1 00:00:06,006 --> 00:00:08,382 Estudaches moito, cando sabes os resultados? 2 00:00:08,383 --> 00:00:09,550 En tres meses. 3 00:00:09,551 --> 00:00:10,676 Estás neste caso? 4 00:00:10,677 --> 00:00:13,512 Ímonos ver moi a miúdo, coma nos vellos tempos. 5 00:00:13,513 --> 00:00:15,848 Quince mil? De que é isto? 6 00:00:15,849 --> 00:00:17,808 Subarrendei o estudio. 7 00:00:17,809 --> 00:00:19,059 Chamo a Deborah Glass. 8 00:00:19,060 --> 00:00:21,729 Debe saber que o seu ex estará libre, 9 00:00:21,730 --> 00:00:23,147 aínda que sexa un día. 10 00:00:23,148 --> 00:00:26,108 A vítima estaba paseando o can polo parque. 11 00:00:26,109 --> 00:00:28,694 Un home estábaa esperando. É o exmarido. 12 00:00:28,695 --> 00:00:31,989 Se a avisase, tería tomado precaucións. 13 00:00:31,990 --> 00:00:34,283 Somos avogados, non superheroes. 14 00:00:34,284 --> 00:00:35,576 Chamaches a Mickey. 15 00:00:35,577 --> 00:00:39,872 Hoxe non podo ir. Xa cho explicarei cando te vexa. 16 00:00:39,873 --> 00:00:43,083 Estivemos buscando unha conexión entre Bishop e Moya. 17 00:00:43,084 --> 00:00:46,253 Se cadra hai que buscala entre Bishop e De Marco. 18 00:00:46,254 --> 00:00:50,258 Pode ser este. Dous presuntos narcos que alugaban unha casa. 19 00:00:50,759 --> 00:00:53,594 - E mira o inspector. - Ola, señor Bishop. 20 00:00:53,595 --> 00:00:54,928 Que queres, De Marco? 21 00:00:54,929 --> 00:00:55,929 Axudarche. 22 00:00:55,930 --> 00:00:58,766 É unha guerra, e tes que escoller un bando. 23 00:00:58,767 --> 00:01:01,477 Imos ter un novo cliente, Hector Moya. 24 00:01:01,478 --> 00:01:03,228 Vas xunta o xefe dun cártel... 25 00:01:03,229 --> 00:01:05,355 Eddie, non fagas plans. Imos a Victorville. 26 00:01:05,356 --> 00:01:07,232 Sabes que hai riscos? 27 00:01:07,233 --> 00:01:09,151 Sei que quen che fixo isto 28 00:01:09,152 --> 00:01:11,779 fará o que sexa para ocultar a verdade. 29 00:01:11,780 --> 00:01:13,363 Temos un trato? 30 00:01:13,364 --> 00:01:15,532 Conseguino, Hector Moya aceptou. 31 00:01:15,533 --> 00:01:16,826 - Sr. Haller! - Que? 32 00:01:20,747 --> 00:01:21,623 Eddie! 33 00:01:32,967 --> 00:01:34,469 É todo culpa túa! 34 00:01:34,969 --> 00:01:37,721 O de defender os indefensos é unha trola! 35 00:01:37,722 --> 00:01:39,723 - Preocúpaste por ti! - Hayley. 36 00:01:39,724 --> 00:01:41,809 - Todos morren. - Rula. 37 00:01:41,810 --> 00:01:45,313 Ódiote, non quero falar contigo nunca máis! 38 00:01:49,275 --> 00:01:50,777 Non o di en serio. 39 00:01:51,945 --> 00:01:53,404 Está doída. 40 00:01:54,364 --> 00:01:55,365 Dálle tempo. 41 00:01:56,407 --> 00:01:57,283 Mickey. 42 00:01:59,410 --> 00:02:02,205 Protéxete de quen fixo isto. 43 00:02:03,248 --> 00:02:05,290 - En serio. - Xa. 44 00:02:05,291 --> 00:02:08,419 Cre que tamén te vai perder, que non teña razón. 45 00:02:26,229 --> 00:02:27,647 Non é culpa túa, Mickey. 46 00:02:29,190 --> 00:02:30,900 É culpa miña, Lorna. 47 00:02:32,569 --> 00:02:34,988 Todo. E vouno arranxar. 48 00:02:35,613 --> 00:02:37,489 Atoparei ese fillo de puta. 49 00:02:37,490 --> 00:02:39,576 Vouno atopar e vouno enterrar. 50 00:03:01,472 --> 00:03:03,683 PODEMOS QUEDAR? 51 00:03:48,811 --> 00:03:49,646 Ola. 52 00:03:50,647 --> 00:03:51,481 Ola. 53 00:03:53,441 --> 00:03:55,860 Xa sei que pasou, Mickey. 54 00:03:56,361 --> 00:03:57,570 Síntoo moito. 55 00:04:13,044 --> 00:04:14,212 Mira, Andy... 56 00:04:15,296 --> 00:04:16,839 Xa sei que vas dicir. 57 00:04:18,758 --> 00:04:21,678 Viñan por min, pero pagouno Eddie. 58 00:04:22,929 --> 00:04:25,681 Non é a primeira vez que alguén acaba mal 59 00:04:25,682 --> 00:04:26,975 pola miña culpa. 60 00:04:28,851 --> 00:04:32,772 - De que falas? - Digo que o entendo, vale? 61 00:04:33,773 --> 00:04:35,858 Tes que facer o que debes. 62 00:04:37,360 --> 00:04:39,319 Se cadra... non sei. 63 00:04:39,320 --> 00:04:42,572 Se cadra agora o mellor é distanciarse. 64 00:04:42,573 --> 00:04:45,285 Isto é un luxo que non podemos permitir. 65 00:04:46,160 --> 00:04:47,954 Cres que vou romper contigo? 66 00:04:49,580 --> 00:04:50,539 Si. 67 00:04:50,540 --> 00:04:51,874 Non. 68 00:04:52,625 --> 00:04:56,170 Non ía dicir iso. Nada parecido. 69 00:04:59,090 --> 00:05:01,342 Xa che dixen que non son Maggie. 70 00:05:02,510 --> 00:05:05,930 Non te vou apartar cando as cousas se complican. 71 00:05:09,100 --> 00:05:11,686 Créalo ou non, enténdoo. 72 00:05:13,146 --> 00:05:18,443 En parte facemos o que facemos porque loitamos polo mesmo. 73 00:05:21,404 --> 00:05:26,326 E serei a primeira en dicirche que ás veces o sistema cágaa. 74 00:05:27,243 --> 00:05:28,119 Moito. 75 00:05:30,747 --> 00:05:31,622 E... 76 00:05:33,791 --> 00:05:35,709 tiñas razón, 77 00:05:35,710 --> 00:05:37,837 por moito que me custe admitilo. 78 00:05:39,047 --> 00:05:40,547 O caso Glass? 79 00:05:40,548 --> 00:05:42,090 Desfíxome. 80 00:05:42,091 --> 00:05:44,177 Quedei paralizada no xuízo. 81 00:05:47,597 --> 00:05:50,224 Debín coller uns días, como dixeches ti. 82 00:05:51,642 --> 00:05:52,852 E collinos. 83 00:05:53,478 --> 00:05:57,231 Marchei da cidade, aclarei as ideas 84 00:05:58,107 --> 00:06:00,360 e pensei en que ía facer. 85 00:06:02,362 --> 00:06:03,529 E volvín. 86 00:06:06,741 --> 00:06:08,201 E quería verte. 87 00:06:10,870 --> 00:06:11,704 Nada máis. 88 00:06:15,958 --> 00:06:18,628 Así que... non me apartes. 89 00:06:19,670 --> 00:06:20,755 Vale? 90 00:06:53,287 --> 00:06:55,455 Envieiche a apelación de Schaffer. 91 00:06:55,456 --> 00:06:57,958 A conferencia en Pinkerton é o venres. 92 00:06:57,959 --> 00:07:00,669 Temos a mañá para centrarnos en La Cosse. 93 00:07:00,670 --> 00:07:01,628 Excelente. 94 00:07:01,629 --> 00:07:03,922 Viches a Andrea onte? 95 00:07:03,923 --> 00:07:06,049 Iso é relevante para o horario? 96 00:07:06,050 --> 00:07:09,136 Para min é relevante quen está na túa vida. 97 00:07:09,137 --> 00:07:10,220 - Lorna... - Que? 98 00:07:10,221 --> 00:07:13,014 Quero asegurarme que desta vez non a cagas. 99 00:07:13,015 --> 00:07:15,308 Aínda que non o creas, cáeme ben. 100 00:07:15,309 --> 00:07:17,352 Vaia, non che cae ben ninguén. 101 00:07:17,353 --> 00:07:18,520 Xa. 102 00:07:18,521 --> 00:07:20,772 Creo que é boa para ti. 103 00:07:20,773 --> 00:07:24,609 Mantenche á raia. Alguén ten que facelo. 104 00:07:24,610 --> 00:07:27,362 Creo que iso xa o fas ti ben, Lorna. 105 00:07:27,363 --> 00:07:30,782 Teño que saber algo máis antes de ir á oficina? 106 00:07:30,783 --> 00:07:32,451 Eu necesito saber algo. 107 00:07:32,452 --> 00:07:33,994 Gústache o regalo? 108 00:07:33,995 --> 00:07:35,079 Que regalo? 109 00:07:37,039 --> 00:07:38,248 Que hostia é isto? 110 00:07:38,249 --> 00:07:41,418 Cortesía de Hector Moya. Cisco comprobou que é antibalas. 111 00:07:41,419 --> 00:07:42,586 Éo? 112 00:07:42,587 --> 00:07:43,503 E blindado. 113 00:07:43,504 --> 00:07:46,173 É coma o coche do presidente, a Besta. 114 00:07:46,174 --> 00:07:49,259 Pero sen gas lacrimóxeno nin unha neveira con sangue. 115 00:07:49,260 --> 00:07:51,471 Querías unha neveira con sangue? 116 00:07:52,305 --> 00:07:53,722 Hai alguén. 117 00:07:53,723 --> 00:07:56,976 Si, vén co coche. Moya quere que esteas protexido. 118 00:07:57,560 --> 00:07:58,894 Pensándoo ben, 119 00:07:58,895 --> 00:08:00,896 e non podo crer que o diga, 120 00:08:00,897 --> 00:08:03,231 estou de acordo co cártel. 121 00:08:03,232 --> 00:08:05,192 - Déixote, Lorna. - Ata logo. 122 00:08:05,193 --> 00:08:06,986 Ou iso espero. 123 00:08:11,240 --> 00:08:12,200 Son Omar. 124 00:08:12,700 --> 00:08:15,995 O xefe di que aló onde vaias, debo seguirte. 125 00:08:18,206 --> 00:08:19,623 Dáme un segundo. 126 00:08:19,624 --> 00:08:23,335 Que fas? Díxenche que podía conducir eu ata atoparmos alguén. 127 00:08:23,336 --> 00:08:25,879 Non vou deixar que te divirtas ti só. 128 00:08:25,880 --> 00:08:28,298 Esta porta é coma unha caixa forte. 129 00:08:28,299 --> 00:08:31,593 Izzy, non é un xogo. Ese tipo é do puto cártel. 130 00:08:31,594 --> 00:08:34,763 Necesitas un chofer e non me fío de ninguén. 131 00:08:34,764 --> 00:08:36,306 - É moi perigoso. - Xa. 132 00:08:36,307 --> 00:08:38,975 Por iso o tanque e o soldado. Cala e sube. 133 00:08:38,976 --> 00:08:41,646 - Izzy... - Mickey, sube ao puto coche. 134 00:08:59,288 --> 00:09:01,040 Vin a mensaxe, que necesitas? 135 00:09:01,916 --> 00:09:03,584 Entra e pecha a porta. 136 00:09:13,177 --> 00:09:14,512 Que pasa, Freemann? 137 00:09:18,224 --> 00:09:19,642 Non a chamei. 138 00:09:21,143 --> 00:09:21,978 A quen? 139 00:09:23,145 --> 00:09:24,438 A Deborah Glass. 140 00:09:25,064 --> 00:09:27,024 Non a chamei, Adam. 141 00:09:29,902 --> 00:09:31,988 - O caso de violencia doméstica? - Si. 142 00:09:33,906 --> 00:09:35,865 Non sabía da exención Cruz? 143 00:09:35,866 --> 00:09:36,951 Non. 144 00:09:38,494 --> 00:09:39,995 Sei que me vas rifar. 145 00:09:39,996 --> 00:09:42,080 Sácame do caso Shelby se queres. 146 00:09:42,081 --> 00:09:45,209 Se me despides, entenderíao. 147 00:09:45,835 --> 00:09:48,588 Pero non o fagas aínda. 148 00:09:49,171 --> 00:09:51,256 Alguén ten que encarcerar 149 00:09:51,257 --> 00:09:53,758 o cabrón que matou a Deborah Glass. 150 00:09:53,759 --> 00:09:57,013 Non hai quen se esforce máis ca min para que así sexa. 151 00:10:03,436 --> 00:10:05,813 Pecha ben o caso cun laciño. 152 00:10:06,981 --> 00:10:07,857 Ata entón... 153 00:10:09,942 --> 00:10:11,485 non tivemos esta conversa. 154 00:10:26,083 --> 00:10:26,959 Ola. 155 00:10:35,718 --> 00:10:38,012 Non te podo perder de vista. 156 00:10:40,181 --> 00:10:42,058 As paredes son de cristal. 157 00:10:54,028 --> 00:10:54,862 E isto? 158 00:10:56,280 --> 00:10:59,784 O que puideron recuperar do coche tras o... 159 00:11:04,955 --> 00:11:08,250 Hai unhas semanas díxome que me estaba tecendo algo. 160 00:11:09,168 --> 00:11:12,296 Rinme del e dos seus gustos en cores. 161 00:11:21,889 --> 00:11:22,973 A traballar. 162 00:11:23,474 --> 00:11:25,433 O xuízo é en dous meses. 163 00:11:25,434 --> 00:11:26,435 Vale. 164 00:11:27,061 --> 00:11:28,186 Primeiro, 165 00:11:28,187 --> 00:11:31,398 hai que pensar en como a acusación o vai abordar. 166 00:11:31,399 --> 00:11:34,651 Non fai falla. Sei exactamente que vai facer Forsythe. 167 00:11:34,652 --> 00:11:36,779 Podo escribir a súa defensa inicial. 168 00:11:37,279 --> 00:11:41,199 É a profesión máis antiga. Gloria Dayton era unha prostituta... 169 00:11:41,200 --> 00:11:43,786 ...que se xuntou con quen non debía. 170 00:11:44,620 --> 00:11:45,788 E Julian La Cosse 171 00:11:47,039 --> 00:11:48,082 era o seu chulo. 172 00:11:48,708 --> 00:11:49,959 Así de fácil. 173 00:11:50,543 --> 00:11:52,336 Un home que gaña a vida 174 00:11:52,837 --> 00:11:55,172 aproveitándose de mulleres desesperadas. 175 00:11:55,715 --> 00:11:59,593 Sen compaixón. E, se fai falla, con violencia. 176 00:12:00,094 --> 00:12:01,761 A única pregunta é: 177 00:12:01,762 --> 00:12:05,265 ata onde estaba disposto a chegar para cobrar a súa parte? 178 00:12:05,266 --> 00:12:07,350 Xa ten o caso preparado. 179 00:12:07,351 --> 00:12:10,812 Primeiro fará que a forense lle diga ao xurado que... 180 00:12:10,813 --> 00:12:13,481 ...tiña o óso hioide roto. 181 00:12:13,482 --> 00:12:16,067 É un óso flotante no alto do pescozo, 182 00:12:16,068 --> 00:12:17,611 debaixo da mandíbula. 183 00:12:18,112 --> 00:12:20,280 Estaba fracturado por dous sitios. 184 00:12:20,281 --> 00:12:21,990 É unha lesión común? 185 00:12:21,991 --> 00:12:23,616 Non, é insólita. 186 00:12:23,617 --> 00:12:28,538 Cando aparece, case sempre é causada por estrangulación ou asfixia. 187 00:12:28,539 --> 00:12:32,083 Logo o inspector Whitten mostrará o interrogatorio onde... 188 00:12:32,084 --> 00:12:35,378 ...o acusado confesou ter un altercado violento 189 00:12:35,379 --> 00:12:37,088 coa vítima esa noite. 190 00:12:37,089 --> 00:12:41,384 Un altercado en que é evidente que a agarrou polo pescozo. 191 00:12:41,385 --> 00:12:45,472 Baseándonos nisto, decidimos que había causa probable para detelo. 192 00:12:45,473 --> 00:12:48,933 Logo ten a veciña, que pode falar dos berros... 193 00:12:48,934 --> 00:12:51,352 ...e gritos do piso do lado. 194 00:12:51,353 --> 00:12:54,063 Foi unha pelexa longuísima. 195 00:12:54,064 --> 00:12:55,524 Un pelexa violenta? 196 00:12:56,275 --> 00:12:57,943 A min pareceumo. 197 00:12:58,861 --> 00:13:01,697 - Aí é onde entramos nós. - Como? 198 00:13:03,073 --> 00:13:05,158 Srta. Stevens, vimos as imaxes 199 00:13:05,159 --> 00:13:09,663 do vestíbulo do edificio que mostran como entra e sae o señor La Cosse. 200 00:13:10,581 --> 00:13:14,125 Hai cámaras de seguridade na entrada traseira do edificio? 201 00:13:14,126 --> 00:13:16,002 Non, non hai. 202 00:13:16,003 --> 00:13:19,130 E queixeime, pero ninguén tomou medidas. 203 00:13:19,131 --> 00:13:20,548 Non nos dá moito. 204 00:13:20,549 --> 00:13:22,217 Non, pero suxire a idea 205 00:13:22,218 --> 00:13:24,345 de que alguén máis puido entrar. 206 00:13:24,970 --> 00:13:27,055 Forsythe segue o manual ao pé da letra. 207 00:13:27,056 --> 00:13:31,100 Ten unha historia convincente, non necesita reinventar a roda. 208 00:13:31,101 --> 00:13:33,394 Vai ser todo predicible. 209 00:13:33,395 --> 00:13:34,813 Ata o punto 210 00:13:34,814 --> 00:13:38,733 de que intentará ganar pillándonos por sorpresa. 211 00:13:38,734 --> 00:13:42,780 Señor Miller, de que coñece o acusado? 212 00:13:43,572 --> 00:13:44,740 Traballaba con el. 213 00:13:45,366 --> 00:13:46,450 En calidade de que? 214 00:13:46,951 --> 00:13:49,994 Era acompañante. Usaba a súa web para atopar clientes. 215 00:13:49,995 --> 00:13:51,831 E xa non traballa para el? 216 00:13:52,331 --> 00:13:54,249 Non, xa hai uns anos que non. 217 00:13:54,250 --> 00:13:55,167 Por que? 218 00:13:56,460 --> 00:13:58,962 Unha vez un cliente tardou en pagarme. 219 00:13:58,963 --> 00:14:00,923 Julian pensou que llo ocultaba. 220 00:14:01,507 --> 00:14:04,175 Como non tiña os cartos, púxose violento. 221 00:14:04,176 --> 00:14:05,301 Atacouno? 222 00:14:05,302 --> 00:14:08,596 Veu por min, si. Estaba furioso. 223 00:14:08,597 --> 00:14:11,474 De veras? Pode contarnos como foi? 224 00:14:11,475 --> 00:14:14,352 Pois era un domingo pola noite. 225 00:14:14,353 --> 00:14:17,814 Os domingos son tranquilos, pero chamoume un cliente fixo. 226 00:14:17,815 --> 00:14:22,570 Un comercial farmacéutico de Denver que viña cada dous meses ver os clientes. 227 00:14:23,070 --> 00:14:24,863 Non tiña os cartos, 228 00:14:24,864 --> 00:14:27,031 pero sempre me pagara, 229 00:14:27,032 --> 00:14:29,701 así que deixei que me pagase a próxima vez. 230 00:14:29,702 --> 00:14:32,036 - Cando Julian... - Que che pasa? 231 00:14:32,037 --> 00:14:33,621 É dicir, veu onda min... 232 00:14:33,622 --> 00:14:37,251 Ah, hoxe danche os resultados do exame. 233 00:14:45,050 --> 00:14:46,718 Como dicía, 234 00:14:46,719 --> 00:14:50,347 despois de que o señor La Cosse intentase golpearme, lisquei. 235 00:14:50,848 --> 00:14:53,766 Logo diso busquei outro provedor. 236 00:14:53,767 --> 00:14:56,185 Non quería volver a pasar polo mesmo. 237 00:14:56,186 --> 00:14:58,564 Grazas, señor Miller, iso é todo. 238 00:15:02,526 --> 00:15:05,112 Sr. Miller, non foi un boxeador afeccionado? 239 00:15:07,406 --> 00:15:10,242 Fago eu as preguntas, non o señor Forsythe. 240 00:15:12,912 --> 00:15:14,704 Boxeaba algo, si. 241 00:15:14,705 --> 00:15:18,124 É un bo exercicio, pero non diría que fun boxeador. 242 00:15:18,125 --> 00:15:19,043 Non? 243 00:15:20,794 --> 00:15:22,087 Proba D, señoría. 244 00:15:27,509 --> 00:15:29,678 Non é vostede o desa foto? 245 00:15:31,513 --> 00:15:35,809 Ganador do campionato Inland Empire de peso cruceiro hai catro anos. 246 00:15:36,393 --> 00:15:38,436 Era a nivel local... 247 00:15:38,437 --> 00:15:39,647 Cambio a pregunta. 248 00:15:40,147 --> 00:15:43,108 É ou non é campión de boxeo afeccionado? 249 00:15:44,443 --> 00:15:46,320 Son, si. 250 00:15:46,904 --> 00:15:50,907 E está a dicir que o intimidaba o señor La Cosse? 251 00:15:50,908 --> 00:15:54,160 Calquera boxeador lle dirá que o tamaño non importa. 252 00:15:54,161 --> 00:15:58,289 Seguro. Señor Miller, detivérono por prostitución? 253 00:15:58,290 --> 00:16:00,041 Protesto, señoría. 254 00:16:00,042 --> 00:16:02,460 A testemuña admitiu que é acompañante. 255 00:16:02,461 --> 00:16:04,587 Por iso son relevantes os antecedentes 256 00:16:04,588 --> 00:16:06,756 para a impugnación, señoría. 257 00:16:06,757 --> 00:16:07,800 Non ha lugar. 258 00:16:08,592 --> 00:16:10,636 Responda a pregunta, señor Miller. 259 00:16:11,720 --> 00:16:12,721 Por prostitución? 260 00:16:14,390 --> 00:16:15,224 Si. 261 00:16:15,975 --> 00:16:16,934 Cantas veces? 262 00:16:17,768 --> 00:16:19,894 - Tres. - Detivérono tres veces. 263 00:16:19,895 --> 00:16:24,732 E pode dicirnos como acabaron esas detencións? Condenárono? 264 00:16:24,733 --> 00:16:28,695 Non, as dúas primeiras desestimáronse e fun a rehabilitación. 265 00:16:28,696 --> 00:16:31,531 Tratamento antidrogas. Non se chama así? 266 00:16:31,532 --> 00:16:33,032 Coido que si. 267 00:16:33,033 --> 00:16:36,578 Entendo. E o terceiro cargo segue pendente? 268 00:16:37,871 --> 00:16:38,705 Si. 269 00:16:38,706 --> 00:16:40,123 Interesante. 270 00:16:40,124 --> 00:16:41,708 Nos Ánxeles, 271 00:16:41,709 --> 00:16:45,044 se xa estivo en tratamento antidrogas dúas veces, 272 00:16:45,045 --> 00:16:47,338 non sería elixible unha terceira. 273 00:16:47,339 --> 00:16:49,758 Ese cargo é no condado dos Ánxeles? 274 00:16:50,467 --> 00:16:51,385 Non. 275 00:16:51,927 --> 00:16:53,053 É en Riverside. 276 00:16:53,679 --> 00:16:54,638 En Riverside? 277 00:16:56,140 --> 00:16:59,684 Fíxolle o fiscal unha oferta por ese cargo 278 00:16:59,685 --> 00:17:01,561 a cambio do seu testemuño? 279 00:17:01,562 --> 00:17:04,105 Non! Desde logo que non. 280 00:17:04,106 --> 00:17:06,024 Non? Porque ata hai pouco, 281 00:17:06,025 --> 00:17:09,068 o señor Forsythe era fiscal en Riverside e... 282 00:17:09,069 --> 00:17:10,528 Protesto, señoría. 283 00:17:10,529 --> 00:17:14,949 Que conste, non se lle ofreceu ningún acordo á testemuña 284 00:17:14,950 --> 00:17:17,535 a cambio do seu testemuño. 285 00:17:17,536 --> 00:17:18,745 Ha lugar. 286 00:17:18,746 --> 00:17:22,207 Desculpe, señoría. Non intentaba ofender a ninguén. 287 00:17:22,791 --> 00:17:23,834 Iso é todo. 288 00:17:35,721 --> 00:17:38,097 Pensei que no xulgado quedaría fóra. 289 00:17:38,098 --> 00:17:41,893 Mira, antes tiven que dicirlle que non entrase ao baño comigo. 290 00:17:41,894 --> 00:17:44,729 Cres que intentarían algo tan pronto? 291 00:17:44,730 --> 00:17:47,815 Cisco dixo que De Marco ou quen sexa vaise reprimir. 292 00:17:47,816 --> 00:17:48,816 É moi recente. 293 00:17:48,817 --> 00:17:50,486 Espero que teña razón. 294 00:17:51,195 --> 00:17:52,653 Avariado, claro. 295 00:17:52,654 --> 00:17:54,865 Funciona algo neste edificio? 296 00:17:55,699 --> 00:17:56,575 Ah. 297 00:18:06,752 --> 00:18:08,837 Comprámoslle algo de comer? 298 00:18:09,338 --> 00:18:10,464 Un Happy Meal. 299 00:18:32,111 --> 00:18:33,194 Que é? 300 00:18:33,195 --> 00:18:34,530 Gústache algunha? 301 00:18:35,948 --> 00:18:37,281 Importa? 302 00:18:37,282 --> 00:18:40,034 A non ser que traballes cos Road Saints, 303 00:18:40,035 --> 00:18:43,913 e prefiro non sabelo, non podemos compralas. 304 00:18:43,914 --> 00:18:48,377 Querías empezar a mirar e teño o fondo da xubilación gardado. 305 00:18:49,044 --> 00:18:53,673 Entre iso mais o posible aumento cando aprobes o exame... 306 00:18:53,674 --> 00:18:55,175 Non! Non quero gafalo. 307 00:18:55,759 --> 00:18:59,095 E sobreestimas a xenerosidade de Mickey 308 00:18:59,096 --> 00:19:01,723 se cres que podemos pagar estas casas. 309 00:19:03,142 --> 00:19:06,186 Miña nai, mira que cociña. 310 00:19:08,730 --> 00:19:09,565 Moi ben. 311 00:19:10,065 --> 00:19:13,318 Veña, vamos. Teño fame. 312 00:19:23,412 --> 00:19:24,329 Vamos! 313 00:19:25,330 --> 00:19:26,165 Xa vou. 314 00:19:48,896 --> 00:19:49,897 A onde? 315 00:19:50,522 --> 00:19:51,356 Á casa? 316 00:19:53,692 --> 00:19:55,194 Non, vamos ó parque. 317 00:20:33,398 --> 00:20:35,234 Supuxen que estarías aquí. 318 00:20:36,235 --> 00:20:38,862 É o máximo que podo achegarme a ela. 319 00:20:39,613 --> 00:20:40,447 Xa. 320 00:20:41,198 --> 00:20:42,282 Estou niso. 321 00:20:45,827 --> 00:20:46,745 Un amigo teu? 322 00:20:50,123 --> 00:20:52,875 Non, é a protección da que falabas. 323 00:20:52,876 --> 00:20:54,378 Onde o atopaches? 324 00:20:56,672 --> 00:21:00,926 É mellor non sabelo. Sequera tómalo en serio. 325 00:21:03,762 --> 00:21:07,307 Alégrame que siga coas clases. Mellorou moito. 326 00:21:07,808 --> 00:21:10,185 Vénlle de familia. Ou iso me dixeches. 327 00:21:14,147 --> 00:21:16,233 Tomei algo con Andy o outro día. 328 00:21:18,151 --> 00:21:23,114 Se non querías que preguntase, a próxima busca máis lonxe. 329 00:21:23,115 --> 00:21:24,323 Tes razón. 330 00:21:24,324 --> 00:21:27,744 Ben, e que che dixo? 331 00:21:31,123 --> 00:21:32,708 Parece que vai ben. 332 00:21:37,129 --> 00:21:41,174 Sei que non sempre aceptei certos aspectos do teu traballo. 333 00:21:42,884 --> 00:21:45,762 Alguén coma Andy pode que estea disposta. 334 00:21:47,264 --> 00:21:52,519 Mereces estar con alguén que se adapte a ti. 335 00:21:53,103 --> 00:21:54,938 Non hai moita xente. 336 00:21:55,439 --> 00:21:57,607 Acabaraslle gustando. 337 00:22:06,325 --> 00:22:08,493 Cambiará de opinión, Mickey. 338 00:22:10,537 --> 00:22:14,458 Vouno arranxar por ela. Asegúrate de que o saiba. 339 00:22:15,834 --> 00:22:16,793 Non. 340 00:22:17,544 --> 00:22:19,463 Non se pode arranxar. 341 00:22:20,047 --> 00:22:20,881 Nunca. 342 00:22:21,840 --> 00:22:23,258 Deixa que cure. 343 00:22:25,969 --> 00:22:27,887 Logo vai acabar, debo volver. 344 00:22:27,888 --> 00:22:28,847 Xa. 345 00:22:30,057 --> 00:22:31,558 Sigue coidándote. 346 00:22:32,768 --> 00:22:33,977 Débesllo. 347 00:22:37,981 --> 00:22:38,940 Oe, Maggie. 348 00:22:40,275 --> 00:22:41,193 Grazas. 349 00:22:58,377 --> 00:22:59,294 Moi ben. 350 00:23:01,254 --> 00:23:04,132 Eu deixei de falar con meu pai a esa idade tamén. 351 00:23:05,634 --> 00:23:06,468 Adolescentes. 352 00:23:07,677 --> 00:23:08,845 Agora levádesvos? 353 00:23:11,014 --> 00:23:11,973 Falamos. 354 00:23:13,141 --> 00:23:14,226 Chámoo no aniversario. 355 00:23:15,102 --> 00:23:15,936 Unha vez ao ano? 356 00:23:16,895 --> 00:23:18,146 E el chámame no meu. 357 00:23:19,231 --> 00:23:20,773 Grazas, Izzy. 358 00:23:20,774 --> 00:23:22,358 Foi un mal exemplo. 359 00:23:22,359 --> 00:23:25,529 Só digo que sempre hai problemas entre pais e fillas. 360 00:23:26,196 --> 00:23:27,572 Sobre todo a esa idade. 361 00:23:30,409 --> 00:23:33,495 Esfórzaste moito. Veo calquera. 362 00:23:35,247 --> 00:23:36,206 Menos ela. 363 00:23:36,998 --> 00:23:37,999 Ela tamén. 364 00:23:38,959 --> 00:23:40,335 Aínda non, pero verao. 365 00:23:44,131 --> 00:23:46,091 Teu pai esforzábase? 366 00:23:52,139 --> 00:23:53,265 Non es meu pai. 367 00:24:13,660 --> 00:24:16,663 ALARMA DETER 368 00:24:34,848 --> 00:24:37,725 - Miraches o correo? - Cando chegue á oficina. 369 00:24:37,726 --> 00:24:40,103 Que... Pero que dis? 370 00:24:44,316 --> 00:24:45,358 Vale. 371 00:24:48,195 --> 00:24:51,114 Vale, mirarémolo cando chegues á oficina. 372 00:24:56,745 --> 00:24:58,245 Miraches o correo? 373 00:24:58,246 --> 00:25:00,331 Quería miralo na oficina. 374 00:25:00,332 --> 00:25:03,001 Que? Lorna, por Deus, mírao xa. 375 00:25:04,836 --> 00:25:07,172 Esa planta non está algo caída? 376 00:25:08,757 --> 00:25:10,383 Regámola? 377 00:25:11,343 --> 00:25:12,218 Lorna. 378 00:25:12,219 --> 00:25:14,178 - Bo día a todos. - Bo día. 379 00:25:14,179 --> 00:25:15,305 Bo día. 380 00:25:15,931 --> 00:25:18,308 Miraches xa o correo? 381 00:25:18,892 --> 00:25:19,976 Miña nai! 382 00:25:20,477 --> 00:25:23,897 Por que estades tan obsesionados co meu correo? 383 00:25:24,439 --> 00:25:29,277 Vale, mirarei o puto correo. Sodes uns entremetidos. 384 00:25:35,116 --> 00:25:35,950 Vale. 385 00:25:35,951 --> 00:25:37,911 COLEXIO DE AVOGADOS RESULTADOS 386 00:25:44,125 --> 00:25:45,168 Ostras. 387 00:25:48,004 --> 00:25:49,005 Suspendín. 388 00:25:53,635 --> 00:25:55,135 - Ai, amor. - Lorna. 389 00:25:55,136 --> 00:25:56,346 Síntoo moito. 390 00:25:57,013 --> 00:26:00,392 Tranquila, non pasa nada, podes volver intentalo. 391 00:26:01,476 --> 00:26:02,394 A ver, que...? 392 00:26:04,062 --> 00:26:05,355 Que carallo é isto? 393 00:26:05,939 --> 00:26:07,398 Claro que non suspendín. 394 00:26:07,399 --> 00:26:09,942 - Sabías que ía aprobar. - Arrea, Lorna! 395 00:26:09,943 --> 00:26:12,779 Mi ma, mira que cara! Mira que cara! 396 00:26:13,989 --> 00:26:16,031 Winston, mamá é avogada! 397 00:26:16,032 --> 00:26:18,201 E aínda sabe enganar estes papáns! 398 00:26:18,910 --> 00:26:21,245 - Parabéns, amor. - Grazas! 399 00:26:21,246 --> 00:26:22,581 Estou moi orgulloso. 400 00:26:24,249 --> 00:26:26,333 - Parabéns, Lorna. - Grazas! 401 00:26:26,334 --> 00:26:29,503 - Parabéns. Á noite celebrámolo. - Si, por favor. 402 00:26:29,504 --> 00:26:33,883 Vou reservar. Así fago algo en vez de berrarche. 403 00:26:34,384 --> 00:26:35,759 - Parabéns. - Grazas! 404 00:26:35,760 --> 00:26:37,386 Ata che invito a sobremesa 405 00:26:37,387 --> 00:26:40,098 porque a empresa de produción paga a tempo. 406 00:26:42,392 --> 00:26:44,977 - Para ti. - É a nova lista de testemuñas? 407 00:26:44,978 --> 00:26:48,397 Non, é esta. Iso é o novo contrato que me vas facer. 408 00:26:48,398 --> 00:26:50,400 Adianteime e xa o escribín. 409 00:26:52,944 --> 00:26:56,113 - Seguro de mascotas? - É todo negociable. Ou non. 410 00:26:56,114 --> 00:26:57,865 Podes firmalo e darmo. 411 00:26:57,866 --> 00:27:01,452 Tereino en consideración. Dásme a lista de testemuñas? 412 00:27:01,453 --> 00:27:02,412 Vale, rosmón. 413 00:27:04,748 --> 00:27:06,832 Quere que che pague eu a dentadura. 414 00:27:06,833 --> 00:27:07,750 Ben. 415 00:27:07,751 --> 00:27:11,795 Forsythe xa rematou a súa alegación, agora ímolo atacar con iso. 416 00:27:11,796 --> 00:27:15,591 Comprobamos todos os nomes menos un. Quen é Peter Sterghos? 417 00:27:15,592 --> 00:27:17,384 É o nome que apareceu 418 00:27:17,385 --> 00:27:20,220 ao conectar a Neil Bishop con De Marco. 419 00:27:20,221 --> 00:27:23,265 Xa temos unha conexión: o caso que atopamos Lorna e eu. 420 00:27:23,266 --> 00:27:26,101 - Estaban os dous. - Iso foi hai dez anos. 421 00:27:26,102 --> 00:27:29,272 Hai que demostrar que aínda hai esa conexión. 422 00:27:29,856 --> 00:27:31,565 E é Peter Sterghos? 423 00:27:31,566 --> 00:27:33,652 A ver, aínda non. 424 00:27:34,486 --> 00:27:35,653 É unha trampa. 425 00:27:35,654 --> 00:27:37,113 Sterghos é o cebo. 426 00:27:37,989 --> 00:27:41,660 E isto... é o que nos vai dar vantaxe. 427 00:27:46,831 --> 00:27:49,541 - Señor Sterghos, alégrome de velo. - Boas. 428 00:27:49,542 --> 00:27:52,127 - O asesor técnico, Dennis. - Ola, Dennis. 429 00:27:52,128 --> 00:27:54,546 Grazas por deixarnos usar a súa casa. 430 00:27:54,547 --> 00:27:55,464 É broma? 431 00:27:55,465 --> 00:27:57,716 A miña casa vai saír na tele? 432 00:27:57,717 --> 00:28:00,010 Miña nai nunca o vai crer. 433 00:28:00,011 --> 00:28:01,888 Necesito que firme o contrato. 434 00:28:03,431 --> 00:28:04,723 - Aí tes. - Grazas. 435 00:28:04,724 --> 00:28:06,433 Isto é o que necesitades: 436 00:28:06,434 --> 00:28:09,395 o código da alarma e as chaves da casa. 437 00:28:09,396 --> 00:28:10,813 Grazas. 438 00:28:10,814 --> 00:28:12,898 Apagade o aire acondicionado de noite. 439 00:28:12,899 --> 00:28:15,734 Non quero aumentar a factura sen necesidade. 440 00:28:15,735 --> 00:28:19,571 Encargarémonos de todo. Vaia, que rápido fixo as maletas. 441 00:28:19,572 --> 00:28:21,448 - A onde vai? - A Grecia. 442 00:28:21,449 --> 00:28:22,908 Miña nai vive aló. 443 00:28:22,909 --> 00:28:25,536 Grazas a vós podo ir un par de semanas con ela. 444 00:28:25,537 --> 00:28:27,246 Dúas semanas en Grecia. 445 00:28:27,247 --> 00:28:29,581 Vaia, iso sería marabilloso. 446 00:28:29,582 --> 00:28:33,502 Chegou o taxi, marcho. Moitas grazas de novo. 447 00:28:33,503 --> 00:28:36,755 Non, grazas a vostede. Axúdanos máis do que pensa. 448 00:28:36,756 --> 00:28:38,466 Espero que a rodaxe vaia ben. 449 00:28:39,384 --> 00:28:40,385 Nós tamén. 450 00:28:44,973 --> 00:28:45,974 Vou traballar. 451 00:28:48,560 --> 00:28:49,519 Grazas, señor. 452 00:29:05,118 --> 00:29:07,454 Abonda. Silencio na sala, por favor. 453 00:29:13,460 --> 00:29:15,127 É a vista preliminar 454 00:29:15,128 --> 00:29:17,672 no caso do pobo contra Scott Glass. 455 00:29:18,715 --> 00:29:21,509 Antes de empezar, hai algunha moción das partes? 456 00:29:22,093 --> 00:29:23,011 Sra. Freemann? 457 00:29:31,978 --> 00:29:33,354 Sra. Freemann, oíu? 458 00:29:36,900 --> 00:29:39,819 Non, señoría. A Fiscalía está lista para proceder. 459 00:29:45,575 --> 00:29:46,617 E a defensa? 460 00:29:46,618 --> 00:29:48,452 Algo máis antes de continuar? 461 00:29:48,453 --> 00:29:50,037 Si, señoría. 462 00:29:50,038 --> 00:29:52,039 A defensa quere mostrarlles 463 00:29:52,040 --> 00:29:55,752 ao tribunal e á acusación a lista modificada de testemuñas. 464 00:30:00,882 --> 00:30:02,592 É broma, non? 465 00:30:03,468 --> 00:30:06,762 Señoría, estamos nun xuízo e a defensa quere engadir 466 00:30:06,763 --> 00:30:10,808 uns 20... ou 33 nomes novos á lista de testemuñas? 467 00:30:10,809 --> 00:30:12,100 Desculpe, señoría, 468 00:30:12,101 --> 00:30:15,062 pero descubrimos 33 novas persoas 469 00:30:15,063 --> 00:30:16,814 relevantes para o caso. 470 00:30:16,815 --> 00:30:18,023 Isto é absurdo. 471 00:30:18,024 --> 00:30:21,318 E como imos establecer a suposta relevancia 472 00:30:21,319 --> 00:30:23,070 en metade dun xuízo? 473 00:30:23,071 --> 00:30:25,572 Nunca vira a maioría dos nomes. 474 00:30:25,573 --> 00:30:27,115 E o resto... 475 00:30:27,116 --> 00:30:30,744 A ver, ten medio Departamento do Shériff aquí. 476 00:30:30,745 --> 00:30:33,080 Tamén está o meu investigador. 477 00:30:33,081 --> 00:30:36,917 Señoría, non estou preparado para valorar estes nomes 478 00:30:36,918 --> 00:30:39,586 ata que poida investigalos. 479 00:30:39,587 --> 00:30:41,630 Xuíza, teño unha posible idea. 480 00:30:41,631 --> 00:30:43,799 Estou disposto a comezar a defensa 481 00:30:43,800 --> 00:30:46,677 coas testemuñas que aprobou da lista inicial. 482 00:30:46,678 --> 00:30:49,137 Iso daralle tempo ao señor Forsythe 483 00:30:49,138 --> 00:30:51,265 para investigar o que precise. 484 00:30:51,266 --> 00:30:53,141 A min paréceme razoable. 485 00:30:53,142 --> 00:30:55,853 Señor Forsythe, doulle ata a fin de semana 486 00:30:55,854 --> 00:30:57,855 para investigar estes nomes. 487 00:30:57,856 --> 00:31:01,651 - Están ambas partes de acordo? - A defensa está, señoría. 488 00:31:03,027 --> 00:31:04,320 Farei o que poida. 489 00:31:04,904 --> 00:31:05,822 Moi ben. 490 00:31:06,364 --> 00:31:08,657 Retomaremos este tema o luns á mañá. 491 00:31:08,658 --> 00:31:10,659 Namentres, chamo o xurado. 492 00:31:10,660 --> 00:31:13,662 Letrados, cinco minutos antes de empezar. 493 00:31:13,663 --> 00:31:15,081 Grazas, señoría. 494 00:31:28,553 --> 00:31:30,889 Por que carallo estou nesa lista? 495 00:31:31,472 --> 00:31:33,641 Non podemos vernos así, Bishop. 496 00:31:34,809 --> 00:31:36,768 Chamaríache "inspector", pero... 497 00:31:36,769 --> 00:31:38,771 Faiche graza, Haller? 498 00:31:39,522 --> 00:31:42,442 - Cres que é todo un xogo? - Asegúroche que non. 499 00:31:43,026 --> 00:31:45,611 Non teño nada que ver co teu caso. 500 00:31:45,612 --> 00:31:48,488 Daquela non tes nada de que preocuparte. 501 00:31:48,489 --> 00:31:50,449 Pero o meu cliente é inocente, 502 00:31:50,450 --> 00:31:52,743 así que alguén matou a Gloria Dayton. 503 00:31:52,744 --> 00:31:56,748 E a mellor defensa que teño é revelar quen o fixo. 504 00:31:57,749 --> 00:32:00,168 Fago o meu traballo, nada máis. Coma ti. 505 00:32:00,668 --> 00:32:02,378 Non podes evitalo, eh. 506 00:32:02,879 --> 00:32:05,840 Vives a gusto meténdote cos bos. 507 00:32:07,884 --> 00:32:10,344 Aínda cres que es dos bos, Neil? 508 00:32:10,345 --> 00:32:11,846 Que riquiño. 509 00:32:13,014 --> 00:32:15,767 Eu si admito cando paso da raia. 510 00:32:24,525 --> 00:32:25,735 Vai rañala, letrado. 511 00:32:39,415 --> 00:32:41,751 Mellor acompáñame a próxima vez. 512 00:32:44,128 --> 00:32:47,255 Membros do xurado, se se lembran, ao comezo do xuízo, 513 00:32:47,256 --> 00:32:50,050 a defensa decidiu reservar a súa alegación inicial 514 00:32:50,051 --> 00:32:52,886 para cando a acusación acabase a súa. 515 00:32:52,887 --> 00:32:54,888 É un dereito da defensa. 516 00:32:54,889 --> 00:32:57,266 E agora escoitarán o señor Haller. 517 00:32:57,850 --> 00:33:00,227 Pero a alegación é só iso. 518 00:33:00,228 --> 00:33:01,353 Unha alegación. 519 00:33:01,354 --> 00:33:03,647 Nada máis nin nada menos. 520 00:33:03,648 --> 00:33:05,899 Non deben darlle máis nin menos importancia 521 00:33:05,900 --> 00:33:08,861 que a alegación do señor Forsythe. 522 00:33:09,529 --> 00:33:10,488 Entendido? 523 00:33:11,489 --> 00:33:12,490 - Si. - Moi ben. 524 00:33:13,074 --> 00:33:15,284 - Señor Haller. - Grazas, señoría. 525 00:33:25,586 --> 00:33:26,503 Xurado, 526 00:33:26,504 --> 00:33:30,508 a persoa que está na pantalla é Gloria Dayton, 527 00:33:31,134 --> 00:33:32,844 a vítima deste caso. 528 00:33:33,553 --> 00:33:38,056 Normalmente, un avogado defensor faría todo o posible 529 00:33:38,057 --> 00:33:41,184 para evitar mostrar unha foto da vítima. 530 00:33:41,185 --> 00:33:43,186 Iso faríao a acusación. 531 00:33:43,187 --> 00:33:45,731 Queren que empaticen coa vítima 532 00:33:45,732 --> 00:33:49,235 e castigar a persoa acusada de asasinala. 533 00:33:50,111 --> 00:33:50,987 Normalmente. 534 00:33:51,654 --> 00:33:53,906 Pero nada deste caso é normal. 535 00:33:56,451 --> 00:33:58,953 Gloria Dayton foi unha clienta miña. 536 00:34:00,455 --> 00:34:02,040 Eu coñecíaa. 537 00:34:02,707 --> 00:34:04,042 E importábame. 538 00:34:04,625 --> 00:34:07,795 Igual que ao señor La Cosse, tamén lle importaba. 539 00:34:09,422 --> 00:34:10,423 Traballaban xuntos. 540 00:34:11,549 --> 00:34:13,384 Pero non só iso. 541 00:34:14,135 --> 00:34:15,553 Eran amigos. 542 00:34:17,555 --> 00:34:18,931 Perdeuse unha vida. 543 00:34:19,974 --> 00:34:24,854 Arrebatáronnos unha moza moi pronto e de forma moi violenta. 544 00:34:25,980 --> 00:34:28,315 Gloria Dayton foi brutalmente asasinada 545 00:34:28,316 --> 00:34:31,401 e daba igual como ganase a vida, non o merecía. 546 00:34:31,402 --> 00:34:33,028 Ninguén o merece. 547 00:34:33,029 --> 00:34:35,489 Nisto estou de acordo co fiscal. 548 00:34:35,490 --> 00:34:37,199 Creo que é imperioso 549 00:34:37,200 --> 00:34:39,952 procesar a quen cometeu esta atrocidade. 550 00:34:41,412 --> 00:34:46,292 Pero as probas do caso amosarán que Julian La Cosse non é esa persoa. 551 00:34:46,918 --> 00:34:48,752 De feito, as probas demostrarán 552 00:34:48,753 --> 00:34:53,507 que Julian La Cosse é outra vítima dunha misteriosa serie de crimes 553 00:34:53,508 --> 00:34:57,053 que van máis aló do alcance limitado da acusación. 554 00:34:57,804 --> 00:35:02,767 A historia do señor Forsythe é que Gloria se relacionou con quen non debía. 555 00:35:03,267 --> 00:35:06,187 Voulles dicir algo: é certo. 556 00:35:07,105 --> 00:35:09,190 Pero non sabe nin a metade. 557 00:35:09,774 --> 00:35:13,443 Verán que o asasinato de Gloria Dayton non foi aleatorio, 558 00:35:13,444 --> 00:35:14,695 senón orquestrado. 559 00:35:15,404 --> 00:35:17,531 Julian La Cosse, por desgraza, 560 00:35:17,532 --> 00:35:21,035 estaba no sitio equivocado á hora equivocada, 561 00:35:21,702 --> 00:35:24,788 e iso fixo que se vise atrapado nunha rede de sucesos 562 00:35:24,789 --> 00:35:28,543 dos que nin el nin a acusación sabían nada. 563 00:35:29,127 --> 00:35:32,797 E non só llelo vou contar, vóullelo demostrar. 564 00:35:37,301 --> 00:35:38,468 Unha conspiración? 565 00:35:38,469 --> 00:35:41,138 Dixeches que ías sinalar outro sospeitoso, 566 00:35:41,139 --> 00:35:42,848 non unha teoría conspiradora. 567 00:35:42,849 --> 00:35:44,349 Arrisco o pescozo. 568 00:35:44,350 --> 00:35:46,268 Así salvaraste, Julian. 569 00:35:46,269 --> 00:35:48,728 Non é unha teoría, hai unha conspiración. 570 00:35:48,729 --> 00:35:52,482 Aínda que a haxa, case non falou de Julian na súa alegación. 571 00:35:52,483 --> 00:35:56,319 Entendo que é confuso, pero cando llo expoñamos ao xurado... 572 00:35:56,320 --> 00:35:57,696 ...será doado. 573 00:35:57,697 --> 00:36:01,908 Mataron a Glory Days porque un axente da DEA e un expoli 574 00:36:01,909 --> 00:36:04,870 querían corromper o sistema e cubrir o seu rastro. 575 00:36:04,871 --> 00:36:06,663 Ensinareilles como e por que. 576 00:36:06,664 --> 00:36:08,707 O plan está en marcha, David. 577 00:36:08,708 --> 00:36:11,586 Se non crésemos nel, non o levariamos a cabo. 578 00:36:12,086 --> 00:36:16,090 Xúroche que é a mellor maneira para que o declaren non culpable. 579 00:36:17,633 --> 00:36:19,134 Tes que... 580 00:36:19,135 --> 00:36:20,261 ...fiarte de min. 581 00:36:21,596 --> 00:36:24,472 Gloria díxoche que podías contar comigo, non? 582 00:36:24,473 --> 00:36:25,975 Non foi o que dixo? 583 00:36:26,517 --> 00:36:27,685 Pois fíate de min. 584 00:36:29,478 --> 00:36:30,521 Fíate de min. 585 00:36:37,570 --> 00:36:39,197 Como o tomou? 586 00:36:39,989 --> 00:36:43,074 Creo que acepta, pero tívenllo que explicar. 587 00:36:43,075 --> 00:36:44,243 David igual. 588 00:36:44,827 --> 00:36:46,913 A verdade, é unha tolería de plan. 589 00:36:47,622 --> 00:36:49,373 De tolos. 590 00:36:50,541 --> 00:36:53,126 Ah, non te preocupes. 591 00:36:53,127 --> 00:36:55,421 Vai funcionar de marabilla! 592 00:36:57,924 --> 00:36:58,966 E o resto? 593 00:36:59,550 --> 00:37:02,303 Á parte de que a miña filla non me fala? 594 00:37:03,971 --> 00:37:05,598 Que tal con Andy? 595 00:37:07,475 --> 00:37:09,268 Vai ben, a verdade. 596 00:37:10,770 --> 00:37:11,646 Que ben. 597 00:37:12,188 --> 00:37:15,149 Porque esta noite só imos falar de min. 598 00:37:15,650 --> 00:37:17,610 Estouno desexando, letrada. 599 00:37:18,945 --> 00:37:19,904 Letrada. 600 00:37:22,490 --> 00:37:23,324 Grazas. 601 00:37:25,660 --> 00:37:29,205 Entendo que non dorme, pero pestanexa? 602 00:37:29,914 --> 00:37:31,540 Acabas colléndolle cariño. 603 00:37:32,959 --> 00:37:33,792 Ola! 604 00:37:33,793 --> 00:37:34,961 - Ola! - Ola! 605 00:37:35,586 --> 00:37:36,545 E ben? 606 00:37:37,255 --> 00:37:38,881 Listo. Agora, a esperar. 607 00:37:40,091 --> 00:37:41,007 Ola, amor. 608 00:37:41,008 --> 00:37:43,718 - Que tal no xuízo? - Como esperabamos. 609 00:37:43,719 --> 00:37:46,930 Temos que esperar a ver que pasa coa lista modificada. 610 00:37:46,931 --> 00:37:50,726 Vale, xa que estamos todos, un brinde por Lorna. 611 00:37:51,227 --> 00:37:54,020 E polo meu incrible e magnífico logro. 612 00:37:54,021 --> 00:37:56,731 De verdade, é incrible, Lorna. Parabéns. 613 00:37:56,732 --> 00:37:58,442 - Grazas. - Grazas. 614 00:38:00,278 --> 00:38:02,280 Por certo, teño algo para ti. 615 00:38:07,034 --> 00:38:09,412 - Que é isto? - A miña Constitución. 616 00:38:10,371 --> 00:38:13,124 Lévoa comigo desde que aprobei o exame. 617 00:38:13,958 --> 00:38:15,376 Agora doucha a ti. 618 00:38:16,377 --> 00:38:17,878 Estou moi orgulloso. 619 00:38:20,715 --> 00:38:23,926 Sempre quixen unha Constitución para levar no peto. 620 00:38:24,927 --> 00:38:27,054 - Abre o libro, ho. - Vale, vou. 621 00:38:33,686 --> 00:38:36,896 É un detalle, grazas. 622 00:38:36,897 --> 00:38:39,691 Le ben os cambios antes de firmar. 623 00:38:39,692 --> 00:38:43,779 Si, vexo que tomaches en serio o de que era todo negociable. 624 00:38:48,200 --> 00:38:50,411 - Equivocácheste coa cifra? - Non. 625 00:38:53,372 --> 00:38:57,043 Coñezo as túas contas mellor que ninguén. Fóiseche a cabeza? 626 00:38:57,626 --> 00:38:59,754 Si, pode ser, pero neste caso non. 627 00:39:02,840 --> 00:39:05,258 Camareiro! Déixasme un boli? Rápido. 628 00:39:05,259 --> 00:39:08,804 Veña, rápido, para firmar antes de que saiba o que fixo. 629 00:39:12,558 --> 00:39:14,517 Aínda tes esas casas? 630 00:39:14,518 --> 00:39:16,312 Igual teño un par delas. 631 00:39:19,523 --> 00:39:22,359 Ai, grazas! Grazas. 632 00:39:22,360 --> 00:39:24,235 - Merécelo. - Un brinde! 633 00:39:24,236 --> 00:39:25,154 Por ti. 634 00:39:43,297 --> 00:39:45,091 Mickey, algo pasa. 635 00:39:46,258 --> 00:39:47,802 Merda, queda aquí. 636 00:39:49,678 --> 00:39:52,098 - Seguridade Nacional! - Eh! 637 00:39:52,765 --> 00:39:55,141 - Baixa do coche! - Que pasa? 638 00:39:55,142 --> 00:39:56,142 Aquí. 639 00:39:56,143 --> 00:39:58,937 Eh, son o seu avogado. Por que o deteñen? 640 00:39:58,938 --> 00:40:02,816 Temos unha denuncia dun inmigrante ilegal que rolda pola rúa. 641 00:40:02,817 --> 00:40:05,485 - Que denuncia? - Está na lista de deportacións. 642 00:40:05,486 --> 00:40:08,154 De que fala? Nin o identificou. 643 00:40:08,155 --> 00:40:09,281 Agora si. 644 00:40:09,949 --> 00:40:12,075 Fale con Seguridade Nacional. 645 00:40:12,076 --> 00:40:13,451 Tremendo disparate. 646 00:40:13,452 --> 00:40:15,954 É cousa de De Marco, non? Mandoulles el. 647 00:40:15,955 --> 00:40:18,499 Atrás, hostia, ou es o seguinte! 648 00:40:19,959 --> 00:40:21,042 Vamos! 649 00:40:21,043 --> 00:40:21,960 Merda. 650 00:40:21,961 --> 00:40:23,545 Que hostia foi iso? 651 00:40:23,546 --> 00:40:24,922 O poder de De Marco. 652 00:40:26,006 --> 00:40:29,260 Seguridade Nacional esperaba por nós. É máis que iso. 653 00:40:31,178 --> 00:40:33,055 Menos mal que ían acalmar. 654 00:40:37,685 --> 00:40:39,602 Veña, lévote a un hotel. 655 00:40:39,603 --> 00:40:41,939 Non podes quedar aquí sen escolta. 656 00:40:42,690 --> 00:40:44,817 Mickey, vamos! 657 00:40:55,286 --> 00:40:57,329 BASEADO NAS NOVELAS DE MICHAEL CONNELLY 658 00:42:35,135 --> 00:42:40,057 Subtítulos: María Suárez Seijas