1 00:00:06,506 --> 00:00:08,883 Dana Berg pola fiscalía, señoría. 2 00:00:08,967 --> 00:00:10,552 O nunca visto. 3 00:00:10,635 --> 00:00:12,387 Pensei en darme promoción. 4 00:00:12,470 --> 00:00:15,473 Voume anunciar en paradas de bus e en paneis publicitarios. 5 00:00:15,557 --> 00:00:17,183 Nos Ánxeles anunciámonos así. 6 00:00:17,267 --> 00:00:20,395 Sam molestouse en adaptar un camión 7 00:00:20,478 --> 00:00:24,899 e sacou o carné de camión cun nome falso para ter un traballo nesa empresa? 8 00:00:24,983 --> 00:00:26,401 "Sangrar a besta." 9 00:00:26,484 --> 00:00:29,279 Algúns estafadores chámanlle así a estafar o Goberno. 10 00:00:29,362 --> 00:00:32,323 Seguro que Jack te bota en falta. Canto hai? 11 00:00:32,407 --> 00:00:34,117 Case seis meses. 12 00:00:34,200 --> 00:00:36,828 Traizoas o que antes defendías, Maggie. 13 00:00:36,911 --> 00:00:39,164 Non acuso sen fundamento 14 00:00:39,247 --> 00:00:41,583 para soster un caso que se afunde. 15 00:00:41,666 --> 00:00:44,335 Legal tivo un infarto. Morreu, Mickey. 16 00:00:44,419 --> 00:00:45,712 Marchamos. 17 00:00:45,795 --> 00:00:49,841 Non importa o que fixen. Non pensaba nas consecuencias. 18 00:00:49,924 --> 00:00:52,135 De mal en peor. Aló vai a nosa gran baza. 19 00:00:52,218 --> 00:00:54,554 Jeanine, Gazarian está morto. 20 00:00:54,637 --> 00:00:56,014 Hai que marchar. 21 00:00:56,097 --> 00:01:00,185 Cremos que Sam Scales e Alex Gazarian estafaban o Goberno. 22 00:01:00,268 --> 00:01:03,438 Os únicos que o poden confirmar son os axentes Ruth e Vasquez. 23 00:01:03,521 --> 00:01:04,731 Non custará localizalos. 24 00:01:04,814 --> 00:01:07,358 A axente Ruth estivo na sala durante un testemuño. 25 00:01:07,442 --> 00:01:09,027 Un deses axentes estivo aquí? 26 00:01:09,110 --> 00:01:11,446 Emitirei a orde nunha hora. 27 00:01:11,529 --> 00:01:13,907 A onde me levas? Eh! 28 00:01:16,034 --> 00:01:17,118 Eh! 29 00:01:38,681 --> 00:01:41,601 Isto é por collervos espiando as miñas chamadas. 30 00:01:42,227 --> 00:01:43,645 Non podes facer isto! 31 00:01:48,399 --> 00:01:50,068 A onde imos? 32 00:01:50,151 --> 00:01:51,945 Cálmate, si? 33 00:01:52,695 --> 00:01:54,697 CHAMANDO A CISCO ERRO DE CHAMADA 34 00:02:19,973 --> 00:02:20,807 Baixa. 35 00:02:24,185 --> 00:02:25,103 Veña. 36 00:03:07,687 --> 00:03:08,688 Quen anda aí? 37 00:03:12,901 --> 00:03:15,278 Sr. Haller, grazas por vir. 38 00:03:16,029 --> 00:03:18,072 Coma se puidese escoller. 39 00:03:18,156 --> 00:03:20,033 Desculpe o dramatismo. 40 00:03:20,617 --> 00:03:23,578 Non quería que chamase e dixese algunha parvada. 41 00:03:23,661 --> 00:03:26,206 Como que o meu chofer me estaba secuestrando? 42 00:03:26,789 --> 00:03:30,001 Levarate á casa cando acabemos. Ten a miña palabra. 43 00:03:30,084 --> 00:03:31,920 Todo por unha orde de detención? 44 00:03:32,629 --> 00:03:35,840 Síntoo, axente. Era a única forma de que declarase. 45 00:03:35,924 --> 00:03:38,051 Creo que non o entende, Sr. Haller. 46 00:03:38,134 --> 00:03:40,970 Non vou ir declarar, e o axente Vasquez tampouco. 47 00:03:41,054 --> 00:03:43,139 Xa, pois o xuíz vai discrepar. 48 00:03:45,558 --> 00:03:50,146 Algún superior do FBI falará con alguén da fiscalía 49 00:03:50,230 --> 00:03:51,648 e farán unha chamada. 50 00:03:51,731 --> 00:03:54,359 Isto vén de moi arriba. Enténdeo? 51 00:03:55,109 --> 00:03:59,072 O FBI non vai enterrar unha investigación tan gorda 52 00:03:59,155 --> 00:04:01,241 para salvar un avogado defensor. 53 00:04:01,824 --> 00:04:04,953 Vai deixar que vaia ó cárcere o resto da miña vida 54 00:04:05,036 --> 00:04:06,788 por un asasinato que non cometín? 55 00:04:06,871 --> 00:04:10,959 Non estariamos aquí se non insistise en ter un xuízo rápido. 56 00:04:11,042 --> 00:04:13,628 O noso caso estaría resolto e o seu desestimado. 57 00:04:13,711 --> 00:04:16,381 Sinto exercer o meu dereito constitucional 58 00:04:16,464 --> 00:04:18,883 e non estar no cárcere ata que lles conveña. 59 00:04:19,384 --> 00:04:22,971 - Non sabía nada do seu caso. - Teño as mans atadas. 60 00:04:23,680 --> 00:04:26,015 Síntoo. De veras. 61 00:04:26,724 --> 00:04:27,976 Non se preocupe. 62 00:04:28,059 --> 00:04:30,603 Cando acabemos, arranxaremos as cousas. 63 00:04:31,646 --> 00:04:32,689 Cando acabemos? 64 00:04:33,189 --> 00:04:35,608 Cando me condenen por asasinato? 65 00:04:35,692 --> 00:04:39,946 Cando non teña reputación e leve un par de anos no cárcere? 66 00:04:40,029 --> 00:04:41,572 Mire o lado positivo. 67 00:04:41,656 --> 00:04:44,826 Polo menos en California non teñen pena de morte. 68 00:04:46,619 --> 00:04:48,913 Fala en serio. 69 00:04:49,455 --> 00:04:51,916 Cren que poden facer o que queiran. 70 00:04:54,836 --> 00:04:56,629 Se vou ser un dano colateral, 71 00:04:56,713 --> 00:04:58,756 dígame agora mesmo por que. 72 00:04:58,840 --> 00:05:00,091 - Non podo. - Historias. 73 00:05:00,174 --> 00:05:02,885 Por que me deu o informe se non me ía axudar? 74 00:05:02,969 --> 00:05:05,638 - Non sei de que fala. - Foi vostede. 75 00:05:05,722 --> 00:05:08,308 Ameazou con denunciarme por conduta indebida. 76 00:05:08,391 --> 00:05:11,144 - Esqueceu esa parte? - Puido librarse. 77 00:05:11,227 --> 00:05:14,939 Fíxoo porque sabía que o que me facían estaba mal. Así de fácil. 78 00:05:18,359 --> 00:05:22,280 Por favor, axente, dígame que pasa. 79 00:05:26,659 --> 00:05:27,744 Sangrar a besta. 80 00:05:27,827 --> 00:05:30,788 Non é unha estafa illada. Pasa en todo o país. 81 00:05:30,872 --> 00:05:34,000 Unha ducia de refinerías que saibamos por agora. 82 00:05:34,584 --> 00:05:36,294 Incluída Biogreen? 83 00:05:36,794 --> 00:05:40,089 O caso é que a estafa faise de distintas maneiras, 84 00:05:40,173 --> 00:05:42,425 pero sempre acaba sendo o mesmo. 85 00:05:43,676 --> 00:05:46,512 É como testificou o experto da EPA. 86 00:05:46,596 --> 00:05:50,683 Un camión sae da refinería cargado de biocombustible. 87 00:05:55,313 --> 00:05:56,522 Deica logo. 88 00:05:56,606 --> 00:06:00,276 Logo, o mesmo camión volve levando só materia prima, 89 00:06:00,360 --> 00:06:02,320 e fano moitas veces ao día. 90 00:06:02,987 --> 00:06:06,366 Pero o contido dos barrís é sempre o mesmo. 91 00:06:06,449 --> 00:06:09,535 Seguen pasando a mesma graxa de cociña 92 00:06:09,619 --> 00:06:11,245 e só cambian as etiquetas. 93 00:06:13,706 --> 00:06:16,834 E cóbranlle ao Goberno de cada vez. 94 00:06:20,546 --> 00:06:23,132 As mentes da estafa son sempre as mesmas. 95 00:06:23,633 --> 00:06:27,970 Grandes grupos do crime organizado dos EUA que embolsan millóns. 96 00:06:29,472 --> 00:06:30,973 Aí entraba Sam. 97 00:06:31,974 --> 00:06:33,810 Precisabamos alguén infiltrado, 98 00:06:34,435 --> 00:06:37,063 alguén con antecedentes que puidésemos obrigar. 99 00:06:37,146 --> 00:06:39,649 E non podían deixar rastro. 100 00:06:39,732 --> 00:06:42,819 Por iso colleron a carteira de Sam do depósito, non? 101 00:06:42,902 --> 00:06:45,279 Non querían que o relacionasen con Biogreen 102 00:06:45,363 --> 00:06:47,240 e destapar a investigación. 103 00:06:47,323 --> 00:06:49,826 Sam debía levalos ata Alex Gazarian. 104 00:06:49,909 --> 00:06:54,372 Gazarian levaríaos ata os xerifaltes, pero están os dous mortos. 105 00:06:54,455 --> 00:06:58,835 Con máis razón para non comprometer máis a investigación. 106 00:06:58,918 --> 00:07:00,628 Dígallo a Sam. 107 00:07:00,711 --> 00:07:02,755 O que lle pasou é desafortunado. 108 00:07:02,839 --> 00:07:05,049 Desafortunado? Vaia forma de dicilo. 109 00:07:05,883 --> 00:07:08,219 Está morto. E é culpa súa. 110 00:07:08,302 --> 00:07:10,221 - Por que? - Non faga o parvo. 111 00:07:10,304 --> 00:07:13,766 Gazarian descubriu que Sam era informante e mandouno matar. 112 00:07:15,143 --> 00:07:18,396 É unha teoría plausible, pero non foi así. 113 00:07:18,479 --> 00:07:21,065 Logo que pasou? Por que matou a Sam? 114 00:07:22,191 --> 00:07:23,025 Porque… 115 00:07:23,109 --> 00:07:27,697 Sam roubáballe a Alex. Por iso o mandou eliminar. 116 00:07:27,780 --> 00:07:31,117 Alex non sabía nada do FBI. 117 00:07:31,200 --> 00:07:34,787 Arrea, mataríao antes se o soubese. 118 00:07:35,413 --> 00:07:38,583 E… eu serei a seguinte. 119 00:07:38,666 --> 00:07:42,920 Teño xente que pode protexerte mentres, pero quen sabe? 120 00:07:43,004 --> 00:07:46,257 Se cadra os armenios nin se molestan en vir por ti. 121 00:07:46,340 --> 00:07:49,719 En serio? Esa xente matou un membro da súa familia. 122 00:07:49,802 --> 00:07:52,138 Cres que van dubidar en matarme? 123 00:07:52,221 --> 00:07:55,057 Jeanine, podo conseguirche protección, 124 00:07:55,141 --> 00:07:57,185 pero antes necesito a verdade. 125 00:07:57,768 --> 00:08:01,105 Necesito que me contes todo o que sabes. 126 00:08:01,189 --> 00:08:03,524 Pero tes que ser sincera, entendido? 127 00:08:03,608 --> 00:08:05,735 Presenciaches a morte de Sam? 128 00:08:05,818 --> 00:08:07,778 Non, nada que ver. 129 00:08:07,862 --> 00:08:12,742 Alex mantívome á marxe das cousas feas, pero… 130 00:08:13,618 --> 00:08:15,495 sei o de Biogreen. 131 00:08:15,578 --> 00:08:18,915 Usou o meu nome para que non o relacionasen con el. 132 00:08:18,998 --> 00:08:22,251 E como se meteu Sam no de Biogreen? 133 00:08:22,960 --> 00:08:27,006 Aínda que Alex se anoxaba moito cando lla intentaban armar, 134 00:08:27,089 --> 00:08:29,634 tamén sabía apreciar un bo traballo. 135 00:08:30,426 --> 00:08:34,514 Sam enganouno cunha estafa nunha galería de arte hai tempo. 136 00:08:36,015 --> 00:08:40,019 Si, xa estamos ao tanto dese incidente. 137 00:08:41,562 --> 00:08:42,396 Pois… 138 00:08:43,523 --> 00:08:48,069 Alex quedou impresionado, e despois diso falaron. 139 00:08:49,195 --> 00:08:51,739 Sam tiña moitas habilidades. 140 00:08:52,490 --> 00:08:56,536 Habilidades que Alex podía usar na operación de Biogreen. 141 00:08:56,619 --> 00:08:59,205 EMPRESA: BIOGREEN NÚMERO DE BARRÍS Á SEMANA 142 00:08:59,288 --> 00:09:01,374 A operación de Biogreen 143 00:09:01,457 --> 00:09:04,335 é a estafa que estaban argallando, non? 144 00:09:04,418 --> 00:09:07,797 Si, Sam fixo a maioría do traballo previo. 145 00:09:07,880 --> 00:09:11,759 Sacou o carné de camión para levalo, e funcionou. 146 00:09:11,842 --> 00:09:13,427 Entraban moitos cartos, 147 00:09:13,511 --> 00:09:17,098 a familia de Alex estaba contenta, e el tamén. 148 00:09:17,181 --> 00:09:21,060 A ver se acerto. Ata que notou que faltaban cartos? 149 00:09:22,603 --> 00:09:26,941 Alex non entendía por que non lle daban as contas. 150 00:09:29,402 --> 00:09:33,322 Logo descubriu que Sam montara a súa empresa fantasma 151 00:09:33,406 --> 00:09:37,994 e levaba unha parte dos beneficios que debían ir para a familia de Sam. 152 00:09:38,077 --> 00:09:39,870 Sam estafaba os estafadores. 153 00:09:39,954 --> 00:09:42,665 Típico de Sam. Non puido evitalo. 154 00:09:42,748 --> 00:09:45,376 Xa, nin tampouco Alex. 155 00:09:45,459 --> 00:09:47,753 Estás segura disto? 156 00:09:47,837 --> 00:09:52,258 Cando fuximos, obrigueino a que me contase a verdade. 157 00:09:52,341 --> 00:09:55,428 Díxenlle que non pensaba ir a ningures 158 00:09:55,511 --> 00:09:59,056 se non me contaba o que estaba a pasar. 159 00:09:59,140 --> 00:10:00,933 E que che contou? 160 00:10:01,017 --> 00:10:04,854 Cando descubriu que Sam o estaba lurpiando, perdeu a cabeza. 161 00:10:04,937 --> 00:10:05,813 Ola. 162 00:10:06,439 --> 00:10:08,691 - Hai algún problema? - Ti saberás. 163 00:10:09,567 --> 00:10:13,362 Veña, Alex. Sexa o que sexa, podemos arranxalo. 164 00:10:13,446 --> 00:10:15,323 Teño o… Hostia! 165 00:10:16,240 --> 00:10:18,618 Tranquilo, moi ben. 166 00:10:24,874 --> 00:10:28,044 Pero como acabou no maleteiro do coche de Mickey? 167 00:10:28,127 --> 00:10:30,463 Alex odiaba a Haller 168 00:10:30,546 --> 00:10:34,592 porque o forzou a acollerse á quinta emenda no xuízo daquela chef. 169 00:10:34,675 --> 00:10:39,096 Perdeu o contrato das Olimpíadas. Tivo que vender a construtora. 170 00:10:39,180 --> 00:10:42,475 Se non, nunca se metería no de Biogreen. 171 00:10:42,558 --> 00:10:44,852 Se liquidaba a Sam e culpaba a Mickey 172 00:10:44,935 --> 00:10:47,188 mataba dous paxaros dun tiro? 173 00:10:48,105 --> 00:10:48,939 Si. 174 00:10:49,482 --> 00:10:50,858 Algo así. 175 00:10:50,941 --> 00:10:55,321 Pero imaxino que á súa familia non lle gustou chamar a atención 176 00:10:55,404 --> 00:10:57,365 e decidiron cortar de raíz. 177 00:10:59,158 --> 00:11:01,077 O parvo non pensaba as cousas. 178 00:11:04,705 --> 00:11:06,207 Nunca pensou que… 179 00:11:07,583 --> 00:11:09,960 a súa familia o traizoaría. 180 00:11:10,503 --> 00:11:12,129 Puto imbécil. 181 00:11:23,391 --> 00:11:24,892 CHAMADAS PERDIDAS 182 00:11:29,480 --> 00:11:30,439 Perdón. 183 00:11:33,484 --> 00:11:35,695 - Onde estabas? - Unha longa historia. 184 00:11:35,778 --> 00:11:39,281 A axente Ruth quería verme. Estás aínda na casa? 185 00:11:39,365 --> 00:11:41,784 Non. Chamoume Cisco. 186 00:11:41,867 --> 00:11:46,288 Estou no condado de Orange con el e Jeanine Ferrigno. 187 00:11:46,372 --> 00:11:49,500 Espero que axude porque a axente Ruth deixoume ben claro 188 00:11:49,583 --> 00:11:51,252 que o FBI non vai declarar. 189 00:11:51,335 --> 00:11:53,504 Si, contoumo todo. 190 00:11:53,587 --> 00:11:54,839 Segundo ela, 191 00:11:54,922 --> 00:11:58,134 Gazarian non sabía que Sam era un informante do FBI. 192 00:11:58,217 --> 00:11:59,343 Foi o que me dixo. 193 00:11:59,427 --> 00:12:02,138 Matárono porque lles raspiñaba cartos. 194 00:12:02,638 --> 00:12:05,933 Legal tiña razón. Non hai honor entre ladróns. 195 00:12:06,684 --> 00:12:09,937 Tanto ten. O que importa é que Jeanine testifique. 196 00:12:10,020 --> 00:12:12,773 É a única que pode culpar a Gazarian. 197 00:12:13,899 --> 00:12:15,025 Un segundo. 198 00:12:18,404 --> 00:12:19,947 Non vai testificar. 199 00:12:20,030 --> 00:12:21,824 Citarémola se fai falta. 200 00:12:21,907 --> 00:12:24,160 Mentirá e dirá que non sabe nada 201 00:12:24,243 --> 00:12:26,078 ou acollerase á quinta emenda. 202 00:12:26,162 --> 00:12:28,914 Está fuxindo dos que mataron o seu mozo. 203 00:12:28,998 --> 00:12:31,292 Pensas que os vai delatar? 204 00:12:31,375 --> 00:12:33,169 Conségueslle protección? 205 00:12:33,252 --> 00:12:35,337 Díxenlle que o intentaría, pero… 206 00:12:35,880 --> 00:12:37,965 como avogada defensora, como fago? 207 00:12:38,048 --> 00:12:40,551 Se fose a fiscal, claro, pero… 208 00:12:41,218 --> 00:12:45,347 - Dana Berg non cooperará. - Nin o FBI. Non queren que testifique. 209 00:12:45,431 --> 00:12:47,516 Só queren protexer o seu caso. 210 00:12:47,600 --> 00:12:49,059 Non van axudar. 211 00:12:53,397 --> 00:12:54,815 A non ser que os forcemos. 212 00:12:55,399 --> 00:12:57,735 - Como? - Xa me ocupo eu. 213 00:12:57,818 --> 00:12:59,278 Espera. Chámote agora. 214 00:13:11,707 --> 00:13:12,625 DESCOÑECIDO 215 00:13:13,876 --> 00:13:15,461 Ola? Quen é? 216 00:13:15,544 --> 00:13:16,670 Axente Dawn Ruth? 217 00:13:16,754 --> 00:13:19,256 Si. Repítoo, quen é? 218 00:13:19,340 --> 00:13:22,885 Teño unha mensaxe de Mickey Haller. Mire pola ventá. 219 00:13:30,726 --> 00:13:32,019 Ola, Srta. Crane. 220 00:13:32,102 --> 00:13:34,313 - Mickey tiña razón. - En que? 221 00:13:34,396 --> 00:13:37,608 Juan vende as mellores paletas. 222 00:13:38,317 --> 00:13:39,193 Que quere? 223 00:13:39,276 --> 00:13:41,487 É máis ben o que quere vostede: 224 00:13:41,570 --> 00:13:44,281 protexer o seu caso de Biogreen 225 00:13:44,365 --> 00:13:48,702 e atopar alguén que o relacione con Alex Gazarian. 226 00:13:50,037 --> 00:13:52,665 Xa sexa en privado ou nun xuízo. 227 00:13:57,127 --> 00:14:00,965 Se fala de Jeanine Ferrigno, alégrame que estea por aquí. 228 00:14:01,048 --> 00:14:03,217 Como ben saberá, 229 00:14:03,300 --> 00:14:07,930 a Srta. Ferrigno é unha persoa de interese nunha investigación federal. 230 00:14:08,013 --> 00:14:10,850 O máis conveniente para todos 231 00:14:10,933 --> 00:14:13,853 é que a escolte agora ata recepción. 232 00:14:13,936 --> 00:14:16,605 Non é o máis conveniente para min nin para Mickey. 233 00:14:16,689 --> 00:14:19,608 Sei que pensa que axuda o Sr. Haller, pero non. 234 00:14:19,692 --> 00:14:21,777 Sei quen non axuda o Sr. Haller. 235 00:14:21,861 --> 00:14:23,112 O FBI. 236 00:14:23,195 --> 00:14:25,281 E, como nesas estamos, 237 00:14:25,364 --> 00:14:28,075 ten que subir a Srta. Ferrigno ao estrado 238 00:14:28,158 --> 00:14:31,203 e oír o que ten que dicir, todo todiño. 239 00:14:31,287 --> 00:14:32,955 Eu levaría pipocas. 240 00:14:34,623 --> 00:14:35,624 Srta. Crane. 241 00:14:36,375 --> 00:14:37,251 Srta. Crane. 242 00:14:58,188 --> 00:14:59,481 En pé. 243 00:15:03,819 --> 00:15:05,154 Poden sentar. 244 00:15:10,534 --> 00:15:13,495 A defensa chama máis testemuñas? 245 00:15:15,414 --> 00:15:17,625 Si, señoría. 246 00:15:17,708 --> 00:15:20,961 Podería darme un momento? 247 00:15:26,425 --> 00:15:27,301 Grazas. 248 00:15:51,575 --> 00:15:52,701 Sr. Haller? 249 00:15:53,369 --> 00:15:54,411 Para hoxe? 250 00:15:57,456 --> 00:15:58,582 Grazas, señoría. 251 00:15:59,583 --> 00:16:01,335 A defensa chama… 252 00:16:04,463 --> 00:16:05,464 A… 253 00:16:07,299 --> 00:16:08,968 A defensa chama… 254 00:16:15,724 --> 00:16:16,767 chama… 255 00:16:25,109 --> 00:16:26,610 Un momento, Sr. Haller. 256 00:16:26,694 --> 00:16:27,611 Claro. 257 00:16:44,920 --> 00:16:48,257 Membros do xurado, as miñas máis sinceras desculpas 258 00:16:48,757 --> 00:16:53,137 por esta demora desafortunada, pero debemos facer un receso. 259 00:16:55,055 --> 00:16:57,516 Letrados, preséntense no meu despacho. 260 00:17:04,732 --> 00:17:09,278 Srta. Berg, Srt. McPherson, xa coñecen o fiscal do distrito Suarez. 261 00:17:09,778 --> 00:17:12,072 Supoño que vostede tamén, Sr. Haller. 262 00:17:13,198 --> 00:17:14,283 Coñecémonos. 263 00:17:14,867 --> 00:17:17,953 Podo preguntar a que vén isto, Adam? 264 00:17:22,750 --> 00:17:25,044 Supoño que son do FBI. 265 00:17:25,127 --> 00:17:27,671 Si, señoría, grazas por recibirnos. 266 00:17:27,755 --> 00:17:31,425 Son Stephen Tremblay, axente a cargo da oficina dos Ánxeles, 267 00:17:31,508 --> 00:17:34,219 e esta é a miña compañeira, a axente Dawn Ruth. 268 00:17:34,303 --> 00:17:37,639 Vaia, parece que alguén tocou onde doe. 269 00:17:37,723 --> 00:17:40,809 Descubrimos que a defensa deste xuízo 270 00:17:40,893 --> 00:17:44,021 vai chamar unha testemuña, Jeanine Ferrigno, 271 00:17:44,104 --> 00:17:46,774 pero a información que pode revelar 272 00:17:46,857 --> 00:17:51,987 é moi delicada e relevante para unha investigación federal en curso, 273 00:17:52,071 --> 00:17:56,658 que correría un gran risco se esa información sae á luz. 274 00:17:56,742 --> 00:17:58,327 Cando me informou, 275 00:17:58,410 --> 00:18:01,121 consulteino co fiscal Suarez. 276 00:18:01,205 --> 00:18:05,626 Concorda en que a Srta. Ferrigno non pode testificar de momento. 277 00:18:05,709 --> 00:18:08,587 Cremos que a vida da Srta. Ferrigno corre perigo 278 00:18:08,670 --> 00:18:11,590 pola información que posúe, 279 00:18:11,673 --> 00:18:15,719 e temos os Marshals listos para poñela en custodia protectora. 280 00:18:17,846 --> 00:18:23,894 Moi interesante, axentes, pero o FBI ten un problemiña. 281 00:18:24,520 --> 00:18:28,315 O Sr. Suarez non decide quen testifica na miña sala. 282 00:18:28,941 --> 00:18:29,900 Decídoo eu. 283 00:18:32,444 --> 00:18:34,238 Por suposto, señoría. 284 00:18:35,114 --> 00:18:38,325 Pero podo ofrecer unha resolución a este caso 285 00:18:38,909 --> 00:18:43,539 que faga que o testemuño da Srta. Ferrigno sexa innecesario. 286 00:18:43,622 --> 00:18:45,707 Como que unha resolución? 287 00:18:45,791 --> 00:18:48,961 Tendo en conta a totalidade das circunstancias, 288 00:18:49,044 --> 00:18:52,089 a fiscalía retira os cargos contra o Sr. Haller. 289 00:18:52,172 --> 00:18:53,173 Que? 290 00:18:53,257 --> 00:18:57,010 Sempre e cando estea aberto a un acordo, claro. 291 00:18:57,094 --> 00:18:58,762 Manda carallo! 292 00:18:58,846 --> 00:19:01,557 Srta. Berg, último aviso. 293 00:19:01,640 --> 00:19:03,016 Que clase de acordo? 294 00:19:03,100 --> 00:19:05,811 Para empezar, o seu silencio e cooperación 295 00:19:05,894 --> 00:19:08,105 ata que resolvan o caso federal. 296 00:19:08,605 --> 00:19:09,648 E cando sería? 297 00:19:09,731 --> 00:19:11,441 Non o sabemos. 298 00:19:11,525 --> 00:19:15,487 Xa se escolleu o xurado. Aplícase a cláusula de dobre axuizamento. 299 00:19:15,571 --> 00:19:16,405 Correcto. 300 00:19:16,488 --> 00:19:19,324 Non volverán xulgar o Sr. Haller. 301 00:19:19,408 --> 00:19:21,994 Desestimaremos o caso definitivamente. 302 00:19:23,162 --> 00:19:25,581 Cal sería a base da desestimación? 303 00:19:25,664 --> 00:19:30,210 Anunciaremos que temos novas probas en posesión 304 00:19:30,294 --> 00:19:32,963 que poñen en dúbida a validez do caso. 305 00:19:34,715 --> 00:19:35,966 Pasa moito. 306 00:19:36,049 --> 00:19:39,845 Si, pasa moito en casos aos que non se presta atención. 307 00:19:39,928 --> 00:19:42,556 Retirarán os cargos e non podo dicir por que? 308 00:19:42,639 --> 00:19:44,391 E ninguén presentará probas 309 00:19:44,474 --> 00:19:47,853 de que se me acusou falsamente nin se desculparán nin… 310 00:19:49,771 --> 00:19:50,814 Ve? 311 00:19:50,898 --> 00:19:53,483 A súa fiscal cre que o fixen. 312 00:19:53,567 --> 00:19:55,527 - "Cando o río soa…" - Dana. 313 00:20:07,456 --> 00:20:08,582 Sabe que? 314 00:20:11,376 --> 00:20:12,586 Creo que paso. 315 00:20:14,504 --> 00:20:17,549 Prefire arriscarse a un veredicto? 316 00:20:18,383 --> 00:20:22,596 Se acepto ese acordo, a miña reputación quedará manchada para sempre. 317 00:20:22,679 --> 00:20:24,598 O xurado decidirá o meu destino. 318 00:20:24,681 --> 00:20:28,560 Cando me declaren non culpable, aceptarás que te enganaches. 319 00:20:28,644 --> 00:20:30,646 Os xurados tamén se enganan. 320 00:20:30,729 --> 00:20:33,857 Tamén contarei que o FBI permitiu que me acusasen 321 00:20:33,941 --> 00:20:38,278 e que a fiscalía fixo a vista gorda e me forzou. 322 00:20:41,907 --> 00:20:44,660 Si, gústame máis ese trato. 323 00:20:49,957 --> 00:20:51,083 Que quere? 324 00:20:52,209 --> 00:20:54,795 O mesmo que quixen desde o principio. 325 00:20:54,878 --> 00:20:57,631 Só quero a miña reputación. 326 00:20:58,632 --> 00:21:00,175 Quero a miña inocencia. 327 00:21:00,676 --> 00:21:03,512 E como propón que lla deamos? 328 00:21:09,434 --> 00:21:13,021 Quero… unha declaración pública da fiscalía 329 00:21:13,105 --> 00:21:16,066 que me exonere de todos os delitos. 330 00:21:17,109 --> 00:21:19,778 - E que o faga ela. - O carallo! 331 00:21:19,861 --> 00:21:22,656 Leva catro meses chamándome asasino. 332 00:21:22,739 --> 00:21:24,783 O mundo ten que oílo dela. 333 00:21:36,086 --> 00:21:40,299 Digamos que o podemos considerar. 334 00:21:40,882 --> 00:21:42,092 Algo máis? 335 00:21:43,343 --> 00:21:46,805 Si. O axente Roy Collins da Policía dos Ánxeles. 336 00:21:46,888 --> 00:21:49,433 Estaba esperando por min e sabémolo todos. 337 00:21:49,516 --> 00:21:51,643 Incrimináronme, fun ao cárcere 338 00:21:51,727 --> 00:21:54,771 e case me matan mentres manchaban a miña reputación. 339 00:21:54,855 --> 00:21:58,400 - Non dirixo a Policía. - Ten unha Unidade de Integridade. 340 00:21:58,483 --> 00:22:00,819 Quero que o investiguen a fondo. 341 00:22:03,030 --> 00:22:03,864 Moi ben. 342 00:22:04,948 --> 00:22:06,491 Abriremos un caso. 343 00:22:07,034 --> 00:22:08,577 De boa fe. 344 00:22:09,161 --> 00:22:10,454 Ten a miña palabra. 345 00:22:22,466 --> 00:22:23,633 Moi ben. 346 00:22:24,217 --> 00:22:26,011 A defensa acepta a oferta. 347 00:22:34,561 --> 00:22:37,314 Eu cría que xa o vira todo… 348 00:22:39,524 --> 00:22:40,525 Sr. Haller, 349 00:22:41,902 --> 00:22:42,944 eu… 350 00:22:45,489 --> 00:22:48,367 lamento moito que pasase por isto. 351 00:22:48,992 --> 00:22:53,163 A falta do papelame por parte da fiscalía, 352 00:22:54,915 --> 00:22:56,249 é libre. 353 00:22:57,501 --> 00:23:00,420 Espero que a próxima vez que o vexa na sala 354 00:23:01,671 --> 00:23:03,465 sexa como avogado. 355 00:23:06,134 --> 00:23:07,260 Grazas, señoría. 356 00:23:38,417 --> 00:23:40,585 É que… podía… 357 00:23:41,086 --> 00:23:43,130 Ei. 358 00:23:44,339 --> 00:23:45,382 Tranquilo. 359 00:23:47,217 --> 00:23:48,385 Tranquilo. 360 00:23:52,514 --> 00:23:54,224 Acabouse, Mickey. 361 00:23:55,684 --> 00:23:56,726 Ganamos. 362 00:23:59,688 --> 00:24:00,564 Si. 363 00:24:03,692 --> 00:24:04,693 Ganamos. 364 00:24:06,361 --> 00:24:07,279 Oe. 365 00:24:09,739 --> 00:24:10,699 Tranquilo. 366 00:24:48,069 --> 00:24:48,987 Haller. 367 00:24:50,197 --> 00:24:52,866 E Jeanine? Temos que darlle protección. 368 00:24:55,285 --> 00:24:56,745 En San Clemente creo. 369 00:24:57,954 --> 00:24:59,623 En San Clemente? 370 00:24:59,706 --> 00:25:02,709 Pero ía subila ao estrado. 371 00:25:03,752 --> 00:25:05,587 Xa, en canto a iso… 372 00:25:06,171 --> 00:25:08,840 Sei quen non axuda o Sr. Haller. O FBI. 373 00:25:08,924 --> 00:25:10,342 E, como nesas estamos, 374 00:25:10,425 --> 00:25:13,428 ten que subir a Srta. Ferrigno ao estrado 375 00:25:13,512 --> 00:25:16,515 e oír o que ten que dicir, todo todiño. 376 00:25:16,598 --> 00:25:18,642 Eu levaría pipocas. 377 00:25:20,435 --> 00:25:21,853 Anda e non mires. 378 00:25:22,729 --> 00:25:25,649 - Cres que funcionou? - Iso espero, ou Mickey vai preso. 379 00:25:25,732 --> 00:25:28,443 No voso bufete si que saltades as normas. 380 00:25:28,527 --> 00:25:29,861 Contrátasme? 381 00:25:32,781 --> 00:25:35,033 O meu investigador está con ela. 382 00:25:35,534 --> 00:25:36,785 Está sa e salva. 383 00:25:38,411 --> 00:25:40,664 Ola, Mick. Como foi? 384 00:25:40,747 --> 00:25:42,374 Como esperaba. Está lista? 385 00:25:42,457 --> 00:25:44,084 Máis ca nunca. 386 00:25:44,167 --> 00:25:46,795 Vale, esperade. A cabalería vai de camiño. 387 00:25:48,630 --> 00:25:49,548 Moi ben. 388 00:25:50,549 --> 00:25:52,592 Xa mandaron os Marshals. 389 00:25:52,676 --> 00:25:54,344 A onde me van levar? 390 00:25:54,427 --> 00:25:56,429 Non sei. A Albuquerque? 391 00:25:57,264 --> 00:25:58,598 Albuquerque? 392 00:26:00,100 --> 00:26:02,185 Está nese enderezo. 393 00:26:05,313 --> 00:26:06,231 Puto Haller. 394 00:26:27,627 --> 00:26:28,753 Estaba boísimo. 395 00:26:28,837 --> 00:26:30,880 - Grazas, Elena. - Si. 396 00:26:30,964 --> 00:26:33,550 Mamá, que rico. Estaba boísimo. 397 00:26:33,633 --> 00:26:36,428 Grazas. Sei canto vos gusta o meu pozole. 398 00:26:36,511 --> 00:26:38,513 Non vin bolsas de comida? 399 00:26:38,597 --> 00:26:41,725 Hayley, non sei de que falas. 400 00:26:41,808 --> 00:26:45,270 Tranquila, avoa. Cociñaches tanto para min que debías descansar. 401 00:26:45,353 --> 00:26:51,526 Pois resulta que teñen comida mexicana moi boa nos Ánxeles. 402 00:26:52,193 --> 00:26:53,528 Non coma a túa. 403 00:26:53,612 --> 00:26:56,072 Iso é certo, cariño. 404 00:26:56,156 --> 00:26:58,450 - Axúdote cos pratos. - Grazas. 405 00:27:08,460 --> 00:27:11,755 Temos que marchar, agora xa haberá menos tráfico. 406 00:27:12,464 --> 00:27:13,381 Si. 407 00:27:18,595 --> 00:27:20,096 Grazas por todo, Maggie. 408 00:27:20,180 --> 00:27:22,098 Non tes que agradecermo. 409 00:27:22,182 --> 00:27:23,933 Claro que si. 410 00:27:24,017 --> 00:27:26,811 Sei canto deixaches de lado para axudarme. 411 00:27:26,895 --> 00:27:29,272 O teu traballo, a túa casa en San Diego. 412 00:27:31,066 --> 00:27:33,318 - Jack. - Si, e todo segue alí. 413 00:27:34,903 --> 00:27:36,321 Ou iso creo. 414 00:27:37,322 --> 00:27:40,325 Non sei como cho vou pagar. 415 00:27:40,408 --> 00:27:43,119 Para empezar, que non te volvan incriminar. 416 00:27:44,496 --> 00:27:45,455 Intentareino. 417 00:27:46,915 --> 00:27:50,877 En serio, se fose ao revés, ti farías o mesmo por min. 418 00:27:52,962 --> 00:27:54,255 Sabes que si. 419 00:27:55,298 --> 00:27:57,509 Aínda que non faría falta. 420 00:27:57,592 --> 00:27:59,761 Intento levar o meu negocio 421 00:27:59,844 --> 00:28:03,098 dunha forma un pouco máis convencional ca ti. 422 00:28:03,181 --> 00:28:04,849 Só un pouco. 423 00:28:06,059 --> 00:28:07,727 Creo que descubrín 424 00:28:07,811 --> 00:28:11,815 que moita xente cre que son un cabrón. 425 00:28:12,565 --> 00:28:13,942 E caíches agora? 426 00:28:15,402 --> 00:28:17,529 Aínda que me doia, é máis evidente. 427 00:28:25,286 --> 00:28:26,204 Ven. 428 00:28:35,130 --> 00:28:37,465 Oxalá puideses quedar máis, Maggie. 429 00:28:40,260 --> 00:28:41,302 Xa. 430 00:28:46,725 --> 00:28:49,644 Alégrame que rematase este pesadelo. 431 00:28:50,186 --> 00:28:51,646 Para todos. 432 00:28:54,482 --> 00:28:56,985 Pero é hora de que volva á miña vida. 433 00:29:01,322 --> 00:29:02,824 Estou a unha chamada 434 00:29:02,907 --> 00:29:06,119 e terás de volta a Hayley nunha patada. 435 00:29:08,663 --> 00:29:10,248 Non te metas en problemas. 436 00:29:12,667 --> 00:29:13,752 Non prometo nada. 437 00:29:17,464 --> 00:29:18,757 Hayley, vamos. 438 00:29:54,042 --> 00:29:56,920 Mamá, es feliz en San Diego? 439 00:29:57,504 --> 00:29:58,338 Que? 440 00:29:59,172 --> 00:30:00,340 A que vén iso? 441 00:30:00,423 --> 00:30:04,260 Que? Para o ano vou á uni. Podes contarmo. 442 00:30:07,388 --> 00:30:09,808 Pois a verdade… 443 00:30:10,517 --> 00:30:11,935 estraño Os Ánxeles. 444 00:30:12,477 --> 00:30:15,063 As miñas amigas, os meus compañeiros… 445 00:30:15,855 --> 00:30:16,815 Papá? 446 00:30:16,898 --> 00:30:18,316 Si, a teu pai tamén. 447 00:30:19,317 --> 00:30:20,819 Pero teño que traballar. 448 00:30:21,778 --> 00:30:23,071 E Jack que? 449 00:30:24,280 --> 00:30:25,406 Que pasa con Jack? 450 00:30:25,490 --> 00:30:28,201 Non dixeches que tiñas que volver onda el. 451 00:30:30,078 --> 00:30:32,455 As relacións a distancia son duras, 452 00:30:33,206 --> 00:30:35,750 e as cousas con Jack están tensas. 453 00:30:37,126 --> 00:30:40,547 Non o interpretes mal, cáeme ben, pero se cadra… 454 00:30:42,423 --> 00:30:43,633 - Vale. - Non sei. 455 00:30:43,716 --> 00:30:45,969 Esquéceo. Non é asunto meu. 456 00:30:46,052 --> 00:30:46,886 Que? 457 00:30:48,471 --> 00:30:51,599 Parece que non che gusta tanto. 458 00:30:54,060 --> 00:30:55,144 Vale. 459 00:30:55,645 --> 00:30:59,107 Parecías triste ao deixar a papá. 460 00:30:59,607 --> 00:31:00,441 Engánome? 461 00:31:03,862 --> 00:31:05,822 Estou algo triste, 462 00:31:06,698 --> 00:31:07,532 pero… 463 00:31:10,869 --> 00:31:13,454 Mamá, vin como estades xuntos. 464 00:31:15,206 --> 00:31:16,708 É complicado. 465 00:31:17,458 --> 00:31:20,003 Sempre foi complicado con teu pai. 466 00:31:21,462 --> 00:31:25,508 Pero agora mesmo eu teño a vida en San Diego, 467 00:31:25,592 --> 00:31:27,427 e teño que centrarme niso. 468 00:31:28,845 --> 00:31:30,054 Enténdelo? 469 00:31:44,193 --> 00:31:46,905 LETAL E ENCANTADORA CHAMA A AVOGADA LORNA! 470 00:31:46,988 --> 00:31:48,072 Non, home. 471 00:31:48,573 --> 00:31:49,741 - Así? - Mi ma. 472 00:31:49,824 --> 00:31:50,950 Vale, esperade. 473 00:31:52,243 --> 00:31:54,579 - Non saio. - Xa vou. Vale. 474 00:31:54,662 --> 00:31:57,040 - Así non sae. - O panel é moi grande. 475 00:31:57,123 --> 00:31:59,667 Cisco, colle ti o móbil. Tes o brazo máis longo. 476 00:31:59,751 --> 00:32:00,793 Toma. 477 00:32:00,877 --> 00:32:02,211 - Vale, mellor. - Si. 478 00:32:02,295 --> 00:32:03,296 - Eu non… - Non. 479 00:32:03,379 --> 00:32:06,215 Vale, que parvada. Eu non teño que saír. 480 00:32:06,758 --> 00:32:09,218 - Grazas, Grace. - Dicide todos "pataca"! 481 00:32:09,302 --> 00:32:11,220 - Pataca! - Pataca! 482 00:32:11,304 --> 00:32:14,974 Vale, agora eu soa. 483 00:32:15,558 --> 00:32:17,685 - Si. - Vale, veña. 484 00:32:17,769 --> 00:32:18,937 Estou lista. 485 00:32:19,854 --> 00:32:21,189 - Si. - Moi ben. 486 00:32:22,899 --> 00:32:23,775 Así me gusta. 487 00:32:24,609 --> 00:32:25,944 Que guapa. Si. 488 00:32:28,613 --> 00:32:30,448 Vale, creo que xa está. 489 00:32:30,531 --> 00:32:32,533 Imos cear uns tacos. Queredes vir? 490 00:32:32,617 --> 00:32:35,203 Non, porque hoxe, por primeira vez en meses, 491 00:32:35,286 --> 00:32:39,123 teño tempo a soas co meu marido, así que vou pasar. 492 00:32:39,207 --> 00:32:41,709 - Normal. - Grace, vémonos mañá no spa? 493 00:32:41,793 --> 00:32:44,504 Si, téñoo anotado na axenda. 494 00:32:44,587 --> 00:32:45,922 - Xenial. - Vale. 495 00:32:47,131 --> 00:32:48,049 Chao. 496 00:32:48,132 --> 00:32:49,092 Chao. 497 00:32:50,885 --> 00:32:51,719 O spa? 498 00:32:51,803 --> 00:32:54,097 Si, non me quedou outra. 499 00:32:54,180 --> 00:32:57,976 Quere interrogarme. E é mellor acabar canto antes. 500 00:32:58,059 --> 00:33:01,646 Polo menos é un bocado amargo cun baño de barro. 501 00:33:02,188 --> 00:33:03,523 Ben visto. 502 00:33:03,606 --> 00:33:04,941 Vala interrogar? 503 00:33:05,024 --> 00:33:06,859 - Na sauna. - Moi ben. 504 00:33:07,986 --> 00:33:09,195 Estou orgulloso. 505 00:33:10,196 --> 00:33:12,323 E es moi fotoxénica. 506 00:33:13,032 --> 00:33:14,784 Non cres que é demasiado? 507 00:33:15,368 --> 00:33:17,495 É tarde para preguntalo. 508 00:33:17,578 --> 00:33:23,501 Estou moi contenta por volver por fin a unha vida normal. 509 00:33:23,584 --> 00:33:25,003 Iso espero. 510 00:33:25,712 --> 00:33:27,005 Non, en serio. 511 00:33:27,088 --> 00:33:29,757 O caso de Mickey foi unha apisoadora. 512 00:33:30,717 --> 00:33:33,636 Sentín que nos distanciaba. 513 00:33:34,178 --> 00:33:35,805 Asusteime un pouco. 514 00:33:36,639 --> 00:33:37,724 Só un pouco. 515 00:33:38,766 --> 00:33:39,600 Oe. 516 00:33:41,019 --> 00:33:44,022 Prométeme que non volverá pasar. 517 00:33:44,647 --> 00:33:46,858 Íache dicir o mesmo. 518 00:33:47,358 --> 00:33:50,820 Temos que buscar a maneira de pasar tempo xuntos, 519 00:33:50,903 --> 00:33:54,657 pase o que pase, aínda que teñas que ir a Palm Springs. 520 00:33:55,700 --> 00:33:58,036 Para a próxima, vou vixiar contigo. 521 00:33:58,119 --> 00:33:59,495 A que sería divertido? 522 00:34:00,997 --> 00:34:04,250 Sabes que non foron unhas vacacións no deserto, non? 523 00:34:04,333 --> 00:34:06,669 Fun traballar e alguén morreu. 524 00:34:06,753 --> 00:34:09,338 Ai, si, iso foi moi tráxico. 525 00:34:09,422 --> 00:34:11,215 Non será sempre fácil, 526 00:34:11,299 --> 00:34:14,469 pero temos que recordar que somos un equipo 527 00:34:14,552 --> 00:34:18,389 e que ningunha distracción pode apartarnos do máis importante: 528 00:34:18,931 --> 00:34:23,061 pasar tempo de calidade co home que amo. 529 00:34:34,405 --> 00:34:35,531 Agora volvo. 530 00:34:42,830 --> 00:34:46,084 Atópase ben? Alégrome. Son Lorna Crane. 531 00:34:46,167 --> 00:34:48,795 Se cadra sóolle do panel. 532 00:34:48,878 --> 00:34:51,297 Chámeme. Grazas. 533 00:35:50,982 --> 00:35:52,233 Que hai, Izzy? 534 00:35:52,316 --> 00:35:54,485 Recolliches o coche do depósito? 535 00:35:55,736 --> 00:35:59,073 Non sei que me dá que o volvas conducir. 536 00:35:59,157 --> 00:36:01,033 Sam estivo morto no maleteiro. 537 00:36:01,117 --> 00:36:03,035 Mandeino limpar, así que… 538 00:36:03,119 --> 00:36:05,955 E fixeches un exorcismo? Porque… 539 00:36:06,038 --> 00:36:09,834 Izzy, Gazarian quitoume abondo. Non renunciarei ao meu coche. 540 00:36:09,917 --> 00:36:13,004 Pero estiven pensando e necesito un cambio. 541 00:36:13,087 --> 00:36:15,256 Se cadra vendo a casa. 542 00:36:15,339 --> 00:36:19,051 Iso parece razoable. Está marcada pola mafia armenia. 543 00:36:19,135 --> 00:36:23,431 - Por non falar da DEA, do FBI, cárteles… - Non necesito unha lista. 544 00:36:23,514 --> 00:36:27,018 - Cantas veces che entraron na casa? - Moi ben. 545 00:36:28,102 --> 00:36:29,061 Espera. 546 00:36:30,438 --> 00:36:32,523 Haller e asociados, un momento. 547 00:36:33,900 --> 00:36:37,570 - Vas vir á oficina? - …exoneramos a Mickey Haller de… 548 00:36:37,653 --> 00:36:40,239 A túa conferencia de prensa está por todo. 549 00:36:40,323 --> 00:36:42,074 Non para de soar o teléfono. 550 00:36:42,158 --> 00:36:46,829 Non sei, creo que vou conducir toda a tarde coma antigamente. 551 00:36:46,913 --> 00:36:47,747 Vale, xefe. 552 00:36:47,830 --> 00:36:49,081 Tes plans para cear? 553 00:36:49,165 --> 00:36:51,375 Non, quedarei na casiña. 554 00:36:51,459 --> 00:36:54,378 Intentarei facer unha receita de pasta. 555 00:36:54,462 --> 00:36:57,173 Unha receita? Que está pasando? 556 00:36:57,256 --> 00:37:01,761 O tempo no cárcere fixo que valorase a comida caseira. 557 00:37:02,762 --> 00:37:04,889 O seguinte será unha cinta de correr. 558 00:37:05,556 --> 00:37:08,559 Se vendes a casa, tes que dicir que mataron aí a Sam? 559 00:37:08,643 --> 00:37:11,437 Desestimaron o caso, non está moi claro. 560 00:37:12,313 --> 00:37:13,314 Ti cres? 561 00:37:13,397 --> 00:37:15,233 Veña, vou colgar, Izzy. 562 00:37:27,870 --> 00:37:30,206 COÑECÍN UNHA RAPAZA MEXICANA PARA TI. 563 00:38:30,725 --> 00:38:31,559 Ola. 564 00:38:32,184 --> 00:38:34,020 - Ola. - Ola. 565 00:38:34,103 --> 00:38:37,732 É raro, pero es Mickey Haller, non si? 566 00:38:38,316 --> 00:38:40,026 Si, son eu. 567 00:38:40,609 --> 00:38:42,111 Como te chamas? 568 00:38:43,112 --> 00:38:44,613 - Abaixo. - Que? 569 00:38:44,697 --> 00:38:45,614 Abaixo, hostia! 570 00:38:54,665 --> 00:38:56,125 FBI, alto! 571 00:38:56,208 --> 00:38:57,168 Solta a arma! 572 00:39:01,422 --> 00:39:02,340 Estades ben? 573 00:39:02,423 --> 00:39:03,549 Séguenme? 574 00:39:03,632 --> 00:39:06,719 Por precaución. Cremos que podería ser un obxectivo. 575 00:39:07,345 --> 00:39:08,220 Un obxectivo? 576 00:39:09,555 --> 00:39:10,598 Para quen? 577 00:39:10,681 --> 00:39:11,807 Que cre? 578 00:39:11,891 --> 00:39:15,353 Era un problema que os armenios querían eliminar. 579 00:39:15,436 --> 00:39:18,314 - Precisan atención médica? - Non. 580 00:39:18,814 --> 00:39:20,191 Non, estou ben. 581 00:39:20,274 --> 00:39:22,276 - Estás ben? - Si. 582 00:39:22,777 --> 00:39:25,321 A súa amiga salvoulle a vida, Haller. 583 00:39:27,615 --> 00:39:28,449 Grazas. 584 00:39:29,033 --> 00:39:30,368 De nada. 585 00:39:31,869 --> 00:39:33,871 Grazas por protexerme. 586 00:39:34,455 --> 00:39:38,042 É o noso traballo, aínda que non o crea. Cóidese, Haller. 587 00:39:42,129 --> 00:39:43,297 Que acaba de pasar? 588 00:39:46,967 --> 00:39:48,344 Como sabes facer iso? 589 00:39:48,969 --> 00:39:50,096 Non sei. 590 00:39:51,514 --> 00:39:54,392 O tipo observábate, meteu a man na chaqueta 591 00:39:54,475 --> 00:39:57,853 e supoño que foi unha reacción instintiva. 592 00:39:58,437 --> 00:39:59,480 Instintiva? 593 00:39:59,980 --> 00:40:01,023 Quen es? 594 00:40:06,946 --> 00:40:08,280 A verdade, 595 00:40:09,782 --> 00:40:10,825 son túa irmá. 596 00:40:21,585 --> 00:40:23,671 BASEADO NAS NOVELAS DE MICHAEL CONNELLY 597 00:42:03,771 --> 00:42:07,399 Subtítulos: María Suárez Seijas