 481 00:36:01,325 --> 00:36:02,535 Acabouse. 482 00:36:23,598 --> 00:36:26,100 Tes que deixar de invadir o meu espazo. 483 00:36:26,184 --> 00:36:28,019 Deberías seguir o teu consello. 484 00:36:30,229 --> 00:36:31,480 Esquecíchelo. 485 00:36:32,315 --> 00:36:34,150 Cravado en Cousa. 486 00:36:34,984 --> 00:36:36,986 Dende cando vas ver a Kinbott? 487 00:36:37,486 --> 00:36:38,321 Estiveches…? 488 00:36:40,948 --> 00:36:44,911 Pero que digo? Claro que si. Estiveches espiándome, non si? 489 00:36:49,207 --> 00:36:52,084 Porque son o malo da túa fantasía. 490 00:36:54,170 --> 00:36:59,217 Meu pai cre que a miña saúde mental é un asunto de relacións públicas. 491 00:37:00,468 --> 00:37:03,846 Quere manter o problemático do seu fillo fóra da prensa. 492 00:37:05,973 --> 00:37:07,225 Non fun ó teu cuarto. 493 00:37:08,643 --> 00:37:10,686 Creme ou non, 494 00:37:10,770 --> 00:37:11,979 dáme igual. 495 00:37:20,321 --> 00:37:22,448 Os teus debuxos melloraron. 496 00:37:22,531 --> 00:37:24,450 Este en concreto gústame moito. 497 00:37:28,537 --> 00:37:30,206 Parece coma se o vivises. 498 00:37:32,708 --> 00:37:35,211 - Que queres? - As preguntas fágoas eu. 499 00:37:40,549 --> 00:37:42,969 Que fai o inhalador de Rowan aquí? 500 00:37:47,265 --> 00:37:48,599 Ou as gafas de Eugene? 501 00:37:51,519 --> 00:37:53,896 Ou as fotos de acosador que me tomaches? 502 00:37:53,980 --> 00:37:56,232 - Non, eu… - E a última incorporación. 503 00:37:59,402 --> 00:38:00,778 O colar de Kinbott. 504 00:38:01,279 --> 00:38:03,239 - Alguén o puxo aí! - Quieto! 505 00:38:03,823 --> 00:38:06,367 Solta o coitelo. De xeonllos. 506 00:38:07,159 --> 00:38:08,452 Esposádeo. 507 00:38:08,536 --> 00:38:10,454 - Ten dereito a non falar. - Que? 508 00:38:10,538 --> 00:38:13,040 O que diga usarase na súa contra no tribunal. 509 00:38:13,124 --> 00:38:14,875 Ten dereito a un avogado. 510 00:38:14,959 --> 00:38:17,503 Se non pode custealo asignaráselle un. 511 00:38:17,586 --> 00:38:19,088 Grazas pola axuda. 512 00:38:19,797 --> 00:38:21,716 Ti! Tendíchesme unha trampa! 513 00:38:22,508 --> 00:38:23,676 Están a inculparme! 514 00:38:24,593 --> 00:38:26,429 Non debín salvarte de Rowan. 515 00:38:42,528 --> 00:38:43,404 Ola. 516 00:38:45,323 --> 00:38:46,157 Volviches. 517 00:38:46,907 --> 00:38:49,452 Marcho dous días e desbaratan o cuarto, 518 00:38:49,535 --> 00:38:52,872 Cousa case morre… Alguén terá que coidarvos. 519 00:38:53,664 --> 00:38:56,375 - E o de compartir cuarto con Yoko? - É xenial, 520 00:38:56,917 --> 00:38:59,587 pero decidín que preciso límites. 521 00:39:00,588 --> 00:39:01,881 Deixa a fita. 522 00:39:02,548 --> 00:39:04,759 Non me digas que te estás abrandando. 523 00:39:04,842 --> 00:39:05,718 Nunca. 524 00:39:07,845 --> 00:39:09,347 Estou evolucionando. 525 00:39:09,930 --> 00:39:12,266 Ben, paso a paso. 526 00:39:13,684 --> 00:39:15,144 A que se debe o cambio? 527 00:39:16,270 --> 00:39:17,271 Funcionamos. 528 00:39:17,980 --> 00:39:19,982 Non deberiamos, pero é así. 529 00:39:20,066 --> 00:39:22,443 É como unha rara anomalía da amizade. 530 00:39:22,526 --> 00:39:24,820 Todo o que dixeches de min é certo. 531 00:39:25,946 --> 00:39:27,656 Pero non pido perdón. 532 00:39:28,324 --> 00:39:29,283 Xa non. 533 00:39:31,118 --> 00:39:32,203 Son quen son. 534 00:39:37,583 --> 00:39:38,751 Cousa estrañábate. 535 00:39:40,836 --> 00:39:42,129 Eu tamén. 536 00:39:45,841 --> 00:39:47,468 Sinto o de Xavier. 537 00:39:48,135 --> 00:39:50,805 Eu non. É un mentirán e un asasino. 538 00:39:51,514 --> 00:39:55,559 Ademais… Non hai nada mellor que saber que levabas razón. 539 00:39:56,143 --> 00:39:58,187 Excepto compartilo con alguén. 540 00:39:59,021 --> 00:40:01,440 A Cousa escapóuselle o da cita con Tyler. 541 00:40:01,524 --> 00:40:02,691 Entón como foi? 542 00:40:03,484 --> 00:40:04,860 Interrompéronnos. 543 00:40:08,072 --> 00:40:11,283 Pois oín que hoxe traballa ata tarde. 544 00:40:21,460 --> 00:40:22,461 Está pechado. 545 00:40:23,087 --> 00:40:25,005 Pois deberías trancar a porta. 546 00:40:27,133 --> 00:40:29,385 Anda xente moi mala por aí. 547 00:40:32,388 --> 00:40:35,433 Xa, meu pai contoume o de Xavier. 548 00:40:37,643 --> 00:40:39,019 Que tolemia. 549 00:40:39,103 --> 00:40:41,063 Co normal que parecía. 550 00:40:42,189 --> 00:40:44,400 Para un marxinado, vaia. 551 00:40:45,192 --> 00:40:46,193 O certo… 552 00:40:47,736 --> 00:40:49,780 é que me fixo pensar. 553 00:40:52,658 --> 00:40:53,534 En que? 554 00:40:55,494 --> 00:40:56,745 En quen podo confiar. 555 00:41:00,166 --> 00:41:02,668 Entón estás lista para ser máis que amigos? 556 00:41:45,211 --> 00:41:46,045 Eh! 557 00:42:02,978 --> 00:42:03,854 Estás ben? 558 00:42:04,980 --> 00:42:05,981 Teño que marchar. 559 00:42:07,274 --> 00:42:08,108 Que? 560 00:42:09,652 --> 00:42:10,819 Que pasa? 561 00:42:12,154 --> 00:42:13,072 Mércores! 562 00:42:18,536 --> 00:42:20,538 Claro que o primeiro mozo que bico 563 00:42:20,621 --> 00:42:23,499 resulta ser un monstro psicótico e asasino. 564 00:42:25,000 --> 00:42:26,418 Supoño que teño un tipo. 565 00:45:24,054 --> 00:45:26,932 Subtítulos: Laura Feijóo Sánchez